CONCURSO PÚBLICO NÚMERO 8/2018

Similar documents
CONVOCATORIA DE BOLSAS PARA DEPORTISTAS DA SDC CURSO

Concello de Castroverde

Santiago de Compostela, 21 de setembro de 2016 Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde Sonia Martínez Arca Xerente

DOG Núm. 82 Luns, 29 de abril de 2013 Páx

-. Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local.

Cumpridos catro anos dende a constitución do Consello Galego das Mulleres procede pois o inicio do procedemento de renovación

Para tomar parte no citado concurso-oposición, será necesario reunir os seguintes REQUISITOS, (debendo presentar xustificante dos mesmos):

Concello de Meaño BASES DE SELECCIÓN PARA A CONTRATACIÓN DE SEIS MONITORES/AS DE TEMPO LIBRE PARA O CONCELLO DE MEAÑO 2018.

Síntesis da programación didáctica

Sede Electrónica Concello de Cangas

VIGOSÓNICO V C O N C U R S O V I D E O C L I P S Calquera proposta estética para o vídeo: cine, animación, cor, branco e negro,...

DOG Núm. 115 Luns, 19 de xuño de 2017 Páx

PRIMEIRA: OBXECTO, FINALIDADE E CONDICIÓNS

DOG Núm. 180 Xoves, 20 de setembro de 2012 Páx

Acceso web ó correo Exchange (OWA)

Concello de Baralla DENOMINACIÓN DA PRAZA/POSTO/EMPREGO: PERSOAL DE APOIO NO PAI. Concello de Baralla

Expediente: 5193/2017

GUÍA DE MIGRACIÓN DE CURSOS PARA PLATEGA2. Realización da copia de seguridade e restauración.

BOP BOLETÍN OFICIAL DA PROVINCIA DA CORUÑA BOLETÍN OFICIAL DE LA PROVINCIA DE A CORUÑA

Nas presentes bases e tamén nos anexos I, II e IIII detállanse os requisitos específicos que deben reunir as persoas solicitantes.

NORMATIVA ACADÉMICA PARA O ALUMNADO DE INTERCAMBIO DA ESCOLA UNIVERSITARIA DE ESTUDOS EMPRESARIAIS (EUEE) UNIVERSIDADE DE VIGO

REUNIÓN CONVOCATORIAS SUBVENCIÓNS 2018 SECCIÓN DE SERVIZOS SOCIAIS SERVIZO DE ACCIÓN SOCIAL, CULTURAL E DEPORTES

DOG Núm. 34 Venres, 16 de febreiro de 2018 Páx

Praza do Concello, nº Vimianzo (A Coruña) Tel Fax

As características das prazas a cubrir cos integrantes da bolsa son:

CUESTIÓNS XERAIS A AMBOS PROCEDEMENTOS

Asociación de Desenvolvemento Rural Ancares-Courel CONTRATACIÓN DO EQUIPO XESTOR GDR-5 TÉCNICOS/AS

O SOFTWARE LIBRE NAS ENTIDADES DE GALIZA

AXUDAS PARA O PLAN MADRUGA 2017

CONCELLO DE PONTEDEUME (A CORUÑA) ENDEREZO LOCALIDADE PROVINCIA C.P. Nº SS.SS TELÉFONO DE CONTACTO

R/Ponzos s/n Ferrol A Coruña Telf Fax

DOG Núm. 249 Xoves, 31 de decembro de 2015 Páx

Consellería de Sanidade

COMO XOGAR A KAHOOT Se vas xogar por primeira vez, recomendámosche que leas este documento QUE É KAHOOT?

