Niveis de Referencia 3º Primaria 3º 4º 5º 6º. Orientacións para o Estudo e a mellora da lectura

Similar documents
Niveis de Referencia 4º Primaria 2º 3º 4º. Orientacións para o Estudo e a mellora da lectura

COMO XOGAR A KAHOOT Se vas xogar por primeira vez, recomendámosche que leas este documento QUE É KAHOOT?

Niveis de Referencia 2º Primaria 4º 5º 6º. Orientacións para o Estudo e a mellora da lectura

Síntesis da programación didáctica

Silencio! Estase a calcular

Acceso web ó correo Exchange (OWA)

R/Ponzos s/n Ferrol A Coruña Telf Fax

GUÍA DE MIGRACIÓN DE CURSOS PARA PLATEGA2. Realización da copia de seguridade e restauración.

O SOFTWARE LIBRE NAS ENTIDADES DE GALIZA

COLEGIO NUESTRA SEÑORA DEL ROSARIO.

C.E.I.P. PRÁCTICAS de Ourense Programacións didácticas

Problema 1. A neta de Lola

Narrador e Narradora Narrador Narradora Narrador

3º ESO ESTHER VÁZQUEZ, ELBA NIEVES. Editorial BURLINGTON AutorMARKS/DARBY. Contidos (unidades didácticas) temporalizados por avaliacións

1º ESO CARMEN QUINTANA, ELBA NIEVES, MARGARITA ALFONSO

Procedimientos Auditivos e Instrumentais DEPARTAMENTO COORDINADOR/A DA DISCIPLINA. CURSOS 1º curso 2º curso 3º curso 4º curso.

CURSO PROGRAMACIÓN DE 2º ESO

I.E.S. ORTIGUEIRA ÁREA DE LINGUAS ESTRANXEIRAS

Discurso literario e sociedade nos países de fala inglesa

Rede CeMIT Cursos Gratuítos de Alfabetización Dixital NOVEMBRO Aula CeMIT de Cuntis

PROGRAMACIÓN CURSO DEPARTAMENTO : INGLÉS. IES Ramón Menéndez Pidal

Facultade de Fisioterapia

2º ESO. Obxectivos xerais do curso. Contidos (unidades didácticas) temporalizados por avaliacións

VIGOSÓNICO V C O N C U R S O V I D E O C L I P S Calquera proposta estética para o vídeo: cine, animación, cor, branco e negro,...

PROGRAMACIÓN CURSO DEPARTAMENTO : INGLÉS. IES Ramón Menéndez Pidal

Alumna/o...Curso... 1) Para recuperar a materia pendente deberás seguir o plan de traballo que se especifica de seguido:

EDUCACIÓN INFANTIL PROGRAMACIÓN DE CICLO CENTRO: CEIP Mª PITA CURSO: Páxina 1

PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA INGLÉS

SECUENCIACIÓN DIDÁCTICA: ÁMBITO DA COMUNICACIÓN MÓDULO 3 y 4 (ESA) 2017/2018

PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA Área de Lingua Inglesa 5º Educación Primaria

Polinomios. Obxectivos. Antes de empezar

PRESENTACIÓN MATERIA MATERIA LINGUA INGLESA CURSO 1º ESO B CURSO ACADÉMICO PROFESOR Mª MONTSERRAT VILLAPÚN CASTRO

Ámbito da comunicación: lingua inglesa

PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA. Área de Lingua Inglesa. 4º Educación Primaria

Xogos e obradoiros sobre o cambio climático que Climántica desenvolve en centros educativos

PRESENTACIÓN DA MATERIA/MÓDULO

PROGRAMACIÓN DE RELIXIÓN EVANXÉLICA 1º e 2º ESO

PRESENTACIÓN MATERIA MATERIA INGLÉS CURSO 4º ESO CURSO ACADÉMICO PROFESOR Mª CRUZ MASEDA FRANCOS

DEPARTAMENTO DE INGLÉS PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA 3º ESO - LINGUA INGLESA - 1º IDIOMA CURSO 2018 / 2019 IES DAVID BUJÁN

Obradoiro sobre exelearning. Pilar Anta.

