ESTATUTOS DA ASOCIACIÓN PEDAGÓXICA NOVA ESCOLA GALEGA

Similar documents
Síntesis da programación didáctica

(Modificado o art. 10 por acordo do Consello de Goberno do 24 de xullo de 2014)

COMO XOGAR A KAHOOT Se vas xogar por primeira vez, recomendámosche que leas este documento QUE É KAHOOT?

O SOFTWARE LIBRE NAS ENTIDADES DE GALIZA

R/Ponzos s/n Ferrol A Coruña Telf Fax

REUNIÓN CONVOCATORIAS SUBVENCIÓNS 2018 SECCIÓN DE SERVIZOS SOCIAIS SERVIZO DE ACCIÓN SOCIAL, CULTURAL E DEPORTES

Acceso web ó correo Exchange (OWA)

REGULAMENTO DO CONSELLO MUNICIPAL DE INFANCIA E ADOLESCENCIA DO CONCELLO DE REDONDELA

VIGOSÓNICO V C O N C U R S O V I D E O C L I P S Calquera proposta estética para o vídeo: cine, animación, cor, branco e negro,...

Concello de Baralla DENOMINACIÓN DA PRAZA/POSTO/EMPREGO: PERSOAL DE APOIO NO PAI. Concello de Baralla

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

DOG Núm. 115 Luns, 19 de xuño de 2017 Páx

CONCELLO DE MESIA (A CORUÑA)

Primeira.- Facúltase a directora xeral da Familia para dicta-las resolucións que sexan necesarias para a execución e desenvolvemento desta orde.

Lei 5/1994, do 29 de novembro, de creación do ente público Portos de Galicia

Silencio! Estase a calcular

Cumpridos catro anos dende a constitución do Consello Galego das Mulleres procede pois o inicio do procedemento de renovación

Orzamentos Xerais do Estado para 2016: Novidades en materia de Seguridade Social que xestionan as mutuas

LEI 18/2011, DO 5 DE XULLO, REGULADORA DO USO DAS TECNOLOXÍAS DA INFORMACIÓN E DA COMUNICACIÓN NA ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

RECIBO DE PRESENTACIÓN NO REXISTRO ELECTRÓNICO DA XUNTA DE GALICIA

ORDENANZA FISCAL Nº 11: REGULADORA DA TAXA POLO USO DE RECINTOS E INFRAESTRUTURAS DE CARÁCTER DEPORTIVO.

DOG Núm. 249 Xoves, 31 de decembro de 2015 Páx

GUÍA DE MIGRACIÓN DE CURSOS PARA PLATEGA2. Realización da copia de seguridade e restauración.

Nas presentes bases e tamén nos anexos I, II e IIII detállanse os requisitos específicos que deben reunir as persoas solicitantes.

CONCELLO DE PONTEDEUME (A CORUÑA) ENDEREZO LOCALIDADE PROVINCIA C.P. Nº SS.SS TELÉFONO DE CONTACTO

ÓRGANO: SECRETARIA XERAL TÉCNICA E DO PATRIMONIO

BLOQUE 0: O PARLAMENTO DE GALICIA, ORGANIZACIÓN E FUNCIONAMENTO. IGUALDADE.

DOG Núm. 180 Xoves, 20 de setembro de 2012 Páx

DOG Núm. 82 Luns, 29 de abril de 2013 Páx

PARTE I. VIVALDI: Concierto en MI M. op. 3 n.12

Procedimientos Auditivos e Instrumentais DEPARTAMENTO COORDINADOR/A DA DISCIPLINA. CURSOS 1º curso 2º curso 3º curso 4º curso.

CURSO UNIVERSITARIO CON APROBACIÓN PROVISONAL DE HOMOLOGACIÓN POR PARTE DA CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E O.U.

