Fonética e fonoloxía da língua galega

Similar documents
Síntesis da programación didáctica

COMO XOGAR A KAHOOT Se vas xogar por primeira vez, recomendámosche que leas este documento QUE É KAHOOT?

Discurso literario e sociedade nos países de fala inglesa

Grao en Química. 2 0 Curso QUIMICA INORGÁNICA III. Guía Docente

Acceso web ó correo Exchange (OWA)

Silencio! Estase a calcular

Procedimientos Auditivos e Instrumentais DEPARTAMENTO COORDINADOR/A DA DISCIPLINA. CURSOS 1º curso 2º curso 3º curso 4º curso.

GUÍA DE MIGRACIÓN DE CURSOS PARA PLATEGA2. Realización da copia de seguridade e restauración.

Grao en Química. 2 0 Curso QUIMICA INORGÁNICA III. Guía Docente

Léxico e terminoloxía do galego

CREATIVIDADE DA COMUNICACIÓN CULTURAL

T1, T3, (T5)*, T8, T11, T13 *solo grupos bilingüe X1, X3, X8, X10, X13, X18, X22, X23, X24 EI6, EI7

1. DATOS IDENTIFICATIVOS DA DISCIPLINA CÓDIGO Teorías do espectáculo e da comunicación Teorías do espectáculo II

R/Ponzos s/n Ferrol A Coruña Telf Fax

O SOFTWARE LIBRE NAS ENTIDADES DE GALIZA

VOCAIS FINAIS EN GALEGO E EN PORTUGUÉS: UN ESTUDIO ACÚSTICO

Grao en Química. 1 o Curso FÍSICA II. Guía Docente

GUÍA DOCENTE E MATERIAL DIDÁCTICO

1. DATOS IDENTIFICATIVOS DA DISCIPLINA CÓDIGO Teorías do espectáculo e da comunicación Teorías do espectáculo I ITINERARIO CURSO 1º CRÉDITOS ECTS 3

Facultade de Fisioterapia

CONSERVATORIO PROFESIONAL DE MÚSICA REVERIANO SOUTULLO PONTEAREAS

Inferencia estatística

Conservatorio Profesional de Música de Vigo. Programación OPTATIVA DE MÚSICA MODERNA (historia do rock&roll)

Concello de Baralla DENOMINACIÓN DA PRAZA/POSTO/EMPREGO: PERSOAL DE APOIO NO PAI. Concello de Baralla

2º ESO. Obxectivos xerais do curso. Contidos (unidades didácticas) temporalizados por avaliacións

Curso Monográfico de Estudos Grecolatinos 1

A INTERFERENCIA FONÉTICA NO ESPAÑOL DA CORUÑA. A VOCAL [o] TÓNICA. Sandra Faginas Souto 1 Universidade da Coruña

PARTE I. VIVALDI: Concierto en MI M. op. 3 n.12

1. IDENTIFICACIÓN E CONTEXTUALIZACIÓN DISCIPLINA: INSTRUMENTO I (JAZZ - PIANO)

PRESENTACIÓN MATERIA MATERIA LINGUA INGLESA CURSO 1º ESO B CURSO ACADÉMICO PROFESOR Mª MONTSERRAT VILLAPÚN CASTRO

VIGOSÓNICO V C O N C U R S O V I D E O C L I P S Calquera proposta estética para o vídeo: cine, animación, cor, branco e negro,...

1º ESO CARMEN QUINTANA, ELBA NIEVES, MARGARITA ALFONSO

PRESENTACIÓN MATERIA MATERIA LINGUA INGLESA CURSO 1º ESO A CURSO ACADÉMICO PROFESOR Mª MONTSERRAT VILLAPÚN CASTRO

PRESENTACIÓN MATERIA MATERIA INGLÉS CURSO 4º ESO CURSO ACADÉMICO PROFESOR Mª CRUZ MASEDA FRANCOS

PRESENTACIÓN MATERIA MATERIA INGLÉS CURSO 4º ESO CURSO ACADÉMICO PROFESOR FRANCISCO JOSÉ PÉREZ SAAVEDRA

3º ESO ESTHER VÁZQUEZ, ELBA NIEVES. Editorial BURLINGTON AutorMARKS/DARBY. Contidos (unidades didácticas) temporalizados por avaliacións