CONCELLO DA TEIXEIRA (OURENSE)

LEI 18/2011, DO 5 DE XULLO, REGULADORA DO USO DAS TECNOLOXÍAS DA INFORMACIÓN E DA COMUNICACIÓN NA ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

(Modificado o art. 10 por acordo do Consello de Goberno do 24 de xullo de 2014)

Vicerreitoría de Investigación e Transferencia

Bases do Concurso Logo ANPA Vila do Arenteiro BASES DO CONCURSO. 1. OBXECTO e TEMATICA DO CONCURSO 2. TIPO DE CONCURSO

RECIBO DE PRESENTACIÓN NO REXISTRO ELECTRÓNICO DA XUNTA DE GALICIA

Para xeral coñecemento, de acordo co disposto no artigo 38 da citada norma, faise necesaria a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO

Facultade de Fisioterapia

DOG Núm. 249 Venres, 30 de decembro de 2016 Páx

Fondo de Acción Social. Manual do Usuario de presentación de solicitudes do FAS

CONCELLOS CERVANTES. Anuncio

BASES DO PROCESO DE SELECCIÓN DO ALUMNADO-TRABALLADOR PARTICIPANTES NO OBRADOIRO DE EMPREGO VISTA REAL IV ( VILANOVA DE AROUSA )

DOG Núm. 92 Luns, 15 de maio de 2017 Páx

MEMORIA COMITÉS DE ÉTICA DA INVESTIGACIÓN DE GALICIA PERÍODO

DOG Núm. 115 Xoves, 16 de xuño de 2011 Páx

ÓRGANO: SECRETARIA XERAL TÉCNICA E DO PATRIMONIO

Orzamentos Xerais do Estado para 2016: Novidades en materia de Seguridade Social que xestionan as mutuas

ORDENANZA MUNICIPAL DE TRAMITACIÓN DE ACTIVIDADES

CONVOCATORIA E BASES REGULADORAS DAS SUBVENCIÓNS PARA O FOMENTO DO ASOCIACIONISMO E PARTICIPACIÓN CIDADÁ, ANO 2011

BASES REGULADORAS DA CONVOCATORIA DE AXUDAS DE GASTOS FARMACÉUTICOS 2016/2017

ADSCRICIÓN FUNCIONAL E HORARIO DO PROFESORADO NOS CENTROS DE INFANTIL E PRIMARIA

12352 LEI 11/2007, do 22 de xuño, de acceso electrónico dos cidadáns aos servizos públicos. («BOE» 150, do )

Manual de usuario CENDES. Centro de descargas da Xunta de Galicia

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO

Proposta de resolución provisional

PARTE I. VIVALDI: Concierto en MI M. op. 3 n.12

Silencio! Estase a calcular

CONTROL DE VERSIÓNS E DISTRIBUCIÓN

BLOQUE 0: O PARLAMENTO DE GALICIA, ORGANIZACIÓN E FUNCIONAMENTO. IGUALDADE.

Narrador e Narradora Narrador Narradora Narrador

2- Quen dos seguintes non teñen a condición de interesados?

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO

Universida JiSo. i*-- _rt,-f-,i.j'*i=_ i. i f l';':irif sé* *E: *c* - ñegii';i,=* i. i.**_.*-- i :: i' :, : Írft:: i-itr ::ñi:::fifil*,f?!:.,11!

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ANUNCIO. Bases do Concurso de ideas para o deseño do logotipo conmemorativo do 800 aniversario do traslado de Betanzos

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO

Ordenanzas fiscais Páxina 1

Lei 7/1998, do 30 de decembro, de medidas tributarias, de réxime orzamentario, función pública e xestión

CONSELLO DE GOBERNO Reunión do 27 de decembro de 2006 Resumo da reunión elaborada pola Secretaría Xeral

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

Rede CeMIT Cursos Gratuítos de Alfabetización Dixital NOVEMBRO Aula CeMIT de Cuntis

Ordenanzas fiscais Páxina 1

Manual de usuario do módulo de control horario do sistema OPAX

CURSO UNIVERSITARIO CON APROBACIÓN PROVISONAL DE HOMOLOGACIÓN POR PARTE DA CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E O.U.

CIRCULAR 16/2017 (modificada)

Lei 5/1994, do 29 de novembro, de creación do ente público Portos de Galicia

REGULAMENTO DO CONSELLO MUNICIPAL DE INFANCIA E ADOLESCENCIA DO CONCELLO DE REDONDELA

MISION COMERCIAL A TURQUÍA 3 8 XUÑO 2018 IG

BOP BOLETÍN OFICIAL DA PROVINCIA DA CORUÑA BOLETÍN OFICIAL DE LA PROVINCIA DE A CORUÑA

O Software Libre nas Empresas de Galicia

ANEXO XIII MODELO DE PROGRAMACIÓN DE MÓDULOS PROFESIONAIS

ÁMBITO DE COMUNICACIÓN Lengua extranjera: Inglés

NORMAS DE ORGANIZACIÓN E FUNCIONAMENTO DA CONVIVENCIA NO CENTRO.

