PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA CURSO DEPARTAMENTO DE INGLÉS

Similar documents
PROGRAMACIÓN CURSO DEPARTAMENTO : INGLÉS. IES Ramón Menéndez Pidal

Índice. EOI de Ferrol: Programación didáctica departamento de Inglés Curso 2017/2018 2

Síntesis da programación didáctica

PRESENTACIÓN MATERIA MATERIA INGLÉS CURSO 4º ESO CURSO ACADÉMICO PROFESOR Mª CRUZ MASEDA FRANCOS

GUÍA DE MIGRACIÓN DE CURSOS PARA PLATEGA2. Realización da copia de seguridade e restauración.

COMO XOGAR A KAHOOT Se vas xogar por primeira vez, recomendámosche que leas este documento QUE É KAHOOT?

Acceso web ó correo Exchange (OWA)

SECUENCIACIÓN DIDÁCTICA: ÁMBITO DA COMUNICACIÓN MÓDULO 3 y 4 (ESA) 2017/2018

DEPARTAMENTO DE INGLÉS PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA 3º ESO - LINGUA INGLESA - 1º IDIOMA CURSO 2018 / 2019 IES DAVID BUJÁN

PRESENTACIÓN MATERIA MATERIA INGLÉS CURSO 2º BAC CURSO ACADÉMICO PROFESOR Mª CRUZ MASEDA FRANCOS

PROGRAMACIÓN CURSO DEPARTAMENTO : INGLÉS. IES Ramón Menéndez Pidal

DEPARTAMENTO DE INGLÉS PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA

PRESENTACIÓN MATERIA MATERIA INGLÉS CURSO 1º BAC CURSO ACADÉMICO PROFESORA Mª CRUZ MASEDA FRANCOS

DEPARTAMENTO DE INGLÉS PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA 2º ESO - LINGUA INGLESA - 1º IDIOMA CURSO 2018 / 2019 IES DAVID BUJÁN

2º ESO. Obxectivos xerais do curso. Contidos (unidades didácticas) temporalizados por avaliacións

PRESENTACIÓN DA MATERIA/MÓDULO

PRESENTACIÓN MATERIA MATERIA INGLÉS CURSO 4º ESO CURSO ACADÉMICO PROFESOR FRANCISCO JOSÉ PÉREZ SAAVEDRA

Silencio! Estase a calcular

Programación do Departamento de Inglés da EOI de Lugo Curso

R/Ponzos s/n Ferrol A Coruña Telf Fax

DEPARTAMENTO DE INGLÉS PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA 2º BACH - LINGUA INGLESA - 1º IDIOMA CURSO 2018 / 2019 IES DAVID BUJÁN

CURSO PROGRAMACIÓN DE 2º ESO

O SOFTWARE LIBRE NAS ENTIDADES DE GALIZA

PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DEPARTAMENTO DE INGLES

PRESENTACIÓN MATERIA MATERIA LINGUA INGLESA CURSO 1º ESO B CURSO ACADÉMICO PROFESOR Mª MONTSERRAT VILLAPÚN CASTRO

Programación. Didáctica. Departamento de Inglés

1º ESO CARMEN QUINTANA, ELBA NIEVES, MARGARITA ALFONSO

DEPARTAMENTO DE INGLÉS PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA

PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DEPARTAMENTO DE INGLÉS. Curso

PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA Área de Lingua Inglesa 5º Educación Primaria

PRESENTACIÓN MATERIA MATERIA LINGUA INGLESA CURSO 1º ESO A CURSO ACADÉMICO PROFESOR Mª MONTSERRAT VILLAPÚN CASTRO

PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA CURSO DEPARTAMENTO DE XAPONÉS

I.E.S. ORTIGUEIRA ÁREA DE LINGUAS ESTRANXEIRAS

PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA ÁREA DE INGLÉS

PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DEPARTAMENTO DE LINGUA GALEGA E LITERATURA CURSO

PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA. Área de Lingua Inglesa. 4º Educación Primaria

3º ESO ESTHER VÁZQUEZ, ELBA NIEVES. Editorial BURLINGTON AutorMARKS/DARBY. Contidos (unidades didácticas) temporalizados por avaliacións

Ámbito da comunicación: lingua inglesa

NOME DO CENTRO: IES CANIDO CURSO ESCOLAR: 2016/2017 INGLÉS 1º ESO

C.E.I.P. PRÁCTICAS de Ourense Programacións didácticas

Obradoiro sobre exelearning. Pilar Anta.

