PRESENTACIÓN DA MATERIA/MÓDULO

Similar documents
Síntesis da programación didáctica

PROGRAMACIÓN CURSO DEPARTAMENTO : INGLÉS. IES Ramón Menéndez Pidal

PROGRAMACIÓN CURSO DEPARTAMENTO : INGLÉS. IES Ramón Menéndez Pidal

PRESENTACIÓN MATERIA MATERIA INGLÉS CURSO 4º ESO CURSO ACADÉMICO PROFESOR Mª CRUZ MASEDA FRANCOS

PRESENTACIÓN MATERIA MATERIA LINGUA INGLESA CURSO 1º ESO B CURSO ACADÉMICO PROFESOR Mª MONTSERRAT VILLAPÚN CASTRO

SECUENCIACIÓN DIDÁCTICA: ÁMBITO DA COMUNICACIÓN MÓDULO 3 y 4 (ESA) 2017/2018

PRESENTACIÓN MATERIA MATERIA INGLÉS CURSO 4º ESO CURSO ACADÉMICO PROFESOR FRANCISCO JOSÉ PÉREZ SAAVEDRA

PRESENTACIÓN MATERIA MATERIA LINGUA INGLESA CURSO 1º ESO A CURSO ACADÉMICO PROFESOR Mª MONTSERRAT VILLAPÚN CASTRO

PRESENTACIÓN MATERIA MATERIA INGLÉS CURSO 2º BAC CURSO ACADÉMICO PROFESOR Mª CRUZ MASEDA FRANCOS

DEPARTAMENTO DE INGLÉS PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA 3º ESO - LINGUA INGLESA - 1º IDIOMA CURSO 2018 / 2019 IES DAVID BUJÁN

PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DEPARTAMENTO DE INGLÉS. Curso

3º ESO ESTHER VÁZQUEZ, ELBA NIEVES. Editorial BURLINGTON AutorMARKS/DARBY. Contidos (unidades didácticas) temporalizados por avaliacións

CURSO PROGRAMACIÓN DE 2º ESO

COMO XOGAR A KAHOOT Se vas xogar por primeira vez, recomendámosche que leas este documento QUE É KAHOOT?

2º ESO. Obxectivos xerais do curso. Contidos (unidades didácticas) temporalizados por avaliacións

DEPARTAMENTO DE INGLÉS PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA 2º ESO - LINGUA INGLESA - 1º IDIOMA CURSO 2018 / 2019 IES DAVID BUJÁN

PRESENTACIÓN MATERIA MATERIA INGLÉS CURSO 1º BAC CURSO ACADÉMICO PROFESORA Mª CRUZ MASEDA FRANCOS

1º ESO CARMEN QUINTANA, ELBA NIEVES, MARGARITA ALFONSO

I.E.S. ORTIGUEIRA ÁREA DE LINGUAS ESTRANXEIRAS

GUÍA DE MIGRACIÓN DE CURSOS PARA PLATEGA2. Realización da copia de seguridade e restauración.

DEPARTAMENTO DE INGLÉS PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA

Acceso web ó correo Exchange (OWA)

PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA CURSO DEPARTAMENTO DE INGLÉS

Índice. EOI de Ferrol: Programación didáctica departamento de Inglés Curso 2017/2018 2

C.E.I.P. PRÁCTICAS de Ourense Programacións didácticas

Silencio! Estase a calcular

DEPARTAMENTO DE INGLÉS PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA 2º BACH - LINGUA INGLESA - 1º IDIOMA CURSO 2018 / 2019 IES DAVID BUJÁN

Programación do Departamento de Inglés da EOI de Lugo Curso

Alumna/o...Curso... 1) Para recuperar a materia pendente deberás seguir o plan de traballo que se especifica de seguido:

Programación. Didáctica. Departamento de Inglés

DEPARTAMENTO DE INGLÉS PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA

PROGRAMACION LINGUA INGLESA SEXTO CURSO 1- OBXECTIVOS 1.1- XERAIS 1.2-ESPECIFICOS

O SOFTWARE LIBRE NAS ENTIDADES DE GALIZA

Procedimientos Auditivos e Instrumentais DEPARTAMENTO COORDINADOR/A DA DISCIPLINA. CURSOS 1º curso 2º curso 3º curso 4º curso.

PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DEPARTAMENTO DE INGLES

PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA Área de Lingua Inglesa 5º Educación Primaria

R/Ponzos s/n Ferrol A Coruña Telf Fax

PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA. Área de Lingua Inglesa. 4º Educación Primaria

Ámbito da comunicación: lingua inglesa

Facultade de Fisioterapia

Programación 3º de EP LINGUA INGLESA

PROGRAMACIÓN DEPARTAMENTO DE INGLÉS -ESO -BACHARELATO -CICLOS -FORMACIÓN PROFESIONAL BÁSICA -ADULTOS

PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DEPARTAMENTO DE LINGUA GALEGA E LITERATURA CURSO

PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA ÁREA DE INGLÉS

NOME DO CENTRO: IES CANIDO CURSO ESCOLAR: 2016/2017 INGLÉS 1º ESO

PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DA MATERIA DE

T1, T3, (T5)*, T8, T11, T13 *solo grupos bilingüe X1, X3, X8, X10, X13, X18, X22, X23, X24 EI6, EI7

PROGRAMACIÓN ÁREA DE INGLÉS 2º CICLO DE EDUCACIÓN INFANTIL CEIP DE AGOLADA

PROGRAMACIÓN DE INGLÉS CURSO º ESO

PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA CURSO DEPARTAMENTO DE XAPONÉS

VIGOSÓNICO V C O N C U R S O V I D E O C L I P S Calquera proposta estética para o vídeo: cine, animación, cor, branco e negro,...

LINGUA INGLESA CURSO

MINISTERIO DE EDUCACIÓN Y CIENCIA

Obradoiro sobre exelearning. Pilar Anta.

