A propiedade intelectual a xuízo

Similar documents
GUÍA DE MIGRACIÓN DE CURSOS PARA PLATEGA2. Realización da copia de seguridade e restauración.

Acceso web ó correo Exchange (OWA)

R/Ponzos s/n Ferrol A Coruña Telf Fax

COMO XOGAR A KAHOOT Se vas xogar por primeira vez, recomendámosche que leas este documento QUE É KAHOOT?

Síntesis da programación didáctica

Narrador e Narradora Narrador Narradora Narrador

Silencio! Estase a calcular

O SOFTWARE LIBRE NAS ENTIDADES DE GALIZA

Problema 1. A neta de Lola

Facultade de Fisioterapia

Metodoloxía copyleft en educación

Name: Surname: Presto= very fast Allegro= fast Andante= at a walking pace Adagio= slow Largo= very slow

Revista Galega de Economía Vol (2016)

VIGOSÓNICO V C O N C U R S O V I D E O C L I P S Calquera proposta estética para o vídeo: cine, animación, cor, branco e negro,...

MEMORIA COMITÉS DE ÉTICA DA INVESTIGACIÓN DE GALICIA PERÍODO

A OUTRA CRISE: ENERXÍA, CAMBIO CLIMÁTICO E ECONOMÍA

ESTUDO SOBRE O SECTOR DOS MATADOIROS EN GALICIA DENDE O PUNTO DE VISTA DA COMPETENCIA

viveiros en Galicia de empresa O papel dos económica e xeración de emprego

DESFOCADOS. a distração programada da internet em N. Carr. Joana Rocha. Congresso de Cibercultura Universidade do Minho

Revista Galega de Economía Vol (2017)

Xogos e obradoiros sobre o cambio climático que Climántica desenvolve en centros educativos

A ACCESIBILIDADE RESIDENCIAL. UNHA REVISIÓN DA LITERATURA

RESPONSABILIDADE SOCIAL EMPRESARIAL E RESILIENCIA

Anexo IV: Xestionar o currículum da etapa:

Das orixes do marketing á súa orientación social

Se (If) Rudyard Kipling. Tradución de Miguel Anxo Mouriño

IMPLICACIÓNS FINANCEIRAS DA XESTIÓN DO MEDIO NATURAL PARA AS EMPRESAS E PARA OS MERCADOS DE CAPITAIS

Carlos Cabana Lesson Transcript - Part 11

a) Japanese/English (difficult)... b) The weather in Africa/ the weather in the Antarctic (cold)... c) A car/ a bike (fast)

ACCESO LIBRE Ó COÑECEMENTO? POLÍTICAS NEOLIBERAIS NAS BIBLIOTECAS UNIVERSITARIAS GALEGAS. Concha Varela Orol

ESTUDOS OBSERVACIONAIS

12352 LEI 11/2007, do 22 de xuño, de acceso electrónico dos cidadáns aos servizos públicos. («BOE» 150, do )

PARTE I. VIVALDI: Concierto en MI M. op. 3 n.12

CONTROL DE VERSIÓNS E DISTRIBUCIÓN

Manual de usuario do módulo de control horario do sistema OPAX

CIG-Saúde Gregorio Espino, VIGO Tfno Fax Voceiro da Agrupación Médica de CIG-Saúde

Sede Electrónica Concello de Cangas

ANÁLISE DO SECTOR TÉXTIL, CONFECCIÓN E CALZADO

ANALIZANDO A DESIGUALDADE GLOBAL: A EVOLUCIÓN DAS DESIGUALDADES INTERNAS E ENTRE PAÍSES NO CONTEXTO DA GLOBALIZACIÓN

Orzamentos Xerais do Estado para 2016: Novidades en materia de Seguridade Social que xestionan as mutuas

SOCIEDADES MULTICULTURAIS, INTERCULTURA- LIDADE E EDUCACIÓN INTEGRAL. A RESPOSTA DENDE A EDUCACIÓN PERSONALIZADA

Revista Galega de Economía ISSN: Universidade de Santiago de Compostela España

1. Introducción e obxectivos do documento 1.1 Introducción Estrutura do informe Unha visión colaborativa 8

O Software Libre nas Empresas de Galicia

BILINGÜISMO, DESENVOLVEMENTO E APRENDIZAXE ESCOLAR: UNHA PROPOSTA DE INTERVENCIÓN NA ESCOLA

Informe do estudo de CLIMA LABORAL do Sergas

Xénero e desenvolvemento humano: unha relación imprescindible

Implantación dunha tenda online: venda de produtos de artesanía

RELACIÓNS DE PODER NO SISTEMA DE VALOR: APLICACIÓN EMPÍRICA NA CADEA DA MADEIRA DE GALICIA E DO PAÍS VASCO 1

AS POLÍTICAS DE I+D+i ANTE A CRISE 1

vista Galega de Bloque temático ECONOMÍA, EMPRESA E MEDIO AMBIENTE Coordinadora MARÍA ROSARIO DÍAZ VÁZQUEZ

A TRANSICIÓN DA UNIVERSIDADE Ó TRABALLO: UNHA APROXIMACIÓN EMPÍRICA

5.3. Tributación da transferencia da tecnoloxía: a fiscalidade e a sociedade do coñecemento como vía de saída da crise

A cultura do código. Retos para a identidade galega na época dos algoritmos

administración cidadanía. VOL.6_nº1_2011_ Revista da Escola Galega de Administración Pública.