ESTATUTOS DA ASOCIACIÓN PEDAGÓXICA NOVA ESCOLA GALEGA

Ferrolterra Emprende co obxecto de recoñecer e premiar a labor dos

Anexo IV: Xestionar o currículum da etapa:

GUÍA PARA PERSOAS CANDIDATAS PROBAS DE CERTIFICACIÓN DE NIVEL BÁSICO (A2) ESCOLAS OFICIAIS DE IDIOMAS GALICIA

DOG Núm. 72 Venres, 15 de abril de 2016 Páx

1. Natureza do servizo de axuda no Fogar (SAF) e descrición

CONCELLO DE MESIA (A CORUÑA)

Grao en Química. 2 0 Curso QUIMICA INORGÁNICA III. Guía Docente

Corresponderá ó Tribunal Económico-Administrativo Municipal o exercicio das seguintes funcións:

PROGRAMA FORMATIVO DA ESPECIALIDADE FORMATIVA TÉCNICAS DE MARKETING ON LINE, BUSCADORES, SOCIAL MEDIA E MÓBIL COMM049PO

Carlos Servando MEMORIAL SALVAMENTO DEPORTIVO. 10 de outubro as 16:00. Piscina Carballo Calero Carballo. Organiza

Conservatorio Profesional de Música de Vigo. Programación OPTATIVA DE MÚSICA MODERNA (historia do rock&roll)

Transcription:

CONCURSO PÚBLICO NÚMERO 8/2018 RESOLUCIÓN 8/2018, DA UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA, POLA QUE SE CONVOCA CONCURSO PUBLICO DE MÉRITOS, PARA A CONTRATACIÓN DE PERSOAL QUE ESPECIFICAMENTE COLABORE NAS ACTIVIDADES E PROXECTOS DE INVESTIGACIÓN QUE FIGURAN NO ANEXO DESTA RESOLUCIÓN. A Universidade de Santiago de Compostela convoca Concurso Público de méritos Nº 8, polo procedemento de urxencia, para contratar persoal que especificamente colabore nas actividades e proxectos de investigación que figuran no anexo desta Resolución Reitoral, de acordo coas seguintes bases. 1.-OBXECTO BASES DA CONVOCATORIA O obxecto da presente convocatoria é a contratación de persoal para colaborar nas actividades e proxectos de investigación que figuran no anexo da presente convocatoria. O persoal contratado colaborará e traballará especifica e unicamente na actividade ou proxecto de investigación para o que é contratado, que é de carácter finalista e en todo caso non estrutural, mediante o financiamento externo a través da participación en convocatorias públicas ou privadas, subscrición de convenios, concesión de subvencións, etc. A forma de provisión será a de concurso de méritos, a través da valoración dos criterios de baremación establecidos para cada praza. 2.-REQUISITOS DOS CANDIDATOS Para seren admitidos os aspirantes, ademais de cumprir os requisitos específicos esixidos na actividade ou proxecto de investigación para a que realicen a súa solicitude e que figuran no anexo I desta convocatoria, deberán posuír no día de remate de presentación de solicitudes, agás o de estar matriculado nun programa de doutoramento, que deberá cumprilo no momento de asinar o contrato, e mantelos ata a data de finalización do contrato, os seguintes requisitos de carácter xeral: Ser español ou nacional dalgún dos demais estados membros da Unión Europea ou nacional dalgún estado, ao que, en virtude de tratados internacionais celebrados pola Unión Europea e ratificados por España, lles sexa de aplicación a libre circulación de traballadores. Tamén poderán participar, calquera que sexa a súa nacionalidade, o cónxuxe dos españois e dos nacionais dalgún dos demais estados membros da Unión Europea, e cando así o prevea o correspondente tratado, ou dos nacionais dalgún estado ao cal en virtude dos tratados internacionais CSV: 62D0-A1E0-4EAE-B051 1 / 13

