1º ESO CARMEN QUINTANA, ELBA NIEVES, MARGARITA ALFONSO

Similar documents
2º ESO. Obxectivos xerais do curso. Contidos (unidades didácticas) temporalizados por avaliacións

3º ESO ESTHER VÁZQUEZ, ELBA NIEVES. Editorial BURLINGTON AutorMARKS/DARBY. Contidos (unidades didácticas) temporalizados por avaliacións

I.E.S. ORTIGUEIRA ÁREA DE LINGUAS ESTRANXEIRAS

Síntesis da programación didáctica

CURSO PROGRAMACIÓN DE 2º ESO

PROGRAMACIÓN CURSO DEPARTAMENTO : INGLÉS. IES Ramón Menéndez Pidal

C.E.I.P. PRÁCTICAS de Ourense Programacións didácticas

COMO XOGAR A KAHOOT Se vas xogar por primeira vez, recomendámosche que leas este documento QUE É KAHOOT?

R/Ponzos s/n Ferrol A Coruña Telf Fax

NOME DO CENTRO: IES CANIDO CURSO ESCOLAR: 2016/2017 INGLÉS 1º ESO

DEPARTAMENTO DE INGLÉS PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA 2º ESO - LINGUA INGLESA - 1º IDIOMA CURSO 2018 / 2019 IES DAVID BUJÁN

PRESENTACIÓN MATERIA MATERIA LINGUA INGLESA CURSO 1º ESO B CURSO ACADÉMICO PROFESOR Mª MONTSERRAT VILLAPÚN CASTRO

PROGRAMACIÓN DE INGLÉS CURSO º ESO

GUÍA DE MIGRACIÓN DE CURSOS PARA PLATEGA2. Realización da copia de seguridade e restauración.

PRESENTACIÓN MATERIA MATERIA INGLÉS CURSO 4º ESO CURSO ACADÉMICO PROFESOR Mª CRUZ MASEDA FRANCOS

PRESENTACIÓN DA MATERIA/MÓDULO

DEPARTAMENTO DE INGLÉS PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA 3º ESO - LINGUA INGLESA - 1º IDIOMA CURSO 2018 / 2019 IES DAVID BUJÁN

Alumna/o...Curso... 1) Para recuperar a materia pendente deberás seguir o plan de traballo que se especifica de seguido:

PROGRAMACIÓN CURSO DEPARTAMENTO : INGLÉS. IES Ramón Menéndez Pidal

PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA ÁREA DE INGLÉS

PROGRAMACION LINGUA INGLESA SEXTO CURSO 1- OBXECTIVOS 1.1- XERAIS 1.2-ESPECIFICOS

PRESENTACIÓN MATERIA MATERIA LINGUA INGLESA CURSO 1º ESO A CURSO ACADÉMICO PROFESOR Mª MONTSERRAT VILLAPÚN CASTRO

Silencio! Estase a calcular

SECUENCIACIÓN DIDÁCTICA: ÁMBITO DA COMUNICACIÓN MÓDULO 3 y 4 (ESA) 2017/2018

PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA CURSO DEPARTAMENTO DE INGLÉS

PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DEPARTAMENTO DE LINGUA GALEGA E LITERATURA CURSO

O SOFTWARE LIBRE NAS ENTIDADES DE GALIZA

Ámbito da comunicación: lingua inglesa

PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA Área de Lingua Inglesa 5º Educación Primaria

PRESENTACIÓN MATERIA MATERIA INGLÉS CURSO 4º ESO CURSO ACADÉMICO PROFESOR FRANCISCO JOSÉ PÉREZ SAAVEDRA

PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA. Área de Lingua Inglesa. 4º Educación Primaria

Área de Inglés Curso escolar

DEPARTAMENTO DE INGLÉS PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA 2º BACH - LINGUA INGLESA - 1º IDIOMA CURSO 2018 / 2019 IES DAVID BUJÁN

PROGRAMACIÓN ÁREA DE INGLÉS 2º CICLO DE EDUCACIÓN INFANTIL CEIP DE AGOLADA

Programación 3º de EP LINGUA INGLESA

DEPARTAMENTO DE INGLÉS PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA

Acceso web ó correo Exchange (OWA)

PRESENTACIÓN MATERIA MATERIA INGLÉS CURSO 2º BAC CURSO ACADÉMICO PROFESOR Mª CRUZ MASEDA FRANCOS

PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DA MATERIA DE

Programación do Departamento de Inglés da EOI de Lugo Curso

PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA INGLÉS

PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DEPARTAMENTO DE INGLES

PROGRAMACIÓN DEPARTAMENTO DE INGLÉS -ESO -BACHARELATO -CICLOS -FORMACIÓN PROFESIONAL BÁSICA -ADULTOS

QUINTO CURSO EDUCACIÓN PRIMARIA OBRIGATORIA

LINGUA INGLESA CURSO

DEPARTAMENTO DE INGLÉS PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA

PRESENTACIÓN MATERIA MATERIA INGLÉS CURSO 1º BAC CURSO ACADÉMICO PROFESORA Mª CRUZ MASEDA FRANCOS

Procedimientos Auditivos e Instrumentais DEPARTAMENTO COORDINADOR/A DA DISCIPLINA. CURSOS 1º curso 2º curso 3º curso 4º curso.

Discurso literario e sociedade nos países de fala inglesa

PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DEPARTAMENTO DE INGLÉS. Curso

T1, T3, (T5)*, T8, T11, T13 *solo grupos bilingüe X1, X3, X8, X10, X13, X18, X22, X23, X24 EI6, EI7

EDUCACIÓN INFANTIL PROGRAMACIÓN DE CICLO CENTRO: CEIP Mª PITA CURSO: Páxina 1

Índice. EOI de Ferrol: Programación didáctica departamento de Inglés Curso 2017/2018 2

Programación. Didáctica. Departamento de Inglés

Grao en Química. 2 0 Curso QUIMICA INORGÁNICA III. Guía Docente

Facultade de Fisioterapia

PROGRAMACIÓNS POR AVALIACIÓN

Informe do estudo de CLIMA LABORAL do Sergas

MINISTERIO DE EDUCACIÓN Y CIENCIA

COLEGIO NUESTRA SEÑORA DEL ROSARIO.

Grao en Química. 2 0 Curso QUIMICA INORGÁNICA III. Guía Docente

Obradoiro sobre exelearning. Pilar Anta.

Comezo do curso. Estimados pais, Benvidos a Quick Minds!

Abbreviations: PP: Puntos de Partida. SM: Supplementary Materials. TG: Teacher s Guide

PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA CURSO: 4º E.S.O MATERIA: LATÍN

Rede CeMIT Cursos Gratuítos de Alfabetización Dixital NOVEMBRO Aula CeMIT de Cuntis

2.1. O PROXECTO LINGÜÍSTICO DE CENTRO

Proxecto Curricular. I.E.S. Sanxillao. Proxecto Curricular IES SANXILLAO

marcoeuropeocomún de referencia para as linguas: aprendizaxe, ensino, avaliación

CREATIVIDADE DA COMUNICACIÓN CULTURAL

PROGRAMACIÓN DE RELIXIÓN EVANXÉLICA 1º e 2º ESO

Conservatorio Profesional de Música de Vigo. Programación OPTATIVA DE MÚSICA MODERNA (historia do rock&roll)

PARTE I. VIVALDI: Concierto en MI M. op. 3 n.12

Niveis de Referencia 4º Primaria 2º 3º 4º. Orientacións para o Estudo e a mellora da lectura

Guía didáctica TODO É PERCUSIÓN

PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA CURSO DEPARTAMENTO DE XAPONÉS

DEPARTAMENTO DE INGLÉS PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA

INGLÉS / MÓDULO 3 -ESPAD-

MEMORIA DE AVALIACIÓN DA CALIDADE: INFORME DE RESULTADOS PROGRAMACIÓN: ACCIÓNS FORMATIVAS DIRIXIDAS PRIORITARIAMENTE ÁS PERSOAS TRABALLADORAS

Xogos e obradoiros sobre o cambio climático que Climántica desenvolve en centros educativos

Programación Percusión

PROGRAMACIÓN DO CUARTO CURSO DAS ENSINANZAS DO TÍTULO SUPERIOR DE MÚSICA NA ESPECIALIDADE DE INTERPRETACIÓN NO ITINERARIO DE CLARINETE.

