ARABESCOS, MOSAICOS E TAPICES GALEGOS

Similar documents
COMO XOGAR A KAHOOT Se vas xogar por primeira vez, recomendámosche que leas este documento QUE É KAHOOT?

GUÍA DE MIGRACIÓN DE CURSOS PARA PLATEGA2. Realización da copia de seguridade e restauración.

Acceso web ó correo Exchange (OWA)

Síntesis da programación didáctica

R/Ponzos s/n Ferrol A Coruña Telf Fax

O SOFTWARE LIBRE NAS ENTIDADES DE GALIZA

Silencio! Estase a calcular

Narrador e Narradora Narrador Narradora Narrador

Name: Surname: Presto= very fast Allegro= fast Andante= at a walking pace Adagio= slow Largo= very slow

a r t i g o s NOVAS PAVIMENTACIÓNS: A COR POR DISTANCIA, RECURSIVAS Manuel Díaz Regueiro Centro de Formación e Recursos de Lugo

Problema 1. A neta de Lola

Bridges 2008, Bridges Leeuwarden ou Bridges de Escher

Se (If) Rudyard Kipling. Tradución de Miguel Anxo Mouriño

Carlos Cabana Lesson Transcript - Part 11

MUDE SEU FUTURO ATRAVES DAS ABERTURAS TEMPORAIS (PORTUGUESE EDITION) BY L Y JP GARNIER MALET

Modelos matemáticos e substitución lingüística

DESFOCADOS. a distração programada da internet em N. Carr. Joana Rocha. Congresso de Cibercultura Universidade do Minho

2012 Molly Martin, MD. All rights reserved. docmolly.com

ÁREAS E TRIÁNGULOS: CREANDO TEOREMAS

Paper Reference. Paper Reference(s) 4440/01 London Examinations IGCSE Spanish Paper 1: Listening

How about see with the others in a globalized and intercultural era

Trece sobres azules (Maeva Young) (Spanish Edition)

a) Japanese/English (difficult)... b) The weather in Africa/ the weather in the Antarctic (cold)... c) A car/ a bike (fast)

Vigil at Goldfish Pond Lynn MA June 19, 2016 Poem by Rosemie Leyre. I grieve We grieve

Obradoiro sobre exelearning. Pilar Anta.

Índice. Introdución Análise do Banquete Diotima e o seu discurso Posible alusión anacrónica á intervención de Aristófanes 21

Teaching English through music: A report of a practicum based on musical genres

Nº 3. Pessoa Plural. Onésimo Almeida, Paulo de Medeiros & Jerónimo Pizarro (Ed.) Versão integral disponível em digitalis.uc.pt

Blink: SIP conferencing done right Saúl Ibarra Corretgé AG Projects

A CULTURA CIENTÍFICA. ESTRATEXIAS DE COMUNICACIÓN E DE INTEGRACIÓN

the creation of the autonomous regions and the enactment of the Gali the status of the official language of the region and began to be taught in

DÍA DA CIENCIA EN GALEGO CEIP DE CERVO 2014/15 PUCA QUERE SABER SOBRE

ÁMBITO DE COMUNICACIÓN Lengua extranjera: Inglés

PARTE I. VIVALDI: Concierto en MI M. op. 3 n.12

Home-School Connection

Projections of time in Cara Inversa (Inverse Face) Laura López Fernández Univ. of Waikato NZ

Feng Shui Para La Casa (Spanish Feng Shui Series) (Spanish Edition) By Richard Webster

ESTUDOS OBSERVACIONAIS

Áreas. As inesperadas relacións culturais das matemáticas da optimización. Resumo. Manuel Díaz Regueiro Centro de Formación e Recursos de Lugo

2ª ETAPA. x x G A B A R I T O 1. Matemática

Polinomios. Obxectivos. Antes de empezar

CREACIÓN DE PÓSTERS CON GLOGSTER. Miguel Mourón Regueira

DOWNLOAD OR READ : KARALS NAMEITIS POEMA PDF EBOOK EPUB MOBI

Dalí Arte Dalí Ciencia Dalí Soño Dalí Realidade Dalí PRESENTACIÓN A EXPOSICIÓN

Disciplinas espirituales para la vida cristiana (Spanish Edition)

COMO INTERPRETAR O CONVENIO EUROPEO DA PAISAXE

Medicina Energetica (Spanish Edition) By James L. Oschman

O PROBLEMA DO COÑECEMENTO

Roland Barthes dicía que "necesidade" é unha palabra de uso común, daquelas ás que se solicita e das que se obtén todo o que se quere.

