PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA Área de Lingua Inglesa 5º Educación Primaria

Similar documents
PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA. Área de Lingua Inglesa. 4º Educación Primaria

COMO XOGAR A KAHOOT Se vas xogar por primeira vez, recomendámosche que leas este documento QUE É KAHOOT?

Síntesis da programación didáctica

QUINTO CURSO EDUCACIÓN PRIMARIA OBRIGATORIA

PRESENTACIÓN MATERIA MATERIA INGLÉS CURSO 4º ESO CURSO ACADÉMICO PROFESOR Mª CRUZ MASEDA FRANCOS

DEPARTAMENTO DE INGLÉS PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA 3º ESO - LINGUA INGLESA - 1º IDIOMA CURSO 2018 / 2019 IES DAVID BUJÁN

NOME DO CENTRO: IES CANIDO CURSO ESCOLAR: 2016/2017 INGLÉS 1º ESO

Silencio! Estase a calcular

DEPARTAMENTO DE INGLÉS PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA 2º ESO - LINGUA INGLESA - 1º IDIOMA CURSO 2018 / 2019 IES DAVID BUJÁN

R/Ponzos s/n Ferrol A Coruña Telf Fax

Programación 3º de EP LINGUA INGLESA

2º ESO. Obxectivos xerais do curso. Contidos (unidades didácticas) temporalizados por avaliacións

PRESENTACIÓN MATERIA MATERIA LINGUA INGLESA CURSO 1º ESO B CURSO ACADÉMICO PROFESOR Mª MONTSERRAT VILLAPÚN CASTRO

PROGRAMACIÓN CURSO DEPARTAMENTO : INGLÉS. IES Ramón Menéndez Pidal

SECUENCIACIÓN DIDÁCTICA: ÁMBITO DA COMUNICACIÓN MÓDULO 3 y 4 (ESA) 2017/2018

PROGRAMACIÓN CURSO DEPARTAMENTO : INGLÉS. IES Ramón Menéndez Pidal

Acceso web ó correo Exchange (OWA)

PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA ÁREA DE INGLÉS

PRESENTACIÓN MATERIA MATERIA INGLÉS CURSO 4º ESO CURSO ACADÉMICO PROFESOR FRANCISCO JOSÉ PÉREZ SAAVEDRA

PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DEPARTAMENTO DE INGLÉS. Curso

C.E.I.P. PRÁCTICAS de Ourense Programacións didácticas

O SOFTWARE LIBRE NAS ENTIDADES DE GALIZA

PRESENTACIÓN MATERIA MATERIA INGLÉS CURSO 2º BAC CURSO ACADÉMICO PROFESOR Mª CRUZ MASEDA FRANCOS

PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA INGLÉS

Procedimientos Auditivos e Instrumentais DEPARTAMENTO COORDINADOR/A DA DISCIPLINA. CURSOS 1º curso 2º curso 3º curso 4º curso.

GUÍA DE MIGRACIÓN DE CURSOS PARA PLATEGA2. Realización da copia de seguridade e restauración.

PRESENTACIÓN DA MATERIA/MÓDULO

3º ESO ESTHER VÁZQUEZ, ELBA NIEVES. Editorial BURLINGTON AutorMARKS/DARBY. Contidos (unidades didácticas) temporalizados por avaliacións

LINGUA INGLESA CURSO

I.E.S. ORTIGUEIRA ÁREA DE LINGUAS ESTRANXEIRAS

PRESENTACIÓN MATERIA MATERIA LINGUA INGLESA CURSO 1º ESO A CURSO ACADÉMICO PROFESOR Mª MONTSERRAT VILLAPÚN CASTRO

DEPARTAMENTO DE INGLÉS PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA 2º BACH - LINGUA INGLESA - 1º IDIOMA CURSO 2018 / 2019 IES DAVID BUJÁN

PROGRAMACIÓN ÁREA DE INGLÉS 2º CICLO DE EDUCACIÓN INFANTIL CEIP DE AGOLADA

PROGRAMACIÓN DEPARTAMENTO DE INGLÉS -ESO -BACHARELATO -CICLOS -FORMACIÓN PROFESIONAL BÁSICA -ADULTOS

DEPARTAMENTO DE INGLÉS PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA

1º ESO CARMEN QUINTANA, ELBA NIEVES, MARGARITA ALFONSO

PRESENTACIÓN MATERIA MATERIA INGLÉS CURSO 1º BAC CURSO ACADÉMICO PROFESORA Mª CRUZ MASEDA FRANCOS

EDUCACIÓN INFANTIL PROGRAMACIÓN DE CICLO CENTRO: CEIP Mª PITA CURSO: Páxina 1

PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DEPARTAMENTO DE INGLES

PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA CURSO DEPARTAMENTO DE INGLÉS

Área de Inglés Curso escolar

PROGRAMACIÓN DE INGLÉS CURSO º ESO

PROGRAMACION LINGUA INGLESA SEXTO CURSO 1- OBXECTIVOS 1.1- XERAIS 1.2-ESPECIFICOS

CURSO PROGRAMACIÓN DE 2º ESO

Ámbito da comunicación: lingua inglesa

DEPARTAMENTO DE INGLÉS PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA

Programación do Departamento de Inglés da EOI de Lugo Curso

Discurso literario e sociedade nos países de fala inglesa

2.1. O PROXECTO LINGÜÍSTICO DE CENTRO

Índice. EOI de Ferrol: Programación didáctica departamento de Inglés Curso 2017/2018 2

Obradoiro sobre exelearning. Pilar Anta.

VIGOSÓNICO V C O N C U R S O V I D E O C L I P S Calquera proposta estética para o vídeo: cine, animación, cor, branco e negro,...

Conservatorio Profesional de Música de Vigo. Programación de Percusión

Rede CeMIT Cursos Gratuítos de Alfabetización Dixital NOVEMBRO Aula CeMIT de Cuntis

Welcome to Greenman and the Magic forest

Alumna/o...Curso... 1) Para recuperar a materia pendente deberás seguir o plan de traballo que se especifica de seguido:

Informe do estudo de CLIMA LABORAL do Sergas

CURSO UNIVERSITARIO CON APROBACIÓN PROVISONAL DE HOMOLOGACIÓN POR PARTE DA CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E O.U.

T1, T3, (T5)*, T8, T11, T13 *solo grupos bilingüe X1, X3, X8, X10, X13, X18, X22, X23, X24 EI6, EI7

PROGRAMACIÓN DE RELIXIÓN EVANXÉLICA 1º e 2º ESO

PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DEPARTAMENTO DE LINGUA GALEGA E LITERATURA CURSO

PROXECTO EDUCATIVO C.P.I. PECALAMA TORDOIA

Programación. Didáctica. Departamento de Inglés

Proxecto Curricular. I.E.S. Sanxillao. Proxecto Curricular IES SANXILLAO

Conservatorio Profesional de Música de Vigo. Programación OPTATIVA DE MÚSICA MODERNA (historia do rock&roll)

Xogos e obradoiros sobre o cambio climático que Climántica desenvolve en centros educativos

PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA

Guía didáctica TODO É PERCUSIÓN

Conservatorio Profesional de Música de Vigo. Programación de Contrabaixo

Programación Percusión

COLEGIO NUESTRA SEÑORA DEL ROSARIO.

Grao en Química. 2 0 Curso QUIMICA INORGÁNICA III. Guía Docente

PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DA MATERIA DE

PROGRAMA FORMATIVO DA ESPECIALIDADE FORMATIVA TÉCNICAS DE MARKETING ON LINE, BUSCADORES, SOCIAL MEDIA E MÓBIL COMM049PO

Narrador e Narradora Narrador Narradora Narrador

A ensinanza da nutrición humana na Educación Primaria desde unha perspectiva mediambiental

MINISTERIO DE EDUCACIÓN Y CIENCIA

PROPOSTA PEDAGÓXICA PROCESO DE FAMILIARIZACIÓN Á ESCOLA INFANTIL

Traballo de fin de grao

PROGRAMACIÓN DA MATERIA DE PEDAGOXÍA E DIDÁCTICA INSTRUMENTAL

PROGRAMACIÓN DO CUARTO CURSO DAS ENSINANZAS DO TÍTULO SUPERIOR DE MÚSICA NA ESPECIALIDADE DE INTERPRETACIÓN NO ITINERARIO DE CLARINETE.

