XUÑO 2018 CULTURA AUDIOVISUAL II

Similar documents
COMO XOGAR A KAHOOT Se vas xogar por primeira vez, recomendámosche que leas este documento QUE É KAHOOT?

GUÍA DE MIGRACIÓN DE CURSOS PARA PLATEGA2. Realización da copia de seguridade e restauración.

Síntesis da programación didáctica

Acceso web ó correo Exchange (OWA)

O SOFTWARE LIBRE NAS ENTIDADES DE GALIZA

Silencio! Estase a calcular

R/Ponzos s/n Ferrol A Coruña Telf Fax

Name: Surname: Presto= very fast Allegro= fast Andante= at a walking pace Adagio= slow Largo= very slow

ÁMBITO DE COMUNICACIÓN Lengua extranjera: Inglés

VIGOSÓNICO V C O N C U R S O V I D E O C L I P S Calquera proposta estética para o vídeo: cine, animación, cor, branco e negro,...

PARTE I. VIVALDI: Concierto en MI M. op. 3 n.12

Obradoiro sobre exelearning. Pilar Anta.

Concello de Baralla DENOMINACIÓN DA PRAZA/POSTO/EMPREGO: PERSOAL DE APOIO NO PAI. Concello de Baralla

2.1. O PROXECTO LINGÜÍSTICO DE CENTRO

Rede CeMIT Cursos Gratuítos de Alfabetización Dixital NOVEMBRO Aula CeMIT de Cuntis

PROGRAMA FORMATIVO DA ESPECIALIDADE FORMATIVA TÉCNICAS DE MARKETING ON LINE, BUSCADORES, SOCIAL MEDIA E MÓBIL COMM049PO

Facultade de Fisioterapia

T1, T3, (T5)*, T8, T11, T13 *solo grupos bilingüe X1, X3, X8, X10, X13, X18, X22, X23, X24 EI6, EI7

Narrador e Narradora Narrador Narradora Narrador

ANIMAR-T / LAIA, APRENDIZ DE MAGA

Procedimientos Auditivos e Instrumentais DEPARTAMENTO COORDINADOR/A DA DISCIPLINA. CURSOS 1º curso 2º curso 3º curso 4º curso.

STUDY GUIDE 8th Grade March - April 2019 Room Teacher: Mr. Elías Lozano TOPIC THEME PURPOSE RESOURCES. Find the slope using the slope formula.

Xogos e obradoiros sobre o cambio climático que Climántica desenvolve en centros educativos

BILINGÜISMO, DESENVOLVEMENTO E APRENDIZAXE ESCOLAR: UNHA PROPOSTA DE INTERVENCIÓN NA ESCOLA

Metodoloxía copyleft en educación

Programación Percusión

Proves d Accés per a Majors de 25 i 45 anys Pruebas de Acceso para mayores de 25 y 45 años

REUNIÓN CONVOCATORIAS SUBVENCIÓNS 2018 SECCIÓN DE SERVIZOS SOCIAIS SERVIZO DE ACCIÓN SOCIAL, CULTURAL E DEPORTES

Conservatorio Profesional de Música de Vigo. Programación de Percusión

CADERNO Nº 9 NOME: DATA: / / Funcións e gráficas. Recoñecer se unha relación entre dúas variables é función ou non.

Segunda lingua estranxeira: inglés

Diseno organizativo/ Organizational Design: Estructura y procesos/ Structure and Processes (Spanish Edition)

Carlos Cabana Lesson Transcript - Part 11

DESFOCADOS. a distração programada da internet em N. Carr. Joana Rocha. Congresso de Cibercultura Universidade do Minho

EL SHOCK SENTIMENTAL. COMO SUPERARLO Y RECUPERAR LA CAPACIDAD DE AMAR (SPANISH EDITION) BY STEPHEN GULLO /CONNIE CHURCH

LINGUA INGLESA CURSO

EL SHOCK SENTIMENTAL. COMO SUPERARLO Y RECUPERAR LA CAPACIDAD DE AMAR (SPANISH EDITION) BY STEPHEN GULLO /CONNIE CHURCH

Trece sobres azules (Maeva Young) (Spanish Edition)

Evolución dos exames de Historia nas PAU de Galicia ( )

Probas de validación de Críticos de Arte Artificiais.