Conservatorio Profesional de Música de Vigo. Programación de Percusión

INSTITUCIÓN EDUCATIVA TÉCNICA SAGRADO CORAZÓN Aprobada según Resolución No NIT DANE SOLEDAD ATLÁNTICO.

Segunda lingua estranxeira: inglés

Conservatorio Profesional de Música de Vigo. Programación de Contrabaixo

GUÍA DOCENTE E MATERIAL DIDÁCTICO

Welcome to Greenman and the Magic forest

DEPARTAMENTO DE INGLÉS PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA

ORIENTACIÓN E RESPOSTAS EDUCATIVAS. Alumnado con trastornos da aprendizaxe

ELABORACIÓN DUN TEST PARA ESTIMA-LO TAMAÑO DO VOCABULARIO COÑECIDO EN LINGUA GALEGA

PROGRAMACIÓN DA DISCIPLINA DE LATÍN DE 4º E.S.O.

PROGRAMA FORMATIVO DA ESPECIALIDADE FORMATIVA TÉCNICAS DE MARKETING ON LINE, BUSCADORES, SOCIAL MEDIA E MÓBIL COMM049PO

Niveis de Referencia 2º Primaria 4º 5º 6º. Orientacións para o Estudo e a mellora da lectura

GUIA DE APRENDIZAJE. Pensamiento: Comunicativo Expresivo

PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA

DEPARTAMENTO DE INGLÉS PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA

VIGOSÓNICO V C O N C U R S O V I D E O C L I P S Calquera proposta estética para o vídeo: cine, animación, cor, branco e negro,...

PROGRAMACIÓN OFICIAL LOE CONXUNTO PIANO CURSO 2017/18 GRAO PROFESIONAL (segundo os Decretos 198/2007 e 203/2007

EVALUACIÓN DE CARGO 2016-INGLÉS 2º

Transcription:

1º ESO ASIGNATURA/MÓDULO INGLES Cód. CURSO E GRUPO 1º ESO A - B -C- PROFESOR/A (ES/AS) Libro de Texto Data de Autorización CARMEN QUINTANA, ELBA NIEVES, MARGARITA ALFONSO Editorial BURLINGTON BUILD UP AutorCaroline McDonald octubre 2009-10 Obxectivos xerais do curso PROXECTO AVALAR Os alumnos terán o ordenador como ferramenta de traballo, o libro de texto e outras ferramentas de apoio. Queremos adaptarnos ás novas tecnoloxías pouco a pouco, ainda que os alumnos xa están bastante preparados ou mellor ca nós, para usalas satisfactoriamente.. E primordial o comportamento do alumno para acadar unha boa preparación na asignatura. A avaliación farase coma sempre, pero usando moito máis as ferramentas que o ordenador nos proporciona. E dicir, o profesor poderá correxir tódalas probas e exames conectado con cada alumno, na clase e dende casa. Pensamos que o traballo interactivo será moi motivador para todos nós.o principal obxetivo será aprende-la lingua de forma interactiva aplicando as explicacións que o profesor aportará dun xeito novo, que esperamos dea os mellores resultados. A avaliación será,en canto ós porcentaxes numéricos,do seguinte xeito: Comportamento e actitude na clase e cos compañeiros:25% da nota final. Tarefas para casa, libro de traballo : 25%. Exames e controles escritos, orales e no ordenador : 50:% Nos grupos de desdoble as notas serán diferentes, pero os contidos serán máis sinxelos ata acada-los da aula de referencia. Os pais deben saber que o seu fillo ou filla están nún desdoble debido ó baixo nivel que teñen na asignatura. Pensamos que a máxima nota ten que ser un 5 sempre que o alumno amose unha actitude de interés na asignatura e faga as tarefas que o profesor pida na clase e tamén na casa. Si na terceira avaliación o alumno saca unha nota superior a 5, deberá volver á aula de referencia e poderá ter maior puntuación. COMPETENCIA COMUNICATIVA PRINCIPALMENTE APRENDIZAXE DE NORMAS DE COMPORTAMENTO NA AULA COMPETENCIA INTERDISCIPLINAR COMPETENCIA PARA COMPRENDER O MUNDO FÍSICO COMPETENCIA SOCIAL ACADAR OS CONTIDOS BÁSICOS PARA UN APRENDIZAXE PRÁCTICO -Anticipación do contido do que se vai escoitar a partir de datos coñecidos e da información contextual proporcionada: conversacións sinxelas, resposta a preguntas etc. - Repaso de coñecementos previos e uso do contexto para interpretar información global e específica en textos orais e escritos: mensaxe principal etc. - Transferir información dun formato a outro; completar formularios, listas, invitacións etc. -Identificación de distintos tipos de textos: descritivos, narrativos, conversacionales etc.( cartas, diarios, historias - Escucha e lectura atenta de textos para captar informacións xerais e específicas: busca de diferencias, identificación de información de diferentes tipos. Memoria de Asignatura / módulo Curso académico Páxina 3 de 214

- Identificación de distintos tipos de textos: descritivos, narrativos, de diálogoc etc( cartas, historias, diarios... - Escucha e lectura atenta de textos para captar informacións xerais ou avaliar datos adquiridos: busca de diferencias, identificación de informacións falsas, etc - Identificación da información irrelevante. - Participación interactiva en conversacións en parellas ou en grupos respectando as quendas de palabra e tomando a iniciativa para propoñer temas, facer preguntas e responder de forma personalizada. - Representación de papeis en situacións simuladas traballadas con tanterioridad. - Desenvolvemento de habilidades comunicativas que permitan superar interrupcións na comunicación. -Aceptación dos erros propios como algo natural e sobre os que o alumno debe reflexionar para avanzar no proceso de aprendizaxe. - Desenvolvemento da expresión escrita ampliando as frases ou parágrafos proporcionados e engadindo información de maneira personalizada. - Utilización de todas as destrezas e de todos os coñecementos lingüísticos adquiridos para realizar tarefas baseadas en materiais auténticos: cuestionarios, formularios, enquisas, etc Contidos (unidades didácticas) temporalizados por avaliacións 1ª aval. Unidades 1,2,3 Obxectivos de aprendizaxe Escoitar de xeito comprensivo varias palabras e frases relacionadas coa linguaxe da clase. Expresar e interactuar utilizando a linguaxe que se utiliza na clase. Identificar e pronunciar correctamente os números naturais e ordinais, as cores, os días e meses e os obxectos da clase. Utilizar a linguaxe da clase: instrucións e preguntas. Saudar e presentarse. Contidos BLOQUE 1. ESCOITAR, FALAR E CONVERSAR Audición e comprensión de mensaxes orais breves relacionadas coas actividades da aula: instrucións, preguntas, comentarios, diálogos. Debate do tema da unidade na clase. Uso dunha linguaxe da clase adecuada para as diferentes finalidades. Emprego de respostas adecuadas ás informacións requiridas polo profesor/a e polos compañeiros/as nas actividades da aula. BLOQUE 2. LER E ESCRIBIR Comprensión de instrucións básicas para a correcta resolución de actividades. Desenvolvemento de forma guiada da expresión escrita: relacionando o vocabulario coas ilustracións correspondentes, identificando os números e relacionándoos coa súa grafía e co ordinal correspondente, ordenando os meses cronoloxicamente, relacionando a linguaxe da clase coas ilustracións, etc. Uso das regras básicas de ortografía e da puntuación; recoñecemento da súa importancia nas comunicacións escritas. Relación do vocabulario da unidade coa súa categoría correspondente. BLOQUE 3. COÑECEMENTO DA LINGUA Coñecementos lingüísticos: Elementos morfolóxicos Identificación de elementos morfolóxicos básicos e habituais no uso da lingua. Léxico / Vocabulario Os números: números naturais e ordinais. As cores. Os días da semana e os meses do ano. Obxectos da clase. Memoria de Asignatura / módulo Curso académico Páxina 4 de 214