PRESENTACIÓN MATERIA MATERIA LINGUA INGLESA CURSO 1º ESO A CURSO ACADÉMICO PROFESOR Mª MONTSERRAT VILLAPÚN CASTRO

NOME DO CENTRO: IES CANIDO CURSO ESCOLAR: 2016/2017 INGLÉS 1º ESO

DEPARTAMENTO DE INGLÉS PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA 2º ESO - LINGUA INGLESA - 1º IDIOMA CURSO 2018 / 2019 IES DAVID BUJÁN

PROGRAMACIÓNS POR AVALIACIÓN

Welcome to Greenman and the Magic forest

PROGRAMACIÓN ÁREA DE INGLÉS 2º CICLO DE EDUCACIÓN INFANTIL CEIP DE AGOLADA

Proxecto Curricular. I.E.S. Sanxillao. Proxecto Curricular IES SANXILLAO

PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA ÁREA DE INGLÉS

PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA CURSO DEPARTAMENTO DE INGLÉS

PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DEPARTAMENTO DE LINGUA GALEGA E LITERATURA CURSO

PRESENTACIÓN MATERIA MATERIA INGLÉS CURSO 4º ESO CURSO ACADÉMICO PROFESOR FRANCISCO JOSÉ PÉREZ SAAVEDRA

PARTE I. VIVALDI: Concierto en MI M. op. 3 n.12

ÁMBITO DE COMUNICACIÓN Lengua extranjera: Inglés

QUINTO CURSO EDUCACIÓN PRIMARIA OBRIGATORIA

MINISTERIO DE EDUCACIÓN Y CIENCIA

O Software Libre nas Empresas de Galicia

PROGRAMACION LINGUA INGLESA SEXTO CURSO 1- OBXECTIVOS 1.1- XERAIS 1.2-ESPECIFICOS

2.1. O PROXECTO LINGÜÍSTICO DE CENTRO

PROGRAMA FORMATIVO DA ESPECIALIDADE FORMATIVA TÉCNICAS DE MARKETING ON LINE, BUSCADORES, SOCIAL MEDIA E MÓBIL COMM049PO

Programación do Departamento de Inglés da EOI de Lugo Curso

ANIMAR-T / LAIA, APRENDIZ DE MAGA

Conservatorio Profesional de Música de Vigo. Programación de Percusión

PROPOSTA PEDAGÓXICA PROCESO DE FAMILIARIZACIÓN Á ESCOLA INFANTIL

Se (If) Rudyard Kipling. Tradución de Miguel Anxo Mouriño

CADERNO Nº 9 NOME: DATA: / / Funcións e gráficas. Recoñecer se unha relación entre dúas variables é función ou non.

PRESENTACIÓN MATERIA MATERIA INGLÉS CURSO 2º BAC CURSO ACADÉMICO PROFESOR Mª CRUZ MASEDA FRANCOS

Abbreviations: PP: Puntos de Partida. SM: Supplementary Materials. TG: Teacher s Guide ON CONNECT. PP: La comida y las comidas. p.

Área de Inglés Curso escolar

A ensinanza da nutrición humana na Educación Primaria desde unha perspectiva mediambiental

ELABORACIÓN DUN TEST PARA ESTIMA-LO TAMAÑO DO VOCABULARIO COÑECIDO EN LINGUA GALEGA

LINGUA INGLESA CURSO

Informe do estudo de CLIMA LABORAL do Sergas

Programación Percusión

PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA

Programación 3º de EP LINGUA INGLESA

Grao en Química. 2 0 Curso QUIMICA INORGÁNICA III. Guía Docente

Comezo do curso. Estimados pais, Benvidos a Quick Minds!

