A responsabilidade social dos universitarios como futuros traballadores: perspectivas comparadas

Similar documents
RESPONSABILIDADE SOCIAL UNIVERSITARIA NOS CURSOS DE XESTIÓN E ECONOMÍA: OS FUTUROS TRABALLADORES

Silencio! Estase a calcular

O SOFTWARE LIBRE NAS ENTIDADES DE GALIZA

COMO XOGAR A KAHOOT Se vas xogar por primeira vez, recomendámosche que leas este documento QUE É KAHOOT?

R/Ponzos s/n Ferrol A Coruña Telf Fax

Acceso web ó correo Exchange (OWA)

GUÍA DE MIGRACIÓN DE CURSOS PARA PLATEGA2. Realización da copia de seguridade e restauración.

Accións da responsabilidade social empresarial. Atrae, retén e motiva o capital intelectual da empresa?

Síntesis da programación didáctica

CURSO UNIVERSITARIO CON APROBACIÓN PROVISONAL DE HOMOLOGACIÓN POR PARTE DA CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E O.U.

Xogos e obradoiros sobre o cambio climático que Climántica desenvolve en centros educativos

Informe do estudo de CLIMA LABORAL do Sergas

plan estratéxico 2016 >> 2020

CRÉDITOS Edita: Dirección Xeral de Traballo e Economía Social Conselleria de Traballo e Benestar

Plan Estratéxico

A OUTRA CRISE: ENERXÍA, CAMBIO CLIMÁTICO E ECONOMÍA

Facultade de Fisioterapia

2.1. O PROXECTO LINGÜÍSTICO DE CENTRO

Rede CeMIT Cursos Gratuítos de Alfabetización Dixital NOVEMBRO Aula CeMIT de Cuntis

Problema 1. A neta de Lola

Revista Galega de Economía Vol (2016)

O Software Libre nas Empresas de Galicia

Discurso literario e sociedade nos países de fala inglesa

Responsabilidade social empresarial: igualdade de xénero

Sede Electrónica Concello de Cangas

MEMORIA DE AVALIACIÓN DA CALIDADE: INFORME DE RESULTADOS PROGRAMACIÓN: ACCIÓNS FORMATIVAS DIRIXIDAS PRIORITARIAMENTE ÁS PERSOAS TRABALLADORAS

RESPONSABILIDADE SOCIAL EMPRESARIAL E RESILIENCIA

Xénero e discapacidade, unha dupla invisibilidade. Situación actual

MEMORIA COMITÉS DE ÉTICA DA INVESTIGACIÓN DE GALICIA PERÍODO

PLAN DE COMUNICACIÓN DO PROGRAMA OPERATIVO DO FSE DE GALICIA

PROGRAMA FORMATIVO DA ESPECIALIDADE FORMATIVA TÉCNICAS DE MARKETING ON LINE, BUSCADORES, SOCIAL MEDIA E MÓBIL COMM049PO

Educación Social e equipamentos sociocomunitarios. Unha análise desde o concello e as asociacións de A Veiga (Ourense)

INFORME DE AVALIACIÓN DOS BANCOS DO TEMPO DO PROXECTO CONTA CON ELAS

Apertura dos centros de formación profesional á contorna local: percepción dos axentes sociais

Narrador e Narradora Narrador Narradora Narrador

II PLAN PARA A IGUALDADE DE OPORTUNIDADES ENTRE MULLERES E HOMES DE VIMIANZO ( )

MEMORIA FINAL DO PROXECTO: MULLERES GALEGAS NA MARIÑA MERCANTE INVESTIGADOR RESPONSABLE:

Conservatorio Profesional de Música de Vigo. Programación OPTATIVA DE MÚSICA MODERNA (historia do rock&roll)

I. PRESENTACIÓN. 1. Administración e recursos humanos

A RESPONSABILIDADE SOCIAL EMPRESARIAL E OS STAKEHOLDERS: UNHA ANÁLISE CLÚSTER 1

TRAXECTORIAS E RETOS

Sarmiento. A aprendizaxe-servizo en perspectiva. John Dewey como referente histórico

PROXECTO: BARÓMETRO DE XÉNERO E DESIGUALDADE. UNHA APROXIMACIÓN A MODELIZACIÓN CUANTITATIVA

Os proxectos na Educación Infantil. Análise dunha experiencia sobre os dinosauros

