Manual de usuario do módulo de control horario do sistema OPAX

Similar documents
Acceso web ó correo Exchange (OWA)

GUÍA DE MIGRACIÓN DE CURSOS PARA PLATEGA2. Realización da copia de seguridade e restauración.

CONTROL DE VERSIÓNS E DISTRIBUCIÓN

Manual de usuario CENDES. Centro de descargas da Xunta de Galicia

Fondo de Acción Social. Manual do Usuario de presentación de solicitudes do FAS

Sede Electrónica Concello de Cangas

Anexo IV: Xestionar o currículum da etapa:

COMO XOGAR A KAHOOT Se vas xogar por primeira vez, recomendámosche que leas este documento QUE É KAHOOT?

Guía para autoarquivo en Minerva Repositorio Institucional da USC. 16/04/2018 Biblioteca Universitaria da USC

Guía para autoarquivo en Minerva. Repositorio Institucional da USC

Síntesis da programación didáctica

Rede CeMIT Cursos Gratuítos de Alfabetización Dixital NOVEMBRO Aula CeMIT de Cuntis

R/Ponzos s/n Ferrol A Coruña Telf Fax

MANUAL DE USUARIO DA APLICACIÓN DE XESTIÓN DE AVISOS DE VESPA VELUTINA

O SOFTWARE LIBRE NAS ENTIDADES DE GALIZA

Manual de usuario EBIBLIO GALICIA. Xunta de Galicia

Mailman: Manual de usuario para subscritores de listas

VIGOSÓNICO V C O N C U R S O V I D E O C L I P S Calquera proposta estética para o vídeo: cine, animación, cor, branco e negro,...

Obradoiro sobre exelearning. Pilar Anta.

Facultade de Fisioterapia

Silencio! Estase a calcular

Configuración dun cliente Mozilla Thunderbird

O Software Libre nas Empresas de Galicia

DOG Núm. 34 Venres, 16 de febreiro de 2018 Páx

Narrador e Narradora Narrador Narradora Narrador

REUNIÓN CONVOCATORIAS SUBVENCIÓNS 2018 SECCIÓN DE SERVIZOS SOCIAIS SERVIZO DE ACCIÓN SOCIAL, CULTURAL E DEPORTES

EDUCACIÓN DIXITAL INNOVADORA

Name: Surname: Presto= very fast Allegro= fast Andante= at a walking pace Adagio= slow Largo= very slow

LEI 18/2011, DO 5 DE XULLO, REGULADORA DO USO DAS TECNOLOXÍAS DA INFORMACIÓN E DA COMUNICACIÓN NA ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

CUESTIÓNS XERAIS A AMBOS PROCEDEMENTOS

TITORIAL PARA O USO DO REPOSITORIO DE MOREA

CREACIÓN DE PÓSTERS CON GLOGSTER. Miguel Mourón Regueira

Problema 1. A neta de Lola

RECIBO DE PRESENTACIÓN NO REXISTRO ELECTRÓNICO DA XUNTA DE GALICIA

Recursos para a lingua

DOG Núm. 249 Xoves, 31 de decembro de 2015 Páx

CONCELLO DE PONTEDEUME (A CORUÑA) ENDEREZO LOCALIDADE PROVINCIA C.P. Nº SS.SS TELÉFONO DE CONTACTO

Como atopar artigos de Arquitectura

ANEXO II NORMAS DE CREACIÓN E PUBLICACIÓN DE PÁXINAS WEB DA USC

Cinco sinxelos pasos para ir á caza das estrelas ;) (

DESFOCADOS. a distração programada da internet em N. Carr. Joana Rocha. Congresso de Cibercultura Universidade do Minho

DOG Núm. 115 Luns, 19 de xuño de 2017 Páx

PARTE I. VIVALDI: Concierto en MI M. op. 3 n.12

Bases do Concurso Logo ANPA Vila do Arenteiro BASES DO CONCURSO. 1. OBXECTO e TEMATICA DO CONCURSO 2. TIPO DE CONCURSO

