DEPARTAMENTO DE INGLÉS PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA

Similar documents
Síntesis da programación didáctica

COMO XOGAR A KAHOOT Se vas xogar por primeira vez, recomendámosche que leas este documento QUE É KAHOOT?

DEPARTAMENTO DE INGLÉS PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA

DEPARTAMENTO DE INGLÉS PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA

Índice. EOI de Ferrol: Programación didáctica departamento de Inglés Curso 2017/2018 2

Silencio! Estase a calcular

Programación. Didáctica. Departamento de Inglés

O SOFTWARE LIBRE NAS ENTIDADES DE GALIZA

PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DEPARTAMENTO DE INGLES

PROGRAMACIÓN CURSO DEPARTAMENTO : INGLÉS. IES Ramón Menéndez Pidal

PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA CURSO DEPARTAMENTO DE INGLÉS

Acceso web ó correo Exchange (OWA)

Alumna/o...Curso... 1) Para recuperar a materia pendente deberás seguir o plan de traballo que se especifica de seguido:

R/Ponzos s/n Ferrol A Coruña Telf Fax

PRESENTACIÓN MATERIA MATERIA INGLÉS CURSO 1º BAC CURSO ACADÉMICO PROFESORA Mª CRUZ MASEDA FRANCOS

Programación do Departamento de Inglés da EOI de Lugo Curso

PRESENTACIÓN MATERIA MATERIA INGLÉS CURSO 4º ESO CURSO ACADÉMICO PROFESOR Mª CRUZ MASEDA FRANCOS

PROGRAMACIÓN CURSO DEPARTAMENTO : INGLÉS. IES Ramón Menéndez Pidal

PRESENTACIÓN MATERIA MATERIA LINGUA INGLESA CURSO 1º ESO B CURSO ACADÉMICO PROFESOR Mª MONTSERRAT VILLAPÚN CASTRO

DEPARTAMENTO DE INGLÉS PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA

PRESENTACIÓN MATERIA MATERIA INGLÉS CURSO 2º BAC CURSO ACADÉMICO PROFESOR Mª CRUZ MASEDA FRANCOS

GUÍA DE MIGRACIÓN DE CURSOS PARA PLATEGA2. Realización da copia de seguridade e restauración.

VIGOSÓNICO V C O N C U R S O V I D E O C L I P S Calquera proposta estética para o vídeo: cine, animación, cor, branco e negro,...

CURSO PROGRAMACIÓN DE 2º ESO

PRESENTACIÓN MATERIA MATERIA INGLÉS CURSO 4º ESO CURSO ACADÉMICO PROFESOR FRANCISCO JOSÉ PÉREZ SAAVEDRA

PRESENTACIÓN MATERIA MATERIA LINGUA INGLESA CURSO 1º ESO A CURSO ACADÉMICO PROFESOR Mª MONTSERRAT VILLAPÚN CASTRO

DEPARTAMENTO DE INGLÉS PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA 3º ESO - LINGUA INGLESA - 1º IDIOMA CURSO 2018 / 2019 IES DAVID BUJÁN

SECUENCIACIÓN DIDÁCTICA: ÁMBITO DA COMUNICACIÓN MÓDULO 3 y 4 (ESA) 2017/2018

DEPARTAMENTO DE INGLÉS PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA 2º BACH - LINGUA INGLESA - 1º IDIOMA CURSO 2018 / 2019 IES DAVID BUJÁN

PRESENTACIÓN DA MATERIA/MÓDULO

DEPARTAMENTO DE INGLÉS PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA

I.E.S. ORTIGUEIRA ÁREA DE LINGUAS ESTRANXEIRAS

PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA Área de Lingua Inglesa 5º Educación Primaria

DEPARTAMENTO DE INGLÉS PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA 2º ESO - LINGUA INGLESA - 1º IDIOMA CURSO 2018 / 2019 IES DAVID BUJÁN

PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA. Área de Lingua Inglesa. 4º Educación Primaria

3º ESO ESTHER VÁZQUEZ, ELBA NIEVES. Editorial BURLINGTON AutorMARKS/DARBY. Contidos (unidades didácticas) temporalizados por avaliacións

T1, T3, (T5)*, T8, T11, T13 *solo grupos bilingüe X1, X3, X8, X10, X13, X18, X22, X23, X24 EI6, EI7

2º ESO. Obxectivos xerais do curso. Contidos (unidades didácticas) temporalizados por avaliacións

1º ESO CARMEN QUINTANA, ELBA NIEVES, MARGARITA ALFONSO

GUÍA PARA PERSOAS CANDIDATAS PROBAS DE CERTIFICACIÓN DE NIVEL BÁSICO (A2) ESCOLAS OFICIAIS DE IDIOMAS GALICIA

Procedimientos Auditivos e Instrumentais DEPARTAMENTO COORDINADOR/A DA DISCIPLINA. CURSOS 1º curso 2º curso 3º curso 4º curso.