T1, T3, (T5)*, T8, T11, T13 *solo grupos bilingüe X1, X3, X8, X10, X13, X18, X22, X23, X24 EI6, EI7

Esta me. moria foi realizada por: Esta memoria foi realizada por: Mª Alcira Baleato Negreira (Traballadora social Centro de Saúde Fontiñas)

ComTextos. A responsabilidade social corporativa no marco da teoría institucional. CICS Working paper 6

III PLAN MUNICIPAL DE IGUALDADE ENTRE MULLERES E HOMES

Exploración do desempeño ocupacional dos nenos con Trastorno do Espectro Autista (TEA) no contexto escolar ordinario

Procedimientos Auditivos e Instrumentais DEPARTAMENTO COORDINADOR/A DA DISCIPLINA. CURSOS 1º curso 2º curso 3º curso 4º curso.

PARTE I. VIVALDI: Concierto en MI M. op. 3 n.12

Competencias docentes do profesorado universitario. Calidade e desenvolvemento profesional

IMPLEMENTACIÓN E AVALIACIÓN DUN PROCESO DE ENSINANZA-APRENDIZAXE COLABORATIVO NA TITULACIÓN DE ADMINISTRACIÓN E DIRECCIÓN DE EMPRESAS

A INTERVENCIÓN PEDAGÓXICA CON FAMILIAS INMIGRANTES: ESTRUTURA E AXENTES IMPLICADOS

Conservatorio Profesional de Música de Vigo. Programación de Percusión

PROPOSTA PEDAGÓXICA PROCESO DE FAMILIARIZACIÓN Á ESCOLA INFANTIL

C A D E R N O S D E L I N G U A

viveiros en Galicia de empresa O papel dos económica e xeración de emprego

RECURSOS PARA O TRABALLO COS VOLUNTARIOS E VOLUNTARIAS NUNHA ENTIDADE DE VOLUNTARIADO. Módulo IV Traballando por proxectos

A TRANSICIÓN DA UNIVERSIDADE Ó TRABALLO: UNHA APROXIMACIÓN EMPÍRICA

MÁRKETING ECOLÓXICO E SISTEMAS DE XESTIÓN AMBIENTAL: CONCEPTOS E ESTRATEXIAS EMPRESARIAIS

Procesos preventivos e carteira de servizos en materia de prevención do Plan de Galicia sobre Drogas

Guía para a elaboración das Estratexias de desenvolvemento local das zonas pesqueiras FEMP

TRABALLO DE FIN DE GRAO

O currículo oculto nas incubadoras de negocio con base tecnolóxica

CADERNOS DE PSICOLOXÍA. SETEMBRO 2017 Número especial dedicado á Psicoloxía do Traballo, das Organizacións e dos Recursos Humanos

Editorial Guidelines. The authors wishing to submit articles for consideration by the Editorial Board of our publication shall:

Boloña. Unha nova folla de ruta

marcoeuropeocomún de referencia para as linguas: aprendizaxe, ensino, avaliación

RECURSOS E INSTRUMENTOS

Se (If) Rudyard Kipling. Tradución de Miguel Anxo Mouriño

MULLERES E MERCADO DE TRABALLO: ANÁLISE DAS OCUPACIÓNS A NIVEL DE XÉNERO

1. Introducción e obxectivos do documento 1.1 Introducción Estrutura do informe Unha visión colaborativa 8

Guía para a elaboración da planificación estratéxica dos centros da USC

Xénero e desenvolvemento humano: unha relación imprescindible

MATERIAIS PLURILINGÜES 3.0: FORMACIÓN, CREACIÓN E DIFUSIÓN

Lingua e Docencia Universitaria V Xornadas sobre Lingua e Usos

12352 LEI 11/2007, do 22 de xuño, de acceso electrónico dos cidadáns aos servizos públicos. («BOE» 150, do )

BILINGÜISMO, DESENVOLVEMENTO E APRENDIZAXE ESCOLAR: UNHA PROPOSTA DE INTERVENCIÓN NA ESCOLA

MULLERES, INSTITUCIÓNS E POLÍTICA

Memoria Xustificativa. Xustificación do título proposto, argumentando o interese académico, científico e profesional do mesmo

