Curso Monográfico de Estudos Grecolatinos 1

Similar documents
Síntesis da programación didáctica

Discurso literario e sociedade nos países de fala inglesa

Procedimientos Auditivos e Instrumentais DEPARTAMENTO COORDINADOR/A DA DISCIPLINA. CURSOS 1º curso 2º curso 3º curso 4º curso.

COMO XOGAR A KAHOOT Se vas xogar por primeira vez, recomendámosche que leas este documento QUE É KAHOOT?

GUÍA DE MIGRACIÓN DE CURSOS PARA PLATEGA2. Realización da copia de seguridade e restauración.

Fonética e fonoloxía da língua galega

Silencio! Estase a calcular

CREATIVIDADE DA COMUNICACIÓN CULTURAL

1. DATOS IDENTIFICATIVOS DA DISCIPLINA CÓDIGO Teorías do espectáculo e da comunicación Teorías do espectáculo II

Grao en Química. 2 0 Curso QUIMICA INORGÁNICA III. Guía Docente

Acceso web ó correo Exchange (OWA)

PARTE I. VIVALDI: Concierto en MI M. op. 3 n.12

T1, T3, (T5)*, T8, T11, T13 *solo grupos bilingüe X1, X3, X8, X10, X13, X18, X22, X23, X24 EI6, EI7

Grao en Química. 2 0 Curso QUIMICA INORGÁNICA III. Guía Docente

Léxico e terminoloxía do galego

1.7. Número de créditos / Credit allotment

PROGRAMACIÓN DA MATERIA DE PEDAGOXÍA E DIDÁCTICA INSTRUMENTAL

R/Ponzos s/n Ferrol A Coruña Telf Fax

GUÍA DOCENTE E MATERIAL DIDÁCTICO

Grao en Química. 1 o Curso FÍSICA II. Guía Docente

CURSO UNIVERSITARIO CON APROBACIÓN PROVISONAL DE HOMOLOGACIÓN POR PARTE DA CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E O.U.

O SOFTWARE LIBRE NAS ENTIDADES DE GALIZA

1.9. Requisitos mínimos de asistencia a las sesiones presenciales / Minimum attendance requirement:

CONSERVATORIO PROFESIONAL DE MÚSICA REVERIANO SOUTULLO PONTEAREAS

FACULTADE DE FILOLOXÍA FACULTADE DE XEOGRAFÍA E HISTORIA

Segunda lingua estranxeira: inglés

ANEXO XIII MODELO DE PROGRAMACIÓN DE MÓDULOS PROFESIONAIS

1. IDENTIFICACIÓN E CONTEXTUALIZACIÓN DISCIPLINA: INSTRUMENTO I (JAZZ - PIANO)

1. ASIGNATURA / COURSE TITLE

PARTE I PARTE II. Estas probas abranguerán os contidos comprendidos nos distintos apartados das programacións de todos os cursos de Linguaxe Musical.

Guía docente. Cibercultura e Redes Sociais. Grao en Ciencias da Cultura e Difusión Cultural Modalidade presencial

VIGOSÓNICO V C O N C U R S O V I D E O C L I P S Calquera proposta estética para o vídeo: cine, animación, cor, branco e negro,...

Alumna/o...Curso... 1) Para recuperar a materia pendente deberás seguir o plan de traballo que se especifica de seguido:

PROGRAMACIÓN DO CUARTO CURSO DAS ENSINANZAS DO TÍTULO SUPERIOR DE MÚSICA NA ESPECIALIDADE DE INTERPRETACIÓN NO ITINERARIO DE CLARINETE.

1. DATOS IDENTIFICATIVOS DA DISCIPLINA CÓDIGO Teorías do espectáculo e da comunicación Teorías do espectáculo I ITINERARIO CURSO 1º CRÉDITOS ECTS 3

Concello de Baralla DENOMINACIÓN DA PRAZA/POSTO/EMPREGO: PERSOAL DE APOIO NO PAI. Concello de Baralla

Conservatorio Profesional de Música de Vigo. Programación OPTATIVA DE MÚSICA MODERNA (historia do rock&roll)

Grao en Matemáticas TOPOLOXÍA XERAL

Inferencia estatística

Rede CeMIT Cursos Gratuítos de Alfabetización Dixital NOVEMBRO Aula CeMIT de Cuntis

Facultade de Fisioterapia

Teorías contemporáneas da literatura e da cultura

Conservatorio Profesional de Música de Vigo. Programación de Viola

Fisioterapia Descriptores Creditos ECTS Carácter Curso Cuadrimestre. 6 OB 2 2c

Obradoiro sobre exelearning. Pilar Anta.

