Niveis de Referencia 4º Primaria 2º 3º 4º. Orientacións para o Estudo e a mellora da lectura

Similar documents
Niveis de Referencia 3º Primaria 3º 4º 5º 6º. Orientacións para o Estudo e a mellora da lectura

Niveis de Referencia 2º Primaria 4º 5º 6º. Orientacións para o Estudo e a mellora da lectura

COMO XOGAR A KAHOOT Se vas xogar por primeira vez, recomendámosche que leas este documento QUE É KAHOOT?

Síntesis da programación didáctica

Silencio! Estase a calcular

Acceso web ó correo Exchange (OWA)

R/Ponzos s/n Ferrol A Coruña Telf Fax

GUÍA DE MIGRACIÓN DE CURSOS PARA PLATEGA2. Realización da copia de seguridade e restauración.

C.E.I.P. PRÁCTICAS de Ourense Programacións didácticas

O SOFTWARE LIBRE NAS ENTIDADES DE GALIZA

3º ESO ESTHER VÁZQUEZ, ELBA NIEVES. Editorial BURLINGTON AutorMARKS/DARBY. Contidos (unidades didácticas) temporalizados por avaliacións

Procedimientos Auditivos e Instrumentais DEPARTAMENTO COORDINADOR/A DA DISCIPLINA. CURSOS 1º curso 2º curso 3º curso 4º curso.

Xogos e obradoiros sobre o cambio climático que Climántica desenvolve en centros educativos

COLEGIO NUESTRA SEÑORA DEL ROSARIO.

Problema 1. A neta de Lola

2º ESO. Obxectivos xerais do curso. Contidos (unidades didácticas) temporalizados por avaliacións

I.E.S. ORTIGUEIRA ÁREA DE LINGUAS ESTRANXEIRAS

CURSO PROGRAMACIÓN DE 2º ESO

1º ESO CARMEN QUINTANA, ELBA NIEVES, MARGARITA ALFONSO

EDUCACIÓN INFANTIL PROGRAMACIÓN DE CICLO CENTRO: CEIP Mª PITA CURSO: Páxina 1

Narrador e Narradora Narrador Narradora Narrador

Rede CeMIT Cursos Gratuítos de Alfabetización Dixital NOVEMBRO Aula CeMIT de Cuntis

Discurso literario e sociedade nos países de fala inglesa

PROGRAMACIÓN CURSO DEPARTAMENTO : INGLÉS. IES Ramón Menéndez Pidal

VIGOSÓNICO V C O N C U R S O V I D E O C L I P S Calquera proposta estética para o vídeo: cine, animación, cor, branco e negro,...

PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA INGLÉS

Facultade de Fisioterapia

PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA ÁREA DE INGLÉS

PROGRAMACIÓN DE RELIXIÓN EVANXÉLICA 1º e 2º ESO

SECUENCIACIÓN DIDÁCTICA: ÁMBITO DA COMUNICACIÓN MÓDULO 3 y 4 (ESA) 2017/2018

PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA CURSO DEPARTAMENTO DE INGLÉS

PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA Área de Lingua Inglesa 5º Educación Primaria

Alumna/o...Curso... 1) Para recuperar a materia pendente deberás seguir o plan de traballo que se especifica de seguido:

PROGRAMACIÓN ÁREA DE INGLÉS 2º CICLO DE EDUCACIÓN INFANTIL CEIP DE AGOLADA

NOME DO CENTRO: IES CANIDO CURSO ESCOLAR: 2016/2017 INGLÉS 1º ESO

Ámbito da comunicación: lingua inglesa

PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA. Área de Lingua Inglesa. 4º Educación Primaria

Proxecto Curricular. I.E.S. Sanxillao. Proxecto Curricular IES SANXILLAO

PROGRAMACIÓN CURSO DEPARTAMENTO : INGLÉS. IES Ramón Menéndez Pidal

MINISTERIO DE EDUCACIÓN Y CIENCIA

PRESENTACIÓN DA MATERIA/MÓDULO

Welcome to Greenman and the Magic forest

PRESENTACIÓN MATERIA MATERIA LINGUA INGLESA CURSO 1º ESO B CURSO ACADÉMICO PROFESOR Mª MONTSERRAT VILLAPÚN CASTRO

Polinomios. Obxectivos. Antes de empezar

Obradoiro sobre exelearning. Pilar Anta.