PONTES E FONTES. TRAENDO XEOMETRÍA Á VIDA E VIDA Á XEOMETRÍA

Bibliografía. nos cinco formas en que puede ser sostenido: la tesis sincrética, el cuasicontextualismo,

EL SHOCK SENTIMENTAL. COMO SUPERARLO Y RECUPERAR LA CAPACIDAD DE AMAR (SPANISH EDITION) BY STEPHEN GULLO /CONNIE CHURCH

EL SHOCK SENTIMENTAL. COMO SUPERARLO Y RECUPERAR LA CAPACIDAD DE AMAR (SPANISH EDITION) BY STEPHEN GULLO /CONNIE CHURCH

Competencias docentes do profesorado universitario. Calidade e desenvolvemento profesional

SOCIEDADES MULTICULTURAIS, INTERCULTURA- LIDADE E EDUCACIÓN INTEGRAL. A RESPOSTA DENDE A EDUCACIÓN PERSONALIZADA

Evaluación final 4.º ESO CUADERNILLO. Competencia lingüística en inglés LA INFORMACIÓN DE ESTE RECUADRO DEBE SER CUMPLIMENTADA POR EL CENTRO

School Year nd Partial 2nd Term. Click on Google Chrome and open CODE.ORG. Identify the left and the right to catch the character

Indagacións sobre a produción do real: obxectos, procesos e relacións

Estudos sobre. lingüístico no galego actual

Facultade de Fisioterapia

A discapacidade en imaxe

Metodoloxía copyleft en educación

Probas de validación de Críticos de Arte Artificiais.

Quema Mis Versos/ Burn My Poems (Spanish Edition) By Teodoro Cesarman

Copyright TeachMe.com 72db6 1

ELABORACIÓN DUN TEST PARA ESTIMA-LO TAMAÑO DO VOCABULARIO COÑECIDO EN LINGUA GALEGA

Non o entendo... Na casa funcionaba!. Formatos de ficheiro adecuados para cada situación.

O dilema dos prisioneros: valor dos paradoxos na clase de matemáticas

La Oración: Verdadero refugio del alma (Spanish Edition)

Lección inaugural curso académico 2010_2011 A Coruña, 20 de setembro de 2010

Liberacion Sobrenatural: Libertad para tu Alma, Mente y Emociones (Supernatural Deliverance: Freedom for Your Soul Mind And Emotions Spanish Edition)

ARTE E XEOMETRÍA OS TEXTOS DE ENSINANZA

Welcome to Greenman and the Magic forest

A LINGUAXE E AS LINGUAS RAMÓN PIÑEIRO REVISITADO ÓS 30 ANOS DO SEU INGRESO NA REAL ACADEMIA GALEGA

Gödel, Escher, Bach By Hofstadter Second semester

PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA CURSO DEPARTAMENTO DE INGLÉS

Organización de Empresas (Spanish Edition)

Compare Fractions with the Same Numerator. Since the numerators are the same, look at the denominators, 8 and 6.

Lingua e Docencia Universitaria V Xornadas sobre Lingua e Usos

1. That s a table. 2. This is my pen. 3. These are books. 4. Those are tables. 5. That s a light. 6. This is a light. 7. These are your books.

Fondo de Acción Social. Manual do Usuario de presentación de solicitudes do FAS

Manual de supervivencia de la pareja moderna (Spanish Edition)

IN THE FOOTSTEPS OF DON QUIJOTE

CADERNO Nº 9 NOME: DATA: / / Funcións e gráficas. Recoñecer se unha relación entre dúas variables é función ou non.