IMPLICACIÓNS FINANCEIRAS DA XESTIÓN DO MEDIO NATURAL PARA AS EMPRESAS E PARA OS MERCADOS DE CAPITAIS

NOME DO CENTRO: IES CANIDO CURSO ESCOLAR: 2016/2017 INGLÉS 1º ESO

ESPAÑA PLURILINGÜE MANIFESTO POLO RECOÑECEMENTO E O DESENVOLVEMENTO DA PLURALIDADE LINGÜÍSTICA DE ESPAÑA

XESTIÓN ESTRATÉXICA DA SOSTIBILIDADE NO ÁMBITO LOCAL: A AXENDA 21 LOCAL

Educación e linguas en Galicia

PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA ÁREA DE INGLÉS

VIGOSÓNICO V C O N C U R S O V I D E O C L I P S Calquera proposta estética para o vídeo: cine, animación, cor, branco e negro,...

A comunicación externa nas organizacións

A Educación Global na Educación Secundaria Obligatoria: unha investigación diagnóstica nos centros educativos de Galicia

ICEDE Working Paper Series

ANALIZANDO A DESIGUALDADE GLOBAL: A EVOLUCIÓN DAS DESIGUALDADES INTERNAS E ENTRE PAÍSES NO CONTEXTO DA GLOBALIZACIÓN

EFECTOS SOCIOECONÓMICOS DO ACTUAL PROCESO DEMOGRÁFICO EN GALICIA

BANCO DE BOAS PRÁCTICAS

DOG Núm. 34 Venres, 16 de febreiro de 2018 Páx

Conservatorio Profesional de Música de Vigo. Programación de Viola

O NOSO PLANETA, OS NOSOS DEREITOS

Concello de Baralla DENOMINACIÓN DA PRAZA/POSTO/EMPREGO: PERSOAL DE APOIO NO PAI. Concello de Baralla

Luis Sobrado Fernández* Universidade de Santiago de Compostela

Grao en Química. 2 0 Curso QUIMICA INORGÁNICA III. Guía Docente

Transcription:

A responsabilidade social dos universitarios como futuros traballadores: perspectivas comparadas The Future Social Responsibility of University Workers: Comparative Perspectives María Dolores Sánchez Fernández Profesora contratada interina de substitución da Área de Organización de Empresas da Universidade da Coruña msanchezf@udc.es Héctor López Portillo Estudante da licenciatura en Relacións Industriais da Universidade de Guanajuato, México hector.plp@gmail.com Kathia Ibarra Torres Estudante de Enxeñaría Industrial Estatística da Universidade Autónoma de Aguascalientes, México Kathia_146@hotmail.com

454 MARÍA DOLORES SÁNCHEZ FERNÁNDEZ / HÉCTOR LÓPEZ PORTILLO KATHIA IBARRA TORRES Resumo O artigo que agora presentamos está enmarcado nun proxecto de investigación internacional integrado por catro universidades latinoamericanas e europeas. O seu obxectivo céntrase no estudo do papel da responsabilidade social nos plans de estudos universitarios como parte da formación, as habilidades e os coñecementos que despois os estudantes poderán trasladar aos seus futuros postos de traballo. Neste sentido, trátase de responder as preguntas sobre se e como os estudantes están preparados para asumir un rol activo do punto de vista da responsabilidade social nos seus diferentes ámbitos de actuación e na súa futura carreira profesional. O traballo de investigación realizado baséase, dunha parte, nunha metodoloxía cualitativa, mediante a recollida de datos en grupos focais; e, da outra, nunha metodoloxía cuantitativa, ao se dispor para a recollida de datos dun cuestionario en liña. Palabras chave: responsabilidade social, grupos focais, cuestionario. Abstract This study is part of an international research project, consisting of four Latin American Universities. The aim of this work focuses on the study of the role social responsibility develops in the curriculum, affecting students training, skills and knowledge, which will be transferred to future jobs. Our aim is to answer questions about whether and how students are prepared to take an active role in social responsibility, in their different working areas, and in their future careers. This research is based on two types of methodologies applied: qualitative, through data collection developing focus group; and quantitative, since an online questionnaire has been employed for data collection, Keywords: social responsibility, focus group, questionnaire.

