A INTERVENCIÓN PEDAGÓXICA CON FAMILIAS INMIGRANTES: ESTRUTURA E AXENTES IMPLICADOS

Similar documents
COMO XOGAR A KAHOOT Se vas xogar por primeira vez, recomendámosche que leas este documento QUE É KAHOOT?

R/Ponzos s/n Ferrol A Coruña Telf Fax

Acceso web ó correo Exchange (OWA)

O SOFTWARE LIBRE NAS ENTIDADES DE GALIZA

GUÍA DE MIGRACIÓN DE CURSOS PARA PLATEGA2. Realización da copia de seguridade e restauración.

Silencio! Estase a calcular

Síntesis da programación didáctica

CURSO UNIVERSITARIO CON APROBACIÓN PROVISONAL DE HOMOLOGACIÓN POR PARTE DA CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E O.U.

III PLAN MUNICIPAL DE IGUALDADE ENTRE MULLERES E HOMES

2.1. O PROXECTO LINGÜÍSTICO DE CENTRO

Narrador e Narradora Narrador Narradora Narrador

Apertura dos centros de formación profesional á contorna local: percepción dos axentes sociais

II PLAN PARA A IGUALDADE DE OPORTUNIDADES ENTRE MULLERES E HOMES DE VIMIANZO ( )

MEDIACIÓN E RESOLUCIÓN DE CONFLICTOS. Bernández Peña, Rosana Bouzo González, Sonia

VIGOSÓNICO V C O N C U R S O V I D E O C L I P S Calquera proposta estética para o vídeo: cine, animación, cor, branco e negro,...

Obradoiro sobre exelearning. Pilar Anta.

II PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES ENTREE MULLERES E HOMES CONCELLO DE CERCEDA

PROPOSTA PEDAGÓXICA PROCESO DE FAMILIARIZACIÓN Á ESCOLA INFANTIL

CRÉDITOS Edita: Dirección Xeral de Traballo e Economía Social Conselleria de Traballo e Benestar

Informe do estudo de CLIMA LABORAL do Sergas

INFORME DE AVALIACIÓN DOS BANCOS DO TEMPO DO PROXECTO CONTA CON ELAS

Procesos preventivos e carteira de servizos en materia de prevención do Plan de Galicia sobre Drogas

A avaliación formativa: un desafío para o ensino universitario

Esta me. moria foi realizada por: Esta memoria foi realizada por: Mª Alcira Baleato Negreira (Traballadora social Centro de Saúde Fontiñas)

Sarmiento. A aprendizaxe-servizo en perspectiva. John Dewey como referente histórico

marcoeuropeocomún de referencia para as linguas: aprendizaxe, ensino, avaliación

MATERIAIS PLURILINGÜES 3.0: FORMACIÓN, CREACIÓN E DIFUSIÓN

Educación Social e equipamentos sociocomunitarios. Unha análise desde o concello e as asociacións de A Veiga (Ourense)

TRABALLO DE FIN DE GRAO

SOCIEDADES MULTICULTURAIS, INTERCULTURA- LIDADE E EDUCACIÓN INTEGRAL. A RESPOSTA DENDE A EDUCACIÓN PERSONALIZADA

CONCELLERÍA POLITICAS SOCIAIS, DIVERSIDADES E SAÚDE

IMPLEMENTACIÓN E AVALIACIÓN DUN PROCESO DE ENSINANZA-APRENDIZAXE COLABORATIVO NA TITULACIÓN DE ADMINISTRACIÓN E DIRECCIÓN DE EMPRESAS

Competencias docentes do profesorado universitario. Calidade e desenvolvemento profesional

Lingua e Docencia Universitaria V Xornadas sobre Lingua e Usos

BILINGÜISMO, DESENVOLVEMENTO E APRENDIZAXE ESCOLAR: UNHA PROPOSTA DE INTERVENCIÓN NA ESCOLA

O Software Libre nas Empresas de Galicia

Xogos e obradoiros sobre o cambio climático que Climántica desenvolve en centros educativos