DEPARTAMENTO DE INGLÉS PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA 2º BACH - LINGUA INGLESA - 1º IDIOMA CURSO 2018 / 2019 IES DAVID BUJÁN

Grao en Química. 2 0 Curso QUIMICA INORGÁNICA III. Guía Docente

PROGRAMACIÓN DE INGLÉS CURSO º ESO

PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DA MATERIA DE

Concello de Baralla DENOMINACIÓN DA PRAZA/POSTO/EMPREGO: PERSOAL DE APOIO NO PAI. Concello de Baralla

STUDY GUIDE 8th Grade March - April 2019 Room Teacher: Mr. Elías Lozano TOPIC THEME PURPOSE RESOURCES. Find the slope using the slope formula.

Conservatorio Profesional de Música de Vigo. Programación de Contrabaixo

WITH CONNECT. Exercises assigned by your instructor. Exercises assigned by your instructor. Exercises assigned by your instructor

Abbreviations: PP: Puntos de Partida. SM: Supplementary Materials. TG: Teacher s Guide

PROGRAMACIÓN DEPARTAMENTO DE INGLÉS -ESO -BACHARELATO -CICLOS -FORMACIÓN PROFESIONAL BÁSICA -ADULTOS

A INTERVENCIÓN PEDAGÓXICA CON FAMILIAS INMIGRANTES: ESTRUTURA E AXENTES IMPLICADOS

MODULO O XOGO INFANTIL E A SÚA METODOLOXIA

PRESENTACIÓN MATERIA MATERIA INGLÉS CURSO 1º BAC CURSO ACADÉMICO PROFESORA Mª CRUZ MASEDA FRANCOS

Agora toca Xestión de conflitos para unha convivencia positiva CÍRCULOS DE DIÁLOGO PARA A PAZ

Segunda lingua estranxeira: inglés

DEPARTAMENTO DE INGLÉS PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA

Conservatorio Profesional de Música de Vigo. Programación OPTATIVA DE MÚSICA MODERNA (historia do rock&roll)

Conservatorio Profesional de Música de Vigo. Programación de Viola

2ª ETAPA. x x G A B A R I T O 1. Matemática

CURSO UNIVERSITARIO CON APROBACIÓN PROVISONAL DE HOMOLOGACIÓN POR PARTE DA CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E O.U.

IMAXES DO PATRIMONIO CULTURAL PARA TRABALLAR AS COMPETENCIAS BÁSICAS

ÍNDICE 1. Contexto e bases Legais 2. Obxectivos de E.Primaria 2.1 Contidos, criterios de avaliación e a súa relación coas Competencias Claves

1. DATOS IDENTIFICATIVOS DA DISCIPLINA CÓDIGO Teorías do espectáculo e da comunicación Teorías do espectáculo II

Transcription:

Niveis de Referencia 3º Primaria 1º 2º 3º 4º 5º 6º Orientacións para o Estudo e a mellora da lectura

MATEMÁTICAS: 1. Números: 1.1. Naturais: lectura, escritura, comparación, ordenación, redondeo, descomposición e representación gráfica de números ata a centena de millar. 1.2. Ordinais: lectura e escritura dos números ordinais ata o 30º. 1.3. Decimais: introdución ao número decimal a partir do traballo de euros e céntimos. 1.4. Fracións: presentación a partir do concepto de metade, terzo e cuarto. identificación en medidas de masa, capacidade e tempo (reloxo). 2. Cálculo mental: 2.1. Dominio das táboas de sumar, restar, multiplicar e dividir. Operacións combinadas de suma, resta, multiplicación e división. 2.2. Seriación ascendente e descendente de 20 en 20; de 25 en 25; de 50 en 50 e de 100 en 100. 3. Operacións: 3.1. Concepto, termos, propiedades (conmutativa e asociativa) e probas (resta e división). Operacións con números enteiros: multiplicación por 4 cifras e división por dúas cifras (exacta e non exacta) coidando a correcta puntuación. 4. Medidas: 4.1. Medidas convencionais e non convencionais de espazo, tempo, lonxitude, capacidade e masa. 4.2. Tempo: hora, minuto, segundo, día, mes e ano. 4.3. Lonxitude: presentar o sistema métrico decimal e conversións decrecentes. Capacidade: escala completa e conversións decrecentes. Masa: escala completa e conversións decrecentes. 4.4. Sistema monetario: dominio do sistema monetario. 5. Xeometría: 5.1. Liñas: rectas (paralelas e secantes: perpendiculares e non perpendiculares), semirrecta, segmento,poligonal aberta e pechada, eixe de simetría. Ángulos: elementos e clases: agudo, recto, obtuso (sen medida) 5.2. Figuras planas: polígonos ata 6 lados, triángulos segundo os seus ángulos e lados, cuadriláteros paralelogramos e non paralelogramos, identificar polo nome e os seus elementos: lado, vértice e ángulo, círculo e circunferencia e os seus elementos (centro). 5.3. Corpos xeométricos: poliedros, prismas ata hexagonal e pirámides ata hexagonal; corpos redondos (cilindro, cono, esfera) e os seus elementos (caras, arestas, vértices e bases). 1