Os motivos dunha crise que tamén é galega. O crecemento en crise: oportunidade para a eco-solidariedade

Guía para autoarquivo en Minerva Repositorio Institucional da USC. 16/04/2018 Biblioteca Universitaria da USC

Ensancha-los vieiros de desenvolvemento locais. VIsións tranformadoras da economía cultural

ICEDE Working Paper Series

OS VIVEIROS GALEGOS COMO INSTRUMENTO DE DESENVOLVEMENTO LOCAL: SITUACIÓN ACTUAL E LIÑAS FUTURAS DE MELLORA

O INVESTIMENTO ESTRANXEIRO DIRECTO EN GALICIA. SITUACIÓN ACTUAL E ESTRATEXIAS DE FUTURO

Carlos Servando MEMORIAL SALVAMENTO DEPORTIVO. 10 de outubro as 16:00. Piscina Carballo Calero Carballo. Organiza

EFECTOS SOCIOECONÓMICOS DO ACTUAL PROCESO DEMOGRÁFICO EN GALICIA

Blink: SIP conferencing done right Saúl Ibarra Corretgé AG Projects

EL SHOCK SENTIMENTAL. COMO SUPERARLO Y RECUPERAR LA CAPACIDAD DE AMAR (SPANISH EDITION) BY STEPHEN GULLO /CONNIE CHURCH

Igualdade e sostibilidade. Pode a loita contra a mudanza climática reducir a desigualdade?

3. VALORACIÓN ECONÓMICA DOS CAMBIOS AMBIENTAIS

Discurso literario e sociedade nos países de fala inglesa

A arte e as industrias culturais. Autonomía e comunidade. Laikwan Pang

O ESTUDO DA INFANCIA E DA ADOLESCENCIA DESDE A PERSPECTIVA HISTÓRICO-EDUCATIVA. PERFÍS POSÍBEIS PARA A INVESTIGACIÓN ACTUAL

the creation of the autonomous regions and the enactment of the Gali the status of the official language of the region and began to be taught in

Obradoiro sobre exelearning. Pilar Anta.

Guía para autoarquivo en Minerva. Repositorio Institucional da USC

ÉTICA PÚBLICA: DESAFÍOS E PROPOSTAS

GUíA COOP. GUíA DE COOPERATIVISMO Unidade didáctica CICLO DE EDUCACIÓN PRIMARIA

EDUCACIÓN, EMPREGO E POBOACIÓN DE GALICIA

ANÁLISE ECONÓMICA E FINANCEIRA DAS EMPRESAS PÚBLICAS ESTATAIS. EFECTOS DO PROGRAMA DE MODERNIZACIÓN DE 1996

Fondo de Acción Social. Manual do Usuario de presentación de solicitudes do FAS

EL SHOCK SENTIMENTAL. COMO SUPERARLO Y RECUPERAR LA CAPACIDAD DE AMAR (SPANISH EDITION) BY STEPHEN GULLO /CONNIE CHURCH

EDITA: CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA COORDINACIÓN EDITORIAL: NOVA XESTIÓN CULTURAL S.L. E O CABLE INGLÉS S.COOP. GALEGA

Creando Software Libre

APROXIMACIÓN AO PERFIL E AO COMPORTAMENTO DO TURISTA SENIOR 1

Lingua e Docencia Universitaria V Xornadas sobre Lingua e Usos

A comunicación externa nas organizacións

Xénero e discapacidade, unha dupla invisibilidade. Situación actual

REVOLUCIONAN A ECONOMÍA ACTUAL. Mostra bibliográfica con motivo do 8 de marzo, Día internacional das mulleres Marzo 2017

DÍA DA CIENCIA EN GALEGO CEIP DE CERVO 2014/15 PUCA QUERE SABER SOBRE

CREACIÓN DE PÓSTERS CON GLOGSTER. Miguel Mourón Regueira

O PROBLEMA DO COÑECEMENTO

Revista Galega de Economía Vol (2017)

PROPOSTA DE FISCALIZACIÓN DAS RENDAS PROCEDENTES DA PRIMEIRA VENDA DE FUNGOS SILVESTRES COMESTIBLES DE INTERESE SOCIOECONÓMICO