DEPARTAMENTO DE INGLÉS PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA

Programación 3º de EP LINGUA INGLESA

PROGRAMACIÓN DE INGLÉS CURSO º ESO

PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DA MATERIA DE

PROGRAMACION LINGUA INGLESA SEXTO CURSO 1- OBXECTIVOS 1.1- XERAIS 1.2-ESPECIFICOS

Rede CeMIT Cursos Gratuítos de Alfabetización Dixital NOVEMBRO Aula CeMIT de Cuntis

PROGRAMACIÓN ÁREA DE INGLÉS 2º CICLO DE EDUCACIÓN INFANTIL CEIP DE AGOLADA

DEPARTAMENTO DE INGLÉS PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA

Discurso literario e sociedade nos países de fala inglesa

Alumna/o...Curso... 1) Para recuperar a materia pendente deberás seguir o plan de traballo que se especifica de seguido:

PROGRAMACIÓN DEPARTAMENTO DE INGLÉS -ESO -BACHARELATO -CICLOS -FORMACIÓN PROFESIONAL BÁSICA -ADULTOS

DEPARTAMENTO DE INGLÉS PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA

LINGUA INGLESA CURSO

Narrador e Narradora Narrador Narradora Narrador

marcoeuropeocomún de referencia para as linguas: aprendizaxe, ensino, avaliación

PROGRAMACIÓN DO CUARTO CURSO DAS ENSINANZAS DO TÍTULO SUPERIOR DE MÚSICA NA ESPECIALIDADE DE INTERPRETACIÓN NO ITINERARIO DE CLARINETE.

PROGRAMA FORMATIVO DA ESPECIALIDADE FORMATIVA TÉCNICAS DE MARKETING ON LINE, BUSCADORES, SOCIAL MEDIA E MÓBIL COMM049PO

PROPOSTA PEDAGÓXICA PROCESO DE FAMILIARIZACIÓN Á ESCOLA INFANTIL

Facultade de Fisioterapia

2.1. O PROXECTO LINGÜÍSTICO DE CENTRO

T1, T3, (T5)*, T8, T11, T13 *solo grupos bilingüe X1, X3, X8, X10, X13, X18, X22, X23, X24 EI6, EI7

Grao en Química. 2 0 Curso QUIMICA INORGÁNICA III. Guía Docente

CREATIVIDADE DA COMUNICACIÓN CULTURAL

Área de Inglés Curso escolar

Grao en Química. 2 0 Curso QUIMICA INORGÁNICA III. Guía Docente

Fonética e fonoloxía da língua galega

Conservatorio Profesional de Música de Vigo. Programación de Percusión

PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA INGLÉS

Procedimientos Auditivos e Instrumentais DEPARTAMENTO COORDINADOR/A DA DISCIPLINA. CURSOS 1º curso 2º curso 3º curso 4º curso.

Conservatorio Profesional de Música de Vigo. Programación OPTATIVA DE MÚSICA MODERNA (historia do rock&roll)

Programación Percusión

MINISTERIO DE EDUCACIÓN Y CIENCIA

Informe do estudo de CLIMA LABORAL do Sergas

DSpace da Universidade de Santiago de Compostela

QUINTO CURSO EDUCACIÓN PRIMARIA OBRIGATORIA

Concello de Baralla DENOMINACIÓN DA PRAZA/POSTO/EMPREGO: PERSOAL DE APOIO NO PAI. Concello de Baralla

Xogos e obradoiros sobre o cambio climático que Climántica desenvolve en centros educativos

Proxecto Curricular. I.E.S. Sanxillao. Proxecto Curricular IES SANXILLAO

PARTE I. VIVALDI: Concierto en MI M. op. 3 n.12

Anexo IV: Xestionar o currículum da etapa:

ÁMBITO DE COMUNICACIÓN Lengua extranjera: Inglés

EDUCACIÓN INFANTIL PROGRAMACIÓN DE CICLO CENTRO: CEIP Mª PITA CURSO: Páxina 1

Fondo de Acción Social. Manual do Usuario de presentación de solicitudes do FAS

GUÍA PARA PERSOAS CANDIDATAS PROBAS DE CERTIFICACIÓN DE NIVEL BÁSICO (A2) ESCOLAS OFICIAIS DE IDIOMAS GALICIA

Teaching English through music: A report of a practicum based on musical genres

Manual de usuario EBIBLIO GALICIA. Xunta de Galicia

GUÍA DOCENTE E MATERIAL DIDÁCTICO

Conservatorio Profesional de Música de Vigo. Programación de Viola

PROGRAMACIÓN DA MATERIA DE PEDAGOXÍA E DIDÁCTICA INSTRUMENTAL

BILINGÜISMO, DESENVOLVEMENTO E APRENDIZAXE ESCOLAR: UNHA PROPOSTA DE INTERVENCIÓN NA ESCOLA

A tradución audiovisual como recurso didáctico no proceso de ensinanza-aprendizaxe de linguas

Conservatorio Profesional de Música de Vigo. Programación de Contrabaixo

PROGRAMACIÓN OFICIAL LOE CONXUNTO PIANO CURSO 2017/18 GRAO PROFESIONAL (segundo os Decretos 198/2007 e 203/2007

Introdución Requisitos técnicos para acceder ao curso O CMLA en liña Navegación polos contidos do curso...

EDUCACIÓN DIXITAL INNOVADORA

Competencias docentes do profesorado universitario. Calidade e desenvolvemento profesional

MEMORIA DE AVALIACIÓN DA CALIDADE: INFORME DE RESULTADOS PROGRAMACIÓN: ACCIÓNS FORMATIVAS DIRIXIDAS PRIORITARIAMENTE ÁS PERSOAS TRABALLADORAS

4º curso. DOCENTES: NOME E APELIDOS /TEL/WEB TITORÍA Luis Miguel Sobrevela Romaguera Martes 17:30 a 18:30

STUDY GUIDE 8th Grade March - April 2019 Room Teacher: Mr. Elías Lozano TOPIC THEME PURPOSE RESOURCES. Find the slope using the slope formula.

Transcription:

PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA CURSO 2017-2018 DEPARTAMENTO DE INGLÉS NIVEL INTERMEDIO (B1 do MCERL 1 ) CURSO INTERMEDIO 2 Información para o alumnado 1 MCERL Marco común europeo de referencia para as linguas

ÍNDICE 1. Definición do nivel intermedio 3 1.1 Obxectivos xerais 3 1.1. 1 oral 3 1.1.2. escrita 3 1.1.3 Expresión e interacción oral 3 1.1.4 Expresión e interacción escrita 4 2. Intermedio 2 4 2.1. Obxectivos específicos 4 2.1.1. oral 4 2.1.2 escrita 4 2.1.3 Expresión e interacción oral 4 2.1.4 Expresión e interacción escrita 5 2.2. Contidos 6 2.3 Libros de texto e materiais didácticos 16 2.4 Avaliación (Ver documento Avaliación na web)...16 2

1. Definición do nivel intermedio PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA De acordo co RD 1629/2006 e a Lei orgánica de educación de 2006, o programa para Intermedio 1 ten como referencia o nivel B1 do Marco Común Europeo de Referencia (MCER). Este nivel é definido no Marco Europeo e especifica que cando o alumno accede a B1 xa ten conseguido o nivel A2 (Usuario Básico). As Escolas Oficiais de Idiomas en Galicia dividiron o nivel B1 tal como se define no Marco Europeo en dous niveis: Intermedio 1 e intermedio 2. O MCER describe o B1 como segue: É capaz de entender os puntos principais dunha información clara de rexistro estándar en temas cotiáns que se encontran normalmente no traballo, na escola, en situacións de ocio, etc. É capaz de defenderse na maioría de situacións que poden xurdir cando se viaxa por unha zona onde se fala o idioma obxecto de estudo. É capaz de producir textos sinxelos unidos por conectores sobre temas cotiáns ou de interese persoal. É capaz de describir experiencias e sucesos, soños, esperanzas e ambicións e de dar breves razóns e explicacións referentes a opinións e plans. Por outra parte, a lexislación galega (DOG 191/2007 do 20 de setembro) declara que este nivel supón utilizar o idioma con certa seguridade e flexibilidade, receptiva e produtivamente, tanto na forma falada como na escrita, nunha variedade de situacións que requiran comprender e producir textos en lingua estándar, con estruturas habituais e un repertorio léxico de uso frecuente, e que versen sobre temas xerais, cotiáns ou polos que se ten un interese persoal. 1.1 Obxectivos xerais 1.1. 1 oral Comprender o sentido xeral, a información esencial, os puntos principais e os detalles máis relevantes de textos orais claramente estruturados e en lingua estándar, articulados a velocidade lenta ou media e transmitidos de viva voz ou por medios técnicos, sempre que as condicións acústicas sexan boas e se poida volver escoitar o que se dixo. 1.1.2. escrita Comprender o sentido xeral, a información esencial, os puntos principais e os detalles máis relevantes de textos escritos claros e ben organizados, en lingua estándar e sobre temas xerais, actuais ou relacionados coa propia especialidade. 1.1.3 Expresión e interacción oral Producir textos orais ben organizados e adecuados ao interlocutor e ao propósito comunicativo e desenvolverse cunha corrección, fluidez e espontaneidade que permitan manter a interacción, aínda que ás veces resulten evidentes o acento estranxeiro, as pausas para planificar o discurso ou corrixir erros e sexa necesaria certa cooperación por parte dos interlocutores. 3

