ADSCRICIÓN FUNCIONAL E HORARIO DO PROFESORADO NOS CENTROS DE INFANTIL E PRIMARIA

Similar documents
Síntesis da programación didáctica

DOG Núm. 115 Luns, 19 de xuño de 2017 Páx

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

R/Ponzos s/n Ferrol A Coruña Telf Fax

COMO XOGAR A KAHOOT Se vas xogar por primeira vez, recomendámosche que leas este documento QUE É KAHOOT?

O SOFTWARE LIBRE NAS ENTIDADES DE GALIZA

Acceso web ó correo Exchange (OWA)

VIGOSÓNICO V C O N C U R S O V I D E O C L I P S Calquera proposta estética para o vídeo: cine, animación, cor, branco e negro,...

PROTOCOLO DO COMEDOR ESCOLAR DO C.E.I.P. DE ARZÚA INTRODUCCIÓN Este protocolo é parte integrante do regulamento orgánico do centro escolar e de

GUÍA DE MIGRACIÓN DE CURSOS PARA PLATEGA2. Realización da copia de seguridade e restauración.

Concello de Baralla DENOMINACIÓN DA PRAZA/POSTO/EMPREGO: PERSOAL DE APOIO NO PAI. Concello de Baralla

NORMAS DE ORGANIZACIÓN E FUNCIONAMENTO DA CONVIVENCIA NO CENTRO.

REUNIÓN CONVOCATORIAS SUBVENCIÓNS 2018 SECCIÓN DE SERVIZOS SOCIAIS SERVIZO DE ACCIÓN SOCIAL, CULTURAL E DEPORTES

DOG Núm. 34 Venres, 16 de febreiro de 2018 Páx

DOG Núm. 82 Luns, 29 de abril de 2013 Páx

Orzamentos Xerais do Estado para 2016: Novidades en materia de Seguridade Social que xestionan as mutuas

PROXECTO EDUCATIVO C.P.I. PECALAMA TORDOIA

GUÍA DO ALUMNADO EASD Ramón Falcón

Cumpridos catro anos dende a constitución do Consello Galego das Mulleres procede pois o inicio do procedemento de renovación

Conservatorio Profesional de Música de Vigo. Programación OPTATIVA DE MÚSICA MODERNA (historia do rock&roll)

Sede Electrónica Concello de Cangas

-. Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local.

CONCELLO DE PONTEDEUME (A CORUÑA) ENDEREZO LOCALIDADE PROVINCIA C.P. Nº SS.SS TELÉFONO DE CONTACTO

Manual de usuario do módulo de control horario do sistema OPAX

Primeira.- Facúltase a directora xeral da Familia para dicta-las resolucións que sexan necesarias para a execución e desenvolvemento desta orde.

CURSO UNIVERSITARIO CON APROBACIÓN PROVISONAL DE HOMOLOGACIÓN POR PARTE DA CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E O.U.

Concello de Meaño BASES DE SELECCIÓN PARA A CONTRATACIÓN DE SEIS MONITORES/AS DE TEMPO LIBRE PARA O CONCELLO DE MEAÑO 2018.

Santiago de Compostela, 21 de setembro de 2016 Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde Sonia Martínez Arca Xerente

DOG Núm. 180 Xoves, 20 de setembro de 2012 Páx

Expediente: 5193/2017

NORMATIVA ACADÉMICA PARA O ALUMNADO DE INTERCAMBIO DA ESCOLA UNIVERSITARIA DE ESTUDOS EMPRESARIAIS (EUEE) UNIVERSIDADE DE VIGO

(Modificado o art. 10 por acordo do Consello de Goberno do 24 de xullo de 2014)

BASES DO PROCESO DE SELECCIÓN DO ALUMNADO-TRABALLADOR PARTICIPANTES NO OBRADOIRO DE EMPREGO VISTA REAL IV ( VILANOVA DE AROUSA )

Para tomar parte no citado concurso-oposición, será necesario reunir os seguintes REQUISITOS, (debendo presentar xustificante dos mesmos):

As características das prazas a cubrir cos integrantes da bolsa son:

DOG Núm. 249 Xoves, 31 de decembro de 2015 Páx

CONCURSO PÚBLICO NÚMERO 8/2018

CENTRAL DE CARÁCTER CONSULTIVO ELECCIÓNS

Silencio! Estase a calcular

MEMORIA COMITÉS DE ÉTICA DA INVESTIGACIÓN DE GALICIA PERÍODO

ORDENANZA FISCAL Nº 11: REGULADORA DA TAXA POLO USO DE RECINTOS E INFRAESTRUTURAS DE CARÁCTER DEPORTIVO.

