MEDICIÓN INDIRECTA DAS ACTITUDES LINGÜÍSTICAS DOS

Similar documents
Silencio! Estase a calcular

COMO XOGAR A KAHOOT Se vas xogar por primeira vez, recomendámosche que leas este documento QUE É KAHOOT?

O SOFTWARE LIBRE NAS ENTIDADES DE GALIZA

R/Ponzos s/n Ferrol A Coruña Telf Fax

GUÍA DE MIGRACIÓN DE CURSOS PARA PLATEGA2. Realización da copia de seguridade e restauración.

Síntesis da programación didáctica

Acceso web ó correo Exchange (OWA)

A INTERFERENCIA FONÉTICA NO ESPAÑOL DA CORUÑA. A VOCAL [o] TÓNICA. Sandra Faginas Souto 1 Universidade da Coruña

Problema 1. A neta de Lola

VOCAIS FINAIS EN GALEGO E EN PORTUGUÉS: UN ESTUDIO ACÚSTICO

Informe do estudo de CLIMA LABORAL do Sergas

DSpace da Universidade de Santiago de Compostela

ACTITUDES LINGÜÍSTICAS DE MOZOS E MOZAS GALEGOS: UNHA EXPLORACIÓN CON ENTREVISTAS EN PROFUNDIDADE

VIGOSÓNICO V C O N C U R S O V I D E O C L I P S Calquera proposta estética para o vídeo: cine, animación, cor, branco e negro,...

MEMORIA COMITÉS DE ÉTICA DA INVESTIGACIÓN DE GALICIA PERÍODO

ELABORACIÓN DUN TEST PARA ESTIMA-LO TAMAÑO DO VOCABULARIO COÑECIDO EN LINGUA GALEGA

O Software Libre nas Empresas de Galicia

DETERMINANTES SOCIOECONÓMICOS DA LINGUA: O CASO DO GALEGO

Facultade de Fisioterapia

O PAPEL DA IDENTIDADE ÉTNICA E DA VITALIDADE ETNOLINGÜÍSTICA SUBXECTIVA (VES) NA CONFIGURACIÓN DA CONDUCTA LINGÜÍSTICA EN GALICIA

Estudio sociolingüístico sobre a situación da lingua galega no Concello de Vigo 2002

Apertura dos centros de formación profesional á contorna local: percepción dos axentes sociais

A TRANSICIÓN DA UNIVERSIDADE Ó TRABALLO: UNHA APROXIMACIÓN EMPÍRICA

UN NOVO INTENTO DE CLASIFICACIÓN DAS INTERFERENCIAS DO CASTELÁN SOBRE O GALEGO, COA PERSPECTIVA DO ENSINO PRIMARIO E SECUNDARIO Ó FONDO

Narrador e Narradora Narrador Narradora Narrador

2.1. O PROXECTO LINGÜÍSTICO DE CENTRO

MESTURA E ALTERNANCIA DE CÓDIGOS EN GALICIA: SIGNIFICADO E PERCEPCIÓN SOCIAL. Bieito Silva Valdivia 1 ICE da Universidade de Santiago de Compostela

EVOLUCIÓN ESTRUCTURAL DUNHA VARIEDADE MINORITARIA EN CONTACTO: A CONFORMACIÓN DUNHA IDENTIDADE LINGÜÍSTICA DIFERENCIADA NO GALEGO URBANO

BILINGÜISMO, DESENVOLVEMENTO E APRENDIZAXE ESCOLAR: UNHA PROPOSTA DE INTERVENCIÓN NA ESCOLA

ÍNDICE ARTIGOS RECENSIÓNS

DSpace da Universidade de Santiago de Compostela

Estudos sobre. lingüístico no galego actual

Os alófonos de /b, d, g/ en galego

Name: Surname: Presto= very fast Allegro= fast Andante= at a walking pace Adagio= slow Largo= very slow

OBSERVACIÓNS SOBRE AS ACTITUDES E OS COMPORTAMENTOS RELATIVOS ÓS CAMBIOS DE CÓDIGO EN SANTIAGO DE COMPOSTELA *

Fonética e fonoloxía da língua galega

UN TEST DE VOCABULARIO EN GALEGO (T-VOGAL) 1 A TEST ON VOCABULARY ITEMS WRITTEN IN GALICIAN LANGUAGE

Probas de validación de Críticos de Arte Artificiais.

Acrónimo: ECOSUM Destino: Secretaría Xeral de Igualdade da Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar Social.

Estudo das colocacións a través da análise de corpus

Obradoiro sobre exelearning. Pilar Anta.

Educación e linguas en Galicia

Grao de urbanización 2016 (GU 2016)

marcoeuropeocomún de referencia para as linguas: aprendizaxe, ensino, avaliación

Se (If) Rudyard Kipling. Tradución de Miguel Anxo Mouriño

ÁMBITO DE COMUNICACIÓN Lengua extranjera: Inglés

O uso de construcións con verbos soporte en aprendices de español como lingua estranxeira e en falantes nativos

DSpace da Universidade de Santiago de Compostela

C A D E R N O S D E L I N G U A

PARTE I. VIVALDI: Concierto en MI M. op. 3 n.12

ANÁLISE DO SECTOR TÉXTIL, CONFECCIÓN E CALZADO

ESTUDO DA OCUPACIÓN NO MERCADO DE TRABALLO EN GALICIA. INFLUENCIA DO XÉNERO 1

Clasificación dos concellos e parroquias segundo o grao de urbanización

"A miña variedade é defectuosa": a lexitimidade social das neofalas

As variantes gran e grande dentro da frase nominal

Revista Galega de Economía ISSN: Universidade de Santiago de Compostela España

Reflexións sobre a situación sociolingüística galega dende o paradigma da complexidade

A RESPONSABILIDADE SOCIAL EMPRESARIAL E OS STAKEHOLDERS: UNHA ANÁLISE CLÚSTER 1

INFORME DE AVALIACIÓN DOS BANCOS DO TEMPO DO PROXECTO CONTA CON ELAS

MEMORIA DE AVALIACIÓN DA CALIDADE: INFORME DE RESULTADOS PROGRAMACIÓN: ACCIÓNS FORMATIVAS DIRIXIDAS PRIORITARIAMENTE ÁS PERSOAS TRABALLADORAS

CONCEPCIÓNS ALTERNATIVAS SOBRE OS CAMBIOS FÍSICOS E QUÍMICOS Miguel Ángel Yebra Ferro, Manuel Vidal López e Pedro Membiela Iglesia

Luis Sobrado Fernández* Universidade de Santiago de Compostela

Modelos matemáticos e substitución lingüística

AVALIACIÓN DO PROXECTO PILOTO DE ASISTENCIA PERSOAL COGAMI

uso que a poboación fai do galego e do castelán, e mais das actitudes, crenzas e prexuízos que ten ante as dúas linguas.

