Problemas na orixe da alternancia dos alófonos dos fonemas /b d / 0. Introdución1 1. Distribución e descrición dos alófonos dos segmentos implicados

Similar documents
MÁIS SOBRE O ROTACISMO DE /S/ EN GALEGO Francisco Dubert García Universidade de Santiago de Compostela

COMO XOGAR A KAHOOT Se vas xogar por primeira vez, recomendámosche que leas este documento QUE É KAHOOT?

GUÍA DE MIGRACIÓN DE CURSOS PARA PLATEGA2. Realización da copia de seguridade e restauración.

Os alófonos de /b, d, g/ en galego

Acceso web ó correo Exchange (OWA)

Síntesis da programación didáctica

Silencio! Estase a calcular

VOCAIS FINAIS EN GALEGO E EN PORTUGUÉS: UN ESTUDIO ACÚSTICO

Narrador e Narradora Narrador Narradora Narrador

DSpace da Universidade de Santiago de Compostela

R/Ponzos s/n Ferrol A Coruña Telf Fax

A INTERFERENCIA FONÉTICA NO ESPAÑOL DA CORUÑA. A VOCAL [o] TÓNICA. Sandra Faginas Souto 1 Universidade da Coruña

As variantes gran e grande dentro da frase nominal

ÍNDICE. T. VIDAL FIGUEROA, Proposta descritiva das consoantes fricativas alveolodentais dos dialectos galegos...5

O SOFTWARE LIBRE NAS ENTIDADES DE GALIZA

Fonética e fonoloxía da língua galega

Se (If) Rudyard Kipling. Tradución de Miguel Anxo Mouriño

Problema 1. A neta de Lola

INFLUENTE OU INFLUÍNTE? PRESCRICIÓN E USO DA VOGAL TEMÁTICA VERBAL DA C-III NOS ADXECTIVOS EN -NTE NA LINGUA GALEGA*

O uso de construcións con verbos soporte en aprendices de español como lingua estranxeira e en falantes nativos

Sobre o uso de cara a / cara na norma galega

Estudos sobre. lingüístico no galego actual

Variación lingüística interxeracional na Illa de Ons (Bueu). Seseo

Name: Surname: Presto= very fast Allegro= fast Andante= at a walking pace Adagio= slow Largo= very slow

PARÁMETROS ACÚSTICOS DOS SONS FRICATIVOS DA LINGUA GALEGA ACOUSTIC PARAMETERS OF FICATIVE SOUNDS OF GALICIAN

A voltas coas contraccións: cun e con un

Second Language Anxiety and Task Complexity

UN NOVO INTENTO DE CLASIFICACIÓN DAS INTERFERENCIAS DO CASTELÁN SOBRE O GALEGO, COA PERSPECTIVA DO ENSINO PRIMARIO E SECUNDARIO Ó FONDO

Carlos Cabana Lesson Transcript - Part 11

OBSERVACIÓNS SOBRE AS ACTITUDES E OS COMPORTAMENTOS RELATIVOS ÓS CAMBIOS DE CÓDIGO EN SANTIAGO DE COMPOSTELA *

Factores internos e externos nos cambios fonolóxicos no galego actual

Anexo IV: Xestionar o currículum da etapa:

Facultade de Fisioterapia

Estudo das colocacións a través da análise de corpus

2012 Molly Martin, MD. All rights reserved. docmolly.com

Projections of time in Cara Inversa (Inverse Face) Laura López Fernández Univ. of Waikato NZ

Modelos matemáticos e substitución lingüística

incidiu noutras linguas. Cadernos de Fraseoloxía Galega 12, 2010, ISSN

EVOLUCIÓN ESTRUCTURAL DUNHA VARIEDADE MINORITARIA EN CONTACTO: A CONFORMACIÓN DUNHA IDENTIDADE LINGÜÍSTICA DIFERENCIADA NO GALEGO URBANO

PARTE I. VIVALDI: Concierto en MI M. op. 3 n.12

Metodoloxía copyleft en educación

MESTURA E ALTERNANCIA DE CÓDIGOS EN GALICIA: SIGNIFICADO E PERCEPCIÓN SOCIAL. Bieito Silva Valdivia 1 ICE da Universidade de Santiago de Compostela

the creation of the autonomous regions and the enactment of the Gali the status of the official language of the region and began to be taught in

DSpace da Universidade de Santiago de Compostela

Polinomios. Obxectivos. Antes de empezar

Xosé Afonso Álvarez Pérez Universidad de Alcalá

DSpace da Universidade de Santiago de Compostela

Os antropónimos femininos no cancioneiro popular galego

Lingua oral, calidade da lingua e futuro do galego

2.1. O PROXECTO LINGÜÍSTICO DE CENTRO

Lingua e Docencia Universitaria V Xornadas sobre Lingua e Usos

ÍNDICE ARTIGOS RECENSIÓNS

ProSpanish. Vocabulary Course. made easy by ProSpanish. ProSpanish

AS ELECCIÓNS SINDICAIS NA ENSINANZA PÚBLICA NON UNIVERSITARIA EN GALICIA ( )