ESTUDO DA OCUPACIÓN NO MERCADO DE TRABALLO EN GALICIA. INFLUENCIA DO XÉNERO 1

Teaching English through music: A report of a practicum based on musical genres

Edita. Tradución. ESCOLA GALEGA DE ADMINISTRACIÓN PÚBLICA (EGAP) Rúa de Madrid, 2 4, Polígono das Fontiñas Santiago de Compostela

Modelos matemáticos e substitución lingüística

Indagacións sobre a produción do real: obxectos, procesos e relacións

Polinomios. Obxectivos. Antes de empezar

CONTRASTE EMPÍRICO DO MODELO CAPM: APROXIMACIÓN A NON LINEARIDADE PARA O MERCADO ESPAÑOL DE CAPITAIS

Estudos sobre. lingüístico no galego actual

Percept and perceptual judgment in Peirce s phenomenology. Maria Luisi Università degli Studi di Milano - Italy.

Transcription:

A propiedade intelectual a xuízo Fernando del Río Grial, Nº 169, 2006 1.Introdución O debate sobre a propiedade intelectual (Π) ten xa tocado o gran público. Calquera cantante que saia na televisión non ha desaproveitar a oportunidade para lanzar unha alegación contra do pirateo. Non é de estrañar que actúe deste xeito xa que así defende os seus intereses pecuniarios. En boa medida grazas às leis de Π pode desfrutar unha casa grande e luxosa en Miami. Polo contrario, os amantes da música colocan o berro no ceo polo elevado prezo dos CDs, os usúarios de internet quéixanse por teren que pagar unha taxa a algún lobby de autores e os usúarios dos computadores móstranse molestos polo prezo dos CDs incorporar unha taxa a maior gloria e riqueza dalgún destes lobbies. Mais, quen ten razón nas súas queixas, os autores ou os consumidores? Este artigo aborda a cuestión da Π. Realizase unha exposición concisa, e espero que clara, dos argumentos a favor e en contra das leis protectoras da Π. Como veremos, as leis de Π son defendidas como unha ferramenta básica que garante os incentivos necesarios para a innovación tecnolóxica. Porén, os críticos argumentan que esta basease nunha concepción errónea da innovación. Segundo a visión crítica as innovacións non son bens non rivais, como argumentan os defensores das leis de Π, xa que unha innovación ten valor de mercado en tanto e en canto está incorporada nun ben que por natureza é rival, o que implica que será comerciada a un prezo positivo. Vistas así as cousas, as leis de Π non teñen porque seren necesarias para que exista innovación. As leis de Π basicamente abranguen tres categorías: copyrights, patentes e marcas. As dúas primeiras categorías teoricamente son da mesma natureza e a diferenza fundamental entre elas é o tipo de innovacións ás que está orientada a súa protección. Para o que aquí importa as diferenzas entre ambas categorías son irrelevantes. Porén, as marcas son dunha natureza diferente. As marcas serven para identificar os fornecedores de bens, servizos e ideas, e non pretendo cuestionalas. A propiedade das marcas debe ser respectada. O contrario implicaría un fraude ao consumidor. É conveniente que quede claro que a discusión deste artigo versa sobre copyrights e patentes, non sobre

marcas. E, por tanto, cando se discuta a Π, estaremos a referirnos a copyrights e patentes. Debemos subliñar a diferenza entre a propiedade privada tradicional e a Π. Ás veces hai unha confusión interesada entre ambas. Mais, a Π é dunha natureza diferente. A Π concede o dereito a controlar o uso do ben protexido pola Π, mentres que o dereito de propiedade privada tradicional só implica un dereito de venda, non de controlo do uso. Para entender a diferenza é conveniente valerse dun exemplo. O propietario dun par de zapatos ten o dereito a vendelo ao prezo que desexar, mais non ten dereito a controlar o seu uso. Unha vez que o comprador pagou o prezo pode facer o que desexar con el, pode revendelo, dedicalo ao seu uso persoal ou mesmo fabricar un zapato idéntico. Britney Spears (BS) ten o dereito a vendernos o seu CD ao prezo que desexar, mais ademais a Π concédelle a prerrogativa de controlar o uso que o comprador do CD fai do mesmo. Así, BS permítenos escoitar a súa música, mais non reproducila. Eis a verdadeira natureza da Π. Por tanto, cando neste artigo se poña en cuestión a Π non debe ser motivo de escándalo. Non se está a atacar a propiedade privada. Nada mais lonxe da miña intención. A propiedade privada é necesaria para que exista un comportamento eficiente dos axentes económicos. Habitualmente fornece dos incentivos precisos para que así sexa. O que aquí se discute é que outro tipo de propiedade -a Π- a miúdo non é necesaria para incentivar a innovación e que mesmo pode ser fonte de importantes ineficiencias. Por tanto, ninguén lle discute a BS o seu dereito a vender a súa música ao prezo que desexe, mais si a impornos o que podemos facer con ela. Este artigo está organizado como segue. Na sección 2 expóñense os argumentos tradicionais a favor da Π. A sección 3 ilustra con algúns exemplos que a argumentación tradicional pode facer auga. A sección 4 desenvolve os argumentos críticos coa propiedade intelectual. A Π fomenta as actividades improdutivas de procura de rendas, isto é analizado na sección 5. Por último,a sección 6 conclúe. 2. O argumento a favor Supoñamos que BS grava un novo disco, os custos do estudo de gravación son 10.000 euros. Co máster nas mans BS pode comercializar a súa música a través da edición de CDs. O custo de producir cada CD é de 1 euro. Supoñamos que a música de

