LibrePlan Audiovisual: Sistema de planificación e control de desvíos de producións audiovisuais

Similar documents
Acceso web ó correo Exchange (OWA)

GUÍA DE MIGRACIÓN DE CURSOS PARA PLATEGA2. Realización da copia de seguridade e restauración.

COMO XOGAR A KAHOOT Se vas xogar por primeira vez, recomendámosche que leas este documento QUE É KAHOOT?

O SOFTWARE LIBRE NAS ENTIDADES DE GALIZA

Silencio! Estase a calcular

R/Ponzos s/n Ferrol A Coruña Telf Fax

Síntesis da programación didáctica

O Software Libre nas Empresas de Galicia

Obradoiro sobre exelearning. Pilar Anta.

Manual de usuario CENDES. Centro de descargas da Xunta de Galicia

VIGOSÓNICO V C O N C U R S O V I D E O C L I P S Calquera proposta estética para o vídeo: cine, animación, cor, branco e negro,...

Sede Electrónica Concello de Cangas

Anexo IV: Xestionar o currículum da etapa:

Manual de usuario do módulo de control horario do sistema OPAX

REUNIÓN CONVOCATORIAS SUBVENCIÓNS 2018 SECCIÓN DE SERVIZOS SOCIAIS SERVIZO DE ACCIÓN SOCIAL, CULTURAL E DEPORTES

Fondo de Acción Social. Manual do Usuario de presentación de solicitudes do FAS

PROGRAMA FORMATIVO DA ESPECIALIDADE FORMATIVA TÉCNICAS DE MARKETING ON LINE, BUSCADORES, SOCIAL MEDIA E MÓBIL COMM049PO

Rede CeMIT Cursos Gratuítos de Alfabetización Dixital NOVEMBRO Aula CeMIT de Cuntis

ANÁLISE DO SECTOR TÉXTIL, CONFECCIÓN E CALZADO

1. Introducción e obxectivos do documento 1.1 Introducción Estrutura do informe Unha visión colaborativa 8

CURSO UNIVERSITARIO CON APROBACIÓN PROVISONAL DE HOMOLOGACIÓN POR PARTE DA CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E O.U.

PLAN DE COMUNICACIÓN DO PROGRAMA OPERATIVO DO FSE DE GALICIA

Facultade de Fisioterapia

A OUTRA CRISE: ENERXÍA, CAMBIO CLIMÁTICO E ECONOMÍA

viveiros en Galicia de empresa O papel dos económica e xeración de emprego

Informe do estudo de CLIMA LABORAL do Sergas

Narrador e Narradora Narrador Narradora Narrador

CONTROL DE VERSIÓNS E DISTRIBUCIÓN

Problema 1. A neta de Lola

plan estratéxico 2016 >> 2020

marcoeuropeocomún de referencia para as linguas: aprendizaxe, ensino, avaliación

Programación Proxecto empresarial

Orzamentos Xerais do Estado para 2016: Novidades en materia de Seguridade Social que xestionan as mutuas

Guía para a elaboración das Estratexias de desenvolvemento local das zonas pesqueiras FEMP

6. O proceso técnico. 1. Introducción. 2. Introdución ás fases da cadea documental ISABEL PEMÁN PÉREZ

A cultura do código. Retos para a identidade galega na época dos algoritmos

PARTE I. VIVALDI: Concierto en MI M. op. 3 n.12

Implantación dunha tenda online: venda de produtos de artesanía

12352 LEI 11/2007, do 22 de xuño, de acceso electrónico dos cidadáns aos servizos públicos. («BOE» 150, do )

Probas de validación de Críticos de Arte Artificiais.

CRÉDITOS Edita: Dirección Xeral de Traballo e Economía Social Conselleria de Traballo e Benestar

2.1. O PROXECTO LINGÜÍSTICO DE CENTRO

Segunda lingua estranxeira: inglés

Curso: Creación de Páxinas Web Persoais. novembro 2005

ICEDE Working Paper Series

vista Galega de Bloque temático ECONOMÍA, EMPRESA E MEDIO AMBIENTE Coordinadora MARÍA ROSARIO DÍAZ VÁZQUEZ

INFORME DE AVALIACIÓN DOS BANCOS DO TEMPO DO PROXECTO CONTA CON ELAS

AS POLÍTICAS DE I+D+i ANTE A CRISE 1

Procedimientos Auditivos e Instrumentais DEPARTAMENTO COORDINADOR/A DA DISCIPLINA. CURSOS 1º curso 2º curso 3º curso 4º curso.

IMPLICACIÓNS FINANCEIRAS DA XESTIÓN DO MEDIO NATURAL PARA AS EMPRESAS E PARA OS MERCADOS DE CAPITAIS

CUESTIÓNS XERAIS A AMBOS PROCEDEMENTOS

OS VIVEIROS GALEGOS COMO INSTRUMENTO DE DESENVOLVEMENTO LOCAL: SITUACIÓN ACTUAL E LIÑAS FUTURAS DE MELLORA

II PLAN PARA A IGUALDADE DE OPORTUNIDADES ENTRE MULLERES E HOMES DE VIMIANZO ( )

Revista Galega de Economía Vol (2016)

Guía para autoarquivo en Minerva Repositorio Institucional da USC. 16/04/2018 Biblioteca Universitaria da USC

Revista Galega de Economía Vol (2017)

I. PRESENTACIÓN. 1. Administración e recursos humanos

A comunicación externa nas organizacións

MEMORIA DE AVALIACIÓN DA CALIDADE: INFORME DE RESULTADOS PROGRAMACIÓN: ACCIÓNS FORMATIVAS DIRIXIDAS PRIORITARIAMENTE ÁS PERSOAS TRABALLADORAS

Linux para seres humanos

Guía para a elaboración da planificación estratéxica dos centros da USC

Guía para autoarquivo en Minerva. Repositorio Institucional da USC

Concello de Baralla DENOMINACIÓN DA PRAZA/POSTO/EMPREGO: PERSOAL DE APOIO NO PAI. Concello de Baralla

DOG Núm. 34 Venres, 16 de febreiro de 2018 Páx

CENTRAL DE CARÁCTER CONSULTIVO ELECCIÓNS

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO

Programación Percusión

BILINGÜISMO, DESENVOLVEMENTO E APRENDIZAXE ESCOLAR: UNHA PROPOSTA DE INTERVENCIÓN NA ESCOLA

ACCESO LIBRE Ó COÑECEMENTO? POLÍTICAS NEOLIBERAIS NAS BIBLIOTECAS UNIVERSITARIAS GALEGAS. Concha Varela Orol

Expediente: 5193/2017

Se (If) Rudyard Kipling. Tradución de Miguel Anxo Mouriño

Inferencia estatística

A ADMINISTRACIÓN ELECTRÓNICA DESDE UNHA PERSPECTIVA COMPARADA

LLP PT-KA3-KA3MP. ecity Guías Pedagóxicas

1. DATOS IDENTIFICATIVOS DA DISCIPLINA CÓDIGO Teorías do espectáculo e da comunicación Teorías do espectáculo II

RECURSOS PARA O TRABALLO COS VOLUNTARIOS E VOLUNTARIAS NUNHA ENTIDADE DE VOLUNTARIADO. Módulo IV Traballando por proxectos

CADERNO Nº 9 NOME: DATA: / / Funcións e gráficas. Recoñecer se unha relación entre dúas variables é función ou non.

