Curso: Creación de Páxinas Web Persoais. novembro 2005

Similar documents
Acceso web ó correo Exchange (OWA)

GUÍA DE MIGRACIÓN DE CURSOS PARA PLATEGA2. Realización da copia de seguridade e restauración.

COMO XOGAR A KAHOOT Se vas xogar por primeira vez, recomendámosche que leas este documento QUE É KAHOOT?

Síntesis da programación didáctica

Rede CeMIT Cursos Gratuítos de Alfabetización Dixital NOVEMBRO Aula CeMIT de Cuntis

Sede Electrónica Concello de Cangas

Obradoiro sobre exelearning. Pilar Anta.

R/Ponzos s/n Ferrol A Coruña Telf Fax

CONTROL DE VERSIÓNS E DISTRIBUCIÓN

O SOFTWARE LIBRE NAS ENTIDADES DE GALIZA

Anexo IV: Xestionar o currículum da etapa:

Fondo de Acción Social. Manual do Usuario de presentación de solicitudes do FAS

Silencio! Estase a calcular

CREACIÓN DE PÓSTERS CON GLOGSTER. Miguel Mourón Regueira

Manual de usuario EBIBLIO GALICIA. Xunta de Galicia

Manual de usuario CENDES. Centro de descargas da Xunta de Galicia

VIGOSÓNICO V C O N C U R S O V I D E O C L I P S Calquera proposta estética para o vídeo: cine, animación, cor, branco e negro,...

Mailman: Manual de usuario para subscritores de listas

ANEXO II NORMAS DE CREACIÓN E PUBLICACIÓN DE PÁXINAS WEB DA USC

Recursos para a lingua

Narrador e Narradora Narrador Narradora Narrador

Guía para autoarquivo en Minerva. Repositorio Institucional da USC

CURSO UNIVERSITARIO CON APROBACIÓN PROVISONAL DE HOMOLOGACIÓN POR PARTE DA CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E O.U.

Guía para autoarquivo en Minerva Repositorio Institucional da USC. 16/04/2018 Biblioteca Universitaria da USC

Facultade de Fisioterapia

Manual de usuario do módulo de control horario do sistema OPAX

PROGRAMA FORMATIVO DA ESPECIALIDADE FORMATIVA TÉCNICAS DE MARKETING ON LINE, BUSCADORES, SOCIAL MEDIA E MÓBIL COMM049PO

Name: Surname: Presto= very fast Allegro= fast Andante= at a walking pace Adagio= slow Largo= very slow

Segunda lingua estranxeira: inglés

Como atopar artigos de Arquitectura

REUNIÓN CONVOCATORIAS SUBVENCIÓNS 2018 SECCIÓN DE SERVIZOS SOCIAIS SERVIZO DE ACCIÓN SOCIAL, CULTURAL E DEPORTES

ANEXO XIII MODELO DE PROGRAMACIÓN DE MÓDULOS PROFESIONAIS

Bases do Concurso Logo ANPA Vila do Arenteiro BASES DO CONCURSO. 1. OBXECTO e TEMATICA DO CONCURSO 2. TIPO DE CONCURSO

EDUCACIÓN DIXITAL INNOVADORA

BLOGS CON BLOGGER MANUAL DE CONFIGURACIÓN E USO

Introdución Requisitos técnicos para acceder ao curso O CMLA en liña Navegación polos contidos do curso...

Cinco sinxelos pasos para ir á caza das estrelas ;) (

Grao en Química. 2 0 Curso QUIMICA INORGÁNICA III. Guía Docente

Se (If) Rudyard Kipling. Tradución de Miguel Anxo Mouriño

MEMORIA DE AVALIACIÓN DA CALIDADE: INFORME DE RESULTADOS PROGRAMACIÓN: ACCIÓNS FORMATIVAS DIRIXIDAS PRIORITARIAMENTE ÁS PERSOAS TRABALLADORAS

Grao en Química. 2 0 Curso QUIMICA INORGÁNICA III. Guía Docente

Problema 1. A neta de Lola

Manual de inicio software libre

2.1. O PROXECTO LINGÜÍSTICO DE CENTRO

Xogos e obradoiros sobre o cambio climático que Climántica desenvolve en centros educativos

TITORIAL PARA O USO DO REPOSITORIO DE MOREA

Carlos Servando MEMORIAL SALVAMENTO DEPORTIVO. 10 de outubro as 16:00. Piscina Carballo Calero Carballo. Organiza

PROGRAMACIÓN DO CUARTO CURSO DAS ENSINANZAS DO TÍTULO SUPERIOR DE MÚSICA NA ESPECIALIDADE DE INTERPRETACIÓN NO ITINERARIO DE CLARINETE.

