Roland Barthes dicía que "necesidade" é unha palabra de uso común, daquelas ás que se solicita e das que se obtén todo o que se quere.

Similar documents
GUÍA DE MIGRACIÓN DE CURSOS PARA PLATEGA2. Realización da copia de seguridade e restauración.

Silencio! Estase a calcular

Acceso web ó correo Exchange (OWA)

COMO XOGAR A KAHOOT Se vas xogar por primeira vez, recomendámosche que leas este documento QUE É KAHOOT?

Síntesis da programación didáctica

O SOFTWARE LIBRE NAS ENTIDADES DE GALIZA

Narrador e Narradora Narrador Narradora Narrador

R/Ponzos s/n Ferrol A Coruña Telf Fax

Xogos e obradoiros sobre o cambio climático que Climántica desenvolve en centros educativos

BILINGÜISMO, DESENVOLVEMENTO E APRENDIZAXE ESCOLAR: UNHA PROPOSTA DE INTERVENCIÓN NA ESCOLA

Metodoloxía copyleft en educación

Name: Surname: Presto= very fast Allegro= fast Andante= at a walking pace Adagio= slow Largo= very slow

Informe do estudo de CLIMA LABORAL do Sergas

Revista Galega de Economía Vol (2016)

Problema 1. A neta de Lola

Reflexións sobre a situación sociolingüística galega dende o paradigma da complexidade

Diseno organizativo/ Organizational Design: Estructura y procesos/ Structure and Processes (Spanish Edition)

O PROBLEMA DO COÑECEMENTO

DESFOCADOS. a distração programada da internet em N. Carr. Joana Rocha. Congresso de Cibercultura Universidade do Minho

Alba Lago Martínez Universidade da Coruña Recibido o 14/11/2013. Aceptado o 27/03/2014

SOCIEDADES MULTICULTURAIS, INTERCULTURA- LIDADE E EDUCACIÓN INTEGRAL. A RESPOSTA DENDE A EDUCACIÓN PERSONALIZADA

Obradoiro sobre exelearning. Pilar Anta.

Lingua e Docencia Universitaria V Xornadas sobre Lingua e Usos

Carlos Cabana Lesson Transcript - Part 11

incidiu noutras linguas. Cadernos de Fraseoloxía Galega 12, 2010, ISSN

Se (If) Rudyard Kipling. Tradución de Miguel Anxo Mouriño

A cultura do código. Retos para a identidade galega na época dos algoritmos

NOME DO CENTRO: IES CANIDO CURSO ESCOLAR: 2016/2017 INGLÉS 1º ESO

Xénero e desenvolvemento humano: unha relación imprescindible

2.1. O PROXECTO LINGÜÍSTICO DE CENTRO

Este é o meu plano; quere axudarme a realizalo? Pero, naturalmente, vostede quere, aínda máis, debe axudarme. Franz Kafka, Na colonia penitenciaria

A EDUCACIÓN CÍVICA NUNHA SOCIEDADE GLOBALIZADA

administración cidadanía. _02_NÚRIA BOSCH (IEB / Univ. de Barcelona), «Algunhas propostas para a ampliación das competencias dos gobernos

O IMPACTO DA GLOBALIZACIÓN NOS CONCEPTOS SOCIOLÓXICOS. COMUNIDADE, CULTURA E MEDIO. Martin Albrow, John Eade, Jörg Dürrschmidt e Neil Washbourne 1.

Xénero e discapacidade, unha dupla invisibilidade. Situación actual

PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA CURSO DEPARTAMENTO DE INGLÉS

Passion for concepts and emotions: historicism and populists ABSTRACT

COMO INTERPRETAR O CONVENIO EUROPEO DA PAISAXE

SINTAXE José M. García-Miguel e Carmen Cabeza (Universidade de Vigo)

Técnicas, instrumentos, métodos e ámbitos de análise e interpretación.