Lei 7/1998, do 30 de decembro, de medidas tributarias, de réxime orzamentario, función pública e xestión

DOG Núm. 34 Venres, 16 de febreiro de 2018 Páx

DOG Núm. 115 Xoves, 16 de xuño de 2011 Páx

CUESTIÓNS XERAIS A AMBOS PROCEDEMENTOS

AXUDAS PARA O PLAN MADRUGA 2017

NORMATIVA ACADÉMICA PARA O ALUMNADO DE INTERCAMBIO DA ESCOLA UNIVERSITARIA DE ESTUDOS EMPRESARIAIS (EUEE) UNIVERSIDADE DE VIGO

Bases do Concurso Logo ANPA Vila do Arenteiro BASES DO CONCURSO. 1. OBXECTO e TEMATICA DO CONCURSO 2. TIPO DE CONCURSO

XEFATURA DO ESTADO A 2. = + 5, x 10-6 A 3. = + 1, x 10-8 A 4. = + 1, x A 5

DOG Núm. 92 Luns, 15 de maio de 2017 Páx

ADSCRICIÓN FUNCIONAL E HORARIO DO PROFESORADO NOS CENTROS DE INFANTIL E PRIMARIA

CONVOCATORIA E BASES REGULADORAS DAS SUBVENCIÓNS PARA O FOMENTO DO ASOCIACIONISMO E PARTICIPACIÓN CIDADÁ, ANO 2011

Consellería de Sanidade

Narrador e Narradora Narrador Narradora Narrador

12352 LEI 11/2007, do 22 de xuño, de acceso electrónico dos cidadáns aos servizos públicos. («BOE» 150, do )

-. Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local.

NORMAS DE ORGANIZACIÓN E FUNCIONAMENTO DA CONVIVENCIA NO CENTRO.

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO

Sede Electrónica Concello de Cangas

COCINA ECONÓMICA DE FERROL. CÓDIGO ÉTICO E DE BO GOBERNO Edición: 2

CONCELLO DA TEIXEIRA (OURENSE)

2.1. O PROXECTO LINGÜÍSTICO DE CENTRO

LEI 2/2011, do 16 de xuño, de disciplina orzamentaria e sustentabilidade financeira.

II PLAN PARA A IGUALDADE DE OPORTUNIDADES ENTRE MULLERES E HOMES DE VIMIANZO ( )

Para xeral coñecemento, de acordo co disposto no artigo 38 da citada norma, faise necesaria a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Para tomar parte no citado concurso-oposición, será necesario reunir os seguintes REQUISITOS, (debendo presentar xustificante dos mesmos):

CONCURSO PÚBLICO NÚMERO 8/2018

As características das prazas a cubrir cos integrantes da bolsa son:

plan estratéxico 2016 >> 2020

Praza do Concello, nº Vimianzo (A Coruña) Tel Fax

ESPAÑA PLURILINGÜE MANIFESTO POLO RECOÑECEMENTO E O DESENVOLVEMENTO DA PLURALIDADE LINGÜÍSTICA DE ESPAÑA

Asociación de Desenvolvemento Rural Ancares-Courel CONTRATACIÓN DO EQUIPO XESTOR GDR-5 TÉCNICOS/AS

Santiago de Compostela, 21 de setembro de 2016 Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde Sonia Martínez Arca Xerente

PRIMEIRA: OBXECTO, FINALIDADE E CONDICIÓNS

Responsabilidade social empresarial: igualdade de xénero

MEMORIA COMITÉS DE ÉTICA DA INVESTIGACIÓN DE GALICIA PERÍODO

MEMORIA E PROXECTO -, ALICERCES PARA MANA. xxv ANIVERSARIO DE NOVA ESCOLA GALEGA

1. Natureza do servizo de axuda no Fogar (SAF) e descrición

Expediente: 5193/2017

Conservatorio Profesional de Música de Vigo. Programación OPTATIVA DE MÚSICA MODERNA (historia do rock&roll)