1.1.4 Expresión e interacción escrita Escribir textos sinxelos e cohesionados, sobre temas cotiáns ou polos que se ten un interese persoal, nos que se pide ou transmite información, se narran historias, se describen experiencias, acontecementos reais ou imaxinados, sentimentos, reaccións, desexos e aspiracións, se xustifican brevemente opinións e se explican plans. 2. Intermedio 2 2.1. Obxectivos específicos 2.1.1. oral Comprender información concreta en conversas informais relativas a temas cotiáns ou relacionadas co traballo, realizadas cun discurso articulado con claridade, en lingua estándar e a unha velocidade media. Seguir as ideas principais dun debate longo que trate de temas coñecidos e previsibles, articulado con claridade e nun nivel de lingua estándar que poida conter expresións fixas, locucións e estruturas idiomáticas moi frecuentes. Comprender suficientemente o contido de conversas formais e reunións de traballo, que versen sobre a súa especialidade e se desenvolvan a unha velocidade normal, estruturadas con claridade e sen moitos usos idiomáticos. Comprender a maior parte das películas e representacións teatrais, programas de TV, textos audiovisuais ou material gravado, nos que se fale articulando con claridade, cun nivel de lingua estándar e unha trama sinxela e predicible, e nos que existan, se é o caso, apoios visuais de carácter redundante. Comprender información técnica sinxela e seguir indicacións detalladas expostas ordenadamente e a velocidade media. Utilizar estratexias que faciliten a comprensión mediante o uso de claves lingüísticas e non lingüísticas. 2.1.2 escrita Seguir a liña argumental xeral dun texto narrativo ou literario contemporáneo de estrutura sinxela e amplo repertorio léxico, sen usos idiomáticos rexionais ou sociais, aínda que non se entenda na súa totalidade. Localizar a información necesaria nun texto extenso ou en varios co fin de realizar unha tarefa específica. Distinguir, en textos informativos, narrativos, argumentativos e descritivos redactados en lingua estándar, as ideas e conclusións principais e recoñecer información específica se o asunto é coñecido. Utilizar estratexias que faciliten a comprensión, mediante claves lingüísticas e non lingüísticas. 2.1.3 Expresión e interacción oral Establecer con certa fluidez contactos sociais sobre temas de interese persoal ou relacionados coa súa especialidade, utilizando e recoñecendo fórmulas habituais de cortesía, de inicio, mantemento e peche da interacción e expresións fixas e frecuentes, cunha ampla diversidade de funcións lingüísticas. 4