Narrador e Narradora Narrador Narradora Narrador

Conservatorio Profesional de Música de Vigo. Programación de Percusión

Programación Percusión

UNIVERSIDAD NACIONAL AUTÓNOMA DE MÉXICO PROGRAMA DE POSGRADO EN FILOSOFÍA DE LA CIENCIA

PROGRAMA FORMATIVO DA ESPECIALIDADE FORMATIVA TÉCNICAS DE MARKETING ON LINE, BUSCADORES, SOCIAL MEDIA E MÓBIL COMM049PO

DOG Núm. 34 Venres, 16 de febreiro de 2018 Páx

SECUENCIACIÓN DIDÁCTICA: ÁMBITO DA COMUNICACIÓN MÓDULO 3 y 4 (ESA) 2017/2018

Se (If) Rudyard Kipling. Tradución de Miguel Anxo Mouriño

2.1. O PROXECTO LINGÜÍSTICO DE CENTRO

PROGRAMACIÓN OFICIAL LOE CONXUNTO PIANO CURSO 2017/18 GRAO PROFESIONAL (segundo os Decretos 198/2007 e 203/2007

REUNIÓN CONVOCATORIAS SUBVENCIÓNS 2018 SECCIÓN DE SERVIZOS SOCIAIS SERVIZO DE ACCIÓN SOCIAL, CULTURAL E DEPORTES

1.8. Requisitos mínimos de asistencia a las sesiones presenciales / Minimum attendance requirement

PRESENTACIÓN MATERIA MATERIA INGLÉS CURSO 4º ESO CURSO ACADÉMICO PROFESOR Mª CRUZ MASEDA FRANCOS

DEPARTAMENTO DE INGLÉS PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA 3º ESO - LINGUA INGLESA - 1º IDIOMA CURSO 2018 / 2019 IES DAVID BUJÁN

1º ESO CARMEN QUINTANA, ELBA NIEVES, MARGARITA ALFONSO

3º ESO ESTHER VÁZQUEZ, ELBA NIEVES. Editorial BURLINGTON AutorMARKS/DARBY. Contidos (unidades didácticas) temporalizados por avaliacións

PRESENTACIÓN MATERIA MATERIA LINGUA INGLESA CURSO 1º ESO B CURSO ACADÉMICO PROFESOR Mª MONTSERRAT VILLAPÚN CASTRO

COORDINACIÓN DO GRAO EN DEREITO

Conservatorio Profesional de Música de Vigo. Programación de Contrabaixo

GUÍA PARA PERSOAS CANDIDATAS PROBAS DE CERTIFICACIÓN DE NIVEL BÁSICO (A2) ESCOLAS OFICIAIS DE IDIOMAS GALICIA

PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA ÁREA DE INGLÉS

PROGRAMACIÓN DE INGLÉS CURSO º ESO

4º curso. DOCENTES: NOME E APELIDOS /TEL/WEB TITORÍA Luis Miguel Sobrevela Romaguera Martes 17:30 a 18:30

Informe do estudo de CLIMA LABORAL do Sergas

PRESENTACIÓN MATERIA MATERIA INGLÉS CURSO 4º ESO CURSO ACADÉMICO PROFESOR FRANCISCO JOSÉ PÉREZ SAAVEDRA

Teaching English through music: A report of a practicum based on musical genres

INTRODUCCIÓN A LA LITERATURA INGLESA / INTRODUCTION TO ENGLISH LITERATURE Número de créditos / Number of Credits Allocated

PRESENTACIÓN DA MATERIA/MÓDULO

IMPLEMENTACIÓN E AVALIACIÓN DUN PROCESO DE ENSINANZA-APRENDIZAXE COLABORATIVO NA TITULACIÓN DE ADMINISTRACIÓN E DIRECCIÓN DE EMPRESAS

PROGRAMACIÓN DEPARTAMENTO DE INGLÉS -ESO -BACHARELATO -CICLOS -FORMACIÓN PROFESIONAL BÁSICA -ADULTOS

PRESENTACIÓN MATERIA MATERIA LINGUA INGLESA CURSO 1º ESO A CURSO ACADÉMICO PROFESOR Mª MONTSERRAT VILLAPÚN CASTRO

Competencias docentes do profesorado universitario. Calidade e desenvolvemento profesional