BOP BOLETÍN OFICIAL DA PROVINCIA DA CORUÑA BOLETÍN OFICIAL DE LA PROVINCIA DE A CORUÑA

BOP BOLETÍN OFICIAL DA PROVINCIA DA CORUÑA BOLETÍN OFICIAL DE LA PROVINCIA DE A CORUÑA

CONCELLOS CERVANTES. Anuncio

DOG Núm. 249 Venres, 30 de decembro de 2016 Páx

CENTRAL DE CARÁCTER CONSULTIVO ELECCIÓNS

persoal, familiar e laboral

Manual de usuario do módulo de control horario do sistema OPAX

Facultade de Fisioterapia

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO

MISION COMERCIAL A TURQUÍA 3 8 XUÑO 2018 IG

Xénero e discapacidade, unha dupla invisibilidade. Situación actual

PLAN DE COMUNICACIÓN DO PROGRAMA OPERATIVO DO FSE DE GALICIA

UNHA ANÁLISE DA INDEPENDENCIA NA AUDITORÍA DE CONTAS

GUÍA DO ALUMNADO EASD Ramón Falcón

DITAME DO CONSELLO DA CULTURA GALEGA SOBRE AS BASES PARA A ELABORACIÓN DO DECRETO DO PLURILINGÜISMO NO ENSINO NON UNIVERSITARIO DE GALICIA

PROTOCOLO DO COMEDOR ESCOLAR DO C.E.I.P. DE ARZÚA INTRODUCCIÓN Este protocolo é parte integrante do regulamento orgánico do centro escolar e de

Fondo de Acción Social. Manual do Usuario de presentación de solicitudes do FAS

BASES REGULADORAS DA CONVOCATORIA DE AXUDAS DE GASTOS FARMACÉUTICOS 2016/2017

Ordenanzas fiscais Páxina 1

Información precontractual Cuenta Corriente Triodos Pag. 2

TRAXECTORIAS E RETOS

ESTÁNDARES PROFESIONAIS DA ASOCIACIÓN GALEGA DE PROFESIONAIS DA TRADUCIÓN E DA INTERPRETACIÓN (AGPTI)

CONSELLO DE GOBERNO Reunión do 27 de decembro de 2006 Resumo da reunión elaborada pola Secretaría Xeral

PROCEDEMENTO P-PRL 20 PROCEDEMENTO DE ACTUACIÓN E APOIO AO PROFESIONAL EN EPISODIOS DE VIOLENCIA DE ORIXE EXTERNA

CONSORCIO GALEGO DE SERVIZOS DE IGUALDADE E BENESTAR

CONTROL DE VERSIÓNS E DISTRIBUCIÓN

ORDENANZA MUNICIPAL DE TRAMITACIÓN DE ACTIVIDADES

DOG Núm. 72 Venres, 15 de abril de 2016 Páx

Transcription:

ESTATUTOS DA ASOCIACIÓN PEDAGÓXICA NOVA ESCOLA GALEGA Actualización na XXX Asemblea 22 de marzo do 2014 1

ESTATUTOS DA ASOCIACIÓN NOVA ESCOLA GALEGA Limiar A actual política educativa e organización escolar en Galiza non responde cabalmente ás necesidades educacionais da sociedade galega, ao descoñecer en grande medida a súa lingua, a súa cultura e a súa complexa realidade e ao non estar tampouco en sintonía co intenso movemento de renovación pedagóxica presente nas sociedades máis avanzadas. Estas carencias provocaron hai xa varios anos unha dinámica de cooperación por parte de varios núcleos de ensinantes galegos, chegando mesmo algún deles a dárense unha denominación. Así foron, entre outros, os casos de ALBE, AVANTAR, ESCOLA ABERTA, ESCOLA DRAMÁTICA GALEGA, LUBRICÁN, MOVEMENTO COOPE- RATIVO DE ESCOLA POPULAR GALEGA, PREESCOLAR NA CASA, SOCIEDADE GALEGA DE XEOGRAFÍA e XILBARBElRA. As intencionalidades pretendidas eran semellantes ás que aquí se enuncian. Faise sentir a conveniencia de coordinar máis profundamente as distintas actividades e impulsar outras novas que abrangan a un maior número de ensinantes e outros profesionais, sendo por iso polo que se constitúe a presente Asociación NOVA ESCOLA GALEGA. (Constitución inicial, 1983) 2

