Que dicimos cando non falamos? O silencio na comunicación

Similar documents
R/Ponzos s/n Ferrol A Coruña Telf Fax

GUÍA DE MIGRACIÓN DE CURSOS PARA PLATEGA2. Realización da copia de seguridade e restauración.

COMO XOGAR A KAHOOT Se vas xogar por primeira vez, recomendámosche que leas este documento QUE É KAHOOT?

Acceso web ó correo Exchange (OWA)

O SOFTWARE LIBRE NAS ENTIDADES DE GALIZA

Narrador e Narradora Narrador Narradora Narrador

Silencio! Estase a calcular

Síntesis da programación didáctica

Name: Surname: Presto= very fast Allegro= fast Andante= at a walking pace Adagio= slow Largo= very slow

Carlos Cabana Lesson Transcript - Part 11

As categorías non verbais. Análise dunha narración oral en galego

Se (If) Rudyard Kipling. Tradución de Miguel Anxo Mouriño

Problema 1. A neta de Lola

DSpace da Universidade de Santiago de Compostela

Facultade de Fisioterapia

a) Japanese/English (difficult)... b) The weather in Africa/ the weather in the Antarctic (cold)... c) A car/ a bike (fast)

Estudos sobre. lingüístico no galego actual

PROPOSTA PEDAGÓXICA PROCESO DE FAMILIARIZACIÓN Á ESCOLA INFANTIL

the creation of the autonomous regions and the enactment of the Gali the status of the official language of the region and began to be taught in

Lingua e Docencia Universitaria V Xornadas sobre Lingua e Usos

PARTE I. VIVALDI: Concierto en MI M. op. 3 n.12

EL SHOCK SENTIMENTAL. COMO SUPERARLO Y RECUPERAR LA CAPACIDAD DE AMAR (SPANISH EDITION) BY STEPHEN GULLO /CONNIE CHURCH

EL SHOCK SENTIMENTAL. COMO SUPERARLO Y RECUPERAR LA CAPACIDAD DE AMAR (SPANISH EDITION) BY STEPHEN GULLO /CONNIE CHURCH

SOCIEDADES MULTICULTURAIS, INTERCULTURA- LIDADE E EDUCACIÓN INTEGRAL. A RESPOSTA DENDE A EDUCACIÓN PERSONALIZADA

MUDE SEU FUTURO ATRAVES DAS ABERTURAS TEMPORAIS (PORTUGUESE EDITION) BY L Y JP GARNIER MALET

DESFOCADOS. a distração programada da internet em N. Carr. Joana Rocha. Congresso de Cibercultura Universidade do Minho

CREACIÓN DE PÓSTERS CON GLOGSTER. Miguel Mourón Regueira

Metodoloxía copyleft en educación

"Por" and "Para" Notes: 1. The written lesson is below. 2. Links to quizzes, tests, etc. are to the left.

Home-School Connection

As pinturas non din non 1. Sol Worth

COMO INTERPRETAR O CONVENIO EUROPEO DA PAISAXE

Paper Reference. Paper Reference(s) 4440/01 London Examinations IGCSE Spanish Paper 1: Listening

O INGLÉS EN INFANTIL: UNHA PORTA AO PLURILINGÜISMO

Sobre o uso de cara a / cara na norma galega

O uso de construcións con verbos soporte en aprendices de español como lingua estranxeira e en falantes nativos

Indagacións sobre a produción do real: obxectos, procesos e relacións

Estudo das colocacións a través da análise de corpus

Contra a morte das linguas: o caso do galego

Competencias docentes do profesorado universitario. Calidade e desenvolvemento profesional

Xogos e obradoiros sobre o cambio climático que Climántica desenvolve en centros educativos

MINISTERIO DE EDUCACIÓN Y CIENCIA

How about see with the others in a globalized and intercultural era

A CULTURA CIENTÍFICA. ESTRATEXIAS DE COMUNICACIÓN E DE INTEGRACIÓN

Discurso literario e sociedade nos países de fala inglesa

A INTERFERENCIA FONÉTICA NO ESPAÑOL DA CORUÑA. A VOCAL [o] TÓNICA. Sandra Faginas Souto 1 Universidade da Coruña

Este é o meu plano; quere axudarme a realizalo? Pero, naturalmente, vostede quere, aínda máis, debe axudarme. Franz Kafka, Na colonia penitenciaria

Modelos matemáticos e substitución lingüística

Anexo IV: Xestionar o currículum da etapa:

1. Take today s notes 2. En silencio, sientate 3. Vamonos! In English, escribe about why time is important. Use the questions to prompt you.