PROPOSTA PEDAGÓXICA PROCESO DE FAMILIARIZACIÓN Á ESCOLA INFANTIL

Como establecer e como usar unha licenza de software libre e que implicacións ten para a miña empresa. Oficina de Software Libre AMTEGA

NORMATIVA ACADÉMICA PARA O ALUMNADO DE INTERCAMBIO DA ESCOLA UNIVERSITARIA DE ESTUDOS EMPRESARIAIS (EUEE) UNIVERSIDADE DE VIGO

Metodoloxía copyleft en educación

Guía para a elaboración da planificación estratéxica dos centros da USC

Programación Percusión

6. O proceso técnico. 1. Introducción. 2. Introdución ás fases da cadea documental ISABEL PEMÁN PÉREZ

Conservatorio Profesional de Música de Vigo. Programación OPTATIVA DE MÚSICA MODERNA (historia do rock&roll)

Manual de Identidade Corporativa Versión 1.1 Maio 2017

PARTE I. VIVALDI: Concierto en MI M. op. 3 n.12

ISABEL FERNÁDEZ DOMÍNGUEZ E Mª ANTONIA LÓPEZ PÉREZ. Parque Natural Cantanhez (Guiné-Bissau) 108 ambientalmentesustentable, 2015, (I), 19

plan estratéxico 2016 >> 2020

Inferencia estatística

A TRANSICIÓN DA UNIVERSIDADE Ó TRABALLO: UNHA APROXIMACIÓN EMPÍRICA

1. DATOS IDENTIFICATIVOS DA DISCIPLINA CÓDIGO Teorías do espectáculo e da comunicación Teorías do espectáculo II

Conservatorio Profesional de Música de Vigo. Programación de Percusión

Accións da responsabilidade social empresarial. Atrae, retén e motiva o capital intelectual da empresa?

Asociación de Desenvolvemento Rural Ancares-Courel CONTRATACIÓN DO EQUIPO XESTOR GDR-5 TÉCNICOS/AS

Discurso literario e sociedade nos países de fala inglesa

INFORME DE AVALIACIÓN DOS BANCOS DO TEMPO DO PROXECTO CONTA CON ELAS

Técnicas de compresión e estruturas de indexación compactas para texto en linguaxe natural e contidos dixitais: aplicacións prácticas

Vicerreitoría de Investigación e Transferencia

manual técnico de comunicación efectiva

CONSERVATORIO PROFESIONAL DE MÚSICA REVERIANO SOUTULLO PONTEAREAS

Competencias docentes do profesorado universitario. Calidade e desenvolvemento profesional

LEI 18/2011, DO 5 DE XULLO, REGULADORA DO USO DAS TECNOLOXÍAS DA INFORMACIÓN E DA COMUNICACIÓN NA ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

12352 LEI 11/2007, do 22 de xuño, de acceso electrónico dos cidadáns aos servizos públicos. («BOE» 150, do )

A cultura do código. Retos para a identidade galega na época dos algoritmos

Programación orientada a obxectos

Rede galega de TC. A Internet como un local social. Proxecto InTIC Tecnoloxía galega para acceder á tecnoloxía

CUESTIÓNS XERAIS A AMBOS PROCEDEMENTOS

Ámbito da comunicación: lingua inglesa

a) Japanese/English (difficult)... b) The weather in Africa/ the weather in the Antarctic (cold)... c) A car/ a bike (fast)

PROCEDEMENTO P-PRL 20 PROCEDEMENTO DE ACTUACIÓN E APOIO AO PROFESIONAL EN EPISODIOS DE VIOLENCIA DE ORIXE EXTERNA

AVALIACIÓN DO PROXECTO PILOTO DE ASISTENCIA PERSOAL COGAMI

O Software Libre nas Empresas de Galicia

A tradución audiovisual como recurso didáctico no proceso de ensinanza-aprendizaxe de linguas

INICIACIÓN A APPINVENTOR ( OLLO: necesitas ter unha conta en GMAIL e tamén sería útil en DRIVE para

Proxecto Curricular. I.E.S. Sanxillao. Proxecto Curricular IES SANXILLAO

Alumna/o...Curso... 1) Para recuperar a materia pendente deberás seguir o plan de traballo que se especifica de seguido:

NAVEGA CON RUMBO.

