ORDENANZA FISCAL Nº II.2 REGULADORA DA TAXA POLO SUBMINISTRO DE AUGA PO- TABLE A DOMICILIO. ****************** NATUREZA E FUNDAMENTO NORMAS DE XESTIÓN

Similar documents
ORDENANZA FISCAL REGULADORA DA TAXA POLA SUBMINISTRACIÓN DE AUGA.

ORDENANZA FISCAL Nº 11: REGULADORA DA TAXA POLO USO DE RECINTOS E INFRAESTRUTURAS DE CARÁCTER DEPORTIVO.

Ordenanzas fiscais Páxina 1

Ordenanzas fiscais Páxina 1

ÓRGANO: SECRETARIA XERAL TÉCNICA E DO PATRIMONIO

Síntesis da programación didáctica

Acceso web ó correo Exchange (OWA)

ARTIGO 1º. NATUREZA, OBXECTO E FUNDAMENTO. 2. Será obxecto deste tributo:

TAXA POLA APERTURA E VERIFICACIÓN DE ESTABLECEMENTOS

ORDENANZA FISCAL REGULADORA DO IMPOSTO SOBRE VEHÍCULOS DE TRACCIÓN MECÁNICA NO CONCELLO DE REDONDELA

ORDENANZA Nº 3: ORDENANZA FISCAL REGULADORA DO IMPOSTO SOBRE VEHÍCULOS DE TRACCIÓN MECÁNICA

CONCELLO DE PONTEDEUME (A CORUÑA) ENDEREZO LOCALIDADE PROVINCIA C.P. Nº SS.SS TELÉFONO DE CONTACTO

ARTIGO 1º. NATUREZA, OBXECTO E FUNDAMENTO. ARTIGO 2º. FEITO IMPOÑIBLE

BOP BOLETÍN OFICIAL DA PROVINCIA DA CORUÑA BOLETÍN OFICIAL DE LA PROVINCIA DE A CORUÑA

DOG Núm. 249 Xoves, 31 de decembro de 2015 Páx

GUÍA DE MIGRACIÓN DE CURSOS PARA PLATEGA2. Realización da copia de seguridade e restauración.

Orzamentos Xerais do Estado para 2016: Novidades en materia de Seguridade Social que xestionan as mutuas

Pz. Do Concello, nº2. Bertamiráns Telf: AMES (A Coruña) Fax:

CONTROL DE VERSIÓNS E DISTRIBUCIÓN

2- Quen dos seguintes non teñen a condición de interesados?

Sede Electrónica Concello de Cangas

R/Ponzos s/n Ferrol A Coruña Telf Fax

CONCELLO DE MESIA (A CORUÑA)

VIGOSÓNICO V C O N C U R S O V I D E O C L I P S Calquera proposta estética para o vídeo: cine, animación, cor, branco e negro,...

COMO XOGAR A KAHOOT Se vas xogar por primeira vez, recomendámosche que leas este documento QUE É KAHOOT?

BASES REGULADORAS DA CONVOCATORIA DE AXUDAS DE GASTOS FARMACÉUTICOS 2016/2017

DOG Núm. 71 Martes, 11 de abril de 2017 Páx

AXUDAS PARA O PLAN MADRUGA 2017

O SOFTWARE LIBRE NAS ENTIDADES DE GALIZA

CONCELLO DA TEIXEIRA (OURENSE)

DOG Núm. 72 Venres, 15 de abril de 2016 Páx

Lei 7/1998, do 30 de decembro, de medidas tributarias, de réxime orzamentario, función pública e xestión

DOG Núm. 115 Luns, 19 de xuño de 2017 Páx

DOG Núm. 43 Xoves, 1 de marzo de 2018 Páx

ORDENANZA MUNICIPAL DE TRAMITACIÓN DE ACTIVIDADES

-. Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local.

