BOP BOLETÍN OFICIAL DA PROVINCIA DA CORUÑA BOLETÍN OFICIAL DE LA PROVINCIA DE A CORUÑA

Similar documents
-. Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local.

Concello de Castroverde

Para tomar parte no citado concurso-oposición, será necesario reunir os seguintes REQUISITOS, (debendo presentar xustificante dos mesmos):

Concello de Meaño BASES DE SELECCIÓN PARA A CONTRATACIÓN DE SEIS MONITORES/AS DE TEMPO LIBRE PARA O CONCELLO DE MEAÑO 2018.

Concello de Baralla DENOMINACIÓN DA PRAZA/POSTO/EMPREGO: PERSOAL DE APOIO NO PAI. Concello de Baralla

Praza do Concello, nº Vimianzo (A Coruña) Tel Fax

Expediente: 5193/2017

Santiago de Compostela, 21 de setembro de 2016 Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde Sonia Martínez Arca Xerente

Síntesis da programación didáctica

As características das prazas a cubrir cos integrantes da bolsa son:

O SOFTWARE LIBRE NAS ENTIDADES DE GALIZA

Nas presentes bases e tamén nos anexos I, II e IIII detállanse os requisitos específicos que deben reunir as persoas solicitantes.

REUNIÓN CONVOCATORIAS SUBVENCIÓNS 2018 SECCIÓN DE SERVIZOS SOCIAIS SERVIZO DE ACCIÓN SOCIAL, CULTURAL E DEPORTES

Cumpridos catro anos dende a constitución do Consello Galego das Mulleres procede pois o inicio do procedemento de renovación

VIGOSÓNICO V C O N C U R S O V I D E O C L I P S Calquera proposta estética para o vídeo: cine, animación, cor, branco e negro,...

ÓRGANO: SECRETARIA XERAL TÉCNICA E DO PATRIMONIO

CONCELLO DA TEIXEIRA (OURENSE)

CONCELLO DE PONTEDEUME (A CORUÑA) ENDEREZO LOCALIDADE PROVINCIA C.P. Nº SS.SS TELÉFONO DE CONTACTO

Sede Electrónica Concello de Cangas

CONCURSO PÚBLICO NÚMERO 8/2018

Acceso web ó correo Exchange (OWA)

DOG Núm. 115 Luns, 19 de xuño de 2017 Páx

DOG Núm. 82 Luns, 29 de abril de 2013 Páx

Ordenanzas fiscais Páxina 1

Asociación de Desenvolvemento Rural Ancares-Courel CONTRATACIÓN DO EQUIPO XESTOR GDR-5 TÉCNICOS/AS

COMO XOGAR A KAHOOT Se vas xogar por primeira vez, recomendámosche que leas este documento QUE É KAHOOT?

Para xeral coñecemento, de acordo co disposto no artigo 38 da citada norma, faise necesaria a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

DOG Núm. 34 Venres, 16 de febreiro de 2018 Páx

DOG Núm. 115 Xoves, 16 de xuño de 2011 Páx

Ordenanzas fiscais Páxina 1

Orzamentos Xerais do Estado para 2016: Novidades en materia de Seguridade Social que xestionan as mutuas

GUÍA DE MIGRACIÓN DE CURSOS PARA PLATEGA2. Realización da copia de seguridade e restauración.

DOG Núm. 249 Xoves, 31 de decembro de 2015 Páx

BASES DO PROCESO DE SELECCIÓN DO ALUMNADO-TRABALLADOR PARTICIPANTES NO OBRADOIRO DE EMPREGO VISTA REAL IV ( VILANOVA DE AROUSA )

CONCELLO DE MESIA (A CORUÑA)

Lei 7/1998, do 30 de decembro, de medidas tributarias, de réxime orzamentario, función pública e xestión

LEI 18/2011, DO 5 DE XULLO, REGULADORA DO USO DAS TECNOLOXÍAS DA INFORMACIÓN E DA COMUNICACIÓN NA ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

DOG Núm. 180 Xoves, 20 de setembro de 2012 Páx

BASES REGULADORAS DA CONVOCATORIA DE AXUDAS DE GASTOS FARMACÉUTICOS 2016/2017

BLOQUE 0: O PARLAMENTO DE GALICIA, ORGANIZACIÓN E FUNCIONAMENTO. IGUALDADE.

ORDENANZA MUNICIPAL DE TRAMITACIÓN DE ACTIVIDADES

AXUDAS PARA O PLAN MADRUGA 2017

2- Quen dos seguintes non teñen a condición de interesados?