Comezo do curso. Estimados pais, Benvidos a Quick Minds!

Grao en Química. 2 0 Curso QUIMICA INORGÁNICA III. Guía Docente

Concello de Baralla DENOMINACIÓN DA PRAZA/POSTO/EMPREGO: PERSOAL DE APOIO NO PAI. Concello de Baralla

marcoeuropeocomún de referencia para as linguas: aprendizaxe, ensino, avaliación

Conservatorio Profesional de Música de Vigo. Programación de Viola

1. DATOS IDENTIFICATIVOS DA DISCIPLINA CÓDIGO Teorías do espectáculo e da comunicación Teorías do espectáculo II

TRABALLO DE FIN DE GRAO

ANEXO XIII MODELO DE PROGRAMACIÓN DE MÓDULOS PROFESIONAIS

II PLAN PARA A IGUALDADE DE OPORTUNIDADES ENTRE MULLERES E HOMES DE VIMIANZO ( )

MEMORIA DE AVALIACIÓN DA CALIDADE: INFORME DE RESULTADOS PROGRAMACIÓN: ACCIÓNS FORMATIVAS DIRIXIDAS PRIORITARIAMENTE ÁS PERSOAS TRABALLADORAS

ORIENTACIÓN E RESPOSTAS EDUCATIVAS. Alumnado con trastornos da aprendizaxe

Comezo do curso. Estimados pais, Benvidos a Quick Minds!

1. DATOS IDENTIFICATIVOS DA DISCIPLINA CÓDIGO Teorías do espectáculo e da comunicación Teorías do espectáculo I ITINERARIO CURSO 1º CRÉDITOS ECTS 3

MATERIAIS PLURILINGÜES 3.0: FORMACIÓN, CREACIÓN E DIFUSIÓN

CREATIVIDADE DA COMUNICACIÓN CULTURAL

Niveis de Referencia 4º Primaria 2º 3º 4º. Orientacións para o Estudo e a mellora da lectura

BILINGÜISMO, DESENVOLVEMENTO E APRENDIZAXE ESCOLAR: UNHA PROPOSTA DE INTERVENCIÓN NA ESCOLA

Procesos preventivos e carteira de servizos en materia de prevención do Plan de Galicia sobre Drogas

REUNIÓN CONVOCATORIAS SUBVENCIÓNS 2018 SECCIÓN DE SERVIZOS SOCIAIS SERVIZO DE ACCIÓN SOCIAL, CULTURAL E DEPORTES

Transcription:

PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA Área de Lingua Inglesa 5º Educación Primaria

ÍNDICE 1. PRESENTACIÓN DO PROXECTO... 3 2. ELEMENTOS DO CURRÍCULO... 4 2.1. OBXECTIVOS DE ETAPA...4 2.2. COMPETENCIAS CLAVE... 4 2.3. CONTIDOS... 4 2.4. CRITERIOS DE AVALIACIÓN...6 2.5. ESTÁNDARES DE APRENDIZAXE AVALIABLES... 7 2.6. METODOLOXÍA DIDÁCTICA... 8 3. PROPOSTA CURRICULAR... 8 3.1. TRATAMENTO DAS COMPETENCIAS CLAVE EN WONDER... 8 3.2. METODOLOXÍA DE WONDER... 8 3.3. MATERIAL DIDÁCTICO... 9 3.4. ATENCIÓN Á DIVERSIDADE... 9 3.5. PROCESO DE AVALIACIÓN... 10 3.5.2. Instrumentos de avaliación... 10 4. PROGRAMACIÓN DOS CONTIDOS... 11 UNIT 0: WELCOME!...11 UNIT 1: ALL TOGETHER NOW... 12 UNIT 2: WATERWORLD... 13 UNIT 3: MATERIAL WORLD... 14 UNIT 4: EXPEDITIONS... 15 UNIT 5: MYTHICAL CREATURES... 16 UNIT 6: INCREDIBLE INVENTIONS... 17 UNIT 7: LIFE AT SEA...18 UNIT 8: PLUGGED IN... 18

5. SECUENCIA E TEMPORALIZACIÓN DOS CONTIDOS... 22 UNIT 0: WELCOME!...22 UNIT 1: ALL TOGETHER NOW... 28 UNIT 2: WATERWORLD... 48 UNIT 3: MATERIAL WORLD... 67 UNIT 4: EXPEDITIONS... 87 UNIT 5: MYTHICAL CREATURES... 107 UNIT 6: INCREDIBLE INVENTIONS...127 UNIT 7: LIFE AT SEA... 147 UNIT 8: PLUGGED IN... 167 FESTIVALS: CHINESE NEW YEAR... 187 FESTIVALS: WORLD BOOK DAY... 189 6. RÚBRICAS DE AVALIACIÓN DE CONTIDOS... 191 UNIT 1: ALL TOGETHER NOW... 191 UNIT 2: WATERWORLD... 196 UNIT 3: MATERIAL WORLD...201 UNIT 4: EXPEDITIONS...206 UNIT 5: MYTHICAL CREATURES... 211 UNIT 6: INCREDIBLE INVENTIONS...216 UNIT 7: LIFE AT SEA... 221 UNIT 8: PLUGGED IN... 226 7. ANEXO I. RÚBRICAS PARA A AVALIACIÓN DE DESTREZAS POR TAREFAS... 231 BLOQUE I COMPRENSIÓN DE TEXTOS ORAIS... 231 Rúbrica da comprensión oral... 231 BLOQUE II - PRODUCIÓN DE TEXTOS ORAIS... 232 Rúbrica da actividade en parellas... 232 Rúbrica da entrevista... 233 Rúbrica da interacción en grupo... 234

Rúbrica da presentación oral... 235 BLOQUE III - COMPRENSIÓN DE TEXTOS ESCRITOS... 236 Rúbrica da comprensión lectora... 236 Rúbrica da lectura en voz alta... 237 BLOQUE IV - PRODUCIÓN DE TEXTOS ESCRITOS... 238 Rúbrica da produción de textos escritos... 238 Rúbrica de produción de correspondencia persoal... 239

1. PRESENTACIÓN DO PROXECTO A presente programación didáctica corresponde ao quinto curso de educación primaria para a ensinanza da lingua inglesa. Elaborouse a partir da reflexión teórica sobre as directrices lexislativas baseándose na Lei Orgánica 8/2013, do 9 de decembro, para a mellora da calidade educativa, o Real Decreto 686/2014, do 23 de abril, a transformación do sistema educativo, a globalización e o impacto das novas tecnoloxías. Precisamente a demanda do uso das tecnoloxías, un ámbito sobre o que a LOMCE fai especial incidencia, a aprendizaxe máis personalizada e universal, o papel activo do alumno no proceso de aprendizaxe e o aprender facendo, quedan reflectidos no noso proxecto cunha incorporación significativa de material dixital interactivo. O obxectivo do noso proxecto foi elaborar un documento práctico no que se agrupan diversos aspectos como: que debe aprender o alumno (contidos), en que orde (secuencia), como (metodoloxía) e con que medios (material didáctico), xunto coa formulación da atención á diversidade do alumnado, o tratamento das competencias e a enumeración dos criterios de avaliación e estándares de aprendizaxe avaliables. Con este fin, o documento recolle os elementos do currículo establecidos pola Administración para o quinto curso de lingua estranxeira na educación primaria, a proposta curricular para o método Wonder en canto ao tratamento das competencias clave segundo a recomendación do Parlamento Europeo e do Consello de 18 de decembro de 2006 sobre as competencias para a aprendizaxe permanente, o tratamento da atención á diversidade, o proceso de avaliación e a metodoloxía e material didáctico propias do método. Así mesmo, incluímos unha proposta de programación e secuencia e temporalización dos contidos adaptable ás necesidades e características dos alumnos e que pode ser modificada atendendo aos ritmos de aprendizaxe dos alumnos ou outras circunstancias que poidan influír no desenvolvemento da ensinanza. O proxecto presenta unhas rúbricas de avaliación de contidos baseadas nos estándares de aprendizaxe avaliables nas que se concreta o que os alumnos deben saber e saber facer en cada unidade do método Wonder, coa posibilidade de graduar o nivel de adquisición alcanzado en cada concreción. Anéxanse ao documento tres modelos para ser completados polo profesorado en relación co perfil do centro e cos programas de actividades e lectura que se presenten en cada centro. E por último, anéxanse tamén unhas rúbricas para poder avaliar tarefas, proxectos ou actividades, por destrezas e atendendo ao proceso de comunicación ao que van enfocadas.