BS non está protexida por un copyright. Calquera persoa podería legalmente reproducir a música de BS, realizar unha tiraxe de CDs e vendelos no mercado. Nestas circunstancias as forzas da concorrencia provocarían que o prezo dos CDs fose de 1 euro. Se así for, BS non tería incentivos a producir música xa que non podería recuperar o diñeiro que investiu no estudo de gravación incorrendo en perdas. O resultado sería que BS nunca gastaría 10.000 euros nun estudo de gravación e moitos non poderíamos desfrutar da súa música. BS había ter incentivos a criar a súa música se puider recuperar os custos do estudo de gravación. Isto sería posíbel se ela fose a única produtora de CDs coa súa música (un monopolista que dicimos os economistas). Sendo un monopolista, BS podería fixar un prezo superior ao custo de producir cada CD -1 euro, lembremos. Por exemplo, podería cobrar 21 euros por cada CD. Se BS lograse vender 500 CDs recuperaría os custos do estudo de gravación e mesmo podería lucrarse se ultrapasar esta cifra. Así BS tería incentivos a compor e gravar as súas cancións. Claramente, esta situación é preferíbel à descrita no párrafo anterior pois aínda que teñamos que pagar por cada CD un prezo desorbitado- 21 euros, cando só costa producilo 1 euro- polo menos podemos desfrutar da música de BS. Mais, se BS estiver suxeita ás forzas da concorrencia non consideraría rendíbel criar a súa música -pois o prezo do CD descendería a 1 euro- e ficariamos sen poder desfrutar das súas melodías. Se o mercado axir libremente a situación que se produciría sería a narrada primeiramente. A razón é que a música de BS é o que os economistas chamamos un ben non rival, o seu uso por unha persoa non impide o uso simultáneo por outros. Para comprender o concepto de non rivalidade pensemos nunha mazá, a cal se comida por alguén non pode ser comida por outros. É, Por tanto, un ben rival. Porén, que BS interprete ou reproduza en CDs a súa música é perfectamente compatíbel con que outros músicos tamén a interpreten ou a reproduzan en CDs. A música de BS é un ben non rival. Na ausencia de lexislación tan pronto como BS teña criado as súas cancións outros han copialas. Estes outros non terán incorrido nos custos de compor e criar a música e venderán os CDs ao seu custo de produción, 1 euro. Para garantir que BS se poda apropiar dos beneficios que xera a súa música é preciso que o estado conceda a BS un dereito de propiedade que lle permita excluír os potenciais imitadores do uso da súa música. O estado fai isto concedéndolle a BS a Π

sobre a súa criazón. Concretamente, a súa música está protexida por un copyright que permite a BS controlar o uso que os outros fan da súa música. Este dereito proporciona a BS o poder de monopolio para fixar o prezo que desexe polos seus CDs. BS poderá entón fixar un prezo superior a 1 euro e recuperar así os custos nos que incorreu para criar a súa música. Aínda que este exemplo poda parecer intranscendente en realidade nel están implicadas as principais ideas da economía da innovación tecnolóxica, for esta musical, farmacéutica, automobilística ou de calquera outra natureza.(1) A innovación representa un custo fixo que nun marco de concorrencia perfecta non pode ser recuperado debido a que as innovacións tecnolóxicas pola súa propia natureza son bens non rivais que poden seren inmediatamente copiados por imitadores. Así, é preciso que o estado deseñe unha lei que garanta a propiedade do anovador sobre a súa innovación excluíndo do seu uso a potenciais imitadores. Garantindo así ao anovador a posibilidade de apropiarse dunhas rendas futuras que o compensen polos custos fixos nos que ten incorrido para conseguir a innovación. Procedendo deste modo, o estado deseña o marco institucional axeitado para que os individuos posúan incentivos para realizaren actividades anovadoras. Desde esta perspectiva o correcto deseño de axeitadas leis de Π é de vital importancia para o desenvolvemento económico pois na súa ausencia non existiría progreso tecnolóxico e Por tanto tampouco crecemento económico a longo prazo. De facto, North (1981) sostén a tese de que foi o desenvolvemento da Π o responsábel do crecemento económico moderno iniciado na Gran Bretaña no primeiro cuarto do século XIX. Segundo esta tese só cando as persoas recibiron o estímulo da promesa de grandes rendementos tivo lugar a innovación tecnolóxica continua. Cando se deseñan as leis de Π hai que ter en conta que a súa introdución tamén ten un custo para os consumidores. A protección da propiedade intelectual provoca que os monopolistas fixen un prezo polo seu produto superior ao seu custo de produción (no noso exemplo 21 euros fronte a 1). Claramente para os consumidores sería mellor que o CD se vendese a 1 euro, mais se isto fose así non existirían incentivos a criar música e Por tanto non se producirían CDs musicais. Isto supón un conflito que as leis de Π teñen resolto fixando períodos finitos de protección da Π. Así por exemplo BS gozaría do dereito en exclusiva à produción dos CDs coa súa música durante 75 anos. Logo o seu copyright expira e todo aquel que o desexar poderá reproducir a música de BS. A idea