AUDITORÍA, COMITÉS DE AUDITORÍA E NEUTRALIDADE NA INFORMACIÓN NARRATIVA

Lingua e Docencia Universitaria V Xornadas sobre Lingua e Usos

Tradución e interpretación nos servizos públicos e asistenciais de Galicia.

BOLETÍN GALEGO DE LITERATURA, nº 50 / 1º SEMESTRE (2017): pp / ISSN [Recibido, 9 marzo 2017; aceptado, 20 abril 2017]

I.E.S. Fernando Esquío PROXECTO DE FOMENTO DO USO DO GALEGO

Evolución dos exames de Historia nas PAU de Galicia ( )

Variación lingüística interxeracional na Illa de Ons (Bueu). Seseo

Presentación do número

PARÁMETROS ACÚSTICOS DOS SONS FRICATIVOS DA LINGUA GALEGA ACOUSTIC PARAMETERS OF FICATIVE SOUNDS OF GALICIAN

MERCADO DE TRABALLO, FORMACIÓN E EXCLUSIÓN SOCIAL: ANÁLISE DA SITUACIÓN DA POBOACIÓN RECLUSA DE GALICIA 1

AS ELECCIÓNS SINDICAIS NA ENSINANZA PÚBLICA NON UNIVERSITARIA EN GALICIA ( )

MULLERES E MERCADO DE TRABALLO: ANÁLISE DAS OCUPACIÓNS A NIVEL DE XÉNERO

ANALIZANDO A DESIGUALDADE GLOBAL: A EVOLUCIÓN DAS DESIGUALDADES INTERNAS E ENTRE PAÍSES NO CONTEXTO DA GLOBALIZACIÓN

Lingua oral, calidade da lingua e futuro do galego

A eurorrexión Galicia-Norte de Portugal a través das páxinas da prensa galega. Análise do discurso mediático transmitido polos xornais galegos

Sede Electrónica Concello de Cangas

Factores internos e externos nos cambios fonolóxicos no galego actual

I. PRESENTACIÓN. 1. Administración e recursos humanos

Exploración do desempeño ocupacional dos nenos con Trastorno do Espectro Autista (TEA) no contexto escolar ordinario

IMPLEMENTACIÓN E AVALIACIÓN DUN PROCESO DE ENSINANZA-APRENDIZAXE COLABORATIVO NA TITULACIÓN DE ADMINISTRACIÓN E DIRECCIÓN DE EMPRESAS

CONTRASTE EMPÍRICO DO MODELO CAPM: APROXIMACIÓN A NON LINEARIDADE PARA O MERCADO ESPAÑOL DE CAPITAIS

INCIDENCIA DO TAMAÑO SOBRE O COMPORTAMENTO FINANCEIRO DA EMPRESA. UNHA ANÁLISE EMPÍRICA CON PEMES GALEGAS 1

UNHA PROPOSTA PARA MELLORAR A MADUREZA VOCACIONAL DOS ADOLESCENTES

A cultura do código. Retos para a identidade galega na época dos algoritmos

the creation of the autonomous regions and the enactment of the Gali the status of the official language of the region and began to be taught in

Concello de Baralla DENOMINACIÓN DA PRAZA/POSTO/EMPREGO: PERSOAL DE APOIO NO PAI. Concello de Baralla

Este é o meu plano; quere axudarme a realizalo? Pero, naturalmente, vostede quere, aínda máis, debe axudarme. Franz Kafka, Na colonia penitenciaria

Inferencia estatística

Revista Galega de Economía Vol (2017)

TRABALLO DE FIN DE GRAO EN PODOLOXÍA

ESTRUTURA LABORAL E DEMOGRÁFICA DE MOECHE ESTRUCTURA LABORAL Y DEMOGRÁFICA DE MOECHE DEMOGRAPHIC AND EMPLOYMENT STRUCTURE OF MOECHE

PRESENTACIÓN MATERIA MATERIA INGLÉS CURSO 4º ESO CURSO ACADÉMICO PROFESOR Mª CRUZ MASEDA FRANCOS

VALORACIÓN CONTINXENTE E FÚTBOL: A CUANTIFICACIÓN DA DISPOSICIÓN A PAGAR

DIVERSIDADE DE XÉNERO NOS CONSELLOS DE ADMINISTRACIÓN DAS SOCIEDADES DOMICILIADAS EN GALICIA

incidiu noutras linguas. Cadernos de Fraseoloxía Galega 12, 2010, ISSN

Transcription:

ACTAS / PROCEEDINGS II SIMPOSIO INTERNACIONAL BILINGÜISMO MEDICIÓN INDIRECTA DAS ACTITUDES LINGÜÍSTICAS DOS MOZOS GALEGOS COA TÉCNICA MATCHED-GUISE: ESTEREOTIPOS FÍSICOS Xaquín Loredo Gutiérrez, Arturo X. Pereiro Rozas, Håkan Casares Berg, Isabel Suárez Fernández, Antonio Fernández Salgado e Eulogio Real Deus Seminario de Sociolingüística da Real Academia Galega 1 1. Introducción 2 Despois de revisar os traballos que nos achegan datos empíricos sobre a situación sociolingüística galega (por exemplo, Seminario de Sociolingüística, 1994, 1995, 1996) atopamos que algúns dos resultados máis relevantes fan referencia a: 1. Unha elevada competencia autopercibida da poboación galega no coñecemento oral do galego e a crenza dos máis novos a considerarse menos competentes na fala que a poboación adulta. 2. Unha tendencia ao menor emprego do galego na xente nova en comparanza coas xeracións de maiores. 3. Unha alta aceptación xeral do idioma que é moito máis favorable entre a xuventude. Estes datos constatan a importancia da variable idade para explicar as diferenzas nos usos lingüísticos entre o galego e o castelán. A medida que a idade descende prodúcese unha diminución progresiva do galego como lingua habitual, circunstancia que se agrava se o seu hábitat de residencia é urbano. Se a este aspecto lle engadimos o rápido proceso de urbanización que esta sufrindo a poboación galega e que afecta, sobre todo, á poboación máis nova (o 37,78% dos mozos entre 15 e 24 anos reside nas sete cidades galegas), xustifica a necesidade de prestar unha especial atención o que lle sucede ao galego a nesta xeración. Un dato de especial relevancia nos mozos galegos, son as súas actitudes lingüísticas, xa que nas investigacións realizadas coas persoas deste grupo de idade non se atopan unhas actitudes lingüísticas consistentes coa diminución do uso, senón que 1 Seminario de Sociolingüística, Real Academia Galega. Paseo das Quintas 23, Santiago de Compostela (A Coruña), E-15897, Galicia, España. Correo electrónico: xaquinlg@usc.es 2 Esta comunicación recolle parte dos datos pertencentes ao proxecto Deseño de medidas para mellorar as actitudes cara ao galego e incrementar o seu uso. Real Academia Galega, Xunta de Galicia. 1707

XAQUÍN LOREDO, ARTURO X. PEREIRO, HÅKAN CASARES, ISABEL SUÁREZ, ANTONIO FERNÁNDEZ & EULOGIO REAL incluso informan de que as persoas máis novas son as que presentan unhas actitudes máis favorables cara ao emprego do galego (Seminario de Sociolingüística, RAG, 1996). Analizando a meirande parte dos estudos que exploran as actitudes lingüísticas en Galicia, observamos que estes non permiten facer unha valoración actitudinal distintiva das características fonéticas e prosódicas (i.e., acento) propias das distintas variedades lingüísticas, senón que maioritariamente sondan de xeito directo as referidas a unha e outra lingua (i.e., galego e castelán), por medio de cuestionarios. Sen embargo, no campo de estudo das actitudes lingüísticas é frecuente que os investigadores se interesen pola valoración que os membros dun ou máis grupos sociais fan dos falantes de cada unha das variedades lingüísticas e dos estilos de fala presentes dentro dunha comunidade ou contexto social determinados (Edwards, 1999; Bradac, 1990) Co obxectivo de superar as limitacións que teñen as probas de autoinforme para a medición de actitudes lingüísticas, especialmente aquelas relacionadas co nesgo de desexabilidade social, buscáronse procedementos indirectos na medición das mesmas. O método elixido foi a técnica de matched-guise deseñada inicialmente por W.E. Lambert (Lambert, 1967; Lambert, Hodgson, Gardner & Fillebaum, 1960) que posteriormente sufriría sucesivas modificacións. Esta técnica constitúe un método alternativo de medida das actitudes lingüísticas, indirecto e menos obstructivo (Luhman, 1990; Willians, De la Cruz & Hintze, 1989), xa que distrae ao suxeito do obxecto real de valoración actitudinal. Esta técnica considérase un método válido para dar conta de estereotipos e categorizacións sociais que se manifestan, dun xeito incidental e involuntario, no comportamento avaliativo dos individuos (Greenwald & Banaji, 1995; Petty, Wegener & Fabrigar, 1997; Ricardson-Klavehn, Gardiner & Java, 1996). Inda que tampouco esta técnica estivo exenta de críticas (Fasold, 1996; ou no ámbito galego, Iglesias, 2002). O fundamento desta técnica parte da consideración de que as valoracións actitudinais e a información estereotipada manifestadas indirectamente polos individuos reflicten percepcións sociais construídas a partir do coñecemento baseado nas experiencias directas e vicarias do suxeito con respecto ao obxecto de actitude (Park & Hastie, 1987; Thompson, Judd & Park, 2000) e que son percibidas individualmente e compartidas pola comunidade ou subgrupo social de referencia (Greenwald & Banaji, 1995; Edwards, 1999). A información lingüística convértese así nun obxecto de actitude 1708

ACTAS / PROCEEDINGS II SIMPOSIO INTERNACIONAL BILINGÜISMO que serve como un potente marcador que permite a categorización social inmediata dos falantes (Edwards, 1999; Giles e Coupland, 1991), incluso cando esta fose moi escasa (Purnell, Idsardi & Baugh, 1999). O obxectivo deste estudo foi sondar estereotipos físicos asociados ás variedades lingüísticas das dúas linguas que coexisten en Galicia. Con este propósito, utilizouse a información verbal procedente de dous falantes que se expresan publicamente nas variedades lingüísticas manipuladas. O universo obxecto do estudo foron mozos de 14 a 20 anos de toda Galicia que cursaban educación secundaria obrigatoria, ciclos formativos e bacharelato. O contexto elixido foron os medios de comunicación, xa que estes constitúen o ámbito de uso público por excelencia da lingua, polo que pode ser considerado idóneo para sondar as valoracións que os mozos fan dos falantes que empregan publicamente as diferentes variedades. 2. Metodoloxía 2.1. Mostra A mostra estaba composta por 400 suxeitos con idades comprendidas entre 14 e 20 anos que estaban cursando estudos non universitarios (Secundaria, Bacharelato ou Ciclos Formativos) nos centros educativos de Galicia (a partir de agora mostra de non universitarios). Para a selección da mostra tívose en conta tanto o hábitat de residencia como o sexo dos enquisados tendo como marco os datos da revisión de 1998 do Censo de Poboacións e Vivendas de 1991. Ademais, establecéronse cotas para iguala-la representación por idades e niveis educativos (ver ficha técnica, Táboa 1). Ámbito: Galicia Poboación: Estudantes entre 14 e 20 anos con estudos non universitarios Tipo de mostraxe: Conglomerados estratificado por hábitat e sexo (unidade final suxeitos) Hipótese peor: p=q=50 Error máximo desexado a nivel global: 5% Nivel de confianza: 95% Tamaño de la mostra: 400 suxeitos Recollida da información: aplicación dunha adaptación da técnica matched-guise nos centros educativos galegos seleccionados. Táboa 1. Ficha técnica. 1709

