Ordenanzas fiscais Páxina 1

Similar documents
Ordenanzas fiscais Páxina 1

ÓRGANO: SECRETARIA XERAL TÉCNICA E DO PATRIMONIO

Síntesis da programación didáctica

ORDENANZA FISCAL Nº 11: REGULADORA DA TAXA POLO USO DE RECINTOS E INFRAESTRUTURAS DE CARÁCTER DEPORTIVO.

ORDENANZA FISCAL REGULADORA DA TAXA POLA SUBMINISTRACIÓN DE AUGA.

ORDENANZA FISCAL REGULADORA DO IMPOSTO SOBRE VEHÍCULOS DE TRACCIÓN MECÁNICA NO CONCELLO DE REDONDELA

TAXA POLA APERTURA E VERIFICACIÓN DE ESTABLECEMENTOS

ORDENANZA Nº 3: ORDENANZA FISCAL REGULADORA DO IMPOSTO SOBRE VEHÍCULOS DE TRACCIÓN MECÁNICA

RECIBO DE PRESENTACIÓN NO REXISTRO ELECTRÓNICO DA XUNTA DE GALICIA

R/Ponzos s/n Ferrol A Coruña Telf Fax

XEFATURA DO ESTADO A 2. = + 5, x 10-6 A 3. = + 1, x 10-8 A 4. = + 1, x A 5

DOG Núm. 249 Xoves, 31 de decembro de 2015 Páx

Acceso web ó correo Exchange (OWA)

BOP BOLETÍN OFICIAL DA PROVINCIA DA CORUÑA BOLETÍN OFICIAL DE LA PROVINCIA DE A CORUÑA

Orzamentos Xerais do Estado para 2016: Novidades en materia de Seguridade Social que xestionan as mutuas

CONCELLO DE PONTEDEUME (A CORUÑA) ENDEREZO LOCALIDADE PROVINCIA C.P. Nº SS.SS TELÉFONO DE CONTACTO

DOG Núm. 115 Luns, 19 de xuño de 2017 Páx

ORDENANZA FISCAL Nº II.2 REGULADORA DA TAXA POLO SUBMINISTRO DE AUGA PO- TABLE A DOMICILIO. ****************** NATUREZA E FUNDAMENTO NORMAS DE XESTIÓN

Lei 7/1998, do 30 de decembro, de medidas tributarias, de réxime orzamentario, función pública e xestión

DOG Núm. 115 Xoves, 16 de xuño de 2011 Páx

BASES REGULADORAS DA CONVOCATORIA DE AXUDAS DE GASTOS FARMACÉUTICOS 2016/2017

Sede Electrónica Concello de Cangas

ARTIGO 1º. NATUREZA, OBXECTO E FUNDAMENTO. 2. Será obxecto deste tributo:

AXUDAS PARA O PLAN MADRUGA 2017

DOG Núm. 249 Venres, 30 de decembro de 2016 Páx

Pz. Do Concello, nº2. Bertamiráns Telf: AMES (A Coruña) Fax:

CONCELLO DA TEIXEIRA (OURENSE)

ORDENANZA MUNICIPAL DE TRAMITACIÓN DE ACTIVIDADES

DOG Núm. 82 Luns, 29 de abril de 2013 Páx

O SOFTWARE LIBRE NAS ENTIDADES DE GALIZA

COMO XOGAR A KAHOOT Se vas xogar por primeira vez, recomendámosche que leas este documento QUE É KAHOOT?

CONCELLO DE MESIA (A CORUÑA)

CONVOCATORIA E BASES REGULADORAS DAS SUBVENCIÓNS PARA O FOMENTO DO ASOCIACIONISMO E PARTICIPACIÓN CIDADÁ, ANO 2011

2- Quen dos seguintes non teñen a condición de interesados?

CUESTIÓNS XERAIS A AMBOS PROCEDEMENTOS

GUÍA DE MIGRACIÓN DE CURSOS PARA PLATEGA2. Realización da copia de seguridade e restauración.

CONCELLOS CERVANTES. Anuncio

REUNIÓN CONVOCATORIAS SUBVENCIÓNS 2018 SECCIÓN DE SERVIZOS SOCIAIS SERVIZO DE ACCIÓN SOCIAL, CULTURAL E DEPORTES

-. Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local.

Consellería de Sanidade

Nas presentes bases e tamén nos anexos I, II e IIII detállanse os requisitos específicos que deben reunir as persoas solicitantes.

