ELECCIÓNS SINDICAIS 2015

Similar documents
O SOFTWARE LIBRE NAS ENTIDADES DE GALIZA

GUÍA DE MIGRACIÓN DE CURSOS PARA PLATEGA2. Realización da copia de seguridade e restauración.

Síntesis da programación didáctica

Acceso web ó correo Exchange (OWA)

COMO XOGAR A KAHOOT Se vas xogar por primeira vez, recomendámosche que leas este documento QUE É KAHOOT?

R/Ponzos s/n Ferrol A Coruña Telf Fax

Universida JiSo. i*-- _rt,-f-,i.j'*i=_ i. i f l';':irif sé* *E: *c* - ñegii';i,=* i. i.**_.*-- i :: i' :, : Írft:: i-itr ::ñi:::fifil*,f?!:.,11!

Orzamentos Xerais do Estado para 2016: Novidades en materia de Seguridade Social que xestionan as mutuas

Silencio! Estase a calcular

DOG Núm. 115 Luns, 19 de xuño de 2017 Páx

II PLAN PARA A IGUALDADE DE OPORTUNIDADES ENTRE MULLERES E HOMES DE VIMIANZO ( )

Concello de Baralla DENOMINACIÓN DA PRAZA/POSTO/EMPREGO: PERSOAL DE APOIO NO PAI. Concello de Baralla

persoal, familiar e laboral

II PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES ENTREE MULLERES E HOMES CONCELLO DE CERCEDA

Sede Electrónica Concello de Cangas

III PLAN MUNICIPAL DE IGUALDADE ENTRE MULLERES E HOMES

PROGRAMA FORMATIVO DA ESPECIALIDADE FORMATIVA TÉCNICAS DE MARKETING ON LINE, BUSCADORES, SOCIAL MEDIA E MÓBIL COMM049PO

VIGOSÓNICO V C O N C U R S O V I D E O C L I P S Calquera proposta estética para o vídeo: cine, animación, cor, branco e negro,...

PLAN DE COMUNICACIÓN DO PROGRAMA OPERATIVO DO FSE DE GALICIA

plan estratéxico 2016 >> 2020

Tarefas urxentes para a nova POBREZA, PRECARIEDADE, RECORTE DE LIBERDADES, VIOLENCIA MACHISTA. Número 72 - Novembro de 2016

Responsabilidade social empresarial: igualdade de xénero

Narrador e Narradora Narrador Narradora Narrador

BLOQUE 0: O PARLAMENTO DE GALICIA, ORGANIZACIÓN E FUNCIONAMENTO. IGUALDADE.

REUNIÓN CONVOCATORIAS SUBVENCIÓNS 2018 SECCIÓN DE SERVIZOS SOCIAIS SERVIZO DE ACCIÓN SOCIAL, CULTURAL E DEPORTES

Lei de autonomía persoal e atención á dependencia (LAPAD), coñecida como lei de dependencia, é unha norma imprescindible; para CCOO é o

MEMORIA COMITÉS DE ÉTICA DA INVESTIGACIÓN DE GALICIA PERÍODO

Guía para a elaboración da planificación estratéxica dos centros da USC

CRÉDITOS Edita: Dirección Xeral de Traballo e Economía Social Conselleria de Traballo e Benestar

LEI 18/2011, DO 5 DE XULLO, REGULADORA DO USO DAS TECNOLOXÍAS DA INFORMACIÓN E DA COMUNICACIÓN NA ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

Informe do estudo de CLIMA LABORAL do Sergas

(Modificado o art. 10 por acordo do Consello de Goberno do 24 de xullo de 2014)

12352 LEI 11/2007, do 22 de xuño, de acceso electrónico dos cidadáns aos servizos públicos. («BOE» 150, do )

ugt chama á cidadanía GaleGa a participar Nos actos do primeiro de maio para demandar un cambio radical das políticas destes últimos anos

Para tomar parte no citado concurso-oposición, será necesario reunir os seguintes REQUISITOS, (debendo presentar xustificante dos mesmos):

