2º ESO. Obxectivos xerais do curso. Contidos (unidades didácticas) temporalizados por avaliacións

Similar documents
1º ESO CARMEN QUINTANA, ELBA NIEVES, MARGARITA ALFONSO

3º ESO ESTHER VÁZQUEZ, ELBA NIEVES. Editorial BURLINGTON AutorMARKS/DARBY. Contidos (unidades didácticas) temporalizados por avaliacións

I.E.S. ORTIGUEIRA ÁREA DE LINGUAS ESTRANXEIRAS

Síntesis da programación didáctica

CURSO PROGRAMACIÓN DE 2º ESO

COMO XOGAR A KAHOOT Se vas xogar por primeira vez, recomendámosche que leas este documento QUE É KAHOOT?

PROGRAMACIÓN CURSO DEPARTAMENTO : INGLÉS. IES Ramón Menéndez Pidal

C.E.I.P. PRÁCTICAS de Ourense Programacións didácticas

PRESENTACIÓN MATERIA MATERIA LINGUA INGLESA CURSO 1º ESO B CURSO ACADÉMICO PROFESOR Mª MONTSERRAT VILLAPÚN CASTRO

PRESENTACIÓN DA MATERIA/MÓDULO

Silencio! Estase a calcular

DEPARTAMENTO DE INGLÉS PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA 2º ESO - LINGUA INGLESA - 1º IDIOMA CURSO 2018 / 2019 IES DAVID BUJÁN

PRESENTACIÓN MATERIA MATERIA INGLÉS CURSO 4º ESO CURSO ACADÉMICO PROFESOR Mª CRUZ MASEDA FRANCOS

O SOFTWARE LIBRE NAS ENTIDADES DE GALIZA

R/Ponzos s/n Ferrol A Coruña Telf Fax

DEPARTAMENTO DE INGLÉS PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA 3º ESO - LINGUA INGLESA - 1º IDIOMA CURSO 2018 / 2019 IES DAVID BUJÁN

NOME DO CENTRO: IES CANIDO CURSO ESCOLAR: 2016/2017 INGLÉS 1º ESO

PROGRAMACIÓN CURSO DEPARTAMENTO : INGLÉS. IES Ramón Menéndez Pidal

PRESENTACIÓN MATERIA MATERIA LINGUA INGLESA CURSO 1º ESO A CURSO ACADÉMICO PROFESOR Mª MONTSERRAT VILLAPÚN CASTRO

PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA Área de Lingua Inglesa 5º Educación Primaria

Ámbito da comunicación: lingua inglesa

PRESENTACIÓN MATERIA MATERIA INGLÉS CURSO 4º ESO CURSO ACADÉMICO PROFESOR FRANCISCO JOSÉ PÉREZ SAAVEDRA

GUÍA DE MIGRACIÓN DE CURSOS PARA PLATEGA2. Realización da copia de seguridade e restauración.

PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA ÁREA DE INGLÉS

PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA. Área de Lingua Inglesa. 4º Educación Primaria

PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA CURSO DEPARTAMENTO DE INGLÉS

PROGRAMACIÓN DE INGLÉS CURSO º ESO

PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DA MATERIA DE

Alumna/o...Curso... 1) Para recuperar a materia pendente deberás seguir o plan de traballo que se especifica de seguido:

PROGRAMACION LINGUA INGLESA SEXTO CURSO 1- OBXECTIVOS 1.1- XERAIS 1.2-ESPECIFICOS

Programación do Departamento de Inglés da EOI de Lugo Curso

Acceso web ó correo Exchange (OWA)

PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DEPARTAMENTO DE LINGUA GALEGA E LITERATURA CURSO

SECUENCIACIÓN DIDÁCTICA: ÁMBITO DA COMUNICACIÓN MÓDULO 3 y 4 (ESA) 2017/2018

PROGRAMACIÓN ÁREA DE INGLÉS 2º CICLO DE EDUCACIÓN INFANTIL CEIP DE AGOLADA

PRESENTACIÓN MATERIA MATERIA INGLÉS CURSO 2º BAC CURSO ACADÉMICO PROFESOR Mª CRUZ MASEDA FRANCOS

QUINTO CURSO EDUCACIÓN PRIMARIA OBRIGATORIA

Discurso literario e sociedade nos países de fala inglesa

Programación 3º de EP LINGUA INGLESA

DEPARTAMENTO DE INGLÉS PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA

MINISTERIO DE EDUCACIÓN Y CIENCIA

Abbreviations: PP: Puntos de Partida. SM: Supplementary Materials. TG: Teacher s Guide

DEPARTAMENTO DE INGLÉS PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA 2º BACH - LINGUA INGLESA - 1º IDIOMA CURSO 2018 / 2019 IES DAVID BUJÁN

Procedimientos Auditivos e Instrumentais DEPARTAMENTO COORDINADOR/A DA DISCIPLINA. CURSOS 1º curso 2º curso 3º curso 4º curso.

PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DEPARTAMENTO DE INGLES

PRESENTACIÓN MATERIA MATERIA INGLÉS CURSO 1º BAC CURSO ACADÉMICO PROFESORA Mª CRUZ MASEDA FRANCOS

EDUCACIÓN INFANTIL PROGRAMACIÓN DE CICLO CENTRO: CEIP Mª PITA CURSO: Páxina 1

PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DEPARTAMENTO DE INGLÉS. Curso

PROGRAMACIÓN DEPARTAMENTO DE INGLÉS -ESO -BACHARELATO -CICLOS -FORMACIÓN PROFESIONAL BÁSICA -ADULTOS

PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA INGLÉS

LINGUA INGLESA CURSO

Índice. EOI de Ferrol: Programación didáctica departamento de Inglés Curso 2017/2018 2

Área de Inglés Curso escolar

DEPARTAMENTO DE INGLÉS PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA

Narrador e Narradora Narrador Narradora Narrador

T1, T3, (T5)*, T8, T11, T13 *solo grupos bilingüe X1, X3, X8, X10, X13, X18, X22, X23, X24 EI6, EI7

2.1. O PROXECTO LINGÜÍSTICO DE CENTRO

ÁMBITO DE COMUNICACIÓN Lengua extranjera: Inglés

PROGRAMACIÓN DE RELIXIÓN EVANXÉLICA 1º e 2º ESO

Programación. Didáctica. Departamento de Inglés

INGLÉS / MÓDULO 3 -ESPAD-

Rede CeMIT Cursos Gratuítos de Alfabetización Dixital NOVEMBRO Aula CeMIT de Cuntis

PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA CURSO DEPARTAMENTO DE XAPONÉS

Informe do estudo de CLIMA LABORAL do Sergas

COLEGIO NUESTRA SEÑORA DEL ROSARIO.

EVALUACIÓN DE CARGO 2016-INGLÉS 2º

DEPARTAMENTO DE INGLÉS PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA

WITH CONNECT. Exercises assigned by your instructor. Exercises assigned by your instructor. Exercises assigned by your instructor

Comezo do curso. Estimados pais, Benvidos a Quick Minds!

Abbreviations: PP: Puntos de Partida. SM: Supplementary Materials. TG: Teacher s Guide ON CONNECT. PP: La comida y las comidas. p.