marcoeuropeocomún de referencia para as linguas: aprendizaxe, ensino, avaliación

How about see with the others in a globalized and intercultural era

MUDE SEU FUTURO ATRAVES DAS ABERTURAS TEMPORAIS (PORTUGUESE EDITION) BY L Y JP GARNIER MALET

MARCO TEÓRICO. A complexidade ambiental. Enrique Leff

Discurso literario e sociedade nos países de fala inglesa

Indagacións sobre a produción do real: obxectos, procesos e relacións

Estudos sobre. lingüístico no galego actual

2005 XORNADAS OS NOVOS RETOS DA MULLER NA SOCIEDADE E NO MERCADO LABORAL

Educación e linguas en Galicia

O ESTUDO DA INFANCIA E DA ADOLESCENCIA DESDE A PERSPECTIVA HISTÓRICO-EDUCATIVA. PERFÍS POSÍBEIS PARA A INVESTIGACIÓN ACTUAL

A arte e as industrias culturais. Autonomía e comunidade. Laikwan Pang

DEPARTAMENTO DE INGLÉS PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA 3º ESO - LINGUA INGLESA - 1º IDIOMA CURSO 2018 / 2019 IES DAVID BUJÁN

RESPONSABILIDADE SOCIAL EMPRESARIAL E RESILIENCIA

Boloña. Unha nova folla de ruta

MEDIACIÓN E RESOLUCIÓN DE CONFLICTOS. Bernández Peña, Rosana Bouzo González, Sonia

Facultade de Fisioterapia

Revista Galega de Economía Vol (2017)

PARTE I. VIVALDI: Concierto en MI M. op. 3 n.12

A avaliación formativa: un desafío para o ensino universitario

1. DATOS IDENTIFICATIVOS DA DISCIPLINA CÓDIGO Teorías do espectáculo e da comunicación Teorías do espectáculo II

Competencias docentes do profesorado universitario. Calidade e desenvolvemento profesional

LINGUA INGLESA CURSO

PRESENTACIÓN MATERIA MATERIA INGLÉS CURSO 4º ESO CURSO ACADÉMICO PROFESOR Mª CRUZ MASEDA FRANCOS

INFORME DE AVALIACIÓN DOS BANCOS DO TEMPO DO PROXECTO CONTA CON ELAS

administración cidadanía. VOL.6_nº1_2011_ Revista da Escola Galega de Administración Pública.

III PLAN MUNICIPAL DE IGUALDADE ENTRE MULLERES E HOMES

PRECARIEDADE E PERFORMATIVIDADE. Introdución ao pensamento de Judith Butler Beatriz Hauser

TRABALLO DE FIN DE GRAO

EL SHOCK SENTIMENTAL. COMO SUPERARLO Y RECUPERAR LA CAPACIDAD DE AMAR (SPANISH EDITION) BY STEPHEN GULLO /CONNIE CHURCH

PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA INGLÉS

Participación feminina no mercado de traballo desde un enfoque interxeracional*

A perspectiva sistémica da teoría dos imaxinarios sociais aplicada á comunicación política Paloma Prado Pichel 1

Guía para a elaboración das Estratexias de desenvolvemento local das zonas pesqueiras FEMP

Will. Will. Will. Will. Will 09/12/2012. estructura. estructura. uso 2. para hacer predicciones de futuro. uso 1. para simplemente hablar del futuro.

IMPLICACIÓNS FINANCEIRAS DA XESTIÓN DO MEDIO NATURAL PARA AS EMPRESAS E PARA OS MERCADOS DE CAPITAIS

a) Japanese/English (difficult)... b) The weather in Africa/ the weather in the Antarctic (cold)... c) A car/ a bike (fast)

Dereitos humanos e cooperación ao desenvolvemento: perspectivas para a análise crítica do rol das ONG no eido da incidencia

Educación Social e equipamentos sociocomunitarios. Unha análise desde o concello e as asociacións de A Veiga (Ourense)

PRESENTACIÓN MATERIA MATERIA INGLÉS CURSO 2º BAC CURSO ACADÉMICO PROFESOR Mª CRUZ MASEDA FRANCOS

PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA ÁREA DE INGLÉS

O PAPEL DA IDENTIDADE ÉTNICA E DA VITALIDADE ETNOLINGÜÍSTICA SUBXECTIVA (VES) NA CONFIGURACIÓN DA CONDUCTA LINGÜÍSTICA EN GALICIA