Lei 5/1994, do 29 de novembro, de creación do ente público Portos de Galicia

Consellería de Sanidade

Pz. Do Concello, nº2. Bertamiráns Telf: AMES (A Coruña) Fax:

Corresponderá ó Tribunal Económico-Administrativo Municipal o exercicio das seguintes funcións:

ORDENANZA FISCAL REGULADORA DO IMPOSTO SOBRE VEHÍCULOS DE TRACCIÓN MECÁNICA NO CONCELLO DE REDONDELA

CONVOCATORIA DE BOLSAS PARA DEPORTISTAS DA SDC CURSO

DOG Núm. 249 Venres, 30 de decembro de 2016 Páx

CONCELLOS CERVANTES. Anuncio

Silencio! Estase a calcular

ORDENANZA FISCAL Nº 11: REGULADORA DA TAXA POLO USO DE RECINTOS E INFRAESTRUTURAS DE CARÁCTER DEPORTIVO.

BOP BOLETÍN OFICIAL DA PROVINCIA DA CORUÑA BOLETÍN OFICIAL DE LA PROVINCIA DE A CORUÑA

ORDENANZA Nº 3: ORDENANZA FISCAL REGULADORA DO IMPOSTO SOBRE VEHÍCULOS DE TRACCIÓN MECÁNICA

12352 LEI 11/2007, do 22 de xuño, de acceso electrónico dos cidadáns aos servizos públicos. («BOE» 150, do )

RECIBO DE PRESENTACIÓN NO REXISTRO ELECTRÓNICO DA XUNTA DE GALICIA

REGULAMENTO DO CONSELLO MUNICIPAL DE INFANCIA E ADOLESCENCIA DO CONCELLO DE REDONDELA

PARTE I. VIVALDI: Concierto en MI M. op. 3 n.12

ANUNCIO. Bases do Concurso de ideas para o deseño do logotipo conmemorativo do 800 aniversario do traslado de Betanzos

CONVOCATORIA E BASES REGULADORAS DAS SUBVENCIÓNS PARA O FOMENTO DO ASOCIACIONISMO E PARTICIPACIÓN CIDADÁ, ANO 2011

(Modificado o art. 10 por acordo do Consello de Goberno do 24 de xullo de 2014)

CUESTIÓNS XERAIS A AMBOS PROCEDEMENTOS

Bases do Concurso Logo ANPA Vila do Arenteiro BASES DO CONCURSO. 1. OBXECTO e TEMATICA DO CONCURSO 2. TIPO DE CONCURSO

Rede CeMIT Cursos Gratuítos de Alfabetización Dixital NOVEMBRO Aula CeMIT de Cuntis

CENTRAL DE CARÁCTER CONSULTIVO ELECCIÓNS

R/Ponzos s/n Ferrol A Coruña Telf Fax

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO

PRIMEIRA: OBXECTO, FINALIDADE E CONDICIÓNS

Facultade de Fisioterapia

Primeira.- Facúltase a directora xeral da Familia para dicta-las resolucións que sexan necesarias para a execución e desenvolvemento desta orde.

Manual de usuario CENDES. Centro de descargas da Xunta de Galicia

CIRCULAR 16/2017 (modificada)

DOG Núm. 92 Luns, 15 de maio de 2017 Páx

Fondo de Acción Social. Manual do Usuario de presentación de solicitudes do FAS

Segunda lingua estranxeira: inglés

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

Discurso literario e sociedade nos países de fala inglesa

1. Natureza do servizo de axuda no Fogar (SAF) e descrición

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO

Universida JiSo. i*-- _rt,-f-,i.j'*i=_ i. i f l';':irif sé* *E: *c* - ñegii';i,=* i. i.**_.*-- i :: i' :, : Írft:: i-itr ::ñi:::fifil*,f?!:.,11!

LEI 2/2011, do 16 de xuño, de disciplina orzamentaria e sustentabilidade financeira.

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO

ESTATUTOS DA ASOCIACIÓN PEDAGÓXICA NOVA ESCOLA GALEGA

MEMORIA COMITÉS DE ÉTICA DA INVESTIGACIÓN DE GALICIA PERÍODO

MISION COMERCIAL A TURQUÍA 3 8 XUÑO 2018 IG

CONTROL DE VERSIÓNS E DISTRIBUCIÓN

ART. 4: CONTROL TÉCNICO DA CARREIRA As carreiras estarán controladas polo Comité Nacional de Xuíces da RFEA e o Comité Galego de Xuíces da FGA.

GUÍA PARA PERSOAS CANDIDATAS PROBAS DE CERTIFICACIÓN DE NIVEL BÁSICO (A2) ESCOLAS OFICIAIS DE IDIOMAS GALICIA

MEMORIA DE AVALIACIÓN DA CALIDADE: INFORME DE RESULTADOS PROGRAMACIÓN: ACCIÓNS FORMATIVAS DIRIXIDAS PRIORITARIAMENTE ÁS PERSOAS TRABALLADORAS

CURSO UNIVERSITARIO CON APROBACIÓN PROVISONAL DE HOMOLOGACIÓN POR PARTE DA CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E O.U.

