Revista Galega de Filoloxía, ISSN ,2006,7:

Similar documents
Síntesis da programación didáctica

R/Ponzos s/n Ferrol A Coruña Telf Fax

Acceso web ó correo Exchange (OWA)

COMO XOGAR A KAHOOT Se vas xogar por primeira vez, recomendámosche que leas este documento QUE É KAHOOT?

GUÍA DE MIGRACIÓN DE CURSOS PARA PLATEGA2. Realización da copia de seguridade e restauración.

Narrador e Narradora Narrador Narradora Narrador

Silencio! Estase a calcular

O SOFTWARE LIBRE NAS ENTIDADES DE GALIZA

the creation of the autonomous regions and the enactment of the Gali the status of the official language of the region and began to be taught in

Lingua e Docencia Universitaria V Xornadas sobre Lingua e Usos

Facultade de Fisioterapia

Lingua oral, calidade da lingua e futuro do galego

Name: Surname: Presto= very fast Allegro= fast Andante= at a walking pace Adagio= slow Largo= very slow

Trazos xerais da tradición gramatical galega

Se (If) Rudyard Kipling. Tradución de Miguel Anxo Mouriño

A INTERFERENCIA FONÉTICA NO ESPAÑOL DA CORUÑA. A VOCAL [o] TÓNICA. Sandra Faginas Souto 1 Universidade da Coruña

Sobre o uso de cara a / cara na norma galega

Estudos sobre. lingüístico no galego actual

Un breve percorrido por A Nosa Terra e El Pueblo Gallego ( ): lingua galega e compromiso

UN NOVO INTENTO DE CLASIFICACIÓN DAS INTERFERENCIAS DO CASTELÁN SOBRE O GALEGO, COA PERSPECTIVA DO ENSINO PRIMARIO E SECUNDARIO Ó FONDO

As variantes gran e grande dentro da frase nominal

DSpace da Universidade de Santiago de Compostela

O uso de construcións con verbos soporte en aprendices de español como lingua estranxeira e en falantes nativos

Didáctica da lingua e novos soportes comunicativos: a linguaxe SMS

Problema 1. A neta de Lola

Os antropónimos femininos no cancioneiro popular galego

C A D E R N O S D E L I N G U A

CREACIÓN DE PÓSTERS CON GLOGSTER. Miguel Mourón Regueira

ÍNDICE ARTIGOS RECENSIÓNS

Modelos matemáticos e substitución lingüística

AS EDICIÓNS INGLESAS DA POESÍA DE ROSALÍA DE CASTRO,

Projections of time in Cara Inversa (Inverse Face) Laura López Fernández Univ. of Waikato NZ

A cultura do código. Retos para a identidade galega na época dos algoritmos

A (RE)ESCRITURA DAS MARXES. TRADUCIÓN E XÉNERO NA LITERATURA GALEGA 1 2

A voltas coas contraccións: cun e con un

DSpace da Universidade de Santiago de Compostela

Recursos para a clasificación da produción editorial na Galiza durante a etapa franquista: deseño e alimentación da base de datos 1

Educación e linguas en Galicia

ESTUDOS OBSERVACIONAIS

MATERIAIS PLURILINGÜES 3.0: FORMACIÓN, CREACIÓN E DIFUSIÓN

Competencias docentes do profesorado universitario. Calidade e desenvolvemento profesional

Os nenos tamén queren ler. Panorama da literatura infantil e xuvenil en lingua galega no século XXI

Metodoloxía copyleft en educación

BILINGÜISMO, DESENVOLVEMENTO E APRENDIZAXE ESCOLAR: UNHA PROPOSTA DE INTERVENCIÓN NA ESCOLA

A TRANSICIÓN DA UNIVERSIDADE Ó TRABALLO: UNHA APROXIMACIÓN EMPÍRICA

A tradución audiovisual como recurso didáctico no proceso de ensinanza-aprendizaxe de linguas

Sobre a marcación diafásica das locucións en español

UNIVERSIDADE DE VIGO. Faculdade de Filoloxía e Tradución e Interpretación PROXECTO DE FIN DE LICENCIATURA

LaborHistórico. Lingüística Galega a contribución do Instituto da Lingua Galega. Volume 3 - Número 1 - jan./jun. 2017

Aproximación ó funcionamento do suxeito na construción dos verbos de movemento: comportamento prototípico e singularidades construtivas

