MANUAL DE USUARIO DA APLICACIÓN DE XESTIÓN DE AVISOS DE VESPA VELUTINA

Similar documents
Acceso web ó correo Exchange (OWA)

GUÍA DE MIGRACIÓN DE CURSOS PARA PLATEGA2. Realización da copia de seguridade e restauración.

COMO XOGAR A KAHOOT Se vas xogar por primeira vez, recomendámosche que leas este documento QUE É KAHOOT?

Anexo IV: Xestionar o currículum da etapa:

CONTROL DE VERSIÓNS E DISTRIBUCIÓN

Sede Electrónica Concello de Cangas

O SOFTWARE LIBRE NAS ENTIDADES DE GALIZA

Síntesis da programación didáctica

Manual de usuario do módulo de control horario do sistema OPAX

Manual de usuario CENDES. Centro de descargas da Xunta de Galicia

Manual de usuario EBIBLIO GALICIA. Xunta de Galicia

Silencio! Estase a calcular

Fondo de Acción Social. Manual do Usuario de presentación de solicitudes do FAS

R/Ponzos s/n Ferrol A Coruña Telf Fax

Guía para autoarquivo en Minerva. Repositorio Institucional da USC

Guía para autoarquivo en Minerva Repositorio Institucional da USC. 16/04/2018 Biblioteca Universitaria da USC

Mailman: Manual de usuario para subscritores de listas

Configuración dun cliente Mozilla Thunderbird

CREACIÓN DE PÓSTERS CON GLOGSTER. Miguel Mourón Regueira

Rede CeMIT Cursos Gratuítos de Alfabetización Dixital NOVEMBRO Aula CeMIT de Cuntis

Metodoloxía copyleft en educación

Facultade de Fisioterapia

Problema 1. A neta de Lola

REUNIÓN CONVOCATORIAS SUBVENCIÓNS 2018 SECCIÓN DE SERVIZOS SOCIAIS SERVIZO DE ACCIÓN SOCIAL, CULTURAL E DEPORTES

ANEXO II NORMAS DE CREACIÓN E PUBLICACIÓN DE PÁXINAS WEB DA USC

Name: Surname: Presto= very fast Allegro= fast Andante= at a walking pace Adagio= slow Largo= very slow

PARTE I. VIVALDI: Concierto en MI M. op. 3 n.12

BLOGS CON BLOGGER MANUAL DE CONFIGURACIÓN E USO

Carlos Cabana Lesson Transcript - Part 11

FASE II: TRABALLO DE CAMPO

Orzamentos Xerais do Estado para 2016: Novidades en materia de Seguridade Social que xestionan as mutuas

Narrador e Narradora Narrador Narradora Narrador

VIGOSÓNICO V C O N C U R S O V I D E O C L I P S Calquera proposta estética para o vídeo: cine, animación, cor, branco e negro,...

TITORIAL PARA O USO DO REPOSITORIO DE MOREA

Obradoiro sobre exelearning. Pilar Anta.

DOG Núm. 72 Venres, 15 de abril de 2016 Páx

DOG Núm. 43 Xoves, 1 de marzo de 2018 Páx

12352 LEI 11/2007, do 22 de xuño, de acceso electrónico dos cidadáns aos servizos públicos. («BOE» 150, do )

Recursos para a lingua

DOG Núm. 71 Martes, 11 de abril de 2017 Páx

Cinco sinxelos pasos para ir á caza das estrelas ;) (

COAG ESTUDIO APLICACIÓN PARA O VISADO DIXITAL - MANUAL DE INSTALACIÓN E USO

Se (If) Rudyard Kipling. Tradución de Miguel Anxo Mouriño

Informe do estudo de CLIMA LABORAL do Sergas

Carlos Servando MEMORIAL SALVAMENTO DEPORTIVO. 10 de outubro as 16:00. Piscina Carballo Calero Carballo. Organiza

O Software Libre nas Empresas de Galicia

CADERNO Nº 9 NOME: DATA: / / Funcións e gráficas. Recoñecer se unha relación entre dúas variables é función ou non.

