ESPAÑA PLURILINGÜE MANIFESTO POLO RECOÑECEMENTO E O DESENVOLVEMENTO DA PLURALIDADE LINGÜÍSTICA DE ESPAÑA

Similar documents
O SOFTWARE LIBRE NAS ENTIDADES DE GALIZA

Acceso web ó correo Exchange (OWA)

COMO XOGAR A KAHOOT Se vas xogar por primeira vez, recomendámosche que leas este documento QUE É KAHOOT?

DITAME DO CONSELLO DA CULTURA GALEGA SOBRE AS BASES PARA A ELABORACIÓN DO DECRETO DO PLURILINGÜISMO NO ENSINO NON UNIVERSITARIO DE GALICIA

Síntesis da programación didáctica

C A D E R N O S D E L I N G U A

marcoeuropeocomún de referencia para as linguas: aprendizaxe, ensino, avaliación

Silencio! Estase a calcular

12352 LEI 11/2007, do 22 de xuño, de acceso electrónico dos cidadáns aos servizos públicos. («BOE» 150, do )

MATERIAIS PLURILINGÜES 3.0: FORMACIÓN, CREACIÓN E DIFUSIÓN

CRÉDITOS Edita: Dirección Xeral de Traballo e Economía Social Conselleria de Traballo e Benestar

A cultura do código. Retos para a identidade galega na época dos algoritmos

LEI 18/2011, DO 5 DE XULLO, REGULADORA DO USO DAS TECNOLOXÍAS DA INFORMACIÓN E DA COMUNICACIÓN NA ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

2.1. O PROXECTO LINGÜÍSTICO DE CENTRO

R/Ponzos s/n Ferrol A Coruña Telf Fax

Name: Surname: Presto= very fast Allegro= fast Andante= at a walking pace Adagio= slow Largo= very slow

RELEVANCIA E IMPACTO DO ARTIGO 7 DA CARTA EUROPEA PARA AS LINGUAS REXIONAIS OU MINORITARIAS E A SÚA REPERCUSIÓN NAS LINGUAS DO ESTADO ESPAÑOL

Teaching English through music: A report of a practicum based on musical genres

Análise académica das Bases para o decreto do plurilingüismo no ensino non universitario de Galicia

Guía para a elaboración das Estratexias de desenvolvemento local das zonas pesqueiras FEMP

PLAN DE COMUNICACIÓN DO PROGRAMA OPERATIVO DO FSE DE GALICIA

Cristina González Abelaira

GUÍA DE MIGRACIÓN DE CURSOS PARA PLATEGA2. Realización da copia de seguridade e restauración.

Boloña. Unha nova folla de ruta

A situación actual da lingua galega: unha ollada desde a sociolingüística e a política lingüística

Reflexións sobre a situación sociolingüística galega dende o paradigma da complexidade

Lei 5/1994, do 29 de novembro, de creación do ente público Portos de Galicia

Lingua e Docencia Universitaria V Xornadas sobre Lingua e Usos

Revista Galega de Economía Vol (2016)

Responsabilidade social empresarial: igualdade de xénero

XESTIÓN ESTRATÉXICA DA SOSTIBILIDADE NO ÁMBITO LOCAL: A AXENDA 21 LOCAL

A EDUCACIÓN CÍVICA NUNHA SOCIEDADE GLOBALIZADA

BILINGÜISMO, DESENVOLVEMENTO E APRENDIZAXE ESCOLAR: UNHA PROPOSTA DE INTERVENCIÓN NA ESCOLA

10. A VARIACIÓN E A DIVERSIDADE LINGÜÍSTICA

AS POLÍTICAS DE I+D+i ANTE A CRISE 1

II PLAN PARA A IGUALDADE DE OPORTUNIDADES ENTRE MULLERES E HOMES DE VIMIANZO ( )

A OFICIALIDADE DAS LINGUAS EN RELACIÓN COA TOPONIMIA: O CASO DE A CORUÑA

Informe do estudo de CLIMA LABORAL do Sergas

XIX ENCONTROS PARA A NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA DEREITOS LINGÜÍSTICOS, UNHA GARANTÍA PENDENTE? RESUMOS

9 UE. Boletín. Novas. Convocatorias e socios. Bolsas e vacantes. Cidadanía. Europa a fondo. Publicacións. Axenda. Quen somos: Qué facemos:

administración cidadanía. VOL.6_nº1_2011_ Revista da Escola Galega de Administración Pública.