PARTE I. VIVALDI: Concierto en MI M. op. 3 n.12

Se (If) Rudyard Kipling. Tradución de Miguel Anxo Mouriño

PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA CURSO: 4º E.S.O MATERIA: LATÍN

Welcome to Greenman and the Magic forest

PROGRAMACIÓNS POR AVALIACIÓN

Subdirección de Educación Departamento de Educación Contratada Colegio CAFAM Bellavista CED GUIA DE APRENDIZAJE. Pensamiento: Comunicativo Expresivo

Conservatorio Profesional de Música de Vigo. Programación de Contrabaixo

GUÍA DOCENTE E MATERIAL DIDÁCTICO

Programación Percusión

PROGRAMA FORMATIVO DA ESPECIALIDADE FORMATIVA TÉCNICAS DE MARKETING ON LINE, BUSCADORES, SOCIAL MEDIA E MÓBIL COMM049PO

Teaching English through music: A report of a practicum based on musical genres

Grao en Química. 2 0 Curso QUIMICA INORGÁNICA III. Guía Docente

Conservatorio Profesional de Música de Vigo. Programación OPTATIVA DE MÚSICA MODERNA (historia do rock&roll)

Proxecto Curricular. I.E.S. Sanxillao. Proxecto Curricular IES SANXILLAO

Conservatorio Profesional de Música de Vigo. Programación de Percusión

PROGRAMACIÓN DO CUARTO CURSO DAS ENSINANZAS DO TÍTULO SUPERIOR DE MÚSICA NA ESPECIALIDADE DE INTERPRETACIÓN NO ITINERARIO DE CLARINETE.

GUIA DE APRENDIZAJE. Pensamiento: Comunicativo Expresivo

Grao en Química. 2 0 Curso QUIMICA INORGÁNICA III. Guía Docente

Obradoiro sobre exelearning. Pilar Anta.

PROGRAMACIÓN DA DISCIPLINA DE LATÍN DE 4º E.S.O.

Comezo do curso. Estimados pais, Benvidos a Quick Minds!

Problema 1. A neta de Lola

marcoeuropeocomún de referencia para as linguas: aprendizaxe, ensino, avaliación

PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA

Kevin s Way Programa de Inglés Multimedial Clase 06: Many questions Muchas dudas GRAMMAR BOX PAST SIMPLE LET S PRACTICE!

DEPARTAMENTO DE INGLÉS PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA

MEMORIA DE AVALIACIÓN DA CALIDADE: INFORME DE RESULTADOS PROGRAMACIÓN: ACCIÓNS FORMATIVAS DIRIXIDAS PRIORITARIAMENTE ÁS PERSOAS TRABALLADORAS

PROGRAMACIÓN OFICIAL LOE CONXUNTO PIANO CURSO 2017/18 GRAO PROFESIONAL (segundo os Decretos 198/2007 e 203/2007

ÍNDICE 1. Contexto e bases Legais 2. Obxectivos de E.Primaria 2.1 Contidos, criterios de avaliación e a súa relación coas Competencias Claves

DSpace da Universidade de Santiago de Compostela

Transcription:

2º ESO ASIGNATURA/MÓDULO INGLES Cód. CURSO E GRUPO 2º A-B-C- PROFESOR/A (ES/AS) LIBRO DE TEXTO Data de Autorización CARMEN QUINTANA, Editorial BURLINGTON BUILD UP 2 Autor Ryan " OCTUBRE 2010-11 Obxectivos xerais do curso Coma no primeriro curso, intentarase desenrolar tódalas COMPETENCIAS BÁSICAS, principalmente a comunicativa e social, sen olvidar A DIXITAL co uso das novas tecnoloxías con presentacións de power point, internet etc. - COMPETENCIA COMUNICATIVA. - Anticipación de ideas mentres escoítase ou lese. - Escoita e lectura atenta de textos para captar o sentido global destes. - Identificación da estructura de distintos tipos de textos: cartas, narracións, informes, diálogos, entrevistas, etc. - Distinción entre información relevante e irrelevante en función da tarefa programada -. Interpretación do significado de elementos descoñecidos a partir do contexto e dos coñecementos previos.-. Iniciativa para ler de forma autónoma distintos tipos de textos co fin de que ocio ou formativos: lecturas graduadas, biografías sinxelas, poemas breves, datos culturais, etc. - Relatos de historias breves oralmente ou por escrito - Interacción con interlocutores de forma controlada. - Uso de modelos de textos tanto orais como escritos para producir textos personalizados: invitacións, diarios, entrevistas, etc. COMPETENCIA DIXITAL Esperamos que este ano tamén podamos traballar co ordenador, xa que o ano pasado foi algo experimental que todos fixemos con moito entusiasmo, pero que aínda non poidemos sacar conclusións claras. Si comprobamos que os alumnos traballan con máis ganas e atención.. Os profesores debemos prepararnos a conciencia para sacar o mellor partido de estas novas técnicas. Procuraremos que non se ol vide o libro de texto, o de traballo e os exercicios na libreta. E o conxunto de todas estas destrezas as que nos leven a acadar os mellores resultados. Temos que ter en conta que os alumnos poden distraerse en internet e non debemos deixalos que traballen solos moito tempo. O control do profesor é necesario en todo momento. Porcentaxe numérico da nota de avaliación: - Tarefas na casa, libro de traballo: 25%. - Comportmento e actitude cos compañeiros e co profesor: 25%. - Controles e exames escritos e orales: 50% Como en no primeiro curso estes porcentaxes poden ser variados se o profesor o considera oportuno e previamente o comunica ós alumnos e ós compañeiros. Contidos (unidades didácticas) temporalizados por avaliacións 1ª AVAL. UNIDADE DE INTRODUCIÓN Memoria de Asignatura / módulo Curso académico Páxina 49 de 214

Obxectivos de aprendizaxe Situar acontecementos nos diferentes meses do ano. Recordar o vocabulario, relacionado coas partes do corpo e cos cuartos da casa. Utilizar correctamente as preposicións de lugar. Utilizar correctamente os verbos to be e have got en presente, os plurais irregulares e as formas there is / there are. Familiarizarse coa linguaxe que se utiliza na clase. Comprensión dun diálogo. Presentarse de xeito informal. Contidos BLOQUE 1. ESCOITAR, FALAR E CONVERSAR Audición e comprensión de mensaxes emitidas dentro da aula, relacionadas coas actividades habituais. Audición e comprensión de frases útiles para a clase de inglés. Obtención de información xeral e específica de textos orais sobre presentacións formais e informais e sobre a linguaxe da clase, con apoio de elementos verbais e non verbais. Uso de estratexias de comprensión das mensaxes orais: uso do contexto verbal e non verbal e dos coñecementos previos sobre a situación, identificación de palabras clave. Participación en conversacións con varios compañeiros/as facendo presentacións formais e informais a partir dun modelo, cambiando as palabras coloreadas, con pronuncia e entoación adecuadas para lograr a comunicación. Emprego de respostas adecuadas en situacións de comunicación na aula. Desenvolvemento de estratexias de comunicación para superar as interrupcións na comunicación e para iniciar e concluír intercambios comunicativos. BLOQUE 2. LER E ESCRIBIR Anticipación do contido antes e durante a lectura de textos sinxelos. Comprensión da información xeral e específica de varias frases útiles para utilizar na clase, co fin de relacionalas coas ilustracións correspondentes e de traducilas á lingua propia. Uso de estratexias de comprensión lectora: identificación do tema dun texto, con axuda de elementos textuais e non textuais; utilización dos coñecementos previos sobre o tema; inferencia de significados polo contexto, por elementos visuais, por comparación de palabras ou frases similares nas linguas que coñecen. BLOQUE 3. COÑECEMENTO DA LINGUA Coñecementos lingüísticos: Elementos morfolóxicos Identificación de elementos morfolóxicos no uso da lingua: verb, affirmative, negative, interrogative, short answers, irregular plurals, classroom language. Léxico / Vocabulario Os meses do ano. A familia. As partes do corpo. Os cuartos e o mobiliario da casa. As preposicións de lugar. Estrutura e funcións da lingua Presentarse de xeito normal. Pedir e dar información persoal: to be e have got (afirmativa, negativa e interrogativa, e as respostas breves). Describir cousas e lugares: os plurais irregulares e as formas there is / there are (afirmativa, negativa e interrogativa, e as respostas breves). Inducir regras gramaticais a partir da observación. Usar a terminoloxía adecuada aos contidos. Fonética Reflexión sobre a aprendizaxe: Memoria de Asignatura / módulo Curso académico Páxina 50 de 214