celebrados pola Unión Europea e ratificados por España lles sexa de aplicación a libre circulación de traballadores, sempre que non estean separados de dereito. Así mesmo, coas mesmas condicións, poderán participar os seus descendentes e os do seu cónxuxe, menores de vinte e un anos ou maiores da dita idade que vivan ás súas expensas. Así mesmo poderán participar os nacionais de países non membros da Unión Europea ou que non estean incluídos no ámbito de aplicación dos tratados internacionais celebrados pola Unión Europea e ratificados por España nos que sexa de aplicación a libre circulación de traballadores. Non obstante a formalización do contrato laboral con estes nacionais queda condicionada a que os aspirantes teñan concedida a excepción ou permiso de traballo e residencia legal en España. Ter cumpridos os 16 anos. Estar en posesión da titulación/s valida/s en España que se indique/n no anexo I da convocatoria. Non padecer enfermidade nin estar afectado por limitación física ou psíquica que sexa incompatible co desempeño das correspondentes funcións. Non estar separado, mediante expediente disciplinario do servizo de calquera das administracións públicas nin estar inhabilitado para o desempeño das funcións públicas. Ser estudante matriculado na USC durante o curso 2018-2019 nalgún dos seguintes programas: Doutoramento en Estatística e Investigación Operativa Doutoramento en Matemáticas Doutoramento en Métodos Matemáticos e Simulación Númerica en Enxeñería e Ciencias Aplicadas Ademais deberá ter unha nota de expediente non inferior a 7 puntos sobre 10 calculada de acordo ao establecido no anexo III. 3.-PROCEDEMENTO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES A presentación das solicitudes realizarase unicamente por medios electrónicos a través dos formularios normalizados dispoñibles na sede electrónica da Universidade de Santiago de Compostela, (https://sede.usc.es/formularios/solicitudes/contratacion.htm). Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Universidade de Santiago de Compostela https://sede.usc.es/sede/publica/informacion/aspectostecnicos.htm. A documentación complementaria presentarase electrónicamente utilizando calquera procedemento de copia dixitalizada do documento orixinal. Neste caso, as copias dixitalizadas garantirán a fidelidade co orixinal baixo a responsabilidade da persoa solicitante. O prazo de presentación de solicitudes será de DEZ (10) días naturais contados a partir do seguinte ao da publicación desta convocatoria. A solicitude irá asinada polo interesado. 4.-DOCUMENTACIÓN As solicitudes deberán ir acompañadas da documentación que se indica, que deberá ser presentada a través da Sede Electrónica : 4.1.- Documento en formato pdf do curriculo vitae, destacando os méritos que se establecen como criterios de valoración e que figuran no Anexo I. (Ademáis do CV, deberán anexarse en Documentación adicional o proxecto e a aceptación) 4.2.- Documento en formato pdf do proxecto de investigación das actividades a realizar durante o contrato. Este proxecto debe estar asinado polo solicitante e ter a aceptación asinada do titor da actividade. A lonxitude máxima será de dúas páxinas en Din A4 con letra a tamaño 12. Ditas actividades deben CSV: 62D0-A1E0-4EAE-B051 2 / 13