Se (If) Rudyard Kipling. Tradución de Miguel Anxo Mouriño

Área de Inglés Curso escolar

Alumna/o...Curso... 1) Para recuperar a materia pendente deberás seguir o plan de traballo que se especifica de seguido:

marcoeuropeocomún de referencia para as linguas: aprendizaxe, ensino, avaliación

Proxecto Curricular. I.E.S. Sanxillao. Proxecto Curricular IES SANXILLAO

NOME DO CENTRO: IES CANIDO CURSO ESCOLAR: 2016/2017 INGLÉS 1º ESO

MATERIAIS PLURILINGÜES 3.0: FORMACIÓN, CREACIÓN E DIFUSIÓN

O Software Libre nas Empresas de Galicia

1. DATOS IDENTIFICATIVOS DA DISCIPLINA CÓDIGO Teorías do espectáculo e da comunicación Teorías do espectáculo II

Discurso literario e sociedade nos países de fala inglesa

PLAN DE COMUNICACIÓN DO PROGRAMA OPERATIVO DO FSE DE GALICIA

RECURSOS PARA O TRABALLO COS VOLUNTARIOS E VOLUNTARIAS NUNHA ENTIDADE DE VOLUNTARIADO. Módulo IV Traballando por proxectos

Fondo de Acción Social. Manual do Usuario de presentación de solicitudes do FAS

27 Técnicas de persuasión: Estrategias para convencer y ganar aliados (Spanish Edition)

ISABEL FERNÁDEZ DOMÍNGUEZ E Mª ANTONIA LÓPEZ PÉREZ. Parque Natural Cantanhez (Guiné-Bissau) 108 ambientalmentesustentable, 2015, (I), 19

Conservatorio Profesional de Música de Vigo. Programación OPTATIVA DE MÚSICA MODERNA (historia do rock&roll)

Problema 1. A neta de Lola

A comunicación externa nas organizacións

CONCELLERÍA POLITICAS SOCIAIS, DIVERSIDADES E SAÚDE

PRESENTACIÓN MATERIA MATERIA LINGUA INGLESA CURSO 1º ESO B CURSO ACADÉMICO PROFESOR Mª MONTSERRAT VILLAPÚN CASTRO

Anexo IV: Xestionar o currículum da etapa:

MEMORIA COMITÉS DE ÉTICA DA INVESTIGACIÓN DE GALICIA PERÍODO

Conservatorio Profesional de Música de Vigo. Programación de Contrabaixo

SECUENCIAS DE YOGA (SPANISH EDITION) BY MARK STEPHENS DOWNLOAD EBOOK : SECUENCIAS DE YOGA (SPANISH EDITION) BY MARK STEPHENS PDF

SECUENCIACIÓN DIDÁCTICA: ÁMBITO DA COMUNICACIÓN MÓDULO 3 y 4 (ESA) 2017/2018

Carlos Servando MEMORIAL SALVAMENTO DEPORTIVO. 10 de outubro as 16:00. Piscina Carballo Calero Carballo. Organiza

A ensinanza da nutrición humana na Educación Primaria desde unha perspectiva mediambiental

Lingua e Docencia Universitaria V Xornadas sobre Lingua e Usos

Conservatorio Profesional de Música de Vigo. Programación de Viola

A INTERVENCIÓN PEDAGÓXICA CON FAMILIAS INMIGRANTES: ESTRUTURA E AXENTES IMPLICADOS

PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA ÁREA DE INGLÉS

CREATIVIDADE DA COMUNICACIÓN CULTURAL

CONSERVATORIO PROFESIONAL DE MÚSICA REVERIANO SOUTULLO PONTEAREAS

SOCIEDADES MULTICULTURAIS, INTERCULTURA- LIDADE E EDUCACIÓN INTEGRAL. A RESPOSTA DENDE A EDUCACIÓN PERSONALIZADA

Blink: SIP conferencing done right Saúl Ibarra Corretgé AG Projects

DEPARTAMENTO DE INGLÉS PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA 2º BACH - LINGUA INGLESA - 1º IDIOMA CURSO 2018 / 2019 IES DAVID BUJÁN