REUNIÓN CONVOCATORIAS SUBVENCIÓNS 2018 SECCIÓN DE SERVIZOS SOCIAIS SERVIZO DE ACCIÓN SOCIAL, CULTURAL E DEPORTES

XEFATURA DO ESTADO A 2. = + 5, x 10-6 A 3. = + 1, x 10-8 A 4. = + 1, x A 5

Regulamento do cemiterio municipal do Barco de Valdeorras

CONVOCATORIA E BASES REGULADORAS DAS SUBVENCIÓNS PARA O FOMENTO DO ASOCIACIONISMO E PARTICIPACIÓN CIDADÁ, ANO 2011

RECIBO DE PRESENTACIÓN NO REXISTRO ELECTRÓNICO DA XUNTA DE GALICIA

DOG Núm. 115 Xoves, 16 de xuño de 2011 Páx

Lei 5/1994, do 29 de novembro, de creación do ente público Portos de Galicia

DOG Núm. 249 Venres, 30 de decembro de 2016 Páx

PARTE I. VIVALDI: Concierto en MI M. op. 3 n.12

Manual de usuario do módulo de control horario do sistema OPAX

CUESTIÓNS XERAIS A AMBOS PROCEDEMENTOS

REGULAMENTO DO CONSELLO MUNICIPAL DE INFANCIA E ADOLESCENCIA DO CONCELLO DE REDONDELA

DOG Núm. 82 Luns, 29 de abril de 2013 Páx

Información precontractual Cuenta Corriente Triodos Pag. 2

Silencio! Estase a calcular

BOP BOLETÍN OFICIAL DA PROVINCIA DA CORUÑA BOLETÍN OFICIAL DE LA PROVINCIA DE A CORUÑA

ESTATUTOS DA ASOCIACIÓN PEDAGÓXICA NOVA ESCOLA GALEGA

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

Corresponderá ó Tribunal Económico-Administrativo Municipal o exercicio das seguintes funcións:

Name: Surname: Presto= very fast Allegro= fast Andante= at a walking pace Adagio= slow Largo= very slow

Manual de usuario CENDES. Centro de descargas da Xunta de Galicia

CIRCULAR 16/2017 (modificada)

DOG Núm. 34 Venres, 16 de febreiro de 2018 Páx

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO

Fondo de Acción Social. Manual do Usuario de presentación de solicitudes do FAS

LEI 18/2011, DO 5 DE XULLO, REGULADORA DO USO DAS TECNOLOXÍAS DA INFORMACIÓN E DA COMUNICACIÓN NA ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

4.- MULLER E SERVICIOS SOCIAIS

DOG Núm. 180 Xoves, 20 de setembro de 2012 Páx

Cumpridos catro anos dende a constitución do Consello Galego das Mulleres procede pois o inicio do procedemento de renovación

Para xeral coñecemento, de acordo co disposto no artigo 38 da citada norma, faise necesaria a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Consellería de Sanidade

As características das prazas a cubrir cos integrantes da bolsa son:

1. Natureza do servizo de axuda no Fogar (SAF) e descrición

Expediente: 5193/2017

Guía para autoarquivo en Minerva Repositorio Institucional da USC. 16/04/2018 Biblioteca Universitaria da USC

Nas presentes bases e tamén nos anexos I, II e IIII detállanse os requisitos específicos que deben reunir as persoas solicitantes.

PROPOSTA DE ACORDO. Propóñolle ao Pleno da Corporación a adopción do seguinte acordo:

Bases do Concurso Logo ANPA Vila do Arenteiro BASES DO CONCURSO. 1. OBXECTO e TEMATICA DO CONCURSO 2. TIPO DE CONCURSO

CONCELLOS CERVANTES. Anuncio

Facultade de Fisioterapia

MISION COMERCIAL A TURQUÍA 3 8 XUÑO 2018 IG

Guía para autoarquivo en Minerva. Repositorio Institucional da USC

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO

12352 LEI 11/2007, do 22 de xuño, de acceso electrónico dos cidadáns aos servizos públicos. («BOE» 150, do )

Para tomar parte no citado concurso-oposición, será necesario reunir os seguintes REQUISITOS, (debendo presentar xustificante dos mesmos):

Concello de Baralla DENOMINACIÓN DA PRAZA/POSTO/EMPREGO: PERSOAL DE APOIO NO PAI. Concello de Baralla

Narrador e Narradora Narrador Narradora Narrador

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

NORMAS DE ORGANIZACIÓN E FUNCIONAMENTO DA CONVIVENCIA NO CENTRO.

Concello de Castroverde

Se (If) Rudyard Kipling. Tradución de Miguel Anxo Mouriño

Anexo IV: Xestionar o currículum da etapa:

JOSÉ LUIS TORTUERO PLAZA Catedrático de Dereito do Traballo e da Seguridade Social Universidade Complutense de Madrid

Carlos Servando MEMORIAL SALVAMENTO DEPORTIVO. 10 de outubro as 16:00. Piscina Carballo Calero Carballo. Organiza

SESIÓN ORDINARIA DO Pleno DA CORPORACIÓN do 27 de xullo de 2017 ACTA Nº 10/2017

NORMATIVA ACADÉMICA PARA O ALUMNADO DE INTERCAMBIO DA ESCOLA UNIVERSITARIA DE ESTUDOS EMPRESARIAIS (EUEE) UNIVERSIDADE DE VIGO

Metodoloxía copyleft en educación

ART. 4: CONTROL TÉCNICO DA CARREIRA As carreiras estarán controladas polo Comité Nacional de Xuíces da RFEA e o Comité Galego de Xuíces da FGA.