CUESTIÓNS XERAIS A AMBOS PROCEDEMENTOS

Guía para a elaboración das Estratexias de desenvolvemento local das zonas pesqueiras FEMP

Santiago de Compostela, 21 de setembro de 2016 Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde Sonia Martínez Arca Xerente

Cumpridos catro anos dende a constitución do Consello Galego das Mulleres procede pois o inicio do procedemento de renovación

NORMATIVA ACADÉMICA PARA O ALUMNADO DE INTERCAMBIO DA ESCOLA UNIVERSITARIA DE ESTUDOS EMPRESARIAIS (EUEE) UNIVERSIDADE DE VIGO

Fondo de Acción Social. Manual do Usuario de presentación de solicitudes do FAS

Rede CeMIT Cursos Gratuítos de Alfabetización Dixital NOVEMBRO Aula CeMIT de Cuntis

O Software Libre nas Empresas de Galicia

DOG Núm. 34 Venres, 16 de febreiro de 2018 Páx

2.1. O PROXECTO LINGÜÍSTICO DE CENTRO

MEMORIA DE AVALIACIÓN DA CALIDADE: INFORME DE RESULTADOS PROGRAMACIÓN: ACCIÓNS FORMATIVAS DIRIXIDAS PRIORITARIAMENTE ÁS PERSOAS TRABALLADORAS

CURSO UNIVERSITARIO CON APROBACIÓN PROVISONAL DE HOMOLOGACIÓN POR PARTE DA CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E O.U.

CENTRAL DE CARÁCTER CONSULTIVO ELECCIÓNS

As características das prazas a cubrir cos integrantes da bolsa son:

1. Natureza do servizo de axuda no Fogar (SAF) e descrición

Xénero e discapacidade, unha dupla invisibilidade. Situación actual

BOP BOLETÍN OFICIAL DA PROVINCIA DA CORUÑA BOLETÍN OFICIAL DE LA PROVINCIA DE A CORUÑA

DOG Núm. 115 Xoves, 16 de xuño de 2011 Páx

Lingua e Docencia Universitaria V Xornadas sobre Lingua e Usos

PROPOSTA PEDAGÓXICA PROCESO DE FAMILIARIZACIÓN Á ESCOLA INFANTIL

INFORME DE AVALIACIÓN DOS BANCOS DO TEMPO DO PROXECTO CONTA CON ELAS

PROCEDEMENTO P-PRL 20 PROCEDEMENTO DE ACTUACIÓN E APOIO AO PROFESIONAL EN EPISODIOS DE VIOLENCIA DE ORIXE EXTERNA

DOG Núm. 82 Luns, 29 de abril de 2013 Páx

Praza do Concello, nº Vimianzo (A Coruña) Tel Fax

Problema 1. A neta de Lola

Nas presentes bases e tamén nos anexos I, II e IIII detállanse os requisitos específicos que deben reunir as persoas solicitantes.

CONCELLOS CERVANTES. Anuncio

Conservatorio Profesional de Música de Vigo. Programación de Percusión

ÓRGANO: SECRETARIA XERAL TÉCNICA E DO PATRIMONIO

Procesos preventivos e carteira de servizos en materia de prevención do Plan de Galicia sobre Drogas

Boloña. Unha nova folla de ruta

Competencias docentes do profesorado universitario. Calidade e desenvolvemento profesional

MEMORIA FINAL DO PROXECTO: MULLERES GALEGAS NA MARIÑA MERCANTE INVESTIGADOR RESPONSABLE:

CONSORCIO GALEGO DE SERVIZOS DE IGUALDADE E BENESTAR

Expediente: 5193/2017

DITAME DO CONSELLO DA CULTURA GALEGA SOBRE AS BASES PARA A ELABORACIÓN DO DECRETO DO PLURILINGÜISMO NO ENSINO NON UNIVERSITARIO DE GALICIA

Consellería de Sanidade

Cadernos do Sindicato Nacional de CC OO de Galicia Emprego precario, vida precaria Outubro de 2017

ANÁLISE DO SECTOR TÉXTIL, CONFECCIÓN E CALZADO

Conservatorio Profesional de Música de Vigo. Programación OPTATIVA DE MÚSICA MODERNA (historia do rock&roll)

Name: Surname: Presto= very fast Allegro= fast Andante= at a walking pace Adagio= slow Largo= very slow

Accións da responsabilidade social empresarial. Atrae, retén e motiva o capital intelectual da empresa?