COCINA ECONÓMICA DE FERROL. CÓDIGO ÉTICO E DE BO GOBERNO Edición: 2

Manual de usuario do módulo de control horario do sistema OPAX

ÁMBITO DE COMUNICACIÓN Lengua extranjera: Inglés

ADSCRICIÓN FUNCIONAL E HORARIO DO PROFESORADO NOS CENTROS DE INFANTIL E PRIMARIA

PLAN DE COMUNICACIÓN DO PROGRAMA OPERATIVO DO FSE DE GALICIA

Procedimientos Auditivos e Instrumentais DEPARTAMENTO COORDINADOR/A DA DISCIPLINA. CURSOS 1º curso 2º curso 3º curso 4º curso.

4.- MULLER E SERVICIOS SOCIAIS

Ferrolterra Emprende co obxecto de recoñecer e premiar a labor dos

NORMATIVA ACADÉMICA PARA O ALUMNADO DE INTERCAMBIO DA ESCOLA UNIVERSITARIA DE ESTUDOS EMPRESARIAIS (EUEE) UNIVERSIDADE DE VIGO

Transcription:

BOP www.dacoruna.gal BOLETÍN OFICIAL DA PROVINCIA DA CORUÑA BOLETÍN OFICIAL DE LA PROVINCIA DE A CORUÑA MÉRCORES, 26 DE SETEMBRO DE 2018 MIÉRCOLES, 26 DE SEPTIEMBRE DE 2018 BOP NÚMERO 184 Administración Local Municipal Ames Bases da convocatoria do proceso selectivo para a creación dunha bolsa de traballo de administrativos do Concello de Ames ANUNCIO CONVOCATORIA DO PROCESO SELECTIVO PARA A CREACIÓN DUNHA BOLSA DE TRABALLO DE ADMINISTRATIVOS DO CONCELLO DE AMES Por resolución desta Alcaldía núm. 1983/2018, de 20 de setembro, resolveuse a aprobación das bases da convocatoria para a creación dunha bolsa de traballo de administrativos do Concello de Ames, e que se transcriben a continuación: BASES DO PROCESO SELECTIVO PARA A CREACIÓN DUNHA BOLSA DE TRABALLO DE ADMINISTRATIVOS DO CONCELLO DE AMES 1. Obxecto As presentes bases teñen como obxecto regular un procedemento para a creación dunha bolsa de traballo de administrativos/as do Concello de Ames. A estas bolsas de traballo, unicamente se acudirá en situacións excepcionais, como pode ser a existencia dunha vacante, a substitución do titular ou que por circunstancias excepcionais sexa necesario facer un reforzo de servizo. Son bolsas que non se usarán nunca para a cobertura en propiedade dunha praza, so para situacións excepcionais e con carácter, en todo caso, temporal. A creación desta bolsa de traballo anulará calquera outra que poida existir no Concello de Ames, de características similares e para o mesmo tipo de postos. 2. Características do posto Denominación: Administrativo Grupo de clasificación: subgrupo C1 Titulación: Estar en posesión o en condición de obtelo antes da finalización do prazo de presentación de solicitudes do título de bacharelato, técnico ou equivalentes Contido funcional: Colaborar na xestión de expedientes e seguimento dos asuntos Colaborar na organización dos respectivos servizos Tramitar expedientes e documentos Redactar acordos ou resolucións de conformidade cos modelos que sexan facilitados pola Secretaría do Concello Informar e atender ao público, en defecto de auxiliares e subalternos Xeira de traballo: A que se determine para cada caso concreto 3. Requisitos dos aspirantes. Para poder tomar parte na presente convocatoria, os aspirantes deberán reunir, antes do remate do prazo de presentación de instancias, os seguintes requisitos: a. Ter a nacionalidade española ou algunha outra que, con arranxo ao disposto no artigo 52 da Lei 2/2015, de 29 de abril, de Emprego Público de Galicia (LEPG), permita o acceso ao emprego público. b. Estar en posesión, ou en condicións de obtelo na data na que remate o prazo de presentación de solicitudes, do título de bacharelato, técnico ou equivalentes Página 1 / 8