Identificación, uso e valoración das estratexias de aprendizaxe adecuadas (ver obxectivo xeral de área nº 7). Estrutura e funcións da lingua Uso da linguaxe da clase: instrucións e preguntas. Fonética Recoñecemento dos patróns básicos de ritmo, entoación e acentuación do vocabulario estudado e da linguaxe da clase: imperativos e preguntas. Reflexión sobre a aprendizaxe: Reflexión guiada sobre o uso e o significado das formas gramaticais adecuadas a distintas intencións comunicativas. Iniciación de estratexias de autoavaliación e autocorrección das producións orais e escritas. Confianza e iniciativa para usar a linguaxe aprendida na clase. Indución de regras gramaticais a partir da observación. Uso da terminoloxía adecuada aos contidos. BLOQUE 4. ASPECTOS SOCIOCULTURAIS E CONCIENCIA INTERCULTURAL Recoñecemento e valoración da lingua estranxeira como instrumento de comunicación na aula. Identificación dos costumes e trazos da vida cotiá doutros países. Valoración do enriquecemento persoal derivado da relación con persoas pertencentes a outras culturas. Criterios de avaliación 1.-Comprender a idea xeral e as informacións específicas máis relevantes de textos orais emitidos cara a cara ou por medios audiovisuais sobre as instrucións e preguntas máis frecuentes utilizadas na clase. 5.-Utilizar o coñecemento dalgúns aspectos formais do código do inglés como: pronuncia adecuada da linguaxe da clase, preguntas, pronuncia do léxico repasado en diferentes contextos de comunicación, como instrumento de autoaprendizaxe e de autocorrección das producións propias e para comprender mellor as alleas. Competencias básicas Competencia en comunicación lingüística: - Vocabulary, páxs. 4 e 5: vocabulario relacionado cos números, as cores, os meses, os días da semana e o material escolar. - Grammar, páx. 6: uso do Present Simple do verbo to be e das partículas interrogativas. - Speaking, páx. 6: uso de instrucións e preguntas para interaccionar na aula co profesor/a e cos compañeiros. Competencia matemática: - Vocabulary, páx. 4: os números naturais e ordinais en inglés (ata o cen). Competencia social e cidadá: - Grammar, páx. 6: respecto polo uso da linguaxe apropiada na clase; importancia dunha actitude respectuosa cara ao profesor/a, aos compañeiros/as e ás rutinas da clase. - Actitude construtiva e solidaria ante a información que se presenta e ante as interaccións na aula. Temas interdisciplinarios Lingua e literatura: - Instrucións e preguntas típicas que se usan na linguaxe da clase. Memoria de Asignatura / módulo Curso académico Páxina 5 de 214

Matemáticas: - Os números naturais e os ordinais (ata o cen). Educación para a cidadanía e os dereitos humanos: - A importancia de manter unha actitude de respecto cara ao profesor/a e cara aos compañeiros/as da clase. - Aprendizaxe e respecto ante as quendas para tomar a palabra, dentro e fóra da aula. UNIDADE 1: People Obxectivos de aprendizaxe Escoitar de xeito comprensivo diálogos nos que se pide e se facilita información persoal. Saudar e presentarse. Intercambiar información persoal. Ler de forma comprensiva e autónoma textos curtos sobre un páxina web, un artigo de revista sobre a familia Jolie-Pitt e un cadro informativo sobre os países europeos. Escribir un parágrafo cos seus datos persoais, prestando atención ao uso das maiúsculas na oración. Utilizar correctamente os pronomes posesivos. Utilizar correctamente o verbo to be. Identificar e producir sons de especial dificultade: /i:/ /I/. Contidos BLOQUE 1. ESCOITAR, FALAR E CONVERSAR Uso dos obxectivos da unidade para interaccionar co profesor/a e cos compañeiros/as. Audición e comprensión de mensaxes orais breves relacionadas coas actividades da aula: instrucións, preguntas, comentarios, diálogos. Anticipación do contido xeral do que se escoita, con apoio de elementos verbais e non verbais. Obtención de información específica dun texto sobre coleccionistas de postais, co fin de contestar preguntas de comprensión e de verdadeiro ou falso. Uso de estratexias básicas de comprensión de mensaxes orais: dedución do significado dalgunhas palabras ou expresións a través do contexto e uso dos coñecementos previos sobre o tema. Audición, comprensión e produción oral do vocabulario da unidade sobre países e nacionalidades e sobre os membros da familia, para relacionalo coas fotografías correspondentes e clasificalo correctamente. Participación en conversacións breves e sinxelas co compañeiro/a para intercambiar información persoal. Uso do modelo de diálogo proposto, onde dous adolescentes intercambian información persoal, para interactuar co compañeiro/a e crear un novo diálogo cambiando as palabras coloreadas, cunha pronuncia adecuada. Emprego de respostas adecuadas ás informacións requiridas polo profesor/a e polos compañeiros/as nas actividades da aula. Aplicación de estratexias para superar as interrupcións na comunicación, usando elementos verbais e non verbais. BLOQUE 2. LER E ESCRIBIR Comprensión de instrucións básicas para a correcta resolución de actividades. Relación do vocabulario da unidade coa súa categoría correspondente. Comprensión xeral e identificación de informacións específicas de textos sinxelos sobre o coleccionismo de postais, un artigo de revista sobre a familia Jolie-Pitt e un cadro informativo sobre os países europeos, con información visual, para elixir a resposta correcta e identificar se as afirmacións que se dan son verdadeiras ou falsas, co fin de corrixir estas últimas e responder as preguntas de comprensión dadas. Iniciativa para ler con certa autonomía textos adecuados á idade, intereses e nivel de competencia. Lectura dun mapa de Europa para extraer información sobre diferentes países, a súa moeda, Memoria de Asignatura / módulo Curso académico Páxina 6 de 214