ADSCRICIÓN FUNCIONAL E HORARIO DO PROFESORADO NOS CENTROS DE INFANTIL E PRIMARIA

Lei 5/1994, do 29 de novembro, de creación do ente público Portos de Galicia

Primeira.- Facúltase a directora xeral da Familia para dicta-las resolucións que sexan necesarias para a execución e desenvolvemento desta orde.

DOG Núm. 92 Luns, 15 de maio de 2017 Páx

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO

NORMATIVA REGULADORA:

TRAXECTORIAS E RETOS

PRIMEIRA: OBXECTO, FINALIDADE E CONDICIÓNS

CONSELLO DE GOBERNO Reunión do 27 de decembro de 2006 Resumo da reunión elaborada pola Secretaría Xeral

CADERNOS DE PSICOLOXÍA. SETEMBRO 2017 Número especial dedicado á Psicoloxía do Traballo, das Organizacións e dos Recursos Humanos

C A D E R N O S D E L I N G U A

DOG Núm. 180 Xoves, 20 de setembro de 2012 Páx

viveiros en Galicia de empresa O papel dos económica e xeración de emprego

LEI 2/2011, do 16 de xuño, de disciplina orzamentaria e sustentabilidade financeira.

A RESPONSABILIDADE SOCIAL EMPRESARIAL E OS STAKEHOLDERS: UNHA ANÁLISE CLÚSTER 1

Para xeral coñecemento, de acordo co disposto no artigo 38 da citada norma, faise necesaria a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Plan Estratéxico

CONCURSO PÚBLICO NÚMERO 8/2018

IMPLICACIÓNS FINANCEIRAS DA XESTIÓN DO MEDIO NATURAL PARA AS EMPRESAS E PARA OS MERCADOS DE CAPITAIS

CONCELLO DA TEIXEIRA (OURENSE)

UNHA ANÁLISE DA INDEPENDENCIA NA AUDITORÍA DE CONTAS

Asociación de Desenvolvemento Rural Ancares-Courel CONTRATACIÓN DO EQUIPO XESTOR GDR-5 TÉCNICOS/AS

Xénero e desenvolvemento humano: unha relación imprescindible

Transcription:

PROGRAMA PARA O PAS FUNCIONARIO DA USC ANTECEDENTES páx 2 O NOSO BALANCE páx 2 3 AS NOSAS PROPOSTAS páx 3 10 REIVINDICACIÓNS ECONÓMICAS. RETRIBUCIÓNS CADRO DE PERSOAL E CARREIRA PROFESIONAL OPOSICIÓNS FORMACIÓN XORNADA LABORAL VACACIÓNS PERMISOS ACCIÓN SOCIAL CONCILIACIÓN DA VIDA LABORAL E FAMILIAR SEGURIDADE E SAÚDE LABORAL E MEDIO AMBIENTE PRIVATIZACIÓNS E EXTERNALIZACIÓNS TRANSPARENCIA DOS ÓRGANOS DE REPRESENTACIÓN MESA CONXUNTA DE ÓRGANOS DE REPRESENTACIÓN OS NOSOS PRINCIPIOS páx 10-11 1

