MISION COMERCIAL A TURQUÍA 3 8 XUÑO 2018 IG

Similar documents
RECIBO DE PRESENTACIÓN NO REXISTRO ELECTRÓNICO DA XUNTA DE GALICIA

O SOFTWARE LIBRE NAS ENTIDADES DE GALIZA

DOG Núm. 249 Xoves, 31 de decembro de 2015 Páx

GUÍA DE MIGRACIÓN DE CURSOS PARA PLATEGA2. Realización da copia de seguridade e restauración.

REUNIÓN CONVOCATORIAS SUBVENCIÓNS 2018 SECCIÓN DE SERVIZOS SOCIAIS SERVIZO DE ACCIÓN SOCIAL, CULTURAL E DEPORTES

COMO XOGAR A KAHOOT Se vas xogar por primeira vez, recomendámosche que leas este documento QUE É KAHOOT?

CONVOCATORIA E BASES REGULADORAS DAS SUBVENCIÓNS PARA O FOMENTO DO ASOCIACIONISMO E PARTICIPACIÓN CIDADÁ, ANO 2011

Acceso web ó correo Exchange (OWA)

DOG Núm. 92 Luns, 15 de maio de 2017 Páx

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO

Síntesis da programación didáctica

DOG Núm. 180 Xoves, 20 de setembro de 2012 Páx

DOG Núm. 82 Luns, 29 de abril de 2013 Páx

DOG Núm. 115 Xoves, 16 de xuño de 2011 Páx

AXUDAS PARA O PLAN MADRUGA 2017

CUESTIÓNS XERAIS A AMBOS PROCEDEMENTOS

DOG Núm. 249 Venres, 30 de decembro de 2016 Páx

Consellería de Sanidade

Sede Electrónica Concello de Cangas

O Software Libre nas Empresas de Galicia

VIGOSÓNICO V C O N C U R S O V I D E O C L I P S Calquera proposta estética para o vídeo: cine, animación, cor, branco e negro,...

Cumpridos catro anos dende a constitución do Consello Galego das Mulleres procede pois o inicio do procedemento de renovación

DOG Núm. 34 Venres, 16 de febreiro de 2018 Páx

R/Ponzos s/n Ferrol A Coruña Telf Fax

Nas presentes bases e tamén nos anexos I, II e IIII detállanse os requisitos específicos que deben reunir as persoas solicitantes.

PLAN DE COMUNICACIÓN DO PROGRAMA OPERATIVO DO FSE DE GALICIA

Orzamentos Xerais do Estado para 2016: Novidades en materia de Seguridade Social que xestionan as mutuas

CONTROL DE VERSIÓNS E DISTRIBUCIÓN

LEI 18/2011, DO 5 DE XULLO, REGULADORA DO USO DAS TECNOLOXÍAS DA INFORMACIÓN E DA COMUNICACIÓN NA ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

Primeira.- Facúltase a directora xeral da Familia para dicta-las resolucións que sexan necesarias para a execución e desenvolvemento desta orde.

CONCELLO DA TEIXEIRA (OURENSE)

Ordenanzas fiscais Páxina 1

(Modificado o art. 10 por acordo do Consello de Goberno do 24 de xullo de 2014)

Concello de Baralla DENOMINACIÓN DA PRAZA/POSTO/EMPREGO: PERSOAL DE APOIO NO PAI. Concello de Baralla

LEI 2/2011, do 16 de xuño, de disciplina orzamentaria e sustentabilidade financeira.

Santiago de Compostela, 21 de setembro de 2016 Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde Sonia Martínez Arca Xerente

CONSORCIO GALEGO DE SERVIZOS DE IGUALDADE E BENESTAR

ÓRGANO: SECRETARIA XERAL TÉCNICA E DO PATRIMONIO

BOP BOLETÍN OFICIAL DA PROVINCIA DA CORUÑA BOLETÍN OFICIAL DE LA PROVINCIA DE A CORUÑA

PROGRAMA FORMATIVO DA ESPECIALIDADE FORMATIVA TÉCNICAS DE MARKETING ON LINE, BUSCADORES, SOCIAL MEDIA E MÓBIL COMM049PO

CONCURSO PÚBLICO NÚMERO 8/2018

Fondo de Acción Social. Manual do Usuario de presentación de solicitudes do FAS

Lei 7/1998, do 30 de decembro, de medidas tributarias, de réxime orzamentario, función pública e xestión

