GUÍA DOCENTE E MATERIAL DIDÁCTICO

Similar documents
Síntesis da programación didáctica

Discurso literario e sociedade nos países de fala inglesa

COMO XOGAR A KAHOOT Se vas xogar por primeira vez, recomendámosche que leas este documento QUE É KAHOOT?

GUÍA DE MIGRACIÓN DE CURSOS PARA PLATEGA2. Realización da copia de seguridade e restauración.

R/Ponzos s/n Ferrol A Coruña Telf Fax

Acceso web ó correo Exchange (OWA)

Procedimientos Auditivos e Instrumentais DEPARTAMENTO COORDINADOR/A DA DISCIPLINA. CURSOS 1º curso 2º curso 3º curso 4º curso.

T1, T3, (T5)*, T8, T11, T13 *solo grupos bilingüe X1, X3, X8, X10, X13, X18, X22, X23, X24 EI6, EI7

Silencio! Estase a calcular

Grao en Química. 2 0 Curso QUIMICA INORGÁNICA III. Guía Docente

Grao en Química. 2 0 Curso QUIMICA INORGÁNICA III. Guía Docente

PARTE I. VIVALDI: Concierto en MI M. op. 3 n.12

Facultade de Fisioterapia

VIGOSÓNICO V C O N C U R S O V I D E O C L I P S Calquera proposta estética para o vídeo: cine, animación, cor, branco e negro,...

CREATIVIDADE DA COMUNICACIÓN CULTURAL

Fonética e fonoloxía da língua galega

Alumna/o...Curso... 1) Para recuperar a materia pendente deberás seguir o plan de traballo que se especifica de seguido:

Narrador e Narradora Narrador Narradora Narrador

Léxico e terminoloxía do galego

Grao en Química. 1 o Curso FÍSICA II. Guía Docente

O SOFTWARE LIBRE NAS ENTIDADES DE GALIZA

3º ESO ESTHER VÁZQUEZ, ELBA NIEVES. Editorial BURLINGTON AutorMARKS/DARBY. Contidos (unidades didácticas) temporalizados por avaliacións

1.7. Número de créditos / Credit allotment

Teorías contemporáneas da literatura e da cultura

CURSO PROGRAMACIÓN DE 2º ESO

PRESENTACIÓN MATERIA MATERIA LINGUA INGLESA CURSO 1º ESO A CURSO ACADÉMICO PROFESOR Mª MONTSERRAT VILLAPÚN CASTRO

1. DATOS IDENTIFICATIVOS DA DISCIPLINA CÓDIGO Teorías do espectáculo e da comunicación Teorías do espectáculo II

1. DATOS IDENTIFICATIVOS DA DISCIPLINA CÓDIGO Teorías do espectáculo e da comunicación Teorías do espectáculo I ITINERARIO CURSO 1º CRÉDITOS ECTS 3

1.9. Requisitos mínimos de asistencia a las sesiones presenciales / Minimum attendance requirement:

PRESENTACIÓN MATERIA MATERIA LINGUA INGLESA CURSO 1º ESO B CURSO ACADÉMICO PROFESOR Mª MONTSERRAT VILLAPÚN CASTRO

2º ESO. Obxectivos xerais do curso. Contidos (unidades didácticas) temporalizados por avaliacións

PRESENTACIÓN MATERIA MATERIA INGLÉS CURSO 4º ESO CURSO ACADÉMICO PROFESOR FRANCISCO JOSÉ PÉREZ SAAVEDRA

2.1. O PROXECTO LINGÜÍSTICO DE CENTRO

Segunda lingua estranxeira: inglés

PROGRAMACIÓN DA MATERIA DE PEDAGOXÍA E DIDÁCTICA INSTRUMENTAL

Ámbito da comunicación: lingua inglesa

1º ESO CARMEN QUINTANA, ELBA NIEVES, MARGARITA ALFONSO

Curso Monográfico de Estudos Grecolatinos 1

PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA ÁREA DE INGLÉS

Problema 1. A neta de Lola

Concello de Baralla DENOMINACIÓN DA PRAZA/POSTO/EMPREGO: PERSOAL DE APOIO NO PAI. Concello de Baralla

PROGRAMACIÓN CURSO DEPARTAMENTO : INGLÉS. IES Ramón Menéndez Pidal

C.E.I.P. PRÁCTICAS de Ourense Programacións didácticas

PRESENTACIÓN DA MATERIA/MÓDULO

CONSERVATORIO PROFESIONAL DE MÚSICA REVERIANO SOUTULLO PONTEAREAS

ÁMBITO DE COMUNICACIÓN Lengua extranjera: Inglés

4º curso. DOCENTES: NOME E APELIDOS /TEL/WEB TITORÍA Luis Miguel Sobrevela Romaguera Martes 17:30 a 18:30

PRESENTACIÓN MATERIA MATERIA INGLÉS CURSO 4º ESO CURSO ACADÉMICO PROFESOR Mª CRUZ MASEDA FRANCOS

Conservatorio Profesional de Música de Vigo. Programación OPTATIVA DE MÚSICA MODERNA (historia do rock&roll)

Programación Percusión

PARTE I PARTE II. Estas probas abranguerán os contidos comprendidos nos distintos apartados das programacións de todos os cursos de Linguaxe Musical.

PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA CURSO DEPARTAMENTO DE INGLÉS

PROGRAMACIÓN DO CUARTO CURSO DAS ENSINANZAS DO TÍTULO SUPERIOR DE MÚSICA NA ESPECIALIDADE DE INTERPRETACIÓN NO ITINERARIO DE CLARINETE.

CURSO UNIVERSITARIO CON APROBACIÓN PROVISONAL DE HOMOLOGACIÓN POR PARTE DA CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E O.U.

SECUENCIACIÓN DIDÁCTICA: ÁMBITO DA COMUNICACIÓN MÓDULO 3 y 4 (ESA) 2017/2018

PROGRAMACIÓN DE INGLÉS CURSO º ESO

LINGUA INGLESA CURSO

Conservatorio Profesional de Música de Vigo. Programación de Percusión

PRESENTACIÓN MATERIA MATERIA INGLÉS CURSO 1º BAC CURSO ACADÉMICO PROFESORA Mª CRUZ MASEDA FRANCOS

Se (If) Rudyard Kipling. Tradución de Miguel Anxo Mouriño

PRESENTACIÓN MATERIA MATERIA INGLÉS CURSO 2º BAC CURSO ACADÉMICO PROFESOR Mª CRUZ MASEDA FRANCOS

FACULTADE DE FILOLOXÍA FACULTADE DE XEOGRAFÍA E HISTORIA

Proxecto Curricular. I.E.S. Sanxillao. Proxecto Curricular IES SANXILLAO

Name: Surname: Presto= very fast Allegro= fast Andante= at a walking pace Adagio= slow Largo= very slow

PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DA MATERIA DE

Xogos e obradoiros sobre o cambio climático que Climántica desenvolve en centros educativos

Informe do estudo de CLIMA LABORAL do Sergas

NOME DO CENTRO: IES CANIDO CURSO ESCOLAR: 2016/2017 INGLÉS 1º ESO

Inferencia estatística

Competencias docentes do profesorado universitario. Calidade e desenvolvemento profesional

Conservatorio Profesional de Música de Vigo. Programación de Contrabaixo

REUNIÓN CONVOCATORIAS SUBVENCIÓNS 2018 SECCIÓN DE SERVIZOS SOCIAIS SERVIZO DE ACCIÓN SOCIAL, CULTURAL E DEPORTES

I.E.S. ORTIGUEIRA ÁREA DE LINGUAS ESTRANXEIRAS

Obradoiro sobre exelearning. Pilar Anta.