PROGRAMA PARA PAS FUNCIONARIO DA USC ANTECEDENTES ELECCIÓNS SINDICAIS 2015 Hai máis de catro anos que vivimos nun contexto de crise onde os gobernos do Estado e da Xunta de Galicia aproveitaron para pór en marcha políticas neoliberais de recortes que pretenden desmantelar os servizos públicos. A crise tamén lles serviu de escusa para desmontar a negociación na Administración Pública e deixar sen efecto os acordos, os pactos e os convenios asinados. O asañamento dos recortes no PAS da USC son evidentes: reposición e contratación de persoal, conxelación dos salarios, roubo da paga extra e dos complementos específicos e adicionais e perda de dereitos sociais e laborais (xornada, baixas.) conseguidos con anos de mobilización e negociación colectiva. Neste contexto, o traballo sindical non foi nada fácil. Desde CCOO puxemos todos os recursos ao noso alcance para frear os recortes ou minorar as súas consecuencias, xa fora mediante mobilizacións, demandas xudiciais ou outras medidas concretas. En CCOO estamos convencidos que a defensa dos nosos dereitos debe ser, necesariamente, unha tarefa colectiva. Temos que seguir loitando dentro da USC, pero tamén conxuntamente co resto dos empregados públicos e coas demais organizacións sindicais, para recuperar os dereitos laborais e o poder adquisitivo que perdemos nos últimos anos, incluída a devolución completa da paga extra. En CCOO seguiremos defendendo un traballo e negociación unitarias a través dos órganos de representación, porque entendemos que a unidade do PAS é fundamental para lograr a forza necesaria que necesitan as propostas e reivindicacións do cadro de persoal. O NOSO BALANCE Pódese ver o noso traballo sindical a través das propostas presentadas nestes catro últimos anos. Como sindicato de clase capaz de ser referente global de todos os colectivos universitarios, mantemos información puntual de todo o que acontece e afecta á Universidade e á administración pública en xeral a través do noso correo electrónico e da nosa páxina web: http://www.usc.es/sindicatos/ccoo/index.html. Estes foron algún dos logros nacidos das propostas presentadas por CCOO: 1. Reclamar xudicialmente os importes retraídos das nosas retribucións. 2. Interromper as vacacións estando de baixa. Conseguimos que se recoñecera a interrupción das vacacións por ILT e a súa posibilidade de desfrute noutro ano, unha vez rematada a ILT, sempre que non transcorresen 18 meses dende o momento en que ser orixinase (artigo 5.6 da Instrución I/2013). 3. Ampliar os días de permiso por paternidade a 35 días, en caso de familia numerosa. 2

4. Poder fraccionar a excedencia por coidado de fillos. http://www.usc.es/sindicatos/ccoo/pdfs/plaboral/20140131ccoosolexccuifillos.pdf. 5. Manter unha xornada laboral similar á que tiñamos: pola nosa proposta para permitir un tempo de cortesía de entrada e saída do traballo co recoñecemento do horario de apertura e peche dos centros. 6. Facer propostas para mitigar e recuperar os días de libranza que tiñamos a 2011 7. Cobrar o 100% mentres se está de baixa: Tras o estudo do RD 20/2012 atopamos máis excepcións nas que complementar o 100% das retribucións en caso de baixa por enfermidade na meirande parte dos supostos (Instrucción XVII/2102) e solicitamos que se establecera un protocolo que indicaba como acceder a dito complemento : http://www.usc.es/sindicatos/ccoo/pdfs/plaboral/20140404probaixa.pdf 8. ORGANIZAR XORNADAS DE DEBATE e charlas informativas (reforma laboral, funcionarización, forma de aplicación dos recortes, ) 9. Fomentar a unión, invitando á participación unitaria nas mobilizacións. 10. Mellorar a oferta formativa do sindicato, organizáronse cursos e xornadas formativas e abriuse un apartado de formación con información de interés que se mantén actualizada. AS NOSAS PROPOSTAS En CCOO somos conscientes da difícil situación económica na que se atopa a USC. Por iso, o presente documento non pretende abrir falsas expectativas en ninguén, senón dispoñer dunha serie de propostas que guíen a nosa acción sindical nos próximos anos. Todas elas son realistas e responsables, independentemente de que sexa máis ou menos difícil desenvolvelas na actualidade. O conxunto das nosa reivindicacións englobaranse nos dous seguintes obxectivos xerais: - Reivindicar a dignidade do espazo PAS dentro da Comunidade Universitaria co recoñecemento e posta en valor que merece o labor que desenvolven os traballadores e traballadoras deste colectivo. A cualificación do PAS está á altura das esixencias que marcan as necesidades do servizo público que oferta a USC á sociedade. - Recuperar os dereitos perdidos. Nos últimos anos temos sufrido un constante retroceso nos dereitos consolidados durante moito tempo e con moito traballo polos traballadores e traballadoras da USC. En ocasións a lexislación que amparaba estes recortes tamén daba a posibilidade de limitalos, o que non foi suficientemente aproveitado pola dirección da USC. Con todo, algunhas propostas de CCOO conseguiron mitigar algo os seus efectos. REIVINDICACIÓNS ECONÓMICAS. RETRIBUCIÓNS - Acadar a homologación salarial completa cos funcionarios/as da Universidade de Vigo, tanto a nivel cuantitativo como cualitativo. - Implantar unha cláusula de garantía salarial que asegure a recuperación progresiva do poder adquisitivo dos salarios, como mínimo consonte ao IPC anual real, que permita, cando a situación de 3