Guía para a elaboración das Estratexias de desenvolvemento local das zonas pesqueiras FEMP

Discurso literario e sociedade nos países de fala inglesa

RECURSOS PARA O TRABALLO COS VOLUNTARIOS E VOLUNTARIAS NUNHA ENTIDADE DE VOLUNTARIADO. Módulo IV Traballando por proxectos

PROGRAMA FORMATIVO DA ESPECIALIDADE FORMATIVA TÉCNICAS DE MARKETING ON LINE, BUSCADORES, SOCIAL MEDIA E MÓBIL COMM049PO

CONCELLERÍA POLITICAS SOCIAIS, DIVERSIDADES E SAÚDE

plan estratéxico 2016 >> 2020

IMPLICACIÓNS FINANCEIRAS DA XESTIÓN DO MEDIO NATURAL PARA AS EMPRESAS E PARA OS MERCADOS DE CAPITAIS

Xénero e discapacidade, unha dupla invisibilidade. Situación actual

Os proxectos na Educación Infantil. Análise dunha experiencia sobre os dinosauros

Conservatorio Profesional de Música de Vigo. Programación OPTATIVA DE MÚSICA MODERNA (historia do rock&roll)

EDUCACIÓN INFANTIL PROGRAMACIÓN DE CICLO CENTRO: CEIP Mª PITA CURSO: Páxina 1

NOME DO CENTRO: IES CANIDO CURSO ESCOLAR: 2016/2017 INGLÉS 1º ESO

ANEXO XIII MODELO DE PROGRAMACIÓN DE MÓDULOS PROFESIONAIS

Exploración do desempeño ocupacional dos nenos con Trastorno do Espectro Autista (TEA) no contexto escolar ordinario

Plan Estratéxico

PLAN DE COMUNICACIÓN DO PROGRAMA OPERATIVO DO FSE DE GALICIA

TRABALLO FIN DE GRAO A APRENDIZAXE COOPERATIVA COMO FERRAMENTA PARA FOMENTAR A IGUALDADE ENTRE OS SEXOS NA ESCOLA INFANTIL

A ADMINISTRACIÓN ELECTRÓNICA DESDE UNHA PERSPECTIVA COMPARADA

viveiros en Galicia de empresa O papel dos económica e xeración de emprego

Boloña. Unha nova folla de ruta

Coeducación. O alicerce do ensino

PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA ÁREA DE INGLÉS

MEMORIA DE AVALIACIÓN DA CALIDADE: INFORME DE RESULTADOS PROGRAMACIÓN: ACCIÓNS FORMATIVAS DIRIXIDAS PRIORITARIAMENTE ÁS PERSOAS TRABALLADORAS

I. PRESENTACIÓN. 1. Administración e recursos humanos

A OUTRA CRISE: ENERXÍA, CAMBIO CLIMÁTICO E ECONOMÍA

Educación e linguas en Galicia

Problema 1. A neta de Lola

ORIENTACIÓN E RESPOSTAS EDUCATIVAS. Alumnado con trastornos da aprendizaxe

MEMORIA COMITÉS DE ÉTICA DA INVESTIGACIÓN DE GALICIA PERÍODO

PROXECTO EDUCATIVO C.P.I. PECALAMA TORDOIA

Traballo de fin de grao

PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA INGLÉS

LINGUA INGLESA CURSO

Concello de Baralla DENOMINACIÓN DA PRAZA/POSTO/EMPREGO: PERSOAL DE APOIO NO PAI. Concello de Baralla

PREESCOLAR NA CASA: DE PREPARACIÓN PARA A ESCOLA A EDUCACIÓN FAMILIAR NO MEDIO RURAL DE GALICIA (ESPAÑA)

Reflexións sobre a situación sociolingüística galega dende o paradigma da complexidade

administración cidadanía. _02_NÚRIA BOSCH (IEB / Univ. de Barcelona), «Algunhas propostas para a ampliación das competencias dos gobernos

