II PLAN PARA A IGUALDADE DE OPORTUNIDADES ENTRE MULLERES E HOMES DE VIMIANZO ( )

Similar documents
III PLAN MUNICIPAL DE IGUALDADE ENTRE MULLERES E HOMES

II PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES ENTREE MULLERES E HOMES CONCELLO DE CERCEDA

COMO XOGAR A KAHOOT Se vas xogar por primeira vez, recomendámosche que leas este documento QUE É KAHOOT?

O SOFTWARE LIBRE NAS ENTIDADES DE GALIZA

R/Ponzos s/n Ferrol A Coruña Telf Fax

Síntesis da programación didáctica

Acceso web ó correo Exchange (OWA)

GUÍA DE MIGRACIÓN DE CURSOS PARA PLATEGA2. Realización da copia de seguridade e restauración.

Silencio! Estase a calcular

plan estratéxico 2016 >> 2020

VIGOSÓNICO V C O N C U R S O V I D E O C L I P S Calquera proposta estética para o vídeo: cine, animación, cor, branco e negro,...

CRÉDITOS Edita: Dirección Xeral de Traballo e Economía Social Conselleria de Traballo e Benestar

PLAN DE COMUNICACIÓN DO PROGRAMA OPERATIVO DO FSE DE GALICIA

Rede CeMIT Cursos Gratuítos de Alfabetización Dixital NOVEMBRO Aula CeMIT de Cuntis

Guía para a elaboración das Estratexias de desenvolvemento local das zonas pesqueiras FEMP

O Software Libre nas Empresas de Galicia

Esta me. moria foi realizada por: Esta memoria foi realizada por: Mª Alcira Baleato Negreira (Traballadora social Centro de Saúde Fontiñas)

REUNIÓN CONVOCATORIAS SUBVENCIÓNS 2018 SECCIÓN DE SERVIZOS SOCIAIS SERVIZO DE ACCIÓN SOCIAL, CULTURAL E DEPORTES

INFORME DE AVALIACIÓN DOS BANCOS DO TEMPO DO PROXECTO CONTA CON ELAS

Informe do estudo de CLIMA LABORAL do Sergas

PROGRAMA FORMATIVO DA ESPECIALIDADE FORMATIVA TÉCNICAS DE MARKETING ON LINE, BUSCADORES, SOCIAL MEDIA E MÓBIL COMM049PO

CURSO UNIVERSITARIO CON APROBACIÓN PROVISONAL DE HOMOLOGACIÓN POR PARTE DA CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E O.U.

viveiros en Galicia de empresa O papel dos económica e xeración de emprego

Guía para a elaboración da planificación estratéxica dos centros da USC

Procesos preventivos e carteira de servizos en materia de prevención do Plan de Galicia sobre Drogas

2.1. O PROXECTO LINGÜÍSTICO DE CENTRO

Xénero e discapacidade, unha dupla invisibilidade. Situación actual

CONCELLERÍA POLITICAS SOCIAIS, DIVERSIDADES E SAÚDE

CONCELLERÍA POLITICAS SOCIAIS, DIVERSIDADES E SAÚDE

Xogos e obradoiros sobre o cambio climático que Climántica desenvolve en centros educativos

Concello de Baralla DENOMINACIÓN DA PRAZA/POSTO/EMPREGO: PERSOAL DE APOIO NO PAI. Concello de Baralla

Plan Estratéxico

Procedimientos Auditivos e Instrumentais DEPARTAMENTO COORDINADOR/A DA DISCIPLINA. CURSOS 1º curso 2º curso 3º curso 4º curso.

PARTE I. VIVALDI: Concierto en MI M. op. 3 n.12

Obradoiro sobre exelearning. Pilar Anta.

Conservatorio Profesional de Música de Vigo. Programación OPTATIVA DE MÚSICA MODERNA (historia do rock&roll)

Conservatorio Profesional de Música de Vigo. Programación de Percusión

CONSORCIO GALEGO DE SERVIZOS DE IGUALDADE E BENESTAR

A OUTRA CRISE: ENERXÍA, CAMBIO CLIMÁTICO E ECONOMÍA

PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA ÁREA DE INGLÉS

A INTERVENCIÓN PEDAGÓXICA CON FAMILIAS INMIGRANTES: ESTRUTURA E AXENTES IMPLICADOS

MEMORIA DE AVALIACIÓN DA CALIDADE: INFORME DE RESULTADOS PROGRAMACIÓN: ACCIÓNS FORMATIVAS DIRIXIDAS PRIORITARIAMENTE ÁS PERSOAS TRABALLADORAS

AVALIACIÓN DO PROXECTO PILOTO DE ASISTENCIA PERSOAL COGAMI

III MEMORIA SOCIAL CLECE

12352 LEI 11/2007, do 22 de xuño, de acceso electrónico dos cidadáns aos servizos públicos. («BOE» 150, do )

NOME DO CENTRO: IES CANIDO CURSO ESCOLAR: 2016/2017 INGLÉS 1º ESO

ELECCIÓNS SINDICAIS 2015

RECURSOS E INSTRUMENTOS

PROXECTO: BARÓMETRO DE XÉNERO E DESIGUALDADE. UNHA APROXIMACIÓN A MODELIZACIÓN CUANTITATIVA

Sede Electrónica Concello de Cangas

A ADMINISTRACIÓN ELECTRÓNICA DESDE UNHA PERSPECTIVA COMPARADA

Educación Social e equipamentos sociocomunitarios. Unha análise desde o concello e as asociacións de A Veiga (Ourense)

