Recursos para a lingua
Similar documents
GUÍA DE MIGRACIÓN DE CURSOS PARA PLATEGA2. Realización da copia de seguridade e restauración.
Acceso web ó correo Exchange (OWA)
COMO XOGAR A KAHOOT Se vas xogar por primeira vez, recomendámosche que leas este documento QUE É KAHOOT?
Síntesis da programación didáctica
Anexo IV: Xestionar o currículum da etapa:
R/Ponzos s/n Ferrol A Coruña Telf Fax
CREACIÓN DE PÓSTERS CON GLOGSTER. Miguel Mourón Regueira
Manual de usuario CENDES. Centro de descargas da Xunta de Galicia
Narrador e Narradora Narrador Narradora Narrador
Obradoiro sobre exelearning. Pilar Anta.
Sede Electrónica Concello de Cangas
Silencio! Estase a calcular
BLOGS CON BLOGGER MANUAL DE CONFIGURACIÓN E USO
INICIACIÓN A APPINVENTOR ( OLLO: necesitas ter unha conta en GMAIL e tamén sería útil en DRIVE para
Manual de usuario do módulo de control horario do sistema OPAX
Name: Surname: Presto= very fast Allegro= fast Andante= at a walking pace Adagio= slow Largo= very slow
O SOFTWARE LIBRE NAS ENTIDADES DE GALIZA
Guía para autoarquivo en Minerva Repositorio Institucional da USC. 16/04/2018 Biblioteca Universitaria da USC
Mailman: Manual de usuario para subscritores de listas
Guía para autoarquivo en Minerva. Repositorio Institucional da USC
Manual de usuario EBIBLIO GALICIA. Xunta de Galicia
Manual de inicio software libre
Se (If) Rudyard Kipling. Tradución de Miguel Anxo Mouriño
Rede CeMIT Cursos Gratuítos de Alfabetización Dixital NOVEMBRO Aula CeMIT de Cuntis
TITORIAL PARA O USO DO REPOSITORIO DE MOREA
Lingua e Docencia Universitaria V Xornadas sobre Lingua e Usos
Fondo de Acción Social. Manual do Usuario de presentación de solicitudes do FAS
Facultade de Fisioterapia
ANEXO II NORMAS DE CREACIÓN E PUBLICACIÓN DE PÁXINAS WEB DA USC
CONTROL DE VERSIÓNS E DISTRIBUCIÓN
PARTE I. VIVALDI: Concierto en MI M. op. 3 n.12
Metodoloxía copyleft en educación
a) Japanese/English (difficult)... b) The weather in Africa/ the weather in the Antarctic (cold)... c) A car/ a bike (fast)
Como atopar artigos de Arquitectura
VIGOSÓNICO V C O N C U R S O V I D E O C L I P S Calquera proposta estética para o vídeo: cine, animación, cor, branco e negro,...
Curso: Creación de Páxinas Web Persoais. novembro 2005
Carlos Cabana Lesson Transcript - Part 11
Carlos Servando MEMORIAL SALVAMENTO DEPORTIVO. 10 de outubro as 16:00. Piscina Carballo Calero Carballo. Organiza
Configuración dun cliente Mozilla Thunderbird
DESFOCADOS. a distração programada da internet em N. Carr. Joana Rocha. Congresso de Cibercultura Universidade do Minho
Cinco sinxelos pasos para ir á caza das estrelas ;) (
Creando Software Libre
Como establecer e como usar unha licenza de software libre e que implicacións ten para a miña empresa. Oficina de Software Libre AMTEGA
Problema 1. A neta de Lola
DÍA DA CIENCIA EN GALEGO CEIP DE CERVO 2014/15 PUCA QUERE SABER SOBRE
PROPOSTA PEDAGÓXICA PROCESO DE FAMILIARIZACIÓN Á ESCOLA INFANTIL
(breve) Manual de estilo universitario
Programación orientada a obxectos
NAVEGA CON RUMBO.
