Son urxentes os pacientes pediátricos atendidos nos puntos de atención continuada?

Similar documents
R/Ponzos s/n Ferrol A Coruña Telf Fax

O SOFTWARE LIBRE NAS ENTIDADES DE GALIZA

COMO XOGAR A KAHOOT Se vas xogar por primeira vez, recomendámosche que leas este documento QUE É KAHOOT?

Acceso web ó correo Exchange (OWA)

Silencio! Estase a calcular

Síntesis da programación didáctica

GUÍA DE MIGRACIÓN DE CURSOS PARA PLATEGA2. Realización da copia de seguridade e restauración.

MEMORIA COMITÉS DE ÉTICA DA INVESTIGACIÓN DE GALICIA PERÍODO

Name: Surname: Presto= very fast Allegro= fast Andante= at a walking pace Adagio= slow Largo= very slow

Informe do estudo de CLIMA LABORAL do Sergas

EFECTOS SOCIOECONÓMICOS DO ACTUAL PROCESO DEMOGRÁFICO EN GALICIA

Problema 1. A neta de Lola

Facultade de Fisioterapia

GUÍAS DE. Serie INFORMES DO ESTADO DE SAÚDE. SERIE II: Sección CANCRO DE MAMA: Informe 7

CRISE ECONÓMICA E FLUXOS MIGRATORIOS EN ESPAÑA: OS EFECTOS DA POLÍTICA SANITARIA NA POBOACIÓN

Programa galego de detección precoz do cancro de mama (PGDPCM). Resultados

VIGOSÓNICO V C O N C U R S O V I D E O C L I P S Calquera proposta estética para o vídeo: cine, animación, cor, branco e negro,...

Apertura dos centros de formación profesional á contorna local: percepción dos axentes sociais

Programa galego de detección precoz do cancro de mama (PGDPCM). Resultados

ESTUDOS OBSERVACIONAIS

Manual de usuario do módulo de control horario do sistema OPAX

PROGRAMA GALEGO DE DETECCIÓN PRECOZ DO CANCRO DE MAMA (PGDPCM)

A INTERFERENCIA FONÉTICA NO ESPAÑOL DA CORUÑA. A VOCAL [o] TÓNICA. Sandra Faginas Souto 1 Universidade da Coruña

Boletín Epidemiolóxico de Galicia

Narrador e Narradora Narrador Narradora Narrador

Cadernos do Sindicato Nacional de CC OO de Galicia Emprego precario, vida precaria Outubro de 2017

O Software Libre nas Empresas de Galicia

Boletín Epidemiolóxico de Galicia

Second Language Anxiety and Task Complexity

ESTUDO DA OCUPACIÓN NO MERCADO DE TRABALLO EN GALICIA. INFLUENCIA DO XÉNERO 1

Avaliación do Programa galego de prevención e control da tuberculose

ESTRUTURA LABORAL E DEMOGRÁFICA DE MOECHE ESTRUCTURA LABORAL Y DEMOGRÁFICA DE MOECHE DEMOGRAPHIC AND EMPLOYMENT STRUCTURE OF MOECHE

A INCIDENCIA DA EPI EN GALICIA A FINAIS DA DÉCADA DE 1990 UN PUNTO DE VISTA HEURÍSTICO. [maio 2011]

TRABALLO DE FIN DE GRAO EN PODOLOXÍA

Se (If) Rudyard Kipling. Tradución de Miguel Anxo Mouriño

Versión 1. Marzo 2009

Exploración do desempeño ocupacional dos nenos con Trastorno do Espectro Autista (TEA) no contexto escolar ordinario