Curso: Creación de Páxinas Web Persoais. novembro 2005

Bases do Concurso Logo ANPA Vila do Arenteiro BASES DO CONCURSO. 1. OBXECTO e TEMATICA DO CONCURSO 2. TIPO DE CONCURSO

NOME DO CENTRO: IES CANIDO CURSO ESCOLAR: 2016/2017 INGLÉS 1º ESO

2º ESO. Obxectivos xerais do curso. Contidos (unidades didácticas) temporalizados por avaliacións

Proxecto Curricular. I.E.S. Sanxillao. Proxecto Curricular IES SANXILLAO

PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA Área de Lingua Inglesa 5º Educación Primaria

PROGRAMACIÓN CURSO DEPARTAMENTO : INGLÉS. IES Ramón Menéndez Pidal

NORMATIVA ACADÉMICA PARA O ALUMNADO DE INTERCAMBIO DA ESCOLA UNIVERSITARIA DE ESTUDOS EMPRESARIAIS (EUEE) UNIVERSIDADE DE VIGO

School Year nd Partial 2nd Term. Click on Google Chrome and open CODE.ORG. Identify the left and the right to catch the character

PROGRAMACIÓN DA DISCIPLINA DE LATÍN DE 4º E.S.O.

DEPARTAMENTO DE INGLÉS PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA 2º BACH - LINGUA INGLESA - 1º IDIOMA CURSO 2018 / 2019 IES DAVID BUJÁN

DEPARTAMENTO DE INGLÉS PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA 2º ESO - LINGUA INGLESA - 1º IDIOMA CURSO 2018 / 2019 IES DAVID BUJÁN

TRABALLO DE FIN DE GRAO

C.E.I.P. PRÁCTICAS de Ourense Programacións didácticas

Lingua e Docencia Universitaria V Xornadas sobre Lingua e Usos

Fondo de Acción Social. Manual do Usuario de presentación de solicitudes do FAS

MEMORIA DE AVALIACIÓN DA CALIDADE: INFORME DE RESULTADOS PROGRAMACIÓN: ACCIÓNS FORMATIVAS DIRIXIDAS PRIORITARIAMENTE ÁS PERSOAS TRABALLADORAS

I. PRESENTACIÓN. 1. Administración e recursos humanos

Programación. Didáctica. Departamento de Inglés

A comunicación externa nas organizacións

Boloña. Unha nova folla de ruta

PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA CURSO DEPARTAMENTO DE INGLÉS

PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DEPARTAMENTO DE LINGUA GALEGA E LITERATURA CURSO

Transcription:

FACULTADE DE FILOLOXÍA DEPARTAMENTO DE FILOLOXÍA CLÁSICA, FRANCESA E ITALIANA Curso Monográfico de Estudos Grecolatinos 1 Amelia del Carmen Pereiro Pardo GUÍA DOCENTE E MATERIAL DIDÁCTICO 2017/2018

2 FACULTADE DE FILOLOXÍA. DEPARTAMENTO DE LATÍN E GREGO AUTORES: Amelia del Carmen Pereiro Pardo Edición electrónica. 2017 ADVERTENCIA LEGAL: Reservados todos os dereitos. Queda prohibida a duplicación total ou parcial desta obra, en calquera forma ou por calquera medio (electrónico, mecánico, gravación, fotocopia ou outros) sen consentimento expreso por escrito dos autores.