PROGRAMACIÓN DA MATERIA DE PEDAGOXÍA E DIDÁCTICA INSTRUMENTAL

Os alófonos de /b, d, g/ en galego

Conservatorio Profesional de Música de Vigo. Programación de Contrabaixo

Estudos sobre. lingüístico no galego actual

Guía docente. Cibercultura e Redes Sociais. Grao en Ciencias da Cultura e Difusión Cultural Modalidade presencial

PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DEPARTAMENTO DE LINGUA GALEGA E LITERATURA CURSO

Programación Percusión

CURSO PROGRAMACIÓN DE 2º ESO

Conservatorio Profesional de Música de Vigo. Programación de Viola

SECUENCIACIÓN DIDÁCTICA: ÁMBITO DA COMUNICACIÓN MÓDULO 3 y 4 (ESA) 2017/2018

FACULTADE DE FILOLOXÍA FACULTADE DE XEOGRAFÍA E HISTORIA

PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA ÁREA DE INGLÉS

Teorías contemporáneas da literatura e da cultura

PROGRAMACIÓN DE INGLÉS CURSO º ESO

CURSO UNIVERSITARIO CON APROBACIÓN PROVISONAL DE HOMOLOGACIÓN POR PARTE DA CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E O.U.

NORMATIVA ACADÉMICA PARA O ALUMNADO DE INTERCAMBIO DA ESCOLA UNIVERSITARIA DE ESTUDOS EMPRESARIAIS (EUEE) UNIVERSIDADE DE VIGO

Obradoiro sobre exelearning. Pilar Anta.

PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA CURSO DEPARTAMENTO DE INGLÉS

PRESENTACIÓN MATERIA MATERIA INGLÉS CURSO 1º BAC CURSO ACADÉMICO PROFESORA Mª CRUZ MASEDA FRANCOS

PROGRAMACIÓN CURSO DEPARTAMENTO : INGLÉS. IES Ramón Menéndez Pidal

2.1. O PROXECTO LINGÜÍSTICO DE CENTRO

Proxecto Curricular. I.E.S. Sanxillao. Proxecto Curricular IES SANXILLAO

PARTE I PARTE II. Estas probas abranguerán os contidos comprendidos nos distintos apartados das programacións de todos os cursos de Linguaxe Musical.

Rede CeMIT Cursos Gratuítos de Alfabetización Dixital NOVEMBRO Aula CeMIT de Cuntis

Competencias docentes do profesorado universitario. Calidade e desenvolvemento profesional

Narrador e Narradora Narrador Narradora Narrador

Conservatorio Profesional de Música de Vigo. Programación de Percusión

Segunda lingua estranxeira: inglés

LINGUA INGLESA CURSO

Se (If) Rudyard Kipling. Tradución de Miguel Anxo Mouriño

PROGRAMACIÓN DO CUARTO CURSO DAS ENSINANZAS DO TÍTULO SUPERIOR DE MÚSICA NA ESPECIALIDADE DE INTERPRETACIÓN NO ITINERARIO DE CLARINETE.

C.E.I.P. PRÁCTICAS de Ourense Programacións didácticas

Grao en Matemáticas TOPOLOXÍA XERAL

Alumna/o...Curso... 1) Para recuperar a materia pendente deberás seguir o plan de traballo que se especifica de seguido:

NOME DO CENTRO: IES CANIDO CURSO ESCOLAR: 2016/2017 INGLÉS 1º ESO

PRESENTACIÓN MATERIA MATERIA INGLÉS CURSO 2º BAC CURSO ACADÉMICO PROFESOR Mª CRUZ MASEDA FRANCOS

Problema 1. A neta de Lola

ÁMBITO DE COMUNICACIÓN Lengua extranjera: Inglés

Ámbito da comunicación: lingua inglesa

Fisioterapia Descriptores Creditos ECTS Carácter Curso Cuadrimestre. 6 OB 2 2c

PROGRAMA FORMATIVO DA ESPECIALIDADE FORMATIVA TÉCNICAS DE MARKETING ON LINE, BUSCADORES, SOCIAL MEDIA E MÓBIL COMM049PO

Programación. Didáctica. Departamento de Inglés

1.9. Requisitos mínimos de asistencia a las sesiones presenciales / Minimum attendance requirement:

1.7. Número de créditos / Credit allotment

DEPARTAMENTO DE INGLÉS PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA 2º ESO - LINGUA INGLESA - 1º IDIOMA CURSO 2018 / 2019 IES DAVID BUJÁN

