TITORIAL PARA O USO DO REPOSITORIO DE MOREA

Similar documents
GUÍA DE MIGRACIÓN DE CURSOS PARA PLATEGA2. Realización da copia de seguridade e restauración.

CREACIÓN DE PÓSTERS CON GLOGSTER. Miguel Mourón Regueira

COMO XOGAR A KAHOOT Se vas xogar por primeira vez, recomendámosche que leas este documento QUE É KAHOOT?

Acceso web ó correo Exchange (OWA)

Anexo IV: Xestionar o currículum da etapa:

Síntesis da programación didáctica

BLOGS CON BLOGGER MANUAL DE CONFIGURACIÓN E USO

Silencio! Estase a calcular

R/Ponzos s/n Ferrol A Coruña Telf Fax

O SOFTWARE LIBRE NAS ENTIDADES DE GALIZA

Obradoiro sobre exelearning. Pilar Anta.

Problema 1. A neta de Lola

Sede Electrónica Concello de Cangas

Manual de usuario EBIBLIO GALICIA. Xunta de Galicia

Manual de usuario CENDES. Centro de descargas da Xunta de Galicia

Manual de inicio software libre

INICIACIÓN A APPINVENTOR ( OLLO: necesitas ter unha conta en GMAIL e tamén sería útil en DRIVE para

Mailman: Manual de usuario para subscritores de listas

Name: Surname: Presto= very fast Allegro= fast Andante= at a walking pace Adagio= slow Largo= very slow

TITORIAL DE USO DE PHUN

Guía para autoarquivo en Minerva. Repositorio Institucional da USC

Guía para autoarquivo en Minerva Repositorio Institucional da USC. 16/04/2018 Biblioteca Universitaria da USC

Narrador e Narradora Narrador Narradora Narrador

CONTROL DE VERSIÓNS E DISTRIBUCIÓN

Manual de usuario do módulo de control horario do sistema OPAX

Fondo de Acción Social. Manual do Usuario de presentación de solicitudes do FAS

Facultade de Fisioterapia

Recursos para a lingua

VIGOSÓNICO V C O N C U R S O V I D E O C L I P S Calquera proposta estética para o vídeo: cine, animación, cor, branco e negro,...

Metodoloxía copyleft en educación

MANUAL DE USUARIO DA APLICACIÓN DE XESTIÓN DE AVISOS DE VESPA VELUTINA

Rede CeMIT Cursos Gratuítos de Alfabetización Dixital NOVEMBRO Aula CeMIT de Cuntis

Carlos Cabana Lesson Transcript - Part 11

EDUCACIÓN DIXITAL INNOVADORA

Se (If) Rudyard Kipling. Tradución de Miguel Anxo Mouriño

Como atopar artigos de Arquitectura

Carlos Servando MEMORIAL SALVAMENTO DEPORTIVO. 10 de outubro as 16:00. Piscina Carballo Calero Carballo. Organiza

DESFOCADOS. a distração programada da internet em N. Carr. Joana Rocha. Congresso de Cibercultura Universidade do Minho

(breve) Manual de estilo universitario

A TRANSICIÓN DA UNIVERSIDADE Ó TRABALLO: UNHA APROXIMACIÓN EMPÍRICA

Cinco sinxelos pasos para ir á caza das estrelas ;) (

COAG ESTUDIO APLICACIÓN PARA O VISADO DIXITAL - MANUAL DE INSTALACIÓN E USO

Estudo das colocacións a través da análise de corpus

A INTERFERENCIA FONÉTICA NO ESPAÑOL DA CORUÑA. A VOCAL [o] TÓNICA. Sandra Faginas Souto 1 Universidade da Coruña

ÁMBITO DE COMUNICACIÓN Lengua extranjera: Inglés

6. O proceso técnico. 1. Introducción. 2. Introdución ás fases da cadea documental ISABEL PEMÁN PÉREZ

2012 Molly Martin, MD. All rights reserved. docmolly.com

2.1. O PROXECTO LINGÜÍSTICO DE CENTRO

REUNIÓN CONVOCATORIAS SUBVENCIÓNS 2018 SECCIÓN DE SERVIZOS SOCIAIS SERVIZO DE ACCIÓN SOCIAL, CULTURAL E DEPORTES

ANEXO II NORMAS DE CREACIÓN E PUBLICACIÓN DE PÁXINAS WEB DA USC

"Por" and "Para" Notes: 1. The written lesson is below. 2. Links to quizzes, tests, etc. are to the left.