DEPARTAMENTO DE INGLÉS PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA 2º ESO - LINGUA INGLESA - 1º IDIOMA CURSO 2018 / 2019 IES DAVID BUJÁN

Sistema/campo literario e literatura nacional como obxectos historiográficos: Perspectiva sociolóxica perante o caso galego

DEPARTAMENTO DE INGLÉS PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA 2º BACH - LINGUA INGLESA - 1º IDIOMA CURSO 2018 / 2019 IES DAVID BUJÁN

Blink: SIP conferencing done right Saúl Ibarra Corretgé AG Projects

Evolución dos exames de Historia nas PAU de Galicia ( )

Apertura dos centros de formación profesional á contorna local: percepción dos axentes sociais

GUíA COOP. GUíA DE COOPERATIVISMO Unidade didáctica CICLO DE EDUCACIÓN PRIMARIA

EL SHOCK SENTIMENTAL. COMO SUPERARLO Y RECUPERAR LA CAPACIDAD DE AMAR (SPANISH EDITION) BY STEPHEN GULLO /CONNIE CHURCH

O INGLÉS EN INFANTIL: UNHA PORTA AO PLURILINGÜISMO

PROPOSTA PEDAGÓXICA PROCESO DE FAMILIARIZACIÓN Á ESCOLA INFANTIL

II PLAN PARA A IGUALDADE DE OPORTUNIDADES ENTRE MULLERES E HOMES DE VIMIANZO ( )

Contra a morte das linguas: o caso do galego

A comunicación externa nas organizacións

CRÉDITOS Edita: Dirección Xeral de Traballo e Economía Social Conselleria de Traballo e Benestar

MULLERES, INSTITUCIÓNS E POLÍTICA

STUDY GUIDE 8th Grade March - April 2019 Room Teacher: Mr. Elías Lozano TOPIC THEME PURPOSE RESOURCES. Find the slope using the slope formula.

2º ESO. Obxectivos xerais do curso. Contidos (unidades didácticas) temporalizados por avaliacións

Modelos matemáticos e substitución lingüística

Coeducación. O alicerce do ensino

Transcription:

Necesidade. Roland Barthes dicía que "necesidade" é unha palabra de uso común, daquelas ás que se solicita e das que se obtén todo o que se quere. Identificar "necesidades" sempre significa poder valoralas, aínda que as cargas emocionais poidan moitas veces deturpar a súa visibilización. O concepto de "necesidade", na socioloxía, ten dous ámbitos referenciais conectados lóxicamente: a existencia de carencias (que son o que percibimos que falta e o que nos fai sufrir) e as aspiracións (aquelo que pode satisfacernos) O concepto tamén ten a súa importancia en campos como a psicoloxía, a antropoloxía, a economía e a relixión. Non obstante a linguaxe das necesidades é ineludible na política e na súa lexitimidade como práctica. Tamén é materia de reflexión e disquisición filosófica. O concepto de "necesidade" pasa por ser central nos pensamentos sociais e políticos máis, sen embargo, a conexión entre a necesidade e o dereito, por exemplo, non atopa no plano teórico unha conclusión definitiva, un proceso que non sexa confuso e limite a noción como aplicable en todos os casos de litixio. Hai que entender, asemade, que o concepto ten unha especial forza e impacto como reclamación social. Os marcos teóricos nos que se discute o concepto de necesidade son a Escola de Budapest (Héller, Marcus, Vajda, Hegedüs, e a súa repercusión europea, en Italia sobre todo: Paci, Rovatti, Jervis), os teóricos franceses da sociedade do consumo como Baudrillard e Granou, a teoría económica e política marxista de fala inglesa (Lebowitz, Hirsch, Cohen, Leiss, Gough, Doyal, O'Connor e o departamento de economía da universidade de York), a filosofía angloamericana de enfoque marxista (Soper, Springborg, Wiggins, Thursz, Vigilante) e os traballos dos anos 70-80 de Habermas. Algúns discursos ó redor das necesidades. A noción de "sentido común", coa que ten relación a "necesidade", é a que significa que o "auténticamente necesario" é aquelo do que non podemos privarnos sen sufrimento, dor ou deterioro vital, 1