SPAN 2113 Intermediate Spanish Schedule

A eurorrexión Galicia-Norte de Portugal a través das páxinas da prensa galega. Análise do discurso mediático transmitido polos xornais galegos

Evaluación final 4.º ESO CUADERNILLO. Competencia lingüística en inglés LA INFORMACIÓN DE ESTE RECUADRO DEBE SER CUMPLIMENTADA POR EL CENTRO

Reflexións sobre a situación sociolingüística galega dende o paradigma da complexidade

viveiros en Galicia de empresa O papel dos económica e xeración de emprego

a) Japanese/English (difficult)... b) The weather in Africa/ the weather in the Antarctic (cold)... c) A car/ a bike (fast)

PROGRAMACIÓN DE RELIXIÓN EVANXÉLICA 1º e 2º ESO

Guia de Nutrição Clínica no Adulto (Guias de Medicina Ambulatorial e Hospitalar da Unifesp- EPM) (Portuguese Edition)

Informe do estudo de CLIMA LABORAL do Sergas

TRABALLO DE FIN DE GRAO

O NOSO PLANETA, OS NOSOS DEREITOS

A tradución audiovisual como recurso didáctico no proceso de ensinanza-aprendizaxe de linguas

PARTE I PARTE II. Estas probas abranguerán os contidos comprendidos nos distintos apartados das programacións de todos os cursos de Linguaxe Musical.

VISIBILIZACIÓN DAS ARTISTAS. UNHA PONTE ENTRE A UNIVERSIDADE E O EIDO PROFESIONAL

Teaching English through music: A report of a practicum based on musical genres

1. Take today s notes 2. En silencio, sientate 3. Vamonos! In English, escribe about why time is important. Use the questions to prompt you.

INFORME DE AVALIACIÓN DOS BANCOS DO TEMPO DO PROXECTO CONTA CON ELAS

A cultura do código. Retos para a identidade galega na época dos algoritmos

Ámbito da comunicación: lingua inglesa

PROGRAMACIÓN DEPARTAMENTO DE INGLÉS -ESO -BACHARELATO -CICLOS -FORMACIÓN PROFESIONAL BÁSICA -ADULTOS

incidiu noutras linguas. Cadernos de Fraseoloxía Galega 12, 2010, ISSN

A CULTURA CIENTÍFICA. ESTRATEXIAS DE COMUNICACIÓN E DE INTEGRACIÓN

CONTROL DE VERSIÓNS E DISTRIBUCIÓN

Vigil at Goldfish Pond Lynn MA June 19, 2016 Poem by Rosemie Leyre. I grieve We grieve

Transcription:

Proba de Avaliación do Bacharelato para o Acceso á Universidade XUÑO 2018 Código: 52 CULTURA AUDIOVISUAL II OPCIÓN A 1ª parte Exercicio creativo (valoración máxima 4 puntos): Ejercicio creativo (valoración máxima 4 puntos): 1. A partir da seguinte idea, explica a importancia da banda sonora no cine español e fai un repaso dos principais autores. A redacción non debe exceder dun folio / A partir de la siguiente idea, explica la importancia de la banda sonora en el cine español y haz un repaso por los principales autores. La redacción no debe superar un folio (máximo 2 puntos): O cine español tivo ó longo da súa historia grandes artistas da música, compositores, etc El cine español tuvo a lo largo de su historia grandes artistas de la música, compositores, etc 2. Comentario persoal sobre a banda sonora de El señor de los anillos. El retorno del rey. A redacción non debe exceder dun folio. / Comentario personal sobre la banda sonora de El señor de los anillos. El retorno del rey. La redacción no debe superar un folio (máximo 2 puntos). 2ª parte Preguntas de resposta breve -máximo 5-10 liñas- (valoración máxima 6 puntos): Preguntas de respuesta breve -máximo 5-10 líneas- (valoración máxima 6 puntos): 3. Define que é un control de realización en TV / Define qué es un control de realización en TV (máximo 2 puntos) 4. Define a función expresiva do son / Define la función expresiva del sonido (máximo 2 puntos) 5. Produción e edición multimedia / Producción y edición multimedia (máximo 2 puntos)