PROGRAMACIÓNS POR AVALIACIÓN

PROPOSTA PEDAGÓXICA PROCESO DE FAMILIARIZACIÓN Á ESCOLA INFANTIL

DEPARTAMENTO DE INGLÉS PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA 2º ESO - LINGUA INGLESA - 1º IDIOMA CURSO 2018 / 2019 IES DAVID BUJÁN

PRESENTACIÓN MATERIA MATERIA INGLÉS CURSO 4º ESO CURSO ACADÉMICO PROFESOR Mª CRUZ MASEDA FRANCOS

PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DEPARTAMENTO DE LINGUA GALEGA E LITERATURA CURSO

Conservatorio Profesional de Música de Vigo. Programación de Percusión

PROGRAMA FORMATIVO DA ESPECIALIDADE FORMATIVA TÉCNICAS DE MARKETING ON LINE, BUSCADORES, SOCIAL MEDIA E MÓBIL COMM049PO

PROGRAMACION LINGUA INGLESA SEXTO CURSO 1- OBXECTIVOS 1.1- XERAIS 1.2-ESPECIFICOS

Programación Percusión

Programación 3º de EP LINGUA INGLESA

O Software Libre nas Empresas de Galicia

PRESENTACIÓN MATERIA MATERIA LINGUA INGLESA CURSO 1º ESO A CURSO ACADÉMICO PROFESOR Mª MONTSERRAT VILLAPÚN CASTRO

PROGRAMACIÓN DEPARTAMENTO DE INGLÉS -ESO -BACHARELATO -CICLOS -FORMACIÓN PROFESIONAL BÁSICA -ADULTOS

DEPARTAMENTO DE INGLÉS PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA 3º ESO - LINGUA INGLESA - 1º IDIOMA CURSO 2018 / 2019 IES DAVID BUJÁN

QUINTO CURSO EDUCACIÓN PRIMARIA OBRIGATORIA

PRESENTACIÓN MATERIA MATERIA INGLÉS CURSO 4º ESO CURSO ACADÉMICO PROFESOR FRANCISCO JOSÉ PÉREZ SAAVEDRA

PROGRAMACIÓN DE INGLÉS CURSO º ESO

Grao en Química. 2 0 Curso QUIMICA INORGÁNICA III. Guía Docente

ÍNDICE 1. Contexto e bases Legais 2. Obxectivos de E.Primaria 2.1 Contidos, criterios de avaliación e a súa relación coas Competencias Claves

Comezo do curso. Estimados pais, Benvidos a Quick Minds!

Grao en Química. 2 0 Curso QUIMICA INORGÁNICA III. Guía Docente

LINGUA INGLESA CURSO

CURSO UNIVERSITARIO CON APROBACIÓN PROVISONAL DE HOMOLOGACIÓN POR PARTE DA CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E O.U.

ANIMAR-T / LAIA, APRENDIZ DE MAGA

PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA

Programación do Departamento de Inglés da EOI de Lugo Curso

Área de Inglés Curso escolar

Conservatorio Profesional de Música de Vigo. Programación OPTATIVA DE MÚSICA MODERNA (historia do rock&roll)

ELABORACIÓN DUN TEST PARA ESTIMA-LO TAMAÑO DO VOCABULARIO COÑECIDO EN LINGUA GALEGA

ÁMBITO DE COMUNICACIÓN Lengua extranjera: Inglés

PARTE I. VIVALDI: Concierto en MI M. op. 3 n.12

2.1. O PROXECTO LINGÜÍSTICO DE CENTRO

Informe do estudo de CLIMA LABORAL do Sergas

MODULO O XOGO INFANTIL E A SÚA METODOLOXIA

A INTERVENCIÓN PEDAGÓXICA CON FAMILIAS INMIGRANTES: ESTRUTURA E AXENTES IMPLICADOS

ORIENTACIÓN E RESPOSTAS EDUCATIVAS. Alumnado con trastornos da aprendizaxe

A ensinanza da nutrición humana na Educación Primaria desde unha perspectiva mediambiental

