PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA ÁREA DE INGLÉS

Similar documents
COMO XOGAR A KAHOOT Se vas xogar por primeira vez, recomendámosche que leas este documento QUE É KAHOOT?

Síntesis da programación didáctica

Silencio! Estase a calcular

R/Ponzos s/n Ferrol A Coruña Telf Fax

LINGUA INGLESA CURSO

NOME DO CENTRO: IES CANIDO CURSO ESCOLAR: 2016/2017 INGLÉS 1º ESO

PROGRAMACIÓN CURSO DEPARTAMENTO : INGLÉS. IES Ramón Menéndez Pidal

Procedimientos Auditivos e Instrumentais DEPARTAMENTO COORDINADOR/A DA DISCIPLINA. CURSOS 1º curso 2º curso 3º curso 4º curso.

GUÍA DE MIGRACIÓN DE CURSOS PARA PLATEGA2. Realización da copia de seguridade e restauración.

Área de Inglés Curso escolar

Acceso web ó correo Exchange (OWA)

2º ESO. Obxectivos xerais do curso. Contidos (unidades didácticas) temporalizados por avaliacións

PRESENTACIÓN MATERIA MATERIA INGLÉS CURSO 4º ESO CURSO ACADÉMICO PROFESOR Mª CRUZ MASEDA FRANCOS

PROGRAMACIÓN DEPARTAMENTO DE INGLÉS -ESO -BACHARELATO -CICLOS -FORMACIÓN PROFESIONAL BÁSICA -ADULTOS

DEPARTAMENTO DE INGLÉS PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA 3º ESO - LINGUA INGLESA - 1º IDIOMA CURSO 2018 / 2019 IES DAVID BUJÁN

3º ESO ESTHER VÁZQUEZ, ELBA NIEVES. Editorial BURLINGTON AutorMARKS/DARBY. Contidos (unidades didácticas) temporalizados por avaliacións

DEPARTAMENTO DE INGLÉS PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA 2º ESO - LINGUA INGLESA - 1º IDIOMA CURSO 2018 / 2019 IES DAVID BUJÁN

QUINTO CURSO EDUCACIÓN PRIMARIA OBRIGATORIA

PRESENTACIÓN MATERIA MATERIA LINGUA INGLESA CURSO 1º ESO B CURSO ACADÉMICO PROFESOR Mª MONTSERRAT VILLAPÚN CASTRO

1º ESO CARMEN QUINTANA, ELBA NIEVES, MARGARITA ALFONSO

C.E.I.P. PRÁCTICAS de Ourense Programacións didácticas

Discurso literario e sociedade nos países de fala inglesa

PRESENTACIÓN MATERIA MATERIA INGLÉS CURSO 4º ESO CURSO ACADÉMICO PROFESOR FRANCISCO JOSÉ PÉREZ SAAVEDRA

2.1. O PROXECTO LINGÜÍSTICO DE CENTRO

PROGRAMACIÓN DE INGLÉS CURSO º ESO

PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA Área de Lingua Inglesa 5º Educación Primaria

DEPARTAMENTO DE INGLÉS PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA 2º BACH - LINGUA INGLESA - 1º IDIOMA CURSO 2018 / 2019 IES DAVID BUJÁN

O SOFTWARE LIBRE NAS ENTIDADES DE GALIZA

CURSO UNIVERSITARIO CON APROBACIÓN PROVISONAL DE HOMOLOGACIÓN POR PARTE DA CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E O.U.

PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA. Área de Lingua Inglesa. 4º Educación Primaria

PRESENTACIÓN MATERIA MATERIA LINGUA INGLESA CURSO 1º ESO A CURSO ACADÉMICO PROFESOR Mª MONTSERRAT VILLAPÚN CASTRO

PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DEPARTAMENTO DE INGLÉS. Curso

PRESENTACIÓN MATERIA MATERIA INGLÉS CURSO 2º BAC CURSO ACADÉMICO PROFESOR Mª CRUZ MASEDA FRANCOS

SECUENCIACIÓN DIDÁCTICA: ÁMBITO DA COMUNICACIÓN MÓDULO 3 y 4 (ESA) 2017/2018

PROGRAMACIÓN CURSO DEPARTAMENTO : INGLÉS. IES Ramón Menéndez Pidal

T1, T3, (T5)*, T8, T11, T13 *solo grupos bilingüe X1, X3, X8, X10, X13, X18, X22, X23, X24 EI6, EI7

Obradoiro sobre exelearning. Pilar Anta.

Programación Percusión

PRESENTACIÓN DA MATERIA/MÓDULO

Conservatorio Profesional de Música de Vigo. Programación de Percusión

I.E.S. ORTIGUEIRA ÁREA DE LINGUAS ESTRANXEIRAS

PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DEPARTAMENTO DE LINGUA GALEGA E LITERATURA CURSO

PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA INGLÉS

PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA CURSO DEPARTAMENTO DE INGLÉS

PRESENTACIÓN MATERIA MATERIA INGLÉS CURSO 1º BAC CURSO ACADÉMICO PROFESORA Mª CRUZ MASEDA FRANCOS

Proxecto Curricular. I.E.S. Sanxillao. Proxecto Curricular IES SANXILLAO

Conservatorio Profesional de Música de Vigo. Programación OPTATIVA DE MÚSICA MODERNA (historia do rock&roll)

VIGOSÓNICO V C O N C U R S O V I D E O C L I P S Calquera proposta estética para o vídeo: cine, animación, cor, branco e negro,...

Programación 3º de EP LINGUA INGLESA

EDUCACIÓN INFANTIL PROGRAMACIÓN DE CICLO CENTRO: CEIP Mª PITA CURSO: Páxina 1

PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DA MATERIA DE

PROGRAMACION LINGUA INGLESA SEXTO CURSO 1- OBXECTIVOS 1.1- XERAIS 1.2-ESPECIFICOS

Ámbito da comunicación: lingua inglesa

Informe do estudo de CLIMA LABORAL do Sergas

marcoeuropeocomún de referencia para as linguas: aprendizaxe, ensino, avaliación

Rede CeMIT Cursos Gratuítos de Alfabetización Dixital NOVEMBRO Aula CeMIT de Cuntis

Conservatorio Profesional de Música de Vigo. Programación de Viola

Índice. EOI de Ferrol: Programación didáctica departamento de Inglés Curso 2017/2018 2

PROGRAMACIÓN ÁREA DE INGLÉS 2º CICLO DE EDUCACIÓN INFANTIL CEIP DE AGOLADA

1. DATOS IDENTIFICATIVOS DA DISCIPLINA CÓDIGO Teorías do espectáculo e da comunicación Teorías do espectáculo II

PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA

CURSO PROGRAMACIÓN DE 2º ESO

Guía didáctica TODO É PERCUSIÓN

Conservatorio Profesional de Música de Vigo. Programación de Contrabaixo

Alumna/o...Curso... 1) Para recuperar a materia pendente deberás seguir o plan de traballo que se especifica de seguido:

Grao en Química. 2 0 Curso QUIMICA INORGÁNICA III. Guía Docente

PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DEPARTAMENTO DE INGLES

Facultade de Fisioterapia

BILINGÜISMO, DESENVOLVEMENTO E APRENDIZAXE ESCOLAR: UNHA PROPOSTA DE INTERVENCIÓN NA ESCOLA

PARTE I. VIVALDI: Concierto en MI M. op. 3 n.12

Narrador e Narradora Narrador Narradora Narrador

Grao en Química. 2 0 Curso QUIMICA INORGÁNICA III. Guía Docente

COLEGIO NUESTRA SEÑORA DEL ROSARIO.

