A continuación presentamos as nosas propostas, que parten dunha somera análise de cada un dos puntos do currículo.

Similar documents
COMO XOGAR A KAHOOT Se vas xogar por primeira vez, recomendámosche que leas este documento QUE É KAHOOT?

Síntesis da programación didáctica

R/Ponzos s/n Ferrol A Coruña Telf Fax

GUÍA DE MIGRACIÓN DE CURSOS PARA PLATEGA2. Realización da copia de seguridade e restauración.

Silencio! Estase a calcular

Acceso web ó correo Exchange (OWA)

O SOFTWARE LIBRE NAS ENTIDADES DE GALIZA

Procedimientos Auditivos e Instrumentais DEPARTAMENTO COORDINADOR/A DA DISCIPLINA. CURSOS 1º curso 2º curso 3º curso 4º curso.

Narrador e Narradora Narrador Narradora Narrador

VIGOSÓNICO V C O N C U R S O V I D E O C L I P S Calquera proposta estética para o vídeo: cine, animación, cor, branco e negro,...

2.1. O PROXECTO LINGÜÍSTICO DE CENTRO

Programación Percusión

Conservatorio Profesional de Música de Vigo. Programación de Percusión

Xogos e obradoiros sobre o cambio climático que Climántica desenvolve en centros educativos

Facultade de Fisioterapia

Conservatorio Profesional de Música de Vigo. Programación OPTATIVA DE MÚSICA MODERNA (historia do rock&roll)

PARTE I. VIVALDI: Concierto en MI M. op. 3 n.12

Se (If) Rudyard Kipling. Tradución de Miguel Anxo Mouriño

Problema 1. A neta de Lola

Competencias docentes do profesorado universitario. Calidade e desenvolvemento profesional

NOME DO CENTRO: IES CANIDO CURSO ESCOLAR: 2016/2017 INGLÉS 1º ESO

Obradoiro sobre exelearning. Pilar Anta.

Conservatorio Profesional de Música de Vigo. Programación de Contrabaixo

Anexo IV: Xestionar o currículum da etapa:

Proxecto Curricular. I.E.S. Sanxillao. Proxecto Curricular IES SANXILLAO

CONSERVATORIO PROFESIONAL DE MÚSICA REVERIANO SOUTULLO PONTEAREAS

LINGUA INGLESA CURSO

BILINGÜISMO, DESENVOLVEMENTO E APRENDIZAXE ESCOLAR: UNHA PROPOSTA DE INTERVENCIÓN NA ESCOLA

PROGRAMA FORMATIVO DA ESPECIALIDADE FORMATIVA TÉCNICAS DE MARKETING ON LINE, BUSCADORES, SOCIAL MEDIA E MÓBIL COMM049PO

TRABALLO DE FIN DE GRAO

C.E.I.P. PRÁCTICAS de Ourense Programacións didácticas

EDUCACIÓN INFANTIL PROGRAMACIÓN DE CICLO CENTRO: CEIP Mª PITA CURSO: Páxina 1

Guía didáctica TODO É PERCUSIÓN

Informe do estudo de CLIMA LABORAL do Sergas

Boloña. Unha nova folla de ruta

PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA ÁREA DE INGLÉS

A ensinanza da nutrición humana na Educación Primaria desde unha perspectiva mediambiental

Conservatorio Profesional de Música de Vigo. Programación de Viola

CURSO UNIVERSITARIO CON APROBACIÓN PROVISONAL DE HOMOLOGACIÓN POR PARTE DA CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E O.U.

Name: Surname: Presto= very fast Allegro= fast Andante= at a walking pace Adagio= slow Largo= very slow

QUINTO CURSO EDUCACIÓN PRIMARIA OBRIGATORIA

A avaliación formativa: un desafío para o ensino universitario

1. DATOS IDENTIFICATIVOS DA DISCIPLINA CÓDIGO Teorías do espectáculo e da comunicación Teorías do espectáculo II

ANEXO XIII MODELO DE PROGRAMACIÓN DE MÓDULOS PROFESIONAIS

Alumna/o...Curso... 1) Para recuperar a materia pendente deberás seguir o plan de traballo que se especifica de seguido:

T1, T3, (T5)*, T8, T11, T13 *solo grupos bilingüe X1, X3, X8, X10, X13, X18, X22, X23, X24 EI6, EI7

PROGRAMACIÓN DEPARTAMENTO DE INGLÉS -ESO -BACHARELATO -CICLOS -FORMACIÓN PROFESIONAL BÁSICA -ADULTOS

PROGRAMACIÓN DO CUARTO CURSO DAS ENSINANZAS DO TÍTULO SUPERIOR DE MÚSICA NA ESPECIALIDADE DE INTERPRETACIÓN NO ITINERARIO DE CLARINETE.

Discurso literario e sociedade nos países de fala inglesa

CONCEPCIÓNS ALTERNATIVAS SOBRE OS CAMBIOS FÍSICOS E QUÍMICOS Miguel Ángel Yebra Ferro, Manuel Vidal López e Pedro Membiela Iglesia

PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA INGLÉS

Concello de Baralla DENOMINACIÓN DA PRAZA/POSTO/EMPREGO: PERSOAL DE APOIO NO PAI. Concello de Baralla

MODULO O XOGO INFANTIL E A SÚA METODOLOXIA

COLEGIO NUESTRA SEÑORA DEL ROSARIO.