Leopoldo Pedreira Taibo, intuición historiográfica e virulencia crítica

PARTE I. VIVALDI: Concierto en MI M. op. 3 n.12

Traballo de fin de grao

A situación actual da lingua galega: unha ollada desde a sociolingüística e a política lingüística

MESTURA E ALTERNANCIA DE CÓDIGOS EN GALICIA: SIGNIFICADO E PERCEPCIÓN SOCIAL. Bieito Silva Valdivia 1 ICE da Universidade de Santiago de Compostela

Lingua galega e preconcepto

DETERMINANTES SOCIOECONÓMICOS DA LINGUA: O CASO DO GALEGO

Anexo IV: Xestionar o currículum da etapa:

Sobre as subvencións públicas á tradución editorial galega ( )

Sarmiento. Oralidade e escrita na cultura popular 1 : os calendarios impresos como mediación e transición cara a cultura escrita e urbana

VOCAIS FINAIS EN GALEGO E EN PORTUGUÉS: UN ESTUDIO ACÚSTICO

UNIVERSIDADE DE VIGO. Faculdade de Filoloxía e Tradución e Interpretación PROXECTO DE FIN DE LICENCIATURA

Acrónimo: ECOSUM Destino: Secretaría Xeral de Igualdade da Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar Social.

Soraya Domínguez Portela IES Pazo da Mercé

Evolución e cambios na normativa oficial do galego ( )

ELABORACIÓN DUN TEST PARA ESTIMA-LO TAMAÑO DO VOCABULARIO COÑECIDO EN LINGUA GALEGA

A MORFOLOXÍA VERBAL NA OBRA EN GALEGO DE MANUEL MURGUÍA Á LUZ DA DIALECTOLOX~A

TRABALLO DE FIN DE GRAO

ÁMBITO DE COMUNICACIÓN Lengua extranjera: Inglés

OBSERVACIÓNS SOBRE AS ACTITUDES E OS COMPORTAMENTOS RELATIVOS ÓS CAMBIOS DE CÓDIGO EN SANTIAGO DE COMPOSTELA *

01 SOÑADORES O peche do Cine Soñadores

Procedimientos Auditivos e Instrumentais DEPARTAMENTO COORDINADOR/A DA DISCIPLINA. CURSOS 1º curso 2º curso 3º curso 4º curso.

a) Japanese/English (difficult)... b) The weather in Africa/ the weather in the Antarctic (cold)... c) A car/ a bike (fast)

ACCESO LIBRE Ó COÑECEMENTO? POLÍTICAS NEOLIBERAIS NAS BIBLIOTECAS UNIVERSITARIAS GALEGAS. Concha Varela Orol

MEMORIA COMITÉS DE ÉTICA DA INVESTIGACIÓN DE GALICIA PERÍODO

Os Límites de Borges: traducións e interpretacións

Coeducación. O alicerce do ensino

Na cama com Bruna Surfistinha (Portuguese Edition)

Carlos Cabana Lesson Transcript - Part 11

Recensións. ACUÑA, Ana (2005): Xoán Vidal. Voz e memoria. Pontevedra, Concello de Pontevedra, 44 pp.

Estudo das colocacións a través da análise de corpus

Goretti Sanmartín Rei, Nos camiños do entusiasmo. Calidade da

administración cidadanía. _02_NÚRIA BOSCH (IEB / Univ. de Barcelona), «Algunhas propostas para a ampliación das competencias dos gobernos

As edicións facsimilares no Castro, un exemplo de recuperación da memoria histórica

Variación lingüística interxeracional na Illa de Ons (Bueu). Seseo

"A miña variedade é defectuosa": a lexitimidade social das neofalas

Os factores socioculturais e tecnolóxicos como explicación para a variación lingüística: algunhas fenomenoloxías para o caso do galego*

(eds.) (2016): The Oxford Handbook of Modality and Mood. Oxford: Oxford University Press, xiv pp.