III PLAN MUNICIPAL DE IGUALDADE ENTRE MULLERES E HOMES

II PLAN PARA A IGUALDADE DE OPORTUNIDADES ENTRE MULLERES E HOMES DE VIMIANZO ( )

PROGRAMACIÓN DE RELIXIÓN EVANXÉLICA 1º e 2º ESO

Programación do Departamento de Inglés da EOI de Lugo Curso

TRABALLO DE FIN DE GRAO

MATERIAIS PLURILINGÜES 3.0: FORMACIÓN, CREACIÓN E DIFUSIÓN

DEPARTAMENTO DE INGLÉS PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA

PROPOSTA PEDAGÓXICA PROCESO DE FAMILIARIZACIÓN Á ESCOLA INFANTIL

PROGRAMACIÓN DO CUARTO CURSO DAS ENSINANZAS DO TÍTULO SUPERIOR DE MÚSICA NA ESPECIALIDADE DE INTERPRETACIÓN NO ITINERARIO DE CLARINETE.

A avaliación formativa: un desafío para o ensino universitario

A ensinanza da nutrición humana na Educación Primaria desde unha perspectiva mediambiental

PROGRAMACIÓN DA MATERIA DE PEDAGOXÍA E DIDÁCTICA INSTRUMENTAL

PROGRAMA FORMATIVO DA ESPECIALIDADE FORMATIVA TÉCNICAS DE MARKETING ON LINE, BUSCADORES, SOCIAL MEDIA E MÓBIL COMM049PO

plan estratéxico 2016 >> 2020

ANEXO XIII MODELO DE PROGRAMACIÓN DE MÓDULOS PROFESIONAIS

Fonética e fonoloxía da língua galega

Programación. Didáctica. Departamento de Inglés

PROGRAMACIÓN OFICIAL LOE CONXUNTO PIANO CURSO 2017/18 GRAO PROFESIONAL (segundo os Decretos 198/2007 e 203/2007

O INGLÉS EN INFANTIL: UNHA PORTA AO PLURILINGÜISMO

ISABEL FERNÁDEZ DOMÍNGUEZ E Mª ANTONIA LÓPEZ PÉREZ. Parque Natural Cantanhez (Guiné-Bissau) 108 ambientalmentesustentable, 2015, (I), 19

Xogos e obradoiros sobre o cambio climático que Climántica desenvolve en centros educativos

DEPARTAMENTO DE INGLÉS PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA

CONSERVATORIO PROFESIONAL DE MÚSICA REVERIANO SOUTULLO PONTEAREAS

A INTERVENCIÓN PEDAGÓXICA CON FAMILIAS INMIGRANTES: ESTRUTURA E AXENTES IMPLICADOS

1. DATOS IDENTIFICATIVOS DA DISCIPLINA CÓDIGO Teorías do espectáculo e da comunicación Teorías do espectáculo I ITINERARIO CURSO 1º CRÉDITOS ECTS 3

4º curso. DOCENTES: NOME E APELIDOS /TEL/WEB TITORÍA Luis Miguel Sobrevela Romaguera Martes 17:30 a 18:30

A tradución audiovisual como recurso didáctico no proceso de ensinanza-aprendizaxe de linguas

Transcription:

PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA ÁREA DE INGLÉS CURSO ESCOLAR 2016/2017 XEFA DE DEPARTAMENTO PILAR GARABANA BARRO 1

ÍNDICE 1. Introducción 2. Metodoloxía 3. Competencias clave. Contribución da materia á súa consecución. 4. Obxectivos da ESO, ESA e do Bacharelato. Obxectivos para cada curso. 5. Contidos de cada curso, criterios de avaliación e estándares de aprendizaxe avaliábeis. 6. Secuenciación das unidades didácticas. Temporalización e elementos transversais. 7. Avaliación e promoción: a) Procedementos e instrumentos de avaliación. b) Criterios de promoción. c) Atención e avaliación dos alumnos pendentes. d) Avaliación da práctica docente. 8. Grao mínimo de consecución para a superación da materia. 9. Atención á diversidade. 10. Actividades complementarias e extraescolares 11. Materiais e recursos didácticos 12. Mecanismos de revisión, avaliación e modificación da programación didáctica. 13. ANEXO I: Proxecto de Mellora da Aprendizaxe e o Rendemento (PMAR) 2

1. Introdución e contextualización O presente curso 2016/2017 ven marcado pola aplicación definitiva da nova Ley Educativa LOMCE, que se implantará nos cursos de 2º e 4º ESO e 2º Bacharelato. Nesta programación tentaremos reflectir esta situación, modificando a do curso anterior en canto os apartados referidos a estes cursos. Características do centro O é un centro urbano de longa tradición, considerado un dos históricos da cidade, xa que foi o segundo centro que foi creado na cidade. É por iso que aínda é coñecido polo antigo nome de Instituto Masculino. Sitúase nun entorno céntrico coñecido na cidade como Cidade Escolar, xa que ademáis do noso centro podemos atopar un centro de Educación Infantil e Primaria, o IES Rafael Dieste, os Conservatorios Profesional e Superior de Música, a Escola Oficial de Idiomas e a Escola de Náutica entre outros centro de ensino públicos e privados. No noso centro impártese educación ordinaria e de adultos, e grazas á existencia dun bo servizo de transporte público é fácilmente accesible dende calquera zona da cidade. O noso alumnado provén na gran maioría do CEIP adscrito ao noso centro, situado no Barrio dos Rosales, un barrio bastante novo e aínda en expansión, de clase media. Pódese notar nestes derradeiros anos a incorporación de alumnado inmigrante de diversas procedencias, aínda que o seu número non é moi significativo. O Neste momento, o departamento conta con cinco profesores con destino definitivo do centro, aínda que a unha delas foille concedida unha comisión de servizos para o presente ano escolar, polo que se incorporará o vindeiro curso. Por iste motivo contaremos con dous profesores provisionais, cun total de 6 membros. Pilar Garabana Barro Montserrat Chao Gómez Luz Vázquez Pozo Carmen Varela Varela Julio Anido Cernadas Miguel Ángel Sánchez Muiño Reunións de departamento A hora de reunión de departamento semanal terá lugar o xoves ás 16:30 3

Número de grupos Para o presente curso, a carga horaria do departamento é como sigue: Programación didáctica do curso 2016/17 No ensino ordinario: 1º ESO: Hai tres grupos, con tres horas semanais cada un. Un destes grupos ten unha sección bilingüe de Educación Física, polo que estes alumnos poden ter dúas horas de reforzo. 2º ESO: Tres grupos con tres horas semanais, máis un desdoblamento no grupo mixto con alumnos de sección bilingüe e non bilingüe. Cada un dos catro grupos resultantes ten 3 horas semanais. A existencia de tres seccións bilingües, unha de Educación Física, outra de Música e outra de Tecnoloxía permiten que os alumnos teñan ata 6 horas de reforzo, pero que por necesidades do departamento quedarán en 2. 1 grupo de Programa de Mellora da Aprendizaxe e do Rendemento de 2º ESO (3 horas) 3º ESO: 3 grupos, con tres horas semanais. 4º ESO: 3 grupos, con 3 horas semanais. 1º BAC: 4 grupos, con 3 horas semanais. 2º BAC: 5 grupos, con 3 horas semanais. En cada grupo, agás no grupo mixto de 2º ESO, en 2º BAC, nos grupos con menos de 20 alumnos e no ensino de adultos farase unha hora semanal de desdoblamento. Ensino de adultos ESA módulo III: 1 grupo con 2 horas semanais. ESA módulo IV: 1 grupo con 2 horas semanais. 1º BAC: 2 grupos con 3 horas semanais. 2º BAC: 3 grupos con 3 horas semanais. Atención a pendentes 1 hora semanal para a atención dos pendentes de ESO e outra para os pendentes de Bacharelato. 4