Primeira.- Facúltase a directora xeral da Familia para dicta-las resolucións que sexan necesarias para a execución e desenvolvemento desta orde.

marcoeuropeocomún de referencia para as linguas: aprendizaxe, ensino, avaliación

I.E.S. Fernando Esquío PROXECTO DE FOMENTO DO USO DO GALEGO

A cultura do código. Retos para a identidade galega na época dos algoritmos

LINGUA INGLESA CURSO

PROCEDEMENTO P-PRL 20 PROCEDEMENTO DE ACTUACIÓN E APOIO AO PROFESIONAL EN EPISODIOS DE VIOLENCIA DE ORIXE EXTERNA

1. Introducción e obxectivos do documento 1.1 Introducción Estrutura do informe Unha visión colaborativa 8

Chega o OrientaConsello, o desembarco youtuber de Down Galicia

Apertura dos centros de formación profesional á contorna local: percepción dos axentes sociais

IMPLICACIÓNS FINANCEIRAS DA XESTIÓN DO MEDIO NATURAL PARA AS EMPRESAS E PARA OS MERCADOS DE CAPITAIS

PROPOSTA PEDAGÓXICA PROCESO DE FAMILIARIZACIÓN Á ESCOLA INFANTIL

Mulleres colleiteiras e alumnado de Educación Social: unha experiencia de aprendizaje e servizo

Discurso literario e sociedade nos países de fala inglesa

LEI 18/2011, DO 5 DE XULLO, REGULADORA DO USO DAS TECNOLOXÍAS DA INFORMACIÓN E DA COMUNICACIÓN NA ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

OS VIVEIROS GALEGOS COMO INSTRUMENTO DE DESENVOLVEMENTO LOCAL: SITUACIÓN ACTUAL E LIÑAS FUTURAS DE MELLORA

Xénero e desenvolvemento humano: unha relación imprescindible

vista Galega de Bloque temático ECONOMÍA, EMPRESA E MEDIO AMBIENTE Coordinadora MARÍA ROSARIO DÍAZ VÁZQUEZ

PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA INGLÉS

TRAXECTORIAS E RETOS

QUINTO CURSO EDUCACIÓN PRIMARIA OBRIGATORIA

ANEXO XIII MODELO DE PROGRAMACIÓN DE MÓDULOS PROFESIONAIS

REGULAMENTO DO CONSELLO MUNICIPAL DE INFANCIA E ADOLESCENCIA DO CONCELLO DE REDONDELA

UNIDADES DE DESENVOLVEMENTO INFANTIL E APOIO FAMILIAR INFORME DE AVALIACIÓN

1. DATOS IDENTIFICATIVOS DA DISCIPLINA CÓDIGO Teorías do espectáculo e da comunicación Teorías do espectáculo II

BILINGÜISMO, DESENVOLVEMENTO E APRENDIZAXE ESCOLAR: UNHA PROPOSTA DE INTERVENCIÓN NA ESCOLA

Narrador e Narradora Narrador Narradora Narrador

Programación Percusión

Ferrolterra Emprende co obxecto de recoñecer e premiar a labor dos

Coeducación. O alicerce do ensino

PROXECTO EDUCATIVO C.P.I. PECALAMA TORDOIA

VISIBILIZACIÓN DAS ARTISTAS. UNHA PONTE ENTRE A UNIVERSIDADE E O EIDO PROFESIONAL

I. PRESENTACIÓN. 1. Administración e recursos humanos

Bases do Concurso Logo ANPA Vila do Arenteiro BASES DO CONCURSO. 1. OBXECTO e TEMATICA DO CONCURSO 2. TIPO DE CONCURSO

LibrePlan Audiovisual: Sistema de planificación e control de desvíos de producións audiovisuais

Responsabilidade social empresarial: igualdade de xénero

Memoria Xustificativa. Xustificación do título proposto, argumentando o interese académico, científico e profesional do mesmo

Lingua e Docencia Universitaria V Xornadas sobre Lingua e Usos

Conservatorio Profesional de Música de Vigo. Programación de Viola

TRABALLO FIN DE GRAO A APRENDIZAXE COOPERATIVA COMO FERRAMENTA PARA FOMENTAR A IGUALDADE ENTRE OS SEXOS NA ESCOLA INFANTIL

O NOSO PLANETA, OS NOSOS DEREITOS

Ao longo deste artigo realizaremos unha reflexión xeral sobre

Orzamentos Xerais do Estado para 2016: Novidades en materia de Seguridade Social que xestionan as mutuas

C A D E R N O S D E L I N G U A

Revista Galega de Economía Vol (2016)

Expediente: 5193/2017

4.- MULLER E SERVICIOS SOCIAIS

LEI 2/2011, do 16 de xuño, de disciplina orzamentaria e sustentabilidade financeira.

