Módulo I: Introdución

Similar documents
Silencio! Estase a calcular

Acceso web ó correo Exchange (OWA)

Xogos e obradoiros sobre o cambio climático que Climántica desenvolve en centros educativos

COMO XOGAR A KAHOOT Se vas xogar por primeira vez, recomendámosche que leas este documento QUE É KAHOOT?

GUÍA DE MIGRACIÓN DE CURSOS PARA PLATEGA2. Realización da copia de seguridade e restauración.

O SOFTWARE LIBRE NAS ENTIDADES DE GALIZA

Síntesis da programación didáctica

A OUTRA CRISE: ENERXÍA, CAMBIO CLIMÁTICO E ECONOMÍA

R/Ponzos s/n Ferrol A Coruña Telf Fax

Name: Surname: Presto= very fast Allegro= fast Andante= at a walking pace Adagio= slow Largo= very slow

Narrador e Narradora Narrador Narradora Narrador

Revista Galega de Economía Vol (2016)

A ATMOSFERA. materia Fundamentos Químicos da Enxeñaría. titulación. Esther Gómez Fórneas - Laura Rodríguez Silva. Enxeñaría Técnica Agrícola

IMPLICACIÓNS FINANCEIRAS DA XESTIÓN DO MEDIO NATURAL PARA AS EMPRESAS E PARA OS MERCADOS DE CAPITAIS

SE QUEIMAMOS QUENTAMOS Capítulo 1. A enerxía que necesitamos: Do nómade ao tecnolóxico

MÁRKETING ECOLÓXICO E SISTEMAS DE XESTIÓN AMBIENTAL: CONCEPTOS E ESTRATEXIAS EMPRESARIAIS

A ensinanza da nutrición humana na Educación Primaria desde unha perspectiva mediambiental

Revista Galega de Economía Vol (2017)

O cambio climático. Os conceptos que se desenvolven nesta ficha teñen como obxectivo. Distribuír cadansúa ficha ás/aos alumnas/os.

AS ENERXÍAS RENOVABLES E A SOSTIBILIDADE: CLAVES DE ACCESO AO BENESTAR?

OS INCENDIOS FORESTAIS EN GALICIA

1 SUBSTANCIAS NOCIVAS E POTENCIALMENTE PERIGOSAS (SNPP). XENERALIDADES.

Problema 1. A neta de Lola

A RECOLLIDA SELECTIVA EN GALIZA EN 2008.

Presentación do número

Diseno organizativo/ Organizational Design: Estructura y procesos/ Structure and Processes (Spanish Edition)

RESPONSABILIDADE SOCIAL EMPRESARIAL E RESILIENCIA

VIGOSÓNICO V C O N C U R S O V I D E O C L I P S Calquera proposta estética para o vídeo: cine, animación, cor, branco e negro,...

CRÉDITOS Edita: Dirección Xeral de Traballo e Economía Social Conselleria de Traballo e Benestar

viveiros en Galicia de empresa O papel dos económica e xeración de emprego

SE QUEIMAMOS QUENTAMOS Capítulo 8. Repercusións dos niveis de uso actual da enerxía

DESFOCADOS. a distração programada da internet em N. Carr. Joana Rocha. Congresso de Cibercultura Universidade do Minho

a) Japanese/English (difficult)... b) The weather in Africa/ the weather in the Antarctic (cold)... c) A car/ a bike (fast)

BANCO DE BOAS PRÁCTICAS

Informe do estudo de CLIMA LABORAL do Sergas

MEMORIA COMITÉS DE ÉTICA DA INVESTIGACIÓN DE GALICIA PERÍODO

MUDE SEU FUTURO ATRAVES DAS ABERTURAS TEMPORAIS (PORTUGUESE EDITION) BY L Y JP GARNIER MALET

O NOSO PLANETA, OS NOSOS DEREITOS

Obradoiro sobre exelearning. Pilar Anta.