subxacente a uns dereitos de Π limitados temporalmente é compatibilizar o obxectivo de incentivar a innovación con que os consumidores compren os produtos incorporando a innovación ao prezo mais baixo posíbel, o cal poderán facer unha vez finalice o período de protección. O cálculo da duración óptima da Π debe facerse tendo en conta o tempo estimado preciso para que o innovador recupere os custos de anovar. Esta teoría é xeralmente aceptada entre os economistas. Mais recentemente está a ser posta en cuestión. Xa moitos cren que algo falla no razoamento anterior. Para evidenciar que as cousas non están tan claras poremos algúns exemplos que espero nos fagan dubidar do argumentado até o de agora. 3. Levantando a sospeita As leis de Π son unha institución relativamente recente. A Gram Bretaña foi o primeiro pais en desenvolver os dereitos de Π. O Statute of Monopolies de 1624 estableceu a primeira lei de patentes. Os primeiros tratados internacionais de envergadura regulando a Π foron a Convención de Paris de 1883 sobre patentes e outra propiedade industrial e a Convención de Berna de 1886 para traballos literarios e artísticos. Porén, antes da existencia de leis regulando a Π existía innovación tecnolóxica. Isto é especialmente evidente no que respecta à criazón artística. For como for a historia do desenvolvemento da propiedade intelectual, o caso é que Mozart escribiu a súa música -e viviu dela- nunha época na cal non había copyrights. Camões escribiu Os Lusíadas -e unha imprenta publicou a súa obra- sen necesidade dun copyright que lle garantise un monopolio. Mesmo hoxe existen moitas actividades anovadoras que non están protexidas por leis de Π. Un fabricante de zapatos antes de producir o primeiro par de zapatos debe incorrer no custo de deseñalos. Estes custos son completamente similares aos custos do estudo de gravación para BS. Hai no mundo moitas empresas que deseñan e producen zapatos. Fano sen necesidade de que ningunha lei de Π protexa a súa actividade. Unha vez o deseño está feito nada legalmente impide a outra empresa de copiar este deseño e producir un par idéntico de zapatos. Se unha empresa descobre un novo xeito de xestionar os seus stocks, outras empresas poderán copiar sen trabas legais o novo

sistema. Aínda así, as empresas contratan e pagan a executivos que melloren a organización empresarial. Os exemplos anteriores ilustran que a innovación é posíbel en ausencia de Π. O cal nos ten que facer dubidar do razoamento tradicional na súa defensa, e é que talvez algo falla na argumentación a favor da Π. 4. A visión crítica Que é o que pode fallar no argumento tradicional para que a innovación sexa aínda posíbel na ausencia das leis de Π?(2) No argumento anterior hai en realidade un case imperceptíbel salto no baleiro que moitos economistas foron incapaces de percibir durante longo tempo. En realidade non é correcto que sexa precisa a existencia de dereitos de Π para excluír do uso da innovación aqueles que non teñen soportado o custo da mesma. As innovacións están incorporadas nun ben que por natureza é rival e a capacidade de copialas non é infinita pois require tempo e recursos. O facto dunha innovación estar necesariamente incorporada nun ben rival implica que o dereito de propiedade tradicional garante a posibilidade de exclusión e Por tanto a posibilidade de apropiarse de parte das rendas xeradas pola innovación. As ideas non existen na nada ou no éter. Existen porque están nun libro, nun prototipo ou na cabeza dunha persoa. E todos estes bens por natureza son rivais. O dereito de propiedade tradicional, que implica un dereito de venda, permite excluír do seu uso, e Por tanto teñen valor de mercado. Para entender mellor isto é conveniente continuar co exemplo de BS. Dixemos anteriormente que tan pronto BS compón as súas cancións calquera outra persoa pode copialas para reproducilas nun CD debido à súa natureza non rival. Porén, isto non é correcto pois as cancións de BS non están flotando no ar, mais incorporadas nun máster que é pola súa propia natureza un ben rival. Se BS posúe este máster no que están incorporadas as súas cancións, outra persoa non pode copiar libremente as cancións. Para facelo tería que roubarlle o máster, e así violar a propiedade privada. BS podería apropiarse de rendas que a compensasen pola composición e gravación da súa música por varios medios aínda na ausencia de Π. Por exemplo, podería ir con este máster a unha emisora de radio e facerlle a seguinte oferta: se queres