2. Metodoloxía Programación didáctica do curso 2016/17 O obxectivo principal no ensino dunha lingua extranxeira e a adquisición por parte do alumno de destrezas que lle permitan alcanzar unha auténtica competencia comunicativa. Para iso, utilizaremos estratexias enfocadas no desenvolvemento das destrezas de vocabulario, gramática, lectura e estratexias de comunicación, así como a adquisición das competencias clave recollidas na LOMCE. É importante tamén ampliar os seus coñecementos sobre temas socioculturais e interdisciplinares, así como deseñar actividades para atender á diversidade. Na nosa actividade docente, deseñaremos actuacións didáctica que procuren: Ensinar a lingua estranxeira co fin de que o alumno/a logre comunicarse e desenvolverse con éxito no plano oral e no escrito, de modo natural. Profundar no desenvolvemento das estratexias de aprendizaxe para que poida enfrontarse con éxito a situacións reais de comunicación. Conseguir que entenda o funcionamento do sistema lingüístico e reflexione sobre o mesmo, comparándoo coa súa lingua materna, para alcanzar un bo nivel de comunicación. Profundar no sistema fonético, as funcións gramaticais e o vocabulario, de modo que poida recoñecelos e empregalos en situacións reais de comunicación. Fomentar a expresión das ideas e puntos de vista persoais do alumno para crear unha comunicación real. Desenvolver e dominar de forma integrada as catro destrezas básicas: listening, speaking, reading e writing. Ofrecerlle todas as facilidades posíbeis para que amplíe os seus coñecementos sobre os aspectos socioculturais da lingua inglesa e asimile a cultura da que forma parte, evitando así que exprese os seus logros só en termos morfosintácticos e funcionais. Espertar no alumnado a responsabilidade de conseguir a autonomía na súa aprendizaxe, recoñecendo os métodos de estudo e o tipo de organización que máis lle conveña. Motivalo con temas de interese e ofrecerlle unhas metas claras ao longo do curso. Fomentar a autoavaliación como ferramenta imprescindíbel para conseguir un progreso eficaz na aprendizaxe. Partindo desa premisa, debemos suliñar que os obxectivos no ensino obrigatorio son distintos aos do ensino non obrigatorio, polo que a metodoloxía adaptarase a estas diferencias, así como aos diferentes estilos de cada profesor. Para conseguir tódolos obxectivos mínimos previstos, e xa que a nosa intención é a obtención dunha competencia comunicativa, seguimos consecuentemente un método 5

comunicativo ben por medio de tarefas, ben de proxectos, traballo colaborativo, etc... A metodoloxía será activa e participativa, especialmente na ESO, e favorecerase o traballo individual e e cooperativo. Favorecerase a adquisición de hábitos de lectura, adicando un tempo da clase á lectura en inglés, segundo os acordos alcanzados polo equipo docente e recollidos na Proxecto Lector do Centro. Dado o gran número de exemplares de lecturas graduadas existentes na Biblioteca do centro, poderán ser usadas para esta actividade, baixo a supervisión do profesor. Cabe tamén que nalgúns cursos se lles pidan lecturas obrigatorias. Hoxe en día as editoriais e especialmente as que se centran no inglés teñen boas produccións para facilita-lo traballo do profesor. Os nosos manuais fan un grande esforzo para garantir o equilibrio entre as catro destrezas mencionadas, polo que resulta esencial que se traballamos cun manual determinado, á hora da avaliacion sigámo-lo mesmo criterio. Igualmente, resulta para nós esencial que tódas as tarefas e actividades programadas focalicen ó alumno de maneira que promovan a súa autonomía de aprendizaxe nun contexto significativo do que o alumno háse de sentir parte importante e no que teña que asumir certa responsabilidade. En canto ás actividades, entendemos que son as tarefas comunicativas as que han de xerar a lingua, e non ó contrario. Estas tarefas han de contempla-la lóxica variedade de alumnos que calquera grupo presenta. Debemos ter en conta os diferentes niveis, as diversas capacidades e os diferentes estilos de aprendizaxe, programando tarefas que requiran distinto nivel de coñecemento. A súa vez, estas tarefas han de ser variadas para que o alumno amose as súas capacidades e poida desenvole-la súa autonomía. Evidentemente, non tódolos alumnos conseguen alcanza-los obxectivos mínimos propostos, polo que programaremos actividades que lles axuden a conseguilos. Estas actividades non teñen por que ser realizadas fóra da aula, senón que poden estar incluídas nos contidos se consideramo-la súa aprendizaxe a distintos niveis, simultaneando as actividades de reforzo para os alumnos que non adquiriron os coñecementos mínimos con actividades de ampliación para o resto do alumnado. Para todo iso contamos en primeiro lugar cun libro de texto adaptado ó novo contexto educativo, que proporciona ao alumno unha base de referencia sólida para organizar o seu aprendizaxe, e que fornece ao docente cunhas ferramentas actuales que lle facilitan moito o seu traballo. O libro de texto escollido é English in Use ESO para os catro niveis da ESO e a ESA, e Living English para o Bacharelato ordinario e de adultos. Nun principio só será obrigatorio o uso do libro do alumno (student's book), deixando a criterio do profesor a utilización do libro de actividades (workbook). A ensinanza de adultos Partindo das necesidades educativas específicas dos nosos alumnos adultos, buscamos unha metodoloxía que permita combinar o enfoque comunicativo cunha actitude ecléctica, de xeito que poidan participar os propios alumnos no deseño dos obxectivos e as estratexias da súa aprendizaxe. Debemos ter en conta que as características, as necesidades, os intereses e as motivacións das persoas adultas, á hora de acceder á oferta 6

educativa, difiren das do resto do alumnado. Se engadimos a isto a amplitude e diversidade das situacións individuais, as diferencias socio-culturais, de condicións laborais, da cualidade das experiencias e expectativas académicas e, incluso, o tempo dispoñible para dedicarse ás tarefas educativas, podemos comprende-la complexidade dos referentes que debemos considerar á hora de tomar decisións no ámbito da educación para as persoas adultas. Polo tanto, cando planificamos o ensino neste contexto, partimos no noso departamento dunha análise das maneiras ou medios metodolóxicos xerais máis adecuados, atendendo á tipoloxía do alumnado, partindo das experiencias previas coas que este accede ó sistema educativo, respectando os procesos evolutivos da vida adulta, así como os ritmos e estilos de aprendizaxe individuais. Compre ter en conta, por outra banda, que a estructura cognitiva do alumno, no caso da persoa adulta, está moi apoiada nunhas experiencias que son moito máis ricas e complexas cás dun adolescente. Isto implica que, nos adultos, existan máis posibilidades de establecer relacións entre o novo coñecemento e os esquemas mentais que eles posúen. Pero tamén implica que, cando a situación de ensino-aprendizaxe tenta modifica-los esquemas cognitivos das persoas adultas sen crea-las condicións axeitadas de reequilibrio, pódense dar graves bloqueos, tanto mentais como de autoestima que impida que se aprenda. Non cabe dúbida de que a motivación e a riqueza dos significados que conforman os esquemas cognitivos pódense favoreceren cos enfoques globalizadores. Esta concepción metodolóxica baséase no principio de que toda situación de ensino-aprendizaxe debe partir dunha situación próxima á realidade, neste caso da persoa adulta, e que esta situación debe resultarlle interesante e crearlle a necesidade de formular cuestións e problemas ós que lles debe dar resposta.para isto, compre utilizar instrumentos conceptuais e técnicos que proveñan das distintas disciplinas, pero a súa presentación ós alumnos adultos debe vir xustificada desde o achegamento a temas dunha realidade que coñecen, que desexan analizar e comprender, e na que desexan intervir. Dito doutra maneira, trátase de motivar ó alumnado. Se a motivación é clave en todo proceso de aprendizaxe, na educación das persoas adultas adquire unha relevancia especial, debido a que estas se desenvolven nun mundo no que a resolución de problemas necesita dunha resposta immediata. As actividades, polo tanto, deberán ter sentido para elas, ser funcionais e vehicular aprendizaxes que poden ser transferidas á práctica no mundo que as rodea, de xeito que lles vexan utilidade patente. Esta é imprescindible para evita-lo abandono antes de tempo, de aí a importancia de desenvolver, nas persoas adultas, capacidades e habilidades encamiñadas á superación das dificultades que poden xurdir no seu contorno persoal, socio-cultural e laboral. Os procesos nos que o alumno aprende a aprender son de particular importancia na educación das persoas adultas.por isto, deberán responsabilizarse da súa propia aprendizaxe, o que lles permitirá potenciar a competencia metacognitiva necesaria.unha metodoloxía que teña en conta tales aspectos favorecerá, polo tanto, que o alumnado poida deseña-los seus obxectivos de aprendizaxe, identifica-las tarefas máis adecuadas para o seu estilo e ritmo de aprendizaxe, enfatizando nos aspectos máis positivos das súas aptitudes e minimizando os puntos débiles. Debido ás súas características específicas, a implicación activa das persoas adultas nos procesos de formación só é posible se se senten partícipes e implicadas en todo o proceso educativo. Así, o papel fundamental do profesorado nestes casos é máis mediador e facilitador deste proceso que de transmisor de coñecementos. Para poder participar no 7