Curso Os labores de asesoramento nun SNL/SL: novas propostas de traballo
Contra a morte das linguas: o caso do galego
6. O proceso técnico. 1. Introducción. 2. Introdución ás fases da cadea documental ISABEL PEMÁN PÉREZ
Os antropónimos femininos no cancioneiro popular galego
Coeducación. O alicerce do ensino
Recursos para a clasificación da produción editorial na Galiza durante a etapa franquista: deseño e alimentación da base de datos 1
Estudos sobre. lingüístico no galego actual
BLOQUE 0: O PARLAMENTO DE GALICIA, ORGANIZACIÓN E FUNCIONAMENTO. IGUALDADE.
Introdución Requisitos técnicos para acceder ao curso O CMLA en liña Navegación polos contidos do curso...
O uso de construcións con verbos soporte en aprendices de español como lingua estranxeira e en falantes nativos
PROGRAMA FORMATIVO DA ESPECIALIDADE FORMATIVA TÉCNICAS DE MARKETING ON LINE, BUSCADORES, SOCIAL MEDIA E MÓBIL COMM049PO
manual técnico de comunicación efectiva
Competencias docentes do profesorado universitario. Calidade e desenvolvemento profesional
Rede galega de TC. A Internet como un local social. Proxecto InTIC Tecnoloxía galega para acceder á tecnoloxía
A INTERFERENCIA FONÉTICA NO ESPAÑOL DA CORUÑA. A VOCAL [o] TÓNICA. Sandra Faginas Souto 1 Universidade da Coruña
Welcome to Greenman and the Magic forest
ANÁLISE DO SECTOR TÉXTIL, CONFECCIÓN E CALZADO
Modelos matemáticos e substitución lingüística
Reflexións sobre a situación sociolingüística galega dende o paradigma da complexidade
Sobre o uso de cara a / cara na norma galega
COMO INTERPRETAR O CONVENIO EUROPEO DA PAISAXE
Linux para seres humanos
EDITA: CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA COORDINACIÓN EDITORIAL: NOVA XESTIÓN CULTURAL S.L. E O CABLE INGLÉS S.COOP. GALEGA
Non o entendo... Na casa funcionaba!. Formatos de ficheiro adecuados para cada situación.
Guía de estilo APA, 6ª ed. Elaborado pola Biblioteca da Facultade de Ciencias da Educación da Universidade da Coruña. Guía de estilo da APA
12352 LEI 11/2007, do 22 de xuño, de acceso electrónico dos cidadáns aos servizos públicos. («BOE» 150, do )
Manual do Marble. Torsten Rahn DennisÑienhüser Tradutor do proxecto Trasno: Xosé Calvo
INGLÉS / MÓDULO 3 -ESPAD-
DSpace da Universidade de Santiago de Compostela
TITORIAL DE USO DE PHUN
A discapacidade en imaxe
REUNIÓN CONVOCATORIAS SUBVENCIÓNS 2018 SECCIÓN DE SERVIZOS SOCIAIS SERVIZO DE ACCIÓN SOCIAL, CULTURAL E DEPORTES
A voltas coas contraccións: cun e con un
OBSERVACIÓNS SOBRE AS ACTITUDES E OS COMPORTAMENTOS RELATIVOS ÓS CAMBIOS DE CÓDIGO EN SANTIAGO DE COMPOSTELA *
NORMATIVA ACADÉMICA PARA O ALUMNADO DE INTERCAMBIO DA ESCOLA UNIVERSITARIA DE ESTUDOS EMPRESARIAIS (EUEE) UNIVERSIDADE DE VIGO
MINISTERIO DE EDUCACIÓN Y CIENCIA
Comezo do curso. Estimados pais, Benvidos a Quick Minds!