MULLERES E MERCADO DE TRABALLO: ANÁLISE DAS OCUPACIÓNS A NIVEL DE XÉNERO

UNIDADES DE DESENVOLVEMENTO INFANTIL E APOIO FAMILIAR INFORME DE AVALIACIÓN

Boletín Epidemiolóxico de Galicia

PROGRAMA GALEGO DE DETECCIÓN PRECOZ DO CANCRO DE MAMA (PGDPCM). RESULTADOS

IMPACTO DA VACINACIÓN INFANTIL FRONTE Á VARICELA NA INCIDENCIA DE HERPES ZÓSTER

Revista Galega de Economía ISSN: Universidade de Santiago de Compostela España

Intervención comunitaria para a promoción de hábitos sans e diagnósticos precoz de HTA, dislipemia e diabete

Boletín Epidemiolóxico de Galicia

A TRANSICIÓN DA UNIVERSIDADE Ó TRABALLO: UNHA APROXIMACIÓN EMPÍRICA

DETERMINANTES SOCIOECONÓMICOS DA LINGUA: O CASO DO GALEGO

MEMORIA DE AVALIACIÓN DA CALIDADE: INFORME DE RESULTADOS PROGRAMACIÓN: ACCIÓNS FORMATIVAS DIRIXIDAS PRIORITARIAMENTE ÁS PERSOAS TRABALLADORAS

PROCEDEMENTO P-PRL 20 PROCEDEMENTO DE ACTUACIÓN E APOIO AO PROFESIONAL EN EPISODIOS DE VIOLENCIA DE ORIXE EXTERNA

"Por" and "Para" Notes: 1. The written lesson is below. 2. Links to quizzes, tests, etc. are to the left.

Grao en Química. 2 0 Curso QUIMICA INORGÁNICA III. Guía Docente

Boletín Epidemiolóxico de Galicia

Effective: August 26, 2013 RED LINE BLUE LINE ORANGE LINE

Estudio sociolingüístico sobre a situación da lingua galega no Concello de Vigo 2002

REDE GALEGA DE MEDIDA DO BRILLO DO CEO NOCTURNO (METEOGALICIA-USC)

ProSpanish. Vocabulary Course. made easy by ProSpanish. ProSpanish

CENTRO DE DÍA DE MUROS: CARACTERÍSTICAS DOS SEUS USUARIOS E PAPEL DO TERAPEUTA OCUPACIONAL. NECESIDADES E PROPOSTA DE INTERVENCIÓN

SECUENCIAS DE YOGA (SPANISH EDITION) BY MARK STEPHENS DOWNLOAD EBOOK : SECUENCIAS DE YOGA (SPANISH EDITION) BY MARK STEPHENS PDF

AVALIACIÓN DO PROXECTO PILOTO DE ASISTENCIA PERSOAL COGAMI

INCIDENCIA DO TAMAÑO SOBRE O COMPORTAMENTO FINANCEIRO DA EMPRESA. UNHA ANÁLISE EMPÍRICA CON PEMES GALEGAS 1

INFORME DE AVALIACIÓN DOS BANCOS DO TEMPO DO PROXECTO CONTA CON ELAS

Carlos Cabana Lesson Transcript - Part 11

Guías Técnicas do Plan de Atención Integral á Saúde da Muller GUÍA TÉCNICA DO PROCESO DE ATENCIÓN AO CLIMATERIO. Versión 1.

Grao en Química. 2 0 Curso QUIMICA INORGÁNICA III. Guía Docente

Orzamentos Xerais do Estado para 2016: Novidades en materia de Seguridade Social que xestionan as mutuas

2.1. O PROXECTO LINGÜÍSTICO DE CENTRO

CENTRAL DE CARÁCTER CONSULTIVO ELECCIÓNS

1. Take today s notes 2. En silencio, sientate 3. Vamonos! In English, escribe about why time is important. Use the questions to prompt you.