Configuración dun cliente Mozilla Thunderbird

Curso: Creación de Páxinas Web Persoais. novembro 2005

Programación orientada a obxectos

DETERMINANTES SOCIOECONÓMICOS DA LINGUA: O CASO DO GALEGO

Evolución dos exames de Historia nas PAU de Galicia ( )

In this session we ll speak about

Segunda lingua estranxeira: inglés

PARTE I. VIVALDI: Concierto en MI M. op. 3 n.12

Accións da responsabilidade social empresarial. Atrae, retén e motiva o capital intelectual da empresa?

ACCESO LIBRE Ó COÑECEMENTO? POLÍTICAS NEOLIBERAIS NAS BIBLIOTECAS UNIVERSITARIAS GALEGAS. Concha Varela Orol

Competencias docentes do profesorado universitario. Calidade e desenvolvemento profesional

Diagnostico de ruidos no motor de arranque

Xogos e obradoiros sobre o cambio climático que Climántica desenvolve en centros educativos

Home-School Connection

TEMA 1 ANALISE Y DESCRIPCIÓN ANATOMICA DE OBXETOS TECNICOS

ÁREAS E TRIÁNGULOS: CREANDO TEOREMAS

MUDE SEU FUTURO ATRAVES DAS ABERTURAS TEMPORAIS (PORTUGUESE EDITION) BY L Y JP GARNIER MALET

DÍA DA CIENCIA EN GALEGO CEIP DE CERVO 2014/15 PUCA QUERE SABER SOBRE

Manual do Marble. Torsten Rahn DennisÑienhüser Tradutor do proxecto Trasno: Xosé Calvo

A avaliación formativa: un desafío para o ensino universitario

Blink: SIP conferencing done right Saúl Ibarra Corretgé AG Projects

Recursos para a clasificación da produción editorial na Galiza durante a etapa franquista: deseño e alimentación da base de datos 1

Na cama com Bruna Surfistinha (Portuguese Edition)

Componentes físicos dun ordenador

Shortcut to Informal Spanish Conversations Level 2 Lesson 1

Guía de estilo APA, 6ª ed. Elaborado pola Biblioteca da Facultade de Ciencias da Educación da Universidade da Coruña. Guía de estilo da APA

Os antropónimos femininos no cancioneiro popular galego

[ GUÍA DE ESTILO APA, 6º EDICIÓN] 2017

Non o entendo... Na casa funcionaba!. Formatos de ficheiro adecuados para cada situación.

Lingua e Docencia Universitaria V Xornadas sobre Lingua e Usos

SECUENCIAS DE YOGA (SPANISH EDITION) BY MARK STEPHENS DOWNLOAD EBOOK : SECUENCIAS DE YOGA (SPANISH EDITION) BY MARK STEPHENS PDF

Important Dates. October 19th, 2016

Publicado en: Revista Galega de ciencias Sociais, 1, páxs , 2003

Paper Reference. Paper Reference(s) 4440/01 London Examinations IGCSE Spanish Paper 1: Listening

AS ELECCIÓNS SINDICAIS NA ENSINANZA PÚBLICA NON UNIVERSITARIA EN GALICIA ( )

Estudio sociolingüístico sobre a situación da lingua galega no Concello de Vigo 2002

marcoeuropeocomún de referencia para as linguas: aprendizaxe, ensino, avaliación

Sobre o uso de cara a / cara na norma galega

DSpace da Universidade de Santiago de Compostela

PROGRAMA FORMATIVO DA ESPECIALIDADE FORMATIVA TÉCNICAS DE MARKETING ON LINE, BUSCADORES, SOCIAL MEDIA E MÓBIL COMM049PO

NAVEGA CON RUMBO.

Made in Spain. Made in China. Newspapers sold in here. (At a restaurant or hotel) English spoken here. (A fruit in a window shop) Not to be eaten

DSpace da Universidade de Santiago de Compostela

ProSpanish. Vocabulary Course. made easy by ProSpanish. ProSpanish

ESTRUTURA LABORAL E DEMOGRÁFICA DE MOECHE ESTRUCTURA LABORAL Y DEMOGRÁFICA DE MOECHE DEMOGRAPHIC AND EMPLOYMENT STRUCTURE OF MOECHE

LLP PT-KA3-KA3MP. ecity Guías Pedagóxicas

THEY BOTH MEAN FOR, BUT SO MUCH MORE! You cannot use them interchangeably, you have the learn the rules, when to use PARA, when to use POR!