Consellería de Sanidade

Bases do Concurso Logo ANPA Vila do Arenteiro BASES DO CONCURSO. 1. OBXECTO e TEMATICA DO CONCURSO 2. TIPO DE CONCURSO

Para xeral coñecemento, de acordo co disposto no artigo 38 da citada norma, faise necesaria a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Segunda lingua estranxeira: inglés

Concello de Castroverde

BOP BOLETÍN OFICIAL DA PROVINCIA DA CORUÑA BOLETÍN OFICIAL DE LA PROVINCIA DE A CORUÑA

2.1. O PROXECTO LINGÜÍSTICO DE CENTRO

BOP BOLETÍN OFICIAL DA PROVINCIA DA CORUÑA BOLETÍN OFICIAL DE LA PROVINCIA DE A CORUÑA

Praza do Concello, nº Vimianzo (A Coruña) Tel Fax

CONCELLO DA TEIXEIRA (OURENSE)

Pz. Do Concello, nº2. Bertamiráns Telf: AMES (A Coruña) Fax:

DOG Núm. 115 Xoves, 16 de xuño de 2011 Páx

Facultade de Fisioterapia

Obradoiro sobre exelearning. Pilar Anta.

ÓRGANO: SECRETARIA XERAL TÉCNICA E DO PATRIMONIO

Grao en Química. 2 0 Curso QUIMICA INORGÁNICA III. Guía Docente

DITAME DO CONSELLO DA CULTURA GALEGA SOBRE AS BASES PARA A ELABORACIÓN DO DECRETO DO PLURILINGÜISMO NO ENSINO NON UNIVERSITARIO DE GALICIA

Lei 5/1994, do 29 de novembro, de creación do ente público Portos de Galicia

Asociación de Desenvolvemento Rural Ancares-Courel CONTRATACIÓN DO EQUIPO XESTOR GDR-5 TÉCNICOS/AS

AXUDAS PARA O PLAN MADRUGA 2017

CONVOCATORIA E BASES REGULADORAS DAS SUBVENCIÓNS PARA O FOMENTO DO ASOCIACIONISMO E PARTICIPACIÓN CIDADÁ, ANO 2011

1. Natureza do servizo de axuda no Fogar (SAF) e descrición

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO

PRIMEIRA: OBXECTO, FINALIDADE E CONDICIÓNS

NORMATIVA REGULADORA:

ANEXO XIII MODELO DE PROGRAMACIÓN DE MÓDULOS PROFESIONAIS

CUESTIÓNS XERAIS A AMBOS PROCEDEMENTOS

PARTE I. VIVALDI: Concierto en MI M. op. 3 n.12

LEI 18/2011, DO 5 DE XULLO, REGULADORA DO USO DAS TECNOLOXÍAS DA INFORMACIÓN E DA COMUNICACIÓN NA ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

Conservatorio Profesional de Música de Vigo. Programación de Viola

RECIBO DE PRESENTACIÓN NO REXISTRO ELECTRÓNICO DA XUNTA DE GALICIA

A CONVIVENCIA NO IES MONTECELO

Nas presentes bases e tamén nos anexos I, II e IIII detállanse os requisitos específicos que deben reunir as persoas solicitantes.

Conservatorio Profesional de Música de Vigo. Programación de Contrabaixo

CONCELLOS CERVANTES. Anuncio

Lei 7/1998, do 30 de decembro, de medidas tributarias, de réxime orzamentario, función pública e xestión

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO

GUÍA PARA PERSOAS CANDIDATAS PROBAS DE CERTIFICACIÓN DE NIVEL BÁSICO (A2) ESCOLAS OFICIAIS DE IDIOMAS GALICIA

REGULAMENTO DO CONSELLO MUNICIPAL DE INFANCIA E ADOLESCENCIA DO CONCELLO DE REDONDELA

persoal, familiar e laboral

DOG Núm. 92 Luns, 15 de maio de 2017 Páx

Grao en Química. 2 0 Curso QUIMICA INORGÁNICA III. Guía Docente

Ordenanzas fiscais Páxina 1

PAIOSACO A LARACHA CÓDIGO

MEMORIA DE AVALIACIÓN DA CALIDADE: INFORME DE RESULTADOS PROGRAMACIÓN: ACCIÓNS FORMATIVAS DIRIXIDAS PRIORITARIAMENTE ÁS PERSOAS TRABALLADORAS