BOLETÍN GALEGO DE LITERATURA, nº 50 / 1º SEMESTRE (2017): pp / ISSN Margarita Estévez-Saá

Rompetechos. Es La Vista La Que Trabaja (Spanish Edition) By Francisco Ibáñez

27 Técnicas de persuasión: Estrategias para convencer y ganar aliados (Spanish Edition)

Reflexións sobre a situación sociolingüística galega dende o paradigma da complexidade

BTV # 02: Comentario de la Epístola de Santiago (Biblioteca Teologica Vida) (Spanish Edition)

INSTRUCTIONS FOR THE PUBLICATION OF MANUSCRIPTS

TEMA 1 ANALISE Y DESCRIPCIÓN ANATOMICA DE OBXETOS TECNICOS

O INGLÉS EN INFANTIL: UNHA PORTA AO PLURILINGÜISMO

As pinturas non din non 1. Sol Worth

2.1. O PROXECTO LINGÜÍSTICO DE CENTRO

N.Y. Rock H ai un par de anos, a cidade

MEDIACIÓN E RESOLUCIÓN DE CONFLICTOS. Bernández Peña, Rosana Bouzo González, Sonia

VIGOSÓNICO V C O N C U R S O V I D E O C L I P S Calquera proposta estética para o vídeo: cine, animación, cor, branco e negro,...

Free cd bruno e marrone acustico. Free cd bruno e marrone acustico.zip

MINISTERIO DE EDUCACIÓN Y CIENCIA

A TRANSICIÓN DA UNIVERSIDADE Ó TRABALLO: UNHA APROXIMACIÓN EMPÍRICA

Transcription:

maqueta actas congreso 1-160 20/6/06 13:54 Página 42 ARABESCOS, MOSAICOS E TAPICES GALEGOS IES Xoán Montes Manuel Díaz Regueiro RESUMO Dicía Hardy que Beauty is the first test, there is no permanent place in the world for ugly mathemathics e Paul Dirac God uses beatiful mathemathics in creating the world. Birhkoff definía a fórmula matemática da beleza. Parece, pois, que algo en matemáticas funciona se ten beleza, as teorías do todo na física baséanse na súa beleza (e case exclusivamente nisto). Este é o camiño occidental da beleza. O oriental, desde os vedas, é calcular as fórmulas para xerar beleza, desde o cadrado védico, ao número de ouro e á proporción area, ata as regras de xeración de mosaicos e arabescos árabes. Estes buscaron con verdadeiro afán a pedra filosofal das regras xeométricas de xeración de deseños xeométricos de gran beleza. Dunha maneira sorprendente e afortunada atopei unha fórmula que ao estilo védico permite xerar miles de patróns fermosos e distintos. Dalgunha maneira reforzando a postura ou visión platónica das matemáticas e o pi in the sky de Carl Sagan e John Barrow hai maneiras matemáticas de xerar con máis probabilidade figuras esteticamente perfectas que obtusas e feas. A eses tipos de patróns fermosos e en número que só permite numeralos, os denominamos Arabescos, mosaicos e tapices galegos. Cada un deles ten propiedades asombrosas. Este é o 34: ABSTRACT- ARABESQUES, MOSAICS AND GALICIAN TAPESTRIES Hardy said that Beauty is the first test, there is no permanent place in the world for ugly mathematics and Paul Dirac God uses beautiful mathematics in creating the world. Birhkoff defined the mathematical formula for beauty It seems that in mathematics something works if it is beautiful, the theories of the whole in physics are based (almost exclusively) on its beauty. This is the western - 42 -

maqueta actas congreso 1-160 20/6/06 13:54 Página 43 way to beauty. The eastern way, since the Vedas, is to calculate formulas to create beauty, from the Vedic square to the golden number and golden proportion, to the rules for mosaic creation and Arab arabesques. They searched hard for the philosopher s stone of the geometrical rules for creating geometrical patterns of great beauty. Luckily and surprisingly I found a formula which, in a Vedic way, lets us create thousands of varied and beautiful patterns. Reinforcing somehow the Platonic vision of mathematics and the Pi in the sky by Carl Sagan and John Barrow, there are mathematical ways to create figures which are more likely to be aesthetically perfect rather than obtuse and unattractive. These attractive patterns, in a number which can only be numbered, are called Arabesques, mosaics, and Galician tapestries. Each one has amazing properties. Os ritos e os símbolos son os que fan que o home se poida achegar adecuadamente aos deuses (Jámblico de Calcídica) Desde os primeiros debuxos dos homes das cavernas ata os logos das modernas corporacións, os símbolos gráficos usáronse para comunicar significados sensibles e/ou abstractos. Forman ademais o transfondo cultural de moitas crenzas e a raíz de moitas culturas. Así poderiamos falar dos mosaicos e arabescos árabes, da xeometría sagrada, pero incluso son o resumo dunha cultura. Quen non recoñecería estes símbolos como símbolos de Galicia? Estes do castro de Santa Tegra, pero que tamén aparece no castro de Armeá, e na estela funeraria de Mazarelas-Oza dos Ríos, se ben tamén é posible atopalos en media Europa. Ou os da páxina seguinte, con espirais que, en pedra, o temos no castro de San Cibrao das Lás ou en Baltar. As espirais (só fai falla lembrar o símbolo de AGAPEMA) cunha profunda carga simbólica que soían representarse soas ou formando grupos, como o trisquel da figura, consistente en tres espirais unidas que aludía ás tres naturezas da alma humana (ou aos tres elementos sagrados: terra, mar e ceo). - 43 -