RECURSOS PARA O TRABALLO COS VOLUNTARIOS E VOLUNTARIAS NUNHA ENTIDADE DE VOLUNTARIADO. Módulo IV Traballando por proxectos

Transcription:

II PLAN PARA A IGUALDADE DE OPORTUNIDADES ENTRE MULLERES E HOMES DE (2010-2013)

Título: II Plan para a Igualdade de Oportunidades entre Mulleres e Homes de Vimianzo (2010 2013) Promove: Concello de Vimianzo. Coordinación: Área de Servizos Sociais do Concello de Vimianzo. Finanza: Deputación da Coruña. Concello de Vimianzo. Edita: Concello de Vimianzo, 2010. Depósito Legal: C 3838-2010

3 AGRADECEMENTOS... Queremos presentar esta II Plan como un instrumento do que todos nos poidamos valer e que nos sirva como marco de referencia sobre o que significa traballar e deseñar políticas municipais de apoio e desenvolvemento da igualdade entre homes e mulleres. O noso primeiro agradecemento pensamos que debe ser para todas as persoas que participaron na elaboración deste II Plan en calquera das súas fases, pola súa contribución en ideas e opinións que deron como resultado o Plan que agora vos presentamos. Tamén queremos agradecer a colaboración e a boa disposición amosada polos membros da Corporación Local á hora de confeccionar este Plan, así como o seu interese a aportacións tanto de ideas como de iniciativas a desenvolver nas distintas áreas nas que se vai a a desenvolver este plan.

4 Es de vidrio la mujer, pero no se ha de probar si se puede o no quebrar, porque todo podría ser. Y es más fácil el quebrarse y no es cordura ponerse a peligro de romperse lo que no puede soldarse Cervantes

INDICE 5 I. PRESENTACIÓN II. INTRODUCCIÓN III. CARACTERÍSTICAS DO PLAN IV. COMPROMISOS CON CARÁCTER XERAL DO II PLAN DE IGUALDADE V. SEGUIMENTO E AVALIACIÓN VI. METODOLOXÍA VII. II PLAN PARA A IGUALDADE DE OPORTUNIDADES ENTRE MULLERES E HOMES DE. Área 1: Difusión, Información e Sensibilización Área 2: Servizos Sociais e Conciliación da Vida Familiar e Laboral Área 3: Formación e Emprego Área 4: Educación, Cultura e Deporte Área 5: Calidade de Vida: Saúde e Benestar Social Área 6: Violencia de Xénero Área 7: Asociacionismo e Participación social Área 8: Urbanismo, Espazo Público e Medio Ambiente VII.TEMPORALIZACIÓN - PERÍODO DE VIXENCIA IX. ORZAMENTO

6 PRESENTACIÓN É unha satisfacción persoal ofrecer aos veciños/as de Vimianzo o II Plan para a igualdade de oportunidades entre mulleres e homes de Vimianzo (2010-2013), documento que nos vai permitir durante catro anos continuar desenvolvendo políticas de acción positiva en tódolos ámbitos da nosa sociedade, co fin de alcanzar a igualdade efectiva. O obxectivo primordial deste II Plan é dar continuidade e mellorar se fose posible o I Plan que, supuxo nestes últimos anos un importante impulso cara a igualdade de dereitos, con avances significativos coa progresiva incorporación das ideas de igualdade e toma de conciencia tanto de todas as áreas que forman esta institución como do conxunto da poboación vimiancesa. A desigualdade de xénero é un dos retos que aínda queda por resolver nas sociedades modernas. Si efectivamente o avance logrado nestes últimos anos é visible, non podemos baixar a garda de cara o futuro, senón que debemos de insistir na reivindicación para erradicar esa desigualdade que aínda segue latente na sociedade. Este II Plan pretende ser unha ferramenta clave na intervención, para que os seus contidos, os seus principios e o seu espírito marquen o rumbo a seguir nos próximos catro anos e para que tamén, de forma progresiva, a igualdade e a perspectiva de xénero se vaian integrando na nosa forma de pensar e de actuar, é dicir, que se constitúan como parte natural da nosa cultura e da nosa realidade, xa non só nas políticas públicas, senón tamén na nosa vida cotiá. Alejandro Rodríguez Lema Alcalde de Vimianzo

7 INTRODUCCIÓN O II Plan para a Igualdade de Oportunidades entre Mulleres e Homes de Vimianzo (2010-2013), constitúe unha evidencia do compromiso explícito adoptado polo Concello de Vimianzo para avanzar nunha política de Igualdade de Oportunidades e construír un municipio máis igualitario atendendo ao marco xeral das directivas europeas e a lexislación estatal e autonómica. Este II Plan para a Igualdade de Oportunidades entre Mulleres e Homes de Vimianzo (2010-2013), ten como obxectivo primordial avanzar na consecución efectiva da Igualdade de Oportunidades entre mulleres e homes do municipio, incidindo nunha maior implicación das Administracións Públicas e dos axentes sociais mediante a incorporación nas súas accións dese enfoque integral, tamén coñecido como estratexia mainstreaming de xénero ou transversalidade. Dende esta perspectiva, o Concello de Vimianzo mediante a área de Servizos Sociais, dispón dun instrumento operativo e flexible que permite poñer en marcha actuacións para actuar de maneira eficiente na mellora dos niveis de igualdade entre mulleres e homes de Vimianzo e para paliar os déficits que as mulleres seguen tendo en relación a súa participación na vida social, cultural e económica do municipio. Con este II Plan de Igualdade de Oportunidades do Concello de Vimianzo, perséguese pois, avanzar cara o cambio social e cara a modernización permanente do municipio. A igualdade de oportunidades real implica unha transformación do conxunto das organizacións e ámbitos de actividade social e económica, públicos e privados polo que require da implicación activa e do compromiso de toda a sociedade para avanzar cara a territorios máis modernos, xustos e igualitarios.