aquelo do que non se pode carecer De aí deriva a equivalencia entre carencia e necesidade. Pero como dí Bozonnet, a necesidade é unha carencia percibida. Implica isto que é preciso definir os seus valores, finalidades e a existencia dun suxeito que busca reducir a tensión xerada pola carencia. Jervis apunta que na vivencia da carencia hai o vínculo entre necesidade e desexo. Ou como prevía Durkheim dos apetitos humanos, que son insaciables e só unha autoridade moral podería frear as necesidades ilimitadas do home. Galtung dí que o enfoque tradicional por atender as chamadas "necesidades humanas materiais" pospón ad infinitum as necesidades non materiais baixo o pretexto de priorizar as carencias máis urxentes o que, de feito, delonga a situación de dependencia dos máis desfavorecidos. É preciso, segundo Galtung, abordar as condicións que posibilitan o cambio para non facilitar a reprodución da miseria. Desde a teoría de clases de Marx o criterio é interpretar a necesidade como "o indispensable", tendo en conta a desigualdade social. Como dí Simmel, os pobres o son desde a comparación cos ámbitos de vida da súa comunidade. Amartya Sen afonda na cultura do igualitarismo e di que o igualitarismo que parte da análise da desigualdade debe de rexeitar aquel outro igualitarismo que parte dunha suposta uniformidade orixinaria, basada no principio de "todas as persoas nacen iguais". Segundo o criterio de desigualdade pódese entender unha dupla consideración das necesidades: a) que a demanda de satisfaccións de necesidades é unha demanda negativa que ten o propósito de eliminar desigualdades arbitrarias e inxustificadas, Esta demada básase no dereito á igualdade. Por tanto non é tan importante a carencia, e si máis ben a consideración positiva do que constitue as bases da igualdade e b) non se debe de considerar o acceso dos individuos a determinados produtos, senon o sistema de distribución e exclusión, é dicir, os medios para a satisfacción das necesidades, e as mesmas necesidades, dependen do "contexto social". 2

Velaí que as necesidades non teñen que ver coa ausencia de bens ou a carencia de servizos que consumir ou acceder. As necesidades poderían ter que ver coas relacións sociais e coa dinámica relacional que constitue o inconsciente. É dicir, as necesidades non están dadas a priori, senon que nacen e son determinadas por formas concretas de vida. Son necesidades sociais, xa que non hai unha "necesidade", senon "necesidades" e, por outra parte, non hai suxeitos de necesidades, hai relacións entre suxeitos e na medida en que se relacionan pola linguaxe e en comunidade xurden as necesidades. As necesidades prodúcense conforme homes e mulleres viven as súas relacións sociais, con culturas e esperanzas herdadas e en proceso de cambio, entendendo a propia vivencia desde a do Outro. As necesidades débense entender, xa que logo, como "relación" e como "proceso", ademáis de como "interpretación", nos que as relacións obxectivas dos medios de produción son significativas en canto que establecen antagonismos e xeran conflictos e loitas (que conforman a experiencia social) que definen unha certa lóxica e dan forma ao proceso que recoñece e expresa as necesidades. Para Baudrillad, non obstante, o home posmoderno (sen natureza, sen tempo e sen historia) redúcese a un produtor-consumidor de mensaxes e o seu xeito de analisar as cuestións que lle afectan pasa a ser en parte a comprensión do xeito no que integra e se integra na reprodución simbólica. É dicir, as necesidades exprésanse ao traverso dun universo simulado e simbólico e expresan unha determinada sociedade. Así, toda expresión de necesidade pode considerarse, en primeiro lugar, un acto que conleva un recoñecemento normativo nun contexto de relacións, e tamén un xeito de respostar as mensaxes que simulan e constituen a realidade. Xa que logo, é importante estudar o seu funcionamento coma linguaxe, modo de comunicación e marco normativo (socio-cultural) directamente ligados estes á dinamica complexa do sistema de relacións sociais. 3