Rede CeMIT Cursos Gratuítos de Alfabetización Dixital NOVEMBRO Aula CeMIT de Cuntis

PROGRAMA FORMATIVO DA ESPECIALIDADE FORMATIVA TÉCNICAS DE MARKETING ON LINE, BUSCADORES, SOCIAL MEDIA E MÓBIL COMM049PO

1. IDENTIFICACIÓN E CONTEXTUALIZACIÓN DISCIPLINA: INSTRUMENTO I (JAZZ - PIANO)

Anexo IV: Xestionar o currículum da etapa:

DEPARTAMENTO DE INGLÉS PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA 2º BACH - LINGUA INGLESA - 1º IDIOMA CURSO 2018 / 2019 IES DAVID BUJÁN

Welcome to Greenman and the Magic forest

Área de Inglés Curso escolar

TRABALLO DE FIN DE GRAO

DEPARTAMENTO DE INGLÉS PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA 3º ESO - LINGUA INGLESA - 1º IDIOMA CURSO 2018 / 2019 IES DAVID BUJÁN

Conservatorio Profesional de Música de Vigo. Programación de Viola

Boloña. Unha nova folla de ruta

Grao en Matemáticas TOPOLOXÍA XERAL

PROGRAMACIÓN DEPARTAMENTO DE INGLÉS -ESO -BACHARELATO -CICLOS -FORMACIÓN PROFESIONAL BÁSICA -ADULTOS

Fondo de Acción Social. Manual do Usuario de presentación de solicitudes do FAS

PROGRAMACIÓN OFICIAL LOE CONXUNTO PIANO CURSO 2017/18 GRAO PROFESIONAL (segundo os Decretos 198/2007 e 203/2007

Fisioterapia Descriptores Creditos ECTS Carácter Curso Cuadrimestre. 6 OB 2 2c

MEMORIA DE AVALIACIÓN DA CALIDADE: INFORME DE RESULTADOS PROGRAMACIÓN: ACCIÓNS FORMATIVAS DIRIXIDAS PRIORITARIAMENTE ÁS PERSOAS TRABALLADORAS

PROGRAMACIÓN ÁREA DE INGLÉS 2º CICLO DE EDUCACIÓN INFANTIL CEIP DE AGOLADA

A tradución audiovisual como recurso didáctico no proceso de ensinanza-aprendizaxe de linguas

Evolución dos exames de Historia nas PAU de Galicia ( )

Guía docente. Cibercultura e Redes Sociais. Grao en Ciencias da Cultura e Difusión Cultural Modalidade presencial

DEPARTAMENTO DE INGLÉS PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA 2º ESO - LINGUA INGLESA - 1º IDIOMA CURSO 2018 / 2019 IES DAVID BUJÁN

PROGRAMACIÓN CURSO DEPARTAMENTO : INGLÉS. IES Ramón Menéndez Pidal

PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA Área de Lingua Inglesa 5º Educación Primaria

A avaliación formativa: un desafío para o ensino universitario

PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA INGLÉS

Transcription:

FACULTADE DE FILOLOXÍA DEPARTAMENTO DE FILOLOXÍA INGLESA E ALEMANA Poesía Inglesa J. Manuel Barbeito Varela GUÍA DOCENTE E MATERIAL DIDÁCTICO 2017/2018

Guía Didáctica da materia Poesía Inglesa 2 FACULTADE DE FILOLOXÍA. DEPARTAMENTO DE FILOLOXÍA INGLESA E ALEMANA AUTORES: J. Manuel Barbeito Varela Edición electrónica. 2017 ADVERTENCIA LEGAL: Reservados todos os dereitos. Queda prohibida a duplicación total ou parcial desta obra, en calquera forma ou por calquera medio (electrónico, mecánico, gravación, fotocopia ou outros) sen consentimento expreso por escrito dos autores.

Guía Didáctica da materia Poesía Inglesa 3 Índice: 1. Datos descritivos de la materia 4 2. Requisitos 4 3. Titorías. 4 4. Obxectivos... 5 5. Concepción da Materia e competencias... 5 6 SUMMARY IN ENGLISH.. 9 7. Metodoloxía 1: Ensino.. 10 8. Bibliografía e recursos en liña..... 12 9. Programa... 14 Temario... 14 10 Orientacións xerais sobre os traballos dos grupos... 17 11. Cadro de Actividades... 19 12. Metodoloxía 2: aprendizaxe. Indicacións metodolóxicas específicas para o seguimento da materia... 19 13. Criterios de avaliación específicos da materia... 20 A ficha individual... 23 A ficha do grupo... 23 14. Calendario. 24 Datas de explicación do temario Datas das probas de comprobación Datas de presentacións e entrega de ensaios 15. Recomendacións para a preparación da avaliación.. 24 16. Outras observacións importantes... 25 17. O modelo do exame.. 25 Exemplo de exame de comprobación de lectura... 26 Exemplo de exame de comentario de texto... 28

Guía Didáctica da materia Poesía Inglesa 4 1. Datos descritivos de la materia Materia: Poesía Inglesa G5061425 Créditos ECTS:TS 6 Carácter: Obrigatorio Curso/ Cuadrimestre: Cuarto curso. Segundo cuadrimestre. 2. Requisitos a) Normativos: - Dominio do inglés escrito, lido e falado. Nivel de lingua adecuado para entender a selección de poemas de lectura obrigatoria. - Dominio do castelán e/ou galego. - Coñecemento do mapa xeral da literatura e cultura británicas (temas da materia Introdución á literatura inglesa). - Coñecemento dos fundamentos do pensamento lingüístico. b) Recomendados: Coñecementos de vocabulario de teoría e crítica literaria. 3. Titorías Lugar: Despacho 411 (3ª Planta da Facultade de Filoloxía) 881811893 Horas: O horario de titorías que figura na páxina Web. Tamén figurará na porta do despacho 411.

Guía Didáctica da materia Poesía Inglesa 5 4. Obxectivos da materia Estudo dos principais textos, autores, poéticas e movementos da tradición literaria inglesa; dos principais temas, formas, metros e ritmos; dos cambios de sensibilidade, estilísticos, e da linguaxe poética e da súa relevancia histórica e cultural; das influencias fundamentais no seo da tradición literaria das illas británicas. 5. Concepción da materia e competencias O curso concíbese como un exercicio teórico-práctico de lectura de poesía. Non será un proceso de acumulación de datos, senón un proceso afondamento na experiencia da poesía e da linguaxe mediante a análise do poema entendido como un sistema de sistemas. Esta análise asentarase nas principais innovacións dos estudos de poética e crítica literaria do século XX. O curso concíbese como una reflexión sobre a filoloxía no seu sentido etimolóxico. Esta aproximación sitúanos diante dunha dobre dimensión: dunha parte, a empírica na que vivimos e na que nos manexamos cunha noción convencional do signo lingüístico, de outra, a dimensión que a linguaxe poética nos abre. O idea da dobre dimensión será o principal fío condutor das análises dos poemas ao longo do curso. O rigor do pensamento poético é rigoroso. Non nos interesa neste curso a poesía como un xeito de dicir cousas bonitas ou expresar sentimentos profundos de xeito mais ou menos vago ou suxerinte. A poesía débenos ensinar a proceder sistematicamente. COMPETENCIAS: CB1, CB2, CB3, CB4,CB5, CX3, CX5, CX6, CX7,CX8, CX9 CE5, CE6,CE7,CE9,CE10 1) Competencias básicas e xerais Conciencia crítica e sensibilidade lingüística. Instrumento docente-discente: Lectura e comentario de textos dende a perspectiva lingüística e ético-política. Debates nas aulas interactivas. Antoloxía con anotacións de carácter lingüístico. Competencia lóxica (CX3): - Habilidade para a argumentación oral e escrita. - Habilidade para defender de xeito razoado e fundamentado as propias ideas. - Emprego de procesos de razoamento para a obtención, selección e organización de información. Instrumento docente-discente: Exercicios de redacción seguindo o modelo de exame. Presentacións e debates. Exame que serve guiar ao alumnado nos exercicios relacionados con esta