Como atopar artigos de Arquitectura

Programación orientada a obxectos

LEI 18/2011, DO 5 DE XULLO, REGULADORA DO USO DAS TECNOLOXÍAS DA INFORMACIÓN E DA COMUNICACIÓN NA ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

MEMORIA COMITÉS DE ÉTICA DA INVESTIGACIÓN DE GALICIA PERÍODO

Paper Reference. Paper Reference(s) 4440/01 London Examinations IGCSE Spanish Paper 1: Listening

Manual de inicio software libre

INFORME DE AVALIACIÓN DOS BANCOS DO TEMPO DO PROXECTO CONTA CON ELAS

MEMORIA DE AVALIACIÓN DA CALIDADE: INFORME DE RESULTADOS PROGRAMACIÓN: ACCIÓNS FORMATIVAS DIRIXIDAS PRIORITARIAMENTE ÁS PERSOAS TRABALLADORAS

RESUMO DA XORNADA. Autoras: Isabel Goti Caaveiro. Noelia Gabeiras Alonso. Técnicas Asociación Casa do Mel.

DOG Núm. 34 Venres, 16 de febreiro de 2018 Páx

ESTUDOS OBSERVACIONAIS

6. O proceso técnico. 1. Introducción. 2. Introdución ás fases da cadea documental ISABEL PEMÁN PÉREZ

Important Dates. October 19th, 2016

Curso: Creación de Páxinas Web Persoais. novembro 2005

CONCELLO DA TEIXEIRA (OURENSE)

DSpace da Universidade de Santiago de Compostela

LibrePlan Audiovisual: Sistema de planificación e control de desvíos de producións audiovisuais

Bases do Concurso Logo ANPA Vila do Arenteiro BASES DO CONCURSO. 1. OBXECTO e TEMATICA DO CONCURSO 2. TIPO DE CONCURSO

BOLETÍN DE ACTIVIDADES 1º PARCIAL

CONCELLO DE PONTEDEUME (A CORUÑA) ENDEREZO LOCALIDADE PROVINCIA C.P. Nº SS.SS TELÉFONO DE CONTACTO

NORMATIVA ACADÉMICA PARA O ALUMNADO DE INTERCAMBIO DA ESCOLA UNIVERSITARIA DE ESTUDOS EMPRESARIAIS (EUEE) UNIVERSIDADE DE VIGO

RECURSOS PARA O TRABALLO COS VOLUNTARIOS E VOLUNTARIAS NUNHA ENTIDADE DE VOLUNTARIADO. Módulo IV Traballando por proxectos

ÁMBITO DE COMUNICACIÓN Lengua extranjera: Inglés

EFECTOS SOCIOECONÓMICOS DO ACTUAL PROCESO DEMOGRÁFICO EN GALICIA

INGLÉS / MÓDULO 3 -ESPAD-

A TRANSICIÓN DA UNIVERSIDADE Ó TRABALLO: UNHA APROXIMACIÓN EMPÍRICA

INICIACIÓN A APPINVENTOR ( OLLO: necesitas ter unha conta en GMAIL e tamén sería útil en DRIVE para

Asociación de Desenvolvemento Rural Ancares-Courel CONTRATACIÓN DO EQUIPO XESTOR GDR-5 TÉCNICOS/AS

Xogos e obradoiros sobre o cambio climático que Climántica desenvolve en centros educativos

Blink: SIP conferencing done right Saúl Ibarra Corretgé AG Projects

Trece sobres azules (Maeva Young) (Spanish Edition)

Accións da responsabilidade social empresarial. Atrae, retén e motiva o capital intelectual da empresa?

"Por" and "Para" Notes: 1. The written lesson is below. 2. Links to quizzes, tests, etc. are to the left.

DÍA DA CIENCIA EN GALEGO CEIP DE CERVO 2014/15 PUCA QUERE SABER SOBRE

2.1. O PROXECTO LINGÜÍSTICO DE CENTRO

EDUCACIÓN DIXITAL INNOVADORA

manual técnico de comunicación efectiva

A INTERFERENCIA FONÉTICA NO ESPAÑOL DA CORUÑA. A VOCAL [o] TÓNICA. Sandra Faginas Souto 1 Universidade da Coruña