BILINGÜISMO, DESENVOLVEMENTO E APRENDIZAXE ESCOLAR: UNHA PROPOSTA DE INTERVENCIÓN NA ESCOLA

DÍA DA CIENCIA EN GALEGO CEIP DE CERVO 2014/15 PUCA QUERE SABER SOBRE

Blink: SIP conferencing done right Saúl Ibarra Corretgé AG Projects

Bibliografía. nos cinco formas en que puede ser sostenido: la tesis sincrética, el cuasicontextualismo,

A TRANSICIÓN DA UNIVERSIDADE Ó TRABALLO: UNHA APROXIMACIÓN EMPÍRICA

THEY BOTH MEAN FOR, BUT SO MUCH MORE! You cannot use them interchangeably, you have the learn the rules, when to use PARA, when to use POR!

OBSERVACIÓNS SOBRE AS ACTITUDES E OS COMPORTAMENTOS RELATIVOS ÓS CAMBIOS DE CÓDIGO EN SANTIAGO DE COMPOSTELA *

incidiu noutras linguas. Cadernos de Fraseoloxía Galega 12, 2010, ISSN

As variantes gran e grande dentro da frase nominal

Reflexións sobre a situación sociolingüística galega dende o paradigma da complexidade

SINTAXE José M. García-Miguel e Carmen Cabeza (Universidade de Vigo)

Educación Social e equipamentos sociocomunitarios. Unha análise desde o concello e as asociacións de A Veiga (Ourense)

C A D E R N O S D E L I N G U A

RECURSOS PARA O TRABALLO COS VOLUNTARIOS E VOLUNTARIAS NUNHA ENTIDADE DE VOLUNTARIADO. Módulo IV Traballando por proxectos

A tradución audiovisual como recurso didáctico no proceso de ensinanza-aprendizaxe de linguas

2012 Molly Martin, MD. All rights reserved. docmolly.com

GUíA COOP. GUíA DE COOPERATIVISMO Unidade didáctica CICLO DE EDUCACIÓN PRIMARIA

ÁMBITO DE COMUNICACIÓN Lengua extranjera: Inglés

sobre literatura e filosofía nº 11, febreiro de 2016 Chus Pato A mímese arcaica Euseino?

Alba Lago Martínez Universidade da Coruña Recibido o 14/11/2013. Aceptado o 27/03/2014

Aproximación ó funcionamento do suxeito na construción dos verbos de movemento: comportamento prototípico e singularidades construtivas

A discapacidade en imaxe

Revista Galega de Economía Vol (2016)

TRASTORNOS DA LINGUAXE NOS NENOS CEGOS DE NACEMENTO

Lingua galega e preconcepto

Problemas na orixe da alternancia dos alófonos dos fonemas /b d / 0. Introdución1 1. Distribución e descrición dos alófonos dos segmentos implicados

VIGOSÓNICO V C O N C U R S O V I D E O C L I P S Calquera proposta estética para o vídeo: cine, animación, cor, branco e negro,...

O discurso electrónico: a interacción comunicativa no contexto virtual*

INFORME DE AVALIACIÓN DOS BANCOS DO TEMPO DO PROXECTO CONTA CON ELAS

Os proxectos na Educación Infantil. Análise dunha experiencia sobre os dinosauros

Revista Galega de Economía Vol (2017)

Recursos para a lingua

Roland Barthes dicía que "necesidade" é unha palabra de uso común, daquelas ás que se solicita e das que se obtén todo o que se quere.

SECUENCIAS DE YOGA (SPANISH EDITION) BY MARK STEPHENS DOWNLOAD EBOOK : SECUENCIAS DE YOGA (SPANISH EDITION) BY MARK STEPHENS PDF

O PROBLEMA DO COÑECEMENTO

O IMPACTO DA GLOBALIZACIÓN NOS CONCEPTOS SOCIOLÓXICOS. COMUNIDADE, CULTURA E MEDIO. Martin Albrow, John Eade, Jörg Dürrschmidt e Neil Washbourne 1.

