Niveis de Referencia 2º Primaria 4º 5º 6º. Orientacións para o Estudo e a mellora da lectura

Similar documents
Niveis de Referencia 4º Primaria 2º 3º 4º. Orientacións para o Estudo e a mellora da lectura

Niveis de Referencia 3º Primaria 3º 4º 5º 6º. Orientacións para o Estudo e a mellora da lectura

COMO XOGAR A KAHOOT Se vas xogar por primeira vez, recomendámosche que leas este documento QUE É KAHOOT?

GUÍA DE MIGRACIÓN DE CURSOS PARA PLATEGA2. Realización da copia de seguridade e restauración.

Síntesis da programación didáctica

R/Ponzos s/n Ferrol A Coruña Telf Fax

Acceso web ó correo Exchange (OWA)

Silencio! Estase a calcular

C.E.I.P. PRÁCTICAS de Ourense Programacións didácticas

Narrador e Narradora Narrador Narradora Narrador

Problema 1. A neta de Lola

O SOFTWARE LIBRE NAS ENTIDADES DE GALIZA

COLEGIO NUESTRA SEÑORA DEL ROSARIO.

1º ESO CARMEN QUINTANA, ELBA NIEVES, MARGARITA ALFONSO

Procedimientos Auditivos e Instrumentais DEPARTAMENTO COORDINADOR/A DA DISCIPLINA. CURSOS 1º curso 2º curso 3º curso 4º curso.

Welcome to Greenman and the Magic forest

PROGRAMACIÓN ÁREA DE INGLÉS 2º CICLO DE EDUCACIÓN INFANTIL CEIP DE AGOLADA

I.E.S. ORTIGUEIRA ÁREA DE LINGUAS ESTRANXEIRAS

2º ESO. Obxectivos xerais do curso. Contidos (unidades didácticas) temporalizados por avaliacións

VIGOSÓNICO V C O N C U R S O V I D E O C L I P S Calquera proposta estética para o vídeo: cine, animación, cor, branco e negro,...

PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA INGLÉS

Comezo do curso. Estimados pais, Benvidos a Quick Minds!

3º ESO ESTHER VÁZQUEZ, ELBA NIEVES. Editorial BURLINGTON AutorMARKS/DARBY. Contidos (unidades didácticas) temporalizados por avaliacións

Ámbito da comunicación: lingua inglesa

EDUCACIÓN INFANTIL PROGRAMACIÓN DE CICLO CENTRO: CEIP Mª PITA CURSO: Páxina 1

CURSO PROGRAMACIÓN DE 2º ESO

PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA Área de Lingua Inglesa 5º Educación Primaria

Xogos e obradoiros sobre o cambio climático que Climántica desenvolve en centros educativos

Rede CeMIT Cursos Gratuítos de Alfabetización Dixital NOVEMBRO Aula CeMIT de Cuntis

Comezo do curso. Estimados pais, Benvidos a Quick Minds!

Facultade de Fisioterapia

PROGRAMACIÓN CURSO DEPARTAMENTO : INGLÉS. IES Ramón Menéndez Pidal

Alumna/o...Curso... 1) Para recuperar a materia pendente deberás seguir o plan de traballo que se especifica de seguido:

PRESENTACIÓN MATERIA MATERIA LINGUA INGLESA CURSO 1º ESO B CURSO ACADÉMICO PROFESOR Mª MONTSERRAT VILLAPÚN CASTRO

Discurso literario e sociedade nos países de fala inglesa

PARTE I. VIVALDI: Concierto en MI M. op. 3 n.12

PRESENTACIÓN DA MATERIA/MÓDULO

PRESENTACIÓN MATERIA MATERIA INGLÉS CURSO 4º ESO CURSO ACADÉMICO PROFESOR Mª CRUZ MASEDA FRANCOS

PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA. Área de Lingua Inglesa. 4º Educación Primaria

