GUÍA DIDÁCTICA. O carnaval dos animais de C. Saint Saëns

Similar documents
COMO XOGAR A KAHOOT Se vas xogar por primeira vez, recomendámosche que leas este documento QUE É KAHOOT?

R/Ponzos s/n Ferrol A Coruña Telf Fax

Narrador e Narradora Narrador Narradora Narrador

Acceso web ó correo Exchange (OWA)

Síntesis da programación didáctica

Silencio! Estase a calcular

GUÍA DE MIGRACIÓN DE CURSOS PARA PLATEGA2. Realización da copia de seguridade e restauración.

PARTE I. VIVALDI: Concierto en MI M. op. 3 n.12

Problema 1. A neta de Lola

Name: Surname: Presto= very fast Allegro= fast Andante= at a walking pace Adagio= slow Largo= very slow

Comezo do curso. Estimados pais, Benvidos a Quick Minds!

Welcome to Greenman and the Magic forest

Xogos e obradoiros sobre o cambio climático que Climántica desenvolve en centros educativos

Se (If) Rudyard Kipling. Tradución de Miguel Anxo Mouriño

Teaching English through music: A report of a practicum based on musical genres

Comezo do curso. Estimados pais, Benvidos a Quick Minds!

O SOFTWARE LIBRE NAS ENTIDADES DE GALIZA

SECUENCIAS DE YOGA (SPANISH EDITION) BY MARK STEPHENS DOWNLOAD EBOOK : SECUENCIAS DE YOGA (SPANISH EDITION) BY MARK STEPHENS PDF

DÍA DA CIENCIA EN GALEGO CEIP DE CERVO 2014/15 PUCA QUERE SABER SOBRE

Obradoiro sobre exelearning. Pilar Anta.

Guía didáctica TODO É PERCUSIÓN

PARTE I PARTE II. Estas probas abranguerán os contidos comprendidos nos distintos apartados das programacións de todos os cursos de Linguaxe Musical.

CADERNO Nº 9 NOME: DATA: / / Funcións e gráficas. Recoñecer se unha relación entre dúas variables é función ou non.

Agora toca Xestión de conflitos para unha convivencia positiva CÍRCULOS DE DIÁLOGO PARA A PAZ

PROGRAMACIÓN ÁREA DE INGLÉS 2º CICLO DE EDUCACIÓN INFANTIL CEIP DE AGOLADA

Created, produced and performed by Juan Ricondo, The J.R Show is also a One Man Show.

Conservatorio Profesional de Música de Vigo. Programación de Percusión

Ámbito da comunicación: lingua inglesa

Niveis de Referencia 4º Primaria 2º 3º 4º. Orientacións para o Estudo e a mellora da lectura

ANIMAR-T / LAIA, APRENDIZ DE MAGA

MUDE SEU FUTURO ATRAVES DAS ABERTURAS TEMPORAIS (PORTUGUESE EDITION) BY L Y JP GARNIER MALET

Traballo de fin de grao

MINISTERIO DE EDUCACIÓN Y CIENCIA

C.E.I.P. PRÁCTICAS de Ourense Programacións didácticas

a) Japanese/English (difficult)... b) The weather in Africa/ the weather in the Antarctic (cold)... c) A car/ a bike (fast)

RECURSOS PARA O TRABALLO COS VOLUNTARIOS E VOLUNTARIAS NUNHA ENTIDADE DE VOLUNTARIADO. Módulo IV Traballando por proxectos

EL SHOCK SENTIMENTAL. COMO SUPERARLO Y RECUPERAR LA CAPACIDAD DE AMAR (SPANISH EDITION) BY STEPHEN GULLO /CONNIE CHURCH

EL SHOCK SENTIMENTAL. COMO SUPERARLO Y RECUPERAR LA CAPACIDAD DE AMAR (SPANISH EDITION) BY STEPHEN GULLO /CONNIE CHURCH

VIGOSÓNICO V C O N C U R S O V I D E O C L I P S Calquera proposta estética para o vídeo: cine, animación, cor, branco e negro,...