ser o primeiro en emitir as miñas cancións págame 15.000 euros. Se a emisora lle compensa paga e BS recupera o seu investimento e aínda gaña 5.000 euros. Podería tamén editar a súa música en CDs e antes de que un imitador puidese ter CDs coa música de BS no mercado poden transcorrer, por exemplo, dúas semanas. Durante estas dúas semanas BS é un monopolista que pode vender os seus CDs a 21 euros e vendendo 500 copias durante estas dúas semanas recupera tamén o seu investimento. Tamén podería acontecer que o imitador teña que incorrer nun gasto de, por exemplo, 2000 euros para facer a imitación (o imitador ten que pagar o deseño da capa do CD e ten que comprarlle o disco a BS para poder copialo). Se o imitador incorre neste gasto e BS ameaza o imitador con que se saca unha copia ao mercado entón baixará o prezo dos CDs a 1 euro, o imitador non terá interese na imitación e BS poderá seguir a manter un prezo de 21 euros para o seus CDs. BS tamén recupera os custos de criazón e gravación da súa música dando concertos ao vivo polos que cobra unha entrada. Todos os anteriores exemplos ilustran que non é preciso que existan leis de Π para que existan incentivos à innovación. É perfectamente posíbel que nun entorno de concorrencia os innovadores podan apropiárense de rendas abondo para compensar os custos da innovación. Isto explica que Camões escribise a súa grande obra nunha época na que a ninguén se lle ocorrera aínda pensar nos dereitos de autor e tamén explica porque Giorgio Armani insiste nos seus estrafalarios deseños a pesares das imitacións que dos mesmos faga Zara. Agora ben, no argumento anterior non hai nada que garanta que estas rendas concorrenciais sexan suficientes para compensar ao innovador polos custos nos que ten incorrido. Podería darse o caso no que estas rendas fosen insuficientes e a innovación quedase paralizada. Continuemos co noso exemplo. Podería ser que BS chegase à emisora de radio e esta só estivese disposta a pagarlle 5000 euros pola emisión da súa música. Neste caso BS non tería incentivos suficientes a producir a súa música en ausencia dun copyright pois as rendas concorrenciais serían inferiores ao custo da innovación. Podería tamén darse o caso que entre a aparición da innovación e a imitación só transcorresen dous días e durante este tempo BS só puidese vender 100 CDs. Neste caso tampouco as rendas concorrenciais serían abondo para compensar BS.

O anterior pon de manifesto que talvez en certas actividades as leis de Π sexan necesarias para incentivaren a innovación. Cando os custos de innovación for moito elevados, os custos de imitación, en tempo ou recursos, moito baixos e/ou o tamaño do mercado reducido probabelmente algunha protección legal do innovador for precisa. Boldrin e Levine (2005 ) poñen de manifesto que canto maior é o tamaño de mercado tanto menores son as necesidades de protección da Π. Isto é importante porque talvez ao comezo do crecemento económico moderno, cando o tamaño do mercado era reducido, a defensa da Π fose precisa para incentivar o crecemento económico. Mais esta necesidade pode desaparecer en fases posteriores do desenvolvemento, nas que o tamaño de mercado é moito maior. Un caso típico pode ser a industria farmacéutica a cal para a descuberta dun novo medicamento precisa incorrer nun elevadísimo custo. Para recuperar estes custos talvez precise un monopolio de varios anos. Se non obtivese unha patente é moi posíbel que un imitador desenvolva un medicamento similar en tan só un ano, por exemplo. Neste caso as rendas concorrenciais poderían non seren abondo para cubrir os custos da innovación farmacéutica. Mais hai moitas actividades nas que os dereitos concedidos pola Π son completamente innecesarios para incentivar a innovación. Nalgunhas xa hoxe non existen, como na industria da moda ou do móbel. Mais noutras, nomeadamente a musical, estes dereitos de Π están presentes e acho que se están a voltar cada vez mais abusivos coa introdución de impostos sobre variadas actividades. Dados os baixos custos de criar novas cancións e as posibilidades de obter rendas concorrenciais a través dos concertos ao vivo, a venda de dereitos de emisión ou o merchandising, nesta industria os dereitos de autor revélanse completamente superfluos. 5. E ainda pode ser pior! Os efectos malignos da Π para a eficiencia económica desafortunadamente non quedan na simples instauración do poder de monopolio, coas súas coñecidas perdas de eficiencia. Hai outros efectos perniciosos das leis de Π que teñen a ver coas actividades de procura de rendas (rent-seeking). Podemos definir laxamente as actividades de procura de rendas como aquelas orientadas a apropiarse dunha fracción da riqueza dunha sociedade. E estas actividades