NOME DO CENTRO: IES CANIDO CURSO ESCOLAR: 2016/2017 INGLÉS 1º ESO

PRESENTACIÓN MATERIA MATERIA LINGUA INGLESA CURSO 1º ESO A CURSO ACADÉMICO PROFESOR Mª MONTSERRAT VILLAPÚN CASTRO

Polinomios. Obxectivos. Antes de empezar

MINISTERIO DE EDUCACIÓN Y CIENCIA

PROGRAMACIÓN DE RELIXIÓN EVANXÉLICA 1º e 2º ESO

QUINTO CURSO EDUCACIÓN PRIMARIA OBRIGATORIA

SECUENCIACIÓN DIDÁCTICA: ÁMBITO DA COMUNICACIÓN MÓDULO 3 y 4 (ESA) 2017/2018

PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA ÁREA DE INGLÉS

Programación Percusión

PRESENTACIÓN MATERIA MATERIA INGLÉS CURSO 4º ESO CURSO ACADÉMICO PROFESOR FRANCISCO JOSÉ PÉREZ SAAVEDRA

PROPOSTA PEDAGÓXICA PROCESO DE FAMILIARIZACIÓN Á ESCOLA INFANTIL

DÍA DA CIENCIA EN GALEGO CEIP DE CERVO 2014/15 PUCA QUERE SABER SOBRE

PROGRAMACIÓN CURSO DEPARTAMENTO : INGLÉS. IES Ramón Menéndez Pidal

PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA CURSO DEPARTAMENTO DE INGLÉS

2.1. O PROXECTO LINGÜÍSTICO DE CENTRO

A ensinanza da nutrición humana na Educación Primaria desde unha perspectiva mediambiental

Obradoiro sobre exelearning. Pilar Anta.

DEPARTAMENTO DE INGLÉS PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA 2º ESO - LINGUA INGLESA - 1º IDIOMA CURSO 2018 / 2019 IES DAVID BUJÁN

PROGRAMACIÓNS POR AVALIACIÓN

Programación 3º de EP LINGUA INGLESA

DEPARTAMENTO DE INGLÉS PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA 3º ESO - LINGUA INGLESA - 1º IDIOMA CURSO 2018 / 2019 IES DAVID BUJÁN

ÁMBITO DE COMUNICACIÓN Lengua extranjera: Inglés

Programación do Departamento de Inglés da EOI de Lugo Curso

PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DEPARTAMENTO DE LINGUA GALEGA E LITERATURA CURSO

PROGRAMACIÓN DE INGLÉS CURSO º ESO

ELABORACIÓN DUN TEST PARA ESTIMA-LO TAMAÑO DO VOCABULARIO COÑECIDO EN LINGUA GALEGA

PROGRAMACION LINGUA INGLESA SEXTO CURSO 1- OBXECTIVOS 1.1- XERAIS 1.2-ESPECIFICOS

Grao en Química. 2 0 Curso QUIMICA INORGÁNICA III. Guía Docente

Se (If) Rudyard Kipling. Tradución de Miguel Anxo Mouriño

School Year nd Partial 2nd Term. Click on Google Chrome and open CODE.ORG. Identify the left and the right to catch the character

Grao en Química. 2 0 Curso QUIMICA INORGÁNICA III. Guía Docente

O Software Libre nas Empresas de Galicia

ANIMAR-T / LAIA, APRENDIZ DE MAGA

CADERNO Nº 9 NOME: DATA: / / Funcións e gráficas. Recoñecer se unha relación entre dúas variables é función ou non.

Concello de Baralla DENOMINACIÓN DA PRAZA/POSTO/EMPREGO: PERSOAL DE APOIO NO PAI. Concello de Baralla

Proxecto Curricular. I.E.S. Sanxillao. Proxecto Curricular IES SANXILLAO

LINGUA INGLESA CURSO

Informe do estudo de CLIMA LABORAL do Sergas

marcoeuropeocomún de referencia para as linguas: aprendizaxe, ensino, avaliación

T1, T3, (T5)*, T8, T11, T13 *solo grupos bilingüe X1, X3, X8, X10, X13, X18, X22, X23, X24 EI6, EI7

Abbreviations: PP: Puntos de Partida. SM: Supplementary Materials. TG: Teacher s Guide

Inferencia estatística

PRESENTACIÓN MATERIA MATERIA INGLÉS CURSO 2º BAC CURSO ACADÉMICO PROFESOR Mª CRUZ MASEDA FRANCOS

III PLAN MUNICIPAL DE IGUALDADE ENTRE MULLERES E HOMES

Conservatorio Profesional de Música de Vigo. Programación de Percusión

Metodoloxía copyleft en educación

Luis Sobrado Fernández* Universidade de Santiago de Compostela

MODULO O XOGO INFANTIL E A SÚA METODOLOXIA

Os proxectos na Educación Infantil. Análise dunha experiencia sobre os dinosauros