Discurso literario e sociedade nos países de fala inglesa

Área de Inglés Curso escolar

Rede CeMIT Cursos Gratuítos de Alfabetización Dixital NOVEMBRO Aula CeMIT de Cuntis

Grao en Química. 2 0 Curso QUIMICA INORGÁNICA III. Guía Docente

DEPARTAMENTO DE INGLÉS PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA

Conservatorio Profesional de Música de Vigo. Programación OPTATIVA DE MÚSICA MODERNA (historia do rock&roll)

Grao en Química. 2 0 Curso QUIMICA INORGÁNICA III. Guía Docente

DEPARTAMENTO DE INGLÉS PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA

PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA INGLÉS

COLEGIO NUESTRA SEÑORA DEL ROSARIO.

PARTE I. VIVALDI: Concierto en MI M. op. 3 n.12

Segunda lingua estranxeira: inglés

EDUCACIÓN INFANTIL PROGRAMACIÓN DE CICLO CENTRO: CEIP Mª PITA CURSO: Páxina 1

QUINTO CURSO EDUCACIÓN PRIMARIA OBRIGATORIA

WITH CONNECT. Exercises assigned by your instructor. Exercises assigned by your instructor. Exercises assigned by your instructor

Conservatorio Profesional de Música de Vigo. Programación de Percusión

Se (If) Rudyard Kipling. Tradución de Miguel Anxo Mouriño

Abbreviations: PP: Puntos de Partida. SM: Supplementary Materials. TG: Teacher s Guide ON CONNECT. PP: La comida y las comidas. p.

Fonética e fonoloxía da língua galega

PROGRAMA FORMATIVO DA ESPECIALIDADE FORMATIVA TÉCNICAS DE MARKETING ON LINE, BUSCADORES, SOCIAL MEDIA E MÓBIL COMM049PO

CONSERVATORIO PROFESIONAL DE MÚSICA REVERIANO SOUTULLO PONTEAREAS

Conservatorio Profesional de Música de Vigo. Programación de Contrabaixo

DEPARTAMENTO DE INGLÉS PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA

Proxecto Curricular. I.E.S. Sanxillao. Proxecto Curricular IES SANXILLAO

Programación Percusión

Conservatorio Profesional de Música de Vigo. Programación de Viola

Informe do estudo de CLIMA LABORAL do Sergas

2.1. O PROXECTO LINGÜÍSTICO DE CENTRO

Concello de Baralla DENOMINACIÓN DA PRAZA/POSTO/EMPREGO: PERSOAL DE APOIO NO PAI. Concello de Baralla

ÁMBITO DE COMUNICACIÓN Lengua extranjera: Inglés

INGLÉS / MÓDULO 3 -ESPAD-

DSpace da Universidade de Santiago de Compostela

Abbreviations: PP: Puntos de Partida. SM: Supplementary Materials. TG: Teacher s Guide

PROGRAMACIÓNS POR AVALIACIÓN

PROPOSTA PEDAGÓXICA PROCESO DE FAMILIARIZACIÓN Á ESCOLA INFANTIL

marcoeuropeocomún de referencia para as linguas: aprendizaxe, ensino, avaliación

1. IDENTIFICACIÓN E CONTEXTUALIZACIÓN DISCIPLINA: INSTRUMENTO I (JAZZ - PIANO)

PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA CURSO: 4º E.S.O MATERIA: LATÍN

INSTITUCIÓN EDUCATIVA TÉCNICA SAGRADO CORAZÓN Aprobada según Resolución No NIT DANE SOLEDAD ATLÁNTICO.

STUDY GUIDE 8th Grade March - April 2019 Room Teacher: Mr. Elías Lozano TOPIC THEME PURPOSE RESOURCES. Find the slope using the slope formula.

CREATIVIDADE DA COMUNICACIÓN CULTURAL

REUNIÓN CONVOCATORIAS SUBVENCIÓNS 2018 SECCIÓN DE SERVIZOS SOCIAIS SERVIZO DE ACCIÓN SOCIAL, CULTURAL E DEPORTES

1. DATOS IDENTIFICATIVOS DA DISCIPLINA CÓDIGO Teorías do espectáculo e da comunicación Teorías do espectáculo II

Anexo IV: Xestionar o currículum da etapa:

PROGRAMACIÓN DE RELIXIÓN EVANXÉLICA 1º e 2º ESO

GUÍA DOCENTE E MATERIAL DIDÁCTICO

Transcription:

Ensinanza aprendizaxe Código: MD75010303 Data 1-9-09 PRESENTACIÓN DA Nº. Revisión: 2 MATERIA/MÓDULO Páxina 1 de 17 MATERIA/ MÓDULO CURSO / CICLO INGLÉS 3º ESO CURSO ACADÉMICO 2015-2016 PROFESOR FRANCISCO JOSÉ PÉREZ SAAVEDRA CONTIDOS Horas de clases semanais: 3 1ª Avaliación: Avaliación inicial (primeiras semanas de clase). Introduction + unidades 1, 2, 3. Diversas actividades extra para traballar o bloque 1: escoitar, falar e conversar. Libro de lectura obrigatoria: Danger at Shark Rock by Pauline Francis. Edit Burlington. Material de consulta e traballo dado polo profesor. Verbos irregulares. 2ª Avaliación: Unidades 4, 5, 6 (e os contidos das unidades anteriores: Starter Unit+unidades 1, 2, 3). Diversas actividades extra para traballar o bloque 1: escoitar, falar e conversar. Libro de lectura obrigatoria: Kidnapped by Robert Louis Stevenson. Editorial Burlington. Material de consulta e traballo dado polo profesor. 3ª Avaliación: Unidades 7, 8, 9 (e os contidos das unidades anteriores: Starter Unit+unidades 1, 2, 3, 4, 5, 6). Diversas actividades extra para traballar o bloque 1: escoitar, falar e conversar. Libro de lectura obrigatoria: A Dream Come True by Elspeth Rawstron. Edit. Burlington Books