Aplicación de estratexias para organizar, adquirir, recordar e utilizar léxico. Uso de recursos para a aprendizaxe como dicionarios, libros de consulta, bibliotecas ou tecnoloxías da información e da comunicación. Reflexión sobre o uso e o significado das formas gramaticais adecuadas a distintas intencións comunicativas. Organización do traballo persoal como estratexia para progresar na aprendizaxe. Interese por aproveitar as oportunidades de aprendizaxe creadas no contexto da aula e fóra da mesma. Confianza e iniciativa para expresarse en público e por escrito. BLOQUE 4. ASPECTOS SOCIOCULTURAIS E CONCIENCIA INTERCULTURAL Identificación e respecto polos costumes e características da vida cotiá que se traballan na unidade, propios doutros países e culturas onde se fala a lingua estranxeira: - As presentacións e os saúdos. Recoñecemento e valoración da lingua estranxeira como instrumento de comunicación internacional. Ampliación de fórmulas de cortesía adecuadas nos intercambios sociais. Valoración do enriquecemento persoal que supón a relación con persoas pertencentes a outras culturas. Criterios de avaliación 1. Comprender a idea xeral e informacións específicas de textos orais sobre uns adolescentes que se presentan e se saúdan. 2. Participar con progresiva autonomía en conversacións e simulacións relativas ás presentacións e aos saúdos, empregando estruturas sinxelas, as expresións máis usuais de relación social e unha pronuncia adecuada para lograr a comunicación. 3. Comprender a información xeral e a específica dalgunhas frases, demostrando a comprensión a través dunha actividade específica. 5. Utilizar os coñecementos adquiridos sobre o sistema lingüístico da lingua estranxeira, coma o uso dos verbos to be e have got, os plurais irregulares, as estruturas there is / there are e a pronuncia dos números ordinais en diferentes contextos de comunicación, como instrumento de autoaprendizaxe e de autocorrección das producións propias orais e escritas e para comprender as producións alleas. 6. Identificar, utilizar e explicar oralmente algunhas estratexias básicas utilizadas para progresar na aprendizaxe, tales como as formas diversas para almacenar, memorizar e revisar o léxico, etc. 8. Identificar aspectos sociais propios dos países onde se fala a lingua estranxeira no referente ás presentacións e aos saúdos, mostrando interese por coñecelos. Competencias básicas (temas transversais) Competencia en comunicación lingüística: - Vocabulary, páxs. 4 e 5: vocabulario, relacionado cos meses do ano, a familia, as partes do corpo, as partes e o mobiliario da casa e as preposicións de lugar. - Grammar, páx. 6: uso da lingua inglesa para pedir e dar información: os verbos to be e have got; descrición de cousas e lugares: os plurais irregulares e as formas there is / there are. - Speaking, páx. 7: uso da lingua inglesa para presentarse, identificación da linguaxe da clase para utilizala correctamente. Competencia social e cidadá (educación moral e cívica): - Speaking, páx. 7: interese por coñecer outros rapaces da súa idade. - Speaking, páx. 7: coñecemento das formas de presentación e de saúdo en inglés para utilizalas en situacións de comunicación adecuadas. - Actitude construtiva e solidaria ante a información que se presenta e ante as interaccións na aula. Autonomía e iniciativa persoal (educación para a paz): - Speaking, páx. 7: respecto das quendas de palabra e das rutinas da clase. - Importancia dunha actitude respectuosa co profesor/a e cos compañeiros/as da clase. - Fomento do traballo cooperativo na aula Temas interdisciplinarios Lingua e literatura: - Os verbos to be e have got en afirmativa, negativa e interrogativa. - Os plurais irregulares. Memoria de Asignatura / módulo Curso académico Páxina 51 de 214

- As estruturas there is / there are en afirmativa, negativa e interrogativa Educación para a cidadanía e os dereitos humanos: - As relacións humanas. UNIDADE 1: Back to School Obxectivos de aprendizaxe Ler de forma comprensiva e autónoma unha historia ilustrada con fotografías e un texto breve sobre os barcos escola en Bangladesh. Utilizar correctamente o Present Simple e as partículas interrogativas. Intercambiar información persoal, expresar gustos e preferencias e falar sobre rutinas diarias. Identificar e pronunciar correctamente a terminación dos verbos na 3ª persoa do singular do presente. Escoitar de forma comprensiva unha conversación entre tres adolescentes. Escribir un parágrafo sobre as súas rutinas diarias, prestando atención ao uso das maiúsculas. Contidos BLOQUE 1. ESCOITAR, FALAR E CONVERSAR Audición e comprensión de mensaxes emitidas dentro da aula, relacionadas coas actividades habituais. Obtención de información xeral e específica dunha conversación entre uns adolescentes sobre o instituto, para realizar un exercicio de comprensión de verdadeiro/falso. Uso de estratexias de comprensión das mensaxes orais: uso do contexto verbal e non verbal e dos coñecementos previos sobre a situación, identificación de palabras clave. Produción de textos orais curtos sobre as actividades que fai un mozo no seu tempo libre, cunha pronuncia adecuada. Participación en conversacións co compañeiro/a para intercambiar información persoal ao presentarse e falar dos seus hábitos e dos doutra xente, con pronuncia e entoación adecuadas para lograr a comunicación. Audición, comprensión e produción oral do vocabulario da unidade para relacionalo coas ilustracións correspondentes. Uso do modelo de diálogo proposto para interactuar co compañeiro/a e crear un novo diálogo cambiando as palabras coloreadas, cunha pronuncia adecuada. BLOQUE 2. LER E ESCRIBIR Anticipación do contido antes e durante a lectura dunha historia ilustrada con fotografías. Comprensión da información xeral e específica de textos escritos, ou audición dos mesmos, para contestar preguntas de comprensión. Iniciativa para ler de forma autónoma textos de certa extensión. Uso de estratexias de comprensión lectora: identificación do tema dun texto, con axuda de elementos textuais e non textuais; utilización dos coñecementos previos sobre o tema; inferencia de significados polo contexto, por elementos visuais ou por comparación de frases similares nas linguas que coñecen. Composición dun texto breve sobre as súas rutinas, a partir dun modelo e seguindo o esquema elaborado. Uso das maiúsculas para corrixir as frases dadas e valoración da súa importancia nas comunicacións escritas. Interese pola presentación coidada dos textos escritos, en soporte papel e dixital. BLOQUE 3. COÑECEMENTO DA LINGUA Coñecementos lingüísticos: Elementos morfolóxicos Memoria de Asignatura / módulo Curso académico Páxina 52 de 214