Proba de Avaliación do Bacharelato para o Acceso á Universidade XUÑO 2018 Código: 52 CULTURA AUDIOVISUAL II 1ª parte OPCIÓN B Exercicio creativo (valoración máxima 4 puntos): Ejercicio creativo (valoración máxima 4 puntos): 1. Comentario crítico sobre a publicidade. Tipos e funcións. A redacción non debe exceder dun folio. / Comentario crítico sobre la publicidad. Tipos y funciones. La redacción no debe superar un folio (máximo 2 puntos). 2. Fai un comentario persoal sobre a campaña centrada no hashtag #cierraunicef, e explica a importancia do uso responsable de Internet. A redacción non debe exceder dun folio. / Haz un comentario personal sobre la campaña centrada en el hashtag #cierraunicef, y explica la importancia del uso responsable de Internet. La redacción no debe superar un folio. (máximo 2 puntos). 2ª parte Preguntas de resposta breve -máximo 5-10 liñas- (valoración máxima 6 puntos): Preguntas de respuesta breve -máximo 5-10 líneas- (valoración máxima 6 puntos): 3. Define: intensidade, ton e timbre. / Define: intensidad, tono y timbre (2 puntos) 4. Os programas divulgativos e documentais en TV / Los programas divulgativos y documentales en TV (2 puntos) 5. O radioteatro / El radioteatro (2 puntos)

Proba de Avaliación do Bacharelato para o Acceso á Universidade SETEMBRO 2018 Código: 52 CULTURA AUDIOVISUAL II OPCIÓN A 1ª parte Exercicio creativo (valoración máxima 4 puntos): Ejercicio creativo (valoración máxima 4 puntos): - 1. A partir da seguinte idea, continúa relatando os fitos históricos máis relevantes na gravación do son. A redacción non debe exceder dunha páxina / A partir de la siguiente idea, sigue relatando los hitos históricos más relevantes en la grabación del sonido. La redacción no debe superar una página (máximo 2 puntos): O estadounidense Thomas Alva Edison anunciou a invención do seu primeiro fonógrafo en 1877 El estadounidense Thomas Alva Edison anunció la invención de su primer fonógrafo en 1877-2. Comentario persoal sobre a importancia da banda sonora no cine, en xeral, e a figura de Alberto Iglesias como un dos principais representantes españois neste eido. A redacción non debe exceder dunha páxina. / Comentario personal sobre la importancia de la banda sonora en el cine, en general, y de la figura de Alberto Iglesias como uno de los principales representantes españoles en este ámbito. La redacción no debe superar una página (máximo 2 puntos). 2ª parte Preguntas de resposta breve -máximo 5-10 liñas- (valoración máxima 6 puntos): Preguntas de respuesta breve -máximo 5-10 líneas- (valoración máxima 6 puntos): 3. Define as características técnicas da radio / Define las características técnicas de la radio (máximo 2 puntos) 4. Cita os principais xéneros televisivos / Cita los principales géneros televisivos (máximo 2 puntos) 5. Que se entende por lonxitude de onda? / Qué se entiende por longitud de onda? (máximo 2 puntos)

Proba de Avaliación do Bacharelato para o Acceso á Universidade SETEMBRO 2018 Código: 52 CULTURA AUDIOVISUAL II OPCIÓN B: 1ª parte Exercicio creativo (valoración máxima 4 puntos): Ejercicio creativo (valoración máxima 4 puntos): - 1. Explica a dimensión social da publicidade e as campañas humanitarias. A redacción non debe exceder dunha paxina. / Explica la dimensión social de la publicidad y las campañas humanitarias. La redacción no debe superar una página (máximo 2 puntos). - 2. Fai un comentario crítico sobre a seguinte campaña. A redacción non debe exceder dunha paxina. / Haz un comentario crítico sobre la siguiente campaña. La redacción no debe superar una página. (máximo 2 puntos). 2ª parte Preguntas de resposta breve -máximo 5-10 liñas- (valoración máxima 6 puntos): Preguntas de respuesta breve -máximo 5-10 líneas- (valoración máxima 6 puntos): 3. As funcións da música na radio / Las funciones de la música en la radio (2 puntos) 4. Os programas de ficción en televisión / Los programas de ficción en la televisión (2 puntos) 5. Define: micrófono inalámbrico / Define: micrófono inalámbrico (2 puntos)