maqueta actas congreso 1-160 20/6/06 13:54 Página 44 Ou o labirinto que pertencente a varias culturas, espalladas no espazo ou no tempo, xace desde hai miles de anos nas pedras de Mogor ou de Vilar de Armenteira en Meis. Os vedas Tras moitas pesquisas tras as fontes, a bibliografía mais antiga e máis completa que puiden determinar sobre o cadrado védico é a de Albarn (1974). Nela define ese cadrado e como usalo na busca de patróns fermosos. Teño que dicir que, inmediatamente fixen un programa que o reproducía e que mostrarei- pero que é pouco satisfactorio e pouco probable que ese cadrado sexa a idea de orixe dos deseños árabes. De feito, nalgunha outra bibliografía posterior úsase esa pretensión de orixe, pero sen explicación algunha, a modo de lenda histórica. Pero o cadrado védico si mantén a vixencia de fonte algorítmica e en parte aleatoria- da beleza. Unha regra mediante a cal non se conseguen todos os mosaicos árabes, pero os que se conseguen son fermosos. Unha especie de método de Montecarlo da beleza. Nese contexto, o cadrado védico é un claro precedente dos mosaicos galegos. Outro precedente da visión numérica védica e artística destes mosaicos tamén o son os espirolaterais, inventados por Frank C. Odds, un bioquímico británico que escribiu a primeira descrición dos spirolaterals. Difundidos logo por Martín Gardner en Rosquillas anudadas y otras amenidades matemáticas. En Internet, a persoa que máis escribiu sobre eles e dunha forma orientada á arte é Robert J. Krawczyk. De feito co seu punto de vista estes espirolaterais conectan e son un precedente dos mosaicos galegos. Aínda que un precedente menor posto que os desenvolvementos nos que están baseados os mosaicos galegos son moito máis potentes computacionalmente. E son fractais en dúas dimensións, cousa que non son os espirolaterais. No que si coincide é na beleza das figuras obtidas cunhas regras moi sinxelas, incluso excesivamente sinxelas. A seguinte visión dos espirolaterais (sen nomealos e relacionándoos co cadrado védico e a arte islámica) aparece no seguinte artigo de Bunyard (1998) no que ademáis describe, de forma resumida, as motivacións da arte islámica: - 44 -