Concello de Baralla DENOMINACIÓN DA PRAZA/POSTO/EMPREGO: PERSOAL DE APOIO NO PAI. Concello de Baralla

PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DEPARTAMENTO DE INGLÉS. Curso

PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DA MATERIA DE

PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA CURSO DEPARTAMENTO DE XAPONÉS

Ámbito da comunicación: lingua inglesa

2.1. O PROXECTO LINGÜÍSTICO DE CENTRO

NOME DO CENTRO: IES CANIDO CURSO ESCOLAR: 2016/2017 INGLÉS 1º ESO

Conservatorio Profesional de Música de Vigo. Programación OPTATIVA DE MÚSICA MODERNA (historia do rock&roll)

LINGUA INGLESA CURSO

Conservatorio Profesional de Música de Vigo. Programación de Contrabaixo

PARTE I. VIVALDI: Concierto en MI M. op. 3 n.12

C.E.I.P. PRÁCTICAS de Ourense Programacións didácticas

Conservatorio Profesional de Música de Vigo. Programación de Viola

PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DEPARTAMENTO DE LINGUA GALEGA E LITERATURA CURSO

QUINTO CURSO EDUCACIÓN PRIMARIA OBRIGATORIA

Fonética e fonoloxía da língua galega

CURSO UNIVERSITARIO CON APROBACIÓN PROVISONAL DE HOMOLOGACIÓN POR PARTE DA CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E O.U.

Conservatorio Profesional de Música de Vigo. Programación de Percusión

Segunda lingua estranxeira: inglés

Programación 3º de EP LINGUA INGLESA

PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA ÁREA DE INGLÉS

DOG Núm. 115 Luns, 19 de xuño de 2017 Páx

Discurso literario e sociedade nos países de fala inglesa

Rede CeMIT Cursos Gratuítos de Alfabetización Dixital NOVEMBRO Aula CeMIT de Cuntis

Facultade de Fisioterapia

REUNIÓN CONVOCATORIAS SUBVENCIÓNS 2018 SECCIÓN DE SERVIZOS SOCIAIS SERVIZO DE ACCIÓN SOCIAL, CULTURAL E DEPORTES

PROGRAMACIÓN DE INGLÉS CURSO º ESO

marcoeuropeocomún de referencia para as linguas: aprendizaxe, ensino, avaliación

ANEXO XIII MODELO DE PROGRAMACIÓN DE MÓDULOS PROFESIONAIS

Programación Percusión

PROGRAMACIÓN ÁREA DE INGLÉS 2º CICLO DE EDUCACIÓN INFANTIL CEIP DE AGOLADA

PROGRAMACIÓN DEPARTAMENTO DE INGLÉS -ESO -BACHARELATO -CICLOS -FORMACIÓN PROFESIONAL BÁSICA -ADULTOS

Narrador e Narradora Narrador Narradora Narrador

ÁMBITO DE COMUNICACIÓN Lengua extranjera: Inglés

CREATIVIDADE DA COMUNICACIÓN CULTURAL

MEMORIA DE AVALIACIÓN DA CALIDADE: INFORME DE RESULTADOS PROGRAMACIÓN: ACCIÓNS FORMATIVAS DIRIXIDAS PRIORITARIAMENTE ÁS PERSOAS TRABALLADORAS

NORMATIVA ACADÉMICA PARA O ALUMNADO DE INTERCAMBIO DA ESCOLA UNIVERSITARIA DE ESTUDOS EMPRESARIAIS (EUEE) UNIVERSIDADE DE VIGO

Grao en Química. 2 0 Curso QUIMICA INORGÁNICA III. Guía Docente

PROGRAMACION LINGUA INGLESA SEXTO CURSO 1- OBXECTIVOS 1.1- XERAIS 1.2-ESPECIFICOS

LEI 18/2011, DO 5 DE XULLO, REGULADORA DO USO DAS TECNOLOXÍAS DA INFORMACIÓN E DA COMUNICACIÓN NA ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

1. DATOS IDENTIFICATIVOS DA DISCIPLINA CÓDIGO Teorías do espectáculo e da comunicación Teorías do espectáculo II

PROGRAMA FORMATIVO DA ESPECIALIDADE FORMATIVA TÉCNICAS DE MARKETING ON LINE, BUSCADORES, SOCIAL MEDIA E MÓBIL COMM049PO

DSpace da Universidade de Santiago de Compostela

CONSERVATORIO PROFESIONAL DE MÚSICA REVERIANO SOUTULLO PONTEAREAS

GUÍA DO ALUMNADO EASD Ramón Falcón

PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA INGLÉS

PROGRAMACIÓN DA MATERIA DE PEDAGOXÍA E DIDÁCTICA INSTRUMENTAL

Grao en Química. 2 0 Curso QUIMICA INORGÁNICA III. Guía Docente

1. IDENTIFICACIÓN E CONTEXTUALIZACIÓN DISCIPLINA: INSTRUMENTO I (JAZZ - PIANO)

BILINGÜISMO, DESENVOLVEMENTO E APRENDIZAXE ESCOLAR: UNHA PROPOSTA DE INTERVENCIÓN NA ESCOLA

Obradoiro sobre exelearning. Pilar Anta.