Lei 5/1994, do 29 de novembro, de creación do ente público Portos de Galicia

DOG Núm. 115 Luns, 19 de xuño de 2017 Páx

DOG Núm. 72 Venres, 15 de abril de 2016 Páx

Ordenanzas fiscais Páxina 1

Silencio! Estase a calcular

12352 LEI 11/2007, do 22 de xuño, de acceso electrónico dos cidadáns aos servizos públicos. («BOE» 150, do )

ORDENANZA FISCAL Nº 11: REGULADORA DA TAXA POLO USO DE RECINTOS E INFRAESTRUTURAS DE CARÁCTER DEPORTIVO.

Asociación de Desenvolvemento Rural Ancares-Courel CONTRATACIÓN DO EQUIPO XESTOR GDR-5 TÉCNICOS/AS

CONCELLO DE PONTEDEUME (A CORUÑA) ENDEREZO LOCALIDADE PROVINCIA C.P. Nº SS.SS TELÉFONO DE CONTACTO

BASES DO PROCESO DE SELECCIÓN DO ALUMNADO-TRABALLADOR PARTICIPANTES NO OBRADOIRO DE EMPREGO VISTA REAL IV ( VILANOVA DE AROUSA )

BASES REGULADORAS DA CONVOCATORIA DE AXUDAS DE GASTOS FARMACÉUTICOS 2016/2017

UNHA ANÁLISE DA INDEPENDENCIA NA AUDITORÍA DE CONTAS

plan estratéxico 2016 >> 2020

DOG Núm. 43 Xoves, 1 de marzo de 2018 Páx

CONCELLOS CERVANTES. Anuncio

CONCELLO DE MESIA (A CORUÑA)

CRÉDITOS Edita: Dirección Xeral de Traballo e Economía Social Conselleria de Traballo e Benestar

Para xeral coñecemento, de acordo co disposto no artigo 38 da citada norma, faise necesaria a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

CONVOCATORIA DE BOLSAS PARA DEPORTISTAS DA SDC CURSO

Rede CeMIT Cursos Gratuítos de Alfabetización Dixital NOVEMBRO Aula CeMIT de Cuntis

JOSÉ LUIS TORTUERO PLAZA Catedrático de Dereito do Traballo e da Seguridade Social Universidade Complutense de Madrid

Manual de usuario CENDES. Centro de descargas da Xunta de Galicia

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO

Manual de usuario do módulo de control horario do sistema OPAX

DOG Núm. 71 Martes, 11 de abril de 2017 Páx

CURSO UNIVERSITARIO CON APROBACIÓN PROVISONAL DE HOMOLOGACIÓN POR PARTE DA CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E O.U.

Revista Galega de Economía ISSN: Universidade de Santiago de Compostela España

Guía para a elaboración das Estratexias de desenvolvemento local das zonas pesqueiras FEMP

MEMORIA COMITÉS DE ÉTICA DA INVESTIGACIÓN DE GALICIA PERÍODO

Informe do estudo de CLIMA LABORAL do Sergas

1. Natureza do servizo de axuda no Fogar (SAF) e descrición

-. Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local.

COCINA ECONÓMICA DE FERROL. CÓDIGO ÉTICO E DE BO GOBERNO Edición: 2

Responsabilidade social empresarial: igualdade de xénero

BOP BOLETÍN OFICIAL DA PROVINCIA DA CORUÑA BOLETÍN OFICIAL DE LA PROVINCIA DE A CORUÑA

XVI CARREIRA PEDESTRE DO NADAL CONCELLO SAN CIBRAO DAS VIÑAS 17 de decembro de 2017

4.- MULLER E SERVICIOS SOCIAIS

ANEXO XIII MODELO DE PROGRAMACIÓN DE MÓDULOS PROFESIONAIS

ORDENANZA MUNICIPAL DE TRAMITACIÓN DE ACTIVIDADES

NORMATIVA ACADÉMICA PARA O ALUMNADO DE INTERCAMBIO DA ESCOLA UNIVERSITARIA DE ESTUDOS EMPRESARIAIS (EUEE) UNIVERSIDADE DE VIGO