Material de consulta e traballo dado polo profesor- En cada avaliación avaliaráse o libro de lectura correspondente. Estándares: Bloque 1: Comprensión de textos orais. 1. Capta os puntos principais e detalles relevantes de indicacións, anuncios, mensaxes e comunicados breves e articulados de maneira lenta e clara (p. e. reservar un voo, información sobre actividades nun campamento de verán, conversas sobre o tempo, os sentimentos ou as comidas), sempre que as condicións acústicas sexan boas e o son non estea distorsionado. 2. Entende o esencial do que se lle di en transaccións e xestións cotiás e estruturadas (p. e. en aeroportos, viaxes, campamentos, restaurantes, centros de lecer, de estudos ou traballo) 3. Identifica o sentido xeral e os puntos principais dunha conversación formal ou informal entre dous ou máis interlocutores, que ten lugar na súa presenza, cando o tema lle resulta coñecido e o discurso está articulado con claridade, a velocidade media e nunha variedade estándar da lingua. 4. Comprende, nunha conversación informal na que participa, descricións, narracións, puntos de vista e opinións sobre asuntos prácticos da vida diaria e sobre temas do seu interese, cando se lle fala con claridade, amodo e directamente, e se o interlocutor está disposto a repetir ou reformular o que dixo. 5. Comprende, nunha conversación formal, ou entrevista (p.e. en centros de estudos ou de traballo) na que participa o que se lle pregunta sobre asuntos persoais, educativos, ocupacionais ou do seu interese, así como comentarios sinxelos e predicíbeis relacionados cos mesmos, sempre que poida pedir que se lle repita, aclare ou elabore algo do que xa se lle dixo. 6. Distingue, co apoio da imaxe, as ideas principais e información relevante en presentacións sobre temas educativos, ocupacionais ou do seu interese (p. e., sobre un tema curricular, ou unha charla para organizar o traballo en equipo). 7. Identifica a información esencial de programas de televisión sobre asuntos cotiáns ou do seu interese, articulados con lentitude e claridade (p. e. noticias, documentais ou entrevistas), cando as imaxes axudan á comprensión Bloque 2: Produción de textos orais: expresión e interacción 1. Fai presentacións breves e ensaiadas, ben estruturadas e con apoio visual (p. e. transparencias ou PowerPoint), sobre aspectos concretos de temas do seu interese ou relacionados cos seus estudos ou ocupación, e responde preguntas breves e sinxelas dos oíntes sobre o contido das mesmas. 2. Desenvólvese correctamente en xestións e transaccións cotiás, como son as viaxes, o aloxamento, o transporte, as compras e o lecer, seguindo normas de cortesía básicas (saúdo e tratamento). 3. Participa en conversacións informais cara a cara ou por teléfono, ou outros medios técnicos, nas que estabelece contacto social, intercambia información e expresa opinións e puntos de vista, fai invitacións e ofrecementos, pide e ofrece cousas, pide e dá indicacións ou instrucións, ou discute os pasos que hai que seguir para realizar unha actividade conxunta. 4. Toma parte nunha conversación formal, reunión ou entrevista de carácter académico ou ocupacional (p. e. para presentarse, poñer queixas, discutir preferencias, denunciar un delito), intercambiando información suficiente, expresando as súas ideas sobre temas habituais, dando a súa opinión sobre problemas prácticos cando se lle pregunta directamente, e reaccionando de forma sinxela ante comentarios, sempre que

poida pedir que se lle repitan os puntos clave se o necesita. Bloque 3: Comprensión de textos escritos Identifica, con axuda da imaxe, instrucións de funcionamento e manexo de aparellos electrónicos ou de máquinas, así como instrucións para a realización de actividades e normas de seguridade (p. e., nun centro escolar, un lugar público ou unha zona de lecer). 2. Entende os puntos principais de anuncios e material publicitario de revistas ou Internet, formulados de xeito simple e claro, e relacionados con asuntos do seu interese, nos ámbitos persoal, académico e ocupacional. 3. Comprende correspondencia persoal en calquera formato na que se fala dun mesmo, na que se describen persoas, obxectos e lugares ou se narran acontecementos pasados, presentes e futuros, reais ou imaxinarios, e se expresan sentimentos, desexos e opinións sobre temas xerais, coñecidos ou do seu interese. 4. Entende o esencial de correspondencia formal na que se lle comunican asuntos do seu interese no contexto persoal, educativo ou ocupacional (p. e. sobre unha viaxe ou a realización de buscas en Internet). 5. Capta as ideas principais de textos xornalísticos breves en calquera soporte, se os números, os nomes, as ilustracións e os títulos vehiculan gran parte da mensaxe. 6. Entende información específica esencial en páxinas Web e outros materiais de referencia ou consulta claramente estruturados sobre temas relativos a materias académicas, asuntos ocupacionais, ou do seu interese (p. e. sobre un tema curricular, un programa informático, unha cidade, un deporte ou o ambiente), sempre que poida reler as seccións difíciles. 7. Comprende o esencial (p. e. nas lecturas graduadas ou nas seccións de Reading) de historias de ficción breves e ben estruturadas e faise unha idea do carácter dos distintos personaxes, das súas relacións e do argumento. Bloque 4: Produción de textos escritos: expresión e interacción 1. Identifica, con axuda da imaxe, instrucións de funcionamento e manexo de aparellos electrónicos ou de máquinas, así como instrucións para a realización de actividades e normas de seguridade (p. e., nun centro escolar, un lugar público ou unha zona de lecer). 2. Entende os puntos principais de anuncios e material publicitario de revistas ou Internet, formulados de xeito simple e claro, e relacionados con asuntos do seu interese, nos ámbitos persoal, académico e ocupacional. 3. Comprende correspondencia persoal en calquera formato na que se fala dun mesmo, na que se describen persoas, obxectos e lugares ou se narran acontecementos pasados, presentes e futuros, reais ou imaxinarios, e se expresan sentimentos, desexos e opinións sobre temas xerais, coñecidos ou do seu interese. 4. Entende o esencial de correspondencia formal na que se lle comunican asuntos do seu interese no contexto persoal, educativo ou ocupacional (p. e. sobre unha viaxe ou a realización de buscas en Internet). 5. Capta as ideas principais de textos xornalísticos breves en calquera soporte, se os números, os nomes, as ilustracións e os títulos vehiculan gran parte da mensaxe. 6. Entende información específica esencial en páxinas Web e outros materiais de referencia ou consulta claramente estruturados sobre temas relativos a materias académicas, asuntos ocupacionais, ou do seu interese (p. e. sobre un tema curricular, un programa informático, unha cidade, un deporte ou o ambiente), sempre que poida reler as