PRESENTACIÓN MATERIA MATERIA INGLÉS CURSO 1º BAC CURSO ACADÉMICO PROFESORA Mª CRUZ MASEDA FRANCOS

PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DA MATERIA DE

Name: Surname: Presto= very fast Allegro= fast Andante= at a walking pace Adagio= slow Largo= very slow

PROGRAMACIÓN DEPARTAMENTO DE INGLÉS -ESO -BACHARELATO -CICLOS -FORMACIÓN PROFESIONAL BÁSICA -ADULTOS

TRABALLO FIN DE GRAO A APRENDIZAXE COOPERATIVA COMO FERRAMENTA PARA FOMENTAR A IGUALDADE ENTRE OS SEXOS NA ESCOLA INFANTIL

IMAXES DO PATRIMONIO CULTURAL PARA TRABALLAR AS COMPETENCIAS BÁSICAS

DEPARTAMENTO DE INGLÉS PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA 2º BACH - LINGUA INGLESA - 1º IDIOMA CURSO 2018 / 2019 IES DAVID BUJÁN

PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA

1. DATOS IDENTIFICATIVOS DA DISCIPLINA CÓDIGO Teorías do espectáculo e da comunicación Teorías do espectáculo II

Cinco sinxelos pasos para ir á caza das estrelas ;) (

LLP PT-KA3-KA3MP. ecity Guías Pedagóxicas

O INGLÉS EN INFANTIL: UNHA PORTA AO PLURILINGÜISMO

Transcription:

Niveis de Referencia 2º Primaria 1º 2º 3º 4º 5º 6º Orientacións para o Estudo e a mellora da lectura

MATEMÁTICAS: 1. Números: 1.1. Naturais: Identificación, lectura, escritura, comparación, ordenación, descomposición e representación gráfica de números ata o millar. 1.2. Ordinais: Lectura e escritura dos números ordinais ata 10º. 1.3.Introdución ao concepto de dobre e metade. 2. Cálculo mental: 2.1. Dominio da táboa de sumar, restar e multiplicar. 2.2. Series de sumas, restas e combinadas. 2.3. Series ascendentes e descendentes de 2 en 2, de 5 en 5, de 10 en 10. 3. Operacións: 3.1. Concepto, términos, propiedades e probas. Sumas (ata catro sumandos), restas e multiplicacións (por tres cifras) de números naturais ata o millar. 4. Medidas: 4.1. Medidas convencionais e non convencionais de espazo, tempo, lonxitude, capacidade, masa, sistema monetario. 4.2. Tempo: Ano, calendario e cuartos de hora. 4.3. Lonxitude: quilómetro. 4.4. Capacidade: cuarto de litro. 4.5. Masa: cuarto de quilo. 4.6. Sistema monetario: moedas e billetes. 5. Xeometría: 5.1. Liñas: Identificar liñas rectas, curvas e poligonais. 5.2. Figuras planas:recoñecer os polígonos e os seus elementos: lados e vértices. Clasificar polígonos según o número de lados, recoñecer círculos e circunferencias. 5.3. Corpos xeométricos: Figuras xeométricas (prisma, cubo e pirámide); corpos redondos (cilindro, cono e esfera). 6. Tratamento da información: 6.1. Interpretar gráficos de barras e táboas de dobre entrada. 7. Problemas: 7.1. Identificar os datos importantes e a pregunta para a resolución do problema. Correcto plantexamento, axudándose de debuxos, se fora preciso, para a boa comprensión e realización das operacións. 7.2. Organizamos a resolución de problemas nunha zona de operacións e outra de resultados. Indicamos correctamente as unidades de medida. 1

7.3. Realizar problemas de unha, dúas operacións e combinados de sumas, restas e multiplicacións. 7.4. Iniciación aos problemas de división (repartos) 7.5. COMPRENDER O ENUNCIADO - RESOLVER - REVISAR ORIENTACIÓNS PARA AS FAMILIAS: 1. Axude ao seu fillo a contar obxectos na casa (libros, vasos, escaleiras, xoguetes...)e nos momentos de xogos no exterior (nº de saltos á comba...). 2. Memorización das táboas de cálculo. 3. Ofreza oportunidades de ocio con xogos de mesa, xogos de lóxica, crebacabezas... 4. Propoña ao seu fillo a elaboración de sinxelas receitas de cociña (medidas). 5. Pídalle ao seu fillo que conte os billetes e moedas para as cousas que vostede paga en efectivo. 6. Planifiquen xuntos o horario dunha xornada. 7. Aproveite as oportunidades que se lle presenten para realizar visitas a Museos e Exposicións. 2