XAQUÍN LOREDO, ARTURO X. PEREIRO, HÅKAN CASARES, ISABEL SUÁREZ, ANTONIO FERNÁNDEZ & EULOGIO REAL Para recolle-los datos acudiuse a un total de 14 centros educativos (Centros Públicos Integrados e Institutos de Educación Secundaria), 7 deles eran do urbano (centro e periferia), 4 eran de vilas (interior e costa) e 3 centros eran de rural. As características dos participantes son as seguintes: o 48,8% (195) eran mulleres e o 51,2% (205) eran homes; atendendo á idade, o 52,3% (209) teñen entre 14 a 16 anos, fronte ao 47,7% (191) dos mozos, que teñen de 17 a 20 anos. Segundo o seu Lugar de Residencia, e seguindo a distribución da poboación desas idades, a mostra está formada por 118 suxeitos do Rural (29,5%), 127 das Vilas (31,75%), e 155 do Urbano (38,75%). No ámbito urbano, o 25,8% (40) son de Santiago, o 21,9% (34) son de Ourense, o 25,8% (40) de A Coruña, e o 26,5% (41) de Vigo. 2.2. A técnica Empregouse unha adaptación da técnica Matched-Guise (Lambert, Hodgson, Gardner & Fillebaum, 1960) na que os individuos escoitaban 16 voces (8 de home e 8 de muller) de persoas comprendidas entre os 24 e os 34 anos de idade. As 4 voces de home e as 4 voces de muller (en adiante enmascaradas ), pertencían ao mesmo home e a mesma muller respectivamente. As catro modalidades lingüísticas viñan caracterizadas pola manipulación das variables acento e lingua, quedando desta maneira: galego sen acento galego (GI), galego tradicional-estandar (GT), castelán con acento galego (CA) e castelán sen acento galego (CS). O resto das voces (en adiante de recheo ) pertencían a diferentes persoas e estaban distribuídas por igual nas variedades lingüísticas consideradas. As voces enmascaradas pertencen a un home e unha muller, ámbolos dous de 24 anos e xornalistas, con historias de bilingüismo semellantes, sondadas a través da parte A e antecedentes galegos da parte B da adaptación galega do BAT (Bilingual Aphasia Test, González et al., 1990; Paradis, 1987). Graváronse a través de liña telefónica, engadíndolle posteriormente música de fondo, e foron examinadas por un grupo de expertos ademais de analizar as súas características físicas mediante oscilograma utilizando o paquete informático Speech Analyzer 1.5, para que cumpriran os requisitos lingüísticos e contextuais establecidos, repetindo a gravación cantas veces foi necesario. A duración das intervencións de cada un dos concursantes de recheo (11 sg.) e enmascarados (13 sg.) foi a mesma. O material editado gravouse en formato minidisc 1710

ACTAS / PROCEEDINGS II SIMPOSIO INTERNACIONAL BILINGÜISMO para empregalo posteriormente na fase experimental. As voces foron reproducidas nunha gravadora dixital SONY MZ-R35 e amplificadas a través de dous altofalantes de 120 Ws. As voces enmascaradas responden con enunciados equivalentes (dende o punto de vista temático, de estructura semántica, de cantidade e complexidade gramatical, e de estilo) en tódalas modalidades manipuladas (p.ex., GI o inverno trae moita auga, GT no inverno cae moita auga, CC el invierno es muy lluvioso e CS en el invierno llueve mucho ) e distribúense ao azar entre as variedades de galego e castelán consideradas. Adicionalmente, coa finalidade de asegurarse de que as gravacións enmascaradas reflicten fielmente as variedades lingüísticas manipuladas na variable acento e que fosen percibidas como moi similares noutras dimensións lingüísticas e comunicativas relevantes ( nivel de complexidade de vocabulario, facilidade de expresión e rapidez coa que se expresa ) foron avaliadas previamente por 124 estudantes universitarios de primeiro ciclo de catro grupos diferentes. Cada unha das voces enmascaradas correspondentes a cada variedade foron avaliadas por un só grupo nunha escala de reactivo de seis puntos, que abrangue dende moi pouco a moito. O ANOVA dun factor e os contrastes a posteriori (aplicados para reducir a posibilidade de erro tipo I) permitiron comprobar que as diferenzas entre as variedades lingüísticas resultaron significativas (en negriña táboa 1) no que respecta á presenza ou ausencia de acento galego (castelán sen acento galego e galego sen acento galego fronte a castelán con acento galego e galego tradicional-estandar), percibíndose de modo moi similar no resto das dimensións (Táboa 2). Táboa 2. ANOVA dun factor e contrastes a posteriori (Scheffé) segundo o acento, vocabulario e, facilidade e rapidez de expresión percibidos nas catro variedades lingüísticas manipuladas. DIMENSIÓNS AVALIADAS X F (g.l. 3, 125) Sig. Diferenza de Sig. Scheffé ACENTO *1= 3,16 *2= 3,22 *3= 4,94 *4= 5,15 medias 34,295 0,0001-1,78-1,99-1,72-1,93 COMPLEXIDADE VOCABULARIO 2,669 0,051 FACILIDADE DE EXPRESIÓN 0,234 0,873 0,000 0,000 0,000 0,000 1*3 (p<0,05) 1*4 (p<0,05) 2*3 (p<0,05) 2*4 (p<0,05) En segundo lugar as variedades clasifícanse atendendo a criterios fonéticos e prosódicos, obtendo as características que permiten distinguir o acento (tamén galego e 1711