Asociación de Desenvolvemento Rural Ancares-Courel CONTRATACIÓN DO EQUIPO XESTOR GDR-5 TÉCNICOS/AS

Metodoloxía copyleft en educación

12352 LEI 11/2007, do 22 de xuño, de acceso electrónico dos cidadáns aos servizos públicos. («BOE» 150, do )

Orzamentos Xerais do Estado para 2016: Novidades en materia de Seguridade Social que xestionan as mutuas

CONCELLO DA TEIXEIRA (OURENSE)

Curso Os labores de asesoramento nun SNL/SL: novas propostas de traballo

Carlos Cabana Lesson Transcript - Part 11

Effective: August 26, 2013 RED LINE BLUE LINE ORANGE LINE

Programación orientada a obxectos

"Por" and "Para" Notes: 1. The written lesson is below. 2. Links to quizzes, tests, etc. are to the left.

Carlos Servando MEMORIAL SALVAMENTO DEPORTIVO. 10 de outubro as 16:00. Piscina Carballo Calero Carballo. Organiza

ESTÁNDARES PROFESIONAIS DA ASOCIACIÓN GALEGA DE PROFESIONAIS DA TRADUCIÓN E DA INTERPRETACIÓN (AGPTI)

CIRCULAR 16/2017 (modificada)

Manual de inicio software libre

Alumna/o...Curso... 1) Para recuperar a materia pendente deberás seguir o plan de traballo que se especifica de seguido:

ADSCRICIÓN FUNCIONAL E HORARIO DO PROFESORADO NOS CENTROS DE INFANTIL E PRIMARIA

LibrePlan Audiovisual: Sistema de planificación e control de desvíos de producións audiovisuais

NORMATIVA ACADÉMICA PARA O ALUMNADO DE INTERCAMBIO DA ESCOLA UNIVERSITARIA DE ESTUDOS EMPRESARIAIS (EUEE) UNIVERSIDADE DE VIGO

BLOGS CON BLOGGER MANUAL DE CONFIGURACIÓN E USO

CADERNO Nº 9 NOME: DATA: / / Funcións e gráficas. Recoñecer se unha relación entre dúas variables é función ou non.

DOG Núm. 180 Xoves, 20 de setembro de 2012 Páx

COAG ESTUDIO APLICACIÓN PARA O VISADO DIXITAL - MANUAL DE INSTALACIÓN E USO

A TRANSICIÓN DA UNIVERSIDADE Ó TRABALLO: UNHA APROXIMACIÓN EMPÍRICA

ÓRGANO: SECRETARIA XERAL TÉCNICA E DO PATRIMONIO

Blink: SIP conferencing done right Saúl Ibarra Corretgé AG Projects

Universida JiSo. i*-- _rt,-f-,i.j'*i=_ i. i f l';':irif sé* *E: *c* - ñegii';i,=* i. i.**_.*-- i :: i' :, : Írft:: i-itr ::ñi:::fifil*,f?!:.,11!

PROXECTO DE DETECCIÓN PRECOZ DE VIH EN GALICIA PROBAS ANÓNIMAS DE DETECCIÓN RÁPIDA DE VIH

DOG Núm. 249 Venres, 30 de decembro de 2016 Páx

REDE GALEGA DE MEDIDA DO BRILLO DO CEO NOCTURNO (METEOGALICIA-USC)

Expediente: 5193/2017

INGLÉS / MÓDULO 3 -ESPAD-

Cadernos do Sindicato Nacional de CC OO de Galicia Emprego precario, vida precaria Outubro de 2017

CURSO UNIVERSITARIO CON APROBACIÓN PROVISONAL DE HOMOLOGACIÓN POR PARTE DA CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E O.U.