seu proceso educativo, as persoas adultas deberán coñecer a intención da educación, o contido, a metodoloxía, os criterios de avaliación e a organización das ensinanzas e realiza-la análise deste proceso, que se verá enriquecido coas súas aportacións. As editoriais proporcionan información dos seus cursos, que achegamos para detallar os contidos e as actividades propostas nos diferentes niveis. Para os catro niveis da ESO e na ESA o libro de texto será New English in Use ESO, da editorial Burlington. En Bacharelato ordinario e de adultos usarase Living English, da Editorial Burlington. New English in Use ESO é un curso claramente estruturado que se centra no desenvolvemento das competencias lingüísticas produtivas para unha comunicación efectiva. Achega o mundo real á aula da ESO para que os alumnos/as reflexionen, non deixen de estar motivados e se expresen en inglés de forma sinxela e natural. Compoñentes do curso PARA O ESTUDANTE: Student s Book Unha unidade introdutoria para repasar o vocabulario, a gramática, as estratexias de escritura e a linguaxe da clase básicos. Nove unidades didácticas claramente estruturadas, cunha tarefa comunicativa cada dúas páxinas no apartado English inuse. Tres seccións de repaso con exercicios de vocabulario e gramática acumulativos, unha páxina de literatura e un proxecto que inclúe a tarefa Techno Option. Contido cultural e interdisciplinar integrado nas actividades da unidade. Énfase na aprendizaxe de vocabulario e constante reciclaxe. Exercicios de comprensión e expresión orais frecuentes. Unha páxina Everyday English en cada unidade, que se centra no inglés funcional que se produce en situacións comunicativas reais. Unha revista cultural e interdisciplinar completamente opcional (Culture magazine). Unha sección Grammar Charts and Basics de revisión e práctica da gramática con cadros e exercicios de gramática básica. Un apéndice para traballar en parellas (Pairwork Appendix). Un apéndice de ortografía. Un apéndice de pronuncia con exercicios adicionais (Pronunciation Appendix). Lista de verbos irregulares. Workbook (a discreción do profesor) 8

Unha unidade de introdución e nove unidades con exercicios graduados de vocabulario e gramática, textos de lectura, exercicios de comprensión oral, diálogos para completar, práctica adicional de escritura, Check Your Progress e Self-Evaluation. Un glosario e unha lista de linguaxe funcional coa súa transcrición fonética e traducións en lingua propia. Un apéndice gramatical coas explicacións en lingua propia e exemplos bilingües. Unha lista de verbos irregulares traducidos á lingua propia. Unha guía de escritura con pautas paso a paso que facilitarán a autocorrección. Páxinas Writing Plan para completar cos exercicios de expresión escrita propostos no Student s Book. Cadros de autoavaliación do estudante na sección Learning Competences. Language Builder (combinado co Workbook) Vocabulario e linguaxe funcional clasificados por temas. Divertidas actividades para revisar e consolidar o vocabulario. English in Use Interactive Interactive Wordlist: glosario interactivo, exercicios para practicar a ortografía e actividades de vocabulario. Interactive Grammar: exercicios gramaticais con autocorrección. Dialogue Builders: práctica da linguaxe funcional mediante diálogos. Techno Help: axuda e recursos para realizar as actividades Techno Option. Páxina web de English in Use ESO Student s Zone Todas as gravacións dos textos do Student s Book (incluídos os da Culture magazine), os exercicios de comprensión oral do Workbook coas súas transcricións e os ditados do Workbook en formato mp3. PARA O PROFESOR/A: Teacher s Manual Unha presentación do curso e dos seus compoñentes. Unha sección de avaliación. Directrices do Marco Común Europeo de Referencia para as Linguas. Notas didácticas claras, concisas e intercaladas coas páxinas do Student s Book, onde se destacan sobre un fondo de cor as referencias a outros compoñentes do curso, para facilitar a preparación das clases. As respostas aos exercicios do Student s Book. Información sociocultural e interdisciplinar sobre os temas que se tratan no Student s Book. Actividades de reforzo e ampliación. Transcrición dos exercicios de comprensión oral. Actividades opcionais de comprensión oral. Cadros fotocopiábeis do Student s Book para facilitar o traballo na clase Teacher s All-in-One Pack Unha sección de exames (Tests) que consta de: - Un exame de diagnóstico (Diagnostic Test) e follas de repaso (Revision Worksheets). 9

- Un exame por unidade (Unit Tests) con tres niveis de dificultade. - Tres exames trimestrais (Term Tests) con dous niveis de dificultade. - Dous exames finais (Final Tests). - Un exame de comprensión oral (listening) e expresión oral (speaking) por unidade e trimestre, e outro final. - Tres exames de competencias clave (Key Competences Tests). - A clave de respostas. Unha sección de atención á diversidade que inclúe: - Dúas follas fotocopiábeis por unidade con práctica adicional das estruturas gramaticais e do vocabulario (Extra Practice). - Unha folla fotocopiábel por unidade para que amplíen os coñecementos adquiridos (Extension). - A clave de respostas. Unha sección de actividades orais adicionais para realizar en parella (Extra Speaking) con clave de respostas. As gravacións de todos os exercicios de comprensión oral están dispoñíbeis na páxina web de Burlington Books (tamén en CD baixo pedido). Recursos dixitais para o profesor/a (dispoñíbeis na Teacher's Zone de www.burlingtonbooks.es ) Interactive Whiteboard Materials, que inclúen as versións dixitais, totalmente interactivas, do Student s Book, o Workbook e o Language Builder, para profesores que traballan con encerados interactivos ou que están nunha clase dixital 1x1. Sistema de xestión da aprendizaxe (LMS), para levar un seguimento do progreso dos alumnos/as de forma interactiva. Test Factory and Other Resources, con todo o material do Teacher s All-in-One Pack en formato editábel. Burlington ESO Grammar Factory, para xerar exames de práctica gramatical automaticamente ou para preparalos persoalmente. Burlington ESO Culture Bank, con pantallas e preguntas culturais e interdisciplinares. Gravacións do Student's Book, o Workbook e o Teacher's All-in-One Pack (dispoñíbeis en CD baixo pedido). Clave de respostas do Workbook e o Language Builder, así como material fotocopiábel do Student's Book. Novidades da Interactive Whiteboard: Grammar Animation: animacións coas que se traballan de forma divertida e visual as estruturas gramaticais, a orde das palabras e outros puntos gramaticais. Wordlists and Dictations: listas de palabras traducidas á lingua propia que se poden escoitar e tamén seleccionar para xerar ditados. Slideshows: presentacións de diapositivas sobre temas culturais Team Games: xogos para facer en equipo. Everything English Video Nove capítulos filmados en Gran Bretaña para ampliar os seus coñecementos socioculturais, centrados na comprensión oral, a expresión oral e a linguaxe funcional. 10