XAQUÍN LOREDO, ARTURO X. PEREIRO, HÅKAN CASARES, ISABEL SUÁREZ, ANTONIO FERNÁNDEZ & EULOGIO REAL castelán), entendido tecnicamente como un xeito de pronunciar. Esta distinción, que por motivos experimentais se fai de xeito artificial, está reflectida en variedades comúns e estendidas do galego e do castelán presentes en Galicia. Como se pode deducir, os criterios nos que nos baseamos para formar as variedades experimentais son fonolóxicos e prosódicos, e concretamente, discriminados en función da frecuencia dos dous primeiros formantes vocálicos (F1 e F2) en vogais tónicas e a frecuencia fundamental ou F0 en fragmentos vocálicos ante pausas intermedias de enumeracións. Estes mesmos elementos foron escollidos en traballos que miden o purismo en galego en relación coa influencia do castelán (Regueira, 1994, 1997). Canto ao léxico empregado evitáronse dialectalismos, vulgarismos, neoloxismos e léxico hipercaracterizado. Isto último, implica precisamente que as variedades obtidas non coincidan plenamente con descricións taxonómicas das variedades das linguas do estudo, (para o galego, e a modo de exemplo, cf. Regueira, 1999). Ademais permitíronse certas interferencias léxicas nos estímulos que se consideraron comúns no uso coloquial de ambas linguas. Da combinación destas variables obtéñense as catro variedades lingüísticas. A súa nomenclatura, arbitraria, pretende ser ilustrativa e non responde a ningunha taxonomía existente. Galego Tradicional-Estandar (GT). Variedade que desde un punto de vista morfosintáctico é adscribible ao galego. En canto a súa caracterización fonética, o máis destacable é que en posición tónica pronunciáronse as realizacións abertas e pechadas dos fonemas vocgais medios cando correspondía. Como é sabido, no sistema vocálico do castelán esta distinción non existe. Nos exemplos das voces de muller da Figura 1 pódese apreciar a diferenza de apertura entre unha realización de fonemas vocálicos medios en posición tónica. Procurouse que o que se percibe como entoación (frecuencia fundamental, duración e intensidade) fose a das variedades galegas comúns non castelanizadas. A modo de exemplo, unha característica desta variedade é que na proximidade de pausas intermedias de enumeracións, a entoación é descendente. O factor que utilizamos para establecer as diferenzas de entoación, foi a frecuencia fundamental (F0). Galego sen acento castelán (GI). Esta variedade é morfosintacticamente adscribible ao galego, pero fonoloxicamente está máis próxima do castelán. Podería ser 1712

ACTAS / PROCEEDINGS II SIMPOSIO INTERNACIONAL BILINGÜISMO un exemplo do novo galego urbano (Regueira, 1999). O seu sistema vocálico está composto soamente de cinco vogais en posición tónica, igual que o castelán. Castelán con acento galego (CC). Variedade adscribible morfosintacticamente ao castelán no que a fonética é galega. Como se fixo con GT, esta variedade presenta as mesmas diferenzas vocálicas nas vogais tónicas, é dicir, o seu sistema vocálico consta de sete elementos en posición tónica. A entoación presenta diferenzas nas distribucións descritas no tocante á F0 con CS y GI e coincidencias con GT, i.e. a súa entoación tamén se pode considerar galega. Castelán sen acento galego (CS). Variedade adscribible morfosintacticamente ao castelán pero canto a fonética é castelá. Neste caso tamén se evitou a abertura das vogais tónicas de grado medio /e/ e /o/, presentando un sistema de cinco vogais tónicas. A F0 que presentaba esta variedade nas distribucións descritas anteriormente era tamén ascendente, polo que a súa entoación é percibida como castelá. 2.3. Procedemento Os experimentadores presentábanse nas aulas como traballadores dunha empresa dedicada á realización de diversos estudos para os medios de comunicación. aos suxeitos indicábaselles que se estaba a realizar unha exploración piloto do funcionamento dun futuro programa-concurso que unha emisora de radio con difusión no territorio galego quería poñer en marcha. Deste xeito, as valoracións realizáronse dentro dun contexto por excelencia de uso público das linguas (i.e., os medios de comunicación). Os suxeitos foron informados de que os concursantes que ían avaliar trataban de construír, en 15 seg., o maior número posible de oracións que expresaran calidades ou actividades relacionadas cun obxecto ou fenómeno determinado. Nesta exploración todos os concursantes respondían con relación a características ou actividades propias do inverno. Este tópico discursivo cremos que é un dos que mellor cumpren os requisitos de: a) neutralidade temática, b) universalidade no que respecta a contextos lingüísticos de uso, e c) tópico temático non asociado á caracterización social dos falantes. 1713