Capítulo 1 - Denominación, finalidades e domicilio Art. 1 - Denominación ESTATUTOS A Asociación regulada polos presentes Estatutos adopta o nome de Asociación Pedagóxica NOVA ESCOLA GALEGA. Esta Asociación nace sen ánimo de lucro e coas finalidades que prevé o Artigo 3. Rexerase por estes Estatutos, pola Lei Orgánica 1/2002, do 22 de marzo, Reguladora do Dereito de Asociación, e pola demais lexislación existente en materia de asociacións que lle sexa aplicable. Art. 2 - Ámbito de actuación A Asociación NOVA ESCOLA GALEGA ten personalidade xurídica para cumprir as súas finalidades, para rexer os seus bens e para exercitar os seus dereitos. O seu ámbito de actuación fundamental será a demarcación territorial de Galiza. Art. 3 - Finalidades A Asociación NOVA ESCOLA GALEGA nace coa finalidade xeral de impulsar o traballo de renovación pedagóxica e de galeguización linguística e curricular do sistema educativo de Galiza, por medio da agrupación e da cooperación de todos aquelas persoas ensinantes galegas de calquera nivel do sistema educativo e de todas as persoas asociadas e colaboradoras que pretendan contribuír coa súa acción e reflexión á renovación pedagóxica da educación e á construción dun sistema educativo Galego, Público e Democrático. Para acadar as finalidades indicadas, a Asociación desenvolverá as seguintes actividades: a) Contribuír á formación, perfeccionamento e actualización pedagóxica a través do traballo en equipo das persoas asociadas e da promoción doutras iniciativas de formación. b) Coordinar as entidades, grupos, e persoas interesadas no estudo de todos os aspectos relacionados coa renovación pedagóxica: teorías psicopedagóxicas e sociolóxicas da educación, didáctica e metodoloxía das distintas áreas do ensino, organización dos centros de ensino e dos grupos de alumnado. c) Promover e apoiar as iniciativas de experimentación pedagóxica e intercambiar experiencias escolares en xeral. d) Formar e expresar opinións sobre os problemas de ensino e estudar unha liña pedagóxica acorde cun modelo educativo científico e democrático. e) Constituír grupos de traballo de estudo sobre temas referentes á mellora da educación e á normalización linguística e cultural no ensino. f) Organizar cursos, seminarios, congresos, certames pedagóxicos, así como calquera outra forma de intercomunicación de temas relacionados cos fins desta Asociación. g) Publicar e difundir as actividades da Asociación, especialmente os resultados dos grupos de traballo, así como a constitución de arquivos de documentación pertinentes aos efectos das actividades a realizar. h) Asesorar ás asociacións, organismos e outras entidades en relación coas cuestións pedagóxicas. 3

i) Manter relacións con outras organizacións, grupos de traballo ou entidades que comparten obxectivos semellantes. l) Colaborar, desde criterios de independencia, cos organismos pedagóxicos da Administración Autonómica -e no seu caso Estatal- e da Administración Local, con institucións, entidades e centros universitarios relacionados coa formación de persoal docente, cos sindicatos de traballadores e trabalaldoras do ensino nas súas actividades de formación cultural e pedagóxica. m) Outras que impliquen unha integración dinámica da educación e dos ensinantes no seo dunha sociedade galega máis de seu, máis democrática e culta. Art. 4 - Domicilio social A Asociación NOVA ESCOLA GALEGA ten o seu domicilio en Ames (A Coruña), co seguinte enderezo: Rúa das Hedras, 4-2º O - Milladoiro - CP 15895, correo electrónico neg@mundo-r.com e teléfono 981562577. Este domicilio poderá ser modificado por acordo da Asemblea Xeral. Capítulo 2 - Das persoas asociadas Art. 5 - Persoas asociadas A Asociación estará integrada polos educadores e educadoras, ensinantes e profesionais relacionados co sistema educativo, pais e nais e outras persoas relacionadas coa educación que formalicen a súa inscrición. Periodicamente o Secretariado Galego poderá decidir o nomeamento de Asociados e Asociadas de Honra entre persoas de recoñecido prestixio no campo da educación. Os Asociados/as de Honra, á marxe da certificación honorífica correspondente, terán os mesmos dereitos e obrigas que as demais persoas asociadas, estando liberados do pagamento de cotas. Art. 6 - Dereitos Son dereitos das persoas asociadas: a) Participaren nas actividades internas e públicas da Asociación para cumprir os obxectivos previstos no Artigo 3 dos presentes Estatutos. b) Empregaren os servizos da Asociación e tomaren parte nas súas actividades. c) Exerceren o dereito de voz e voto nas Asembleas da Asociación. d) Elixiren e seren elixidas para os órganos de decisión e de representación da Asociación. e) Seren informadas das actividades da Asociación e dos acordos tomados por todos os seus órganos. f) Dirixírense ao Secretariado e á Asemblea Xeral cando coiden oportuno. 4