crise económica remita, unha recuperación salarial que iguale as contías anteriores ao Decretazo actualizadas de acordo cos incremento de IPC que corresponda. - Establecer un procedemento para avaliar a produtividade individual, para reclamar o plus correspondente de acordo con criterios obxectivos e previamente acordados cos órganos de representación do persoal. CADRO DE PERSOAL E CARREIRA PROFESIONAL - Manter o cadro de persoal actual. Defender que non haxa despedimentos de persoal interino. - Desenvolver a carreira profesional horizontal (sen cambio de posto de traballo) e vertical (con cambio de posto de traballo), de acordo co previsto no EBEP. - Analizar e dimensionar os distintos servizos e unidades para prestar un servizo público axeitado. - Profesionalizar a actividade do PAS. Todos os postos directivos e de máxima responsabilidade de administración e servizos deben ser ocupados por PAS. - Negociar unha RPT integral que inclúa manuais de funcións de todos os postos e categorías profesionais. - Aumentar os niveis mínimos por subgrupos, equiparándonos coas outras universidades galegas: A1/N- 25, A2/N-22, C1/N-18 e C2/N-16. - Continuar cos procesos de promocións de PAS funcionario: o Rematar o proceso de promoción C2 a C1. o Iniciar a promoción C1 ao grupo A, de acordo co establecido na Disposición Transitoria III do EBEP. - Negociar un acordo regulador das comisións de servizos: criterios para a súa concesión, listaxes públicas ordenadas e listaxes das comisións concedidas, como xa está establecido para as listaxes de agarda. - Axilizar a resolución e convocatoria dos concursos de méritos. OPOSICIÓNS - Eliminar os topes das taxas de reposición. - Negociar un Procedemento de Oposicións e Tribunais que inclúa: o A selección dos tribunais das oposicións por sorteo entre os funcionarios/as que reúnan os requisitos esixidos. 4