Lei 5/1994, do 29 de novembro, de creación do ente público Portos de Galicia

CONTROL DE VERSIÓNS E DISTRIBUCIÓN

Cumpridos catro anos dende a constitución do Consello Galego das Mulleres procede pois o inicio do procedemento de renovación

BOP BOLETÍN OFICIAL DA PROVINCIA DA CORUÑA BOLETÍN OFICIAL DE LA PROVINCIA DE A CORUÑA

LEI 18/2011, DO 5 DE XULLO, REGULADORA DO USO DAS TECNOLOXÍAS DA INFORMACIÓN E DA COMUNICACIÓN NA ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

VIGOSÓNICO V C O N C U R S O V I D E O C L I P S Calquera proposta estética para o vídeo: cine, animación, cor, branco e negro,...

DOG Núm. 180 Xoves, 20 de setembro de 2012 Páx

Fondo de Acción Social. Manual do Usuario de presentación de solicitudes do FAS

As características das prazas a cubrir cos integrantes da bolsa son:

Corresponderá ó Tribunal Económico-Administrativo Municipal o exercicio das seguintes funcións:

Concello de Castroverde

ARTIGO 1º. NATUREZA, OBXECTO E FUNDAMENTO. ARTIGO 2º. FEITO IMPOÑIBLE

5451 LEI 3/2003, do 14 de marzo, sobre a orde

12352 LEI 11/2007, do 22 de xuño, de acceso electrónico dos cidadáns aos servizos públicos. («BOE» 150, do )

DOG Núm. 92 Luns, 15 de maio de 2017 Páx

CONVOCATORIA DE BOLSAS PARA DEPORTISTAS DA SDC CURSO

DOG Núm. 34 Venres, 16 de febreiro de 2018 Páx

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO

Santiago de Compostela, 21 de setembro de 2016 Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde Sonia Martínez Arca Xerente

A EXTINCIÓN DOS ARRENDAMENTOS URBANOS REALIZADOS CON ANTERIORIDADE Á LEI 29/1994, DE 24 DE NOVEMBRO Algúns problemas na práctica xudicial

Silencio! Estase a calcular

Expediente: 5193/2017

PRIMEIRA: OBXECTO, FINALIDADE E CONDICIÓNS

Regulamento do cemiterio municipal do Barco de Valdeorras

JOSÉ LUIS TORTUERO PLAZA Catedrático de Dereito do Traballo e da Seguridade Social Universidade Complutense de Madrid

LUCÍA DANS ÁLVAREZ DE SOTOMAYOR

LEI 2/2011, do 16 de xuño, de disciplina orzamentaria e sustentabilidade financeira.

CONCURSO PÚBLICO NÚMERO 8/2018

PARTE I. VIVALDI: Concierto en MI M. op. 3 n.12

Información precontractual Cuenta Corriente Triodos Pag. 2

BASES DO PROCESO DE SELECCIÓN DO ALUMNADO-TRABALLADOR PARTICIPANTES NO OBRADOIRO DE EMPREGO VISTA REAL IV ( VILANOVA DE AROUSA )

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO

Concello de Meaño BASES DE SELECCIÓN PARA A CONTRATACIÓN DE SEIS MONITORES/AS DE TEMPO LIBRE PARA O CONCELLO DE MEAÑO 2018.

DOG Núm. 74 Martes, 18 de abril de 2017 Páx

(Modificado o art. 10 por acordo do Consello de Goberno do 24 de xullo de 2014)

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO

Para tomar parte no citado concurso-oposición, será necesario reunir os seguintes REQUISITOS, (debendo presentar xustificante dos mesmos):

Concello de Baralla DENOMINACIÓN DA PRAZA/POSTO/EMPREGO: PERSOAL DE APOIO NO PAI. Concello de Baralla

Facultade de Fisioterapia

REGULAMENTO DO CONSELLO MUNICIPAL DE INFANCIA E ADOLESCENCIA DO CONCELLO DE REDONDELA

ANUNCIO. Bases do Concurso de ideas para o deseño do logotipo conmemorativo do 800 aniversario do traslado de Betanzos