The Music of Poetry in the Caribbean. Penny Riffe and Nelson Salazar Eau Gallie High School. Brevard County, Florida

TRABALLO DE FIN DE GRAO

BOLETÍN GALEGO DE LITERATURA, nº 46 / 2º SEMESTRE (2011): pp / ISSN [Recibido, xullo 2011; aceptado, outubro 2011]

PROPOSTA PEDAGÓXICA PROCESO DE FAMILIARIZACIÓN Á ESCOLA INFANTIL

Evaluación final 4.º ESO CUADERNILLO. Competencia lingüística en inglés LA INFORMACIÓN DE ESTE RECUADRO DEBE SER CUMPLIMENTADA POR EL CENTRO

Conservatorio Profesional de Música de Vigo. Programación OPTATIVA DE MÚSICA MODERNA (historia do rock&roll)

Evolución dos exames de Historia nas PAU de Galicia ( )

Modelos matemáticos e substitución lingüística

ESTUDOS OBSERVACIONAIS

2.1. O PROXECTO LINGÜÍSTICO DE CENTRO

INFORME DE AVALIACIÓN DOS BANCOS DO TEMPO DO PROXECTO CONTA CON ELAS

SOCIEDADES MULTICULTURAIS, INTERCULTURA- LIDADE E EDUCACIÓN INTEGRAL. A RESPOSTA DENDE A EDUCACIÓN PERSONALIZADA

Programación orientada a obxectos

Estudos sobre. lingüístico no galego actual

Metodoloxía copyleft en educación

Competencias docentes do profesorado universitario. Calidade e desenvolvemento profesional

Conservatorio Profesional de Música de Vigo. Programación de Contrabaixo

Alba Lago Martínez Universidade da Coruña Recibido o 14/11/2013. Aceptado o 27/03/2014

GUÍA BÁSICA DE ESPAZOS PÚBLICOS E MOBILIDADE AMABLE

Emprender: Ti podes! Módulo 1

A performance en Rompente. Alberte Valverde

Programación Percusión

Os proxectos na Educación Infantil. Análise dunha experiencia sobre os dinosauros

PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA INGLÉS

PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA CURSO DEPARTAMENTO DE INGLÉS

Anexo IV: Xestionar o currículum da etapa:

ÁLVARO CUNQUEIRO E A TRADICIÓN LITERARIA ANGLÓFONA

OBSERVACIÓNS SOBRE AS ACTITUDES E OS COMPORTAMENTOS RELATIVOS ÓS CAMBIOS DE CÓDIGO EN SANTIAGO DE COMPOSTELA *

DEPARTAMENTO DE PERCUSIÓN MATERIAS QUE CONFIGURAN O DEPARTAMENTO

BOLETÍN GALEGO DE LITERATURA, nº 50 / 1º SEMESTRE (2017): pp / ISSN Margarita Estévez-Saá

A ACCESIBILIDADE RESIDENCIAL. UNHA REVISIÓN DA LITERATURA

DE LOS MEDIOS A LOS METAMEDIOS. As orquestras da verbena galega e a publicidade exterior: un mercado por explotar

THEY BOTH MEAN FOR, BUT SO MUCH MORE! You cannot use them interchangeably, you have the learn the rules, when to use PARA, when to use POR!

Conservatorio Profesional de Música de Vigo. Programación de Viola

FESTAS DE VERÁN RESUMO

A busca de identidade: A relación entre sexo e xénero n A semellanza de María Xosé Queizán

4º curso. DOCENTES: NOME E APELIDOS /TEL/WEB TITORÍA Luis Miguel Sobrevela Romaguera Martes 17:30 a 18:30

Índice. Introdución Análise do Banquete Diotima e o seu discurso Posible alusión anacrónica á intervención de Aristófanes 21

UN NOVO INTENTO DE CLASIFICACIÓN DAS INTERFERENCIAS DO CASTELÁN SOBRE O GALEGO, COA PERSPECTIVA DO ENSINO PRIMARIO E SECUNDARIO Ó FONDO