ABAU CONVOCATORIA DE XUÑO Ano 2018 CRITERIOS DE AVALIACIÓN CULTURA AUDIOVISUAL II (Cód. 52) Na corrección do exame de Cultura Audiovisual II aplicaranse os seguintes criterios: RITERIOS DE CORRECCIÓN PARA AS PREGUNTAS DE DESENVOLVEMENTO: Na primeira parte da proba (valor máximo 4 puntos), valorarase a capacidade do alumnado para interpretar a idea que se propón (en imaxe ou texto), facendo referencia, por un lado, aos conceptos teóricos cos que se relaciona e, por outro, plasmando a súa opinión razoada e crítica. No caso da opción A, na primeira pergunta o alumnado pode reflexionar sobre o valor da banda sonora do cine español e referenciar aos principais autores. Como pauta básica de corrección, poden darse por correctos conceptos que o alumno/a exprese en torno á seguinte idea xeral: O concepto de banda sonora abarca todos os sons que escoitamos nunha obra audiovisual, sexa unha película, un programa de televisión ou un videoxogo. Está integrada por varias pistas de son que poden presentarse mesturadas ou por separado, e que son: os diálogos, a música, o son ambiente e os efectos do son. Aplícase tamén esta denominación á música entendida como unha obra artística independente e que, en moitas ocasións, chega a caracterizar e mesmo facerse mais famosa que a obra cinematográfica da que provén (exemplos: La guerra de las galaxias -John Williams-). Polo tanto, coñécese xeralmente como banda sonora (BSO) ao tema ou temas musicais que ten incorporados unha película pero, en realidade, o concepto de banda sonora inclúe todos os son que incorpora o filme (diálogos, son ambiente, música e efectos). A resposta a esta pergunta pode completarse coa referencia a alguns dos autores españois recoñecidos. Na segunda pergunta da opción A, os/as estudantes deben aportar no seu comentario persoal unha opinión razoada sobre a importancia da banda sonora da película El señor de los anillos. El retorno del rey. ----------------- No caso da opción B, na primeira pergunta o alumnado debe reflexionar sobre os tipos e as funcións da publicidade, relacionando o comentario cos conceptos teóricos. Como pauta básica de corrección, poderíanse considerar correctos conceptos que xiren en torno á estimulación da demanda selectiva, a publicidade de resposta directa, a publicidade de resposta retardada, a publicidade empresarial, a publicidade comercial ou a publicidade social. Tamén poden darse como válidas, respostas que inclúan ideas sobre a publicidade subliminal, o neuromarketing, a estratexia de emprazamento ou as

