PROPOSTA PEDAGÓXICA PROCESO DE FAMILIARIZACIÓN Á ESCOLA INFANTIL

Similar documents
COMO XOGAR A KAHOOT Se vas xogar por primeira vez, recomendámosche que leas este documento QUE É KAHOOT?

R/Ponzos s/n Ferrol A Coruña Telf Fax

Acceso web ó correo Exchange (OWA)

GUÍA DE MIGRACIÓN DE CURSOS PARA PLATEGA2. Realización da copia de seguridade e restauración.

Síntesis da programación didáctica

O SOFTWARE LIBRE NAS ENTIDADES DE GALIZA

Narrador e Narradora Narrador Narradora Narrador

Silencio! Estase a calcular

2.1. O PROXECTO LINGÜÍSTICO DE CENTRO

A INTERVENCIÓN PEDAGÓXICA CON FAMILIAS INMIGRANTES: ESTRUTURA E AXENTES IMPLICADOS

Rede CeMIT Cursos Gratuítos de Alfabetización Dixital NOVEMBRO Aula CeMIT de Cuntis

Problema 1. A neta de Lola

PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA INGLÉS

Xogos e obradoiros sobre o cambio climático que Climántica desenvolve en centros educativos

plan estratéxico 2016 >> 2020

marcoeuropeocomún de referencia para as linguas: aprendizaxe, ensino, avaliación

Name: Surname: Presto= very fast Allegro= fast Andante= at a walking pace Adagio= slow Largo= very slow

Os proxectos na Educación Infantil. Análise dunha experiencia sobre os dinosauros

MEDIACIÓN E RESOLUCIÓN DE CONFLICTOS. Bernández Peña, Rosana Bouzo González, Sonia

BILINGÜISMO, DESENVOLVEMENTO E APRENDIZAXE ESCOLAR: UNHA PROPOSTA DE INTERVENCIÓN NA ESCOLA

PREESCOLAR NA CASA: DE PREPARACIÓN PARA A ESCOLA A EDUCACIÓN FAMILIAR NO MEDIO RURAL DE GALICIA (ESPAÑA)

Informe do estudo de CLIMA LABORAL do Sergas

Primeira.- Facúltase a directora xeral da Familia para dicta-las resolucións que sexan necesarias para a execución e desenvolvemento desta orde.

O INGLÉS EN INFANTIL: UNHA PORTA AO PLURILINGÜISMO

Facultade de Fisioterapia

a) Japanese/English (difficult)... b) The weather in Africa/ the weather in the Antarctic (cold)... c) A car/ a bike (fast)

PROXECTO EDUCATIVO C.P.I. PECALAMA TORDOIA

EDUCACIÓN INFANTIL PROGRAMACIÓN DE CICLO CENTRO: CEIP Mª PITA CURSO: Páxina 1

TRABALLO FIN DE GRAO A APRENDIZAXE COOPERATIVA COMO FERRAMENTA PARA FOMENTAR A IGUALDADE ENTRE OS SEXOS NA ESCOLA INFANTIL

Conservatorio Profesional de Música de Vigo. Programación OPTATIVA DE MÚSICA MODERNA (historia do rock&roll)

INFORME DE AVALIACIÓN DOS BANCOS DO TEMPO DO PROXECTO CONTA CON ELAS

CRÉDITOS Edita: Dirección Xeral de Traballo e Economía Social Conselleria de Traballo e Benestar

SOCIEDADES MULTICULTURAIS, INTERCULTURA- LIDADE E EDUCACIÓN INTEGRAL. A RESPOSTA DENDE A EDUCACIÓN PERSONALIZADA

III PLAN MUNICIPAL DE IGUALDADE ENTRE MULLERES E HOMES

Welcome to Greenman and the Magic forest

Programación Percusión

QUINTO CURSO EDUCACIÓN PRIMARIA OBRIGATORIA

PROGRAMACIÓN ÁREA DE INGLÉS 2º CICLO DE EDUCACIÓN INFANTIL CEIP DE AGOLADA

II PLAN PARA A IGUALDADE DE OPORTUNIDADES ENTRE MULLERES E HOMES DE VIMIANZO ( )

VIGOSÓNICO V C O N C U R S O V I D E O C L I P S Calquera proposta estética para o vídeo: cine, animación, cor, branco e negro,...

PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA ÁREA DE INGLÉS

12352 LEI 11/2007, do 22 de xuño, de acceso electrónico dos cidadáns aos servizos públicos. («BOE» 150, do )

DEPARTAMENTO DE INGLÉS PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA 3º ESO - LINGUA INGLESA - 1º IDIOMA CURSO 2018 / 2019 IES DAVID BUJÁN

II PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES ENTREE MULLERES E HOMES CONCELLO DE CERCEDA

Exploración do desempeño ocupacional dos nenos con Trastorno do Espectro Autista (TEA) no contexto escolar ordinario

DOCUMENTACIÓN QUE DEBEN ADXUNTAR PARA A MATRICULA DO 1 AO 15 DE XUÑO: SE NON ESTAN OBRIGADOS PRESENTARÁN CERTIFICADO EXPEDIDO POR FACENDA DOS

RECURSOS PARA O TRABALLO COS VOLUNTARIOS E VOLUNTARIAS NUNHA ENTIDADE DE VOLUNTARIADO. Módulo IV Traballando por proxectos

AVALIACIÓN DO PROXECTO PILOTO DE ASISTENCIA PERSOAL COGAMI

Se (If) Rudyard Kipling. Tradución de Miguel Anxo Mouriño

DEPARTAMENTO DE INGLÉS PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA 2º ESO - LINGUA INGLESA - 1º IDIOMA CURSO 2018 / 2019 IES DAVID BUJÁN

CONTROL DE VERSIÓNS E DISTRIBUCIÓN

GUíA COOP. GUíA DE COOPERATIVISMO Unidade didáctica CICLO DE EDUCACIÓN PRIMARIA

PROGRAMACIÓN DEPARTAMENTO DE INGLÉS -ESO -BACHARELATO -CICLOS -FORMACIÓN PROFESIONAL BÁSICA -ADULTOS

O NOSO PLANETA, OS NOSOS DEREITOS

Coeducación. O alicerce do ensino

MEMORIA DE AVALIACIÓN DA CALIDADE: INFORME DE RESULTADOS PROGRAMACIÓN: ACCIÓNS FORMATIVAS DIRIXIDAS PRIORITARIAMENTE ÁS PERSOAS TRABALLADORAS

MATERIAIS PLURILINGÜES 3.0: FORMACIÓN, CREACIÓN E DIFUSIÓN

REUNIÓN CONVOCATORIAS SUBVENCIÓNS 2018 SECCIÓN DE SERVIZOS SOCIAIS SERVIZO DE ACCIÓN SOCIAL, CULTURAL E DEPORTES

Manual de usuario do módulo de control horario do sistema OPAX

PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA Área de Lingua Inglesa 5º Educación Primaria

Traballo de fin de grao

Cinco sinxelos pasos para ir á caza das estrelas ;) (

Agora toca Xestión de conflitos para unha convivencia positiva CÍRCULOS DE DIÁLOGO PARA A PAZ

Terceiro ano da Casa-Museo Emilia Pardo Bazán. Memoria

Boloña. Unha nova folla de ruta

DÍA DA CIENCIA EN GALEGO CEIP DE CERVO 2014/15 PUCA QUERE SABER SOBRE

PLAN DE COMUNICACIÓN DO PROGRAMA OPERATIVO DO FSE DE GALICIA

O Software Libre nas Empresas de Galicia

Sede Electrónica Concello de Cangas

PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DEPARTAMENTO DE INGLÉS. Curso

Comezo do curso. Estimados pais, Benvidos a Quick Minds!

Educación Social e equipamentos sociocomunitarios. Unha análise desde o concello e as asociacións de A Veiga (Ourense)

Apertura dos centros de formación profesional á contorna local: percepción dos axentes sociais

Accións da responsabilidade social empresarial. Atrae, retén e motiva o capital intelectual da empresa?

Conservatorio Profesional de Música de Vigo. Programación de Percusión

Procedimientos Auditivos e Instrumentais DEPARTAMENTO COORDINADOR/A DA DISCIPLINA. CURSOS 1º curso 2º curso 3º curso 4º curso.