CIRCULAR 16/2017 (modificada)

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

O Software Libre nas Empresas de Galicia

Conservatorio Profesional de Música de Vigo. Programación de Percusión

DOG Núm. 249 Venres, 30 de decembro de 2016 Páx

CONCELLO DE MESIA (A CORUÑA)

Narrador e Narradora Narrador Narradora Narrador

Rede CeMIT Cursos Gratuítos de Alfabetización Dixital NOVEMBRO Aula CeMIT de Cuntis

Ordenanzas fiscais Páxina 1

ESTATUTOS DA ASOCIACIÓN PEDAGÓXICA NOVA ESCOLA GALEGA

EDUCACIÓN DIXITAL INNOVADORA

Universida JiSo. i*-- _rt,-f-,i.j'*i=_ i. i f l';':irif sé* *E: *c* - ñegii';i,=* i. i.**_.*-- i :: i' :, : Írft:: i-itr ::ñi:::fifil*,f?!:.,11!

COORDINACIÓN DO GRAO EN DEREITO

12352 LEI 11/2007, do 22 de xuño, de acceso electrónico dos cidadáns aos servizos públicos. («BOE» 150, do )

Transcription:

ADSCRICIÓN FUNCIONAL E HORARIO DO PROFESORADO NOS CENTROS DE INFANTIL E PRIMARIA Incorpora a nova redacción dada polo apartado segundo da Orde do 28 de xuño de 2010 que modifica o CAPÍTULO V, punto 1 da Orde do 22 de xullo de 1997, pola que se regulan determinados aspectos de organización e funcionamento das escolas de educación infantil, dos colexios de educación primaria e dos colexios de educación infantil e primaria dependentes da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria. (DOG de 6 de xullo de 2010) 1. Adscrición funcional do profesorado no centro. 1.1. A dirección do centro, por proposta motivada da xefatura de estudos, se é o caso, no primeiro claustro do curso e unha vez oído este, asignaralle ciclo, curso e grupo de alumnado a cada un do persoal docente do centro. 1.2. A proposta da xefatura de estudos construirase sobre as premisas seguintes: 1) Correcto funcionamento do proxecto Abalar, das seccións bilingües e das áreas que se impartan en lingua estranxeira e outros proxectos establecidos ou que se establezan. 2) Prestarlle a mellor atención posible ás necesidades do alumnado do centro. 3) Rendibilizar ao máximo o capital humano dispoñible, actualizando o potencial creativo do grupo de persoal docente do colexio. 4) Consensualizar a proposta facilitando o contraste de pareceres e a concorrencia de capacidades e esforzos. 1.3. Os grupos nos que se estea a desenvolver o proxecto Abalar, as seccións bilingües e os que se impartan en lingua estranxeira en aplicación do establecido no Decreto 79/2010, do 20 de maio, para o plurilingüismo no ensino non universitario de Galicia, serán asignados ao persoal docente do 1

corpo de mestres que fose formado especificamente pola Administración educativa ou estea en posesión de titulación, experiencia ou formación adecuada. A prioridade na elección limítase aos grupos mencionados neste parágrafo e cando existan varias persoas que reúnan os requisitos seguirase a orde de prioridade establecida nos puntos e epígrafes seguintes. 1.4. Nos restantes grupos, no caso de non acadar o consenso do profesorado, a xefatura de estudos fará a proposta sobre os seguintes criterios: 1. Respectar, en todo caso, o posto e traballo e/ou a especialidade que cada persoal docente do corpo de mestres teña asignado pola súa adscrición ao centro. 2. Respectar o dereito de cada grupo de alumnos e alumnas a manter o mesmo titor durante todo o ciclo, incluíndo, o 2º ciclo da educación infantil. 3. Cumpridos os criterios anteriores, no suposto de que nun centro haxa varios mestres ou mestras aspirantes ao mesmo ciclo ou curso, a proposta de adscrición farase de acordo coa seguinte orde de prioridades: a) Maior antigüidade ininterrompida, con destino definitivo, no centro. b) Maior número de anos de servizos efectivos como persoal docente de carreira do corpo de mestres. c) Promoción de ingreso máis antiga. d) Maior puntuación obtida no procedemento selectivo de ingreso ao corpo. 1.5. Excepcionalmente, cando a xuízo do equipo directivo existisen razóns pedagóxicas suficientes para obviar o criterio de permanencia co mesmo grupo de alumnos no ciclo, ademais das previstas no punto 1.3, a dirección disporá a asignación do persoal docente afectado a outro ciclo, curso, área ou actividade docente, oído o persoal interesado e o claustro, e coa conformidade da inspección educativa. 1.6. Os centros realizarán os axustes horarios necesarios e terán en conta a estrutura física do centro para facilitar a sincronización nos cambios de clase e o menor desprazamento do profesorado. Cando as instalacións do centro o permitan, pode terse en conta a posibilidade de que as especialidades se impartan nunha dependencia determinada. 1.7. As direccións dos centros enviarán ao servizo de inspección, no prazo máximo de cinco días, copia da acta do claustro no que se realice a adscrición. 2