4º curso. DOCENTES: NOME E APELIDOS /TEL/WEB TITORÍA Luis Miguel Sobrevela Romaguera Martes 17:30 a 18:30

DEPARTAMENTO DE INGLÉS PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA 2º BACH - LINGUA INGLESA - 1º IDIOMA CURSO 2018 / 2019 IES DAVID BUJÁN

DEPARTAMENTO DE INGLÉS PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA 3º ESO - LINGUA INGLESA - 1º IDIOMA CURSO 2018 / 2019 IES DAVID BUJÁN

ANEXO XIII MODELO DE PROGRAMACIÓN DE MÓDULOS PROFESIONAIS

Problemas na orixe da alternancia dos alófonos dos fonemas /b d / 0. Introdución1 1. Distribución e descrición dos alófonos dos segmentos implicados

REUNIÓN CONVOCATORIAS SUBVENCIÓNS 2018 SECCIÓN DE SERVIZOS SOCIAIS SERVIZO DE ACCIÓN SOCIAL, CULTURAL E DEPORTES

A tradución audiovisual como recurso didáctico no proceso de ensinanza-aprendizaxe de linguas

DOG Núm. 34 Venres, 16 de febreiro de 2018 Páx

ANEXO XIII MODELO DE PROGRAMACIÓN DE MÓDULOS PROFESIONAIS

IMPLEMENTACIÓN E AVALIACIÓN DUN PROCESO DE ENSINANZA-APRENDIZAXE COLABORATIVO NA TITULACIÓN DE ADMINISTRACIÓN E DIRECCIÓN DE EMPRESAS

DSpace da Universidade de Santiago de Compostela

TRABALLO DE FIN DE GRAO

PROGRAMACIÓN CURSO DEPARTAMENTO : INGLÉS. IES Ramón Menéndez Pidal

PRESENTACIÓN DA MATERIA/MÓDULO

ELABORACIÓN DUN TEST PARA ESTIMA-LO TAMAÑO DO VOCABULARIO COÑECIDO EN LINGUA GALEGA

PROGRAMACIÓN DEPARTAMENTO DE INGLÉS -ESO -BACHARELATO -CICLOS -FORMACIÓN PROFESIONAL BÁSICA -ADULTOS

DEPARTAMENTO DE INGLÉS PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA

DEPARTAMENTO DE INGLÉS PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA

PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA. Área de Lingua Inglesa. 4º Educación Primaria

Transcription:

FACULTADE DE FILOLOXÍA DEPARTAMENTO DE FILOLOXÍA GALEGA Fonética e fonoloxía da língua galega Xosé Luís Regueira Fernández GUÍA DOCENTE E MATERIAL DIDÁCTICO 2018/2019

DATOS DESCRITIVOS DA MATERIA DENOMINACIÓN Fonética e fonoloxía do galego CÓDIGO G5051223 TITULACIÓNS Grao de Lingua e Literatura Galegas CRÉDITOS 6 ECTS CURSO Cuarto PERÍODO Primeiro cuadrimestre LINGUA DA DOCENCIA Galego PROFESOR RESPONSABLE Xosé Luís Regueira Fernández Gabinete 214, Facultade de Filoloxía Tel. 881811984 xoseluis.regueira@usc.es TITORÍAS A atención a alumnos realizarase no despacho do profesor no horario que será anunciado a comezos do curso a todo o alumnado. De se produciren cambios, serán comunicados ao alumnado nas clases e a través da aula virtual. SENTIDO DA MATERIA Na titulación de grao de Lingua e Literatura Galegas a materia Fonética e fonoloxía do galego forma, xunto con Morfoloxía do galego, Sintaxe do galego e Léxico e terminoloxía do galego, un bloque de materias que teñen como obxectivo consolidar e ampliar os coñecementos adquiridos nas materias de introdución (Lingua galega 1 e 2, Introdución á gramática galega), afondando no coñecemento do sistema gramatical do galego por medio da descrición avanzada dos diferentes planos do sistema da lingua. Dentro dese bloque, Fonética e fonoloxía do galego ocúpase do estudo do plano fónico, e o seu sentido dentro deste módulo é o de servir para que o alumnado adquira coñecementos avanzados de fonética e fonoloxía da lingua galega, e sobre todo unha competencia suficiente no manexo dos conceptos e procedementos da fonética e da fonoloxía que os habilite para iniciarse na investigación. De maneira máis específica, esta materia aspira a introducir as alumnas e alumnos nas técnicas e nos conceptos fundamentais da fonética instrumental e fornecerlles unha formación básica en fonética acústica. Estes coñecementos e competencias resultan de grande interese, por teren aplicacións para as tecnoloxías da fala (síntese de voz, conversores texto- 2