DOG Núm. 115 Xoves, 16 de xuño de 2011 Páx

COCINA ECONÓMICA DE FERROL. CÓDIGO ÉTICO E DE BO GOBERNO Edición: 2

ESTUD OS MIGR ATORIOS Revista Galega de Análise das Migracións Nova xeira

ESTUDO SOBRE O SECTOR DOS MATADOIROS EN GALICIA DENDE O PUNTO DE VISTA DA COMPETENCIA

Second Language Anxiety and Task Complexity

A ACCESIBILIDADE RESIDENCIAL. UNHA REVISIÓN DA LITERATURA

ANÁLISE DO SECTOR TÉXTIL, CONFECCIÓN E CALZADO

IMPLICACIÓNS FINANCEIRAS DA XESTIÓN DO MEDIO NATURAL PARA AS EMPRESAS E PARA OS MERCADOS DE CAPITAIS

DOCUMENTACIÓN QUE DEBEN ADXUNTAR PARA A MATRICULA DO 1 AO 15 DE XUÑO: SE NON ESTAN OBRIGADOS PRESENTARÁN CERTIFICADO EXPEDIDO POR FACENDA DOS

PROPOSTA PEDAGÓXICA PROCESO DE FAMILIARIZACIÓN Á ESCOLA INFANTIL

Indagacións sobre a produción do real: obxectos, procesos e relacións

NAVEGA CON RUMBO.

CRÉDITOS Edita: Dirección Xeral de Traballo e Economía Social Conselleria de Traballo e Benestar

Alumna/o...Curso... 1) Para recuperar a materia pendente deberás seguir o plan de traballo que se especifica de seguido:

CUESTIÓNS XERAIS A AMBOS PROCEDEMENTOS

Transcription:

MANUAL DE USUARIO DA APLICACIÓN DE XESTIÓN DE AVISOS DE VESPA VELUTINA Versión def1 _30.01.2017

Aplicación de xestión de avisos de avistamento de Vespa velutina Xaneiro 2017 Índice

1.- INTRODUCIÓN Este manual de usuario para a Aplicación de xestión de avisos de avistamento de Vespa velutina recolle as diferentes accións posibles permitidas para un usuario básico. Descríbese todo o proceso para a recepción de avisos, a recollida da información que poda obterse froito das conversas telefónicas cos alertantes e as actuacións realizadas en cada visita de campo. Deste xeito, a través da consulta dunha ficha de aviso correctamente actualizada na aplicación, terase a opción de visualizar unha importante cantidade de información sobre a xestión global do aviso. Así mesmo inclúese información sobre a xestión da conta individual de cada usuario nesta aplicación (teléfonos, e-mail e contrasinais) 2.- ACCESO Á APLICACIÓN E ESTRUTURA BÁSICA Unha vez dado de alta o usuario, este recibirá no enderezo electrónico facilitado, un aviso onde se lle indica o seu usuario e contrasinal para poder acceder á aplicación a través da web www.controlvelutina.com. O usuario poderá modificar o contrasinal na propia aplicación unha vez que entre na mesma (punto 6 apartado C do presente manual). Unha vez na aplicación, esta permite as seguintes xestións principais no tratamento dos avisos: Administrar avisos e Edición de ficha de aviso. Administrar avisos permite acceder á listaxe de avisos que o usuario teña asignados e realizar a procura dun aviso determinado, identificado polo seu código de aviso específico coa estrutura AV-V-XXXX, onde AV significa Aviso velutina, e XXXX o identificativo individual de cada un. Esta codificación a asigna automaticamente a aplicación informática no momento que se da de alta o aviso. Edición de ficha de aviso permite acceder a un aviso concreto e modificar ou actualizar os datos existentes nese aviso. Un usuario con permisos poderá acceder a un listado de avisos e as fichas de aviso individuais que deu de alta ou que lle foron asignados previamente. Ambos listados teñen a mesma visualización e as mesmas opcións. O que cambia é a acción a realizar por algúns dos enlaces e botóns. 3.- ALTA E XESTIÓN DE AVISOS Previamente deberemos iniciar sesión na aplicación con noso USUARIO e CONTRASINAL. Para realizar un alta de aviso: pantalla de menú principal e dentro da pestana de avisos acceder ao formulario a través de NOVO AVISO.