1.1 Perfil do centro DATOS DO CENTRO Centro Enderezo: Rúa Proxecto Vagalume, 2 Localidade: Santiago CEIP Apóstolo Santiago Provincia: A Coruña CP: 15704 Teléfono: 981543172 Fax: 981543172

PERFIL: Este colexio atópase na zona norte da cidade de Santiago de Compostela, na Almáciga. No barrio convive unha poboación, bastante elevada, de diferentes nacionalidades e etnias, entre as que destaca polo seu número, a xitana. O nivel socioeconómico e de instrucción profesional e cultural do que proceden os alumnos/as que acuden ao Centro é medio-baixo. O edificio do Centro consta de dúas plantas. Na planta baixa sitúanse as aulas de Educación Infantil e do primeiro ciclo de Educación Primaria, AL, a sala de profesores/as, a zona administrativa, os aseos de alumnos/as e de mestres/as, a sala de caldeiras, a portería e o salón de actos compartido coa Escola Municipal de Música. No primeiro andar atópanse o resto das aulas de Educación Primaria, a aula de Pedagoxía Terapéutica, a aula de inglés, o despacho do Departamento de Orientación, a biblioteca, a aula de audición e linguaxe e baños dos nenos/nenas e mestres/as. O Centro conta cun patio de recreo descuberto e un areeiro para o alumnado de Educación Infantil, así coma dun parque con mobiliario de xogos axeitado a esta etapa. Dentro do recinto escolar atópase o pavillón polideportivo municipal, dedicado durante o horario escolar ás clases de Educación Física e outras actividades do Centro; fóra do horario lectivo adícase a servir de soporte de

DEPARTAMENTO DE LINGUA ESTRANXEIRA: Este centro dispón este curso de catro mestras especialistas en Inglés. A titular e coordinadora de Seccións Bilingües Dona Mª Begoña Castro López, que imparte inglés en 2º, 3º, 5º e 6º de Educación Primaria e dúas seccións bilingües en 5º e 6º de Ed. Primaria; Don Mª del Carmen Rivas Fraga que imparte catro seccións bilingues en 1º, 2º, 3º e 4º de Ed. Primaria; a directora do centro que imparte inglés en 4º de Ed. Primaria e a especialista de Ed. Infantil Dona Rebeca Fernández Iglesias, que imparte inglés nos 3 cursos de Ed. Infantil e no 1º curso de Ed. Primaria. Dispoñemos tamén dunha auxiliar de conversa que estará con nos de outubro a maio. CARACTERÍSTICAS DOS ALUMNOS: Este grupo está formado por 13 nenos e nenas, dos cais tres son de etnia xitana, 1 de n.e.e. e hai dúas incorporacións novas: un neno que procede doutro centro de Santiago e un neno portugués que nunca estudou inglés, ainda que a súa actitude e interés e moi positivo.

RECURSOS DISPOÑIBLES: Ademáis dos recursos mencionados no perfil do centro, hai varias aulas que dispoñen de pizarra dixital e canón proxector: a aula de inglés, a biblioteca. a aula de música e a aula de 2º de Ed. Primaria. Nas aulas de 5º e 6º teñen as instalacións do proxecto ABALAR. 1.2 Programa de actividades escolares e complementarias O departamento de inglés colaborará con tódalas actividades extraescolares complementarias que se decidan no centro. e

2. ELEMENTOS DO CURRÍCULO A Lei Orgánica para a Mellora da Calidade Educativa define currículo como a regulación dos elementos que determinan os procesos de ensinanza e aprendizaxe para cada unha das ensinanzas. Especifica ademais que estará integrado polos seguintes elementos: obxectivos, competencias, contidos, criterios de avaliación, estándares de aprendizaxe avaliables e metodoloxía didáctica. Nos seguintes subapartados detallaremos os obxectivos comúns a toda a etapa de educación primaria e incluiremos os contidos, criterios de avaliación e estándares de aprendizaxe avaliables segundo o proposto polo Ministerio de Educación Cultura e Deporte na Orde ECD/686/2014, do 23 de abril, para o quinto curso de educación primaria en lingua estranxeira. 2.1. OBXECTIVOS DE ETAPA Definidos como os referentes relativos aos logros que o alumno debe alcanzar ao finalizar o proceso educativo, como resultado das experiencias de ensinanzaaprendizaxe intencionalmente planificadas para tal fin. Nesta etapa, a ensinanza da lingua estranxeira contribuírá a desenvolver nos alumnos as capacidades que lles permitan: Coñecer e apreciar os valores e as normas de convivencia, aprender a obrar de acordo con elas, prepararse para o exercicio activo da cidadanía e respectar os dereitos humanos, así como o pluralismo propio dunha sociedade democrática. Desenvolver hábitos de traballo individual e de equipo, de esforzo e responsabilidade no estudo, así como actitudes de confianza en si mesmo, sentido crítico, iniciativa persoal, curiosidade, interese e creatividade na aprendizaxe, e espírito emprendedor. Adquirir habilidades para a prevención e para a resolución pacífica de conflitos, que lles permitan desenvolverse con autonomía no ámbito familiar e doméstico, así como nos grupos sociais cos que se relacionan. Coñecer, comprender e respectar as diferentes culturas e as diferenzas entre as persoas, a igualdade de dereitos e oportunidades de homes e mulleres e a non discriminación de persoas con discapacidade. Coñecer e utilizar de maneira apropiada as linguas castelá e galega e desenvolver hábitos de lectura. Adquirir en, polo menos, unha lingua estranxeira a competencia comunicativa básica que lles permita expresar e comprender mensaxes sinxelas e desenvolverse en situacións cotiás. Desenvolver as competencias matemáticas básicas e iniciarse na resolución de problemas que requiran a realización de operacións elementais de cálculo, coñecementos xeométricos e estimacións, así como ser capaces de aplicalos ás situacións da súa vida cotiá. Coñecer os aspectos fundamentais das Ciencias da Natureza, das Ciencias Sociais, da Xeografía, da Historia e da Cultura.