COMO INTERPRETAR O CONVENIO EUROPEO DA PAISAXE

ROBERTO VIDAL BOLAÑO NA EMERXENCIA E CONSOLIDACIÓN DO TEATRO GALEGO CONTEMPORÁNEO. PERCURSO EN DEZ PARAXES

BILINGÜISMO, DESENVOLVEMENTO E APRENDIZAXE ESCOLAR: UNHA PROPOSTA DE INTERVENCIÓN NA ESCOLA

Free cd bruno e marrone acustico. Free cd bruno e marrone acustico.zip

ELABORACIÓN DUN TEST PARA ESTIMA-LO TAMAÑO DO VOCABULARIO COÑECIDO EN LINGUA GALEGA

DESFOCADOS. a distração programada da internet em N. Carr. Joana Rocha. Congresso de Cibercultura Universidade do Minho

GUÍA DOCENTE E MATERIAL DIDÁCTICO

Polinomios. Obxectivos. Antes de empezar

Informe do estudo de CLIMA LABORAL do Sergas

How about see with the others in a globalized and intercultural era

Na cama com Bruna Surfistinha (Portuguese Edition)

TRABALLO FIN DE GRAO A APRENDIZAXE COOPERATIVA COMO FERRAMENTA PARA FOMENTAR A IGUALDADE ENTRE OS SEXOS NA ESCOLA INFANTIL

A discapacidade en imaxe

Facultade de Fisioterapia

SUZUKI VIOLIN SCHOOL PIANO ACCOMPANIMENTS SUZUKI VIOLIN SCHOOL SER VOL 5 SUZUKI VIOLIN SCHOOL VOLUME 1 PIANO ACCOMPANIMENT

C A D E R N O S D E L I N G U A

PREESCOLAR NA CASA: DE PREPARACIÓN PARA A ESCOLA A EDUCACIÓN FAMILIAR NO MEDIO RURAL DE GALICIA (ESPAÑA)

O INGLÉS EN INFANTIL: UNHA PORTA AO PLURILINGÜISMO

Coeducación. O alicerce do ensino

[Recibido, 14 outubro 2014; aceptado, 22 setembro 2015]*

a) Mr. Holmes is short and fat. He has got white hair and a big nose. He is unhappy.

SOÑAR SEN CANCELAS: MANUEL MARÍA E A CONSTRUCIÓN DUNHA EDUCACIÓN LITERARIA EN GALEGO

Transcription:

GUÍA DIDÁCTICA O carnaval dos animais de C. Saint Saëns

A AUDICIÓN O compositor Camille Saint Saëns foi un neno prodixio compositor e pianista, descrito en moitas ocasións como o Mendelssohn francés. Foi organista case vinte anos na Madeleine en París e ensinou na Escola Niedermeyer, onde fixoamizade co seu alumno Gabriel Fauré. Prolífico e versátil como compositor, compuxo a famosa ópera Sanson e Dalila, escribiu obras corais sacras e seculars e fixounha considerábel contribución á canción francesa. Ademais son coñecidos traballos orquestrais tan importantes como a Danza Macabra, a chamada Sinfonía Órgano, cinco concertos para piano, tres para violin ou a Habanera para violín e orquestra. A obra Moitos compositores utilizaron o Antroido como tema para a creación das súas obras, este é o caso do compositor francés Camille Saint-Saëns con O Antroido dos Animais. Escrita como un divertimento en 1886 durante as vacacións do compositor, e malia ser pouco ambiciosa, converteuse nunha das súas obras máis populares. A excepción do número O Cisne que a bailarina Paulova vai adaptar para o seu ballet, esta gran fantasía non vai ser interpretada en público tras a súa estrea para un restrinxido grupo de amigos, e dunha segunda interpretación un día despois para o gran Liszt, por aqueles días de visita en París. Saint-Saëns vai prohibir expresamente que se interprete en público, por medo a que puidese prexudicar a súa reputación como compositor serio. Unha cláusula no testamento permitirá que sexa representada despois da súa morte. En febreiro de 1922 a obra presentouse ao gran público. Leóns, galiñas, canguros, peixes..., son obxecto dunha serie de afectuosos retratos realizados cunha variedade de recursos e inxeniosos procedementos musicais, que converten a composición nunha obra valiosísima como instrumento pedagóxico. Escrita co seu virtuosismo habitual e co seu gusto polo traballo ben feito, constitúe un raro exemplo de humor creado soamente por medios musicais.