LINGUAS: 1. Lectura 1.1. Ler con fluidez e entoación axeitadas. 1.2. Comprender o lido e identificar a estrutura interna do texto: introdución, nó e desenlace. 2. Expresión escrita 2.1. Aspecto motriz: Introdución do bolígrafo (3º trimestre) 2.2. Produción: Copias, ditados, resumos (Ficha de lectura) e iniciación as descricións. 3. Ortografía 3.1. Separación de sílabas. 3.2. Identificar e diferenciar c/z, c/q, r/rr, g/gu, gue/gui, güe/güi, br/bl 4. Gramática 4.1. Identificar: Artigo e clases: determinado/indeterminado. Pronomes persoais. Clases de substantivo: común/propio, individual/colectivo. Tempos verbais: presente, pasado, futuro 5. Vocabulario 5.1. Ampliar o vocabulario coa adquisición de novos termos: Palabras polisémicas, homófonas, compostas e derivadas). Familias de palabras. Campo semántico. Onomatopeas. 5.2. Lecturas variadas. 6. Literatura: 6.1. Diferenciar prosa e verso. 6.2. Prosa: contos. 6.3. Verso: Poemas, adiviñas, trabalinguas. 3

ORIENTACIÓNS PARA AS FAMILIAS: 1. Lea en voz alta co seu fillo (contos, xornais...). 2. Visite Bibliotecas e librerías e permita que seu fillo elixa o que prefire ler. 3. Invite o seu fillo a facer pequenos resumos / debuxos do conto lido (orais e/ou escritos). 4. Anote co seu fillo as palabras descoñecidas das lecturas que realicen. Explíquelle o significado e practíqueas 5. Pídalle axuda para elaborar listas da compra, notas, mensaxes... 6. Ofreza oportunidades ao seu fillo de xogar a palabras encadeadas e outros xogos que amplíen e melloren o seu vocabulario. 7. Procure asistir a sesións de contacontos e actividades de animación lectora. 8. Adique un tempo para a lectura persoal todos os días, sen a presenza de elementos que distraian e deixe que lean en silencio, pola súa conta ou tamén os uns aos outros. 4

INGLÉS: 1.- O obxectivo prioritario nesta etapa é a comunicación oral, que sexan capaces de escoitar esa lingua nun contexto con significado e reproducir as estruturas necesarias para a comunicación. 2.- A adquisición do vocabulario relativo as cores, números do 1 ao 50, membros familiares cercanos e lonxanos, tipos e clasificación de comidas y bebidas, xoguetes de interior e exterior e por que, formas xeométricas, partes do corpo e da cara e describilas, animais de granxa e salvaxes e as súas características, diferentes roupas e o seu uso segundo o clima e a estación do ano así como describila, lugares da casa e aparellos que podemos atopar, lugares na cidade ( bus stop, shop, school, park, cinema,...) 3.- Coñecer as estruturas necesarias para comunicarse a través do libro, libros de lectura, e outros materiais empregados na aula ( ordenador, webs, flashcards,...), estruturas necesarias para o día a día como I'm..., My name is..., My favourite colour is..., I can see a..., How many..., Can you see a...?, Today is..., Yesterday was..., Can I sharpen?, Can I go to the toilet, please?, I've got a..., I can..., I can't..., I've got a..., Do you like...?, Yes, I like/ No, I don't like, Are you...?, I am dancing,... 4.- Describir onde están as cousas, preposicións de lugar: in, on,under, in front of, behind, next to, between. Diferenciar os adxectivos de tamaño: small, big, medium, tall, short,...útiles para descricións. 5.- Ler e comprender pequenos textos, cancións, historias,...e ser capaces de reproducilos e realizar exercicios básicos. 6.- Interiorizar as rutinas diarias na clase oralmente e por escrito. 7.- Recoñecer sons fonéticos (palabras que comezan por, acaban en, as vocais,...), ritmo e entoación característicos do idioma en estudio. 8.- Seguir instrucións básicas, stand up, sit down, write, listen, jump, number, circle,...non só a través do son, senón tamén a través da súa lectura para realizar os exercicios correspondentes. 9.- Escoitar unha conversa e ser capaces de poder realizalos exercicios. 5