Procesos preventivos e carteira de servizos en materia de prevención do Plan de Galicia sobre Drogas

Lingua e Docencia Universitaria V Xornadas sobre Lingua e Usos

Blink: SIP conferencing done right Saúl Ibarra Corretgé AG Projects

Revista Galega de Economía ISSN: Universidade de Santiago de Compostela España

Grao en Química. 2 0 Curso QUIMICA INORGÁNICA III. Guía Docente

Metodoloxía copyleft en educación

ANIMAR-T / LAIA, APRENDIZ DE MAGA

NOME DO CENTRO: IES CANIDO CURSO ESCOLAR: 2016/2017 INGLÉS 1º ESO

Carlos Servando MEMORIAL SALVAMENTO DEPORTIVO. 10 de outubro as 16:00. Piscina Carballo Calero Carballo. Organiza

Apertura dos centros de formación profesional á contorna local: percepción dos axentes sociais

Os proxectos na Educación Infantil. Análise dunha experiencia sobre os dinosauros

Grao en Química. 2 0 Curso QUIMICA INORGÁNICA III. Guía Docente

LEI 18/2011, DO 5 DE XULLO, REGULADORA DO USO DAS TECNOLOXÍAS DA INFORMACIÓN E DA COMUNICACIÓN NA ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

DOG Núm. 82 Luns, 29 de abril de 2013 Páx

ESTUDO SOBRE O SECTOR DOS MATADOIROS EN GALICIA DENDE O PUNTO DE VISTA DA COMPETENCIA

ÁMBITO DE COMUNICACIÓN Lengua extranjera: Inglés

Sobre as subvencións públicas á tradución editorial galega ( )

Conservatorio Profesional de Música de Vigo. Programación OPTATIVA DE MÚSICA MODERNA (historia do rock&roll)

Xogos e obradoiros sobre o cambio climático que Climántica desenvolve en centros educativos

La industria maquieira de exportacion mexicana hai 40 anos

Xénero e discapacidade, unha dupla invisibilidade. Situación actual

EFECTOS SOCIOECONÓMICOS DO ACTUAL PROCESO DEMOGRÁFICO EN GALICIA

Name: Surname: Presto= very fast Allegro= fast Andante= at a walking pace Adagio= slow Largo= very slow

Transcription:

LibrePlan Audiovisual: Sistema de planificación e control de desvíos de producións audiovisuais Memoria Xustificativa Anualidade 2011 19C. MEMORIA DESCRIPTIVA REALIZACIÓN INVERSIÓNS Procedemento Administrativo PR519A Liña de actuación: B2 Socio tecnolóxico Resposta tecnolóxica en solucións TIC para asociacións empresariais

Licenza do documento Este documento ten copyright de S.L. e licenza Creative Commons Recoñecemento CompartirIgual 3.0 España. http://creativecommons.org/licenses/bysa/3.0/es/ Este documento correspóndese coa memoria técnica do procedemento PR519A relativo á Resolución do 14 de Decembro de 2011, da Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica, pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das subvencións aos proxectos de cooperación empresarial para o fomento da empresa dixital no ámbito do Plan Avanza na Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2011 cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder), e se procede á súa convocatoria (procedemento administrativo PR519A). Pontevedra, 19 de Decembro de 2011 Página ii

Índice xeral 1. Definición do proxecto... 6 1.1. Descrición e motivacións do proxecto... 6 1.2. Requirimentos funcionais... 9 1.3. Arquitectura técnica da solución desenvolvida... 10 1.3.1. Capa de presentación interface web... 11 1.3.2. Capa de interface de servizos web... 11 1.3.3. Capa de lóxica de negocio... 12 1.3.4. Capa de persistencia... 12 2.... 14 2.1. Traballo de Análise do proxecto... 14 2.1.1. Módulo de orzamentos... 14 2.1.2. Modulo de adaptación EDT... 16 2.1.3. Modulo de calendarios... 18 2.1.4. Modulo de planificación... 19 2.1.5. Módulo de custo... 21 2.1.6. Modelo de progreso e axuste orzamento... 23 2.1.7. Módulo de personalización da interface... 23 2.1.8. Módulo de probas... 24 2.1.9. Sistema de permisos... 24 2.2. Tarefas de infraestrutura e xestión da comunidade... 25 2.2.1. Xeneralización do proxecto NavalPlan... 25 2.2.2. Xestión da comunidade... 28 Página iii

2.2.3. Montaxe da infraestrutura de xestión de proxecto de LibrePlan Audiovisual... 28 2.3. Tarefas de desenvolvemento realizadas... 30 2.3.1. Migración de ZK 3.6 a ZK 5.0... 30 2.3.2. Desenvolvemento do módulo de orzamentos... 30 2.3.3. Desenvolvemento do módulo de usuarios... 31 2.3.4. Compartimento de estado... 32 2.3.5. Tipos de avances... 33 2.3.6. Adaptación calendarios... 33 2.3.7. Personalización... 33 2.4. Tarefas de coordinación no proxecto... 33 3. Descrición dos medios e capacidades empregados...36 3.1. Recursos humanos... 36 3.2. Recursos técnicos... 36 4. Normalización na execución do proxecto... 38 4.1. Metodoloxías seguidas no proxecto... 38 4.2. Documentación xerada durante o proxecto... 38 4.3. Aplicacións informáticas implantadas para a execución e control continuo do proxecto... 38 4.4. Publicidade do cofinanciamento... 39 Emprego e resultados de código libre e de software de fontes abertas (FLOSS)... 40 5. 5.1. Identificación e relevancia no uso de ferramentas FLOSS para a execución do proxecto... 40 5.2. Desenvolvemento e xeración de resultados en FLOSS así como en estándares abertos, e licencias dos resultados do proxecto...41 5.3. Identificación da publicación de resultados (informes, manuais, códigos, aplicacións, etc) na web do solicitante ou repositorios Página iv

públicos de FLOSS... 41 Página v

1. DEFINICIÓN DO PROXECTO 1.1. Descrición e motivacións do proxecto O sector audiovisual leva a cabo produción de contidos audiovisuais (series de televisión, películas, documentais,...) e a elaboración destes contidos constitúe realmente a realización de proxectos industriais, como ocorre en outros sectores da economía (construción, software, naval, etc). Isto é así porque un proxecto pódese definir como un esforzo temporal emprendido para crear un único produto, tendo as seguintes características básicas: Temporal. Único. Ten unha elaboración progresiva. Os proxectos características. de produción do audiovisual cumpren estas Con respecto á realización de producións audiovisuais o sector quere cubrir con este proxecto varias áreas: Unha primeira área é a orzamento. Non existe no sector en xeral, e no cluster do audiovisual galego en particular, ningún procedemento estándar e ningunha ferramenta informática libre que facilite a elaboración de presupostos. Esta elaboración, sen embargo, considérase que debería ser común e estándar. Definir e proporcionar unha ferramenta que o posibilite é o primeiro obxecto do proxecto. Unha segunda área constitúeo a planificación. Unha vez se ten presupostado a produción audiovisual quérese realizar unha planificación da mesma no tempo. Esta planificación ten un Páxina 6

