BASES REGULADORAS DA CONVOCATORIA DE AXUDAS DE GASTOS FARMACÉUTICOS 2016/2017

Similar documents
CONCELLO DE PONTEDEUME (A CORUÑA) ENDEREZO LOCALIDADE PROVINCIA C.P. Nº SS.SS TELÉFONO DE CONTACTO

Pz. Do Concello, nº2. Bertamiráns Telf: AMES (A Coruña) Fax:

DOG Núm. 82 Luns, 29 de abril de 2013 Páx

Nas presentes bases e tamén nos anexos I, II e IIII detállanse os requisitos específicos que deben reunir as persoas solicitantes.

DOG Núm. 249 Xoves, 31 de decembro de 2015 Páx

AXUDAS PARA O PLAN MADRUGA 2017

DOG Núm. 249 Venres, 30 de decembro de 2016 Páx

CONVOCATORIA E BASES REGULADORAS DAS SUBVENCIÓNS PARA O FOMENTO DO ASOCIACIONISMO E PARTICIPACIÓN CIDADÁ, ANO 2011

VIGOSÓNICO V C O N C U R S O V I D E O C L I P S Calquera proposta estética para o vídeo: cine, animación, cor, branco e negro,...

DOG Núm. 180 Xoves, 20 de setembro de 2012 Páx

DOG Núm. 115 Luns, 19 de xuño de 2017 Páx

RECIBO DE PRESENTACIÓN NO REXISTRO ELECTRÓNICO DA XUNTA DE GALICIA

Consellería de Sanidade

Orzamentos Xerais do Estado para 2016: Novidades en materia de Seguridade Social que xestionan as mutuas

REUNIÓN CONVOCATORIAS SUBVENCIÓNS 2018 SECCIÓN DE SERVIZOS SOCIAIS SERVIZO DE ACCIÓN SOCIAL, CULTURAL E DEPORTES

Síntesis da programación didáctica

-. Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local.

ÓRGANO: SECRETARIA XERAL TÉCNICA E DO PATRIMONIO

BOP BOLETÍN OFICIAL DA PROVINCIA DA CORUÑA BOLETÍN OFICIAL DE LA PROVINCIA DE A CORUÑA

Cumpridos catro anos dende a constitución do Consello Galego das Mulleres procede pois o inicio do procedemento de renovación

DOG Núm. 92 Luns, 15 de maio de 2017 Páx

BOP BOLETÍN OFICIAL DA PROVINCIA DA CORUÑA BOLETÍN OFICIAL DE LA PROVINCIA DE A CORUÑA

CUESTIÓNS XERAIS A AMBOS PROCEDEMENTOS

DOG Núm. 115 Xoves, 16 de xuño de 2011 Páx

Acceso web ó correo Exchange (OWA)

Lei 7/1998, do 30 de decembro, de medidas tributarias, de réxime orzamentario, función pública e xestión

Expediente: 5193/2017

Santiago de Compostela, 21 de setembro de 2016 Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde Sonia Martínez Arca Xerente

CONVOCATORIA DE BOLSAS PARA DEPORTISTAS DA SDC CURSO

Sede Electrónica Concello de Cangas

As características das prazas a cubrir cos integrantes da bolsa son:

Concello de Castroverde

DOG Núm. 34 Venres, 16 de febreiro de 2018 Páx

Fondo de Acción Social. Manual do Usuario de presentación de solicitudes do FAS

Para tomar parte no citado concurso-oposición, será necesario reunir os seguintes REQUISITOS, (debendo presentar xustificante dos mesmos):

Concello de Baralla DENOMINACIÓN DA PRAZA/POSTO/EMPREGO: PERSOAL DE APOIO NO PAI. Concello de Baralla

Ordenanzas fiscais Páxina 1

Ordenanzas fiscais Páxina 1

CONCELLO DE MESIA (A CORUÑA)

PRIMEIRA: OBXECTO, FINALIDADE E CONDICIÓNS

MISION COMERCIAL A TURQUÍA 3 8 XUÑO 2018 IG

4.- MULLER E SERVICIOS SOCIAIS

O SOFTWARE LIBRE NAS ENTIDADES DE GALIZA

GUÍA DE MIGRACIÓN DE CURSOS PARA PLATEGA2. Realización da copia de seguridade e restauración.