A RESPONSABILIDADE SOCIAL DOS UNIVERSITARIOS COMO FUTUROS TRABALLADORES: PERSPECTIVAS COMPARADAS 455 1. Introdución Aínda que o número de estudos sobre a responsabilidade social universitaria é cada vez maior, neste momento é limitado se o compararmos cos relativos ao ámbito empresarial, alén de estaren centrados sobre todo nas áreas do currículo e a formación ambiental, a ética e a sustentabilidade (Jabbour, 2010; Rohweder, 2004; Rusinko, 2005; Hartog e Frame, 2004; Nicolaides, 2006; Nejati, Shafaei, Salamzadeh e Daraei, 2011), aínda que máis recentemente xurdiron estudos máis orientados á formación na xestión (Domingues e Veloso, 2012), en que cabe integrarmos o traballo que agora presentamos. Este representa un estudo da responsabilidade social na educación superior que busca identificar as percepcións e as opinións relacionadas co concepto por parte dos futuros traballadores, os actuais estudantes dos últimos cursos da área de xestión. No ámbito universitario a responsabilidade social é un concepto relativamente novo, e ao igual que no contexto empresarial conta con diversas conceptualizacións e diversas interpretacións, pois unha das maiores dificultades á hora de establecer a súa definición é a falta de consenso (Dahlsrud, 2008). Porén, as universidades non poden permanecer alleas á reflexión sobre a responsabilidade social e non só por seren organizacións (De la Calle e Giménez, 2011). As universidades son organismos de enerxía transformadora (Frederick, 1998), que poden ter un rol significativo e transcendente na redución dos impactos sociais e ambientais (Christensen et al., 2009) das súas actividades a través dos produtos dos procesos de ensinanza, investigación e extensión que nelas se levan a cabo. Así mesmo, non debemos esquecer que as universidades contribúen á formación das futuras xeracións de profesionais, os cales poderán promover dentro das organizacións unha visión ética e responsable, que contribúa ao ben común e a xustiza social (De la Calle e Giménez, 2011), de xeito que a educación superior beneficie tanto os estudantes como a comunidade no seu conxunto ((Bligh, Thomas e McNay, 1999). De acordo con Vallaeys, De la Cruz e Sasia (2009) as universidades deben procurar que a xestión dos seus impactos tanto humanos e sociais como ambientais se realice dunha forma ética e intelixente. Neste sentido, Brown e Cloke (2009) afirman que a responsabilidade social ten algunha utilidade para as universidades interesadas en exploraren e comprenderen os impactos da súa actuación na sociedade, así como en teren un papel activo e dinámico na formación de cidadáns e profesionais

456 MARÍA DOLORES SÁNCHEZ FERNÁNDEZ / HÉCTOR LÓPEZ PORTILLO KATHIA IBARRA TORRES socialmente responsables, que poidan contribuír á promoción de valores, do compromiso social, do bo goberno e da transferencia de coñecementos baseados en principios éticos, con orientación ao desenvolvemento sustentable e o progreso social, económico e ambiental. Para isto, as universidades deben suscitar certa sensibilidade moral e unhas prácticas éticas entre os seus estudantes (Hartog e Frame, 2004), as mesmas que lles permitirán facer fronte ás diversas cuestións éticas que poden xurdir na súa vida persoal e profesional. A discusión que enmarca a responsabilidade social nas institucións de educación superior e a súa relación cos futuros profesionais debe revisarse á luz do compromiso que adquiren as universidades coa sociedade e o seu desenvolvemento. En tal sentido, podemos dicir que a responsabilidade social universitaria é un concepto que asume cada vez maior importancia e protagonismo non só no nivel das prácticas institucionais, senón tamén no nivel do currículo, os cursos ofrecidos e as investigacións institucionais (Sánchez-Fernández, Hattum-Janssen et al., 2012). Organismos como a UNESCO (2009) apuntan que os centros de educación superior, dentro do desempeño das súas funcións primordiais, deben centrarse aínda máis en aspectos interdisciplinarios que promovan o pensamento crítico e a cidadanía activa, e que contribúan ao desenvolvemento sustentable, a paz e o benestar. É dicir, a responsabilidade social cobra nas institucións de educación superior o papel transcendente non só de proporcionar competencias sólidas para o mundo de hoxe e mañá, senón de contribuír ademais á formación dunha cidadanía dotada de principios éticos, comprometida coa construción da paz, a defensa dos dereitos humanos e os valores da democracia. Así mesmo, o Banco Interamericano para o Desenvolvemento (Contreras et al., 2004) observa a importancia da implementación e o seguimento de actividades que involucren a responsabilidade social por parte das institucións, ámbito en que tales actividades van en aumento. Xa que logo, para o momento conxuntural actual a responsabilidade social universitaria ofrece retos, alén de oportunidades, na formación integral dos futuros profesionais. Este traballo forma parte dun proxecto de investigación interdisciplinaria e internacional, integrado por catro universidades de América Latina e Europa en tres países (España, Portugal e México), ao redor dun obxecto de estudo común: a responsabilidade social nas institucións de educación superior. A través deste