Facultade de Ciencias da Educación XULLO 2016

DSpace da Universidade de Santiago de Compostela

PROTOCOLO DO COMEDOR ESCOLAR DO C.E.I.P. DE ARZÚA INTRODUCCIÓN Este protocolo é parte integrante do regulamento orgánico do centro escolar e de

NOME DO CENTRO: IES CANIDO CURSO ESCOLAR: 2016/2017 INGLÉS 1º ESO

PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA CURSO DEPARTAMENTO DE INGLÉS

Lingua e Docencia Universitaria V Xornadas sobre Lingua e Usos

A avaliación formativa: un desafío para o ensino universitario

TRABALLO DE FIN DE GRAO

CURSO UNIVERSITARIO CON APROBACIÓN PROVISONAL DE HOMOLOGACIÓN POR PARTE DA CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E O.U.

LINGUA INGLESA CURSO

Obradoiro sobre exelearning. Pilar Anta.

Competencias docentes do profesorado universitario. Calidade e desenvolvemento profesional

EL SHOCK SENTIMENTAL. COMO SUPERARLO Y RECUPERAR LA CAPACIDAD DE AMAR (SPANISH EDITION) BY STEPHEN GULLO /CONNIE CHURCH

EL SHOCK SENTIMENTAL. COMO SUPERARLO Y RECUPERAR LA CAPACIDAD DE AMAR (SPANISH EDITION) BY STEPHEN GULLO /CONNIE CHURCH

LEI 18/2011, DO 5 DE XULLO, REGULADORA DO USO DAS TECNOLOXÍAS DA INFORMACIÓN E DA COMUNICACIÓN NA ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

REGULAMENTO DO CONSELLO MUNICIPAL DE INFANCIA E ADOLESCENCIA DO CONCELLO DE REDONDELA

I.E.S. Fernando Esquío PROXECTO DE FOMENTO DO USO DO GALEGO

Guia de Nutrição Clínica no Adulto (Guias de Medicina Ambulatorial e Hospitalar da Unifesp- EPM) (Portuguese Edition)

Bases do Concurso Logo ANPA Vila do Arenteiro BASES DO CONCURSO. 1. OBXECTO e TEMATICA DO CONCURSO 2. TIPO DE CONCURSO

Guía para autoarquivo en Minerva Repositorio Institucional da USC. 16/04/2018 Biblioteca Universitaria da USC

PROGRAMA FORMATIVO DA ESPECIALIDADE FORMATIVA TÉCNICAS DE MARKETING ON LINE, BUSCADORES, SOCIAL MEDIA E MÓBIL COMM049PO

persoal, familiar e laboral

A CULTURA CIENTÍFICA. ESTRATEXIAS DE COMUNICACIÓN E DE INTEGRACIÓN

Guía para a elaboración da planificación estratéxica dos centros da USC

Transcription:

PROPOSTA PEDAGÓXICA PROCESO DE FAMILIARIZACIÓN Á ESCOLA INFANTIL

CONTEXTUALIZACIÓN A participación da familia na proposta educativa dun centro é garantía de eficacia da acción educativa. Un dos nosos principios pedagóxicos é a escola aberta á comunidade, onde as familias participan activamente no centro para un maior coñecemento da infancia. Podemos falar de dous momentos fundamentais que son a base dunha boa relación coas familias: o período de adaptación e os contactos diarios. Intentaremos neste documento recoller a nosa idea á hora de establecer estes dous momentos que forman parte do proceso de familiarización á escola infantil. PERÍODO DE ADAPTACIÓN Que é o período de adaptación? O período de adaptación é o intervalo de tempo que as nenas e os nenos precisan para asimilar os cambios que se producen na súa vida cando se incorporan á escola. En moitos dos casos vai supor tamén a primeira separación das figuras de apego. Para evitar que esta separación produza anguria, convidamos ás familias a que acompañen ás súas fillas e aos seus fillos para que se sintan máis seguras e favorecer a súa curiosidade e interese innato pola exploración, ampliando así os seus coñecementos e relacións sociais. Cando remata o período de adaptación? Cando a nena ou neno acepta á súa mestra como interlocutora dos seus xogos, cando aceptan a súa axuda e a fan cómplice das súas emocións.

Cal é o noso obxectivo para o período de adaptación? Planificar o período de xeito que permita á nena e ao neno vivir a incorporación á escola como unha conquista e non como unha separación imposta. Como imos facer para conseguilo? Incorporación progresiva. Presenza da persoa de referencia na aula. Organización do espazo que permita a visibilidade por parte da crianza do adulto de referencia. O rol do adulto de referencia como facilitador da transición entra a casa e a escola. O rol do educador como adulto que agarda pacientemente ás propias iniciativas da nena e do neno. Incorporación progresiva Os primeiros días de escola as nenas e nenos veñen acompañados por un familiar de referencia (nai, pai, avó,..) que permanecerá na aula con el durante un pequeno período de tempo, entre media hora e unha hora os primeiros días. Este tempo irá aumentando progresivamente segundo vaiamos valorando as interaccións da nena ou neno. Rol do adulto de referencia A nai, pai ou familiar que acompañe á nena ou neno estes primeiros días debe manter unha actitude tranquila e relaxada, sen forzar situacións que a crianza non demande.