8 CARACTERÍSTICAS DO PLAN Dende o punto de vista do seu carácter, é un Plan flexible para despregarse no tempo e o suficientemente aberto como para integrar ou rexeitar novos elementos que sexan coherentes cos seus obxectivos xerais. É tamén un Plan orientado cara a integración transversal da Igualdade de Oportunidades, apostando por unha política integral de igualdade de xénero que implica a tódalas áreas municipais, coordinadas dende a Área de Servizos Sociais.. Este II Plan de Igualdade recoñece e ten a súa base no respecto da diversidade e pluralidade de todas as mulleres que viven no municipio, tendo en conta as diferentes situacións, intereses y necesidades á hora de establecer estratexias de actuación, que impulsen y garantan a consecución da plena igualdade dende o respecto e a diferenza; tendo en conta os diferentes lugares de procedencia, a situación laboral e familiar, cultura, clase social, discapacidade, orientación sexual, nivel de formación, idade ou calquera outro condicionante que se sume como elemento de exclusión polo feito de ser muller. Por outro lado, ao tratarse dun segundo Plan de Igualdade, pretende ser realista tendo en conta os recursos e posibilidades do Concello, así como as actuacións anteriores. É un Plan avaliable, para posibilitar o seu seguimento e grao de execución tanto anualmente coma ao final do mesmo. É un Plan aberto e participativo, polo que permite adaptarse ás novas realidades do pobo de Vimianzo.

9 COMPROMISOS CON CARÁCTER XERAL DO II PLAN DE IGUALDADE Os compromisos de igualdade que o Concello subscribe con este Plan, inciden na tendencia do cambio social que, a medio - longo prazo, pretende provocar o desenvolvemento do II Plan de Igualdade. Para iso, todas as súas áreas de actuación deberán responsabilizarse de contribuír de maneira activa para facer posibles os obxectivos xerais que se perseguen e que son os seguintes: 1. Servir como marco teórico e metodolóxico ás iniciativas de igualdade xurdidas na propia comunidade. 2. Sensibilizar, asesorar, e informar á comunidade vimiancesa en materia de Igualdade de Oportunidades. 4. Contribuír a unha maior sensibilidade da poboación do municipio coa corresponsabilidade social e cos Dereitos das Mulleres. 5. Fomenta-lo compromiso dos/das diferentes responsables municipais para traballar en favor da igualdade nos seus ámbitos de actuación. 6. Coordinar e valorar todos os recursos comunitarios e orientalos cara a igualdade para a mellora do benestar das persoas. 7. Promover unha calidade de vida óptima para as mulleres e homes de Vimianzo. 3. Identificar as realidades e necesidades diferenciadas da muller e do home de Vimianzo co fin de detectar os desequilibrios de xénero.

10 METODOLOXÍA ESTRUCTURA PARTICIPATIVA Este plan elaborouse a partir do traballo realizado polo persoal técnico de Servizos Sociais xunto coa colaboración de profesionais doutras áreas do Concello, responsables tamén do desenvolvemento da política de igualdade no municipio. A metodoloxía empregada para a súa elaboración foi a seguinte: Análise de documentos de referencia para a elaboración de contidos, consultando plans xa elaborados a nivel municipal, autonómico, estatal e diversas fontes estatísticas. Tamén se tivo en conta a memoria avaliativa do I Plan de Oportunidades para as Mulleres de Vimianzo. Recollida de información para coñecer a situación das mulleres do Concello en diversos ámbitos. Consultáronse datos específicos desagregados por sexo. Realización de sesións de traballo coas persoas responsables das áreas municipais e entidades locais para recoller as súas achegas de cara a incorporación do novo Plan. Redacción do documento final. Publicación e difusión do Plan. Buscando un Plan integral e coherente crearase unha Comisión de Seguimento do Plan que estará composta por distintos representantes da política municipal e polo persoal técnico de cada unha das áreas municipais implicadas. A finalidade desta Comisión será a coordinación e elaboración de programas e medidas concretas de actuación que afecten ás diferentes áreas ou servizos, facendo unha posterior avaliación e seguimento dos mesmos. A Comisión de Seguimento do Plan estará constituída por: O Alcalde ou alcaldesa do Concello ou persoa na que delegue Persoal técnico da Área de Servizos Sociais Persoal técnico da Área de Emprego e Desenvolvemento Local Persoal técnico do Servizo de Cultura e Deportes O/A técnico/a que se encargará da coordinación do Plan Representante de cada un dos grupos políticos A comisión estará presidida polo Alcalde ou alcaldesa do Concello, sendo este mesmo/a, o/a responsable da súa convocatoria.