O CONSENTIMENTO INFORMADO COMO DEREITO FUNDAMENTAL: INMUNIDADE OU AUTODETERMINACIÓN? *

27 Técnicas de persuasión: Estrategias para convencer y ganar aliados (Spanish Edition)

From the children s author to the adult author: a story of the cycle(s) of the authorship(s)

On how to apply some aspects of systemic grammar to literary analysis: the ideational component in City Folks by T. S. Winslow

Projections of time in Cara Inversa (Inverse Face) Laura López Fernández Univ. of Waikato NZ

ELABORACIÓN DUN TEST PARA ESTIMA-LO TAMAÑO DO VOCABULARIO COÑECIDO EN LINGUA GALEGA

A hermenéutica cultural como ferramenta para a fraseoloxía. O caso dos dicta populares sobre o paseo e a paisaxe 1

PRESENTACIÓN MATERIA MATERIA INGLÉS CURSO 4º ESO CURSO ACADÉMICO PROFESOR Mª CRUZ MASEDA FRANCOS

marcoeuropeocomún de referencia para as linguas: aprendizaxe, ensino, avaliación

administración cidadanía. _02_NÚRIA BOSCH (IEB / Univ. de Barcelona), «Algunhas propostas para a ampliación das competencias dos gobernos

TRABALLO DE FIN DE GRAO

NOME DO CENTRO: IES CANIDO CURSO ESCOLAR: 2016/2017 INGLÉS 1º ESO

Evolución dos exames de Historia nas PAU de Galicia ( )

Trece sobres azules (Maeva Young) (Spanish Edition)

Transcription:

Que dicimos cando non falamos? O silencio na comunicación What do we say when we do not talk? Silence in communication Aitor RIVAS RODRÍGUEZ Universidade de Tübingen Romanisches Seminar aitor.rivas@uni-tuebingen.de [Recibido, xaneiro 2009; aceptado, febreiro, 2009] Hai persoas silenciosas que son moito máis interesantes ca os mellores oradores. Benjamin Disraeli (1766-1848) O silencio é o único amigo que xamais traizoa. Confucio (551 A.C. - 478 A.C.) RESUMO Que dicimos cando non falamos? Esta é unha das preguntas que xorde antes de falarmos sobre o silencio. As nosas producións comunicativas son moi complexas e é ben sabido que a linguaxe é só unha parte, pois tamén son importantes outras compoñentes da comunicación coma a paralinguaxe, a quinésica e o silencio. Neste artigo centrarémonos na análise do silencio como un elemento importantísimo para entender calquera intercambio comunicativo. Veremos cales son as súas funcións e un exemplo onde o silencio non se corresponde coa quietude, isto é, o movemento di cousas que a comunicación verbal nega. O conxunto da miña análise pretende ser unha pequenísima achega a un enfoque comunicativo multidisciplinar e quere asentar os alicerces dos estudos de comunicación non verbal da comunidade de fala galega. PALABRAS CHAVE: Comunicación non verbal, silencio, quietude, quinésica. RIVAS RODRÍGUEZ, A., (2009): Que dicimos cando non falamos? O silencio na comunicación. Madrygal (Madr.), 12: 99-107. RESUMEN Que dicimos cando non falamos? Esta es una de las preguntas que surge antes de hablar sobre el silencio. Nuestras producciones comunicativas son muy complejas y sabemos que el lenguaje es solo una parte, porque también son importantes outros componentes de la comunicación como el paralenguaje, la quinésica y el silencio. En este artículo nos centraremos en el análisis del silencio como un elemento importantísimo para entender cualquier intercambio comunicativo. Veremos cuáles son sus funciones y algunos ejemplos en los que el silencio no se corresponde con la quietud, es decir, el movimiento dice cosas contrarias a lo que dice la comunicación verbal. El conjunto de mi análisis pretende ser una pequeñísima aportación a un enfoque comunicativo multidisciplinar y quiere asentar los cimientos de los estudios de comunicación no verbal de la comunidad de habla gallega. PALABRAS CLAVE: Comunicación no verbal, silencio, quietud, kinésica. RIVAS RODRÍGUEZ, A., (2009):. Que dicimos cando non falamos? O silencio na comunicación. Madrygal (Madr.), 12: 99-107. ISSN:1138-9664