c. Non haber sido separado mediante expediente disciplinario do servizo de ningunha Administración Pública ou dos órganos constitucionais ou estatutarios das Comunidades Autónomas (CCAA), nin estar na situación de inhabilitación absoluta ou especial para o desempeño de empregos ou cargos públicos por resolución xudicial, cando se tratara de acceder ao corpo ou escala de persoal funcionario do que a persoa houbera sido separada ou inhabilitada. No caso de persoal laboral, non haber sido separado mediante expediente disciplinario de ningunha Administración pública ou dos órganos constitucionais ou estatutarios das CCAA, nin estar na situación de inhabilitación absoluta ou especial para o desempeño de empregos ou cargos públicos por resolución xudicial, cando se tratara de acceder á mesma categoría profesional á que se pertencía. No caso de nacionais doutros Estados, non estar inhabilitado ou en situación equivalente, nin haber sido sometido a sanción disciplinaria ou equivalente que impida no Estado de procedencia o acceso ao emprego público nos termos anteriores. d. Ter cumpridos os 16 anos e non exceder, no seu caso, da idade máxima de xubilación forzosa. e. Estar en posesión das capacidades e aptitudes físicas e psíquicas que sexan necesarias para o desempeño das correspondentes funcións ou tarefas. f. Estar en posesión do CELGA 4, ou equivalente, ou estar en condicións de obtelo antes do remate do prazo de presentación de instancias A dita acreditación da competencia en lingua galega realizarase de conformidade ao previsto na normativa de aplicación; con arranxo ao Sistema de Certificación de Lingua galega (CELGA) actualmente vixente, ou as súas certificacións equivalentes, debidamente homologadas polo órgano competente en materia de política lingüística da Xunta de Galicia (nos termos do previsto na Orde de 16 de xullo de 2007, e Orde de 10 de febreiro de 2014, que modifica a anterior, ao respecto dos certificados oficiais acreditativos dos niveles de coñecemento de lingua galega). En todo caso, e con arranxo ao previsto no artigo 51.2 da Lei do Emprego Público de Galicia, os/as aspirantes que non acrediten documentalmente a dita competencia da lingua galega requirida (CELGA 4, ou equivalente), ou que non estean en condición de acreditala documentalmente dentro do prazo de presentación de instancias, deberán realizar unha proba específica de competencia en lingua galega, de conformidade ao previsto no punto 9 destas destas bases, e que cualificará ao/á aspirante como apto/a ou non apto/a. 4. Presentación de solicitudes. As solicitudes/instancias para tomar parte no proceso selectivo presentaranse, conforme ao modelo que figura como ANEXO I das presentes bases, no rexistro xeral do Concello, en horario de atención ao público (de 09:00 h. a 14:00 h.), e no prazo de dez (10) días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio desta convocatoria no BOP da Coruña. Igualmente, ditas solicitudes tamén poderán presentarse por calquera das formas previstas no artigo 16.4 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas. Xunto coa dita solicitude/instancia (a presentar segundo modelo do Anexo I, e asinada), os/as aspirantes deberán achegar a seguinte documentación, que deberá presentarse en documento orixinal ou copia debidamente cotexada/ compulsada: Fotocopia do D.N.I. Fotocopia da titulación esixida no apartado 3.b). Declaración xurada de aceptar as bases e de cumprir os requisitos esixidos no apartado 3 das mesmas. Relación de méritos acompañada dos xustificantes acreditativos dos mesmos. Xustificante de ter aboados os dereitos de exame. As persoas discapacitadas deberán facelo constar nas súas instancias sinalando se precisan adaptación das probas. A condición de discapacitado/a acreditarase coa certificación correspondente expedida polo órgano competente. 5. Dereitos de exame Os dereitos de exame corresponderanse coa tarifa dun subgrupo C1, e deberán ser aboados obrigatoriamente a través da folla de autoliquidación de taxas, á que se poderá acceder a través da seguinte dirección: http://www.concellodeames.gal/ames_dixital_oficina_virtual_tributaria.php?idioma=es Os dereitos de exame estarán bonificados e terán cota cero nos seguintes casos: persoas con discapacidade igual ou superior ao 33% (para o que deberá presentar o certificado de discapacidade correspondente) e para aquelas que figuren como demandantes de emprego durante o prazo, ao menos, de seis meses anteriores á data da convocatoria das probas Página 2 / 8