Alba Lago Martínez Universidade da Coruña Recibido o 14/11/2013. Aceptado o 27/03/2014

I.E.S. Fernando Esquío PROXECTO DE FOMENTO DO USO DO GALEGO

Teaching English through music: A report of a practicum based on musical genres

2.1. O PROXECTO LINGÜÍSTICO DE CENTRO

A performance en Rompente. Alberte Valverde

DSpace da Universidade de Santiago de Compostela

BOLETÍN GALEGO DE LITERATURA, nº 50 / 1º SEMESTRE (2017): pp / ISSN [Recibido, 9 marzo 2017; aceptado, 20 abril 2017]

Rosalía de Castro e a antropóloga feminista inglesa Annette Meakin. Catherine Davies

Reflexións sobre a situación sociolingüística galega dende o paradigma da complexidade

incidiu noutras linguas. Cadernos de Fraseoloxía Galega 12, 2010, ISSN

Contra a morte das linguas: o caso do galego

Dolores Vilavedra. Universidade de Santiago de Compostela. doi: /rcsxxi

Transcription:

Xosé Ramón Freixeiro Mato / Xosé Manuel Sánchez Rei / Goretti Sanmartín Rei, A lingua literaria galega no século XIX, A Coruña, Universidade da Coruña, 2005, 789 páxinas Compracémonos en termos nas nosas mans unha obra que analiza de maneira integral a lingua literaria galega decimonónica, e que debemos ao labor desenvolvido por tres investigadores e profesores pertencentes á área de Filoloxías Galega e Portuguesa da Universidade da Coruña: Xosé Ramón Freixeiro Mato, Xosé Manuel Sánchez Rei e Goretti Sanmartín Rei. Aínda que nestes últimos tempos foron abondosas as publicacións que centraron a súa atención na literatura do período do Rexurdimento, nomeadamente na obra dos tres principais autores desta época, e mesmo aqueloutras dedicadas ao estudo sociolingüístico de diversos períodos da nosa renacenza, non contabamos até ao momento con ningún volume que se ocupase do século XIX na súa globalidade, e moito menos que tivese como obxectivo o estudo das características lingüísticas dos textos literarios publicados entre os anos 1800 e 1899. Como os propios autores indican na 'Nota preliminar', esta obra ten de ser necesariamente un estudo da lingua literaria galega decimonónica e non da lingua galega ou da fala do século XIX, pois debemos ter en conta que o galego non era empregado na administración nin no ensino, de maneira que a práctica totalidade dos textos existentes posúen unha intencionalidade máis ou menos literaria, á excepción duns poucos estudos de tipo lingüístico que tamén son contemplados nestas páxinas. Deste modo, os autores parten para a citada análise dun corpus formado por case douscentos títulos en moitos casos rescatados do esquecemento, o que sen dúbida constitúe máis un mérito deste traballo, xa que non se limita unicamente ao tratamento da obra dos principais autores do prerrenacemento ou dos tres grandes poetas do chamado Rexurdimento pleno (Rosalía, Pondal e Curros), senón que tamén considera outros textos até certo punto 'descoñecidos' ou 'ignorados' mesmo para especialistas na lingua e literatura galegas, probabelmente por aqueles non posuíren as cualidades literarias suficientes como para teren sido obxecto de atención por parte do público lector ou da crítica. Para alén disto, son igualmente estudadas neste traballo as cántigas populares pertencentes ao noso cancioneiro tradicional, testemuños incomparábeis da fala dos nosos antergos. Este traballo foi realizado ao abeiro do Programa de bolsas FPU (Formación de Profesorado Universitario) do Ministerio de Educación e Ciencia. Revista Galega de Filoloxía, ISSN 1576-2661,2006,7: 169-173 169