ABSTRACT What do we say when we do not talk? That is one of the questions we face when talking about silence. Our communicative output is a complex one; it is well know that speaking is just one of our elements of communication, as some others such as the paralanguage, kinetics and even silence are also important. This article focuses on the analysis of silence as an extremely important element to understand any communicative exchange. We shall see which its functions are and we shall study one example where silence does not exactly match stillness, i.e. the movement that affirms what verbal communication denies. The collection of my analysis intends to be a tiny approach to a multidisciplinar comunicative focus willing to set up the basis for the studies on non-verbal comunication for the Galician-speaking comunity. KEY WORDS: Non-verbal communication, silence, stillness, kinesics. RIVAS RODRÍGUEZ, A., (2009): What do we say when we do not talk? Silence in communication. Madrygal (Madr.), 12: 99-107. SUMARIO: 1. O silencio. 2. O silencio comunica? 3. Funcións do silencio e a quietude. 3.1. Como signos propiamente ditos. 3.2. Como signos cero. 3.3. Como portadores da actividade precedente. 4. Cualificadores e coestruturación intersistémica do silencio e a quietude. 5. Funcións positivas e negativas dos silencios interactivos. 6. Actitudes fronte ao silencio noutras culturas. 7. Un exemplo práctico. 8. Conclusións. 9. Referencias bibliográficas. 1. O SILENCIO A compoñente da comunicación da que queremos tratar neste artigo é o silencio. O silencio e a quietude defínense en oposición ao son e ao movemento. O silencio é a ausencia de son, mentres que a quietude é a ausencia de movemento. O silencio pode ir ligado á quietude ou non. Ás veces aparece a quietude xunta o silencio pero, na maioría das ocasións, o silencio verbal acompáñase de movementos quinésicos (que son os encargados de transmitir a maior parte da información comunicativa). Dentro da quietude, que se emprega como termo xenérico, Poyatos (1994a: 165) establece tamén unha diferenza entre o termo non-actividade e inactividade. O primeiro deles é algo activo, con status propio; mentres que o segundo non é máis ca a falta de actividade. Nos estudos do son e do movemento dentro da comunicación (verbal e non verbal) é preciso recoñecer a importancia do silencio e da quietude para realizar funcións estruturais e comunicativas, é dicir os seus valores comunicativos. A paralinguaxe é a disciplina encargada do estudo do silencio. 2. O SILENCIO COMUNICA? Moita xente adoita pensar que o silencio non comunica. en situacións onde non sabemos que dicir tendemos a calar e cremos que así non dicimos nada. Pero non debemos esquecer que a ausencia de son tamén serve para comunicar (Poyatos 1994b: 165-172) moitas cousas e de moitos xeitos diferentes! Que é o silencio? Trátase só da ausencia de son? Cal é a diferenza entre unha pausa e un silencio? Cestero (1999: 35) di que debemos distinguir entre as pausas, definidas como ausencia de fala durante un período de tempo comprendido entre 0 e 1 segundos aproximadamente, e os silencios ou ausencia de fala durante máis de 1 segundo. Así pois, unha pausa que se prolongue durante máis tempo converterase nun silencio. A maioría das pausas son involuntarias, mentres que (normalmente) os silencios son forzados. O silencio é o espazo máis fecundo da comunicación non verbal: o silencio combínase con outros modos de comunicación na interacción. Durante o tempo en que non existe a presenza da lingua (verbal) a comunicación non verbal, a quinésica, a proxémica etc. cobran todo o protagonismo do discurso. O pioneiro nos estudos da comunicación non verbal, Birdwhistell (1979) chegou á conclusión de que se o modo verbal leva con maior frecuencia a información intencional explícita, outros modos aseguran outras funcións que tamén son importantes. En última instancia, tanto o silencio coma o xesto son capaces de desempeñar calquera actividade, do mesmo xeito ca a palabra. 3. FUNCIÓNS DO SILENCIO E A QUIETUDE A excelente tese de doutoramento de Mateu Serra (2004) sitúa o problema principal: cal é o 100