O uso de construcións con verbos soporte en aprendices de español como lingua estranxeira e en falantes nativos

PROPOSTA PEDAGÓXICA PROCESO DE FAMILIARIZACIÓN Á ESCOLA INFANTIL

Transcription:

TITORIAL PARA O USO DO REPOSITORIO DE MOREA Autor: Alfonso Fernández Matías 1

1 O REPOSITORIO A continuación imos explicar como utilizar o Repositorio de Morea. Este repositorio usa un software libre chamado Door que nos vai permitir dúas cousas: localizar obxectos almacenados no mesmo e tamén catalogalos. Existen tres tipos de perfís, imos explicar brevemente en que consisten e que podemos facer nós: Administrador: encárgase de xestionar o repositorio. Autor: pode engadir obxectos de aprendizaxe, importar, e por suposto acceder aos obxectos do repositorio. Usuario: pode acceder aos obxectos de aprendizaxe. Todos os integrantes do proxecto temos un rol de autor, o que nos indica que somos un elemento participativo do repositorio. MOREA non é só un espazo útil do que sacar obxectos. Na definición do noso rol entra contribuír engadindo obxectos, ou ben importando, que é diferente a engadir, como veremos ao seu tempo. Para acceder ao repositorio iremos á dirección: http://morea.usc.es. Sairá a seguinte páxina: Temos que premer no recadro onde pon autentification local, tralo que aparecerá isto no seu lugar: 2

Xa podemos introducir o nome de usuario e a nosa contrasinal. Logo prememos en entrar e xa estaremos dentro do repositorio. Pero antes de entrar de cheo sería interesante diferenciar como se organiza MOREA. Podemos diferenciar tres espazos: Menú horizontal: atópase na parte superior. Este menú é permanente, polo que sempre estará visible. Menú vertical: localizado na esquerda. Depende das opcións que escollamos no menú horizontal Parte central: é o espazo máis grande. Por un lado indícanos o que podemos facer co menú da esquerda, e polo outro amósanos os resultados do que facemos con dito menú. Nestas imaxes sinalamos ámbolos tres: menú horizontal menú vertical parte central Agora que xa coñecemos esta organización imos descubrir as posibilidades do repositorio seguindo o menú horizontal. 3

2 INICIO Cando entremos no repositorio de MOREA apareceranos sempre esta páxina. A medida que vaiamos avanzando comprobaremos como este menú horizontal é o único que permanece sempre igual. Na parte central vemos como nos amosa información sobre o que podemos facer co menú vertical. Vexamos cales son as opcións de dito menú en inicio: Engadir novo obxecto Dende aquí poderemos subir os novos obxectos de aprendizaxe. Agora a parte central do repositorio cambiou en función do que seleccionamos no menú vertical. Temos aí unha serie de campos que son os que van servir para catalogar o obxecto a subir. Nalgúns teremos que meter nós os valores. Mentres que no resto seleccionaremos os que propón MOREA. 4

Imos analizar un pouco cada un dos seguintes campos, empezando por aqueles nos que temos que inserir nós os valores: Título: é campo libre, como dixemos, poñeremos o título que ten o obxecto. Autor: campo libre. Haberá que indicar o nome do autor do recurso, non o nome de quen subiu o obxecto. Descrición: campo libre. Poderemos agregar un texto libre que describa o obxecto. Aparecen ademais unhas ferramentas de formato para editar dita descrición, similares ás que atopamos nos editores de texto (Word, OpenOffice Write, wikis ) Palabras clave: é o ultimo campo de texto libre. Se prememos en seleccionar aparecerán na ventá emerxente as utilizadas no repositorio ata o de agora. Se nunca se introduciu ningunha, entón non aparecerá ningunha. Referencia do catálogo: esta opción está pendente de ser definida. Ten relación coa opción de explorar, no menú horizontal. 5