ORIENTACIÓNS PARA AS FAMILIAS: 1. Ver a televisión en Lingua Inglesa, debuxos, anacos de películas, vídeos de música, cancións, dvd,... 2. Realizar xogos en rede e fichas nas webs que os profesores traballan na clase: * http://www.bbc.co.uk/schools/ * http://www.bbc.co.uk/bitesize/ * http://learnenglishkids.britishcouncil.org/en/ * http://www.english-4kids.com/ * http://www.tlsbooks.com/englishworksheets.htm * http://www.funenglishgames.com/worksheets.html 3. Fabricar na casa pósters sobre os temas da clase, fichas, debuxos 6

SCIENCE: 1. Clasificar os alimentos atendendo a súa orixe e os nutrientes que aporta. Por exemplo: o leite é un produto lácteo e contén minerais. Identificar as partes e as funcións do sistema: respiratorio, dixestivo, circulatorio e locomotor. 2. Describir e identificar hábitos saudables e non saudables. 3. Identificar diferentes tipos de plantas (arbusto, herba, árbore) e as súas partes, así como as necesidades vitais básicas (auga, minerais, sol e aire). Coñecer que partes da planta comemos. Por exemplo: da pataca comemos a raíz... 4. Identificar e clasificar os animais en vertebrado e invertebrado, ovíparo e vivíparo, carnívoro, herbívoro e omnívoro, animal doméstico (de granxa ou mascota )e salvaxe. Recoñecer as características físicas dos animais (patas, pelo, plumas...). 5. Identificar os diferentes hábitats (selva tropical, deserto, rexión polar, bosque). Coñecer as súas características e os animais autóctonos. 6. Recoñecer a diferenza entre terra, sol e lúa. Entender os movementos da terra e os seus efectos. Por exemplo: o día e a noite e as estacións. 7. Distinguir entre: empuxar e tirar. Entender que dependendo do tamaño ou forma dun obxecto e máis doado ou difícil movelo. Introducir o concepto de forza e gravidade. Recoñecer qué obxectos atrae o imán. 8. Recoñecer e diferenciar un invento dun descubrimento e a súa importancia. Coñecer os obxectos que necesitan electricidade. Identificar as partes dun ordenador. 9. Identificar e diferenciar unha cidade cos servizos públicos que oferta, dunha aldea. Coñecer as súas características principais. 10. Coñecer os medios de transporte e clasificalos en públicos ou privados. Recoñecer os elementos principais das estradas, estacións de tren, portos e aeroportos. Por exemplo: o anden é un elemento da estación do tren e do autobús. 11. Coñecer os diferentes tipos e medios de comunicación. Distinguir as súas características principais. 12. Entender que é o pasado, o presente e o futuro e representalo nunha liña temporal. Recoñecer os elementos característicos das diferentes épocas. 7

ORIENTACIÓNS PARA AS FAMILIAS: Tendo en conta que uns dos principais obxectivos da asignatura de Coñecemento do medio natural e social é inculcar aos nenos valores e hábitos tales como hixiene, alimentación equilibrada, aforro enerxético e de recursos naturais, reciclaxe e coidado do entorno natural e dos seres vivos, aconsellamos as familias as seguintes actividades para a consecución de ditos obxectivos: - Plantar unha planta ou semilla para ver como crece. - Experimentar coa gravidade. pódese ver que obxecto caen primeiro o só e como inflúe o seu peso ou forma. - Experimentar cos imáns, ver que obxectos atraen os imáns e cales non. - Facer pósteres sobre os diferentes temas en concreto, os sistemas do corpo, o sistema solar, os inventos, os medios de transporte... 8