Identificación de elementos morfolóxicos no uso da lingua: Present Simple, affirmative, negative, interrogative, short answers, spelling rules, adverbs of frequency, time expressions, question words, capital letters. Léxico / Vocabulario Actividades habituais e afeccións. Palabras e expresións útiles e a equivalencia na súa propia lingua. Identificación, uso e valoración das estratexias de aprendizaxe autónoma adecuadas (ver obxectivo xeral de área nº 7). Estrutura e funcións da lingua Pedir e dar información persoal sobre os seus hábitos e rutinas: o Present Simple (afirmativa, negativa e interrogativa, e as respostas breves); os adverbios de frecuencia; as expresións temporais; as partículas interrogativas (Why?, What?, Where?, When?, Who? e How often?) Expresar gustos e preferencias: love, like, don t mind, dislike, hate. Reflexionar sobre o uso das maiúsculas. Inducir regras gramaticais a partir da observación. Usar a terminoloxía adecuada aos contidos. Fonética A pronuncia dos sons /s/, /z/ e /iz/. Reflexión sobre a aprendizaxe: Aplicación de estratexias para organizar, adquirir, recordar e utilizar léxico. Uso de recursos para a aprendizaxe como dicionarios, libros de consulta, bibliotecas ou tecnoloxías da información e da comunicación. Participación en actividades de avaliación compartida, na avaliación da propia aprendizaxe e uso de estratexias de autocorrección. Participación activa en tarefas e traballos en grupo. Confianza e iniciativa para expresarse en público e por escrito. BLOQUE 4. ASPECTOS SOCIOCULTURAIS E CONCIENCIA INTERCULTURAL Identificación e respecto polos costumes e características da vida cotiá que se traballan na unidade, propios doutros países e culturas onde se fala a lingua estranxeira: - As rutinas e as actividades de lecer. - Os gustos e preferencias. - As clases de cociña en Estados Unidos. - Os barcos escola en Bangladesh. Coñecemento de acontecementos de tipo histórico, a través dun texto sobre as orixes da escritura. Recoñecemento e valoración da lingua estranxeira como instrumento de comunicación internacional. Interese e iniciativa na realización de intercambios comunicativos con falantes ou aprendices da lingua estranxeira utilizando os correos electrónicos, chamadas telefónicas, mensaxes curtas, etc. Criterios de avaliación 1. Comprender a idea xeral e informacións específicas dun texto oral sobre uns rapaces que falan do seu instituto. 2. Participar con progresiva autonomía en conversacións e simulacións relativas ás afeccións e actividades habituais, empregando estruturas sinxelas, as expresións máis usuais de relación social e unha pronuncia adecuada para lograr a comunicación. 3. Comprender a información xeral e a específica de diversos textos escritos sobre as diferentes materias de estudo e tipos de colexios ao redor do mundo, e sobre as orixes da escritura a través dunha actividade específica. 4. Redactar de forma guiada un texto breve con información persoal sobre as súas rutinas, prestando atención ao uso das maiúsculas e mantendo unha presentación clara, limpa e ordenada. 5. Utilizar os coñecementos adquiridos sobre o sistema lingüístico da lingua estranxeira, coma o uso do Memoria de Asignatura / módulo Curso académico Páxina 53 de 214

Present Simple e das partículas interrogativas en diferentes contextos de comunicación, como instrumento de autoaprendizaxe e de autocorrección das producións propias orais e escritas e para comprender as producións alleas. 6. Identificar, utilizar e explicar oralmente algunhas estratexias básicas utilizadas para progresar na aprendizaxe, tales como a capacidade de valorar os seus progresos, a reflexión sobre a propia aprendizaxe, a participación na avaliación da mesma, o uso dalgúns mecanismos de autocorrección, o uso correcto do dicionario, etc. 7. Usar de forma guiada as tecnoloxías da información e da comunicación (Internet, teléfonos móbiles) para estabelecer relacións persoais, mostrando interese polo seu uso. 8. Identificar aspectos sociais, culturais, históricos e literarios propios doutros países no referente ás actividades de tempo libre dos adolescentes, a unha novela francesa e a un produto de chocolate de EEUU, mostrando interese por coñecelos. Competencias básicas (temas transversais) Competencia en comunicación lingüística: - Vocabulary, páxs. 8 e 13: vocabulario, relacionado coas materias de estudo e co material escolar. - Grammar, páxs. 11 e 12: uso da lingua inglesa para pedir e dar información persoal sobre os seus hábitos e rutinas: o Present Simple; os adverbios de frecuencia; as expresións temporais; as partículas interrogativas. - Listening, páxs. 9 e 14: comprensión oral dunha conversación sobre a invitación a unha festa. - Speaking, páxs. 9 e 14: pronuncia dos sons /s/, /z/ e /iz/; participación en conversacións para intercambiar información persoal ao presentarse, falar de hábitos e expresar opinións. - Reading, páxs. 12, 13, 16 e 18: comprensión escrita dunha conversación, dun texto e dunha historia sobre Os Tres Mosqueteiros. - Writing, páx. 15: reflexión sobre o uso das maiúsculas e composición dun texto sobre as súas rutinas. Competencia no coñecemento e na interacción co mundo físico (educación para a saúde): - Reading, páx. 10: a importancia da cociña. - Grammar, páx. 12: a importancia de facer exercicio físico. Competencia no tratamento da información e da comunicación dixital: - Writing, páx. 15: redacción dun correo electrónico para describir as actividades que realiza habitualmente no instituto. Competencia social e cidadá (educación moral e cívica, educación sobre Europa, Educación para a paz - Reading, páxs. 10 e 13: respecto por outras formas de ensino noutros países. - Reading, páx. 16: coñecemento das orixes e desenvolvemento da escritura en diferentes países e épocas históricas. - Writing, páx. 15: curiosidade e respecto polos sistemas de ensino noutros países. - Actitude construtiva e solidaria ante a información que se presenta e ante as interaccións na aula. Autonomía e iniciativa persoal: - Speaking, páxs. 9 e 14; Writing, páx. 15: uso da creatividade persoal á hora de producir textos escritos e orais a partir de modelos dados. - Writing, páx. 15: recursos de organización á hora de presentar un traballo escrito. - Fomento do traballo cooperativo na aula. Temas interdisciplinarios Lingua e literatura: - Verbos que expresan gustos e preferencias. - O Present Simple en afirmativa, negativa e interrogativa. - As expresións temporais. - Os adverbios de frecuencia. - As partículas interrogativas. - O uso das maiúsculas. - Unha historieta baseada no libro Os tres mosqueteiros. Memoria de Asignatura / módulo Curso académico Páxina 54 de 214

- Tradución inglés-lingua propia (no Workbook). Ciencias sociais, xeografía e historia: - Diferentes formas de ensino en distintos países do mundo. - A historia da escritura en diferentes países e momentos históricos. Tecnoloxías: - O correo electrónico como medio de comunicación. Educación para a cidadanía e os dereitos humanos: - As relacións interpersoais no ámbito escolar. - Respecto polas preferencias dos demais. UNIDADE 2: Body Language Obxectivos de aprendizaxe Ler de forma comprensiva e autónoma un test ilustrado con fotografías sobre a linguaxe corporal e textos sobre o comportamento dos cans e sobre como debuxar un cómic. Describir accións que teñen lugar no momento no que se fala Aprender as partes do corpo humano e animal. Utilizar correctamente o Present Continuous e os artigos e cuantificadores. Identificar e pronunciar correctamente os sons contidos en snake, short, car, e know. Escoitar de forma comprensiva a descrición dunha imaxe. Escribir un parágrafo sobre a descrición dunha viñeta, prestando atención aos signos de puntuación. Contidos BLOQUE 1. ESCOITAR, FALAR E CONVERSAR Audición e comprensión de mensaxes emitidas dentro da aula, relacionadas coas actividades habituais. Obtención de información xeral e específica da descrición dunha imaxe que mostra unha escena doméstica, para buscar as diferenzas entre a imaxe e a descrición escoitada e localizar os personaxes dos que se fala no debuxo. Uso de estratexias de comprensión das mensaxes orais: uso do contexto verbal e non verbal e dos coñecementos previos sobre a situación, identificación de palabras clave. Participación en conversacións co compañeiro/a para falar do que está ocorrendo no momento no que se fala e para adiviñar de quen se está falando. Audición, comprensión e produción oral do vocabulario da unidade para relacionalo coas fotografías correspondentes, e para clasificalo correctamente. Uso do modelo de diálogo proposto para interactuar co compañeiro/a e crear un novo diálogo cambiando as palabras coloreadas, cunha pronuncia adecuada. BLOQUE 2. LER E ESCRIBIR Anticipación do contido antes e durante a lectura dunha historia ilustrada con fotografías. Comprensión da información xeral e específica de textos escritos, ou audición dos mesmos, para identificar se as afirmacións que se dan son verdadeiras ou falsas e corrixir estas últimas, contestar preguntas de comprensión e completar unhas frases. Uso de estratexias de comprensión lectora: identificación do tema dun texto, con axuda de elementos textuais e non textuais; utilización dos coñecementos previos sobre o tema; inferencia de significados polo contexto, por elementos visuais e por comparación de frases similares nas linguas que coñecen. Composición dunha descrición breve dunha viñeta a partir dun modelo e seguindo o esquema elaborado. Uso das normas de puntuación para corrixir as frases dadas e valoración da súa importancia nas comunicacións escritas. Memoria de Asignatura / módulo Curso académico Páxina 55 de 214