Definición do proxecto características especiais neste sector e hai que contemplalas, telas en conta para proporcionar unha solución. Un terceiro ámbito para o desenvolvemento do proxecto é contemplar a especial relación entre o orzamento e asignación de recursos. Deséxase modelar o orzamento como unha forma de asignar as tarefas de planificación. Outra área de interese é ser capaz de realizar o seguimento do proxecto a través da análise dos progresos e o seu impacto no custe. Dende o sector quérese levar a cabo un seguimento diario dos proxectos audiovisuais unha vez que comeza a rodaxe dos mesmos é quérese contrastar como vai progresando e custando o proxecto con respecto ao orzamento. Quérese que sexa un proceso vivo no que se analice os desvíos segundo se produzan e tomar decisións sobre o orzamento que constitúe tamén a asignación, para cubrir en tempo en custe os obxectivos comprometidos. Tamén se desexa ter informes para analizar o resultados intermedios ou finais dun proceso de produción. Para a realización do software decidiuse partir da ferramenta NavalPlan, unha das máis importantes ferramentas de xestión de proxectos de software libre e facer unha adaptación sectorial para o audiovisual. A base desta proposta foron dúas: 1. Razóns técnicas: Considerouse viable partir de NavalPlan porque, por unha banda, é software libre e se pode adaptar e desenvolver o requirido. Por outra, é a empresa desenvolvedora do proxecto, que foi inicialmente financiado pola Fundación para o Fomento da Calidade Industrial e, polo tanto, conta cos coñecementos de funcionalidade e técnicos necesarios para realizar esta tarefa. 2. Razóns funcionais. Desenvolver todo un proxecto dende cero para resolver a problemática do cluster do audiovisual sería moi custoso e non viable. Neste caso, partir dunha Páxina 7

Definición do proxecto ferramenta de xestión de proxectos cunha funcionalidade xenérica axeitada constitúe unha boa base. A adaptación de NavalPlan/LibrePlan implica ademais de desenvolver os obxectivos mencionados neste apartado realizar un proceso de configuración da interface para que certas partes non interesantes para o CLAG quedasen da maneira o menos invasiva posible para o usuario facilitando o seu uso e maximizando, polo tanto, a usabilidade da ferramenta. Con respecto a outras ferramentas que puidesen existir para resolver a problemática, o sector expresa a inexistencia de software no mercado para xestionar as súas necesidades. Por tanto, a necesidade de adaptar unha delas é a única posibilidade. A elaboración de orzamentos estase a facer a man e sen un proceso normativo. Isto quere dicir que non existe ningunha ferramenta que axude a elaborar e compoñer os distintos que son necesario ter en conta para elaborar un orzamento a ser aceptado polos clientes (televisións por exemplo). Ter unha ferramenta axeitada para esta labor e adaptada aportaría moito valor ao sector. Ademais sería de utilidade para o sector no senso de que facilitaría a comunicación entre as diferentes empresas e os clientes ao sempre utilizarse un estándar de proceso orzamentario e de documentos resultado de dito proceso. No tocante a planificación de proxectos existen alternativas libres e non libres para asistir a planificación. O que ocorre é que a planificación das producións audiovisuais teñen unhas características no sector que fai que as ferramentas de planificación tal cal non sexan apropiadas. Por exemplo, a modo ilustrativo, a unidade de planificación para estimar os traballos que hai que planificar que se utiliza nos proxectos en outros sectores é a hora. Non obstante, no sector audiovisual as tarefas a planificar se miden en secuencias ou páxinas de guión. A conclusión é que coa adaptación da ferramenta poderían realizar con axuda informática procesos de planificación que agora mesmo non se están controlando. Páxina 8

Definición do proxecto Por último, o seguimento e a análise do custe é un proceso que tampouco se está realizando de forma asistida e actualmente é un proceso manual. É, ademais, sensible a erros que, cando se producen, acarreiran resultados non satisfactorios para as empresas debido a unha mala xestión. Hai certas decisións acerca do custe e da planificación que se necesitan tomar ao longo do proceso de rodaxe para adaptarse a realidade. Por exemplo, se se ten un retardo na data comprometida para a finalización da produción e se quere chegar en tempo, quérese explorar a maneira de evitar esta situación. Por exemplo, unha acción a tomar podería ser aumentar o número de secuencias por día a rodar mediante a contratación dunha cámara máis aumentando o orzamento por esta banda e compensándoo por unha redución dos decorados e escenas de exteriores. Actualmente isto non se está a poder xestionar máis que de forma completamente a ollo e aproximada sen poder actuar a tempo e sen ser un proceso repetible e previsible. 1.2. Requirimentos funcionais Como resultado de estudar a problemática existente, determinouse que o sistema adecuado para afrontala consistiría nunha adaptación sectorial do proxecto NavalPlan (o cal sería evolucionado previamente a LibrePlan) para poder ser implantado en tódalas empresas do sector audiovisual galego. Por tanto, o entregable será unha aplicación web coas capacidades xerais de facer orzamentos, planificación, seguimento e análise de custos das producións audiovisuais galegas. A funcionalidade a desenvolver foi especificada a través do enunciado e resume dos requisitos por módulos (agrupacións de traballo a acometer, ligados por temática e por situación na arquitectura do programa), e dos cales se detalla o estado actual do proceso de análise dos mesmos, así como das necesidades a cubrir que abordan da información de análise existente para cada un de eles no punto 3.1 do presente documento. Páxina 9

Definición do proxecto A agrupación de requirimentos funcionais do actual proxecto, defínese na seguinte lista de módulos ou conxuntos de funcionalidades ou casos de uso: Módulo de orzamento Módulo de clasificación de tarefas a planificar Módulo de calendarios Módulo de planificación Módulo de custe. Módulo de progreso e axuste de orzamento. Módulo de personalización da interface Módulo de permisos No punto 2.1 indícase un resumo do proceso de análise levado a cabo sobre ditos módulos, e os conxuntos de funcionalidades que están sendo desenvolvidas, para cada unha destas unidades. 1.3. Arquitectura técnica da solución desenvolvida A arquitectura do software que está a ser desenvolvido, está construída sobre unha versión da aplicación de xestión de planificación NavalPlan (logo LibrePlan, como se explica no punto 2.2.1), sobre a cal se constrúe a adaptación para o CLAG. Esta aplicación, utiliza unha arquitectura de organización do código baseada en capas. Consiste en organizar o software nunha serie de divisións horizontais lóxicas. Estas divisións horizontais organízanse xerarquicamente de forman que descansa cada unha na capa que ten debaixo. Así ata a capa máis profunda. Nesta estruturación séguense os seguintes preceptos: Páxina 10