DOG Núm. 34 Venres, 16 de febreiro de 2018 Páx

Lingua e Docencia Universitaria V Xornadas sobre Lingua e Usos

Conservatorio Profesional de Música de Vigo. Programación de Viola

BILINGÜISMO, DESENVOLVEMENTO E APRENDIZAXE ESCOLAR: UNHA PROPOSTA DE INTERVENCIÓN NA ESCOLA

Expediente: 5193/2017

GUÍA DOCENTE E MATERIAL DIDÁCTICO

MATERIAIS PLURILINGÜES 3.0: FORMACIÓN, CREACIÓN E DIFUSIÓN

Fonética e fonoloxía da língua galega

Boloña. Unha nova folla de ruta

IMPLEMENTACIÓN E AVALIACIÓN DUN PROCESO DE ENSINANZA-APRENDIZAXE COLABORATIVO NA TITULACIÓN DE ADMINISTRACIÓN E DIRECCIÓN DE EMPRESAS

(Modificado o art. 10 por acordo do Consello de Goberno do 24 de xullo de 2014)

Transcription:

Curso: Creación de Páxinas Web Persoais novembro 2005

Índice de contidos 1 Obxectivos... 3 2 Entidades Participantes... 3 3 Duración, datas e lugares de celebración... 3 4 Horarios... 3 5 Límite de prazas... 4 6 Datas e procedemento de preinscrición... 4 7 Programa do curso... 4 7.1 Sesión 1: Introdución a Internet, protocolo de transferencia de ficheiros (FTP) e linguaxes de marcado (2 horas)... 4 7.2 Sesión 2: Introdución á ferramenta de desenvolvemento Dreamweaver (2 horas)... 5 7.3 Sesión 3: Normas básicas para crear sitios web e creación de elementos (2 horas)... 5 7.4 Sesión 4: Conceptos básicos de deseño e maquetación (2 horas)... 5 7.5 Sesión 5: Estruturación e navegación dentro dun site (2 horas)... 6 7.6 Sesión 6, 7 y 8: Creación de contidos para as páxinas dun docente universitario e/ou PAS (6 horas)... 6 7.7 Sesión 9: Aplicando estilos as nosas páxinas. Vantaxes do seu uso (2 horas). 6 7.8 Sesión 10: Mantemento do sitio. (2 horas)... 6 8 Documentación... 7 9 Entrega de Diplomas... 7

1 Obxectivos Preténdese acadar a capacitación adecuada para a creación de páxinas web persoais que inclúa contidos relacionados coa docencia, información xeral, investigación, etc..; sen descoidar o aspecto básico do deseño, de tal xeito que o resultado final dunha publicación web sexa esteticamente aceptable. Debido ao carácter dinámico dos contidos destas páxinas web tamén se amosará como poder manter as páxinas e a información asociada ás mesmas, así como a súa posterior publicación en buscadores. 2 Entidades Participantes Entidade organizadora: Vicerreitorado de Titulacións, Posgrao e Formación Permanente, Área de Posgrao Virtual (APV), Área de Estudos Propios e Formación Continua. Entidades colaboradoras na organización: Escola Universitaria de Enxeñería Técnica Industrial Entidades colaboradoras na docencia: Escola Superior de Enxeñería Informática Servizos Informáticos de Investigación. Vicerreitorado de Innovación e Calidade. 3 Duración, datas e lugares de celebración O curso constará de 20 horas de duración, nas seguintes datas e lugares: Escola Universitaria de Enxeñería Técnica Industrial (Aula de informática 3). Do 31 de outubro ao 30 de novembro en quenda de mañá. 4 Horarios O curso terá o seguinte horario, comezando o día 31 de outubro. Día Horas 31/10 16.30-18.30 02/11 10-12 07/11 10-12 09/11 10-12 14/11 10-12 16/11 10-12 21/11 10-12 23/11 10-12 28/11 10-12 30/11 10-12

