Migracións de Rafa Villar. Unha análise temática. Olalla Lamela Rodríguez

Similar documents
COMO XOGAR A KAHOOT Se vas xogar por primeira vez, recomendámosche que leas este documento QUE É KAHOOT?

R/Ponzos s/n Ferrol A Coruña Telf Fax

Síntesis da programación didáctica

GUÍA DE MIGRACIÓN DE CURSOS PARA PLATEGA2. Realización da copia de seguridade e restauración.

Acceso web ó correo Exchange (OWA)

Silencio! Estase a calcular

Narrador e Narradora Narrador Narradora Narrador

the creation of the autonomous regions and the enactment of the Gali the status of the official language of the region and began to be taught in

Problema 1. A neta de Lola

Se (If) Rudyard Kipling. Tradución de Miguel Anxo Mouriño

Name: Surname: Presto= very fast Allegro= fast Andante= at a walking pace Adagio= slow Largo= very slow

Facultade de Fisioterapia

Projections of time in Cara Inversa (Inverse Face) Laura López Fernández Univ. of Waikato NZ

O SOFTWARE LIBRE NAS ENTIDADES DE GALIZA

"Por" and "Para" Notes: 1. The written lesson is below. 2. Links to quizzes, tests, etc. are to the left.

a) Japanese/English (difficult)... b) The weather in Africa/ the weather in the Antarctic (cold)... c) A car/ a bike (fast)

ANIMAR-T / LAIA, APRENDIZ DE MAGA

THEY BOTH MEAN FOR, BUT SO MUCH MORE! You cannot use them interchangeably, you have the learn the rules, when to use PARA, when to use POR!

Carlos Cabana Lesson Transcript - Part 11

2011, as letras da escuridade. Aproximación á figura de Lois Pereiro

CREACIÓN DE PÓSTERS CON GLOGSTER. Miguel Mourón Regueira

Metodoloxía copyleft en educación

A obra poética de Rafa Yáñez

DESFOCADOS. a distração programada da internet em N. Carr. Joana Rocha. Congresso de Cibercultura Universidade do Minho

Comezo do curso. Estimados pais, Benvidos a Quick Minds!

Vigil at Goldfish Pond Lynn MA June 19, 2016 Poem by Rosemie Leyre. I grieve We grieve

A TRANSICIÓN DA UNIVERSIDADE Ó TRABALLO: UNHA APROXIMACIÓN EMPÍRICA

Lingua e Docencia Universitaria V Xornadas sobre Lingua e Usos

Tradución e interpretación nos servizos públicos e asistenciais de Galicia.

Os Límites de Borges: traducións e interpretacións

PARTE I. VIVALDI: Concierto en MI M. op. 3 n.12

Cinco sinxelos pasos para ir á caza das estrelas ;) (

As edicións facsimilares no Castro, un exemplo de recuperación da memoria histórica

N.Y. Rock H ai un par de anos, a cidade

DSpace da Universidade de Santiago de Compostela

A performance en Rompente. Alberte Valverde

Recensións. ACUÑA, Ana (2005): Xoán Vidal. Voz e memoria. Pontevedra, Concello de Pontevedra, 44 pp.

EL SHOCK SENTIMENTAL. COMO SUPERARLO Y RECUPERAR LA CAPACIDAD DE AMAR (SPANISH EDITION) BY STEPHEN GULLO /CONNIE CHURCH

DÍA DA CIENCIA EN GALEGO CEIP DE CERVO 2014/15 PUCA QUERE SABER SOBRE

Carlos Servando MEMORIAL SALVAMENTO DEPORTIVO. 10 de outubro as 16:00. Piscina Carballo Calero Carballo. Organiza

Unha nova volta ás cartografías da cultura galega: lecturas posnacionais, lecturas relacionais 1

Xogos e obradoiros sobre o cambio climático que Climántica desenvolve en centros educativos

Sobre o uso de cara a / cara na norma galega

Anexo IV: Xestionar o currículum da etapa:

ÍNDICE ARTIGOS RECENSIÓNS

administración cidadanía. VOL.6_nº1_2011_ Revista da Escola Galega de Administración Pública.