Desenvolverse en transaccións da vida cotiá, enfrontándose con relativa naturalidade e fluidez a situacións variadas, e dar nelas argumentos ou explicacións de forma básica, eficaz e comprensible. Expresar puntos de vista con claridade en discusións formais e reunións de traballo, ofrecendo breves razoamentos e expresando opinións de forma básica, eficaz e comprensible. Realizar con razoable fluidez narracións e descricións sinxelas seguindo unha secuencia lineal de elementos, expoñendo experiencias, feitos, esperanzas, aspiracións e crenzas. Facer unha presentación breve e preparada sobre un tema do seu interese, coa suficiente claridade como para poder seguilo sen dificultade -aínda que fagan falla aclaracións ou repeticións-, explicando as ideas principais cunha precisión razoable e respondendo adecuadamente a preguntas. Seguir unha entrevista sinxela estruturada, cun guión establecido con anterioridade, e confirmar nela información, realizar preguntas complementarias ou responder a elas, se son predicibles, tomar a iniciativa de cambio temático ou formularlle comentarios ao interlocutor. Empregar estratexias de cooperación para contribuír a manter a interacción e asegurar a comprensión. 2.1.4 Expresión e interacción escrita Redactar textos sinxelos, coherentes e cohesionados, coidando os aspectos formais e a corrección ortográfica e de puntuación para que sexan comprensibles para o lector. Transmitir e solicitar información e ideas sobre temas tanto abstractos como concretos, explicándose ou preguntando con razoable precisión. Resumir información de diversas fontes e realizar paráfrases sinxelas de pasaxes breves escritas, empregando as palabras e a ordenación do texto orixinal. Escribir descricións, narracións, presentacións e cartas persoais sobre experiencias, sentimentos e reaccións, acontecementos e contidos diversos, en textos sinxelos, en lingua estándar, organizados con orde e claridade, cohesionados e con amplitude de vocabulario suficiente para expresarse con eficacia nos temas pertinentes. Conseguir comunicar as ideas principais que se queren transmitir empregando calquera recurso dispoñible e logrando a comunicación cos medios de que se dispón para expresarse. 5

2.2. Contidos Os contidos están divididos en tres áreas: as áreas social e de turismo, a área de traballo e a área de estudo. A área social ten por obxectivo satisfacer as necesidades básicas dun estudante que quere viaxar a un país anglófono, ou comunicarse cun estranxeiro na fala inglesa no contorno do propio estudante. A área de traballo ten por obxectivo desenvolver a actuación do estudante no proceso na busca de traballo e en situacións cotiás no lugar de traballo. A finalidade da área de estudo é proporcionarlle aos estudantes as ferramentas necesarias para seren de quen de dirixir o seu propio aprendizaxe dentro e fóra da escola. 2.2.1 Resumo I. Área social e de Turismo III. Área de Aprendizaxe Asunto: Socializar - Actividade 1: Debates. Asunto: Os medios de comunicación - Actividade 1: Ver televisión, películas, obras de teatro, documentais, etc. Escoltar a radio. Ler xornais. Asunto: A saúde - Actividade 1: Sandar e manterse san. Asunto: Urxencias - Actividade 1: Manexarse en situacións de urxencia (accidentes, enfermidade, crime, avarías de coche.) Asunto: Desenvolvemento das estratexias de aprendizaxe - Actividade 1: Desenvolver as estratexias básicas de cada destreza. Asunto: Seguimento dun curso na EOI ou no estranxeiro - Actividade 1: Participar nunha clase. - Actividade 2. Coñecer o centro. Asunto: Material do curso - Actividade 1: Extraer información. Asunto: Xestión de estudo - Actividade 1: Desenvolver a reflexión sobre a lingua inglesa. - Actividade 2: Desenvolver a motivación. - Actividade 3: Planificar o estudo. - Actividade 4: Medir o progreso. II. Área de Estudo 6

Asunto: Estudar - Actividade 1: Dar unha conferencia, charla, presentación ou mostra. - Actividade 2: Recoller información / acceder á información ( por exemplo, unha base de datos, unha biblioteca, un dicionario, etc.) - Actividade 3: Escribir redaccións. - Actividade 4: Facer un curso no estranxeiro. 2.2.2 Descrición I. ÁREA SOCIAL E DE TURISMO 1. Asunto: Socializar 1.1 Discutir Medio: Fóra do traballo, discoteca, quedar con amigos Escoita / Fala Pode entender a opinión fundamental dun falante sobre calquera tema susceptible de aparecer no medio proposto (saúde, crenzas, cuestións morais, cuestións éticas, expectativas e ambicións.) Pode expresar unha opinión dun xeito máis ou menos elaborado sobre calquera tema susceptible de aparecer no medio proposto. Pode mostrar acordo ou desacordo de xeitos diferentes (incluíndo linguaxe xestual, recursos lingüísticos e entoación.) Pode amosar interese ou falta del. Pode comprender características básicas de do humor aínda que ás veces poida necesitar clarificacións. Pode aplicar convencións sociais en países anglofalantes cando participa nunca conversa ou interacción social. Pode usar recursos lingüísticos formais, aínda que limitados, se o contexto o require (ex: saúdos, evitar coloquialismos.) Pode sentirse cómodo en situación coloquial ou non-formal sempre que o 7