Para o Bacharelato o libro de texto é Living English, da editorial Burlington. Living English é un curso comunicativo en dous niveis que ofrece un programa de aprendizaxe da lingua inglesa moi estimulante, que non só prepara o alumnado para os exames de acceso á universidade, senón que tamén lle permite utilizar o inglés de forma competente en situacións da vida real. Os temas son interesantes, variados, presentan aspectos culturais do mundo anglosaxón e están pensados para relacionar a materia de inglés con outras áreas do currículo. Para lograr unha boa competencia, tanto na expresión oral coma na escrita, os alumnos/as necesitan unha boa base lingüística. Living English presta especial atención á adquisición de vocabulario, proporcionando seccións de vocabulario relacionado con cada tema tratado no Student s Book e cubrindo aspectos léxicos que aparecen nos textos. A sección Vocabulary Builder (incluída no Workbook) proporciona unha lista do vocabulario visto en cada unidade a modo de referencia e que resulta moi útil. Tamén ofrece unha ampliación da formación de palabras a través de distintas actividades. Living English presenta as estruturas gramaticais con exemplos relacionados co contexto e proporciona unha ampla sección de práctica destas estruturas mediante actividades. Cada vez máis, o alumno/a necesita ser capaz de utilizar a lingua máis aló do ámbito dun exame formal. Living English proporciona a sección Communication, que anima ao estudante a utilizar o inglés para falar e expresar a súa propia opinión acerca dunha ampla variedade de temas, así como describir as súas propias experiencias. O curso desenvolve dun modo sistemático e práctico as destrezas de listening e speaking, culminando en tarefas auténticas. Living English ofrece actividades para practicar a expresión e comprensión orais, o uso do inglés e actividades de lectura ao estilo do exame do Cambridge First Certificate in English (FCE). O propósito de incluír estas actividades é dobre: proporcionarlles aos alumnos/as actividades de nivel alto que consoliden o material aprendido e familiarizar co exame FCE aos alumnos que teñen pensado facelo a través deste tipo de actividades. En todas as áreas da aprendizaxe a tecnoloxía está a ser cada vez máis importante.a serie presenta un novo compoñente Living English Interactive, que ofrece unha serie de ferramentas interactivas para practicar o vocabulario (listas de palabras, ortografía e actividades de vocabulario), a gramática (exercicios de autocorrección), a comprensión oral (práctica adicional para mellorar a destreza de listening ) e as actividades web (recursos para realizar as actividades da sección Techno Option do Student's Book). O Sistema de Xestión da Aprendizaxe (LMS) online permite que os profesores/as controlen o traballo que fixo cada alumno/a en Trends Interactive. Así mesmo, os alumnos/as poderán avaliar o seu propio progreso. 11

3. Competencias clave. Contribución da materia á súa consecución. a) As competencias clave e a súa descrición As orientacións da Unión Europea insisten na necesidade da adquisición das competencias clave por parte da cidadanía, como condición indispensábel para lograr que os individuos alcancen un pleno desenvolvemento persoal, social e profesional que se axuste ás demandas dun mundo globalizado e faga posíbel o desenvolvemento económico, vinculado ao coñecemento. As competencias clave son esenciais para o benestar das sociedades europeas, o crecemento económico e a innovación, e descríbense os coñecementos, as capacidades e as actitudes esenciais vinculadas a cada unha delas. A proposta de aprendizaxe por competencias favorecerá, por tanto, a vinculación entre a formación e o desenvolvemento profesional e ademais facilitará a mobilidade de estudantes e profesionais. As competencias clave no Sistema Educativo Español son as seguintes: 1. Comunicación lingüística 2. Competencia matemática e competencias básicas en ciencia e tecnoloxía 3. Competencia dixital 4. Aprender a aprender 5. Competencias sociais e cívicas 6. Sentido de iniciativa e espírito emprendedor 7. Conciencia e expresións culturais En cada materia inclúense referencias explícitas acerca da súa contribución a aquelas competencias clave ás que se orienta en maior medida. Doutra banda, tanto os obxectivos como a propia selección dos contidos buscan asegurar o desenvolvemento de todas elas. Os criterios de avaliación serven de referencia para valorar o grao progresivo de adquisición. Competencia en comunicación lingüística Esta competencia refírese á utilización da linguaxe como instrumento de comunicación oral e escrita, de representación, interpretación e comprensión da realidade, de construción e comunicación do coñecemento e de organización e autorregulación do pensamento, as emocións e a conduta. Con distinto nivel de dominio e formalización -especialmente en lingua escrita-, esta competencia significa, no caso das linguas estranxeiras, poder comunicarse nalgunhas delas e, con iso, enriquecer as relacións sociais e desenvolverse en contextos distintos ao propio. Así mesmo, favorécese o acceso a máis e diversas fontes de información, comunicación e aprendizaxe. 12

En resumo, para o adecuado desenvolvemento desta competencia resulta necesario abordar a análise e a consideración dos distintos aspectos que interveñen nela, debido á súa complexidade. Para iso, débese atender aos cinco compoñentes que a constitúen e ás dimensións nas que se concretan: O compoñente lingüístico comprende diversas dimensións: a léxica, a gramatical, a semántica, a fonolóxica, a ortográfica e a ortoépica (a articulación correcta do son a partir da representación gráfica da lingua). O compoñente pragmático-discursivo contempla tres dimensións: a sociolingüística (vinculada coa adecuada produción e recepción de mensaxes en diferentes contextos sociais); a pragmática (que inclúe as microfuncións comunicativas e os esquemas de interacción); e a discursiva (que inclúe as macrofuncións textuais e as cuestións relacionadas cos xéneros discursivos). O compoñente sociocultural inclúe dúas dimensións: a que se refire ao coñecemento do mundo e a dimensión intercultural. O compoñente estratéxico permítelle ao individuo superar as dificultades e resolver os problemas que xorden no acto comunicativo. Inclúe tanto destrezas e estratexias comunicativas para a lectura, a escritura, a fala, a audición e a conversación, coma destrezas vinculadas co tratamento da información, a lectura multimodal e a produción de textos electrónicos en diferentes formatos; tamén forman parte deste compoñente as estratexias xerais de carácter cognitivo, metacognitivo e socioafectivas que o individuo utiliza para comunicarse eficazmente, aspectos fundamentais na aprendizaxe das linguas estranxeiras. O compoñente persoal intervén na interacción comunicativa en tres dimensións: a actitude, a motivación e os trazos de personalidade. Competencia matemática e competencias básicas en ciencia e tecnoloxía A competencia matemática implica a aplicación do razoamento matemático e as súas ferramentas para describir, interpretar e predicir distintos fenómenos no seu contexto. Esta competencia require coñecementos sobre os números, as medidas e as estruturas, as operacións e as representacións matemáticas, e a comprensión dos termos e conceptos matemáticos. O uso de ferramentas matemáticas implica unha serie de destrezas que requiren a aplicación dos principios e procesos matemáticos en distintos contextos. Trátase da importancia das matemáticas no mundo e de utilizar os conceptos, procedementos e ferramentas para aplicalos na resolución dos problemas que poidan xurdir nunha situación determinada ao longo da vida. A competencia matemática inclúe unha serie de actitudes e valores que se basean no rigor, o respecto aos datos e a veracidade. Xa que logo, para o adecuado desenvolvemento da competencia matemática resulta necesario abordar catro áreas relativas aos números, a álxebra, a xeometría e a estatística, interrelacionadas de formas diversas, a través da cantidade, o espazo e a forma, o cambio e as relacións, e a incerteza e os datos. As competencias básicas en ciencia e tecnoloxía son aquelas que proporcionan un achegamento ao mundo físico e á interacción responsábel con el para a conservación e mellora do medio natural, a protección e mantemento da calidade de vida e o progreso 13