Aristótele dicía que a relación da linguaxe coa realidade non era inmediata: a linguaxe non é un espello de palabras da realidade. A presenza do elemento emotivo-intencional, no sentido de que fundamenta o significado da linguaxe, é fulcral. A capacidade de simbolizar, de representar/interpretar as nosas necesidades (en Aristótele, sentimentos, aspiracións,...) é a capacidade humana por excelencia: "...aquelo polo que existe algo e o seu fin é o mellor, e a autosuficiencia é, á vez, un fin e o mellor... de todo isto é evidente...que o home é por natureza un animal social" (Política 12, 1253 a 9) "...o home é o único animal que ten palabra" (Política 12, 1253 a 10) A linguaxe é o mediador que permite establecer as relacións e que convirte ao suxeito nun suxeito colectivo, só con sentido en tanto que usa a linguaxe. Pero, por outra parte, podemos manter que o suxeito falante expresa necesidades, é un ser de necesidades e, por tanto, as necesidades, ao igual que a linguaxe, non son medios ou instrumentos, senon o mundo no que se establece o sentido. Ou sexa que a linguaxe per se non é só unha forma social de apropiación do mundo, dos obxetos, das relacións sociais e do simesmo. Sendo a linguaxe ou a comunicación (máis propiamente) unha modalidade estruturada especial que inclue outra totalidade que comporta a socialización. O feito de expresar as necesidades na linguaxe, quere dicir que as fai súas unha comunidade. Falamos da supralinguaxe, xa que logo de contextos, símbolos establecidos socialmente, imperativos éticos, modelos culturais ou ideolóxicos,... a partir dos que elabóranse, recoñécense e transfórmanse as necesidades. Estes procesos posuen múltiples aspectos de diferenciación, compromiso, control do que se expresa,... son procesos contradictorios que non se producen sen múltiples riscos: falsas ilusións, erros, falsas solucións a procesos insolubles... a realización da necesidade comporta, por tanto, o recoñecemento colectivo, e a expresión, a demanda, comporta riscos de frustración. Frustración en tanto que alienación das necesidades 4

que, sendo expresadas, non atopan realización e que poden significar privación, en tanto que fican insatisfeitas. O contexto, entendido como conxunto dos xogos da linguaxe ou formas de vida que fan significativas conductas, enunciados, necesidades,... pode diferenciar, por outra parte, a pertenza (identificable por sucesos coñecidos pola comunidade) da aspiración á pertenza. É dicir, o que denominaríamos, no primeiro caso, "contexto efectivo" e, no segundo, "contexto intencional". A non concordancia entrambos produce procesos de cambio. As necesidades, logo, son no contexto elementos relacionados que poderiamos clasificar en catro ámbitos que atenden a modificacións (se un deles muda, mudan os demáis) Estes ámbitos constituénse cada un deles en "contextos significativos" para calquera situación de avaliación e así teríamos: a) O mundo da vida e o sistema normativo.- presenta as necesidades como interpretación dun "nós" que vai máis alá da conciencia dos individuos. Réxese pola dimensión simbólica e a acción comunicativa (interacción e posibilidade do consenso e da estabilidade) O mundo da vida dunha comunidade constitúese pola súa linguaxe, discurso, valores e tradicións de interpretación, entendendo "comunidade" tal como dicía Heller: unha unidade estruturada, organizada, de grupos, que ten unha xerarquía homoxénea, de valores á que pertence o individuo. A necesidade débese ao nacer o individuo no seu seo, ao seren proxectado nela ao nacer, ao promover a comunidade a súa individuación ou proceso de formación da individualidade e, após, a unha elección relativamente autónoma do individuo no seu desenvolvemento social. As necesidades constitúense en relación aos valores, aspiracións colectivas, mitos e límites da racionalidade, a un contexto normativo. Como di Habermas: "temos acceso ás nosas necesidades só baixo interpretacións culturalmente compartidas". Para a análise das necesidades concretas neste ámbito pódese chegar á situación de comunicación ou da interpretación, xa que é diferente unha situación de interpretación caracterizada pola novidade, do que é unha situación claramente recoñecible. Pódense recoñecer moitos aspectos: intencionalidades, 5