poboación e lingua e responder as preguntas dadas. Uso de estratexias básicas de comprensión lectora: identificación do tema dun texto mirando as imaxes, mediante o uso dos coñecementos previos, a inferencia de significados polo contexto, etc. Recoñecemento dalgunhas das características e convencións da linguaxe escrita e diferenciación da linguaxe oral nas seccións Speaking e Writing do Workbook. Mellora da expresión escrita de forma guiada, completando unha ficha e identificando as maiúsculas na oración. Composición dun texto curto con información persoal a partir dun modelo, seguindo o esquema elaborado e prestando atención ao uso das maiúsculas na oración. Interese por coidar a presentación dos textos escritos en soporte papel e dixital. No Workbook: Comprensión xeral e identificación de informacións específicas dun texto sobre familias numerosas, para identificar se as afirmacións son verdadeiras ou falsas e para responder preguntas de comprensión. - Realización dun ditado para consolidar o vocabulario da unidade. - Tradución á lingua propia de expresións útiles. Composición de frases con información persoal. BLOQUE 3. COÑECEMENTO DA LINGUA Coñecementos lingüísticos: Elementos morfolóxicos Identificación de elementos morfolóxicos básicos e habituais no uso da lingua. Léxico / Vocabulario Países e nacionalidades. A familia. Identificación, uso e valoración das estratexias de aprendizaxe adecuadas (ver obxectivo xeral de área nº 7). Estrutura e funcións da lingua Os pronomes posesivos. Verbo have got (afirmativa, negativa e interrogativa e as respostas breves). As partículas interrogativas. Uso das maiúsculas na oración. Saúdos e presentacións. Intercambio de información persoal. Fonética Pronuncia de sons de especial dificultade /i:/ /I/. Reflexión sobre a aprendizaxe: Aplicación de estratexias básicas para organizar, adquirir, recordar e utilizar léxico: familias de palabras, esquemas, etc. Reflexión guiada sobre o uso e o significado do verbo have got e sobre o uso das maiúsculas na oración. Aceptación do erro como parte integrante do proceso de aprendizaxe e actitude positiva para superalo. Organización do traballo persoal como estratexia para progresar na aprendizaxe. Interese por aproveitar as oportunidades de aprendizaxe creadas no contexto da aula e fóra da mesma. Confianza e iniciativa para expresarse en público e por escrito. Indución de regras gramaticais a partir da observación. Uso da terminoloxía adecuada aos contidos. No Workbook: Sección Check your Progress para afianzar ou ampliar os coñecementos da unidade. Unha sección de Self-Evaluation. Memoria de Asignatura / módulo Curso académico Páxina 7 de 214

BLOQUE 4. ASPECTOS SOCIOCULTURAIS E CONCIENCIA INTERCULTURAL Recoñecemento e valoración da lingua estranxeira como instrumento de comunicación na aula e con persoas doutras culturas. Identificación dos costumes e trazos da vida cotiá doutros países e culturas. Uso de fórmulas de cortesía adecuadas para saudar, presentarse e intercambiar información persoal. Coñecemento dalgúns trazos históricos e xeográficos de varios países europeos, obtendo información por diferentes medios: - Mapa de Europa. - A familia real inglesa. - Os diferentes países que forman Europa, a súa poboación, capital, lingua, bandeira e moeda nacional. Interese e iniciativa na realización de intercambios comunicativos con falantes da lingua estranxeira, utilizando soporte papel ou medios dixitais. Valoración do enriquecemento persoal que supón a relación con persoas pertencentes a outras culturas. Criterios de avaliación 1.-Comprender a idea xeral e as informacións específicas máis relevantes de textos orais emitidos cara a cara ou por medios audiovisuais. 2.-Comunicarse oralmente participando en conversacións e en simulacións (saúdos, presentacións e intercambios de información), utilizando as estratexias adecuadas para facilitar a continuidade da comunicación e producindo un discurso comprensíbel e adecuado á intención da comunicación. 3.-Recoñecer a idea xeral e extraer información específica de textos escritos, con apoio de elementos textuais e non textuais, sobre os coleccionistas de selos e a familia Jolie-Pitt. 4.-Redactar un texto breve con información persoal, respectando o uso correcto das maiúsculas nas oracións. 5.-Utilizar o coñecemento dalgúns aspectos formais do código do inglés (coma o uso dos pronomes posesivos, o verbo have got, o uso das maiúsculas na oración, a pronuncia de sons de especial dificultade, etc.), en diferentes contextos de comunicación, como instrumento de autoaprendizaxe e de autocorrección das producións propias e para comprender mellor as alleas. 6.-Identificar, utilizar e poñer exemplos das estratexias utilizadas na unidade para progresar na aprendizaxe, tales como a capacidade de valorar o propio progreso, a reflexión sobre como aprende un mesmo, a aceptación do erro, a utilización de táboas para aprender e memorizar o vocabulario, o uso de apéndices gramaticais, de ortografía e de escritura, etc. 8.-Identificar algúns elementos culturais ou xeográficos propios dos países e culturas onde se fala a lingua estranxeira, coma o Reino Unido, así como outros países europeos e mostrar interese por coñecelos. Competencias básicas Competencia en comunicación lingüística: - Vocabulary, páxs. 8 e 13 e Cross-Curricular Focus, páx. 16: vocabulario relacionado cos distintos países e nacionalidades e coa familia. - Reading, páxs. 10 e 15 e Cross-Curricular Focus, páx. 16: comprensión escrita dun texto sobre coleccionistas de selos, outro sobre a familia Jolie-Pitt e un cadro informativo sobre os países europeos. - Grammar, páx. 11 e Grammar Build Up, páx. 12: comunicarse empregando os pronomes posesivos, o verbo have got (afirmativa, negativa e interrogativa e as respostas breves) e o correcto uso das maiúsculas na oración. - Listening, páxs. 9 e 14: comprensión dunha conversación onde se intercambia información persoal. - Speaking, páxs. 9 e 14 e My Portfolio, páx. 17: participación en conversacións e simulacións co compañeiro/a para efectuar saúdos e presentacións e intercambiar información persoal. - Pronunciation, páx. 14: pronuncia de sons de especial dificultade: /i:/ /I/ - Writing, páx. 15 e My Portfolio, páx. 17: expresión escrita dun parágrafo descritivo e un cadro con información persoal. Tratamento da información e competencia dixital: - Writing, páx. 15: demostración de autonomía, eficacia, responsabilidade e reflexión ao Memoria de Asignatura / módulo Curso académico Páxina 8 de 214

seleccionar e facer uso da información e das súas fontes. - Cross-Curricular Focus, páx. 16: actitude crítica ante a información sobre diferentes aspectos da cultura doutros países europeos. - Speaking, páxs. 9 e 14, My Portfolio, páx. 17: respecto polas normas de conduta en interaccións na clase, co profesor/a ou cos compañeiros/as, ao usar a información e as súas fontes. Competencia social e cidadá: - Cross-Curricular Focus, páx. 16: comprensión das diferenzas xeográficas entre os distintos países europeos. - Actitude construtiva e solidaria ante a información que se presenta e ante as interaccións que se dan na aula. Competencia cultural e artística: - Cross-Curricular Focus, páx. 16 e Culture, páx. 15: interese por coñecer o patrimonio cultural e artístico doutras culturas e países, con especial atención a Europa e ao Reino Unido. Competencia para aprender a aprender: Uso de estratexias, recursos e técnicas de traballo intelectual para aprender e ser consciente das propias capacidades e coñecemento a través da sección Remember! situada ao longo da unidade no Student s Book, as seccións Be the Teacher!, páx. 10, Check Your Progress e Self-Evaluation, páxs. 14 e 15, e a sección Self-Evaluation, páx. 148, do Workbook, correspondentes á unidade. Autonomía e iniciativa persoal: - Speaking, páxs. 9 e 14, Writing, páx. 15 e My Portfolio, páx. 17: uso da creatividade persoal á hora de producir textos escritos e orais a partir de modelos dados. - Reading, páxs. 10 e 13, Listenings, páxs. 9 e 14, Culture, páx. 15 e Cross-Curricular Focus, páx. 16: demostración de sentido crítico ante as informacións culturais que se presentan. - Writing, páx. 15: Capacidade de organización á hora de presentar un traballo escrito. - My Portfolio, páx. 17: desenvolver un proxecto individual con creatividade, confianza, responsabilidade e sentido crítico. - Fomento do traballo cooperativo na aula. Temas interdisciplinarios Ciencias sociais, xeografía e historia: - Europa: os países que a conforman, as súas capitais, a súa lingua, a súa bandeira e moeda nacional. - Diferentes países, nacionalidades e as súas linguas. - A familia real inglesa. Educación para a cidadanía e os dereitos humanos: - Reflexión sobre as diferenzas xeográficas e culturais dos distintos países europeos. Lingua e literatura: - Os pronomes posesivos. - O verbo have got en afirmativa, negativa e interrogativa. - O uso das maiúsculas no inglés. - Tradución inglés-lingua propia no Workbook. UNIDADE 2: My Day Obxectivos de aprendizaxe Escoitar de xeito comprensivo unha serie de conversacións onde se expresan rutinas e accións habituais. Intercambiar información persoal. Ler de forma comprensiva e autónoma un texto sobre a escolarización en Xapón, un e-mail sobre un sitio web dirixido a adolescentes e un texto sobre os distintos métodos de medición do tempo ao longo da Historia. Escribir un informe sobre cinco amigos e as súas actividades favoritas a partir dun modelo Memoria de Asignatura / módulo Curso académico Páxina 9 de 214