O NOSO PLANETA, OS NOSOS DEREITOS

Facultade de Fisioterapia

CADERNOS DE PSICOLOXÍA. SETEMBRO 2017 Número especial dedicado á Psicoloxía do Traballo, das Organizacións e dos Recursos Humanos

TRAXECTORIAS E RETOS

Grao en Química. 2 0 Curso QUIMICA INORGÁNICA III. Guía Docente

I.E.S. Fernando Esquío PROXECTO DE FOMENTO DO USO DO GALEGO

Rede CeMIT Cursos Gratuítos de Alfabetización Dixital NOVEMBRO Aula CeMIT de Cuntis

A EDUCACIÓN CÍVICA NUNHA SOCIEDADE GLOBALIZADA

Conservatorio Profesional de Música de Vigo. Programación de Percusión

Programación Percusión

Luis Sobrado Fernández* Universidade de Santiago de Compostela

A RESPONSABILIDADE SOCIAL EMPRESARIAL E OS STAKEHOLDERS: UNHA ANÁLISE CLÚSTER 1

Chega o OrientaConsello, o desembarco youtuber de Down Galicia

REUNIÓN CONVOCATORIAS SUBVENCIÓNS 2018 SECCIÓN DE SERVIZOS SOCIAIS SERVIZO DE ACCIÓN SOCIAL, CULTURAL E DEPORTES

Cristina González Abelaira

Editorial Guidelines. The authors wishing to submit articles for consideration by the Editorial Board of our publication shall:

Grao en Química. 2 0 Curso QUIMICA INORGÁNICA III. Guía Docente

Procedimientos Auditivos e Instrumentais DEPARTAMENTO COORDINADOR/A DA DISCIPLINA. CURSOS 1º curso 2º curso 3º curso 4º curso.

Guía para a elaboración da planificación estratéxica dos centros da USC

A ensinanza da nutrición humana na Educación Primaria desde unha perspectiva mediambiental

UNIDADES DE DESENVOLVEMENTO INFANTIL E APOIO FAMILIAR INFORME DE AVALIACIÓN

O ESTUDO DA INFANCIA E DA ADOLESCENCIA DESDE A PERSPECTIVA HISTÓRICO-EDUCATIVA. PERFÍS POSÍBEIS PARA A INVESTIGACIÓN ACTUAL

Terceiro ano da Casa-Museo Emilia Pardo Bazán. Memoria

Primeira.- Facúltase a directora xeral da Familia para dicta-las resolucións que sexan necesarias para a execución e desenvolvemento desta orde.

A situación actual da lingua galega: unha ollada desde a sociolingüística e a política lingüística

DEPARTAMENTO DE INGLÉS PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA 3º ESO - LINGUA INGLESA - 1º IDIOMA CURSO 2018 / 2019 IES DAVID BUJÁN

Transcription:

A INTERVENCIÓN PEDAGÓXICA CON FAMILIAS INMIGRANTES: ESTRUTURA E AXENTES IMPLICADOS Lorenzo Moledo, M.M. Universidade de Santiago de Compostela (mdelmar.lorenzo@usc.es) Malheiro Gutiérrez, X.M. Universidade da Coruña (xmalheiro@udc.es) Priegue Caamaño, D. Universidade da Coruña (dpriegue@udc.es) Santos Rego, M.A. Universidade de Santiago de Compostela (miguelangel.santos@usc.es) Resumo A escola constitúe un dos mellores espazos sociais no artellamento e desenvolvemento de posibilidades para a prevención e mesmo a intervención. No entanto, por máis que as contribucións teóricas sobre esta cuestión tiveron especial divulgación, os estudos centrados na posta en práctica de estratexias orientadas á solución de problemas existentes non recibiron a atención que necesitan. Coa importante presenza de familias procedentes da inmigración nos centros educativos engádense novas variables, de obrigada consideración, tanto nos propios quefaceres educativos como na relación coas familias. Neste senso, son moitas as investigacións que subliñan a importancia de mellorar a relación familia-escola por ser este un dos instrumentos clave na optimización dos procesos educativos. Nesta tesitura, o principal obxectivo deste traballo é propor unha serie de orientacións que poden servir para mellorar o modo de abordar a intervención pedagóxica coas familias inmigrantes. Defendemos a importancia de contar co soporte e o compromiso de profesionais pertencentes a instancias. Sería o caso, fundamentalmente, dos servizos sociais municipais e das organizacións cívicas, máxime cando o que se pretende é facilitar o proceso de integración social das familias inmigrantes, a través dunha maior participación nas escolas ás que acoden os seus fillos e fillas. 1. Introdución O proceso de integración escolar dos nenos de familias inmigrantes está, sen lugar a dubidas, influenciado pola efectividade da relación e participación da familia na vida do centro educativo. Non se trata de implicar a pais e nais no seguimento das tarefas e os progresos escolares dos seus fillos, se non de conseguir que todos os membros da comunidade educativa cheguen a sentir como propio o centro e que este se converta nunha instancia de participación e de aprendizaxe cívica (Baráibar, 2005). O sistema educativo debe esforzarse na tarefa de axudar 1692

ás familias a comprometerse máis na educación dos seus fillos/as. En tal sentido, entender que a escola pode organizarse como unha comunidade de aprendizaxe supón un importante paso na dirección que apuntamos. Dende o noso punto de vista, a relación entre familias e escolas que acollen e educan a nenos da inmigración axudará a incrementar o logro de tres metas da educación intercultural: construcción de coñecemento, redución de prexuízos e creación dunha cultura de integración a través de dinámicas comunitarias centradas na habilitación competencial dos educandos. Aínda que a familia é un factor clave no establecemento dun modelo educativo intercultural, para a efectiva construción e desenvolvemento do proxecto social intercultural é preciso que a familia, a escola, as administracións públicas e a sociedade civil en xeral asuman a responsabilidade de construír e participar nun proxecto común desde o recoñecemento, o respecto e a valoración das distintas culturas. Apoiándonos, pois, neste enfoque, deseñamos un programa socioeducativo dirixido a familias inmigrantes (ver Lorenzo Moledo et al., 2007), tomando como base unha dinámica de traballo colaborativo entre familias, escola e comunidade (organizacións cívicas e servizos sociais). Aínda que o programa se focaliza nas familias inmigrantes, tamén se procurou a participación das familias autóctonas, por ser este un elemento clave no marco dos obxectivos do programa. 2. Escola e alumnado inmigrante: avanzamos cara unha escola intercultural? A sociedade delegou na escola unha gran responsabilidade no proceso de integración tanto do alumnado inmigrante como das súas familias. No entanto, non se acompañou da necesaria dotación de recursos para poder afrontar coas garantías suficientes o reto encomendado. Seguindo a Essomba (2006), tres son os principais retos aos que se enfronta a educación na actualidade en relación á diversidade cultural e á inmigración: - O desenvolvemento de medidas conducentes á inclusión social dos novos cidadáns, partindo do suposto de que, na maioría dos casos, se trata de poboación de baixo nivel socioeconómico; - A innovación nos centros educativos para adecualos aos novos alumnos e ao punto de vista intercultural; - O fomento dun contexto escolar potente e coherente que inclúa as dúas cuestións. A complexidade e as implicacións de cada un destes aspectos, evidencian a necesidade de levar a cabo unha acción compartida pola escola e os seus profesionais que, á súa vez, sexa asumida polas distintas institucións e espazos educativos do contorno. Non obstante, desde a pedagoxía non se desenvolveu unha reflexión profunda non só sobre a vida nas aulas, se non tamén sobre o que acontece no contexto social e histórico (Ortega, 2004). 1693