1.8. A aprobación provisional dos horarios do persoal docente corresponde á dirección do centro. O persoal interesado poderá reclamar ante a Inspección de educación no prazo de dez días naturais. A aprobación definitiva corresponde á Inspección de Educación. A Inspección educativa resolverá no prazo de 20 días a partir da recepción dos horarios e, se é o caso, proporá á xefatura territorial a adopción das medidas oportunas. Contra a resolución da Inspección educativa, o persoal docente do corpo de mestres poderá interpor recurso de alzada diante da xefatura territorial correspondente no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da adscrición. A resolución da xefatura territorial porá fin á vía administrativa. A interposición do recurso non paralizará a execución da resolución impugnada. 2. Horarios. A súa elaboración e aprobación. 2.1. Horario do profesorado. 2.1.1. A xornada semanal do persoal funcionario docente será a mesma cá do resto do funcionariado público, en aplicación do disposto na Orde do 1 de setembro de 1987 1 (DOG do 11), pola que se adapta a xornada de traballo dos funcionarios docentes que imparten ensinanzas básicas, medias, artísticas e de idiomas. 2.1.2. Das trinta e sete horas e media que constitúen a xornada laboral, todo o profesorado dedicará 30 horas semanais ás actividades do centro. Das ditas horas, 25 terán carácter lectivo, a razón de cinco horas diarias, de luns a venres. 2.1.3. As cinco horas non lectivas serán destinadas á realización de actividades tendentes á consecución dos obxectivos previstos na programación xeral anual do centro. En calquera caso, dentro deste horario, preferentemente de tarde, garantirase a realización das actividades seguintes: - Entrevistas con pais, nais ou titores. A esta función destinarase unha hora semanal da que terán adecuada información todas as familias. - Asistencia a reunións de equipos de ciclo ou de nivel. 1 Derrogada pola Orde de 23 de xuño de 2011 pola que se regula a xornada de traballo do persoal funcionario e laboral docentes 3

- Programación da actividade da aula e realización de actividades extraescolares e complementarias. - Asistencia a reunións de coordinación e seguimento co orientador do centro e/ou co profesorado de apoio ás necesidades educativas especiais. - Asistencia a reunións de claustro. - Asistencia, se é o caso, a reunións da comisión de coordinación pedagóxica, do consello escolar e ás comisións constituídas nel. - Actividades de perfeccionamento no posto de traballo ou do perfeccionamento incorporado ao posto de traballo e á investigación educativa. - Calquera outra actividade das establecidas na programación xeral anual. 2.1.4. Nos centros que funcionen en réxime de xornada continuada, as horas complementarias de obrigada permanencia no centro axustaranse ao establecido no proxecto pedagóxico presentado. 2.1.5. Con carácter xeral, as actividades previstas dentro das horas citadas desenvolveranse por todo o profesorado do centro, simultaneamente, co fin de conseguir a máxima coordinación. Nos centros que teñan xornada continuada o día común de presenza simultánea para todos eles será os martes. 2.1.6. O resto da xornada semanal (sete horas e media), de non obrigada permanencia no centro, destinarase ao perfeccionamento e á formación, á preparación de actividades docentes e á atención doutras actividades inherentes á función docente. 2.1.7. Os horarios dedicados a funcións directivas terán unha periodicidade fixa durante os días da semana. 2.1.8. Parte do horario de permanencia no centro destinado a actividades non lectivas poderá dedicarse a actividades de renovación pedagóxica, orientación a pais e nais, seminarios permanentes, proxectos de formación en centros e grupos de traballo, etc., podendo dedicarlle un máximo de dúas horas semanais do horario non lectivo. Estas actividades estarán supeditadas ás que o profesorado deberá desenvolver ineludiblemente no seu propio centro. 2.1.9. Ao profesorado que non cubra as vinte cinco horas lectivas, o director, oído o claustro, poderá asignarlle tarefas relacionadas con: 4