maqueta actas congreso 1-160 20/6/06 13:54 Página 45 Centrándonos na forma de visión xeométrica da arte musulmana: Aínda que é altamente abstracta, pode verse como unha maneira de expresar moitos aspectos básicos e distintivos da visión relixiosa musulmana. Os intérpretes difiren en como eles entenden os patróns pero algunhas das ideas seguintes son vistas como centrais: -Os patróns expresan o infinito e a natureza ilimitada do Divino. Revelan a natureza finita da visión humana porque non podemos completar o patrón infinito. -Expresan en forma abstracta o deseño e a orde dun universo creado polo desexo de Deus. -A complexidade e a sutileza dos deseños suxire niveis e profundidades no coñecemento e entendemento do Divino. -A complexidade e diversidade dos patróns pode ser visto balanceado coa unidade subxacente que debuxa calquera aparente confusión nun pacífico estado de harmonía, expresando a idea central musulmana de que a pacificación e a harmonía na vida humana nacen do recoñecemento e submisión ao verdadeiro centro do universo: Deus. Todas esas ideas, e outras son distintivamente musulmanas e os patróns dos deseños xeométricos reflexan e revelan eses aspectos centrais da visión islámica. Poñemos estas reflexións sobre a visión islámica da arte sagrada porque ilustran a perplexidade ante unha colección de obras informáticas as que presento- que parecen deseñadas con esa mesma intencionalidade. Os símbolos son matemáticas Os mellores traballos dos matemáticos son arte, unha arte moi perfeccionada, desafiando os soños máis secretos da imaxinación, claros e límpidos. O xenio matemático e o xenio artístico tócanse un ao outro. Magnus Gösta Mittag-Leffler (1846-1927) ou Une théorie est bonne lorsqu elle est belle de Henri Poincaré Unha maneira de soster a visión platónica das matemáticas é admitir que a realidade matemática existe, a abstracción da realidade existe e é independente dela. Ademais, e é unha variante persoal, que esa realidade é curta, breve e intelixente. Como a navalla de Occam ou o libro das demostracións de Paul Erdös non necesita centos de miles de volumes para expresarse. A intelixencia do reino das sombras platónico, do reino das ideas, é que estas se enlacen brevemente, sempre polo camiño máis curto, ao igual que a luz segue o principio de Fermat, non a través de complicados recunchos. Carl Sagan, na súa novela Contacto, que non na película, fala de que a mensaxe extraterrestre que recibe lles di que a verdadeira mensaxe está en Pi. Empezan a descifrar miles de millóns de cifras de Pi e ven que describen, de forma codificada, os planos dun aparato para viaxar pola galaxia, que constrúen... A idea asombrosa, (pero que tamén está nun conto de Stanislaw Lem, no que Deus se divirte creando diferentes Universos), segundo a cal Deus (ou os creadores do Universo, aos mesmos efectos, deuses) xoga a divertirse deixando mensaxes na mesma esencia do - 45 -

maqueta actas congreso 1-160 20/6/06 13:54 Página 46 Universo, nos fundamentos, en Pi. No fondo esperando a que se descubra por un dos seres de reducida intelixencia que van espertando pola evolución. Case os vemos no seu mirador facendo apostas de en que tempo humano se vai a realizar o descubrimento final. Barrow (1993) trata tamén este tema da filosofía das matemáticas, e entre elas do platonismo: está pi no ceo? Sexa cal sexa a resposta parece que o simbolismo matemático é o preciso para entender o universo, o homo sapiens é por natureza simbólico e esta é a única chave que temos para abrir a mensaxe do Universo. Pero a pregunta que nos podemos facer é se temos algunha pista mediante a cal poidamos apostar máis por unha ou outra filosofía das matemáticas. Asino a idea de que, o traballo que se presenta apunta a reforzar que, estando na dirección correcta, as imaxes que xeramos son moitísimo máis belas que as outras, como se houbese un camiño real que guiase ao mundo de sombras e de formas platónico. Os mosaicos, tapices e arabescos galegos Na comunicación irán desfilando centos de imaxes de mosaicos galegos, derivados xenéticos dun único fractal. A orixe precisa a conta Ben (2006) en GAMMA. A realización detallada non é posible contala nun artigo e comunicación tan breve polo que seguirá a ser un enigma envolto nun misterio. Espero que o deleite da contemplación da obra sexa suficiente. Conectan perfectamente cos símbolos galegos, anteriormente reseñados, de aí o seu nome. Un deles ilustra a portada de GAMMA 6. O que compre subliñar aquí é que a maioría das obras ao observalas presentan ou, mellor, parecen presentar, unha certa intencionalidade. Parece que o autor quere expresar algunha cousa especial ao facer o deseño a través de filigranas e de finos detalles. O sorprendente, xa que logo, é saber que non hai tal, que son obras parametrizadas e feitas por ordenador. É dicir, a intencionalidade que se apreza é intrínseca a estas obras por como están feitas ou formuladas? Deus xeometriza, que diría Kepler? Pero hai outras características máis que ilustran a súa singularidade: unha delas é a facilidade para, seguindo o programa, chegar a conseguir novas e exóticas imaxes de mosaicos galegos. A beleza e as matemáticas Hai moita bibliografía sobre a beleza e as matemáticas, non obstante quedarémonos unicamente co que dicía Miguel de Guzmán que A tarefa fundamental e xeral da comunidade matemática consiste en contribuír de modo efectivo ao desenvolvemento integral da cultura humana. Espero ter contribuído dalgunha maneira a esa cultura con estas ideas e imaxes. Dos meus artigos, este é no que máis bibliografía manexei. Polo que a que poño aquí o é a modo de exemplo. Supoño que pode servir ao lector interesado a seguir a pista. - 46 -