Interese pola presentación coidada dos textos escritos, en soporte papel e dixital. BLOQUE 3. COÑECEMENTO DA LINGUA Coñecementos lingüísticos: Elementos morfolóxicos Identificación de elementos morfolóxicos no uso da lingua: Present Continuous, affirmative, negative, interrogative, short answers, time expressions, spelling rules, articles, quantifiers, punctuation. Léxico / Vocabulario Verbos que mostran emocións. Partes do corpo humano e animal. Palabras e expresións útiles e a equivalencia na súa propia lingua. Estrutura e funcións da lingua Preguntar e describir o que está ocorrendo no momento no que se fala. Describir accións en progreso: o Present Continuous (afirmativa, negativa e interrogativa, e as respostas breves); as expresións temporais. Expresións temporais (at the moment, now, after school, every day, right now) Reflexionar sobre o uso do punto, a coma, o signo de interrogación e o de exclamación. Inducir regras gramaticais a partir da observación. Usar a terminoloxía adecuada aos contidos. Fonética A pronuncia dos sons contidos en snake, short, car, e know. Reflexión sobre a aprendizaxe: Aplicación de estratexias para organizar, adquirir, recordar e utilizar léxico. Uso de recursos para a aprendizaxe como dicionarios, libros de consulta, bibliotecas ou tecnoloxías da información e da comunicación. Reflexión sobre o uso e o significado das formas gramaticais adecuadas a distintas intencións comunicativas. Participación en actividades de avaliación compartida, na avaliación da propia aprendizaxe e uso de estratexias de autocorrección. Organización do traballo persoal como estratexia para progresar na aprendizaxe. Interese por aproveitar as oportunidades de aprendizaxe creadas no contexto da aula e fóra da mesma. Confianza e iniciativa para expresarse en público e por escrito. BLOQUE 4. ASPECTOS SOCIOCULTURAIS E CONCIENCIA INTERCULTURAL Identificación e respecto polos costumes e características da vida cotiá que se traballan na unidade, propios doutros países e culturas onde se fala a lingua estranxeira: - Distintos xeitos de saudar dependendo do país de orixe. - Os debuxos animados e os seus creadores. Valoración do enriquecemento persoal que supón a relación con persoas pertencentes a outras culturas. Criterios de avaliación 1. Comprender a idea xeral e informacións específicas dun texto oral sobre a descrición dunha imaxe. 2. Participar con progresiva autonomía en conversacións e simulacións relativas á descrición do que está a ocorrer no momento presente, empregando estruturas sinxelas, as expresións máis usuais de relación social e unha pronuncia adecuada para lograr a comunicación. 3. Comprender a información xeral e a específica de diferentes textos escritos sobre a linguaxe corporal, o comportamento dos cans e como debuxar cómics, demostrando a comprensión a través dunha actividade específica. Memoria de Asignatura / módulo Curso académico Páxina 56 de 214

4. Redactar de forma guiada un texto breve sobre a descrición dunha viñeta, prestando atención ao uso dos signos de puntuación e mantendo unha presentación clara, limpa e ordenada. 5. Utilizar os coñecementos adquiridos sobre o sistema lingüístico da lingua estranxeira, coma o uso do Present Continuous e das expresións temporais en diferentes contextos de comunicación, como instrumento de autoaprendizaxe e de autocorrección das producións propias orais e escritas e para comprender as producións alleas. 6. Identificar, utilizar e explicar oralmente algunhas estratexias básicas utilizadas para progresar na aprendizaxe, tales como a capacidade de valorar os seus progresos, a reflexión sobre a propia aprendizaxe, a participación na avaliación da mesma, o uso dalgúns mecanismos de autocorrección, a utilización de formas diversas para almacenar, memorizar e revisar o léxico, etc. 8. Identificar aspectos sociais, culturais e literarios propios doutros países no referente ás mascotas, aos cómics e aos debuxos animados, mostrando interese por coñecelos. Competencias básicas (temas transversais) Competencia en comunicación lingüística: - Vocabulary, páxs.18 e 23: vocabulario, relacionado cos verbos que mostran sentimentos e coas partes do corpo. - Grammar, páxs. 21 e 22: uso da lingua inglesa para describir accións en progreso: o Present Continuous; as expresións temporais. - Listening, páxs. 19 e 24: comprensión oral dunha descrición de dúas imaxes. - Speaking, páxs. 19 e 24: pronuncia dos sons contidos en snake, short, car, e know; participación en conversacións para describir accións en progreso que están tendo lugar nunha imaxe. - Reading, páxs. 20, 23 e 26: comprensión escrita duns textos sobre a linguaxe corporal, o comportamento dos cans e como debuxar un cómic. - Writing, páx. 25: reflexión sobre o uso do punto, a coma, o signo de interrogación e o de exclamación; composición dunha descrición breve dunha viñeta. Competencia no coñecemento e na interacción co mundo físico: - Grammar, páx. 22: os diferentes espazos na cidade e o que se fai en cada un deles. Competencia social e cidadá (educación sobre Europa, educación para a igualdade de oportunidades entre homes e mulleres e educación moral e cívica ): - Vocabulary, páx. 18 e Listening, páx. 19: preséntanse na unidade tanto mozos coma mozas mostrando emocións en distintas situacións. - Actitude construtiva e solidaria ante a información que se presenta e ante as interaccións na aula. Autonomía e iniciativa persoal: - Speaking, páxs. 19 e 24; Writing, páx. 25: uso da creatividade persoal á hora de producir textos escritos e orais a partir de modelos dados. - Writing, páx. 25: recursos de organización á hora de presentar un traballo escrito. - Fomento do traballo cooperativo na aula. Temas interdisciplinarios Ciencias naturais: - As partes do corpo humano e animal e o comportamento dos cans. Lingua e literatura: - O Present Continuous en afirmativa, negativa e interrogativa. - As expresións temporais. - Os signos de puntuación. - Os cómics e as viñetas cómicas. - Tradución inglés-lingua propia (no Workbook). UNIDADE 3: Music and More Memoria de Asignatura / módulo Curso académico Páxina 57 de 214