DSpace da Universidade de Santiago de Compostela

DSpace da Universidade de Santiago de Compostela

BILINGÜISMO, DESENVOLVEMENTO E APRENDIZAXE ESCOLAR: UNHA PROPOSTA DE INTERVENCIÓN NA ESCOLA

ELABORACIÓN DUN TEST PARA ESTIMA-LO TAMAÑO DO VOCABULARIO COÑECIDO EN LINGUA GALEGA

O Software Libre nas Empresas de Galicia

MUDE SEU FUTURO ATRAVES DAS ABERTURAS TEMPORAIS (PORTUGUESE EDITION) BY L Y JP GARNIER MALET

Indagacións sobre a produción do real: obxectos, procesos e relacións

Locucións e colocacións: algunhas causas da coaparición dos seus formantes

CREACIÓN DE PÓSTERS CON GLOGSTER. Miguel Mourón Regueira

O PAPEL DA IDENTIDADE ÉTNICA E DA VITALIDADE ETNOLINGÜÍSTICA SUBXECTIVA (VES) NA CONFIGURACIÓN DA CONDUCTA LINGÜÍSTICA EN GALICIA

Trece sobres azules (Maeva Young) (Spanish Edition)

C A D E R N O S D E L I N G U A

Reflexións sobre a situación sociolingüística galega dende o paradigma da complexidade

a) Japanese/English (difficult)... b) The weather in Africa/ the weather in the Antarctic (cold)... c) A car/ a bike (fast)

Competencias docentes do profesorado universitario. Calidade e desenvolvemento profesional

Revista Galega de Filoloxía, ISSN ,2006,7:

ÁMBITO DE COMUNICACIÓN Lengua extranjera: Inglés

SINTAXE José M. García-Miguel e Carmen Cabeza (Universidade de Vigo)

INCIDENCIA DO TAMAÑO SOBRE O COMPORTAMENTO FINANCEIRO DA EMPRESA. UNHA ANÁLISE EMPÍRICA CON PEMES GALEGAS 1

BOLETÍN GALEGO DE LITERATURA, nº 50 / 1º SEMESTRE (2017): pp / ISSN [Recibido, 9 marzo 2017; aceptado, 20 abril 2017]

Os rexistros e os niveis de lingua na fraseoloxía: unha aproximación descritiva das locucións nun corpus textual galego

ANÁLISE DO SECTOR TÉXTIL, CONFECCIÓN E CALZADO

DSpace da Universidade de Santiago de Compostela

MEMORIA COMITÉS DE ÉTICA DA INVESTIGACIÓN DE GALICIA PERÍODO

Estudio sociolingüístico sobre a situación da lingua galega no Concello de Vigo 2002

TRABALLO DE FIN DE GRAO

EL SHOCK SENTIMENTAL. COMO SUPERARLO Y RECUPERAR LA CAPACIDAD DE AMAR (SPANISH EDITION) BY STEPHEN GULLO /CONNIE CHURCH

CONTRASTE EMPÍRICO DO MODELO CAPM: APROXIMACIÓN A NON LINEARIDADE PARA O MERCADO ESPAÑOL DE CAPITAIS

EL SHOCK SENTIMENTAL. COMO SUPERARLO Y RECUPERAR LA CAPACIDAD DE AMAR (SPANISH EDITION) BY STEPHEN GULLO /CONNIE CHURCH

COMPLEXIDADE E ECONOMÍA: DISTINTAS CORRENTES DE PENSAMENTO, DIVERSAS LECTURAS

SOCIEDADES MULTICULTURAIS, INTERCULTURA- LIDADE E EDUCACIÓN INTEGRAL. A RESPOSTA DENDE A EDUCACIÓN PERSONALIZADA

Xogos e obradoiros sobre o cambio climático que Climántica desenvolve en centros educativos

DESFOCADOS. a distração programada da internet em N. Carr. Joana Rocha. Congresso de Cibercultura Universidade do Minho

A MORFOLOXÍA VERBAL NA OBRA EN GALEGO DE MANUEL MURGUÍA Á LUZ DA DIALECTOLOX~A

ESTUDO DA OCUPACIÓN NO MERCADO DE TRABALLO EN GALICIA. INFLUENCIA DO XÉNERO 1

ACTITUDES LINGÜÍSTICAS DE MOZOS E MOZAS GALEGOS: UNHA EXPLORACIÓN CON ENTREVISTAS EN PROFUNDIDADE

O PROBLEMA DO COÑECEMENTO

Lingua galega e preconcepto

A TRANSICIÓN DA UNIVERSIDADE Ó TRABALLO: UNHA APROXIMACIÓN EMPÍRICA

EFECTOS SOCIOECONÓMICOS DO ACTUAL PROCESO DEMOGRÁFICO EN GALICIA

DSpace da Universidade de Santiago de Compostela

Blink: SIP conferencing done right Saúl Ibarra Corretgé AG Projects

DITAME DO CONSELLO DA CULTURA GALEGA SOBRE AS BASES PARA A ELABORACIÓN DO DECRETO DO PLURILINGÜISMO NO ENSINO NON UNIVERSITARIO DE GALICIA