voz, recoñecedores de voz) e para as industrias da información e da comunicación. Esta materia tamén pretende preparar o alumnado para que poida acceder a unha formación avanzada e poida iniciarse na investigación en fonoloxía, con coñecemento dos marcos teóricos e das metodoloxías máis relevantes neste terreo, fundamentalmente na fonoloxía xenerativa e a teoría da optimidade. Por outra parte, nesta materia trataranse cuestións de variación e estándar nos aspectos fónicos da lingua, complementarias das vistas na materia de Lingua oral, escrita e estándar. Neste sentido preténdese facer posible que o alumnado poida realizar unha análise reflexiva do funcionamento social da lingua, observando os usos orais na sociedade, especialmente na lingua do espazo público e da lingua dos medios de comunicación. OBXECTIVOS E COMPETENCIAS Esta materia ten como obxectivos afondar no coñecemento da estrutura da lingua galega, das teorías lingüísticas, e en particular: Afondar no coñecemento da fonética da lingua galega. Ampliar o coñecemento da compoñente fonolóxica da lingua galega. Coñecer os fundamentos da produción e da percepción da fala. Afondar no coñecemento dos conceptos e métodos da fonética acústica. Coñecer e ser capaz de utilizar técnicas instrumentais para a análise fonética, e en particular os métodos de análise da fonética acústica. Saber realizar análises espectrográficas de vogais e de consoantes empregando programas informáticos especializados. Coñecer os conceptos básicos e os métodos da fonoloxía xenerativa e da teoría da optimidade. Ampliar a competencia fonética, activa e pasiva, da lingua galega, co coñecemento dos sons e dos sistemas fonolóxicos da variedade estándar e das variedades non estándar. Eliminar prexuízos sobre as variedades lingüísticas e reflexionar sobre as bases e as consecuencias da discriminación lingüística. Ao mesmo tempo desenvólvense as competencias: Uso de ferramentas informáticas para a análise acústica da fala: programas específicos de análise acústica (Praat) e folla de cálculo 3

(Microsoft Excel) para o tratamento dos datos e realización de gráficos. Desenvolvemento de actitudes de valoración da diversidade e de eliminación de prexuízos lingüísticos, culturais e sociais. Esta competencia desenvólvese de maneira específica mediante o estudo e o coñecemento da variación lingüística e a súa xustificación fonolóxica e fonética, a posta en valor das variedades non estándar e a reflexión sobre os aspectos sociais e políticos da construción dos estándares lingüísticos. CONTIDOS DA MATERIA 1. Fonética 1.1. Fonética articulatoria, fonética auditiva e fonética acústica 1.2. Fonética articulatoria 1.2.1. A voz 1.2.2. Articulación 1.3. Fonética acústica 1.3.1. A física do son 1.3.2. Espectro e espectrograma 2. Os sons do galego 2.1. Descrición articulatoria e acústica dos sons da lingua 2.1.1. Vogais e semivogais 2.1.2. Soantes 2.1.3. Fricativas e oclusivas 2.2. Acento e entoación 2.3. Variedades lingüísticas 2.3.1. Estándar oral e variedades non estándar 2.3.2. A lingua dos medios e da actividade pública 3. Fonoloxía 3.1. A teoría fonolóxica: a fonoloxía estrutural 3.1.1. Trazos fonolóxicos e oposicións 3.2. A fonoloxía xenerativa 3.2.1. Regras 3.2.2. Estrutura dos segmentos fonolóxicos 4