6. Tratamento da información: 6.1. Elaborar e interpretar táboas de rexistro de datos, gráficos de barras, de liñas e pictogramas. 7. Problemas: 7.1. Identificar os datos importantes e a pregunta para a resolución do problema. 7.2. Diferenciar as operacións do resultado e indicar a unidade de medida. 7.3. Inventar a pregunta dun problema dados os datos. Inventar o enunciado a partir duns datos. 7.4. Aplicar todos os contidos combinando as catro operación, cun mínimo de dúas operacións. 7.5. Interiorizar as fases da resolución de problemas: Ler - comprender - planificarresolver - revisar. ORIENTACIÓNS PARA AS FAMILIAS: 1. Acostume o seu fillo/a a comprobar en que unidades de medida (litros, gramos...)están os produtos da lista da compra. 2. Pídalle ao seu fillo/a que prepare os billetes e moedas que precise para pagar pequenas compras da vida diaria. 3. Colabore co seu fillo/a para que consiga o hábito de planificar as súas tarefas utilizando o reloxo, sinalando a hora de inicio, remate e tempo transcorrido. 4. Identificar na casa os obxectos que presentan formas xeométricas. 5. Xogue co seu fillo a partir dos números das matrículas dos coches, das etiquetas de prezos... e outros xogos matemáticos e de pensamento lóxico. 2

LINGUAS: 1. Lectura 1.1. Le con soltura comprendendo e interpretando o lido. 1.2. Detalles, resumo, información literal. 2. Expresión escrita 2.1. Aspecto motriz: afianzamento do bolígrafo. Trazo enlazado e redondo como criterio xeral. 2.2. Produción: estratexias resumo, ditado, redacción, copia. Elaboración: ficha, descrición de persoas, lugares e obxectos, carta, diálogo, conto, cartel, cómic, noticia, normas, indicacións, correo electrónico, entrevista, cartas ao director. 3. Ortografía 3.1. Clasificación por sílabas (tamén con ditongo). Sílaba átona e tónica. Introdución á clasificación según acentuación. Guión ao final de liña. Puntuación: tipos de punto, coma, dous puntos, raia de diálogo. Regras ortográficas básicas. 4. Gramática 4.1. Análise sintáctica: distinguir oración/frase. Identificar suxeito e predicado. Indicar clase de oración: enunciativa/interrogativa/exclamativa e afirmativa/negativa 4.2. Análise morfolóxica: determinante: clases: Artigo: clase (determinado/intedermindo), xénero (masculino/feminino) e número (singular/plural); Demostrativo: distancia (cerca/media/lonxe), xénero e número; Posesivos: posuidores (un/varios), persoa (1ª/2ª/3ª), xénero e número). Substantivo: clase (común/propio) (individual/colectivo), xénero e número. Verbo (formas simples): persoa, número, tempo (presente/3 pasados/futuro), infinitivo,conxugación. Adxectivo: xénero e número. Pronome: persoa, xénero e número; uso con artigo (en galego: o meu coche). Contracción: descompoñer artigo+preposición 5. Vocabulario 5.1.Dicionario. Prefixo: in-/des-. Sufixos: -ero/-era/-ería/-dor/-dora (atender ás diferenzas co galego). Precisión léxica: dicir/facer. Sinónimos e antónimos. Palabras polisémicas. Onomatopeas. Diminutivo/Aumentativo. Palabras compostas. Campo semántico. Familia de palabras. 6. Literatura: 6.1. Xéneros: narrativo: aventura, misterio; dramático: teatro (personaxes, acotacións, actos) 6.2. Estilos. Prosa: contos populares, fábulas, lendas, mitos. Verso: retrouso, estrofa, ritmo. Composición: adiviña, panxoliña, trabalinguas, refrán. 3