seccións difíciles. 7. Comprende o esencial (p. e. nas lecturas graduadas ou nas seccións de Reading) de historias de ficción breves e ben estruturadas e faise unha idea do carácter dos distintos personaxes, das súas relacións e do argumento Bloque 5: Coñecemento da lingua e consciencia plurilingüe e intercultural PLEB5.1. Desenvólvese na maioría das actividades de aula facendo un esforzo por utilizar a lingua estranxeira, cunha pronunciación clara, aceptable e comprensible dos esquemas fónicos e fonolóxicos básicos, aínda que teña que repetir algunha vez por solicitude das persoas interlocutoras, e pide axuda e aclaracións aos compañeiros e ás compañeiras cando non progresa a comunicación. PLEB5.2. Aplica adecuadamente os signos de puntuación elementais e as regras ortográficas básicas, na redacción de traballos e outros textos, para facerse comprensible case sempre PLEB5.3. Utiliza as convencións máis habituais propias da lingua estranxeira no desenvolvemento do proceso comunicativo (saúdos, rutinas para iniciar ou manter a quenda de palabra, fórmulas orais breves para manter a atención, facer preguntas por preferencias, expresar opinións, etc.) en rexistro estándar. PLEB5.4. Na propia lingua, identifica aspectos socioculturais básicos e visibles dos países onde se fala a lingua estranxeira, analizándoos comparativamente coas diversas culturas do resto do alumnado, de ser o caso, evitando estereotipos e valoracións etnocéntricas. PLEB5.5. Identifica e utiliza os expoñentes máis comúns propios do seu nivel para realizar as funcións comunicativas, así como os patróns discursivos de uso máis frecuente para o propósito comunicativo. PLEB5.6. Domina as estruturas morfosintácticas e discursivas máis habituais para comprender e expresar en rexistros estándar intencións e significados mediante as funcións comunicativas propias do seu nivel, e reflexiona sobre a utilidade do coñecemento adquirido noutras linguas para comprender e elaborar textos na lingua meta. PLEB5.7. Utiliza un vocabulario oral e escrito básico e suficiente para comprender e elaborar textos sinxelos en rexistro estándar propios do seu nivel educativo, e comprende e utiliza estratexias de comunicación e de redundancia do significado (imaxes e elementos paralingüísticos, cuasilingüísticos e paratextuais). PLEB5.8. Explica o sentido dun texto, resumíndoo ou reformulándoo, na propia lingua, para un interlocutor próximo real ou simulado que descoñece a lingua estranxeira, coa finalidade de facer o texto comprensible e garantir a relación fluída entre falantes e culturas, amosando respecto perante as diferenzas. PLEB5.9. Participa en proxectos (elaboración de materiais multimedia, folletos, carteis, recensión de libros e películas, obras de teatro, etc.) nos que se utilizan varias linguas e relacionados cos elementos transversais, evita estereotipos lingüísticos ou culturais, e valora as competencias que posúe como persoa plurilingüe.

OBXECTIVOS III. Obxectivos específicos por unidades UNIDADE 1: Home and Away Aprender vocabulario relacionado con lugares da cidade e con elementos urbanos. Ler de forma comprensiva e autónoma unha páxina web na que dous estudantes de intercambio narran as súas experiencias no estranxeiro e un texto sobre a Ponte da Baía de Sídney. Contrastar o uso do Present Simple e do Present Continuous. Utilizar correctamente os cuantificadores e os determinantes. Escoitar e comprender varias conversacións telefónicas e unha conversación onde se dan indicacións para chegar a un lugar. Falar sobre lugares da cidade. Preguntar por lugares da cidade. Dar indicacións para chegar a un lugar. Escribir a descrición dun lugar, prestando atención ao uso de palabras e expresións para incluír exemplos. Identificar e producir sons de especial dificultade, como en turn, corner e theatre e pronunciar correctamente os cognates. UNIDADE 2: What a Journey! Aprender vocabulario relacionado coas viaxes e cos sentimentos. Ler de forma comprensiva e autónoma a entrada dun blog e a biografía do explorador inglés Sir Walter Raleigh. Utilizar correctamente o Past Simple. Contrastar o uso do Past Simple e do Past Continuous. Escoitar e comprender unha conversación sobre a información publicada nun artigo dun xornal e outra sobre unha viaxe. Falar de exploradores e das súas expedicións. Describir feitos pasados. Informar sobre unha viaxe.