DOG Núm. 34 Venres, 16 de febreiro de 2018 Páx

Informe do estudo de CLIMA LABORAL do Sergas

PROGRAMACIÓN OFICIAL LOE CONXUNTO PIANO CURSO 2017/18 GRAO PROFESIONAL (segundo os Decretos 198/2007 e 203/2007

ADSCRICIÓN FUNCIONAL E HORARIO DO PROFESORADO NOS CENTROS DE INFANTIL E PRIMARIA

EDUCACIÓN INFANTIL PROGRAMACIÓN DE CICLO CENTRO: CEIP Mª PITA CURSO: Páxina 1

Se (If) Rudyard Kipling. Tradución de Miguel Anxo Mouriño

Área de Inglés Curso escolar

Sede Electrónica Concello de Cangas

Transcription:

DEPARTAMENTO DE INGLÉS PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA 2017-18 NIVEL C1 DEFINICIÓN DO NIVEL O nivel C1 ten como referencia as competencias propias do nivel C1, segundo se definen no Marco Común Europeo de Referencia para as Linguas do Consello de Europa. O nivel C1 ten a finalidade de capacitar, fóra das etapas ordinarias do sistema educativo, para a utilización do idioma con flexibilidade, eficacia e precisión para participar en todo tipo de situación, nos ámbitos persoal, público, académico e profesional, que requiran comprender, producir e procesar textos orais e escritos extensos e complexos, en diversas variedades estándar da lingua, cun repertorio léxico amplo, e que versen sobre temas tanto abstractos como concretos, incluso aqueles cos que o falante non estea familiarizado. 1 OBXECTIVOS 1.1 Comprensión oral Comprender, incluso en malas condicións acústicas, textos extensos, lingüística e conceptualmente complexos, que conteñan expresións idiomáticas e coloquiais e que traten temas tanto concretos coma abstractos ou descoñecidos para o alumno, incluíndo aqueles de carácter técnico ou especializado, en diversas variedades estándar da lingua e articulados a velocidade normal ou rápida, aínda que pode ser que necesite confirmar certos detalles, sobre todo se o acento non lle resulta familiar. 1.2 Expresión e interacción oral Producir textos claros e detallados sobre temas complexos, integrando outros temas, desenvolvendo ideas concretas e terminando cunha conclusión adecuada, así como dominar un amplo repertorio léxico que lle permita suplir as deficiencias facilmente con circunloquios cando toma parte activa en intercambios extensos de diversos tipos, expresándose con fluidez, espontaneidade e apenas sen esforzo. 1.3 Comprensión de lectura Comprender con todo detalle textos extensos e complexos, tanto se se relacionan coa súa especialidade coma se non, sempre que poida volver ler as seccións difíciles. 1.4 Expresión e interacción escrita Escribir textos claros e ben estruturados sobre temas complexos resaltando as ideas principais, ampliando con certa extensión e defendendo os seus puntos de vista con ideas complementarias, motivos e exemplos adecuados, e rematando cunha conclusión axeitada. 2. CONTIDOS 2.1. COMPETENCIAS XERAIS 2.1.1 Competencias socioculturais: No nivel C1, o alumno debe poder desenvolverse na lingua con flexibilidade e eficacia para fins sociais, o que supón afondar nos diversos aspectos socioculturais do uso do idioma e a incidencia que estes teñen sobre o mesmo. O desenvolvemento destas competencias, ao nivel C1, potenciarase a través de tarefas de carácter transversal que incorporen e integren aspectos sociolóxicos, xeográficos, históricos ou culturais sobre as comunidades nas que se fala a lingua meta, tal e como

estes aparecen e se integran en textos reais como os que o alumno deberá comprender, producir e tratar en situacións reais de comunicación. Consideraranse e desenvolverán os seguintes aspectos: - Vida cotiá: festividades; horarios; prácticas de traballo; actividades de ocio. - Condicións de vida: niveis de vida; vivenda; traballo; asistencia social. - Relacións persoais: estrutura social e relacións entre os seus membros (entre sexos; familiares; xeracións; en situacións de traballo; coa autoridade e a Administración; de comunidade; entre grupos políticos e relixiosos). - Valores, crenzas e actitudes: clases sociais; grupos profesionais; culturas rexionais; institucións;historia e tradicións; política; artes; relixión; humor. - Quinésica, proxémica e aspectos paralingüísticos: xestos; posturas; expresións faciais; contacto visual; contacto corporal; sons extralingüísticos e calidades prosódicas (calidade de voz, ton, acentuación, volume). - Convencións sociais: modais, usos, convencións e tabús relativos ao comportamento. - Comportamento ritual: comportamentos públicos; celebracións; cerimonias e prácticas sociais e relixiosas. 2.1.2 As competencias nocionais. As nocións que se listan a continuación son nocións ou categorías cognitivas xerais aplicables a calquera lingua e cultura, e están presentes en toda situación de comunicación e en todo texto produto da actividade lingüística. Deberán ser desglosados e desenvolvidos nos currículos e nas programacións didácticas. Consideráranse, para o nivel C1, os expoñentes das diversas subclases de nocións tendo en conta que estes expoñentes poden ser formal e conceptualmente complexos, menos frecuentes ou de carácter especializado, e que estes corresponden tanto aos repertorios léxicos como ás estruturas sintagmáticas, sintácticas e textuais que se determinen para o nivel. - Entidades: expresión das entidades e referencia a elas (persoas, obxectos e outros seres e entes concretos e abstractos). - Propiedades: existencia; cantidade; calidade e valoración. - Relacións: espazo (situación absoluta e relativa no espazo); tempo (situación absoluta e relativa no tempo); estados, procesos e actividades (aspecto, modalidade, participantes e as súas relacións); relacións lóxicas (entre estados, procesos e actividades): conxunción; disxunción; oposición; comparación; condición; causa; finalidade; resultado; relacións temporais (anterioridade; simultaneidade; posterioridade). 2.2. COMPETENCIAS COMUNICATIVAS 2.1 Competencia sociolingüística: Esta competencia comprende os coñecementos e destrezas necesarias para abordar a dimensión social do uso da lingua, e inclúe marcadores lingüísticos de relacións sociais, normas de cortesía, modismos e expresións de sabedoría popular, rexistros, dialectos e acentos. No nivel C1, agárdase que o alumno desenvolva esta competencia de maneira que se comunique con flexibilidade e eficacia, incluíndo o uso emocional, alusivo e humorístico da lingua, o que implica apreciar diferentes variedades da lingua e cambios de rexistro, así como recoñecer unha ampla diversidade de expresións idiomáticas, coloquiais e de argot, aínda que pode que precise confirmar detalles esporádicos, sobre todo se o acento lle resulta descoñecido.