Soraya Domínguez Portela IES Pazo da Mercé

DETERMINANTES SOCIOECONÓMICOS DA LINGUA: O CASO DO GALEGO

SECUENCIAS DE YOGA (SPANISH EDITION) BY MARK STEPHENS DOWNLOAD EBOOK : SECUENCIAS DE YOGA (SPANISH EDITION) BY MARK STEPHENS PDF

Transcription:

Problemas na orixe da alternancia dos alófonos dos fonemas /b d / Francisco Dubert García Instituto da Lingua Galega 0. Introdución 1 Nas descricións fonolóxicas do galego sinálase que os fonemas representados por meo dos símbolos /b d / se realizan a través de cadansúa parella de alófonos, de modo que cada un destes fonemas ten unha realización non continua e outra continua. Debido á súa distribución, acostuma a sinalarse que a presenza dos alófonos continuos se debe a un proceso histórico de lenición que produciu un abrandamento dos segmentos oclusivos voceados. Na lingüística histórica galega non se foi máis aló na descrición de como se chegou a este punto. Este desleixo non deixa de ser sorprendente se se observa polo miúdo a natureza do fenómeno. Neste traballo quero mostrar os problemas que esta alternancia lle pode levantar ó estudoso da gramática histórica, quer desde o punto de vista dunha teoría fonética, quer desde o punto de vista dunha teoría fonolóxica; deixo para outra ocasión os problemas do lingüista sincrónico. En 1 describo os fonos implicados e as alternancias, en 2 mostro os feitos problemáticos e en 3 presento unhas breves reflexións nas que indico os feitos que ó meu xuízo deberan ser investigados para achar unha solución. 1. Distribución e descrición dos alófonos dos segmentos implicados Aínda que existe un consenso case xeral á hora de sinalar que en galego os fonemas /b d / presentan nas súas realizacións alofónicas unha alternancia entre segmentos non continuos e segmentos continuos 2, non se dá un acordo tan xeral canto á distribución dos segmentos nin á súa estrutura interna. Non é esta unha cuestión menor: as implicacións sincrónicas e diacrónicas son diferentes se nos atopamos ante os alófonos non continuos fricativos ou aproximantes, ou se poden aparecer tódolos alófonos non continuos á dereita dos segmentos laterais ou só algúns deles... É preciso saber coa maior exactitude que trazos se ven envoltos nas alternancias alofónicas e en que contextos se producen estas, non só para lograr unha adecuación descritiva, senón tamén para conseguir unha adecuación explicativa. 1 Agradezo os comentarios con que Joaquim Brandão de Carvalho, Xosé Luís Regueira e Sonia Colina contribuíron a mellorar versións anteriores deste traballo. 2 Estas alternancias teñen varias características: a) a distribución dos segmentos alternantes descríbense só con ferramentas fonolóxicas, sen que sexa preciso referirse a restricións léxicas ou sintácticas; b) as alternancias obsérvanse dentro dos límites das palabras e entre palabras, sen que sexa preciso tomar en consideración para describilas lindes morfolóxicas ou sintácticas; c) as alternancias non teñen excepcións e obsérvanse sempre que se dea o contexto fonolóxico adecuado; d) os trazos implicados son redundantes, xa que os membros das parellas [b] ~ [ ], [d] ~ [ ] e [ ] ~ [ ] aparecen en distribución complementaria. Todos estes elementos retratan as alternancias como posléxicas ou alofónicas.

Neste traballo presentarei dúas descricións do fenómeno de alternancia: a primeira, de índole fonética, empregará un conxunto de trazos inspirados pola teoría de Ladefoged e Maddieson (1996); a segunda, de índole fonolóxica, empregará un conxunto de trazos inspirados polas teorías fonolóxicas de Halle (1992) e de Clements e Hume (1995). 1.1. As alternancias Como xa sinalei, non existe ningún tipo de discrepancia á hora de sinalar os valores correspondentes dos segmentos non continuos, que son oclusivos orais voceados. Canto ós alófonos continuos, no presente traballo seguirei a postura hoxe máis aceptada, que os trata como segmentos aproximantes orais voceados; a razón desta escolla baséase no feito de que a existencia de alófonos aproximantes está ben testemuñada por meo de repetidas análises espectrográficas levadas a cabo no laboratorio de fonética do ILG 3. Polo tanto, dou por boas as descricións dos segmentos e dos contextos que ofrece Regueira Fernández (1996: 121): The consonants represented in the table above as /b d / are only realized as a plosive after a pause or after a nasal consonant (and also after a lateral in the case of [d]), whereas in other positions they have approximants variants [ ] respectively. Deste xeito, a distribución dos alófonos de /b d / fica como se ilustra en (1): (1) a) [baso] [den te] [ ato] b) [um baso] [un den te] [u ato] c) [mil asos] [mil den tes] [mil atos] d) [o aso] [o en te] [o ato] e) [d asos] [d en tes] [d atos] f) [os asos] [os en tes] [os atos] g) [te asos] [te en tes] [te atos] 1.2. Descrición fonética e fonolóxica dos segmentos alternantes A descrición fonética que corresponde ós segmentos [b d ] é, como xa dixen, [oclusivo oral voceado], pois realízanse cunha pechazón total do tracto vocálico, acompañada de elevación do veo do padal e vibración das cordas vocais; a súa descrición como segmentos fonolóxicos é [+cons, -soan], [+voz], [-cont]. A descrición fonética que corresponde ós segmentos [ ] é [aproximante oral voceado], pois realízanse cunha aproximación dos articuladores bucais tal que non se produce ningún corte na saída do aire nin ningún tipo de ruído de fricción, elevación do veo do padal e 3 Tiago Vidal (1997) sinala para o dialecto galego tradicional de Vigo alófonos oclusivos voceados para /b/ e /d/ en tódolos contextos (/ / está realizado pola gheada e, polo tanto, presenta outra serie de cuestións conflitivas); para este autor, os alófonos aproximantes de /b/ e /d/ aparecen fundamentalmente nos dialectos máis castelanizados. Veiga (2002) defende, sen achegar probas, que só existen alófonos oclusivos.