son opostas a aquelas actividades dedicadas à procura de lucros (profit-seeking) que son aquelas orientadas a ampliar a riqueza dunha sociedade. Para entender a importante diferenza entre ambos tipos de actividades é conveniente pensar na riqueza da sociedade como un pastel. Se queremos comer mais pastel temos dúas posibilidades: apropiármonos dun anaco maior do pastel existente (rent-seeking) ou incrementar o tamaño do pastel (profit-seeking).(3) As leis de Π instauran monopolios e Por tanto a existencia de rendas non concorrenciais. Os axentes económicos estarán dispostos a dedicar recursos à defensa e apropiación destas rendas.(4) Os recursos dedicados à procura de rendas implican un uso ineficiente dos mesmos pois non se afectan a actividades produtivas e, o que aínda é peor, poden trabaren o progreso tecnolóxico. Aqueles que gozan dun dereito de monopolio produto dunha lei de Π dedicarán recursos a perseguir potenciais imitadores e a influír no proceso político para que se recoñeza ou non se revoque o seu dereito de monopolio. Ademais dedicarán recursos a trabar a introdución de innovacións tecnolóxicas que volten obsoleta a súa tecnoloxía e poñan Por tanto en tela de xuízo as súas rendas. A industria musical fornécenos de exemplos de ambas actividades de procura de rendas. As sociedades de autores son lobbies que dedican recursos a campañas publicitarias, a avogados, a influír políticos para que introduzan impostos sobre a compra de CDs, acceso a internet, televisores,.. e a promover a persecución policial do chamado top-manta. Por un lado, a introdución de impostos destorce a afectación de recursos e provoca ineficiencias. Por outro lado, os recursos implicados nestas actividades non están dedicados a fins produtivos mais exclusivamente à apropiarse de rendas, o cal implica un uso ineficiente dos recursos. Ademais, estas actividades corrompen o proceso político, o cal ten tamén importantes custos sociais. A industria discográfica tamén ten dedicados inxentes recursos a bloquear a introdución dunha innovación tecnolóxica implicando unha distribución mais eficiente das criazóns musicais. E conseguiuno. Lembremos o xuízo de Napster. Napster era unha empresa de distribución musical -e aínda o é- que aproveitaba a Internet para realizar mais eficientemente o seu cometido. Mais isto puña en cuestión as rendas monopolísticas que as distribuidoras discográficas obteñen como consecuencia da sanción legal do seu monopolio. Levaron a xuízo a Napster e gañaron. Conseguindo así

defender a súa posición de privilexio e bloquear a introdución dunha tecnoloxía mais eficiente. A pugna de Napster pola liberdade pode parecer um exemplo atípico,mais non é así. James Watt inventou a máquina de vapor no 1764. En xaneiro de 1769 obtén a patente do seu invento logo de dedicar seis meses en Londres a conseguila. No 1775 grazas às conexións do seu socio Boulton no Parlamento británico consigue extender a súa patente até o 1800. E en 1782 servíndose de novo das súas conexións no parlamento logra unha patente adicional. No 1781 Jonathan Hornblower deseñou unha máquina de vapor superior à de Watt. Boulton e Watt foron contra el con toda a forza do sistema legal. Watt morreu sendo un home rico, mais o custo da batalla legal custoulle a Hornblower o ter que fechar o seu negocio, a ruína e o cárcere. Mentres a patente de Watt estivo en vigor, a difusión na actividade produtiva da máquina de vapor foi moi escasa e as melloras da mesma foron irrelevantes. Cando a patente de Watt expirou alá polo 1800, a difusión do seu invento foi rapidísima e a máquina de vapor foi amplamente modificada e mellorada.(5) Por tanto, xa desde o inicios da revolución industrial podemos encontrar exemplos de como as leis de Π fomentan as actividades improdutivas de procura de rendas e como conseguen ralentizar o progreso tecnolóxico. A ralentización do progreso técnico é especialmente grave. Parente e Prescott (2000) poñen de manifesto que a capacidade de certos grupos de bloquear a introdución de novas tecnoloxías e métodos de traballo que cuestionan os seus dereitos de monopolio sobre unha tecnoloxía obsoleta está a miúdo detrás do fracaso económico de numerosas nacións. Segundo este autores, esta é a posíbel razón de que China non dese o salto ao crecemento económico moderno no século XIV, cando se achaba nunha posición avantaxada. 6. Conclusión A defensa das leis de Π basease nunha concepción tradicional errada da innovación tecnolóxica. Segundo esta concepción as innovacións tecnolóxicas son ideas que teñen unha existencia desincorporada o cal fai delas bens non rivais. Así, en ausencia de leis de Π as persoas responsábeis das innovacións non poden excluir do seu uso a outras persoas alleas ao proceso inovador. Neste contexto os inovadores non teñen posibilidade de recuperar os custos fixos da innovación, e Por tanto non teñen incentivos a inovar. As leis de Π poden solucionar este problema de apropiabilidade.