CONCURSO PÚBLICO NÚMERO 8/2018

Concello de Meaño BASES DE SELECCIÓN PARA A CONTRATACIÓN DE SEIS MONITORES/AS DE TEMPO LIBRE PARA O CONCELLO DE MEAÑO 2018.

CONCELLO DA TEIXEIRA (OURENSE)

ORDENANZA FISCAL REGULADORA DO IMPOSTO SOBRE VEHÍCULOS DE TRACCIÓN MECÁNICA NO CONCELLO DE REDONDELA

Asociación de Desenvolvemento Rural Ancares-Courel CONTRATACIÓN DO EQUIPO XESTOR GDR-5 TÉCNICOS/AS

COMO XOGAR A KAHOOT Se vas xogar por primeira vez, recomendámosche que leas este documento QUE É KAHOOT?

NORMAS DE ORGANIZACIÓN E FUNCIONAMENTO DA CONVIVENCIA NO CENTRO.

CONCELLOS CERVANTES. Anuncio

R/Ponzos s/n Ferrol A Coruña Telf Fax

Silencio! Estase a calcular

TAXA POLA APERTURA E VERIFICACIÓN DE ESTABLECEMENTOS

ORDENANZA MUNICIPAL DE TRAMITACIÓN DE ACTIVIDADES

Ferrolterra Emprende co obxecto de recoñecer e premiar a labor dos

Facultade de Fisioterapia

ORDENANZA Nº 3: ORDENANZA FISCAL REGULADORA DO IMPOSTO SOBRE VEHÍCULOS DE TRACCIÓN MECÁNICA

ORDENANZA FISCAL Nº 11: REGULADORA DA TAXA POLO USO DE RECINTOS E INFRAESTRUTURAS DE CARÁCTER DEPORTIVO.

LEI 18/2011, DO 5 DE XULLO, REGULADORA DO USO DAS TECNOLOXÍAS DA INFORMACIÓN E DA COMUNICACIÓN NA ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

Para xeral coñecemento, de acordo co disposto no artigo 38 da citada norma, faise necesaria a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

MEMORIA COMITÉS DE ÉTICA DA INVESTIGACIÓN DE GALICIA PERÍODO

Praza do Concello, nº Vimianzo (A Coruña) Tel Fax

NORMATIVA ACADÉMICA PARA O ALUMNADO DE INTERCAMBIO DA ESCOLA UNIVERSITARIA DE ESTUDOS EMPRESARIAIS (EUEE) UNIVERSIDADE DE VIGO

Manual de usuario do módulo de control horario do sistema OPAX

1. Natureza do servizo de axuda no Fogar (SAF) e descrición

Lei 5/1994, do 29 de novembro, de creación do ente público Portos de Galicia

BASES DO PROCESO DE SELECCIÓN DO ALUMNADO-TRABALLADOR PARTICIPANTES NO OBRADOIRO DE EMPREGO VISTA REAL IV ( VILANOVA DE AROUSA )

12352 LEI 11/2007, do 22 de xuño, de acceso electrónico dos cidadáns aos servizos públicos. («BOE» 150, do )

ANUNCIO. Bases do Concurso de ideas para o deseño do logotipo conmemorativo do 800 aniversario do traslado de Betanzos

XEFATURA DO ESTADO A 2. = + 5, x 10-6 A 3. = + 1, x 10-8 A 4. = + 1, x A 5

LEI 2/2011, do 16 de xuño, de disciplina orzamentaria e sustentabilidade financeira.