MEMORIA DE AVALIACIÓN DA CALIDADE: INFORME DE RESULTADOS PROGRAMACIÓN: ACCIÓNS FORMATIVAS DIRIXIDAS PRIORITARIAMENTE ÁS PERSOAS TRABALLADORAS

A INTERFERENCIA FONÉTICA NO ESPAÑOL DA CORUÑA. A VOCAL [o] TÓNICA. Sandra Faginas Souto 1 Universidade da Coruña

Carlos Cabana Lesson Transcript - Part 11

MEMORIA COMITÉS DE ÉTICA DA INVESTIGACIÓN DE GALICIA PERÍODO

CURSO PROGRAMACIÓN DE 2º ESO

PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA Área de Lingua Inglesa 5º Educación Primaria

Grao en Química. 2 0 Curso QUIMICA INORGÁNICA III. Guía Docente

SOCIEDADES MULTICULTURAIS, INTERCULTURA- LIDADE E EDUCACIÓN INTEGRAL. A RESPOSTA DENDE A EDUCACIÓN PERSONALIZADA

PROPOSTA PEDAGÓXICA PROCESO DE FAMILIARIZACIÓN Á ESCOLA INFANTIL

O Software Libre nas Empresas de Galicia

III PLAN MUNICIPAL DE IGUALDADE ENTRE MULLERES E HOMES

Os proxectos na Educación Infantil. Análise dunha experiencia sobre os dinosauros

Traballo de fin de grao

Evolución dos exames de Historia nas PAU de Galicia ( )

PRESENTACIÓN MATERIA MATERIA INGLÉS CURSO 4º ESO CURSO ACADÉMICO PROFESOR Mª CRUZ MASEDA FRANCOS

Metodoloxía copyleft en educación

PROXECTO EDUCATIVO C.P.I. PECALAMA TORDOIA

II PLAN PARA A IGUALDADE DE OPORTUNIDADES ENTRE MULLERES E HOMES DE VIMIANZO ( )

DEPARTAMENTO DE INGLÉS PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA 2º ESO - LINGUA INGLESA - 1º IDIOMA CURSO 2018 / 2019 IES DAVID BUJÁN

Unha experiencia docente na materia: "Resolución de problemas en matemáticas" Carlos Soneira Calvo Depto. de Pedagoxía e Didáctica, Univ.

DEPARTAMENTO DE INGLÉS PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA 3º ESO - LINGUA INGLESA - 1º IDIOMA CURSO 2018 / 2019 IES DAVID BUJÁN

Coeducación. O alicerce do ensino

Grao en Química. 2 0 Curso QUIMICA INORGÁNICA III. Guía Docente

IMPLEMENTACIÓN E AVALIACIÓN DUN PROCESO DE ENSINANZA-APRENDIZAXE COLABORATIVO NA TITULACIÓN DE ADMINISTRACIÓN E DIRECCIÓN DE EMPRESAS

PROGRAMACIÓN DE INGLÉS CURSO º ESO

PRESENTACIÓN MATERIA MATERIA LINGUA INGLESA CURSO 1º ESO B CURSO ACADÉMICO PROFESOR Mª MONTSERRAT VILLAPÚN CASTRO

PROGRAMACIÓN DA MATERIA DE PEDAGOXÍA E DIDÁCTICA INSTRUMENTAL

ORIENTACIÓN E RESPOSTAS EDUCATIVAS. Alumnado con trastornos da aprendizaxe

A INTERVENCIÓN PEDAGÓXICA CON FAMILIAS INMIGRANTES: ESTRUTURA E AXENTES IMPLICADOS

PRESENTACIÓN MATERIA MATERIA INGLÉS CURSO 4º ESO CURSO ACADÉMICO PROFESOR FRANCISCO JOSÉ PÉREZ SAAVEDRA

PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA

PROGRAMACIÓN OFICIAL LOE CONXUNTO PIANO CURSO 2017/18 GRAO PROFESIONAL (segundo os Decretos 198/2007 e 203/2007

Probas de validación de Críticos de Arte Artificiais.

EL SHOCK SENTIMENTAL. COMO SUPERARLO Y RECUPERAR LA CAPACIDAD DE AMAR (SPANISH EDITION) BY STEPHEN GULLO /CONNIE CHURCH

ELABORACIÓN DUN TEST PARA ESTIMA-LO TAMAÑO DO VOCABULARIO COÑECIDO EN LINGUA GALEGA

EL SHOCK SENTIMENTAL. COMO SUPERARLO Y RECUPERAR LA CAPACIDAD DE AMAR (SPANISH EDITION) BY STEPHEN GULLO /CONNIE CHURCH

PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA. Área de Lingua Inglesa. 4º Educación Primaria

Luis Sobrado Fernández* Universidade de Santiago de Compostela

Procesos preventivos e carteira de servizos en materia de prevención do Plan de Galicia sobre Drogas

CREACIÓN DE PÓSTERS CON GLOGSTER. Miguel Mourón Regueira

Dalí Arte Dalí Ciencia Dalí Soño Dalí Realidade Dalí PRESENTACIÓN A EXPOSICIÓN

marcoeuropeocomún de referencia para as linguas: aprendizaxe, ensino, avaliación

TRABALLO FIN DE GRAO A APRENDIZAXE COOPERATIVA COMO FERRAMENTA PARA FOMENTAR A IGUALDADE ENTRE OS SEXOS NA ESCOLA INFANTIL

PROGRAMACIÓN DE RELIXIÓN EVANXÉLICA 1º e 2º ESO

Bringing Broadway into the English class

Área de Inglés Curso escolar

Transcription:

ANÁLISE CRÍTICA DO CURRICULUM DE EDUCACIÓN FÍSICA DA LOCE Palabras clave: Loce, curriculum, Educación Física. Introdución A actualidade educativa no ámbito non universitario está inmersa nestes momentos, nos cambios derivados da promulgación da Ley Orgánica de Calidad de la Educación (LOCE de 23 de diciembre de 2002), se ben, moitos deses cambios a nivel curricular non foron concretados ata a aparición dos Reales Decretos (R.D.) polos que se establecen as ensinanzas correspondentes, que no caso da educación secundaria obrigatoria, se recollen no R.D. 831/2003 do 27 de Xuño. É neste último documento normativo no que se recollen os diferentes currículos a desenvolver dentro de cada unha das, agora chamadas novamente, asignaturas que contempla esta etapa educativa, entre as que se atopa, a Educación Física (E.F.). Será o currículo desta área, o obxecto do presente traballo, no que analizaremos, dende un punto de vista crítico, os diferentes elementos que o configuran. Debemos especificar, neste momento, que ao longo do presente traballo, e para facilitar a lectura, nos referiremos co termo currículum ao concepto currículum oficial ou explícito (TORRES SANTOMÉ, 1991: 198 y KIRK, 1990: 142-143). A importancia que lle damos a realización deste tipo de análise ven marcada pola convicción de que os elementos que desenvolven os currículos non son neutros, senón que a evolución da sociedade, coas súas modificacións culturais e a ideoloxía dominante, configuran eses elementos, dentro do proceso de reprodución social (STENHOUSE, 1987; TORRES SANTOMÉ, 1991; KIRK, 1990; AYUSTE y otros, 1999). A continuación presentamos a citada análise, realizada só dos puntos máis conflitivos ao noso parecer, así coma unhas liñas xerais a ter en conta, coma base, para a proposta e secuenciación dos contidos que pensamos peor estruturados dentro do currículo. Para rematar facemos, a xeito de reflexión, un chamamento á reactivación global da área e dos elementos implicados dentro do currículo escolar xeral (administración, profesores). Análise crítico do currículo para a ESO A continuación presentamos as nosas propostas, que parten dunha somera análise de cada un dos puntos do currículo. Obxectivos A nivel xeral atopamos que os obxectivos se dirixen principalmente ao tema da saúde cousa que nos parece razoable, 4 pertencen a este contido, 3 a condición física, 3 a deportes, 1 a medio natural e 1 a expresión corporal. Só dous deles fan referencia directa ás actitudes, no 7º referido tan só ós xogos e deportes, se fala de Participar ( ) valorando os aspectos de relación que fomentan e mostrando actitudes de tolerancia e deportividade. Ademais poderiamos entender que o 11º ó falar de "valorar" o faría, aínda que ese valorar tamén podería facer referencia a "avaliar", feito este, que desde o noso punto de vista sería importante modificar. É preciso ter en conta que educamos persoas e que as actitudes e os valores forman parte indisociable dese proceso de ensinanza-aprendizaxe, e estes contidos de actitudes e valores son algo máis que simplemente "amosar actitudes de tolerancia e deportividade". 1

Neste sentido, a idea de "colaborar", só aparece no obxectivo 7º que fai referencia á "organización de campionatos", parécenos que é un pouco pobre a expresión de colaboración limitándoa exclusivamente a este aspecto. En canto os obxectivos Nº 2 ("Practicar de forma habitual e sistemática actividades físicas co fin de mellora-las condicións de saúde e calidade de vida" ), e Nº 3 ( "Valora-lo estado das súas capacidades físicas e habilidades específicas e planificar actividades que lles permitan satisfacer as súas necesidades" ). Parécenos difícil acadar estes obxectivos se no desenvolvemento dos contidos non atopamos nada respectivo a adestramento (principio da adaptación, síndrome xeral da adaptación, lei do umbral, nocións de carga e os seus compoñentes, etc...), só se nomea a intensidade do exercicio. No obxectivo Nº 6 fálase de "deportes individuais", "colectivos" e "de adversario". Dende o noso punto de vista esta clasificación non se adapta ás clasificacións máis usadas no noso ámbito dentro das últimas tendencias de educación. Consideramos importante ter unha actitude pulcra en canto á terminoloxía para non seguir aumentando os problemas xa existentes en relación a este tema. Propomos, polo tanto, adoptar a terminoloxía establecida inicialmente por PARLEBAS e continuada en España por autores coma HERNÁNDEZ MORENO (1994), e que foi orixe dos estudios de praxioloxía actuais, falando polo tanto de deportes "psicomotrices" e "sociomotrices", e dentro destes "de colaboración", "de oposición" ou de "colaboración-oposición". No obxectivo 9, confúndese as "actividades deportivas" cos "deportes". Confusión terminolóxica que volve a aparecer ao longo no desenvolvemento dos contidos, sendo xeral a todo o currículo, tomando coma sinónimos "actividades físico-deportivas", "deportes", "actividades físicas" e "actividades deportivas". Resulta curioso, que, si se lle dá tanta importancia ao eido da saúde dentro da E.F escolar, non aparezan nomeados en ningures, obxectivos en relación coa educación postural, un dos grandes obxectivos que neste eido debe ter a nosa área ao noso entender, e seguindo as propostas de DEVÍS DEVÍS, J. y PEIRÓ VELERT, C. (1992). Unicamente no obxectivo Nº 10, fala indirectamente deste feito, ao referirse a "Coñecer e utilizar técnicas básicas de relaxación como medio para reducir desequilibrios e aliviar tensións (...)", o problema grave é que dentro das patoloxías de orde postural entran máis aspectos que unicamente o dos "desequilibrios", e estes non só se traballan con técnicas de relaxación, senón tamén con traballo de potenciación e elongamento muscular. Dentro do obxectivo Nº 11, "Valorar, deseñar e practicar actividades rítmicas cunha base musical como medio de comunicación e expresión creativa" fálase das actividades de expresión sen facer mención a ningún outro aspecto máis que ás actividades rítmicas. Dende o noso punto de vista isto é un obxectivo moi reducionista, dada a amplitude dos contidos de expresión corporal. Atopamos contidos (de hixiene,...) que non aparecen nos obxectivos, de igual forma que aparecen contidos que non se avalían, o que nos dificulta comprender cal é a lóxica de programación que se seguiu para desenvolver este deseño curricular. Contidos A idea de separación dos contidos en tres ámbitos como acontecía no Deseño Curricular Base anterior, desaparece no presente documento do Ministerio de Educación (no Real Decreto 831/2003 do 27 de Xuño), sendo bastante difícil a compresión de cales fan referencia a un ámbito ou a outro. Seguindo no eido dos contidos, estes son divididos por cursos (o que supón unha proposta moi pechada) no que os profesores perden capacidade de decidir sobre a secuenciación de contidos, feito xa denunciado por autores como CASTRILLO 2