EDUCACIÓN FÍSICA: 1. Coñecer e valorar o seu corpo e a actividade física como medio de exploración e desfrute das súas posibilidades motoras, de relación cos demais e como recurso para organizar o tempo libre. 2. Apreciar a actividade física para o benestar, recoñecendo os efectos do exercicio físico, da hixiene, da alimentación e dos hábitos posturais sobre a saúde. 3. Utilizar as súas capacidades físicas, habilidades motoras e o seu coñecemento da estrutura e funcionamento do corpo para adaptar o movemento ás circunstancias e condicións de cada situación. 4. Regular e dosificar o esforzo, acorde coas súas posibilidades e a natureza da tarefa. 5. Utilizar os recursos expresivos do corpo e o movemento,comunicando sensacións, emocións e ideas. 6. Participar en actividades físicas, establecendo relacións de cooperación para alcanzar obxectivos comúns, coñecendo e valorando a diversidade de actividades físicas, lúdicas e deportivas. Estes obxectivos traballásense mediante os seguintes bloques de contido. 1. Esquema Corporal. 2. Orientación espazo- temporal. 3. Equilibrio. 4. Coordinación dinámica xeral, óculo manual, óculo pédica. 5. Expresión corporal. 9

RELIXIÓN: 1. Experiencial: partir da realidade cotiá dos nosos alumnos para traballar os valores da convivencia, responsabilidade e interioridade. 2. Linguaxe bíblico: coñecer e comprender os relatos bíblicos; identificando personaxes e accións e poder facer comparacións de semellanzas e diferenzas. 3. Formulación: comprender e valorar a mensaxe cristiá. En cada ciclo os alumnos aprenden as diferentes oracións cristiás básicas, comprendendo que a oración e unha maneira de relacionarse con Deus. 4. Celebración: celebrar o aprendido, expresando con signos e símbolos que todos somos fillos de Deus. Prestamos especial atención aos tempos litúrxicos fortes: Advento Nadal. Coresma Pascua. María como figura importante na Igrexa. No Primeiro Ciclo os Contidos son: 1. Linguaxe bíblico: A Biblia como Palabra de Deus coñecendo os distinto relatos da Historia da Salvación: Antigo testamento: A creación, Noé, Moisés... Novo Testamento: Parábolas; Nacemento de Xesús, Morte e Resurrección. 2. A Igrexa: Tradicións, Festas cristiás, símbolos e celebración relixiosas propias, manifestacións marianas. 3. Oracións e celebracións: A oración como modo de relacionarse con Deus; Signarse, Sinal da Cruz, Noso Pai, Ave María, Gloria. 10

EDUCACIÓN ARTÍSTICA: ED. PLÁSTICA: 1. Reproducir e representar graficamente formas en dúas e tres dimensións, incluíndo o volume, a luz, as sombras, os diferentes tons e efectos da luz en diversos obxectos. 2- Construír motivos tridimensionais a partir dos modelos que aparecen no libro e outros da aula. 3- Usar correctamente os recursos e materiais da aula e realizar patróns e representar ideas orixinais da cada un. 4- Usar linas e trazos para representar formas, ademais de outros materiais nas súas composicións. 5- Apreciar a relación tamaño-distancia dos obxectos, e entender as composicións simétricas e asimétricas. 6- Entender as composicións simétricas e asimétricas. Esbozar e debuxar elementos proporcionados entre si. ED. MUSICAL: 1. Expresión vocal: cancións interpretadas ao unísono. 2. Expresión instrumental: pezas instrumentais acompañadas de percusión corporal e pequena percusión. 3. Expresión corporal, dramatización e danza: 3.1. Pasos básicos de danzas tradicionais galegas. 3.2. Creación de pequenas coreografías en grupo. 3.3. Creacións dramáticas arredor dunha obra musical. 4. Linguaxe musical: grafías non convencionais e iniciación na linguaxe convencional. 11

ORIENTACIÓNS PARA O ESTUDO Maior facilidade para adaptarse á rutina escolar e de estudo. - Mellora a eficacia nas tarefas e a capacidade de atención. - Favorece o rendemento escolar e a probabilidade de logro académico. - Aforra o esforzo e tempo adicados a o estudo. Por que é importante a colaboración da familia? Porque o neno non aprende a estudar só, hai que axudalo, motivalo e acompañalo nun principio para crear o hábito. Como estudar? Lugar É importante que teña o seu propio lugar de traballo e estudar sempre nel. Debe estar ordenado e só cos materiais necesarios para evitar distraccións (os que utiliza na aula). O ambiente debe ser de silencio e tranquilidade. Traballar nunha mesa e sentado nunha cadeira. Temperatura axeitada e boa iluminación, mellor luz natural, a ser posible que entre pola esquerda se é destro e pola dereita se é zurdo. Tempos : estudar diariamente e sempre á mesma hora (non facelo despois de comer ou dunha actividade física). Durante canto tempo? 30 minutos (10 minutos de lectura en voz alta) Técnicas de estudo para a resolución de problemas: A primeira fase: lectura e comprensión do texto do problema, algo que non é sinxelo, xa que o neno debe trasladar o contido do enunciado á linguaxe matemática. Hai que ler o problema tranquilamente, comprendendo o texto; para iso debemos identificar o punto de partida, a onde queremos chegar e o que se pretende acadar. A segunda fase: trátase de planificar as accións que se deben levar a cabo. Formular a resolución do problema mediante debuxos ou seguindo un esquema (dependendo das idades e do tipo de problema). A terceira fase: execución da planificación feita, realizando as operacións oportunas para resolvelo. A cuarta fase: revisión do proceso realizado, repaso das operacións e conseguir a seguridade de que o resultado obtido é o que se me pide no problema. Ao final desta fase escribo o resultado, xa que confirmei que o proceso e as operacións realizadas son as correctas. 12