lugar que ocupa o silencio na comunicación? Ao longo das súas páxinas, a autora analiza as relacións que se estabelecen entre o silencio e a comunicación non verbal. Presentarei aquí as dúas formas que achei máis interesantes para o meu estudo. Por unha banda, Kurzon (1997) relaciona o silencio coa comunicación non verbal, nun intento de aproximación dende un punto de vista semiótico. Parte de conceptos da lóxica de predicados aristotélicos para explicar as relacións entre a fala e o silencio. Vexamos a súa proposta. (Cuadro 1.) Neste cadro, fala e silencio son termos contrarios. Enténdese que unha persoa non pode falar e e estar en silencio ao mesmo tempo. Así pois, o concepto de non-fala, termo que se opón a fala, implica o silencio. Segundo Mateu Serra (2004: 143), na teoría de Kurzon hai un pequeno paradoxo, consecuencia do duplo significado da noción de non-fala: en ausencia de comunicación non implica silencio, porque este vén definido como actividade comunicativa. no caso da comunicación non verbal (quinésica, paralinguaxe, proxémica e cronémica) o silencio pode acompañar a fala. Parece que a non-fala implica silencio e, porén, o silencio non pode coincidir coa fala. O silencio é comunicación non verbal, pero representa un papel diferente aos outros tipos de comunicación non verbais. Por outra banda, o lingüista Poyatos entende o silencio e a quietude dentro do seguinte esquema. (Cuadro 2.): Deseguido ofrecerei unha breve explicación deste esquema. 3.1. COMO SIGNOS PROPIAMENTE DITOS O silencio e a quietude poden decodificarse como signos propiamente ditos. O significado, a verdadeira mensaxe, non vén dado pola carencia dos signos esperados, senón polo silencio mesmo, sen referencia a nada máis. O discurso, ou a conduta quinésica no noso caso, pode cambiar sen ningunha actividade ou interrupción intermedia, pero os seus elementos modificadores si que cambian e son percibidos como volume, ton ou nasalidade no falar, ou como intensidade de articulación quinésica ou campo de movemento. O silencio e a quietude non poden variar dunha maneira sensíbel en si mesmos, unicamente na súa duración porque son non-actividades dende un punto de vista físico. A súa natureza é negativa só fisicamente, pero nunca dende un punto de vista semiótico. En definitiva, o silencio e a quietude poden interpretarse en virtude das actividades físicas ou puramente intelectuais simultáneas. O que fai que o son e o movemento sexan o que son, o que os define como tales, é o que cambia, pero no silencio e a quietude o único que cambia é o que llos rodea. Cuadro 1. Speech and silence as contraries.fonte: Kurzon (2007: 11) 101

Adaptamos o cadro de Poyatos (1994a: 172). 3.2. COMO SIGNOS CERO Sebeok (1977) afirma que o silencio e a quietude tamén poden funcionar como signos cero e significar precisamente pola súa ausencia en si mesma, é dicir, pola falta de son ou movemento cando esas actividades serían de esperar. Tamén poderiamos distinguir entre o signo cero, do que coñecemos a mensaxe (positivo) e o que descodificamos só como ausencia da actividade (negativo). Un silencio de signo cero xera, tanto no receptor coma no emisor, unha actividade mental que é a percepción persoal polo receptor 102 desa ausencia de actividades sonoras comunicativas, principalmente na fala e, segundo a situación, o pensamento de quen está a producir o silencio. 3.3. COMO PORTADORES DA ACTIVIDADE PRECEDENTE Dende o punto de vista da interacción social, este é o aspecto semiótico máis interesente do silencio e a quietude. Trátase da súa capacidade para actuar como portadores da actividade inmediatamente precedente.