Guía Didáctica da materia Poesía Inglesa 6 competencia. Capacidade de resolución de problemas (CB2, CX3). - Analizando a situación. - Empregando procesos de razoamento rigorosos. - Manexando os coñecementos adquiridos ao longo dos estudos secundarios e universitarios. (CB1) Instrumento docente-discente: Análise de textos como resposta aos problemas da súa época. Reflexión en debates sobre a relevancia actual de textos do pasado. Ppts a disposición do alumnado na Aula Virtual como guía para esta reflexión. Capacidade de análise de documentos culturais en xeral. Coñecemento de e habilidade no manexo das técnicas de análise e comentario de textos. Instrumento docente-discente: Clases expositivas. Seminarios. Modelo de exame. Capacidade de síntese: Instrumento docente-discente: Toma de apuntamentos nas aula expositivas. Apoio do grupo para que a toma de apuntamentos non se converta nun exercicio mecánico de copia. Modelo de exame. Competencia cultural: estudo de textos fundamentais da tradición literaria europea no seu marco histótico-cultural. Capacidade de apreciar o feito cultural e creativo. (CX5) - Capacidade de comprender, valorar, e apreciar a dimensión histórica dos textos culturais. - Capacidade de relacionar os textos co contexto social, cultural e político no que xurdiron. - Capacidade de comprender o significado cultural e histórico dos grandes cambios na linguaxe artística. Instrumento docente-discente: Clases expositivas. Esquemas da materia Introdución á literatura inglesa a disposición do alumnado na Aula Virtual. Formación de opinión fundada en (CB3): - Datos relevantes. - Análise de datos. - Xuízos razoados fundados na reflexión crítica. - Discurso coherente. Instrumento docente-discente: Debates nos seminarios. Realización de exercicios propostos na Guía Docente. Capacidade de comunicación da opinión sobre temas relevantes de índole social, ética e política (CB4) - Expresar con orde, claridade e precisión datos, ideas e argumentos. - Transmitir información ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como no especializado. Instrumento docente-discente Reflexión nas aulas sobre a relevancia ética e política dos textos.

Guía Didáctica da materia Poesía Inglesa 7 Exercicios de redacción seguindo o modelo do exame. Presentacións. Capacidade de aproveitar os coñecementos adquiridos. (CB1) Instrumento: referencias interdisciplinares nas exposición e nos debates Competencia no manexo de datos: capacidade de reunir, organizar e interpretar datos relevantes. (CB3) Instrumento: práctica coa análise de textos. Competencia no uso de las TICs para obter, procesar e comunicar información.(cx9) Instrumento: Preparación de presentacións na aula; uso de ferramentas virtuais como Aula Virtual, OED, distintas páxinas especializadas en poesía. Competencia de autonomía e iniciativa persoal. (CB5) - Capacidade de imaxinar, emprender, desenrolar y avaliar acciones o proxectos individuais con creatividade, confianza, responsabilidade e sentido crítico. CX6) - Conciencia, xestión e control das propias capacidades e coñecementos. Aprender aproveitar os propios coñecementos, tanto de cultura xeral como, mais en particular, os acadados noutras disciplinas como Lingüística, Teoría Literaria e Literatura Comparada. - Aprender a aprender: adquisición de técnicas de estudo e formación continua. (CX7) - Capacidade de auto-avaliación. Instrumento docente-discente: Lectura da selección dos textos coas correspondentes anotación a disposición do alumado na Aula virtual. Fomento da aproximación persoal ao texto seguindo o modelo do exame. Fomento da disciplina de traballo mediante un calendario de actividades. Guía para a mellora do rendemento a disposición do alumnado na Aula Virtual. Realización de exercicios propostos na Guía Docente. Preparación dos debates anunciados para os seminario. Exercicios de auto-avaliación. Capacidade de traballar en grupo (CX6, CX7): - Capacidade de imaxinar conxuntamente accións colectivas mediante o debate. - Desenrolo do pensamento estratéxico na planificación en grupo das presentacións. - Capacidade de emprender, desenrolar e avaliar accións colectivas. Instrumento docente-discente: Organización de actividades a realizar en grupo. Organización do alumnado en grupos para realizar as tarefas descritas na Guía Docente. Titorías en grupo. Competencia teórica: comprensión de algunha das teorías lingüísticas e literarias nas que se basea a análise de textos. Sesións expositivas. Debates en seminarios. Prácticas autónomas de comentario de texto seguindo as pautas ensinadas nas aulas. Competencia lingüística: o nivel de comprensión lectora, e de vocabulario do alumnado. (CX8) Instrumento docente-discente. Estudo dos textos anotados a disposición do alumnado na Aula Virtual. Foros para solucionar problemas de lingua.

Guía Didáctica da materia Poesía Inglesa 8 Exercicio de tradución. Probas de distribuídas ao longo do curso para fomentar o traballo sostido coa lingua dos textos: probas de comprobación de lectura e comprensión básica dos textos que son condición indispensable para superar a materia. 2) Competencias específicas Competencia cultural: estudo da resposta de textos fundamentais da poesía inglesa aos problemas históricos do seu momento. Instrumento docente-discente Clases expositivas. Coñecemento dos acontecementos históricos e das características culturais que condicionaron e condicionan el desenrolo da poesía inglesa (CE5). Capacidade de situar a produción literaria dos países de fala inglesa no contexto social e político no que se escribiron. Instrumento docente-discente Clases expositivas. Seminarios. Esquemas da materia Introdución á literatura inglesa a disposición do alumnado na Aula Virtual. Capacidade de comprender, valorar, e apreciar a dimensión cultural da poesía inglesa no marco da tradición europea. (CE7) Instrumento docente-discente Clase expositivas Seminarios. Capacidade de observar conexións y diverxencias entre as distintas tradicións literarias europeas en xeral e anglo-saxonas en particular. (CE9) Instrumento docente-discente Clase expositivas Seminarios. Capacidade de comprender o significado cultural e histórico dos grandes cambios na linguaxe poética. Instrumento docente-discente Clase expositivas Seminarios. Actividades recomendadas. Capacidade de comprender e explicar a relevancia das innovacións técnicas e cambios de estilo na poesía inglesa. Instrumento docente-discente Clase expositivas Seminarios. Actividades recomendadas. Dominio dos recursos e técnicas de comentario de poesía. (CE6) Instrumento docente-discente Clase expositivas Seminarios. Actividades recomendadas. CE10 Capacidade de relacionar a poesía inglesa con outras manifestacións artísticas. (CE10) Instrumento docente-discente Actividades recomendadas.