Estamos de acordo con Escudero (2001) cando afirma que, nesta nova orde social, é indispensable introducir numerosos cambios na estrutura e funcionamento do sistema educativo e na mentalidade da maioría dos profesores; repensar o que estamos a facer e superar as inercias dun sistema excesivamente burocrático, máis preocupado pola xestión que pola innovación. A escola é un dos espazos onde o intercambio entre o alumnado de orixe culturais diversas cobra lexitimidade. É por iso que afrontar os desafíos derivados da confluencia cultural esixe o deseño de políticas educativas que contemplen a existencia dun contexto escolar no que a diversidade é un dos trazos definitorios. Ademais de ser un factor clave nos procesos de integración, a educación ten un papel fundamental na prevención de calquera comportamento ou pauta de exclusión e no avance cara unha sociedade intercultural (Santos Rego, 2008), onde a cohesión e o respecto á diferenza sexan os seus aspectos definitorios. Ante tal panorama, é necesario poñer en marcha procesos educativos que potencien o desenvolvemento de valores democráticos e onde o diálogo facilite o recoñecemento mutuo a partir dunha interacción permanente e enriquecedora de todos os membros da sociedade. En palabras de Oller (2003, 23): Nonexisteningunhaposibilidadedetransformación significativa se non é sobre a base dunha previa transformación cultural que non só favoreza a implicación social e a participación, se non tamén a convivencia no marco de sociedades cada vez máis pluriculturais. En definitiva, fainos falla un novo paradigma que vaia mais aló do paradigma liberal que axude a pensar e a vivir a democracia desde a diversidade cultural". Trátase, polo tanto, de facer da educación un medio de cohesión e integración social que facilite a interacción cultural e onde o intercambio de opinións implique a súa valoración desde unha perspectiva crítica e á vez construtiva. Un dos pasos previos é fomentar actitudes favorables á diversidade cultural e desestimar posturas etnocéntricas. O como xerar un sentido de identidade e pertenza a unha comunidade común desde realidades identitarias culturais distintas e, mesmo, en contradicción é unha cuestión que formulan Bartolomé e Cabrera (2003) como requirimento previo para criar novas dinámicas de participación cidadáns. Se ben á poboación inmigrante se lle debe de dar a coñecer as normas e valores fundamentais, así como os hábitos sociais e culturais da sociedade galega, tamén é preciso desenvolver accións de sensibilización dirixidas á poboación autóctona. Non esquezamos que a integración é un proceso bidireccional e, consecuentemente, preciso do compromiso e concienciación por parte da poboación galega. Debemos ter claro que non é posible falar de integración se nas nosas sociedades non dispoñemos de actitudes positivas cara o fenómeno migratorio. A aproximación e coñecemento 1694