Obxectivos de aprendizaxe Ler de forma comprensiva e autónoma textos ilustrados sobre un experimento con ratos, un festival de música e a historia dos Beatles. Falar sobre o pasado. Utilizar correctamente o Past Simple dos verbos regulares e irregulares en afirmativa, e as formas there was / there were. Identificar e pronunciar correctamente a terminación ed dos verbos regulares en pasado. Escoitar de forma comprensiva unha conversación. Escribir unha descrición dunha acción en pasado. Contidos BLOQUE 1. ESCOITAR, FALAR E CONVERSAR Audición e comprensión de mensaxes emitidas dentro da aula, relacionadas coas actividades habituais. Obtención de información xeral e específica dunha conversación nunha tenda de música para elixir as respostas correctas, con apoio de elementos verbais e non verbais. Uso de estratexias de comprensión das mensaxes orais: uso do contexto verbal e non verbal e dos coñecementos previos sobre a situación, identificación de palabras clave. Produción de textos orais curtos sobre o que fixeron no pasado, cunha estrutura adecuada. Participación en conversacións co compañeiro/a para pedir consello sobre música, e para falar de accións pasadas, con pronuncia e entoación adecuadas para lograr a comunicación. Audición, comprensión e produción oral do vocabulario da unidade. Uso do modelo de diálogo proposto para interactuar co compañeiro/a e crear un novo diálogo cambiando as palabras coloreadas, cunha pronuncia adecuada. BLOQUE 2. LER E ESCRIBIR Anticipación do contido antes e durante a lectura dun texto. Comprensión da información xeral e específica de textos escritos, ou audición dos mesmos, para elixir as respostas correctas, identificar se as afirmacións que se dan son verdadeiras ou falsas e contestar preguntas de comprensión. Uso de estratexias de comprensión lectora: identificación do tema dun texto, con axuda de elementos textuais e non textuais; utilización dos coñecementos previos sobre o tema; inferencia de significados polo contexto, por elementos visuais e por comparación de frases similares nas linguas que coñecen. Composición dunha descrición breve sobre un acontecemento pasado. Utilización correcta dos conectores. Interese pola presentación coidada dos textos escritos, en soporte papel e dixital. BLOQUE 3. COÑECEMENTO DA LINGUA Coñecementos lingüísticos: Elementos morfolóxicos Identificación de elementos morfolóxicos no uso da lingua: Past Simple, affirmative, negative, interrogative, time expressions, subject, verb, linking words. Léxico / Vocabulario Tipos de música e instrumentos musicais. Algúns adxectivos cualificativos. Estrutura e funcións da lingua Expresar e describir accións pasadas: o Past Simple en afirmativa; there was / there were; as expresións temporais. Utilizar correctamente os conectores nun texto. Inducir regras gramaticais a partir da observación. Usar a terminoloxía adecuada aos contidos. Memoria de Asignatura / módulo Curso académico Páxina 58 de 214

Fonética A pronuncia dos sons /d/, /t/ e /id/. Reflexión sobre a aprendizaxe: Aplicación de estratexias para organizar, adquirir, recordar e utilizar léxico. Uso de recursos para a aprendizaxe como dicionarios, libros de consulta, bibliotecas ou tecnoloxías da información e da comunicación. Participación en actividades de avaliación compartida, na avaliación da propia aprendizaxe e uso de estratexias de autocorrección. Interese por aproveitar as oportunidades de aprendizaxe creadas no contexto da aula e fóra da mesma. Participación activa en tarefas e traballos en grupo. Confianza e iniciativa para expresarse en público e por escrito. BLOQUE 4. ASPECTOS SOCIOCULTURAIS E CONCIENCIA INTERCULTURAL Identificación e respecto polos costumes e características da vida cotiá que se traballan na unidade, propios doutros países e culturas onde se fala a lingua estranxeira: - Os gustos musicais. - Os festivais de música. Coñecemento de aspectos da historia da música: a traxectoria dos Beatles. Criterios de avaliación 1. Comprender a idea xeral e informacións específicas dun texto oral sobre unha conversación nunha tenda de música. 2. Participar con progresiva autonomía en conversacións e simulacións relativas a gustos musicais e a experiencias pasadas, empregando estruturas sinxelas, as expresións máis usuais de relación social e unha pronuncia adecuada para lograr a comunicación. 3. Comprender a información xeral e a específica de diferentes textos escritos sobre un experimento con ratos, un festival de música e a traxectoria musical dos Beatles, demostrando a comprensión a través dunha tarefa específica. 4. Redactar de forma guiada un texto breve sobre un acontecemento pasado, prestando atención aos conectores e mantendo unha presentación clara, limpa e ordenada. 5. Utilizar os coñecementos adquiridos sobre o sistema lingüístico da lingua estranxeira, coma o uso do Past Simple en afirmativa, as estruturas there was / there were e a pronuncia dos sons /t/, d/ e /id/ en diferentes contextos de comunicación, como instrumento de autoaprendizaxe e de autocorrección das producións propias orais e escritas e para comprender as producións alleas. 6. Identificar, utilizar e explicar oralmente algunhas estratexias básicas utilizadas para progresar na aprendizaxe, tales como a capacidade de valorar os seus progresos, a reflexión sobre a propia aprendizaxe, o uso de listas de verbos, a participación na avaliación da propia aprendizaxe, o uso dalgúns mecanismos de autocorrección, a utilización de formas diversas para almacenar, memorizar e revisar o léxico, etc. 8. Identificar aspectos sociais, culturais e históricos propios doutros países no referente ás mascotas e aos inventos, mostrando interese por coñecelos. Competencias básicas (temas transversais) Competencia en comunicación lingüística: - Vocabulary, páxs. 28 e 33: uso de vocabulario, relacionado coa música e algúns adxectivos para describila. - Grammar, páxs. 31 e 32: uso da lingua inglesa para expresar e describir accións pasadas: o Past Simple en afirmativa; there was / there were; as expresións temporais. - Listening, páxs. 29 e 34: comprensión oral dunha conversación sobre música e un diálogo sobre a práctica de distintas actividades. Memoria de Asignatura / módulo Curso académico Páxina 59 de 214

- Speaking, páxs. 29 e 34: pronuncia dos sons /d/, /t/ e /id/; participación en conversacións para pedir consello sobre música e falar dunha actividade pasada. - Reading, páxs. 30, 33 e 36: comprensión escrita de tres textos sobre un experimento con ratos, un festival de música e a traxectoria artística dos Beatles. - Writing, páx. 35 uso correcto dos conectores; composición dunha descrición sobre unha experiencia pasada. Competencia no coñecemento e na interacción co mundo físico (educación ambiental e educación moral e cívica): - Speaking, páx.34: interacción e actividades en diversos lugares físicos da cidade. Tratamento da información e competencia dixital (educación do consumidor): - Reading, páx. 33: o blog como medio de comunicación. Autonomía e iniciativa persoal: - Listening, páxs. 29 e 34; Writing, páx. 33: uso da creatividade persoal á hora de producir textos escritos e orais a partir de modelos dados. - Writing, páx. 35: recursos de organización á hora de presentar un traballo escrito. - Fomento do traballo cooperativo na aula. Temas interdisciplinarios Ciencias da natureza: - O cambio de comportamento dos ratos segundo a música á que están expostos. Tecnoloxías: - O blog como medio de comunicación. Ciencias sociais, xeografía e historia: - Festivais de música no Reino Unido. - As xiras dos Beatles polo Reino Unido e Estados Unidos. Lingua e literatura: - O Past Simple en afirmativa. - As estruturas there was / there were en afirmativa, negativa e interrogativa. - Os conectores. - Tradución inglés-lingua propia (no Workbook). 2ª AVAL. UNIDADE 4: A Long Time Ago Obxectivos de aprendizaxe Ler de forma comprensiva e autónoma unha historia extraída dun libro sobre a lenda do rei Arturo. Falar de accións pasadas e expresar opinións. Utilizar correctamente o Past Simple en negativa e interrogativa. O ritmo e a entoación das oracións no inglés oral. Escoitar de forma comprensiva unha conversación sobre cine e a explicación dun guía sobre a vida nos castelos hai 700 anos. Escribir unha crítica dun libro seguindo o modelo dado e prestando especial atención á conxunción so. Contidos BLOQUE 1. ESCOITAR, FALAR E CONVERSAR Audición e comprensión de mensaxes emitidas dentro da aula, relacionadas coas actividades habituais. Obtención de información xeral e específica dun texto oral sobre a experiencia de alguén que sufriu unha tormenta de neve, para contestar unha pregunta de comprensión e completar unhas frases, con apoio de elementos verbais e non verbais. Uso de estratexias de comprensión das mensaxes orais: uso do contexto verbal e non verbal e dos Memoria de Asignatura / módulo Curso académico Páxina 60 de 214