MEMORIA COMITÉS DE ÉTICA DA INVESTIGACIÓN DE GALICIA PERÍODO

MISION COMERCIAL A TURQUÍA 3 8 XUÑO 2018 IG

UNHA ANÁLISE DA INDEPENDENCIA NA AUDITORÍA DE CONTAS

5.3. Tributación da transferencia da tecnoloxía: a fiscalidade e a sociedade do coñecemento como vía de saída da crise

Praza do Concello, nº Vimianzo (A Coruña) Tel Fax

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

Manual de usuario CENDES. Centro de descargas da Xunta de Galicia

CURSO DE DEREITO DE FAMILIA

A RESPONSABILIDADE PATRIMONIAL DA ADMINISTRACIÓN PÚBLICA NAS LEIS 39/2015 E 40/2015. ASPECTOS SUBSTANTIVOS

Anexo IV: Xestionar o currículum da etapa:

Proposta de resolución provisional

SESIÓN ORDINARIA DO Pleno DA CORPORACIÓN do 27 de xullo de 2017 ACTA Nº 10/2017

Manual de usuario do módulo de control horario do sistema OPAX

NORMATIVA ACADÉMICA PARA O ALUMNADO DE INTERCAMBIO DA ESCOLA UNIVERSITARIA DE ESTUDOS EMPRESARIAIS (EUEE) UNIVERSIDADE DE VIGO

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

ART. 4: CONTROL TÉCNICO DA CARREIRA As carreiras estarán controladas polo Comité Nacional de Xuíces da RFEA e o Comité Galego de Xuíces da FGA.

Ferrolterra Emprende co obxecto de recoñecer e premiar a labor dos

Transcription:

Ordenanzas fiscais Páxina 1 ORDENANZA 1.03 IMPOSTO SOBRE O AUMENTO DE VALOR DOS TERREOS DE NATUREZA URBANA Artigo 1º. Fundamento e natureza No uso das facultades concedidas polos artigos 133.2 y 142 da Constitución e 106 da Lei 7/85, de 2 de abril, reguladora das bases do réxime local, e dos artigos 15.1 e 59.2 do Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, este Concello establece o imposto sobre o incremento do valor dos terreos de natureza urbana, que se rexerá polo disposto na devandita Lei e pola presente Ordenanza fiscal. Artigo 2º. Feito impoñible 1. Constitúe o feito imponible deste imposto, o incremento do valor que experimenten os terreos de natureza urbana e de características especiais a efectos do IBI, e que se manifeste por mor da transmisión da propiedade dos mesmos por calquera título, ou da constitución ou transmisión de calquera dereito real de goce, limitativo do dominio, sobre os devanditos terreos. Terán a consideración de terreos de natureza urbana e de características especiales os así cualificados polo artigo 7.2 e 8 do Real Decreto Lexislativo 1/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Catastro Inmobiliario. Non será preciso para a esixencia doimposto que os citados terreos estean contemplados como tales no Catastro ou Padrón do IBI. 2. Non está suxeitos a este imposto: a) O incremento do valor que experimenten os terreos que teñan a consideración de rústicos para os efectos do Imposto sobre bens inmobles. b) As achegas de bens e dereitos realizadas polos membros á sociedade conxugal, as adxudicacións que ó seu favor e en pagamento delas se verifiquen e as transmisións que se fagan ós cónxuxes en pagamento dos seus haberes comúns c) As transmisións de bens inmobles entre cónxuxes ou a favor dos seus fillos, como consecuencia do cumprimento de sentencias nos casos de nulidade, separación ou divorcio matrimonial, sexa cál sexa o réxime económico matrimonial. d) As achegas ou transmisións de bens inmobles efectuadas á ou realizadas pola Sociedad de Gestión de Activos procedentes de la Reestructuración Bancaria SA, nos termos regulados no