ACCESO LIBRE Ó COÑECEMENTO? POLÍTICAS NEOLIBERAIS NAS BIBLIOTECAS UNIVERSITARIAS GALEGAS. Concha Varela Orol
Evolución dos exames de Historia nas PAU de Galicia ( )
A tradución audiovisual como recurso didáctico no proceso de ensinanza-aprendizaxe de linguas
MANUAL DE USUARIO DA APLICACIÓN DE XESTIÓN DE AVISOS DE VESPA VELUTINA
marcoeuropeocomún de referencia para as linguas: aprendizaxe, ensino, avaliación
Ámbito da comunicación: lingua inglesa
Xogos e obradoiros sobre o cambio climático que Climántica desenvolve en centros educativos
Didáctica da lingua e novos soportes comunicativos: a linguaxe SMS
GUíA COOP. GUíA DE COOPERATIVISMO Unidade didáctica CICLO DE EDUCACIÓN PRIMARIA
SOCIEDADES MULTICULTURAIS, INTERCULTURA- LIDADE E EDUCACIÓN INTEGRAL. A RESPOSTA DENDE A EDUCACIÓN PERSONALIZADA
Técnicas de compresión e estruturas de indexación compactas para texto en linguaxe natural e contidos dixitais: aplicacións prácticas
Dalí Arte Dalí Ciencia Dalí Soño Dalí Realidade Dalí PRESENTACIÓN A EXPOSICIÓN
CADERNO Nº 9 NOME: DATA: / / Funcións e gráficas. Recoñecer se unha relación entre dúas variables é función ou non.
RECURSOS PARA O TRABALLO COS VOLUNTARIOS E VOLUNTARIAS NUNHA ENTIDADE DE VOLUNTARIADO. Módulo IV Traballando por proxectos
Transcription:
Recursos para a lingua, por que? O traballo nun servizo de normalización adoita ter moitas frontes abertas: respondemos consultas puntuais a respecto de termos concretos, corrixirmos un documento cuxa saída ten de ser inmediata, atendermos ao publico sobre un curso que se está a impartir ou concretarmos os últimos detalles do acto que estamos organizar. Algunhas veces, o traballo é repetitivo e adoito corriximos un texto dunha mesma persoa que ten os mesmos erros e, outras, escoitamos a mesma pregunta: Onde podo encontrar un dicionario de...? ou Cal era a páxina esa do tradutor?. Evitarmos estas situacións debe ser un dos obxectivos do noso traballo e para iso nace estes : un xeito doado e atractivo para que as persoas usuarias do noso servizo teñan unha compilación de recursos e de ligazóns a que poder acceder dende o seu posto de traballo. Procuramos, por tanto, a autonomía das persoas no canto de dependeren dunha chamada telefónica que non se contesta, dunha nota que non atopan ou dunha páxina web que esqueceron grabar nos marcadores ou no seu Delicious persoal. Mais xa hai outros, non si? Os non é nada novo: a Universidade da Coruña publicou o seu UDC con lingua de noso!, a Deputación da Coruña os ses Recursos para o galego e o Concello de Santiago de Compostela unha memoria externa baixo o 1
nome de Saborea o galego, estes dous últimos con páxina web que apoian a campaña. Daquela, por que estes recursos? Agás o cedé da Universidade da Coruña, publicado segundo os termos dunha licenza libre, os outros materiais non permiten unha distribución ou copia para o difundirmos entre o persoal dos nosos concellos. E, aínda de o facermos (e expórmonos a unha sanción) a realidade cotiá do traballo suxírenos que o persoal a que atendemos prestan moita máis atención e dan máis valor a algo feito dende o seu círculo. Daquela, lanzámonos a aventura de achegar un outro recurso non só para os traballadores do Concello de Cerceda, senón para todas aquelas persoas que o queiran difundir no seu traballo, familia e amizades. Para isto, os están publicados segundo os termos da Licenza Creative Commons segundo a cal, todas as persoas poden distribuílo, copialo e modificalo sempre e cando respectaren os termos desta licenza. Ao longo das páxinas seguintes, imos ofrecer algunhas chaves para que o poidas facer, mesmo sen uns coñecementos avanzados de informática. Onde