ORIENTACIÓNS PARA A MELLORA DA LECTURA Por que ler na casa? Por que adquirir hábitos de lectura? Seguindo as achegas dos estudos Pisa, xa no seu informe do ano 2000 nos indican a relación que existe entre o rendemento lector dun alumno e o impacto nas súas oportunidades académicas e laborais futuras. Neste informe indícase a importancia da relación entre a competencia lectora e o compromiso pola lectura. Nunha investigación máis recente, concretamente en Pisa 2009, este compromiso pola lectura analízase mediante o que denominan motivación pola lectura. Este factor analízase sobre a base dunha serie de índices, cinco en total. A xeito de exemplo serían a lectura por pracer ou o tempo dedicado á lectura. Segundo o estudo: "os alumnos que gozaban máis coa lectura tiveron un rendemento significativamente máis alto que aqueles que dixeron que non lles gustaba ler" (Pisa 2009:124) O rendemento lector claramente vinculásese á motivación. Unha boa capacidade lectora por parte do alumno refórzase co interese cara a esta temática e ao mesmo tempo mellora o seu vocabulario e a comprensión. Como pode axudar a familia? - Favorecer o acceso a textos escritos dende moi pequenos. Que os libros teñan presenza na casa e sexan utilizados con frecuencia, que se cree un ambiente apropiado para a lectura e vexan como os adultos gozan dela. É moi habitual que as afeccións vingan ligadas á afectividade, por iso a familia ten un papel moi importante neste labor de fomentar a lectura. - Utilizar a lectura como premio e non como castigo, que sexa vista como un entretemento (non como alternativa obrigada á televisión pois sería contraproducente), para iso é importante regalar libros, falar deles en familia, visitar librarías, ao igual que se vai a outro tipo de tendas para ver as novidades, etc. - Dar liberdade á hora de elixir o tipo de libro, buscar lecturas que sexan do seu interese (non ten que gustarlle o que lle gusta a papá ou a mamá), para iso hai que intentar mostrar ao neno un amplo abano de posibilidades (comics, revistas, novelas gráficas, libros de ficción, etc.) - Utilizar como apoio as novas tecnoloxías dispoñibles de cara á lectura: prensa dixital, enciclopedias como a Wikipedia ou bibliotecas dixitais. 13

- Participación en concursos e actividades de tipo literario propostas por diferentes asociacións, bibliotecas ou centros socioculturais. - Acudir cos nenos ás bibliotecas locais onde a variedade é maior e poderá manipular e investigar os distintos libros que chamen a súa atención. - Asistir a sesións de conta-contos e actividades de animación á lectura que ofertan no centro sociocultural do teu barrio. Ademais dos recursos dispoñibles no fogar, de que outros recursos dispoño? Entendemos que para esta cuestión dispoñemos no ámbito do colexio e dos fogares, de bibliotecas públicas e centros socioculturais que poden complementar e favorecer a motivación pola lectura. 1. Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia: BIBLIOTECA ANXEL CASAL http://rbgalicia.xunta.es/santiago/ Horario: Luns a venres de 8:30 a 21:00 h. Sábados: 10:00 a 14:00 h. SOLICITUDE DE CARNE http://rbgalicia.xunta.es/santiago/index.php?subapartado=23 2. Rede de Centros Socioculturais. 14

Este obra está baixo unha Licenza Creative Commons Atribución-NoComercial- CompartirIgual 3.0 Unported. Documento con Rexistro da Propiedade Intelectual de outubro de 2013 15