PRIMEIRA: OBXECTO, FINALIDADE E CONDICIÓNS

CONVOCATORIA DE BOLSAS PARA DEPORTISTAS DA SDC CURSO

ANUNCIO. Bases do Concurso de ideas para o deseño do logotipo conmemorativo do 800 aniversario do traslado de Betanzos

PROPOSTA DE FISCALIZACIÓN DAS RENDAS PROCEDENTES DA PRIMEIRA VENDA DE FUNGOS SILVESTRES COMESTIBLES DE INTERESE SOCIOECONÓMICO

COCINA ECONÓMICA DE FERROL. CÓDIGO ÉTICO E DE BO GOBERNO Edición: 2

DOG Núm. 92 Luns, 15 de maio de 2017 Páx

Transcription:

ORDENANZA FISCAL Nº II.2 REGULADORA DA TAXA POLO SUBMINISTRO DE AUGA PO- TABLE A DOMICILIO. ****************** NATUREZA E FUNDAMENTO Serán responsables solidarios das obrigacións tributarias dos suxeitos pasivos, as persoas físicas e xurídicas ás que se refiren os arts. 41 e 42 da Lei Xeral Tributaria. Serán responsables subsidiarios os administradores das sociedades e os síndicos, interventores ou liquidadores de quebras, concursos, sociedades e entidades en xeral, nos supostos e co alcance que sinala o art. 43 da Lei Xeral Tributaria. ARTIGO 1 No uso das facultades concedidas polos artigos 133.2 e 142 da Constitución e polo artigo 106 da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das Bases do Réxime Local, e de conformidade co disposto nos artigos do 15 ó 19 do Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, este Concello establece a Taxa por SUBMINISTRO DE AUGA POTA- BLE A DOMICILIO, que se rexerá pola presente Ordenanza Fiscal, atendendo as súas normas ó prevido no artigo 57 da citada Lei 2/2004. ARTIGO 2 FEITO IMPOÑIBLE Constitúe o feito impoñible da Taxa a prestación do servicio de subministro de auga potable a domicilio, a petición do interesado. ARTIGO 3 SUXEITO PASIVO Serán suxeitos pasivos contribuíntes, as persoas físicas ou xurídicas e as Entidades ás que se refire o art. 35.4 da Lei Xeral Tributaria, que ocupen ou utilicen as vivendas e locais situados nos lugares, prazas, rúas ou vías públicas nos que se preste o servicio, xa sexa a título de propietario ou de usufructuario, habitacionista, arrendatario ou, incluso de precario. Terán a consideración de suxeitos pasivos substitutos do contribuínte, o propietario das vivendas ou locais, que poderá repercutir, no seu caso, as cotas satisfeitas sobre os usuarios daquelas, beneficiarios do servicio. ARTIGO 4 RESPONSABLES ARTIGO 5 NORMAS DE XESTIÓN Toda autorización, para disfrutar do servizo de augas, levará aparellada a obrigación de instalar contador nos inmobles sendo particular para cada vivenda que deberá ser colocado en sitio visible e de fácil acceso que permita a clara lectura do consumo que marque. O abastecemento de augas potables a este municipio, é un servicio municipal, de conformidade coas prescripcións vixentes, explotándose por conta e beneficio do Concello. A taxa liquidarase cando se presente a solicitude de alta no padrón correspondente, podendo prorratearse por meses. Se se utiliza o servicio sen mediar solicitude, darase de alta de oficio no correspondente Padrón, liquidarase e notificarase ós interesados polo período non declarado, sen prexuízo das sancións e recargos que procedan. Unha vez producida a alta no correspondente Padrón, a liquidación desta taxa farase por procedemento de padrón ou matrícula. ARTÍGO 6 OBRIGACIÓN DE PAGO A Taxa regulada nesta Ordenanza é exisible no momento que se inicie a prestación do servicio. Establecido e estando en funcionamento o referido servicio, a Taxa devengarase o primeiro día do período que sinala a tarifa da Taxa, no seu caso, na data na que comece a prestación do servicio. O pago da Taxa realizarase: a) Tratándose da primeira liquidación, non exaccionada no padrón, no momento de presentarse a solicitude, en calidade de depósito previo, e o seu ingreso farase efectivo na Tesourería Municipal, ou no lugar que determine a Alcaldía-Presidencia. b) Tratándose de liquidacións practicadas de oficio polo Concello, notificarase ós interesados os ca-