Iniciarse na utilización, para a aprendizaxe, das tecnoloxías da información e da comunicación desenvolvendo un espírito crítico ante as mensaxes que reciben e elaboran. Utilizar diferentes representacións e expresións artísticas e iniciarse na construción de propostas visuais e audiovisuais. Valorar a hixiene e a saúde, aceptar o propio corpo e o dos outros, respectar as diferenzas e utilizar a educación física e o deporte como medios para favorecer o desenvolvemento persoal e social. Coñecer e valorar os animais máis próximos ao ser humano e adoptar modos de comportamento que favorezan o seu coidado. Desenvolver as súas capacidades afectivas en todos os ámbitos da persoalidade e nas súas relacións cos demais, así como unha actitude contraria á violencia, aos prexuízos de calquera tipo e aos estereotipos sexistas. Fomentar a educación viaria e actitudes de respecto que incidan na prevención dos accidentes de tráfico. 2.2. COMPETENCIAS CLAVE Un dos principais obxectivos da educación primaria é lograr unha formación sólida para afrontar con éxito a seguinte etapa na vida dos alumnos. Para iso, han de alcanzar uns coñecementos que lles garantan á súa vez a adquisición dunhas competencias que serán moi significativas para o desenvolvemento dos alumnos como persoas, estudantes, cidadáns e profesionais. As competencias garantirán a aprendizaxe ao longo de toda a vida das persoas, cuxo proceso non debe deterse nas etapas obrigatorias da súa educación. A incorporación das competencias ás distintas materias favorecerá a integración das aprendizaxes poñendo en práctica os coñecementos dos alumnos para poder aplicalos ás diferentes situacións ás que teñan que facer fronte ao longo da súa vida. Non existe unha relación unívoca entre a ensinanza de determinadas áreas ou materias e o desenvolvemento de certas competencias. Cada unha das áreas contribúe ao desenvolvemento de diferentes competencias e, á súa vez, cada unha das competencias clave alcanzarase como consecuencia do traballo en varias áreas ou materias. O traballo nas áreas e materias do currículo para contribuír ao desenvolvemento das competencias clave debe complementarse con diversas medidas organizativas e funcionais, imprescindibles para o seu desenvolvemento. Así, a organización e o funcionamento dos centros e das aulas, a participación do alumnado, as normas de réxime interno, o uso de determinadas metodoloxías e recursos didácticos, ou a concepción, organización e funcionamento da biblioteca escolar, entre outros aspectos, poden favorecer ou dificultar o desenvolvemento de competencias asociadas á comunicación, a análise do contorno físico, a creación, a convivencia e a cidadanía, ou a alfabetización dixital. Igualmente, a acción titorial permanente pode contribuír de modo determinante á adquisición de competencias relacionadas coa regulación das aprendizaxes, o desenvolvemento emocional ou as habilidades sociais. Por último, a

planificación das actividades complementarias e extraescolares pode reforzar o desenvolvemento do conxunto das competencias clave. De acordo coas consideracións expostas, e segundo a recomendación do Parlamento Europeo e do Consello do 18 de decembro de 2006 sobre as competencias clave para a aprendizaxe permanente, identificáronse as seguintes competencias: 1. Competencia en comunicación lingüística Esta competencia refírese á utilización da linguaxe como instrumento de comunicación oral e escrita, de representación, interpretación e comprensión da realidade, de construción e comunicación do coñecemento e de organización e autorregulación do pensamento, das emocións e da conduta. 2. Competencia matemática e competencias clave en ciencia e tecnoloxía A competencia matemática refírese á adquisición de habilidades matemáticas básicas. Os nenos practican a correcta expresión lingüística e a forma de escribir os números e teñen oportunidade de contar obxectos e recoñecer os números escritos. Comezan a adquirir un pensamento lóxico para a resolución de problemas da vida cotiá. As competencias científica e tecnolóxica aluden á capacidade para utilizar os coñecementos e metodoloxía para explicar a natureza e a súa relación cos seres humanos. Implican ademais a comprensión dos cambios causados pola actividade do home e a súa responsabilidade como cidadán. 3. Competencia dixital Esta competencia implica que os nenos empezan a familiarizarse cun uso seguro e responsable das tecnoloxías da información e da comunicación, para a aprendizaxe, o ocio e a comunicación. Consiste en dispoñer de habilidades para buscar, obter, procesar e comunicar información, e para transformala en coñecemento. 4. Aprender a aprender Trátase de adquirir unha habilidade para iniciar a aprendizaxe e permanecer nela. Ser conscientes do propio proceso de aprendizaxe, identificar as necesidades de cada un e adquirir a capacidade de superar os obstáculos para completar o proceso con éxito. Apoiarse nas súas experiencias e coñecementos para aplicalos a diferentes contextos e situacións. Esta competencia axuda a desenvolver a educación, a realizar e integrar novas aprendizaxes e mellora a capacidade de aprender de forma autónoma. 5. Competencias sociais e cívicas Estas competencias refírense a todas as formas de comportamento dos individuos dentro da sociedade e vida cívica. Os alumnos prepáranse para converterse en cidadáns con bos códigos de conduta, valores positivos en xustiza, igualdade, cidadanía e dereitos civís. Comeza a socialización do neno: ten que compartir, seguir certas normas, aprender as tradicións sociais, etc.

6. Sentido da iniciativa e espírito de empresa Trátase de adquirir a habilidade para transformar as ideas en actos. Está relacionado coa creatividade, a innovación, a asunción de riscos e a xestión de proxectos para alcanzar uns obxectivos. Os nenos prepáranse para tomar decisións, para actuar por iniciativa propia e para asumir as consecuencias das súas decisións. 7. Conciencia e expresión culturais Esta competencia supón coñecer, comprender, apreciar e valorar criticamente diferentes manifestacións culturais e artísticas (a música, as artes escénicas, a literatura, as artes plásticas), utilizalas como fonte de enriquecemento e gozo e consideralas como parte do patrimonio dos pobos. Apreciar o feito cultural en xeral, e o feito artístico en particular, leva implícito dispoñer daquelas habilidades e actitudes que permiten acceder ás súas distintas manifestacións, así como habilidades de pensamento, perceptivas e comunicativas, sensibilidade e sentido estético para poder comprendelas, valoralas, emocionarse e gozar delas. Cada unha destas competencias considérase igualmente importante polas súas diferentes achegas ao éxito da aprendizaxe e do coñecemento. Moitas destas competencias solápanse e entrelázanse: as capacidades básicas fundamentales da lingua, a lectura e a escritura, o cálculo e as tecnoloxías da Información e da Comunicación constitúen o fundamento esencial para a aprendizaxe, mentres que todas as actividades de aprendizaxe se sustentan na capacidade de aprender a aprender. Pero ademais hai unha serie de competencias transversais, que interveñen nas competencias clave: o pensamento crítico, a creatividade, a capacidade de iniciativa, a resolución de problemas, a avaliación do risco, a toma de decisións e a xestión construtiva dos sentimentos. 2.3. CONTIDOS A Orde ECD/686/2014, do 23 de abril, defíneos como o conxunto de coñecementos, habilidades, destrezas e actitudes que contribúen ao logro dos obxectivos de cada ensinanza e etapa educativa e á adquisición de competencias. Para o quinto curso de Educación Primaria na área de lingua inglesa os contidos definidos para cada un dos bloques desta área son: Bloque 1. Comprensión de textos orais 1. Estratexias de comprensión: -Mobilización de expectativas, identificación de claves e inferencias, comprobación e reformulación de hipóteses. 2. Aspectos socioculturais e sociolingüísticos: - Convencións sociais, normas de cortesía; linguaxe non verbal. 3. Funcións comunicativas: - Saúdos e presentacións. - Expresión do acordo ou desacordo. - Descrición de persoas e obxectos.