selectivas nas que solicite a súa participación (para o que deberá presentar o certificado de períodos de inscrición expedido pola oficina de emprego correspondente). 6. Admisión dos aspirantes Expirado o prazo de presentación de instancias, a Alcaldía ditará resolución declarando aprobada a lista provisional de admitidos/as e excluídos/as. En dita resolución, que se publicará no taboleiro da sede electrónica e na páxina web do Concello de Ames, indicarase o nome, apelidos e DNI dos admitidos/as e excluídos/as, coas causas da exclusión, e concedendo un prazo de cinco (5) días hábiles para a subsanación da documentación necesaria para participar no proceso. No caso de que non existan aspirantes excluídos/as, a lista de admitidos/as quedará aprobada definitivamente sen abrir o prazo de subsanación de documentación. Só se terán en conta para a fase de concurso os méritos aportados dentro do prazo de presentación de solicitudes, non tomándose en consideración os que se acheguen con posterioridade ao remate de dito prazo, que serán considerados como achega de nova de documentación fora de prazo. As reclamacións será aceptadas ou rexeitadas por resolución da Alcaldía, aprobando a lista definitiva de admitidos/as e excluídos/as; na mesma, determinarase o lugar, data e hora de comezo do proceso selectivo, así como a composición definitiva do Tribunal. A referida resolución publicarase no Taboleiro da sede electrónica do Concello de Ames e na paxina web municipal. 7.- Tribunal cualificador. O tribunal, cuxa composición se adecuará aos criterios de imparcialidade e profesionalidade, así como aos restantes requisitos previstos, ao efecto, pola normativa de aplicación (artigos 60 do Texto Refundido da Lei do Estatuto Básico do Empregado Público e 59 da Lei do Emprego Público de Galicia), estará conformado polos seguintes integrantes (dos que se deberá nomear, en todo caso, titulares e suplentes): - Presidente - 3 Vogais. - Secretario/a O tribunal non poderá constituírse, nin actuar, sen a presenza, cando menos, de tres de seus membros, titulares ou suplentes, debendo estar presentes en todo caso o presidente/a e o/a secretario/a. De tódalas reunións que celebre o tribunal, o/a secretario/a redactará a correspondente acta. Os membros do tribunal absteranse de intervir, e o comunicarán á autoridade convocante, cando concorra algunha das circunstancias previstas, ao efecto, na normativa reguladora de réxime xurídico das administracións públicas. Así mesmo, os aspirantes poderán recusar aos membros do tribunal cando concorran ditas circunstancias. O tribunal resolverá, por maioría de votos dos seus membros presentes, tódalas dúbidas e/ou cuestións que se susciten ao respecto da aplicación e/ou interpretación das normas contidas nestas bases, así como nos supostos non previstos nas mesmas (recabando, no seu caso, a emisión de informe e/ou opinión especializada por parte dos asesores que, ao efecto, poidan ter sido requiridos) O tribunal poderá dispoñer a incorporación, nos supostos en que así o estime oportuno (previo acordo formal adoptado ao respecto), e aos efectos da asistencia/colaboración na súa actuación e/ou traballos propios, de asesores; que actuarán con voz e sen voto, limitándose ao exercicio das especialidades técnicas/profesionais en base ás cales foran requiridos para o dito asesoramento. Os membros concorrentes ás sesións do tribunal, e para os efectos de percepcións de asistencias, se clasificarán consonte o disposto no Real Decreto 462/2002 sobre indemnizacións por razóns de servizo ( e normativa concordante e/ ou substitutiva) En todo o non previsto nas presentes bases, o procedemento de actuación do tribunal axustarase ao establecido na normativa aplicable á formación da vontade dos órganos colexiados. 8.- Comezo e criterios xerais do desenvolvemento do proceso selectivo. Coa resolución comprensiva da relación definitiva de aspirantes admitidos e excluídos, a publicar no taboleiro de anuncios da sede electrónica e na web municipais, determinarase a composición nominativa do tribunal cualificador, o lugar, data e hora na que se citará ao mesmo para a súa primeira sesión (constitutiva), así como para o inicio do proceso selectivo. O sistema selectivo empregado será o de concurso- oposición libre. Os sucesivos anuncios sobre puntuación e realización das probas da fase de concurso e de oposición, así como aqueloutros anuncios que poidan proceder, efectuarase no taboleiro de anuncios da sede electrónica e na web municipais. Página 3 / 8