SOÑAR SEN CANCELAS: MANUEL MARÍA E A CONSTRUCIÓN DUNHA EDUCACIÓN LITERARIA EN GALEGO

EL SHOCK SENTIMENTAL. COMO SUPERARLO Y RECUPERAR LA CAPACIDAD DE AMAR (SPANISH EDITION) BY STEPHEN GULLO /CONNIE CHURCH

COMO INTERPRETAR O CONVENIO EUROPEO DA PAISAXE

Competencias docentes do profesorado universitario. Calidade e desenvolvemento profesional

DSpace da Universidade de Santiago de Compostela

Os nenos tamén queren ler. Panorama da literatura infantil e xuvenil en lingua galega no século XXI

Welcome to Greenman and the Magic forest

La Oración: Verdadero refugio del alma (Spanish Edition)

Nº 3. Pessoa Plural. Onésimo Almeida, Paulo de Medeiros & Jerónimo Pizarro (Ed.) Versão integral disponível em digitalis.uc.pt

Que dicimos cando non falamos? O silencio na comunicación

C A D E R N O S D E L I N G U A

EDITA: CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA COORDINACIÓN EDITORIAL: NOVA XESTIÓN CULTURAL S.L. E O CABLE INGLÉS S.COOP. GALEGA

ProSpanish. Vocabulary Course. made easy by ProSpanish. ProSpanish

As variantes gran e grande dentro da frase nominal

GUíA COOP. GUíA DE COOPERATIVISMO Unidade didáctica CICLO DE EDUCACIÓN PRIMARIA

Modelos matemáticos e substitución lingüística

A colección O Roibén, vieiro de expresión poética do Grupo Bilbao

Rompetechos. Es La Vista La Que Trabaja (Spanish Edition) By Francisco Ibáñez

A CULTURA CIENTÍFICA. ESTRATEXIAS DE COMUNICACIÓN E DE INTEGRACIÓN

Un breve percorrido por A Nosa Terra e El Pueblo Gallego ( ): lingua galega e compromiso

OBSERVACIÓNS SOBRE AS ACTITUDES E OS COMPORTAMENTOS RELATIVOS ÓS CAMBIOS DE CÓDIGO EN SANTIAGO DE COMPOSTELA *

DOWNLOAD OR READ : KARALS NAMEITIS POEMA PDF EBOOK EPUB MOBI

Evolución dos exames de Historia nas PAU de Galicia ( )

DETERMINANTES SOCIOECONÓMICOS DA LINGUA: O CASO DO GALEGO

A Xesta de cómo América nasceu da melodía, unha particular Argonáutica

STEVENSON E A TENRURA DA SÚA POESÍA INFANTIL

A eurorrexión Galicia-Norte de Portugal a través das páxinas da prensa galega. Análise do discurso mediático transmitido polos xornais galegos

Will. Will. Will. Will. Will 09/12/2012. estructura. estructura. uso 2. para hacer predicciones de futuro. uso 1. para simplemente hablar del futuro.

Estudos sobre. lingüístico no galego actual

SOCIEDADES MULTICULTURAIS, INTERCULTURA- LIDADE E EDUCACIÓN INTEGRAL. A RESPOSTA DENDE A EDUCACIÓN PERSONALIZADA

Rosalía de Castro e a antropóloga feminista inglesa Annette Meakin. Catherine Davies

O uso de construcións con verbos soporte en aprendices de español como lingua estranxeira e en falantes nativos

AS EDICIÓNS INGLESAS DA POESÍA DE ROSALÍA DE CASTRO,

María Comesaña Besteiros

Xoán González-Millán. Formas de citación recomendadas

Recursos para a lingua

Liberacion Sobrenatural: Libertad para tu Alma, Mente y Emociones (Supernatural Deliverance: Freedom for Your Soul Mind And Emotions Spanish Edition)

Na cama com Bruna Surfistinha (Portuguese Edition)

Os antropónimos femininos no cancioneiro popular galego

VIGOSÓNICO V C O N C U R S O V I D E O C L I P S Calquera proposta estética para o vídeo: cine, animación, cor, branco e negro,...