2.2 Competencia pragmática: 2.2.1 Competencia discursiva: No nivel C1, o alumno deberá ser capaz de producir, comprender e procesar textos extensos e complexos de moi diversos tipos, formatos, e temas, nas variedades estándar da lingua e en diversos rexistros; empregando unha rica gama de recursos lingüísticos e axustándoos con eficacia ao contexto específico, incluso especializado. Na determinación das competencias concretas de construción textual que o alumno debe adquirir para producir e comprender textos adaptados ao seu contexto específico e que presenten unha organización interna complexa, desenvolveranse os seguintes aspectos: 1. Coherencia textual: adecuación do texto oral ou escrito ao contexto comunicativo 1.1 Tipo e formato de texto. 1.2 Variedade de lingua 1.3 Rexistro 1.4 Tema: Enfoque e contido: selección de contido relevante; selección léxica; selección de estruturas sintácticas 1.5 Contexto espazo-temporal: referencia espacial. Referencia temporal 2. Cohesión textual: organización interna do texto oral ou escrito. Inicio, desenvolvemento e conclusión da unidade textual: 2.1 Inicio do discurso: mecanismos iniciadores (toma de contacto, etc); introdución do tema; tematización. 2.2 Desenvolvemento do discurso: 2.2.1 desenvolvemento temático: 2.2.1.1 Mantemento do tema: correferencia, elipse, repetición, reformulación, énfase. 2.2.1.2 Expansión temática: exemplificación, reforzo; contraste, introdución de subtemas. 2.2.1.3 Cambio temático: digresión, recuperación do tema. 2.3 Conclusión do discurso: resumo/recapitulación, indicación de peche textual, peche textual. 2.2.2 Competencia funcional. No nivel C1, espérase do alumno unha competencia que lle permita levar a cabo as seguintes funcións comunicativas ou actos de fala, utilizando os expoñentes de ditas funcións máis axeitados para cada contexto comunicativo específico, tanto a través de actos de fala directos coma indirectos, nunha ampla variedade de rexistros (familiar, informal, neutro, formal): Funcións ou actos de fala asertivos, relacionados coa expresión do coñecemento, a opinión, a crenza e a conxectura: afirmar; anunciar; apostilar; asentir; atribuír; clasificar; confirmar a veracidade dun feito; conxecturar; corroborar; describir; desmentir; disentir; expresar acordo e desacordo; expresar descoñecemento, dúbida, escepticismo, unha opinión; formular hipóteses; identificar e identificarse; informar; obxectar; predicir; rebater; rectificar; replicar; supoñer. Funcións ou actos de fala compromisivos, relacionados coa expresión de ofrecemento, intención, vontade e decisión: acceder; admitir; consentir; expresar a intención ou vontade de facer algo; convidar; xurar; negarse a facer algo; ofrecer algo; ofrecer axuda; ofrecerse a facer algo; prometer; retractarse. Funcións ou actos de fala directivos, que teñen como finalidade que o destinatario faga ou non faga algo, tanto se isto é á súa vez un acto verbal coma unha acción doutra índole: aconsellar; advertir; alertar; ameazar; animar; autorizar; dar instrucións; dar

permiso; demandar; denegar; desanimar; desestimar; dispensar ou eximir a alguén de facer algo; disuadir; esixir; intimidar; ordenar; pedir algo: axuda, confirmación, consello, información, instrucións, opinión, permiso, que alguén faga algo; negar permiso a alguén; persuadir; previr a alguén en contra de algo o de alguén; prohibir; propoñer; reclamar; recomendar; lembrar algo a alguén; restrinxir; rogar; solicitar; suxerir; suplicar. Funcións ou actos de fala fáticos e solidarios, que se realizan para establecer ou manter o contacto social e expresar actitudes con respecto aos demais: aceptar e declinar un convite; agradecer; atraer a atención; compadecerse; consolar; dar a benvida; despedirse; expresar condolencia; felicitar; facer cumpridos; insultar; interesarse por alguén ou algo; convidar; pedir desculpas; presentarse e presentar a alguén; refugar; saudar; tranquilizar. Funcións ou actos de fala expresivos, cos que se expresan actitudes e sentimentos ante determinadas situacións: acusar; defender; exculpar; expresar admiración, afecto, alegría ou felicidade, alivio, ansiedade e preocupación, aprecio ou simpatía, aprobación e desaprobación, arrepentimento, confianza e desconfianza, decepción, desinterese e interese, desprezo, desgusto, dor, dúbida, escepticismo, esperanza e desesperanza, estima, insatisfacción, orgullo, preferencia, resentimento, resignación, satisfacción, sorpresa e estrañeza, temor, tristeza, vergoña; lamentar; reprochar. 2.2.3 Competencia gramatical: A nivel C1, o alumno manifestará un alto grao de corrección gramatical de modo consistente e os seus erros serán escasos e apenas apreciables. As competencias gramaticais que deben desenvolverse para este nivel son as seguintes: Oración composta: Expresión de relacións lóxicas: conxunción; disxunción; oposición; concesión; comparación, condición; causa; finalidade, resultado; relacións temporais (anterioridade, posterioridade, simultaneidade). Oración simple: tipos de oración, elementos constituíntes e a súa posición. Fenómenos de concordancia. O sintagma nominal: núcleo (clases, xénero, número, caso de substantivos e pronomes) e a súa modificación mediante determinantes (artigos, demostrativos, posesivos, cuantificadores), aposición, sintagma (nominal, adxectivo, verbal, adverbial, preposicional), frase de relativo, oración e outros mecanismos. Posición dos elementos constituíntes do sintagma e fenómenos de concordancia interna. Funcións sintácticas do sintagma nominal. O sintagma adxectivo: Núcleo (clases, xénero, número, caso e grao do adxectivo) e a súa modificación mediante sintagma (nominal, adxectivo, verbal, adverbial, preposicional), oración e outros mecanismos.posición dos elementos constituíntes do sintagma e fenómenos de concordancia interna. Funcións sintácticas do sintagma adxectivo. O sintagma verbal: Núcleo (clases, tempo, aspecto, modalidade e voz do verbo) e a súa modificación mediante negación e outros mecanismos. Posición dos elementos constituíntes do sintagma e fenómenos de concordancia interna. Funcións sintácticas do sintagma verbal. O sintagma adverbial: Núcleo (clases e grao de adverbios e locucións adverbiais) e a súa modificación mediante sintagma adverbial, preposicional e outros mecanismos. Posición dos elementos constituíntes do sintagma e fenómenos de concordancia interna. Funcións sintácticas do sintagma adverbial.