3.2.3. Sílaba 3.2.4. Acento 3.2.5. Fonoloxía prosódica 4. A Teoría da Optimidade 4.1. Compoñentes: GEN e EVAL. As constricións. 4.2. Sílaba 4.3. Acento BIBLIOGRAFÍA BÁSICA Fernández Planas, A. M. (2005): Así se habla. Nociones fundamentales de fonética general y española. Apuntes de catalán, gallego y euskara. Barcelona: Horsori. Gussenhoven, Carlos & Heike Jakobs (1998): Understanding phonology. London / New York: Arnold. Hayes, Bruce (2009): Introductory phonology. Chichester, UK: Wiley- Blackwell. Martínez Celdrán, Eugenio (1998): Análisis espectrográfico de los sonidos del habla. Barcelona: Ariel. Martínez Celdrán, Eugenio (2002): Introducción á fonética. O son na comunicación humana. Vigo: Galaxia. Vidal Figueroa, Tiago (2000): Fonética e fonoloxía. F. Ramallo & G. Rei- Doval & X. P. Rodríguez Yáñez (coords.): Manual de ciencias da linguaxe. Vigo: Xerais, 629-719. DESENVOLVEMENTO DO TEMARIO Esta materia consta de dúas partes ben diferenciadas: fonética e fonoloxía. A primeira delas estuda os sons lingüísticos como entidades físicas concretas (fonética acústica) e desde o punto de vista da súa produción (fonética articulatoria). O estudo da fonética trata por tanto de entidades físicas concretas, polo que resulta en xeral doado de comprender e de asimilar, sobre todo se se traballa de maneira práctica. Por esa razón, dedícanselle a esta parte dous temas expositivos e 10 horas de traballo práctico. A fonoloxía ocupa a segunda parte do temario (temas 3 e 4). Como se trata dunha disciplina estritamente lingüística, o seu estudo consiste 5

fundamentalmente no estudo da teoría fonolóxica, fundamentalmente na teoría xenerativa actual e na teoría da optimidade. Tema 1: Fonética 1.1. Fonética articulatoria, fonética auditiva e fonética acústica 1.2. Fonética articulatoria 1.2.1. A voz 1.2.2. Articulación 1.3. Fonética acústica 1.3.1. A física do son 1.3.2. Espectro e espectrograma Este tema ten a misión de fornecer os conceptos básicos necesarios para o estudo da fonética das linguas e, especificamente, da lingua galega. O estudo deste tema presenta dúas partes: na primeira tras a presentación e caracterización das ramas da fonética, explícanse os conceptos básicos de fonética articulatoria; a segunda parte céntrase nos conceptos básicos da fonética acústica. Neste punto, menos coñecido para os alumnos, o foco estará posto nos conceptos mínimos (espectro, espectrograma) e nos procedementos de análise (programas de análise acústica) que os alumnos aprenderán a utilizar nas clases interactivas e nos traballos prácticos con gravacións realizadas por eles mesmos. Á parte doutros procedementos, nas clases interactivas e nas prácticas os alumnos empregarán o programa Praat, por razón da súa versatilidade e por tratarse dun programa gratuíto e aberto. Bibliografía complementaria recomendada: Jonhson, Keith (1997): Acoustic and auditory phonetics. Oxford: Blackwell. Nesta excelente introdución á fonética, inclúese un capítulo que explica de maneira moi accesible o concepto de resonancia (cap. 4, pp. 63-90). Kreiman, Jody & Dianda Sidtis (2011): Foundations of voice studies. And interdisciplinary approach to voice production dan perception. Chichester, UK: Wiley-Blackwell. Ladefoged, P. (1993): A course in phonetics. 3rd ed. Fort Worth: Harcourt Brace. 6

Ladefoged, P. (2001): Vowels and consonants. An introduction to the sounds of languages. Oxford: Blackwell. Excelentes introducións á fonética acústica e ós sons das linguas do mundo, con CD-ROM con exemplos. Tema 2: Os sons do galego 2. Os sons do galego 2.1. Descrición articulatoria e acústica dos sons da lingua 2.1.1. Vogais e semivogais 2.1.2. Soantes 2.1.3. Fricativas e oclusivas 2.2. Acento e entoación 2.3. Variedades lingüísticas 2.3.1. Estándar oral e variedades non estándar 2.3.2. A lingua dos medios e da actividade pública Neste segundo tema abórdase unha descrición dos sons da lingua galega, tanto desde o punto de vista articulatorio coma acústico, facendo fincapé na interrelación entre ambas perspectivas. Na última parte deste tema estúdase a relación entre variedades estándar e non estándar, mostrando que desde o punto de vista científico estas últimas son sistemas fonéticos coherentes e, en casos, máis ricos ca a variedade estándar. Describiranse as variedades con gheada e seseo, ilustrando con exemplos sonoros a variación fonética que existe actualmente. O estudo destas variedades, ademais do seu interese intrínseco, poñerá en evidencia que os xuízos que se fixeron e se fan sobre estes fenómenos están baseados en criterios sociais e non lingüísticos, e están asociados a ideoloxías que discriminan certas clases sociais. Desenvolvemos, aquí e nos temas seguintes, a competencia de fomentar actitudes que valoran a diversidade e de eliminar prexuízos lingüísticos, culturais e sociais sobre unha parte da poboación galega. Finalmente, dentro do estudo da variación fónica do galego actual, verase, de maneira práctica e teórica, a lingua pública e a lingua dos medios de comunicación, e avaliarase en que medida corresponde á lingua estándar, como aparecen as variedades non estándar, e os efectos do contacto lingüístico co español. 7