Se a un rotundo Mentira! ou Quérote! segue unha pausa longa, esas palabras prolónganse máis intensamente na nosa mente, transportadas e aumentadas polo silencio que as amplifica e define moito mellor o seu significado e con máis eficacia que se a persoa seguise falando. En canto ao movemento, un xesto ameazante, un sorriso, un emblema ou unha mirada fixa, son aumentados pola quietude que pode seguir a ese xesto concreto. O efecto do silencio intensifícase cando está acompañado simultaneamente pola quietude, e viceversa, xa que o son e o movemento son dúas actividades que case sempre cesan á vez. No epígrafe 7 tratarei dun exemplo onde acontece o contrario, o silencio precede ao texto verbal. Unha das aplicacións máis interesantes da función portadora do silencio revélase cando lemos ou contamos contos aos nenos, ou en calquera narración perante adultos. 4. CUALIFICADORES E COESTRUTURACIÓN INTERSISTÉMICA DO SILENCIO E A QUIETUDE Aintensidade vén determinada polas características dos elementos inmediatamente precedentes, simultáneos ou seguintes a ese silencio ou quietude. A duración, que modifica a intensidade. Esta será maior canto máis dure o silencio, pois desempeña a función portadora e determina o efecto das palabras acabadas de dicir. En canto á súa coestruturación, trátase de traballar arredor da relación que exista entre un silencio e: Os elementos precedentes, é dicir, o que se dixo ou non, o que se fixo ou non. Os elementos simultáneos, os que acontecen á vez, mesmo os pensamentos que se imaxinan na mente da outra persoa, pero tamén os que non acontecen. Os elementos seguintes que, acontezan ou non, poden afectar ao silencio. Calquera silencio ou quietude de calquera duración está moi lonxe de ser algo semanticamente independente, pois sempre estará afectado non só polas actividades e non-actividades verbais ou non verbais dos cointeractores, senón tamén polas nosas propias. Pero o proceso semiótico é moito máis complexo, xa que o silencio da outra persoa pode ser suscistado polas nosas actividades ou non-actividades precedentes, simultáneas ou seguintes. 5. FUNCIÓNS POSITIVAS E NEGATIVAS DOS SILENCIOS INTERACTIVOS As funcións positivas do silencio son as seguintes: a) O silencio natural do ambiente, durante o que podemos escoitar os sons insignificantes que realzan o silencio en si mesmo e moitos alternantes paralingüísticos que o fan máis significativo. b) O silencio de rapport, durante o que, aínda cando as palabras son innecesarias para a comunicación, medran en profundidade os sentimentos mutuos, precisamente por compartilo. c) O silencio do amor compasivo, que une en lugar de separar, que mantemos ante a dor doutra persoa ou cun enfermo a quen non lle hai nada que dicir. d) O silencio profesional que debe ofrecerse, por exemplo, en tantas situacións entre o médico e a enfermeira e o seu paciente, nas entrevistas para selección de persoal etc. As dúas principais funcións que se consideran negativas son estas: a) Para expresar actitudes negativas, como negación de comunicación, unha forma que xeralmente vai acompañada da negación do contacto ocular. Por exemplo: sentados á mesa, negando o saúdo, comunicando sentimentos persoais negativos etc. b) Como silencio manipulativo, utilizado intencionadamente, xa que se sabe que a ansiedade que causa está en proporción directa á súa duración, até conseguir o seu propósito para reducir a eficacia persoal de alguén. Por exemplo: nunha entrevista. É importante decatármonos de que estas funcións só teñen vixencia na nosa cultura, pois para moitos outros pobos os significados do silencio son ben diferentes. Presentarei agora algúns 103