O sintagma preposicional: núcleo (clases de preposicións e locucións adverbiais) e a súa modificación mediante sintagma adverbial, preposicional e outros mecanismos. Posición dos elementos constituíntes do sintagma e fenómenos de concordancia interna. Funcións sintácticas do sintagma preposicional. 2.2.4 Competencia léxica: O alumno, a nivel C1, terá un bo dominio dun amplo repertorio léxico, incluíndo expresións idiomáticas coloquiais, que lle permita superar con soltura as súas deficiencias mediante circunloquios, aínda que poida cometer pequenos e esporádicos descoidos, pero sen erros importantes de vocabulario. As áreas para as que se considerarán subtemas e os seus correspondentes repertorios léxicos, tendo en conta as demandas dos obxectivos deste nivel, son as seguintes: Identidade persoal: dimensión física e anímica. Vivenda, fogar e contorna. Alimentación. Saúde e coidados físicos. Relacións persoais e sociais. Traballo e actividades profesionais. Educación e actividades académicas. Lecer. Viaxes, aloxamento e transporte. Compras e actividades comerciais. Bens e servizos. Economía e industria. Goberno, política e sociedade. Información e medios de comunicación. Cultura e actividades artísticas. Relixión e filosofía. Xeografía, natureza e medio ambiente. Ciencia e tecnoloxía. No tratamento desta competencia, terase presente que non existe un léxico pasivo e un léxico activo senón repertorios de formas e significados que dependen da actividade comunicativa da que se trate (comprensión, expresión, interacción, mediación). Unha persoa que le ou escoita a radio está tan activa lingüisticamente como cando se dirixe a unha audiencia ou toma parte nunha conversación. Neste senso, o grado de competencia léxica propio do nivel debe adquirirse en relación co seu carácter específico nos textos produto das actividades lingüísticas correspondentes nas diversas situacións de comunicación. Terase en conta, así mesmo, a conveniencia de tratar o léxico considerando formas plurilexemáticas e unidades superiores á palabra illada de xeito que se lle dea ao alumno un contexto máis amplo de uso que facilite o desenvolvemento adecuado da competencia léxica. 2.2.5 Competencia fonético-fonolóxica: Esta competencia supón, a nivel C1, unha capacidade articulatoria próxima a algunha das variedades estándar propias da lingua de chegada e unha capacidade de percepción, sen moito esforzo, das devanditas variantes. A entoación debe axustarse á situación comunicativa e variar para expresar matices sutís de significado. As competencias fonético-fonolóxicas que deben desenvolverse para este nivel son as seguintes: - Variantes de sons e fonemas vocálicos e consonánticos e as súas respectivas combinacións.

- Variantes de procesos fonolóxicos de enxordecemento, sonorización, asimilación, elisión, palatalización, nasalización, epéntese, alternancia vocálica e outros. - Cambios de acento e atonicidade na oración con implicacións sintácticas e comunicativas. 2.2.6 Competencia ortográfica: Para o nivel C1, o alumno será capaz de comprender en textos escritos as convencións ortográficas propias da lingua meta e de utilizalas para producir textos escritos nos que a estrutura, a distribución en parágrafos e a puntuación sexan consistentes e eficientes, e nos que a ortografía é correcta, aínda que poidan ter descoidos tipográficos de carácter esporádico. As competencias ortográficas que deben desenvolverse para este nivel son as seguintes: - Variantes do alfabeto / dos carácteres e o seu uso nas diversas formas. - Variantes na representación gráfica de fonemas e sons. - Adaptación ortográfica de préstamos. - Valores discursivos dos signos tipográficos, ortográficos e de puntuación. 3. TEMPORALIZACIÓN E CONTIDOS O curso ten unha distribución horaria semanal de 4,5 horas. A duración de cada sesión lectiva ordinaria será de 1,5 horas, cunha periodicidade de tres sesións semanais ou de 2,25 horas cunha periodicidade de dúas sesións semanais. 3.1 Gramática/función 3.1.1 Primeiro cuadrimestre Aspecto continuo Aspecto perfecto Describir costumes presentes e pasados Especular Expresar preferencias hipotéticas Frases condicionais e remordementos Frases condicionais mixtas Frases relativas Facer unha proposta Introducir opinións Introductory it Oracións nominais Pautas verbais: verbo + ing/infinitivo con ou sen to; infinitivo pasivo/- ing; infinitivo perfecto/-ing; infinitivo negativo/-ing Verbos e frases modais 3.1.2 Segundo cuadrimestre Adverbiais de tempo, maneira, frecuencia, probabilidade e propósito Debater ideas Describir causa e efecto Elipse e substitución Estruturas comparativas