A INTERFERENCIA FONÉTICA NO ESPAÑOL DA CORUÑA. A VOCAL [o] TÓNICA. Sandra Faginas Souto 1 Universidade da Coruña

ACCESO LIBRE Ó COÑECEMENTO? POLÍTICAS NEOLIBERAIS NAS BIBLIOTECAS UNIVERSITARIAS GALEGAS. Concha Varela Orol

Home-School Connection

sobre literatura e filosofía nº 11, febreiro de 2016 Chus Pato A mímese arcaica Euseino?

Galicia²¹. Journal of Contemporary Galician Studies Issue F

A noite branca, entre o documental e o ficcional: a memoria silenciada da División Azul

JORNADAS DEL MÁSTER DE LITERATURAS HISPÁNICAS (CATALANA, GALLEGA Y VASCA) EN EL CONTEXTO EUROPEO (JULIO DE 2014)

AP Spanish Literature 2001 Scoring Commentary

A esquerda e o colapso da civilización industrial

A (RE)ESCRITURA DAS MARXES. TRADUCIÓN E XÉNERO NA LITERATURA GALEGA 1 2

Revista Galega de Filoloxía, ISSN ,2006,7:

Palabras chave: Lois Pereiro, Jacques Rancière, Luzes de Galiza, subxectividade, hibridación, transdución, sabotaxe.

Foto-grafías: mulleres migrantes galegas e irlandesas¹

Guía para autoarquivo en Minerva Repositorio Institucional da USC. 16/04/2018 Biblioteca Universitaria da USC

Transcription:

Olalla Lamela Rodríguez Formas de citación recomendadas 1 Por referencia a esta publicación electrónica* LameLa RodRíguez, olalla (2011 [2010]). Migracións de Rafa Villar. unha análise temática. Madrygal: 13, 73-78. Reedición en poesiagalega.org. Arquivo de poéticas contemporáneas na cultura. <http://www.poesiagalega.org/arquivo/ficha/f/1004>. 2 Por referencia á publicación orixinal LameLa RodRíguez, olalla (2010). Migracións de Rafa Villar. unha análise temática. Madrygal: 13, 73-78. * Edición dispoñíbel desde o 22 de outubro de 2011 a partir dalgunha das tres vías seguintes: 1) arquivo facilitado polo autor/a ou editor/a, 2) documento existente en repositorios institucionais de acceso público, 3) copia dixitalizada polo equipo de poesiagalega.org coas autorizacións pertinentes cando así o demanda a lexislación sobre dereitos de autor. En relación coa primeira alternativa, podería haber diferenzas, xurdidas xa durante o proceso de edición orixinal, entre este texto en pdf e o realmente publicado no seu día. O GAAP e o equipo do proxecto agradecen a colaboración de autores e editores. O copyright dos documentos publicados en poesiagalega.org pertence aos seus autores e/ou editores orixinais.

Migracións by Rafa Villar. A thematic analysis Olalla LAMELA RODRÍGUEZ Universidade de Vigo olamela@uvigo.es [Recibido, decembro 2009; aceptado, febreiro 2010] RESUMO Esta é unha breve guía das liñas temáticas que podemos atopar no poemario Migracións de Rafa Villar. Catro son os núcleos que destacan: as migracións, a memoria histórica, o intimismo e a metaliteratura. Non son compartimentos estancos. As composicións establecen vínculos entre elas como se dunha melodía se tratase e fan, en conxunto, un todo. PALABRAS CHAVE: Rafa Villar migracións memoria histórica intimismo metaliteratura. LAMELA RODRÍGUEZ, O. (2010):, Madrygal (Madr.), 13: 73-78. RESUMEN Esta es una breve guía de las líneas temáticas que podemos encontrar en el poemario Migracións de Rafa Villar. Cuatro son los núcleos que destacan: las migraciones, la memoria histórica, el intimismo y la metaliteratura. No son compartimentos estancos. Las composiciones establecen vínculos entre ellas como si de una melodía se tratase y hacen, en conjunto, un todo. PALABRAS CLAVE: Rafa Villar migraciones memoria histórica intimismo metaliteratura. LAMELA RODRÍGUEZ, O. (2010): Migracións de Rafa Villar. Un análisis temático, Madrygal (Madr.), 13: 73-78. ABSTRACT This is a brief guide to the thematic lines that can be found in the collection of poems Migracións, by Rafa Villar. There are four nuclei standing out: migrations, historical memory, intimism and meta-literature. They link together. These compositions are united by bonds among them, in a melodic way, and the overall result is that of a whole. KEY WORDS: Rafa Villar migrations historical memory intimism meta-literature. LAMELA RODRÍGUEZ, O. (2010): Migracións by Rafa Villar. A thematic analysis, Madrygal (Madr.), 13: 73-78. SUMARIO: 1. Introdución; 2. Análise temática: 2.1. Migracións; 2.2. A memoria histórica; 2.3. O intimismo; 2.4. Metaliteratura e intertextualidades directas; 3. Conclusións; 4. Referencias bibliográficas. Madrygal, 2010, 13 73-78 ISSN: 1138-9664