Escribir un texto sobre algo estraño que lles pasou, prestando atención ao uso das comiñas á hora de citar as palabras exactas que dixo unha persoa. Identificar a sílaba na que recae o acento nas palabras e entoar correctamente. UNIDADE 3: Achievements Aprender vocabulario relacionado cos logros dunha persoa e coas actividades. Ler de forma comprensiva e autónoma unha páxina web dun club de fans dun grupo musical e un texto sobre a orixe dos Scouts. Utilizar correctamente o Present Perfect Simple. Contrastar o uso do Present Perfect Simple e do Past Simple. Escoitar e comprender unha presentación dun traballo na clase e unha entrevista de traballo. Falar sobre personaxes famosos, experiencias no pasado e os seus intereses. Escribir un artigo sobre un acontecemento, prestando atención ao uso de adxectivos e adverbios de modo e ao grao superlativo en adxectivos e adverbios. Pronunciar correctamente a terminación -ed dos verbos regulares en pasado: /d/, /t/ e /id/ e as palabras que conteñen letras mudas. UNIDADE 4: A Plate of Food Aprender vocabulario relacionado coa comida e coa carta dun restaurante. Ler de forma comprensiva e autónoma un artigo sobre os hábitos alimentarios dos británicos e dos franceses e un texto con consellos para levar unha vida sa. Utilizar correctamente os adxectivos en grao comparativo e superlativo, así como as expresións less than, the least, (not) as as, too e (not) enough. Escoitar de maneira comprensiva unha conversación sobre a cea que se serviu nunha festa e outra sobre a carta dun restaurante. Comparar comidas. Presentar unha queixa nun restaurante. Expresar gustos e preferencias. Escribir unha crítica dun restaurante, prestando atención á orde dos adxectivos na oración. Identificar e producir o son /f/ en palabras como enough e recoñecer as palabras que van acentuadas nas oracións. UNIDADE 5: All About Sport Aprender vocabulario relacionado coas viaxes e cos seus preparativos. Ler de forma comprensiva e autónoma un artigo sobre as festas peculiares que se celebran noutros países e un texto sobre os labores de conservación no monte Kenya. Utilizar correctamente os tempos de futuro e o primeiro condicional. Escoitar e comprender unha conversación telefónica sobre os preparativos para unha viaxe e outra conversación sobre os plans para as vacacións. Falar sobre que levar de equipaxe a unha viaxe. Expresar plans futuros. Falar sobre plans para viaxar. Escribir un correo electrónico a un amigo/a que o vai visitar, para contarlle os seus plans, prestando atención ao uso de puntuación informal. Pronunciar correctamente a terminación en consoante das palabras e producir o ritmo e a entoación correcta. UNIDADE 6: Being a Friend Aprender vocabulario asociado coas relacións persoais e coa personalidade. Ler de forma comprensiva e autónoma un texto sobre o mito grego de Damón e Pitias e outro sobre a amizade que xurdiu entre dous atletas rivais durante os Xogos Olímpicos de Berlín de

1936. Utilizar correctamente os verbos modais. Escoitar e comprender unha conversación entre dous amigos, sobre os seus problemas, e un programa de radio. Pedir e dar consellos. Comparar habilidades. Escribir unha carta para pedir e dar consello sobre un problema, incluíndo feitos e opinións. Identificar e reproducir o son /h/, como en hurt. Pronunciar correctamente as palabras que conteñan a letra h muda, como en hour e as formas contraídas can't, shouldn't, mustn't e couldn't. Recoñecer as palabras que van acentuadas nas oracións. UNIDADE 7: Fighting Crime Aprender vocabulario relacionado coa delincuencia e con noticias de sucesos. Ler de forma comprensiva e autónoma un artigo sobre o uso das redes sociais por parte da policía, para identificar persoas que participaron nuns disturbios, e un texto sobre as consecuencias legais de descargar material de Internet de forma ilegal. Utilizar correctamente a voz pasiva en presente e en pasado. Escoitar e comprender unha conversación sobre os problemas que ten un mozo coa xustiza e unha entrevista dun policía a unha testemuña dun roubo. Falar sobre sucesos. Explicar o significado de palabras. Denunciar un delito. Escribir un artigo sobre un suceso, prestando atención ao uso das conxuncións finais. Identificar e producir sons de especial dificultade, como en drank e en drunk. Practicar a entoación das frases interrogativas. UNIDADE 8: Animal Planet Aprender vocabulario relacionado co mundo dos animais e coas partes do corpo dun animal. Ler de forma comprensiva e autónoma un artigo sobre a tecnoloxía inspirada na natureza, que se emprega á hora de fabricar produtos innovadores, e un texto sobre o achado de ADN nos ovos fosilizados dunha ave elefante. Aprender a formación das Subject / Object Questions. Utilizar correctamente os adverbios de modo e a súa forma comparativa. Escoitar de maneira comprensiva unha conversación entre dous amigos sobre o peixe globo, e un profesor/a impartindo clase de bioloxía. Pedir e dar información. Comparar accións. Describir e comparar animais. Escribir unha redacción sobre un animal, prestando atención ao uso das conxuncións e locucións adversativas. Identificar e producir sons de especial dificultade: /i:/, /i/ e /ei/ en chimpazee, funny e weigh. Pronunciar correctamente as palabras enlazadas. UNIDADE 9: Innovations Aprender vocabulario relacionado cos inventos e aparellos eléctricos. Ler de forma comprensiva e autónoma un artigo sobre un famoso inventor xaponés, e un texto sobre dous inventos para axudar a mellorar a calidade de vida das persoas máis desfavorecidas. Repasar a gramática que se estudou nas unidades anteriores. Escoitar de maneira comprensiva un programa de radio e un concurso sobre inventos. Intercambiar ideas.

Facer preguntas e contestalas. Intercambiar información sobre inventos. Escribir unha redacción sobre un invento, prestando atención ao uso das conxuncións copulativas. Identificar e producir sons de especial dificultade, como en nationality. Entoar correctamente. CONTIDOS MÍNIMOS Gramática: revisión de estruturas traballadas en cursos anteriores e novas estruturas: Be and have got There is/are There was/were Present simple and present continuous Much, many, a lot of Past simple Past continuous Past simple / past continuous Present Perfect: affirmative and negative Present Perfect: regular and irregular verbs Present perfect: questions Present perfect+just Present perfect+still, yet, already For and since Present perfect and Past simple Adverbs and adjectives of degree Too, too much, too many, enough, not enough Order of adjectives,comparative and superlative adjectives Pronouns and possesive adjectives Future and First conditional Modal verbs Present and past passive affirmative and negative Active to passive Present and past passive questions Connectors of purpose. Subject-object questions Adverbs of manner Connectors of contrast. Connectors of addition Adverbs of frequency Relative pronouns Prepositions Vocabulario: Todo o vocabulario traballado durante o curso, ben nas unidades ben aquel facilitado polo profesor/a ou de actividades adicionais, entre o que destaca: descrición xeográficas traballo tempo meteorolóxico lugares viaxes sentimentos logros actividades adxectivos de cualificación comida e bebida