les as poderan facer efectivas en vía voluntaria no prazo de un mes, sen prexuízo das sancións e recargos que procedan. c) Tratándose de liquidacións efectuadas polo Padrón ou Matrícula esixirase nos períodos que sinale a tarifa da Taxa, ou no seu caso, nos períodos que sinale a Alcaldía-Presidencia, e o seu ingreso faráse efectivo no período voluntario no prazo de dous meses dende a súa publicación no BOP. ARTIGO 7 DECLARACIÓN DE ALTA E BAIXA Os obrigados ó pago formularán as declaracións de alta nos Censos ou Padróns da Taxa e producirá efectos no mesmo momento de presentarse a declaración, podendo prorratearse, no seu caso, por meses. Os obrigados ó pago formularán as declaracións de baixa no censo ou padrón da Taxa e producirá efectos no período seguinte ó de presentación da mesma podendo, no seu caso, prorratearse por meses. ARTÍGO 8 NORMAS PARA O SUBMINISTRO Establécense as seguintes normas: DAS ACOMETIDAS 1º.-As acometidas de auga dende a rede xeral de distribución ata a parte exterior das fincas, serán feitas polo Concello, a cargo do propietario, quen pode subministrar tódolos materiais que precisen, ou no seu defecto, aportalos o municipio, liquidándose pola oficina correspondente o importe dos xornais dos obreiros municipais, e no seu caso, dos materiais ós prezos do día, notificándose a liquidación ó interesado cun prazo de oito días para efectua-lo ingreso que, de non facelo será efectivo pola vía de constrinximento. 2º.-O diámetro da acometida ou conexión será calquera, se a derivación se practica por enxerto, pero cando se perfore o cano xeral, determinarase polo encargado do servicio, o punto de perforación e o diámetro máximo, do arranque da derivación. 3º.-Á entrada do inmoble e en sitio convinte, situarase unha chave de paso pechada nun rexistro de fábrica con tapa metálica, do que o material corre exclusivamente a cargo da Administración. 4º.-Unha vez establecidos os canons de servicio nunha finca, non poderán introducirse nelas ningunha alteración sen o consentimento do Concello. 5º.-A concesión haberá que solicitala á Xunta de Goberno Local, en impreso que facilitará a oficina de Rendas, enchendo os seus ocos polo solicitante sen ningunha omisión. 6º.-Ó outorgarse cada concesión farase constar na mesma polo encargado do servicio de Augas, o punto onde se fixo a toma e no que se coloca a chave da acometida, a dirección desta ó contador ou contadores e demáis circunstancias especiais da instalación, que se consideren necesarias a xuízo do encargado do servicio. 7º.-Non se poderá facer variación ningunha en ningún elemento dos que compoñen a instalación, ou sexa, contador, billas, tubarías, etc. sen o correspondente permiso. DOS CONTADORES 8º.-Establecerase para cada vivenda unha chave de paso e un contador que indique o consumo total en toda ela, que será o que sirva ó Concello, para facer a capacidade. 9º.-Os contadores situaranse na posición que lles sexa normal, en lugares de fácil acceso e limpos e de tal xeito, que pola súa situación e altura non resulte molesta a súa lectura polo encargado de facelo. En cada caso decidirase polo Concello o emprazamento máis axeitado para a facilidade da capacidade. 10º.-Todo aboado deberá avisar por escrito á Alcaldía, de calquera introducción, insuficiencia ou irregularidade no servicio, o que se comprobará polo persoal encargado, anotándoo na súa libreta e na do propietario, e só dende a data da anotación se contarán os días de interrupción ós efectos conseguintes. 11ª.-As liquidacións faranse trimestralmente e as lecturas dos contadores tomaránse en presencia dos interesados ou representantes e se non concurrisen ó acto do aforo aplicarase a liquidación que dea o encargado da lectura, sen dereito a ningunha reclamación. Ós usuarios da auga entregaráselle unha libreta onde se anotarán trimestralmente as lecturas, desta libreta, será responsable o usuario, e no caso de extravío, reclamará outra no Negociado, da que asinará o correspondente recibo. Se ó produrirse unha incidencia entre o aboado e o Concello, non puidese aquel presentar esta libreta, perderá todo dereito a reclamación. Ó encargado da lectura dos contadores, anotará esta na súa libreta e na do aboado.