Información precontractual Cuenta Corriente Triodos Pag. 2

REGULAMENTO DO CONSELLO MUNICIPAL DE INFANCIA E ADOLESCENCIA DO CONCELLO DE REDONDELA

Proposta de resolución provisional

Expediente: 5193/2017

DOG Núm. 74 Martes, 18 de abril de 2017 Páx

Programación Proxecto empresarial

As características das prazas a cubrir cos integrantes da bolsa son:

Concello de Meaño BASES DE SELECCIÓN PARA A CONTRATACIÓN DE SEIS MONITORES/AS DE TEMPO LIBRE PARA O CONCELLO DE MEAÑO 2018.

ORDENANZA Nº 3: ORDENANZA FISCAL REGULADORA DO IMPOSTO SOBRE VEHÍCULOS DE TRACCIÓN MECÁNICA

A OUTRA CRISE: ENERXÍA, CAMBIO CLIMÁTICO E ECONOMÍA

Para tomar parte no citado concurso-oposición, será necesario reunir os seguintes REQUISITOS, (debendo presentar xustificante dos mesmos):

Xénero e discapacidade, unha dupla invisibilidade. Situación actual

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO

Name: Surname: Presto= very fast Allegro= fast Andante= at a walking pace Adagio= slow Largo= very slow

Carlos Servando MEMORIAL SALVAMENTO DEPORTIVO. 10 de outubro as 16:00. Piscina Carballo Calero Carballo. Organiza

CIRCULAR 16/2017 (modificada)

ADSCRICIÓN FUNCIONAL E HORARIO DO PROFESORADO NOS CENTROS DE INFANTIL E PRIMARIA

Transcription:

FOEXGA 2017-2018. CONVOCATORIA RESOLUCIÓN do 15 de setembro de 2017 pola que se dá publicidade do acordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras das axudas para o desenvolvemento do Plan Foexga 2016-2017, cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, así como a selección de entidades colaboradoras que participarán na súa xestión, e se procede á súa convocatoria en réxime de concorrencia non competitiva (DOG nº182 do 25.9.2017 - http://www.xunta.gal/dog/publicados/2017/20170925/anuncioo92-140917-0001_es.html ) MISION COMERCIAL A TURQUÍA 3 8 XUÑO 2018 IG-202.2017.1.39 A Cámara de Comercio de Santiago de Compostela e o IGAPE convocan a Misión Comercial a Turquía prevista do 3 ao 8 de Xuño de 2018. ORGANIZA: Cámara de Comercio de Santiago de Compostela e IGAPE COFINANCIA: FEDER / IGAPE. OBXECTO: Reforzar a posición das empresas e productos galegos no mercado de TURQUÍA, así como apoiar as empresas galegas que estean á procura de oportunidades comerciais en Turquía. Asimesmo, o obxectivo principal do Plan FOEXGA é acadar a internacionalización real das pemes galegas e propiciar a comercialización dos seus bens e servizos nos mercados exteriores. As empresas poden solicitar axendas de reunións organizadas pola OFICINA COMERCIAL DE ESPAÑA EN TURQUÍA (É OBRIGATORIO PARA SOLICITAR AXENDA QUE AS EMPRESAS TEÑAN PÁXINA WEB EN INGLÉS). LA OFICINA COMERCIAL INFORMARÁ AS EMPRESAS DE LAS POSIBILIDADES REAIS NESE MERCADO E ELIXIRÁ SU PARTICIPACIÓN BASÁNDOSE NO SEU COÑECEMENTO DO MERCADO. BENEFICIARIOS: Empresas que cumpran os requisitos conforme ao establecido nesta convocatoria de seguido e na lexislación vixente. En resumen, poden participar empresas PEMES galegas (segundo a definición da Unión Europea) de sectores diversos de actividade que desexen promocionar os seus produtos / servizos no ámbito internacional. As empresas deberán cumprir ca normativa de Minimis e estar o corrente de pago nas súas obrigacións tributarias, fronte a Seguridade Social e Facenda e as Cámaras de Comercio. Que estean dadas de alta en programas avanzados de Igape de apoio á internacionalización con informe positivo. SECTOR: Plurisectorial, DATAS: 3 ao 8 de Xuño 2018 CIDADES: ESTAMBUL e outras en función da axenda da empresa O Igape é xestor de fondos Feder do marco regulamentario 1420 no seguinte encaixe: Obxectivo temático 03: Mellorar a competitividade das pemes. Prioridade de investimento 03.04: Apoio á capacidade das pemes para crecer nos mercados internacionais. Obxectivo específico 03.04.03: Promover a internacionalización das pemes. Campo de Intervención 066: Servizos de axuda avanzados para pemes e grupos de pemes. Liña de actuación 18: Apoio financeiro para accións de promoción e implantación no exterior, e apoio financeiro para internacionalización via cooperación, e Liña de actuación 15: Promoción da cultura de internacionalización, presencia nos mercados exteriores, estratexia de posicionamento internacional de Galicia, aliñación coa axenda estratéxica Horizonte 2020 da UE. O indicadores de productividade correspondente é o número de empresas que reciben subvencións. E o indicador de resultado é o incremento do número de pemes exportadoras.