4.- MULLER E SERVICIOS SOCIAIS

2) PREENCHA OS ESPAÇOS COM OS VERBOS ENTRE PARÊNTESES NO PAST TENSE:

DOG Núm. 72 Venres, 15 de abril de 2016 Páx

Trece sobres azules (Maeva Young) (Spanish Edition)

DOG Núm. 82 Luns, 29 de abril de 2013 Páx

NORMATIVA REGULADORA:

FICHA DE INSCRICIÓN e AUTORIZACIÓN parque acuático Cerceda CSCX O ENSANCHE

Grao en Química. 2 0 Curso QUIMICA INORGÁNICA III. Guía Docente

Se (If) Rudyard Kipling. Tradución de Miguel Anxo Mouriño

ANÁLISE DO SECTOR TÉXTIL, CONFECCIÓN E CALZADO

MISION COMERCIAL A TURQUÍA 3 8 XUÑO 2018 IG

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO

a) Japanese/English (difficult)... b) The weather in Africa/ the weather in the Antarctic (cold)... c) A car/ a bike (fast)

RECURSOS E INSTRUMENTOS

persoal, familiar e laboral

-. Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local.

Consellería de Sanidade

ESTUDOS OBSERVACIONAIS

1. Natureza do servizo de axuda no Fogar (SAF) e descrición

MUDE SEU FUTURO ATRAVES DAS ABERTURAS TEMPORAIS (PORTUGUESE EDITION) BY L Y JP GARNIER MALET

ORDENANZA FISCAL Nº 11: REGULADORA DA TAXA POLO USO DE RECINTOS E INFRAESTRUTURAS DE CARÁCTER DEPORTIVO.

INICIACIÓN A APPINVENTOR ( OLLO: necesitas ter unha conta en GMAIL e tamén sería útil en DRIVE para

CONCELLOS CERVANTES. Anuncio

Transcription:

Manual de usuario do módulo de control horario do sistema OPAX Marzo 2013

CONTROL DE VERSIÓNS E DISTRIBUCIÓN NOME DO DOCUMENTO: COD. DO DOCUMENTO: Guia_control_horario_funcionarios ELABORADO POR: VALIDADO POR: APROBADO POR: VERSIÓN: 1.3 DATA: DATA: DATA: REXISTRO DE CAMBIOS Versión Causa da nova versión Data de aprobación 1.0 Elaboración inicial 01/01/2011 1.1 Incorporar as novas solapas da consulta de accesos (saldo horario e balance) 27/09/2012 1.2 Incorporar cambios en solapas solicitados pola DXX 02/10/2012 1.3 Incorporar modificacións nos partes de incidencias 29/11/2012 1.4 Incorporar módulos novos de xestión de tempo sen tarxeta e solicitudes de flexibilización, redución e compensación 21/01/2013 LISTA DE DISTRIBUCIÓN (opcional) Nome Número de copia Área/Centro/Localización Nome do proxecto Código do proxecto Datos básicos do Proxecto Oficina virtual do persoal da Administración de Xustiza OPAX CLÁUSULA DE CONFIDENCIALIDADE Este documento é propiedade da AMTEGA (Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia). Deberá utilizar dito material exclusivamente para os servizos que foron acordados coa AMTEGA e que requiren necesariamente da súa utilización. Dito compromiso inclúe a prohibición parcial ou total do material mencionado, por calquera medio ou método. Páxina 2 de 50

ÍNDICE Introdución... 4 Consulta de accesos... 5 Parte individual de incidencia... 9 Consulta de partes de incidencia... 16 Xestión de horas por falta de tarxeta... 20 1.1. Alta de incidencia e solicitude de emisión de tarxeta... 21 1.2. Rexistro de horas... 24 1.3. Continuidade de incidencia... 27 1.4. Consulta de incidencias por falta de tarxeta... 28 1.5. Parte mensual de horas rexistradas... 30 Outras solicitudes (flexibilización, redución e compensación)... 34 1.1. Solicitude de flexibilización do horario fixo da xornada diaria... 35 1.2. Solicitude de redución de xornada... 41 1.3. Solicitude de compensación horaria... 46 Páxina 3 de 50