Paper Reference. Paper Reference(s) 4440/01 London Examinations IGCSE Spanish Paper 1: Listening

Eficacia do tratamento ortopodolóxico na enfermidade de Sever en nenos e adolescentes

Xogos e obradoiros sobre o cambio climático que Climántica desenvolve en centros educativos

PREVALENCIA DE SEDENTARISMO DURANTE O TEMPO DE LECER EN GALICIA NO ANO

PROPOSTA PEDAGÓXICA PROCESO DE FAMILIARIZACIÓN Á ESCOLA INFANTIL

ADSCRICIÓN FUNCIONAL E HORARIO DO PROFESORADO NOS CENTROS DE INFANTIL E PRIMARIA

A ENFERMIDADE PNEUMOCÓCICA INVASORA EN GALICIA:

Enquisa europea de saúde 2009 NOTAS EXPLICATIVAS

PARTE I. VIVALDI: Concierto en MI M. op. 3 n.12

CIG-Saúde Gregorio Espino, VIGO Tfno Fax Voceiro da Agrupación Médica de CIG-Saúde

Inferencia estatística

O INVESTIMENTO ESTRANXEIRO DIRECTO EN GALICIA. SITUACIÓN ACTUAL E ESTRATEXIAS DE FUTURO

Actualización do Programa galego para a detección precoz de enfermidades endócrinas e metabólicas en período neonatal.

Cinco sinxelos pasos para ir á caza das estrelas ;) (

Año 8, No.27, Ene Mar What does Hirsch index evolution explain us? A case study: Turkish Journal of Chemistry

Blink: SIP conferencing done right Saúl Ibarra Corretgé AG Projects

ANÁLISE DO SECTOR TÉXTIL, CONFECCIÓN E CALZADO

STUDY GUIDE 8th Grade March - April 2019 Room Teacher: Mr. Elías Lozano TOPIC THEME PURPOSE RESOURCES. Find the slope using the slope formula.

O GRAO DE URBANIZACIÓN EN GALICIA: DIFERENZAS SOCIOECONÓMICAS ENTRE AS DISTINTAS ZONAS

A RESPONSABILIDADE SOCIAL EMPRESARIAL E OS STAKEHOLDERS: UNHA ANÁLISE CLÚSTER 1

Conservatorio Profesional de Música de Vigo. Programación OPTATIVA DE MÚSICA MODERNA (historia do rock&roll)

ELABORACIÓN DUN TEST PARA ESTIMA-LO TAMAÑO DO VOCABULARIO COÑECIDO EN LINGUA GALEGA

ANÁLISE ECONÓMICA E FINANCEIRA DAS EMPRESAS PÚBLICAS ESTATAIS. EFECTOS DO PROGRAMA DE MODERNIZACIÓN DE 1996

TRABALLO DE FIN DE GRAO

As variantes gran e grande dentro da frase nominal

Enquisa sobre a saúde oral en escolares dunha área rural de Lugo

DESIGUALDADE E POBREZA EN GALICIA NOS ANOS 2007 E COMO SE DISTRIBÚEN OS EFECTOS DA CRISE?

Hai varios aspectos e carencias neste documento que nos produciron desconcerto y preocupación

Inmigración estranxeira e territorio en Galicia MARROCOS. Marrocos

PROXECTO DE DETECCIÓN PRECOZ DE VIH EN GALICIA PROBAS ANÓNIMAS DE DETECCIÓN RÁPIDA DE VIH

Projections of time in Cara Inversa (Inverse Face) Laura López Fernández Univ. of Waikato NZ

Estudo fenomenolóxico do desempeño ocupacional de nenos con cancro en tratamento ambulatorio

Transcription:

Orixinais Son urxentes os pacientes pediátricos Son urxentes os pacientes pediátricos Cad Aten Primaria Ano 2009 Volume 16 Páx. 21-25 Ana Arceo Túñez Médica de Familia do PAC de Bertamirans María del Carmen Fernández Tuñas Enfermeira do PAC de Bertamirans Xosé Manuel Segade Buceta Técnico de saúde pública da X.A.P. de Santiago de Compostela Admitido para publicación en decembro de 2008 RESUMO Obxectivo: coñecer as características da demanda asistencial pediátrica, o seu grao de resolución polos equipos e valorar a adecuación, pertinencia e factores que condicionan as urxencias pediátricas nun PAC. Conclusións: Houbo un predominio de patoloxía banal e de baixa derivación hospitalaria. O 53,8% dos casos atendidos non tiñan xustificación urxente. Palabras clave: Pacientes pediátricos, urxencia, xustificación. Deseño: Estudo transversal Participantes: Pacientes de 0 a 14 anos que acudiron ás consultas de urxencias do PAC de Bertamiráns nun ano (n=597) Medicións principais: sexo, idade, hora, día da semana, mes, tempo de evolución, CIAP-2, destino á alta, facilidade para acudir ao seu pediatra ao día seguinte, xustificación de asistencia. Resultados: Os meses de maior afluencia foron os do verán: xuño (12,7%) e xullo (11,1%). Por tramo horario en días laborables atendéronse entre as sete e as nove da noite o 40,4% dos casos. En domingos e festivos (24h) foi ás doce do mediodía a hora de maior afluencia. A idade mediana dos pacientes é 4,8 anos (desviación cuartil de 3,2). Só foron derivados para completar estudo hospitalario o 4,5%. A patoloxía máis frecuente foi o catarro (12,9%), seguida pola amigdalite aguda (11,4%).O 49,7% dos casos presentaban un tempo de evolución da enfermidade menor de 24 horas. Máis da metade das asistencias foron non xustificadas (53,8%). Por grupo diagnóstico en relación á idade, a patoloxía respiratoria é a máis frecuente nos tres grupos, seguida moi de perto polos problemas xerais inespecíficos (p<0,005). Correspondencia Ana Arceo Túñez. PAC de Bertamirans. Rúa do Pedregal s/n 15220 Bertamirans-Ames. Correos electrónicos: anartu25@yahoo.es; ana.arceo.tunez@sergas.es O coñecido sobre o tema: - Nos últimos anos producíuse un continuo e progresivo incremento da demanda urxente, o que non vai parello coa maior gravidade dos procesos atendidos. Que aporta o noso estudio: - En máis da metade dos pacientes pediátricos que acoden ao noso PAC non está xustificada a súa asistencia, ao tratarse de patoloxía banal que podería ser resolta e seguida polo seu pediatra e incluso polos propios pais. INTRODUCIÓN A utilización dos servizos de urxencias en España foise incrementado nos últimos anos tanto en Atención Primaria como en Atención Especializada e tanto na poboación xeral como na pediátrica. Algunhas das causas poden estar relacionadas co actual estilo de vida, con trocos socioculturais, demográficos, problemas de organización sanitaria e unha maior accesibilidade aos servizos de urxencias por parte dos usuarios 1. Segundo a OMS e a Asociación Médica Americana (AMA) defínese urxencia sanitaria como a aparición fortuíta (imprevista ou inesperada) en calquera lugar ou actividade, dun problema de saúde de etioloxía diversa e gravidade variable, que xenera a vivencia de necesidade inmediata de atención no propio paciente, na súa familia ou en quen asuma a responsabilidade. Esta definición englobaría aspectos obxectivos (gravidade e agudeza do proceso) e aspectos subxectivos (conciencia dunha necesidade inminente de atención) 2. Os PAC (Puntos de Atención Continuada) creáronse co fin de cubrir as horas de atención urxentes que non puideran ser atendidas Orixinais 21