Nivel educativo: a partir de agora en todos os campos deberemos seleccionar os valores que nos ofrece o repositorio. Premendo en seleccionar abrirase a ventá emerxente coas opcións dispoñibles. A opción en dita ventá de seleccionar todo serve para seleccionar todas as etiquetas dispoñibles, e se o facemos en limpar todo estaremos executando o contrario. Se xa escollemos o que nos interesa darémoslle a salvar. Idiomas: agora seguimos sempre o mesmo proceso, primeiro en seleccionar e aí escollemos as etiquetas que queiramos. Se precisamos outros idiomas que non estean contemplados na ventá emerxente, estaremos ante un motivo para agregar unha nova palabra clave (por exemplo, sueco, idioma que non aparece definido no repositorio). 6

Tipo de recurso: atoparemos unha lista de recursos que serven para definir o tipo de obxecto que estamos a subir. Recordemos que podemos seleccionar varias opcións e non é obrigatorio escoller só unha. Usuarios: a quen está destinado o recurso. Nivel de agregación: isto é un concepto que necesita unha explicación. 7

Canto máis indivisible é un obxecto (imaxe, audio ) menos nivel de agregación ten. Un obxecto formado por moitos elementos coa consecución dun certificado tería moito nivel de agregación, ao estar composto polos niveis anteriores. Temos dous niveis intermedios. O nivel 2 sería unha colección de obxectos de nivel 1 (lección, presentación ), mentres que un obxecto de nivel 3 sería unha colección de nivel 2. É visible que conforme aumenta o nivel de agregación, os niveis máis amplos inclúen os anteriores. A seguinte figura explica este concepto: Áreas de coñecemento universitarias: entran aquí as áreas de coñecemento universitario. Áreas de coñecemento non universitarias: entrarían aquí as áreas de primaria, secundaria, bacharelato e formación profesional. Podemos apreciar que é unha ampla lista, polo que é importante considerar que está por orden alfabético, para facilitar a busca. 8

Tipo de interactividade: aparecen definidos tres tipos de interactividade. Se o tipo de interactividade é activa, é que o obxecto impulsa ao estudante cara unha acción produtiva (simulación, cuestionario onde contribúe semanticamente). Unha interactividade expositiva ocorre cando a tarefa do discente consiste en absorber o contido exposto (vídeo, gráfico, hipertexto non hai contribución por parte do discente). Por último, se a interactividade é mixta, significa que mestura ambos tipos (por exemplo, un documento hipermedia que incorpora unha simulación). Nivel de interactividade: estase a referir ao grao de interactividade do discente co obxecto. Rango de idade: neste campo seleccionaremos a que idade vai enfocado o obxecto. Temos dous campos. A idade mínima é a menor idade do discente ao que vai indicado o obxecto. A máxima, evidentemente, é a maior idade indicada. Se prememos en calquera das dúas pestañas vemos que teñen valores idénticos. As idades que aparecen non son aleatorias, se estamos atentos veremos que corresponden coas idades dos diferentes ciclos educativos. Deste xeito, poderemos marcar unha idade mínima de 3 anos e unha máxima de 6 se consideramos que o obxecto é apropiado para o segundo ciclo de educación infantil. Así definimos dito intervalo, e poderiamos definir, como máximo de 0 a 25. A idade máxima de 25 non é significativa. O repositorio entende que non é imprescindible especificar o intervalo de idade máis aló, pois considera de 25 ata infinito. Non está limitando en 9

ningún momento o valor máximo de idade para estudar. Se consideramos, sendo moi concretos, que se trata dun recurso para maiores de 25, poñeremos só como valor máximo 25, deixando o valor mínimo sen cubrir. Tempo necesario: podemos poñer o tempo que consideramos que leva executar o obxecto de aprendizaxe. Adxunto: no caso de que sexa un arquivo localizado no noso ordenador, premeremos en arquivo local e logo en examinar, para buscalo (hai un límite de tamaño do obxecto de 10 megas). Se queremos linkar unha dirección web prememos en url es escribimos dita dirección. Finalmente, o último paso é premer, se estamos satisfeitos, en engadir obxecto, para iso debemos asegurarnos de que cubrimos os campos que describen o obxecto (como mínimo é obrigatorio cubrir os que teñen asterisco). Se pola contra queremos borrar todo o que fixemos premeremos en resetear, e todos os campos quedarán vacíos. Importar un obxecto 10