PRESENTACIÓN MATERIA MATERIA INGLÉS CURSO 2º BAC CURSO ACADÉMICO PROFESOR Mª CRUZ MASEDA FRANCOS

PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DA MATERIA DE

Conservatorio Profesional de Música de Vigo. Programación de Viola

Conservatorio Profesional de Música de Vigo. Programación de Contrabaixo

DEPARTAMENTO DE INGLÉS PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA 2º BACH - LINGUA INGLESA - 1º IDIOMA CURSO 2018 / 2019 IES DAVID BUJÁN

PROGRAMACIÓN DO CUARTO CURSO DAS ENSINANZAS DO TÍTULO SUPERIOR DE MÚSICA NA ESPECIALIDADE DE INTERPRETACIÓN NO ITINERARIO DE CLARINETE.

Segunda lingua estranxeira: inglés

Cinco sinxelos pasos para ir á caza das estrelas ;) (

Guía didáctica TODO É PERCUSIÓN

marcoeuropeocomún de referencia para as linguas: aprendizaxe, ensino, avaliación

PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DEPARTAMENTO DE INGLÉS. Curso

Luis Sobrado Fernández* Universidade de Santiago de Compostela

T1, T3, (T5)*, T8, T11, T13 *solo grupos bilingüe X1, X3, X8, X10, X13, X18, X22, X23, X24 EI6, EI7

1. DATOS IDENTIFICATIVOS DA DISCIPLINA CÓDIGO Teorías do espectáculo e da comunicación Teorías do espectáculo II

Traballo de fin de grao

Comezo do curso. Estimados pais, Benvidos a Quick Minds!

DEPARTAMENTO DE INGLÉS PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA

III PLAN MUNICIPAL DE IGUALDADE ENTRE MULLERES E HOMES

Transcription:

Niveis de Referencia 4º Primaria 1º 2º 3º 4º 5º 6º Orientacións para o Estudo e a mellora da lectura

MATEMÁTICAS: 1. Números: 1.1. Naturais: lectura, escritura, comparación, redondeo, descomposición e representación ata o millón. 1.2. Romanos: Lectura, escritura e conversión dende a unidade ata a unidade de millar 1.3. Decimais: lectura, escritura, comparación, ordenación, redondeo, descomposición e representación ata a centésima. 1.4. Fraccións: concepto, termos, conversión fracción decimal e decimal a fracción, ler, escribir, representar. Operacións con fraccións: suma e resta co mesmo denominador, fracción dun número. 2. Cálculo mental: 2.1. Afianzar as táboas aritméticas: Operacións combinadas de suma, resta, multiplicación e división. 2.2. Seriación ascendente e descendente aumentando progresivamente o grao de dificultade. 3. Operacións: 3.1. Propiedade distributiva. Afianzar o dominio das operacións de sumar, restar, multiplicar e dividir. 3.2. Operacións con números decimais: Afianzar o dominio das operacións de sumar, restar e multiplicar. A división(sen cero no cociente) 4. Medidas: 4.1. Afianzar o manexo de medidas convencionais e non convencionais de espazo, tempo, lonxitude, capacidade e masa. 4.2. Tempo: lustro, década e século. 4.3. Lonxitude, capacidade e masa: Conversións crecentes e decrecentes con números naturais e decimais coa escala completa. 5. Xeometría: 5.1. Medida de ángulos 5.2. Figuras planas: polígonos ata 10 lados. Elementos da circunferencia: raio e corda 5.3. Corpos xeométricos: Poliedros ata 8 caras 6. Probabilidade e azar: 6.1. Vocabulario básico: suceso seguro, probable, imposible 1

7.. Tratamento da información: 7.1. Manexar táboas, gráficos de barras, gráficos de liñas e pictogramas. 8.. Problemas: 8.1. Aumentar gradualmente a dificultade dos problemas empregando as estratexias traballadas o curso anterior. ORIENTACIÓNS PARA AS FAMILIAS: 1. Aproveite os paseos familiares pola cidade para recoñecer e comprobar que a xeometría está presente nas nosas vidas. 2. Nas viaxes, aproveiten para observar as distancias quilométricas, nomes de localidades, xogos coas matrículas dos coches... 3. Utilicen revistas e xornais para observar e interpretar gráficos, mapas, pasatempos... 4. Anime ao seu fillo a buscar equivalencias, trasvasando líquidos, por exemplo, dun recipiente maior a outros de menor capacidade. 2