formar parte das liñas de investigación descritas no Anexo III. A titorización deberá ser levada a cabo por un doutor, con adicación a tempo completo á USC, e cuxa vinculación coa USC non remate antes da finalización prevista do contrato de investigación. Cada actividade só poderá ter un titor e cada titor só poderá titorizar unha actividade. 4.3.- Documento en formato pdf da aceptación por parte do coordinador do grupo de investigación, do que o titor forma parte, e no que se desenvolvería a actividade, segundo o modelo indicado no Anexo IV. 4.2.- Declaración responsable na que o interesado manifesta baixo a súa responsabilidade que cumpre os requisitos e que ode acreditalos na data fin de presentacion de solicitudes (non anexar, está incluida no formulario de solicitude). A Universidade poderá requirir a exhibición dos documentos orixinais xustificativos dos méritos e requisitos, segundo o disposto nos artigos 35.2 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso electrónico dos cidadáns aos servizos públicos, e 22.3 do Decreto 198/2010, do 2 de decembro, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes. A inexactitude, falsidade ou omisión de carácter esencial, de calquera dato ou información na declaración así como a non presentación da documentación cando lle sexa requirida, determinará a non selección e/ou a non formalización do contrato de traballo, sen prexuízo das responsabilidades penais, civís ou administrativas aquel houbera lugar. 5.-ADMISIÓN DE ASPIRANTES Rematado o prazo de presentación de solicitudes, o reitor da USC ditará resolución, declarando aprobada a listaxe provisional de admitidos e excluídos, que poderá consultar no taboleiro electrónico da USC https://sede.usc.es/sede/publica/taboleiro/anunciostema/0/40/listaxe.htm, con indicación neste último caso da causa/s de exclusión. Os aspirantes excluídos, disporán dun prazo de CINCO (5) días naturais, contados a partir do seguinte ao da publicación da citada resolución, para poder emendar os defectos ou acompañar os documentos que que motivaron a súa exclusión. A subsanación farase UNICAMENTE a través da sede electrónica da Universidade de Santiago de Santiago de Compostela. Os aspirantes que, dentro do prazo sinalado, non emenden a exclusión ou aleguen a omisión, xustificando o dereito a seren incluídos na relación de admitidos, serán definitivamente excluídos. Esta listaxe poderase consultar no taboleiro electrónico da USC https://sede.usc.es/sede/publica/taboleiro/anunciostema/0/40/- listaxe.htm. Contra a exclusión definitiva poderase interpoñer recurso potestativo de reposición, no prazo dun mes, ante o Reitor, ou ben recurso contencioso administrativo no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ao da publicación da mesma, perante o xulgado contencioso-administrativo de Santiago de Compostela. O feito de figurar na listaxe de admitidos non prexulga que se lles recoñeza ás persoas interesadas a posesión dos requisitos esixidos, que terán que acreditarse no seu momento. 6.-COMISIÓN DE SELECCIÓN CSV: 62D0-A1E0-4EAE-B051 3 / 13

A selección dos candidatos farase salvagardando os principios constitucionais de igualdade, mérito e capacidade. A Comisión de selección encargada de resolver esta convocatoria estará composta por: Presidente/a: O Director do IMAT. Secretario/a: Vogais: A Decana da facultade de matemáticas ou persoa na que delegue. Os/As Coordinadores/as (ou persoas nas que deleguen) dos cursos de doutoramento en Estatística e Investigación Operativa, Matemáticas, Métodos Matemáticos e Simulación Numérica en Enxeñaría e Ciencias Aplicadas. Os membros da comisión deberán de absterse de intervir, notificándollo ao reitor da Universidade, cando concorran neles circunstancias previstas no artigo 23 da Lei 40/2015 do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público, ou se realizasen tarefas de preparación de aspirantes a probas selectivas nos cinco anos anteriores á publicación deste proceso selectivo. Así mesmo os aspirantes poderán recusar aos membros da comisión cando concorran algunha das circunstancias antes citadas. Logo da convocatoria do presidente, constituirase a comisión, coa asistencia, como mínimo, do presidente, secretario e un dos restantes membros. Na dita sesión, a comisión acordará todas as decisións que lle correspondan para o correcto desenvolvemento do proceso. A partir da súa constitución a comisión, para actuar validamente, requirirá a presenza, como mínimo, do presidente, secretario e un dos restantes membros. A comisión resolverá todas as dúbidas que puidesen xurdir na aplicación destas normas así como o que se deberá facer nos casos non previstos. 7.-PROCEDEMENTO DE SELECCIÓN A selección dos candidatos farase en dúas fases atendendo ao seguinte procedemento: FASE I A Comisión de selección, á vista das solicitudes, currículos e proxectos de investigación presentados, así como dos criterios de baremación publicados, elaborará un informe razoado, no que avaliará e priorizará as solicitudes presentadas. Soamente poderán ser considerados aqueles méritos obtidos ata a data en que finalice o prazo de presentación de solicitudes. FASE II II.-A comisión de selección, elaborará a proposta de adxudicación, que elevará ao reitor. Asemade tamén fará unha proposta de lista de agarda para cada praza. III.-A Comisión de selección en caso de evidenciarse a inadecuación dos méritos dos aspirantes ao perfil obxecto da convocatoria poderá declarar motivadamente a non adxudicación do posto convocado. CSV: 62D0-A1E0-4EAE-B051 4 / 13