coloquialismo non sexa excesivo. Escrita Pode escribir e-mails ou outros textos curtos non formais comentando un encontro recente con amigos ou compañeiros de traballo ou continuando unha conversa ou discusión mantida previamente. Pode escribir un texto detallado falando dunha saída ou calquera outro encontro social, sinalando diferenzas culturais evidentes e expresando opinións e visións persoais. 2. Asunto: medios de información 2.1 Ver televisión, películas, teatro, documentais, etc.., escoitar a radio, ler xornais e diarios Medio: A casa, o coche, o cinema, o teatro Escoita / Fala Pode seguir o argumento dunha película ou obra de teatro. Pode identificar o tema principal de, por exemplo, un boletín informativo na televisión. Pode comprender unha entrevista na radio/na televisión. lectora Pode comprender nun periódico ou revista un artigo ou reportaxe describindo feitos ocorridos. Pode ler os medios para obter información. Escrita Pode escribir unha crítica dunha película ou un libro (o argumento deberá ser secuencial.) Pode escribir unha carta ó editor. 3. Asunto: a saúde 3.1 Sandar e manterse san 8

Medio: A casa, o traballo, lugares privados. Escoita / Fala Pode dar ou solicitar consello a un coñecido. Pode falar sobre temas relacionados con hábitos saudables. 4. Asunto: Urxencias 4.1 Resolver situacións de urxencia (accidente, enfermidade, crime, avaría de coche) Medio: Lugares públicos, lugares privados, hospital, policía Escoita / Fala Pode indicar a natureza do problema e comprender instrucións e preguntas simples. Pode proporcionar un informe dunha urxencia ou crime. lectora Escrita Pode ler, comprender e dar a súa aprobación a un informe policial. Pode informar sobre un crime simple ou unha anécdota sobre un acto criminal ou accidente. II. ÁREA DE ESTUDO 1. Asunto: Estudar 1.1 Dar unha conferencia, charla, presentación ou demostración 9

Medio: Salón de actos, clase, laboratorio Escoita / Fala Pode entender preguntas simples da audiencia ou clarificar partes dunha presentación se fose necesario. Pode facer unha presentación ou demostración clara sobre un tema coñecido (en termos sinxelos e con preparación previa.) Pode obter un nivel de interacción satisfactorio, aínda que simple, coa audiencia provocando reaccións ou suscitando opinións. Escrita Pode escribir unha serie de notas básicas para organizar una presentación curta e sinxela. Pode preparar transparencias ou materiais adicionais para acompañar a presentación. 1.2 Recompilar/ acceder á información (ex: dunha base de datos informática, biblioteca, dicionario, internet) Medio: Estudio, biblioteca, Internet Escoita / Fala Pode descodificar mensaxes de audio relativamente complexas (ex: dende un ordenador) para seleccionar información. lectora Pode comprender a maior parte da información sobre feitos que frecuentemente aparece ao longo dun curso, sempre que teña suficiente tempo. Pode utilizar distintas técnicas de lectura, tales como lectura para a comprensión de contidos xerais ou lectura para a comprensión de detalles, para conseguir información relevante. Pode, con algo de axuda, comprender instrucións e mensaxes relativamente complexas a partir por exemplo dun catálogo informático dunha biblioteca. Pode utilizar un dicionario monolingüe con bastante precisión para determinar o significado e uso dunha palabra ou expresión. 10

Escrita Pode facer notas de fontes sinxelas coa finalidade de revisar e redactar recollendo os puntos máis salientables e seleccionando as ideas máis importantes. Pode resumir a información obtida de diferentes fontes. 1.3 Escribir redaccións Medio: Estudio, biblioteca, aula de exame Escrita Pode escribir unha narración ou descrición aumentando gradualmente o grao de precisión e complexidade no uso de vocabulario e gramática. Pode escribir textos relativamente complexos sobre unha variedade de temas dentro do seu campo de interese ou experiencia. Pode expresar visións e opinións persoais de xeito elaborado por escrito. Pode describir sobre un experimento (método, materiais), demostrando unha comprensión adecuada do traballo feito. Pode presentar argumentos cunha variedade de expresión limitada. IV. ÁREA DE APRENDIZAXE 1. Asunto: Desenvolver estratexias 1.1 Desenvolver habilidades lingüísticas Medio: A escola, a casa Escoita / Fala Pode predicir o contido dun texto. Pode deducir o significado de palabras ou expresións descoñecidas a partir do contexto. Pode comprender o sentido xeral. Pode identificar o propósito dun texto. Pode expresarse e autocorrixir a propia produción. 11