dado, seguindo o esquema elaborado e prestando atención ao uso correcto das preposicións temporais. Utilizar correctamente a forma afirmativa do Present Simple. Utilizar correctamente os adverbios de frecuencia. Utilizar correctamente o xenitivo saxón. Identificar e producir o son /s/, /z/ e /iz/ das terminacións verbais en inglés. Contidos BLOQUE 1. ESCOITAR, FALAR E CONVERSAR Uso dos obxectivos da unidade para interaccionar co profesor/a e cos compañeiros/as. Audición e comprensión de mensaxes orais breves relacionadas co vocabulario da unidade: rutinas e accións habituais. Anticipación do contido xeral do que se escoita, con apoio de elementos verbais e non verbais. Obtención de información específica dunha conversación sobre unha páxina web para adolescentes, co fin de contestar preguntas de comprensión. Audición, comprensión e produción oral do vocabulario da unidade relacionado con rutinas e actividades habituais, para relacionalo coas fotografías ou debuxos correspondentes e clasificalo correctamente. Participación en breves e sinxelas conversacións co compañeiro/a para pescudar sobre as súas rutinas e actividades habituais, utilizando expresións útiles. Recoñecemento dalgunhas das características e convencións da linguaxe escrita e diferenciación da linguaxe oral nas seccións Speaking e Writing do Workbook. Uso do modelo de diálogo proposto, onde dous adolescentes intercambian información sobre rutinas persoais, para interactuar co compañeiro/a e crear un novo diálogo cambiando as palabras coloreadas, cunha pronuncia adecuada. Emprego de respostas adecuadas ás informacións requiridas polo profesor/a e polos compañeiros/as nas actividades da aula. Aplicación de estratexias para superar as interrupcións na comunicación, usando elementos verbais e non verbais. Identificar e producir o son /s/, /z/ e /iz/ das terminacións verbais en inglés. BLOQUE 2. LER E ESCRIBIR Comprensión de instrucións básicas para a correcta resolución de actividades. Relación do vocabulario da unidade coa súa categoría correspondente. Comprensión xeral e identificación de informacións específicas de textos sinxelos sobre a escolarización en Xapón, un e-mail sobre un sitio web dirixido a adolescentes e un texto sobre os distintos métodos de medición do tempo ao longo da Historia, para elixir a resposta correcta e identificar se as afirmacións que se dan son verdadeiras ou falsas, co fin de corrixir estas últimas e responder as preguntas de comprensión dadas. Iniciativa para ler con certa autonomía textos adecuados á idade, intereses e nivel de competencia. Uso de estratexias básicas de comprensión lectora: identificación do tema dun texto mirando as imaxes, uso dos coñecementos previos, inferencia de significados polo contexto, etc. Recoñecemento dalgunhas das características e convencións da linguaxe escrita e diferenciación da linguaxe oral na sección Speaking e Writing do Workbook. Mellora da expresión escrita de forma guiada, prestando especial atención ao emprego das preposicións temporais, identificando os erros e completando unha táboa cos datos de cinco amigos e as súas actividades favoritas. Composición dun texto curto sobre cinco amigos a partir dun modelo, seguindo o esquema elaborado e usando as regras básicas de ortografía e puntuación. Uso correcto das preposicións de tempo para escribir oracións correctas; recoñecemento da súa importancia na comunicación escrita. Interese por coidar a presentación dos textos escritos en soporte papel e dixital. No Workbook: Comprensión xeral e identificación de informacións específicas dun texto sobre a vida nun internado, para elixir a información adecuada e responder unhas preguntas de comprensión. - Realización dun ditado para consolidar o vocabulario da unidade. Memoria de Asignatura / módulo Curso académico Páxina 10 de 214

- Tradución á lingua propia de expresións útiles. Produción escrita dun diálogo en inglés, completando os espazos en branco do exercicio. Produción de frases dando información sobre as propias rutinas. Práctica do uso do xenitivo saxón e da orde correcta dos adverbios de frecuencia na oración. BLOQUE 3. COÑECEMENTO DA LINGUA Coñecementos lingüísticos: Elementos morfolóxicos Identificación de elementos morfolóxicos básicos e habituais no uso da lingua. Léxico / Vocabulario Actividades que se realizan habitualmente. Rutinas. Identificación, uso e valoración das estratexias de aprendizaxe adecuadas (ver obxectivo xeral de área nº 7). Estrutura e funcións da lingua Uso das preposicións de tempo. Os artigos: a, an, some e the. Os adverbios de frecuencia. Xenitivo saxón. Intercambio de información persoal. Expresión de rutinas. Fonética A pronuncia dos sons /s/, /z/ e /iz/ das terminacións verbais en inglés. Reflexión sobre a aprendizaxe: Aplicación de estratexias básicas para organizar, adquirir, recordar e utilizar léxico: relación do vocabulario coa súa representación visual ou cos símbolos dados, etc. Reflexión guiada sobre o uso e o significado do Present Simple en afirmativa, o xenitivo saxón, os adverbios de frecuencia e sobre o uso das preposicións de tempo na oración. Aceptación do erro como parte integrante do proceso de aprendizaxe e actitude positiva para superalo. Organización do traballo persoal como estratexia para progresar na aprendizaxe. Participación activa en tarefas e traballos en grupo. Confianza e iniciativa para expresarse en público e por escrito. Indución de regras gramaticais a partir da observación. Uso da terminoloxía adecuada aos contidos. No Workbook: Sección Check Your Progress para afianzar ou ampliar os coñecementos da unidade. Unha sección de Self-Evaluation. BLOQUE 4. ASPECTOS SOCIOCULTURAIS E CONCIENCIA INTERCULTURAL Recoñecemento e valoración do uso da lingua estranxeira como instrumento de comunicación na aula e con persoas doutras culturas. Identificación de costumes e trazos da vida cotiá propios doutros países e culturas: - Rutina escolar dos estudantes xaponeses. Uso de fórmulas de cortesía adecuadas para intercambiar información persoal e falar sobre as rutinas e actividades habituais. Interese e iniciativa na realización de intercambios comunicativos con falantes da lingua estranxeira, utilizando soporte papel ou medios dixitais. Valoración do enriquecemento persoal que supón a relación con persoas pertencentes a outras culturas. Criterios de avaliación 1.-Comprender a idea xeral e as informacións específicas máis relevantes de textos orais emitidos cara Memoria de Asignatura / módulo Curso académico Páxina 11 de 214