ORIENTACIÓNS PARA AS FAMILIAS: 1. Dedicar un tempo diario para lectura persoal. 2. Favorecer as visitas ás bibliotecas públicas e centros socio-culturais. 3. Usar diversas páxinas web educativas para buscar e ampliar información. 4. Propoñer a elaboración de resumos orais / escritos de películas, normas de xogos, etc. 4

INGLÉS: 1. Identificar, nomear e escribir o vocabulario relacionado coas posesións persoais ( His, her., my ), prendas de vestir, as horas, obxectos relativos a acampada, animais e insectos, os alimentos e receitas, lugares da cidade e do campo, deportes e actividades de lecer, os verbos utilizados nas rutinas diarias e a electricidade e vocabulario relacionado co circo. 2. Ler e comprender textos escritos de diferentes tipoloxías, diálogos e xogos, os menús dos restaurantes, certificados, postais, unha receita, descricións de lugares, interpretar os sinais de seguridade, descrición dun club de fans, notas e anuncios, murais. 3. Realizar actividades escritas, practicando a comprensión e a expresión e consolidando así o vocabulario e as estruturas de cada unidade. 4. Aprender e interactuar na vida cotiá e o uso das estructuras claves: Where are my.? There are., Are they..?, What colour is his?, I can cook, Have you got a.?, Have you got any.?, I haven t got my, Has she/he got a.?, He hasn t got a.., He likes., He doesn t like.., Does she like.?, There is.., There are., Is there a.?, Do you play..?, I don t do.., What times does he.?, He goes.., He gets.., he works.., They are swimming, Is he riding a horse?,. 5. Realizar diversos proxectos, por exemplo confeccionar un reloxo e practicar as horas, realizar un retrato, inventar un animal dándolle nome e explicándoo, confeccionar un mini libro de froitas e verduras, realizar un mapa e un folleto, facer un debuxo dun club, debuxar unha figura do circo. 6. Preposicións de lugar: in, on,under, in front of, behind, next to, between, o seu uso e os adxectivos necesarios para cada unidade. 7. Expresarse oralmente utilizando o vocabulario e as expresións traballadas nas distintas unidades a través da imitación, recitación, dramatización e representación. 8. Comprender o significado dunha mensaxe oral sobre os diferentes temas tratados en cada unidade, emitidas polas persoas presentes ou a través de gravacións nos diferentes soportes. 5

ORIENTACIÓNS PARA AS FAMILIAS: 1. Ver a televisión en Lingua Inglesa, debuxos, anacos de películas, vídeos de música, cancións, dvd,... 2. Realizar xogos en rede e fichas nas webs que os profesores traballan na clase: * http://www.bbc.co.uk/schools/ * http://www.bbc.co.uk/bitesize/ * http://learnenglishkids.britishcouncil.org/en/ * http://www.english-4kids.com/ * http://www.tlsbooks.com/englishworksheets.htm * http://www.funenglishgames.com/worksheets.html 3. Fabricar na casa pósters sobre os temas da clase, fichas, debuxos 4 - Iniciar aos rapaces na lectura de libros sinxelos. 6