1. INTRODUCIÓN Rafa Villar naceu en Cee en 1968. É licenciado en Filoloxía Galego-Portuguesa pola USC e traballa no Departamento de Normalización Lingüística da CIG. Foi un dos membros máis destacados de Letras de Cal e participou no colectivo Batallón Literario da Costa da Morte. Tamén participou como voceiro do movemento social Nunca máis. Recibiu numerosos recoñecementos e premios de grande prestixio. Entre outros é autor de Liques da memoria (1993), O devalo do mar (1994), A sotavento dunha singradura (1995), Casa ou sombra (1997), Días de Sherezade (2000) ou Memorias de Ahab (2007). No ano 2008 gaña o XXIV Premio de Poesía Cidade de Ourense coa obra Migracións. En Rafa repítense constantes temáticas. Como pegadas de xigante, a súa poesía pódese analizar en conxunto, creando textos curtos podemos entender os seus libros como un só poema. Toman especial forza a expresividade das imaxes e o poder simbólico da súa poesía. Os que seguimos a súa traxectoria poética sabemos que a súa lingua está cargada de salitre, de navíos, de terras escarpadas. O mar é elemento fundamental na súa poética. Literal e metaforicamente os seus versos están empapados de océano. Nos versos tamén latexa unha forte carga política e social. Numerosas veces chama á unión para defender a identidade galega, individualidade xeográfica, de carácter, de cultura, de lingua, pero en ningún momento incita á loita armada, el considera que a palabra é o medio para conseguir a liberdade. La poesía es un arma cargada de futuro en palabras de Gabriel Celaya. Non podemos esquecer o eu lírico e o seu universo dentro do poemario, que aparece constantemente envolto en pesimismo. Este traballo consiste na análise temática do seu último poemario Migracións. Trátase dunha lectura individual baseada na subxectividade, xogando coa evocación que os poemas me transmiten e obviamente tendo en conta a traxectoria poética do autor. Se partimos do título desta obra temos sobre a mesa dous dos ases que guiarán a partida. Por unha banda está os movementos migratorios, ou simplemente o moverse para procurar un futuro, e pola outra, a memoria histórica para sensibilizar ó ti (lector) da situación real de Galicia, nun primeiro plano, que se expande ó mundo, nunha visión xeral. Outro ás que aparecerá será o intimismo, destacando emocións como a soidade, o desamor, o abandono, a melancolía. Finalmente, o derradeiro ás é a metaliteratura, o emprego da palabra como utensilio de traballo, e a alusión a outros compañeiros de profesión que dalgún xeito foron exemplares. Nas liñas seguintes farei unha análise máis pormenorizada dos temas ós que Rafa Villar recorre nesta obra. En ocasións farei alusións a poemas concretos simplemente para exemplificar. 2. ANÁLISE TEMÁTICA En primeiro lugar, cómpre comentar que non é un poemario estruturado en partes perfectamente diferencias. Polo contrario, si hai temas que se repiten ó longo da obra que nos permiten reagrupar as composicións. Nalgúns casos son os propios títulos dos poemas os que nos indican a relación interna que se fía entre eles, como é o caso de Violenta casa, Posdata, Migracións ou Memorias entre outros. A análise divídese en catro núcleos temáticos que coinciden basicamente cos ases xa aludidos. 2.1. AS MIGRACIÓNS Emprega o termo migracións para tinguir o movemento de carácter universal. Non pretende centrarse no caso dos inmigrantes que chegan nin dos emigrantes que parten. Todos teñen cabida neste século XXI. Porque este é o século dos desprazamentos. Fronte a condicións adversas socioeconómicas o ser humano tende a buscar en novos lugares outras situacións favorables para o seu desenvolvemento como individuo e como parte dunha colectividade. Pois todos sabemos que é de suma importancia sentirse integrado no grupo de destino. Respecto a este tema propón tres interesantes puntos de vista. Na primeira parte, con mesmo título que o poemario, refírese ós inmigrantes que chegan á costa en condicións infrahumanas. É unha recreación da realidade máis brutal. É unha visión da actualidade. Estamos en pleno século XXI. Todos os días os informativos bombardean con chegadas masivas de inmigrantes ás praias da península, pero non é algo exclusivo e propio, está a ocorrer en centos de lugares ó mesmo tempo. Homes, mulleres e nenos arriscan a súa vida no que de por si xa é un naufraxio. Aínda cando conseguen superar as duras probas do mar máis feroz chegan á terra das feras evolutivas, caen nas mans do capitalismo, comeza 74 Madrygal, 2010, 13 73-78