Leticia Eirín García miild! GaLEGa de filoloxía Mais O estudo de todas estas obras vén enmarcado por unha amplísima e precisa contextualización da situación sociolingüística existente neste século, en que se fai referencia, por exemplo, á progresiva perda de falantes da lingua galega, pois aínda que neste momento se está a desenvolver o Rexurdimento, é este un movemento que atinxe unicamente a cultura e a literatura, razón por que a substitución lingüística iniciada séculos atrás continúa o seu proceso. Un outro dato de importancia nesta centuria foi a xénese da conciencia galeguista e a defensa da lingua como elemento fundamental da identidade galega, idea abandeirada por Manuel Murguía, unha das principais personalidades da época. Atopamos, de por parte, neste primeiro apartado unha análise dos paratextos das obras publicadas durante este período, que veñen proporcionarmos, entre outros aspectos, un achegamento á diglosia que os caracteriza e unha idea bastante aproximada da controversia xurdida por volta de dous temas principais, o modelo de lingua e a cuestión ortográfica. Estas polémicas continúan vivas, até certo punto, nos nosos días, razón por que consideramos esencial o seu tratamento, xa que o coñecemento dos factos pasados é un factor primordial para non errar no presente ou, cando menos, para tentar solventar os fallos cometidos. Mais os autores, nesta contextualización, tamén dedican algunhas páxinas aos primeiros estudos lingüísticos sobre o galego, concretamente ás gramáticas e dicionarios, aparecidos dun xeito tardío en relación con outras linguas romances, e que xa algunhas voces comezaban a demandar como medio para acadar unha escrita máis correcta e unificada que rematase con esa anarquía que caracteriza os textos decimonónicos. Estamos a nos referir, como é obvio, a Rosalía de Castro, quen xa no prólogo a Cantares Gallegos (1863) alude a esta carencia. Aínda nesta primeira parte da obra, o tratamento do cancioneiro tradicional galego e a súa recolleita no século XIX ocupan un lugar especialmente relevante debido a varios motivos. En primeiro lugar, e como xa foi indicado anteriormente, ofrece un material realmente valioso para o estudo lingüístico ao recoller de maneira practicamente directa a lingua falada polo pobo. Outra das razóns é o facto de o cancioneiro anónimo constituír unha das máximas expresións da identidade do pobo galego, polo que a súa compilación e estudo supoñen un grande avanzo na dignificación da lingua. É así que os autores deste volume proceden á análise do Cancioneiro Popular Gallego (1885-1886) de José.Pérez Ballesteros, quizais o traballo máis amplo destas características realizado na altura, e que xa nese momento pasou a ser considerado o cancioneiro tradicional galego por- excelencia. Neste sentido, non queremos desaproveitar a oportunidade de realizar unha reivindicación da importancia da nosa literatura de tradición oral, á vez que suxerimos aos especialistas que estiveren interesados a conveniencia, ou mesmo a necesidade, da aparición de novas publicacións e estudos centrados nas diversas recolleitas realizadas durante o século XIX que aínda non contan cunha análise individual e pormenorizada. 170

X.R. Freixeiro / X.M. Sánchez Rei / Goretti Sanmartín: A lingua literaria... ImmGaLEG,a de jiloloxla A seguir ao primeiro apartado, que cumpre a función de contextualización, atopamos a parte central do estudo, a análise lingüística propiamente dita, artellada por volta de tres aspectos: o fonético, o morfosintáctico e o léxico. Antes de máis, non podemos deixar de indicar que a condición de lingua popular que posuía o galego neste período, así como a interferencia do castelán como lingua de poder, deixarán inevitabelmente as súas pegadas en todos os planos da nosa lingua, tanto no fónico como no morfosintáctico e lexical. No primeiro dos planos citados, que ocupa o segundo capítulo deste volume, "Caracterización fonética da lingua literaria do século XIX", vemos como o vocalismo, especialmente o átono, é obxecto de moi diversas alteracións debido ás razóns que acabamos de citar: o enxebrismo, a aproximación a unha lingua case artificialmente popular, e o afán diferencialista a respecto do castelán. Canto ao consonantismo, e tamén nesa liña popularista, detéctase unha tendencia para a reprodución nos textos da gheada e do seseo explosivo, do mesmo xeito que aparecen reflectidos os fenómenos de fonética sintáctica que se producen habitualmente na fala. Mais probabelmente un dos aspectos máis interesantes deste apartado gráfico-fónico sexa a polémica a que xa antes fixemos referencia a propósito dos paratextos, ocasionada polas dificultades para representar os fonemas que non existían no español, lingua en que os nosos escritores e escritoras do século XIX foran educados. Así, un dos principais problemas neste sentido veu dado polo modo en que debía ser grafada a contracción da preposición a e o artigo masculino (ao ou ó), mais sobre todo pola representación do fonema fricativo prepalatal xordo IJI, que dividirá os escritores en etimoloxistas, partidarios do emprego de <g> + <e> 1<i>, <j> ou <x>, e antietimoloxistas, que propoñen o uso sistemático do <x>. A terceira parte, que leva por título "Características morfosintácticas da lingua decimonónica", é o apartado máis amplo, pois a súa extensión correspóndese practicamente coa metade da obra (370 páxinas dun total de 789). Neste plano morfosintáctico Freixeiro Mato, Sánchez Rei e Sanmartín Rei levan a cabo unha moi acertada e pormenorizada análise do comportamento morfolóxico e sintáctico de todas as clases de palabras na literatura decimonónica, así como tamén prestan atención ás estruturas sintácticas máis rendíbeis neste sentido. Do noso punto de vista, outro dos méritos que se poden atribuír a este volume é a comprobación da habitualidade e normalidade na lingua literaria do século XIX de fenómenos ou usos hoxe considerados artificiosos por moitos, tal e como acontece coa interpolación do pronome ou o uso do futuro de subxuntivo, só por indicarmos algúns exemplos. Este non é só o mellor modo de acalar esas voces, senón que tamén nos permite recuperar e potenciar o uso de estruturas e formas propias da nosa lingua que tiñan ficado no esquecemento debido, máis unha vez, á interferencia do castelán. 171