Introdución A través desta opción o sistema mostrará información das marcaxes rexistradas no sistema de fichaxes, obtendo os saldos diarios e balances mensuais das horas realizadas, e permitindo a xestión de incidencias que se producen sobre o sistema de control horario. Outras novidades incorporadas nesta opción son a xestión de marcaxes cando non se posúa a tarxeta ou a xestión de diferentes solicitudes ( flexibilización, redución ou compensación). Accederase a través do menú Control Horario: A través desta opción poderanse levar a cabo as seguintes accións: Consulta de accesos: mes actual, marcaxes e histórico. Parte individual de incidencia Consulta de partes de incidencia Xestión de horas por falta de tarxeta Páxina 4 de 50

Outras solicitudes (flexibilización, redución e compensación) Consulta de accesos Permitirá aos funcionarios de xustiza consultar: A información do mes actual: o Marcaxes realizados na semana. o Marcaxes realizados no mes. o Control do horario fixo no mes. o Xustificacións autorizadas no mes. As marcaxes realizadas nos últimos 2 meses. Os históricos dos últimos 12 meses. Pasos: 1. Seleccionar a opción Consulta de accesos na seguinte pantalla, marcando o botón de radio que o antecede. Páxina 5 de 50

2. Premer o botón Aceptar, que levará a pantalla de consulta de accesos dividida en 3 solapas (pinchar sobre cada unha delas para ver a información correspondente): Solapa Mes actual Pinchando nesta solapa poderase consultar a seguinte información: 1) O acumulado de horas marcadas da semana actual. 2) O acumulado de horas marcadas do mes actual. 3) Control do horario fixo: sobre un total de xxh:xxm:xxs leva xxh:xxm:xxs 4) As xustificacións autorizadas: días completos ou tempo parcial. 5) As xornadas laborais que aplican. A información mostrada é á obtida o día anterior ao actual. Páxina 6 de 50

Solapa MARCAXES Pinchando nesta solapa o usuario poderá consultar os marcaxes diarios dos últimos 2 meses. Para cada día móstrase o total de horas marcadas na columna Horas día. O despregable mes permitirá cambiar o mes a consultar. Os datos dos marcaxes abarcan dende o inicio do mes ata o día anterior ao actual (datos recollidos a día de onte). Páxina 7 de 50

Solapa Histórico Pinchando nesta solapa o usuario poderá consultar para o mes seleccionado o resumo das horas realizadas, das horas a realizar e das xustificacións aprobadas. Seleccionando no despregable poderá consultar os últimos doce meses. Páxina 8 de 50

Parte individual de incidencia Permitirá recoller as incidencias para os casos de persoas que non estivesen presentes no seu posto de traballo ou no caso de que, estando presentes no seu posto de traballo, o usuario tivo algún problema ao realizar a marcaxe no terminal. Pode ser de tres tipos: Incidencia por falta ou erro na marcaxe: cando o funcionario está no seu posto de traballo pero tivo algún problema coa marcaxe. Páxina 9 de 50

Pasos: Incidencia xornada completa por ausencia: correspóndese coa incidencia antiga chamada ausencia total. A persoa non estivo presente o día completo polo motivo que se especificará nas observacións. Incidencia parcial por ausencia: correspóndese coa incidencia antiga chamada ausencia parcial. A persoa non estivo presente parte do día polo motivo que se indicará entre o despregable motivo e as observacións. 1. Seleccionar a opción Parte Individual de Incidencia na seguinte pantalla, marcando o botón de radio que o antecede. 2. Premer o botón Aceptar, que levará ao seguinte formulario: Páxina 10 de 50