para eles a auténtica loita pola supervivencia. Eles, eses animais que chegaron do mar ou de ningures. Eses que nos veñen roubar a vida. E nós temémolos quizais porque facéndonos chamar humanos non somos máis que salvaxes sen rastro de humanidade. Na segunda parte, Rafa fala da Galicia emigrante. Un pobo marcado polas viaxes alén do mar, deixando atrás a familia e os escasos bens para ir na procura dun futuro mellor e, se cadra, renunciar incluso a esas orixes e non volver xamais. Pero moitas veces, aqueles que noutrora tomaron un barco rumbo ós países da América latina (sobre todo), parecen esquecer que eles tamén sufriron o que sofren estes que agora chegan anhelando, ó igual ca eles, un mundo mellor, pan para cada día e, con sorte, un teito baixo o que durmir. Pero por moito que se lle queira facer fronte á memoria e borrala dun sopro, sempre permanecerá para no momento menos sospeitado facérllelo ver no espello do tempo. Na terceira parte deste bloque, o autor móstranos un exemplo concreto. Fálanos de Farruco Sesto. Foi parar ó que daquelas era o paraíso por excelencia, o seu barco atracou nalgún porto de Venezuela, onde recendía a exilio e soidade. A día de hoxe é ministro do goberno venezolano e militante chavista. Anos atrás foi alá na procura de alento e agora leva unha vida desafogada e calma. Está dentro daqueles que partiron e non contan con volver. O seu destino acolleuno como se dun fillo máis se trátase. É un claro exemplo de tolerancia e éxito. Porque non sempre ten que acabar mal o conto. Unha derrota pesa nas costas deste galego na distancia: os seus versos caeron no esquecemento...se algunha vez alguén se lembrou deles. A súa estrela de literato frustrouse nada máis prender. 2.2. A MEMORIA HISTÓRICA Neste apartado non só teñen cabida aqueles poemas que cantan o pasado máis ou menos glorioso de Galicia, tamén se poden incluír aqueles que fan referencia ó presente obxectivo, dentro da subxectividade propia da poesía, e o presente e o futuro hipotético, na maioría dos casos marcados pola incerteza e polo pesimismo. Aparece claramente a preocupación pola terra escravizada, unha continua guerra contra o tempo e contra o pasado, as esperanzas no presente e a construción dun camiño cara ó futuro. Canta á unidade solidaria xogando sempre con eu/ nós para intentar evitar que se nos arrebate a patria e, polo tanto, a identidade. Botando man da memoria o poeta pretende borrar esa historia imposta que nos tocou vivir como nación. E aínda así, a pesar de esa toma de conciencia, seguimos estancados neste mar inmóbil. Agora máis que nunca debemos loitar porque aínda queda luz nesta terra, aínda queda luz nesta lingua, aínda queda luz en Galicia. Non aparecen grandes heroes que chegaron a rescatarnos dos naufraxios, os protagonistas somos nós, o pobo, os que cremos en nós mesmos e nun lugar mellor, os que camiñaremos coa ollada no futuro malia que o vento bata de fronte. Podemos falar aquí de poemas como (e só é unha mostra): baixo estes farois de chuvia, en que o tema principal desta composición é a nación. Galicia como xeografía desencantada, maltratada, solitaria. O pobo galego consómese no silencio, o destino non é outro que ser esquecidos, perder a identidade, non poder ter imaxe do outro lado do espello. Se cadra necesitamos outra Rosalía, outra forza, outra motivación á que aferrarse e coa que mostrarse perante o mundo. Outra voz que fale por nós. Só por iso o eu poético arriscaría existir, pois só ten sombra aquilo que está composto de materia. Xoga coa primeira persoa tanto individual como colectiva, Galicia somos todos e Galicia só é unha. este mar/violentamente amado, onde o mar é a patria, Galicia. Unha patria que sufriu todo tipo de vexacións. O poeta xoga coa escuma. É o superficial, cubre o mar, é, polo tanto, o primeiro que se aprecia, fala entón desde o seu tempo, desde a experiencia, pero coñece aínda así o que se agocha baixo esa capa de escuma, un mar violentamente amado, unha terra forte como a que máis, un mar batido polo espanto e ancorado, unha patria atrasada e torturada no seu pobo, estancada e, aínda así, a voz poética segue como bo mariñeiro soportando noites e gardando esperanzas. Este é o tempo que se coñece, pero é posible que o que estea por vir sexa mellor. longa lingua é un poema en que defende a lingua. Lingua torturada e en vías de extinción por aqueles que só desexan a centralización e a desaparición da pluralidade. Mais esta nosa lingua é forte e é do pobo. Non se toca, non se queima, non se mata. Hai un brillo no futuro que agardamos que a conserve como se do máis prezado tesouro se tratase, como se fose o pan desta casa. a miña é/unha estratexia de terra queimada fálanos de Galicia. Terra queimada que, con todo, permanece en pé. Ela é o noso sinal de identidade. Por moito que digan aqueles que non a respectan, Galicia é territorio de seu. O eu lírico bota o seu Madrygal, 2010, 13 73-78 75