LEI 2/2011, do 16 de xuño, de disciplina orzamentaria e sustentabilidade financeira.

A ADMINISTRACIÓN ELECTRÓNICA DESDE UNHA PERSPECTIVA COMPARADA

1. Introducción e obxectivos do documento 1.1 Introducción Estrutura do informe Unha visión colaborativa 8

Guía para a elaboración da planificación estratéxica dos centros da USC

viveiros en Galicia de empresa O papel dos económica e xeración de emprego

Problema 1. A neta de Lola

A OUTRA CRISE: ENERXÍA, CAMBIO CLIMÁTICO E ECONOMÍA

plan estratéxico 2016 >> 2020

SOCIEDADES MULTICULTURAIS, INTERCULTURA- LIDADE E EDUCACIÓN INTEGRAL. A RESPOSTA DENDE A EDUCACIÓN PERSONALIZADA

REVOLUCIONAN A ECONOMÍA ACTUAL. Mostra bibliográfica con motivo do 8 de marzo, Día internacional das mulleres Marzo 2017

(Modificado o art. 10 por acordo do Consello de Goberno do 24 de xullo de 2014)

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO

Sede Electrónica Concello de Cangas

NOME DO CENTRO: IES CANIDO CURSO ESCOLAR: 2016/2017 INGLÉS 1º ESO

Narrador e Narradora Narrador Narradora Narrador

UNHA ANÁLISE DA INDEPENDENCIA NA AUDITORÍA DE CONTAS

Procesos preventivos e carteira de servizos en materia de prevención do Plan de Galicia sobre Drogas

Competencias docentes do profesorado universitario. Calidade e desenvolvemento profesional

A avaliación formativa: un desafío para o ensino universitario

A INTERVENCIÓN PEDAGÓXICA CON FAMILIAS INMIGRANTES: ESTRUTURA E AXENTES IMPLICADOS

Educación Social e equipamentos sociocomunitarios. Unha análise desde o concello e as asociacións de A Veiga (Ourense)

A SOBERANÍA DOS ESTADOS

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO

REGULAMENTO DO CONSELLO MUNICIPAL DE INFANCIA E ADOLESCENCIA DO CONCELLO DE REDONDELA

the creation of the autonomous regions and the enactment of the Gali the status of the official language of the region and began to be taught in

MÁRKETING ECOLÓXICO E SISTEMAS DE XESTIÓN AMBIENTAL: CONCEPTOS E ESTRATEXIAS EMPRESARIAIS

COMO INTERPRETAR O CONVENIO EUROPEO DA PAISAXE

Concello de Baralla DENOMINACIÓN DA PRAZA/POSTO/EMPREGO: PERSOAL DE APOIO NO PAI. Concello de Baralla

BLOQUE 0: O PARLAMENTO DE GALICIA, ORGANIZACIÓN E FUNCIONAMENTO. IGUALDADE.

INDICE. Un click nos capítulos enlaza coa páxina correspondente PÁX A confidencialidade: beneficio social PÁX

Traballo de fin de grao

III PLAN MUNICIPAL DE IGUALDADE ENTRE MULLERES E HOMES

PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA

Conservatorio Profesional de Música de Vigo. Programación OPTATIVA DE MÚSICA MODERNA (historia do rock&roll)

Memoria Xustificativa. Xustificación do título proposto, argumentando o interese académico, científico e profesional do mesmo

Educación e linguas en Galicia

PROXECTO EDUCATIVO C.P.I. PECALAMA TORDOIA

O NOSO PLANETA, OS NOSOS DEREITOS

instrumental dunha universidade ó servizo da empresa

DSpace da Universidade de Santiago de Compostela

LINGUA INGLESA CURSO

O INGLÉS EN INFANTIL: UNHA PORTA AO PLURILINGÜISMO

ÉTICA PÚBLICA: DESAFÍOS E PROPOSTAS

administración cidadanía. administración cidadanía. administración cidadanía. Revista da Escola Galega de Administración Pública.

RESPONSABILIDADE SOCIAL EMPRESARIAL E RESILIENCIA

Ao longo deste artigo realizaremos unha reflexión xeral sobre

CONCELLOS CERVANTES. Anuncio

Obradoiro sobre exelearning. Pilar Anta.