exemplos clásicos que presentan comportamentos moi distantes. 6. ACTITUDES FRONTE AO SILENCIO NOUTRAS CULTURAS Os textos de Marshall (1961) sobre os bosquimáns!kung, unha sociedade nómade e cazadora nas antípodas culturais da nosa propia sociedade urbana e cosmopolita, soan moi familiares. Cóntanos que os!kung falan sen parar cando están en grupo, e segundo Marshall (1961: 232) son o pobo máis falador que coñezo. Podemos comparar a necesidade que senten os!kung de falar para asegurarse de que non se acumula a tensión coa actitude dos apaches occidentais con respecto ao silencio. Mentres que os!kung falan para evitar a incerteza nas relacións humanas, os apaches occidentais do centroleste de Arizona prefiren gardar silencio cando a probabilidade de que exista esa incerteza é forte. Segundo as investigacións de Basso (1970), gardan silencio ao atopárense con estraños, tanto con outros apaches occidentais como con forasteiros; e espérase que eses estraños garden tamén silencio. Os nenos que retornan dos internados do goberno son recibidos en silencio, e espérase que eles tamén garden silencio. Esta situación mantense ata que un se afai de novo á presenza dos outros. Cando a alguén lle berran, é dicir, cando recibe un castigo verbal, tamén é o silencio a resposta apropiada, aínda que o castigo sexa inmerecido. Os apaches occidentais cren que contestar serve unicamente para empeorar as cousas. Outros estudos realizados na etnografía da comunicación demostraron que tamén noutros pobos primitivos coma os indios de Warm Springs ou os atabascas, os individuos prefiren relacionarse con maior frecuencia a través do modelo de interacción estruturado arredor do silencio, en oposición á cultura occidental, que segue o modelo estruturado arredor da palabra. Así, mentres que nalgunhas culturas europeas e occidentais precisamos un motivo para calar, os indios apaches norteamericanos necesitan dun motivo para falar, pois a conduta silenciosa é a habitual na súa forma de actuar. Fronte a isto, aparécenos a descuberta de Reisman (1974), que analiza a fala dos habitantes dun pobo que vive na illa de Antigua, no Caribe. Segundo el as convencións de Antigua parecen, de primeiras, case anárquicas. Fundamentalmente, non hai ningún condicionamento regular para que non falen dúas ou tres persoas a un tempo. O comezo dunha voz nova non representa un sinal para que a voz de quen está a falar deixe de facelo nin de instituír un proceso que decidirá quen vai dominar a quenda. Cando alguén se achega a un grupo informal, por exemplo, non recibe ningún saúdo especial; nin existe ningunha pausa nin outro sinal formal de que estea incluído no grupo. Ninguén parece prestarlle ningunha atención. Cando lle pareza oportuno, simplemente dará en falar. Pode que o escoiten, pode que non. Se non o escoitan a primeira vez, intentarao as veces que faga falta. Eventualmente, será escoitado ou desistirá. Reisman (1974: 113), tradución miña. 7. UN EXEMPLO PRÁCTICO Como dixen en traballos anteriores (Rivas: 2006, 2008a) en primeiro lugar é preciso coñecer o contexto cultural da situación que se quere analizar, logo haberá que comezar sempre por unha detallada descrición e finalmente pasar á análise dos fenómenos non verbais cos que se pretende traballar. Deseguido presentarei un caso de silencio: trátase da gravación do relato humorístico dun narrador. Entre os fotogramas 1A e 1C que collín da miña gravación (Rivas, 2008b: 38-43) hai seis segundos de completo silencio. Velaquí a miña descrición temporalizada, ligada con cada un dos movementos do narrador. Hai varios momentos moi marcados, que podemos distinguir e secuenciar. Son os seguintes: 1.º Repena a barba. 2.º Desliza polo queixo os dedos índice e polgar. (Fotograma 1-A) 3.º Fai un movemento coa man. 4.º Coloca os dedos en forma de L embaixo da boca. (Fotograma 1-B) 5.º Fai un xesto cos dedos e fixa a súa ollada no público. Ao comezo do treito escollido, o narrador ten o ombreiro dereito lixeiramente caído, co brazo apoiado no van. A boca está esbozando un pequeno sorriso durante os primeiros tres ou catro segundos, pero case non se percibe porque ten a man diante, pegada ao beizo inferior. A man esquerda, cos seus dedos índice e pol- 104

Fotograma 1-A gar, deslízase polo queixo, repenando, arranxando ou simplemente xogando coa barba, nun xesto que semella darlle interese á persoa que fala. É moi coñecida esa posición da man que se emprega nas imitacións e parodias para significar que alguén se dá aires de seriedade. Cómpre destacar a ingresión de aire polo nariz, cun lixeiro ruído que se produce despois de dous segundos, pois é o único son que se aprecia neste treito. Pero, sen dúbida, o que marca a difererenza neste treito é a ollada: está perdida, ao lonxe, na parte inferior no primeiro momento, pasando a continuación a fixarse directamente no centro da cámara, como querendo enxergar toda a audiencia e disposto a lle contar a nova máis importante do mundo, preparándoa para recibir un gran consello. É como a ollada dos políticos: directa e interesante. Cara ao final do treito, hai un levantamento da testa, co que se rompe o silencio e o momento de tensión xestual. Isto acontece cando o silencio acada o seu cumio. É o momento en que o silencio adquire o seu valor deíctico máis representativo. Como afirma Fierro (1992: 69) un longo silencio non unido a xestos comunicativos pode chegar a ser tenso e deteriorar unha situación e unha relación. Pero este non é o noso caso. Ese silencio é deíctico, é dicir, preséntanos algo que vai vir despois (unha cadea verbal) e prepáranos para o chiste ou gag final. O narrador consegue aquí un control do silencio que el mesmo crea. Trátase do mantemento da atención da audiencia mediante os seus xestos. Mantén a audiencia á expectativa. A función final é manter o suspense, facer agardar ao público. Esta é unha das destrezas dun narrador: ser quen Fotograma 1-B Fotograma 1-C 105