Estruturas do futuro Frases de concesión Intercambiar opinións Inversión Negociar O futuro no pasado Oracións escindidas Participle clauses Tempos verbais para situacións no reais Vociferar e encomiar 3.2 Léxico 3.2.1 Primeiro cuadrimestre A propiedade; expresións para describir unha posesión A vida urbana: problemas e solucións Adxectivos de personalidade Adxectivos descritivos / adxectivos que rematan en y Adxectivos para describir unha paisaxe Alimentación Aprendizaxe; metáforas Chunks lexicais Crime e xustiza Cultura e actividades artísticas Decisións Educación e actividades académicas Expresións para describir aspectos da vida no teu país Expresións para introducir información Expresións relacionadas aos nomes

Goberno, política e sociedade Imaxes e linguaxe vaga Información e medios de comunicación Modismos de opinións Modismos para describir á xente Modismos relacionados cos secretos O talento; expresións para as etapas dun debate Opinións Periodismo Phrasal verbs Prefixos Relacións persoais e sociais Relixión e filosofía Temas sociais Traballo e actividades profesionais Un caso xudicial Verdades e mitos Viaxes, aloxamento e transporte Vivenda, fogar e contorna 3.2.2 Segundo cuadrimestre A lingua A moda A narración Adxectivos para falar das artes Ambición Bens e servizos Ciencia e tecnoloxía

Colocacións co time Compras e actividades comerciais Cultura e actividades artísticas Describir períodos históricos Destrezas, cualificacións e experiencia Economía e industria Expresións e proverbios de tempo Ideas Lecer Modismos de relax Recordos Relacións persoais e sociais Risco Saúde e coidados físicos Sinónimos Sufixos Tendencias e predicións Viaxes, aloxamento e transporte Xeografía, natureza e medio ambiente 3.3 Pronunciación/entoación 3.3.1 Primeiro cuadrimestre Acentuación en expresións de dúas palabras Contraccións en frases condicionais Elisión Énfases Enlazar sons en unha frase Grupos lexicais

Modificadores Vocais longos e curtos 3.3.2 Segundo cuadrimestre A terminación ally Acentuación en modismos Acentuación en preguntas Gañar tempo Linguaxe conectada con estruturas do futuro Ritmo de comparativos dobres Ritmo e acentuación en proverbios Sons e ortografía 4. METODOLOXÍA A detallada para todo o departamento no epígrafe correspondente desta memoria. 5. CRITERIOS DE AVALIACIÓN Considerarase que o alumnado adquiriu as competencias propias do nivel C1, para cada destreza, cando sexa capaz do seguinte: 5.1.COMPRENSIÓN ORAL: Comprender información específica en declaracións e anuncios públicos que teñen pouca calidade e un son distorsionado; por exemplo, nunha estación ou nun estadio. Comprender información técnica complexa, como, por exemplo, instrucións de funcionamento, especificacións de produtos e servizos cotiáns. Comprender información complexa e consellos sobre todos os asuntos relacionados coa súa profesión ou as súas actividades académicas. Comprender con relativa facilidade a maioría das conferencias, charlas, discusións e debates sobre temas complexos de carácter profesional ou académico. Comprender unha ampla gama de material gravado e retransmitido, incluíndo algún uso fóra do habitual, e identificar pormenores e sutilezas como actitudes e relacións implícitas entre os falantes. Comprender películas que conteñen unha cantidade considerable de argot ou linguaxe coloquial e de expresións idiomáticas. Comprender os detalles de conversas e debates de certa lonxitude entre terceiras persoas, incluso sobre temas abstractos, complexos ou descoñecidos, e captar a intención do que se di. Comprender conversas de certa lonxitude nas que participa aínda que non estean claramente estruturadas e a relación entre as ideas sexa soamente implícita.