1. SELECCIÓN DAS EMPRESAS A selección das pemes efectuarase respectando a rigorosa orde da data da solicitude efectuada, e ata o esgotamento das prazas dispoñibles, sempre que cumpran os requisitos establecidos na convocatoria 2. PLAN DE VIAXE PREVISTO Nesta Misión Comercial de empresas galegas hai as seguintes opcións de participación: - Opción A: Con axenda de entrevistas a realizar pola OFICINA COMERCIAL DE ESPAÑA EN ESTAMBUL E ANKARA. NOTA IMPORTANTE: SERÁ A PROPIA OFICINA COMERCIAL DE ESPAÑA QUEN SELECCIONE ÁS EMPRESAS QUE DESEXEN AXENDA, EN FUNCIÓN DAS SÚAS POSIBILIDADES NO MERCADO ELIXIDO, SEGUNDO O SEU CRITERIO E EXPERIENCIA. OBRIGATORIO PÁXINA WEB EN INGLÉS PARA SOLICITAR AXENDA - Opción B: Sen axenda de entrevistas (contactos propios contactados pola empresa) PLAN DE VIAXE PREVISTO: SAIDA: 3 XUÑO CHEGADA A ESTAMBUL: 3 XUÑO. DÍAS DE TRABALLO EN ESTAMBUL: 4,5,6 7 Xuño, dependendo de axenda empresa. REGRESO: 8 DE XUÑO As empresas poderán adaptar a súa viaxe pernoctando un número de días subvencionable de ata 5 pernoctas y que se adapte ao número de entrevistas e actividade profesional que teñan, sempre tendo en conta as normas marcadas no convenio Foexga. Por favor consulten á Cámara en caso de dúbida. Para maior información por favor consulte o anexo de condicións de indicacións de viaxe e aloxamento. MOI IMPORTANTE: Unicamente se admitirán os gastos de viaxe do persoal da peme participante, entendendo por tal calquera traballador da peme contratado por conta allea, accionista, propietario, administrador ou representante legal, ou persoal contratado doutro modo para labores de internacionalización da empresa. Poderase solicitar documentación xustificativa. 3. CUSTO DE PARTICIPACION MOI IMPORTANTE: Son custos estimados e poden variar á baixa ou á alza. Axustaranse en cada caso. A Cámara de Comercio de Santiago regularizará coa empresa o importe solicitado no caso de que a cuota ingresada sexa superior aos gastos reais ou viceversa. o Detalle dos custos para participar na acción (a empresa ten que ingresar estas cantidades ao facer a inscrición): Participación sen axenda de entrevistas: 1.365 + 21% IVE = 1.651,65.- Participación con axenda de entrevistas: 2.065 + 21% IVE = 2.499.- Subvención estimada: (o IVE la empresa pódeo desgravar e non se subvenciona) - Sen axenda: 1.228,5.- Custo final estimado: 136,5.- - Con axenda: 1.858.- Custo final estimado: 207.-