da outra cultura facilita a loita contra os estereotipos culturais que os grupos se teñen adxudicado a través da historia, o que implica o descubrimento e comprensión de valores alternativos e, se é o caso, a súa realización. Esta idea condúcenos a unha reflexión obrigada sobre a necesidade de analizar e reformular o currículo actual cara unha perspectiva intercultural e sempre contando coa participación de profesores, pais e axentes sociais. Estamos de acordo con Jordán (1998) cando destaca o papel da relación familia-escola na elaboración do currículo intercultural e cando insiste en que é preciso favorecer a comunicación nas dúas direccións. Velaquí a importancia de implicar ás familias autóctonas nun programa de intervención cuxo principal propósito é facilitar o proceso de integración de persoas chegadas dende outras latitudes. 3. Acurtando distancias: un programa socioeducativo para familias inmigrantes É clara a importancia de mellorar a relación entre a institución escolar e a familiar. Se ben os aportes teóricos sobre esta cuestión tiveron sempre unha intensa divulgación, as experiencias que nos poden servir de referente son escasas. O motivo admite poucas dúbidas: a intervención pedagóxica con familias implica numerosas dificultades, e cando estas son de procedencia inmigrante as dificultades increméntase en alto grao (Santos Rego, Godás Otero, e Lorenzo Moledo, 2009). Tal e como comentamos antes, a falta de información é un aspecto que afecta especialmente á participación das familias nas escolas dos seus fillos e fillas, circunstancia que, novamente, afecta en maior medida as nais e pais inmigrantes. Tendo isto presente, o Grupo de Investigación Esculca da Universidade de Santiago de Compostela, no marco dun Proxecto de Investigación financiado polo Ministerio de Educación e Ciencia 1, iniciou a posta en práctica dun programa socioeducativo para familias inmigrantes, que residen na Comunidade Autónoma de Galicia, tratando de mellorar os niveis de participación das familias inmigrantes nas escolas ás que asisten os seus fillos e fillas, a fin de dotalas dun maior coñecemento sobre o sistema educativo e sobre a cultura e a sociedade do país de acollida. Por máis que sexan varios os aspectos nos que deberiamos afondar para coñecer en maior medida o deseño e desenvolvemento da intervención, tendo en conta os obxectivos deste traballo, centrarémonos na análise da estrutura e nos axentes implicados, non sen antes clarexar os principais obxectivos da intervención. Obxectivos da intervención Obxectivo Xeral 1 SEJ2004-05967 1695

Mellorar o coñecemento que teñen as familias inmigrantes da cultura e da sociedade do país de acollida, así como do seu sistema educativo, tratando con isto de mellorar os seus niveis de participación nas escolas ás que asisten os seus fillos e fillas. Obxectivos Específicos a) Coñecer os trazos definitorios básicos da cultura da sociedade de acollida. b) Analizar como funciona e como se estrutura o sistema educativo onde estudan os seus fillos. c) Estudar os dereitos e deberes de pais e alumnos nos centros escolares. d) Examinar o proceso de toma de decisións e de participación das familias no sistema educativo. e) Establecer un clima de diálogo e confianza entre familia e centro educativo. f) Coñecer a rede de apoio social da comunidade. g) Desenvolver a autoconfianza para participar na escola e na vida comunitaria. Estrutura do programa Os centros educativos acostuman articular mecanismos informativos, ben individuais ben grupais, para relacionarse coas familias; sendo menos frecuentes accións cunha clara intencionalidade pedagóxica de cambio formativo e de coñecemento. Desta forma, un programa que ten como obxectivo fundamental incentivar a participación das familias nos centros educativos debe estruturarse en catro niveis, á vez secuenciais e simultáneos: información, opinión, toma de decisións e acción/execución das tarefas derivadas desas decisións (ver figura 1). Así, o principal propósito do programa non é outro que o de proporcionar aquela información susceptible de provocar unha maior aproximación ao centro educativo por parte das familias inmigrantes, esperando que a súa maior presenza na escola favoreza vías de inclusión e mutua aceptación nos planos social e cultural. Figura 1: Niveis de influencia do programa Acción/execución das tarefas Toma de decisións Opinión Información 1696