3 1. DATOS DESCRITIVOS DA MATERIA 1.1 Carácter e duración en horas de traballo da materia A materia Curso Monográfico de Estudos Grecolatinos I (código G5071341) corresponde ao Módulo optativo "Formación avanzada en Filoloxía Clásica". Este módulo ten por finalidade "tanto completar a formación do alumno en aspectos relevantes do ámbito da Filoloxía Clásica que non se contemplan noutros módulos da Titulación, como dar resposta a súas futuras demandas de formación" (Proyecto de Memoria para la Verificación del Título de Grado en Filología Clásica por la Universidade de Santiago de Compostela 1, p. 51). De acordo co descritor da materia (páxina 52 da Memoria), no programa de este curso explicarase o sistema métrico da poesía grega cunha introdución aos metros e ritmos da poesía clásica latina baseados nos prototipos gregos. A docencia da materia corresponde ao Primeiro Semestre e consta de 6 créditos das que 51 horas son de actividade presencial e 99 de actividade non presencial. 1.2. Prerrequisitos Ao ser unha materia asignada ao 3º curso da Titulación os alumnos teñen as competencias conceptuais necesarias para asimilar os seus contidos ao teren cursado as materias de Teoría e Crítica Literarias, Textos Gregos II e Literatura Grega I. 1.3. Profesora responsable Amelia del Carmen Pereiro Pardo Despacho n.º 316, Facultade de Filoloxía, 3.º andar Tel. 881811887 Correo Electrónico: ameliadelc.pereiro@usc.es 1 http://www.usc.es/fac_filoloxia/arquivos/memorias/memoria_grao_clsicas.pdf

4 1.4. Horario de Titorías presenciais 1.º Semestre: luns, martes e mércores de 11:00-13.00 horas. 2.º Semestre: martes de 12:00 a 14:00 e mércores de 10:00-14:00 horas. Titoría virtual a través das ferramentas propias da aula da materia no Campus Virtual da USC. 2. SENTIDO DA MATERIA NO PLAN DE ESTUDOS DO GRAO EN FILOLOXÍA CLÁSICA Unha parte cuantitativa e cualitativa importante dos textos da Antigüidade grecolatina preséntanse como discurso poético. A nivel diacrónico, as veces, ben sexa por lagoas producidas pola transmisión textual ou ben polo modo natural de xerarse os sistemas literarios, só podemos acceder ao coñecemento da lingua e da literatura a través de textos que están articulados ritmicamente. Esta materia optativa, polo tanto, pertence aos bloques formativos de Lingua e Literatura; e pretende ofrecer os instrumentos que permitan unha correcta interpretación dos sistemas de versificación da poesía grega. En segundo lugar, axuda á compresión e apreciación literaria e lingüística destes textos poéticos; e permite acceder ás claves para un mellor coñecemento da lingua e literatura grega. No ámbito xeral da ciencia Filolóxica, axuda a comprender o sistema métrico da poesía latina, completar a formación recibida na materia de primeiro curso Teoría e Crítica Literarias e proporciona unha achega ao coñecemento á teoría xeral do ritmo e a métrica comparada. No marco profesional é unha materia formativa e de especialización xa que axuda a desenvolver as competencias especificas da profesión de docente e investigador. Por último, engadir que a oferta académica da Métrica Clásica é tradicional nos Plans de Estudos de Filoloxía Clásica das Universidades Españolas.

5 3. OBXECTIVOS E COMPETENCIAS En relación cos contidos específicos da materia o obxectivo básico é conseguir que o alumno acade unha comprensión global dos diferentes sistemas de versificación da poesía grega incidindo no estudo do sistema métrico cuantitativo. Os alumnos coñecerán así a importancia que ten o ritmo e a súa estrutura para unha mellor percepción formal e conceptual dos textos poéticos. Na análise e comentario farase un uso rigoroso da terminoloxía técnica da versificación. No ámbito das competencias xerais instrumentais, os alumnos poderán desenrolar os seus coñecementos de linguas estranxeiras, a nivel de lectura, dado que terá que manexar algunha bibliografía na súa lingua orixinal. E o feito de que esta materia leve como apoio á docencia un curso virtual, implica a familiarización co traballo nunha plataforma virtual e desenvolver a presentación formal do traballo persoal no soporte informático. No plano sistémico e interpersoal tratarase de potenciar as habilidades do grupo no traballo cooperativo e o que iso supón de fluxo de información, de argumentación rigorosa na súa exposición das súas ideas, sempre desde o ámbito do respecto. Estas competencias trataranse de potenciar por medio dos comentarios métricos de textos que será obxecto de traballo persoal e que terán que ser expostos na aula. 4. CONTIDOS DA MATERIA 4.1. Descritor da materia - Introdución ao ámbito da produción poética clásica a través do coñecemento das técnicas de versificación do mundo antigo. - Estudo descritivo da métrica grega, no que primará a aplicación práctica dos contidos teóricos mediante a lectura e a análise dunha selección de textos representativos da poesía grega.