XAQUÍN LOREDO, ARTURO X. PEREIRO, HÅKAN CASARES, ISABEL SUÁREZ, ANTONIO FERNÁNDEZ & EULOGIO REAL Ós suxeitos, entre outras cousas, pídeselles identifiquen, entre unha serie de doce retratos de muller ou doce de home que se lles proporciona en dúas follas de tamaño A4 (cf. Anexo), as voces dos concursantes. As instrucións mantivéronse invariables e foron administradas en galego e en castelán por tres persoas. A primeira persoa presentaba aos experimentadores e á empresa que representaban e para isto empregaba primeiro ao castelán e despois cambiaba ao galego. A segunda persoa administraba a súa parte das instrucións en galego e a terceira facíao en castelán. 2.4. Materiais Para a selección dos rostros realizouse partiuse de 500 fotografías tamaño carné de mozos e de mozas de 22 a 30 anos. Tres xuíces encargáronse de ir seleccionando, por unanimidade en sucesivas roldas de exclusión, os rostros de persoas que intuitivamente mellor se correspondían cos estereotipos físicos dos falantes en cada unha das modalidades lingüísticas manipuladas no estudo e elaboraron un listado de características (físicas, vestiario, actitude corporal, etc.) asociadas á aparencia estereotípica de cada variedade lingüística sobre as que realizan as súas seleccións. Así, a estética e aparencia establecida polos xuíces sobre os que falan castelán sen acento galego e galego sen acento galego é, en xeral, máis actual, atractiva e progresista. Pola contra a estética e aparencia dos que falan castelán con acento galego e galego tradicional-estandar é menos actual, menos atractiva e máis tradicional. As fotografías seleccionadas e a listaxe de características foron entregados a un debuxante para que, a partir dos rostros seleccionados, realizase os retratos correspondentes. Como resultado deste proceso inclúense, tanto na lámina de homes como de mulleres, dous retratos por cada unha das modalidades manipuladas e catro retratos neutros (i.e., non adscribible estereotipicamente a ningunha das modalidades lingüísticas) coa finalidade de posibilitar a elección fóra das categorías estereotipadas establecidas polos xuíces (cf. Anexo). Para comproba-la validez da inclusión dos retratos tendo en conta ás características seleccionadas, construíuse un cuestionario bilingüe con preguntas nas que se pedía que ordenaran por orde de preferencia os catro retratos masculinos e catro femininos que parecían máis atractivos, interesantes e actuais. Este cuestionario administrouse a unha mostra de 171 estudantes utilizándose as súas respostas para 1714

ACTAS / PROCEEDINGS II SIMPOSIO INTERNACIONAL BILINGÜISMO categorizar os retratos como máis ou menos interesantes, actuais, atractivos ou como neutros. Ó final da proba, e coa escusa de valorar o nivel de éxito do Programa, entregábaselles outro cuestionario bilingüe no que se preguntaba se observaran algunha anomalía ou defecto no desenvolvemento do mesmo e se cambiarían algo Este cuestionario ía dirixido a detectar aqueles suxeitos que se decataran da repetición das voces ou do obxectivo real do estudo. 3. Resultados A análise de correspondencias aplicado aos datos infórmanos da existencia de diferenzas significativas entre as frecuencias esperadas e as observadas na elección de retratos diante de cada unha das variedades lingüísticas (χ 2 =308,825; p < 0.0001). A análise de correspondencias obtivo unha solución en dúas dimensións. A primeira dimensión explica case a totalidade da varianza (91,6%), mentres que a segunda soamente explica un 7%. Isto significa que na maioría dos casos só existe un patrón segundo o cal os suxeitos realizan atribucións físicas aos concursantes. Este patrón ven determinado pola primeira dimensión, que como se pode observar na Figura 8, categoriza (polo eixe Y) as eleccións dos retratos segundo a presenza ou ausencia de acento galego. Así, por unha banda estarían os retratos asociados aos concursantes cando falan con acento galego tanto en galego coma en castelán (esquerda, Figura 8), e pola outra, os concursantes cando se expresan sen acento galego tanto en galego coma en castelán (dereita, Figura 8). A segunda dimensión categoriza (polo eixo X, Figura 8) a elección dos estereotipos profesionais segundo a lingua en que se expresa o concursante cando utiliza a fonética e a prosodia do castelán. Así estarían por unha banda os rostros asociados á máscara cando se expresa en castelán (arriba, Figura 8), e polo outra cando se expresa en galego (abaixo, Figura 8). Na Táboa 3 podemos observar a contribución, en termos de varianza explicada, que fai cada un dos retratos a cada unha das dimensións obtidas. 1715

XAQUÍN LOREDO, ARTURO X. PEREIRO, HÅKAN CASARES, ISABEL SUÁREZ, ANTONIO FERNÁNDEZ & EULOGIO REAL Contribucións Número de retrato 1ª dimensión 2ª dimensión Total 1 (muller),979,015,993 2 (muller),627,253,880 3 (muller),874,125,999 4 (muller),994,005 1,000 5 (muller),991,006,997 6 (muller),854,130,984 7 (muller),363,381,744 8 (muller),904,005,909 9 (muller),965,002,967 10 (muller),011,979,990 11 (muller),957,042,999 12 (muller),892,094,986 13 (home),163,000,163 14(home),619,085,704 15 (home),097,018,115 16 (home),000,001,001 17 (home),139,509,648 18 (home),593,405,998 19 (home),477,190,667 20 (home),373,608,981 21 (home),902,094,996 22 (home),242,000,242 23 (home),823,005,828 24 (home),519,414,933 Táboa 3. Contribución da dimensión para a inercia do punto. Partindo dos autovalores das caras para cada unha das dimensións (Táboa 3) e da representación dos seus pesos no mapa perceptual (Figura 1) obsérvase que a categorización dos rostros das mulleres segundo as dimensións atopadas é moito máis clara e precisa que homes. Os datos indican que os retratos seleccionados segundo a presenza de acento galego (esquerda, Figura 1) no caso da muller son: o retrato 1, o retrato 5 e o retrato 9. O retrato 1 e o 5 estarían máis asociados a cando a muller falaba en castelán, e o retrato 9 cando se expresaba en galego. Mentres o retrato 4, o retrato 8 e o retrato 11 foron elixidos en base á ausencia de acento galego (dereita, Figura 1). A atribución de rostros cando o home se expresaba nas diferentes modalidades lingüísticas, non foi tan consensuada como no caso da muller. Pero pódese dicir que os retratos seleccionados segundo a presenza de acento galego (esquerda, Figura 1) foron: o retrato 18 e o retrato 21; sobre todo cando falaba en galego. Os retratos seleccionados segundo a ausencia de acento galego (dereita, Figura 1) foron o 14 e 23; tamén cando falaba en galego. 1716