11 SEGUIMENTO E AVALIACIÓN Todo plan de igualdade require unha avaliación dende o seu inicio ata a súa conclusión co fin de coñecer os progresos, tanto cualitativos como cuantitativos, producidos pola súa implantación. O seguimento e avaliación do II Plan para a Igualdade de oportunidades entre Mulleres e Homes de Vimianzo (2010-2011) farase de forma anual, a través dunha metodoloxía que identifique e valore o desenvolvemento das iniciativas propostas. Para este fin, elaborarase unha ficha de avaliación individual que deberá ser cuberta para cada unha das accións, programas ou actividades que se leven a cabo ao longo do ano. (Ver anexo) Para realizar a avaliación do Plan, terase en conta tanto aspectos cuantitativos como cualitativos. Trátase de coñecer, por unha parte, cantas actividades se desenvolven e en relación con qué obxectivos e accións se levaron a cabo e, por outra parte, será necesario medir ou valorar aspectos cualitativos das mesmas, é dicir, o tipo de intervención e alcance, de ahí que se establezan diferentes categorías de análise con indicadores diferenciados en cada caso. A avaliación abordará entre outros, os seguintes aspectos: Coñecer as accións que se levaron a cabo, as actividades que se desenvolveron para elo, os organismos implicados e o tipo de estratexia utilizada. Coñecer os colectivos destinatarios destas accións co obxecto de recoller información. Coñecer a consecución dos obxectivos previstos. Valorar a eficacia das medidas postas en marcha. O proceso de implementación de programas. O grao de execución das accións previstas e o impacto na sociedade.

12 II PLAN PARA A IGUALDADE DE OPORTUNIDADES ENTRE MULLERES E HOMES DE O principal obxectivo do II Plan de Igualdade é promover a integración da Igualdade de Oportunidades entre mulleres e homes tanto no deseño, coma no desenvolvemento e avaliación de todas as medidas e actuacións nas que se concreten as diferentes políticas municipais. As áreas de actuación que comprende este Plan son as seguintes: 1. Difusión, Información e Sensibilización 2. Servizos Sociais e Conciliación da Vida Familiar e Laboral 3. Formación e Emprego 4. Educación, Cultura e Deporte 5. Calidade de vida: Saúde e Benestar Social 6. Violencia de Xénero 7. Asociacionismo e Participación Social 8. Urbanismo, Espazo Público e Medio Ambiente Por cada unha das áreas de intervención, establécense: Obxectivo/s específico/s Actuacións concretas Axentes implicados A participación nas liñas de intervención de cada área será técnica, política e cidadá traballando conxuntamente para incorporar a igualdade entre mulleres e homes en todas as políticas, programas e actuacións do Concello.

13 Área 1: Difusión, Información e Sensibilización OBXECTIVO: 1.1. Informar á cidadanía dos recursos, servizos e liñas de intervención existentes en materia de igualdade. ACCIÓNS: - Achegar a todas as mulleres e homes do concello o II Plan de Igualdade. - Difusión entre a cidadanía de materiais, guías, recursos e equipamentos existentes en materia de igualdade propios ou de outras administracións. - Manter actualizada a páxina web do Concello, tanto nas temáticas como información, enlaces, etc., para achegar as novas ás mulleres e homes do municipio. - Erradicar a linguaxe sexista nas publicacións municipais no deseño de impresos e documentos institucionais. - Difundir entre a cidadanía os servizos da oficina de consumo co fin de garantir o exercicio dos seus dereitos en igualdade de condicións, evitando o uso dunha linguaxe non sexista e usando medios accesibles ás persoas con discapacidades. - Potenciar o uso das TICs, especialmente das webs municipais, para divulgar a igualdade de oportunidades entre homes e mulleres OBXECTIVO: 1.2. Sensibilizar á cidadanía sobre as situacións de desigualdade e discriminación que continúa afectando ás mulleres hoxe en día e que dificultan o camiño desta cara unha igualdade de oportunidades. ACCIÓNS: - Impulsar convenios de colaboración con outras institucións e administracións públicas para o desenvolvemento común de actividades que fomenten a igualdade de xénero. - Propoñer e realizar exposicións con temática de xénero.

14 Área 2: Servizos Sociais e Conciliación da Vida Familiar e Laboral - Difundir experiencias profesionais de mulleres que desenvolvan a súa actividade profesional en ámbitos masculinizados. - Idear unha campaña para identificar e visibilizar as capacidades profesionais que as mulleres desenvolven na súa vida, especialmente no medio rural. - Ter presente na elaboración de Plans, programas e proxectos de emprego e desenvolvemento local o papel da muller e as súas circunstancias específicas. - Idear unha campaña que permita sensibilizar á poboación na identificación de tarefas domésticas con profesións onde os homes triunfan socialmente. AXENTES IMPLICADOS: Todos os servizos municipais OBXECTIVO 2.1. Promover actuacións que favorezan a conciliación da vida familiar e laboral. ACCIÓNS - Continuar co servizo de información e asesoramento ás mulleres e homes acerca dos seus dereitos, axudas, prestacións e recursos sociais e sobre a forma de acceso aos mesmos. - Promover actividades de formación e sensibilización en prol da igualdade de oportunidades entre as mulleres e homes do municipio. - Mantemento e creación ou ampliación de recursos, servizos e infraestruturas necesarios para o coidado e atención de persoas maiores, centros infantís, etc., que favorezan a conciliación da vida familiar e laboral. - Promover un servizo municipal de canguros.