relacións persoais adxectivos de personalidade crimes, noticias... animais corpo humano inventos e dispositivos. Redaccións: redaccións de diferentes textos sobre temas vistos na clase. As redaccións deben seguir as pautas dadas polo profesor/a, estar ben escritas e presentadas. O alumno debe demostrar unha evolución positiva e mellora na calidade das mesmas ao longo do curso. Lectura e comprensión de textos: lectura de diferentes tipos de textos, comprensión dos mesmos e respostas axeitadas ás preguntas que se lles pidan. Pronunciación, fala e escoita: o alumno debe amosar interese en mellorar a súa pronunciación, na aprendizaxe de novas palabras, e, ao seu nivel, intentar comunicarse na lingua inglesa. Debe entender información facilitada na lingua inglesa por diferentes medios e ser capaz de responder (oralmente ou por escrito) a preguntas sobre esa información. Libros de lectura: o alumno debe de ler 3 libros de lectura obrigatoria programados para este curso e superar as probas correspondentes. Todo o anterior debe estar acadado con un dominio adecuado para este nivel. SISTEMA DE AVALIACIÓN Os criterios de avaliación son os establecidos no currículo: Para o bloque de comprensión oral: B1.1. Coñecer e saber aplicar as estratexias máis adecuadas para a comprensión do sentido xeral, a información esencial, os puntos e as ideas principais, ou os detalles relevantes do texto. B1.2. Identificar información xeral e específica relevante de textos sinxelos emitidos cara a cara ou por medios audiovisuais sobre temas concretos e coñecidos (información básica sobre algunha materia do currículo, temas do seu interese ou ocupacionais propios da súa idade e do seu nivel escolar), pronunciadas con lentitude e claridade. B1.3. Comprender os puntos principais e información específica en mensaxes e anuncios públicos breves, claros e sinxelos, que conteñan instrucións, indicacións ou outra información, sempre que as condicións acústicas sexan boas e o son non estea distorsionado. B1.4. Identificar a información esencial, os puntos principais e os detalles máis relevantes en textos orais breves ou de lonxitude media, claramente estruturados, e transmitidos de viva voz ou por medios técnicos e articulados a unha velocidade media, nun rexistro formal, informal ou neutro, e que versen sobre asuntos cotiáns en situacións habituais ou sobre temas

xerais ou do propio campo de interese nos ámbitos persoal, público, educativo e ocupacional, sempre que as condicións acústicas non distorsionen a mensaxe e que se poida volver escoitar o dito. B1.5. Comprender o sentido xeral e a información específica de conversas claras e pausadas que teñen lugar na súa presenza, nas que se describan, narren ou se dean opinións sobre temas habituais para a súa idade e o seu nivel escolar, sempre que poida pedir información. B1.6. Comprender preguntas, solicitude de informacións e cambios moi evidentes de tema en situacións comunicativas cara a cara en que se lle pregunte sobre asuntos básicos e coñecidos persoais, educativos, ocupacionais ou do seu interese, sempre que poida pedir que se lle repita, aclare ou elabore algo do que se lle dixo. B1.7. Comprender o sentido xeral e a información específica sinxela de programas de televisión, tales como boletíns meteorolóxicos ou informativos, cando os comentarios conten cun apoio de imaxes moi redundantes. Para o bloque 2. Produción de textos orais: B2.1. Coñecer e saber aplicar as estratexias máis adecuadas para producir textos orais monolóxicos ou dialóxicos breves e de estrutura simple e clara, utilizando, entre outros, procedementos como a adaptación da mensaxe a patróns da primeira lingua ou outras, ou o uso de elementos léxicos aproximados, se non se dispón doutros máis precisos. B2. 2. Manexar frases curtas, grupos de palabras e fórmulas para desenvolverse de xeito suficiente e comprensible en breves intercambios en situacións habituais e cotiás, interrompendo en ocasións o discurso para procurar expresións, articular palabras menos frecuentes e reparar a comunicación en situacións menos comúns. B2.3. Interactuar de xeito sinxelo en intercambios claramente estruturados, utilizando fórmulas ou xestos simples para tomar ou ceder a quenda de palabra, aínda que se dependa en grande medida da actuación da persoa interlocutora. B2.4. Participar en conversas nas que se establece contacto social, intercámbiase información sobre temas sinxelos e habituais, onde se fan ofrecementos ou suxestións, se dan instrucións, e se expresan sentimentos, opinións, acordo e

desacordo, sempre que de cando en vez lle repitan ou lle volvan a formular o que din. B2.5. Participar en conversas básicas sobre temas predicibles e con propósitos comunicativos propios da súa idade (invitar, ofrecer axuda, propor, reaccionar perante invitacións e propostas), e expresar sentimentos e opinións de forma básica. B2.6. Participar de forma sinxela nunha entrevista persoal na que dá información, reacciona ante comentarios ou expresa ideas sobre cuestións habituais, sempre que poida pedir de cando en vez que lle aclaren ou repitan o dito. Para o bloque 3. Comprensión de textos escritos: B3.1. Coñecer e saber aplicar as estratexias máis adecuadas (identificación do tema dun texto coa axuda de ementos textuais e non textuais, uso dos coñecementos previos sobre o tema, inferencia de significados polo contexto, por comparación de palabras ou frases similares nas linguas que xa coñece, etc.), para a comprensión do sentido xeral, a información esencial, os puntos e as ideas principais, ou os detalles relevantes do texto. B3.2. Comprender, en notas persoais e anuncios públicos, mensaxes breves que conteñan información, instrucións e indicacións básicas relacionadas con actividades e situacións da vida cotiá. B3.3. Identificar a información esencial, os puntos máis relevantes e detalles importantes en textos, tanto en formato impreso como en soporte dixital, breves e ben estruturados, escritos nun rexistro formal, informal ou neutro, que traten de asuntos cotiáns, de temas de interese ou salientables para os propios estudos e as ocupacións, e que conteñan estruturas sinxelas e un léxico básico de uso común e habitual. B3.4. Comprender correspondencia persoal breve e sinxela na que se describen persoas, obxectos e lugares, se narran acontecementos sinxelos e se expresan sentimentos, desexos e opinións sobre temas xerais, coñecidos ou do seu interese. B3.5. Comprender correspondencia formal breve sobre cuestións prácticas relativas aos seus intereses nos ámbitos propios da súa idade e do seu nivel escolar. B3.6. Ler con certa autonomía textos adaptados de certa lonxitude adecuados á idade, aos intereses e ao nivel escolar,