5 Límite de prazas Ofértanse un total de 23 prazas. As prazas iranse cubrindo por rigorosa orde de preinscrición. 6 Datas e procedemento de preinscrición A preinscrición no curso prolongarase ata o 26 de outubro do 2005 e realizarase en liña a través da Aula Virtual Bubela da Área de Posgrao Virtual. Todas aquelas persoas que estean interesadas en preinscribirse deberán entrar na Aula Virtual Bubela, sita na páxina da Área de Posgrao Virtual (http://apv.uvigo.es). Se é a primeira vez que entra en Bubela e non está rexistrado/a, entón terase que dar de alta como novo usuario/a, é moi sinxelo. Entre na Plataforma de xestión académica (no enderezo http://apv.uvigo.es, no enlace Plataforma de xestión académica Bubela ) e prema en Novos usuarios/as ou ben no texto Se aínda non ten conta de usuario e quere darse de alta, prema aquí. A continuación, encha os datos que se lle solicitan, é moi importante que lembre o seu nome de usuario e a súa clave. Cando remate prema en Aceptar e xa estará rexistrado/a. Agora xa pode preinscribirse entrando no catálogo de cursos e premendo no botón preinscribir do curso. No caso de que sexa un usuario/a rexistrado en Bubela, simplemente introduza o seu nome de usuario e a súa clave no cadro superior da esquerda, entrará na páxina de inicio de Bubela. Prema en Catálogo de cursos e, a continuación, no botón preinscribir do curso. Non dubide en poñerse en contacto coa Área de Posgrao Virtual para calquera consulta ou axuda sobre o uso deste servizo. Pode facelo por teléfono (no 986 812029), correo electrónico (no enderezo apv@uvigo.es) ou persoalmente no noso despacho (no Pavillón C da Facultade de Filoloxía e Tradución). 7 Programa do curso Estrutúrase en dez sesións: 7.1 Sesión 1: Introdución a Internet, protocolo de transferencia de ficheiros (FTP) e linguaxes de marcado (2 horas) Explicarase ao alumno/a, de xeito moi abreviado, que é e como se creou Internet, referindo e explicando os elementos que configuran a comunicación mediante documentos web. Daranse as nocións básicas de interpretación da relación clienteservidor. Preténdese tamén que o alumnado coñeza de que xeito se configuran as contas web da Universidade de Vigo e como facer uso dos recursos dispoñibles que ten ao seu alcance, ademais de aprender como se realiza a transferencia de ficheiros aos seus directorios persoais mediante FTP. Por último, explicarase que son as linguaxes de marcas, cal é a súa utilidade e como empregalas. O estudo centrarase na linguaxe HTML, proporcionando as nocións básicas para o seu desenvolvemento e explicando de que xeito o interpreta a máquina.

Durante esta sesión o alumno/a terá unha visión global das posibilidades que pode aportar a comunicación a través das páxinas web, e coñecerá os elementos físicos que a permiten. Ademais, o alumno/a aprenderá a solicitar e configurar unha conta web e adquirirá as nocións precisas para saber de que xeito poder acceder a esa conta vía FTP. Tamén se introducirá ao alumno/a na programación (a nivel moi básico) da linguaxe HTML, facendo uso de exemplos moi simples e vendo de que xeito interpreta a máquina as ordes que se lle ditan. 7.2 Sesión 2: Introdución á ferramenta de desenvolvemento Dreamweaver (2 horas) Preténdese que o alumnado comprenda a utilidade do emprego do Dreamweaver como ferramenta de desenvolvemento das súas páxinas web, amosándolle as vantaxes que presenta un deseño visual da páxina fronte ao proceso de codificación. Farase a primeira aproximación ao contorno de traballo da aplicación, localizando e explicando todas as posibilidades de desenvolvemento que lles ofrece a interface. Tamén se persegue que o alumno/a coñeza as necesidades dun sitio web básico, para iso explicarase a configuración dun sitio local e configurarase Dreamweaver para que permita a creación e xestión dun sitio web. Nesta sesión o alumno/a entrará en contacto co Dreamweaver, comprenderá cal é a súa utilidade e terá unha idea clara da distribución do contorno de traballo. Despois desta sesión, o alumno/a poderá definir o seu propio sitio web e comprender como se estrutura e almacena. 7.3 Sesión 3: Normas básicas para crear sitios web e creación de elementos (2 horas) Preténdese que o alumnado teña coñecemento dos conceptos fundamentais á hora de deseñar unha páxina ou un conxunto delas. Elixir un tamaño axeitado de páxina para a súa correcta visualización e impresión, como definir o seu sitio web, como estruturar os arquivos, que tipo de navegación vai empregar, propiedades básicas das páxinas,... Ensinarase como crear elementos fundamentais á hora de construír páxinas ou sitios máis complexos de forma individual, para posteriormente facilitar o labor de crear un sitio web completo e funcional. Aprenderá a dar formato ao texto, a crear enlaces, inserir táboas, manexar imaxes,... Desta sesión o alumno/a deberá saír cun esquema en papel de como quere que sexan as súas páxinas, como navegará por elas e como estarán organizados os seus arquivos fisicamente para tal propósito. 7.4 Sesión 4: Conceptos básicos de deseño e maquetación (2 horas) Deberanse a coñecer aquelas técnicas que permiten compor unha páxina, outorgarlles unha aparencia física, darlles forma. Explicaranse os conceptos básicos relacionados coas táboas para distribuír contidos, creación dunha estrutura de páxina (encabezado/corpo/pé), aplicar cores a diferentes elementos (texto, fondo de páxina, parágrafos, celas,...), creación de bordos e elementos separadores, colocación e aliñación de elementos,... É dicir, que poidan construír o armazón onde situarán os seus contidos.

