ÓRGANO: SECRETARIA XERAL TÉCNICA E DO PATRIMONIO

Similar documents
Ordenanzas fiscais Páxina 1

Ordenanzas fiscais Páxina 1

Síntesis da programación didáctica

Lei 7/1998, do 30 de decembro, de medidas tributarias, de réxime orzamentario, función pública e xestión

DOG Núm. 249 Xoves, 31 de decembro de 2015 Páx

XEFATURA DO ESTADO A 2. = + 5, x 10-6 A 3. = + 1, x 10-8 A 4. = + 1, x A 5

BOP BOLETÍN OFICIAL DA PROVINCIA DA CORUÑA BOLETÍN OFICIAL DE LA PROVINCIA DE A CORUÑA

Orzamentos Xerais do Estado para 2016: Novidades en materia de Seguridade Social que xestionan as mutuas

DOG Núm. 115 Luns, 19 de xuño de 2017 Páx

Pz. Do Concello, nº2. Bertamiráns Telf: AMES (A Coruña) Fax:

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO

Acceso web ó correo Exchange (OWA)

DOG Núm. 249 Venres, 30 de decembro de 2016 Páx

ARTIGO 1º. NATUREZA, OBXECTO E FUNDAMENTO. 2. Será obxecto deste tributo:

COMO XOGAR A KAHOOT Se vas xogar por primeira vez, recomendámosche que leas este documento QUE É KAHOOT?

Nas presentes bases e tamén nos anexos I, II e IIII detállanse os requisitos específicos que deben reunir as persoas solicitantes.

TAXA POLA APERTURA E VERIFICACIÓN DE ESTABLECEMENTOS

DOG Núm. 180 Xoves, 20 de setembro de 2012 Páx

GUÍA DE MIGRACIÓN DE CURSOS PARA PLATEGA2. Realización da copia de seguridade e restauración.

RECIBO DE PRESENTACIÓN NO REXISTRO ELECTRÓNICO DA XUNTA DE GALICIA

R/Ponzos s/n Ferrol A Coruña Telf Fax

Cumpridos catro anos dende a constitución do Consello Galego das Mulleres procede pois o inicio do procedemento de renovación

CONVOCATORIA E BASES REGULADORAS DAS SUBVENCIÓNS PARA O FOMENTO DO ASOCIACIONISMO E PARTICIPACIÓN CIDADÁ, ANO 2011

CUESTIÓNS XERAIS A AMBOS PROCEDEMENTOS

ORDENANZA FISCAL Nº II.2 REGULADORA DA TAXA POLO SUBMINISTRO DE AUGA PO- TABLE A DOMICILIO. ****************** NATUREZA E FUNDAMENTO NORMAS DE XESTIÓN

O SOFTWARE LIBRE NAS ENTIDADES DE GALIZA

DOG Núm. 82 Luns, 29 de abril de 2013 Páx

DOG Núm. 115 Xoves, 16 de xuño de 2011 Páx

ORDENANZA Nº 3: ORDENANZA FISCAL REGULADORA DO IMPOSTO SOBRE VEHÍCULOS DE TRACCIÓN MECÁNICA

ORDENANZA FISCAL Nº 11: REGULADORA DA TAXA POLO USO DE RECINTOS E INFRAESTRUTURAS DE CARÁCTER DEPORTIVO.

REUNIÓN CONVOCATORIAS SUBVENCIÓNS 2018 SECCIÓN DE SERVIZOS SOCIAIS SERVIZO DE ACCIÓN SOCIAL, CULTURAL E DEPORTES

CONCELLO DE MESIA (A CORUÑA)

-. Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local.

ARTIGO 1º. NATUREZA, OBXECTO E FUNDAMENTO. ARTIGO 2º. FEITO IMPOÑIBLE

Santiago de Compostela, 21 de setembro de 2016 Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde Sonia Martínez Arca Xerente

CONCELLO DE PONTEDEUME (A CORUÑA) ENDEREZO LOCALIDADE PROVINCIA C.P. Nº SS.SS TELÉFONO DE CONTACTO

Lei 5/1994, do 29 de novembro, de creación do ente público Portos de Galicia

ORDENANZA FISCAL REGULADORA DO IMPOSTO SOBRE VEHÍCULOS DE TRACCIÓN MECÁNICA NO CONCELLO DE REDONDELA

BASES REGULADORAS DA CONVOCATORIA DE AXUDAS DE GASTOS FARMACÉUTICOS 2016/2017

AXUDAS PARA O PLAN MADRUGA 2017

DOG Núm. 92 Luns, 15 de maio de 2017 Páx

LEI 2/2011, do 16 de xuño, de disciplina orzamentaria e sustentabilidade financeira.