normas formas de publicidade vencelladas a Internet. En xeral, pódense dar por correctas aquelas respostas nas que os alumnxs reflexen as súas ideas sobre os tipos de publicidade que existen actualmente e as súas funcións. Na segunda pergunta desta opción B, trátase de que os/as estudantes realicen un comentario interpretativo sobre a campaña centrada no hashtag #cierraunicef e a importancia da súa divulgación a través de Internet. Daranse por correctas aquelas respostas que relacionen o concepto teórico xeral da dimensión social da publicidade e o caso das campañas humanitarias coa interpretación do caso práctico que se propón. Consideraranse correctas ideas en torno á seguinte consideración xeral: A publicidade é unha das técnicas destinadas a promocionar produtos e servizos, pero non necessariamente teñen que tratase de promocións comerciais. Existe un tipo de publicidade que ten como finalidade informar, educar e motivar ao público sobre temas de dimensión social; é dicir, publicidade non comercial de intrese e servizos públicos. O obxectivo dunha campaña social é modificar un determinado hábito nas conductas públicas, cun propósito positivo que se traduza nunha nova conquista de benestar social para o individuo e o conxunto da comunidade. As campañas humanitarias son campañas sociais destinadas a provocar un cambio de conducta ou a concienciación sobre determinadas situacións de inxustiza ou deshumanización que poden mellorarse coa participación voluntaria e desinteressada dos individuxs. Valorarase a capacidade argumental dxs alumnxs. Sobre a interpretación do valor comunicativo da imaxe publicitaria e do texto «Error 404 - Página no encontrada», a modo de suxestións poden darse como correctas as ideas que os/as alumnxs expresen en torno: - A importancia de ter cumprida a súa misión, polo que xa non é preciso continuar... - O desexo de que o anterior non fosse só un soño, se non unha realidade... - A campaña simulaba un erro 404 de web non atopada co que a ONG chamaba a unha mobilización massiva, cun enfoque diferente, para que esta desaparición se produza algún día... - O esforzo que implica lograr este obxectivo e os retos que ainda quedan por diante... - A forza comunicativa da imaxe: fagamos circular polo mundo, coa rapidez e o alcance que Internet, esta boa nova. De feito, a campaña real provocou unha avalancha de reaccións a través de internet, convertíndose en viral, grazas ao teu toque alarmante - Os perigos que pode implicar non distinguir entre realidade e desexo na confusión que pode implicar Internet se non se saben interpretar as mensaxes... O director executivo de Unicef Comité Español, Javier Martos, declarou: «cerrar UNICEF es un sueño porque supondría que se cumplen los derechos de todos los niños en todos los lugares». - O obxectivo declarado pola ONG nunha nota de prensa de presentación da campaña era lograr unha gran mobilización, e concienciar de lograr un mundo mellor para todos os nenos implicaria que o labor de Unicef non fosse necesario. - O valor xeral da publicidade social. Na segunda parte da proba (valor máximo 6 puntos), valoraranse os coñecementos teóricos do alumnado en relación ao temario. Non é preciso que o alumno/a

reproduza con total fidelidade o que se contempla nestes criterios de avaliación, pero sí que responda aos conceptos básicos con corrección. En todas as preguntas, valorarase tamén positivamente que o alumno/a se ciña ao límite de espazo designado previamente (5-10 liñas de resposta): CRITERIOS DE CORRECCIÓN PARA AS PREGUNTAS BREVES: OPCIÓN A: b.1. Define: Que é un control de realización (máximo 2 puntos) Resumir as seguintes ideas: O control de realización é o cerebro do estudo. Nel tómanse as decisións que atinxen ao tratamento técnico do sinal de vídeo e de audio, a elaboración narrativa e a súa posta en antena ou grabación. Isto propicia que cada unha das áreas básicas do traballo teña, á súa vez, un control específico onde desenvolver o seu cometido: control de imaxe, iluminación e son e mesmo salas de vídeo. No control de realización propiamente dito atópase un panel vertical con monitores e cada un deles amosa unha das fontes de imaxe que confluirán na mesa de mesturas para ser sincronizadas: cámaras, magnetoscopios de reprodución e gravación (players e recorders), sinais externas, xeradores de efectos, autocúe (prompter), titulador, segumento de continuidade propia e allea, etc. Diante do panel de monitores de imaxe e a unha distancia axeitada para a súa óptima contemplación temos a mesa de mesturas. A súa configuración variará según a dotación, desde un simple conmutador de sinais ata unha potente mesa de control que puidera estar configurada así: no centro estaria o posto do realizador, coa intercomunicación (micrófonos, altavoces e panel selector) e monitores de ordenador para seguir minutados ou guións. A un dos seus lados atópase a mesa de mezclas ou mezclador, na que se sincronizan e seleccionan os sinais de imaxe que entran e saen do control. Tamén se atopa aqui o xenerador de efectos dixitais, titulador, libraria de imaxes, controis remotos de magnetoscopios, câmaras, control de autocue (prompter) e monitores de escoita. Poden darse por válidas tamén as respostas que inclúan conceptos sobre a realización dun programa de televisión, os medios técnicos que se empregan ou os equipos humanos que interveñen. b.2. Define: a función expresiva do son (máximo 2 puntos) - A importância do son, como elemento narrativo, é capital e non só como complemento da imaxe. Sintetizando, podemos dicir que actúa en tres líneas expresivas concretas: - Comunica sensacións e universos espaciais creando perspectivas.