vibración das cordas vocais; a súa descrición como segmentos fonolóxicos é [-cons, +soan], [+voz], [+cont] (véxase Dubert 2001). As alternancias dos alófonos de /b d / parecen non implicar ningún cambio significativo no Punto de Articulación (PA). Desde un punto de vista fonético, o PA de [b] e [ ] é [bilabial], o de [d] e [ ] parece ser [dentialveolar] 4 e o PA de [ ] e [ ] é [velar]. Desde un punto de vista fonolóxico, os alófonos de /b/ presentan o trazo de nodo [Lab], os de /d/ o trazo de nodo [Cor] e os alófonos de / / presentan o trazo de nodo [Dors]; estes PA son consonánticos ou principais, PA-C, pois non se refiren a articulacións vocálicas secundarias, PA-V (Clements e Hume 1995). Con todo, os trazos [PA-C Cor] e [PA-C Dors] son insuficientes para describir os alófonos de /d/ e de / /, pois [Cor] recobre segmentos dentais coma [l, ], alveolares coma [l, s ], postalveolares ou palatoalveolares coma [ ] e, quizais, segmentos palatais coma [ ]; [Dors] recolle segmentos palatais coma [ ] e velares coma [, ]. Polo tanto, para describir os alófonos de /d/ e / / debo botar man dos trazos dominados por [Cor] e [Dors], respectivamente. Deste xeito, os alófonos [d] e [ ] especifícanse como [Cor, +ant, +dist, _estrid], pois realízanse coa punta da lingua estendida horizontalmente nunha área anterior á zona postalveolar; os alófonos [ ] e [ ] cos trazos [Dors, +post], pois articúlanse levando o dorso da lingua contra a zona velar. En (2a) mostro o conxunto de trazos fonéticos e en (2b) o conxunto de trazos fonolóxicos que describen os alófonos: (2a) [b] [oclusivo, bilabial, voceado, oral] [ ] [aproximante, bilabial, voceado, oral] [d] [oclusivo, dentialveolar, voceado, oral] [ ] [aproximante, dentialveolar, voceado, oral] [ ] [oclusivo, velar, voceado, oral] [ ] [aproximante, velar, voceado, oral] (2b) [b] [+cons, -soan], [+voz], [-cont], [PA-C Lab] [ ] [-cons, +soan], [+voz], [+cont], [PA-C Lab] [d] [+cons, -soan], [+voz], [-cont], [PA-C Cor, +ant, +dist, -estrid] [ ] [-cons, +soan], [+voz], [+cont], [PA-C Cor, +ant, +dist, -estrid] [ ] [+cons, -soan], [+voz], [-cont], [PA-C Dors, +post] [ ] [-cons, +soan], [+voz], [+cont], [PA-C Dors, +post] 4 Unha consideración importante sobre o trazo [dentialveolar]: The term alveolar by itself can refer to sounds that involve the alveolar ridge and either the tip or blade of the tongue, and thus can describe either an apical or a laminal articulation. For some of the sounds in the alveolar region there is a traditional term that incorporates both the apical/laminal distinction and a more precise description of the target region. Thus, dentialveolar is often used to refer to sounds that are articulated in the dental region and involve the blade of the tongue. The name is appropriate in that it seems that laminal dental sounds always involve contact in the front part of the alveolar region as well as on the teeth (Ladefoged e Maddieson 1996: 14).