g) Impugnaren os acordos conforme á lexislación vixente. h) Dimitiren de calquera cargo que ostenten na Asociación. i) Todos os outros que prevén os presentes Estatutos e a lexislación vixente. Art. 7 - Obrigas Son obrigas das persoas asociadas: ESTATUTOS a) Cumpriren estes Estatutos e os acordos válidos que tome a Asemblea Xeral e o Secretariado Galego. b) Cumpriren as obrigas do cargo que ostenten e da función que teñan aceptada. c) Pagaren a cota periódica acordada pola Asemblea Xeral. d) Manteren unha actuación profesional e/ou pública na liña dos principios e obxectivos da Asociación. Art. 8 - Procedemento sancionador As persoas asociadas poderán ser sancionadas polo incumprimento das súas obrigas estatutarias con amoestación feita polo Secretariado nunha das súas sesións, con separación provisoria por un tempo non superior a un ano, ou separación definitiva da Asociación. A decisión será tomada en expediente e contra ela a persoa asociada poderá recorrer perante a Asemblea Xeral, quen decidirá definitivamente, en petición que formulará antes de vinte días naturais posteriores a recibir a comunicación da sanción. Art. 9 - Perda da condición de persoa asociada Perderase a calidade de persoa asociada: a) Por baixa voluntaria da Asociación. b) Se se deixan de aboar as cotas anuais, previo requirimento do Secretariado e sen prexuízo de serlle reclamada a cantidade adebedada. Neste caso poderá rehabilitarse por medio do pagamento da débeda. c) Por acordo sancionador previsto no Artigo 8 dos presentes Estatutos. Art. 10 - Grupos de traballo e colectivos 1. Poderán constituírse Grupos de Traballo por parte das persoas asociadas que se propoñan calquera actividade pedagóxica incluída nas finalidades da Asociación, previo coñecemento e autorización provisoria por parte do Secretariado do funcionamento, obxectivos e outras características. 2. Igualmente, poderán integrarse en NEG colectivos que así o soliciten e compartan as finalidades da asociación. A integración autorizaraa provisoriamente o Secretariado e será ratificada pola Asemblea Xeral. As persoas integrantes do colectivo serán asociadas a NEG, cos mesmos dereitos e deberes. 3. Os traballos das persoas asociadas realizados coa referencia de Nova Escola Galega quedarán no Arquivo da Asociación sen prexuízo da publicación individual polas persoas 5