a cara ou por medios audiovisuais con información persoal, sobre as rutinas e sobre as actividades habituais. 2.-Comunicarse oralmente participando en conversacións e en simulacións (intercambios de información sobre rutinas persoais e as actividades que facemos habitualmente), utilizando as estratexias adecuadas para facilitar a continuidade da comunicación e producindo un discurso comprensíbel e adecuado á intención da comunicación. 3.-Recoñecer a idea xeral e extraer información específica de textos escritos, con apoio de elementos textuais e non textuais, sobre a vida escolar en Xapón, unha páxina web dirixida a usuarios adolescentes e sobre os distintos modos de medir o tempo ao longo da Historia. 4.-Redactar un texto breve con información sobre cinco amigos poñendo especial atención no correcto uso das preposicións de tempo. 5.-Utilizar o coñecemento dalgúns aspectos formais do código do inglés (coma o uso do xenitivo saxón, os adverbios de frecuencia, o Present Simple en afirmativa, a pronuncia dos sons /s/, /z/ e /iz/ das terminacións verbais en inglés, etc.), en diferentes contextos de comunicación, como instrumento de autoaprendizaxe e de autocorrección das producións propias e para comprender mellor as alleas. 6.-Identificar, utilizar e poñer exemplos das estratexias utilizadas na unidade para progresar na aprendizaxe, tales como a capacidade de valorar o seu propio progreso, a reflexión sobre como aprende un mesmo, a aceptación do erro, a utilización de táboas para aprender e memorizar o vocabulario, o uso de apéndices gramaticais, de ortografía e de escritura, etc. 8.-Identificar algúns elementos culturais ou xeográficos propios doutros países e culturas. Competencias básicas Competencia en comunicación lingüística: - Vocabulary, páxs. 18 e 23: vocabulario relacionado coas rutinas e coas actividades habituais. - Reading, páxs. 20 e 23 e Cross-Curricular Focus, páx. 26: comprensión escrita dun texto sobre as rutinas escolares en Xapón, outro sobre unha páxina web dirixida a usuarios adolescentes e outro sobre os distintos mecanismos para medir o tempo ao longo da Historia. - Grammar, páx. 21 e Grammar Build Up, páx. 22: comunicarse empregando o Present Simple en afirmativa, os adverbios de frecuencia e o xenitivo saxón. - Listening, páxs. 19 e 24: comprensión de dúas conversacións. - Speaking, páxs. 19 e 24 e My Portfolio, páx. 27: participación en conversacións e simulacións co compañeiro/a para describir as rutinas e actividades habituais propias e falar do animal favorito. - Pronunciation, páx. 24: pronuncia dos sons /s/, /z/ e /iz/ das terminacións verbais en inglés. - Writing, páx. 25 e My Portfolio, páx. 27: expresión escrita dun parágrafo descritivo con información sobre as actividades favoritas de cinco amigos e elaboración dun cadro con información sobre as actividades da semana. Competencia matemática: - Writing, páx. 25 e Culture, páx. 19: lectura e interpretación de gráficos e fórmulas horarias. Competencia no coñecemento e na interacción co mundo físico: - Cross-Curricular Focus, páx. 26: coñecemento dos distintos métodos de medición do tempo ao longo de distintos períodos históricos. Tratamento da información e competencia dixital: - Reading, páx. 23: familiarización cos novos formatos dixitais de transmisión da información: e-mail. - Writing, páx. 25: demostración de autonomía, eficacia, responsabilidade e reflexión ao seleccionar e facer uso da información e das súas fontes. - Speaking, páxs. 19 e 24, My Portfolio, páx. 27: respecto polas normas de conduta en interaccións na clase, co profesor/a ou cos compañeiros/as, ao usar a información e as súas fontes. Competencia social e cidadá: - Reading, páx. 20: interese polas diferenzas culturais e de comportamento cos estudantes xaponeses. - Culture, páx. 19: interese polas diferenzas horarias nos distintos países. - Actitude construtiva e solidaria ante a información que se presenta e ante as interaccións na aula. Competencia para aprender a aprender: Memoria de Asignatura / módulo Curso académico Páxina 12 de 214

- Uso de estratexias, recursos e técnicas de traballo intelectual para aprender e ser consciente das propias capacidades e coñecementos a través da sección Remember! situada ao longo da unidade no Student s Book, as seccións Be the Teacher!, páx. 18, Check Your Progress e Self-Evaluation, páxs. 22 e 23, e a sección Self-Evaluation, páx. 148, do Workbook, correspondentes á unidade. Autonomía e iniciativa persoal: - Speaking, páxs. 19 e 24, Writing, páx. 25 e My Portfolio, páx. 27: uso da creatividade persoal á hora de producir textos escritos e orais a partir de modelos dados. - Reading, páxs. 20 e 23, Cross-Curricular Focus, páx. 26 e Culture, páx. 19: demostración de sentido crítico ante as informacións culturais que se presentan. - Writing, páx. 25: Capacidade de organización á hora de presentar un traballo escrito. - My Portfolio, páx. 27: desenvolver un proxecto individual con creatividade, confianza, responsabilidade e sentido crítico. - Fomento do traballo cooperativo na aula. Temas interdisciplinarios Ciencias sociais, xeografía e historia: - O tempo: diferentes métodos de medición temporal ao longo da historia. Lingua e literatura: - As preposicións de tempo. - Os adverbios de modo. - O Presente Simple en afirmativa. - Tradución inglés-lingua propia no Workbook. Matemáticas: - Lectura e interpretación de gráficos. Educación para a cidadanía e os dereitos humanos: - Reflexión sobre as diferenzas xeográficas e culturais con outros países, en particular Xapón. UNIDADE 3: Animal World Obxectivos de aprendizaxe Escoitar de xeito comprensivo a descrición de varios animais e unha conversación sobre un Memoria de Asignatura / módulo Curso académico Páxina 13 de 214