O "Programa socioeducativo para familias inmigrantes" (Lorenzo Moledo et al., 2007) divídese en tres módulos, que foron deseñados por especialistas nos diferentes ámbitos, atendendo aos obxectivos establecidos. Son os seguintes: 1. Educativo. Infórmase aos pais sobre a estrutura e o funcionamento do sistema educativo español e o papel que poden exercer as familias. 2. Social. Pretende, fundamentalmente, que as familias coñezan a rede de apoio social da comunidade. 3. Cultural. Ademais de analizar o concepto de cultura en contextos multiculturais, os seus contidos permiten realizar un achegamento á cultura da sociedade de acollida. Respecto aos contidos do programa, a claridade e a utilización dunha linguaxe comprensible e directa, son algúns dos aspectos aos que lle prestou especial atención. Non podemos esquecer que os destinatarios son familias inmigrantes que, sobre todo, dependendo do país de orixe, poden ter un maior ou menor dominio do idioma e unhas ou outras habilidades lecto-escritoras. Para levar a cabo a intervención con efectividade formouse ao profesorado implicado. Con tal propósito, deseñouse un plan de formación de oito horas de duración con dous obxectivos claros: dunha parte, presentar as características xerais do programa no marco do proxecto de investigación; e de outra, afondar nos aspectos referidos ao seu desenvolvemento e avaliación. Tamén debemos subliñar que o programa deseñado inicialmente foi sometido á deliberación de dous grupos de discusión. O primeiro deles estivo constituído por investigadores en educación, mentres que o segundo estivo formado por representantes de colectivos de inmigrantes, asociacións cívicas e centros educativos. A realización dos grupos de discusión, sobre todo o segundo deles, permitiron axustar algúns aspectos do programa. Concretamente, acordouse introducir algúns cambios nos diferentes módulos e melloras na súa organización e estruturación, atendendo ás características do contexto e dos suxeitos da intervención. Axentes implicados En canto aos axentes implicados, debemos subliñar que o programa se sustenta sobre unha dinámica de traballo colaborativo entre familias, escola e comunidade (organizacións cívicas e servizos sociais) (ver Figura 2). Dende o noso punto de vista, a participación das familias inmigrantes en programas socioeducativos que supoñan a implicación da escola, os servizos sociais e as organizacións cívicas, mellorará de forma significativa a súa dinámica de integración social, atinxindo un maior nivel de competencia cultural na sociedade de acollida. 1697

Figura 2: Axentes de intervención en cada centro Na táboa que segue recollemos a estrutura que sostén o desenvolvemento do programa en cada centro. Táboa 1: Estrutura do programa en cada centro Módulos Obxectivos Responsable Participantes Cultural (4h) Analizar o concepto de cultura en contextos interculturais e realizar un acercamento á cultura da sociedade de acollida Prof. do Centro ANPA Colaborador Educativo (8h) Informar aso pais e nais sobre a estructura e o funcionamento do sistema educativo español e o papel que poden exercer as familias Orientador/a ANPA Colaborador Social (4h) Coñecer a rede de apoio social da comunidade Traballador/a social ANPA Colaborador Conseguir a participación activa e continuada das familias inmigrantes nun Programa educativo é unha tarefa difícil. Para iso, investíronse múltiples esforzos por implicar a outras entidades (administración educativa autonómica, asociacións cívicas, as AMPA, centros educativos e servizos sociais) capaces de motivar e facilitar a participación de pais e nais inmigrantes. Concretamente, cada un dos axentes implicados directamente no desenvolvemento do programa realizou unha serie de tarefas imprescindibles para a efectividade da intervención. A continuación, deterémonos na contribución de cada un dos axentes na posta en práctica do programa: a) Organizacións cívicas: estas organizacións que traballan con e para inmigrantes son esenciais no desenvolvemento dun programa destas características, ocupándose concretamente de: 1698