que os realizasen. Só se poderá facer constar na publicación a referencia da Asociación se o Secretariado Galego o autoriza expresamente. 4. Tocante ás publicacións realizadas en nome da Asociación, e nomeadamente aquelas nas que se expoñan os seus posicionamentos, o Secretariado terá información con antelación suficiente para poder facer as suxestións que se consideren pertinentes e autorizar expresamente a publicación. Igualmente se lles proporcionará a información aos Grupos de Traballo e colectivos que desenvolvan a súa actividade no eido afectado e co fin de que poidan realizar as suxestións oportunas, por medio dos seus representantes no Secretariado ou, de ser necesario, por medio dalgún outro procedemento. 5. Os Grupos de Traballo e os colectivos atenderán, dentro das súas posibilidades, as demandas que a Asociación lles faga, co fin de informar ao Secretariado Galego sobre a súa actividade específica. 6. Os Grupos de Traballo e os colectivos terán no secretariado unha persoa vogal proposta polo propio Grupo ou colectivo e ratificada pola Asemblea Xeral, que será a encargada de lle dar cobertura á necesaria información en ambas direccións. Capítulo 3 - Do goberno e administración Art. 11 - Órganos de goberno A Asociación réxese pola Asemblea Xeral e polo Secretariado Galego. O seu funcionamento será democrático. A duración da Asociación será indefinida e só se disolverá segundo o contemplado no art. 29 destes Estatutos ou polas causas previstas na lexislación vixente. Art. 12 - Asemblea Xeral 1. A Asemblea Xeral é o órgano supremo de decisión da Asociación e nela terán dereito a voz e voto todas as persoas asociadas presentes. 2. A Asemblea Xeral pode ser Ordinaria ou Extraordinaria. Das Asembleas Xerais Ordinaria e Extraordinaria Art. 13- Réxime das Asembleas Xerais 1. A Asemblea Xeral ordinaria reunirase obrigadamente polo menos unha vez ao ano, no primeiro trimestre. 2. As Asembleas Xerais serán convocadas por escrito pola Presidencia en representación do Secretariado Galego, con quince días de antelación, indicando a Orde do Día, lugar e hora da mesma. A convocatoria realizarase por iniciativa do Secretariado ou por petición dun terzo das persoas asociadas. 3. As Asembleas Xerais consideraranse constituídas en primeira convocatoria coa maioría simple das persoas asociadas; en segunda convocatoria, media hora máis tarde, coas persoas asociadas presentes. Adoptaranse os acordos por maioría simple de votos se se tratar 6

dunha Asemblea Xeral Ordinaria, e por maioría de dous terzos das persoas presentes con dereito a voto, caso de ser Extraordinaria. 4. As decisións dunha Asemblea Xeral só poderán ser modificadas por outra Asemblea Xeral. Art. 14 - Funcións da Asemblea Xeral Ordinaria Serán funcións da Asemblea Xeral Ordinaria: a) Aprobar as memorias de Actividades e Económica do ano anterior e ratificar o orzamento de ingresos e gastos do ano actual. b) Aprobar o programa básico de actuación da Asociación para o ano en curso. c) Aprobar a liña pedagóxica da Asociación. d) Ratificar a constitución de grupos ou colectivos da Asociación. e) Elixir os cargos para o Secretariado e ratificar os vogais representantes dos grupos de traballo propostos polos mesmos. f) Coñecer, valorar e, no seu caso, aprobar todo aquilo que toque á vida da Asociación e atender as demandas realizadas polas persoas asociadas no uso dos seus dereitos e no marco dos presentes Estatutos. Art. 15 - Funcións da Asemblea Xeral Extraordinaria Serán funcións da Asemblea Xeral Extraordinaria: a) A elección do Secretariado Galego, cando o esixa algunha circunstancia extraordinaria. b) A modificación dos Estatutos da Asociación. c) A adhesión ou separación de grupos ou colectivos. d) A disposición ou alleamento de bens. e) A solicitude de declaración de utilidade pública. f) A consecución de obrigas de crédito e préstamo. g) A disolución ou fusión da Asociación. Do Secretariado Art. 16 - Funcións do Secretariado 1. O Secretariado Galego é o órgano executivo máximo da Asociación en atención ao programa da actuación aprobado pola Asemblea Xeral, á que deberá dar conta da súa xestión. 2. Son funcións do Secretariado Galego: a) Tomar as decisións precisas para executar o programa de actuacións aprobadas pola Asemblea Xeral. 7