O esgotamento dos recursos naturais non renovables: Tendencias recentes e perspectivas para o século XXI

A ACCESIBILIDADE RESIDENCIAL. UNHA REVISIÓN DA LITERATURA

ESTADO DAS AUGAS FLUVIAIS EN ZONAS GANDEIRAS DE VACÚN DE LEITE EN GALICIA. NIVEIS DE NITRATOS E FÓSFORO

12352 LEI 11/2007, do 22 de xuño, de acceso electrónico dos cidadáns aos servizos públicos. («BOE» 150, do )

ESTUDO SOBRE O SECTOR DOS MATADOIROS EN GALICIA DENDE O PUNTO DE VISTA DA COMPETENCIA

Mitilicultura galega como exemplo de sustentabilidade

OS DESAFÍOS PARA A SOSTIBILIDADE EMPRESARIAL NO SÉCULO XXI

REDE GALEGA DE MEDIDA DO BRILLO DO CEO NOCTURNO (METEOGALICIA-USC)

XESTIÓN AMBIENTAL EN JEALSA-RIANXEIRA, S.A.

DEZ PREGUNTAS BÁSICAS SOBRE A ENERXÍA EN GALICIA

CONCEPCIÓNS ALTERNATIVAS SOBRE OS CAMBIOS FÍSICOS E QUÍMICOS Miguel Ángel Yebra Ferro, Manuel Vidal López e Pedro Membiela Iglesia

plan estratéxico 2016 >> 2020

A RESPONSABILIDADE SOCIAL EMPRESARIAL E OS STAKEHOLDERS: UNHA ANÁLISE CLÚSTER 1

Procesos preventivos e carteira de servizos en materia de prevención do Plan de Galicia sobre Drogas

III PLAN MUNICIPAL DE IGUALDADE ENTRE MULLERES E HOMES

Se (If) Rudyard Kipling. Tradución de Miguel Anxo Mouriño

Fondo de Acción Social. Manual do Usuario de presentación de solicitudes do FAS

SECUENCIAS DE YOGA (SPANISH EDITION) BY MARK STEPHENS DOWNLOAD EBOOK : SECUENCIAS DE YOGA (SPANISH EDITION) BY MARK STEPHENS PDF

O Software Libre nas Empresas de Galicia

EDUCACIÓN, EMPREGO E POBOACIÓN DE GALICIA

O TURISMO SOSTIBLE COMO EXTERNALIDADE NEGATIVA DAS POLÍTICAS PÚBLICAS NO MEDIO RURAL

GUÍA BÁSICA DE ESPAZOS PÚBLICOS E MOBILIDADE AMABLE

Das orixes do marketing á súa orientación social

Cortaderia selloana (Schult. & Schult. f.) Asch. & Graebn.

Carlos Cabana Lesson Transcript - Part 11

Bosques sostibles e Gastronomía Galega PEFC,

Dúas propostas didácticas para o desenvolvemento sostible dentro do contexto das Ciencias para o Mundo Contemporáneo

2.1. O PROXECTO LINGÜÍSTICO DE CENTRO

FOLLA DE IDENTIFICACIÓN DA PROBA ESCRITA

EFECTOS SOCIOECONÓMICOS DO ACTUAL PROCESO DEMOGRÁFICO EN GALICIA

3. VALORACIÓN ECONÓMICA DOS CAMBIOS AMBIENTAIS

INFORME DE AVALIACIÓN DOS BANCOS DO TEMPO DO PROXECTO CONTA CON ELAS

Cinco sinxelos pasos para ir á caza das estrelas ;) (

LibrePlan Audiovisual: Sistema de planificación e control de desvíos de producións audiovisuais

ANALIZANDO A DESIGUALDADE GLOBAL: A EVOLUCIÓN DAS DESIGUALDADES INTERNAS E ENTRE PAÍSES NO CONTEXTO DA GLOBALIZACIÓN

Trece sobres azules (Maeva Young) (Spanish Edition)

ANÁLISE DO SECTOR TÉXTIL, CONFECCIÓN E CALZADO

ESTUDOS OBSERVACIONAIS

Accións da responsabilidade social empresarial. Atrae, retén e motiva o capital intelectual da empresa?