JOSÉ LUIS TORTUERO PLAZA Catedrático de Dereito do Traballo e da Seguridade Social Universidade Complutense de Madrid

VIGOSÓNICO V C O N C U R S O V I D E O C L I P S Calquera proposta estética para o vídeo: cine, animación, cor, branco e negro,...

DOG Núm. 34 Venres, 16 de febreiro de 2018 Páx

Concello de Castroverde

5.3. Tributación da transferencia da tecnoloxía: a fiscalidade e a sociedade do coñecemento como vía de saída da crise

ORDENANZA FISCAL REGULADORA DA TAXA POLA SUBMINISTRACIÓN DE AUGA.

DOG Núm. 74 Martes, 18 de abril de 2017 Páx

Consellería de Sanidade

As características das prazas a cubrir cos integrantes da bolsa son:

CONCELLO DA TEIXEIRA (OURENSE)

CONTROL DE VERSIÓNS E DISTRIBUCIÓN

Corresponderá ó Tribunal Económico-Administrativo Municipal o exercicio das seguintes funcións:

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

LEI 18/2011, DO 5 DE XULLO, REGULADORA DO USO DAS TECNOLOXÍAS DA INFORMACIÓN E DA COMUNICACIÓN NA ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

Problema 1. A neta de Lola

Información precontractual Cuenta Corriente Triodos Pag. 2

DRESS YOUR BEST ON: PANEL Bonsai St. Moorpark, CA (805)

A EXTINCIÓN DOS ARRENDAMENTOS URBANOS REALIZADOS CON ANTERIORIDADE Á LEI 29/1994, DE 24 DE NOVEMBRO Algúns problemas na práctica xudicial

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO

CONCELLOS CERVANTES. Anuncio

Silencio! Estase a calcular

ORDENANZA MUNICIPAL DE TRAMITACIÓN DE ACTIVIDADES

Name: Surname: Presto= very fast Allegro= fast Andante= at a walking pace Adagio= slow Largo= very slow

Sede Electrónica Concello de Cangas

12352 LEI 11/2007, do 22 de xuño, de acceso electrónico dos cidadáns aos servizos públicos. («BOE» 150, do )

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO

Primeira.- Facúltase a directora xeral da Familia para dicta-las resolucións que sexan necesarias para a execución e desenvolvemento desta orde.

UNHA ANÁLISE DA INDEPENDENCIA NA AUDITORÍA DE CONTAS

Concello de Baralla DENOMINACIÓN DA PRAZA/POSTO/EMPREGO: PERSOAL DE APOIO NO PAI. Concello de Baralla

ESTATUTOS DA ASOCIACIÓN PEDAGÓXICA NOVA ESCOLA GALEGA

DOG Núm. 71 Martes, 11 de abril de 2017 Páx

DOG Núm. 43 Xoves, 1 de marzo de 2018 Páx

DOG Núm. 72 Venres, 15 de abril de 2016 Páx

LUCÍA DANS ÁLVAREZ DE SOTOMAYOR

Para xeral coñecemento, de acordo co disposto no artigo 38 da citada norma, faise necesaria a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

BOP BOLETÍN OFICIAL DA PROVINCIA DA CORUÑA BOLETÍN OFICIAL DE LA PROVINCIA DE A CORUÑA

MISION COMERCIAL A TURQUÍA 3 8 XUÑO 2018 IG

NORMATIVA REGULADORA:

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO

ESTÁNDARES PROFESIONAIS DA ASOCIACIÓN GALEGA DE PROFESIONAIS DA TRADUCIÓN E DA INTERPRETACIÓN (AGPTI)

Para tomar parte no citado concurso-oposición, será necesario reunir os seguintes REQUISITOS, (debendo presentar xustificante dos mesmos):

ÁMBITO DE COMUNICACIÓN Lengua extranjera: Inglés

Regulamento do cemiterio municipal do Barco de Valdeorras

PRIMEIRA: OBXECTO, FINALIDADE E CONDICIÓNS

Facultade de Fisioterapia

11. A débeda da PIE con Galicia

4.- MULLER E SERVICIOS SOCIAIS

Bases do Concurso Logo ANPA Vila do Arenteiro BASES DO CONCURSO. 1. OBXECTO e TEMATICA DO CONCURSO 2. TIPO DE CONCURSO

A OUTRA CRISE: ENERXÍA, CAMBIO CLIMÁTICO E ECONOMÍA

1. Natureza do servizo de axuda no Fogar (SAF) e descrición

PROPOSTA DE FISCALIZACIÓN DAS RENDAS PROCEDENTES DA PRIMEIRA VENDA DE FUNGOS SILVESTRES COMESTIBLES DE INTERESE SOCIOECONÓMICO