ESTÁNDARES PROFESIONAIS DA ASOCIACIÓN GALEGA DE PROFESIONAIS DA TRADUCIÓN E DA INTERPRETACIÓN (AGPTI)

ADSCRICIÓN FUNCIONAL E HORARIO DO PROFESORADO NOS CENTROS DE INFANTIL E PRIMARIA

FICHA DE INSCRICIÓN e AUTORIZACIÓN parque acuático Cerceda CSCX O ENSANCHE

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

Universida JiSo. i*-- _rt,-f-,i.j'*i=_ i. i f l';':irif sé* *E: *c* - ñegii';i,=* i. i.**_.*-- i :: i' :, : Írft:: i-itr ::ñi:::fifil*,f?!:.,11!

(Modificado o art. 10 por acordo do Consello de Goberno do 24 de xullo de 2014)

SESIÓN ORDINARIA DO Pleno DA CORPORACIÓN do 27 de xullo de 2017 ACTA Nº 10/2017

CONTROL DE VERSIÓNS E DISTRIBUCIÓN

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO

JOSÉ LUIS TORTUERO PLAZA Catedrático de Dereito do Traballo e da Seguridade Social Universidade Complutense de Madrid

PARTE I. VIVALDI: Concierto en MI M. op. 3 n.12

Información precontractual Cuenta Corriente Triodos Pag. 2

Bases do Concurso Logo ANPA Vila do Arenteiro BASES DO CONCURSO. 1. OBXECTO e TEMATICA DO CONCURSO 2. TIPO DE CONCURSO

REGULAMENTO DO CONSELLO MUNICIPAL DE INFANCIA E ADOLESCENCIA DO CONCELLO DE REDONDELA

O Software Libre nas Empresas de Galicia

Primeira.- Facúltase a directora xeral da Familia para dicta-las resolucións que sexan necesarias para a execución e desenvolvemento desta orde.

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO

ESTATUTOS DA ASOCIACIÓN PEDAGÓXICA NOVA ESCOLA GALEGA

DOCUMENTACIÓN QUE DEBEN ADXUNTAR PARA A MATRICULA DO 1 AO 15 DE XUÑO: SE NON ESTAN OBRIGADOS PRESENTARÁN CERTIFICADO EXPEDIDO POR FACENDA DOS

Regulamento do cemiterio municipal do Barco de Valdeorras

2- Quen dos seguintes non teñen a condición de interesados?

CURSO DE DEREITO DE FAMILIA

ORDENANZA FISCAL Nº II.2 REGULADORA DA TAXA POLO SUBMINISTRO DE AUGA PO- TABLE A DOMICILIO. ****************** NATUREZA E FUNDAMENTO NORMAS DE XESTIÓN

LUCÍA DANS ÁLVAREZ DE SOTOMAYOR

ORDENANZA FISCAL REGULADORA DA TAXA POLA SUBMINISTRACIÓN DE AUGA.

Transcription:

BASES REGULADORAS DA CONVOCATORIA DE AXUDAS DE GASTOS FARMACÉUTICOS 2016/2017 Primeira. OBXECTO DA CONVOCATORIA. O concello de Muros convoca subvencións para o desenvolvemento de programas que teñan por finalidade a concesión de axudas económicas a familias con menores a cargo para a compensación dos seus gastos farmacéuticos, o abeiro da ORDE do 12 de agosto de 2016 pola que se establecen as bases reguladoras das subvencións que desenvolverán as corporacións locais para a posta en marcha de programas de axudas económicas a familias con menores a cargo para a compensación dos seus gastos farmacéuticos, e se procede á súa convocatoria para os anos 2016 e 2017. O programa consistirá na xestión de axudas económicas ao cofinanciamento do 40 % dos medicamentos financiados polo Sistema nacional de saúde e prescritos a través de receita a familias con menores a cargo que atravesan dificultades económicas que estean empadroadas no termo municipal. Segunda. DESTINATARIOS/AS E REQUISITOS. Para os efectos da presente convocatoria terán esta condición aquelas familias das indicadas no parágrafo anterior que non superen os limiares de ingresos a que se refire o artigo 12.d) da Lei 10/2013, do 27 de novembro, de inclusión social de Galicia, e que teñan menores de 16 anos ao seu cargo. A contía máxima que o Concello de Muros poderá conceder aos destinatarios finais do programa será de 120 euros por persoa integrante da unidade familiar e anualidade. Poderá superarse este límite nos casos en que a situación do destinatario final o faga aconsellable, circunstancia que deberá estar debidamente xustificada no correspondente informe social emitido pola traballadora ou traballador social dos servizos sociais comunitarios básicos.