alternativas, efectos causados,... pero máis importante sería a posibilidade de diferenciar situacións e fenómenos sociais de comunicación e interpretacións como as relixións ou os movementos sociais e políticos. b) A estrutura de clases e da diferencia.- presenta as necesidades no marco ineludible da "desigualdade social". Avalíase desde a interacción social e a posibilidade de conflicto ou cambio. Habermas apunta ao respecto: "a división dunha sociedade en clases socioeconómicas repousa nunha específica distribución entre os grupos, das forzas (medios) de produción que resultan relevantes en cada caso" c) A organización do poder e o sistema orgánico no que se produce a situación de comunicación ou interpretación.- presenta as necesidades nun marco de diferenciación sistémica dunha sociedade. Baixo o concepto de estruturas sociais atópanse os ámbitos rexidos por regras estratéxicas e medios materiais: sistema económico, sistema político-administrativo e sistema normativo (facendo un simil co esquema de Offe dos subsistemas do estado capitalista). Ditos ámbitos son produto da diferenciación sistémica que permite afrontar dun xeito máis ou menos eficaz as tarefas de produción e organización materiais dunha sociedade complexa, baixo unha racionalidade instrumental-estratéxica. d) O tempo e os cambios dos contextos a), b) e c).- presentas as necesidades nunha perspectiva dinámica que vai máis alá da "presenza". As variables temporais (pasado, presente, futuro) aparecen en calquera formulación de necesidade, que pode ser diferente en cada tempo e pode ou non ter relación consciente a unha coa outra. Ao respecto a idea de "intertextualidade" de Derrida suxire a inexistencia de necesidades como feitos ou situacións ailladas no tempo. A teoría contextualista asume dúas herdanzas ao fin: por unha parte a "contradicción", a herdanza das tradicións que pretenden falar do heteroxéneo, do excluido, do que non se inclue nos discursos hexemónicos pechados; recupera a non-identidade contra as pretensións de xerar identidades ficticias. Doutra parte, 6

reivindica a herdanza crítica as pretensións da "verdade", para asumir á "pluralidade". As súas características son a reivindicación dos discursos alternativos e a preocupación polo esquecido, considerando a linguaxe e a Historia como contextos nos que se pode producir o entendemento e a confrontación máis fructífera. Por tanto, non só como instrumentos para o proceso (sexa como expresióncomunicación ou de relacións sociais), senon como procesos en si mesmos. A superación da metafísica da "presenza" abre a posibilidade de entender as necesidades como textos histórico-sociais e non só como sentimentos ou expresións subxectivas. O histórico remite ao tempo e o social a un "autor" dun "texto" articulado a partires de múltiples asociacións entre necesidades, desexos,... calquera dos elementos dise "texto" pode ser descifrado en relación co complexo de necesidades gracias á linguaxe, remite a unha trama de relacións antes que a obxetos ou formas de vida concretos. A expresión de dito "texto" pode ser expresado verbalmente ou ser escrito, ou pode darse o que se denomina "silencio de necesidades", no sentido de que aqueles que poderian facer demandas, dadas as súas condicións reais de vida, son os que non expresan as súas necesidades. Hai que coñecer as condicións de produción de silencio. Na interpretación das necesidades e procesos, logo, podéramos entender que existen prioridades segundo as comunidades. Galtung propón definir os procesos de constitución e expresión (comunicación) de necesidades establecendo "hipóteses de traballo": dez procesos interrelacionados que integran a comprensión das necesidades nunha comprensión máis xeral das relacións e prácticas sociais: 1) Procesos de reprodución da especie.- relativos á continuidade da historia humana. Doyal e Gough falan de "necesidades sociais" en tanto que "precondicións sociais para a realización das necesidades individuais" e incluen a produción material, a reprodución fructífera, a reprodución biolóxica e o coidado do 7