ACTAS / PROCEEDINGS II SIMPOSIO INTERNACIONAL BILINGÜISMO.8.6.4.2.0 -.2 -.4 17 12 11 CASTESEN 2 21 14 5 CASTECON 1 20 4 15 23 GALECON 13 16 8 9 22 18 3 19 6 7 GALESEN Dimensión 2 -.6 -.8-1.0 10 24 Columna Fila Total Population -1.0 -.5 0.0.5 1.0 1.5 Dimensión 1 Figura 1. Mapa perceptual (ANACOR) da elección de caras. Os retratos seleccionados segundo a segunda dimensión, definida polas variedades cando se expresan sen o acento propio do galego, soamente foron o retrato 10 no caso da muller e o 20 no caso do home. O primeiro estaría escollido cando se escoitaba a variedade de galego sen acento galego, mentres o segundo cando o home falaba castelán. Na Figura 2, pódese observar os retratos seleccionados en base a presenza de acento galego (dimensión 1), mentres na Figura 3 están os rostros que se seleccionaron pola ausencia de acento galego. Figura 2. Retratos seleccionados segundo a presenza de acento galego. 1717

XAQUÍN LOREDO, ARTURO X. PEREIRO, HÅKAN CASARES, ISABEL SUÁREZ, ANTONIO FERNÁNDEZ & EULOGIO REAL Figura 3. Retratos seleccionados segundo a ausencia de acento galego. A pesar de que os retratos falan por si solos, decidimos acudir á opinión do grupo de idade avaliado, para coñecer cáles son as caras que perciben como máis atractivas e interesantes, co obxectivo de poder contrastar os resultados obtidos coa análise de correspondencias. Para isto, escolleuse unha mostra de 171 rapaces o que se lles administrou un cuestionario que lles pedía que elixiran ás catro mulleres e aos catro homes máis atractivos e interesantes dos 24 manipulados (12 homes e 12 mulleres, cf. Anexo). Contrastando os resultados desta análise cós resultados obtidos no experimento, atopamos que na primeira dimensión onde se seleccionaban os rostros segundo ao acento: a) As mulleres que se consideraban máis atractivas e interesantes (retratos 4 e retrato 8, Figura 3) están asociadas á ausencia de acento galego. No caso do homes repítese a mesma situación, os retratos seleccionados pola ausencia de acento galego (retrato 14 e retrato 23, Figura 3) foron avaliados como os máis atractivos e interesantes. b) Os rostros das mulleres elixidos en base a presenza de acento galego (retrato 1, retrato 5 e retrato 9, Figura 2) son os considerados como os menos atractivos e interesantes. Nos homes os rostros seleccionados polo seu acento (retrato 18 e retrato 21, Figura 2) son considerados como os menos atractivos fisicamente e o retrato 21 tamén como o menos interesante, sen embargo o retrato 21 percíbese como interesante. Os retratos seleccionados partindo da segunda dimensión obtida coa análise de correspondencias pódense observar na Figura 4. Os rostros elixidos en base a esta dimensión podían ser considerados neutros nas dúas características medidas (atractivo físico e interesante). Sen embargo, pódese advertir que os rostros foron elixidos segundo a dimensión de conservador-innovación, onde o rostro 10 asociado á variedade de galego innovador cando o falante é unha muller, é percibida como máis 1718

ACTAS / PROCEEDINGS II SIMPOSIO INTERNACIONAL BILINGÜISMO actual e innovadora neste grupo de idade. O retrato 20 estaría asociado coa variedade de castelán sen acento considerándoo como un estereotipo máis conservador, xa que os suxeitos percíbeno como de maior idade e cunha vestimenta máis formal. Figura 4. Retratos seleccionados segundo a dimensión. 4. Conclusións Os resultados indican a existencia de estereotipos físicos asociados á presenza ou ausencia dos trazos fonéticos e prosódicos propios da lingua galega nos suxeitos avaliados, xa que a categorización dos rostros en base a presenza ou ausencia de acento galego, do home e da muller, explica a maior parte da varianza. Ante os falantes que exhiben acento galego na súa produción, os mozos coinciden en elixir aqueles retratos que os xuíces consideran como menos atractivos fisicamente e menos interesantes, sen embargo, cando os falantes se expresan nas variedades sen acento galego os retratos elixidos son os máis atractivos e máis interesantes. Outros resultados que acompañan a estes, fan referencia as diferenzas na caracterización física segundo o falante sexa home ou muller. A adxudicación de certas características físicas á muller segundo se exprese nas variedades con acento ou sen acento é moito máis accesible que cando o falante é o home. Esta circunstancia podería estar relacionada pola maior importancia que se lle da ao físico nas mulleres, fronte os homes, na súa caracterización social nese rango de idade. Os suxeitos tamén elixían os retratos en base a unha segunda dimensión. Esta dimensión aínda que explica unha porcentaxe de varianza moito menor, parece indicar o xurdimento dun novo grupo social ao que se lle adxudican unha serie de características físicas e estéticas. Este grupo estaría composto por mozos percibidos como máis actuais ou innovadores que se expresarían en lingua galega, pero utilizando os trazos fonéticos e prosódicos do castelán. 1719

XAQUÍN LOREDO, ARTURO X. PEREIRO, HÅKAN CASARES, ISABEL SUÁREZ, ANTONIO FERNÁNDEZ & EULOGIO REAL A existencia deste estereotipo físico de maior atractivo físico nas persoas que se expresan sen acento galego confirmaría, en certa maneira, os resultados doutros estudos levados a cabo en Galicia (Pereiro et al, 2001) onde se lle adxudican ás variedades sen acento galego características relacionadas co éxito social, mentres ás variedades sen acento se lle adxudican características relacionadas coa dimensión de solidariedade asociado aos valores máis tradicionais. Estes resultados confírmanse mediante este estudo xa que as persoas percibidas como máis atractivas fisicamente, debido a un efecto halo (Dion, Berscheid & Walter s, 1972), asociaríanselle características positivas como: sociabilidade, liderado, intelixente, moi competente socialmente, etc. (Feingold, 1992). Aínda que os estudos tamén revelan que a estas persoas non se lle asocia características relacionadas coa dimensión de integridade persoal como: xenerosidade, sentido do humor, amables, etc. (Eagly, Ashmore, Makhijani & Longo, 1991), e incluso poderían ser vistos como vaidosos ou egoístas (Cash & Smith, 1982). En conclusión, expresarse nas variedades lingüísticas carentes da fonética e a prosodia galega adquirirían unha clara función instrumental na xente máis nova, fronte as variedades con acento galego, xa que estarían máis relacionadas con características asociadas ao éxito social. Referencias bibliográficas Bradac, J.J. (1990). Language attitudes and impression formation. En H. Giles & W.P. Robinson (eds.), Handbook of language and social psychology. Chichester: Wiley, 387-412. Cash, T.F. & E. Smith (1982). Physical attractiveness and personality among American college students. Journal of Psychology 111, 183-91. Dion, K., E. Berscheid & E. Walter s (1972). What is beautiful is good. Journal of Personality and Social Psychology 24, 285-90. Eagly, A.H., R.D. Ashmore, M.G. Makhijani & L.C. Long (1991). What is beautiful is good, but...: a meta-analysis review of research on the physical attractiveness stereotype. Psychological Bulletin 110 (1), 109-28. Edwards, J. (1999). Refining our understanding of language attitudes. Journal of Language and Social Psychology 18, 101-10. Fasold, R.W. (1996). La sociolingüística de la sociedad. Madrid: Visor Libros. Feingold, A. (1992). Good-looking people are not what we think. Psychological Bulletin 111(2), 304-41. 1720