12ª.-No caso de paralización ou desarreglo do contador, faranse liquidacións con arreglo ó trimestre anterior se a instalación non tivese un ano de existencia, e se a tivese con arreglo ó mesmo trimestre do ano anterior. DO SUBMINISTRO 13ª.-As concesións de auga poderán facerse ós propietarios das fincas e tamén ós arrendatarios delas, serán sempre temporais e mediante o pago das tarifas vixentes. Os arrendatararios deberán ser autorizados polos donos das fincas para introducir a auga nos locais que ocupan. 14ª.-Os abonos cos usuarios de auga, serán temporais, polo tempo que o aboado ocupe a vivenda, estando obrigados a dar conta á oficina de auga do cambio de residencia e traslados de vivenda dentro da poboación. Cando o nome dun aboado ó subministro de auga, variase polo seu falecemento, ausencia, traspaso e outras causas, sempre que continúe no mesmo piso a familia ou entidade onde se veña subministrando o servicio de auga, a persoa que lle suceda deberá dar conta inmediata ó Negociado, suscribindo novo abono, sen que isto orixine o cambio do contador. 15ª.-A cobranza efectuarase mediante recibos trimestrais e se o pago non se efectuase dentro dos oito días seguintes ó da súa presentación, suspenderase o subministro de auga sen previo aviso, sen prexuízo do pago de arbitrio non fiscal sobre edificios que carecen dos servicios de salubridade e a reclamación do débito pola vía de constriximento. 16ª.-No caso de interrupción parcial ou total do servicio xeral de augas, non terán os aboados dereito a ningunha indemnización. 17ª.-Será obrigatoria a instalación e adquisición de contadores de auga por conta dos usuarios. O Concello poderá por si mesmo ou mediante contrata, proceder á instalación de contadores e conservación dos mesmos, sendo de conta do usuario os gastos que esta instalación e conservación orixine. Así mesmo, o Concello poderá contratar os servicios de lectura e outros relacionados con este servicio municipal de Augas. 18ª.-O sistema de calibres e marcas de contadores para a medición de auga, serán determinados con carácter xeral e obrigatorio polo servicio municipal de Augas. Non poderá usarse ningún contador que non fose previamente verificado pola Delegación de Industria. ARTIGO 9 CONTÍA A estructura e contía deste Taxa, será a que figure na seguinte: TARIFA: A) USOS DOMÉSTICOS: m 3 1º bloque, ata 10 m 3 de consumo 0,424632 2º bloque, de 11 m 3 a 20 m 3 0,503147 3º bloque, exceso de 20 m 3 0,528336 Cota mensual de servicio 1,579 Cota mínima mensual 5,825 Ás vivendas que non teñan instalado contador, facturaráselles un mínimo de 9,72 /mes, dándolle ó contribuínte para que instale o contador, de acordo co Regulamento e Normas técnicas, un prazo de seis meses, e no caso contrario procederase ó corte de subministro de auga. B) USO COMERCIAL: Comercios de venda menor, artígos de regalo, camisería, mercería, oficinas, tendas de alimentación e similares: M 3 1º bloque, ata 10 M 3 de consumo 0,503147 2º bloque, exceso de 10 M 3 0,568149 Cota mensual de servicio 3,732 Cota mínima mensual 8,763 C) USO INDUSTRIAL: m 3 1º bloque, ata 25 m 3 de consumo 0,503147 2º bloque, exceso de 25 m 3 0,581746 Cota mensual de servicio 3,732 Cota mínima mensual 16,311 Os locais comerciais e industriais que non teñan contador, facturaráselle un mínimo de 20,01 /mes, dándolle ó contribuínte para que instale o contador, de acordo Regulamento e Normas Técnicas, un prazo de seis meses, no caso contrario, procederase ó corte do subministro de auga. D) OBRAS DE CONSTRUCCIÓN: m 3 1º bloque, ata 65 m 3 de consumo 0,528844 2º bloque, exceso de 65 m 3 0,595022