o O establecemento dun protocolo de actuación para os tribunais. o A negociación dos temarios axeitados ás funcións dos postos a ocupar, así como a súa actualización. o A negociación para determinar os modelos e o número de exames para os distintos procesos selectivos. - Incluír na RPT todos os postos de traballo estruturais con cargo ao Capítulo I dos Orzamentos e cubrilos con PAS. - Fixar o Obxectivo de Precariedade 0. Creando postos de traballo e evitando externalizacións indebidas, como bolsas ou calquera outra figura que encubre a realización de funcións propias do PAS. - Recoñecer, na súa debida forma, a valía das persoas que levan tempo traballando na USC con contratos interinos. Os niveis que se están a esixir nas convocatorias impiden a súa estabilización, cómpre axustar os exames aos niveis e titulación requiridas. - Iniciar procesos de consolidación tal como se reflicte no EBEP. FORMACIÓN A formación profesional debe formar parte da planificación da reestruturación do Cadro de Persoal e ser un instrumento ao servizo da carreira profesional do PAS. Asemade, os acordos en materia de formación poden formar parte do contido da negociación colectiva. O papel da formación é de tal importancia no tan cambiante mundo laboral que consideramos obrigado comprometernos cuns obxectivos mínimos en relación con este tema: - Os plans de formación e o deseño das accións formativas deberán ter en consideración as necesidades do Cadro de Persoal e os cambios tecnolóxicos, organizativos e lexislativos. - Os plans de formación deberán ter unha visión estratéxica de futuro. Deberán definirse plans plurianuais que se impliquen no desenvolvemento da carreira profesional. - As accións formativas deberán contribuír á mellora das competencias profesionais e ao incremento dos niveis de calidade dos servizos. - Non é admisible que se queden marxinados dos plans de formación colectivos ou grupos de traballadores e traballadoras. - Hai que aprobar un programa de formación para todo o PAS adecuado ás características dos postos e traballo e ás necesidades reais dos funcionarios/as, dentro do horario laboral e promovendo a formación en liña mediante plataformas gratuítas. 5

- Hai que habilitar accións formativas ao servizo da permanencia no posto de traballo e da consolidación do emprego. O persoal contratado debe ter a posibilidade de prepararse debidamente para optar con garantías á consolidación do seu posto de traballo nos procesos selectivos. XORNADA LABORAL - Recuperar as condicións de traballo relativas a xornada previas á entrada en vigor da Lei de Orzamentos de xuño 2012. - Recuperación da xornada de 35 horas semanais e da redución a 25 horas no período estival, ampliando esta redución a outros períodos do ano (Nadal e Semana Santa). - Equiparar criterios da xornada reducida en ambas quendas. VACACIÓNS - Recuperar os días adicionais de vacacións segundo os anos de servizo, anteriores a entrada en vigor do Real Decreto 20/2012. - Impedir que se impoñan parte das vacacións no período estival en forma de peche obrigatorio dos centros. - Ampliar 3 días en semana santa PERMISOS - Establecer criterios de actuación, claros, públicos e transparentes, no relativo aos permisos: solicitudes, tramitacións e definicións (enfermidade grave, centros oficiais, etc.). - Recuperar os días de asuntos particulares e os días adicionais por anos de servizo. - Incluír na proposta de conciliación os seguinte permisos: - Permiso por maternida- de (biolóxica ou por adopción ou acollemento preadoptivo ou permanente) de 24 semanas. - Permiso por paternidade de 8 semanas. - Cambiar de 15 días naturais a 15 días hábiles o permiso por matrimonio ou de rexistro como parella de feito. ACCIÓN SOCIAL - Aumentar o fondo de acción social ata o 1,5% do Capítulo I. - Abrir unha negociación sobre os destinos que se lle dan ás partidas orzamentarias de acción social. 6