MULLERES, INSTITUCIÓNS E POLÍTICA

Editorial Guidelines. The authors wishing to submit articles for consideration by the Editorial Board of our publication shall:

DESFOCADOS. a distração programada da internet em N. Carr. Joana Rocha. Congresso de Cibercultura Universidade do Minho

Dereitos humanos e cooperación ao desenvolvemento: perspectivas para a análise crítica do rol das ONG no eido da incidencia

Xogos e obradoiros sobre o cambio climático que Climántica desenvolve en centros educativos

administración cidadanía. _02_NÚRIA BOSCH (IEB / Univ. de Barcelona), «Algunhas propostas para a ampliación das competencias dos gobernos

PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA INGLÉS

5.3. Tributación da transferencia da tecnoloxía: a fiscalidade e a sociedade do coñecemento como vía de saída da crise

RECIBO DE PRESENTACIÓN NO REXISTRO ELECTRÓNICO DA XUNTA DE GALICIA

DEZ ANOS DE MEDIACIÓN FAMILIAR EN GALIZA

Uso/abuso da telefonía móbil entre o alumnado de ensinanza

Transcription:

ESPAÑA PLURILINGÜE MANIFESTO POLO RECOÑECEMENTO E O DESENVOLVEMENTO DA PLURALIDADE LINGÜÍSTICA DE ESPAÑA SEMINARIO MULTIDISCIPLINAR SOBRE O PLURILINGÜISMO EN ESPAÑA

Os abaixo asinantes, creadores culturais e académicos, profesionais, expertos e políticos vinculados ao estudo, ao debate, ao ensino e á xestión lingüística en universidades e escolas, institucións e entidades, administracións públicas e medios de comunicación, procedentes de todas as Comunidades Autónomas, co obxectivo de conseguir un amplo consenso social, territorial e político en favor do desenvolvemento de todas as linguas de España e da convivencia lingüística entre todos os seus/súas cidadáns/ás manifestamos: 1 2 O plurilingüismo non é a excepción senón a regra nas sociedades humanas. No mundo existen máis de 6.000 linguas e preto de 200 estados. Todos os estados son multilingües. A internacionalización e a inmigración acentúan este contexto plurilingüe. España tamén é, e sempre foi desde a súa orixe, un país multilingüe. Actualmente, o 47% da súa poboación vive nunha CCAA con máis dunha lingua e o artigo 3 da CE e nove Estatutos de autonomía consagran a pluralidade lingüística de España, ben declarando a oficialidade do catalán/valenciano (Cataluña, Comunidade Valenciana, Baleares), do galego (Galicia), do euskera (Euskadi e Navarra) ou do aranés/occitano (Cataluña), ben recoñecendo e tutelando de forma explícita as linguas de Aragón, Castela e León e Asturias. ARAGONÉS ARANÉS (LENGUA OCCITANA) ASTURIANU/LLEONÉS CASTELLANO CATALÀ/VALENCIÀ GALEGO EUSKARA/VASCUENCE PORTUGUÉS ÁRABE TAMAZIGHT (LENGUA BEREBER)

3 4 5 6 O plurilingüismo non serve só para recoñecer o carácter multilingüe dos territorios a nivel legal senón que aspira a que todos e cada un dos ciudadáns/ás sexan ou se sintan plurilingües, é dicir poidan coñecer máis dunha lingua ou valoren a súa convivencia con máis dunha lingua. O fortalecemento dunha lingua non ten por que ir en detrimento das outras. Aprender unha lingua non significa non aprender ou desaprender outra. A proximidade filolóxica de moitas das linguas de España é un valor engadido para o seu mutuo coñecemento. Recoñecer e desenvolver o plurilingüismo de España é máis necesario ca nunca para que: Aflore sen complexos a identidade plurilingüe real de España. Millóns de ciudadáns/ás se sintan recoñecidos na súa especificidade e os seus dereitos lingüísticos. Queden desactivados conflitos entre linguas que só responden á súa instrumentalización interesada e ideoloxizada e en ocasións partidista. Se cumpra en todo o seu alcance o Art. 3 da CE, en particular o 3.3. Se cumpran todos os compromisos asumidos con relación á Carta Europea de Linguas Rexionais ou Minoritarias (asinada e ratificada por España). Recoñecer e desenvolver o plurilingüismo de España é positivo para todos porque: Preserva un patrimonio inmaterial compartido e fortalece o gran caudal cultural da nosa sociedade. Favorece a convivencia e o recoñecemento mutuo da diversidade de comunidades lingüísticas. Achega melloras substantivas nos procesos de aprendizaxe. Ofrece oportunidades persoais, profesionais e académicas. Promove a implantación e a innovación do sector da tecnoloxía lingüística. O plurilingüismo español prepáranos mellor para o plurilingüismo europeo. Recoñecer e desenvolver o plurilingüismo de España significa asumir que: Todas as linguas lle competen por igual a todo o país e a todos os cidadáns e cidadás. Todas son asunto de todos os gobernos: as linguas distintas do castelán non son só un asunto de cada Comunidade Autónoma; o castelán no é só un asunto do Goberno de España. Todos os poderes públicos (lexislativo, executivo e xudicial) deben contribuír á defensa e ao impulso de todas as linguas de España.