O formulario de alta dun aviso é o seguinte: A módulo de alta consta de 3 pestanas: I. DATOS ALERTANTE: No campo Nome e apelidos rexístrase o nome do alertante O campo Teléfono do alertante é un campo obrigatorio que se debe rexistrar sempre cando se dea de alta o aviso. Se non existe dato de teléfono, non se podería xestionar o aviso.

II. DATOS DO AVISO Son obrigatorios os 3 campos amosados. Na pestana Tipo de aviso é onde se asigna o aviso por Detección de Niños. Na seguinte pestana Estado de Aviso seleccionaríase PENDENTE mentres non se realice a actuación sobre niño. Na pestana Marcado, por defecto indicarase NON APLICA, salvo que o niño se atope nunha árbore marcada cun díxito en cor vermella. Isto está indicando que o aviso se trata dunha réplica, e que xa foi visitado por algún técnico que determinou a inaccesibilidade para retirar cos medios dispoñibles nesa zona nun momento determinado. Utilízase o número 4 para indicar que a visita foi realizada en 2014 ( MARCADO 2014 ), o 5 para 2015 ( MARCADO 2015 ) e así sucesivamente. III. DATOS LOCALIZACIÓN Son obrigatorios os campos: Provincia, Concello, Parroquia, Lugar e Asignado a (aparecerá unicamente a entidade colaboradora que está cursando ó alta). Os restantes campos non son obrigatorios: Lugar de emprazamento do niño (con valor por defecto Outro ), altura emprazamento estimada á que se atopa o niño con respecto do chan, e Tipo de niño (con valor por defecto Secundario xa que constitúen a maior porcentaxe de niños detectados). Recordar que os niños primarios son de pequeno tamaño, aproximadamente coma una pelota de tenis (max. 10 cm. de diámetro). Os secundarios poden chegar aos 100 cm. de diámetro a finais de outono. No apartado de observacións a entidade colaboradora poderá deixar constancia daquela información que entenda necesaria aportar para localizar e retirar o niño. Esa información queda a súa disposición cando se consulte ou edite o aviso, e poderá posteriormente ser modificada ou completada con máis información adicional se fora necesaria. Unha vez cubertos, como mínimo, todos os datos obrigatorios, premerase no botón Gardar e o aviso quedará rexistrado na base de datos. A aplicación xerará un código coa estrutura AV_V seguido dunha serie de números. Ese código é específico para o aviso concreto que se acaba de rexistrar.

4.- ADMINISTRAR AVISOS (LISTAS DE AVISOS) Esta pantalla amosa a totalidade dos avisos asignados para a xestión por un usuario determinado: A primeira fila horizontal da lista, utilízase basicamente para engadir filtros sobre os rexistros amosados e para localizar avisos concretos. Así pódense facer filtrados segundo: - Tipo de aviso : ataque de colmeas, detección avespas, detección de niños... - Especie Confirmada : aparece a especie de avespa involucrada (velutina ou outras) no caso de que algún técnico xa identificara a especie.

- Estado do Aviso : se o aviso está pendente, ou ben como foi resolto: niño eliminado, imposible actuar... - Marcado : este estado indica que o niño está situado nunha zona inaccesible para a retirada, e informa sobre o ano en que os técnicos visitaron o citado lugar. Un 4 indica que foi atendido en 2014, un 5 en 2015, e así sucesivamente. Resulta importante este aspecto porque na maioría das situacións non ten sentido volver a visitar a un niño marcado salvo que algún aspecto relevante sobre o aviso mudase, posto que xa se verificou in situ a súa inaccesibilidade). - Teléfono : Pódese filtrar polo telefono do usuario, de maneira que se poida comprar se houbo xa avisos previos e estes están duplicados. Para volver a amosar todos os rexistros utilizarase o botón Limpar Filtro, situado na parte superior dereita. Os avisos amosados terán en conta o tipo de usuario que accede. Algúns tipos de usuario (os administradores da aplicación e coordinadores xerais do protocolo de control) poden ver todos os avisos, e outros (as distintas unidades de intervención) só os asignados ao propio usuario. As accións permitidas, situadas nos botóns da parte superior dereita, son as seguintes: Botón Limpar Filtro : limpa os criterios de busca e amosa todos os rexistros. Botón Busca Avanzada : permite buscar avisos filtrando por provincia, nome usuario ou nome alertante. Premendo no botón Buscar, a lista filtrarase polos criterios establecidos. Botón Menú : volta ao menú de avisos. Situados á dereita de cada fila da lista de avisos: Icona do círculo azul: Este botón permítenos ver a información completa dun aviso/ficha aviso en modo de só lectura. Icona do lapis verde: Lévanos ao formulario de edición dun aviso/ficha aviso. Explicado no punto 5, apartados III,IV e V deste manual. Icona da aspa vermella: Elimina un aviso, preguntado antes se se está seguro de querer eliminalo. Segundo o perfil do usuario esta icona puidera estar inactiva.