Guía Didáctica da materia Poesía Inglesa 9 Activación da imaxinación (no sentido simple da visualización das imaxes poéticas). Instrumento docente-discente Exercicio persoal orientado. Desenrolo da capacidade creativa para ofrecer para converter textos de un xénero literario a outro. Capacidade de propoñer críticas persoais de textos sobre a base dunha análise rigorosa ligada ao afondamento en temas centrais da tradición cultural (ver CX5). Instrumento docente-discente Exercicios de reescritura propostos na Guía Docente. Prácticas de comentario seguindo o modelo de exame. 6 Summary Title: English Poetry Short Description: Study of: the main texts, poets, poetics, and movements of the English Literary Tradition; some of the topics of the English Literary Tradition; the main poetic forms, metres, and rhythms; the stylistic changes, the changes in poetic language and the changes of sensibility and their cultural and historical relevance; the literary tradition: influences within the English literary tradition and in the European context. This study should not be understood as a cumulative process, but one of deepening the experience of poetry and language. General topic of the course: the double dimension (poetic vs. empirical). The course will improve your critical attitude. your linguistic sensibility. your capacity of analysis. Your capacity to argue e point. your ability to organize data and argue your ideas. General indications: - We shall concentrate in the topic poetry and reality, more particularly in relation to the double dimension present in poetic texts, and the way in which theory and criticism have dealt with this. - The textual analysis will be based on the notion of the poem as a system of systems. - The lectures on the different topics assume that you are familiar with the 'handouts' of 'Introduction to English Literature' that you can find in the 'Aula Virtual'. In the seminars, we will discuss the aspects of the text indicated in the program herein. - Class participation is compulsory: you cannot pass if you fail to attend more than three classes without due justification. Moreover, participation counts for

Guía Didáctica da materia Poesía Inglesa 10 30% of the final mark. Therefore, it is very important that you prepare class activities and the seminars in discussion groups. Asking questions about the obscure points of the general introduction to each unit is vital for adequately following the course. - Do not accumulate class notes: revise them regularly (preferably with some colleague) and ask any questions about the doubts you may have. Always check if you have properly understood the explanation by practising textual analysis. Detect and solve language problems. - Take notes as you read the poems using as a guide the exam models that you will find at the end of this Guide. Your work with the texts mentioned in the Reading List will be checked in three assessment examinations at the end of March, April, and Mai. Only if you pass these tests you can sit for the second part of the exam. - You will have to memorise 14 lines from the texts corresponding to each of these exams. - Use the exam models (see herein) as a guide for your study. - The practice of writing is an important part of the development of this course. Note-taking should ideally be an intelligent writing practice, rather than a thoughtless mechanic exercise in taking down everything the speaker says. - Groups will be organised to discuss the topics proposed in class, prepare seminars, participate in forums, revise class notes, organise round tables, and write an essay on subjects of their choice selected from the program. Each member of the group must contribute e short piece to this essay following the model of the exam. 7. Metodoloxía de ensino O curso xirará en torno a un tema central: a poesía como filoloxía no seu sentido etimolóxico e a relación coa realidade que a linguaxe poética establece. Mais concretamente, centrarémonos na dobre dimensión, a poética e a empírica, e analizaremos as súas múltiples manifestacións en distintos poemas e textos de poética, teoría e crítica e trazaremos relacións con outras manifestacións artísticas. 1) Introdución teórico-práctica aos eixos da análise e a cada apartado do temario. - Explicaranse os temas prestando atención á cuestión central da dobre dimensión contrastando a dimensión empírica (vida ordinaria) coa relacionando o uso instrumental co poético da linguaxe. - Comentaranse textos empregando as nocións da dobre dimensión e sistema do sistemas. A análise do poema como sistema de sistemas permitirá afondar no seu tratamento da dobre dimensión. - Na análise dos poemas, e sempre en relación coas dúas nocións mencionadas, empregaranse distintas teorías e estudos críticos que permitan responder á serie de cuestións que se preguntan no ppt 'How to Read a Poem.' - Relacionarase o estudo da poesía cos estudos de lingüística e teoría literaria,

Guía Didáctica da materia Poesía Inglesa 11 coa tradición filosófico e teolóxica, e coa cultura xeral. - Contrastaranse poemas de diferentes estilos. - Contrastaranse os distintos xeitos de presentar a dobre dimensión en distintos períodos e por distintos autores e movementos. Situaremos esta cuestión no marco de tradición occidental prestando atención ao proceso de secularización característico da modernidade. - Centrarémonos en tres períodos e trataremos a cuestión da dobre dimensión principalmente en relación aos temas do amor, do suxeito, do tempo e da natureza: Renacemento (amor cortés), Romanticismo (suxeito, natureza e temporalidade) e Modernismo (suxeito, cidade e tempo). - O contraste entre estilos será un aspecto fundamental da explicación e da práctica. Por iso, inda que seguiremos en xeral a secuencia cronolóxica, empezaremos lendo poemas do século XX para ver o contraste co estilo renacentista que veremos inmediatamente despois e, á hora de explicar a Wordsworth tomaremos como referencia a Milton, de unha parte, e ao modernismo de outra. 2) Análise e debates (seminarios e foros): - Declamación, Close Reading e tradución. - Análise do poema como sistema de sistemas. - Debates en relación coa cuestión da dobre dimensión en torno a textos seleccionados para cada seminario (poemas ou textos críticos). - Debates sobre os temas principais poética, amor, natureza, cidade, tempo e historia e os seus distintos tratamentos nos textos de lectura obrigatoria. - Realización de exercicios propostos para cada tema (ver o apartado Programa, páx. 14). - Reflexión sobre os coñecementos adquiridos ao longo da carreira. 3) Presentacións e ensaios curtos individuais e en grupo tendo presente o sentido da materia, os seus eixo e o modelo de exame. 4) Uso de foros na Aula Virtual: 1) para solucionar dúbidas de lingua. Aínda que as notas que acompañan aos poemas na selección de textos de lectura obrigatoria deberan solucionar a maior parte dos problemas de lingua, haberá un foro aberto para que os grupos pregunten as súas dúbidas (inda que non é o obxectivo central desta materia, o estudo da lingua dos poemas contribuirá á aprendizaxe da

Guía Didáctica da materia Poesía Inglesa 12 lingua instrumental a través do estudo da literatura). 2) Para solucionar as dúbidas que pregunten os grupos sobre o sistema de sistemas e a dobre dimensión. 8. Bibliografía e recursos en liña Lecturas obrigatorias: - A Guía Docente: poderase preguntar sobre algún aspecto desta guía docente en calquera momento da avaliación, particularmente no que se refire ás indicacións sobre os procedementos de estudo e á concepción e obxectivos da materia. - Os handouts da materia Introdución á literatura Inglesa. Lembrade que un dos "Requisitos normativos" da materia é, como se dixo na páxina 4, o "coñecemento do mapa xeral da literatura e cultura británicas." - Os arquivos coa selección de poemas que atoparedes na Aula Virtual. Aparte dos textos que aparecen nesa selección, son materia de exame todos os textos analizados na clase. Libros de texto: Brooks, Cleanth and R.P. Warren (1976): Understanding Poetry. Halt, Rinehart and Winston. Eagleton, Terry (2007): How to Read a Poem. Blackwell. Leach, Geoffrey N. ( 1969): A Linguistic Guide to English Poetry. Longman. Bibliografía básica: Attridge, Derek (1982): The Rythms of English Poetry. Longman. Barbeito Varela, J. Manuel (2006): Las Brontë y su mundo. Síntesis. Barfield, Owen (1987): Poetic diction: a study in meaning. Wesleyan University Press. De Man, Paul (1984): The Rhetoric of Romanticism. Columbia U.P. Empson, William (1977): Seven Types of Ambiguity. Penguin. Enright, D.J. and Erns de Chickera (1962): English Critical Texts. O.U.P. Finch, Annie (2011): A Poet's Ear: A Handbook of Meter and Form. University of Michigan Press. Fussell, Paul (1965): Poetic Meter and Poetic Form. Random House. Gayley, Charles Mills; Young, Clement C (2005): English Poetry. Kessinger Publishing. Hillis-Miller, J (1987): The Linguistic Moment. From Wordsworth to Stevens. Princeton U.P. Hirsch, E. (2008): The Making of a Sonnet: A Norton Anthology. W. W. Norton & Co. Hollander, John (1981): Rhyme's Reason. Yale University Press. Jenkins, Lee M; Davis, Alex, ed. (2007): The Cambridge companion to modernist poetry. Cambridge University Press. Kiparsky, Paul (1975): "Stress, Syntax, and Meter". Language 51 (3): 576 616. Leighton, Angela (2007): On form : poetry, aestheticism, and the legacy of a word. OUP. Longenbach, James (1997): Modern Poetry After Modernism. Oxford University Press. Lotman, Yuri (1976): Analysis of the Poetic Text. (Trans. by D. Barton Johnson.) Ardis. Machin, Richard and Christorpher Norris (1987): Post-Structuralist Raeadings of Engish Poetry. CUP. Martin, Graham and P.N. Furbank, Twentieth Century English Poetry (1975): Critical Essays and Documents. The Open University Press.