traballo de bioloxía. Intercambiar información. Falar sobre os animais. Ler de forma comprensiva e autónoma un anuncio sobre a adopción de animais de especies en perigo de extinción, un artigo de revista sobre un animal coñecido como zorse, metade cebra, metade cabalo e un cadro sobre a cadea alimentaria. Escribir unha adiviña onde se describa un animal en concreto, poñendo especial atención no correcto uso da puntuación. Utilizar correctamente o Present Simple nas súas formas negativa e interrogativa. Utilizar correctamente a entoación das oracións: o ritmo. Contidos BLOQUE 1. ESCOITAR, FALAR E CONVERSAR Uso dos obxectivos da unidade para interaccionar co profesor/a e cos compañeiros/as. Audición e comprensión de breves mensaxes orais relacionadas co vocabulario da unidade: animais e partes do corpo. Anticipación do contido xeral do que se escoita, con apoio de elementos verbais e non verbais. Audición, comprensión e produción oral do vocabulario da unidade sobre os animais e a partes do corpo, para relacionalo coas fotografías ou debuxos correspondentes e clasificalo correctamente. Uso de estratexias básicas de comprensión de mensaxes orais: dedución do significado dalgunhas palabras ou expresións a través do contexto e uso dos coñecementos previos sobre o tema. Participación en conversacións breves e sinxelas co compañeiro/a, para intercambiar información en xeral e en particular, sobre as mascotas e animais, utilizando expresións útiles. Recoñecemento dalgunhas das características e convencións da linguaxe escrita e diferenciación da linguaxe oral nas seccións Speaking e Writing do Workbook. Uso do modelo de diálogo proposto sobre os animais de compañía, para interactuar co compañeiro/a e crear un novo diálogo cambiando as palabras coloreadas, cunha pronuncia adecuada. Emprego de respostas adecuadas ás informacións requiridas polo profesor/a e polos compañeiros/as nas actividades da aula. Aplicación de estratexias para superar as interrupcións na comunicación, usando elementos verbais e non verbais. Práctica da entoación das oracións: o ritmo. BLOQUE 2. LER E ESCRIBIR Comprensión de instrucións básicas para a correcta resolución de actividades. Relación do vocabulario da unidade coa súa categoría correspondente. Comprensión xeral e identificación de informacións específicas dun anuncio sobre a adopción de animais de especies en perigo de extinción, un artigo de revista sobre un animal coñecido como zorse, metade cebra, metade cabalo e un cadro sobre a cadea alimentaria, para completar as oracións, corrixir erros e responder as preguntas de comprensión dadas. Iniciativa para ler con certa autonomía textos adecuados á idade, intereses e nivel de competencia. Uso de estratexias básicas de comprensión lectora: identificación do tema dun texto mirando as imaxes, uso dos coñecementos previos, inferencia de significados polo contexto, etc. Recoñecemento dalgunhas das características e convencións da linguaxe escrita e diferenciación da linguaxe oral na sección Speaking e Writing do Workbook. Mellora da expresión escrita de forma guiada, prestando especial atención á corrección da puntuación, identificando os erros e completando unha táboa coas características máis significativas dun animal concreto. Composición dunha adiviña sobre un animal a partir dun modelo dado, seguindo o esquema elaborado e usando as regras básicas de ortografía e de puntuación. Uso correcto da puntuación en inglés para escribir oracións correctas, recoñecemento da súa importancia na comunicación escrita e diferenciación da linguaxe oral. Interese por coidar a presentación dos textos escritos en soporte papel e dixital. No Workbook: Comprensión xeral e identificación de informacións específicas dun artigo sobre un cabalo coxo e cunha perna ortopédica, para elixir a información adecuada e responder preguntas de comprensión. - Realización dun ditado para consolidar o vocabulario da unidade. - Tradución á lingua propia de expresións útiles. Memoria de Asignatura / módulo Curso académico Páxina 14 de 214

Produción escrita dun diálogo en inglés, completando os espazos en branco do exercicio. Práctica das formas negativa e interrogativa do Present Simple. BLOQUE 3. COÑECEMENTO DA LINGUA Coñecementos lingüísticos: Elementos morfolóxicos Identificación de elementos morfolóxicos básicos e habituais no uso da lingua. Léxico / Vocabulario Animais e partes do corpo. Identificación, uso e valoración das estratexias de aprendizaxe adecuadas (ver obxectivo xeral de área nº 7). Estrutura e funcións da lingua Formas interrogativa e negativa do Present Simple. Descrición dun animal. Fonética A entoación das oracións: o ritmo. Reflexión sobre a aprendizaxe: Aplicación de estratexias básicas para organizar, adquirir, recordar e utilizar léxico: relación do vocabulario coa súa representación visual, uso das familias de palabras, discriminación do vocabulario segundo diferentes categorías, etc. Reflexión guiada sobre o uso e o significado do Present Simple nas súas formas negativa e interrogativa e sobre a puntuación nos textos escritos. Aceptación do erro como parte integrante do proceso de aprendizaxe e actitude positiva para superalo. Organización do traballo persoal como estratexia para progresar na aprendizaxe. Interese por aproveitar as oportunidades de aprendizaxe creadas no contexto da aula e fóra da mesma. Participación activa na clase. Confianza e iniciativa para expresarse en público e por escrito Indución de regras gramaticais a partir da observación. Uso da terminoloxía adecuada aos contidos. No Workbook: Sección Check Your Progress para afianzar ou ampliar os coñecementos da unidade. Unha sección de Self-Evaluation. BLOQUE 4. ASPECTOS SOCIOCULTURAIS E CONCIENCIA INTERCULTURAL Recoñecemento e valoración do uso da lingua estranxeira como instrumento de comunicación na aula e con persoas doutras culturas. Uso de fórmulas de cortesía adecuadas para intercambiar información, manter unha conversación e describir un animal en detalle. Interese e iniciativa na realización de intercambios comunicativos con falantes da lingua estranxeira, utilizando soporte papel ou medios dixitais. Valoración do enriquecemento persoal que supón a relación con persoas pertencentes a outras culturas. Criterios de avaliación 1.-Comprender a idea xeral e as informacións específicas máis relevantes de textos orais onde varias persoas están pedindo comida por Internet, emitidos cara a cara ou por medios audiovisuais. 2.-Comunicarse oralmente participando en conversacións e en simulacións (intercambio de información sobre animais e mascotas), utilizando as estratexias adecuadas para facilitar a continuidade da comunicación e producindo un discurso comprensíbel e adecuado á intención da comunicación. 3.-Recoñecer a idea xeral e extraer información específica de textos escritos,, con apoio de elementos Memoria de Asignatura / módulo Curso académico Páxina 15 de 214

textuais e non textuais, sobre a adopción de animais de especies en perigo de extinción, sobre un curioso animal chamado zorse e a natureza e descrición da cadea alimentaria. 4.-Redactar un texto breve consistente nunha adiviña sobre un animal concreto, poñendo especial atención na puntuación. 5.-Utilizar o coñecemento dalgúns aspectos formais do código do inglés (coma o uso das formas negativa e interrogativa do Present Simple en diferentes contextos de comunicación), como instrumento de autoaprendizaxe e de autocorrección das producións propias e para comprender mellor as alleas. 6.-Identificar, utilizar e poñer exemplos das estratexias utilizadas na unidade para progresar na aprendizaxe, tales como a capacidade de valorar o seu propio progreso, a reflexión sobre como aprende un mesmo, a aceptación do erro, a utilización de táboas para aprender e memorizar o vocabulario, o uso de apéndices gramaticais, de ortografía e de escritura, etc. 7.-Usar de forma guiada as tecnoloxías da información e da comunicación para producir diálogos a partir de modelos dados e estabelecer relacións persoais, mostrando interese polo seu uso. Competencias básicas Competencia en comunicación lingüística: - Vocabulary, páxs. 28 e 33: vocabulario relacionado cos animais e coas partes do corpo. - Reading, páxs. 30 e 33 e Cross-Curricular Focus, páx. 36: comprensión escrita dun texto sobre a adopción de animais en perigo de extinción, sobre un híbrido entre cabalo e cebra e sobre as cadeas alimentarias. - Grammar, páx. 31 e Grammar Build Up, páx. 32: comunicarse utilizando o Present Simple nas súas formas afirmativa e interrogativa. - Listening, páxs. 29 e 34: comprensión dunha descrición dun animal e dunha conversación sobre un traballo de bioloxía. - Speaking, páxs. 29 e 34 e My Portfolio, páx. 37: participación en conversacións e simulacións co compañeiro/a para describir animais e práctica de pronuncia. - Pronunciation, páx. 34: a entoación das oracións: o ritmo. - Writing, páx. 35: expresión escrita dunha adiviña sobre un animal concreto. Tratamento da información e competencia dixital: - Writing, páx. 35: demostración de autonomía, eficacia, responsabilidade e reflexión ao seleccionar e facer uso da información e das súas fontes. - Speaking, páxs. 29 e 34 e My Portfolio, páx. 37: respecto polas normas de conduta en interaccións na clase, co profesor/a ou cos compañeiros/as, ao usar a información e as súas fontes. aula. Competencia social e cidadá: - Reading, páx. 30: interese pola situación das especies animais en perigo de extinción. - Actitude construtiva e solidaria ante a información que se presenta e ante as interaccións na Competencia para aprender a aprender: - Uso de estratexias, recursos e técnicas de traballo intelectual para aprender e ser consciente das propias capacidades e coñecementos a través da sección Remember! situada ao longo da unidade no Student s Book, as seccións Be the Teacher!, páx. 26, Check Your Progress e Self-Evaluation, páxs. 30 e 31, e a sección Self-Evaluation, páx. 148, do Workbook, correspondentes á unidade. Autonomía e iniciativa persoal: - Speaking, páxs. 29 e 34, Writing, páx. 35 e My Portfolio, páx.37: uso da creatividade persoal á hora de producir textos escritos e orais a partir de modelos dados. - Writing, páx. 35: Capacidade de organización á hora de presentar un traballo escrito. - My Portfolio, páx. 36: desenvolver un proxecto individual con creatividade, confianza, responsabilidade e sentido crítico. - Fomento do traballo cooperativo na aula. Temas interdisciplinarios Ciencias da natureza: - As especies animais en perigo de extinción e a importancia de levar a cabo accións dirixidas á súa conservación. - A pirámide dos alimentos. Memoria de Asignatura / módulo Curso académico Páxina 16 de 214