o Estes custos inclúen: 1 persoa por empresa. Os prezos están calculados para 5 noites de aloxamento (poden ser menos se a empresa non necesita tantas noites de estancia ou ata 5 noites se o precisa a empresa). Consulte unha vez inscrito o anexo indicacións de viaxe e aloxamento. Billete de avión. Consulte unha vez inscrito o anexo indicacións de viaxe e aloxamento. Seguro de viaxe. Parte proporcional de gastos de xestión da subvención, información e asesoramento as empresas. En principio non está previsto acompañamento do técnico cameral. Si al final lo houbese se facturaría ademais a empresa a parte proporcional do viaxe, seguro, aloxamento, dietas e horas de acompañamento dunha persoa da Cámara organizadora. No caso de participación con axenda, o prezo inclúe a elaboración dunha axenda de entrevistas profesionais pola Oficina Comercial de España en TURQUIA. MOI IMPORTANTE: Todas estas condicións se basan no anexo V das bases reguladoras do Plan Foexga e na normativa do proprio Plan publicado no DOG nº182 do 25.9.2017: http://www.xunta.gal/dog/publicados/2017/20170925/anuncioo92-140917-0001_es.html RESUMO DOS CONCEPTOS PARA OS QUE A SUBVENCIÓN ESTÁ ESTIPULADA: A máxima cantidad subvencionable e de 4.000 sen IVA 90% billetes aéreos ata un custo máximo do 930.- 90% aloxamiento + almorzo ata un custo máximo de 100,44 por pernocta. 90% gastos de seguro de viaxe 90% gastos de xestión, info etc da Cámara organizadora 90% gastos de axenda de entrevista 4. REQUISITOS DOS BENEFICIARIOS Poderán ser beneficiarios destas axudas as empresas que cumpran os seguintes requisitos: Que cumpran a definición de peme segundo o anexo I do Regulamento nº651/2014 da Comisión, incluídas as pemes con obxecto social destinado á prestación de servizos técnicos, comerciais ou loxísticos. Que teñan algún centro de traballo radicado na Comunidade Autónoma de Galicia. Que estean dadas de alta en programas avanzados de Igape de apoio á internacionalización con informe positivo emitido a partir de 1 de xaneiro de 2013. A solicitude de alta en programas avanzados do Igape de apoio á internacionalización deberá facerse antes do prazo de fin de execución da actuación, a través do procedemento do Igape IG192. Que estean ao día das súas obrigas coa Facenda Pública, coa Comunidade Autónoma de Galicia e coa Seguridade Social e non ser considerados empresas en crise. Para estes efectos de empresa en crise, convén ter en conta a definición de empresa en crise que para as pemes aparece no apartado 18 do artigo 2 do Regulamento nº 651/2014 da Comisión. Tamén deberán cumplir os requisitos establecidos no artigo 10 da Lei9/2017, d0 13 de xuño, de subvencións de Galicia, para ser beneficiario da axuda, e cumprir as obrigas do artigo 11 da citada Lei de subvencions. Que cumpran a normativa de axudas de minimis segundo o previsto no Regulamento (UE) nº 1407/2013 da Comisión, do 18 de decembro de 2013, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea ás axudas de minimis (DOUE L 352, do 24 de decembro de 2013), para as empresas do sector pesqueiro no Regulamento (CE) nº 717/2014 da Comisión, do 27 de xuño de 2014, relativo á

aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da UE ás axudas de minimis no sector da pesca e da acuicultura (DOUE L 190, do 28.06.2014) e para as empresas do sector agrícola no Regulamento 1408/2013, do 18 de decembro, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea ás axudas de minimis no sector agrícola (DOUE L 352 do 24 de decembro de 2013). Que estean ao día de pagamentos adebedados ás Cámaras. Mediante a presentación da solicitude de participación na acción, os beneficiarios aceptan a tramitación a través da Entidade Colaboradora, que será, asimesmo a encargada de informar puntualmente o interesado sobre o estado da súa petición, o seus dereitos e obrigas, e das notificacións recibidas de acordo co establecido no artigo 16.2. O igape porá á disposición deste programa unha aplicación no enderezo na internet http://www.tramita.igape.es para os efectos de cubrir o cuestionario de participación electronicamente. 5. OBRIGAS DOS BENEFICIARIOS Son obrigas dos beneficiarios, sen prexuízo do disposto no artigo 11 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, as seguintes: a) Encontrarse ao día no pagamento das obrigas coa Facenda pública do Estado, da Administración autonómica, así como coa Seguridade Social. b) Someterse ás actuacións de inspección e control que o Igape poida efectuar respecto á xestión destas axudas e que permitan a xustificación financeira ante a Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, do Tribunal de Contas e do Consello de Contas, así como ás dos servizos financeiros da Comisión Europea e do Tribunal de Contas Europeo e ás verificacións do artigo 125 do Regulamento (UE) nº 1303/2013 do Consello. c) Difundir a convocatoria destas axudas nas súas páxinas web e dar a adecuada publicidade do carácter público do financiamento do proxecto polo Igape, a Xunta de Galicia e o Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional segundo o establecido no Anexo VII a estas bases e comunicar ás empresas esta obriga. (VER ANEXO PUBLICIDADE) d/ Subministrar,por requerimiento do Igape, durante un período de tres anos a partir o 31 de decembro de 2017, informe de resultados concretos obtidos gracias ao proxecto financiado, para os efectos de realizar as avaliacións oportunas sobre o resultado das actuacións financiadas. e) Subministrar toda a información necesaria para que o Igape poida dar cumprimento ás obrigas previstas no Título I da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno. As consecuencias do incumprimento desta obriga serán as establecidas no artigo 4.4 da devandita Lei. f) Manter un sistema de contabilidade separado ou un código contable axeitado en relación con todas as transaccións relacionadas con gastos subvencionados, sen prexuízo das normas xerais de contabilidade, que permita seguir unha pista de auditoría sobre os gastos financiados con fondos Feder e comunicar ás empresas esta obriga. g) Proporcionarlle á entidade colaboradora todos os documentos necesarios para poder tramitar as axudas establecidas nestas bases, así como acreditar os requisitos ou condicións que determinen a concesión da axuda, no prazo sinalado na resolución de convocatoria. h) Realizar o pagamento das facturas emitidas pola entidade colaboradora antes da data na que deban ser presentadas ante o Igape. O pagamento corresponderá ao importe total da factura emitida pola entidade colaboradora. Este pagamento debe estar debidamente documentado mediante xustificante bancario, tal e como establece o artigo 20 destas bases. A axuda aboarase a través da cámara unha vez finalizada a acción e cumpridas todas as obrigas. i) Participar nas actuacións que fundamenten a concesión da subvención, así como colaborar e achegar a documentación á entidade colaboradora. j) Comunicarlle á entidade colaboradora a obtención doutras subvencións, axudas, ingresos ou recursos que financien as actividades subvencionadas, así como a modificación das circunstancias que fundamentasen a concesión da subvención. Esta comunicación deberá efectuarse no momento en que se coñeza e, en todo caso, con anterioridade á xustificación da aplicación dada aos fondos percibidos. k) Responder a un cuestionario, a través da aplicación http://tramita.igape.es, relativo á actuación realizada, co obxecto de coñecer os resultados do Plan e trasladalos á Unión Europea. O Igape non aboará a subvención ata que se responda ao devandito cuestionario.