polos Equipos de Atención Primaria (EAP) 3,4. Estas horas na súa maioría corresponden a turnos de 17 horas (tarde e noite) en días laborais e de 24 horas os domingos e feriados. Co tempo, os PAC convertéronse en sistemas de saúde viciados, aos que o usuario acode por comodidade horaria, atención inmediata e menor tempo de espera en ser atendido, ante a cada vez máis frecuente vivencia subxectiva de urxencia. Aínda que na realidade esa urxencia non supoña ningún risco de deterioro ou perigo para a saúde ou vida do paciente, polo que deba ser tratado máis rápidamente 2, podendo esperar perfectamente a ser atendida polo seu médico ou pediatra no horario que lle corresponde. Actualmente en Galicia funcionan 89 PAC. O obxectivo do noso estudo é coñecer as características da demanda asistencial pediátrica, o seu grao de resolución polos equipos de atención primaria e valorar a adecuación, pertinencia e factores que condicionan as urxencias pediátricas nun PAC. MATERIAL E MÉTODOS. O estudio realizouse no PAC de Bertamiráns, de carácter semiurbano, que atende unha poboación aproximada de 19000 habitantes, entre os concellos de Brión e Ames (A Coruña). Atópase a cinco minutos do Complexo Hospitalario Clínico Universitario de Santiago de Compostela (de terceiro nivel) e as emerxencias nesta área son tamén cubertas pola ambulancia medicalizada do 061. Durante o período de estudo (1 xullo 2007 ao 1 xullo 2008) atendéronse un total de 10579 casos dos que 2467 (24%) foron nenos de 0 a 14 anos. No PAC realizan gardas fixas 3 equipos de médicos e enfermeiras de atención primaria que realizan ao mes: 1 ou 2 quendas de noite (10h), 6 ou 7 quendas de tarde-noite (17h) e un domingo ou festivo (24h). Sendo o resto das horas cubertas por médicos de atención ordinaria que realizan gardas de maneira voluntaria. de menos de 24 horas, e sí está xustificada a asistencia dunha ferida incisocontusa de menos de 24 horas de evolución. - Facilidade para acudir ao seu pediatra ao día seguinte ou nesa mañá, tanto en cita ordinaria como de urxencia. TÁBOA 1: Variables rexistradas - Sexo - Idade Lactantes: 0-2 anos Preescolares: 2-5 anos Escolar: 6-14 anos - Hora e tramo horario: Mañán: 8-15h Tarde: 15-22h Noite: 22-8h - Día da semana - Mes - Tempo de evolución (<o>24h) - CIAP-2 - Destino á alta (pediatra, hospital) - Facilidade para acudir ao seu pediatra ao día seguinte - Xustificación da asistencia Para a análise univariante dos datos utilizáronse índices estatísticos descritivos para variables cualitativas (tipo proporción) e cuantitativas (mediana coa súa correspondente desviación cuartil); tamén foron calculados os seus intervalos de confianza (IC) do 95%. Para a análise bivariante utilizouse a proba de chi cadrado. O procesamento dos datos realizouse co paquete estatístico SPSS 15.0. Trátase dun estudo analítico e transversal no que se recolleron as variables rexistradas na táboa 1, das follas de urxencias realizadas ao longo do ano por unha mesma médica, que realiza 1 garda de cada 3 días en dito PAC, con descanso dun fin de semana ao mes. En total recolléronse 597 casos (24,19% do total de casos pediátricos) Para o rexistro das enfermidades utilizouse a Clasificación Internacional de Atención Primaria (CIAP-2) 5. A variable xustificación da asistencia definímola en función de se a asistencia cumpre as 3 variables seguintes: - Gravidade da semioloxía clínica: síntomas que precisan asistencia inmediata. - Tempo de evolución: maior ou menor de 24 horas en función da patoloxía. Por exemplo non está xustificada unha febre sen foco FIGURA 1 Frecuencia horaria en días laborais RESULTADOS Dos 597 casos atendidos 325 (54,4%) foron nenos e 272 (45,6%) nenas. Os meses de maior afluencia foron os do verán: xuño (12,7%) e xullo (11,1%), seguidos de cerca polo mes de outubro (10,4%). Non se apreciaron variacións substancias na asistencia con respecto ao día laborable da semana. Por tramo horario en días labo- 22 Orixinais