6 4.2. Programa Tema 1: Introdución. 1.1. Historia da versificación grega. 1.2. Métrica e prosodia grega. Tema 2: Ritmos e unidades compositivas da poesía xonia e do modo recitado e recitativo do drama ático. 2.1. Versos homométricos. 2.2. Versos asinartetos. 2.3. Estrofas epódicas. Tema 3: Ritmos e unidades compositivas da poesía eolia e doria. 3.1. Construcións κατὰ μέτρον. 3.2. Construcións οὐ κατὰ μέτρον (eolo-coriambos e dáctilo-epítritos). Α docencia presencial leva como apoio unha aula no Campus Virtual da USC. 4.3. Bibliografía - Dicionarios - BAILLY, A. (1963, 26ª ed.), Dictionnaire Grec-Français, Paris : Hachette. - LIDDELL, H.G., R. SCOTT & H.S. JONES (1996), A Greek-English Lexicon with a Revised Supplement, Oxford : Clarendon Press. - LIDDELL, H.G., SCOTT, R. & H.S. JONES (2011), The online Liddell-Scott- Jones Greek-English lexicon, Thesaurus Linguae Graecae / University of California, Irvine (http://stephanus.tlg.uci.edu/lsj/#eid=1&context=lsj). - Métrica grega As referencias bibliográfica, abaixo indicadas, presentan unha visión completa, clara e actualizada da Métrica grega. Considero que son suficientes para unha primeira

7 achega a esta disciplina e para que se poida afianzar e ampliar ás explicacións dadas na aula. BARRIS, J.S. (2011), Metre and Rhythm in Greek Verse, Wien : Osterreiche Akademie der Wissenschaften. BATTEZZATO, L. (2009), Metre and Music, en: F. Budelmann (ed.), Greek Lyric, Cambridge : Cambridge University Press, 130-146. CECCARELLI, L. (1999), Prosodia y métrica del latín clásico. Con una introducción a la métrica griega, Sevilla : Universidad de Sevilla, Servicio de Publicaciones. GUZMÁN GUERRA, A. (1997), Manual de métrica griega, Madrid : Ediciones Clásicas. HALPORN, J.H., OSTWALD, M. & T.G. ROSENMEYER (1994), The Meters of Greek and Latin Poetry, Indianapolis / Cambridge : Hackett Publisshing Company, Inc. KANNICHT, R. (1997), Griechische Metrik, en: H.G. Nesselrath (ed.), Einleitung in die griechische Philologie, Stuttgart / Leipzig : B.G. Teubner, 343-362. KAZAZIS, J.N. (2007), Ancient Greek Meter, en: A.F. Christidis, M. Arapopoulou & M.Chriti (eds.), A History of ancient Greek from the Beginnings to late Antiquity, Cambridge, UK : New York: Cambridge UP, 1033-1044. MARTINELLI, M.CH. (1995), Gli Strumenti del poeta. Elementi di Metrica Greca, Bologna : Capelli Editore. WEST, M.L. (1987), Introduction to Greek Metre, Oxford : Clarendon Press.

8 4.4. Desenvolvemento do Programa Tema 1: Introdución 1.1. Historia da versificación grega Razón Proporcionar, antes de entrar en materia, unha visión global dos sistemas de versificación da poesía grega, para centrarse no ritmo cuantitativo -o máis importante-. E presentar, desde unha perspectiva diacrónica, como van xurdindo e desenvolvéndose os diferentes ritmos e as súas estruturas nos diferentes xéneros poéticos. Epígrafes 1.1.1. Os sistemas de versificación. 1.1.2. Historia dos ritmos é estruturas poéticas. 1.1.2.1. Época arcaica: o hexámetro (poesía épica e didáctica); o iambo e a elexía; a lírica eólica; a lírica coral. 1.1.2.2. Época clásica: o drama ático (traxedia, drama satírico, comedia antiga, media e nova); o espectáculo musical entre os séculos V e IV (o ditirambo e o nomo). 1.1.2.3. A poesía de época helenística e imperial.