Lingua e literatura: - Present Simple en afirmativa e negativa - A puntuación en inglés. - Tradución inglés-lingua propia no Workbook. Educación para a cidadanía e os dereitos humanos: evitalo. - Reflexión sobre a situación das especies animais en perigo de extinción e a necesidade de 2ªaval.. Unidades 4,5,6 UNIDADE 4: At HomeUNIDADE 4: At Home Obxectivos de aprendizaxe Escoitar de xeito comprensivo un diálogo sobre as actividades domésticas. Expresar plans futuros e intencións. Falar sobre as actividades ou tarefas domésticas. Ler de forma comprensiva e autónoma un artigo sobre casas ecolóxicas diminutas, unha crítica dun libro e dun cadro, con información sobre distintos tipos de vivendas ao longo do mundo. Escribir unha descrición dun debuxo ou fotografía prestando atención á orde suxeito-verbo na oración. Utilizar correctamente o Present Continuous e comparalo e diferencialo do Present Simple. Pronuncia da terminación ing dos verbos en Present Continuous. Contidos BLOQUE 1. ESCOITAR, FALAR E CONVERSAR Uso dos obxectivos da unidade para interaccionar co profesor/a e cos compañeiros/as. Audición e comprensión de mensaxes orais breves relacionadas coas actividades da aula: instrucións, preguntas, comentarios, diálogos. Anticipación do contido xeral do que se escoita, con apoio de elementos verbais e non verbais. Obtención de información específica dun texto sobre casas ecolóxicas e dunha crítica literaria, para contestar varias preguntas de comprensión. Uso de estratexias básicas de comprensión de mensaxes orais: dedución do significado dalgunhas palabras ou expresións a través do contexto e uso dos coñecementos previos sobre o tema. Audición, comprensión e produción oral do vocabulario da unidade sobre elementos e cuartos da casa e tarefas do fogar, para relacionalo coas fotografías correspondentes e clasificalo correctamente. Produción de textos orais curtos, coa pronuncia adecuada. Recoñecemento dalgunhas das características e convencións da linguaxe escrita e diferenciación da linguaxe oral nas seccións Speaking e Writing do Workbook. Participación en conversacións breves e sinxelas co compañeiro/a para investigar que actividades realiza na súa casa e sobre os distintos tipos de vivenda, utilizando expresións útiles. Uso do modelo de diálogo proposto, onde dous adolescentes falan sobre as rutinas domésticas, para interactuar co compañeiro/a e crear un novo diálogo cambiando as palabras coloreadas, cunha pronuncia adecuada. Emprego de respostas adecuadas ás informacións requiridas polo profesor/a e polos compañeiros/as nas actividades da aula. Aplicación de estratexias para superar as interrupcións na comunicación, usando elementos verbais e non verbais. Práctica da pronuncia da terminación ing dos verbos en Present Continuous. BLOQUE 2. LER E ESCRIBIR Comprensión de instrucións básicas para a correcta resolución de actividades. Relación do vocabulario da unidade coa súa categoría correspondente. Comprensión xeral e identificación de informacións específicas de artigos sobre pequenas casas ecolóxicas, unha crítica literaria e un cadro sobre os distintos tipos de vivendas ao longo do mundo, para Memoria de Asignatura / módulo Curso académico Páxina 17 de 214

clasificar unha serie de afirmacións en verdadeiras ou falsas, elixir as respostas correctas e responder as preguntas de comprensión dadas. Iniciativa para ler con certa autonomía textos adecuados á idade, intereses e nivel de competencia. Uso de estratexias básicas de comprensión lectora: identificación do tema dun texto mirando as imaxes, uso dos coñecementos previos, inferencia de significados polo contexto, etc. Recoñecemento dalgunhas das características e convencións da linguaxe escrita e diferenciación da linguaxe oral. Mellora da expresión escrita de forma guiada, completando unha táboa, colocando unhas oracións na orde correcta e buscando a información requirida. Composición dun texto descritivo sobre unha fotografía ou un debuxo a partir dun modelo, seguindo o esquema elaborado e usando as regras básicas de ortografía e puntuación: a orde suxeito-verbo. Uso da orde dos adxectivos para escribir oracións correctas, recoñecemento da súa importancia na comunicación escrita e diferenciación da linguaxe oral. Interese por coidar a presentación dos textos escritos en soporte papel e dixital. No Workbook: Comprensión xeral e identificación de informacións específicas dun texto sobre casas subterráneas, para responder preguntas de verdadeiro e falso e para completar unhas frases. - Realización dun ditado para consolidar o vocabulario da unidade. - Tradución á lingua propia de expresións útiles. Produción escrita dun diálogo en inglés. Produción de frases. BLOQUE 3. COÑECEMENTO DA LINGUA Coñecementos lingüísticos: Elementos morfolóxicos Identificación de elementos morfolóxicos básicos e habituais no uso da lingua. Léxico / Vocabulario Elementos e cuartos da casa. Actividades domésticas Identificación, uso e valoración das estratexias de aprendizaxe adecuadas (ver obxectivo xeral de área nº 7). Estrutura e funcións da lingua Present Continuous (afirmativa, negativa, interrogativa, respostas breves e expresións temporais): comparación e diferenciación do Present Simple. Expresar plans futuros e intencións. A orde suxeito-verbo na oración. Fonética Terminación ing dos verbos en Present Continuous. Reflexión sobre a aprendizaxe: Aplicación de estratexias básicas para organizar, adquirir, recordar e utilizar léxico: familias de palabras, esquemas, etc. Reflexión guiada sobre o uso e o significado do Present Continuous, as expresións temporais que o acompañan e sobre a orde suxeito-verbo na oración; contraste entre o Present Simple e o Present Continuous Aceptación do erro como parte integrante do proceso de aprendizaxe e actitude positiva para superalo. Organización do traballo persoal como estratexia para progresar na aprendizaxe. Interese por aproveitar as oportunidades de aprendizaxe creadas no contexto da aula e fóra da mesma. Participación activa en tarefas e traballos en grupo. Confianza e iniciativa para expresarse en público e por escrito. Indución de regras gramaticais a partir da observación. Memoria de Asignatura / módulo Curso académico Páxina 18 de 214