dos pobos. Estas competencias contribúen ao desenvolvemento do pensamento científico e capacitan a cidadáns responsábeis e respectuosos que desenvolven xuízos críticos sobre os feitos científicos e tecnolóxicos que se suceden ao longo dos tempos, pasados e actuais. Estas competencias han de capacitar para identificar, expor e resolver situacións da vida cotiá, igual que se actúa fronte aos retos e problemas propios das actividades científicas e tecnolóxicas. Para o adecuado desenvolvemento das competencias en ciencia e tecnoloxía resultan necesarios coñecementos científicos relativos á física, a química, a bioloxía, a xeoloxía, as matemáticas e a tecnoloxía. Así mesmo, hanse de fomentar as destrezas para utilizar e manipular ferramentas e máquinas tecnolóxicas, e utilizar datos e procesos científicos para alcanzar un obxectivo. Hanse de incluír actitudes e valores relacionados coa asunción de criterios éticos asociados á ciencia e á tecnoloxía, o interese pola ciencia, o apoio á investigación científica, a valoración do coñecemento científico, e o sentido da responsabilidade en relación á conservación dos recursos naturais, ás cuestións ambientais e á adopción dunha actitude adecuada para lograr unha vida física e mental saudábel nun contorno natural e social. Os ámbitos que se deben abordar para a adquisición das competencias en ciencias e tecnoloxía son os sistemas físicos, os sistemas biolóxicos, os sistemas da Terra e do Espazo, e os sistemas tecnolóxicos. Por último, a adquisición das competencias en ciencia e tecnoloxía require a formación e práctica na investigación científica e na comunicación da ciencia. Competencia dixital Esta competencia consiste en dispor de habilidades para buscar, obter, procesar e comunicar información, e para transformala en coñecemento. Incorpora diferentes habilidades, que van desde o acceso á información até a súa transmisión en distintos soportes unha vez tratada, incluíndo a utilización das tecnoloxías da información e da comunicación como elemento esencial para informarse, aprender e comunicarse. Implica ser unha persoa autónoma, eficaz, responsábel, crítica e reflexiva ao seleccionar, tratar e utilizar a información e as súas fontes, así como as distintas ferramentas tecnolóxicas; tamén, ter unha actitude critica e reflexiva na valoración da información dispoñíbel, contrastándoa cando é necesario, e respectar as normas de conduta socialmente acordadas para regular o uso da información e as súas fontes nos distintos soportes. Para o adecuado desenvolvemento da competencia dixital resulta necesario abordar a información, a análise e a interpretación da mesma, a comunicación, a creación de contidos, a seguridade e a resolución de problemas, tanto teóricos coma técnicos. Aprender a aprender Aprender a aprender supón dispor de habilidades para iniciarse na aprendizaxe e ser capaz de continuar aprendendo de maneira cada vez máis eficaz e autónoma, de acordo aos propios obxectivos e necesidades. 14

Aprender a aprender implica a conciencia, xestión e control das propias capacidades e coñecementos desde un sentimento de competencia ou eficacia persoal, e inclúe tanto o pensamento estratéxico como a capacidade de cooperar, de se autoavaliar, e o manexo eficiente dun conxunto de recursos e técnicas de traballo intelectual. Todo iso desenvólvese, a través de experiencias de aprendizaxe conscientes e gratificantes, tanto individuais coma colectivas. Competencias sociais e cívicas Estas competencias implican a habilidade e a capacidade para utilizar os coñecementos e actitudes sobre a sociedade, interpretar fenómenos e problemas sociais en contextos cada vez máis diversificados, elaborar respostas, tomar decisións e resolver conflitos, así como para interactuar con outras persoas e grupos, conforme a normas baseadas no respecto mutuo e en conviccións democráticas. En concreto, a competencia social relaciónase co benestar persoal e colectivo. Os elementos fundamentais desta competencia inclúen o desenvolvemento de certas destrezas como a capacidade de se comunicar dunha maneira construtiva en distintos contornos sociais e culturais, mostrar tolerancia, expresar e comprender puntos de vista diferentes, negociar sabendo inspirar confianza e sentir empatía. Así mesmo, esta competencia inclúe actitudes e valores como unha forma de colaboración, a seguridade nun mesmo e a integridade e honestidade. A competencia cívica baséase no coñecemento crítico dos conceptos de democracia, xustiza, igualdade, cidadanía e dereitos humanos e civís, así como da súa formulación na Constitución española, a Carta dos Dereitos Fundamentais da Unión Europea e en declaracións internacionais, e da súa aplicación por parte de diversas institucións a escala local, rexional, nacional, europea e internacional. As actitudes e valores inherentes a esta competencia son aqueles que se dirixen ao pleno respecto dos dereitos humanos e á vontade de participar na toma de decisións democráticas a todos os niveis, e implica manifestar o sentido da responsabilidade e mostrar comprensión e respecto dos valores compartidos, que son necesarios para garantir a cohesión da comunidade, baseándose no respecto dos principios democráticos. Por tanto, para o adecuado desenvolvemento destas competencias é necesario comprender o mundo no que se vive, en todos os aspectos sociais, culturais e humanos do mesmo. Pero tamén incorporan formas de comportamento individual que capacitan ás persoas para convivir en sociedade. Sentido de iniciativa e espírito emprendedor A competencia sentido de iniciativa e espírito emprendedor implica a capacidade de transformar as ideas en actos. Iso significa adquirir conciencia da situación a intervir ou resolver, e saber elixir, planificar e xestionar os coñecementos, destrezas ou habilidades e actitudes necesarios con criterio propio, co fin de alcanzar o obxectivo previsto. 15

A adquisición desta competencia é determinante na formación de futuros cidadáns emprendedores, contribuíndo así á cultura do emprendemento. Entre os coñecementos que require a competencia sentido de iniciativa e espírito emprendedor inclúese a capacidade de recoñecer as oportunidades existentes para as actividades persoais, profesionais e comerciais. Para o adecuado desenvolvemento desta competencia, resulta necesario abordar a capacidade creadora e de innovación, a capacidade proactiva para xestionar proxectos, a capacidade de asunción e xestión de riscos e manexo da incerteza, as calidades de liderado e traballo individual e en equipo, e por último, o sentido crítico e da responsabilidade. Conciencia e expresións culturais Esta competencia implica coñecer, comprender, apreciar e valorar con espírito crítico, cunha actitude aberta e respectuosa, as diferentes manifestacións culturais e artísticas, utilizalas como fonte de enriquecemento e goce persoal e consideralas como parte da riqueza e patrimonio dos pobos. Incorpora tamén un compoñente expresivo referido á propia capacidade estética e creadora e ao dominio daquelas capacidades relacionadas cos diferentes códigos artísticos e culturais, para poder utilizalas como medio de comunicación e expresión persoal. Implica igualmente manifestar interese pola participación na vida cultural e por contribuír á conservación do patrimonio cultural e artístico, tanto da propia comunidade coma doutras comunidades. Por tanto, require de coñecementos que permitan acceder ás distintas manifestacións sobre a herdanza cultural a escala local, nacional e europea e o seu lugar no mundo. Comprende a concreción da cultura en diferentes autores e obras, xéneros e estilos, tanto das belas artes coma doutras manifestacións artístico-culturais da vida cotiá. Para o adecuado desenvolvemento da competencia para a conciencia e expresión cultural resulta necesario abordar o coñecemento, estudo e comprensión de distintos estilos e xéneros artísticos e das principais obras e producións culturais e artísticas; a aprendizaxe das técnicas e recursos; o desenvolvemento da capacidade e intención de expresarse e comunicar ideas, experiencias e emocións propias; a potenciación da iniciativa, a creatividade e a imaxinación propias de cada individuo de face á expresión das propias ideas e sentimentos; o interese, aprecio, respecto, goce e valoración crítica das obras artísticas e culturais; a promoción da participación na vida e a actividade cultural da sociedade na que se vive; e por último, o desenvolvemento da capacidade de esforzo, constancia e disciplina para a creación de calquera produción artística de calidade. Contribución da materia na consecución das competencias clave: O inglés, como materia común, ten a finalidade de afondar na formación xeral do alumno, aumentar a súa madurez intelectual e humana e avanzar naquelas competencias que favorezan a aprendizaxe ao longo da vida. 16