rables destaca a elevada frecuentación nocturna (20,2%), sendo a hora punta as oito da tarde e atendéndose entre as sete e as nove da noite o 40,4% dos casos (Figura 1). En domingos e festivos (24h) diminúe a frecuentación nocturna (14,5%) estando case igualados as quendas de mañá e tarde (72 e 75%), sendo as doce do mediodía a hora de maior afluencia (Figura 2). Os nenos maiores de 2 anos supoñen o 80% dos casos estando igualados por grupos de idade os preescolares (40,5%) e escolares (41,4%). A idade mediana dos pacientes é 4,8 anos (desviación cuartil de 3,2). FIGURA 2 Frecuencia horaria en días festivos Só foron derivados para completar estudo hospitalario o 4,5% dos casos (IC 95%: 2,8-6,3%), sendo o 95,5% alta médica e control polo seu pediatra. A patoloxía máis frecuente foi o catarro (12,9%; IC 95%: 10,1-15,7%), seguida pola amigdalite aguda (11,4%; IC 95%: 8,7-14%); a terceira enfermidade máis frecuente foi a gastroenterite aguda (7%; IC 95%: 4,9-9,2%). O 49,7% (IC 95%: 45,6-53,8%) dos casos presentaban un tempo de evolución da enfermidade menor de 24 horas. Por grupos diagnósticos a patoloxía respiratoria (catarro, amigdalite, gripe..) é a máis frecuente, seguida por problemas xerais inespecíficos (febre, viriase, varicela ), enfermidades dixestivas e as enfermidades do aparello locomotor (contusións, traumas, esguinces ) (Figura 3). Máis da metade das asistencias foron non xustificadas (53,8%; IC 95%: 49,7-57,8%) e o 87,4% (IC 95%: 84,7-90,2%) dos casos poderían ter ido ao seu pediatra ao día seguinte ou incluso no mesmo día. Na análise bivariante dos datos, con respecto á patoloxía e o grupo de idade, a patoloxía máis frecuente entre os lactantes e preescolares son os catarros, sendo superada pola amigdalite aguda na idade escolar (p<0,001). Nos menores de 2 anos destaca como segundo proceso máis frecuente o denominado lactante irritable/nervioso (táboa 2). Por grupo diagnóstico en relación á idade, a patoloxía respiratoria é a máis frecuente nos tres grupos (32,4% nos lactantes, 35,1% nos preescolares e 29,6% nos escolares), seguida moi de perto polos problemas xerais inespecíficos (24,1%, 26,4% e 21,5% respectivamente; p<0,005). TÁBOA 2 s máis frecuentes por grupos de idade. Lactantes Catarro 16,7% Lactante irritable 9,3% Otite media 9,3% Gastroenterite 8,3% Amigdalite 8,3% Viriase 4,6% Candidiase oral 4,6% Febre 3,7% Resto 35,2% Preescolares Catarro 15,7% Amigdalite 11,2% Viriase 8,7% Otite media 8,7% Gastroenterite 7,9% Febre 5,4% Varicela 4,5% Gripe 4,1% Resto 33,8% Escolares Amigdalite 13% Traumatismos 10,9% Catarro 8,5% Gastroenterite 5,7% Viriase 5,3% Escordadura nocello 4,9% Otite media 3,2% Ferida inciso-contusa 3,2% Resto 45,3% A relación entre patoloxías máis frecuentes (máis de 10 casos/ano) e xustificación da asistencia témolo representado nas táboas 3 e 4 (p<0,001). Na relación entre tempo de evolución e asistencia xustificada, o 52% das patoloxías cun tempo de evolución <24horas estarían xustificadas, fronte ao 40,7% de >24 horas (p<0,005). DISCUSIÓN Nos últimos anos producíuse un continuo e progresivo incremento da demanda urxente, o que non vai parello coa maior gravidade dos procesos atendidos6. O fácil acceso aos servizos de urxencia, a expectativa dunha mellor e máis rápida resolución dos problemas e a angustia que orixinan certos procesos nas familias poderían explicar parte deste incremento 2. No noso traballo apréciase unha maior asistencia de nenos (54%) fronte a nenas, coincidindo con anteriores traballos publicados 1,3,7, Orixinais 23