7 Recoñecer e desenvolver o plurilingüismo de España comporta determinar sobre o seu uso nas Cortes Xerais e promulgar unha Lei que regule especificamente esta cuestión en virtude do preámbulo e no marco dos artigos 3 e 46 da CE: Unha única lei transversal, de carácter orgánico por modificar leis orgánicas, que afecte fundamentalmente á Administración Xeral do Estado, á Xustiza e ás Altas Institucións, con mención expresa ao papel das CCAA pero sen entrar en colisión coas disposicións e competencias que poidan fixar os respectivos Estatutos de Autonomía e de acordo co que se coñece como principio de territorialidade segundo a doutrina do Tribunal Constitucional. Seguindo estes principios, a lei debería abordar os seguintes aspectos, parte dos cales actualmente xa están incorporados en iniciativas ou lexislacións sectoriais, e ter en conta os seguintes criterios: a) aspectos: uso das linguas por parte da cidadanía (dereito de uso individual) nos procedementos da AXE, o Poder Xudicial e o Parlamento. uso das linguas por parte das altas institucións do Estado (Xefatura do Estado, TC, XEC, Defensor/a do Pobo ). recoñecemento do multilingüismo (documentos identificativos, actos solemnes, símbolos do Estado ). desenvolvemento de contidos educativos curriculares en relación co carácter plurilingüe de España e co coñecemento das linguas non oficiais nas súas respectivas CCAA. difusión do carácter plurilingüe de España (Educación, Cultura, Medios de comunicación ). protección e promoción de todas as linguas en todos os territorios e todos os ámbitos posibles (empresas públicas e privadas, TiC, ensino, cultura, medios de comunicación públicos e privados, función pública, toponimia, relacións, estudo e investigación ) en base ás competencias do Goberno de España. presenza do plurilingüismo na acción exterior española e en especial nas institucións europeas. b) criterios: cumprimento dos compromisos contraídos polo Comité de Ministros do Consello de Europa en 2005 en relación coa Carta Europea de Linguas Rexionais ou Minoritarias e de todas as disposicións da UE. constitución dun órgano específico de impulso e supervisión do mandato lexislativo que inclúa ás CCAA e que actúe ao mesmo tempo como observatorio trasladando anualmente un informe ao Senado. previsión de axudas e subvencións ao amparo das normas da Organización Mundial do Comercio (OMC) e a Unión Europea (UE) sobre excepcionalidade cultural.

8 9 10 Recoñecer e desenvolver o plurilingüismo de España implica a corresponsabilidade orzamentaria de todas as administracións e representa un custo perfectamente asumible que se pode e se debe abordar con recursos humanos e económicos dispoñibles e moi especialmente coas tecnoloxías da información e a comunicación. Do mesmo modo que é un valor para España no seu conxunto, o plurilingüismo tamén é un valor que hai que defender en todas as CCAA. Cada comunidade autónoma debe conseguir, con base nun consenso interno, o seu equilibrio en materia lingüística para que, respectando os dereitos e a sensibilidade de todos, ao mesmo tempo que se preserva e impulsa o uso de todas as linguas ninguén se sinta excluído e poida garantirse a convivencia. Recoñecer e desenvolver o plurilingüismo de España necesita o máximo consenso posible de toda a sociedade española e en particular dos seus representantes políticos. Un consenso que debería permitir introducir nunha futura reforma da CE os cambios necesarios para a súa formalización explícita. Por todas estas razóns, esperamos que todas as forzas políticas se comprometan publicamente a propoñer, debater e acordar na próxima lexislatura unha lei que recoñeza e desenvolva a pluralidade lingüística de España. Valencia, novembro de 2015 SEMINARIO MULTIDISCIPLINAR SOBRE O PLURILINGÜISMO EN ESPAÑA