- Atención á diversidade, a alumnos con dificultades de aprendizaxe ou con necesidades educativas especiais. - Impartición de áreas dalgunha das especialidades para as que estea habilitado noutros ciclos ou dentro do seu mesmo ciclo, con outros grupos de alumnos. - Desdobramentos ocasionais de grupos con máis de vinte alumnos de linguas estranxeiras, laboratorio e informática. - Apoio a outros mestres, especialmente aos de educación infantil, nos termos establecidos no proxecto curricular. - Substitucións: para facilitalas, a xefatura de estudios, ao elaborar os horarios, procurará que as horas lectivas dispoñibles se concentren no menor número de mestres posible, que asumirán as substitucións de maneira rotativa e equilibrada. - Dinamización e potenciación da utilización dos recursos didácticos: biblioteca escolar, medios audiovisuais e informáticos, laboratorio, etc. 2.1.10. O profesorado de lingua estranxeira, se ten horario dispoñible, poderá impartir esta área a tódolos alumnos do centro, de acordo coas directrices recollidas, se é o caso, no PEC e/ou no PCC. 2.1.11. No caso dos profesores itinerantes, os directores procurarán asignarlles sesións de mañá ou tarde completas. 2.1.12. Os membros do equipo directivo dos CEIP terán como máximo a redución de horas lectivas semanais que figura na seguinte táboa: Liberación horaria Unidades Dirección Xefatura de estudos/secretaría Horas de libre asignación Cómputo global De 6 a 11 6 horas 4 horas 4 horas 3 horas 17 horas De 12 a 17 7 horas 5 horas 5 horas 4 horas 21 horas De 18 a 23 8 horas 6 horas 6 horas 5 horas 25 horas 24 ou máis 9 horas 7 horas 7 horas 3 horas 26 horas 5

Os membros dos equipos directivos, respectando as horas de liberación adxudicadas, poderán redistribuír entre eles as horas de libre asignación que figuran na táboa de liberacións. Nos colexios de educación primaria de 3, 4 e 5 unidades o/a director/a terá unha liberación máxima de 6 horas semanais. Nas escolas de educación infantil de 3, 4 e 5 unidades o/a director/a terá unha liberación máxima de 6 horas semanais. Nas escolas de educación infantil de 6 ou máis unidades o/a director/a terá unha liberación máxima de 9 horas semanais. 2.1.13. Aplicarase o desconto horario lectivo semanal que se especifica para cada un dos seguintes supostos: a) Aos coordinadores de ciclo: - Ciclos de 6 ou máis unidades: 2 horas. - Ciclos de menos de 6 unidades: 1 hora. b) Aos coordinadores dos equipos de normalización lingüística e de actividades complementarias e extraescolares: - Centros de 18 unidades ou máis: 2 horas. - Centros de menos de 18 unidades: 1 hora. 2.1.14. Nos recreos fixaranse de antemán «as zonas de atención preferente» e o número de profesores de cada quenda que será como mínimo: - Educación infantil: 1 profesor por: 25 alumnos ou fracción. - Educación primaria: 1 profesor por: 50 alumnos ou fracción. 2.1.15. O sistema de quendas non exime o profesorado das responsabilidades titoriais, dado a dimensión educativa que ten o recreo, nin da obriga de estar no centro. 2.2. Elaboración e aprobación de horarios. 2.2.1. Os horarios de clase serán elaborados polo xefe de estudos en colaboración coa comisión de coordinación pedagóxica, unha vez oído o claustro. 6