veleno contra os que ousan insultala, calumniala. O eu lírico remata deixando claro o seu posicionamento, el é dos que conservan a esperanza no futuro e, polo tanto, é dos que agardan aínda. Son moitos os poemas que falan de ideoloxía, de inclinacións políticas, de memoria histórica, dos séculos escuros, da guerra civil, pero tamén hai memoria da tradición. Así, atopamos composicións como voo de gaivota, onde fala da innegable tradición mariñeira desta terra atlántica. Dos seus portos non só parten pequenas gamelas que abastecen as casas para o consumo diario, tamén levan áncoras grandes pesqueiros que en alta mar pasan días... semanas... até meses. Nas aldeas e vilas mariñeiras técense historias de éxitos e naufraxios. Un lugar de destino é o Gran Sol, de aí que o poema nos sitúe fronte os acantilados irlandeses. E conta neste caso unha tráxica historia. Un barco caído en combate. Afundido, levou consigo a vida de homes traballadores e sacrificados. Homes que traballaban polo pan para o mañá e descansaban na soidade escura da noite en alta mar. Agora xacen nas ondas envoltos en sombra. E unha gaivota é testemuña do ocorrido e trae á costa as novas da derrota. Derrota en absoluto nova, pois son tantas as historias da voracidade do mar que xa forma parte do día a día. Rafa Villar non fala só da decadencia desta terra da beira do Atlántico. Na súa obra hai lugar para outros conflitos de carácter universal. Por exemplo, rosas de Bagdad é unha alusión clara ó conflito bélico que alí tivo lugar e expresa ó desencanto de saber que a que un día foi patria das historias das Mil e unha noites, hoxe é tamén terra queimada e torturada, e aquelas flores noutrora luminosas e cheas de cor son hoxe pintadas de sangue e violencia. Perdeu o seu esplendor, ou mellor dito, arrincáronlle o seu esplendor. En a noite recorta/as súas unllas de noite o poeta fai unha visión xeral do mundo. Como a partir da escravitude do sur, o norte consegue seguir o seu camiño á riqueza. O capitalismo comparado coas orixes tribais da poboación mundial. Mais a pesar desa riqueza, a luz que proxectamos é froito da devastación, do abuso descontrolado de poder, do esgotamento dos medios naturais. E algún día pasará factura. 2.3. O INTIMISMO Sempre hai un lugar na poética de Rafa para o eu, un eu individual que se constrúe a base de emocións. O poemario tínguese novamente de pesimismo con desamores, despedidas, posdatas, nostalxia e melancolía do amor, o paso do tempo e a súa pegada no ser, o poder das lembranzas para manipular a vontade do individuo, o sometemento pasando por renunciar á identidade que ás veces o amor trae consigo ou algo que non é amor pero así é como se disfraza, chegando incluso a un poema que ten por tema o alzheimer. Se cadra estaría ben comezar polo abandono da infancia. A partida dun neno feito home na procura dun futuro. Pode que emigrase ou que simplemente saíse da unidade familiar, pero de calquera dos xeitos marcha, vaise porque cre nun futuro, porque hai soños por cumprir, ou tamén porque si, sen máis. Estou a falar dos poemas de pais a fillos e de fillos a pais. E fala como non do amor, ese sentimento universal que tanto enche de felicidade como destrúe vidas sen ningún tipo de consideración. Aquí atopamos ós derrotados. Voces que falan de lembranzas, de dores, de nostalxia, de sufrimento, de frío, de soidade e de emocións que non hai palabras que as designen porque son males da alma. No poema posdata 1 fala por exemplo dun deses amores rotos, xogando con estruturas inacabadas o poeta non pretende senón transmitir desesperanza e frustración. En posdata 2 alude á ausencia da amada. En posdata 3 aborda o efecto da soidade no eu. Na serie de poemas que levan por título violenta casa pódense interpretar como casos de violencia doméstica, sometemento do eu lírico a un ti dominante, pero tamén se pode ler como unha situación de tedio, de ausencia de paixón, de desexo de romper cunha relación que non resulta enriquecedora, unha relación na que o eu poético perde a voz e o voto e se oculta sempre tralo ti. Cansado desa situación decide poñer fin berrando dunha vez que el/ela ten voz, que pode decidir que quere e que non quere, que se acabou o vivir co medo á soidade, que non ten porqué refuxiarse na noite para gozar de si mesmo, para liberarse de ese lazo que o afoga. Se cadra, na derradeira parte a violencia podería estar latente con maior forza ca nas demais. A cama é o único refuxio, máis alá é volver ó martirio, ese silenciar a pel [...] e non querer acordar máis permite ler que o eu lírico desexa a morte a seguir así, se ben antes falaba de noites de lexatin e medo, a droga como forza para resistir. Agora xa non, deixar de existir antes que vivir sen ser. E como toda traxectoria vital, logo da infancia e da idade adulta chega a vellez. Trata o tema no poema memorias 1, versos nos que a enumeración de 76 Madrygal, 2010, 13 73-78