LINGUAS: 1. Lectura 1.1. Aumento progresivo da dificultade dos textos lendo con soltura e interpretando o lido. 2. Expresión escrita 2.1. Aspecto motriz: Manter o criterios de maquetación. Lápis para os cadernos editoriais 2.2. Produción: manexo das estratexias vistas no curso anterior (resumo, ditado, redacción, copia). Elaboración: esquemas, definir obxecto, felicitacións, solicitudes, folletos, murais, avisos 3. Ortografía 3.1. Ampliación das regras ortográficas do curso anterior. Criterios de clasificación das palabras, acentuación, puntuación. 4. Gramática 4.1. Análise sintáctica: identificar núcleo do suxeito e do predicado 4.2. Análise morfolóxica: novas categorías: determinante numeral (cardinal/ordinal), indefinido; verbo: voz activa/pasiva; adverbio (lugar/tempo); contraccións: ampliar o criterio de construción. 5. Vocabulario 5.1. Xentilicios, prefixos, sufixos, despectivos, frase feita, precisión léxica (ter), abreviaturas, homófonas 6. Literatura: 6.1. Xéneros: Narrativo (aventura, misterio) e dramático (teatro: actos) 6.2. Estilos: Prosa: contos doutras culturas, mitos. Verso: ritmo. Composición: elaboración de poemas. 3

ORIENTACIÓNS PARA AS FAMILIAS: 1. Adicar un tempo diario para lectura persoal. 2. Favorecer as visitas ás bibliotecas públicas e centros socio-culturais. 3. Usar diversas páxinas web educativas para buscar e ampliar información. 4. Propoñer a elaboración de resumos orais / escritos de películas, normas de xogos, etc. 4

INGLÉS: 1. Identificar, nomear e escribir o vocabulario relacionado coas actividades ao aire libre, as profesións e as rutinas diarias, a saúde e as enfermidades, a vida na granxa e os alimentos que alí se producen, a natureza e os hábitats, animais salvaxes, seguridade vial e as normas, a escola e as súas materias, a vida mariña e tecnoloxía. 2. Ler, escribir e comprender textos escritos de diferentes tipoloxías como: correo electrónico, anuncios variados en prensa escrita ou oral, normas e recomendacións saudables, descricións de accións, páxinas web, seguir instrucións, fichas de diferentes estilos e folletos publicitarios. 3. Realizar actividades escritas, practicando a comprensión e a expresión e consolidando así o vocabulario e as estruturas de cada unidade. Escribir pequenos textos en relación cos contidos dados. 4. Aprender e interactuar na vida cotiá e o uso das estructuras claves: I want to play..., I want to..., I don t want to..., I get up..., Let s go..., Yes, I can/no, I can t, Where s...? He s behind..., She always/usually/never..., You should/shouldn t..., I ve got a..., There s some..., There isn t any..., What s she doing?, faster than..., the biggest..., You must/musn t..., Go left/right at..., I was/wasn t..., I was good at..., I saw..., I didn t see..., Did you go...?, How many...? He wanted...,... 5. Realizar diversos proxectos, por exemplo un mapa do tempo, construír táboas de datos, facer diagramas de celas, escalas, debuxar e describir un acuario, lectura de códigos. 6. Utilizar as preposicións de lugar: in, on,under, in front of, behind, next to, between, o seu uso e os adxectivos necesarios para cada unidade empregados para seguir direccións e lecturas de mapas e planos. 7. Expresarse oralmente utilizando o vocabulario e as expresións traballadas nas distintas unidades a través da imitación, recitación, dramatización e representación. 8. Comprender o significado dunha mensaxe oral sobre os diferentes temas tratados en cada unidade, emitidas polas persoas presentes ou a través de gravacións nos diferentes soportes. 9. Saber utilizar correctamente un dicionario bilingüe. 5

ORIENTACIÓNS PARA AS FAMILIAS: 1. Escoitar a televisión en Lingua Inglesa, debuxos, anacos de películas, vídeos de música, cancións, dvd 2. Realizar xogos en rede e fichas nas webs que os profesores traballan na clase: * http://www.bbc.co.uk/schools/ * http://www.bbc.co.uk/bitesize/ * http://learnenglishkids.britishcouncil.org/en/ * http://www.english-4kids.com/ * http://www.tlsbooks.com/englishworksheets.htm * http://www.funenglishgames.com/worksheets.html 3. Fabricar na casa pósters sobre os temas da clase, fichas, debuxos 4 - Iniciar aos rapaces na lectura de libros sinxelos. 6