Rol da educadora. Permanecerá dispoñible e receptiva ás necesidades e intereses da nena e do neno. Unha actitude de espera e observación, evitando invadir os espazos e as accións da pequena ou pequeno. Que nos axuda a facilitar o período de adaptación? Levantalo con tempo para non andar ás carreiras e chegar relaxados á escola. Trasladar mensaxes positivas e realistas da escola. Respectar os horarios de entrada e de saída. Á hora de deixar á nena e ao neno na aula despedirse afectiva e brevemente, con consignas que se vaian cumprir (p.e: Vou traballar, despois de comer volvo). Dar información ao profesorado que facilite o coñecemento da nena ou neno. Agardar aos momento máis axeitados para o intercambio de información para non rachar a dinámica da aula. Entendemos o período de adaptación como un proceso con distintos momentos, con paradas e con avances, xa que é certo que o ser humano se adapta, é capaz de facer súa calquera situación. É a maneira de vivir os cambios o que marca a diferenza hai tantas maneiras de familiarizarnos coa nova situación como nenas e nenos, familias e educadoras convivimos na escola.

ENTREVISTA INICIAL Os obxectivos das entrevistas iniciais coas familias de nova incorporación son: Coñecer á nova nena ou neno en todos os aspectos do seu desenvolvemento, así como o seu contexto familiar. Xunto coas familias cúbrese un pequeno cuestionario onde se recolle a información que nos permite coñecer á nova nena ou neno. Nesa entrevista é importante acordar a forma de proceder na entrada e na recollida, que esperamos deles e que poden esperar de nós (desenvolvido neste mesmo documento noutro apartado). O noso rol no transcurso da entrevista: escoitar e informar. Evitarase en todo momento xulgar as actuacións e información que as familias nos faciliten xa que a educación debe ser unha tarefa compartida entre a casa e a escola. ACOLLIDA E RECOLLIDA. O CONTACTO DIARIO. Aspectos que inflúen no contacto diario: COLO Nas nenas e nenos que non camiñan a indicación será que a persoa de referencia deixa directamente na zona de xogo. No caso das nenas e nenos maiores a indicación será que entren na aula polo seu propio pe. AXENDA É unha ferramenta de información por iso é importante que as familias teñan o hábito de consultala. Non é viable informar nos contacto diarios como comeu, durmiu, xogou cada neno,... as familias deben saber cales son as outras canles (axenda, correo electrónico, taboleiro, titorías,...). Pola nosa banda en Información específica situacións específicas da nena e do neno. debemos atender á demanda das familias de información sobre calquera aspecto do desenvolvemento da nena e do neno. Facilitar a despedida, a incorporación da crianza ao xogo. Deste xeito a nena e o neno poden escoller cara onde ir.

XOGUETES TRANSCIÓN * definir obxecto de transción O obxecto de transición necesario traelo á escola. é No caso doutros Seguridade afectiva. xoguetes é preferible que non os traian para Outros obxectos ou materiais evitar conflitos poden ser de utilidade para innecesarios. favorecer o vínculo entre a escola e a casa (un conto, fotos,...) CHUPETE No caso dos chupetes atenderase nos primeiros días á necesidade individual de cada nena e neno e procurarase unha vez adaptado o neno á escola que esa necesidade sexa cada vez menor. Evitaremos dar o Seguridade afectiva. chupete por sistema, cambio de xogo, xoguetes ou material será a nosa primeira resposta á demanda do chupete en nenas e nenos maiores. No caso dos bebés haberá que valorar se realmente é esa a necesidade (fame, sono,..) O SAÚDO O momento da entrada da nena ou neno coa súa familia ou cando a familia chega a recoller á nena ou neno é de especial importancia para establecer unha boa relación de confianza, cordialidade e empatía, polo que, ao noso xuízo valoramos que as características deste saúdo sexan: Individualizado. Cada nena e neno debe ser saudado. É o xeito de axudarlle a que se identifique como persoa. Personalizado. Saudar polo nome, ter datos das súas preferencias, das súas vivencias,...isto axudaranos a establecer o vínculo de confianza necesario. Outras das características que deben acompañar ao saúdo é que sexa afectuoso, alegre e tranquilo. Todo dentro dun hábito de normalidade e sen caer na esaxeración (expresións verbais moi esaxeradas, elevación do ton de voz,...)