SCIENCE: 1. Nomear hábitos saudables. Identificar as catro etapas da vida humana.recoñecer as características das etapas da vida humana. Identificar e definir os elementos do sistema locomotor: os ósos e músculos. 2. Coñecer os cinco sentidos e relacionalos cos seus correspondentes órganos e entender como funcionan. 3. Distinguir, identificar e clasificar os animais vertebrados e invertebrados. 4. Identificar as características comúns a todas as plantas, flores e follas e recoñecer as súas funcións. 5. Entender o ciclo da auga. Recoñecer os estados da auga así como o proceso do cambio. Identificar os diferentes usos da auga. 6. Identificar e recoñecer as diferentes paisaxes e os seus principais elementos. Entender as causas que producen cambios na paisaxe e avaliar as consecuencias do ser humano nelas. 7. Estudar os conceptos de universo, o sistema solar e Terra. Identificar as partes da terra así como os seus movementos e consecuencias. Coñecer as fases da Lúa e as súas consecuencias. 8. Definir que é a luz. Identificar as súas características e tipos. Saber como uns obxectos producen luz o outros non. Distinguir as cores primarias e secundarias. 9. Recoñecer a materia e os seus estados. Diferenciar entre masa e volume. Distinguir os cambios físicos e químicos. Identificar tipos de mesturas. Coñecer tipos de materiais. 10. Identificar as máquinas e as súas características: elementos, usos, aplicacións e evolución. Coñecer as distintas profesións e súa contribución social. 11. Comprender as diferentes formas de organización na sociedade actual: cidade, familia, escola e normas. Enumerar os servizos públicos e funcións. 12. Identificar os conceptos máis básicos de poboación e demografía así como as súas características. 13. Recoñecer os diferentes tipos de traballo. Identificar as actividades e produtos dos tres sectores económicos. 14. Entender o concepto do tempo e como se mide. Estudar o concepto de Historia: persoal ou comunitaria. 7

ORIENTACIÓNS PARA AS FAMILIAS: Tendo en conta que uns dos principais obxectivos da asignatura de Coñecemento do medio natural e social é inculcar aos nenos valores e hábitos tales como hixiene, alimentación, aforro enerxético e de recursos naturais, reciclaxe e coidado do entorno natural e dos seres vivos, aconsellamos as familias as seguintes actividades para a consecución de ditos obxectivos: 1. Experimentar con eles na casa: - colección de flores e follas, visitar parques ou hortas - ensinar os diferentes estados da auga: conxelar, derreter e vaporar - realizar pósters ou actividades sobre o sistema solar - visitar lugares como o planetario 8

EDUCACIÓN FÍSICA: 1. Coñecer e valorar o seu corpo e a actividade física como medio de exploración e desfrute das súas posibilidades motoras, de relación cos demais e como recurso para organizar o tempo libre. 2. Apreciar a actividade física para o benestar, recoñecendo os efectos do exercicio físico, da hixiene, da alimentación e dos hábitos posturais sobre a saúde. 3. Utilizar as súas capacidades físicas, habilidades motoras e o seu coñecemento da estrutura e funcionamento do corpo para adaptar o movemento ás circunstancias e condicións de cada situación. 4. -Regular e codificar o esforzo, acorde coas súas posibilidades e a natureza da tarefa. 5. Utilizar os recursos expresivos do corpo e o movemento,comunicando sensacións, emocións e ideas. 6. Participar en actividades físicas, establecendo relacións de cooperación para alcanzar obxectivos comúns, coñecendo e valorando a diversidade de actividades físicas, lúdicas e deportivas. Estes obxectivos traballásense mediante os seguintes bloques de contido. 1. Esquema Corporal. 2. Orientación espazo- temporal. 3. Equilibrio. Saltos e xiros. 4. Coordinación dinámica xeral, óculo manual, óculo pédica. 5. Expresión corporal. 6. Xogos 9