Guía Didáctica da materia Poesía Inglesa 13 Perloff, Marjorie (2002): 21st-century modernism: the new poetics. Blackwell Publishers. Pinsky, Robert (1998): The Sounds of Poetry. Farrar, Straus and Giroux. Preminger, Alex; Brogan, Terry VF; Warnke, Frank J, ed. (3rd ed.): The New Princeton Encyclopedia of Poetry and Poetics. Princeton. Strand, M. (2001): The Making of a Poem: A Norton Anthology of Poetic Forms (Norton Anthology). W. W. Norton & Co.; New Ed edition. Strachan, John R; Terry, Richard, G (2000). Poetry: an introduction. Edinburgh University Press. Wilson, Edmund (1959): Axel s Castle. Fontana. Bibliografía complementaria: Agambem, Giorgio. The End of the Poem. Standford, 1999. Agamben, Giorgio. Stanzas. Word and Phantasm in Western Culture. University of Minnesota Press, 1993. Badiou, Alain. Para unha nova teoría do suxeito. Santiago: Noitarenga, 2000. --------- Filosofía e poesía Trabe de ouro. Ano 9, n. 33 (xan.-marzo 1998); pp. 11-19. --------- A Poesía como condición da filosofía. Santiago de Compostela : Amastra-ngallar, 2001. --------- A Idade dos poetas. Amastra-n-gallar, 2002. --------- O estatuto filosófico do poema despois de Heidegger Amastra-n-gallar. 5 (Inverno 2003) ; pp. 4-10. Badiou, Alain et al. La Politique des poètes : pourquoi des poètes en temps de détresse? Albin Michel, 1992 Dante Alighieri, De vulgari eloquentia, Convivio. Cátedra, 2006 Horacio Flaco, Quinto (2010): Arte poética. Dykinson, Graham Martin, Language (1972): Truth and Poetry: Some Notes Toward a Philosophy of Literature. Edinburgh University Press. Jacobson, R. Ensayos de Poética. Fondo de Cultura Económica, 1977. Jakobson, R.: Lingüística y Poética. Cátedra, 1981. Heidegger, Martin. Poetry, Language, Thought. (New York: Harper Modern Perennial Classics, 2001). Rabaté, Dominique. Figures du sujet lyrique. Presses Universitaires de France, 1996. Richards, I.A. Principles of Literary Criticism. Routledge & Kegan Paul, 1976. Riffaterre, Michel. The Semiotics of Poetry. Methuen, 1978. Para escribir un ensaio Beery, Ralph, The Research Project: How to Write It. London: Routledge, 1995. Gibaldi, Joseph, MLA Handbook for Writers of Research Papers. 5 th ed. New York: MLA, 1999. Recursos en liña. Serache moi fácil atopar na Web lecturas da maioría dos poemas de xeito que poderás practicar pronunciación e entoación. - Aula Virtual da materia.

Guía Didáctica da materia Poesía Inglesa 14 - En Poetry Foundation atoparás comentarios e lecturas de poemas. - Na biblioteca da USC: Recursos informáticos -> bases de datos -> Literature online. Ademais dos textos poderás atopar bibliografía. Na biblioteca atoparás tamén: Recursos informáticos -> Diccionarios-enciclopedias 9. Programa I. Introdución (1 semana). II. Os eixos da análise: a dobre dimensión e o sistema de sistemas. III. Temario Poéticas. Estilos e movementos: Renacemento, Romanticismo, Modernismo, despois do Modernismo. Catro grandes temas da poesía Inglesa: amor, suxeito, natureza, cidade, tempo e historia. Forma poéticas e algúns aspectos técnicos. Nota: A secuencia cronolóxica non está pautada por este temario (os catro aspectos tocaranse na lectura de cada poema) senón pola secuencia cronolóxica de estilos e movementos. Ver calendario en p. 24. I. Introdución II. Os eixos da análise II.1. A dobre dimensión - A natureza da poesía e a lingua: coidado da lingua vs. uso instrumental. - Poesía e realidade: mais aló de man s fate. - Poesía e verdade - Poesía e temporalidade: o instante. - Poesía e natureza - O suxeito da poesía. II.2. O sistema de sistemas Algunhas lecturas básicas para empezar E. Spenser s Sonnet IX ( Long while I thought ), J. Milton, Paradise Lost (selección), Wordsworth, The Prelude (selección), W.B. Yeats s To the Rose Upon the Rood of Time, W.H. Auden, 'Prime,' T.S. Eliot s, Prelude I, W.C. Williams, The Red Wheelbarrow, J.H. Prynne s On the Anvil. III. Temario: Poéticas - Defensas da poesía: Sidney, Shelley, Wordsworth e Coleridge. - Poesía e poética: Spenser, Shakespeare, Yeats, Auden.

Guía Didáctica da materia Poesía Inglesa 15 Lecturas obrigatorias: Selección de textos dos autores mencionados. Actividades: Grupos: tomando como punto de partida algunha das poéticas, o grupo que elixa este tema fará unha defensa da relevancia da poesía hoxe apoiándose en textos dos seus poetas preferidos. Estilos e movementos - Renacemento. - Romanticismo. - Modernismo. - Do modernismo en diante. Lecturas obrigatorias: - Handouts da materia Introdución á literatura Inglesa que atoparedes na vosa Aula Virtual. Prestarase especial atención aos temas 5c ("The Rise of Aesthetics"), 6 ("Romanticism") e 8-9 ( Realism, Modernism, and Post-modernism ). - Selección de poemas dos poetas mencionados. Ver arquivos Aula Virtual. Actividades: Escolle dous poemas de épocas distintas co mesmo tema e examina os cambios de estilo e as súas implicacións. Os grupos que elixan este tema organizarán unha mesa redonda e escribirán un ensaio sobre un dos temas deste apartado. Grandes temas da poesía Inglesa - Poesía e amor. Chaucer, Wyatt, Shakespeare, Donne, Milton, Yeats, Auden. - Poesía e suxeito: Shelley, Keats, Yeats. - Poesía, natureza, cidade. Wordsworth, Eliot. - Poesía e temporalidade. Shakespeare, Wordsworth. - Poesía, memoria, ausencia. Sidney, Shakespeare, Wordsworth, Yeats. - Poesía e historia. Milton, Yeats, Heaney. Lecturas obrigatorias: Selección de poemas dos poetas mencionados. Ver arquivos Aula Virtual. Actividades: Escolle un soneto de Shakespeare que trate o tema do paso do tempo e compárao con un poema de Wordsworth, de Yeats ou de Auden. Escolle tres poemas renacentistas que presenten nocións distintas do amor e argumenta a favor de una delas.