1.3. Descrición fonética e fonolóxica dos segmentos que conforman o contexto Todo parece indicar que os segmentos que condicionan a actual distribución dos alófonos son os situados á esquerda dos segmentos alternantes (Holt 2002: 2.1). Como vemos en (1b), á dereita dos segmentos nasais aparecen os alófonos oclusivos de /b d /; desde un punto de vista fonolóxico, esta clase de segmentos nasais, alén de conteren o trazo [Nasal], descríbense botando man dos trazos [+cons, +soan], [+voz], [- cont]. É importante sinalar que as consoantes nasais neste contexto comparten o PA-C da oclusiva oral que anteceden, polo que deben recibir a mesma especificación de PA-C cós alófonos de /b d /. Os datos de (1c) mostran que á dereita dun fono lateral aparecen os alófonos aproximantes de /b /, mentres que á dereita do fono lateral aparece o alófono oclusivo de /d/. As consoantes laterais son, desde un punto de vista fonético, segmentos voceados aproximantes, pois durante a súa articulación o aire corre por un ou polos dous lados da lingua sen ruído de fricción. Polo tanto, as consoantes laterais parecen cumprir tamén os requisitos para seren consideradas [+cont] desde un punto de vista fonolóxico; con todo, esta consideración xa ten sido recoñecida como problemática (véxase, por exemplo, Holt 2002: 2.2). Isto non é de estrañar se temos en conta que: a) as consoantes laterais se articulan impedindo a saída do aire polo centro da boca e b) que o lugar en que se produce esta obstrución é o que marca o seu PA-C. Por estas razóns serán consideradas [-cont] 5. Deste modo, definirei desde un punto de vista fonolóxico as consoantes laterais como [+cons, +soan], [+voz], [-cont], [Lat]. Polo que respecta ós PA-C, o segmento lateral do grupo [l d] é, desde un punto de vista fonético, [dental] (posiblemente, mellor dentialveolar, que implica tamén laminal); desde un punto de vista fonolóxico é un segmento [PA-C Cor, +ant, +dist, -estrid]. O trazo de PA-C fonético do fono lateral do grupo [l ] é [apicoalveolar]; a descrición fonolóxica do seu PA-C é [PA-C Cor, +ant, - dist, -estrid]. Máis complicada é a descrición do PA-C do fono lateral no grupo [l ], que acostuma a recibir unha especificación problemática, froito da confusión entre os PA-V e os PA-C habitual na lingüística galega 6. Desde un punto de vista fonético, este 5 Los sonidos producidos con una constricción primaria que permite que el aire pase a través del centro de la cavidad oral son [+cont]; los sonidos que se producen con una oclusión sostenida son [-cont] (Durand 1990: 56). 6 Por exemplo, Martínez Celdrán (2002) considera [palatal] un fono cando gran parte do predorso da lingua contacta co padal duro[...]. O diacrítico que expresa palatalización é [ ] ; non define palatalización (p. 34) nin aclara se o concepto se refire a un PA-C ou a un PA-V; clasifica un fono transcrito [n ] como nasal palatalizado e inclúeo pé de [ ], considerado palatal (pp. 48-50). Freixeiro (1998) define o fono transcrito [s ] como fricativo semipalatalizado, descrito como un fono apicoalveolar cunha lixeira

fono lateral é [apicoalveolar] cun punto de articulación vocálico (PA-V) [velarizado]; a súa definición fonolóxica é [PA-C Cor, +ant, -dist, -estrid] cunha articulación vocálica secundaria, descrita como [PA-V Dors +post]. Está claro que cando pronunciamos este fono lateral nunha palabra coma [al o] algo a coroa da lingua está apoiada contra a parte anterior do ceo da boca, o que nos mostra un segmento de articulación [Cor], o que claramente non sucede cando pronunciamos a nasal de [ka a] 7. En (1d) ilustro como á dereita de calquera vogal só aparecen alófonos aproximantes; o mesmo vale para as semivogais: houbo [ow o], saiba [saj a]. A descrición fonética destes segmentos non é simple; neste estudo vou atribuírlles a etiqueta [aproximante] (Dubert 2001). A descrición fonolóxica é [-cons, +soan], [+voz], [+cont]. Nin o PA-V destes segmentos nin o seu grao de abertura inflúe na escolla dos alófonos de /b d /, pois levarán estas especificacións con independencia do tipo de vogal que anteceda: [a a] aba, [ a] Eva, [de a] deba (deber), [ri a] riba, [u a] uva. En (1e, f) vemos que á dereita dos segmentos fricativos aparecen os alófonos aproximantes; os fonemas /s/ e / / son os únicos segmentos fricativos que poden aparecer en posición de coda no léxico patrimonial. A descrición fonética de [s ] é [fricativo apicoalveolar sibilante voceado]; a de [ ] é [fricativo laminodental non sibilante voceado] 8. A descrición fonolóxica para [s ] é [+cons, -soan], [+voz], [+cont], [PA-C Cor, +ant, _dist, +estrid]; a de [ ] é [+cons, -soan], [+cont], [+voz], [PA-C Cor, +ant, +dist, _estrid]. Finalmente, en (1g) comprobamos que á dereita de [ ] aparecen os alófonos aproximantes de /b d /. Mentres que describir [ ] desde o punto de vista da teoría fonética é fácil, [apicoalveolar voceado batido], a descrición na teoría fonolóxica é complicada, pois resulta difícil atribuírlle un valor ó trazo [cont] (sería ademais interesante meditar sobre as posibilidades de establecer a existencia dun trazo [Rótico] e palatalización, intermedia entre [s ] e [ ], de forma que se aproxima ben dun [ ] semidespalatalizado, ou dun [s ] semipalatalizado, que representaremos por [s ] (p. 168); por esta razón cabe entender que para Freixeiro, semipalatalizado e semidespalatalizado son PA-C. Véxase en Vidal (1993) unha crítica desta tradición. 7 De feito, a velarización de /l/ pode producirse sempre que estea na coda, aínda que o lateral non vaia seguido dun segmento velar, coma en [mal ] mal, ou, o que é máis indicativo, aínda que vaia seguido dun segmento coronal, coma en [kal do] caldo. A velarización pode ocorrer, incluso, en posición intervocálica (Vidal 1997: 322; Dubert 1995: 147-148). En todo caso, existen en todos estes contextos realizacións con e sen [PA-V Dorsal, +post]. De feito, a aparición deste trazo en posición de coda ou en posición de ataque pode estar correlacionada con factores sociolingüísticos, de modo que os segmentos con articulación secundaria sexan máis comúns nos falantes cun galego máis tradicional. 8 Interdental fricatives are, of necessity, laminal; the constriction is between the blade of the tongue and the lower edges of the upper incisors (Ladefoged e Maddieson 1996: 143-144).