Antes do comezo das clases o director convocará unha sesión de claustro co obxecto de comprobar a adecuación ós criterios establecidos deixando constancia na acta das propostas, observacións ou reparos formulados. 2.2.2. Os horarios serán expostos no taboleiro de anuncios do centro, para coñecemento de toda a comunidade educativa. Tamén se expoñerán os horarios de secretaría e os de atención aos pais. 3. Control de puntualidade e asistencia. 3.1. A puntualidade e asistencia do profesorado ás clases e demais actividades do centro serán controladas diariamente polo xefe de estudos, conforme o establecido no artigo 34 a) do Regulamento orgánico das escolas de educación infantil e dos colexios de educación primaria, e nos centros nos que non o haxa, pola dirección, mediante o procedemento que o equipo directivo do centro estime máis axeitado, deixando sempre constancia documental. O rexistro das faltas de asistencia e puntualidade do director e do profesorado farase no correspondente libro rexistro con páxinas seladas e numeradas co obxecto de que non sexa posible modificar o que nel se consigne. 3.2. A totalidade das incidencias asentadas no libro rexistro resumiranse no parte mensual que figura como modelo I. Unha copia del será exposta na sala de profesores os tres primeiros días de cada mes, durante os que, calquera persoa non conforme, poderá formular a reclamación oportuna. Unha vez subsanados os posibles erros, o dito documento, coas reclamacións presentadas, será enviado á inspección educativa, antes do día 5 do mes. Os modelos II e III arquivaranse no centro á disposición da inspección educativa. 3.3. As horas non lectivas de dedicación ao centro serán computadas mensualmente polo director. 3.4. A solicitude de permisos ao director e a xustificación de faltas farase utilizando os impresos que figuran como modelos II e III. 2 2 Para todo o relacionado cos artigos 3.4, 3.5 e 3.8 hai que ter presente a orde de 7 de abril de 2008, na que se regulan os permisos e licenzas para o persoal docente, así como os modelos de solicitudes. 7

3.5 As faltas do profesorado poderán ser xustificadas polos seguintes motivos: a) Por permiso. b) Por enfermidade. c) Por outras causas. a) Por permiso: Correspóndelle ao director conceder os permisos establecidos na Lei 4/1988, do 26 de maio (DOG do 1 de xuño), da función pública en Galicia, artigo 70.1, apartados a), b), c) e d), e artigo 70.2, sempre que se trate dun deber inescusable de carácter público ou persoal. Enténdese por deber inescusable a obriga que incumbe a unha persoa de xeito que o seu incumprimento xera unha responsabilidade de carácter penal, civil ou administrativo. b) Por enfermidade. As faltas por enfermidade deberán ser xustificadas mediante certificado médico, modelo de MUFACE ou da Seguridade Social, sen prexuízo do disposto na Orde do 10 de maio de 1989 (DOG do 6 de xuño). c) Por outras causas. No caso de imprevistos (o que non se pode prever, ou que acontece sen que se poida determinar con anticipación), indisposicións (quebranto leve da saúde), enfermidades leves non superiores a tres días ou atención a necesidades indefinidas, o director poderá aceptar as xustificacións do profesorado ata un máximo de 30 horas durante o curso escolar. Superadas estas, todas as faltas deberán ser xustificadas documentalmente. 3.6. Sen prexuízo do establecido nos apartados anteriores, todas as faltas de asistencia ou de puntualidade, non xustificadas, serán comunicadas polo director do centro, no prazo de 7 días de se produciren, á Delegación Provincial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria. As faltas de puntualidade e asistencia, cando non estean debidamente xustificadas, logo do informe do Servizo de Inspección e o trámite de audiencia ao interesado, implicarán a correspondente dedución proporcional de retribucións, sen prexuízo da posible aplicación do disposto no Decreto 94/1991, do 20 de marzo (DOG do 25), polo que se aproba o regulamento de réxime disciplinario dos funcionarios. 8

Cando fose detectado polo Servizo de Inspección calquera incumprimento por parte do director das responsabilidades que se lle confiren no control de asistencia do profesorado, sexa por non enviar o parte de faltas, facelo fóra de prazo ou por non notificar as faltas de asistencia ou puntualidade, comunicaráselle ao delegado provincial para os efectos oportunos. 3.7. Os directores dos centros e os mestres das escolas unitarias solicitarán os permisos ao Servizo de Inspección. 3.8. As licencias solicitaranse ao delegado provincial a través do centro cunha antelación mínima de 10 días, agás as de enfermidade. O director do centro comunicaralle á delegación provincial de Educación a data de incorporación do funcionario que gozou da licenza. 3.9. Co fin de axilizar e garantir os trámites necesarios e que non se produzan atrasos nos nomeamentos de substitutos, a dirección do centro tramitará ante a delegación provincial de Educación o mesmo día da súa presentación calquera solicitude de licenza ou prórroga que se presente no centro. Sempre que o centro dispoña de Fax enviará unha copia da solicitude no mesmo momento da súa presentación. 3.10. No caso de folga, unha vez rematada esta, o director comunicaralle ao delegado provincial o nome dos funcionarios que se sumaron a ela con expresión de datas e horas totais. 9