SERRANO, J. y otros (2001); CUEVAS CAMPOS, R. (2002); LÓPEZ VILLAR, C. y SALGADO LÓPEZ, J.I. (2002) na análise do anterior currículo (Real Decreto 3473/2000). Esta circunstancia, dende o noso punto de vista, é un atraso xa que os centros educativos presentan múltiples diferenzas en canto a instalacións, material, situación, ; perdéndose ademais a esencia e espírito innovador que propugnaba a LOGSE, que cun currículo semi-aberto permitía facer prácticas novas aos que quixeran e/ou continuar co que se fixera sempre, dentro das correntes máis tradicionais da E.F.. I. Condición física e saúde II. Habilidades específicas 1. Xogos e deportes. Cualidades motrices persoais. Bloques de Contidos 2. No medio natural. por curso 3. Ritmo e expresión. A continuación analizaremos pormenorizadamente cada un dos cursos dentro do presente documento do Ministerio de Educación (Real Decreto 831/2003 do 27 de Xuño). Primeiro Curso Contidos I. Condición física e saúde 3. Acondicionamento xeral (...). Práctica de carreira continua, xogos (...). Este contido fala das capacidades físicas relacionadas coa saúde, pero para o primeiro curso non se fala en ningún contido do traballo da velocidade, atopándose esta capacidade no momento idóneo para ser desenvolvida xa que esta idade constitúe para moitos autores unha fase sensíbel para a súa mellora (GROSSER, 1992, 28; MORA VICENTE, 1995, 204). Neste mesmo contido, noméanse exercicios tradicionais de acondicionamento físico cando fala de "Práctica de carreira continua, xogos e exercicios dinámicos de forza xeral e estiramentos", o que condiciona a práctica docente, esquecendo que a condición física tamén se pode traballar doutros xeitos que non resultan tan "odiosos" para os alumnos e alumnas (por exemplo, o "acondicionamento físico integrado" do que fala GENERELO e TIERZ, 1991 ; en VV.AA., 1993, as propostas de MARTÍNEZ CÓRCOLES, 1996 ou máis recentemente CASTELLAR OTIN e ZARGOZA CASTERAD, 2004). 4. Práctica de exercicios encamiñados ó mantenimento das posicións corporais (...). Redúcese o traballo de postura á posición de sentado e de levantar e transportar cargas. 5. "Fortalecemento da musculatura de sostén mediante a realización de exercicios de mobilidade articular, de fortalecimiento muscular e relaxación" (o subliñado é noso). Cómo se pode fortalecer a musculatura relaxando e facendo mobilidade articular? A mobilidade articular está relacionada coa flexibilidade pero non coa forza, e en todo caso ningunha destas actividades permite un fortalecemento da musculatura. II. Habilidades específicas 1. Xogos e deportes. Cualidades Motrices persoais. 1.1. O movemento coordinado: equilibrio e axilidade. Concepto ou Procedemento?. No seguinte contido tamén aparece o tema do equilibrio unido ás habilidades ximnásticas. Cómo se espera que abordaremos este contido? 3

1.2. "Habilidades ximnásticas globais (...)". Este contido tamén se trata no 2º curso pero a partir de aí non volven a aparecer, pensamos que a riqueza e complexidade motriz das tarefas relacionadas con este deporte deben en cada un dos cursos da secundaria (incluída a post-obrigatoria), incrementando, por suposto, progresivamente a dificultade das tarefas ás que se deben de enfrontar os alumnos. 1.3. "Clasificación dos xogos deportivos: convencionais, tradicionais e recreativos (coñecemento e práctica)". Este contido fai referencia a aspectos conceptuais para despois engadir contidos procedimentais, non entendemos en base a que criterio se elixiu esta clasificación xa que con anterioridade se seguiu outra e non volve a aparecer ó longo da secuenciación proposta. 1.4. Práctica de xogos regrados e adaptados (...) fundamentos técnico/tácticos (...) estratexias de ataque e defensa (...). Practicar xogos regrados facendo especial fincapé na técnica e na táctica, canto menos é contraditorio, si ademais lle engadimos o de... comúns ós deportes colectivos, a contradición é aínda maior: Cáles son eses fundamentos? Pois se non falamos de habilidades básicas, consideramos que as técnicas duns deportes pouco teñen que ver coas de outros, agora, se falamos de aspectos comúns aos deportes colectivos (preferimos denominalos de colaboración-oposición), deberemos falar de "principios tácticos" comúns a todo eles, non de técnica. 1.5. "Realización de actividades cooperativas e competitivas encamiñadas á aprendizaxe dos fundamentos técnicos e tácticos dun deporte colectivo", pensamos que neste contido se quere facer referencia ás actividades de cooperación-oposición, xa que todos os deportes sociomotrices de colaboración-oposición implican accións de competición. Ou e que se esta a reflexar no curriculo a vella, e en teoría superada, loita entre as actividades cooperativas e competitivas? 2. No medio natural Inicialmente mencionar que o título deste "agrupamento" de contidos (non nos atrevemos a chamalo "bloque"), non nos parece o máis adecuado. Propoñemos outros como: Actividades físico-deportivas no Medio Natural, Actividades físicas no Medio Natural, que definen máis claramente os contidos a desenvolver. 2.1 "Posibilidades que ofrece o medio natural para realizar actividades físico-deportivas: terra, aire, auga". Entendemos novamente que este obxectivo e conceptual ou é que agora imos tirarnos en paracaídas nas clases de educación física? 2.2 "Adquisición de técnicas básicas manipulativas de cabullería. Este é un exemplo claro do tipo de ensino que se tenta manter con este currículo, xa que se lles pide aos alumnos que adquiran una serie de técnicas de cabullería de forma illada e que non teñen por que utilizar en ningún outro contido ao longo da ESO. 2.3 "Identificación de sinales de rastreo e realización de un percorrido polo centro e as súas inmediacións, previamente marcado. Cremos que este contido será difícil de traballar en centros urbanos ou naqueles onde o espazo de ocio sexa reducido. 3. Ritmo e expresión 3.1. Prácticas de actividades expresivas encamiñadas a conseguir a cohesión do grupo. Parécenos que o traballar a cohesión dos rapaces debe de darse dende calquera tipo de práctica e non só dende as de expresión, e unha visión reducionista das posibilidades de estes contidos. 4