- Familias: proporcionan apoio externo ás familias, favorecendo a súa implicación e permanencia (unha das maiores dificultades neste tipo de investigación) no programa. Coordínanse co centro educativo e os servizos sociais para tender pontes entre familia e escola, a fin de crear un clima de confianza e interese recíproco. - Atención aos nenos: co obxecto de axudar a que pais e nais participen no programa, previmos, coa participación destas organizacións cívicas, un servizo de atención que realiza actividades educativas e lúdicas cos nenos e nenas durante a ausencia dos proxenitores unha vez finalizado o horario escolar. b) Servizos sociais: desde os servizos sociais municipais de base nas demarcacións de localización dos centros a participación discorreu por dúas vías: - Programa: impartición do módulo social do programa. Foron as características de cada un dos concellos as que definiron os contidos concretos deste módulo. - Familias: coordinación co centro para apoiar a súa implicación e solucionar problemas de comunicación entre o centro e os pais. Ademais, os profesionais dos servizos sociais son os que teñen un coñecemento máis preciso destas familias. c) Centros educativos: son a instancia base do programa desde a que se irradia aos outros axentes. Son os encargados de contactar coas familias e planificar a intervención (negociar a im plem entación do programa:lugar,días,horas ). Ademais, ocúpanse de impartir o módulo educativo. d) Familias: son o suxeito de intervención e o eixo de atención de todos os axentes comprometidos. De igual forma, propiciouse a participación das ANPA para favorecer o diálogo, a interacción e a discusión. 4. A modo de conclusión Dende o noso punto de vista, o centro educativo é un dos espazos con maiores posibilidades para desenvolver estratexias de intervención orientadas a incentivar a participación dos pais e nais inmigrantes nas escolas nas que estudan os seus fillos. Neste senso, cremos que é preciso fomentar e incentivar a cultura participativa destas familias nos centros escolares, posto que lles proporcionará os recursos e habilidades necesarias para participar noutras esferas da vida pública. No entanto, este é un desafío que non pode asumir en solitario a escola. Se ben é certo que o sistema educativo ten maior responsabilidade na tarefa de axudar ás familias a comprometerse máis na educación dos fillos, tamén é preciso dispoñer do apoio doutras instancias sociais e, por suposto, dos seus profesionais, máxime cando o que se pretende é facilitar o proceso de 1699

integración social das familias inmigrantes, uníndoo, no noso caso, á mellora no grado de participación no centro escolar no que estudan os fillos. Para rematar, queremos facer fincapé na necesidade de poñer en marcha novas iniciativas orientadas a optimizar os procesos de participación social, obxectivo que encontra na escola un espazo de gran potencialidade formativa, para os fillos/as e para os propios pais e nais. Así pois, por máis que os centros educativos articulen mecanismos informativos para relacionarse coas familias, son escasas as accións pedagóxicas de intercambio e de coñecemento. Xa que logo, despois tomar notar do que no queda por facer, cómpre comezar a traballar na posta en práctica de dinámicas e estratexias que favorezan o traballo compartido das distintas instancias sociais. 5. Referencias bibliográficas Baráibar, J.M. (2005). Inmigración, familias y escuela en educación infantil. Madrid: MEC-Los Libros de la Catarata. Bartolomé, M. e Cabrera, F. (2003). Sociedad multicultural y ciudadanía: hacia una sociedad y ciudadanía interculturales, Revista de Educación, número extraordinario Ciudadanía y Educación,33-56. Escudero, J.M. (2001). Prólogo, en Darling-Hammond, L., El derecho deaprender. Crear buenas escuelas para todos. Barcelona: Ariel. Essomba, M.A. (2006). Liderar escuelas interculturales e inclusivas: Equipos directivos y profesorado ante la diversidad cultural y la inmigración. Barcelona: Graó. Jordán, J.A. (coord.) (1998). Multiculturalisme i educació. Barcelona: UOC. Lorenzo Moledo, MªM. et al. (2007). Familias inmigrantes en Galicia: La dimensión socioeducativa de la integración (Proxecto de Investigación - Secretaría General de Política Científica y Tecnológica. Ministerio de Educación y Ciencia. SEJ2004-05967). Oller, M.D. (2003). Las nuevas fronteras de la democracia, Revista Crítica, 906, 18-24. Ortega, P. (2004). Educar para la participación ciudadana, Pedagogía Social, 11, 215-236. Santos Rego, M. A. (2008). Las familias inmigrantes en la escuela. Cómo avanzar en su integración desde una perspectiva socioeducativa? En J. García Roca e J. Lacomba (eds.), La inmigración en la sociedad española. Barcelona: Edicións Bellaterra, 483-505. Santos Rego, M. A.; Godás Otero, A. e Lorenzo Moledo, M. M. (2009). Evaluation of the implementation of a socio-educational program with immigrant families: A case study. Evaluation and Program Planning, 32, 1, 21-30. 1700