negativos carga o poema de frustración, de desespero. O eu lírico fala cun ti que está a padecer o mal do alzheimer. Intenta expresar a dor que provoca saber que a persoa que queres non ten lembranzas túas, agás nalgún intre de lucidez, que é cando o tempo se detén. O eu intenta mostrarse sereno e forte pero no seu interior late o medo a desaparecer da súa memoria unha e outra e outra vez. 2.4. METALITERATURA, INTERTEXTUALIDADES DIRECTAS Servíndose de grandes autores Rafa trasládanos a épocas de esplendor como son Rosalía no Rexurdimento ou Manuel Antonio na Vangarda de principios do século XX. Á marxe destas mencións explícitas, Manuel Antonio forma parte de Rafa Villar, é en moitos aspectos fonte de inspiración, non só no que a léxico se refire, tamén ideas, construcións, xogos co nós, chegando incluso a tomar un dos seus versos como título do poemario A sotavento dunha singradura. Alude a outros escritores como César Vallejo, Nâzim Hikmet e Roque Dalton. Nestes casos deixa ver a súa afección pola literatura hispanoamericana e tamén a súa posible inclinación comunista. Son, entre outras, as composicións nación gz 1, estraño ollar/de lume e café, declaración de principios ou como non confundir, pequeno Roque Dalton. Tamén temos composicións en que aposta por unha visión da literatura e da poesía como arma de combate. para a sede deste tempo vén dicir que nun presente tan incerto como o futuro, cheo de escuridade, dúbidas e soidade, hai quen nos pode guiar á luz. Son eles, os prestidixitadores das palabras, os poetas e, dun xeito máis xenérico, os escritores, os que axudan a crer que todo pode ir mellor. Nós estamos nesas voces que moldean a historia, a nosa historia, por iso xa non é silencio, nin soidade. Eles son os nosos heroes e das súas mans está a salvación. eu débome aos meus arpóns en que a través dunha serie de imaxes a voz poética fai alusión á arte de escribir como arma. Así, equipara os seus versos cos arpóns e o efecto que causan é esa ferida que rompe co ser vivo máis grande que habita os mares. O barco son os mestres da palabra que anteriormente marcaron o rumbo e que navegan máis alá de calquera destino. A voz poética débese a ese rastro que vai deixando tras de si o navío. É a nova palabra en tempos en que o paraíso está envolto en escuridade. Canta nesta ocasión unha derrota, non hai triunfo nas redes, nin miradas fixas e intensas, todo é vergonza, pasar sen ser notado. Esta vez cae ó máis profundo. acto de fe 1 fala do valor que un poema pode adquirir. Pode ser un conxunto de inocentes palabras nunha