Bibliografía complementaria recomendada: Fernández Rei, Francisco / Hermida Gulías, Carme (eds.) (2003): A nosa fala: bloques e áreas lingüísticas do galego. 1 vol. + 3 CD. Santiago: Consello da Cultura Galega. Colección de gravacións do galego popular de diferentes áreas. International Phonetic Association (1999): Handbook of the International Phonetic Association. A guide to use the International Phonetic Alphabet. Cambridge: Cambridge University Press. Contén o Alfabeto Fonético Internacional, que resulta imprescindible consultar. Contén tamén numerosas descricións fonéticas de linguas do mundo (entre elas o galego), con gravacións accesibles en internet (http://web.uvic.ca/ling/resources/ipa/handbook_downloads.htm) Martínez Celdrán, Eugenio, & Ana M. Fernández Planas (2007): Manual de fonética española. Articulaciones y sonidos del español. Barcelona: Ariel. Este manual de fonética española, moi claro, ben organizado e escrito, resulta utilísimo tanto como introdución aos diferentes tipos de sons coma por describir moitos sons que tamén se encontran en galego. Regueira Fernández, X. L. (coord.) (1998): Os sons da lingua. Vigo: Xerais. Descrición articulatoria con exemplos sonoros dos sons do galego estándar. Regueira, Xosé Luís (2010): Dicionario de pronuncia da lingua galega. A Coruña: RAG. Versión en liña, con locución: ilg.usc.es/pronuncia. Tema 3: Fonoloxía 3.1. A teoría fonolóxica: a fonoloxía estrutural 3.1.1. Trazos fonolóxicos e oposicións 3.2. A fonoloxía xenerativa 3.2.1. Regras 3.2.2. Estrutura dos segmentos fonolóxicos 3.2.3. Sílaba 3.2.4. Acento 3.2.5. Fonoloxía prosódica Na primeira parte deste tema faise unha introdución á teoría fonolóxica, desde os seus fundamentos na fonoloxía estrutural. A seguir 8

faise un desenvolvemento dos aspectos nucleares da fonoloxía, da estrutura fonemática e o funcionamento das regras fonolóxicas, dentro do marco xeral da Fonoloxía Autosegmental. As explicacións estarán realizadas desde exemplos da lingua galega, con especial atención á sílaba e á asignación de acento. Na parte final realizarase unha introdución á fonoloxía prosódica. Bibliografía complementaria recomendada: Anderson, Stephen R. (1990): La fonología en el siglo XX. Madrid: Visor. Magnífica revisión das principais teorías fonolóxicas do século XX, desde o estruturalismo ao xenerativismo. Mateus, María Helena & Ernesto d Andrade (2000): The phonology of Portuguese. Oxford: Oxford University Press. Descrición fonolóxica do portugués europeo. Moi accesible. Nespor, Marina & Irene Vogel (1986): Prosodic phonology. Dordrecht: Foris. Trad. esp.: La prosodia. Madrid: Visor, 1994. Exposición fundamental da fonoloxía prosódica, coa explicación dos diferentes dominios e a súa xustificación e interese para a explicación dos feitos lingüísticos. Regueira, Xosé L. (2002): "A sílaba en galego: lingua, estándar e ideoloxía". R. Lorenzo (ed.): Homenaxe a Fernando R. Tato Plaza. Santiago de Compostela: Universidade, 235-254. Estudo da sílaba en galego, da súa estrutura e dos prexuízos sociais sobre a fonoloxía do galego popular. Roca, Iggy M. (2005): Saturation of parameter settings in Spanish stress, Phonology 22, 345 394. Artigo que establece as regras e parámetros da asignación do acento en español, aplicables tamén ao galego. Veiga, Amable (1976): Fonología gallega. Valencia: Bello. Descrición da fonoloxía galega realizada desde a teoría estrutural, aínda que con algúns desenvolvementos orixinais. Libro de gran importancia na historiografía da lingüística galega, e base de moitas descricións posteriores. Tema 4: A Teoría da Optimidade 4.1. Compoñentes: GEN e EVAL. As constricións. 4.2. Sílaba 4.3. Acento 9