aínda que a poboación xeral de nenos é lixeiramente maior. Tamén atopamos semellanzas á hora de determinar as horas de maior demanda asistencial (entre 19 e 21 horas), que poderían estar máis relacionadas coa dispoñibilidade de tempo por parte dos pais e dos propios nenos 1,3. O predominio de nenos pequenos no horario nocturno (18,6%) é lixeiramente inferior ao doutros estudos de ámbito hospitalario que atenden a maior poboación (21%) 1,8. TÁBOA 4 Enfermidades con asistencia non xustificada. ENFERMIDADE FRECUENCIA PORCENTAXE NON XUSTIFICADA Catarro 77 96,1% Infeccións gastrointestinais 42 83,3% Virase 39 84,6% Trauma 38 65,8% Febre 21 85,7% Lactante irritable/nervioso 17 100% Gripe 16 100% Esguince 14 71,4% Farinxite 12 83,3% Conxuntivite 13 84,6% Picadura de insecto 10 100% FIGURA 3 Prevalencia grupos diagnósticos segundo a CIAP-2 TÁBOA 3 Enfermidades con asistencia xustificada. ENFERMIDADE FRECUENCIA PORCENTAXE XUSTIFICADAS Amigdalite 68 95,6% Otite media 39 94,9% Varicela 14 100% Bronquite 13 92% Feridas inciso contusas 12 100% Alerxia/urticaria 13 77% Así mesmo tamén coincidimos en dicir que a patoloxía infecciosa (catarro, amigdalite, virase, gastroenterite) ocupa o primeiro posto de demanda asistencial, seguida polos traumatismos 1,3,4. Isto repítese nos distintos grupos de idade, destacando no noso estudo como segundo proceso máis frecuente nos lactantes o llanto ou irritabilidade, que preocupa aos pais, e que estaría máis relacionado coa ansiedade dos mesmos que coa verdadeira existencia de patoloxía 9. Ao igual que noutras investigacións destaca a atención de casos pouco evolucionados (50% menos de 24h), nos que só é posible un diagnóstico sindrómico 1,7. Aínda que na metade dos mesmos estaría xustificada a asistencia en función da patoloxía (traumatismos, otite media, amigdalite..), na outra metade (febres de curta evolución, catarro ) sería necesario informar, tranquilizar e educar aos pais sobre a banalidade destes procesos que poderían manexar inicialmente nas súas casas, e dos signos ou síntomas de alarma que fagan necesario reavaliar ao seu fillo/a polo seu pediatra ou médico de urxencias. Estes resultados reforzan a idea de que as familias non valoran adecuadamente a gravidade acudindo de forma innecesaria ou por comodidadade 10. De todos os pacientes atendidos só se derivaron ao hospital un 4,5% dos casos, na súa maioría para completar estudo (radiográfico, analítico) o que tamén se aprecia en traballos doutros autores 1,11. A resolución do PAC, polo tanto, sería dun 95% dos casos atendidos. Este feito constata que cos PAC estase a diminuír a carga de traballo nos servizos de urxencias hospitalarios, solucionándose patoloxías banais que nunca deben chegar a un hospital. A porcentaxe de urxencias con xustificación oscila nos traballos doutros autores entre o 35,7% 12, 44% 13 e o 51,3% 6. No noso estudo, no 53,8% dos casos non estaba xustificada a súa asistencia a un servizo de urxencias, e un 88% dos pacientes poderían ter ido ao seu pediatra ao día seguinte. Esta variabilidade depende dos criterios que se utilicen, máis ou menos estritos, á hora de valorar a xustificación da asistencia urxente 6. Actualmente hai unha falta de credibilidade nos servizos sanitarios que xunto coa información alarmista que se recibe dos medios fai que os pais acudan ós servizos de urxencias pola mínima cousa esixindo ademáis a solución inmediata ao problema 14. Potenciar a alta resolución dos casos non urxentes nos servizos de urxencias pode ter efectos negativos na correcta organización do noso sistema sanitario e da atención primaria, ao dirixir aos usuarios a onde reciban unha atención máis áxil, en detrimento dun correcto seguimento da enfermidade e do doente polo seu médico de atención primaria. Ademáis pode conducir a unha insatisfacción e frustración do profesional sanitario 2. Podemos rematar dicindo que é moi importante insistir na educación sanitaria da poboación a distintos niveis: mediante campañas de información nos medios de comunicación, con folletos e carteis nos servizos de urxencias; instruír ás nais durante as revisións dos programas do neno san ou nas propias consultas de urxencias na diferenciación dos procesos banais dos realmente urxentes; fomentar as 24 Orixinais