A RESPONSABILIDADE SOCIAL DOS UNIVERSITARIOS COMO FUTUROS TRABALLADORES: PERSPECTIVAS COMPARADAS 457 proxecto búscase explorar as múltiplas e heteroxéneas conceptualizacións que teñen os estudantes acerca da responsabilidade social e a súa aplicación nos ámbitos profesionais. Así mesmo, este traballo realízase como resultado da experiencia recollida por Sánchez Fernández (2011), Sánchez Fernández et al., (2012) e Sánchez Fernández, Seijas Ramos et al., (2012) para construír un instrumento que permitise explorar cualitativa e cuantitativamente o estado do coñecemento sobre a responsabilidade social por parte dos estudantes de educación superior. 2. Metodoloxía Na primeira fase de desenvolvemento do noso proxecto aplicáronse nas catro universidades as técnicas baseadas en grupos focais, co fin de mellorarmos o cuestionario aplicado inicialmente no estudo de Sánchez-Fernández (2011). En concreto, servímonos da entrevista en grupo, en que se establece unha dinámica de intercambio de opinións, sobre a responsabilidade social. Os grupos estiveron formados por entre 4-9 alumnos do mesmo programa educativo seleccionados de forma aleatoria por diversos medios de contacto: coordinadores dos programas educativos, tratando directamente cos alumnos, de forma presencial, por correo electrónico ou mediante a rede social Facebook. No estudo cualitativo, os grupos focais permiten ter unha primeira análise da situación actual do estado de coñecemento da responsabilidade social e do posicionamento fronte a ela por parte alumnado. Unha vez recollidos os datos necesarios para conformarmos de forma axeitada o cuestionario inicial baixo a percepción de diferentes países, distintas áreas (Hattum-Janssen et al., 2012; Sánchez Fernández et al., 2012) e universidades (Sánchez Fernández et al., 2012), aplicamos o cuestionario xa adaptado coa incorporación das melloras proporcionadas a través dos grupos focais. O cuestionario foi aplicado a alumnado da Universidade da Coruña matriculado no último ano da licenciatura de Administración e Dirección de Empresas durante os primeiros dous meses do ano 2013. Neste estudo facemos unha comparativa das respostas dos grupos focais aplicados aos cursos da mesma área nas catro universidades ao longo do ano 2012. A atención céntrase no papel que desempeña a responsabilidade social no plan de

458 MARÍA DOLORES SÁNCHEZ FERNÁNDEZ / HÉCTOR LÓPEZ PORTILLO KATHIA IBARRA TORRES estudos, como parte da formación, as habilidades e os coñecementos que despois os estudantes poderán trasladar aos seus futuros postos de traballo. Trátase de responder as preguntas sobre se e como os estudantes están preparados para asumir un rol activo na responsabilidade social, nos seus diferentes ámbitos de actuación e na súa futura carreira profesional, é dicir, facer a análise da relación que xoga a responsabilidade social no seu currículo. 3. Participantes No estudo cualitativo, na aplicación da técnica de grupo focal participaron catro grupos integrados por 4-9 alumnos pertencentes ao mesmo programa educativo, seleccionados de forma aleatoria. No estudo cuantitativo, na aplicación do cuestionario, o 67% do alumnado participou respondendo á enquisa, o 63% dos participantes foron mulleres e o 37% homes. No rango de idades, a maior representación é a das idades comprendidas entre os 22-24 anos, do 91% do alumnado, fronte ao 9% restante que correspondeu a alumnado de entre 25-30 anos. 4. Instrumentos e procedemento No estudo cualitativo realizáronse grupos de discusión (Onwuegbuzie et al., 2009) en que participaron os diversos programas de licenciatura pertencentes ás catro universidades con base nun guión deseñado para isto. En total, como se dixo, houbo catro grupos focais de entre 4-9 estudantes, cada un dirixido por un/ha moderador/a que se encargou de dirixir e gravar a sesión correspondente para a súa posterior transcrición e análise. As sesións duraron entre 40-85 minutos. O guión de estudo constaba de 15 cuestións adaptadas do cuestionario de Sánchez Fernández (2011). No estudo cuantitativo, co fin de recoller os coñecementos tanto do concepto e a identificación como da predisposición a participar en proxectos ou programas de responsabilidade social dos futuros traballadores elaborouse un cuestionario en liña baseado no estudo de Sánchez Fernández (2011), mellorado e adaptado após aplicarmos o estudo cualitativo con grupos focais. Entre xaneiro e febreiro de 2013, de forma anónima e voluntaria, o alumnado cubriu o cuestionario, a