Se durante o desenvolvemento do proceso selectivo chegase a coñecemento do tribunal que algún dos aspirantes carece de calquera dos requisitos esixidos na convocatoria, será excluído, previa audiencia do interesado, comunicándoo no mesmo día á autoridade que convocou o proceso selectivo. Os exercicios da fase oposición serán de carácter obrigatorio e eliminatorio, agás o que, de ser o caso, se deba realizar para a acreditación do coñecemento do galego (no que os/as aspirantes serán cualificados como aptos ou non aptos). 9. Acreditación da competencia en Lingua Galega As persoas aspirantes que non acrediten estar en posesión do nivel de coñecemento de galego requirido (CELGA 4 ou equivalente) ou que non estean en condicións de acreditalo documentalmente dentro do prazo de presentación de instancias, deberán realizar unha proba específica de competencia en lingua galega, antes do inicio da fase de oposición. A proba determinaraa o Tribunal, será acorde coas características funcionais do posto e deberá demostrarse nela unha competencia similar á esixida para obter o certificado de lingua galega (CELGA 4) correspondente. Esta proba cualificará ás persoas aspirantes como APTAS ou NON APTAS. As persoas que non obteñan a cualificación de APTAS quedarán eliminadas do proceso selectivo, dado que non cumpren un dos requisitos esixidos para poder participar. O Servizo de Normalización Lingüística municipal asesorará ao tribunal e colaborará na confección e na corrección da correspondente proba de competencia en lingua galega. 10. Sistema selectivo A selección consistirá nun concurso- oposición libre: Fase de concurso: O baremo do concurso será a seguinte: a) Experiencia profesional (ata un máximo de 6 puntos) a.1) Por servizos prestados na administración local realizando funcións/tarefas relacionadas ca praza/posto que se convoca (xa sexa coa condición de persoal funcionario ou laboral, ou coa de persoal fixo ou temporal): 0,10 puntos/mes completo de servizos a.2) Por servizos prestados nunha administración distinta a local realizando funcións/tarefas relacionadas ca praza/ posto que se convoca (xa sexa coa condición de persoal funcionario ou laboral, ou coa de persoal fixo ou temporal): 0,05 puntos/mes completo de servizos Forma de acreditación dos servizos: fotocopia compulsada do contrato de traballo e certificación de vida laboral expedida pola Tesourería Xeral da Seguridade Social. Deberá quedar debidamente acreditado o posto de traballo concreto e as funcións desempeñadas. Non se computarán os servizos que se prestaran simultaneamente con outros igualmente alegados, e reduciranse proporcionalmente os prestados a tempo parcial. No caso de que a relación fose funcionarial deberá acreditarse mediante a resolución do nomeamento, a toma de posesión e a certificación da vida laboral expedida pola Tesourería Xeral da Seguridade Social. Naqueles casos nos que da documentación anterior non se deduzan claramente as funcións ou servizo/departamento de adscrición do posto desempeñado, o aspirante deberá aportar, a maiores, un certificado comprensivo das funcións, grupo e especialidade, indicando ademais, cando sexa necesario polas características singulares da praza/posto, o servizo/departamento no que se realizaban, expedido pola Administración/empresa na que prestou os servizos que quere que se lle valoren. Non se terán en conta outras formas de acreditación dos servizos e, en ningún caso, un certificado de servizos prestados poderá substituír ao contrato de traballo ou a resolución de nomeamento e toma de posesión. A documentación acreditativa dos servizos realizados deberá achegarse antes do remate do prazo de presentación de solicitudes, a documentación que se presente fora deste prazo será considerada achega de nova documentación fora de prazo e non se terá en conta. b) Formación relacionada co posto. Ata un máximo de 4 puntos. Serán obxecto de valoración as accións formativas (incluíndo, nas mesmas, os cursos de formación, perfeccionamento e especialización) directamente relacionadas coas funcións e perfil profesional propios da praza/posto obxecto de cobertura, e impartidas, organizadas, recoñecidas e/ou homologados por Administracións Públicas ou entidades ou organismos dependentes das mesmas; a valoración de dita formación realizarase conforme ao seguinte baremo, e ata o máximo de puntos que se estableza nas bases específicas de cada praza/posto; Página 4 / 8

b1) Cunha duración de 10 a 50 horas: 0,25 puntos. b2) Cunha duración de 51 a 100 horas: 0,50 puntos. b3) Cunha duración de 101 a 200 horas: 1 punto. b4) Cunha duración de 201 a 300 horas: 1,5 puntos. b5) Cunha duración superior a 301 horas: 2 puntos. Forma de acreditación: Para a acreditación desta formación deberase achegar o título correspondente ou certificado da entidade/organismo que realizou a actividade formativa (mediante orixinais ou copias debidamente cotexadas) Non serán valorados os cursos de menos de 10 horas, nin a asistencia a xornadas, seminarios, simposios ou similares. No caso de que a duración só se estableza por créditos e non por horas, cada crédito equivalerá a 10 horas. Nos documentos acreditativos da realización dos cursos deberá constar a data de realización dos mesmos, así como a súa duración (en horas); de non figurar ditos extremos, non serán obxecto de valoración. Valoraranse por unha soa vez os diferentes cursos relativos a unha mesma materia (agás que quede claramente diferenciado que o contido tivera sido diferente, ou que se tratase de actualizacións), valorándose, unicamente, o de nivel superior ou avanzado. Fase de Oposición: Primeiro exercicio: De carácter obrigatorio e eliminatorio Consistirá na resolución por escrito dun cuestionario tipo test composto por 50 preguntas, mais 3 de reserva con 4 respostas alternativas, relacionado co contido funcional do posto e coas materias contidas no temario que figura como Anexo II destas bases. As preguntas de reserva deberán ser contestadas polos aspirantes e utilizaranse para substituír aquelas preguntas do exame inicial que fosen anuladas polo Tribunal, previo acordo motivado ao respecto. Neste suposto, a pregunta anulada do exame inicial terase por non formulada e será substituída pola primeira pregunta de reserva, e así sucesivamente no caso de que houbera mais dunha anulación. O exercicio será determinado polo Tribunal inmediatamente antes da realización do mesmo. O tempo máximo para a realización do exercicio será de 75 minutos. A proba cualificarase de 0 a 20 puntos, debéndose obter unha puntuación mínima de 10 puntos para superalo, correspondendo ao Tribunal determinar cal é o número mínimo de preguntas acertadas para alcanzar esta puntuación mínima, que non ten por que corresponderse necesariamente co 50% das preguntas acertadas e para o que se terá en conta que por cada tres (3) respostas incorrectas se descontará unha correcta. A puntuación final obterase sumando as puntuacións acadadas en cada fase do proceso selectivo. No caso de empate na puntuación total terase en conta, prioritariamente, a puntuación obtida na fase de oposición. En caso de que persista o empate, atenderase á primeira letra do primeiro apelido seguindo a orde alfabética aprobada pola Xunta de Galicia que marca a orde de actuación dos aspirantes nos procesos selectivos para o ingreso na Administración Autonómica de Galicia que se deriven da oferta de emprego público correspondente ao ano 2018 (letra G, DOG núm. 19 de 26/01/2018). Nos apelidos compostos coa preposición de, da, de la, d...a mesma non será tida en conta (por exemplo: Marta de Castro. A letra a ter en conta será a C ). De persistir o empate, atenderase á segunda letra do primeiro apelido, seguindo a orde alfabética anterior, e así ata desfacer o empate; continuando polo segundo apelido e finalmente polo nome. 11. Proposta do tribunal Finalizado o proceso selectivo, o Tribunal fará pública (mediante anuncio no taboleiro de anuncios da sede electrónica e páxina web municipais) a puntuación final total dos/as candidatos/as que teñan superado o proceso selectivo. 12.- Creación da bolsa de traballo A Alcaldía-Presidencia resolverá a confección da bolsa de traballo composta polos/as aspirantes que sexan propostos/ as polo Tribunal, en orden descendente de puntuacións. 13.- Incidencias e réxime de recursos. En todo o non previsto nas presentes bases, o tribunal quedará facultado para resolver e/ou interpretar as dúbidas que se podan presentar, e tomar os acordos necesarios para a boa orde e adecuado desenvolvemento do proceso; e, todo ilo, Página 5 / 8