RELIXIÓN: 1. Experiencial: partir da realidade cotiá dos nosos alumnos para traballar os valores da convivencia, responsabilidade e interioridade. 2. Linguaxe bíblica: coñecer e comprender os relatos bíblicos; identificando personaxes e accións e poder facer comparacións de semellanzas e diferenzas. 3. Formulación: comprender e valorar a mensaxe cristiá. En cada ciclo os alumnos aprenden as diferentes oracións cristiás básicas, comprendendo que a oración e unha maneira de relacionarse con Deus. 4. Celebración: celebrar o aprendido, expresando con signos e símbolos que todos somos fillos de Deus. Préstamos especial atención aos tempos litúrxicos fortes: Advento Nadal. Coresma Pascua. María como figura importante na Igrexa. No Primeiro Ciclo os Contidos son: 1.- Linguaxe bíblica; Biblia como Palabra de Deus, afondando no sentido dos seguintes relatos bíblicos: Antigo Testamento: Creación, Patriarcas (mandamentos). Novo Testamento: Xesús; a súa vida, milagres, mandamento do amor. 2.- A Igrexa: nacemento, vinculación entre os membros, sacramentos, Virxe María. 3.- Oración e celebración; a oración como relación e relación cos demais. Oración do Ciclo. 10

EDUCACIÓN ARTÍSTICA: ED. PLÁSTICA: Nas clases de Plástica (Arts and Crafts) do 2º Ciclo intentamos desenvolver a sensibilidade e o aprezo pola arte e a expresión artística. Pretendemos: Completar e ilustrar historias simples: a través viñetas, brain writing debuxos, etc Descubrir e traballar con diferentes materiais, texturas, cores... Construír obxectos a partires de materiais de refugallo incrementando así a creatividade. Expresar ideas e sentimentos a través de materiais visuais. Realizar traballos específicos para datas sinaladas: día do pai / nai, Nadal... Apreciar o traballo realizado por un mesmo e o dos compañeiros. ED. MUSICAL: - Expresión vocal: cancións interpretadas ao unísono. - Expresión instrumental: pezas instrumentais interpretadas con acompañamento de frauta doce, xilófonos, metalófonos e pequena percusión. - Expresión corporal, dramatización e danza: Pasos básicos de danzas tradicionais galegas. Creación de pequenas coreografías en grupo. Creacións dramáticas arredor dunha obra musical. - Linguaxe musical: ampliación na linguaxe musical convencional 11

ORIENTACIÓNS PARA O ESTUDO Maior facilidade para adaptarse á rutina escolar e de estudo. - Mellora a eficacia nas tarefas e a capacidade de atención. - Favorece o rendemento escolar e a probabilidade de logro académico. - Aforra o esforzo e tempo adicados a o estudo. Por que é importante a colaboración da familia? Porque o neno non aprende a estudar só, hai que axudalo, motivalo e acompañalo nun principio para crear o hábito. Como estudar? Lugar É importante que teña o seu propio lugar de traballo e estudar sempre nel. Debe estar ordenado e só cos materiais necesarios para evitar distraccións (os que utiliza na aula). O ambiente debe ser de silencio e tranquilidade. Traballar nunha mesa e sentado nunha cadeira. Temperatura axeitada e boa iluminación, mellor luz natural, a ser posible que entre pola esquerda se é destro e pola dereita se é zurdo. Tempos : estudar diariamente e sempre á mesma hora (non facelo despois de comer ou dunha actividade física). Durante canto tempo? 60 minutos (30 minutos de lectura) Técnicas de estudo para a resolución de problemas: A primeira fase: lectura e comprensión do texto do problema, algo que non é sinxelo, xa que o neno debe trasladar o contido do enunciado á linguaxe matemática. Hai que ler o problema tranquilamente, comprendendo o texto; para iso debemos identificar o punto de partida, a onde queremos chegar e o que se pretende acadar. A segunda fase: trátase de planificar as accións que se deben levar a cabo. Formular a resolución do problema mediante debuxos ou seguindo un esquema (dependendo das idades e do tipo de problema). A terceira fase: execución da planificación feita, realizando as operacións oportunas para resolvelo. A cuarta fase: revisión do proceso realizado, repaso das operacións e conseguir a seguridade de que o resultado obtido é o que se me pide no problema. Ao final desta fase escribo o resultado, xa que confirmei que o proceso e as operacións realizadas son as correctas. 12