A RESPONSABILIDADE SOCIAL DOS UNIVERSITARIOS COMO FUTUROS TRABALLADORES: PERSPECTIVAS COMPARADAS 459 que tivo acceso desde a plataforma Moodle de teleformación na Universidade da Coruña. A estrutura da ferramenta divídese en diferentes apartados: consta de 25 ítems relacionados coa temática da responsabilidade social, e as últimas preguntas recollen a información sociodemográfica dos participantes. O cuestionario está conformado por preguntas abertas, dicotómicas e con aplicación da escala de Likert. A análise dos datos cualitativos e cuantitativos levouse a cabo durante o período comprendido entre os meses de xaneiro e abril de 2013. Os programas que se utilizaron para facer a análise dos datos son o Excel 2007, o Word 2007 e a versión 20 do SPSS. 5. Resultados A seguir pomos de relevo os principais resultados extraídos neste estudo. De forma xeral, un 95% do alumnado coñece o concepto de responsabilidade social ou oíu falar del, fronte ao 4% que o descoñece. Ora ben, o 82% do alumnado non sabe en que consiste a responsabilidade social universitaria, e só o 18% afirma que coñece as actividades que se levan a cabo neste ámbito. Doutra banda, podemos salientar como positiva a predisposición que manifesta o alumnado a implicarse na responsabilidade social, pois o 96% afirma que lle gustaría emprender accións relacionadas coa responsabilidade social no ámbito laboral, fronte a un 4% cuxa resposta é negativa. En relación cos contextos en que se identifican prácticas e/ou programas que aplican a responsabilidade social, os alumnos apuntan maioritariamente ao ambiental; doutra parte, o relixioso é aquel en que con menos intensidade sinalan que se aplica, e o resto de ámbitos universitario, empresarial, individual, social e económico quedan nun rango intermedio. As razóns que se identifican para as empresas aplicaren prácticas de responsabilidade social son sobre todo a imaxe e a publicidade, así como beneficios particulares, en que se encadran os fiscais, económicos etc. E as razóns polas cales os alumnos identifican que as organizacións realizan prácticas de responsabilidade social son retribuír algo á sociedade e a concienciación.

460 MARÍA DOLORES SÁNCHEZ FERNÁNDEZ / HÉCTOR LÓPEZ PORTILLO KATHIA IBARRA TORRES De forma específica, as prácticas ou os programas en que se aplica responsabilidade social con maior intensidade son, segundo os alumnos enquisados, por esta orde, a asistencia a comunidades con escasos recursos, as actividades en beneficio do medio e as asociacións de voluntarios. Aquelas en que se aplica con menor intensidade son as realizadas polas entidades de goberno, as organizacións non gobernamentais e os organismos privados como por exemplo as empresas, bancos, cámaras empresariais etc. O alumnado que respondeu de forma afirmativa sobre as súas expectativas de colaboración nun proxecto de responsabilidade social no mundo laboral manifesta como preferencias: incluír no traballo persoas con capacidades diferentes; contribuír con proxectos sociais a mellorar a situación de persoas necesitadas; promover políticas e/ou accións encamiñadas á responsabilidade social e actuar con transparencia. Pola contra, senten menor interese por concienciar os colaboradores no traballo acerca da responsabilidade social; respectar o que a organización manifeste e capacitar os traballadores para que apliquen a responsabilidade social na súa vida diaria. 6. Discusión e conclusións A responsabilidade social como concepto é relativamente descoñecida nas universidades, e máis aínda as actividades propias de responsabilidade social que levan a cabo as universidades. Dos datos extraídos na nosa investigación cabe salientarmos a tendencia por parte do alumnado universitario a asimilar as prácticas e os proxectos relacionados coa responsabilidade social co medio e a sociedade, quedando nun estado intermedio a universidade, e moi afastada a relixión; así como a identificar como principais motivos para as empresas implantaren prácticas de responsabilidade social os relacionados coa imaxe e a publicidade, e non cos fins e principios propios da responsabilidade social empresarial. No entanto, o máis preocupante dos datos obtidos radica nas expectativas que teñen os estudantes de formaren parte dalgún proxecto ou algunha práctica de responsabilidade social no futuro, no ámbito laboral, pois relacionan a responsabilidade social con proxectos sociais de ámbito externo e con colectivos especiais. Ora ben, se a universidade forma os futuros profesionais, que achegarán os coñecementos, as habilidades e as aptitudes adquiridos na universidade e tamén