- Recuperar todos os supostos nos que se complementa o 100% das retribucións estando de baixa. - Ofertar máis prazas para o PAS nos cursos do Centro de Linguas Modernas e Extensión Universitaria. - Ampliar o programa de intercambio de vacacións a universidades estranxeiras. Establecer convenios de colaboración con outros países. - Iniciar un programa de intercambio de casas particulares entre persoal das universidades. - Crear unha Comisión de Acción Social para acordar o establecemento e os criterios de reparto de axudas entre o persoal. - Revisar as procedencias das fontes de financiamento e os criterios de adxudicación das prazas da Escola Infantil Breogán e dos cheques compensatorios para o Campus de Lugo. A renda familiar debería ser o punto con máis relevancia para a adxudicación de prazas. - Revisar os horarios da Escola Infantil Breogán durante o curso e durante as vacacións de Semana Santa e Nadal para non discriminar aos traballadores/as que están en quenda de tarde e que teñen o mesmo dereito a poder conciliar. CONCILIACIÓN DA VIDA LABORAL E FAMILIAR O tempo de traballo ten que ser compatible co tempo persoal, familiar e social dos traballadores e traballadoras. As actuacións en materia de conciliación deben ser de carácter transversal, porque son susceptibles de ser abordadas desde os máis diversos ámbitos de actuación sindical e é obrigado incluílas en moi distintas intervencións: - Como puntos reivindicativos no proceso de negociación colectiva. - Como medidas para mellora da organización do traballo. - Nos plans de sensibilización e formación. - Nas campañas pola igualdade de xénero. Conciliar a vida laboral, persoal, familiar e social implica xestionar a dispoñibilidade de tempo. O tempo tamén é unha cuestión de xénero, porque a realidade social segue a ser desigual para homes e mulleres que, en xeral, seguen a ter tempos distintos porque segue a ser maioritariamente a muller a que dobra a xornada ou detrae tempo de traballo para ocupacións familiares. Por iso as medidas de conciliación son tamén medidas que deben orientarse deica á igualdade de xénero. Entre as posibles actuacións en materia de conciliación estarían: - Poñer en funcionamento as propostas presentadas sobre Flexibilidade Horaria e de Teletraballo. 7

- Eliminar o requisito de dous anos de permanencia para concursar, cando se trate de cambios de quenda e por conciliación ou entre postos singularizados e non singularizados. - Ampliación a tres anos do dereito a reserva de posto no suposto de excedencia para coidado de fillos e familiares, así como a posibilidade de desfrutalo de forma fraccionada. - As traballadoras vítimas de violencia de xénero que se vexan na obriga a abandonar o posto de traballo na localidade onde viña prestando o seus servizos poderán solicitar o traslado a outra localidade. A USC establecerá convenios coas universidades integrantes do SUG para posibilitar o traslado das mulleres vítimas da violencia de xénero. - Campañas de sensibilización para o reparto de responsabilidades familiares. - Medidas que eviten discriminación entre homes e mulleres. - Tres días ao ano de libre disposición por conciliación persoal, laboral e familiar. - Creación dunha Comisión Permanente de Vixilancia e Interpretación da Conciliación da Vida familiar e Laboral. - Adoptar medidas que permitan o coidado das persoas maiores dependentes. - Crear campamentos das escolas deportivas en Nadal, Entroido e Semana Santa SEGURIDADE E SAÚDE LABORAL E MEDIO AMBIENTE A USC conta cunha política de prevención de riscos laborais e cunha política de calidade e medio ambiente que conteñen principios e compromisos nestas materias. Estas declaracións da dirección da empresa non garanten por si mesmas o cumprimento das súas boas intencións e é preciso concretalas en decisións que moitas veces serán o resultado de acordos produto das nosas reivindicacións. Seguridade e saúde laboral As reivindicacións en materia de seguridade e saúde laboral, aínda sendo de importancia maior, non sempre se perciben como tales e antepóñense a elas outras máis visibles, de carácter directamente monetario. A USC debe facer un esforzo, e activar os recursos necesarios, para levar a cabo un programa ambicioso de información e formación en materia de seguridade e saúde laboral coa seguinte orientación: - Fomentar a cultura preventiva. - Asunción das responsabilidades en materia de prevención de riscos laborais a todos os niveis: desde os órganos de goberno ata os postos bases. - Sensibilización de forma específica dos mandos da USC, a nivel de direccións de centros e servizos e a nivel de mandos intermedios. 8