- Crea e comunica a continuidade do relato. - Matiza, intensificando ou suavizando, o efecto narrativo da imaxe. Tamén poden considerarse funcións expresivas do son:. Aumentar a sensación de realidade dunha imaxe - Transmitir información - Axudar a crear ambientes b.3. Produción e edición multimedia (máximo 2 puntos) Resumir as seguintes ideas: existen dous grandes grupos de programas pensados para integrar imaxe e son: a) Programas de edición de vídeo b) Programas para a realización de presentacións Avid, Adobe Premiere, Final Cut ou Sony Vegas Pro son os mais empregados no âmbito profesional ou semiprofesional, mentras que Windows Movie Maker, imovie, Pinnacle Studio ou Nero empréganse na edición amateur, ainda que poden ser igualmente válidos para familiarizarse coa edición multimedia. Poden darse por válidas tamén as respostas que inclúan conceptos sobre a montaxe como a captura/volcado, importación, proxecto, bins, master clip ou clip; así como aquelas que falen das liñas de tempo, a organización do material, a randerización, os keyframes ou as exportacións dos produtos finais. -------------- OPCIÓN B b.1. Define: intensidade, ton e timbre (máximo 2 puntos) - Intensidade: enerxía que contén o son. Determinada pola amplitude da onda, tradúcese no volume co que o escoitamos e mídese en decibelios (db) - Ton: é a frecuencia da onda e grazas a él distínguese entre sons graves e agudos. Os primeiros son as frecuencias baixas e os agudos, as altas. Mídese en ciclos/seg ou hercios (Hz) e o oído humano pode percibir entre 16 Hz e 20.000 Hz. - Timbre: son as frecuencias secundarias. Na vida cotiá non existe ningún son puro, de xeito quea onda principal ven acompañada doutras frecuencias secundarias que son múltiplos da principal e chámanse armónicas. Por iso distínguese unha mesma nota (mesma frecuencia) emitida por distintos instrumentos. O número en intensidade dos seus harmónicos os diferencia. b.2. Os programas divulgativos e documentais en televisión (máximo 2 puntos) Refírense ao campo específico do coñecemento da realidade social e adoptan a forma documental ou de revista periódica e engloba os seguintes formatos: - Arte - Humanidades

- Ciencia - Ocio e consumo (viaxes, etc.) b.3. O radioteatro (máximo 2 puntos) Resumir as seguintes ideas: xénero estrela nas primeiras décadas da radio. Permite aproveitar ao máximo os recursos narrativos do medio radiofónico que históricamente contaba cun prestixioso cadro de actores, un equipo de técnicos especialistas en efectos sonoros en directo, un ambientador musical e un realizador de actores e de estudo. Os radioteatros, ademáis de a través das ondas, tamén permiten público en directo. Algunhas radio tratan de recuperar esta modalidade de ficción radiofónica como xénero de culto, como fai RNE en colaboración coa Fundación Autor; ou a Cadea SER (en 2015 estreou a obra Qué bello es vivir!). Hoxe, as webs das dúas emisoras ofrecen podcast das súas producións emblemáticas nun exemplo de hibridación da dixitalización dos arquivos sonoros e Internet. Poden darse por válidas tamén as respostas que falen da adaptación literaria á radio.