- Petición e ofrecemento de información, axuda, obxectos, permiso. - Establecemento e mantemento da comunicación. 4. Estruturas sintáctico-discursivas: - Expresión de relacións lóxicas: conxunción (and); disxunción (or). - Afirmación: (affirmative sentences; (Yes (+ tag)). - Exclamación: (Help! Sorry!). How + Adj., e.g.: How nice!; exclamatory sentences, e. g.: I love salad!). - Negación: (negative sentences with not), no (Adj.), No (+ negative tag). - Interrogación: (How are you?, How many?, Wh- questions, Aux.questions). - Expresión do tempo: presente (simple present); pasado (past simple) futuro (going to). - Expresión do aspecto: puntual (simple tenses); durativo (present continuous). - Expresión da modalidade: capacidade (can); permiso (can); intención (going to). - Expresión de: a existencia (there is/are); a entidade (nouns and pronouns, articles, demonstratives); a calidade (very + Adj.). - Expresión da cantidade: (singular/plural; cardinal numerals up to two digits; ordinal numerals up to two digits. Quantity: many, some, (a) little, more, half, a bottle, a cup, a glass, a piece. Degree: very). - Expresión do espazo (prepositions and adverbs of location, position, distance). - Expresión do tempo (points (e. g. half past past five); divisións (e. g. half an hour, summer), indications of time: anteriority (before); posteriority (after); sequence (first then. - Expresión do modo (Adv. of manner, e. g. slowly, well, quickly, carefully). 5. Léxico oral de alta frecuencia (recepción) relativo a identificación persoal, xénero, partes do corpo; pezas de vestir; familia e amigos; o colexio e a clase, mascotas e outros animais; actividades da vida diaria; a casa, dependencias e obxectos; xogo; clima e Tecnoloxías da Información e da Comunicación. 6. Patróns sonoros, acentuais, rítmicos e de entoación. Bloque 2. Produción de textos orais: expresión e interacción 1. Estratexias de produción: - Planificación, execución e control mediante procedementos lingüísticos, paralingüísticos e paratextuais. 2. Aspectos socioculturais e sociolingüísticos: - Convencións sociais, normas de cortesía e rexistros; costumes, valores, crenzas e actitudes; linguaxe non verbal. 3. Funcións comunicativas: - Saúdos e presentacións, desculpas, agradecementos, invitacións. - Expresión da capacidade, do gusto, da preferencia, da opinión, do acordo ou desacordo, do sentimento, da intención. - Descrición de persoas, actividades, lugares, obxectos, hábitos, plans. - Narración de feitos pasados remotos e recentes.

- Petición e ofrecemento de axuda, información, instrucións, obxectos, opinión, permiso. - Establecemento e mantemento da comunicación. 4. Estruturas sintáctico-discursivas: - Expresión de relacións lóxicas: conxunción (and); disxunción (or). - Afirmación: (affirmative sentences; (Yes (+ tag)). - Exclamación: (Help! Sorry!). How + Adj., e.g.: How nice!; exclamatory sentences, e. g.: I love salad!). - Negación: (negative sentences with not), no (Adj.), No (+ negative tag). - Interrogación: (How are you?, How many?, Wh- questions, Aux.questions). - Expresión do tempo: presente (simple present); pasado (past simple) futuro (going to). - Expresión do aspecto: puntual (simple tenses); durativo (present continuous). - Expresión da modalidade: capacidade (can); permiso (can); intención (going to). - Expresión de: a existencia (there is/are); a entidade (nouns and pronouns, articles, demonstratives); a calidade (very + Adj.). - Expresión da cantidade: (singular/plural; cardinal numerals up to two digits; ordinal numerals up to two digits. Quantity: many, some, (a) little, more, half, a bottle, a cup, a glass, a piece. Degree: very). - Expresión do espazo (prepositions and adverbs of location, position, distance). - Expresión do tempo (points (e. g. half past past five); divisións (e. g. half an hour, summer), indications of time: anteriority (before); posteriority (after); sequence (first then. - Expresión do modo (Adv. of manner, e. g. slowly, well, quickly, carefully). 5. Léxico oral de alta frecuencia (produción) relativo a identificación persoal; vivenda, fogar e contorno; actividades da vida diaria; familia e amigos; traballo e ocupacións; tempo libre, ocio e deporte; viaxes e vacacións; saúde e coidados físicos; educación e estudo; compras e actividades comerciais; alimentación e restauración; transporte; lingua e comunicación; medio natural, clima e contorno natural; e Tecnoloxías da Información e da Comunicación. 6. Patróns sonoros, acentuais, rítmicos e de entoación. Bloque 3. Comprensión de textos escritos 1. Estratexias de comprensión: - Mobilización de expectativas, identificación de claves e inferencias, comprobación e reformulación de hipóteses. 2. Aspectos socioculturais e sociolingüísticos: - Convencións sociais, normas de cortesía e rexistros; costumes, valores, crenzas e actitudes; linguaxe non verbal. 3. Funcións comunicativas: - Saúdos e presentacións, desculpas, agradecementos, invitacións. - Expresión da capacidade, o gusto, a preferencia, a opinión, o acordo ou desacordo, o sentimento, a intención. - Descrición de persoas, actividades, lugares, obxectos, hábitos, plans. - Narración de feitos pasados remotos e recentes.

- Petición e ofrecemento de axuda, información, instrucións, obxectos, opinión, permiso. - Establecemento e mantemento da comunicación. 4. Estruturas sintáctico-discursivas: - Expresión de relacións lóxicas: conxunción (and); disxunción (or). - Afirmación: (affirmative sentences; (Yes (+ tag)). - Exclamación: (Help! Sorry!). How + Adj., e.g.: How nice!; exclamatory sentences, e. g.: I love salad!). - Negación: (negative sentences with not), no (Adj.), No (+ negative tag). - Interrogación: (How are you?, How many?, Wh- questions, Aux.questions). - Expresión do tempo: presente (simple present); pasado (past simple) futuro (going to). - Expresión do aspecto: puntual (simple tenses); durativo (present continuous). - Expresión da modalidade: capacidade (can); permiso (can); intención (going to). - Expresión de: a existencia (there is/are); a entidade (nouns and pronouns, articles, demonstratives); a calidade (very + Adj.). - Expresión da cantidade: (singular/plural; cardinal numerals up to two digits; ordinal numerals up to two digits. Quantity: many, some, (a) little, more, half, a bottle, a cup, a glass, a piece. Degree: very). - Expresión do espazo (prepositions and adverbs of location, position, distance). - Expresión do tempo (points (e. g. half past past five); divisións (e. g. half an hour, summer), indications of time: anteriority (before); posteriority (after); sequence (first then). - Expresión do modo (Adv. of manner, e. g. slowly, well, quickly, carefully). 5. Léxico escrito de alta frecuencia (recepción) relativo a identificación persoal; vivenda, fogar e contorno; actividades da vida diaria; familia e amigos; traballo e ocupacións; tempo libre, ocio e deporte; viaxes e vacacións; saúde e coidados físicos; educación e estudo; compras e actividades comerciais; alimentación e restauración; transporte; lingua e comunicación; medio natural, clima e contorno natural; e Tecnoloxías da Información e da Comunicación. 6. Patróns gráficos e convencións ortográficas. Bloque 4. Produción de textos escritos: expresión e interacción 1. Estratexias de produción: - Planificación, execución e control mediante procedementos lingüísticos, paralingüísticos e paratextuais. 2. Aspectos socioculturais e sociolingüísticos: - Convencións sociais, normas de cortesía e rexistros; costumes, valores, crenzas e actitudes; linguaxe non verbal. 3. Funcións comunicativas: - Saúdos e presentacións, desculpas, agradecementos, invitacións. - Expresión da capacidade, do gusto, da preferencia, da opinión, do acordo ou desacordo, do sentimento, da intención. - Descrición de persoas, actividades, lugares, obxectos, hábitos, plans. - Narración de feitos pasados remotos e recentes.