Neste tema introdúcese a Teoría da Optimidade. Despois de presentar e explicar a estrutura desta teoría, e das súas compoñentes principais, tratarase de explicar de maneira práctica en que medida a aplicación desta teoría pode explicar de maneira máis coherente e comprensiva algúns feitos observados na lingua galega, en particular no referente á estrutura da sílaba. Os temas de fonoloxía, ademais de introducir os alumnos no coñecemento das teorías e no manexo dalgúns dos seus instrumentos, están pensados para familiarizar o alumnado coas teorías fonolóxicas (e lingüísticas) actuais, de maneira que teñan acceso a publicacións sobre lingüística galega e portuguesa que utilizan estes marcos teóricos. Bibliografía complementaria recomendada: Colina, Sonia (2009): Spanish phonology. A syllabic perspective. Washington, D. C.: Georgetown University Press. [Este traballo de Colina, que estuda diferentes aspectos da sílaba en español, é unha fonte de suxestións para o estudo da sílaba en galego, ademais de permitir familiarizar os estudantes con esta teoría dunha maneira aplicada e relativamente accesible] McCarthy, John J. (ed.) (2004): Optimality theory in phonology: a reader. Oxford: Blackwell. [Colección de traballos fundamentais da Teoría da Optimidade. Require a lectura previa dunha introdución á OT] Regueira, Xosé Luís (2008): Cambios fonolóxicos no galego actual. M. Brea, F. Fernández Rei & X. L. Regueira (eds.): Cada palabra pesaba, cada palabra medía: homenaxe a Antón Santamarina. Santiago de Compostela: Universidade. [Neste artigo preséntanse dúas cuestións que afectan á sílaba e á prosodia do galego desde a teoría da optimidade.] METODOLOXÍA DO ENSINO As clases expositivas consisten na explicación dos conceptos e procedementos dos diferentes modelos teóricos estudados, e posteriormente na súa aplicación a problemas da fonética e da fonoloxía do galego. Durante estas clases procurarase a intervención activa dos alumnos. Durante estas clases levarase a cabo a audición de textos e fragmentos de producións orais de diferentes variedades da lingua galega, para a 10

discriminación e a identificación de sons e de compoñentes fónicos, a transcrición fonética de textos orais e a discusión de problemas que requiran a aplicación dos conceptos e técnicas estudados. Tamén se requirirá que o alumnado lea determinados textos teóricos, que serán discutidos nas clases seguintes. Todas estas actividades serán controladas mediante discusións e preguntas orais ou escritas. Como no presente curso todo o alumnado xa cursou esta materia, naqueles casos en que as obrigas do alumnado dificulten a asistencia, poderá xustificar o seu caso ante o profesor e, no seu caso, parte do temario teórico podería ser realizado de maneira autónoma, por medio de lecturas e controis orais ou escritos da correcta adquisición de coñecementos e competencias. As clases interactivas realizaranse na aula de informática, e nelas os alumnos utilizarán os recursos de internet e outros recursos informáticos propios para afianzar os coñecementos das clases teóricas e para poñelos en práctica, mediante a gravación e a análise de secuencias fónicas, incluído o tratamento estatístico dos datos obtidos. Nas titorías programadas estarán dedicadas a guiar os alumnos para a adecuada preparación desta materia e a facer un seguimento do seu traballo, así como a resolver problemas prácticos e metodolóxicos que poidan xurdir. DISTRIBUCIÓN DA CARGA DOCENTE Tendo en conta os factores de conversión habituais, o cálculo da carga docente para esta materia queda da seguinte maneira: ACTIVIDADES HORAS PRESENCIAIS HORAS TRABALLO NON PRESENCIAL TOTAL Clases expositivas 30 65 (12TD) 95 Clases interactivas 13 23 (9TD) 36 Titorías 3 3 6 programadas Avaliación 3 10 13 TOTAL 49 101 150 11