ACTAS / PROCEEDINGS II SIMPOSIO INTERNACIONAL BILINGÜISMO Giles, H. & N. Coupland (1991). Language attitudes: Discoursive, contextual, and gerontological considerations. En Allan G. Reynolds (ed.), Bilingualism, multiculturalismn and second learning language. The McGill Conference in honour of Wallace E. Lambert. Hillsdale, NJ: LEA, 21-42. González, M., O. Juncos, L. Pellitero, H. Puente, X. Rodríguez, N. SanJosé & X. Valladares (1990). Bilingual aphasia test (Galician version). Hillsdale, NJ: LEA. Greenwald, A.G. & M.R. Banaji (1995). Implicit social cognition: Attitudes, selfesteem, and stereotypes. Psychological Review 102, 4-27. Iglesias Álvarez, A. (2002). Actitudes e ideoloxías a través do discurso: A situación en distintas comunidades de España. Tese doutoral, Universidade de Santiago de Compostela. Lambert, W.E. (1967). A social psychology of bilingualism. Journal of Social Issues 23, 91-109. Lambert, W.E., R.C. Hodgson, R.C. Gardner & S. Fillebaum (1960). Evaluational reactions to spoken languages. Journal of Abnormal and Social Psychology 60, 44-51. Luhman, R. (1990). Appalachian english stereotypes: Language attitudes in Kentucky. Language in Society 19, 331-48. Park, B. & R. Hastie (1987). Perception of variability in category development: Instance- versus abstraction-based stereotypes. Journal of Personality and Social Psychology 53, 621 35. Pereiro Rozas, A.X., I. Suárez Fernández, A. Fernández Salgado, M. González González, M.A. Rodríguez Neira, E. Real Deus & J. Loredo Gutiérrez (2001). Un estudo exploratorio sobre actitudes lingüísticas hacia la mujer realizado con matched-guise. Factores que influyen en la valoración personal realizada por jóvenes estudantes gallegos. En A. Moreno & V. Colwell (eds.), Cdrom Actas XIX Congreso AESLA (3-5 mayo, 2001), Recent perspectives on discourse/perspectivas recientes sobre el discurso. León: Servicio de Publicaciones de la Universidad de León. Petty, R.E., D.T. Wegemer & L.R. Fabrigar (1997). Attitudes and attitudes change. Annual Review of Psychology 48, 609-47. Purnell, T., W. Idsardi & J. Baugh (1999). Perceptual and phonetic experiments on American English dialect identification. Journal of Language and Social Psychology 18, 10-30. RAG, Seminario de Sociolingüística (1994). Lingua inicial e competencias lingüísticas. A Coruña: Real Academia Galega. RAG, Seminario de Sociolingüística (1995). Usos lingüísticos en Galicia. A Coruña: Real Academia Galega. RAG, Seminario de Sociolingüística (1996). Actitudes lingüísticas en Galicia. A Coruña: Real Academia Galega. Regueira Fernández, X.L. (1994). Modelos fonéticos e autenticidade lingüística. Cadernos de Lingua 10, 37-60. Regueira Fernández, X.L. (1997). Elementos para a definición dun modelo fonético estándar da lingua galega. En B. Fernández Salgado (ed.), Proceedings of the 1721

XAQUÍN LOREDO, ARTURO X. PEREIRO, HÅKAN CASARES, ISABEL SUÁREZ, ANTONIO FERNÁNDEZ & EULOGIO REAL 4th International Conference on Galician Studies: In Memoriam Emilio González López 1903-1991. Oxford: Centre for Galician Studies, 179-94. Regueira Fernández, X.L. (1999). Estándar oral e variación social da lingua Galega. En R. Álvarez & D. Vilavedra (coords.), Cinguidos por unha arela común: Homenaxe ao profesor Xesús Alonso Montero, I. Semblanza e creación. Lingua. Historia, cultura e sociedade. Santiago de Compostela: Servicio de Publicacións e Intercambio Científico da Universidade de Santiago, 855-75. Ricardson-Klavehn, A., J.M. Gardiner & R.I. Java (1996). Memory: Task dissociations, process dissociations and dissociations of consciousness. En G. Underwood (ed.), Implicit cognition. New York: Oxford University Press, 85-158. Thompson, M.S., Ch.M. Judd & B. Park (2000). The consequences of communicating social stereotypes. Journal of Experimental Social Psychology 36, 567 99. Willians, R.N., X. De La Cruz & W.J. Hintze (1989). The stereotypical nature of stereotyping. The Journal of Social Psychology 129, 397-411. 1722

ACTAS / PROCEEDINGS II SIMPOSIO INTERNACIONAL BILINGÜISMO ANEXO 1723

XAQUÍN LOREDO, ARTURO X. PEREIRO, HÅKAN CASARES, ISABEL SUÁREZ, ANTONIO FERNÁNDEZ & EULOGIO REAL 1724