5.2. EXPRESIÓN ORAL Facer declaracións públicas con fluidez, case sen esforzo, usando certa entoación para transmitir matices sutís de significado con precisión. Realizar presentacións claras e ben estruturadas sobre un tema complexo, ampliando con certa extensión, integrando outros temas, desenvolvendo ideas concretas e defendendo os seus puntos de vista con ideas complementarias, motivos e exemplos adecuados, e terminando cunha conclusión apropiada, así como responder espontaneamente e sen apenas esforzo ás preguntas da audiencia. INTERACCIÓN ORAL Participar dunha maneira plena nunha entrevista, como entrevistador o entrevistado, ampliando e desenvolvendo as ideas discutidas con fluidez e sen apoio e facendo un bo uso das exclamacións e outros mecanismos para expresar reaccións e manter o bo desenvolvemento do discurso. En transaccións e intercambios para obter bens e servizos, negociar a solución de conflitos e desenvolver a súa argumentación no caso de danos e prexuízos, utilizando unha linguaxe persuasiva para reclamar unha indemnización, e establecer con claridade os límites de calquera concesión que estea disposto a realizar. Participar activamente en conversas e discusións formais animadas e nas que se traten temas abstractos, complexos e descoñecidos, identificando con precisión os argumentos dos diferentes puntos de vista, argumentando a súa postura formalmente, con precisión e convicción, respondendo a preguntas e comentarios e contestando de forma fluída, espontánea e axeitada a argumentacións complexas contrarias. Participar activamente en conversacións informais animadas que traten temas abstractos, complexos e descoñecidos, expresando as súas ideas e opinións con precisión, presentando liñas argumentais complexas de maneira convincente e respondendo a estas con eficacia. MEDIACIÓN Parafrasear e resumir en forma oral textos largos e minuciosos de diverso carácter e converter nun novo texto oral coherente informacións de diversas fontes. Mediar con eficacia entre falantes da lingua meta e a propia ou outras tendo en conta as diferenzas e as implicacións sociolingüísticas e socioculturais destas e reaccionando en consecuencia. 5.3. COMPRENSIÓN DE LECTURA Comprender con todo detalle instrucións extensas e complexas sobre aparatos e procedementos novos, tanto se as instrucións se relacionan coa súa especialidade coma se non, sempre que poida volver a ler as seccións difíciles. Comprender calquera correspondencia facendo un uso esporádico do dicionario. Comprender con todo detalle artigos, informes e outros textos extensos e complexos no ámbito social, profesional ou académico, e identificar detalles sutís que inclúan actitudes e opinións tanto implícitas como explícitas. Comprender sen dificultade textos literarios contemporáneos extensos e captar a mensaxe, as ideas ou conclusións implícitas. 5.4. EXPRESIÓN ESCRITA Escribir informes, artigos e ensaios claros e ben estruturados sobre temas complexos resaltando as ideas principais, ampliando con certa extensión, defendendo puntos de

vista con ideas complementarias, motivos e exemplos adecuados, e rematando cunha conclusión apropiada. Escribir textos de ficción de maneira clara, detallada e ben estruturada, cun estilo convincente, persoal e natural, apropiados para os lectores aos que vai dirixidos. Tomar notas detalladas durante unha conferencia, curso ou seminario que trate temas da súa especialidade, transcribindo a información de forma tan precisa e preto ao orixinal que as notas tamén poderían ser útiles para outras persoas. INTERACCIÓN ESCRITA Escribir correspondencia persoal, independentemente do soporte, na que se expresa con claridade, detalle e precisión e se relaciona co destinatario con flexibilidade e eficacia, incluíndo usos de carácter emocional, alusivo e humorístico. Escribir correspondencia formal coa corrección debida e axustándose ás convencións que requiren a situación, o destinatario e o formato. MEDIACIÓN Parafrasear e resumir textos longos e minuciosos de carácter diverso e converter nun novo texto escrito coherente informacións procedentes de diversas fontes. 6. PROCEDEMENTOS DE AVALIACIÓN Para obter o certificado acreditativo de competencia do nivel C1, ao remate do curso será necesaria a superación dunha proba de certificación. Esta proba terá as características que a Consellería de Cultura, Educación e Orientación Universitaria estableza na convocatoria correspondente. A avaliación das probas correspondentes ao nivel C1 rexerase polo establecido na Orde do 8 de setembro de 2008, pola que se regula a avaliación e cualificación do alumnado que cursa as ensinanzas especializadas de idiomas de réxime especial que se establecen na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio. As probas serán avaliadas tomando como referencia os obxectivos, os contidos e os criterios de avaliación recollidos nesta programación didáctica. Para garantir a homoxeneidade na certificación dos niveis C, a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria poderá establecer os procedementos para a coordinación e validación das probas dos ditos niveis que se consideren necesarios, a través da comisión de validación establecida no artigo 3 da Orde do 19 de abril de 2012. Os certificados acreditativos de ter superado as probas correspondentes aos niveis C serán expedidos polas escolas oficiais de idiomas. O límite de permanencia para o alumnado que se matricule nos cursos especializados para o perfeccionamento de idiomas dos niveis C será de dous cursos académicos para cada un dos niveis. A avaliación estará centrada nas destrezas lingüísticas, polo que as probas serán elaboradas para verificar o grado de dominio en cada unha delas. A consecución dos obxectivos de cada curso conducirá á obtención da certificación que corresponda. A avaliación do grado de dominio das diferentes destrezas realizarase mediante a tipoloxía de probas que se establece a continuación: Proba inicial ou de diagnóstico Proba de diagnóstico do alumnado que terá carácter informativo para este e orientador para o profesorado, que establecerá as medidas pedagóxicas adecuadas.