15 - Adecuar o horario de actividades e servizos ás diferentes necesidades das persoas sempre que resulte posible. - Organizar talleres de consumo responsable no fogar destinados a toda á cidadanía, e en especial, aos homes na procura de que asuman a súa cota de responsabilidade nas labores do ámbito familiar/fogar. - Apoiar todas as accións formativas de medidas encamiñadas á conciliación laboral, familiar e persoal ( por exemplo: horarios, recursos de apoio...) - Ampliar as actividades de verán e campamentos que se ofrecen dende o Concello. - Orientar ao empresariado e as persoas en xeral, no referente a permisos maternais/paternais, excedencias por motivos familiares e fórmulas flexibles para organizar o traballo. OBXECTIVO 2.2. Fomentar políticas sociais dirixidas a colectivos de mulleres e homes en risco e/ou pertencentes a colectivos máis vulnerables facilitando así a súa integración social. ACCIÓNS - Continuar desenvolvendo baremos de prioridade no acceso a determinados servizos municipais para as persoas soas con cargas familiares e mulleres ou homes en risco de exclusión. - Garantir a prontitude de xestión e asignación de axudas de emerxencia social para mulleres ou homes vítimas de violencia de xénero ou en situación de vulnerabilidade. - Impulsar a creación e ampliación de recursos máis especializados para as mulleres e homes en risco de inclusión social. - Servir de vehículo comunicador con entidades para potenciar o desenvolvemento de talleres e xornadas dirixidas ao colectivo máis vulnerable. - Manter o apoio a proxectos e actividades de outras administracións que contribúan a erradicar situacións de desigualdades por mor do sexo. AXENTES IMPLICADOS Todos os servizos municipais

16 Área 3: Formación e Emprego OBXECTIVO 3.1. Poñer en valor as competencias profesionais das mulleres e homes de Vimianzo e incrementalas a través da formación. ACCIÓNS - Investigar os perfís profesionais que demanda o mercado laboral de cara a planificación das acción formativas do Concello. - Fixar sistemas de seguimento e control, avaliación e impacto da actividade do Servizo de Emprego e Desenvolvemento Local no ámbito da igualdade. - Impartir obradoiros de formación pre-laboral dirixidos ás mulleres co fin de incrementar a súa autoestima e de mellorar as súas habilidades para a busca activa de emprego. - Prestar apoio para o acceso e seguimento da formación a distancia ou en liña poñendo o telecentro á disposición das persoas que empreguen estes sistemas. - Organizar accións formativas de acceso ás novas tecnoloxías con aplicación da perspectiva de xénero a nivel de usuario, co obxectivo de erradicar o analfabetismo tecnolóxico. - Promover accións formativas para emprendedores/as e empresarios/as incluíndo actuacións de capacidade emprendedora, negociación financeira, estratexia comercial, cooperativismo, economía social e técnicas de venta, etc. - Promover a formación ocupacional para mulleres en profesións masculinizadas e aquelas enmarcadas no ámbito das TICs. OBXECTIVO 3.2. Facilitar a inserción e consolidación laboral das mulleres e homes de Vimianzo no mercado de traballo da zoa.

17 ACCIÓNS - Ofrecer orientación laboral desde o Servizo Emprego e Desenvolvemento Local, prestando especial atención ás problemáticas específicas das mulleres. - Empregar a ferramenta da Bolsa de Emprego Municipal para detectar as mulleres que teñen máis dificultades de inserción laboral e deseñar accións específicas para corrixir a súa situación. - Artellar, a través da Bolsa de Emprego Municipal, ferramentas de intermediación no mercado laboral. - Apoiar e colaborar con entidades públicas ou privadas que faciliten información, asesoramento e formación para o acceso ó emprego. - Deseñar e implantar actuacións destinadas a orientar ás mulleres e homes do Concello de cara a planificación e posta en marcha de proxectos empresariais, sociedades, e cooperativas que impulsen o seu espírito emprendedor. - Elaborar unha guía de recursos e material divulgativo que relacione directorios de interese e as técnicas para a busca efectiva de emprego, utilizando as TICs como vía de comunicación. - Orientar ás mulleres no servizo de Emprego e Desenvolvemento Local cara profesións e ocupacións que constitúan novos xacementos de emprego e teñan carácter innovador, preferentemente naquelas nas que se atopan subrepresentadas. - Elaborar e manter actualizada unha matriz DAFO que recolla a situación da muller no mercado laboral e na actividade económica. AXENTES IMPLICADOS Área de Emprego e Desenvolvemento Local.