3.2. Experimentación de actividades tendentes a romper os bloqueos e inhibicións persoais. Pensamos que é moi difícil traballar os bloqueos e inhibicións se non se traballa a confianza nun mesmo e a consciencia corporal, contidos que non aparecen. 3.3. O tempo e o ritmo. O tempo pode ser alegro, moderatto... non entendemos ben a finalidade de introducir un concepto propio da área de música en educación física. Criterios de avaliación Para comezar neste apartado convén sinalar que 7 dos 10 criterios de avaliación que se propoñen (os números 1, 2, 5, 6, 7, 8 e 10) son idénticos tanto no primeiro coma no segundo curso. Isto parece amosar as claras a dependencia desta proposta con respecto ao anterior Decreto 3473/2000, xa que no anterior non aparecían criterios de avaliación no primeiro curso, e aquí practicamente o que se fai e duplicar o existentes para segundo. Non entendemos moi ben esta solución, xa que non amosa una progresión clara na aprendizaxe, que é o que se tenta procurar cando se establecen diferenciacións na planificación entre cursos distintos. Con esta proposta curricular, parece máis ben que o segundo é unha repetición do primeiro. Pasamos a continuación a puntualizar unha serie de aspectos en algúns dos criterios de avaliación propostos. 2. "Incrementa-las capacidades físicas relacionadas coa saúde, traballadas durante o curso, mellorando con respecto ó seu nivel de partida". Parécenos pobre o feito de que so se vincule o criterio de avaliación en canto á mellora a nivel individual, sen facer mención ao entorno de referencia, xa que obviamente, todas as capacidades físicas (de sacado a flexibilidade), mellorarán por propia maduración biolóxica nesta idades. Estes criterios de avaliación son, como dixemos, a chave da promoción do alumno/a, e neste caso é imposíbel que se cumpra, dado que como xa mencionamos a flexibilidade vai a diminuír coa idade (MARCO SANZ, 1998, 32). 3. Empregar a respiración como técnica para favorecer o autocontrol. Este criterio de avaliación non aparece reflexado en ningún dos contidos enumerados con anterioridade. 9. Practicar danzas sinxelas en pequenos grupos (...). Temos que supoñer que o contido número 4 do bloque de Ritmo e Expresión, fai referencia concreta a danzas e non a outro tipo de actividades físicas que combinen ritmos, movemento e manexo de obxectos. 10. Manifestar, de forma individual ou colectiva (...). De forma individual ou colectiva?, (...) utilizando técnicas de dinámica de grupo (...). Isto non era un tipo de estratexia metodolóxica para o profesor? En todo caso debería ser utilizada polos docentes e, en ningún caso exclusivamente en unidades didácticas de expresión. Os contidos referidos posicións corporais (no referido a educación postural), clasificación dos xogos deportivos e actividades no medio natural, non se ven reflexados en ningún dos criterios de avaliación. Segundo Curso Contidos I. Condición física e saúde 1. O Quecemento Xeral. Obxectivos. Pautas para a súa elaboración. Recompilación e posta en práctica de exercicios aplicados ó quecemento xeral. Este contido está presente 5

dentro do Bloque de Condición Física e Saúde en tódolos cursos da ESO. Nos tres primeiros cursos trátase o tema do quecemento xeral no cuarto curso o quecemento específico. Para levar a cabo esta proposta é imprescindible fragmentar o bloque temático de tal forma que se perde a visión importantísima do quecemento coma un todo indivisible no cal as súas partes, finalidades, obxectivos e modus operandi están intimamente relacionadas. 2. "Capacidades físicas relacionadas coa saúde: resistencia aeróbica e flexibilidade. Concepto. (...)". Inicialmente nomease á flexibilidade pero o desenvolvemento do contido fai referencia só á resistencia. 3. "Acondicionamento da resistencia aeróbica: carreira continua, adestramento total e xogos". A caso non se pode mellorar a resistencia aeróbica a través de danzas ou mediante circuítos de habilidades?. Non se pode traballar dentro doutros bloques do currículo ou de forma interdisciplinar con outras áreas?. Non vemos lóxico que os propios contidos do currículo oficial establezan as actividades a realizar, xa que reducen a liberdade do docente. Isto compételle aos "Desenvolvementos Curriculares", que a modo de exemplificación xa existen sen carácter normativo. 5. "Práctica dos diferentes tipos de respiración: clavicular, torácica e abdominal". Aparece o traballo de respiración que non aparecía en primeiro e non entendemos por que. En primaria xa se traballa este contido e non tería sentido obvialo en 1º da ESO. 6. "Toma de conciencia da propia condición física ( )". Aínda que pode semellar de eido actitudinal, dende o noso punto de vista, este contido está facendo referencia a un feito procedimental. Este tipo de ambigüidades son o resultado no ter diferenciados, os distintos tipos de contidos: conceptuais, procedimentais e actitudinais. 7. "Recoñecemento e valoración da relación existente entre a adopción dunha postura correcta na realización de actividades físicas e no traballo diario de clase (...)". Resulta curioso que apareza un contido actitudinal relacionado coa postura cando, non apareceu ningunha proposta para o traballo procedimental neste eido. II. Habilidades específicas 1. Xogos e deportes. Cualidades Motrices Persoais. 1.1 "Execución de distintas combinacións de habilidades ximnásticas e acrobáticas". Enlazar acrobacias parécenos un contido demasiado difícil para segundo curso, tendo en conta que en primaria non se traballan habilidades específicas, ademais, seria necesario, seguir traballando a ximnasia artística-deportiva nos seguintes cursos. 1.2 "Características básicas e comúns das habilidades deportivas: normas, regras, aspectos técnicos e tácticos". Si se fala de habilidades deportivas cales son os aspectos técnicos comúns a todos os deportes?. Si se fala de deportes cales son as regras, normas, etc... comúns aos deportes?. Hai habilidades deportivas que se rexen por códigos de valoración externa nos que a execución de técnicas non supón que exista tácticas na súa realización. Ou é que se está facendo referencia sempre aos deportes sociomotrices?, feito este que, ademais de parecernos de novo reducionista, amosaría a deixadez e pouco coidado na redacción distes contidos. 1.3. Realización de tarefas dirixidas á aprendizaxe dos fundamentos técnicos básicas, principios tácticos básicos e regulamentarios de un deporte colectivo. Agradecemos positivamente que se deixe a elección do profesorado o deporte sociomotriz de colaboración-oposición (colectivo) concreto a impartir, sorpréndenos este tipo de contido xa que non segue a mesma liña do resto do currículo (excesivamente pechado). Aínda así temos que dicir que o limitar o ensino dun deporte en base a un modelo técnico-táctico, 6