9 Metodoloxía A profesora fará unha breve presentación histórica e remitirá ao documento do curso virtual no que se tratará máis polo miúdo este epígrafe co obxecto de que os alumnos consoliden os seus coñecementos de poesía grega aprendidos noutras materias da especialidade. 1.2. Métrica e Prosodia Razón Neste apartado presentarase todas as claves e os conceptos necesarios para entender o sistema métrico cuantitativo no que se basea o ritmo da poesía grega da época arcaica, clásica, helenística e a meirande parte da poesía de época imperial. Epígrafes 1.2.1.Definición de prosa e poesía. 1.2.2.Definición de métrica e prosodia. 1.2.3.A natureza do ritmo grego e latino: definición. 1.2.3.1. Os elementos rítmicos: a pausa, a sílaba e o acento (e a palabra métrica). 1.2.3.2. A licenza ou regra prosódica: fenómenos producidos polo encontro entre dúas vogais e fenómenos debidos ao tratamento das consonantes. 1.2.4. As unidades rítmicas: pé, metro, colon, verso, sistema, estrofa e series non estróficas. 1.2.5. O poema: Niveis de análise na linguaxe versificada e modalidades de execución da poesía. Metodoloxía Proporcionarase un esquema da explicación teórica e nalgúns puntos remitirase á documentación depositada no Curso Virtual.

10 Prácticas de Prosodia que consistirán na segmentación silábica de textos en prosa e en verso ca indicación da cantidade vocálica e silábica este traballo esixirá a consulta dos dicionarios de referencia-. Tema 2: Ritmos e unidades compositivas da poesía xonia e do drama ático Razón Os ritmos e estruturas estudados neste tema corresponden á poesía xonia arcaica, cuxos principais modos de execución son a recitación e a παρακαταλογή. Esta poesía presenta unha variedade de ritmos e estruturas, que seguirá viva ao longo de toda a poesía grega e a poesía romana. Un bo exemplo desta permanencia é o drama ático da época clásica. Pois os ritmos e estruturas das súas partes de execución recitada e recitativa, ca excepción do rimo anapéstico, son de orixe xonia. Epígrafes 2.1. Versos homométricos: definición e características xerais do hexámetro dactílico, trímetro iámbico, trímetro iámbico escazonte, tetrámetro trocaico cataléctico e tetrámetro anapéstico cataléctico. Evolución histórica do hexámetro dactílico e o trímetro iámbico. 2.2. Versos asinartetos: definición e tipos. 2.3. Estrofas epódicas: 2.3.1. O dístico elexíaco: definición e evolución histórica. 2.3.2. Os epodos: definición e tipos de estrofa. Metodoloxía Proporcionarase un esquema das explicacións teóricas e nalgúns puntos remitirase á documentación depositada no Curso Virtual. As explicacións apoiaranse na análise dos textos poéticos.

11 As sesións de seminario os alumnos realizarán a análise de textos poéticos, previamente propostos pola profesora, para así poder afianzar os coñecementos adquiridos e clarificar dúbidas. Cando remate á explicación deste tema, distribuiranse entre os alumnos os textos poéticos obxecto do seu traballo persoal. O traballo consistirá na análise dun texto poético, construído cos ritmos e estruturas estudados neste tema. A data límite para a entrega dos traballos será o 30 de novembro de 2017, para que, trala súa revisión pola profesora, queden expostos no curso virtual a disposición de todos os alumnos. Tema 3: Ritmos e unidades compositivas da poesía doria e eolia Razón Este tema corresponde á poesía propiamente lírica, é dicir, a poesía cantada por un só executante (lírica monódica) ou por un coro (lírica coral). É unha poesía moi rica e variada, de estrutura rítmica, as veces moi complexa. Neste curso só imos incidir nos poetas máis representativos: Safo e Alceo para a poesía eolia e Píndaro para a poesía doria. Epígrafes 3.1. Construcións κατὰ μέτρον: secuencias de ritmos completos e sincopados. 3.2. Construcións οὐ κατὰ μέτρον (eolo-coriambos e dáctilo-epítritos). 3.2.1. Secuencias eólico-coriámbicas: 3.2.1.1. Definición e cola fundamentais da poesía eólica. 3.2.1.2. Poemas estíquicos e estróficos. 3.2.2. Secuencias dáctilo-epítritas. 3.2.2.1. Definición e cola fundamentais. 3.2.2.2. Os dáctilo-epítritos na poesía coral arcaica: Píndaro.