Definición do proxecto Cada capa ten un conxunto de responsabilidades que corresponden a un determinado nivel de abstracción. Unha capa ofrece servizos a capa de nivel superior. Unha capa usa os servizos ofertados pola capa de nivel inferior. As capas de que consta LibrePlan son as seguintes: Capa de presentación interface web. Capa de interface servizos web. Capa de lóxica de negocio. Capa de persistencia. A continuación se explicará brevemente cada unha destas capas. 1.3.1. Capa de presentación interface web A capa de interface web corresponde coa parte do programa que se encarga de proporciona as páxinas HTML/Javascript que permiten aos usuarios realizar as operacións necesarias para planificar a empresa. Dentro da interface web se fai uso do patrón MVC (Model View Controller) para estruturar cada unha das pantallas. É unha capa que non ten ningunha por enriba, é dicir, interacciona directamente co usuario. 1.3.2. Capa de interface de servizos web A capa de servizos web é unha capa paralela a capa de interface web que ofrece servizos web REST para ofrecer funcionalidades de exportación/importación de datos dunha instalación da aplicación co exterior. Contémplanse dous tipos de comunicacións a través de servizos web: Páxina 11

Definición do proxecto Integración con outras aplicacións. Quedarían englobados aquí os ERP que desexen interactuar con LibrePlan. Integración con outras instalacións de LibrePlan. Dúas instalacións de LibrePlan en sendas empresas permiten interactuar para a subcontratación de proxectos e o reporte de progresos dos mesmos. 1.3.3. Capa de lóxica de negocio A capa de lóxica de negocio atópase por debaixo da capa de interface web e dos servizos web. É unha capa que está constituída por clases que capturan as regras existentes no dominio da aplicación. Nela existen dous tipos de clases: Entidades. Son clases que representan conceptos que teñen persistencia no dominio. Quere dicir isto que representan datos que se van almacenar. Ademais, levan asociado comportamento que ten que ver cos datos que representa a entidade. Clases de comportamento. Nalgúns caso pode haber clases que teñen unicamente comportamento e non datos. Isto se deseña na arquitectura cando se quere reutilizar o comportamento entre varias entidades ou cando desacoplalo da entidade proporciona maior flexibilidade e esta é requirida. 1.3.4. Capa de persistencia A capa de persistencia atópase por debaixo da capa de lóxica de negocio e é a encargada da gravación das entidades na base de datos. Na aplicación utilízase unha solución ORM Object Relational Mapping para a asociación entre as clases que representan os obxectos do dominio a súa representación en táboas de bases de datos relacionais. Esta solución ORM se encarga tanto de converter a entidades as consultas que se lanzan sobre o sistema de persistencia como de facer a Páxina 12

Definición do proxecto tradución das entidades ás filas correspondentes das táboas da base de datos. Páxina 13

2. DESCRICIÓN DO TRABALLO REALIZADO O ámbito completo do proxecto proposto, LibrePlan Audiovisual: Sistema de planificación e control de desvíos de producións audiovisuais comprende o período que vai dende o 1 de Abril 2011 ó 31 de Agosto de 2012. No presente documento xustifícase o traballo realizado dentro do ámbito da primeira anualidade do proxecto. 2.1. Traballo de Análise do proxecto Unha das primeiras tarefas identificadas para levar a cabo o traballo contemplado no proxecto, consistiu en refinar as necesidades identificadas na proposta, e conxuntamente cos interlocutores do CLAG e coa súa visión proporcionada en cada unha das áreas de actuación a abordar, levar a cabo un proceso de análise e deseño da solución software a desenvolver sobre LibrePlan. A continuación, indícase a descomposición funcional en subtarefas e conxuntos de casos de uso identificados en dito proceso de análise. 2.1.1. Módulo de orzamentos Este módulo é o que aglutina as características formais que debe reunir un presuposto dos que empregan os membros do CLAG. É habitual, por exemplo, dividir o presuposto en capítulos cada un dos Páxina 14

cales corresponde a un apartado conceptual necesario para levar a cabo unha produción. Un capítulo pódese entender como unha partida orzamentaria. Entre os identificados inicialmente están: 1. Guión. Inclúe o prezo para o guión literario e mais o guión técnico e audiovisual. Definen a orde e forma das imaxes e outros elementos gráficos na produción. 2. Escenografía. É o prezo que supón o attrezo e os platós para o desenvolvemento da produción. 3. Equipo de rodaxe e consumibles. Abarca todo o necesario para levar a cabo a rodaxe: unha ou varias cámaras,trípodes, kits de iluminación, microfonía ambiente, etc 4. Equipo técnico. Inclúe todo o persoal implicado na rodaxe, o produtor, operadores de cámara, audio e iluminación, maquillaxe, etc 5. Persoal artístico. Son os actores e actrices da rodaxe, figurantes, grupos de baile, etc 6. Locución e dobraxe. Pode ser necesario dobrar a produción a varios idiomas ou ter partes narradas por un locutor. 7. Edición musical. Banda sonora incorporada nas seccións da produción que o necesiten ou outros efectos. 8. Post produción. Edición da material rodada, do son, dos efectos multimedia, etc. Na aplicación LibrePlan Audiovisual realízase a aplicación dun sistema de modelos preconfigurados de tipos de presupostos o cal permite a creación de forma eficiente deste tipo de entidades. Outra característica importante do módulo é que leva incorporada temporalidade. Isto significa que o modelo de datos permite realizar versións dos orzamentos e que estas versións sexan consultables e se poida coñecer ao longo do tempo os diferentes cambios. Páxina 15

Por último, neste módulo elaborarase unha representación do orzamento en modo de informe para poder ser impreso e consultado. Como resultado deste módulo de análise, creáronse os seguintes conxuntos de tarefas e casos de uso, os cales poden ser revisados no XPTracker de xestión do proxecto: https://wiki libreplan.igalia.com/twiki/bin/view/audiovisual/ana03moduloorzament o Modelo de dominio de capítulos orzamentarios Interface de usuario para operacións CRUD sobre capítulo Modelo para integración de orzamento e proxecto de planificación Incorporación de temporalidade a modelo e orzamento. Interface gráfica para a consulta de temporalidade Pantalla de consulta de orzamentos como informe 2.1.2. Modulo de adaptación EDT Para realizar a planificación dun proxecto en xeral, un dos pasos consiste na identificación das actividades que hai que realizar para levar a bo término o proxecto. Ocorre o mesmo no sector audiovisual. As actividades unha vez identificadas é necesario estimalas e organizalas en grupos. Isto se fai en xestión de proxectos a través da creación da EDT (estrutura de descomposición de traballo), o cal é unha tradución do termo común en inglés WBS (Work Breakdown Structure). A EDT é unha estrutura xerárquica (unha árbore) na que existen nodos que se organizan en varios niveles. Existen dous tipos de nodos: Nodos folla. Son as actividades e se estiman en horas en xestión de proxectos. Páxina 16