Ordenanzas fiscais Páxina 2 artigo 104.4 do Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais aprobado polo Real decreto lexislativo 2/2014, de 5 de marzo Artigo 3º. Exencións 1. Están exentos deste imposto os aumentos de valor que se produzan como consecuencia de: a) A constitución e transmisión de calquera dereito de servidume. b) As transmisións de bens que se encontren dentro do perímetro delimitado como Conxunto histórico-artístico, o teñan sido declarados individualmente de interese cultural, segundo o establecido na lei 16/1985 de 25 de xuño, do patrimonio histórico español cando seus propietarios ou titulares de dereitos reais acrediten que realizaron ó seu cargo obras de conservación, mellora ou rehabilitación en ditos inmobles. Esta exención deberá solicitarse en calquera momento anterior á notificación ó suxeito pasivo do inicio de calquera procedemento de inspección ou comprobación tributaria, ou de verificación de datos relativo ó imposto. Para estes efectos, as obras de conservación, mellora ou rehabilitación de inmobles deberán cumprir os seguintes requisitos: 1) Deben realizarse ó amparo do establecido nos capítulos un e dous do Título cuarto do Plan especial de protección e rehabilitación da cidade histórica 2) Débense ter realizadas con posterioridade á entrada en vigor do Plan especial de protección e rehabilitación da cidade histórica 3) As obras terán que ser finalizadas dentro do período comprendido nos vinte anos inmediatamente anteriores a data do devengo do imposto. 4) O importe das obras será como mínimo o 30% do valor de construcción do inmoble a efectos do Imposto sobre bens inmobles de natureza urbana, correspondente ó ano de conclusión da obra Esta exención terá carácter rogado, e á solicitude do interesado deberase de acompañar a seguinte documentación: (a) Licencia de obras (b) Certificado final de obra O departamento de Urbanismo emitirá informe sobre a adecuación das obras os requisitos esixidos para a concesión da exención. En base o mesmo, o servicio de xestión e inspección

Ordenanzas fiscais Páxina 3 tributaria emitirá a proposta de resolución e a Comisión de Goberno resolverá a concesión ou denegación da mesma. c) A dación en pago da vivenda habitual do debedor hipotecario ou garante do mesmo, para a cancelación das débedas garantidas con hipoteca que recaia sobre a mesma, contraídas con entidades de crédito ou calquera entidade que, de maneira profesional, realice a actividade de concesión de préstamos ou créditos hipotecarios. Tamén estarán exentas as transmisións da vivenda na que concorran os requisitos anteriores, realizadas en execucións hipotecarias xudiciais ou notariais. Os requisitos para a concesión da exención son os establecidos no artigo 105.1 c) do Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais aprobado polo Real decreto lexislativo 2/2014, de 5 de marzo 2. Tamén están exentos deste imposto os incrementos de valor cando a obriga de satisface-lo recaia sobre as persoas ou entidades indicadas no artigo 105.2 do Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais. 3. Gozarán así mesmo de exención, os aumentos de valor nos que a cuota líquida sexa inferior a 6,00 euros Artigo 4º. Bonificación Nas trasmisións dos terreos e nas trasmisións ou constitucións de dereitos reais de goce limitativos de dominio a título lucrativo, por causa de morte, cando os suxeitos pasivos do imposto sexan descendentes e adoptados ou ascendentes e adoptantes, ou cónxuxe do causante, a cuota íntegra do imposto será bonificada en función do valor catastral do solo do conxunto de bens inmobles de natureza urbana de que sexa titular o causante no territorio nacional, mediante a aplicación das seguintes porcentaxes: a) Bonificación do 95% da cuota do Imposto se o valor catastral do solo do conxunto de bens inmobles de natureza urbana de que sexa titular o causante no territorio nacional non supera os 75.000. b) Bonificación do 75% da cuota do Imposto se o valor catastral do solo do conxunto de bens inmobles de natureza urbana de que sexa titular o causante no territorio nacional é maior de 75.000 pero non supera os 150.000.

Ordenanzas fiscais Páxina 4 c) Bonificación do 50% da cuota do Imposto se o valor catastral do solo do conxunto de bens inmobles de natureza urbana de que sexa titular o causante no territorio nacional é maior de 150.000. Para determinar a porcentaxe de bonificación aplicable en función do valor catastral do solo, se terá en conta a porcentaxe de propiedade do causante sobre o total do inmoble (ben ganancial, cota indivisa de prazas de garaxes, herdanzas...) Esta bonificación deberá solicitarse en calquera momento anterior á notificación a calquera membro da comunidade hereditaria do inicio de calquera procedemento de inspección ou comprobación tributaria, ou de verificación de datos relativo ó imposto, e xunto coa solicitude os solicitantes deberán presentar: 1) Certificado de defunción. 2) Testamento ou declaración de herdeiros. 3) Certificado de últimas vontades do causante. 4) Libro de familia 5) Relación dos inmobles urbanos titularidade do causante no momento do falecemento, con indicación do valor catastral de cada un deles. 6) Documentación acreditativa da titularidade dos inmobles de natureza urbana propiedade do causante e da porcentaxe de titularidade dos devanditos bens. En base a documentación aportada polo obrigado tributario, o servicio de xestión e inspección tributaria emitirá a proposta de resolución e a Xunta de Goberno Local resolverá a concesión ou denegación da bonificación. Artigo 5. Suxeitos pasivos 1. Son suxeitos pasivos deste imposto a título de contribuínte: a) Nas transmisións de terreos ou na constitución ou transmisión de dereitos reais de goce limitativos do dominio a título lucrativo,a persoa física ou xurídica, ou a entidade a que se refire o artigo 35.4 da Lei Xeral Tributaria, que adquira o terreo ou a cuio favor se constitúa o transmita o dereito real de que se trate.