descargalo? O proxecto está albergado na Forxa de Mancomún.org (http://arquivo.mancomun.org/proxectos/recursoslingua), un espazo web que serve para que persoas que están a desenvolver programas en software libre dende Galiza poidan ter un lugar onde gardar os seus proxectos, colaborar con outras e interactuar coa comunidade de desenvolvedores do país. Na páxina do proxecto podes descargar dous paquetes diferentes: un ficheiro.iso que é unha o formato de ficheiro para facer unha imaxe dun cedé, para o grabares ou instalares. Un segundo ficheiro comprimido en.zip. Se queres colaborar connosco coas túas achegas ou modificalo, é este o ficheiro que tes que descargar. Metendo as mans. Primeiro paso Os é un contido interactivo escrito en linguaxe html. Para o poderes modificar, sería óptimo ter algúns coñecementos nesta linguaxe en que están escritas algunhas páxinas web. Con todo, intentaremos dar aquí algunhas indicacións para que poidas modificar o recurso ou para que se adapte á imaxe do teu servizo ou traballo. 2
Despois de descomprimir o arquivo zip e abrir a carpeta resultante, verás unha relación de ficheiros e cartafoles. Máis adiante trataremos sobre o contido de cada un máis polo miúdo. Agora só tes que premer dúas veces sobre o ficheiro chamado inicio.html: aparecerá, no navegador que teñas configurado como predefinido (Opera, Firefox, Chrome ou Internet Explorer por citarmos os máis usados) unha imaxe como esta: Esta imaxe, que constitúe a páxina de inicio do recurso, está formada por tres partes principais: unha cabeceira, un menú e o contido principal de cada sección, como podes ver no esquema: 3
Os está pensado para se distribuír entre o persoal do Concello de Cerceda e, por tanto, está realizado polo servizo de normalización deste concello. De aí a imaxe que aparece na cabeceira. Nas liñas seguintes explicarémosche como mudar esta imaxe por algunha que identifique o teu servizo ou o teu lugar de traballo. Metendo as mans. Mudar a imaxe de cabeceira É interesante ofrecermos unha imaxe visual e atractiva ao persoal para o que traballamos e, sobre todo, que identifiquen con clareza o noso servizo. Así, empregarmos unha imaxe institucionalizada ou do noso servizo pode ser de grande utilidade para vender mellor o noso produto. Para adaptares o recurso para o teu traballo precisas facer tres cousas. En primeiro lugar, debes ter unha imaxe de 950 píxeles de largura por 152 de altura, que son as dimensións da imaxe do recurso. Preferibelmente, o formato da imaxe ten que ser PNG, aínda que tamén podes empregar outros formatos, como JPEG ou GIF. A imaxe pode ser calquera, mais ten coidado en gardar o esquema de cores do recurso (azuis, brancos, laranxas...). Como imaxe propomos adaptar o noso recurso ao Concello de Ningures: 4
Podes empregar o programa GIMP (dispoñíbel en http://www.gimp.org), un programa para tratar con imaxes e que está integramente traducido ao galego. Despois de termos esa imaxe (ollo, ten que ter esas dimensións de 950 x 152 de altura), continuamos co segundo paso. Anteriormente salientamos que os está composto por diferentes cartafoles e ficheiros. Un dos cartafoles é Imaxes, onde están almacenadas todas as imaxes que forman o recurso, entre elas a de cabeceira. Ao abrires este cartafol verás diferentes ficheiros en formato PNG ou GIF. Entre eles está o ficheiro faixa2.png que se corresponde coa imaxe seguinte: É nese cartafol, Imaxes, onde deberás gardar o ficheiro que acabas de crear para personalizar os recursos. Debes poñerlle un nome doado, como faixa3.png ou faixa2.png para así substituír o ficheiro existente. 5