b) Tomar calquera outro tipo de decisións operativas de acordo coas finalidades da Asociación e actuacións aprobadas pola Asemblea Xeral, e contando coa reserva de competencias que lles corresponda ás Asembleas Xerais. c) Coordinar os grupos de traballo e colectivos,e promover iniciativas de ámbito xeral, así como autorizar provisoriamente a súa constitución. d) Convocar as Asembleas Xerais. e) Designar as Comisións Técnicas necesarias e determinar as súas funcións e forma de funcionamento, así como supervisar o seu traballo. f) Esixir o cumprimento das obrigas a todas a persoas asociadas. g) Presentar as memorias económica e de actividades do ano anterior, e a de actividades do ano en curso para a súa aprobación pola Asemblea Xeral, así como aprobar o orzamento de ingresos e gastos do ano actual, que será ratificado pola Asemblea Xeral. Art. 17 - Composición do Secretariado Galego O Secretariado Galego está composto por Presidencia, Vicepresidencia, Secretaría, Tesouraría, cinco vogais e mais un vogal representante por cada un dos grupos de traballo ou colectivos constituídos formalmente na Asociación. Art. 18 - Elección do Secretariado Galego 1. Os cargos do Secretariado Galego serán renovábeis cada catro anos, podendo seren reelixidos por dous períodos máis de dous anos cada un. 2. Os candidatos deberán ter, polo menos, un ano de antigüidade na Asociación. 3. As candidaturas presentaranse en listas de nove persoas e, no seu caso, persoas suplentes, nas que os primeiros postos se corresponderán coa presidencia, vicepresidencia, secretaría e tesouraría. Os vogais representantes dos grupos de traballo ou colectivos serán propostos polos grupos respectivos e ratificados pola asemblea. As candidaturas serán elixidas por votación pública ou secreta, segundo indique o regulamento, por parte das persoas asociadas en Asemblea Xeral como prevén os presentes Estatutos. De existiren varias candidaturas, resultará elixida aquela que obteña máis votos da Asemblea Xeral. 4. Se existisen vacantes entre os membros do Secretariado Galego en número menor a un terzo dos seus compoñentes, as súas funcións serán cubertas interinamente ata a próxima Asemblea Xeral por parte doutros membros do Secretariado elixidos por votación entre eles. 5. O Secretariado, consonte coas necesidades concretas que se presenten, elixirá coordinadores/as de áreas entre os vogais. 6. O Secretariado reunirase ordinariamente con periodicidade mensual e con carácter extraordinario cando sexa necesario ou por petición dun terzo dos seus membros. Actuará por maioría de votos e levantaranse actas das reunións, manténdose tamén ao día os demais libros. A convocatoria dunha reunión ordinaria realizarase cunha semana de antelación, fixándose nela a Orde do Día. O quórum esixido será a metade dos seus membros. 8

Art. 19 - Comisións ESTATUTOS Para facilitar os traballos do Secretariado Galego ou para cumprir mellor as súas finalidades poderán formarse por acordo del Comisións de carácter permanente ou accidental. Das funcións dos cargos do Secretariado Art. 20 - Comisión Permanente As persoas que ocupen os cargos da Presidencia, Vicepresidencia, Secretaría e Tesouraría constituirán unha Comisión Permanente do Secretariado, que terá por función executar acordos do Secretariado e das Asembleas Xerais. Art. 21 - Presidencia e Vicepresidencia Correspóndelle á Presidencia: a) Presidir as reunións do Secretariado Galego e das Asembleas Xerais, así como dirixir os debates. b) Representar á Asociación. c) Asinar e outorgar poderes e calquera outro documento. d) Facer cumprir os acordos e tomar as decisións necesarias en caso de urxencia. A persoa que ocupe o cargo da Vicepresidencia substituirá á Presidencia na súa ausencia, cos mesmos cometidos sinalados para esta. Art. 22 - Secretaría Correspóndelle á Secretaría: a) Ter conta do Libro de Rexistro de Asociadas e asociados, do Libro de Actas e doutros documentos da Asociación que deben ser convenientemente arquivados e, no seu caso, actualizados. b) Redactar e asinar as Actas do Secretariado e das Asembleas Xerais co visto e prace da Presidencia. Estender as certificacións e outros documentos, autorizándoos coa súa sinatura e co visto e prace da Presidencia. c) Redactar a Memoria Anual da Asociación e o Proxecto de actuacións para presentarllas ao Secretariado, quen as someterá á aprobación da Asemblea Xeral Ordinaria. d) Manter a correspondencia da Asociación así como as convocatorias e informes que se emitan polo Secretariado. Art. 23 - Tesouraría Correspóndelle á Tesouraría: a) Manter a contabilidade da Asociación nos correspondentes libros de ingresos e gastos, e informar ao Secretariado Galego sobre a execución do orzamento en vigor. b) Custodiar os fondos sociais. 9