No noso departamento desenvolvemos e completamos o currículo establecido no decreto e a súa concreción forma parte do noso proxecto educativo con actividades que impulsan e favorecen a capacidade do alumnado para aprender de maneira autónoma, para o traballo en equipo e para aplicar métodos de investigación apropiados á súa idade de formación. Actividades que estimulan o interese e o hábito de lectura e a capacidade de expresarse correctamente en público, así como o uso das tecnoloxías da información e da comunicación Aprender unha nova lingua é, seguramente, un dos retos máis difíciles aos que se enfrontan os estudantes ao longo da súa vida académica, sobre todo porque supón mergullarse de forma activa nunha cultura e nunha visión da vida moi diferentes da súa. A medida que aprenden un idioma, desenvolven unha serie de competencias clave da aprendizaxe. Ademais de adquirir a Competencia en comunicación lingüística, estas unidades tamén levan á adquisición doutras competencias: - A Competencia conciencia e expresións culturais e a Competencia matemática e competencias básicas en ciencia e tecnoloxía, a través dos textos e dos temas elixidos. - A Competencia dixital, mediante as actividades de Internet e os materiais dixitais. - As Competencias sociais e cívicas a partir das interaccións e as dinámicas da clase, que desenvolven a aprendizaxe colaborativa. - O Sentido de iniciativa e espírito emprendedor desenvólvese ao longo de todo o proceso da aprendizaxe do idioma á través das actividades de expresión e interacción oral e escrita, nas que o alumno ha de tomar decisións sobre que dicir e como facelo, e con que medios. Todas as unidades dos libros ofrecen actividades co obxectivo de traballar todas as competencias enmumeradas con anterioridade, que se especifican na descripción das distintas unidades que comforman os libros de texto, e asimesmo na práctica diaria ofreceremos oportunidades de polas en práctica. Do mesmo xeito, e como é prescriptivo, incluiremos a súa evaluación por medio dunha rúbrica que se detalla no apartado Avaliación e promoción 4. Obxectivos da ESO e do Bacharelato. Obxectivos para cada curso. Obxectivos xerais da ESO A Educación Secundaria Obrigatoria contribuirá a desenvolver no alumnado as capacidades que lles permitan: a) Asumir responsabelmente os seus deberes, coñecer e exercer os seus dereitos no respecto aos demais, practicar a tolerancia, a cooperación e a solidariedade entre as persoas e grupos, exercitarse no diálogo afianzando os dereitos humanos e a igualdade de trato e de 17

oportunidades entre mulleres e homes, como valores comúns dunha sociedade plural e prepararse para o exercicio da cidadanía democrática. b) Desenvolver e consolidar hábitos de disciplina, estudo e traballo individual e en equipo como condición necesaria para unha realización eficaz das tarefas da aprendizaxe e como medio de desenvolvemento persoal. c) Valorar e respectar a diferenza de sexos e a igualdade de dereitos e oportunidades entre eles. Rexeitar a discriminación das persoas por razón de sexo ou por calquera outra condición ou circunstancia persoal ou social. Rexeitar os estereotipos que supoñan discriminación entre homes e mulleres, así como calquera manifestación de violencia contra a muller. d) Fortalecer as súas capacidades afectivas en todos os ámbitos da personalidade e nas súas relacións cos demais, así como rexeitar a violencia, os prexuízos de calquera tipo, os comportamentos sexistas e resolver pacificamente os conflitos. e) Desenvolver destrezas básicas na utilización das fontes de información para, con sentido crítico, adquirir novos coñecementos. Adquirir unha preparación básica no campo das tecnoloxías, especialmente as da información e da comunicación. f) Concibir o coñecemento científico como un saber integrado, que se estrutura en distintas disciplinas, así como coñecer e aplicar os métodos para identificar os problemas nos diversos campos do coñecemento e da experiencia. g) Desenvolver o espírito emprendedor e a confianza en si mesmo, a participación, o sentido crítico, a iniciativa persoal e a capacidade para aprender a aprender, planificar, tomar decisións e asumir responsabilidades. h) Comprender e expresar con corrección, oralmente e por escrito, na lingua castelá e, se a houber, na lingua cooficial da Comunidade Autónoma, textos e mensaxes complexas, e iniciarse no coñecemento, a lectura e o estudo da literatura. i) Comprender e expresarse nunha ou máis linguas estranxeiras de maneira apropiada. j) Coñecer, valorar e respectar os aspectos básicos da cultura e da historia, propias e alleas, así como o patrimonio artístico e cultural. k) Coñecer e aceptar o funcionamento do propio corpo e o dos demais, respectar as diferenzas, afianzar os hábitos de coidado e saúde corporais e incorporar a educación física e a práctica do deporte para favorecer o desenvolvemento persoal e social. Coñecer e valorar a dimensión humana da sexualidade en toda a súa diversidade. Valorar criticamente os hábitos sociais relacionados coa saúde, o consumo, o coidado dos seres vivos e o ambiente, contribuíndo á súa conservación e mellora. l) Apreciar a creación artística e comprender a linguaxe das distintas manifestacións artísticas, utilizando diversos medios de expresión e representación. 18

En cada curso da ESO, estes obxectivos vense reflectidos para cada estandar de aprendizaxe en cada bloque didáctico na proposta da Administración. O departamento de inglés tomará ista como referencia na súa elaboración das propostas didácticas. Para ver o desenvolvemento detallado en cada unidade de cada curso, compre referirse ao apartado 5 da programación. Obxectivos xerais do Bacharelato O Bacharelato contribuirá a desenvolver nos alumnos e nas alumnas as capacidades que lles permitan: a) Exercer a cidadanía democrática, desde unha perspectiva global, e adquirir unha conciencia cívica responsábel, inspirada polos valores da Constitución española así como polos dereitos humanos, que fomente a corresponsabilidade na construción dunha sociedade xusta e equitativa. b) Consolidar unha madurez persoal e social que lles permita actuar de forma responsábel e autónoma e desenvolver o seu espírito crítico. Prever e resolver pacificamente os conflitos persoais, familiares e sociais. c) Fomentar a igualdade efectiva de dereitos e oportunidades entre homes e mulleres, analizar e valorar criticamente as desigualdades e discriminacións existentes, e en particular a violencia contra a muller, e impulsar a igualdade real e a non discriminación das persoas por calquera condición ou circunstancia persoal ou social, con atención especial ás persoas con discapacidade. d) Afianzar os hábitos de lectura, estudo e disciplina, como condicións necesarias para o eficaz aproveitamento da aprendizaxe, e como medio de desenvolvemento persoal. e) Dominar, tanto na súa expresión oral coma na escrita, a lingua castelá e, no seu caso, a lingua cooficial da súa Comunidade Autónoma. f) Expresarse con fluidez e corrección nunha ou máis linguas estranxeiras. g) Utilizar con solvencia e responsabilidade as tecnoloxías da información e da comunicación. h) Coñecer e valorar criticamente as realidades do mundo contemporáneo, os seus antecedentes históricos e os principais factores da súa evolución. Participar de forma solidaria no desenvolvemento e mellora do seu contorno social. i) Acceder aos coñecementos científicos e tecnolóxicos fundamentais e dominar as habilidades básicas propias da modalidade elixida. j) Comprender os elementos e procedementos fundamentais da investigación e dos métodos científicos. Coñecer e valorar de forma crítica a contribución da ciencia e da tecnoloxía no cambio das condicións de vida, así como afianzar a sensibilidade e o respecto cara ao medio ambiente. 19