IV.-Publicarase unha resolución de adxudicación, que se poderá consultar no taboleiro electrónico da USC https://sede.usc.es/sede/publica/taboleiro/anunciostema/0/40/listaxe.htm. 8.-CARACTERÍSTICAS DOS CONTRATOS O persoal contratado a través desta convocatoria adicarase en exclusividade á realización das actividades propias do proxecto/actividade de investigación que orixinase a convocatoria, polo que a duración da contratación está vinculada directamente á propia vida do proxecto/actividade específica así como á existencia de financiación concreta derivada do mesmo. Os contratos terán carácter laboral temporal e realizaranse preferentemente baixo a modalidade de contrato de obra ou servizo determinado/ para a realización dun proxecto específico de investigación, ou de acordo co que se dispoña no anexo do contrato convocado, baixo calquera das modalidades contractuais temporais ou formativas previstas na lexislación laboral vixente. A retribución bruta dos contratos é a especificada, para cada caso concreto, no anexo da convocatoria. O contrato implicará ademais a alta no Réxime Xeral da Seguridade Social. Os importes contemplados poderán sufrir as variacións que establezan as normas que lles sexan de aplicación ou por causas sobreviñidas non previstas inicialmente. 9.-NATUREZA DOS CONTRATOS A contratación non implica ningún compromiso en canto á posterior incorporación ao cadro de persoal da Universidade de Santiago de Compostela. 10.-RESPONSABILIDADES SUBSIDIARIAS As persoas contratadas deberán manter a confidencialidade da actividade que realicen, así como gardar sixilo de todas as cuestións e asuntos inherentes á mesma e das que sexa coñecedor. 11.-INCOMPATIBILIDADES Os contratos obxecto da convocatoria quedan sometidos, en canto ao seu réxime de incompatibilidades, ao previsto na Lei 53/1984, de 26 de decembro, de incompatibilidades do Persoal ao Servizo das Administracións Públicas. 12.-CRITERIOS DE BAREMACIÓN Os criterios de baremación que se terán en conta serán os que figuran, para cada contrato en concreto, no Anexo II desta convocatoria. 13-NOTIFICACIÓN AOS ASPIRANTES De acordo co artigo 45.1.b) da Lei 39/2015, de 1 de outubro do procedemento administrativo común das administracións públicas, as publicacións detalladas nestas bases, así como a información doutros actos que dela se deriven, que requiran publicación, a efectos de notificación realizaranse o taboleiro CSV: 62D0-A1E0-4EAE-B051 5 / 13

electrónico da USC (https://sede.usc.es/sede/publica/taboleiro/anunciostema/0/40/listaxe.htm), única notificación válida, a efectos do artigo antes mencionado. Contra a presente resolución, que esgota a vía administrativa, poderá interpoñerse recurso contenciosoadministrativo perante o xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela/Lugo no prazo de dous meses a contar desde o día seguinte a súa r e c e p c i ó n, de conformidade cos artigos 46 e 8.2 a) da Lei da Xurisdición contencioso- administrativa, aprobada por Lei 29/1998, do 13 de xullo. Non obstante os interesados poderán interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes perante o órgano que o ditou. Neste caso non se poderá interpoñer recurso contencioso- administrativo anteriormente indicado en tanto non recaia resolución expresa ou presunta do recurso administrativo de reposición, ó abeiro dos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro do procedemento administrativo común das administracións públicas. Santiago de Compostela, 6 de xullo de 2018 Por delegación do Reitor (Resolución do 22/09/2015, DOG 05/10/2015) O Vicerreitor de Investigación e Innovación Vicente Pérez Muñuzuri (documento asinado dixitalmente) CSV: 62D0-A1E0-4EAE-B051 6 / 13