l) Conservar os documentos xustificativos da aplicación de fondos recibidos, incluídos os documentos electrónicos, durante un prazo de tres anos a partir do 31 de decembro seguinte á presentación das contas en que estean incluídos os gastos definitivos da operación concluída. Informarase ao beneficiario da data de comezo dese prazo. m) Proceder ao reintegro dos fondos percibidos nos supostos establecidos no artigo 33 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. 6. GASTOS SUBVENCIONABLES Gasto subvencionable: o importe facturado polas entidades colaboradoras para a organización e execución dos eventos subvencionables, polos seguintes conceptos e cos límites seguintes de gasto máximo subvencionable: CONCEPTO SUBVENCIONABLE Viaxe dunha persoa da empresa participante. No caso de Feiras, dúas persoas por Peme participante. Unicamente se admitiran os gastos de viaxe do persoal da Peme participante, entendendo por tal calquera traballador da Peme contratado por conta allea, accionista, propietario, administrador ou representante legal, ou persoal contratado doutro modo para labores de internacionalización da empresa. Só son subvencionables os gastos de viaxe correspondentes a avión, tren, e/o autobús. Aloxamento dunha persoa da empresa participante en réxime de aloxamento ou aloxamento e almorzo. Parte proporcional do gasto da viaxe dunha persoa da cámara organizadora que viaxe para apoio técnico en destino. Só son subvencianables os gastos de viaxe correspondentes a avión, tren, e/o autobús Parte proporcional do gasto do aloxamento dunha persoa da cámara organizadora. Parte proporcional de gastos de axudas de custo e desprazamentos locais dunha persoa da cámara que viaxe para apoio técnico en destino. Axudas de custo e desprazamentos correspondentes ao número de dias de pernoita en destino subvencionables, importe segundo per diem pais. LIMITE DE GASTO SUBVENCIONABLE PARA CADA EMPRESA E ACCIÓN NA QUE PARTICIPE Límites anexo V das bases reguladoras. Datas da viaxe subvencionable: entra a data da convocatoria e a data limite de presentación da solicitude de cobramento. Só se subvencionarán pernoitas comprendidas entre as datas das actuacións cun máximo de 5 pernoitas e tendo en conta os límites indicadosno anexo V. No caso de accións en máis dun país, engadiranse un máximo de 3 pernoitas máis subvencionadas por país, cun máximo total de 12 pernoitas. Límites anexo V das bases reguladoras. Só se subvencionarán pernoitas comprendidas entre as datas das actuacións cun máximo de 5 pernoitas e tendo en conta os límites indicadosno anexo V. No caso de accións en máis dun país, engadiranse un máximo de 3 pernoitas máis subvencionadas por país, cun máximo total de 12 pernoitas. Límites establecidos na seguinte ligazón da Comisión Europea: http://ec.europa.eu/europeaid/work/procedures/imple mentation/per_diems/index_en.htm (38% do importe per diem do país correspondente). Taxa de visado e seguro de viaxe dunha persoa da empresa participante e parte proporcional dunha persoa da cámara organizadora. Asistencia externa en destino no caso de que non o poidan facer as oficinas Pexga- para a realización de axendas e para organización da acción. Gastos de intérpretes para accións individuais e conxuntas. Aluguer do espazo, stand e/ou salas para a realización da acción, gastos de decoración básica, aluguer de mobiliario, gastos de mantemento, inserción no catálogo de expositores e outros gastos de servizos inherentes ao evento expositivo.