O ESPECTÁCULO A sesión artéllase desde o texto, que fai de fío condutor das interpretacións de cada número musical e das intervencións do narrador/a, que nalgúns números actúa de animador facendo participar activamente os nenos e nenas, cantando ou escenificando diversas situacións da narración. Por outra parte, os monicreques axudan a crear e ambientar a fantasía necesaria para identificar a música con cada un dos animais e as situacións que describe a música. O narrador daralle aos nenos/as unhas breves nocións sobre os diversos instrumentos que participaron na representación. Estas explicacións baséanse no xeito de producir o son (corda, aire e percusión); agudo/grave, forte/piano. Paracomprender mellor estesconceptos farase participar aos nenos nun xogo de mímica no que terán que realizar diversos movementos (durmir, espertar de golpe, rasca-la barriga, toca-la cabeza) cando soe por sorpresa un instrumento grave, agudo,forte ou débil. O espectáculo, non é unha típica sesión de animación, senón que se basea nunha coñecida obra musical, adaptada na súa presentación ás idades dos nenos e nenas que asisten á función, e que conta cos elementos didácticos e pedagóxicos sutilmente presentados. Recomendamos un traballo previo ou posterior á obra que pode ser importantísimo para que nenos e nenas gocen plenamente. A continuación ofrecémosvos un comentario de cada un dos números e dos conceptos que se poden traballar especificamente encada un deles:

O LEÓN INSTRUMENTACIÓN: piano, 2 violíns, viola, violoncello e contrabaixo. COMENTARIO: O rei dos animais entra na festa do carnaval ao ritmo dunha marcha solemne, interrompida de cando en vez polos seus propios ruxidos. Forte/Débil (o ruxido do león é moi forte e escóitase na corda e no piano). Agudos e graves.

O GALO E AS GALIÑAS INSTRUMENTACIÓN: piano, 2 violíns, viola e clarinete. COMENTARIO: O son do cacarexar no galiñeiro é constante. Só de cando en vez se escoita cantar ao galo. O violín. Son agudo. Imitación moi clara dun galiñeiro.

AS TARTARUGAS INSTRUMENTACIÓN: piano, 2 violíns, viola, violoncello e contrabaixo. COMENTARIO: Represéntase o lento e pesado camiñar destes animais. Utilízanse dúas melodías de Orfeo no inferno, de Offenbach. Ritmo moi lento. Traballar a pulsación camiñante.

O ELEFANTE INSTRUMENTACIÓN: piano e contrabaixo. COMENTARIO: Destaca o solo moi grave do instrumento, que se pode relacionar co seu tamaño e co tamaño e mais co peso do animal descrito.

OS CANGUROS INSTRUMENTACIÓN: piano. COMENTARIO: O instrumento imita o movemento dos canguros cos seus alegres saltos que alternan con momentos de máis calma. Pódese traballar o contraste entre rápido e lento. Este contraste pódese representar graficamente.

O ACUARIO INSTRUMENTACIÓN: frauta, carrillón, piano, 2 violíns, viola e violoncello. COMENTARIO: Cos arpexos máis suaves do piano e coas melodías dos instrumentos restantes, evócanse os movementos dos peixes dentro da auga, harmoniosos e ondulantes. A frauta como un instrumento melódico.

PERSONAXES DE LONGAS ORELLAS INSTRUMENTACIÓN: 2 violíns (na versión, un violín só). COMENTARIO: O elemento melódico desta peza, a cargo dun único violín, deixa moi claro a que personaxe fai referencia o compositor. O violín imita de maneira moi clara e suxestiva o orneo do asno.

O CUCO AO FONDO DO BOSQUE INSTRUMENTACIÓN: clarinete e piano. COMENTARIO: Os acordes suaves do piano parecen introducirnos no fondo do bosque, entre as grandes pólas das árbores, que se enlean unhas coas outras. No medio, destaca o canto do cuco a cargo do clarinete. Neste número, a presentadora fará contar cos dedos as veces que canta o cuco. (Só se interpreta un fragmento e o cuco canta 6 veces).

OS PAXAROS INSTRUMENTACIÓN: frauta, piano, 2 violíns, viola, violoncello e contrabaixo. COMENTARIO: É a alegría dos paxaros no verán. O seu canto e o seu voo non se deteñen nin un instante. A imaxe dos paxaros está representada tanto pola frauta como polos rechouchíos do piano.