disposición esteticamente determinada ou ben pode ser unha arma cargada de contido simbólico e en absoluto inxenuo. Nos versos dun poema pódese agochar desde o máis pequeno insecto ata o máis grande movemento político. É importante saber manexar ben as palabras pois nelas tamén está (se cadra silenciado) o futuro desta terra. En acto de fe 2 o eu lírico fala de escribir como salvación, é un mérito pouco recompensado. Só algúns individuos entregados a mente e non á guerra poden chegar ó fondo do texto e atopar nas palabras valores non literais, entre o naufraxio, tantas derrotas, escribir é o licor café que quenta o corpo e agradece o esforzo do día. declaración de intencións é un poema clave dentro deste apartado. É aquí onde se pode apreciar sen brétema que a poesía é a arma de rebeldía e confesión. É a arma daqueles que foron silenciados pola forza. É a luz disfrazada da verdade. A poesía é escudo e espada ó mesmo tempo. 3. CONCLUSIÓNS Evidentemente estas poucas páxinas deixa enormes baleiros por encher e esta obra merece moito máis tempo para ser traballada en condicións. O traballo é de carácter temático, por iso pasei por alto importantes intertextualidades con Manuel Antonio, Celso Emilio Ferreiro, Rafael Dieste ou Castelao, entre outros. Sería interesante nunha futura revisión realizar unha análise pormenorizada de cada unha das composicións e descoser a profunda rede que pesa no poemario. Esta clasificación que aquí fixen en ningún momento se trata de compartimentos estancos. Os fíos temáticos entretecen os poemas dun xeito moito máis complexo. Así como moitas das miñas lecturas poderían ser cuestionables. O carácter subxectivo da análise é máis que evidente, se ben intentei en todo momento argumentar a miña visión. Inevitablemente me introducín neste mar de poesía, migrei, naufraguei, salveime e creo no futuro. Este é o resultado de tan grande aventura. O estilo que reina na miña escrita é moi literario porque considero que a poesía se le con poesía. Neste artigo hai algo de min, supoño que porque eu tamén estou nese nós que é Galicia. Madrygal, 2010, 13 73-78 77

REFERENCIAS BIBLIOGRÁFICAS VILLAR, Rafa. (1995): A sotavento dunha singradura. A Coruña: Espiral Maior. (1997): Casa ou sombra. Vigo: Edicións Xerais de Galicia. (2007): Escoración dos días. A Coruña: Ediciós do Castro. (2007): Memoria de Ahab. Santiago de Compostela: Sotelo Blanco. (2008): Migracións. A Coruña: Espiral Maior. VV. AA. Galicia. Historia da Literatura Galega. A Coruña: Hércules Edicións, Tomo 36, pp. 366-417. 78 Madrygal, 2010, 13 73-78