Terceira. SOLICITUDES E DOCUMENTACIÓN NECESARIA. Xunto coa solicitude, no modelo normalizado e debidamente cuberto, presentarase a seguinte documentación: Fotocopia do DNI da persoa solicitante (pai, nai ou titor). Fotocopia do libro de familia no que figuren todos os membros da unidade familiar. Fotocopia da declaración da renda correspondente ao exercicio 2015 dos/as pais/nais ou titores/ras legais. No caso de non estar obrigado a presentar a declaración do IRPF, copia da notificación-liquidación ou certificado acreditativo do nivel de rendas emitido pola Axencia de Administración Tributaria que corresponda. Excepcionalmente, se a unidade familiar alega carecer de recursos, ou quere acreditar unha situación excepcional, imprevista ou de carácter de especial necesidade que afecte negativamente á situación familiar ou no caso de percibir pensións non contributivas deberá acreditala mediante informe social. Nos casos de separación ou divorcio estase ao previsto na Base 6ª para a determinación dos membros da unidade familiar. Os/as fillos/as entre 18 e 25 anos inclusive, que perciban rendas e non figuren na declaración da renda dos/as pais/nais aínda que residan con eles, deberán acreditar os seus rendementos e computarán como ingresos da unidade familiar. No caso de presentar solicitudes para varios irmáns/ás, só é necesario presentar un exemplar da fotocopia do DNI da persoa solicitante, do libro de familia e da declaración do IRPF dos proxenitores. Facturas orixinais ou copia cotexada que acrediten o gasto realizado. Dado o carácter finalista das axudas desta convocatoria, en ningún caso, o importe da axuda concedida polo Concello poderá ser superior ao gasto realizado polo/a beneficiario/a. En consecuencia, de ser necesario, realizarase o oportuno axuste na cantidade da axuda concedida en cada caso. Se se detectasen facturas falsas ou fraude na declaración dos datos facilitados perderase o dereito a obter as axudas en anos consecutivos.

Declaración responsable de atoparse ao corrente coas obrigas tributarias e da Seguridade Social e co Concello de Muros, de non estar incurso/a en ningunha das prohibicións para obter a condición de beneficiario/a de subvencións públicas e de estar ao corrente no cumprimento de obrigas por reintegro de subvencións, e autorización ao Concello de Muros para que realice as comprobacións oportunas durante o todo o período que dure o proceso, segundo anexo II. Volante de convivencia. Documentación complementaria: Certificado que acredite o grao de minusvalía e/ou incapacidade nun grao igual ou superior ao 33% dalgún membro da unidade familiar, se procede. Certificado que acredite a situación de desemprego por un período superior a 6 meses durante o ano 2015 dalgún membro da unidade familiar, se procede. Documentación acreditativa da situación de familia monoparental ou de ausencia de ambos os dous proxenitores. Cuarta. LUGAR E PRAZO DE PRESENTACIÓN DAS SOLICITUDES. a) A solicitude presentarase no Rexistro Xeral do Concello de Muros, de luns a venres en horario de 8.00 a 14.00 horas, ou a través das formas establecidas no artigo 38.4 da Lei 30/92, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. b) O prazo de presentación de solicitudes será de 20 días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación destas bases. Quinto. VALORACIÓN DAS SOLICITUDES. Na valoración das solicitudes teranse en conta a renda per cápita familiar e o exercicio fiscal 2015. A renda per cápita familiar englobará os ingresos de todos os membros da unidade familiar divididos polo número de membros computables. Para o previsto nestas bases considérase que compoñen a unidade familiar:

Os pais e nais non separados legalmente e, no seu caso, o/a titor/a ou persoa encargada da garda e protección do menor. Os/as fillos/as menores de idade, con excepción dos emancipados. Os fillos maiores de idade con discapacidade física, psíquica ou sensorial ou incapacitados xudicialmente, suxeitos á patria potestade prorrogada ou rehabilitada. Os/as fillos/as solteiros/as menores de 25 anos e que convivan no domicilio familiar a 31 de decembro do ano inmediato anterior a aquel no que comeza o curso escolar para o que se solicita a bolsa sempre que non tiveran un contrato de traballo ou percibiran recursos (agás bolsas) durante o ano 2015. No caso de familias monoparentais, para os efectos do cálculo da renda per cápita, incrementarase nun 0,8 o número real de membros que compoñen a unidade familiar. Considerarase familia monoparental aquel núcleo familiar composto por un único proxenitor ou proxenitora que non conviva con outra persoa coa que manteña unha relación análoga á conxugal e os fillos ou as fillas menores ao seu cargo, sempre que o outro proxenitor ou proxenitora non contribúa economicamente ao seu sustento (artigo 13 da Lei 3/2011). Para os efectos da consideración da monoparentalidade, e sempre que o fillo ou filla teña sido recoñecido por ambos/ambas proxenitores/as, no caso de non existir acordo xudicial algún no referido ao outorgamento da garda e custodia así como á atribución de pensión de alimentos en favor da/do menor estimarase como xustificación suficiente a declaración xurada do proxenitor/proxenitora/responsable legal solicitante, sen prexuízo de que a administración poida efectuar maiores comprobacións valéndose dos medios legalmente establecidos. No caso de ausencia de ambos os dous proxenitores, para os efectos do cálculo da renda per cápita, incrementarase nun 1,6 o número real de membros que compoñen a unidade familiar Cando non exista vínculo matrimonial a unidade familiar entenderase constituída polo pai, a nai e todos/as os/as fillos/as dos/as pais/nais que convivan con eles e que reúnan os requisitos do apartado anterior. No caso de separación ou divorcio, non se considerará membro da unidade familiar aquel que non conviva coa persoa solicitante da bolsa de axuda. A separación ou divorcio acreditarase mediante sentenza xudicial que determine a mesma, ou

convenio regulador onde conste a custodia do menor. A valoración das solicitudes presentadas efectuarase segundo o seguinte cadro de puntuacións: RENDA PER CÁPITA FAMILIAR Puntuación de 0 a 4.000,00 : 6 puntos. De 4.001 a 5.000,00 : 4 puntos. De 5.001 a 6.000,00 : 2 puntos. As rendas per cápita superiores a 6.000 non terán dereito a axuda. Ademais da renda per cápita teranse en conta as seguintes circunstancias sempre que se acrediten co correspondente certificado: a) Se algún membro da unidade familiar ten unha minusvalía igual ou superior ao 33%, puntuarase esta circunstancia con 2 puntos adicionais. b) Cando o/a pai/nai ou titor/a acrediten a situación de desemprego durante máis de seis meses no ano 2015 incrementarase a valoración con 2 puntos adicionais. Quinta. IMPORTE MÁXIMO E CRÉDITO ORZAMENTARIO. O importe total para axudas para o gasto farmacéutico prevese en 4 000 para o ano 2016 e de 4 000 para o ano 2017, e levarase a cabo mediante a tramitación anticipada de gasto que se imputará ao crédito do exercicio 2016, á aplicación orzamentaria 320/489.00, ao abeiro do establecido no artigo 56 do Regulamento da Lei Xeral de Subvencións (Real Decreto 887/2006, de 21 de xullo). De acordo co mesmo, a concesión das axudas queda condicionada á existencia de crédito axeitado e suficiente no momento da resolución da concesión. Sexta. DO PROCEDEMENTO DE CONCESIÓN DAS AXUDAS. Unha vez rematado o prazo de presentación de solicitudes, estas serán valoradas pola comisión avaliadora conforme aos criterios establecidos na base 5ª. Posteriormente publicarase no taboleiro de edictos do Concello unha lista provisional e abrirase un prazo de 10 días para reparación de documentación. Transcorrido este prazo a comisión emitirá unha proposta definitiva que será fiscalizada pola