coñecementos previos sobre a situación, identificación de palabras clave. Produción de textos orais curtos nos que expresan as súas opinións sobre películas e comparan a vida diaria de hai 700 anos coa de hoxe en día, utilizando uns debuxos como axuda, cunha pronuncia adecuada. Audición, comprensión e produción oral do vocabulario da unidade para relacionalo coas fotografías correspondentes, e para identificar o que lles resulta máis familiar. Uso do modelo de diálogo proposto para interactuar co compañeiro/a e crear un novo diálogo cambiando as palabras coloreadas, cunha pronuncia adecuada. BLOQUE 2. LER E ESCRIBIR Anticipación do contido antes e durante a lectura dunha historia ilustrada con fotografías. Comprensión da información xeral e específica de textos escritos, ou audición dos mesmos, para contestar preguntas de comprensión, formar frases correctas relacionando o principio e o final das mesmas e elixir as respostas correctas. Uso de estratexias de comprensión lectora: identificación do tema dun texto, con axuda de elementos textuais e non textuais; utilización dos coñecementos previos sobre o tema; inferencia de significados polo contexto, por elementos visuais, por comparación de frases similares nas linguas que coñecen. Composición dunha crítica dun libro a partir dunhas frases e seguindo o esquema elaborado. Uso da conxunción so. Interese pola presentación coidada dos textos escritos, en soporte papel e dixital. BLOQUE 3. COÑECEMENTO DA LINGUA Coñecementos lingüísticos: Elementos morfolóxicos Identificación de elementos morfolóxicos no uso da lingua: Past Simple, negative, interrogative, short answers, linking words. Léxico / Vocabulario Libros e películas. Obxectos da casa. Estrutura e funcións da lingua Expresar feitos pasados: o Past Simple (negativa e interrogativa, e as respostas breves); as expresións temporais. Reflexionar sobre o uso da conxunción so. Inducir regras gramaticais a partir da observación. Usar a terminoloxía adecuada aos contidos. Fonética O ritmo e a entoación das oracións no inglés oral. Reflexión sobre a aprendizaxe: Aplicación de estratexias para organizar, adquirir, recordar e utilizar léxico. Uso de recursos para a aprendizaxe como dicionarios, libros de consulta, bibliotecas ou tecnoloxías da información e da comunicación. Reflexión sobre o uso e o significado das formas gramaticais adecuadas a distintas intencións gramaticais. Participación en actividades de avaliación compartida, na avaliación da propia aprendizaxe e uso de estratexias de autocorrección. Organización do traballo persoal como estratexia para progresar na aprendizaxe. Interese por aproveitar as oportunidades de aprendizaxe creadas no contexto da aula e fóra da mesma. Participación activa en tarefas e traballos en grupo. BLOQUE 4. ASPECTOS SOCIOCULTURAIS E CONCIENCIA INTERCULTURAL Identificación e respecto polos costumes e características da vida cotiá que se traballan na unidade, propios doutros países e culturas onde se fala a lingua estranxeira: - Diferentes películas e libros de orixe anglosaxoa. - A lenda do rei Arturo. Memoria de Asignatura / módulo Curso académico Páxina 61 de 214

Recoñecemento e valoración da lingua estranxeira como instrumento de comunicación internacional. Criterios de avaliación 1. Comprender a idea xeral e informacións específicas dun texto oral sobre varias películas. 2. Participar con progresiva autonomía en conversacións e simulacións relativas a películas e libros, empregando estruturas sinxelas, as expresións máis usuais de relación social e unha pronuncia adecuada para lograr a comunicación. 3. Comprender a información xeral e a específica de diferentes textos escritos sobre a lenda do rei Arturo e a vida nos castelos hai 1.000 anos, demostrando a comprensión a través dunha actividade específica. 4. Redactar de forma guiada unha crítica dun libro, prestando atención ao uso da conxunción so e mantendo unha presentación clara, limpa e ordenada. 5. Utilizar os coñecementos adquiridos sobre o sistema lingüístico da lingua estranxeira, coma o uso do Past Simple en negativa e interrogativa e o ton e a entoación das oracións en inglés oral en diferentes contextos de comunicación, como instrumento de autoaprendizaxe e de autocorrección das producións propias orais e escritas e para comprender as producións alleas. 6. Identificar, utilizar e explicar oralmente algunhas estratexias básicas utilizadas para progresar na aprendizaxe, tales como a capacidade de valorar os seus progresos, a reflexión sobre a propia aprendizaxe, o uso de listas de verbos, a participación na avaliación da propia aprendizaxe, o uso dalgúns mecanismos de autocorrección, a utilización de formas diversas para almacenar, memorizar e revisar o léxico, etc. 8. Identificar os diferentes tipos de películas e libros, mostrando interese por coñecelos. Competencias básicas (temas transversais) Competencia en comunicación lingüística: - Vocabulary, páxs. 42 e 47: vocabulario, relacionado cos diferentes tipos de películas e con obxectos da casa. - Grammar, páxs. 45 e 46: uso da lingua inglesa para expresar feitos pasados: o Past Simple; as expresións temporais. - Listening, páxs. 43 e 48: comprensión oral dun diálogo sobre cine e unha visita guiada a un castelo. - Speaking, páxs. 43 e 48: ton e entoación das oracións en inglés oral; participación en conversacións sobre cine ou para comparar os modos de vida no pasado e hoxe en día. - Reading, páxs. 44, 47 e 50: comprensión escrita dun fragmento dun libro sobre a lenda do rei Arturo, un texto sobre os castelos na Idade Media e un historia ilustrada sobre a vida dos cabaleiros. - Writing, páx. 45, 49 reflexión sobre o uso da conxunción so; composición dunha crítica dun libro. Competencia no coñecemento e na interacción co mundo físico (educación ambiental): - Reading, páx. 47: As diferentes estancias dun castelo medieval. Competencia social e cidadá (educación moral e cívica): - Reading, páxs. 44, 47 e 50: interese por saber o que fixo a xente no pasado. - Actitude construtiva e solidaria ante a información que se presenta e ante as interaccións na aula. Autonomía e iniciativa persoal: - Speaking, páxs. 43 e 48; Writing, páx. 49: uso da creatividade persoal á hora de producir textos escritos e orais a partir de modelos dados. - Writing, páx. 49: recursos de organización á hora de presentar un traballo escrito. - Fomento do traballo cooperativo na aula. Temas interdisciplinarios Ciencias sociais, xeografía e historia: - A vida na Idade Media. Lingua e literatura: Memoria de Asignatura / módulo Curso académico Páxina 62 de 214