NORMATIVA ACADÉMICA PARA O ALUMNADO DE INTERCAMBIO DA ESCOLA UNIVERSITARIA DE ESTUDOS EMPRESARIAIS (EUEE) UNIVERSIDADE DE VIGO

REGULAMENTO DO CONSELLO MUNICIPAL DE INFANCIA E ADOLESCENCIA DO CONCELLO DE REDONDELA

5451 LEI 3/2003, do 14 de marzo, sobre a orde

Manual de usuario CENDES. Centro de descargas da Xunta de Galicia

CIRCULAR 16/2017 (modificada)

Transcription:

NUM-CONSULTA: V0001-16 ÓRGANO: SECRETARIA XERAL TÉCNICA E DO PATRIMONIO DATA DE SAÍDA: 04/02/2016 NORMATIVA: Artigo 14.Dous do Texto refundido das disposicións legais da Comunidade Autónoma de Galicia en materia de tributos cedidos polo Estado aprobado polo Decreto lexislativo 1/2011, de 28 de xullo. DESCRICIÓN-FEITOS O consultante adquiriu a que vai constituír a súa vivenda habitual no mes de marzo. Pola dita adquisición tributou na modalidade de transmisións patrimoniais onerosas do imposto sobre transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados, aplicando o tipo de gravame reducido previsto no artigo 14.Dous do Texto refundido das disposicións legais da Comunidade Autónoma de Galicia en materia de tributos cedidos polo Estado, aprobado polo Decreto Lexislativo 1/2011, de 28 de xullo, é dicir, o 8%. A vivenda adquirida consta dun rocho que é anexo. CUESTIÓN FORMULADA Se mantén o dereito ao tipo de gravame reducido practicado na autoliquidación do imposto pola compravenda en caso de alugar o rocho anexo á vivenda a un terceiro. CONTESTACIÓN COMPLETA En virtude das competencias atribuídas polo apartado 2.3 do artigo 5 do Decreto 10/2014, de 1 de agosto, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Facenda, este centro directivo informa o seguinte: V0001-16 1

Normativa: 1. Artigo 14.Dous do Texto refundido das disposicións legais da Comunidade Autónoma de Galicia en materia de tributos cedidos polo Estado aprobado polo Decreto lexislativo 1/2011, de 28 de xullo: Na modalidade de transmisións patrimoniais onerosas do imposto sobre transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados, o tipo de gravame aplicable ás transmisións de inmobles que vaian constituír a vivenda habitual do contribuínte será do 8 %, sempre que se cumpran os seguintes requisitos: 1. Que a suma do patrimonio dos adquirentes para os cales vaia constituír a súa vivenda habitual e, de ser o caso, dos demais membros das súas unidades familiares non supere a cifra de 200.000 euros, máis 30.000 euros adicionais por cada membro da unidade familiar que exceda o primeiro. A valoración do patrimonio realizarase conforme as regras do imposto sobre o patrimonio referidas á data da adquisición do inmoble, incluíndo este polo seu valor de adquisición e sen dedución das débedas asumidas nos supostos de adquisición con prezo aprazado ou financiamento alleo. Para os efectos da valoración anterior, cando o adquirente sexa titular doutra vivenda, non se terá en conta o valor dela nin das débedas contraídas para o seu financiamento, sempre que se proceda á súa venda no prazo máximo de dous anos e se acredite que o importe obtido se destina ao pagamento do prezo pendente ou á cancelación total ou parcial do crédito obtido para a adquisición de calquera das vivendas sinaladas dentro do mesmo prazo. O xustificante documental que acredite este destino deberá presentarse perante a oficina xestora competente no prazo dun mes desde a venda da vivenda. 2. A adquisición da vivenda deberá documentarse en escritura pública, na cal se fará constar expresamente a finalidade de destinala a constituír a súa vivenda habitual. V0001-16 2