- Petición e ofrecemento de axuda, información, instrucións, obxectos, opinión, permiso. - Establecemento e mantemento da comunicación. 4. Estruturas sintáctico-discursivas: - Expresión de relacións lóxicas: conxunción (and); disxunción (or). - Afirmación: (affirmative sentences; (Yes (+ tag)). - Exclamación: (Help! Sorry!). How + Adj., e.g.: How nice!; exclamatory sentences, e. g.: I love salad!). - Negación: (negative sentences with not), no (Adj.), No (+ negative tag). - Interrogación: (How are you?, How many?, Wh- questions, Aux.questions). - Expresión do tempo: presente (simple present); pasado (past simple) futuro (going to). - Expresión do aspecto: puntual (simple tenses); durativo (present continuous). - Expresión da modalidade: capacidade (can); permiso (can); intención (going to). - Expresión de: a existencia (there is/are); a entidade (nouns and pronouns, articles, demonstratives); a calidade (very + Adj.). - Expresión da cantidade: (singular/plural; cardinal numerals up to two digits; ordinal numerals up to two digits. Quantity: many, some, (a) little, more, half, a bottle, a cup, a glass, a piece. Degree: very). - Expresión do espazo (prepositions and adverbs of location, position, distance). - Expresión do tempo (points (e. g. half past past five); divisións (e. g. half an hour, summer), indications of time: anteriority (before); posteriority (after); sequence (first then). - Expresión do modo (Adv. of manner, e. g. slowly, well, quickly, carefully). 5. Léxico escrito de alta frecuencia (produción) relativo a identificación persoal; vivenda, fogar e contorno; actividades da vida diaria; familia e amigos; traballo e ocupacións; tempo libre, ocio e deporte; viaxes e vacacións; saúde e coidados físicos; educación e estudo; compras e actividades comerciais; alimentación e restauración; transporte; lingua e comunicación; medio natural, clima e contorno natural; e Tecnoloxías da Información e da Comunicación. 6. Patróns gráficos e convencións ortográficas. 2.4. CRITERIOS DE AVALIACIÓN A Orde ECD/686/2014, do 23 de abril, defíneos como o referente específico para avaliar a aprendizaxe do alumnado. Describen aquilo que se quere valorar e que o alumnado debe lograr, tanto en coñecementos coma en competencias; responden ao que se quere conseguir en cada materia. Para o quinto curso de Educación Primaria na área de lingua inglesa os criterios de avaliación definidos para cada un dos bloques desta área son: Bloque 1. Comprensión de textos orais Coñecer e saber aplicar as estratexias básicas máis adecuadas para a comprensión do sentido xeral, a información esencial ou os puntos principais do texto.

Identificar aspectos socioculturais e sociolingüísticos básicos, concretos e significativos, sobre vida cotiá (hábitos, horarios, actividades, celebracións), condicións de vida (vivenda, contorno), relacións interpersoais (familiares, de amizade, escolares), comportamento (xestos habituais, uso da voz, contacto físico) e convencións sociais (normas de cortesía), e aplicar os coñecementos adquiridos sobre estes a unha comprensión adecuada do texto. Identificar o sentido xeral, a información esencial e a maioría dos puntos principais en textos orais moi breves e sinxelos, cun gran número de estruturas simples e léxico de uso moi frecuente, articulados con claridade e lentamente e transmitidos de viva voz ou por medios técnicos, sobre temas relacionados coas propias experiencias, necesidades e intereses en contextos cotiáns predicibles sempre que se conte con apoio visual, posibilidade de repetición ou confirmación e cunha forte referencia contextual. Distinguir a función comunicativa principal (p. e. unha demanda de información, unha orde, ou un ofrecemento), así como os patróns discursivos básicos (p. e. inicio e peche conversacional, ou os puntos dunha narración esquemática). Recoñecer os significados máis comúns asociados ás estruturas sintácticas básicas propias da comunicación oral (p. e. estrutura interrogativa para demandar información). Recoñecer un repertorio limitado de léxico oral de alta frecuencia relativo a situacións cotiás e temas habituais e concretos relacionados coas propias experiencias, necesidades e intereses, e utilizar as indicacións do contexto e da información contida no texto para facerse unha idea dos significados probables de palabras e expresións que se descoñecen. Discriminar patróns sonoros, acentuais, rítmicos e de entoación básicos e recoñecer os significados e intencións comunicativas xerais relacionados con eles. Bloque 2. Produción de textos orais: expresión e interacción Coñecer e saber aplicar as estratexias básicas para producir textos orais monolóxicos ou dialóxicos moi breves e sinxelos, utilizando, p. e., fórmulas e linguaxe prefabricada ou expresións memorizadas, ou apoiando con xestos o que se quere expresar. Coñecer aspectos socioculturais e sociolingüísticos básicos e significativos, e aplicar os coñecementos adquiridos sobre eles a unha produción oral adecuada ao contexto, respectando as convencións comunicativas máis elementais. Interactuar de maneira moi básica, utilizando técnicas moi simples, lingüísticas ou non verbais (p. e. xestos ou contacto físico) para iniciar, manter ou concluír unha breve conversación cumprindo a función comunicativa principal do texto (p.e. un saúdo, unha felicitación). Producir textos orais monolóxicos ou dialóxicos moi breves e sinxelos, utilizando p. e., expresións memorizadas, ou apoiando con xestos o que se quere expresar.

Participar de forma moi básica en conversacións moi breves e moi simples que requiran un intercambio directo de información sobre temas que lle son moi familiares, utilizando maioritariamente expresións e frases illadas moi sinxelas de uso moi frecuente, sendo indispensable a repetición e cooperación do interlocutor para manter a conversación. Coñecer e utilizar un repertorio limitado de léxico oral de alta frecuencia relativo a situacións cotiás e temas habituais e concretos relacionados cos propios intereses, experiencias e necesidades. Imitar un repertorio moi limitado de patróns sonoros, acentuais, rítmicos e de entoación básicos. Bloque 3. Comprensión de textos escritos Coñecer e saber aplicar as estratexias básicas máis adecuadas para a comprensión do sentido xeral, a información esencial ou os puntos principais do texto. Identificar aspectos socioculturais e sociolingüísticos básicos, concretos e significativos e aplicar os coñecementos adquiridos sobre eles a unha comprensión adecuada do texto. Identificar o tema e sentido xeral en textos, tanto impresos coma dixitais, moi breves e sinxelos, con predominio de estruturas sinxelas e léxico de moi alta frecuencia, sobre temas moi coñecidos e cotiáns, sendo indispensable a relectura, algunhas aclaracións e a presenza dun forte apoio visual e contextual. Recoñecer os símbolos de uso frecuente (p. e., @,, etc.) e identificar os significados e as intencións comunicativas xerais relacionados con eles. Distinguir a función ou funcións comunicativas principais do texto (p. e. unha felicitación, unha demanda de información, ou un ofrecemento) e un repertorio limitado dos seus expoñentes máis habituais, así como os patróns discursivos básicos (p. e. inicio e peche dunha carta, ou os puntos dunha descrición esquemática). Recoñecer un repertorio limitado de léxico escrito de alta frecuencia relativo a situacións cotiás e temas habituais e concretos relacionados cos seus propios intereses, experiencias e necesidades. Bloque 4. Produción de textos escritos: expresión e interacción Coñecer e aplicar as estratexias básicas para producir textos escritos moi breves e sinxelos, p. e. copiando palabras e frases moi usuais para realizar as funcións comunicativas que se perseguen. Coñecer aspectos socioculturais e sociolingüísticos básicos concretos e significativos e aplicalos a unha produción escrita adecuada ao contexto, respectando as normas de cortesía básicas.