SCIENCE: 1. Aprender o significado de atmosfera e as súas principais capas. Recoñecer os elementos básicos do tempo atmosférico así como identificar os instrumentos de medida do tempo. Recoñecer que é polución e as súas causas e efectos. 2. Coñecer os principais minerais e as súas propiedades e usos. Distinguir entre rochas e minerais. Por exemplo, a dureza, o brillo, etc. ou os tipos de rocas: sedimentarias, metamórficas... 3. Recoñecer os seres vivos e os inertes. Distinguir as etapas da vida dos seres vivos. Coñecer a nutrición das plantas e dos animais. Aprender sobre a reprodución de animais e plantas. 4. Definir e diferenciar os ecosistemas. Comprender a cadea alimentaria. 5. Afondar nos tipos de paisaxe. Aprender as distintas formas de asentamentos, entendendo as súas circunstancias históricas. Establecer diferenzas entre os rurais e os urbanos. 6. Coñecer as principais actividades do ser humano que requiren o uso dos recursos naturais. Coñecer os modelos de agricultura e pesca. Por exemplo, relacionar os cultivos coas súas características, clasificar os cultivos de regadío o de secano. 7. Recoñecer o concepto de forza e os diferentes tipos. Entender as accións de distintos tipos de forzas sobre os obxectos: a gravidade e as forzas magnéticas. 8. Coñecer o concepto de enerxía e as súas características. Identificar as fontes enerxéticas que se obteñen da natureza. 9. Diferenciar as máquinas simples das complexas. Comprender a importancia da enerxía empregada nas máquinas. Por exemplo, recoñecer unha máquina complexa como produto da combinación de máquinas simples... 10. Estudar os avances científicos máis importantes. Identificar as partes e usos dun ordenador. Coñecer os programas básicos traballados. Os principais usos de Internet e os seus riscos. 11. Recoñecer e valorar os hábitos saudables e non saudables na alimentación. Distinguir os tipos de nutrientes. 12. Entender o concepto de provincia e comunidade e a súa organización en España. 13. Coñecer a riqueza da cultura de España. Identificar as linguas faladas. Distinguir as principais características culturais das comunidades autónomas. 14. Entender as características fundamentais do coñecemento histórico. Períodos da Historia. Características da Prehistoria. Estudar as antigas civilizacións mediterráneas. A Idade Media en España. A Idade Moderna e a Contemporánea. 7

ORIENTACIÓNS PARA AS FAMILIAS: Tendo en conta que un dos principais obxectivos da asignatura de Coñecemento do medio natural e social é inculcar aos nenos valores e hábitos tales como hixiene, alimentación, aforro enerxético e de recursos naturais, reciclaxe e coidado do entorno natural e dos seres vivos, aconsellamos ás familias as seguintes actividades para a consecución de ditos obxectivos: 1. Facer experimentos con eles na casa: - facer un póster sobre a atmosfera e as súas capas - visitar o Museo de Ciencias para estudar rochas e minerais - coleccionar rochas e minerais - visitar un parque natural para observar a súa flora e fauna - visitar e observar zonas naturais: lagos, ríos, encoros... - experimentar con: gravidade, empuxar, tire, rozamento, pancas e planos inclinados - axudarlles a elaborar pequenos traballos nun procesador de texto coa axuda de internet ou outras fontes de información 8

EDUCACIÓN FÍSICA: 1. Coñecer e valorar o seu corpo e a actividade física como medio de exploración e desfrute das súas posibilidades motoras, de relación cos demais e como recurso para organizar o tempo libre. 2. Apreciar a actividade física para o benestar, recoñecendo os efectos do exercicio físico, da hixiene, da alimentación e dos hábitos posturais sobre a saúde. 3. Utilizar as súas capacidades físicas, habilidades motoras e o seu coñecemento da estrutura e funcionamento do corpo para adaptar o movemento ás circunstancias e condicións de cada situación. 4. Regular e dosificar o esforzo, acorde coas súas posibilidades e a natureza da tarefa. 5. Utilizar os recursos expresivos do corpo e o movemento, comunicando sensacións, emocións e ideas. 6. Participar en actividades físicas, establecendo relacións de cooperación para alcanzar obxectivos comúns, coñecendo e valorando a diversidade de actividades físicas, lúdicas e deportivas. Estes obxectivos traballásense mediante os seguintes bloques de contido. 1. Esquema Corporal. 2. Orientación espazo- temporal. 3. Equilibrio. Saltos e xiros. 4. Coordinación dinámica xeral, óculo manual, óculo pédica. 5. Expresión corporal. 6. Xogos 9