A RESPONSABILIDADE SOCIAL DOS UNIVERSITARIOS COMO FUTUROS TRABALLADORES: PERSPECTIVAS COMPARADAS 461 noutros ámbitos ás empresas, poderiamos dicir que se debería pór unha maior énfase nesta dirección e impartir formación, desenvolver habilidades, capacidades e valores para que os profesionais do futuro sexan quen de levar a responsabilidade social ao ámbito dos negocios. Por iso é de vital importancia facer unha investigación e un seguimento da situación actual, tomar medidas, atopar a forma transferir eses coñecementos e promover os valores que recollan esas habilidades socialmente responsables que poderán ser trasladadas ás organizacións. Como futuros potenciais xestores é de importancia reflectir a sensibilidade no eixe interno da empresa na formación dos alumnos. No tocante ao concepto de responsabilidade social dentro da universidade, cómpre atopar a forma máis axeitada de difundilo e dar a coñecer as actividades relacionadas coa materia entre os grupos de interese. No enfoque da transferencia do coñecemento para os xestores da responsabilidade social, a través desta investigación, propóñense as seguintes actividades dentro da organización, na universidade: a) Deseñar un formato de comunicación axeitado que faga chegar a información ao alumnado e dea máis visibilidade ás actividades que se realizan. Debe terse en conta que alumnado recoñece as actividades de responsabilidade social universitaria de xeito moi xenérico, segundo manifesta de oídas, como o voluntariado, o ambiente etc., sen especificar ningunha actividade en concreto, agás no tema das bicicletas ou do horto ecolóxico. b) Estudar no longo prazo as actividades levadas a cabo en materia de responsabilidade social e o seu impacto, como futura liña de investigación. Un estudo de maior envergadura desagregado por xénero, que abranga os diferentes estudos e en que estean incluídos todos os cursos. Finalmente podemos dicir que alén dos diversos compromisos que teñen as universidades coa preservación, produción, reprodución e transmisión do coñecemento, as ciencias e as tecnoloxías, cómpre promover nelas un maior compromiso coa sociedade. É dicir, dunha parte, as universidades deben responder con maior ímpeto ás demandas e os intereses sociais; mais tamén, da outra, é importante concienciar o alumnado e o profesorado dos retos e oportunidades que poderán atopar a través da responsabilidade social universitaria.