12 Metodoloxía Proporcionarase un esquema das explicacións teóricas e nalgúns puntos remitirase á documentación depositada no Curso Virtual. As explicacións apoiaranse na análise dos textos poéticos. Nas horas de seminario os alumnos farán a análise rítmica dos textos poéticos, previamente propostos pola profesora, para así poder afianzar os coñecementos adquiridos e clarificar dúbidas. Na Titoría Programada, realizarase tarefas e actividades derivadas da docencia nas sesións Expositivas e de Seminario. 5. DISTRIBUCIÓN DO TRABALLO EN CRÉDITOS ECTS E CALENDARIO DE ACTIVIDADES A materia consta de 6 créditos (6 x 25 = 150 horas de traballo do alumno), das que 45 horas son presenciais. Nos dous cadros seguintes detállase a distribución de horas previstas para cada actividade e o cronograma: CLEO1 = Clase Expositiva; CLIS_01 = Clase Interactiva Seminario; Grupo TI-ECTS01 = Titoría Programada, Av. = Avaliación ACTIVIDADES Actividades Horas Horas de traballo Total presenciais autónomo Clases interactivas Seminarios 14 42 56 Clases expositivas 30 60 90 Sesión de titoría programada 1 3 4 Total de horas de actividade 45 105 150

13 CRONOGRAMA SETEMBRO 2017 9 horas Presentación do programa 1.1. Historia da versificación grega 1 CLEO1 1.2. Métrica e Prosodia 5 CLEO + 3 CLIS_01 OUTUBRO 2017 15 horas 2.1. Versos homométricos 6 CLEO + 3 - CLIS_01 2.2. Versos asinartetos 1 CLEO 2.3. Estrofas epódicas 1 CLEO + 1 CLIS_01 3.1. Construcións κατὰ μέτρον 2 CLEO + 1 - CLIS_01 NOVEMBRO 2017 12 horas 3.1. Construcións κατὰ μέτρον 2 CLEO + 1 - CLIS_01 3.2.1. Construcións οὐ κατὰ μέτρον (eolocoriambos) 3.2.2. Construcións οὐ κατὰ μέτρον (dáctilo-epítrito) 4 CLEO + 2 - CLIS_01 2 CLEO + 1 - CLIS_01 Data límite para a entrega dos traballos. Día 30 DECEMBRO 2017 3.2.2. Construcións οὐ κατὰ μέτρον (dáctilo-epitrito) Repaso do temario 9 horas 4 CLEO + 2 - CLIS_01 2 CLEO + 1 - CLIS_01 XANEIRO 2018

14 Avaliación 1.ª Oportunidade Día 11 XUÑO 2018 Avaliación 2.ª Oportunidade Día 19 O horario da titoría programada (TI-ECTS01) establecerase de acordo cos alumnos ao empezo de curso. 6. SISTEMA DE AVALIACIÓN - Valorarase o traballo realizado polo alumnado na aula ao longo do cuadrimestre no que ten de esforzo, progreso na aprendizaxe, participación activa nas tarefas a realizar. Esta valoración constitúe o 20% da cualificación final. - Traballo que consistirá na análise métrica dun texto poético. Valorarase a asimilación e aplicación no comentario das explicacións expostas na aula, e a súa presentación formal. Este traballo suporá o 10% da cualificación. - Exame final que representará o 70% da cualificación na que se avaliará o coñecemento e a comprensión por parte do alumno dos contidos teóricos básicos e a súa aplicación na análise métrica-prosódica dos textos poéticos. Esta proba realizarase ao final do primeiro cuadrimestre na data oficial fixada pola Secretaría da Facultade, 11 de xaneiro de 2018. - Na segunda oportunidade, respectaranse os criterios de cualificación aplicados na primeira oportunidade de final do primeiro cuadrimestre. A data do examen será a fixada pola Secretaría da Facultade, 19 de xuño de 2018. O exame final tanto na convocatoria de final do primeiro cuadrimestre como na segunda oportunidade terá unha duración máxima de tres horas. Os alumnos con dispensa de docencia recoñecida oficialmente, a parte da realización do exame final (70%), deberán presentar o traballo que supón o 10% da

15 cualificación e entregar a través da aula virtual a análise métrica-prosódica dos textos poéticos que se traballen na aula presencial (20%).

16 ÍNDICE 1. Datos descritivos da materia... 3 2. Sentido da materia no plan de estudos de Filoloxía Clásica... 4 3. Obxectivos e competencias... 5 4. Contidos da materia... 5 5. Distribución do traballo en créditos ECTS e Calendario de actividades...12 6. Sistema de avaliación... 14