RELIXIÓN: 1. Experiencial: partir da realidade cotiá dos nosos alumnos para traballar os valores da convivencia, responsabilidade e interioridade. 2. Linguaxe bíblica: coñecer e comprender os relatos bíblicos; identificando personaxes e accións e poder facer comparacións de semellanzas e diferenzas. 3. Formulación: comprender e valorar a mensaxe cristiá. En cada ciclo os alumnos aprenden as diferentes oracións cristiás básicas, comprendendo que a oración e unha maneira de relacionarse con Deus. 4. Celebración: celebrar o aprendido, expresando con signos e símbolos que todos somos fillos de Deus. Préstamos especial atención aos tempos litúrxicos fortes: Advento Nadal. Coresma Pascua. María como figura importante na Igrexa. No Segundo Ciclo os Contidos son: 1.- Linguaxe bíblica; Biblia como Palabra de Deus, afondando no sentido dos seguintes relatos bíblicos: Antigo Testamento: Creación, Patriarcas (mandamentos). Novo Testamento: Xesús; a súa vida, milagres, mandamento do amor. 2.- A Igrexa: nacemento, vinculación entre os membros, sacramentos, Virxe María. 3.- Oración e celebración; a oración como relación e relación cos demais. Oración do Ciclo. 10

EDUCACIÓN ARTÍSTICA: ED. PLÁSTICA: Nas clases de Plástica (Arts and Crafts) do 2º Ciclo intentamos desenvolver a sensibilidade e o aprezo pola arte e a expresión artística. Pretendemos: Completar e ilustrar historias simples: a través viñetas, brain writing debuxos, etc Descubrir e traballar con diferentes materiais, texturas, cores... Construir obxectos a partires de materiais de refugallo incrementando así a creatividade. Expresar ideas e sentimentos a través de materiais visuais. Realizar traballos específicos para datas sinaladas: día do pai / nai, Nadal... Apreciar o traballo realizado por un mesmo e o dos compañeiros. ED. MUSICAL: - Expresión vocal: cancións interpretadas ao unísono. - Expresión instrumental: pezas instrumentais interpretadas con acompañamento de frauta doce, xilófonos, metalófonos e pequena percusión. - Expresión corporal, dramatización e danza: Pasos básicos de danzas tradicionais galegas. Creación de pequenas coreografías en grupo. Creacións dramáticas arredor dunha obra musical. - Linguaxe musical: ampliación na linguaxe musical convencional 11

ORIENTACIÓNS PARA O ESTUDO Maior facilidade para adaptarse á rutina escolar e de estudo. - Mellora a eficacia nas tarefas e a capacidade de atención. - Favorece o rendemento escolar e a probabilidade de logro académico. - Aforra o esforzo e tempo adicados a o estudo. Por que é importante a colaboración da familia? Porque o neno non aprende a estudar só, hai que axudalo, motivalo e acompañalo nun principio para crear o hábito. Como estudar? Lugar É importante que teña o seu propio lugar de traballo e estudar sempre nel. Debe estar ordenado e só cos materiais necesarios para evitar distraccións (os que utiliza na aula). O ambiente debe ser de silencio e tranquilidade. Traballar nunha mesa e sentado nunha cadeira. Temperatura axeitada e boa iluminación, mellor luz natural, a ser posible que entre pola esquerda se é destro e pola dereita se é zurdo. Tempos : estudar diariamente e sempre á mesma hora (non facelo despois de comer ou dunha actividade física). Durante canto tempo? 60 minutos (30 minutos de lectura en voz alta) Técnicas de estudo para a resolución de problemas: A primeira fase: lectura e comprensión do texto do problema, algo que non é sinxelo, xa que o neno debe trasladar o contido do enunciado á linguaxe matemática. Hai que ler o problema tranquilamente, comprendendo o texto; para iso debemos identificar o punto de partida, a onde queremos chegar e o que se pretende acadar. A segunda fase: trátase de planificar as accións que se deben levar a cabo. Formular a resolución do problema mediante debuxos ou seguindo un esquema (dependendo das idades e do tipo de problema). A terceira fase: execución da planificación feita, realizando as operacións oportunas para resolvelo. A cuarta fase: revisión do proceso realizado, repaso das operacións e conseguir a seguridade de que o resultado obtido é o que se me pide no problema. Ao final desta fase escribo o resultado, xa que confirmei que o proceso e as operacións realizadas son as correctas. 12