Guía Didáctica da materia Poesía Inglesa 16 Escolle un poema renacentista sobre o amor e outro de Yeats ou de Auden e argumenta a favor de unha das nocións e rexeita a outra. Escolle un poema renacentista que trate o tema da ausencia e compárao con un poema de épocas posteriores que trate o mesmo tema. Escolle dous poemas de distintas épocas e contrasta as nocións de natureza que presentan. Os grupos que elixan esta unidade para traballar organizarán unha mesa redonda e escribirán un ensaio sobre un dos temas deste apartado. Formas poéticas e algúns aspectos técnicos. 4.1. Algúns aspectos técnicos - A materia da poesía. Ritmo: sintaxe, versificación, métrica. A música da linguaxe. - Voces líricas. Chaucer, Wyatt, Spenser, Shakespeare; Yeats, Eliot, Auden. - Figuras retóricas: Alegoría e símbolo (imaxe e emblema); metáfora, metonimia, sinecdoque. Wordsworth, Yeats, Eliot. Actividades: Compara as voces líricas de tres poemas de distintos autores. Reescribe un poema en prosa e explica o efecto da versificación sobre esta. Reescribe un poema en linguaxe directa e da exemplos da efectividade da linguaxe do poema. Ensaia distintas acentuacións e entoacións e explica o sentido das mesmas. 4.2. Formas poéticas: - O Poema Curto: o O soneto. Wyatt, Spenser, Shakespeare, Donne, Blake, Wordswoth, Coleridge, Auden. o A elexía: Thomas Gray, Emily Brontë, Alfred Tennyson, Seamus Heaney. o A balada (pode non ser "curta"): Wordsworth. o Secuencias de poemas curtos. Yeats, Auden. - O Poema Longo: o O poema épico: Spenser, Milton, Wordsworth. o Versións románticas do Quest Myth: Shelley. o A Oda: Coleridge, Wordsworth, Keats. o O Monólogo Dramático: Tennyson, Browning. Lecturas obrigatorias: Selección de poemas dos poetas mencionados. Ver arquivos Aula Virtual. Actividades: Reescribe a primeira estrofa de 'The Solitary Reaper' como diario de viaxe.

Guía Didáctica da materia Poesía Inglesa 17 10 Orientacións xerais sobre os traballos en grupos OBXECTIVOS xerais dos grupos: Revisión: apuntamentos, comprensión básica da lingua dos textos. Debate e preparación de seminarios. Preparación de dúas actividades: Mesa Redonda, Comentario de textos. OBXECTIVO xeral das actividades: Aplicación práctica das nocións explicadas nas clases expositivas e aplicadas nos seminarios: trátase de ver cómo a análise do sistema de sistemas permite afondar no xeito no que un texto trata a dobre dimensión Obxectivo das presentacións na Mesa Redonda: aportar ao resto da clase exemplos de análise do sistema de sistemas e mostrar como esta análise leva á comprensión mais fonda da dobre dimensión. Dado que se trata de clarificar practicando con exemplos o método de análise de textos e os temas explicados na clase, o criterio fundamental da avaliación das presentacións é a claridade e a calidade dos exemplos. Obxectivo do traballo escrito: Práctica co modelo de exame. Os criterios aquí son a organización, a coherencia e o rigor da argumentación do discurso, así como a comprensión dos temas estudados e a destreza no emprego do método de análise (ver Recomendacións para a preparación da avaliación, p. 24). TEMPO a dedicar a estas actividades: E imprescindible que vos deades conta de que os traballos son "exercicios" (de comentario, de redacción e de exposición) que están integrados na dinámica xeral do curso. Non se trata de dedicar moito tempo ao estudio dun tema empregando bibliografía mais ou menos ampla para preparar o traballo. O traballo en si debera levar pouco tempo unha vez que os conceptos fundamentais xa se explicaron e exemplificaron nas clases e dando por suposto que o grupo funciona adecuadamente para cumprir os obxectivos antes indicados. Non esquezades nunca que a maior cantidade do voso tempo deberá estar dedicada a lectura e comprensión dos poemas e á familiarización coa súa lingua. PRESENTACIÓNS Formato: Mesa Redonda. Propostas de debate. É imprescindible explicar conceptos facendo análise dos textos. Cada persoa deberá dar polo menos un exemplo claro da noción da dobre dimensión e do funcionamento do sistema de sistemas en relación coa dobre dimensión no poema.

Guía Didáctica da materia Poesía Inglesa 18 Non se trata de incluír moita información senón clarificar mediante exemplos e de presentar unha idea ou proposta de debate para clarificar o argumento xeral do curso. Observación: o programa informático utilizado para a presentación deberá estar sempre ao servizo do contido, nunca ao de criterios estéticos. Textos: Os poemas a tratar deberán estar a disposición dos compañeiros dous días antes da presentación (sempre serán poemas que aparecen na selección de textos). Citas: leranse coidadosamente durante a presentación. Debate: Os presentes deberán facer preguntas aos poñentes O profesor fará preguntas tanto aos poñentes como ao resto da clase. O TRABALLO ESCRITO: Unha introdución xeral presentará a idea e o argumento que articula o traballo dos membros do grupo. Cada membro do grupo escribirá un breve ensaio en inglés nun folio e tendo en conta o modelo do exame e organizando a redacción segundo a seguinte estrutura: o Explicación preliminar Idea a argumentar Relevancia da idea Estrutura e argumento o Desenrolo do argumento e análise de textos. Tratándose dunha práctica de redacción, non só é importante a organización do conxunto segundo un argumento coherente, senón tamén a organización de cada parágrafo: cada parágrafo é un paso no argumento; a idea que rexe o parágrafo deberá facerse explícita ao seu comezo de tal xeito que a simple lectura do comezo de cada parágrafo debería permitir seguir os pasos do argumento. Deberase evitar en todo momento a mención de datos irrelevantes para o argumento e a dispersión de ideas. Dito de outro xeito: todos os datos da análise que se mencionan deberán servir para probar o que se argumenta.

Guía Didáctica da materia Poesía Inglesa 19 11. Cadro de Actividades Actividades presenciais Horas Actividades non presenciais Sesións expositivas 32 Estudio autónomo individual ou en grupo dos textos de lectura obrigatoria Sesións de seminario 16 Lecturas recomendadas, actividades de biblioteca e similares Realización de traballos Preparación de presentacións orais debates. Sesións de avaliación 2 Total de horas de 50 Total de horas de actividade presencial actividade no presencial Horas 80 20 100 12. Indicacións metodolóxicas específicas para o seguimento da materia - Deberase levar o traballo ao día: - É imprescindible evitar acumular apuntes sen revisar. - É imprescindible ler con moita atención e traballar os poemas que aparecen nos arquivos da Aula Virtual practicando segundo as liñas de análise seguidas na clase. - Toma notas segundo vaias lendo os poemas. Se non o fas non poderás contestar ás preguntas das probas de comprobación de lectura. - Utiliza o modelo de exame como guía de estudo tanto para facer prácticas de comentario como para tomar notas de cara ao exame de comprobación. - Procede "peíño ante pe", isto é, de xeito ordenado empezando pola solución das cuestións básicas de vocabulario e sintaxe; nunca te saltes o elemental por obvio que pareza. - Comproba que entendes os conceptos de 'dobre dimensión' e 'sistema de sistemas' practicando con exemplos. - Visualiza as imaxes do poema, mesmo como se fose un guión cinematográfico. - Participa activamente nos foros e nos seminarios. É moi importante a participación nas clases interactivas tanto para aclarar dúbidas como para aportar comentarios. - Traballa en grupo. - Sobre o tema 2 (Estilos e movementos) do programa: deberedes preparar o seminario recollendo os coñecementos adquiridos na carreira e consultando os arquivos cos esquemas da materia 'Introdución á literatura inglesa' que atoparedes na Aula Virtual.