Páxina 11 de 50

3. Cumprimentar os datos que correspondan: No caso de Incidencia por falta ou erro na marcaxe : a. Marcar esta opción a través do botón de radio correspondente. b. Seleccionar o día a través da icona. c. Seleccionar nos despregables as horas e minutos que correspondan ao intervalo de tempo no que se produciu a ausencia. d. No Motivo cargase automáticamente: Outros e. É obrigatorio indicar as observacións oportunas. No caso de Incidencia xornada completa por ausencia : a. Marcar esta opción a través do botón de radio correspondente. b. Seleccionar o día a través da icona. c. Premer o botón Engadir día. No caso de que se desexe eliminar algún dos días, seleccionarase o que corresponda no campo da dereita e premerase o botón Quitar día. d. No Motivo cargase automáticamente: Outros e. É obrigatorio indicar as observacións oportunas. No caso de Incidencia parcial por ausencia : a. Marcar esta opción a través do botón de radio correspondente. Páxina 12 de 50

b. Seleccionar o día a través da icona. c. Seleccionar nos despregables as horas e minutos que correspondan ao intervalo de tempo no que se produciu a ausencia. d. Seleccionar un Motivo dos dispoñibles no despregable: i. Actuacións fóra da sede xudicial ii. Outros e. Indicar as observacións oportunas. As observacións só serán obrigatorias cando se indique como motivo: outros 4. Premer o botón Gardar do formulario para que se recolla a incidencia no sistema. Páxina 13 de 50

5. Premer Aceptar na seguinte mensaxe que informa ao usuario do número de rexistro da solicitude e dos seguintes pasos a seguir. 6. Gardar ou imprimir o pdf que se xera a continuación: Páxina 14 de 50

Estas incidencias quedarán en estado Pendente ata que o xestor do departamento correspondente as tramite (concesión ou denegación). Páxina 15 de 50

So serán válidos aqueles partes que leven impreso o número da incidencia que se asigna automaticamente ao gardalo. Os partes impresos deberan presentarse ao superior xerárquico e remitirse ao servizo de Xustiza indicado no pe do mesmo. Consulta de partes de incidencia Permitirá consultar todas as incidencias rexistradas no sistema, tanto os partes individuais de ausencia (total ou parcial) como os partes de incidencia coa tarxeta. Pasos: 1. Seleccionar a opción Consulta de partes de Incidencia na seguinte pantalla, marcando o botón de radio que o antecede. Páxina 16 de 50

2. Premer o botón Aceptar, que levará á seguinte pantalla: Páxina 17 de 50

3. Seleccionar o Ano e o Mes para o que se desexa facer a consulta, por defecto ao acceder a esta pantalla amosará as incidencias rexistradas no mes en curso. 4. Marcar a través do check que antecede a cada un dos rexistros, cal é a incidencia a consultar. 5. Premer o botón Aceptar para consultar a incidencia seleccionada. Páxina 18 de 50

Páxina 19 de 50

Xestión de horas por falta de tarxeta No caso de que o funcionario non teña tarxeta ten que solicitar unha nova e rexistrar as horas de entrada e saída no sistema OPAX. Ademais ao finalizar o mes deberá imprimir o parte mensual de horas. Pasos: 1. Seleccionar a opción Xestión de horas por falta de tarxeta na seguinte pantalla, marcando o botón de radio que o antecede. 2. Premer o botón Aceptar, que levará á seguinte pantalla: Páxina 20 de 50

As funcionalidades deste módulo permiten: o Rexistrar unha incidencia por falta de tarxeta e á vez, crear a solicitude da tarxeta nova o Rexistrar en OPAX as horas de entrada e saída o Facer a continuidade de incidencia se hai un cambio de mes e non se recibiu a tarxeta o Consulta de incidencias de tarxeta o Imprimir o parte mensual de horas marcadas dende o AIX 1.1. Alta de incidencia e solicitude de emisión de tarxeta Permite ao funcionario rexistrar a incidencia e imprimir a solicitude de emisión da tarxeta. Pasos: 1) Acceso dende o menú: Control horario / Xestión de horas por falta de tarxeta / Alta de incidencias e solicitude de emisión de tarxeta 2) Cumprimentar datos 3) Pulsar Gravar Páxina 21 de 50

O funcionario deberá cumprimentar os campos obrigatorios para dar de alta a solicitude: Páxina 22 de 50