ORIENTACIÓNS PARA A MELLORA DA LECTURA Por que ler na casa? a? Por que adquirir hábitos de lectura? Seguindo as achegas dos estudos Pisa, xa no seu informe do ano 2000 nos indican a relación que existe entre o rendemento lector dun alumno e o impacto nas súas oportunidades académicas e laborais futuras. Neste informe indícase a importancia da relación entre a competencia lectora e o compromiso pola lectura. Nunha investigación máis recente, concretamente en Pisa 2009, este compromiso pola lectura analízase mediante o que denominan motivación pola lectura. Este factor analízase sobre a base dunha serie de índices, cinco en total. A xeito de exemplo serían a lectura por pracer ou o tempo dedicado á lectura. Segundo o estudo: "os alumnos que gozaban máis coa lectura tiveron un rendemento significativamente máis alto que aqueles que dixeron que non lles gustaba ler" (Pisa 2009:124) O rendemento lector claramente vinculásese á motivación. Unha boa capacidade lectora por parte do alumno refórzase co interese cara a esta temática e ao mesmo tempo mellora o seu vocabulario e a comprensión. Como pode axudar a familia? - Favorecer o acceso a textos escritos dende moi pequenos. Que os libros teñan presenza na casa e sexan utilizados con frecuencia, que se cree un ambiente apropiado para a lectura e vexan como os adultos gozan dela. É moi habitual que as afeccións vingan ligadas á afectividade, por iso a familia ten un papel moi importante neste labor de fomentar a lectura. - Utilizar a lectura como premio e non como castigo, que sexa vista como un entretemento (non como alternativa obrigada á televisión pois sería contraproducente), para iso é importante regalar libros, falar deles en familia, visitar librarías, ao igual que se vai a outro tipo de tendas para ver as novidades, etc. - Dar liberdade á hora de elixir o tipo de libro, buscar lecturas que sexan do seu interese (non ten que gustarlle o que lle gusta a papá ou a mamá), para iso hai que intentar mostrar ao neno un amplo abano de posibilidades (comics, revistas, novelas gráficas, libros de ficción, etc.) - Utilizar como apoio as novas tecnoloxías dispoñibles de cara á lectura: prensa dixital, enciclopedias como a Wikipedia ou bibliotecas dixitais. 13

- Participación en concursos e actividades de tipo literario propostas por diferentes asociacións, bibliotecas ou centros socioculturais. - Acudir cos nenos ás bibliotecas locais onde a variedade é maior e poderá manipular e investigar os distintos libros que chamen a súa atención. - Asistir a sesións de conta-contos e actividades de animación á lectura que ofertan no centro sociocultural do teu barrio. Ademais dos recursos dispoñibles no fogar, de que outros recursos dispoño? Entendemos que para esta cuestión dispoñemos no ámbito do colexio e dos fogares, de bibliotecas públicas e centros socioculturais que poden complementar e favorecer a motivación pola lectura. 1. Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia: BIBLIOTECA ANXEL CASAL http://rbgalicia.xunta.es/santiago/ Horario: Luns a venres de 8:30 a 21:00 h. Sábados: 10:00 a 14:00 h. SOLICITUDE DE CARNE http://rbgalicia.xunta.es/santiago/index.php?subapartado=23 2. Rede de Centros Socioculturais. 14

Esta obra está baixo unha Licenza Creative Commons Atribución-NoComercial- CompartirIgual 3.0 Unported. Documento con Rexistro da Propiedade Intelectual de outubro de 2013 15