OS FÓSILES INSTRUMENTACIÓN: clarinete, xilófono, piano, 2 violíns, viola, violoncello e contrabaixo. COMENTARIO: Nesta peza, o autor parodia a súa propia danza macabra, que combina con outras melodías populares francesas. (É neste momento cando se escoita a canción Os gansos van descalzos ). Identificarao solo de xilófono co son das pedras ao caer ou bailar na terra.

O CISNE INSTRUMENTACIÓN: violoncello e piano. COMENTARIO: O solo de violoncello reflicte a serena calma dun fermoso cisne nadando solitario e pacífico. O acompañamento do piano describe os círculos de auga que deixa ao seu paso. Os nenos poden pechar os ollos e que imaxinen o movementos das ás do cisne mentres se escoita a música.

OBXECTIVOS Obxectivos pedagóxicos -Facer un achegamento ao mundo da música clásica, a través da obra interpretada. -Manifestar e captar diferentes estados emocionais e afectivos: placidez, relaxación, tristeza, alegría... provocados pola modulación da música. -Recoñecer auditivamente e visualmente os instrumentos de corda fregada. -Distinguir en cada fragmento os matices dinámicos en que está interpretado e a súa relación coa imaxe que describe. -Distinguir auditivamente os sons agudos e graves, as secuencias de sons de alturas diferentes e os debuxos melódicos en sentido descendente ou ascendente. -Identificar o feito sonoro como un elemento de expresión recoñecendo a relación entre a música e cada imaxe. Observar o valor do silencio na música.

Aproveitamento didáctico Despois desta sesións, recomendamos que se lles faga escoitar aos nenos e ás nenas cada número da obra por separado, de maneira que cada un traballe diferentes aspectos, como os que a continuación indicamos. CICLO DE PRIMARIA Neste nivel educativo trátase de descubrir na obra os elementos básicos da linguaxe musical. INSTRUMENTACIÓN: estudiarase a maneira de producir o son en cada instrumento: Picado, pulsado,fregado ou soplado. RITMO: de cada tema é posíbel traballar a pulsación e mailo ritmo: lento, intermedio e rápido. Traballar algúns ritmos co movemento corporal. Distinguir entre ritmos binarios e ternarios. INTENSIDADE: distinguir en cada número os matices dinámicos en que está interpretado e a súa relación coa postura ou situación do animal. ALTURA: distinguir auditivamente os sons agudos ou graves, as secuencias de sons de alturas diferentes e os debuxos melódicos en sentido descendente ou ascendente. EXPRESIÓN MUSICAL: identificar o feito sonoro como un elemento de expresión recoñecendo a relación entre a música e cada movemento dos animais. Observar o valor do silencio na música.

ALGUNHAS CUESTIÓNS O Antroido dos Animais é unha obra escrita para unha orquestra de cámara. Agardamos que vos fixárades ben na orquestra que interpretou a obra para poder responder ás preguntas que se formulan máis adiante. 1.- Que instrumentos forman parte desta orquestra? 2.- Pertencen todos os instrumentos á mesma familia? Que familia é? No caso de que haxa outras familias, indica cal e que instrumentos pertence a ela. 3.- Elixe dous instrumentos que participaron no concerto e intenta saber de que material está construidos, que produce o son?, maneira de tocalo Que animal ou animais representaban? Tamén podes debuxar o instrumento e o monicreque que o representaba. 4.- Que animal se che parece máis ao instrumento ou grupo de instrumentos que o representan? Por que? 5.- Cres que na audición algún instrumento que imite a un maior número de animais que outro? Cal? 6.- Que animais ofrecen maiores contrastes agudo/grave, rápido/lento, ascendente/descendente? Intenta representar graficamente o contraste rápido/lento 7.- Que monicreque cres que se parece máis ao animal que representa? Cal cres que imita mellor os movementos que realmente fai?

Relaciona cada animal co seu instrumento e colorea

Colorea de cor vermello os instrumentos de vento-madeira e en verde os de vento-metal

Ponlle nome aos distintos animais que participan no Carnaval dos animais

Colorea e crea a túa careta