ORIENTACIÓNS PARA A MELLORA DA LECTURA Por que ler na casa? Por que adquirir hábitos de lectura? Seguindo as achegas dos estudos Pisa, xa no seu informe do ano 2000 nos indican a relación que existe entre o rendemento lector dun alumno e o impacto nas súas oportunidades académicas e laborais futuras. Neste informe indícase a importancia da relación entre a competencia lectora e o compromiso pola lectura. Nunha investigación máis recente, concretamente en Pisa 2009, este compromiso pola lectura analízase mediante o que denominan motivación pola lectura. Este factor analízase sobre a base dunha serie de índices, cinco en total. A xeito de exemplo serían a lectura por pracer ou o tempo dedicado á lectura. Segundo o estudo: "os alumnos que gozaban máis coa lectura tiveron un rendemento significativamente máis alto que aqueles que dixeron que non lles gustaba ler" (Pisa 2009:124) O rendemento lector claramente vinculásese á motivación. Unha boa capacidade lectora por parte do alumno refórzase co interese cara a esta temática e ao mesmo tempo mellora o seu vocabulario e a comprensión. Como pode axudar a familia? - Favorecer o acceso a textos escritos dende moi pequenos. Que os libros teñan presenza na casa e sexan utilizados con frecuencia, que se cree un ambiente apropiado para a lectura e vexan como os adultos gozan dela. É moi habitual que as afeccións vingan ligadas á afectividade, por iso a familia ten un papel moi importante neste labor de fomentar a lectura. - Utilizar a lectura como premio e non como castigo, que sexa vista como un entretemento (non como alternativa obrigada á televisión pois sería contraproducente), para iso é importante regalar libros, falar deles en familia, visitar librarías, ao igual que se vai a outro tipo de tendas para ver as novidades, etc. - Dar liberdade á hora de elixir o tipo de libro, buscar lecturas que sexan do seu interese (non ten que gustarlle o que lle gusta a papá ou a mamá), para iso hai que intentar mostrar ao neno un amplo abano de posibilidades (comics, revistas, novelas gráficas, libros de ficción, etc.) - Utilizar como apoio as novas tecnoloxías dispoñibles de cara á lectura: prensa dixital, enciclopedias como a Wikipedia ou bibliotecas dixitais. 13

- Participación en concursos e actividades de tipo literario propostas por diferentes asociacións, bibliotecas ou centros socioculturais. - Acudir cos nenos ás bibliotecas locais onde a variedade é maior e poderá manipular e investigar os distintos libros que chamen a súa atención. - Asistir a sesións de conta-contos e actividades de animación á lectura que ofertan no centro sociocultural do teu barrio. Ademais dos recursos dispoñibles no fogar, de que outros recursos dispoño? o? Entendemos que para esta cuestión dispoñemos no ámbito do colexio e dos fogares, de bibliotecas públicas e centros socioculturais que poden complementar e favorecer a motivación pola lectura. 1. Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia: BIBLIOTECA ANXEL CASAL http://rbgalicia.xunta.es/santiago/ Horario: Luns a venres de 8:30 a 21:00 h. Sábados: 10:00 a 14:00 h. SOLICITUDE DE CARNE http://rbgalicia.xunta.es/santiago/index.php?subapartado=23 2. Rede de Centros Socioculturais. 14

Esta obra está baxo unha Licenza Creative Commons Atribución-NoComercial- CompartirIgual 3.0 Unported. Documento con Rexistro da Propiedade Intelectual de outubro de 2013 15