seguindo a liña argumental, o carácter básico dos personaxes e as súas relacións. Para o bloque 4: Produción de textos orais: expresión e interacción B4.1. Escribir en papel ou en soporte electrónico textos breves, sinxelos e de estrutura clara sobre temas cotiáns ou de interese persoal, nun rexistro formal, neutro ou informal, utilizando adecuadamente os recursos básicos de cohesión, as convencións ortográficas básicas e os signos de puntuación máis comúns, cun control razoable de expresións e estruturas sinxelas e un léxico de uso frecuente. B4.2. Coñecer e aplicar estratexias adecuadas para elaborar textos escritos breves e de estrutura simple (por exemplo, copiando formatos, fórmulas e modelos convencionais propios de cada tipo de texto). B4.3. Empregar para comunicarse mecanismos sinxelos de cohesión textual axustados ao contexto e á intención comunicativa (repetición léxica, elipse, deíxe persoal, espacial e temporal, xustaposición, e conectores e marcadores discursivos frecuentes). B4.4. Escribir, en soporte impreso ou nas redes sociais, textos sinxelos e breves (notas, cartas persoais, postais, felicitacións, etc.), que conteñan información persoal ou relativa á vida cotiá, de primeira necesidade ou do seu interese, a partir de modelos previos, usando as fórmulas básicas de saúdo e despedida propias do soporte utilizado, adaptando a presentación ao tipo de texto e usando frases e oracións ben estruturadas e cunha orde lóxica. B4.5. Presentar os textos escritos de xeito coidado (con atención a marxes, riscaduras, liñas dereitas, letra clara, letras maiúsculas e minúsculas cando corresponda, separación de palabras ao final de liña, etc.), en soporte impreso e dixital, adecuados ao propósito comunicativo e valorando a importancia da presentación nas comunicacións escritas. Para o bloque 5. Coñecemento da lingua e consciencia plurilingüe e intercultural B5.1. Pronunciar e entoar de xeito claro e intelixible, aínda que resulte evidente o acento estranxeiro ou se cometan erros de pronunciación, sempre que non interrompan a comunicación, polos que as persoas interlocutoras teñan que solicitar

repeticións de cando en vez. B5.2. Valorar as linguas como medio para comunicarse e relacionarse con compañeiros e compañeiras doutros países, como recurso de acceso á información, e como instrumento de enriquecemento persoal ao coñecer culturas e maneiras de vivir diferentes. B5.3. Producir textos escritos sen faltas de ortografía significativas en palabras e expresións habituais propias do nivel. B5.4. Coñecer e utilizar, para a comprensión e a produción do texto oral monolóxico ou dialóxico e escrito, os aspectos socioculturais e sociolingüísticos relativos á vida cotiá (hábitos de estudo e de traballo, actividades de lecer, etc.), estruturas sociais, condicións de vida (contorno e estrutura social), relacións interpersoais (entre homes e mulleres, no traballo, no centro docente e nas institucións), comportamento (xestos, expresións faciais, uso da voz e contacto visual) e convencións sociais (costumes e tradicións), actuando coa debida propiedade e respectando as normas de cortesía máis importantes nos contextos respectivos B5.5. Na propia lingua, identificar diferenzas e semellanzas nos aspectos culturais visibles dos países onde se fala a lingua estranxeira e da propia cultura, coas diversas culturas do resto do alumnado, de ser o caso, amosando curiosidade e respecto perante as diferenzas. B5.6. Distinguir, e aplicar á comprensión e á produción do texto, a función ou as funcións comunicativas máis relevantes do texto e un repertorio dos seus expoñentes máis comúns e de uso máis frecuente na comunicación oral e escrita, así como os seus significados asociados (por exemplo, estrutura interrogativa para facer unha suxestión), e patróns discursivos de uso frecuente relativos á organización textual (introdución do tema, desenvolvemento e cambio temático, e pechamento textual). B5.7. Utilizar as experiencias lingüísticas e os coñecementos adquiridos en todas as linguas que coñece, para establecer similitudes e diferenzas coa nova lingua e desenvolver unha competencia comunicativa plurilingüe, e apreciar a riqueza

persoal e social que proporciona ser unha persoa plurilingüe. PROCEDEMENTOS E INSTRUMENTOS DE AVALIACIÓN Para os conceptos e os procedementos. Procedementos Instrumentos de avaliación Análise e resolución de preguntas variadas sobre textos Desenvolvemento dun tema Resolución de exercicios Probas escritas Resolución de casos prácticos Resolución de problemas Resposta a preguntas ou cuestións Test: verdadeiro -falso, textos mutilados, de opción múltiple,... Composición dun texto Elaboración de resumes, sínteses, esquemas, gráficas ou mapas conceptuais. Mapas, outros. Exposición dun tema Probas orais Resposta a preguntas Lectura expresiva Seguemento na aula e/ou exames orais se así o considera o profesor/a: monólogos e/ou diálogos Traballos de investigación,... de análise, Traballos individuais... de síntese, Escolma de textos Elaboración de informes Elaboración de wikis Presentacións, etc. Traballos en grupo Traballo na aula Listas de control Escalas de estimación Caderno do alumno/a Para as actitudes Procedementos Observación sistemática e rexistro Instrumentos de avaliación Cuestionarios Listas de control Escalas de estimación verbais ou numéricas, Caderno do alumno/a Grabación de voz e /ou vídeo dos exercicios realizados. Audicity ou similar.