Gastos de envío de mostras e catálogos co seu seguro correspondente. Gastos de organización, información e asesoramento á peme(dossier de mercado, asesorías telefónicas, reunións previas, seguimento da axenda de entrevistas, elaboración de listados, xestión da subvención,informes etc): 15 horas por empresa participante no caso de ferias e exposiciones ou no caso de pemes beneficiarias que soliciten que a Cámara lle facilite unha axenda de reunions. 10 horas por Peme beneficiaria no resto de casos. Parte proporcional de horas de acompañamento á acción: A razón de 8 horas/por día de acción. LIMITE MAXÍMO DE GASTO SUBVENCIONABLE POR TODOS OS CONCEPTOS O custo elixible será o custo salarial (soldo, antigüidade, complementos salariais e custos de seguridade social), cun máximo de 40 /hora, correspondente ao tempo dedicado á prestación do servizo co límite de horas de dedicación indicado para cada concepto. Por cada empresa beneficiaria e por cada misión na que participe: 4.000 Por cada empresa beneficiaria e por cada evento expositivo no que participe: 12.000 7. CONTÍA DA AXUDA A contía da axuda será dun 90% sobre o importe dos gastos subvencionables. As achegas do Igape están cofinanciadas ao 80% polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do Programa Operativo Feder Galicia 2014-2020 e, en particular: Obxectivo temático 03: Mellorar a competitividade das pemes. Prioridade de investimento 03.04: Apoio á capacidade das pemes para crecer nos mercados internacionais. Obxectivo específico 03.04.03: Promover a internacionalización das pemes. 8. PRAZO E FORMA DE XUSTIFICACIÓN Para a tramitación da subvención a empresa participante deberá enviar á Cámara de Comercio toda a información que esta necesite para poder xustificar a correcta realización da acción conforme aos parámetros desta convocatoria, no momento en que a Cámara o solicite. O prazo para solicitar o cobramento será o de 30 días hábiles desde a finalización da acción. O Igape aboará as subvencións á entidade colaboradora para que esta ingrese ás pemes os importes íntegros -sen compensación doutros gastos non elixibles- correspondentes ás subvencións recibidas do Igape, nun prazo máximo de 30 días tras recibir a transferencia de Igape. Unha vez feitas as transferencias das subvencións ás pemes, as entidades colaboradoras deberán remitir ao Igape copia simple das transferencias efectuadas. Será de aplicación a regulación sobre o réxime de xustificación, pagamento, reintegro e réxime sancionador de subvencións contida na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia e o Decreto 11/2009 do 8 de xaneiro polo que se aproba o seu regulamento. 9. FORMALIZACION DE INSCRICIONS Data límite de inscrición: Empresas que soliciten Axenda: 11 de Abril 2018. Empresas que non soliciten axenda: 3 Maio 2018. ATENCIÓN: Se precisa axenda de entrevistas por favor fagan a súa inscrición o antes posible xa que do contrario é posible que non haxa tempo suficiente para facer a axenda con garantías. PLAZAS LIMITADAS Criterio de selección: por orden de chegada da documentación o ata o esgotamento do orzamento previsto para esta acción

Para formalizar a inscrición na acción, debe enviar á Cámara de Santiago de Compostela a seguinte documentación: Documentación para enviar á Cámara: 1) Solicitude de participación na acción, que obterá despois de cubrir un formulario descritivo a través da aplicación establecida no enderezo da internet: http://www.tramita.igape.es - ATENCIÓN: Se tivese problema para descarga-la ficha de inscrición por favor contacten con: Oficina internacionalización Igapex. Tel.: 981 541 678 E-mail: igapex@igape.es 2) Copia da acreditación da representación legal (escritura de constitución da sociedade ou escritura de poder) 3) Copia Certificados de estar o corrente coa AEAT, TGSS e Facenda 4) Xustificante de pago orixinal á c/c a nome da Cámara de Comercio de Santiago, polo importe da opción de viaxe elexida o OPCIÓN A 1.651,65.- (Sen Axenda) o OPCIÓN B 2.499.- (Con Axenda) DATOS DA CONTA BANCARIA ONDE REALIZAR O PAGO Nova Galicia Banco: ES37 2080 0300 80 3040113939 (Titular: Cámara de Comercio de Santiago de Compostela) 10. PENALIZACIÓN POR BAIXA VOLUNTARIA DA EMPRESA En caso de BAIXA VOLUNTARIA DA EMPRESA, establécense as seguintes penalizacións: A- Se a baixa se produce con 40 días ou máis de antelación á realización da acción, a penalización consistirá no aboamento dos gastos incorridos, ata o momento, por parte da empresa. B- Se se produce con 39 a 30 días de antelación á realización da acción, a empresa pagará o 50% da aportación establecida para participar na acción. C- Se se produce entre o comezo da misión e os 29 días anteriores á realización da acción, aboarase o 100 % da aportación. Se os gastos reais ocasionados superan as ditas porcentaxes, se lles repercutirán a maiores. 11. INFORMACION E INSCRICIONS Dpto. de Comercio Exterior, Cámara de Comercio de Santiago de Compostela C/ San Pedro de Mezonzo 44 bajo. Santiago Tel. 981 59.68.00 fpsoba@camaracompostela.com lcomercioexterior@camaracompostela.com MOI IMPORTANTE: Todas estas condicións están conforme as bases reguladoras do Plan Foexga publicadas no DOG nº182 do 25.9.2017: http://www.xunta.gal/dog/publicados/2017/20170925/anuncioo92-140917-0001_es.html