ademais de anticuado e en desuso, en un gran erro xa que como sinalan BAYER (1986), DEVÍS DEVÍS y PEIRÓ VELERT (1992) ou HERNÁNDEZ MORENO e cols. (2000) está sobradamente demostrado que outro tipo de iniciación tales como os Ataque-Defensa (baseados en principios e intencións de xogo), o modelo comprensivo de DEVIS (op. cit.) ou mesmo os baseados na acción de xogo (roles e subroles sociomotores) obteñen resultados moito máis satisfactorio, ademais de transferibles de uns deportes sociomotrices (colectivos) a outros, e cando menos moito máis motivantes cara a práctica. 1.4. "Práctica de xogos e deportes populares e tradicionais ( )" Cal é o criterio para introducir o traballo de xogos populares no segundo curso e non no primeiro? Por que non se traballan en todos os cursos da ESO como mostra da riqueza da cultura popular de unha comunidade?. 1.5. "Práctica de actividades deportivas, individuais e colectivas, de ocio e recreación. Cómo debemos entender esta Práctica? Simplemente como experimentación? Cómo divertimento? Cómo escolas deportivas ou actividades extraescolares?. Parécenos bastante pobre que a única referencia a deportes (actividades deportivas no Decreto) individuais sexa esta; por certo; refírese a psicomotrices ou a de oposición? 2. No medio natural 2.1. Adquisición e posta en práctica de técnicas básicas para a montaxe de tendas de campaña. Entendemos este contido como procedimental, e somos conscientes de que, aínda que queda moi bonito no papel, é imposible de levar a cabo na práctica xa que, a maior parte dos centros de Educación Secundaria, non contan con tendas de campaña no seu inventario de material nin un lugar axeitado para poder montalas. En relación con tema do material, as tendas son material funxible ou non funxible? Teno que poñer a Administración ou corre a cargo dos centros de ensino? Pensamos que esta é unha mostra clara da incongruencia do curriculo proposto coa dotación de materiais deportivos dos centros. Outro aspecto a comentar dentro deste contido, e que será xeral a todo este bloque dentro da ESO, sería o referido a que sentido ten aprender a montaxe dunha tenda de campaña se non se van a realizar saídas, co que chegamos a outro problema: as saídas ao medio natural son obrigatorias? Que pasa cos horarios de dedicación laboral dos profesores? Quen se fai responsable dos rapaces en caso de accidente? Quen cubre a nosa responsabilidade civil nestes casos? 2.2. "Nocións sobre supervivencia e acampada: normas de seguridade, elección do terreo e precaucións a ter en conta para montar tendas". Non sabemos si está plantexado a nivel conceptual ou hai que facer unha práctica na que poñamos as proba as capacidades de supervivencia dos rapaces e rapaces nun entorno descoñecido. 3. Ritmo e expresión 3.1. "Experimentación de actividades encamiñadas ó dominio, ó control corporal e á comunicación cos demais: os xestos e as posturas". Trabállanse contidos de primaria que se supoñen xa superados. Non vemos ningunha lóxica na secuenciación deste bloque. 3.2. Combinación de movementos (...) seguindo unha secuencia rítmica. Cara onde se supón que debemos orientar este contido: cara representacións artísticas (danza clásica, moderna,...? Cara a deportes que presentan unha base musical (Ximnasia Rítmica, Patinaxe Artístico,...? Este é un exemplo máis das diferenzas de concreción que hai ao longo de todo o documento. 7

3.3. Execución de pasos sinxelos de danzas colectivas. Non se fai referencia en ningún momento aos ritmos ou danzas propias de cada comunidade. 3.4. Aceptación das diferenzas individuais e respecto ante a execución dos demais. Qué pasa coas execucións propias?, a súa toma de conciencia, aceptación e actitudes encamiñadas á superación persoal. Criterios de avaliación Neste apartado cabe salientar de novo a repetición de criterios de avaliación, do que xa falamos no primeiro curso. 1. Aprender a sobrevivir no medio natural exercitando a observación, as normas de seguridade e o respecto á natureza. Remitímosvos ó comentario do 2º contido do bloque: No medio natural. Cómo sabemos se os nosos alumnos aprenderon a sobrevivir? Comentar ademais que non aparece ningún criterio relacionado con contidos coma postura corporal correcta, os xogos ou deportes autóctonos nin coas danzas. Terceiro Curso Contidos I. Condición física e saúde 2. "Aplicación de sistemas específicos de adestramento da resistencia aeróbica: carreira continua uniforme, adestramento total, carreira variable e outros". Aínda non se falou de compoñentes da carga (agás da intensidade), e xa se fala sistemas de adestramento. Parécenos un erro de selección e secuenciación dos contidos. 3. Aplicación do método estático e dinámico no traballo da flexibilidade. Só hai un método válido en cada unha destas formas de desenvolvemento da flexibilidade? II. Habilidades específicas. 1. Habilidades deportivas. 1.2. "Realización de actividades cooperativas e competitivas dirixidas á aprendizaxe dos fundamentos técnicos e tácticos dun deporte colectivo". Dende un punto de vista da iniciación deportiva pensamos que onde pon actividades cooperativas e competitivas sería máis correcto falar de actividades de cooperación-oposición, dentro das liñas metodolóxicas baseadas na acción de xogo (HERNANDEZ MORENO, 2000). 1.3. "Práctica de actividades encamiñadas ó aprendizaxe dun deporte individual ou de adversario". Novamente a problemática terminolóxica: Individual ou de Adversario?, e dicir, Psicomotriz e Sociomotriz de Oposición? (HERNANDEZ MORENO, 2000). 2. No medio natural. 2.1. "Adquisición de técnicas básicas de orientación (...)". Neste curso aparece o traballo de orientación, falando do mapa, sen tocar, en ningún momento a orientación por indicios. Non entendemos a progresión que se segue, cando dende un punto de vista metodolóxico a estrutura que se adoita a seguir vai de entorno coñecido e estábel a entorno 8