Nodos contedores. Son agrupacións de outros nodos (folla ou contedores). Non teñen traballo asociado directamente senón que agrupan o traballo reportado polos nodos inferiores. LibrePlan proporciona a composición de EDT para a súa posterior planificación. Non obstante, este módulo en LibrePlan Audiovisual consiste na adaptación da EDT para as empresas de producións audiovisuais. Era necesario levar unha adaptación porque no sector audiovisual existe a necesidade de utilizar outras unidades distintas do tempo como medida de estimación para as actividades. Isto é unha necesidade específica e non está soportada nin por LibrePlan nin por outras ferramentas de planificación. A adaptación consiste en substituír a unidade de horas como unidade de estimación de horas e utilizar as unidades requiridas polo sector: Secuencias. Unha secuencia se define como unha unidade dramática dotada de significado que inclúe unha exposición, un desenvolvemento e unha conclusión. As rodaxes sóense medir ou estimar acordando o número de secuencias de que se compón o produto audiovisual. Páxinas de guión. Outra unidade que é de interese e definir o número de páxinas de guión de que consta unha actividade da rodaxe. Este módulo implica substituír o modelo de datos e realizar unha adaptación da interface para soportar estas novas unidades de medida e facer que encaixe na planificación. Como resultado deste módulo de análise, creáronse os seguintes conxuntos de tarefas e casos de uso Páxina 17

https://wiki libreplan.igalia.com/twiki/bin/view/audiovisual/ana04moduloadaptacio nedt Cambio modelo de datos para soporte de unidades secuencias, guión. Refactorización das interfaces de WBS para o soporte de novas unidades Adaptación das pantalla de WBS para simplificar elementos de criterios e materiais. 2.1.3. Adaptación dos modelos para soporte da nova estrutura do WBS Modulo de calendarios Este módulo consiste na adaptación dos calendarios de LibrePlan Audiovisual coas particularidades transmitidas polos membros do CLAG. O comportamento xeral dos calendarios é valido agás para ter en conta as novas unidades de consumo de tempo. No caso habitual, os calendarios indican canto se traballo en horas cada día. A adaptación consiste en que se permite configurar os calendarios non en tempo senón coas unidades na que se estiman as actividades no cluster audiovisual: número de secuencias por día e páxinas de guión. O análise deste módulo identificou os seguintes casos de uso e tarefas a desenvolver: https://wiki libreplan.igalia.com/twiki/bin/view/audiovisual/ana05modulocalendari os Cambio no modelo de datos de calendario para soporte unidades secuencias/guión Páxina 18

Adaptación de interface para soporte de novas unidades Adaptación interface para asignación de novo calendario a proxectos 2.1.4. Modulo de planificación Neste módulo os principais puntos para facer a adaptación son dous. Por unha banda, decidiuse facer unha determinación da duración das tarefas a planificar en función do que determine o calendario asignado ao proxecto. Por outro lado, hai que cambiar o modelo de asignación de recursos baseado en traballadores como estaba inicialmente en LibrePlan e, en xeral, como ocorre nas ferramentas de planificación. É un modelo baseado en asignación a recursos humanos concretos de maneira que se rexistra a cada tarefa as horas que cada traballador fai en que data. No caso do cluster audiovisual non se queren xestionar os recursos humanos directamente senón que unicamente se quere realizar unha asignación de capacidade produtiva pero sen xestionar os recursos concretos. O feito de non desexar xestionar e controlar os recursos humanos directamente significa que non se quere seleccionar o actor concreto ao cal asignar unha parte da rodaxe, ao cámara, ao responsable de son, etc para as distintas actividades da planificación. As razóns disto son varias: En primeiro lugar, as empresas de produción audiovisual realizan practicamente unha subcontratación completa de todo o persoal necesario para levar a cabo unha produción. Tanto os actores, como os cámaras, os responsables de vestiario, dirección artística, etc.. son contratados expresamente para a produción. Por tanto, non son propiamente recursos humanos da empresa de produción audiovisual. Páxina 19

En segundo lugar, o CLAG non ten interese en xestionar os recursos do proxecto porque non se comparten entre varios proxectos. As empresas de produción contratan os recursos externos para un determinado proxecto e non teñen continuidade en outros proxectos. Tampouco se da a circunstancia de que poidan participar en varios proxectos da mesa empresa á vez. Isto último acontece debido a dúas causas: As empresas de produción audiovisual unicamente acometen un proxecto á vez e, como xa se dixo, os recursos se contratan por obra para a realización dun proxecto. O traballo analizado nesta parte consiste en realizar un modelo de asignación alternativa nas tarefas na que se rexistre o número de escenas por día que se teñen planificadas en cada data. Para elo proponse contemplar un modelo de asignación por tramos e asignación plana. Este modelo consistiría e especificar en determinados rangos canto é o numero de escenas por día que se planifican. Podería haber un único tramo inicialmente ou varios. Tamén se contemplaría neste punto proporcionar diversas estratexias para calcular a que número de escenas por día se debería rodar nunha determinada tarefa. Habería as seguintes estratexias: Calcular de data fin: Se introduce o número de escenas ou páxinas de guión que se teñen que queren rodar e o número de escenas por día é o programa calculará en que data se remataría. Calcular número de escenas: Se configura a data de fin e as escenas a facer por día laborable e o programa calcula cantas se farían. Calcular número de escenas por día. Se configura o número de escenas totais e a data a rematar e o programa calcula cantas se teñen que rodar por día. O análise deste módulo identificou os seguintes casos de uso e tarefas a desenvolver Páxina 20

https://wiki libreplan.igalia.com/twiki/bin/view/audiovisual/ana06moduloplanificac ion Refactorización no proceso de creación de novas tarefas. Eliminación de modelo de asignación a recursos por dia Introdución de nova pantalla de asignación non baseada en recursos Modelo de datos produtividade Creación de estratexias de asignación de tarefas a tarefas de rodaxe Asignación por tramos Pantalla de visualización detallada de asignación Eliminación de horas imputadas en planificación Gantt Eliminación gráfico de carga de recursos global Gantt Pantalla de carga de recursos por proxecto desactivación Adaptación do método de MonteCarlo Pantalla de asignación avanzada desactivación Desactivación mecanismo de subcontratación 2.1.5. de asignación de tarefas baseado en Módulo de custo Este módulo consiste en poder facer unha análise do custe no que se vai incorrendo no desenvolvemento da produción para saber se está incorrendo nun desvío positivo ou negativo. Actualmente LibrePlan unicamente pode realizar un análise do custo en base as horas que os recursos van dedicando ao proxecto mediante o reporte de partes de traballo. Agora, sen embargo, isto non se pode realizar nesta adaptación ao CLAG, xa que non se xestionas os recursos na asignación a tarefas concretas e tampouco se desexa rexistrar o traballo que van realizando os recursos. Por tanto, a análise de custe baseado nas horas reportadas polos recursos non será posible. Páxina 21