neno e a súa socialización, a comunicación e o sistema de autoridade política. 2) Procesos de produción da existencia.- relativos á continuidade da vida. Implican formas diversas de dependencia social, tais como a división do traballo. 3) Procesos de reprodución da forza de traballo.- relativos ao conxunto dos medios de subsistencia e a súa continuidade tanto histórica, como das relacións entre o home e a natureza ou a súa relación co consumo e a clase social (en tanto que "habitus" que, segundo Bordieu, integraría: a situación de clase, o conxunto de relacións sociais e o sistema de representacións) 4) Procesos de distribución.- relativos á distribución organizada a partires dun sistema normativo, das condicións favorables e os bens e servizos producidos, non só na distribución equitativa no presente, senon tamén coas xeracións futuras. 5) Procesos de creación e mantemento dun entorno ou ambiente favorable para a mesma existencia.- relativos á comprensión instrumental para a vida humana que non se limita ao mantemento dos individuos humanos. 6) Procesos de comunicación, simbolización e abstracción.- relativos ao entendemento, aportan e reciben comunicación congruente do contexto humano-social, pero tamén constitúense sobre o alicerce do desenvolvemento do pensamento abstracto que permitirá acceder a novos significados. 7) Procesos de socialización.- entendidos non só desde a visión relativa á infancia de Doyal e Gough, senon entendidos desde a dependencia do contexto social que se desenvolve ao longo da vida na comunidade. Agrangue as relacións familiares, de participación en grupos diversos, o sistema educativo,... 8) Procesos de regulamentación das relacións interpersoais e entre grupos.- relativos á reducción ou control das dinámicas agresivas ou destructivas, así como ao mantemento dos sistemas sociais. Das máis simples formas de control social até as máis complexas 8

formas de autoridade política, que poden desmitificar a mesma concepción dos procesos de conformación de consenso e da estruturación do Estado. 9) Procesos de constitución da identidade persoal e xeral ou colectiva.- relativos ao recoñecemento externo e ao autorrecoñecemento, é dicir, á identidade individual e á identidade colectiva dunha comunidade. A construción dun "nós" (configuración das necesidades e urxencias e do proxecto de vida sobre os que nos definimos e que construimos de forma narrativa) 10) Procesos de innovación e promoción.- relativos á ruptura, discontinuidade ou insuficiencia que afectan ao complexo das necesidades, expresadas como conflictos ou ficando submetidas a diversas formas de "silencio das necesidades" Referencias bibliográficas: Baudrillard, J. (1979) La génesis ideológica de las necesidades. Barcelona: Anagrama. Bourdieu, P. (1991) El sentido práctico. Madrid: Taurus. Bozonnet, J.-P. (1984) "Le besoin de nature, une demande sociale pour temps de crise" en Économie et humanisme, nº 280, nov.- dec., pp 21-27 Derrida, J. (1989) Márgenes de la filosofía. Madrid: Cátedra. Doyal, L. y I. Gough (1991) A theory of human needs. Londres: Macmillan. Elster, J. (1991) El cemento de la sociedad. Las paradojas del orden social. Barcelona: Gedisa. Galtung, J. (1980) "The Basic Needs Approach" en Lederer, K. (ed.) Human Needs. Cambridge, MS: Oelgeschlager, Gunn and Hain Publishers. Habermas, J. (1983) Problemas de legitimación en el capitalismo tardío. Buenos Aires: Amorrortu. Heller, A. (1990) Más allá de la Justicia. Barcelona: Crítica. 9

O'Connor, J. (1989) El significado de la crisis. Una introducción teórica. Madrid: Revolución-SAL. Offe, C. (1992) La sociedad del trabajo. Problemas estructurales y perspectivas de futuro. Madrid: Alianza. Rorty, R. (1991) Contingencia, ironía y solidaridad. Madrid: Paidós. Sen. A. (1995) Nuevo examen de la desigualdad. Madrid: Alianza. Wiggins, D. (1987) Needs, Values, Truth. Bristol: Blackwell. 10