SISTEMAS DE CUALIFICACIÓN Criterios de cualificación: SISTEMA DE CUALIFICACIÓNS: O alumno aprobará a materia sempre que cumpra os requisitos que a continuación se indican: 1. Salvo causa xustificada, entrega ao seu profesor dentro do período previamente acordado, todos os traballos programados. 2. Fai tres avaliacións e cada unha delas consta das partes que seguen: Grammar and vocabulary (4 puntos) Reading Comprehension (1,5 puntos, dos cales 1,0 puntos corresponden a exercicios sobre o libro de lectura obrigatoria de cada avaliación) Writing task (2,5 puntos) Listening (1 punto) Speaking (1 punto) Para aprobar cada avaliación o alumno ten que obter unha puntuación global mínima de 5 e, ao mesmo tempo, como mínimo o 30% da puntuación asignada a cada parte da materia, Se non se acada ese 30% de puntuación mínima en todas e cada unha das partes da da materia, a cualificación da avaliación non poderá ser superior a 4. Para recuperar unha avaliación suspensa o alumno deberá superar a seguinte avaliación. No caso da última avaliación, o alumno que a suspenda deberá recuperala na convocatoria de setembro. A puntuación máxima e mínima por cada apartado é o arriba indicado. Sempre que o alumno chegue en cada apartado a estes mínimos, a nota final de avaliación de contidos será a suma deste total. Os libros de lectura obrigatoria son serán avaliados unha vez, dentro da avaliación na que entren e coa puntuación indicada máis arriba. Non serán eliminatorios e non haberá recuperación deles. Os alumnos teñen que realizar todas as probas nas datas acordadas. (En caso de ausencia dun alumno a un exame este podería facelo outro día sempre e cando a ausencia sexa xustificada cun xustificante legal). A un alumno poderán restárselle ata tres puntos da sua valoración final cando: 1) presenta una actitude negativa ante a materia: non presta atención nas clases e molesta na marcha das mesmas; non se esforza por mellorar coñecementos (1,5 puntos) 2) presenta a libreta (notebook) e o workbook (a lápis) incompletos, sen ter en conta as normas dadas, mal presentados ou non se pode entender o que neles escribe (0.5) 3) non fai as súas tarefas diarias (1 punto).

Sempre que se cumpran os requisitos mínimos para aprobar mencionados máis abaixo, poderá incrementarse a nota final ata nun 10% por traballos específicos que o profesor determine. Realizaráse redondeo á alza na media final en cada avaliación cando o decimal sexa 0,50 ou superior sempre que o alumno tivera mostrado interese, traballo e esforzo. No caso de non acadar unha valoración positiva na avaliación poderá ser recuperada na seguinte xa que a avaliación é continua. O exame da 3ª avaliación será tamén exame final,e será eliminatorio, dado o carácter continuo da materia. A nota da avaliación ordinaria será : a) para quen non supere o exame final, a nota da convocatoria ordinaria será a obtida no sobredito exame final, redondeada á alza ou baixa, segundo proceda. b) para quen supere o exame final, a nota da convocatoria ordinaria será a máis alta das que seguen: b1) nota do exame final ou b2) media aritmética das notas da 1ª, 2ª e 3ª avaliación. PROGRAMA DE REFORZO E RECUPERACIÓN DE MATERIAS Teránse en conta, principalmente, as necesidades do alumnado e polo tanto atenderase á diversidade cun amplo abanico de actividades de ampliación e/ou reforzo. Así, as unidades de repaso do libro de texto e de exercicios do alumno Student s Book e Workbook facilitan a aprendizaxe, fomentan o repaso e o estudo periódico. Tamén o libro de recursos do profesor Teacher s Resource Pack contén actividades de repaso de nivel moi básico, así como actividades de ampliación dos contidos vistos. Todo estas actividades, se o profesor o considerado adecuado, serán ampliadas con outro material adicional. Ademais, dispoñemos tamén doutros recursos reais como páxinas web, dicionarios online, tesaurus, wikis Os contidos serán acumulables ao longo de todo o curso, favorecendo, por unha parte que o alumno non esqueza aqueles coñecementos xa adquiridos, e por outra permitindo a aqueles alumnos que non os superaron a posibilidade de facelo hasta finalizado o curso. A aprendizaxe aquí exposta é unha aprendizaxe progresiva; polo tanto, a avaliación e a recuperación serán continuas. Se un alumno aproba a avaliación superior, isto implica que aprobará de forma automática todo o anterior. Os alumnos que en xuño non acaden os contidos mínimos terán que presentarse á convocatoria de setembro. No suposto de que en setembro o alumno queda de novo pendente de recuperación, pasando ao curso superior coa materia de inglés suspensa, durante o período escolar o seu

profesor/a programarálle e axudarálle na realización dunha serie de tarefas extra para que o alumno traballe e vaia adquirindo o nivel que corresponda para a proba extraordinaria de maio. AVALIACIÓN EXTRAORDINARIA SETEMBRO O alumno suspenso na convocatoria de xuño, terá que facer o correspondente exame na convocatoria de setembro, que consta dos apartados que seguen: Grammar e Vocabulary (5 puntos) Reading (2 puntos) Writing task (3 puntos) Para aprobar nesta convocatoria é necesario obter un mínimo de 5 puntos na suma total e, ao mesmo tempo, un mínimo do 30% da puntuación en cada apartado do exame. A nota de avaliación redondearase á alza cando o decimal sexa 0,5 ou superior.