Hai que elaborar un novo modelo de custe para o CLAG sobre LibrePlan. Este modelo de custe utilizará dous pilares. O primeiro constitúeo o orzamento desenvolvido no módulo descrito. Para analizar o custe vaise a modificar o modelo do orzamento para que os ítems do mesmo se poidan ir gastando ao longo do tempo. Por tanto, cada ítem do orzamento terá o seguinte comportamento. Constará dunha serie de execucións de mesmo ao longo do tempo. Cada vez que se execute unha porcentaxe dun elemento do orzamento este feito suporá imputar ese custe na data especificada. O segundo é o custe operativo de cada día de rodaxe. Hai que permitir configurar na planificación un custe por día de rodaxe. Por tanto, este custe por día se irá imputando día a día. Que un proxecto teña máis días de rodaxe significa que custará máis que se tivese meses. Este módulo permitirá realizar unha serie de análises e informes, como o valor gañado, de maneira que se poida consultar como vai o proxecto en custe con respecto ao previsto. O análise deste módulo identificou os seguintes casos de uso e tarefas a desenvolver: https://wiki libreplan.igalia.com/twiki/bin/view/audiovisual/ana06modulocusto Modelo de orzamento executado vs. non executado. Adaptación administración executado/non efectuado Modelo para introdución de custe asociado a dia de rodaxe por tarefa Modelo de análise de custe tendo en conta orzamento e dias de rodaxe Adaptación de valor gañado para quitar horas imputadas contemplar novo custo Modelo de vinculación de ítems de orzamento a tarefas de planificación orzamento e introdución de Páxina 22

Pantalla de visualización de desvío de custo con orzamento Adaptación modelo consolidación de progreso Informes de análise de custo 2.1.6. Modelo de progreso e axuste orzamento Este módulo é o que permitirá ir realizando dous procesos paralelos para conseguir chegar a tempo á finalización do proxecto dentro dos límites do orzamento: Realizar medidas de progresos e consolidar os mesmos nas tarefas de rodaxe. Isto implica facer reasignacións das escenas a rodar no tramo das tarefas que faltan para rematar. Realizar modificacións nas cantidades non executadas do presuposto para entrar dentro do orzamentado inicialmente. O análise deste módulo identificou os seguintes casos de uso e tarefas a desenvolver: https://wiki libreplan.igalia.com/twiki/bin/view/audiovisual/ana03moduloorzament o Adaptación modelo de progresos a CLAG Modelo de asignación en tramos non consolidados de tarefas Adaptación proceso de desconsolidación Modelo de introdución de cambios orzamentarios 2.1.7. Módulo de personalización da interface LibrePlan posúe un conxunto de pantallas que non son necesarias para a adaptación a realizar para o CLAG. Non se pode contar con estas pantallas se non se poden usar. Por tanto, este módulo consiste en Páxina 23

realizar un cambio das interfaces para ocultar e desactivar estas pantallas. O análise deste módulo identificou os seguintes casos de uso e tarefas a desenvolver: https://wiki libreplan.igalia.com/twiki/bin/view/audiovisual/ana09modulopersonali zacion Desactivación carga global empresa Desactivación maquinas Desactivación informes non necesarios Desactivación recursos limitantes Desactivación partes de traballo Desactivación de categorías de custo 2.1.8. Módulo de probas A aplicación LibrePlan ten incorporados dous mecanismos de probas automáticas, os cales é interesante empregar para validar o correcto comportamento dos diferentes módulos desenvolvidos. Estes sistemas de probas cobren por unha banda, probas de unidade para as cales se emprega a ferramenta Junit, e probas funcionais empregando Sahi. Identifícase a realización de probas específicas dos seguintes subsistemas: https://wiki libreplan.igalia.com/twiki/bin/view/audiovisual/ana10documentacionp robas Probas de modulo de orzamento Probas de modulo de adaptación EDT Probas de modulo de calendarios Probas de modulo de planificación Páxina 24

Probas de modulo de custo Probas de modulo de progreso e reaxuste orzamento Probas de modulo de personalización da interface 2.1.9. Sistema de permisos Unha das avantaxes de LibrePlan é ser un software despregable como unha aplicación web. Ó poder acceder diversos usuarios dende diferentes localizacións para consultar a planificación resolve moitas das problemáticas asociadas á elaboración incremental de presupostos. Para as empresas do CLAG é interesante contar duns permisos axeitados en LibrePlan para que recollan os distintos roles que poden ter os usuarios sobre os proxectos. Este módulo consiste en identificar e programar estes roles. Ademais, do mesmo modo que a importación dos pedidos ou outro tipo de entidades está soportado mediante servizos web, identifícase a necesidade de mellorar a capacidade de integración con outro tipo de servizos externos xa existentes nas empresas nas que se despregue a aplicación, polo que se considera necesario dotar a LibrePlan de soporte de autenticación con LDAP. Polo tanto, os elementos que resultan do análise deste módulo son os seguintes: https://wiki libreplan.igalia.com/twiki/bin/view/audiovisual/ana09modulopersonali zacion Soporte de LDAP para a autenticación Integración de roles en LDAP Granulosidade de permisos por pestanas da interface Páxina 25

2.2. 2.2.1. Tarefas de infraestrutura e xestión da comunidade Xeneralización do proxecto NavalPlan a LibrePlan Na proposta indicábase que a solución sectorial que se desenvolvería para o sector Audiovisual galego consistiría nunha adaptación da aplicación NavalPlan, software creado coa orientación inicial de solventar problemáticas de planificación e xestión de proxectos para o sector naval de Galicia. Para levar a cabo esta adaptación, o que se mencionaba na proposta realizada, era crear dita aplicación para o o sector Audiovisual como unha particularización dunha versión máis xeral do proxecto inicial que sería chamada LibrePlan. Este novo nome está baseado por unha banda polo carácter FLOSS da aplicación ( Libre é un termo que comeza a ser recoñecible internacionalmente no ámbito do software), e pola súa funcionalidade principal, fundamentalmente enfocada a ser unha ferramenta de planificación. O nome NavalPlan, se ben é adecuado a unha solución aplicable no dominio das empresas auxiliares do sector da construción industrial naval, limitado dende o punto de vista da comprensión da finalidade da aplicación, ó seu uso exclusivo para o sector Naval, o cal non se corresponde coas posibilidades de dita ferramenta. Polo tanto, foi necesario facer ese traballo previo de abstracción fundamentalmente da imaxe e mecanismos de comunicación de Páxina 26

NavalPlan para a súa evolución no proxecto de carácter xenérico LibrePlan, sobre o que se construiría LibrePlan Audiovisual. Este escenario, permite a convivencia dun ecosistema coherente no que coexisten a versión de carácter xeral do proxecto, LibrePlan, coas solucións adaptadas de carácter sectorial NavalPlan e LibrePlan Audiovisual, baixo a marca paraugas xeral. Deste modo obtense un beneficio en varios sentidos, grazas fundamentalmente ó carácter de Software Libre de todos os elementos mencionados: O estar integrado coa solución xenérica, LibrePlan Audiovisual poderá beneficiarse de todo o traballo realizado pola comunidade no proxecto xenérico (corrección de erros ou bugs, melloras, difusión) O proxecto LibrePlan poderá integrar as funcionalidades que se desenvolvan para LibrePlan Audiovisual e que sexan procedentes na versión da ferramenta de propósito xeral, co que o mantemento e evolución de ditas características poderá ser levado a cabo así mesmo pola propia comunidade. A maior expansión no uso dunha solución de carácter xeral, permite facer unha mellor difusión das funcionalidades das versións sectoriais da mesma. A primeira versión de dita solución xeral, necesaria para o desenvolvemento de LibrePlan Audiovisual foi feita en Novembro de 2011, coincidindo coa publicación da nova web do proxecto http://www.libreplan.com Páxina 27