Construír textos moi curtos e sinxelos, compostos de frases simples illadas, para falar de si mesmo ou do seu contorno máis inmediato, utilizando un repertorio de códigos principalmente icónicos para a súa función comunicativa. Coñecer e utilizar un repertorio limitado de léxico escrito de alta frecuencia relativo a situacións cotiás e temas habituais e concretos relacionados cos propios intereses, experiencias e necesidades. 2.5. ESTÁNDARES DE APRENDIZAXE AVALIABLES Os estándares de aprendizaxe quedan incluídos como parte do currículo na Lei Orgánica para a Mellora da Calidade Educativa; e a Orde ECD/686/2014, do 23 de abril, defíneos como especificacións dos criterios de avaliación que permiten definir os resultados das aprendizaxes e concretan mediante accións o que os alumnos deben saber e saber facer en relación con cada materia. Deben ser observables, medibles e avaliables e permitir graduar o rendemento ou logro alcanzado. Para o quinto curso de Educación Primaria na área de lingua inglesa os estándares de aprendizaxe definidos para cada un dos bloques desta área son: Bloque 1. Comprensión de textos orais 1. Capta o sentido xeral e algúns detalles específicos de anuncios publicitarios sinxelos sobre produtos que lle interesan (xogos, ordenadores, música, roupa, etc.). 2. Comprende mensaxes e anuncios públicos que conteñan instrucións, indicacións ou outro tipo de información (por exemplo, números, prezos, horarios, nun recinto deportivo, nuns grandes almacéns). 3. Entende o que se lle di en transaccións habituais sinxelas (rutinas diarias, instrucións, indicacións, peticións, retroalimentación sobre as tarefas da clase, etc.). 4. Comprende textos orais de carácter informativo e é capaz de extraer información global e algúns datos específicos. 5. Identifica o tema dunha conversación sinxela e predicible que ten lugar na súa presenza nalgún espazo público real ou simulado sobre temas coñecidos. 6. Distingue os cambios de tema e infire o sentido xeral de programas de televisión ou outro material audiovisual dentro da súa área de interese (p. e. nos que se entrevista a rapaces ou personaxes coñecidos) sobre temas cotiáns (por exemplo, a súa roupa favorita, os seus deportes ou música preferidos, etc.). Bloque 2. Produción de textos orais: expresión e interacción 1. Fai presentacións breves e sinxelas, previamente preparadas e ensaiadas, sobre temas cotiáns ou do seu interese (presentarse e presentar a outras persoas; dar información básica sobre si mesmo, a súa familia e a súa clase; indicar as principais actividades do seu día a día; describir brevemente e de maneira sinxela o seu cuarto, o seu menú preferido, o aspecto exterior dunha persoa; presentar un tema que lle interese (o seu cantante ou grupo de música preferido) ou dicir o que lle gusta e non lle gusta usando estruturas sinxelas). 2. Desenvólvese con relativa seguridade en situacións cotiás simples, reais ou simuladas (p. e. presentarse nunha festa). 3. Responde adecuadamente en situacións de comunicación (saúdo, preguntas sinxelas sobre si mesmo, petición ou ofrecemento de obxectos, expresión do que lle gusta ou non, do que está facendo, do lugar onde está situado algo, etc.).

4. Participa en conversacións cara a cara ou por medios técnicos (teléfono, Skype) nas que se establece contacto social (dar as grazas, saudar, despedirse, dirixirse a alguén, pedir desculpas, presentarse, interesarse polo estado de alguén, felicitar a alguén), nas que se intercambia información persoal e sobre asuntos cotiáns, nas se expresan sentimentos, nas que se ofrece algo a alguén, se pide prestado algo, etc. Bloque 3. Comprensión de textos escritos 1. Comprende información esencial e localiza información específica en material informativo sinxelo como menús, horarios, catálogos, listas de prezos, anuncios, guías telefónicas, publicidade, folletos turísticos, etc. 2. Comprende correspondencia (correos electrónicos, postais e tarxetas) breve e sinxela que trate sobre temas familiares como, por exemplo, un mesmo, a familia, a escola, o tempo libre, a descrición dun obxecto ou un lugar, a indicación da hora e do lugar dunha cita, etc. 3. Comprende o esencial de historias breves e ben estruturadas sempre e cando a imaxe e a acción conduzan gran parte do argumento (lecturas adaptadas, cómics, etc.). 4. Comprende o esencial de noticias breves e artigos de revistas infantís que traten temas que lle sexan familiares ou sexan do seu interese (deportes, grupos musicais, xogos de ordenador). Bloque 4. Produción de textos escritos: expresión e interacción 1. Escribe cun modelo correspondencia persoal breve e simple (mensaxes, notas, postais, correos, chats ou SMS) na que dá as grazas, felicita a alguén, fai unha invitación, ou fala de si mesmo e do seu contorno inmediato (familia, amigos, afeccións, actividades cotiás, obxectos, lugares). 2. Constrúe textos narrativos sinxelos reproducindo estruturas e/ou estadas previamente traballadas. 3. Escribe, baseándose nun modelo, textos breves de carácter informativo sobre temas traballados previamente. 2.6. METODOLOXÍA DIDÁCTICA A Orde ECD/686/2014, do 23 de abril, defínea como o conxunto de estratexias, procedementos e accións organizadas e planificadas polo profesorado, de maneira consciente e reflexiva, coa finalidade de posibilitar a aprendizaxe do alumnado e o logro dos obxectivos propostos. A metodoloxía didáctica na ensinanza da lingua estranxeira será esencialmente comunicativa, polo que os elementos do currículo se definiron baseándose nos procesos de comunicación aos que van enfocados: comprensión e produción de textos orais e escritos. A metodoloxía estará tamén enfocada a conseguir que a aprendizaxe da lingua estranxeira teña unha finalidade práctica, é dicir, que os alumnos poidan aplicar os seus coñecementos no mundo real, fóra das aulas. O alumno ha de lograr a adquisición das competencias implicadas na comunicación e a capacidade de poñelas en práctica nos diferentes contextos de actuación. O enfoque metodolóxico denominado CLIL (Content and language Integrated learning), prevé a aprendizaxe da lingua complementada coa aprendizaxe integrada de contido doutras materias. Os profesores traballan simultaneamente cos obxectivos da

linguaxe e os obxectivos dos contidos. Desta maneira, o aprender inglés non se limita a aprender simplemente outro conxunto de palabras, senón que implica o desenvolvemento dos conceptos que hai detrás das propias palabras. O alumno poderá desenvolver as súas destrezas de pensamento coas súas habilidades comunicativas en lingua inglesa. Na nosa proposta de secuencia e temporalización dos contidos de cada unidade incluímos tanto os obxectivos lingüísticos coma os obxectivos CLIL que se pretenden alcanzar en cada lección. 3. PROPOSTA CURRICULAR 3.1. TRATAMENTO DAS COMPETENCIAS CLAVE EN WONDER Coa inclusión das competencias clave en Wonder búscase favorecer o desenvolvemento inicial das competencias. A través deste curso, os alumnos traballan principalmente a competencia en comunicación lingüística coa que se contribúe ao desenvolvemento e adquisición da lingua inglesa permitindo aos nenos expresarse e comprender mensaxes sinxelas. Tamén serve como introdución ás outras competencias clave que os nenos necesitan para desenvolverse na sociedade actual: 1. Competencia en comunicación lingüística Esta competencia desenvolve o uso da lingua como ferramenta de comunicación. Implica a comprensión de mensaxes orais, a comunicación verbal, a lectura e a escritura. Os xogos e as actividades personalizadas en Wonder motivan os nenos para falar desde o principio. A énfase na comprensión das mensaxes orais desenvólvese a través das historias, os diálogos e as cancións, onde os nenos aprenden a escoitar e extraer información relevante. A habilidade para ler e comprender textos introdúcese e desenvólvese sistematicamente a través de toda a serie de Wonder. 2. Competencia matemática e competencias clave en ciencia e tecnoloxía Estas competencias desenvolven a habilidade para utilizar números e o coñecemento lóxico para resolver problemas e utilizar a ciencia para explicar o mundo natural. Wonder proporciona abundantes oportunidades para que os nenos apliquen o seu pensamento matemático no contexto cotián, como por exemplo: dicir a hora, usar táboas, completar enquisas ou secuenciar eventos. Empezan a ser conscientes do mundo que os rodea e do efecto que a actividade humana ten sobre el. 3. Competencia dixital Esta competencia implica o uso dos ordenadores e outra tecnoloxía para a aprendizaxe, a comunicación e o ocio. A través da integración dos recursos dixitais e multimedia, os nenos desenvolven a súa confianza no manexo e funcionamento das novas tecnoloxías