18 Área 4: Educación, Cultura e Deporte OBXECTIVO 4.1. Promover o acceso das mulleres e homes a todos os procesos educativos, desenvolvendo modelos que favorezan a igualdade de oportunidades. ACCIÓNS - Información e difusión da programación de actividades de formación para persoas adultas. - Formar ás mulleres e homes xoves sen titulación para poder acceder ao mundo laboral. - Continuar co desenvolvemento de programas específicos de erradicación do analfabetismo entre as persoas maiores do municipio, adaptando as condicións á realidade das mesmas en canto a horario e mobilidade. - Promover programas de educación en igualdade (cursos, talleres, charlas, obradoiros...) en colaboración cos centros educativos e dirixidos ao profesorado, asociacións de Nais e Pais de alumnos/as e ao alumnado en xeral. - Colaborar con outras administracións, na realización de programas e accións que fomenten nos nenos e nenas a educación en igualdade de oportunidades. - Crear talleres, concursos ou certames de debuxo sobre a promoción da igualdade de oportunidades nos que participen alumnos/as dos diferentes centros de ensinanza do municipio. - Impulsar o desenvolvemento de cursos de formación en materias de consumo en relación coas necesidades sociais do momento. OBXECTIVO 4.2. Potenciar a participación das mulleres e homes do municipio no desenvolvemento cultural, histórico e artístico do Concello, revalorizando o papel desempeñado polas mulleres nestes ámbitos.

19 ACCIÓNS - Información e difusión da programación de actividades culturais e artísticas. - Visibilizar e fomentar a creación artística e cultural das mulleres e homes do municipio. - Incorporación da perspectiva de xénero na programación cultural do municipio, especialmente en torno as datas do 8 de marzo, 25 de novembro (exposicións, curtametraxes...). - Seguir potenciando a presenza das mulleres na vida cultural e artística do municipio, apoiando tamén as iniciativas socio-culturais das asociacións das mulleres. - Facilitar a utilización de espazos públicos municipais para a promoción das achegas e experiencias artísticas e culturais. - Organizar exposicións e actividades lúdico-culturais que promovan o tratamento igualitario da imaxe da muller e do home así como a contribución ao desenvolvemento e avance integral da sociedade. OBXECTIVO 4.3. Apoiar a presenza das mulleres en todas as áreas e competicións deportivas ACCIÓNS - Continuar coa oferta deportiva municipal, incluído actividades específicas descentralizadas polas parroquias para aquelas mulleres que presenten algún tipo de dificultade e/ou que teñan en conta as diferentes etapas da vida da muller. - Incorporación de novos deportes de equipo mixtos á oferta deportiva municipal. - Promoción de mulleres deportistas, a través de medios de comunicación e de accións específicas de publicidade. - Promoción do deporte feminino federado. - Realización de actividades no ámbito da interculturalidade tendo a muller como principal protagonista. AXENTES IMPLICADOS Todos os servizos municipais

20 Área 5: Calidade de Vida: Saúde e Benestar Social OBXECTIVO 5.1. Promover e mellorar a saúde e calidade de vida da poboación de Vimianzo dende unha perspectiva integral (benestar físico, psicolóxico e social). ACCIÓNS - Informar a poboación sobre os recursos existentes a nivel local, comarcal e autonómicos, en materia de saúde integral e colaborar con estes servizos. - Colaborar en campañas sobre o uso de medidas preventivas daquelas enfermidades sufridas pola muller (cancro de mama, doazón de sangue, xinecolóxicas...) e outras enfermidades. - Coordinar e optimizar a actuación de todos os servizos implicados no ámbito da saúde a fin de prestar unha atención integral e máis eficaz. - Apoiar e desenvolver accións que favorezan a promoción da saúde: campañas de sensibilización, obradoiros, talleres... que incentiven hábitos de vida saudables, así como o auto coñecemento e auto coidado das persoas no aspecto físico e psicolóxico. - Establecer unha rede estreita de coordinación cos Servizos de Saúde Mental, co fin de prestarlles o apoio psicolóxico necesario a aquelas persoas do municipio afectadas por esta problemática. - Favorecer o acercamento da planificación familiar á mulleres con dificultades de acceso á información e aos recursos sanitarios. - Programación de talleres de habilidades para mulleres coidadoras de persoas dependentes dirixidos a prevención do síndrome do coidador/ra. - Continuar coa programación de actividades de promoción da saúde física e mental para as persoas maiores de Vimianzo (charlas de saúde, memoria, autoestima, ansiedade e estrés, relaxación, risoterapia...). AXENTES IMPLICADOS Todos os servizos municipais.

21 Área 6: Violencia de Xénero OBXECTIVO 6.1. Contribuír a erradicar a violencia de xénero en todas as súas manifestacións, incentivando a participación e inserción das vítimas na comunidade vimiancesa. ACCIÓNS - Realizar campañas de sensibilización e informar do tipo de axudas e de servizos locais, comarcais ou autonómicos, aos que pode recorrer unha persoa cando sofre malos tratos. - Participación na celebración do Día Internacional da Violencia de Xénero. - Posibilitar a posta en marcha dun Punto de Información á Muller. - Deseñar entre todos os/as responsables técnicos/as municipais implicados/as, un protocolo de actuación a seguir en caso de violencia de xénero. - Colaboración con outras administracións e entidades públicas ou privadas, en cantos actos se organicen en materia de violencia de xénero. - Favorecer a participación do persoal municipal implicado, en cantas accións formativas se organicen, co fin de contribuír a súa maior especialización. - Ter en conta ás persoas vítimas de violencia de xénero nas baremacións que favorecen o acceso a centros de maiores, vivenda, axuda no fogar, escolas infantís, etc. - Ofertar iniciativas que favorezan a capacidade de autodefensa das persoas vítimas de violencia de xénero do Municipio. - Favorecer a participación de persoas vítimas de violencia de xénero en programas de inserción laboral. - Incluír na web do Concello unha sección con información sobre o tema de violencia de xénero (teléfonos, recursos, institucións...). AXENTES IMPLICADOS Todos os servizos municipais.