con pleno sometemento ás previsións normativas aplicables ao respecto, e con arranxo ao sentido e contido das propias bases. As presentes bases, as respectivas convocatorias e cantos actos administrativos se deriven das mesmas, e das actuacións do tribunal, poderán ser impugnados, polos interesados, tanto en vía administrativa como contenciosa, nos casos e na forma establecidos pola normativa aplicable ao respecto. ANEXO I.- MODELO DE SOLICITUDE: D/Dª....... con DNI nº... domicilio a efecto de notificacións en.... teléfono de contacto., solicita tomar parte no proceso de selección para a creación dunha bolsa de traballo de Administrativos convocado polo Concello de Ames, declarando que reúne os requisitos sinalados na base terceira da presente convocatoria, que declara coñecer. Achégase a seguinte documentación; 1. DNI, pasaporte ou documento de identificación equivalente e acreditativo da nacionalidade do aspirante. 2. Título requirido para acceder ó proceso selectivo, con arranxo ao sinalado no apartado 3.b). 3. Acreditación documental de posuír, de ser o caso, o coñecemento da lingua galega requirido. 4. Xustificante de ter aboados os dereitos de exame ou documento xustificativo de estar exento. 5. Declaración xurada de aceptar as bases e de cumprir os requisitos esixidos no apartado 3 das mesmas. 6. Os/as aspirantes que fagan valer a súa condición de persoas con discapacidade deberán presentar certificado dos órganos competentes do Ministerio de Traballo e Seguridade Social, ou outro órgano competente ao efecto, que acredite tal condición; debendo achegar, asemade, certificado dos citados órganos, ou da administración sanitaria competente, acreditativo da compatibilidade co desempeño das tarefas e funcións correspondentes. Debendo advertir, asemade, xunto á presentación da solicitude, de ser o caso, se precisaran algún tipo de adaptación nas probas a desenvolver. Ames, a... de... de 2018 Página 6 / 8