atribuírllo tanto a [ ] coma a [r]). En todo caso, parece non haber problema en adxudicarlle os trazos [+cons, +soan]; neste traballo atribuireille o trazo [-cont], pois este segmento realízase cunha pechazón da canle no tracto bucal (aínda que é unha pechazón moi breve); en tanto que voceado, debemos consideralo tamén [+voz]. En (3a) presento a relación da descrición fonética e en (3b) a descrición fonolóxica dos segmentos que conforman o contexto: (3a) [m] [oclusiva, bilabial, nasal, voceada] [n ] [oclusiva, dentialveolar, nasal, voceada] [ ] [oclusiva, velar, nasal, voceada] [l ] [aproximante, lateral, dental, voceada] [l] [aproximante, lateral, apicoalveolar, voceada] [l ] [aproximante, lateral, apicoalveolar, velarizada, voceada] [V] [aproximante] (onde [V] representa calquera vogal ou semivogal) [s ] [fricativa, central, apicoalveolar, voceada, sibilante] [ ] [fricativa, central, laminodental, voceada, non sibilante] [ ] [batido, apicoalveolar, voceada] (3b) [m] [+cons, +soan], [+voz], [-cont], [Nasal], [PA-C Lab] [n ] [+cons, +soan], [+voz], [-cont], [Nasal], [PA-C Cor, +ant, +dist, -estrid] [ ] [+cons, +soan], [+voz], [-cont], [Nasal], [PA-C Dors, +post] [l ] [+cons, +soan], [+voz], [-cont], [Lat], [PA-C Cor, +ant, +dist, -estrid] [l] [+cons, +soan], [+voz], [-cont], [Lat], [PA-C Cor, +ant, -dist, -estrid] [l ] [+cons, +soan], [+voz], [-cont], [Lat], [PA-C Cor, +ant, -dist,-estrid; PA-V Dors, +post] [V] [-cons, +soan], [+voz], [+cont] (onde [V] representa calquera vogal ou semivogal) [s ] [+cons, -soan], [+voz], [+cont], [PA-C Cor, +ant, -dist, +estrid] [ ] [+cons, -soan], [+voz], [+cont], [PA-C Cor, +ant, +dist, -estrid] [ ] [+cons, +soan], [+voz], [-cont] [PA-C Cor, +ant, -dist, -estrid] 2. Os feitos problemáticos A pouco que se analice, pódese comprobar como o único cambio natural é o que produce segmentos aproximantes cando /b d / vai precedido de vogal (1d). Os alófonos aproximantes coinciden no valor dos trazos fonolóxicos de clase maior [cons] e [soan] e no valor do trazo fonolóxico [cont] coas vogais; e tamén coinciden no valor [aproximante] do trazo de constrición fonético; deste modo, o abrandamento creou segmentos fonéticos e fonolóxicos máis similares: compárense os trazos dos segmentos das secuencias [ab, ad, a ] cos trazos dos segmentos das secuencias [a, a, a ]. Pola súa parte, a secuencia [mb, n d, ] representada en (1b) permaneceu inalterada. Como viamos arriba, as consoantes nasais comparten cos segmentos que está á súa dereita o valor dos trazos fonolóxicos [cons] e [cont] e o valor do trazo fonético de constrición [oclusivo]. Fronte ó que sucedía nas vogais, non deixa de ser interesante que o valor do trazo fonolóxico [soan] da nasal non afecte de ningún xeito ó segmento