2.2.2. Xestión da comunidade Durante todo o proceso de desenvolvemento das tarefas necesarias para LibrePlan Audiovisual, estanse a levar a cabo as tarefas transversais de xestión da comunidade necesarias para o correcto mantemento do carácter de Software Libre da aplicación, o cal implica o manexar as incidencias ou bugs que se reportan no proxecto, responder os comentarios nas canles públicas de comunicación existentes no proxecto, e levar a cabo tarefas de coordinación co resto dos membros da comunidade de desenvolvedores. No wiki central do proxecto LibrePlan, http://wiki.libreplan.org recompílanse as reunións de comunidade mantidas no intervalo: November 29, 2011 libreplan coordination meeting 20111129.txt November 21, 2011 navalplan coordination meeting 20111121.txt Páxina 28

November 07, 2011 navalplan coordination meeting 20111107.txt October 24, 2011 navalplan coordination meeting 20111024.txt October 10, 2011 navalplan coordination meeting 20111010.txt September 26, 2011 navalplan coordination meeting 20110926.txt September 12, 2011 navalplan coordination meeting 20110912.txt August 29, 2011 navalplan coordination meeting 20110829.txt August 16, 2011 navalplan coordination meeting 20110816.txt July 18, 2011 navalplan coordination meeting 20110718.txt July 4, 2011 navalplan coordination meeting 20110704.txt June 20, 2011 navalplan coordination meeting 20110620.txt June 13, 2011 navalplan roadmap meeting 20110613.txt June 1, 2011 navalplan roadmap meeting 20110601.txt 2.2.3. Montaxe da infraestrutura de xestión de proxecto de LibrePlan Audiovisual Ademais dos recursos xenéricos do proxecto que se empregan durante as diferentes etapas do proceso, creáronse recursos específicos tanto para levar a cabo a coordinación e análise do proxecto, coma para xestionar toda a parte administrativa e documental na que engadir a información que se fose producindo. Páxina 29

Creáronse ademais novas contornas de desenvolvemento nos equipos de traballo dos desenvolvedores participantes no proxecto, así como unha contorna de integración onde se ían probando e poñendo en común características a medida que se dispuña de comportamentos desenvolvidos. Dita contorna de integración está accesible en: http://audiovisual.libreplan.igalia.com Información adicional sobre as contornas proporcionadas dentro do ámbito de traballo pode consultarse no modelo 19F, sobre Acceso, desenvolvemento, licencia, manuais, etc. Páxina 30

2.3. 2.3.1. Tarefas de desenvolvemento realizadas Migración de ZK 3.6 a ZK 5.0 Identificouse que para poder aplicar os cambios no modelo de datos que se necesitaban en LibrePlan Audiovisual da forma máis natural posible, así como utilizar os elementos de creación de gráficas e informes que se empregarían nesta particularización do proxecto, sería necesario utilizar unha serie de compoñentes de ZK (o framework de desenvolvemento sobre o que se construíu LibrePlan), que estaban a piques de ser marcados como deprecados na seguinte versión de dito marco de desenvolvemento. Foi por iso que se determinou que para continuar co proxecto sería necesario facer una migración na versión que se estaba a empregar, de ZK 3.6.3 a ZK 5. A maiores, dita migración está a aportar melloras nos seguintes ámbitos: Incremento no rendemento da aplicación, así como melloras na escalabilidade da mesma ó empregar no HTML compoñentes máis lixeiros. Melloras visuais no aspecto dos compoñentes gráficos (widgets) que se estaban a empregar. Permite unha integración directa con código JQuery o cal facilita a incorporación de efectos adicionais e a simplificación do código JavaScript do resto dos compoñentes. Dita migración completouse completamente como paso previo á publicación de LibrePlan 1.2, o cal é a versión da que parte a rama de LibrePlan Audiovisual. 2.3.2. Desenvolvemento do módulo de orzamentos Páxina 31

Para a problemática existente no CLAG, dende o punto de vista das ferramentas de xestión de proxectos, non é tanto a planificación temporal da execución do proxecto, se non o avance en canto a consumo dos elementos do presuposto aprobados nun proxecto de elaboración de contidos audiovisuais. Para o primeiro dos requirimentos, relacionado con proporcionar un sistema de creación normalizada de presupostos, cunha estrutura predefinida configurable, desenvolveuse unha solución baseada no sistema de modelos de LibrePlan o cal foi evolucionado con esta fin, e mediante o cal, á hora de crear novas entidades, é posible seleccionar no momento da creación de novos presupostos/proxectos cal e o modelo de partida do mesmo. Deste xeito, tanto a versión actual da aplicación como as tarefas que se atopan en proceso de desenvolvemento e o traballo evolutivo que se realice nun futuro terá o soporte das últimas versións do framework na capa inferior, e facilitará o traballo de futuras actualizacións de versión. 2.3.3. Desenvolvemento do módulo de usuarios No punto 2.3.8 do documento de análise, identificouse que unha área importante na que desenvolver traballo era a de adecuar a solución baseada en LibrePlan á problemática de usuarios, roles e permisos Páxina 32

necesarios para ter o nivel de detalle necesario na planificación e xestión de proxectos audiovisuais. O feito de que LibrePlan sexa unha aplicación web centralizada, soluciona completamente a problemática do acceso multiusuario remoto e itinerante ó sistema. Para mellorar o despregue e integración coas plataformas actuais de usuarios e permisos que xa están sendo empregadas por membros do CLAG levouse a cabo o desenvolvemento dun completo sistema de incorporación ó sistema para o acceso de usuarios e configuración de permisos e roles baseado en LDAP, que cobre completamente tanto a problemática dende un punto de vista funcional, como técnico. Ademais, creáronse novos permisos para asociar os roles, que permitirán controlar a granulosidade de acceso ás seguintes operacións: 2.3.4. ACCESO_PRESUPOSTACIÓN CREAR_PRESUPOSTACIÓN, BORRAR_PRESUPOSTACIÓN, Compartimento de estado Para a integración do sistema de presupostos co módulo de avances, era necesario facilitar a navegación entre as dúas perspectivas, e evitar a perda das modificacións realizadas en memoria o manipular os datos do presuposto. Foi desenvolvido un mecanismo que gardaba a información que estaba a ser editada na sesión asociada ó usuario no servidor, e que era mantida en memoria o facer operacións que implicaban o cambio de perspectiva (o cal se produce ó alternar entre a vista de edición do EDT e a de planificación e avances, ou asignación avanzada, por exemplo). Páxina 33