- Coñecemento por todo o persoal dos riscos laborais identificados e das medidas de prevención e protección a ter en consideración para o seu control. - Fomentar prácticas e hábitos que propicien un traballo san e seguro. - Valorar os riscos derivados da organización do traballo Medio ambiente Aínda que eliximos delegados/das de prevención, desde os comités de empresa e xuntas de persoal, para que exerzan a representación específica en materia de seguridade e saúde laboral, non contamos con representación específica en materia de medio ambiente que garante a nosa presenza nos órganos encargados da xestión ambiental. Ben sexa a través dos propios delegados/das de prevención, ou integrando as cuestións ambientais na nosa acción sindical e nos asuntos dos órganos de representación sindical, debemos obter a información que a USC xere sobre a súa xestión ambiental e ser quen de elaborar e achegar propostas de revisión e mellora. Merecerán atención prioritaria en materia ambiental: - Seguimento e participación en obxectivos e actuacións do plan de minimización de residuos perigosos. - Redución do consumo de recursos e enerxías non renovables. - Políticas de mobilidade urbana e intercampus. - Redución da contaminación. - Participación na elaboración, seguimento e valoración de plans e programas ambientais. PRIVATIZACIÓNS E EXTERNALIZACIÓNS - Ningún proceso de externalización de servizos e actividades da USC. - Participación sindical nas comisión de contratación co obxectivo de garantir unhas condicións laborais dignas. - Impulsar un protocolo de criterios sociais a aplicar na política de contratación da USC. TRANSPARENCIA DOS ÓRGANOS DE REPRESENTACIÓN Avogamos por unha política de transparencia dos actos realizados pola Xunta de Persoal. No caso de que nos corresponda exercer a Presidencia, comprometémonos a manter permanentemente actualizada a páxina web coas actas e cos acordos derivados das reunións que se celebren; así como as propostas de temarios para os distintos procesos selectivos. 9

As reunión dos órganos de representación teñen que ser accesibles para o persoal, facilitando tanto a comunicación como a participación e posibilitando abrir as reunións á participación e opinións de calquera traballador ou traballadora. MESA CONXUNTA DE ÓRGANOS DE REPRESENTACIÓN Ten que existir unha coordinación entre o Comité Intercentros e a Xunta de Persoal nas materias comúns que afectan aos dous colectivos. Tentarase crear unha Mesa Conxunta, regulada por unha norma de funcionamento interno, co fin de tratar cuestións comúns a persoal funcionario e laboral: acción social, formación, prevención de riscos, xornada, vacacións, permisos, licencias e procesos de funcionarización. OS NOSOS PRINCIPIOS As persoas que nos presentamos nas candidaturas de CCOO facémolo porque compartimos os principios que inspiran o sindicalismo desta central sindical, entre os que figuran os seguintes: Sindicato reivindicativo CCOO contrasta ano tras ano a súa labor na defensa dos intereses salariais e profesionais dos traballadores e traballadoras. Sindicato de clase CCOO defende os intereses das persoas asalariadas sen distinción do tipo de traballo que realicen, con independencia da categoría profesional que ocupen ou de que o seu traballo sexa manual ou intelectual. Sindicato unitario A unidade de acción sindical é un obxectivo irrenunciable de CCOO porque entendemos que os intereses dos traballadores e traballadoras son comúns, independentemente da súa afiliación sindical. Tamén entendemos que a unidade do conxunto do persoal é fundamental para a mellor defensa dos nosos intereses. Sindicato democrático e participativo CCOO tenta que as súas propostas sexan previamente aceptadas polo conxunto dos traballadores e traballadoras que representa, para o que considera imprescindible fomentar a participación na toma de decisións. Sindicato independente CCOO é un sindicato absolutamente independente. Independente da Administración, dos partidos políticos e de calquera outra organización. Ademais, en CCOO non se fan distincións por razóns de concepcións políticas, ideolóxicas ou de calquera o outro tipo. 10

Sindicato sociopolítico CCOO non só asume as reivindicacións pola mellora das condicións de traballo, senón que tamén asume a defensa de todo aquelo que afecta ao persoal que traballa, como clase social. Sindicato de homes e mulleres CCOO asume o principio de impulsar e desenvolver a igualdade de oportunidades, así como combater calquera tipo de discriminación por razón de sexo. 11