Comúns á entrada e á saída:.- Información concreta do neno é un momento individual, polo que se evitará dar información diante doutras familias que poida ser sensible e persoal( comportamento, saúde,...).- No momento de maior afluencia na chegada e na despedida debemos coa parella planificar actividades que nos dean certa liberdade de movemento para atender a demanda da familia..- A coordinación e planificación destes momentos coa parella educativa é de vital importancia para desenvolver os roles necesarios que nos permitan que a entrada e a saída sexa un momento tranquilo e relaxado e non supoña unha ruptura da actividade das nenas e nenos que xa están no centro ou continúan. SITUACIÓN ESTRATEXIA Dúas educadoras Unha familia Unha educadora recibe e atende as necesidades da nena e neno que chega a outra educadora atende ao resto de nenas e nenos. Dúas educadoras - Dúas familias Unha educadora recibe e atende as necesidades da nena e neno que chega a outra educadora atende ao resto de nenas e nenos. A outra familia agarda.

Unha educadora -Unha familia A educadora atende á familia sen perder o campo de visión das nenas e nenos. As familias teñen que aprender a recoñecer a situación e axudar na incorporación da súas fillas e fillos á actividade sen romper a dinámica. A planificación das actividades dos tempos de maior acollida e recollida será flexible e permitirá que a educadora poida saír do xogo (non sería conveniente por exemplo, contar contos, cantar, pintar con pintura de dedos,...). Unha educadora Varias familias A educadora atende á familia sen perder o campo de visión das nenas e nenos. As familias teñen que aprender a recoñecer a situación e axudar na incorporación da súas fillas e fillos á actividade sen romper a dinámica. A planificación das actividades dos tempos de maior acollida e recollida será flexible e permitirá que a educadora poida saír do xogo (non sería conveniente por exemplo, contar contos, cantar, pintar con pintura de dedos,...).

PLAN DE COMUNICACIÓN COA FAMILIA. CANLES DE COMUNICACIÓN Para desenvolver estes aspectos apoiámonos nun plan de comunicación coas familias que queda recollido na Programación Xeral Anual. 3.2.1. Canles de comunicación. As canles de comunicación establecidas na escola para unha óptima relación e comunicación coas familias son as recollidas no RRI no Capítulo VII no seu artigo 30. Participación da familias. A maiores foméntase a comunicación, participación e colaboración das familias a través de: Representantes das familias para o Consello Escolar.. Todas as recollidas no RRI no seu artigo 30. Participación das familias. Por parte da escola as ferramentas de comunicación empregadas son as seguintes: Taboleiros de información xeral nas entradas das aulas Axenda diaria con información individual relativa a cada crianza Correo electrónico : envío de circulares informativas sobre avisos de interese ou relativa ás actividades que se van desenvolver na escola. Contactos diarios: fundamentais para coñecer información de interese para ambas partes, familia e escola, sobre cada crianza. Teléfono: avisos puntuais por ambas partes. Charlas informativas sobre algún aspecto do desenvolvemento da crianza.

Taboleiros de información Na entrada de cada aula a escola dispón dun panel onde as familias atopan información puntual das actividades do día e outros relacionados cos avisos administrativos. Axenda diaria Recollen datos máis persoais da nena e do neno e temos como obxectivo recoller os datos máis significativos do desenvolvemento xeral da nena e do neno. aínda que resulta moi complexo polo número de nenas e nenos de cada aula. Correo electrónico Envío de circulares e notas informativas relacionadas coas propostas de actividade ou avisos administrativos. Contactos diarios: Dada a importancia deste momento faise unha proposta específica para este punto. Teléfono Avisos puntuais. Charlas informativas Recollidas as propostas na PXA Titorías A demanda da familia ou da propia escola sempre que se considere necesario. Xuntanzas Tres reunións ao ano para falar de aspectos xerais do desenvolvemento das nenas e dos nenos. Con temáticas específicas segundo o grupo de idade.