SOCIEDADES MULTICULTURAIS, INTERCULTURA- LIDADE E EDUCACIÓN INTEGRAL. A RESPOSTA DENDE A EDUCACIÓN PERSONALIZADA

Importancia dos metais nas Ciencias da Vida: Especiación de Elementos Traza e Metalómica

Reflexións sobre a situación sociolingüística galega dende o paradigma da complexidade

Coa colaboración de:

2. VALORES E FUNCIÓNS ECOLÓXICAS DO MONTE Adolfo Cordero Rivera

XESTIÓN ESTRATÉXICA DA SOSTIBILIDADE NO ÁMBITO LOCAL: A AXENDA 21 LOCAL

A cultura do código. Retos para a identidade galega na época dos algoritmos

Igualdade e sostibilidade. Pode a loita contra a mudanza climática reducir a desigualdade?

I. PRESENTACIÓN. 1. Administración e recursos humanos

1. Introducción e obxectivos do documento 1.1 Introducción Estrutura do informe Unha visión colaborativa 8

A INTERVENCIÓN PEDAGÓXICA CON FAMILIAS INMIGRANTES: ESTRUTURA E AXENTES IMPLICADOS

Metodoloxía copyleft en educación

PROPOSTA DE FISCALIZACIÓN DAS RENDAS PROCEDENTES DA PRIMEIRA VENDA DE FUNGOS SILVESTRES COMESTIBLES DE INTERESE SOCIOECONÓMICO

Competencias docentes do profesorado universitario. Calidade e desenvolvemento profesional

RECURSOS PARA O TRABALLO COS VOLUNTARIOS E VOLUNTARIAS NUNHA ENTIDADE DE VOLUNTARIADO. Módulo IV Traballando por proxectos

BILINGÜISMO, DESENVOLVEMENTO E APRENDIZAXE ESCOLAR: UNHA PROPOSTA DE INTERVENCIÓN NA ESCOLA

RELACIÓNS DE PODER NO SISTEMA DE VALOR: APLICACIÓN EMPÍRICA NA CADEA DA MADEIRA DE GALICIA E DO PAÍS VASCO 1

AVALIACIÓN DO PROXECTO PILOTO DE ASISTENCIA PERSOAL COGAMI

ELABORACIÓN DUN TEST PARA ESTIMA-LO TAMAÑO DO VOCABULARIO COÑECIDO EN LINGUA GALEGA

Memoria Xustificativa. Xustificación do título proposto, argumentando o interese académico, científico e profesional do mesmo

UN ENSAIO SOBRE A HISTORIA ECOLÓXICA DE GALICIA: O APROVEITAMENTO DO SOLO DÚAS SINGRADURAS NA CONSTRUCCIÓN DUN IDIOMA PARA UNHA PATRIA

RECURSOS E INSTRUMENTOS

Transcription:

Módulo I: Introdución 1. Que son as boas prácticas ambientais. As Boas Prácticas Ambientais pódense definir como aquelas accións que pretenden reducir o impacto ambiental negativo que causan o procesos produtivos a través de cambios na organización dos procesos e as actividades. A implantación de Boas Prácticas Ambientais debe ser asumida pola empresa, entendida na súa globalidade, previamente á súa aplicación. A utilidade das Boas Prácticas débese á súa simplicidade e baixo custo, así como aos resultados rápidos que se obteñen, son moi útiles e sinxelas de aplicar. - Como resultado da implantación das Boas Prácticas conseguirase: - Reducir o consumo e o custo dos recursos (auga, enerxía, etc.) - Diminuír a cantidade de residuos producidos e facilitar a súa reutilización. - Reducir as emisións á atmosfera, os ruídos e as verteduras de augas. - Mellorar a competitividade da empresa. Os conceptos e as boas prácticas ambientais que se propoñen neste documento son moi útiles e sinxelos de aplicar. Ademais, xeran moi bos e rápidos resultados polo que se contribúe de xeito activo ao Desenvolvemento Sostible. Este manual pretende sensibilizar sobre a afección que xeramos aomedioambiente, dende as nosas profesións máis comúns, achegando solucións mediante o coñecemento da actividade e a proposta de prácticas ambientais correctas. 2. Aspectos ambientais. Introdución ao concepto de Medio. Unha definición actual de Medio podería ser a seguinte: "Sistema global constituído por elementos naturais e artificiais de natureza física, química ou biolóxica, socioculturais e as súas interaccións, en permanente modificación pola acción 1

humana ou natural e que rexe e condiciona a existencia e desenvolvemento da vida nas súas múltiples manifestacións" Tamén podemos entender por medio Ambiente: "Conxunto de todas as condicións externas que inflúen sobre a vida, o desenvolvemento e, en última instancia, a supervivencia dun organismo". Durante miles de anos o home foi cazador e colleiteiro e o seu impacto sobre a natureza foi leve. Co inicio da agricultura comezou a talla de bosques e desta forma e de xeito paulatino o ser humano foi modificando o ámbito. Pero na segunda metade do século XX encontrámonos, de forma un tanto inesperada cunha nova situación: - Un aumento nas comodidades e confort. - Importantes problemas ambientais xurdidos da sobreexplotación dos recursos e contaminación derivada das actividades humanas e industriais. O aumento/gravidade dos problemas ambientais fixo que a opinión pública teña unha preocupación cada vez maior polos bens comúns da humanidade, obtendo unha visión global da terra. O concepto de Medio foi evolucionando de tal forma que se pasou de considerar fundamentalmente os seus elementos físicos e biolóxicos a unha concepción máis ampla na que se destacan as interaccións entre os seus diferentes aspectos, poñéndose o acento na vertente económica e sociocultural. Polo tanto, hoxe en día identifícanse como ambientais non só os problemas clásicos relativos á contaminación, verteduras, etc., senón tamén outros máis ligados a cuestións sociais, económicas, culturais..., relacionadas en definitiva co modelo de desenvolvemento. Esta nova visión do medio é moi positiva xa que estudando os problemas sociais, culturais e políticos dunha sociedade e modificando determinados comportamentos, hábitos e dinámicas, se pode conseguir cambios de actitudes que darán lugar a un interese polo medio que impulse a participar activamente na súa protección e mellora; conseguindo entre todos un equilibrio entre o home e o ámbito no que vive e do que depende. Desta forma búscase a causa da problemática ambiental; en definitiva, téndese cara á prevención modificando formas de actuar en lugar de corrixir os danos unha vez causados. 2

De feito, actualmente a idea de Medio encóntrase intimamente ligada á de desenvolvemento e esta relación resulta crucial para comprender a problemática ambiental e para achegarse á idea dun desenvolvemento sostible que garanta unha axeitada calidade de vida para as xeracións actuais e para as futuras. 3. Termos e definicións que debes coñecer. Acuífero Formación xeolóxica que contén auga no seu interior en cantidade apreciable e que permite a circulación desta. Burato de ozono Diminución do espesor da capa de ozono. É máis acusado na atmosfera sobre o continente antártico. Biodiversidade Diferentes tipos de organismos vivos existentes nun medio determinado. Bioenerxía Forma de enerxía renovable que se obtén mediante a transformación química de biomasa. Biomasa Combustible enerxético que se obtén de produtos biolóxicos, como vexetais ou esterco. Quentamento global Aumento da temperatura media da terra debido ao uso de combustibles fósiles e a outros procesos industriais que producen gases de efecto invernadoiro. Cambio climático Variación das condicións meteorolóxicas a escala global, achacable á influencia do home sobre o medio. O efecto máis notable é o quentamento global. 3