c) Efectuar pagamentos e cobramentos. Manterase unha conta bancaria a nome da Asociación, na que figurarán como firmas autorizadas as persoas que ocupen os cargos da Presidencia, Vicepresidencia, Secretaría e Tesouraría, sendo necesaria a firma conxunta de dous destes cargos para realizar operacións na mesma. Cando se trate de operacións superiores a 1000 euros, deberá ser informada a Presidencia antes de a realizar. d) Confeccionar anualmente a Memoria económica correspondente ao ano rematado e presentarlla ao Secretariado para ser aprobada pola Asemblea Xeral. e) Confeccionar a proposta de orzamento do ano entrante para a súa aprobación polo Secretariado e a posterior ratificación pola Asemblea Xeral. Capítulo 4 - Do réxime económico Art. 24 - Patrimonio da Asociación O patrimonio da Asociación estará formado polos seguintes recursos económicos: a) As cotas que anualmente acorde a Asemblea Xeral Ordinaria e os bens e dereitos que correspondan en propiedade á Asociación. b) As subvencións, axudas ou doazóns que se poidan recibir de persoas públicas ou privadas. c) Os ingresos que se obteñan por medio do rendemento de actividades, publicacións, conferencias e outras funcións sociais. O patrimonio inicial da Asociación é de cen euros. O peche do exercicio económico coincidirá co do ano natural (31 de decembro). Art. 25 - Orzamento 1. O Secretariado Galego realizará o cerramento orzamentario do ano natural vencido e presenta ra llo á Asemblea Xeral para a súa aprobación. 2. O Secretariado aprobará a proposta de orzamento para o ano en curso e presentarallo á Asemblea Xeral para a súa ratificación. Art. 26 - Doazóns e subvencións A aceptación de doazóns e subvencións a favor da Asociación corresponderalle ao Secretariado Galego, sempre que non comporten gravame ou carga de calquera clase para a Asociación, sen prexuízo das posíbeis posteriores autorizacións administrativas. Capítulo 5 - Da lingua Art. 27 - Lingua oficial da Asociación A lingua galega é o idioma que a Asociación establece para a realización das súas actividades e para as persoas asociadas actuantes como membros da Asociación. 10

Capítulo 6 - Da modificación dos Estatutos e da disolución da Asociación Art. 28 - Modificación dos Estatutos Para modificar os presentes Estatutos precísase que o Secretariado Galego, ou un mínimo de trinta (30) persoas asociadas, presenten unha proposta de modificación e esta sexa aprobada pola Asemblea Xeral Extraordinaria cos dous terzos dos votos presentes. Art. 29 - Disolución da Asociación 1. A Asociación disolverase polas seguintes causas: a) Pola imposibilidade sobrevida para o cumprimento das finalidades sociais. b) Por vontade da Asemblea Xeral Extraordinaria acordada polos dous terzos dos votos presentes. c) Por sentenza xudicial. d) Por outras causas determinadas legalmente. 2. O patrimonio da Asociación, en caso de disolución, destinarase a liquidar pasivo e o sobrante será traspasado á entidade benéfica ou cultural non lucrativa inscrita na comunidade autónoma que determine a Asemblea Xeral. Para realizar estas funcións, a Asemblea designará unha Comisión Liquidadora. Dilixencia para facer constar que os presentes estatutos quedan redactados conforme as modificacións acordadas na asemblea xeral de data 22 de Marzo de 2014 e seguindo o procedemento establecido nos seus estatutos. 11