2.3.5. Tipos de avances Foi necesario abstraer o modelo de datos empregado en LibrePlan para permitir outros tipos de avance diferentes de horas, e que deste modo sexa posible reportar avances en escenas, 2.3.6. Adaptación calendarios Levouse a cabo unha xeneralización do sistema para engadir información os calendarios que non permita facer sobreasignacións dos recursos superiores a un umbral máximo, o cal non era tido en conta na versión de partida de NavalPlan, e que era necesario neste escenario para impedir sobreplanificacións superiores a un máximo absoluto. Estas planificacións superiores ó 100% son posibles dende un punto de vista teórico, e en escenarios nos que é posible traballar con recursos virtuais, ou para reflectir situacións nas que recursos poderían ter asignacións superiores a 24h/día. Esta situación non é realizable no ámbito de uso levado a cabo polos membros do CLAG, polo que foi modificado o sistema de calendarios para engadir esta limitación. 2.3.7. Personalización No punto 2.3.7 da proposta, defínese que se incorporarán mecanismos de simplificación das interfaces con funcionalidades que non serán utilizadas en LibrePlan Audiovisual. Dotouse ó núcleo da aplicación dun sistema para habilitar ou deshabilitar interfaces, no que xa se permitiría simplificar a intererface de funcións non empregables no CLAG. Integrouse este mecanismo gráfico con funcións como simulación de escenarios (o cal non procede no Páxina 34

CLAG, tendo en conta que os presupostos non son virtualizables), e o Método estatístico de MonteCarlo para cálculo de data fin, tampouco válido nesta área de aplicación. 2.4. Tarefas de coordinación no proxecto participou nas reunións de coordinación do proxecto cos interlocutores do CLAG e membros do proxecto de Wireless Galicia, nas que se obtivo a información necesaria para facer o refinamento dos requirimentos necesario durante o proceso de análise. A información de ditas reunión figuran no wiki común para a coordinación do proxecto, concretamente en: https://wiki libreplan.igalia.com/twiki/bin/view/audiovisual/webcoordination#actas _de_reuni_ns Páxina 35

No referente ó traballo de formación asociado a esta fase de proxecto, indícase que levou a cabo unha sesión na que impartiu unha sesión de introdución o uso da aplicación LibrePlan (NavalPlan no momento no que se realizou). Esta sesión de formación foi levada a cabo entre os días 18 e 20 de Maio na sede do CLAG en Santiago de Compostela, e osobxectivos que pretendía cubrir esta sesión de formación eran os seguintes: Capacitar ó equipo de traballo de proxecto no coñecemento da aplicación. Dar a coñecer os conceptos básicos de planificación relacionados cos algoritmos proporcionados pola ferramenta. Revisar casos prácticos de uso de NavalPlan. Páxina 36

3. DESCRICIÓN DOS MEDIOS E CAPACIDADES EMPREGADOS 3.1. Recursos humanos Os recursos empregados no proxecto son tres enxeñeiros informáticos con máis de 1 ano de experiencia no desenvolvemento de NavalPlan, tanto dende o punto de vista do puro desenvolvemento de código como de análise de funcionalidades e membros da comunidade de Software Libre ó redor do proxecto. Os membros do equipo que está a levar o proxecto, e os cales cumpren os requirimentos indicados anteriormente son os seguintes: Manuel Rego Casasnovas, desenvolvedor e community manager, ou responsable das comunicacións co resto de membros das comunidades de NavalPlan/LibrePlan Jacobo Aragunde Pérez, desenvolvedor e analista. Diego Pino García: desenvolvedor Ocasionalmente, ditos recursos humanos contaron co apoio puntual de persoal de sistemas e de coordinación de, non membros permanentes do equipo de desenvolvemento do proxecto. 3.2. Recursos técnicos Dado que os recursos humanos xa dispuñan dos elementos técnicos necesarios tanto para levar a cabo o proxecto dende o punto de vista Páxina 37

Descrición dos medios e capacidades empregados software (todos eles empregaban recursos hardware propios da empresa ), como de infraestrutura software para despegar as contornas de integración, desenvolvemento e coordinación do proxecto, non é necesario xustificar ningún custo en recursos técnicos no presente documento. Páxina 38

NORMALIZACIÓN NA EXECUCIÓN 4. DO PROXECTO 4.1. Metodoloxías seguidas no proxecto Estes puntos está detallados nos documentos DESENVOLVEMENTO, LICENZA, METODOLOXÍA. 4.2. Documentación xerada durante o proxecto Estes puntos está detallados nos DOCUMENTACIÓN DETALLADA REVISIÓN. 4.3. 19F.ACCESO documentos 19G. Aplicacións informáticas implantadas para a execución e control continuo do proxecto Para a xestión e desenvolvemento do proxecto empregáronse as seguintes aplicacións: Git: git é unha ferramenta libre de control de versións. TWiki e XPTRacker: Twiki é un entorno de colaboración e sistema de xestión de coñecemento. É un wiki estruturado. O plugin XPTRacker dota a Twiki permite xestionar seguindo a metodoloxía extremme Programming. Páxina 39

Normalización na execución do proxecto Eclipse: Entorno de desenvolvemento suficientemente flexible e potente como para poder empregalo nun entorno complexo de traballo. Javadoc: Con respecto á documentación do código, a ferramenta proposta é Javadoc, estándar aceptado pola comunidade para documentar o código das aplicacións desenvolvidas sobre a plataforma J2EE. Jabber: Jabber é un protocolo libre para mensaxería instantánea, baseado no estándar XML e xestionado por XMPP Standards Foundation. phpreport: O phpreport é unha ferramenta de _*time* tracking, a cal permite o seguimento das tarefas desenvolvidas polo persoal dunha empresa a nivel de minutos, e permite a xeración de estadísticas para o seu análise e toma de decisións. Hudson: Hudson monitoriza execucións de traballos repetidos, tal como construción de proxectos ou programación de tarefas vía cron. Entre estas tarefas Hudson enfócase en integrar os despregue e testeo de proxectos e monitorización de tarefas externas. 4.4. Publicidade do cofinanciamento Este elemento está detallado no documento 19J PUBLICIDADE E COFINANCIAMENTO. Páxina 40

5. EMPREGO E RESULTADOS DE CÓDIGO LIBRE E DE SOFTWARE DE FONTES ABERTAS 5.1. (FLOSS) Identificación e relevancia no uso de ferramentas FLOSS para a execución do proxecto coma empresa adicada á promoción de uso e desenvolvemento de Software Libre prioriza tamén o emprego de ferramentas FLOSS en tódolos seus traballos. Neste caso como noutros moitos, as ferramentas empregadas contan todas con licencias FLOSS. git outra ferramenta libre de control de versións. Trátase dun sistema distribuído onde non existe o concepto de servidor central. O proxecto GNOME emprega este sistema. http://git scm.com/. Ademáis, utilizaranse as seguintes ferramentas: OpenJDK (implementación libre do entorno de desenvolvemento Java), TWiki e XPTracker, Umbrello, Jabber, Javadoc, Hudson ou Eclipse. En resumo, no proxecto, todas as ferramentas utilizadas serán FLOSS. Páxina 41

Emprego e resultados de código libre e de software de fontes abertas (FLOSS) 5.2. Desenvolvemento e xeración de resultados en FLOSS así como en estándares abertos, e licencias dos resultados do proxecto Este punto está detallado no documento DESENVOLVEMENTO, LICENZA, METODOLOXÍA. 5.3. 19F.ACCESO Identificación da publicación de resultados (informes, manuais, códigos, aplicacións, etc) na web do solicitante ou repositorios públicos de FLOSS Este elemento está detallado no DOCUMENTACIÓN DETALLADA REVISIÓN. documento 19G. Páxina 42