descoñecido e inestábel, e dentro de ela variando os métodos de orientación: por indicios, croquis, planos, mapas e compás (SICILIA CAMACHO y RIVADENEYRA SICILIA, 1998: 41). 2.2. "Nocións básicas de orientación. Normas de seguridade (...)". Qué diferenza hai entre as técnicas básicas do contido anterior e as nocións básicas de este?. Non temos contidos suficientes para desenvolver no medio natural que temos que duplicar? 3 Ritmo e expresión 3.1. "Práctica dirixida á toma de conciencia dos distintos espazos utilizados na expresión corporal: espazo interior, espazo físico, espazo parcial ou propio e espazo social". Non entendemos porque se traballa o espazo en terceiro da ESO, se forma parte das capacidades perceptivo-motrices e xa é traballado en Primaria (R.D. 830/2003). Criterios de avaliación 3. "Utiliza-las modificacións da frecuencia cardíaca e respiratoria como indicadores da intensidade do esforzo". Pensamos que, este criterio estaría mal secuenciado xa que se pide control da frecuencia cardíaca coma indicador da intensidade cando isto foi traballado no segundo curso e non no terceiro. 4. Analizar os efectos duradeiros que son beneficiosos para a saúde (...). Pensamos que este criterio de avaliación é dificilmente medible o que fai que a avaliación deste aspecto se volva máis complexa. 5. Realizar actividades no medio natural (...). Temos que deducir, deste criterio de avaliación, que os contidos que aparecen no bloque de no medio natural son de carácter procedimental. Vólvese a falar de saídas ó medio natural: Qué hai da responsabilidade que recae sobre os profesores que se incrementou tras a aprobación da lei do menor? O noso parecer é que estas actividades son moi necesarias na formación do alumnado, mais cremos que non é axeitado obrigar por medio de documentos normativos ao profesorado á adoptar contidos que impliquen risco para o seu labor profesional (na orde da responsabilidade civil). 8. Practicar danzas colectivas (...). Non hai ningún contido onde se especifique que debemos traballar danzas colectivas neste curso. Non se avalía nada a nivel cognitivo, todo é procedimental. Ademais, non aparecen criterios actitudinais que fagan referencia a fenómenos socioculturais. A nivel xeral, non aparece ningún criterio de avaliación relacionado cos deportes individuais ou de adversario (tal e como aparecen no documento) nin coa relaxación de Jacobson. Cuarto Curso Contidos I. Condición física e saúde 2. Capacidades físicas relacionadas coa saúde: forza e resistencia muscular. Concepto. Manifestacións básicas. Tipos de exercicios. Somos da idea de que a resistencia (tanto aeróbica coma muscular) é necesaria traballala ao longo de todas as etapas educativas, xa que son a base co concepto de Acondicionamento Físico para a Saúde. (DEVÍS DEVÍS y PEIRÓ VELERT, 1992 ; VV.AA., 1993). 9

4. A postura corporal nas actividades cotiás (...). Pensamos que estes contidos deben de ser traballados de xeito transversal a toda a área. 6. Elaboración e posta en práctica dun plan de traballo da resistencia aeróbica e da flexibilidade. Non se fala da carga, dos compoñentes da mesma e a súa dinámica, do síndrome xeral de adaptación, etc. E pretendemos que planifiquen. Cremos que este e de novo outro exemplo de incongruencia na secuenciación dos contidos. II. Habilidades específicas. 1. Habilidades deportivas. 1.2. Planificación de propostas de actividades aplicables ós deportes (...) levándoas á práctica de forma autónoma. Estamos formando monitores? Que sentido ten este contido? Unha cousa é que autoxestionen a súa práctica e outra ben distinta que sexan capaces de planificar tarefas, feito este que lles compete aos profesionais diste campo. 2. No medio natural. 2.2. Perfeccionamento e profundización das técnicas de orientación. Non entendemos a progresión metodolóxica deste contido. Imos perfeccionar, sobre que base?. 3 Ritmo e expresión 3.1. Práctica de actividades rítmicas cunha base musical. En tódolos cursos traballamos contidos de expresión con base musical. En qué debemos diferenciar este traballo? 3.5. Participación e aportacións ó traballo en grupo. Dende o noso punto de vista este contido debería ser actitudinal, e polo tanto transversal a toda a área. Criterios de avaliación 1. Realizar quecemento xerais e específicos (...). No curso pasado, os nosos alumnos tiñan que elaborar de forma autónoma, e agora non é preciso que o fagan por si solos. 3. Deseña de forma autónoma un plan de traballo encamiñado á mellora da resistencia aeróbica e da flexibilidade. No bloque de Condición Física, non lle ensinamos a planificar e neste criterio queremos que planifiquen. Cómo van aprender? 11. Realizar, mediante a aplicación de técnicas básicas, producións artísticas sinxelas (...). En todo o bloque de Ritmo e Expresión deste curso faise referencia á base musical, e agora resulta que a música, neste caso, non é imprescindible. Non avaliamos o que impartimos ou non impartimos o que avaliamos?. Comentar, ademais, a nivel xeral que non aparece ningún criterio de avaliación relacionado coa postura corporal. Tampouco se menciona nada sobre a planificación e organización de campionatos nin co tema da orientación. Sobre todo este último, xa que perfeccionamos teremos que saber que nivel acadaron os nosos alumnos. CONCLUSIONS A continuación presentamos as posíbeis reflexión xerais que podemos extraer da análise anterior, remarcándoas ademais con aportacións de outros autores que xa 10