Os campos obrigatorios son: - Teléfono de contacto - Correo electrónico corporativo - Tipo de persoal - Corpo - Causa da solicitude - A data dende: utilizada para indicar na incidencia, que se xera xunto coa solicitude, a data dende a que se vai marcar dende o aplicativo OPAX. Excepción: No caso de que xa exista unha solicitude para o funcionario e o mes actual o sistema mostrará unha mensaxe informativa deste feito e non permitirá crear unha nova. Páxina 23 de 50

1.2. Rexistro de horas Permite ao funcionario rexistrar as horas de entrada e saída diarias mentres non reciba a súa tarxeta. Para utilizar esta funcionalidade e necesario que previamente teña rexistrada unha incidencia por falta de tarxeta. As horas rexistradas mediante esta funcionalidade non poden consultarse polas opcións ordinarias de consulta de marcaxes, e só se computarán nos balances mensuais no caso de que a incidencia estea aprobada pola delegación. Pasos: Acceso dende o menú: Control horario / Xestión de horas por falta de tarxeta / Rexistro de horas Premer o botón Rexistrar O funcionario deberá premer o botón de marcar para poder realizar a marcaxe: Páxina 24 de 50

É importante indicar que só se poderá facer unha marcaxe no día e mes actual e cando teñamos asociada unha incidencia. A incidencia poderá rexistrarse de dúas formas: 1.- incidencia inicial: xérase cando se realiza unha solicitude de emisión de tarxeta. 2.- continuidade de incidencia: cando nos meses seguinte persiste a falta de tarxeta. O sistema só permite rexistrar marcaxes para o mes e día actuais, por exemplo, se o mes actual é DECEMBRO e tentamos realizar unha marcaxe no mes anterior, o botón Rexistrar estará desactivado: Páxina 25 de 50

O sistema non permite rexistrar marcaxes se o funcionario non ten unha incidencia rexistrada, na páxina mostrase a mensaxe NON se atopa incidencia : Páxina 26 de 50

1.3. Continuidade de incidencia As incidencias por falta de tarxeta só teñen validez durante o mes actual. No caso de que finalice o mes para o que se rexistrou a incidencia de falta de tarxeta e no mes seguinte aínda non se recibise a nova tarxeta, o funcionario deberá indicalo rexistrando unha continuidade de incidencia. Pasos: 1) Acceso dende o menú: Control horario / Xestión de horas por falta de tarxeta / Continuidade de incidencia 2) Premer o botón Continuidade O funcionario deberá premer o botón de continuidade para poder facela: Só se poderá rexistrar unha continuidade cando exista unha incidencia aprobada no mes anterior, noutro caso o sistema mostrará a mensaxe: Páxina 27 de 50

No caso de que xa este rexistrada unha incidencia para o mesa actual o sistema mostrará a mensaxe: 1.4. Consulta de incidencias por falta de tarxeta Permite ao funcionario consultar todas as incidencias por falta de tarxeta creadas durante todo o ano Menú: Control horario / Xestión de horas por falta de tarxeta / Consulta de incidencias Páxina 28 de 50

Páxina 29 de 50

1.5. Parte mensual de horas rexistradas Permite ao funcionario imprimir as horas rexistradas a través de OPAX a mes vencido, se estamos no mes de DECEMBRO, non poderá imprimir as horas ata o 1 do mes de XANEIRO. Menú: Control horario / Xestión de horas por falta de tarxeta / Parte mensual de horas rexistradas Páxina 30 de 50

Páxina 31 de 50

Páxina 32 de 50

Se o parte, aínda sendo do mes anterior, non ten marcaxes, non se permitirá imprimir: Páxina 33 de 50

Outras solicitudes (flexibilización, redución e compensación) Permitirá ao funcionario crear novas solicitudes de flexibilización, redución de xornada ou de compensación horaria. Pasos: 1. Seleccionar a opción Outras solicitudes (flexibilización, redución e compensación) na seguinte pantalla, marcando o botón de radio que o antecede. 2. Premer o botón Aceptar, que levará á seguinte pantalla: Páxina 34 de 50