462 MARÍA DOLORES SÁNCHEZ FERNÁNDEZ / HÉCTOR LÓPEZ PORTILLO KATHIA IBARRA TORRES Referencias bibliográficas Bligh, D.; Thomas, H. e McNay, I. (1999) Understanding Higher Education: An Introduction for Parents, Staff, Employers and Students. Exeter, Intellect Books. Brown, E. e Cloke, J. (2009) «Corporate Social Responsibility in Higher Education» ACME: An International E-Journal for Critical Geographies 8(3), pp. 474-483. Dispoñible no enderezo web <http://www.acme-journal.org/vol8/browncloke09.pdf>. Christensen, P.; Thrane, M.; Jørgensen, T. H. e Lehmann, M. (2009) «Sustainable Development: Assessing the Gap between Preaching and Practice at Aalborg University» International Journal of Sustainability in Higher Education 10(1), pp. 4-20. Contreras, M. E. (ed.) (2004) Corporate Social Responsibility in the Promotion of Social Development: Experiences from Asia and Latin America. Washington D. C., Inter-American Development Bank. Dispoñible no enderezo web <http://idbdocs.iadb.org/wsdocs/getdocu ment.aspx?docnum=2220311>. Dahlsrud, A. (2008) «How Corporate Social Responsibility is Defined: An Analysis of 37 Definitions» Corporate Social Responsibility and Environmental Management 15, pp. 1-13. De la Calle Maldonado, C. e Giménez Armentia, P. (2011) «Aproximación al concepto de responsabilidad social del universitario» Revista Comunicación y Hombre 7, pp. 236-247. Domingues, I. e Veloso da Veiga, C. (2012) «Responsabilidade social na Universidade: missão e governação» en Domingues, I. e Remoaldo, P. Responsabilidade Social Organizacional. Desenvolvimento e Sustentabilidade. Famalição, Edições Húmus, pp. 115-129. Frederick, W. C. (1998) «Creatures, Corporations, Communities, Chaos, Complexity: A Naturological View of the Corporate Social Role» Business & Society 37(4), pp. 358-389. Hartog, M. e Frame, P. (2004) «Business Ethics in the Curriculum: Integrating Ethics through Work» Journal of Business Ethics 54, pp. 399-409. Jabbour, C. J. C. (2010) «Greening of Business Schools: A Systemic View» International Journal of Sustainability in Higher Education 11(1), pp. 49-60. Nejati, M.; Shafaei, A.; Salamzadeh, Y. e Daraei, M. (2011) «Corporate social responsibility and universities: A study of top 10 world universities websites» African Journal of Business Management 5(2), pp. 440-447. Nicolaides, A. (2006) «The Implementation of Environmental Management towards Sustainable Universities and Education for Sustainable Development as an Ethical Imperative» International Journal of Sustainability in Higher Education 7(4), pp. 414-424.

A RESPONSABILIDADE SOCIAL DOS UNIVERSITARIOS COMO FUTUROS TRABALLADORES: PERSPECTIVAS COMPARADAS 463 Onwuegbuzie, A. J.; Dickinson, W. B.; Leech, N. L. e Zoran, A. G. (2009) «A Qualitative Framework for Collecting and Analyzing Data in Focus Group Research» International Journal of Qualitative Methods 8(3), pp. 1-21. Sánchez-Fernández, M. D. (2011) «The Organizational Social Responsability: Stakeholders Future Managers» Revista International Administración & Finanzas 4(4), pp. 87-101. Sánchez-Fernández, M. D. (2012) «A responsabilidade social corporativa no marco da teoría institucional» CICS Working Papers 6. Dispoñible no enderezo web <http://hdl.handle.net/1822/20046>. Sánchez-Fernández, M. D.; Van Hattum-Janssen, N.; Caires, S.; Teixeira, L.; Ibarra-Torres, K. e López-Portillo, H. (2012) Responsabilidade social nos cursos de engenharia e artes: perspectivas compradas entre alunos e diretores de curso. Relatorio presentando no II Congresso Ibero-Americano De Responsabilidade Social (CRIARS), que tivo lugar en Lisboa entre os días 25-27 de outubro de 2012. Dispoñible no enderezo web <http://repositorium.sdum.uminho.pt/ handle/1822/20591>. Sánchez-Fernández, M. D.; Seijas-Ramos, S.; Gutiérrez-Padilla, C.; Montoya-Landeros, M. del C., López-Portillo, H. e Ibarra-Torres, K. (2012) «Responsabilidad social: universidade da Coruña, Guanajuato y autónoma de Aguascalientes» en Loreto, D. R. B. e Álvarez Teva, I. (eds.) FECIES 2012. Granada, Asociación Española de Psicoloxía Condutual (AEPC)/Universidade de Granada, pp. 471-476. UNESCO (2009) Conferencia Mundial sobre la Educación Superior 2009: La nueva dinámica de la educación superior y la investigación para el cambio social y el desarrollo. París, UNESCO. Dispoñible no enderezo web <http://www.unesco.org/education/wche2009/comunicado_es.pdf>. Vallaeys F.; De la Cruz, C. e Sasia, P. M. (2009) Responsabilidad social universitaria. Manual de primeros pasos. México, McGraw-Hill Interamericana/Banco Interamericano de Desarrollo. Dispoñible no enderezo web <http://idbdocs.iadb.org/wsdocs/getdocument.aspx?docnum=35125786>.