Guía Didáctica da materia Poesía Inglesa 20 - Previamente á clase ou seminario, haberá de facerse unha lectura atenta dos textos seleccionados e solucionar os problemas lingüísticos que poidan presentar. - É moi importante a participación nas actividades do grupo: Preparación dos seminarios en debates en grupo. A revisión apuntamentos.. A detección e solución de problemas de lingua é unha tarefa básica do grupo. Aqueles problemas que non poidan solucionar os grupos solucionaranse no foro correspondente que se abrirá na aula virtual. Preparación da Mesa Redonda e do ensaio, seguindo o modelo do exame, sobre o tema elixido. - É moi aconsellable a práctica da lectura en voz alta dos poemas. Moitos deles podedes escoitalos facendo unha busca a na web; se os preparades así melloraredes moitísimo a vosa pronunciación. Comprobade sempre a pronunciación das palabras. - É altamente aconsellable a realización de exercicios prácticos tomando como base o modelo do exame. - Recomendación para a memorización dos poemas: se tes unha memoria normal e non queres matarte moito, planifícate. Por exemplo, estuda semana unha secuencia tamaño cuarteto: un verso ao día os catro primeiros días e repaso o resto. Criterios de avaliación específicos da materia Avaliación continua e exame 13. Consideracións xenerais sobre a avaliación: - A asistencia as clases é obrigatoria e, polo tanto, requisito indispensable para aprobar a materia. Non poderá aprobar a materia (nin en maio nin en xullo) quen falte mais de tres veces ás clases sen presentar o debido xustificante en tempo e forma. Isto non supón ningún permiso para faltar á clase tres veces: que nalgún caso non sexa doado obter un xustificante formal non significa que se poida faltar sen xustificación (a falta á clase sen ningún tipo de xustificación resta 0'3 puntos da nota). O xustificante debe presentarse o mesmo día de reincorporación ás clases. Só serán xustificables aqueles motivos que se poden aducir en calquera outro traballo. - A pesares de que o exame ten a maior parte do peso na nota, a participación nas clases, así como a realización de tarefas programadas, é condición indispensable para obter unha boa cualificación, como podes ver no cadro que recolle os Aspectos que se terán en conta e o seu peso na avaliación global de cada alumno (páx. 22) e no modelo de ficha individual e de grupo. O exame: un único exame con dúas partes (ver modelo ao final desta Guía Docente):

Guía Didáctica da materia Poesía Inglesa 21 A primeira consiste na comprobación da lectura atenta das obras que aparecen nos arquivos da Aula Virtual. Constará de dous exercicios: unha versión en galego ou castelán dun poema (ou selección) para comprobar a comprensión da lingua e a fluidez de lectura do texto, e unhas preguntas para comprobar se se leron os poemas. Parte de comprobación: A superación da comprobación da lectura é un requisito indispensable para aprobar a materia e para poder presentarse á segunda parte do exame. Criterios: 1) Non se pode obter menos de 4 en dúas probas de tradución ou en dous apartados de comprobación de lectura. 2) Non se poden acumular mais de tres suspensos no conxunto das probas. 3) Non se poden suspender os tres exercicios de tradución nin os tres apartados de comprobación de lectura. 4) Excepción: un 4'5 nas tres traducións poderá recuperarse con notas superiores a 6 no apartado de comprobación de lectura e un 4'5 nos tres apartados de comprobación de lectura poderá recuperarse con notas superiores a 6 nas traducións. 5) Para obter nota final superior a aprobado ou notable, e necesario acadar un mínimo de 5 5 ou 7 5 respectivamente tanto nas probas de comprobación como na proba de comentario. Parte de comentario A segunda parte do exame consiste no comentario dun texto seguindo as pautas aprendidas ao longo do curso. Como podedes ver no modelo de exame (páx. 25), a proba de comentario vai precedida de outra de tradución do texto a comentar. Para que se avalíe o comentario é necesario ter nesa proba polo menos un 4'5. Atención: Para superar a materia hai que acadar un 4 sobre 10 como mínimo na segunda parte (comentario) do exame. Datas aproximadas de celebración das probas de comprobación: 1ª proba: 26 Febreiro De Wyatt a Gray. 2ª proba: 10 de abril. De Blake a Tennyson 3ª proba: 14 de maio. De W.B. Yeats a J.H. Prynne. A parte de comentario realizarase no día fixado no calendario oficial de exames. Os foros na Aula Virtual Abriranse foros na aula virtual para que se poidan facer preguntas sobre as dificultades de lingua que presenten os poemas. Para axudar a organizar as lecturas, abriranse varios foros para cada un dos bloques. Deberán estar subidas as preguntas nos correspondentes foros segundo o seguinte calendario: 1a (10 febreiro), 1b (22 febreiro); 2a (12 marzo), 2b (29 marzo), 2c (5 abril); 3a (16 abril), 3b (29 abril); 3c (10 maio). Memorización de versos Dos textos correspondentes a cada unha destas probas o alumno deberá memorizar 14 versos (poden ser un poema ou un extracto, sempre que formen

Guía Didáctica da materia Poesía Inglesa 22 un continuo de polo menos 7 versos). Poderase preguntar por estes versos ben cando se faga a parte da comprobación ou coincidindo coa parte do comentario. A memorización destes versos servirá para matizar a nota. Os matices son importantes. Por exemplo, dependendo da calidade da resposta, un suspenso por encima de un 4'5 poderá converterse en aprobado; un aprobado por encima de un 6'5, en notable, un notable por encima de 8'5, en sobresaínte; e decidir unha matrícula. Avaliación das presentacións e dos ensaios dos grupos Por tratarse dun traballo en grupo, ademais da contribución individual, cualificarase a coordinación do grupo. Non ten sentido que o grupo se limite a 'repartirse' artigos, poemas... nos que despois cada persoa traballa por separado; teranse que reflectir os resultados do debate interno do grupo tanto na presentación como na redacción do traballo, en particular na introdución e nas conclusións. Cualificarase a participación do resto da clase no debate. O profesor fará preguntas e cualificará as respostas non só dos presentadores senón tamén do resto da clase. Cualificarase a capacidade de argumentación e análise. Moi importante: Tanto na presentación oral como na redacción esixirase o nivel de lingua que corresponde ao último curso da carreira. Datas de presentación e entrega dos ensaios: A partir de mediados de marzo. Aspectos que se terán en conta e o seu peso na avaliación global de cada alumno (véxase tamén o modelo de ficha do alumno). Como podes ver no seguinte cadro, teranse en conta as túas apartacións escritas e orais ao longo do curso. Aspecto Criterios Instrumento Peso % Participación Observación e 15 notas do profesor Actividades Participación nos debates tanto presenciais como nos foros da Aula Virtual. Avaliarase a pronunciación na lectura dos poemas. Avaliarase o grao de corrección na estrutura, documentación e expresión das presentacións e a Traballos e presentacións 15