Porén, as ideas necesariamente están incorporadas nun ben de natureza rival e Por tanto son susceptíbeis de exclusión. Este ben non rival pode ser comercializado a un prezo positivo nun mercado concorrencial. Así os inovadores poden apropiarse dos beneficios xerados pola súa innovación e posúen incentivos a inovar. Aínda que debemos sermos conscientes de que non hai garantía de que estas rendas concorrenciais sexan suficientes para compensar o inovador polo seu esforzo. Se así for, as leis de Π poderían estar xustificadas. O debate sobre Π salta à primeira páxina dos xornais debido ao xurdimento de novas tecnoloxías mais eficientes no sector da distribución musical. Espero que ao longo deste artigo ficase claro que no que respeta à criazón musical a Π parece totalmente desnecesaria para incentivala. A criazón musical está sujeita a baixos custos de inovar e as oportunidades de apropiase de rendas concorrenciais neste campo da actividade económica son elevadas. Por tanto, acredito en que o comportamento dos lobbies defendendo os intereses dos autores están a seren totalmente abusivos e inxustificados. As leis de Π xeran rendas monopolísticas que dan lugar a actividades de procura de rendas. Estas actividades implican o uso improdutivo dos recursos económicos ademais de corromper o proceso político e trabar o proceso de innovación tecnolóxica. Existen exemplos relevantes de todos estes efectos non desexados. O bloqueo da innovación tecnolóxica é especialmente grave pois cuestiona o éxito económico a longo prazo dunha nación. Notas (1) Os principais conceptos implicados na economía das ideas podense encontrar en Phelps (1966), Shell (1967) e Romer (1986). (2) Os argumentos expostos de aqui en diante son debidos a Boldrin e Levine (2003). (3) A análise clásica da procura de rendas podese encontrar em Krueger (1974) e Tullock (1967). Para ter unha visión bastante completa do problema da procura de rendas pódese ler Buchanan, Tollison and Tullock (1980) e Brooks e Heijdra (1989). (4) Boldrin e Levine (2003) analisam a relación entre rent-seeking e propiedade intelectual. Os custos sociais do monopolio poden verse grandemente alargados cando temos en conta as actividades de procura de rendas (ver Harberger (1954), Posner (1975) e Cowling e Mueller (1978)).

(5) Boldrin e Levine (2005) contan esta historia un pouco mais polo miúde. Tomana de Lord (1923) e Carnegie (1905). Referencias Boldrin, M. e D. K. Levine (2002), "The Case Against Intellectual Property," American Economic Review Papers and Proceedings, 92, 209-212. Boldrin, M. e D. K. Levine [2003]: The Case Against Intellectual Monopoly, Chapter 1, mimeo, in http://www.dklevine.com/workshops/. Boldrin, M. e D. K. Levine (2004), "Rent Seeking and Innovation," Journal of Monetary Economics, 51, 127-160. Boldrin, M. e D. K. Levine (2005), "Intellectual Property and the Scale of the Market,"mimeo, in http://levine.sscnet.ucla.edu/papers/scale22.pdf. Brooks, M. A. e Heijdra, B. J. (1989), An exploration of rent-seeking." Economic Record 65, 32-50. Buchanan, J. M., Tollison, R. D. e Tullock, G. (1980), Towards a theory of the rentseeking society, College Station: Texas A and M Press. Carnegie, Andrew (1905), James Watt, New york: Doubleday, Page and Company. Cowling, K.G. e Mueller, D. C. (1978), The social costs of monopoly power." Economic Journal 88, 727-748. Harberger, A. C. (1954), Monopoly and resource allocation." American Economic Review 45, 77-87. Krueger, A. (1974), The political economy of the rent-seeking society." American Economic Review 64(3), 291-303. Lord, John (1923), Capital and steam power, London. North, Douglas S. (1966), Structure and change in economic history, New York, Norton. Parente, S. L., and E. C. Prescott (2000), Barriers to Riches, The MIT Press, Cambridge, Mass. Phelps, Edmund S. (1966), Models of technical progress and the golden rule of research." Review of Economic Studies 33, 133-45. Posner, R. A. (1975), The social cost of monopoly and regulation." Journal of Political Economy 83, 807-27. Romer, Paul M. (1986), Increasing returns and long-run growth." Journal of Political Economy 94, 1002-37.

Shell, Karl. (1967)), A model of inventive activity and capital accumulation." In Essays on the theory of economic growth, ed. Karl Shell. Cambridge, MA, MIT Press. Tullock, G. (1967), The welfare costs of tariffs, monopolies and theft", Western Economic Journal 5, 224-232.