de engaiolar aos seus oíntes e provocar neles unhas determinadas sensacións. Consegue emocionar porque as palabras, os silencios e os xestos dan vida ás accións dos personaxes. Na parte final (fotograma 1-C), co levantamento da testa, a tensión xestual rómpese e o narrador dá en falar. O levantamento da testa e a introdución da fala son os dous elementos que rompen con esa tensión. O narrador creou un silencio que mantivo durante seis segundos e vai ser el mesmo o encargado de o romper. Así consegue captar a audiencia e facer que estea pendente del. Todo o que faga a continuación será seguido con moita atención polos espectadores. Entre todas as destrezas do narrador, esta é unha das máis importantes: o control do silencio e da tensión xestual. Un bo narrador, especialmente un contacontos, controla estes aspectos con moita precisión. Para iso é preciso que o narrador saiba atopar os momentos axeitados. Non terá sentido un silencio nunha altura da historia na que non hai nada interesante. Do mesmo xeito, estes silencios poden servir para reforzar e dignificar os mellores momentos das narracións. 8. CONCLUSIÓNS Ao longo destas liñas tentei achegar os estudos do silencio á nosa comunidade de fala e reflexionar sobre as diferentes funcións e comportamentos culturais fronte a este fenómeno que está presente na nosa comunicación cotiá. Por último, paréceme importante destacar estas catro ideas: 1. A comunicación non verbal, da que forma parte o silencio, é unha disciplina tan merecente de estudo como calquera outra. E non se debe esquecer que canto máis aprendamos da comunicación non verbal, máis saberemos da linguaxe verbal. 2. O silencio non é bo nin malo, positivo nin negativo. Depende totalmente do contexto no que se insire. O noso embigo pode ser bonito, pero temos que sermos conscientes de que hai moitos máis no mundo e non podemos ficar ollando só para o noso. Todas as culturas teñen os seus comportamentos comunicativos e só se facemos un esforzo por estudalos poderemos comprendelas mellor. 3. A comunicación non verbal está presente de xeito permanente ao longo do discurso pero, coa presenza do silencio, os comportamentos non verbais (quinésica, paralinguaxe, proxémica e cronémica) cobra un protagonismo absoluto. O silencio eríxese, entón, como o espazo necesario para o desenvolvemento da comunicación non verbal e, polo tanto, este realiza unha actividade integradora de primeira orde. 4. O silencio pode mudar o significado do que se dixo con anterioridade e, tamén, como veño de comprobar, pode funcionar como presentador ou deíctico do que virá despois. Serve, pois como intensificador do texto anterior ou posterior. Que dicimos cando non falamos? Non lles sei, pero está claro que o silencio di de nós moito máis do que cremos. 106

9. REFERENCIAS BIBLIOGRÁFICAS BASSO, K. H. (1970): To give up on words: Silence in Western Apache Culture. Sourhwestern Journal of Anthropology. The University of New Mexico, 26 (3). pp. 213-230. BIRDWHISTELL, Ray L. (1979): El lenguaje de la expresión corporal. Barcelona: Gustavo Gili. CESTERO MANCERA, Ana M.ª (1999): Comunicación no verbal y enseñanza de lenguas extranjeras. Madrid: Arco libros. FIERRO, A. (1992): La conducta del silencio, en C. Castilla del Pino (comp.): El silencio. Madrid: Alianza Universidad. pp. 47-78. KURZON, Dennis (1997): Discourse of silence. Amsterdam: John Benjamins Publishing Company. MARSHALL, L. (1961): Sharing, Talking, and Giving: Relief of Social Tensions among Kung Bushmen. Africa 31. pp. 231-249. MATEU SERRA, Rosa (2004): El lugar del silencio en el proceso de comunicación. Tese de doutoramento inédita. Universitat de Lleida. POYATOS, Fernando (1994a): La comunicación no verbal. I. Cultura, lenguaje y conversación. Madrid: Istmo. (1994b): La comunicación no verbal. II. Paralenguaje, kinésica e interacción. Madrid: Istmo. REISMAN, Karl (1974): Contrapuntal conversations in an Antiguan village, en Bauman, R. and Sherzer, J. (eds.): Explorations in the Ethnography of Speaking. Cambridge: Cambridge University Press. RIVAS, Aitor (2006): A retranca na quinésica dun contacontos, en A Trabe de Ouro 67. pp. 323-342. (2008a): O comportamento quinésico: diferenzas entre dous emblemas empregados en Galiza e en Alemaña, en Galicien Magazin 19. Trier. (2008b): Introdución á comunicación non verbal. Panorama de investigación, en Elisa Fernández Rei e Xosé Luís Regueira (eds.): Perspectivas sobre a oralidade. Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega. pp. 21-47. SEBEOK, Thomas A. (1977): How Animals Communicate. Bloomington: Indiana University Press. 107