na clase de inglés. Nos primeiros niveis de Wonder, familiarízanse co uso do material interactivo e, en niveis superiores, buscan e contrastan información na internet. 4. Aprender a aprender Con esta competencia os nenos aprenden e toman conciencia de diferentes formas de organizar e xestionar a súa propia aprendizaxe. A incorporación da revisión das unidades fomenta o desenvolvemento da responsabilidade nos nenos que poden reflexionar sobre o seu propio progreso na aprendizaxe da materia. Ao longo do curso, preséntanselles oportunidades para apoiarse en experiencias vitais co fin de aplicar os seus coñecementos e facer uso delas. 5. Competencias sociais e cívicas Esta competencia proporciona aos alumnos as habilidades necesarias para participar plenamente da vida social e cívica. A colaboración e a tolerancia desenvólvense ao longo de todo o curso coa inclusión do traballo en parella e en grupo. Os nenos aprenden sobre hábitos de vida saudable, identifícanse cos personaxes das historias e familiarízanse coas normas sociais a través dos xogos e dos role-plays. 6. Sentido da iniciativa e espírito de empresa Esta competencia desenvolve as destrezas dos alumnos para traballar proactivamente tanto de forma individual coma formando parte dun equipo as actividades en que os nenos crean un produto fomentan o desenvolvemento desta competencia. Ao longo de todo o curso propóñenselles continuamente actividades ou tarefas en que han de usar a súa imaxinación e ser creativos. Impúlsase tamén o proceso de autoestima. 7. Conciencia e expresión culturais Esta competencia desenvólvese a través dun amplo abano de actividades como poden ser as cancións, os chants, o teatro, as historias e os traballos manuais. Actuar como os personaxes dentro do conto e representalos mediante mímica axuda os nenos a desenvolver as súas capacidades expresivas e creativas. Os pop-outs proporcionan a oportunidade para crear e armar xogos que se utilizarán posteriormente para a práctica da lingua. Tamén se fai fincapé no recoñecemento e gozo da cultura mediante a inclusión de historias populares e obras de arte. O tratamento da cultura está presente en cada unidade e mostra aspectos da vida dos países de fala inglesa. Na proposta que incluímos sobre a programación dos contidos indicamos o que se pretende que consigan os alumnos con cada competencia clave en cada unha das unidades de Wonder. E na secuencia e temporalización dos contidos describimos para as diferentes actividades como se desenvolve cada competencia clave. As siglas que empregamos para referirnos ás competencias clave neste proxecto son as seguintes: 1. Competencia en comunicación lingüística: LC (Linguistic competence)

2. Competencia matemática e competencias clave en ciencia e tecnoloxía: MST (Competence in Maths, Science and Technology). 3. Competencia dixital: DC (Dixital competence). 4. Aprender a aprender: LL (Learning to learn). 5. Competencias sociais e cívicas: SCC (Social and civic competence). 6. Sentido da iniciativa e espírito de empresa: IE (Sense of initiative and entrepreneurship). 7. Conciencia e expresión culturais: CAE (Cultural awareness and expression). 3.2. METODOLOXÍA DE WONDER Wonder desenvólvese asomándose ao mundo real. Os alumnos coñecerán os personaxes ao longo do libro e serán os protagonistas das historias das diferentes unidades. A ensinanza baseada en historias é esencial para os estudantes na etapa da educación primaria e un vehículo perfecto para presentar a linguaxe nun escenario natural. O curso está deseñado segundo un sistema de redes de aprendizaxe integrada (integrated learning webs). Cada unidade representa unha rede con diferentes fíos de obxectivos de aprendizaxe sostidas por un eixe central. No quinto nivel de Wonder, o eixe central baséase en situacións da vida diaria que resultan familiares para os nenos desta idade, como poden ser un campamento, unha excursión ou unha competición. O fío creativo inclúe contido sobre os elementos creativos do currículo: arte, teatro, música e danza. O fío funcional involucra os alumnos utilizando os obxectivos da lingua de destino en situacións cotiás, que conforman eventos familiares nas súas vidas. O fío cultural implica introducir os alumnos en aspectos do mundo de fala inglesa e nos variados contornos en que se utiliza a lingua de destino. O fío lingüístico, está baseado e céntrase no desenvolvemento das destrezas en lectoescritura para a aprendizaxe da lingua: comprensión escrita e expresións escrita e oral. O fío do coñecemento inclúe os obxectivos de contido baseados en diferentes áreas do coñecemento do currículo: xeografía, historia e ciencias. Wonder 5 consta dunha unidade de benvida na que se repasan os contidos de cursos anteriores de forma atractiva e divertida para chamar a atención dos nenos; 8 unidades principais e unha sección sobre festividades. Na lección 1 de cada unidade preséntase o vocabulario a través dunha actividade de comprensión oral de forma moi clara e os alumnos terán oportunidade de practicalo nunha actividade para afianzarse falando inglés. Na lección 2 e 3 desenvólvense novos conceptos cun enfoque CLIL (con apoio audiovisual) na que se completan actividades para practicar diferentes destrezas. Introdúcense as estruturas gramaticais de forma natural e o seu uso a través das diferentes destrezas.

A lección 4 presenta linguaxe funcional no contexto do tema da unidade. Nesta lección preséntase unha práctica precisa da lingua a través dun diálogo, role-play e complétanse actividades para practicar diferentes destrezas. A lección 5 contén unha serie de actividades que tratan aspectos culturais da vida dos países de fala inglesa. Inclúese un vídeo cultural con imaxes reais relacionado co tema cultural da unidade acompañados dunha actividade de escritura. Nas leccións 6 e 7 os alumnos escoitan unha historia ao tempo que a seguen no libro. Coas historias practican a linguaxe da unidade nun contexto familiar e natural. Nestas leccións desenvólvense as habilidades fónicas centrándose en sons específicos. O obxectivo de cada historia é desenvolver a comprensión da linguaxe e as destrezas en lecto-escritura, secuenciación da historia ou desenvolvemento dos personaxes. Na lección 8 preséntanse pautas de escritura para cada un dos tipos de textos presentados. Proporciónase práctica interactiva adicional onde se consolidan as estruturas e o vocabulario. As leccións 9 e 10 serven de repaso e reflexión sobre o aprendido ao longo da unidade traballando todas as destrezas. Ademais, inclúese unha presentación animada dos puntos gramaticais. En todas as unidades preséntanse cancións e/ou chants, ferramentas esenciais para a aprendizaxe da lingua, con letras divertidas e melodías contaxiosas que motivan os nenos a participar e a aprender sen esforzo. En todas as leccións pódese realizar unha práctica extra interactiva dos contidos tanto como traballo en grupo na aula ou de forma máis autónoma na casa a través do Student's i-book. 3.3. MATERIAL DIDÁCTICO O alumno dispón dos seguintes recursos: Student's Book: o libro do alumno contén unha unidade introdutoria e oito unidades principais ademais dunha sección sobre festividades. Activity Book: coa mesma estrutura ca o libro do alumno, o libro de actividades proporciona unha práctica adicional e pode ser utilizado na clase ou como tarefa para a casa. CD de audio: proporcionado co libro de actividades, contén o audio necesario para completar as actividades de comprensión oral e o Picture dictionary do Activity Book, así como as historias e cancións do libro do alumno. Os recursos dos que dispón o profesor son os seguintes: Teacher s Book: a guía do profesor intercala contido dixital con reproducións do libro do alumno, unha perspectiva xeral da unidade e notas e suxestións. Inclúe todas as transcricións e solucións das actividades, orientación para a avaliación, referencias cruzadas entre todo o material e información sobre as competencias clave. Inclúe ademais un banco de actividades con suxestións para aproveitar ao máximo todo o material do curso.