analizaron a anterior proposta curricular publicada no Real Decreto 3473/2000 de 29 de decembro (BOE do 16 de xaneiro do 2001), do que esta é practicamente irmá xemela: 1º) Os obxectivos xerais parecen ter unha clara orientación cara a mellora da execución e do rendemento (LEARRETA RAMOS, 2003) 2º) Ao longo de todo o documento, vese unha maior ponderación de obxectivos, contidos e criterios de avaliación enfocados cara unha visión procedimental, perdendo toda importancia os aspectos conceptuais e actitudinais (CASTRILLO SERRANO e outros, 2001) 3º) O documento presenta unha visión reducionista do ámbito da saúde, que só relaciona co bloque de Condición Física (CASTRILLO SERRANO e outros, 2001), deixando de ser polo tanto un contido transversal. 4º) A estruturación e secuenciación de moitos dos contidos propostos carece de sentido dende un punto de vista epistemolóxico e/ou didáctico, coma pode ser o caso dos referidos á Condición Física (CUEVAS CAMPOS, 2002) ou os de Medio Natural e Ritmo e Expresión entre outros (GONZÁLEZ RAVÉ, 2003). 5º) En algúns casos parece que se deixa certos contidos para rematar no Bacharelato, coma é o caso de que se fala de Elaborar e por en práctica un plan de traballo da resistencia aeróbica e a flexibilidade pero non pasa o mesmo coa forza e velocidade. De ser isto así, debemos reflexionar que a ESO ten caracter terminal e polo tanto eses contidos poderían non ser adquiridos polo alumnado que non accedese a esa etapa escolar (CASTRILLO SERRANO e outros, 2001) 6º) Se bota en falta, seguindo a CUEVAS CAMPOS (2002), contidos que fagan referencia aos primeiros auxilios ou incluso algúns tan relacionados coa saúde coma os de nutrición, que deste xeito quedan fora de todo o currículo da ESO, feito este que consideramos preocupante dada a tendencia actual da nosa sociedade e máis concretamente dos nosa xuventude, en materia nutricional. 7º) No sub-apartado de Xogos e Deportes. Cualidades Motrices Persoais, parece que se fai un fincapé excesivo no deporte regrado (LEARRETA RAMOS, 2003), fronte ao protragonismo que tiña o xogo no primeiro currículo da LOGSE (RD 1007/1991 de 14 de xuño). 8º) No referido ao sub-apartado de Ritmo e Expresión, se ve certa tendencia cara ao ámbito artístico máis que cara ao expresivo (LEARRETA RAMOS, 2003), dando como resultado respostas que buscan máis unha estética que puidera entenderse sometida a uns canons. Se obvian polo tanto moitos contidos relacionados coa vivencia corporal de sentimentos, a relación interpersoal e a mesma comunicación do linguaxe non verbal. 9º) No referido aos criterios de avaliación, se amosa un evidente desaxuste entre o que se debe ensinar e o que se debe avaliar (CASTRILLO SERRANO e outros, 2001), propoñéndose contidos que non se reflexan nos criterios de avaliación e viceversa. BIBLIOGRAFIA AYUSTE, A. y otros (1999).- Planteamientos de la Pedagogía Crítica. Comunicar y transformar. Barcelona. Graó BAYER, C. (1986).- La Enseñanza de los Juegos Deportivos Colectivos. Ed: Hispano- Europea. Col: Heracles. Barcelona CASTELLAR OTIN, C. e ZARGOZA CASTERAD, J. (2004).- La resistencia en Secundaria: Aplicaciones Prácticas. En: Revista de Educación Física: Renovar la teoría y la práctica, nº 93. Ed: Boidecanto. A Corunha 11

CASTRILLO SERRANO, J. y otros (2001).- "El Real Decreto de Enseñanzas Mínimas para el Á rea de Educación Física en la E.S.O., la confirmación de una involución anunciada". En: Revista Española de Educación Física y Deportes. Vol: VIII, nº 4, año LII. Ed: Consejo General de COLEF Y CAFD. Madrid. (pp. 30-40) CUEVAS CAMPOS, R. (2002).- "Análisis de la nueva organización de los bloques de contenidos de educación Física en Educación Secundaria". En: Apuns, nº 67. Barcelona (pp.18-26) DEVÍS DEVÍS, J. y PEIRÓ VELERT, C. (1992).- Nuevas Perspectivas Curriculares en Educación Física: La Salud y los Juegos Modificados. Col: La Educación Física en. Reforma. Ed: Inde. Barcelona GENERELO, E. y TIERZ, P. (1991).- Cualidades Físicas. Ed: CEPID. Zaragoza. GONZÁLEZ RAVÉ, J. M. (2003): Análisis de los cambios en el currículo de la Educación Física. Currículo holístico o neo-liberal: del RD 1007/1991 al RD 3743/2000. En: Revista de Educación Física, nº 92. Ed: Boidecanto. A Corunha GROSSER, M. (1992).- Entrenamiento de la Velocidad. Ed: Martinez Roca. Barcelona HERNÁNDEZ MORENO, J. y cols. (2000).- La iniciación a los deportes desde su estructura y dinámica. Aplicación a la Educación Física Escolar y al Entrenamiento Deportivo. Ed: Inde. Col: El deporte en Edad Escolar. Barcelona KIRK, D. (1990).- Educación Física y Currículum. Valencia. Universidad de Valencia LEGARRETA RAMOS, B. (2003).- Nuevas enseñanzas mínimas para la educación física de ESO: análisis comparativo entre el anterior y el nuevo currículo. Revista Española de Educación Física, julio-septiembre. 42-47 LIZALDE, M. y SALGADO LÓPEZ, J. I. (2004).- Análisis del nuevo currículo del área de educación física en la enseñanza primaria. En Actas al III Congreso de la Asociación Española de Ciencias del deporte. Valencia LÓPEZ VILLAR, C. y SALGADO LÓPEZ, J.I. (2002).- "Análise crítica da proposta de modificación do Currículo de Educación Física da Conselleria de Educación da Xunta de Galicia". En: Lecturas: E.F. y Deportes. Revista digital. www.efdeportes.com. Año 8, nº 48. Buenos Aires MARCO SANZ, C. (1998).- Fundamentos fisiologicos de la Flexibilidad. En: II Jornadas sobre Teoría del Entrenamiento Deportivo. Departamento de Educación y Cultura. Gobierno de Aragón. Zaragoza MARTÍNEZ CÓRCOLES, P. (1996).- Desarrollo de la resisténcia en el niño. Ed: Inde. Col: La Educación Física en. Reforma. Barcelona MORA VICENTE, J. coord. (1995).- Teoría del Entrenamiento y del Acondicionamiento Físico. Ed: COPLEF Andalucía. Córdoba SANTIAGO, P. (1985).- De la expresión corporal a la comunicación interpersonal. Ed: Narcea. Madrid SICILIA CAMACHO, A. y RIVADENEYRA SICILIA, Mª. L. (1998).- Unidades didácticas para secundaria VIII: Orientación. Ed: INDE publicaciones. Col: Unidades Didácticas de aplicación. Barcelona STENHOUSE, L. (1987).- La investigación como base de la enseñanza. Madrid. Morata TORRES SANTOMÉ, J. (1991).- El Currículum oculto. Madrid. Morata VV.AA. (1993).- Fundamentos de la Educación Física para la Enseñanza Primaria. Vol I. Col: La Educación Física en. Reforma. Ed: Inde. Barcelona. José Ignacio Salgado López (Fac. de CC. de la Salud y el Deporte - Univ. de Zaragoza) Carlos Mariño Pego (Profesor de Educación Física Colexio Sdo. Corazón Castiñeiras) 12