maqueta actas congreso 1-160 20/6/06 13:54 Página 47 Bibliografía Alsina, Claudi; Pérez, Rafael; Ruiz, Ceferino (1989): Simetría Dinámica. Ed. Síntesis, Madrid. Albarn, K.;Smith, J.; Steel, S.;Walker, D. (1974) The language of pattern. Thames and Hudson. London Aranda Ballesteros, F. Damián y de la Fuente Martos, Miguel (2001), Matemáticas. Naturaleza y Arte, Consejería de Educación y Ciencia de la Junta de Andalucía. Barrow, J. D. (1993) Pi in the sky : counting, thinking, and being. 1992, Oxford New York: Clarendon Press ; Oxford University Press en Español Trama Oculta del Universo, Contar, pensar y existir. Editorial Crítica Barrow, John (2004) TEORIAS DEL TODO. Hacia una explicación fundamental del Universo. Biblioteca de Bolsillo Becker, K. H., et al (1989) Dynamical Systems and Fractals: Computer Graphics Experiments with Pascal. CUP. Ben González, Inés (2006) Pasatempos. GAMMA 6. Bourgoin, J-(1974) Arabic Geometrical Pattern and Design. Dover. Bunyard, Derek; Brine, Alan (1988). Islamic Art: vedic square. En Micromath da ATM Critchlow, Keith (1976) Islamic Patterns: An Analytical and Cosmological Approach. Thames & Hudson. El-Said, Issam Islamic Art and Architecture: System of Geometric Design Tarek El-Bouri (Editor) El-Said, Issam (1976) Geometric Concepts in Islamic Art. Scorpion Cavendish. Field, Robert (1998) Geometric Patterns: From Islamic Art & Architecture. Tarquin Publications Gardner, Martín (1987) Rosquillas anudadas y otras amenidades matemáticas. Editorial Labor. Gary Flake, William (2000) The Computational Beauty of Nature: Computer Explorations of Fractals, Chaos, Complex Systems and Adaptation. The MIT press. GRUPO CERO ( VALENCIA) (1996) Matemáticas: materiales curriculares para la Educación Matemática. MEC : Edelvives. Zaragoza Huntley, H. E.,(1970) The divine proportion. A study in mathematical beauty. Dover. Kappraff, J. (1990) Connections: the Geometric Bridge Between Art and Science. Krawczyk, Robert J. The art of spirolaterals e outros moitos artigos en internet. Lundy, Miranda(2004). Geometría sagrada. Oniro. Barcelona. Mora, J.A. y Rodrigo, J. (1993). Mosaicos I. Col. 2 Puntos, Granada: Proyecto Sur. Mora, J.A. y Rodrigo, J. (1993). Mosaicos II. Col. 2 Puntos, Granada: Proyecto Sur. Mora, J.A. y Rodrigo, J. (1993). Mosaicos Actividades. Col. 2 Puntos, Granada: Proyecto Sur. - 47 -

maqueta actas congreso 1-160 20/6/06 13:54 Página 48 Prusinkiewicz, P.; Lindenmayer, A. (1998) The Algorithmic Beauty of Plants. Springer- Verlag, New York. Recio, Tomás. (1998 ) Cálculo simbólico y Geométrico. Síntesis. Revista Epsilon: La Alhambra.(1995) Número monográfico. 2.ª edición. SAEM Thales, Granada. Sagan, Carl. (1989) Contacto. Plaza & Janés Steeb, Willi-Hans (2003) The Nonlinear Workbook: Chaos, Fractals, Cellular Automata, Neural Networks, Genetic Algorithms, Gene Expression Programming, Wavelets, with Fuzzy Logic. World Scientific Publishing. Estes son o 850 e o número 62 Estes son o 1010 e o número 1011-48 -