Ordenanzas fiscais Páxina 5 b) Nas transmisións de terreos ou na constitución ou transmisión de dereitos reais de goce limitativos do dominio a título oneroso, o transmisor do terreo ou a persoa que constitúa ou transmita o dereito real de que se trate. 2. Nos supostos a que se refire a letra b do apartado anterior, terá a condición de suxeito pasivo substituto do contribuínte, a persoa física ou xurídica, ou a entidade a que se refire o artigo 35.4 da Lei Xeral Tributaria, que adquira o terreo ou a cuio favor se constitúa ou transmita o dereito real de que se trate, cando o contribuínte sexa unha persoa física non residente en España. Artigo 6º. Base impoñible 1. A base impoñible deste imposto está constituída polo incremento real do valor dos terreos posto de manifesto no momento do devengo e experimentado ó longo dun período máximo de vinte anos. 2. A efectos da determinación da base impoñible, terase en conta o valor do terreo no momento do devengo, consonte co previsto no artigo 107 do Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais 3. Cando se modifiquen os valores catastrais como consecuencia dun procedemento de valoración colectiva de carácter xeral, se tomará como valor do terreo, ou da parte deste que corresponda segundo as reglas contidas no apartado anterior, o importe que resulte de aplicar aos novos valores catastrais a reducción do 60 por cento, durante os cinco primeiros anos de efectividade dos novos valores catastrais. 4. A porcentaxe a aplicar sobre o valor do terreo no momento do devengo será o resultado de multiplicar o porcentaxe do 2,5 anual polo número de anos ó longo dos cales se manifeste o incremento de valor. 5. Para determinar o porcentaxe anual aplicable e o número de anos polos que se multiplica Dito porcentaxe, só se considerarán os anos completos que integran o período de posta de manifesto do incremento do valor, sen que poidan considerarse as fraccións de anos de dito período Artigo 7. Cota tributaria A cota tributaria íntegra será a que resulte de aplicar á base impoñible o tipo do 22%. Artigo 8º. Obriga de contribuír

Ordenanzas fiscais Páxina 6 1. O imposto esíxese: a) Cando se transmita a propiedade do terreo, a título oneroso ou gratuito, entre vivos ou por mor de morte, na data da transmisión. b) Cando se constitúa ou transmita calquera dereito real de goce limitativo do dominio, na data na que aconteza a constitución ou transmisión. 2. Para os efectos do disposto no número anterior, considerarase como data da transmisión: a) Nos actos ou contratos entre vivos, a do outorgamento do documento público e, cando se trate de documentos privados, a da súa incorporación ou inscrición nun Rexistro Público ou a da súa entrega a un funcionario público por razón do seu cargo. b) Nas transmisión por morte, a do falecemento do causante. 3. De se declarar por resolución firme xudicial ou administrativa a nulidade, rescisión ou resolución do acto ou contrato determinante da transmisión do terreo ou dereito de goce limitativo do dominio, o suxeito pasivo poderá reclama-la devolución do importe pagado, sempre que aquel acto ou contrato non producira efectos lucrativos e que a reclamación da devolución se faga no prazo de cinco anos dende a firmeza da resolución. Entenderase que existe efecto lucrativo cando non se xustifique que os interesados deban efectua-las recíprocas devolucións a que se refire o artigo 1.295 do Código Civil. Mesmo no caso de que non se produciran efectos lucrativos, se a rescisión ou resolución se declarase por incumprimento das obrigas do suxeito pasivo do Imposto, non haberá dereito a devolución. 4. Se o contrato queda sen efecto por acordo mutuo das partes, non se devolverá o importe pagado por se considerar como un acto novo que debe tributar. Para estes efectos, estimarase como mutuo acordo a avinza en acto de conciliación e a sinxela conformidade cá demanda. 5. A cualificación dos actos ou contratos en que medie algunha condición farase con amaño ás prescricións contidas no Código Civil. Se esta é suspensiva non se liquidará o Imposto en tanto non se cumpra. Se a condición fose resolutoria, esixirase o imposto dende aquela, a reserva, cando a condición se cumpra, de face-la oportuna devolución segundo a regra do apartado anterior. Artigo 9º. Normas de xestión 1. Os suxeitos pasivos estarán obrigados a practicar autoliquidación do imposto e a ingresar o seu importe nas entidades bancarias colaboradoras nos seguintes prazos:

Ordenanzas fiscais Páxina 7 a) Nas transmisións inter vivos e na constitución de dereitos reais de goce, así como nas donacións, dentro dos trinta días hábiles seguintes a aquel no que tivera lugar o feito impoñible. b) Nas transmisións mortis causa, dentro do prazo de seis meses a contar desde a data do fallecimento do causante. Con anterioridade o vencemento deste prazo, o suxeito pasivo poderá instar a prorroga do mesmo por outro prazo de ata seis meses de duración, que se entenderá tacitamente concedido polo tempo concreto solicitado. 2. A autoliquidación practicarase por calquera dos seguintes medios: a) No impreso que ao efecto facilitará a administración tributaria local que será subscrito polo suxeito pasivo ou polo seu representante legal. Debe acompañarse con ela fotocopia do DNI ou NIF, tarjeta de residencia, pasaporte ou CIF do suxeito pasivo e copia simple do documento notarial xudicial ou administrativo en que conste o acto, feito ou contrato que orixina a imposición. Tratándose da transmisións por causa de morte, ademáis, o certificado de defunción do causante, e a declaración de herdeiros. b) A través da Web municipal do Concello de Santiago de Compostela. Neste caso, a remisión da documentación a que se fai referencia no punto a) deberá presentarse no Concello no prazo de 15 días seguintes á presentación da autoliquidación na web. 3. A autoliquidación non poderá esixirse nos seguintes casos: a) no suposto previsto no parágrafo terceiro da letra a do apartado 2 do artigo 107 do Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais. b) en calquera outro suposto no que non se dispoña de Valor Catastral. c) cando se solicite un beneficio fiscal. Nos supostos previstos neste apartado, a Administración practicará a liquidación no momento que dispoña do valor catastral, ou ben cando se resolva o beneficio fiscal solicitado. Artigo 10º. Deber de colaboración 1. Con independencia do disposto no apartado 1 do artigo 110 do Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais e no artigo 93 da Lei xeral tributaria, están igualmente obrigados a comunicar ó Concello a realización do feito impoñible nos mesmos prazos que os suxeitos pasivos:

Ordenanzas fiscais Páxina 8 a) O doador ou persoa que transmita o dereito real, nos supostos do apartado a) do artigo 5.1 da presente Ordenanza. b) O adquirente ou persoa á que se transmita o dereito, nos supostos do apartado b) do devandito artigo. 2. Os Notarios tamén estarán obrigados a remitir ó Concello, na primeira quincena de cada trimestre, relación ou índice de tódolos documentos que autorizaran no trimestre anterior, incluíndo feitos, actos ou negocios xurídicos que poñan de manifesto a realización do feito impoñible deste imposto, fora os actos de derradeira vontade. Tamén estarán obrigados a remitir, na primeira quincena de cada trimestre, relación dos documentos privados dos mesmos feitos, actos ou negocios xurídicos que se lles presentaran para coñecemento ou lexitimación de sinaturas. Esta obriga non será esixida cando o Concello poida descargar do servidor web da Axencia Notarial de Certificación o índice trimestral no que se recolle a mencionada información. Todo isto sen prexuízo do deber xeral de colaboración establecido pola Lei Xeral Tributaria. Artigo 11º. Infracción e sancións Para todo o relativo á cualificación de infraccións tributarias e a cualificación das sancións correspondentes, rexerá o disposto nos artigos 178 e seguintes da Lei Xeral Tributaria. Disposición derradeira A presente Ordenanza foi aprobada de xeito provisorio polo Pleno da Corporación na sesión celebrada o día vinte e un de outubro de dous mil catorce. Contra o acordo de aprobación inicial non se presentaron reclamacións, polo que se entende elevado automáticamente a definitivo. Comezará a aplicarse a partir do primeiro de xaneiro do ano dous mil quince, e aplicarase mentres non se acorde a súa derrogación ou modificación.