ANEXO II TEMARIO 1. O municipio: concepto e elementos. Competencia do municipio. Servizos mínimos. 2. O goberno municipal. Clases de órganos. O Pleno da Corporación. O alcalde. Os tenentes alcalde. A xunta de goberno local. As comisións informativas. Outros órganos complementarios. Os grupos políticos municipais. Municipios de gran poboación: municipios de aplicación, organización e funcionamento dos órganos municipais necesarios e xestión económico- financeira. 3. A provincia: concepto, elementos. Competencias da provincia. 4. Funcionamento dos órganos colexiados do Goberno local. Convocatorias, orde do día e certificacións. 5. A potestade regulamentaria dos entes locais territoriais. Ordenanzas e regulamentos: clases e procedemento de elaboración e aprobación. 6. Os dereitos das persoas na Lei do procedemento administrativo común. 7. O acceso electrónico dos cidadáns aos servizos públicos. Sede electrónica. Identificación e autentificación. Rexistro, comunicacións e notificacións electrónica. A xestión electrónica dos procedementos. 8. Transparencia da actividade pública. Ámbito subxectivo de aplicación. Publicidade activa. Dereito de acceso á información pública e bo goberno. 9. A protección de datos de carácter persoal. Normativa reguladora. Principios informadores e dereitos das persoas en materia de protección de datos. A axencia española de protección de datos. 10. O acto administrativo: Concepto e clases. Elementos do acto administrativo: suxeito, obxecto, causa, fin e forma. Notificación e publicación dos actos administrativos. 11. A eficacia do acto administrativo: principios xerais. Executividade e suspensión. Procedementos de execución. 12. Nulidade de pleno dereito e anulabilidade dos actos administrativos. Os actos administrativos irregulares. A convalidación, conservación e conversión dos actos administrativos. O errores materiais ou de feito. 13. Revisión de oficio de actos nulos e anulables: casos nos que procede. Procedemento. A impugnación xurisdicional de actos polo propia administración: a declaración de lesividade. A revocación dos actos administrativos. 14. O procedemento administrativo: iniciación, ordenación, instrución e terminación. Especial referencia ao silencio administrativo. Términos e prazos. 15. Os recursos administrativos: concepto e clases. Requisitos xerais. Materia recorrible, lexitimación e órgano competente. Recurso de alzada, de reposición e de revisión. 16. Os bens das entidades locais: clases. Réxime xurídico dos bens de dominio público e patrimoniais. Os bens comunais. O inventario de bens. Os montes veciñais en mancomún. 17. O orzamento da entidades locais. Concepto. Estrutura. Formación e aprobación. Contabilidade e contas. 18. A xestión económica local. Fases de ordenación do gasto. Órganos competentes. 19. A facenda local na Constitución. Réxime xurídico da facenda local. Clases de tributos locais. 20. Os impostos locais obrigatorios sobre bens inmóbeis, actividades económicas e sobre vehículos de tracción mecánica. 21. Os impostos locais potestativos sobre construcións, obras e instalacións e sobre o incremento do valor dos terreos de natureza urbana. 22. As taxas municipais e as súas clases. Os prezos públicos. As contribucións especiais. 23. A imposición e ordenación dos tributos locais. As ordenanzas fiscais: contido, elaboración e aprobación. 24. O control interno da actividade económico- financeira das entidades locais. A función interventora e as súas modalidades. 25. O réxime xurídico de recadación das entidades locais. O pagamento e outras formas de extinción da débeda. O procedemento de recadación en vía voluntaria e de constrinximento. 26. Instrumentos de ordenación urbanística. Planeamento xeral e de desenvolvemento. Procedemento de elaboración e aprobación dos diferentes instrumentos urbanísticos. Página 7 / 8

27. A intervención administrativa na edificación e uso do solo. A licenza urbanística e as ordes de execución. A declaración do estado de ruína. 28. Protección da legalidade urbanística. Obras sen licenza. Obras non axustadas ás condicións da licenza. Licenzas ilegais. Infraccións e sancións urbanísticas. 29. Os contratos do sector público. Normativa vixente. Obxecto e ámbito de aplicación. Clases de contratos e regulación. 30. Disposicións xerais sobre a contratación no sector público. Racionalidade e consistencia. Liberdade de pactos e contido mínimo do contrato. Perfección e forma do contrato. Réxime de invalidez. Recurso especial en materia de contratación. 31. Partes do contrato: órgano de contratación. Capacidade e solvencia do empresario. Sucesión na persoa do contratista. 32. Obxecto, orzamento base de licitación, valor estimado, prezo do contrato e a súa revisión: normas xerais. Revisión de prezos- Garantías esixibles na contratación do sector público. 33. Dos contratos das Administracións Públicas: disposicións xerais. Das actuacións relativas á contratación das Administracións Públicas. Racionalización técnica da contratación. 34. Tipos de contratos das Administracións Públicas: contrato de obras. Contrato de concesión de obras. Contrato de concesión de servizos. Contrato de subministro. Contrato de servizos. 35. Rexistros oficiais. Rexistro oficiais de licitadores e empresas clasificadas. Rexistro de contratos do sector público. Plataforma de contratación do sector público. 36. Actos administrativos en particular: a licencia, autorización ou permiso; referencia á concesión e as súas clases. 37. O servizo público. Formas de xestión dos servizos públicos. Xestión directa e indirecta. 38. Emprego público. Réxime legal. Clases de persoal. Adquisición e perda da relación de servizo. Réxime disciplinario. 39. Dereitos dos funcionarios públicos, especial referencia á carreira profesional e promoción interna, aos dereitos retributivos e ao dereito á negociación colectiva. Xornada de traballo, permisos e vacacións. Deberes dos empregados públicos; código de conduta. 40. Ordenación da actividade profesional; especial referencia á provisión de postos. Situacións administrativas. Réxime de incompatibilidades. 41. O contrato de traballo. Concepto. Natureza. Suxeitos. Forma. Contido e réxime xurídico. Modificación, suspensión e extinción do contrato de traballo. Modalidades do contrato de traballo. A duración do contrato de traballo. Ames, 20 de setembro de 2018 O alcalde José M. Miñones Conde 2018/6874 Página 8 / 8