ANEXO I Denominación Centro de Traballo Investigador principal REFERENCIA DA PRAZA: 2017-AD005 DATOS DA ACTIVIDADE/PROXECTO DE INVESTIGACIÓN PARA O QUE PRESTARÁ SERVIZOS PROGRAMA DE INICIACION Á INVESTIGACION NAS CIENCIAS MATEMATICAS E AS SUAS APLICACIÓNS Instituto de Matemáticas Alberto Cabada Fernández CARACTERÍSTICAS DO/S CONTRATOS Número de prazas 6 Traballo a realizar Funcións a realizar Retribución bruta mensual 511 Duración do contrato* 15-10-2018 ata 30-06-2019 Data de inicio prevista** Xornada laboral Categoría laboral Traballar nalgunha das liñas de investigación que se recollen no Anexo III da convocatoria Traballar nas liñas de investigación dentro do grupo de investigación, Formarse nas técnicas propias da área, Asistir ás distintas actividades de formación ofertadas dende o IMAT A partir do día seguinte á data da resolución reitoral de selección De luns a xoves de 10-14 horas (16 h. semanais) Investigador en Formación REQUISITOS E MERITOS DOS CANDIDATOS TITULACIÓN REQUIRIDA Ter o título de Licenciado/Grao e estar matriculado na USC durante o curso 2018-2019 nalgún dos seguintes programas: Doutoramento en Estatística e Investigación Operativa Doutoramento en Matemáticas Doutoramento en Métodos Matemáticos e Simulación Numérica en Enxeñaría e Ciencias Aplicadas Ademáis deberá ter unha nota de expediente non inferior a 7 puntos sobre 10 calculada dacordo ó establecido no Anexo III MERITOS A VALORAR Ítems Concepto do Ítem Puntos Ítem nº 1 Valoración da memoria de investigación 25 Ítem nº 2 Expediente académico 50 Ítem nº 3 Outros méritos (segundo se detalla no anexo II) 25 *A duración do contrato pode sufrir modificación en función da data de resolución de adxudicación do contrato e/ou da duración da actividade/proxecto de investigación. ** A data de inicio prevista pode sufrir modificacións en función da data de resolución de adxudicación do contrato. CSV: 62D0-A1E0-4EAE-B051 7 / 13

ANEXO II A valoración, tanto do expediente académico como de cada actividade, farase en relación coa súa proximidade ás Matemáticas. -Valoración memoria: 0-25 puntos Terase en conta a súa novidade e adecuación ás liñas de investigación propostas no Anexo II, así como a súa verosimilitude. -Expediente académico: 0-50 puntos Computarase o resultado de multiplicar por 5 a nota media do expediente académico. A nota media coa que se concorre a esta convocatoria, realizarase de acordo coa seguinte formula: Onde: (X*C1 + M*C2) / (C1 + C2) X: Nota media obtida no grao ou licenciatura. M : Nota media obtida no mestrado ou equivalente. C1: Créditos superados no grao ou licenciatura. C2: Créditos superados no mestrado ou equivalente. A nota media do expediente académico para estudos cursados no estranxeiro debe calcularse de acordo co disposto nas Resolucións do 20 de xuño e do 21 de xullo de 2016 da Dirección Xeral de Política Universitaria do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte: http://www.mecd.gob.es/servicios-al-ciudadano-mecd/catalogo/general/educacion/203615/ficha.html. A persoa candidata terá que tramitar a declaración de equivalencia da nota media de acordo con este procedemento e achegarlla, á universidade na que está matriculada no programa de doutoramento, para o cálculo da nota coa que se concorre á convocatoria. A verificación da declaración de equivalencia correspóndelle á universidade, que deberá revisar que os datos consignados nela coinciden cos do certificado presentado para darlle validez a ésta, polo que só será válida se está acompañada do certificado académico oficial orixinal, ou fotocopia compulsada e, no seu caso, da tradución correspondente. En todos os casos a nota coa que se concorre á convocatoria ten que estar adecuada ao Real decreto 1125/2003, do 5 de setembro, e tendo en conta os criterios sinalados no Protocolo de colaboración subscrito entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e as tres universidades galegas para a valoración de expedientes académicos. -Valoración de outros méritos: 0-25 puntos. CSV: 62D0-A1E0-4EAE-B051 8 / 13