Proba parcial de progreso Características xerais Esta proba de carácter unificado será elaborada, administrada e corrixida polo profesorado do departamento didáctico ao finalizar o primeiro cuadrimestre. Estrutura Constará de catro partes: comprensión lectora, comprensión oral, expresión e interacción escrita, expresión e interacción oral. A mediación poderá integrarse na expresión e interacción escrita e na expresión e interacción oral. Organización Realizarase ao remate do primeiro cuadrimestre. Terá valor unicamente orientador para o alumnado (e servirá para informar do grao de cumprimento no desenvolvemento da programación didáctica e da súa idoneidade.) Esa proba parcial terá un valor total de 100 puntos, e cada unha das súas catro partes 25 puntos. Probas terminais de certificación Características xerais das probas Para obter o certificado de nivel C1 será necesaria a superación de probas terminais específicas de certificación que terán lugar en xuño e setembro. O nivel de competencia e o grao de dominio que se avalían nestas probas estableceranse en referencia aos obxectivos e criterios de avaliación establecidos no currículo correspondente o nivel C1. As probas terminais específicas de certificación serán comúns para todas as modalidades e réximes de ensinanza. Destinatarios O alumnado matriculado na modalidade presencial no curso C1 non terá que aboar taxas en concepto da proba de certificación correspondente a ese nivel. O alumnado matriculado na modalidade presencial poderá inscribirse para realizar as probas terminais de certificación en niveis diferentes aos que estea cursando, sempre que non teña xa aprobado ese nivel. Para poder optar ás ditas probas deberá aboar as correspondentes taxas. Persoas non escolarizadas nas escolas oficiais de idiomas poderán obter os certificados dos diferentes niveis mediante a superación das probas terminais de certificación, polo réxime libre. Convocatoria das probas a) As escolas oficiais de idiomas e as súas seccións, se é o caso, deberán realizar as probas terminais de certificación no mes de xuño en convocatoria ordinaria para o alumnado do réxime oficial e en convocatoria única para o alumnado do réxime libre. No mes de setembro os centros realizarán a convocatoria extraordinaria para o alumnado do réxime oficial, na que este alumnado só terá que examinarse das destrezas non superadas na convocatoria ordinaria. b) As datas e o horario para a realización das probas de certificación serán establecidas anualmente pola Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa.

Elaboración, administración e cualificación das probas As probas correspondentes ao nivel C1 serán deseñadas, a partir das tarefas redactadas polos departamentos didácticos das distintas escolas, por unha comisión de validación que a Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa designará para tal efecto na correspondente resolución. Estrutura e contido A proba correspondente o nivel C1 estruturarase en catro partes: comprensión lectora, comprensión oral, expresión e interacción escrita, expresión e interacción oral. A mediación poderá integrarse na expresión e interacción escrita e na expresión e interacción oral. O alumnado examinarase de todas as partes da proba e ningunha delas será considerada eliminatoria para a realización do resto delas. De non presentarse a algunha das partes da proba nas actas figurará a cualificación de non apto. As probas correspondentes á comprensión de lectura e comprensión oral basearanse en textos auténticos ou adaptados extraídos das diferentes fontes de comunicación oral ou escrita. A tipoloxía das tarefas será a adecuada para avaliar tanto a comprensión global como a comprensión dos aspectos máis particulares de cada un dos textos. Na proba de expresión e interacción escrita, o alumnado deberá producir textos de diferente tipoloxía e rexistro. A proba de expresión e interacción oral constará das tarefas necesarias para avaliar tanto o logro da comunicación proposta como a corrección e adecuación fonética e lingüística no uso da lingua, e comprenderá cando menos monólogo sostido e interacción con outros aspirantes. Puntuación A puntuación total da proba terminal será de 100 puntos. Cada unha das catro partes nas que se estrutura a proba terá un valor de 25 puntos. A cualificación da expresión e interacción escrita e da expresión e interacción oral será realizada por, polo menos, dous membros do departamento correspondente. A cualificación será positiva cando se acaden, polo menos, 15 puntos en cada unha das destrezas. A cualificación outorgada ao alumnado será de apto, non apto ou non presentado, segundo corresponda. 7. CRITERIOS DE PROMOCIÓN E CUALIFICACIÓN Toda a información relativa ás probas terminais específicas de certificación (baremos, porcentaxes, criterios de corrección, etc.) quedará recollido no documento de especificacións das probas correspondentes ao curso 2017-2018, que será remitido dende a Consellería ás EEOOII. De non obter a cualificación de apto en todas as destrezas na convocatoria extraordinaria, o alumnado oficial deberá repetir curso e ser avaliado de novo de todas as destrezas. O alumnado oficial presencial poderá permanecer en cada un dos niveis o dobre de anos establecidos para cada un deles pola lexislación vixente. Logo de esgotadas as convocatorias, o alumnado non poderá cursar as ensinanzas na modalidade presencial,

pero poderá inscribirse na modalidade a distancia ou realizar as probas terminais de certificación polo réxime libre. O alumnado poderá solicitar ao centro a renuncia de matrícula ata o 30 de abril. A mencionada renuncia constará no expediente académico e nas actas de avaliación do alumnado mediante a oportuna dilixencia. Esta renuncia non computará para os efectos de permanencia no curso e nivel correspondente. O alumnado que renuncie á matrícula e desexe, con posterioridade, continuar os seus estudos nas escolas oficiais de idiomas, deberá someterse de novo ao proceso de admisión.

8. CERTIFICACIÓN O obxectivo da avaliación para a certificación é medir o grao de competencia comunicativa do alumnado na utilización do idioma, tanto nas destrezas de comprensión como nas de expresión. As probas, que se elaborarán e se desenvolverán nas condicións que determine a Administración, terán como referencia a descrición do nivel, os obxectivos xerais e específicos por destrezas e os criterios de avaliación. Estas probas deberán buscar a validación co nivel C1 do MECR.