Guía Didáctica da materia Poesía Inglesa 23 Probas de comprobación Dominio teóricopráctico da materia Dominio de competencias Atención: memorización de poemas. - Dominio dos conceptos da materia. - Visión global da materia. - Capacidade analítica e crítica. - Coherencia na argumentación. - Organización do exame. - Destreza no comentario de textos. - Dominio adecuado da lingua inglesa. Tradución e preguntas sobre os textos Segunda parte do exame (comentario) Segunda parte do exame (comentario). A superación destas probas é condición indispensable para presentarse á segunda parte do exame. Ademais conta un 10% da nota do exame. Aplicaranse estes mesmos criterios de avaliación tanto nas convocatorias de maio e xullo como de fin de carreira e tamén no caso dos alumnos que repiten curso. No caso do alumnado con dispensa de asistencia, o exame computará o 100% da nota. INDIVIDUAL 35 35 FICHA NOME GRUPO PARTICIPACIÓN - Persoal - Presentación (do traballo en grupo) Calidade dos exemplos Precisión da análise Claridade expositiva - Traballo escrito Calidade das respostas ás preguntas (ver modelo exame páx. 25) Coherencia (Esixirase o nivel de lingua adecuado) EXAME: - Probas de Comprobación: Tradución 1ª 2ª 3ª Cuestións 1ª 2ª 3ª - Proba de comentario: Tradución Dobre Dimensión Sistema de Sistemas Referencias a outros poemas Claridade e profundidade da comprensión da clase Calidade da análise e rigor da argumentación Métrica

Guía Didáctica da materia Poesía Inglesa 24 (Esixirase o nivel de lingua adecuado) FICHA GRUPO TRABALLO: Tema Preparación presentacións (seguimento en titorías) Presentación: Coordinación do grupo Estrutura do traballo PARTICIPACIÓN NOS FOROS (Esixirase nivel de lingua adecuado) 14. Calendario Datas de exposición do temario Febreiro: Os eixos da análise (exemplificados en poemas do S. XX). Febreiro-Marzo: Renacemento. Marzo-Abril: Romanticismo. Abril-Maio: Modernismo. Maio: Despois do modernismo. Datas aproximadas de celebración das probas de comprobación: 1ª proba: 26 Febreiro De Wyatt a Gray. 2ª proba: 10 de abril. De Blake a Tennyson 3ª proba: 14 de maio. De W.B. Yeats a J.H. Prynne. Datas de presentación dos ensaios: A partir de mediados de marzo. 15. Recomendacións para a preparación da avaliación Leva o traballo ao día. - É imprescindible que organices o teu tempo e a lectura dos textos que aparecen nos arquivos da Aula Virtual. Fíxate no calendario (sección 13 desta Guía). - Imprime o modelo de exame e teno diante cando traballes. - Toma notas de xeito organizado e sistemático segundo les. As preguntas que aparecen

Guía Didáctica da materia Poesía Inglesa 25 nos modelos tanto do exercicio de comprobación como de comentario guiarante neste traballo. - É imprescindible que leves lidos os textos sobre os que se vai traballar nas clases expositivas ou interactivas e comprobada a pronunciación. Non facer isto é unha falta grave porque significa que non se están seguindo as pautas marcadas para o estudo adecuado da materia. Fallos na pronunciación penalizan seriamente a cualificación da túa intervención porque significa que ou ben non estás disposto/a a traballar como é debido ou que non te molestaches en ler os textos. - Todos os textos que se empreguen nas clases, figuren ou non nos arquivos da Aula Virtual, son materia de exame. - Debes coidar a toma de apuntes revisándoos despois das clases para asegurarte de que non queden lagoas ou puntos escuros. Se o fas así, a toma de apuntes deixará de ser mecánica e pasará a ser un magnífico exercicio de escritura. - Rematado un tema, debes preparalo a fondo. - É imprescindible que detectes e soluciones os problemas de lingua que poidan presentar os textos. - Aproveita as clases interactivas para aclarar conceptos. - Traballa en grupo, non só para facer as actividades, senón tamén para completar apuntes, detectar problemas de lingua e preparar os seminarios. - Solicitade debates sobre temas de especial interese para vos relacionados cos temas tratados ao longo do curso. - Practica co modelo de exame coidando a claridade conceptual, a estrutura e a argumentación. Fíxate que as tarefas encargadas en cada tema están directamente relacionadas coa práctica da escritura e co modelo de exame. - Utiliza as ferramentas que che proporciona a Aula Virtual. 16 Outras observacións importantes Non se permitirá o uso de aparatos electrónicos persoais na clase. O uso de móbiles considerarase una falta moi grave, será motivo de expulsión, e restará tres puntos na nota final. Non se permite o acceso á clase unha vez pechada a porta. 17. 0 modelo de exame: O exame ten dúas partes

Guía Didáctica da materia Poesía Inglesa 26 1) Tres probas de comprobación (ver calendario páx. 24). A versión correcta en galego ou castelán do texto que se pide traducir é imprescindible para superar estas probas. O tempo para facer esta proba dependerá da lonxitude do texto, pero esixirase traducir con fluidez (en xeral, pode oscilar entre 8 e 12 ). Unha vez feito isto, para superar a proba é tamén necesario responder correctamente ás cuestións da comprobación de lectura dos textos (ver modelo proba de comprobación, p.27). Dependendo da extensión das respostas, o tempo oscila entre 3 e 5 para este apartado. 2) Un breve ensaio que consistirá no comentario dun texto guiado por una serie de preguntas. Disporás de dous folios: un para facer o exame e outro para borrador. Para o comentario disporás dunha hora. Usa o borrador para facer un esquema do teu comentario; dedícalle aproximadamente 20 a este traballo preparatorio da túa redacción. Ten moi en conta que é fundamental amosar o coñecemento dos textos, a capacidade de análise dos mesmos, a capacidade de síntese das ideas da clase, así como a de relacionar, organizar e de argumentar. Debes completar o folio con letra, clara e espazos interlineais normais. Un folio incompleto di moito da túa incapacidade de análise e argumentación. Como verás no modelo de exame, tamén agora hai que traducir o texto ou parte do texto a comentar (antes de empezar a contar o tempo para o comentario); a tradución correcta é un requisito imprescindible para aprobar o exame. Tempo para a redacción (unha vez contestadas as preguntas de comprobación de lectura): 1 hora. Recorda: deberás aproveitar as actividades para practicar con este modelo de exame. Un dos aspectos da túa contribución ao traballo do grupo implicará precisamente a realización deste exercicio. I. Exemplo de exame de comprobación de lectura Name:... Group:... 1) Translate the following lines Descend from Heav'n Urania, by that name... If rightly thou art call'd, whose Voice divine... Following, above th' Olympian Hill I soare,... Above the flight of Pegasean wing.... The meaning, not the Name I call: for thou... Nor of the Muses nine, nor on the top... Of old Olympus dwell'st, but Heav'nlie borne,... Before the Hills appeerd, or Fountain flow'd,...

Guía Didáctica da materia Poesía Inglesa 27 Thou with Eternal wisdom didst converse,... Wisdom thy Sister, and with her didst play... In presence of th' Almightie Father, pleas'd... With thy Celestial Song. Up led by thee... Into the Heav'n of Heav'ns I have presum'd,... An Earthlie Guest, and drawn Empyreal Aire,... Thy tempring; with like safetie guided down... Return me to my Native Element:... Least from this flying Steed unrein'd, (as once... Bellerophon, though from a lower Clime)... Dismounted, on th' Aleian Field I fall... Erroneous there to wander and forlorne.... 2) Answer the following questions (examples) - Who is speaking? - Whom is the speaker addressing? - I fall/ Erroneous there to wander and forlorne Mention other sections of the poem echoed in this fragment. - Summarise the story that the poem this text belongs to tells (on the basis of the selection of the lines that you were asked to read in this course). - Mention other characters or mythical figures that appear in the poem. - Mention other scenes from the same poem that can be related to the one presented here. - Mention other examples of similar experiences expressed by the author of these lines in the poem from which this fragment is taken or in any of his poems that you have read. 3) Mention the requisitos normativos for the study of this subject established in the Guía Docente. 4) Write the first and the last four lines of the poem from the seventeenth century that you have learned. Autoavaliación: II. Exemplo de exame de comentario de texto : These beauteous forms, Through a long absence, have not been to me Name... Group...