22 Área 7: Asociacionismo e Participación social OBXECTIVO 7.1. Deseñar actuacións que contemplen a plena participación política e social de toda a comunidade Vimiancesa, e da muller en particular, para promover o desenvolvemento local integrado. ACCIÓNS - Dinamizar as asociacións xa existentes, por medio de asesoramento en temas de xestión, organización e planificación de proxectos que contemplen a igualdade de xénero. - Subvencionar programas dirixidos a consecución da Igualdade de Oportunidades realizados por asociacións, colectivos ou persoas físicas. - Continuar coa difusión dun directorio na web do Concello actualizado que facilite información sobre as asociacións no municipio, con áreas específicas de muller ou igualdade. - Favorecer a creación de puntos de encontro ou redes de mulleres emprendedoras e empresarias para fomentar a cooperación, asociacionismo e o intercambio de ideas e experiencias. - Apoiar e colaborar coas agrupacións empresariais, asociacións e outras entidades na realización de actividades, sobre todo as protagonizadas por mulleres ou dirixidas a elas. - Fomentar e propiciar a utilización dos recursos e equipamentos existentes no municipio para a realización de actividades e encontros do movemento asociativo. - Reforzar os mecanismos de colaboración entre as diferentes áreas municipais, participando activamente no deseño, execución e implementación de proxectos comúns que contemplen de forma transversal a igualdade de oportunidades. - Idear unha campaña de apoio ás mulleres empresarias e artesáns de Vimianzo. AXENTES IMPLICADOS Todos os servizos municipais.

23 Área 8: Urbanismo, Espazo Público e Medio Ambiente OBXECTIVO 8.1. Incorporar as demandas e necesidades das mulleres no deseño urbanístico do municipio e na protección do medio ambiente, de maneira que se favoreza o acceso e uso do espazo público, igualitario e acorde co desenvolvemento sostible. - Asesoramento e apoio a aquelas persoas en situación de risco de exclusión social para dispoñer dunha vivenda digna. - Organización de charlas, coa colaboración de consumo e medio ambiente, sobre reciclaxe, consumo responsable e aforro enerxético. ACCIÓNS - Seguir tendo en conta as persoas con mobilidade reducida ou limitada na elaboración de proxectos de accesibilidade eliminando as barreiras arquitectónicas, tanto nas instalacións dos servizos municipais coma nos espazos públicos. - Acercar aos cidadáns/nas os equipamentos e servizos municipais dos cales a muller é a principal usuaria, contando con medidas que faciliten a súa presenza e mobilidade por todo o municipio a calquera hora do día e da noite. - Incrementar o número de rúas con nomes de mulleres para compensar a discriminación existente. - Apoiar as iniciativas dos diferentes colectivos de persoas que incidan de maneira positiva na conservación do medio ambiente. - Colaborar coa O.M.I.C na sensibilización e información sobre os efectos contaminantes de algunhas prácticas domésticas, medio ambientais, reciclaxe... - Estudar a viabilidade de crear un centro de iniciativas empresariais ou semilleiro ou viveiro de empresas destinados ás mulleres de Vimianzo. - Mellorar as zoas verdes e de ocio ó aire libre para o goce das persoas. AXENTES IMPLICADOS Todos os servizos municipais.

24 TEMPORALIZACIÓN - PERÍODO DE VIXENCIA O II Plan para a Igualdade de Oportunidades entre Mulleres e Homes de Vimianzo terá unha duración de catro anos (2010-2013), contados a partir da aprobación no Pleno do Concello. ORZAMENTO Ante a vixencia do presente Plan que afecta a diferentes exercicios económicos, a dotación orzamentaria para a súa execución contemplarase nas partidas orzamentarias correspondentes ás áreas municipais implicadas. Igualmente, algunhas medidas previstas no Plan, poderán ser obxecto de finanzamento con cargo a achegas de outros organismos, entidades, administracións públicas ou privadas (subvencións, convenios...). A elaboración deste II Plan para a Igualdade de Oportunidades entre Mulleres e Homes de Vimianzo estivo cofinanciada pola Deputación Provincial da Coruña.

25 Gañadoras dos concurso de imaxes para a igualdade: Autoras da primeira imaxe seleccionada: Pilar Casais Mouzo (4º ESO) Bárbara Iglesias Pérez (4º ESO) Tania Salgueiro Meno (4º ESO)

26 Autoras da segunda imaxe seleccionada: Ana Allones Pose (4º ESO) Alba Gándara Novo (4º ESO) Derly Trigueros Vanegas (4º ESO)