As funcionalidades deste módulo permiten facer: o Solicitude de flexibilización de horario fixo da xornada diaria o Solicitude de redución de xornada o Solicitude de compensación horaria 1.1. Solicitude de flexibilización do horario fixo da xornada diaria Permitirá ao funcionario crear e imprimir unha nova solicitude de flexibilización do horario fixo da xornada diaria. Pasos: 1. Acceso ao menú: Control horario / Outras solicitudes / Solicitude de flexibilización do horario fixo da xornada diaria. Páxina 35 de 50

Páxina 36 de 50

2. funcionario deberá cubrir todos os datos necesarios no formulario correspondente, serán de obrigada contestación os campos: motivo e o número de horas solicitadas para a flexibilización. Datos a cumprimentar: 2.1. Motivo da solicitude: Deberá indicarse obrigatoriamente o motivo da solicitude. Páxina 37 de 50

2.2. Solicitude que se formula: Pódese elixir entre o adianto ou retraso do comezo da franxa para a prestación da parte fixa do horario. 2.3. Nº horas solicitadas: Pódese elixir calquera hora entre as indicadas nos despregables, pero si nas horas se selecciona o 02, obrigatoriamente deberá indicarse nos minutos: 00. No caso de non ser así, ao gardar a solicitude, a aplicación avisará cunha mensaxe informativa. 2.4. Franxa resultante: Este campo é de autocobertura, ligado á solicitude que se formula (adianto ou atraso) e ao número de horas solicitadas. Este campo sempre comeza coa carga inicial: 08:00 15:00, pero irase modificando automáticamente dependendo dos datos indicados anteriormente. O resultado deste campo é a franxa resultante para o horario na parte fixa. Páxina 38 de 50

2.5. Documentación xustificativa que aporta: Escriba o texto na caixa superior e prema o botón Engadir, automaticamente engadirase o novo documento á listaxe inferior. Se hai algún erro no documento escrito, pode borralo sinalando o documento en cuestión e premendo o botón Borrar. Se precisa borrar tódolos documentos adxuntos, pode premer o botón Borrar Todo sen necesidade de marcar un a un. 3. Pulsar o botón Gravar e imprimir a solicitude. Páxina 39 de 50

Páxina 40 de 50

1.2. Solicitude de redución de xornada Permitirá ao funcionario crear e imprimir unha nova solicitude de redución de xornada. Pasos: 1. Acceso ao menú: Control horario / Outras solicitudes / Solicitude de redución de xornada Páxina 41 de 50

2. O funcionario deberá cubrir todos os datos necesarios no formulario correspondente, serán de obrigada contestación os campos: motivo e a redución solicitada (número de horas, porcentaxe de redución). Datos a cumprimentar: 2.1. Motivo da solicitude: Deberá indicarse obrigatoriamente o motivo da solicitude. Páxina 42 de 50

2.2. Nº de horas da redución: poderase elixir o número de horas e minutos que se desexen. 2.3. Porcentaxe da redución: poden indicar o valor que queiran entre 1 e 99. Cando se elixa unha opción, desactívase a outra. Son opcións excluíntes. 3. Pulsar o botón Gravar e imprimir a solicitude Páxina 43 de 50

Páxina 44 de 50

Páxina 45 de 50

1.3. Solicitude de compensación horaria Permitirá ao funcionario crear e imprimir unha nova solicitude de compensación horaria. Pasos: 1. Acceso ao menú: Control horario / Outras solicitudes / Solicitude de compensación horaria Páxina 46 de 50

2. O funcionario deberá cubrir todos os datos necesarios no formulario correspondente, serán de obrigada contestación os campos: motivo e o número de horas a compensar. Documentación a cumprimentar: Páxina 47 de 50

2.1. Motivo: Debe indicar obrigatoriamente o motivo da solicitude 2.2. Horas correspondentes ao mes de: debe especificar o mes 2.3. Nº de horas: deixase indicar as horas que sexan precisas. Formato: hh:mm 3. Pulsar o botón Gravar e imprimir a solicitude. Páxina 48 de 50

Páxina 49 de 50

Páxina 50 de 50