ABAU CONVOCATORIA DE SETEMBRO Ano 2018 CRITERIOS DE AVALIACIÓN CULTURA AUDIOVISUAL II (Cód. 52) Na corrección do exame de Cultura Audiovisual II aplicaranse os seguintes criterios: CRITERIOS DE CORRECCIÓN PARA AS PREGUNTAS DE DESENVOLVEMENTO: Na primeira parte da proba (valor máximo 4 puntos), valorarase a capacidade do alumnado para interpretar a idea que se propón (en imaxe ou texto), facendo referencia, por un lado, aos conceptos teóricos cos que se relaciona e, por outro, plasmando a súa opinión razoada e crítica. No caso da opción A, na primeira pregunta o alumnado pode reflexionar sobre os principais fitos históricos na gravación do son. Partindo do fito que se propón no texto que se presenta como parte da pregunta, os alumnos/as poden desenvolver as súas propias ideas sobre o que implicou a chegada do gramófono, o tocadiscos, os discos de vinilo etc., ata chegar ao son dixital. Na segunda pregunta da opción A, os/as estudantes deben achegar no seu comentario persoal unha opinión razoada sobre a importancia da banda sonora no cine, en xeral, e contextualizar a figura dun dos principais referentes no cine español dos anos 80: Alberto Iglesias, con nove Premios Goya e proposto para o Óscar en varias ocasións. ----------------- No caso da opción B, na primeira pregunta o alumnado debe reflexionar sobre a dimensión social da publicidade e o caso das campañas humanitarias. En xeral, poden darse por correctas aquelas respostas que aborden a finalidade informativa, educativa e motivadora da publicidade, fronte á vertente exclusivamente comercial, e coa finalidade de modificar un hábito na conduta dos públicos, ou a percepción ante situacións de inxustiza ou deshumanización. Na segunda pregunta desta opción B, trátase de que os/as estudantes realicen un comentario interpretativo sobre a campaña centrada no valor da diversidade e actitude aberta da sociedade ante o diferente, co fin de evitar situacións de acoso, discriminación etc. As opinións son libres e valorarase a capacidade argumental do alumnado.

Na segunda parte da proba (valor máximo 6 puntos), valoraranse os coñecementos teóricos do alumnado en relación ao temario. Non é preciso que o alumno/a reproduza con total fidelidade o que se contempla nestes criterios de avaliación, pero si que responda aos conceptos básicos con corrección. En todas as preguntas, valorarase tamén positivamente que o alumno/a se cinga ao límite de espazo designado previamente (5-10 liñas de resposta). CRITERIOS DE CORRECCIÓN PARA AS PREGUNTAS BREVES: OPCIÓN A: b.1. Define: as características técnicas da radio (máximo 2 puntos) Poden darse por correctas as respostas que xiren arredor dos conceptos de inmediatez, personalización ou multisensorialidade; así como do feito de que a radio é unha tecnoloxía que posibilita a transmisión de sinais a través da modulación de ondas electromagnéticas que non precisan dun medio físico de transporte. Tamén poden indicarse como correctas aquelas respostas que falen das frecuencias AM e FM. b.2. Cita os principais xéneros televisivos (máximo 2 puntos) A clasificación por xéneros dos programas de televisión atende ao contido temático e ao público ao que se dirixe. Poden darse por válidas as respostas que inclúan algunhas das principais categorías dos xéneros televisivos: informativos (diarios e non diarios, avances, reportaxes, coloquios, debates, magazines...), ficción (dramática, cómica, longametraxes, curtametraxes, telefilmes...), variedades (concursos, talk-shows, espectáculos, humor, late-night), musicais, deportivos (retransmisións, magazines), divulgativos e documentais, educativos e culturais, relixiosos e publicidade. b.3. Que se entende por lonxitude de onda (máximo 2 puntos) Distancia entre dous puntos consecutivos calquera que se atopan en concordancia de fase. Represéntase pola letra grega lambda e equivale á distancia que avanza a onda no tempo T. -------------- OPCIÓN B b.1. Funcións da música na radio (máximo 2 puntos) Daranse por correctas as respostas que xiren ao redor das función descritivas, expresivas e ambientais da radio. b.2. Os programas de ficción en televisión (máximo 2 puntos)

Representacións dramáticas entre as que destacan formatos como o drama (teatro, series etc), comedia (telecomedias e sitcoms), longametraxes, curtametraxes, telefilmes... b.3. Define: micrófono inarámico (máximo 2 puntos) Un micrófono inarámico consta dun micrófono normal, un transmisor de frecuencia modulada, unha antena e un receptor. A enerxía que se precisa para o funcionamento deste micrófono e do emisor xéraa unha pila. Cando se emprega mais dun micrófono inarámico á vez, cada transmisor debe empregar unha frecuencia distinta e a separación de canles debe ser suficiente para que non haxa interferencias.