Nesta sesión o alumnado coñecerá as diferentes técnicas para trasladar o seu esquema inicial en papel a unha representación ou deseño en formato web (HTML). 7.5 Sesión 5: Estruturación e navegación dentro dun site (2 horas) Nesta sesión amosaranse os métodos, técnicas e elementos que se empregan para poder navegar por un conxunto de páxinas. Creación de marcadores para navegar por unha páxina, enlaces a outros sitios web, enlaces a contas de correo, enlaces a páxinas do mesmo sitio, creación de mapas de imaxe, creación de menús de salto e barras de navegación, diferentes tipos de menús (baseados en botóns de imaxe e en texto), definir o esquema de navegación correcto segundo o contido, diferenzas entre páxinas baseadas en marcos e en táboas,... O alumno/a deberá ser capaz de crear os vínculos e hipervínculos necesarios para que o seu sitio funcione e se poida navegar entre as diferentes páxinas ou enlaces con recursos externos (buscadores, enviar correos, outras páxinas,...). 7.6 Sesión 6, 7 y 8: Creación de contidos para as páxinas dun docente universitario e/ou PAS (6 horas) Como crear os contidos básicos dunha páxina persoal adaptados a este perfil e cales son as distintas posibilidades á hora de formatealos. A grosso modo, o alumno/a deberá ser capaz de crear as súas seccións de: información xeral, docencia, investigación, proxectos, congresos, publicacións e enlaces de interese. Tamén se verá como enlazar documentos externos (PDF, Word, Zip) para que o alumnado poida descargalos ou visualizalos (notas, apuntamentos, aplicacións,...) O alumno/a debe ser capaz de inserir calquera contido que se axuste a unha páxina persoal con este perfil (docente/pas). 7.7 Sesión 9: Aplicando estilos as nosas páxinas. Vantaxes do seu uso (2 horas) Unha vez que creamos o noso sitio veremos como podemos refinalo ata acadar o deseño que desexamos. Explicaranse os conceptos fundamentais para conseguir unha boa relación entre tamaño e calidade para obter unha maior rapidez, como formatear correctamente os textos, que tipografías podemos empregar, uso correcto de tamaños en tipografías, efectos especiais en textos, creación de bordos con estilos,... O alumno/a poderá definir os seus propios estilos que lle servirán para cambiar a aparencia da páxina sen ter que tocar o deseño nin os elementos creados, tan só redefinir o estilo creado. Deste xeito tamén coñecerá as posibilidades máis amplas dos estilos fronte ao formateo en HTML. 7.8 Sesión 10: Mantemento do sitio. (2 horas) Explicarase como unha vez que publicamos a nosa primeira versión do sitio, poderemos modificar, engadir e eliminar contidos de xeito doado e rápido. Non só contidos do sitio senón tamén como xestionar os seus arquivos, realizar copias de seguridade, protexer arquivos, engadir outros novos, dispor de elementos en librarías para a súa reutilización, comprobación e reparación de vínculos rotos, compatibilidade con navegadores,...

Preténdese que o alumno/a saiba como ter actualizado o seu sitio web e xestionalo de forma eficiente unha vez que o publique. 8 Documentación O alumnado recibirá antes de cada sesión a documentación precisa para o seu seguimento. Adicionalmente, a Área de Posgrao Virtual porá a disposición dos interesados un acceso a esta documentación antes do curso na plataforma de aprendizaxe virtual Maquía. Para acceder a estes contidos hai que entrar en Bubela, co nome de usuario e clave usado para a preinscrición, e acceder ao curso a través do enlace Os meus cursos, onde se atopará un vínculo para acceder á plataforma de aprendizaxe virtual Maquía. 9 Entrega de Diplomas Unha vez finalizado o curso entregarase un diploma de asistencia a todo o alumnado que asistiu a un mínimo de 8 sesións (16 horas) e cubriu a enquisa.