O último paso é algo máis complicado de partida se decidiches por un nome como faixa3.png e conservar os ficheiros anteriores. Da listaxe de ficheiros que compoñen os recursos, tes que localizar o ficheiro cabeceira.css. Non é este o lugar para tratarmos que é un ficheiro CSS. Só precisas saber que o podes e debes abrir co programa Bloc de notas do Windows ou outros semellantes, como o Notepad++ (dispoñíbel nesta ligazón e tamén integramente en galego). Para abrir este ficheiro sen usar un navegador web, debes premer co botón dereito do rato sobre el e elixir a opción Abrir con. Entre as diferentes opcións que se poden presentar, elixes Bloc de notas, Notepadd++ ou o editor con que máis frecuencia traballes (FrontPage, Macromedia...). Ao abrires o documento CSS cun destes editores accederás á folla de estilo dos e verás algo semellante a isto: De todo este código debes obviar practicamente todo agás a súa primeira parte, que a precisamos para mudar a imaxe de cabaceira: 6
Para o facermos só terás que mudar polo título da nova imaxe creada a parte que está entre parágrafos, isto é url(imaxes/faixa2.png). Así, se, por exemplo, a nova imaxe ten por nome faixa3.png, esta parte do código debería ir como segue url(imaxes/faixa3.png) e, por tanto, ficaría como segue: body { background: #FFFFFF url(imaxes/faixa3.png) no-repeat; font-family: "Trebuchet MS", Arial, Helvetica, sans-serif; font-size: 13px; color: #ffffff; text-align: justify; } Despois de faceres este sinxelo cambio, daslle a gardar as modificacións. Agora, ao abrires o ficheiro inicio.html con calquera navegador (premer co botón dereito do rato, abrir con e elixir o navegador -Firefox, Opera, Internet Explorer...), verás como xa se mudou a imaxe de cabeceira. 7
Metendo as máns 2. Mudar a páxina de ligazóns Se xa lle botaches un ollo aos, verías que está formado por diferentes seccións en que se presentan ligazóns a documentos, dicionarios, manuais, correctores... Unha destas seccións é a de ligazóns, que ten un aspecto semellante ao seguinte: Como ves, presentamos unha serie de ligazóns que pode resultar de interese para o persoal a que atendemos, como a páxina do Concello de Cerceda ou o blogue do SNL. De adaptares o cedé ao lugar en que traballas, sería conveniente substituíres estas dúas ligazóns. Imos, por tanto, dicirche como o faceres. Para iso precisamos, como anteriormente, un editor como o Bloc de notas ou o Notepad++. Desta vez temos que procurar o ficheiro ligazons.html, premer co botón dereito do rató enriba de el e elixir Abrir con. De seguirmos os pasos anteriores, veremos na nosa pantalla algo semellante a isto: 8
De todo o código html que temos no editor, só deberemos centrarnos na parte seguinte: En principio semella algo máis complicado que a parte anterior mais veremos que mudar unha ligazón é un paso bastante doado. Cada ligazón está composta, nesta sección, en código html das partes seguintes:
, a etiqueta que pecha o elemento de lista Así, a ligazón á páxina web do Concello de Cerceda ten a estrutura seguinte
Concello de Cerceda
Se queremos escribir unha ligazón que nos leve á páxina web do Concello de Ningures, que é o lugar onde hipoteticamente traballamos, no canto da ligazón ao Concello de Cerceda, temos que modificar as partes que aparecen en amarelo:
Concello de Cerceda
E, por tanto, poríamos o seguinte:
Concello de Ningures
Se facemos isto, gardamos os cambios, abrimos o ficheiro incio.html e imos á páxina Ligazóns, veriamos xa os nosos cambios, como segue: 10
Agora tamén modificariamos as ligazóns ao Servizo de Normalización do Concello de Cerceda, á Toponimia Oficial do Concello de Cerceda e á Unidade Técnica de Normalización Lingüística da Deputación da Coruña, polas súas correspondentes do Concello de Ningures, por continuarmos co exemplo anterior, do xeito seguinte: Servizo de Normalización do Concello de Ningures
Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Cerceda
Servizo de Normalización do Concello de Ningures
Toponimia oficial do Concello de Ningures
toponímia oficial do Concello de Cerceda
toponímia oficial do Concello de Ningures
11
Unidade Técnica de Normalización Lingüística da Deputación de Ningures
unidade Técnica de Normalización Lingüística da Deputación da Coruña
unidade Técnica de Normalización Lingüística da Deputación de Ningures
A nosa páxina de ligazóns ficaría como segue: Por último, ao mellor ves a páxina de ligazóns algo reducida e queres meter máis ligazóns que che poidan semellar interesantes. Para iso terás que engadir as liñas que precises, mais sempre coa estrutura anterior:
A páxina que queiras
Podes inserir as ligazóns que desexes, mais sempre antes da etiqueta
, que é a que pecha a relación. O resto de código non nos interesa para conseguirmos o noso obxectivo. 12
Metendo as mans 3. Mudar o menú lateral e a páxina de contacto A estas alturas xa percibirías que no menú lateral hai unha ligazón a unha páxina en que se describe como contactar co SNL do Concello de Cerceda. Se até agora seguiches os pasos anteriores, talvez desexes mudar este menú e esta páxina para o adaptares ao teu concello ou lugar de traballo. Poñámonos mans á obra. En primeiro lugar, temos que abrir o ficheiro index.html como fixemos para os casos anteriores, cun bloc de notas. Despois de o abrirmos, accederemos ao código do noso menú lateral: 13
De todo este código só nos interesa, para o noso fin, a seguinte parte: Como ves, ten unha estrutura semellante á anterior, a das ligazóns. Deste xeito, para adaptares ao teu lugar de traballo só tes que mudar a parte de código marcada en amarelo: SNL do Concello de Cerceda e adaptala ao teu lugar de traballo: SNL do Concello de Ningures 14
Non precisamos mudar o enderezo da ligazón, normalizacion.html, pois é este o ficheiro que teremos que modificar agora. Despois de gardarmos os datos, e abrir a páxina inicio.html co navegador xa veremos as nosas mudanzas: Agora é cando debemos adaptar a páxina normalizacion.html para que os datos que nela figuran sexan os do noso servizo ou unidade de traballo. Isto é, o texto que queremos que figure sexa este: Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Ningures O Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Ningures está ao teu dispor para calquera cuestión que nos queiras formular. As formas en que podes contactar connosco son as seguintes: Correo electrónico: snlningures@correo.gal Páxina web: http://www.snlningures.gal Localización: avenida do Descoñecido, 1. 00000 Ningures, Ningures. Teléfono: 000 000 000 Para o facermos, só temos que abrir co Bloc de notas (ou o noso editor) o ficheiro normalizacion.html. De todo o código da páxina, para o noso labor só temos que reparar na parte seguinte: 15
E modificar a parte que aparece marcada en amarelo polas que antes mencionamos
servizo de Normalización Lingüística do Concello de Cerceda</ dt>
o Servizo de Normalización do Concello de Cerceda está ao teu dispor para calquera cuestión que nos queiras formular. As formas en que podes contactar connosco son as seguintes:
correo electrónico: ivan.mendez@cerceda.dicoruna.es
páxina web:http://normalizacioncerceda.blogali za.org
localización: avenida do Mesón 21, 15185 Cerceda, A Coruña
teléfono: 981 685 001
Despois de o facermos, a nosa páxina xa quedará lista: 16
Despois de gardarmos os cambios, xa temos a nosa páxina adaptada: 17