Intervención municipal e deseguido procederase á súa aprobación pola Xunta de Goberno Local así como á súa publicación no taboleiro de edictos do Concello. Esta convocatoria está condicionada a concesión por parte da Xunta de Galicia da subvención solicitada para este fin, o abeiro da ORDE do 12 de agosto de 2016 pola que se establecen as bases reguladoras das subvencións que desenvolverán as corporacións locais para a posta en marcha de programas de axudas económicas a familias con menores a cargo para a compensación dos seus gastos farmacéuticos, e se procede á súa convocatoria para os anos 2016 e 2017. No caso de que o importe da subvención concedida sexa inferior o solicitado pola entidade, o importe das axudas será minorado proporcionalmente. Oitava. COMPATIBILIDADE. A percepción destas axudas será compatible coa percepción doutras coa mesma finalidade que se poidan percibir doutras administracións. Novena. COMISIÓN AVALIADORA. A comisión avaliadora das solicitudes e documentación estará formada por: A alcaldesa. O/A interventor/a municipal. A traballadora social O/A administrativo/a de servizos económicos. ANEXO I

MODELO DE SOLICITUDE DE AXUDAS PARA GASTOS FARMACÉUTICOS 2016/2017 DATOS DA PERSOA SOLICITANTE (PAI/NAI/TITOR/A) NOME E APELIDOS NIF ENDEREZO TELÉFONO IBAN CC DATOS DO/A MENOR NOME E APELIDOS AXUDA SOLICITADA AXUDA DE GASTO FARMACÉUTICO 2016 AXUDA DE GASTO FARMACÉUTICO 2017 DOCUMENTACIÓN OBRIGATORIA QUE SE ACHEGA (marque cun x) (unha soa fotocopia para todas as solicitudes da mesma unidade familiar): Fotocopia do DNI da persoa solicitante (pai/nai-titor/titora). Fotocopia do libro de familia no que figuren todos os membros da unidade familiar. Declaración responsable segundo anexo II. Volante de convivencia. Ingresos da unidade familiar (elixir a opción que corresponda): Fotocopia da declaración da renda (IRPF) 2015. Certificado da AEAT de non ter presentado a declaración no que se acrediten os ingresos obtidos no exercicio 2015. Outra documentación xustificativa dos ingresos da unidade familiar. DOCUMENTACIÓN COMPLEMENTARIA QUE SE ACHEGA (marque cun x): Certificado que acredite o grao de minusvalía dalgún membro da unidade familiar (se procede).

Certificado que acredite a situación de desemprego por período superior a 6 meses dalgún membro da unidade familiar (se procede) durante o ano 2015. Documentación acreditativa da situación de familia monoparental ou de ausencia de ambos os dous proxenitores. XUSTIFICACIÓN OBRIGATORIA DAS AXUDAS DE GASTO FARMACÉUTICO: Facturas orixinais do gasto realizado en medicamentos financiados polo Sistema nacional de saúde e prescritos a través de receita a familias.

ANEXO II DECLARACIÓN RESPONSABLE D./D.ª, con NIF/pasaporte, pai, nai, titor/a do/a, dos/das menores, DECLARO: 1. Estar ao corrente no cumprimento das obrigas tributarias, fronte á Seguridade Social e o Concello de Muros. 2. Non estar incurso/a en ningunha das prohibicións para obter a condición de beneficiario/a de subvencións públicas recollidas nos artigos 13 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, e 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. 3. Estar ao corrente no cumprimento de obrigas por reintegro de subvencións. AUTORIZO: Ao Concello de Muros para que realice as comprobacións oportunas en relación cos apartados anteriores, durante todo o período que dure o proceso de concesión e pagamento das axudas para o gasto farmacéutico 2016/2017.