seguinte 9. Nos tres casos, vemos que a constrición oclusiva relacionada cos trazos [+cons] e [-cont] se verifica no mesmo PA-C nas consoante nasais e nas consoantes oclusivas orais contiguas. Moito máis interesante é o que presenciamos en (1c): o segmento lateral aproximante [l ] vai seguido de [d], oclusivo, mentres que os segmentos aproximantes [l] e [l ] van seguidos dos aproximantes [ ], o que parecería significar que o trazo [aproximante] non se estendeu de [l ] a [d], que son homorgánicos, pero si de [l] e de [l ] a [ ] e a [ ], respectivamente, que son heterorgánicos. Pola súa parte, o segmento fonolóxico [+cons +soan], [-cont], [Lat], vai seguido de [d ], [+cons, -soan], [-cont], mentres que vai seguido de [ ], [-cons, +soan], [+cont]; isto parece significar os dous segmentos homorgánicos do grupo [l d] comparten os valores dos trazos [cons] e [cont], pero non o valor do trazo [soan], mentres que nos grupos [l ] e [l ], os segmentos heterórganicos comparten o valor do trazo [soan], pero non o valor dos trazos [cons] nin [cont]. Como vemos, é unha distribución confusa, quer desde un punto de vista fonético, quer desde un punto de vista fonolóxico. Nótese, porén, que [l ] se articula cunha constrición central total no mesmo PA-C ca [d] (que é un segmento central), mentres que nin o segmento lateral de [l ] nin o segmento lateral de [l ] se articulan cunha tal constrición central no mesmo PA-C có segmento aproximante seguinte (no caso de [l ] isto sería imposible, pois non existen segmentos laterais labiais). Este carácter de interrupción central nas laterais é o que nos permite consideralas segmentos con valor [-cont] desde un punto de vista fonolóxico 10. Polo tanto, [+cons] e [-cont] son trazos relacionados co mesmo PA-C en [l ] e en [d], exactamente igual que acontecía coas nasais. Como vemos en (1e, f), o abrandamento produciuse tamén, sen excepcións, cando os alófonos de /b d / ían precedidos dun segmento fricativo: [s b] > [s ], [s d] > [s ] e [s ] > [s ]. A importancia do proceso radica en que non se produciu unha simple asimilación dos valores dos trazos do segmento precedente ou dos segmentos 9 Isto é comprensible se nos decatamos de que, fóra dos segmentos róticos e dos laterais, non existen nas linguas do mundo segmentos orais que sexan [+cons, +soan], [-cont]. 10 Nótese tamén que, se consideraramos os segmentos laterais como [+cont], seguiriamos tendo unha distribución problemática. No grupo homorgánico [l d] teriamos que un segmento [+cont] seguido doutro [-cont], mentres que no caso dos heterorgánicos [l ] e [l ] teriamos dous segmentos [+cont] seguidos. Polo tanto, non se solucionaría ningún problema e cumpriría buscar unha solución que explicase esta alternancia e que, posiblemente, sería diferente da que encontrásemos para outros casos (compárese con [n d], por exemplo). En todo caso, pódese explorar a posibilidade.

circundantes... Se fose así, tralas fricativas deberiamos esperar fricativas, pero o que temos é aproximantes; porén, fricativas e aproximantes só comparten o trazo fonolóxico [cont], pero non comparten os valores de [cons] nin [soan], nin evidentemente, o trazo fonético de constrición [aproximante]. Polo tanto, desde un punto de vista fonolóxico, tralas fricativas produciuse un cambio de [+cons, -soan], [-cont] a [-cons, +soan], [+cont]. Como vemos, primeiro, os novos segmentos aproximantes non coinciden co fricativo situado á súa esquerda nos valores dos trazos de clase maior; segundo, os novos segmentos aproximantes son cuantitativamente máis distintos do segmento fricativo situado á esquerda cós vellos segmentos oclusivos, pois comparten menos trazos e ningún dos valores dos trazos de clase maior. Porén, os novos segmentos aproximantes comparten co segmento fricativo situado á súa esquerda o valor do trazo [cont]. Se houbo algún tipo de asimilación, foi o valor deste último trazo, que non é de clase maior. Cómpre sinalar que, salvo no caso do grupo [ ], en que ámbolos dous son [PA-C Cor, +ant, +distr, -estrid], [+cont], ningún dos fonos que se agrupan en (1e, f) comparten PA-C. Isto é prístino no casos de [s,, s, ], pero tamén é certo en [s ]: descritos en trazos fonéticos, o segmento [s ] é [apicoalveolar] e o segmento [ ] é [dentialveolar]; en trazos fonolóxicos, o fono [s ] é [PA-C Cor, +ant, -distr, +estrid], mentres que [ ] é [PA-C Cor, +ant, +distr, -estrid] 11. As consoantes oclusivas voceadas tamén se abrandaron a aproximantes tralos segmentos róticos, que en galego son, en principio, dous, [r] e [ ], aínda que parece que tamén existe un segmento aproximante apicoalveolar [ ] que alterna con [ ] 12. Xa dixen que os segmentos róticos [r] e [ ], que reciben as especificacións [+cons, +soan], [+voz], son moi conflitivos en canto á especificación do trazo [cont]. Do visto ata agora, a especificación deste trazo parece que resulta fundamental para aclarar a evolución dos alófonos de /b d /. Porén, cómpre indicar que, calquera que sexa a especificación para o trazo [cont], estes róticos non comparten PA-C con ningún dos alófonos de /b d /, o que a estas alturas xa está claro que tamén é moi importante para explicar o cambio e a distribución dos alófonos aproximantes de /b d /. Neste sentido, existe unha 11 Nótese que [s ] e [ ] tamén se diferencian no valor do trazo [estrid]; en todo caso, creo que é posible considerar [estrid] un modo de articulación subordinado ó PA-Cor e non un grao de constrición. De feito, algúns autores consideran que [estrid] non debe estar subordinado a ningún PA-C. 12 As descricións habituais sinalan que [r] e [ ] poden aparecer no ataque con valor distintivo, mentres que na coda só aparece [ ]; con todo, no uso real, calquera destes segmentos pode aparecer na coda, só que sen valor distintivo de ningún tipo; sexa como for, calquera destes segmentos provoca un alófono aproximante de /b d /.