Unha das opcións do repositorio de MOREA é a posibilidade de importar obxectos de aprendizaxe empaquetados en formato IMS (un dos formatos estándar empregados en repositorios). Mediante estes tipos de paquetes podemos coller obxectos doutros repositorio e engadilos ao noso. Para iso o repositorio de fora terá que seguir o estándar LOM. Para importalo premeremos en examinar e buscaremos no noso ordenador o arquivo IMS para subir. Ademais teremos que seleccionar onde o queremos gardar no catálogo. Esa opción xa dixemos que está sen definir, polo que de momento deixariamos ese campo así. A continuación premeremos en importar obxecto. Actualizar perfil Aquí poderemos configurar o noso perfil do repositorio. É necesario facer cambios na primeira sesión para ter os datos actualizados e da nosa man xa que os datos cos que entramos por primeira vez foron creados cunha configuración temporal. Teremos que cambiar os campos que nos aparecen: Usuario: nome polo cal nos recoñecerá o sistema. Contrasinal: elixiremos unha doada de recordar e que non sexa moi evidente para evitar que poidan entrar na nosa conta. Confirmar contrasinal: por si errou ao escribir a contrasinal aparece esta opción de confirmación. Nome: o nome do usuario, que será visible cando engada obxectos. Apelido: apelido do usuario. Instituto: centro educativo onde traballa. Correo electrónico: correo persoal. Idioma preferido: dispoñible galego, español e inglés. 11

Despois premeremos en actualizar perfil, ou pola contra, se non desexamos facer os cambios, en descartar cambios. 3 BUSCAR Seguindo polo menú horizontal aparécenos a opción buscar. Isto vainos servir para localizar os obxectos de aprendizaxe do noso repositorio en función de como o catalogamos, de aí a importancia de catalogar ben un obxecto. Podemos ver como aparecen os mesmos campos que antes. Podemos elixir se queremos buscar por un valor ou por todos, iso é elección nosa. Por iso teremos que premer en escolle naqueles que queiramos e salvar. 12

Ao acabar de seleccionar a nosa configuración de busca xa podemos darlle a buscar e automaticamente aparecerán os resultados. O repositorio buscará todos os campos que marcamos. No caso de que un obxecto careza dun deses valores, aínda que teña o resto deles, xa non se amosará. Só se amosarán os que cumpran estritamente a nosa busca. O campo de texto libre, que é o primeiro, é o único onde non temos que seleccionar valores predefinidos. A través deste campo podemos buscar segundo as palabras que nós desexemos, pero só buscará naqueles nos que na catalogación era campo libre. É dicir, cando engadíamos un obxecto de aprendizaxe, certos campos eran de texto libre (título, autor, descrición), polo que cando buscamos por texto libre só busca neses campos. Ao facer a nosa busca aparecerán na parte central do repositorio os resultados. Amosará o título do obxecto, descrición, e última actualización. Podemos ordenar a busca seguindo estes criterios. Se prememos en título do obxecto a orde cambiará a ser contraria ao alfabeto, xa que por defecto, se nos amosará alfabeticamente. Se o facemos en descrición sucederá o mesmo pero en relación co texto de descrición. E se o facemos con última actualización a ordenación será por dita data. Para ir a un obxecto da busca en concreto premeremos no título, e xa sairá a ficha do mesmo. Se subimos nós o obxecto, poderemos cambiar a información do mesmo por medio de editar. Se queremos eliminalo do repositorio seleccionaremos borrar. 13

Se pola contra o subiu outro usuario non poderemos modificalo. Só poderemos utilizalo. O último campo da ficha é adxunto. Se prememos en baixar iremos á dirección indicada por quen o subiu ou ben baixaremos o arquivo correspondente. Se lle damos a baixar IMS estaremos baixando o paquete IMS, válido para exportar o obxecto de aprendizaxe a outro repositorio sempre que sexa compatible. 4 EXPLORAR Esta función está pendente de ser definida. 5 SAÍR Por último, premendo en saír atoparémonos fóra do repositorio. 14

You are free: Attribution-NonCommercial-NoDerivs 3.0 Unported to Share - to copy, distribute and transmit the work Under the following conditions: Attribution. You must attribute the work in the manner specified by the author or licensor (but not in any way that suggests that they endorse you or your use of the work). Noncommercial. You may not use this work for commercial purposes. No Derivative Works. You may not alter, transform, or build upon this work. For any reuse or distribution, you must make clear to others the license terms of this work. The best way to do this is with a link to this web page. Any of the above conditions can be waived if you get permission from the copyright holder. Nothing in this license impairs or restricts the author s moral rights. The document was created by CC PDF Converter