consultas de carácter menor vía telefónica, etc3. Deberíamos facerlle entender á poboación a necesidade de facer un uso racional dos recursos sanitarios; é traballo de equipo: administración, hospitais, centros de saúde e poboación xeral. ESQUEMA XERAL DO ESTUDO BIBLIOGRAFÍA 1. Muñoz García JL, Fandiño Orgeira JM, Díaz Peromingo JM. Demanda asistencial de urgencias pediátricas atendidas en un hospital comarcal. Aten Primaria 2008; 40: 297-301. 2. Gómez Jiménez J. Urgencia, gravedad y complejidad: un constructo teórico de la urgencia basado en el triaje estructurado. Emergencias 2006; 18: 156-64. 3. Chacón del Castillo M, López Genillo C, Isabel Saldaña V, Sepúlveda Martín A, Mendaña Fernández A, González Pérez M. Estudio de las asistencias pediátricas en un PAC de Atención Primaria del medio rural. Cent Salud 2001; 9: 372-81. 4. Aguirre Rodriguez CJ, Hernández Martínez, Aguirre Rodríguez FJ, González Expósito JM. La atención continuada y el problema de frecuentación del servicio. Estudio en una zona básica de salud. Med General 2005; 70: 11-5. 5. CIAP-2. Clasificación Internacional de la Atención Primaria. 2nd ed. Barcelona: Masson 1999. 6. Fernández Cano G, Martín Carballo G. Urgencias pediátricas atendidas en una consulta de Atención Primaria (I): análisis de la demanda. Aten Primaria 2000; 26: 28-36. 7. Mintegi S, Benito J, García S. Demanda y asistencia en un servicio de urgencias hospitalario. Anales de Pediatría 2004; 61: 156-61. 8. Cinza S, Segade XM, Nieto E. Análisis de la demanda nocturna pediátrica en un servicio de urgencias de un hospital de tercer nivel. Cad Aten Primaria 2005; 12: 206-10. 9. Tapia C, Gil V, Orozco D. Influencia de la ansiedad materna en la frecuentación de las consultas de pediatría. Aten Primaria 2005; 36: 64-70. 10. Lucas RH, Sanford SM. An analysis of frequent users of emergency care at an urban university hospital. Ann Emerg Med 1998; 32: 563-8 11. Fernández Cano G, Martín Carballo G. Urgencias pediátricas atendidas en una consulta de Atención Primaria (II): estudio epidemiológico. Aten Primaria 2000; 26: 81-5. 12. Aldana Gómez J, Villamanán de la Cal I, Millan Díaz R, Aldana Gómez M. Análisis de la atención a demanda sen cita previa en pediatría. An Esp Pediatr 1994; 63: 160. 13. Sánchez de Dios M, Machín Valtueña M, Carnicero Laseca RM, Cameo Rico MI, Moro Monge R, Burgos Arribas L. Utilización de un PAC por la población infantil valorando la necesidad de atención prestada por pediatras. Aten Primaria 1993; 11: 306-8. 14. Serrano Herrera R, Rodríguez Navarro J. Estudio de la demanda generada en consulta y en los servicios de urgencia de una población de niños adscritos a un centro de salud de Atención Primaria y su adecuación. Cent Salud 2001; 9: 365-71. Orixinais 25