Capa de ozono Capa da atmosfera na que se concentra gran cantidade de ozono (O3) que actúa como filtro protector de radiación ultravioleta. Contaminación Alteración das condicións normais dun medio a través de axentes físicos, químicos ou biolóxicos alleos ao mesmo que causa efectos nocivos sobre o medio. Contaminación acústica Alteración das condicións dun medio debida a fontes de son excesivamente fortes ou desagradables. Contaminación lumínica Perda da visión do ceo nocturno polas numerosas fontes de iluminación nos núcleos urbanos. Contaminación térmica Quentamento dun medio por efecto dun proceso produtivo. Un exemplo é a utilización da auga dun río no circuíto de refrixeración dunha central térmica que a devolve varios graos máis quente do que a tomo. O aumento de temperatura da canle pode afectar ao ecosistema do río. Contaminante Substancia que, introducida nun medio (aire, auga, chan ou alimentos), modifícao e pode resultar tóxica e perigosa para a saúde dos seres vivos. Decibelio Unidade de medida da potencia acústica, cuxa abreviatura é db. Os niveis máis baixos que pode detectar o oído humano son da orde de 10 db, a partir de 65 db considérase que o nivel é incomodo e en 130 db sitúase o nivel da dor. Deforestación Perda dos bosques nun lugar determinado. Aplícase tamén á perda de vexetación. 4

Delito ecolóxico Conduta que atenta contra o medio. Desalgar Eliminar o sal da auga do mar. É un proceso que se usa para garantir o abastecemento de auga en determinadas zonas. Desenvolvemento sostible Satisfai as necesidades do presente sen comprometer as necesidades das xeracións futuras. Desertización Perda de vexetación dunha zona, converténdoa nun deserto. A orixe céntrase na acción do home (pastoreo abusivo, cultivos, incendios forestais, etc.). Desertización Perda de vexetación dunha zona, converténdoa nun deserto. A súa orixe está en causas naturais (ventos, erosión, cambios da canle dun río...). Dióxido de carbono Gas cuxo símbolo químico é CO2 e que procedente maioritariamente da combustión de produtos orgánicos. É o principal causante do efecto invernadoiro. Ecoloxía Ciencia que estuda as relacións dos seres vivos entre si e co medio no que viven. Ecosistema Conxunto de relacións entre os seres vivos e o medio no que habitan. Ecotaxa Imposto para gravar as fontes que producen contaminación e residuos. Efecto invernadoiro Quentamento global producido pola maior absorción de calor da superficie terrestre e a imposibilidade de desprenderse deste. O mecanismo é o mesmo que eleva a temperatura nun invernadoiro dedicado ao cultivo. Enerxías limpas ou renovables Fontes de enerxía, alternativas ás tradicionais, cuxo impacto ambiental é mínimo. 5

Comprenden, entre outras: a enerxía solar, a hidroeléctrica, a eólica, a xeotérmica, a hidráulica e a procedente da biomasa. Erosión Perda do chan a causa de axentes externos (chuvia, vento). Hábitat Espazo xeográfico cunhas condicións determinadas no que vive unha especie animal ou vexetal. Impacto ambiental Efectos sobre o medio das actuacións que levamos a cabo. Chuvia ácida As emisións á atmosfera de gases produto da combustión adoitan conter dióxido de xofre, que ao alcanzar as nubes se pode transformar primeiro en trióxido de xofre e logo en ácido sulfúrico, unha substancia extremadamente corrosiva. As nubes vólvense ácidas e cando se produce a chuvia, esta pode chegar a ser ata mil veces máis ácida do normal. Os chans vólvense ácidos, acabando cos nutrientes vexetais. Os metais, como o mercurio e o cadmio, actívanse, producindo contaminación. Marea negra Contaminación por cru do mar, debido a unha gran vertedura de hidrocarburos líquidos. Medio Conxunto de compoñentes físicos, químicos, biolóxicos e sociais capaces de causar efectos directos ou indirectos, a curto ou longo prazo, sobre os seres vivos e as actividades humanas. Paliativo Encamiñado a curar algo. Potabilizar Converter a auga en apta para o consumo humano. Prevención Preparación de antemán para evitar un efecto indesexable. Punto limpo Espazo habilitado polo Concello para que se depositen de forma gratuíta os residuos 6