distribución relacionada á que viamos cos segmentos vocálicos, fricativos e laterais: aparecen alófonos [-cons], [+cont] á dereita cando non se verifica unha pausa ou unha constrición [+cons], [-cont] homorgánica á esquerda. Coda. A explicación histórica destas alternancias debe atender a dúas cuestións: a) a relación estreita entre os trazos [+cons], [-cont] do segmento da esquerda (ou da pausa á esquerda de /b d /) e o valor compartido dos trazos de PA-C nos dous segmentos: [l d], [mb], [n d] e [ ] fronte a [s ], [s ], [s ], [ ], [l ], [l ], [a ], [a ] ou [a ] (véxase en Holt 2002 un tratamento desta cuestión); b) a relación entre [cont], [cons] e [soan], de modo que se explique por que o cambio no valor do trazo [cont] implicou tamén un cambio nos valores antigos [+cons, -soan]; nótese que en [ab] > [a ] os dous segmentos comparten [+cont] [-cons, +soan], pero que en [s ] só comparten [+cont], polo que o cambio de [+cons, -soan] a [-cons, +soan] non se pode atribuír a /s/. A falta de espazo non me permite afondar nestas cuestións nin ofrecer unha explicación xustificada, pero en todo caso quero sinalar que considero que o cambio non se debeu á asimilación do trazo [+cont], senón a unha lenición das oclusivas orais voceadas (véxanse en Hock 1991 as relacións entre lenición e asimilación); esta lenición produciuse en tódolos contextos posibles, pero só neles, pois as posicións de segmento tras pausa ou segmento tras outro segmento [+cons], [-cont] homorgánico non son de lenición, senón de fortalecemento. Esta lenición afectou principalmente ó valor dos trazos [cont] e [cons] e, como resultado, e quizais en virtude dunha restrición universal, ó valor do trazo [soan], pois non existen segmentos [-cons, -soan]; a lenición deixou inalterados os trazos distintivos PA-C e [+voz]. Todo isto parece indicar que a lenición foi guiada, dun lado, por unha tensión os principios de easy of articulation (os falantes queren transmitir significados co mínimo esforzo posible) e de sufficient perceptual separation (os oíntes queren entender o significado co menor esforzo posible; Ladefoged 1993: 267-268) e, por outro lado, unha serie de restricións universais na combinatoria e relacións que os trazos manteñen dentro dos segmentos e entre os segmentos. BIBLIOGRAFÍA Clements, G. N. e E. V. Hume (1995): The Internal Organization of Speech Sounds, en J. A. Goldsmith (ed.) The Handbook of Phonological Theory. Oxford: Blackwell, 245_306.

Dubert García, F. (1995): Algúns fenómenos fonéticos e fonolóxicos da fala de Santiago de Compostela, en R. Lorenzo e R. Álvarez (ed.) Homenaxe á profesora Pilar Vázquez Cuesta. Santiago de Compostela: USC, 133_155. [http://web.usc.es/~fgdubert] Dubert García, F. (2001): Reflexión crítica sobre os termos vocal e consoante e a súa aplicación á lingua galega, Verba 28, 59-79. [http://web.usc.es/~fgdubert] Freixeiro Mato, X. R. (1998): Gramática da lingua galega I. Fonética e fonoloxía, Vigo: A Nosa Terra. Durand, J. (1990): Generative and non-linear phonology. London/New York: Longman. Cito pola tradución esp. Fundamentos de fonología generativa y no lineal. Barcelona: Teide, 1992. Halle, M. (1992): Phonological features, en International Encycolpedia of Linguistics, Vol. 3. Oxford: Oxford University Press, 207-212. Hock, H. H. (1991): Principles of Historical Linguistics. Berlin: Mouton de Gruyter. Holt, E. (2002): The articulator group and liquid geometry: Implications for Spanish phonology present and past, en C. Wiltshire and J. Camps (eds.) Romance Phonology and Variation. Philadelphia/Amsterdam: John Benjamins, 85-99. Ladefoged, P. (1993): A Course in Phonetics. Fort Worth: Harcourt Brace College Publishers. Ladefoged, P.e I. Maddieson (1996): The Sounds of the World s Languages. Oxford: Blackwell. Martínez Celdrán, E. (2002): Introducción á fonética. Vigo: Galaxia. Regueira Fernández, X. L. (1996): Galician, Journal of the International Phonetic Association 26(2), 119_122. Vidal Figueiroa, T. (1993): Proposta descritiva das consoantes fricativas alveolodentais dos dialectos galegos, Cadernos de lingua 7, 5-26. Vidal Figueiroa, T. (1997): Estructuras fonéticas de tres dialectos de Vigo, Verba 24, 313_332. Veiga, A. (2002): Alófonos aproximantes de /b, d, / en galego?, Verba 30, 401-410.