Pode manter a interacción en L2 sen recorrer á L1. Pode compensar as carencias de vocabulario. lectora Pode predicir o contido dun texto. Pode ler un texto con intención de comprender o sentido xeral ou de comprender información detallada. Pode deducir o significado a partir do contexto. Pode comprender o sentido xeral. Pode identificar o propósito dun texto. Pode comprender un texto no seu conxunto cunha comprensión intuitiva dos recursos de cohesión e coherencia e tamén de aspectos estruturais. Pode adaptar as técnicas de lectura ao tipo de texto. Escrita Pode expresarse por escrito. Pode organizar ideas e escribir un borrador. Pode atopar o vocabulario que necesita para levar a cabo unha tarefa. Pode identificar e revisar erros na súa produción escrita. Pode pensar creativamente para xerar ideas para os seus escritos. 2. Asunto: Curso na EOI ou no estranxeiro 2.1 Seguir unha clase e participar nela Medio: Clase Escoita / Fala / lectora / Escrita Pode usar estratexias sociais para interactuar cos compañeiros. Pode seguir o que di o profesor e os compañeiros e interactuar en inglés mentres se realiza unha tarefa de clase. Pode facer preguntas apropiadas para dirixir a súa aprendizaxe e comprobar se é necesario as instrucións para a realización de tarefas e deberes. Pode traballar en parellas ou grupos. 12

Pode tomar notas en inglés. 2.2 Coñecer os servizos da escola Medio: EOI Escoita / Fala / lectora / Escrita Pode entender e dar información / instrucións básicas sobre os servizos da escola, cursos, horarios, etc. Pode manexarse en asuntos burocráticos relacionados coa Escola. 3. Asunto: Materiais para os estudos 3. 1 Recoller información Medio: Aula, casa, biblioteca Escoita / Fala / lectora / Escrita Pode moverse polas seccións dun libro de referencia para conseguir o que busca. Pode utilizar estratexias de lectura como busca de información específica ou xeral en libros de referencia. Pode utilizar tanto dicionarios bilingües como monolingües entendendo adecuadamente as abreviaturas e os símbolos fonéticos. Pode buscar connotacións específicas e matices de significado dentro dunha entrada de dicionario (rexistro, expresións idiomáticas.) Pode escoller textos para lectura / audición extensiva. Pode seleccionar datos relevantes de textos escritos / falados e anotalos. 4. Asunto: Manexo dos estudos 4.1 Desenvolver o coñecemento da lingua Medio: Aula, casa, biblioteca Escoita / Fala / lectora / Escrita Pode deducir e facer hipóteses sobre regras lingüísticas e ser creativo sobre a maneira en que funciona unha lingua. Pode controlar a influencia da lingua nai na súa produción. 13

4.2 Xerar motivación Medio: Clase, casa, vida real Escoita / Fala / lectora / Escrita Pode colaborar cos compañeiros, ofrecer axuda, compartir ideas. Pode mostrar interese usando a linguaxe para unha comunicación real. Pode mostrar iniciativa (é dicir, perder o medo a interactuar, tomar vantaxe das oportunidades para usar a lingua.) Pode asumir riscos de maneira intelixente. Pode desenvolver unha actitude positiva cara á cultura da L2. Pode levar un diario de aprendizaxe de lingua en caso de que se suxira. Pode facer práctica extra fóra da clase escoitando películas, noticias, navegando pola web ou con outros materiais de distintas fontes. 4.3 Planificación Medio: Clase, casa Escoita / Fala / lectora / Escrita Pode organizar e planear o seu estudo. Pode facer plans para cumprir un tarefa de xeito autónomo. Pode establecer a súa meta e os seus obxectivos. Pode dedicar tempo suficiente á práctica. Pode entender textos (e cuestionarios) deseñados para controlar o seu proceso de aprendizaxe e progreso. Pode deseñar e organizar seccións dos seus apuntamentos. Pode deseñar e gardar un portafolios. Pode deseñar e rexistrar a súa actuación lingüística. 4.4 Control do progreso Medio: Aula, casa. Escoita / Fala / lectora / Escrita Pode localizar e corrixir os erros en producións de tipo común (e nunha gravación de mensaxes curtas co fin de reflexionar sobre os seus erros, ou na súa escrita.) Pode ensaiar formas eficaces de aprendizaxe. 14