Cota mensual de servicio 3,732 Cota mínima mensual 38,107 E) CANON DE CONSERVACIÓN DE CONTA- DORES O canon de conservación polo servicio de mantemento, será de 0,176, máis IVE, para tódolos calibres, por abonado e mes. A tódalas tarifas (usos domésticos, comercial, industrial, obras en construcción), incrementaraselle o IVE correspondente. ARTIGO 10 EXENCIÓNS E BONIFICACIÓNS Aplicarase unha bonificación do 90% da tarifa para aquelas unidades familiares que non cheguen ao Salario Mínimo Interprofesional, así coma para desempregados coas prestacións esgotadas, e dunha bonificación do 50% para as unidades familiares nas que todos os seus membros superen os 65 anos e sexan receptores de ingresos cuxa contía máxima sexa a pensión mínima contributiva. Fechas anteriores modificaciones: PUBLICADO BOP (modificación tarifas): 28/12/2000 PUBLICADO BOP (modificación tarifas): 17/12/2001 PUBLICADO BOP (modificación tarifas): 30/12/2002 PUBLICADO BOP (modificación tarifas): 29/12/2003 PUBLICADO BOP (modificación tarifas): 29/12/2004 PUBLICADO BOP (modificación tarifas): 28/12/2005 PUBLICADO BOP (modificación tarifas): 26/12/2006 PUBLICADO BOP (modificación tarifas): 27/12/2007 PUBLICADO BOP (modificación tarifas): 26/12/2008 PUBLICADO BOP (modificación tarifas): 09/05/2011 PUBLICADO BOP (modificación tarifas): 27/12/2011 PUBLICADO BOP (modificación tarifas): 28/12/2012 PUBLICADO BOP: 30/12/2013 PUBLICADO BOP: 30/12/2014 PUBLICADO BOP: 29/12/2015 Fecha modificación actual: PUBLICADO BOP: 30/12/2016 ARTIGO 11 DEVENGO Devéngase a Taxa e nace a obrigación de contribuír dende que teña lugar a prestación do servicio. ARTÍGO 12 ENTRADA EN VIGOR A presente Ordenanza Fiscal, aprobada a súa redacción definitiva polo Pleno da Corporación Municipal, en sesión celebrada o 18 de outubro de 2016, comenzará a aplicarse unha vez transcurra o prazo previsto no art. 49 e 65.2 da Lei 7/85, do 2 de abril, permanecendo en vigor ata a súa modificación ou derrogación expresas.

ANEXO I TARIFAS DE ACOMETIDAS, CONTADORES E OUTROS PARA O ANO 2017 1.- ACOMETIDAS acometida Gabia terra (A) Gabia asfalto (B) Gabia baldosabeirarrúa (C) ¾ "... 181,22... 239,04... 288,52 1 "... 199,03... 256,27... 305,20 1 ½ "... 263,51... 321,31... 371,45 2 "... 313,52... 370,25... 419,72 Acometidas de máis de 5 m. ¾" 1" 1½" 2". (A) Incremento de por m.... 9,51... 11,14... 20,00... 26,68 (B) Incremento de por m... 20,95... 22,56... 31,51... 38,08 (C) Incremento de por m... 25,19... 26,79... 35,38... 42,25 2.- CONTADORES 2.1.- Contadores de 15/20 mm. -Instalación en batería de contadores ou similar -Contador de 15/20 mm. -Válvula antirretorno -Pezas de conexión Prezo: 15 mm. 79,61 / ud.; 20 mm. 100,42 /ud. 2.2.- Contador diámetro superior a 15/20 mm. -Presupostarase para cada caso. TARIFA DE CONTADORES (SEN INSTALACIÓN) 15 mm... 54,98 /ud. 20 mm... 75,79 /ud. 25 mm... 123,43 /ud. 30 mm... 172,55 /ud. 40 mm... 267,57 /ud. 50 mm... 584,44 /ud. 65 mm... 724,51 /ud. 3.- TARIFA POR INSPECCIÓN DE INSTALACIÓN DE CONTADOR, PRECINTADO E TOMA DE LECTURA PARA CAMBIO DE TITULARIDADE. Total... 17,83 /unidade 4.- TARIFA POR REPOSICIÓN DE SUMINISTRO. Por reposición de suministro despois dun corte por solicitude de baixa ou por impago de recibos. Total.. 17,83 /unidade 5.- XESTIÓN DE COBRO

No caso de non facer efectivo o importe do recibo no período voluntario de cobro, por confección de listado de pendentes de pago, carta individual a cada un deles, certificado de correos total importe: a tarifa postal vixente en cada momento. NOTA: Tódolos prezos anteriores veranse gravados co IVE correspondente.