- A linguaxe xornalística nunha crítica dunha película. - O Past Simple en negativa e interrogativa. - As conxuncións copulativas, adversativas e causais. - Tradución inglés-lingua propia (no Workbook). UNIDADE 5: Emergency! Obxectivos de aprendizaxe Ler de forma comprensiva e autónoma un artigo sobre os perigos dos raios. Falar sobre feitos pasados. Falar sobre o tempo. Utilizar correctamente o Past Continuous. Identificar e pronunciar correctamente as formas débiles de was e were. Escoitar de forma comprensiva un prognóstico do tempo e unha chamada de urxencias. Escribir unha pequena historia, prestando atención á orde suxeito-verbo. Contidos BLOQUE 1. ESCOITAR, FALAR E CONVERSAR Audición e comprensión de mensaxes emitidas dentro da aula, relacionadas coas actividades habituais. Obtención de información xeral e específica de dúas historias divertidas para relacionalas cos debuxos correspondentes e identificar se as afirmacións que se dan son verdadeiras ou falsas, con apoio de elementos verbais e non verbais. Uso de estratexias de comprensión das mensaxes orais: uso do contexto verbal e non verbal e dos coñecementos previos sobre a situación, identificación de palabras clave. Participación en conversacións co compañeiro/a para falar do tempo e de situacións de urxencia, con pronuncia e entoación adecuadas para lograr a comunicación. Audición, comprensión e produción oral do vocabulario da unidade para relacionalo coas ilustracións correspondentes. Uso do modelo de diálogo proposto para interactuar co compañeiro/a e crear un novo diálogo cambiando as palabras coloreadas, cunha pronuncia adecuada. BLOQUE 2. LER E ESCRIBIR Anticipación do contido antes e durante a lectura dunha historia ilustrada con fotografías. Comprensión da información xeral e específica de textos escritos, ou audición dos mesmos, para completar unhas frases, contestar preguntas de comprensión e identificar se as afirmacións que se dan son verdadeiras ou falsas. Uso de estratexias de comprensión lectora: identificación do tema dun texto, con axuda de elementos textuais e non textuais; utilización dos coñecementos previos sobre o tema; inferencia de significados polo contexto, por elementos visuais, por comparación de frases similares nas linguas que coñecen, etc. Composición dunha ficha sobre unha urxencia seguindo o esquema elaborado e utilizando unhas frases anteriores como axuda. Utilizar correctamente a orde suxeito-verbo nas oracións. Interese pola presentación coidada dos textos escritos, en soporte papel e dixital. BLOQUE 3. COÑECEMENTO DA LINGUA Coñecementos lingüísticos: Elementos morfolóxicos Identificación de elementos morfolóxicos no uso da lingua: Past Continuous, affirmative, negative, interrogative, short answers, word order. Memoria de Asignatura / módulo Curso académico Páxina 63 de 214

Léxico / Vocabulario O tempo. As urxencias. Palabras e expresións útiles e a equivalencia na súa propia lingua. Estruturas e funcións da lingua Expresar acontecementos pasados: o Past Continuous (afirmativa, negativa e interrogativa, e as respostas breves); as expresións temporais. Inducir regras gramaticais a partir da observación. Usar a terminoloxía adecuada aos contidos. Fonética A pronuncia das formas débiles de was e were. Reflexión sobre a aprendizaxe: Aplicación de estratexias para organizar, adquirir, recordar e utilizar léxico. Uso de recursos para a aprendizaxe como dicionarios, libros de consulta, bibliotecas ou tecnoloxías da información e da comunicación. Reflexión sobre o uso e o significado das formas gramaticais adecuadas a distintas intencións comunicativas. Participación en actividades de avaliación compartida, na avaliación da propia aprendizaxe e uso de estratexias de autocorrección. Interese por aproveitar as oportunidades de aprendizaxe creadas no contexto da aula e fóra da mesma. Confianza e iniciativa para expresarse en público e por escrito. BLOQUE 4. ASPECTOS SOCIOCULTURAIS E CONCIENCIA INTERCULTURAL Identificación e respecto polos costumes e características da vida cotiá que se traballan na unidade, propios doutros países e culturas onde se fala a lingua estranxeira: - Os rescates en zonas de condicións meteorolóxicas duras. - Traxedias históricas en cidades de países de fala inglesa. Recoñecemento e valoración da lingua estranxeira como instrumento de comunicación internacional. Criterios de avaliación 1. Comprender a idea xeral e informacións específicas dun texto oral sobre o prognóstico do tempo. 2. Participar con progresiva autonomía en conversacións e simulacións falando do tempo e describindo imaxes, empregando estruturas sinxelas, as expresións máis usuais de relación social e unha pronuncia adecuada para lograr a comunicación. 3. Comprender a información xeral e a específica de diferentes textos escritos sobre os perigos dos raios, os adolescentes que traballan no corpo de bombeiros de Alaska e o ciclo da auga, demostrando a comprensión a través dunha tarefa específica. 4. Redactar de forma guiada unha historia breve, prestando especial atención á orde suxeito-verbo na frase e mantendo unha presentación clara, limpa e ordenada. 5. Utilizar os coñecementos adquiridos sobre o sistema lingüístico da lingua estranxeira, coma o uso do Past Continuous e a pronuncia das formas débiles de was e were en diferentes contextos de comunicación, como instrumento de autoaprendizaxe e de autocorrección das producións propias orais e escritas e para comprender as producións alleas. 6. Identificar, utilizar e explicar oralmente algunhas estratexias básicas utilizadas para progresar na aprendizaxe, tales como a capacidade de valorar os seus progresos, a reflexión sobre a propia aprendizaxe, a participación na avaliación da mesma, o uso dalgúns mecanismos de autocorrección, a utilización de formas diversas para almacenar, memorizar e revisar o léxico, etc. 8. Identificar aspectos sociais e culturais propios doutros países no referente aos diversos climas, aos equipos de rescate e aos desastres naturais, mostrando interese por coñecelos. Memoria de Asignatura / módulo Curso académico Páxina 64 de 214

Competencias básicas (temas transversais) Competencia en comunicación lingüística: - Vocabulary, páxs. 52 e 57: vocabulario, relacionado co clima e os accidentes. - Grammar, páxs. 55 e 56: uso da lingua inglesa para expresar acontecementos pasados: o Past Continuous; as expresións temporais. - Listening, páxs. 53 e 58: comprensión oral dunha conversación sobre o prognóstico do tempo e unha chamada de urxencias. - Speaking, páxs. 53 e 58: pronuncia das formas débiles de was e were; participación en conversacións para falar do tempo e describir dúas situacións de urxencia a partir de dúas fotografías. - Reading, páxs. 54, 57 e 60: comprensión escrita de tres textos sobre os perigos dos raios, un equipo de bombeiros adolescentes en Alaska e o ciclo da auga. - Writing, páx. 59: composición dun acontecemento pasado, prestando especial atención á orde suxeitoverbo na frase. Competencia no coñecemento e na interacción co mundo físico (educación para a saúde): - Reading, páxs. 54, 57 e 60; Grammar, páx. 56: as condicións meteorolóxicas e os seus efectos sobre o ser humano. Competencia social e cidadá (educación para a paz): - Reading, páx. 57: valoración da importancia de ofrecer axuda ante unha urxencia. - Actitude construtiva e solidaria ante a información que se presenta e ante as interaccións na aula. Competencia para aprender a aprender: - Uso de estratexias, recursos e técnicas de traballo intelectual para aprender e ser consciente das propias capacidades e coñecementos a través das seccións Be the Teacher!, páx. 43, Check Your Progress e Self- Evaluation, páxs. 46 e 47, do Workbook, correspondentes á unidade. Autonomía e iniciativa persoal: - Speaking, páxs. 53 e 58 Writing, páx. 59: uso da creatividade persoal á hora de producir textos escritos e orais a partir de modelos dados. - Writing, páx. 59: recursos de organización á hora de presentar un traballo escrito. - Fomento do traballo cooperativo na aula. Temas interdisciplinarios Lingua e literatura: - O Past Continuous en afirmativa, negativa e interrogativa. - As expresións temporais. - As preposicións de tempo. - A orde suxeito-verbo na frase. - Tradución inglés-lingua propia (no Workbook). Educación para a cidadanía e os dereitos humanos: - Reflexión sobre os traballadores de equipos de rescate. 3ª AVAL. UNIDADE 6: Food, Food, Food Obxectivos de aprendizaxe Ler de forma comprensiva e autónoma textos sobre as comidas típicas e os modais na mesa en distintos países. Expresar habilidade, obrigación e prohibición. Pedir e dar permiso e consello. Utilizar correctamente os verbos modais can, can t, could, couldn t, must, mustn t, should e shouldn t. Identificar e pronunciar as formas contraídas dos verbos modais. Identificar e pronunciar a forma débil de can. Identificar e producir a entoación de frases. Memoria de Asignatura / módulo Curso académico Páxina 65 de 214