Leticia Eirín García II!III!!I G a L E G a de filoloxía NO último apartado desta completa análise lingüística, "Particularidades do léxico", observamos como as influencias externas á lingua, nomeadamente os castelanismos, desenvolven novamente un papel excesivo na configuración do léxico literario decimonónico, aínda que tamén os pseudogaleguismos adquiren unha presenza bastante constante, en parte como reacción e diferencialismo a respecto do español. Outrosí, os autores prestan especial atención aos numerosos fenómenos de variacionismo interno (dialectalismos, popularismos, arcaísmos, recorrencias ao portugués...) e a outros aspectos como o léxico patrimonial autóctone ou as creacións lexicais detectadas nas case duascentas obras literarias analizadas. Xa noutra orde de cousas, a única falla que se lle pode apor a este estudo é a ausencia dun índice onomástico, ferramenta que sen dúbida facilitaría aos lectores a procura de aspectos concretos no traballo, dado o grande número de contidos que presenta; mais tamén somos conscientes de que esta inclusión aumentaría aínda máis o xa de por si amplísimo volume. Neste sentido, a extensión do estudo non se debe unicamente ao número de aspectos tratados ou ao grande corpo teórico e analítico da obra, senón tamén aos moitos fragmentos pertencentes ás obras literarias do século XIX que son introducidos a modo de exemplificación, e que certamente contribúen para unha visión máis completa das características lingüísticas e para un mellor coñecemento da literatura da nosa renacenza. De todos os xeitos, este traballo si inclúe obviamente as referencias bibliográficas, que dan conta do extraordinario coñecemento e competencia que sobre o tema posúen os seus autores. Tamén aparece ao comezo do volume un catálogo das obras analizadas (ordenadas por ano de publicación e por autores e autoras) e unha clasificación delas de acordo co xénero a que se adscriben (poesía, prosa ou teatro) e coa lingua en que están escritas (monolingües en galego, bilingües ou linguas híbridas), así como unha relación das siglas e abreviaturas empregadas para a súa citación no corpo da obra. Todas estas listaxes e clasifícacións posúen unha grande utílidade para o investigador, e veñen confirmar datos xa sabidos, como é a preponderancia do xénero poético ou o aumento progresivo do número de obras publicadas á medida que avanza o século. Téndomos presentes todas as virtudes e méritos obvios que fomos enumerando ao longo destas páxinas, non podemos senón considerar A lingua literaria galega no século XIX como un dos máis grandes contributos realizados até ao momento para o coñecemento do noso pasado lingüístico-literario. E que mellor maneira de pór fin a esta recensión que retomando as palabras con que Freíxeiro Mato, Sánchez Reí e Sanmartín Rei sintetizan nas "Conclusións" finais aquilo que a lingua decimonónica supuxo para a conformación do noso idioma: 172

X.R. Freíxeíro / X.M. Sánchez Reí / Goréfti Sanmartín: A lingua literaria... ll1iil!d G a L E G,a de jiloloxla En síntese, a lingua decimonónica é un espello, aínda que imperfecto e por veces deformado, da fala da época, onde ao lado das formas e construcións máis auténticas aparecían frecuentes interferencias do castelán que afectaban os planos fónico, morfosintáctico e léxico, principalmente. A lingua literaria afástase da realidade da fala e convértese en ocasións en lingua artificiosa na medida en que pretende, por unha parte, extremar as tendencias populares ao vulgarismo, sobre todo de natureza fónica, e, por outra parte, na medida en que procura unha diferenciación contra natura do castelán naquelas palabras en que a forma era máis ou menos coincidente en ambas as linguas [...]. Con todas as súas virtudes e defectos, a lingua literaria decimonónica iniciou o longo e difícil camiño de conformación e fixación do modelo actual de lingua escrita, cumprindo un papel determinante no proceso de recuperación e estandardización do noso idioma (pp. 759-760). Leticia Eirín García 173