k) Afianzar o espírito emprendedor con actitudes de creatividade, flexibilidade, iniciativa, traballo en equipo, confianza nun mesmo e sentido crítico. l) Desenvolver a sensibilidade artística e literaria, así como o criterio estético, como fontes de formación e enriquecemento cultural. m) Utilizar a educación física e o deporte para favorecer o desenvolvemento persoal e social. n) Afianzar actitudes de respecto e prevención no ámbito da seguridade viaria. De maneira similar ao exposto para a ESO, en Bacharelato os obxectivos para cada curso veñen detallados en cada bloque dos cinco en que está organizada a materia, polo que igualmente compre referirse a iste marco nas diferentes propostas didácticas elaboradas polo departamento. 5. Contidos de cada curso, criterios de avaliación e estándares de aprendizaxe avaliábeis. No decreto 86/2015, do 25 de xuño, establécese o currículo da educación secundaria obligatoria e do bacharelato na comunidade autónoma de Galicia. Amosamos en primeiro lugar un extracto do decreto no que concierne á materia de Primeira lingua extranxeira en todos os cursos según a LOMCE, co desenvolvemento detallado de cada curso na proposta do libro de texto empregado, para consulta dos interesados. 1º ESO Contidos Criterios de avaliación Estándares de aprendizaxe avaliábeis Bloque 1. Comprensión de textos orais B1.1. Uso de estratexias de comprensión das mensaxes orais: Uso do contexto verbal e non verbal e dos coñecementos previos sobre a situación (quen fala a quen, con que intencións, onde e cando) que dan lugar a inferencias do significado baseadas no contexto. Uso dos coñecementos referenciais sobre o tema. Identificación de palabras chave. Adaptación da escoita á súa finalidade (global e/ou específica). Identificación dos recursos lingüísticos ou temáticos adquiridos. Inferencia do significado probable das palabras ou das frases que descoñece. B1.2. Tolerancia da comprensión parcial ou vaga nunha situación comunicativa. B1.1. Coñecer e saber aplicar as estratexias básicas de comprensión do sentido xeral, a información esencial, os puntos e as ideas principais, ou os detalles relevantes do texto: anticipación do contido xeral do que se escoita con axuda de elementos verbais e non verbais e uso dos coñecementos previos sobre a situación (quen fala a quen, con que intencións, onde e cando) que dan lugar a inferencias do significado baseadas no contexto. B1.2. Coñecer e saber aplicar as estratexias básicas de comprensión do sentido xeral, a información esencial, os puntos e as ideas principais, ou os detalles relevantes do texto: anticipación do contido xeral do que se escoita con axuda de elementos verbais e non verbais, e uso dos coñecementos previos sobre a situación (quen fala a quen, con que intencións, PLEB1.1. Comprende frases e expresións habituais relacionadas con necesidades inmediatas e temas cos que se estea moi familiarizado/a, sempre que se fale de xeito pausado e ben articulado. PLEB1.2. Capta os puntos principais e os detalles salientables de instrucións, preguntas, explicacións, diálogos e outras mensaxes orais sinxelas articuladas con claridade e pausadamente, relacionadas coas actividades de aula e con áreas de prioridade inmediata. PLEB1.3. Distingue, co apoio da imaxe, as ideas principais e información relevante en presentacións moi básicas sobre temas educativos, que estea a aprender ou do seu interese (por exemplo, sobre un tema curricular como os contaminantes, a clasificación dos seres vivos, etc.), sempre 20

B1.3. Perseveranza no logro da comprensión oral, reescoitando o texto gravado ou solicitando repetición ou reformulacións do dito. onde e cando) que dan lugar a inferencias do significado baseadas no contexto. B1.3. Identificar a información esencial, os puntos principais e os detalles máis relevantes en textos orais breves e ben estruturados, transmitidos de viva voz ou por medios técnicos e articulados a velocidade lenta, nun rexistro estándar formal, e que versen sobre asuntos cotiáns en situacións habituais escolares e da familia ou do propio campo de interese, sempre que as condicións acústicas non distorsionen a mensaxe e se poida volver escoitar o dito. B1.4. Comprender os puntos esenciais e os detalles máis salientables en conversas sinxelas, reais ou simuladas, que se refiran a necesidades prácticas ou materiais, gustos ou sensacións físicas moi básicas, expresadas pausadamente e con boa articulación, e que se poidan escoitar de novo ou solicitar que se repita ou se reformule o dito. B1.5. Recoñecer as fórmulas máis habituais de contacto social e as normas de cortesía máis sinxelas e comúns para a súa idade, e as utilizadas máis habituais para iniciar e terminar o discurso. que poida escoitalas máis dunha vez. PLEB1.4. Identifica o sentido xeral e os puntos principais dunha conversa informal entre duas persoas que ten lugar na súa presenza, ou procedente dunha gravación pedagóxica cando o tema lle resulta coñecido e o discurso estea articulado con claridade, a velocidade baixa. PLEB1.5. Comprende, nunha conversa informal na que participa, descricións, narracións, peticións de información, a expresión da vontade, a certeza e os desexos sobre asuntos prácticos da vida diaria e sobre temas do seu interese, cando se lle fala con claridade, amodo e directamente, e se a persoa interlocutora está disposto a repetir ou a reformular o dito. PLEB1.6. Identifica a información esencial do tema e da situación de comunicación de gravacións auténticas ou pedagóxicas sinxelas, sobre asuntos cotiáns ou do seu interese, articuladas pausadamente e con claridade, e cando as imaxes axuden á comprensión e se poida escoitar máis dunha vez. Contidos Criterios de avaliación Estándares de aprendizaxe avaliábeis Bloque 2. Produción de textos orais: expresión e interacción B2.1. Estratexias de produción: Planificación. Identificación do contexto, do destinatario e da finalidade da produción ou da interacción. Adecuación do texto ao destinatario, ao contexto e á canle, escollendo os expoñentes lingüísticos necesarios para lograr a intención comunicativa Percepción da mensaxe con claridade, distinguindo a súa idea ou ideas principais e a súa estrutura básica. Execución. Activación dos coñecementos previos sobre modelos e secuencias de interacción, e elementos lingüísticos previamente asimilados e memorizados. Expresión da mensaxe con claridade e coherencia básica, estruturándoa adecuadamente e axustándose, de ser o caso, aos modelos e ás fórmulas de cada tipo de texto traballados na clase previamente. Reaxuste da tarefa (emprender unha versión máis modesta desta) ou da 21 B2.1. Pronunciar e entoar de xeito claro e intelixible, aínda que se cometan erros de pronuncia polos que os interlocutores teñan que solicitar repeticións de cando en vez. B2.2. Interactuar de xeito sinxelo en intercambios claramente estruturados, utilizando fórmulas ou xestos simples para tomar ou ceder a quenda de palabra, aínda que se dependa en grande medida da actuación do interlocutor. B 2. 3. U t i l i z a r a s e s t r a t e x i a s m á i s a d e c u a d a s p a r a p r o d u c i r t e x t o s m o n o l ó x i c o s q u e a b o r d e n d e s c r i c i ó n s, n a r r a c i ó n s e e x p l i c a c i ó n s b r e v e s e s i n x e l a s s o b r e a c o n t e c e m e n t o s, e x p e r i e n c i a s, c o n d i c i ó n s d e v i d a e c o ñ e c e m e n t o s d i v e r s o s, c o n c e r t a f l u i d e z e p r o n u n c i a i n t e l i x i b l e, u t i l i z a n d o c o n e c t o r e s t e x t u a i s, e c o n d o m i n i o d o v o c a b u l a r i o e l e m e n t a l p a r a l o g r a r a f i n a l i d a d e d a c o m u n i c a c i ó n Producir textos breves e comprensíbeis, tanto en conversación cara a cara coma por teléfono ou outros medios técnicos, nun rexistro neutro ou informal, cunha linguaxe sinxela, nos que se da, se solicita e se PLEB2.1. Na maioría das actividades de aula amosa unha actitude positiva polo uso da lingua estranxeira nas diferentes situacións comunicativas, esforzándose por utilizala aínda que, ás veces, teña que recorrer a outras linguas para pedir axuda ou aclaracións. PLEB2.2. Fai presentacións moi breves e ensaiadas comprensibles e con apoio visual de distintos soportes multimedia que lle permitan ilustralas con imaxes e seguir un guión sobre aspectos concretos e sinxelos de temas do seu interese ou relacionados cos seus estudos, e responde a preguntas breves e moi sinxelas dos oíntes sobre o contido das súas presentacións. PLEB2.3. Desenvólvese sen dificultade evidente en xestións e transaccións cotiás básicas, e ofrece e obtén información básica en situacións habituais e concretas propias de viaxes, aloxamento, transporte, compras e lecer, seguindo normas de cortesía básicas (saúdo e tratamento). PLEB2.4. Establece contacto social en función da situación de comunicación, real ou simulada, e reformula ou rectifica se non se