especialmente contaminantes ou de difícil manipulación polo seu volume, como poden ser baterías de coche, aceite de motor, pneumáticos usados, electrodomésticos... xerados polos cidadáns. Reciclaxe Transformación que sofre un material ou produto para ser reincorporado a un ciclo de produción ou de consumo. Recurso natural Elemento que se encontra na natureza e que o home é capaz de aproveitar para cubrir as súas necesidades. Repoboar Reimplantar artificialmente un ecosistema con especies cuxo número se viu drasticamente reducido. Residuo Resto ou refugallo que queda despois de finalizar o uso dunha cousa. Residuos agrícolas e gandeiros Proceden do ámbito agrícola ou gandeiro. Adoitan ser máis agresivos cos chans debido ás altas concentracións de aboamentos e pesticidas que os acompañan. Residuos citotóxico Restos que conteñen medicamentos tóxicos para as células xa que poden xerar tumores, e o material que estivese en contacto con eles. Residuos domésticos Prodúcense en xeral na casa. Adoitan considerarse os menos perigosos de todos, pero ao mesmo tempo son os máis abundantes. Residuos industriais Proceden de determinadas industrias e os seus procesos produtivos. Adoitan ser perigosos. Residuos inocuos Non teñen grandes implicacións no medio nin na saúde das persoas debido sobre todo á súa rápida degradación. 7

Residuos radiactivos Proceden de materiais con compoñentes radiactivos. Son os máis perigosos, polos seus graves efectos sobre a saúde e porque tardan en degradarse moito tempo. Residuos sanitarios Xéranse nos centros sanitarios e caracterízanse pola posibilidade de entrar en contacto con contaminantes biolóxicos. Residuos tóxicos Poden ter efectos nocivos sobre o medio ou a saúde das persoas a curto, medio ou longo prazo. Requiren tratamentos específicos e controlados. Residuos urbanos Proceden da actividade cotiá nun núcleo de poboación. Reutilización Reincorporación dun produto a un ciclo produtivo ou de consumo sen transformalo. Transxénico Ser vivo concibido artificialmente mediante técnicas de enxeñaría xenética. Vertedoiro tradicional controlado Lugar no que se recollen os lixos e se tratan axeitadamente. Os elementos orgánicos convértense en aboamento e os inorgánicos son incinerados, polo xeral. Vertedoiro valorizado Lugar de recollida de lixos no que se aplican tratamentos específicos aos residuos considerados potencialmente perigosos. Zona verde Terreo no interior dunha poboación destinado a prados, xardíns e arboredo. ACV Análise do Ciclo de Vida. Tempo que transcorre dende que se fabrica un material ata que se degrada totalmente reintegrándose ao ciclo natural. AENOR Asociación Española de Normalización e Certificación. CFC Clorofluorocarbonos. Compostos químicos que atacan á capa de ozono. 8

DDT Potente insecticida, pertencente á familia dos organoclorados. Foi moi utilizado durante as décadas dende os anos 50 aos 70 e posteriormente foi prohibido pola súa alta toxicidade e por ser bioacumulable. Aínda está presente en moitos organismos. LIC Lugar de Interese Comunitario ISO International Standarization for Organization. Organismo internacional que propón normas, entre elas a ISO 14000 de xestión ambiental. PVC Policloruro de vinilo. Un dos tipos máis comúns de material plástico. ZEPA Zona Especial de Protección para as Aves ZEC Zona de Especial Conservación 9