Pode deseñar e encher cuestionarios para reafirmar o seu progreso e éxito. Pode axudar os seus compañeiros a controlar o seu progreso. 2.2.3 Tarefas I. Área social e de turismo Contexto: Vivir no estranxeiro como residente de longo prazo Asunto: Socializar - Presentarse ós compañeiros da clase / nunha rede social. - Establecer contacto nunha reunión social utilizando formulas apropiadas para establecer relacións sociais en distintos contextos. - Participar nunha conversa social expresando opinións, acordo, desacordo, escepticismo, interese, incluíndo algún comentario humorístico. - Describir xente, física e psicoloxicamente. Asunto: Os medios de información - Ler periódicos / revistas para obter información a partir de distintos tipos de artigos, incluíndo textos argumentativos, sobre temas coñecidos. - Comentar noticias / informes de interese xeral relacionados co medio ambiente ( desastres naturais, cambio climático, reciclaxe, contaminación). - Describir e dar a opinión sobre os problemas máis comúns que afectan á súa cidade / pais (desempleo, contaminación, etc.) - Expresar opinións e preferencias sobre TV e cine. - Ver unha película / episodio dunha serie en versión orixinal (con subtítulos en inglés) e opinar sobre as vantaxes e desvantaxes da VO. - Escribir unha carta ó editor dun periódico / unha entrada nun blog referíndose a un asunto relacionado co medio ambiente. - Falar cun amigo / Escribirlle a un amigo unha crítica dunha película ou un libro expresando a súa reacción, recomendándollos, loándoos, interpretando e, en certa medida, analizando a obra. Asunto: A saúde - Aconsellar a un amigo que ten un problema de saúde leve. - Expresar opinións sobre diferentes estilos de vida. 15

- Expresar preferencias sobre diferentes tipos de dieta, estilos de cociña, hábitos culinarios. Asunto: Urxencias - Contar unha anécdota / incidente relacionado con algún delito (atraco, roubo, etc.) II. Área de estudo Contexto: Asistir ás clases no estranxeiro durante un período prolongado de tempo Asunto: Estudar Dar unha charla informal - Acceder a distintas fontes e obter información delas para preparar e estruturar unha presentación. - Escribir unha serie de notas básicas para organizar a presentación. - Preparar transparencias ou material escrito adicional para acompañar a presentación. - Conseguir un nivel satisfactorio de interacción coa audiencia provocando reaccións ou suscitando opinións. - Facer preguntas e respostas despois dunha charla informal. Facer un curso no estranxeiro - Escoller un curso. - Describir a formación académica. - Escoller un dicionario monolingüe. 16

2.3 Libros de texto e materiais didácticos Libro de texto New Framework 3, Intermediate student s book ISBN: 9788466819428, Richmond Publishing, 2009. (Consultar co profesor antes de comprar o material). Material recomendado -New Framework 3, Intermediate workbook w/ key and audio CD, Richmond Publishing, 2009 (ISBN: 9788466804127) Práctica grammatical: English Grammar in Use (with answers), CUP English Grammar in Steps (with answers), Richmond How English Works (with answers), OUP Oxford Practice Grammar (with answers), OUP Plan de fomento da lectura Recoméndase aos alumnos ler como mínimo dous libros ao longo do curso, para acceder as lecturas do teu nivel podes consultar o fondo bibliográfico da biblioteca da EOI entrando na páxina da EOI (www.eoidevigo.org). Na pestana de biblioteca accedes á túa extensión e na pestana de busca, seleccionas "Materia", logo introduces "Inglés" e, finalmente, "Lectura Adaptada". Aí encontrarás os títulos clasificados por nivel. 2.4 Avaliación (Ver documento Avaliación na web) 17