AVALIACIÓN A avaliación desta materia realizarase determinando o grao de consecución dos obxectivos mediante o seguimento do traballo feito nas clases teóricas e prácticas e a realización dunha proba escrita na data e lugar fixada oficialmente. Desde xeito, as compoñentes da avaliación, os criterios e os instrumentos para a súa determinación, así coma a súa importancia relativa no resultado final serán: o Asistencia e participación: 20%. Participación activa nas clases, debates e comentarios, seguimento comprensivo da materia (determinado por medio da observación, notas do profesor e cuestionarios específicos). o Proba oral: 10%. Competencia activa e pasiva (produción e recoñecemento) dos sons da fonética galega. o Contidos: 40%. Comprensión e dominio dos coñecementos teóricos e prácticos e a súa aplicación (determinado por medio do exame final). o Traballo práctico: 30%. Realización dun traballo experimental, que consistirá na aplicación das técnicas aprendidas ao estudo da fonética do galego. A asistencia activa ás clases teóricas e prácticas é un elemento fundamental para a obtención dos resultados académicos desexados. A asistencia e a participación activa nas clases expositivas terá un peso dun 20% na avaliación final, sempre que se demostre unha asistencia, como mínimo, ao 75% das clases programadas. Unha asistencia ás clases de entre o 50% e o 75% só permitirá obter o 50% desta cualificación. Unha asistencia menor a un 50% das clases programadas non dará dereito a cualificación por este concepto, mais en casos xustificados poderá compensarse coa realización dun traballo individual escrito, que se concertará a principio do cuadrimestre co profesor. O traballo práctico realizarase nas clases prácticas de laboratorio, e consistirá na realización dun traballo de fonética experimental ou dun traballo sobre lingua oral no discurso público que deberá ter unha parte de análise fonética. Naqueles casos en que exista dispensa de docencia ou motivos xustificados que non permitan a asistencia regular ás clases, as alumnas e alumnos poderán realizar os traballos previstos para os seminarios así como outras prácticas e traballos encargados polo profesor para obter a parte da avaliación equivalente ao 20% de asistencia e participación nas clases. 12

Realizarán, igualmente, prácticas con programas de análise fonética e entregarán un traballo equivalente ao que realice o alumnado asistente ás clases prácticas. Estes traballos equivalerá ao 30% correspondente a traballo práctico. A proba oral será individual e nela o alumnado deberá demostrar capacidade para distinguir e para producir os sons vocálicos e consonánticos da lingua galega, en calquera das súas variedades. Esta proba será gravada para funcións exclusivamente de avaliación desta materia. A proba escrita constará de varias preguntas sobre fonética e fonoloxía, e nela deberá mostrarse unha correcta comprensión dos conceptos básicos da materia, así como a capacidade para aplicar os métodos e conceptos aprendidos a diferentes cuestións de fonética e fonoloxía do galego. A corrección lingüística é un requisito imprescindible, tanto no que se refire á lingua escrita (corrección ortográfica e gramatical, adecuación expresiva) como á lingua oral (corrección e adecuación fónica). As cualificacións das prácticas e exames escritos e das exposicións e intervencións orais poderán verse reducidas se este requisito non se cumpre. Na convocatoria de xullo aplicaranse os mesmos criterios de avaliación. Dado que nesta convocatoria soamente se realiza unha proba escrita, ese exame contará como máximo o 40% da nota, e manteranse, no seu caso, as demais cualificacións obtidas durante o período de clases. Non obstante, os alumnos poderán repetir traballos prácticos realizados durante o semestre, realizar outros complementarios, así como presentar un traballo individual complementario, sobre un tema acordado previamente co profesor. O alumnado con dispensa de asistencia ás clases deberá realizar un traballo escrito, así como algúns traballos e prácticas concretas dirixidas polo profesor, e realizar o exame escrito e mais a proba oral. As valoracións serán de 20% para os traballos e prácticas encargados polo profesor, 30% para o traballo escrito de tema escollido pola alumna ou alumno dentro dos contidos da materia, e 40% para o exame final escrito e un 10% para a proba oral. O alumnado que repita curso poderá estar exento da asistencia ás clases, sempre que nalgún curso anterior mantivese unha asistencia regular. Nese caso, poderá manter a parte de avaliación continua obtida. En todo caso, poderá repetir ou entregar novos traballos, exercicios e prácticas, para completar a avaliación correspondente ao traballo 13

continuado. Igualmente, poderá realizar un traballo individual, pactado co profesor a comezos do semestre. 14