3. No caso de ter gozado da redución establecida no artigo 8.Tres deste texto refundido, o tipo reducido aplicarase ao importe resultante de minorar a base liquidable na contía do importe da doazón. 4. No suposto de que o inmoble sexa adquirido por varias persoas e non se cumpran os requisitos sinalados nos apartados anteriores en todos os adquirentes, o tipo reducido aplicaráselle á parte proporcional da base liquidable correspondente á porcentaxe de participación na adquisición dos contribuíntes que si os cumpran. 2. Artigo 3.Un do Texto refundido das disposicións legais da Comunidade Autónoma de Galicia en materia de tributos cedidos polo Estado, aprobado polo Decreto lexislativo 1/2011, de 28 de xullo: Para os efectos previstos neste texto refundido, os conceptos de vivenda habitual, adquisición de vivenda habitual e reinvestimento en vivenda habitual serán os recollidos na normativa reguladora do imposto sobre a renda das persoas físicas. Entenderase por vivenda a edificación destinada á residencia das persoas físicas. 3. Artigo 23.Dous do Texto refundido das disposicións legais da Comunidade Autónoma de Galicia en materia de tributos cedidos polo Estado aprobado polo Decreto lexislativo 1/2011, de 28 de xullo: Dous. En caso de incumprimento dos requisitos que haxa que cumprir con posterioridade ao devengo do imposto, deberá ingresarse a cantidade derivada do beneficio fiscal xunto cos xuros de mora. Para estes efectos, o suxeito pasivo deberá practicar a correspondente autoliquidación e presentala no prazo sinalado na norma que regula o beneficio fiscal, contado desde o momento en que se incumpran os requisitos. Cando a norma que regula o beneficio fiscal non estableza un prazo, o ingreso e a presentación da autoliquidación faranse dentro do prazo regulamentario de declaración establecido nas normas reguladoras de cada tributo. V0001-16 3

Resposta: En virtude do artigo 3.Un do Decreto lexislativo 1/2011, de 28 de xullo, o concepto de vivenda habitual será o contemplado a normativa reguladora do imposto sobre a renda das persoas físicas. O precepto da norma de remisión que recolle o dito concepto é a disposición adicional vixésimo terceira da Lei 35/2006, de 28 de novembro, do imposto sobre a renda das persoas físicas e de modificación parcial das leis dos Impostos sobre Sociedades, sobre a Renda de non Residentes e sobre o Patrimonio e, no desenvolvemento do mesmo, o artigo 41 bis do seu regulamento, aprobado polo Real decreto 439/2007, de 30 de marzo, que dispón o seguinte: 1. ( ) considérase vivenda habitual do contribuínte a edificación que constitúa a súa residencia durante un prazo continuado de, a lo menos, tres anos. Con todo, entenderase que a vivenda tivo o carácter de habitual cando, a pesares de non transcorrer o dito prazo, se produza o falecemento do contribuínte ou concorran outras circunstancias que necesariamente esixan o cambio de domicilio, tales como celebración de matrimonio, separación matrimonial, traslado laboral, obtención do primeiro emprego, o cambio de emprego, ou outras análogas xustificadas. 2. Para que a vivenda constitúa a residencia habitual do contribuínte debe ser habitada de xeito efectivo e con carácter permanente polo propio contribuínte, nun prazo de doce meses, contados a partires da data de adquisición ou terminación das obras. ( ) Atendendo á lexislación transcrita, para que a vivenda adquira a condición de habitual é cómpre que no prazo de 12 meses contados dende a súa adquisición sexa habitada de xeito efectivo e con carácter permanente polo propio suxeito pasivo e que constitúa a súa vivenda habitual durante o prazo de, a lo menos, 3 anos a contar dende a efectiva ocupación, sen prexuízo de que dentro deste período se produza algunha das circunstancias polas que se entenda que non perde a vivenda o carácter de habitual. V0001-16 4

Cumpríndose ambos requisitos, o contribuínte poderá aplicar o tipo de gravame reducido pola adquisición da súa vivenda habitual ás cantidades que satisfaga por este concepto, sempre que se cumpran os demais requisitos previstos no artigo 14.Dous do Decreto lexislativo 1/2011, de 28 de xullo, e que proporcionalmente se correspondan coas partes da mesma que utilice de forma privada así como polas zonas comúns. É dicir, non poderá aplicar o tipo de gravame reducido sobre a proporción do prezo de adquisición que corresponda ao rocho cando este sexa obxecto de cesión en arrendamento para un uso distinto ao de vivenda habitual do propietario dentro do período dos 3 anos seguintes á data de adquisición do inmoble. En conclusión, polas autoliquidacións que o contribuínte realizase aplicando os tipos de gravame reducidos, previstos no Texto refundido das disposicións legais da Comunidade Autónoma de Galicia en materia de tributos cedidos polo Estado, aprobado polo Decreto Lexislativo 1/2011, de 28 de xullo, en atención á calificación como vivenda habitual do ben adquirido, deberá ingresar a cantidade derivada do beneficio fiscal xunto cos xuros de mora pola parte a que se estenda o incumprimento. O prazo para practicar a correspondente autoliquidación e a súa presentación será o mesmo previsto na norma que regula o beneficio fiscal, é dicir, 30 días hábiles. En calquera caso, o contribuínte deberá xustificar suficientemente a súa condición residencial ante os órganos da Administración Tributaria a quen corresponderá valorar as probas, previo o seu requirimento. O que comunico a vostede con efectos vinculantes, conforme ao disposto no apartado 1 do artigo 89 da Lei 58/2003, de 17 de decembro, xeral tributaria. V0001-16 5