Bolsas Colaboración: 1,25 puntos. Participación en programas de mobilidade: 0,75 puntos por curso completo e 0,375 puntos por cuadrimestre. Realización de prácticas en empresas: ata 0,75 puntos por práctica en función da súa duración. Programa de titores: ata 0,75 puntos por programa. Programas de voluntariado: ata 0,75 puntos por programa. Premio extraordinario de grao: 2,25 puntos. Premio extraordinario de mestrado: 2,25 puntos. Coñecemento de idiomas: B1 (distinto do usado para titular no grao): 0,75 puntos. B2: 1,25 puntos. C1: 1,75 puntos. C2: 2,25 puntos. Estadías en centros de investigación: ata 0,75 puntos por mes. Participación en congresos: ata 0,75 puntos por comunicación en congreso nacional e ata 1,5 puntos por comunicación en congreso internacional. Participación en proxectos de investigación como investigador: 1,25 puntos por proxecto/ano. Participación en proxectos de investigación como membro do grupo de traballo: 0,75 puntos por proxecto/ano. Bolseiro ou contratado con cargo a proxectos de investigación ou convenio con empresa: 1,25 puntos por proxecto-convenio/ano Publicacións: Non JCR : Ata 0,5 puntos Q4: Ata 1,25 puntos Q3: Ata 2,5 puntos Q2: Ata 3,75 puntos Q1: Ata 5 puntos Experiencia Laboral (agás os contratos da convocatoria N 13/207 da USC): ata 0, 75 puntos por mes. A asistencia presencial a cursos ou seminarios: ata nº de horas x 1/200. CSV: 62D0-A1E0-4EAE-B051 9 / 13

Outros méritos: ata 5 puntos. Caso de que algún aspirante supere a nota máxima no apartado de outros méritos, asignarase a maior puntuación nese apartado ó aspirante con maior puntuación e normalizarase a nota do resto de aspirantes de acordo coa seguinte fórmula: Onde: X=N1 * 25/NC NC: Nota máxima obtida por algún candidato nese apartado N1: Nota obtida polo aspirante antes de normalizar X: Nota que contabiliza nese apartado CSV: 62D0-A1E0-4EAE-B051 10 / 13

ANEXO III Liñas de investigación nas que se deben enmarcar os proxectos de investigación: -Metodoloxía estatística sobre obxectos. -Métodos matemáticos en astronomía. -Modelización matemática e simulación numérica. -Técnicas alxébricas, topolóxicas e computacionais. -Xeometría Riemanniana e teoría de foliacións. -Xestión eficiente de recursos: optimización matemática e asignación de costes CSV: 62D0-A1E0-4EAE-B051 11 / 13

ANEXO IV ACEPTACIÓN DO COORDINADOR DO GRUPO DE INVESTIGACIÓN NO QUE SE DESENVOLVERÍA A ACTIVIDADE DATOS DO COORDINADOR Primeiro apelido: Segundo apelido: Nome: NIF/Núm. Pasaporte Teléfono: e-mail: GRUPO DE INVESTIGACIÓN DO QUE É COORDINADOR NOME: PRIMEIRO APELIDO: SEGUNDO APELIDO: NIF: DOU A MIÑA CONFORMIDADE A QUE persoa candidata para ser destinataria dun contrato ao abeiro da convocatoria de contratos predoutoráis de investigación en matemáticas 2018-2020, se integre neste grupo de investigación no caso de resultar seleccionada., de de 2018 Sinatura SR. DIRECTOR DO IMAT CSV: 62D0-A1E0-4EAE-B051 12 / 13

Sinatura dixital / Firma digital / Digital signature Asinante/Firmante/Signer: VICENTE PEREZ MUÑUZURI, NIF 33267295A, 06/07/2018 14:00:50. CSV: 62D0-A1E0-4EAE-B051 CSV: 62D0-A1E0-4EAE-B051 13 / 13