5.- EDICIÓN DE FICHAS DE AVISO Unha vez rexistrado o aviso, cada entidade pode acceder á edición de cada aviso que dera de alta ou lle fose asignado desde a lista de avisos (punto 3 deste documento). O formulario de edición da ficha de avisos é o seguinte: Pódese comprobar que na parte superior da pantalla de edición indícase o código do aviso que se está editando, para evitar cometer erros, neste caso o aviso AV-V 8749, o mesmo do exemplo amosado anteriormente. A pantalla de Xestión dos avisos consta de 5 pestanas: I. CONTACTO CO ALERTANTE Dato obrigatorio. Esta información ten que ser completada pola entidade actuante unha vez se poña en contacto co alertante. Serve para rexistrar o día e hora no que se fixo contacto telefónico co alertante por parte da agrupación que xestionará o aviso, de xeito que permita valorar tempos de resposta, xestionar posibles reclamacións etc... II. DATOS ALERTANTE Son os datos do alertante (nome, apelidos e telefono) que engadimos cando dimos de alta o aviso.

III. DATOS DO AVISO Son campos obrigatorios: Provincia, Concello, Parroquia, Lugar, Asignado a, Tipo de aviso, Estado do aviso, Marcado, Estado de xestión (se non se establece, figurará o valor por defecto NON APLICA ), GPS (UTM X) e GPS (UTM Y), (coordenadas que deberán estar dentro da Comunidade Autónoma de Galicia para permitir a gravación do editado), Visitado por e Confirmación de especie. Dento de Estado do aviso, están dispoñibles as seguintes opcións no despregable: - Pendente (estado por defecto, que implica que o aviso está por resolver) - Eliminado (indica que o niño foi retirado) - Imposible actuar (indica que cos medios dispoñibles non se puido tratar nin eliminar o niño). - Neutralizado (o niño recibiu tratamento insecticida u outros tratamentos, pero non se puido retirar). - Non procede actuación (deteccións de avespas sen niño, avisos de ataques a colmeas...). - Non velutina (avisos de especies distintas da Vespa velutina, e nese sentido sinalar que é interesante obter boa información do alertante, para evitar visitar niños de especies que non proceda atender). - Replicado (aviso reiterado; soamente debería existir un aviso por niño detectado,e polo tanto resulta interesante discernir estas réplicas, para evitar visitas improcedentes).

Son campos non obrigatorios: - Lugar de emprazamento do niño: seleccionando no despregable. - Tipo de niño (con valor por defecto Secundario ) - Tamaño do niño (especificar diámetro en cm.) - Zona xeográfica (con valor por defecto) Non se indica cal é o valor por defecto. - Zona climática (con valor por defecto). Non se indica cal é o valor por defecto. - Zona forestal (con valor por defecto) Non se indica cal é o valor por defecto. No caso de que se seleccione como Zona forestal o valor forestal, aparecerá unha nova lista despregable coa especie forestal predominante. - Altitude (m) (referido á altitude en metros respecto ao nivel do mar do punto xeográfico, tomado co GPS) - Entidade confirmadora (nome do organismo que confirma esa identificación) - Data de confirmación, (data en que se confirma a especie) - Presenza de colmeares próximos (cando se risque esta opción, a aplicación abrirá un despregable para indicar a distancia dende o niño ás colmeas en Km.) - Altura de emprazamento do niño (m) (altitude estimada de situación do niño respecto do chan) - Observacións (onde se consignará aquela información relevante que poida servir de utilidade para a resolución do aviso, tanto a facilitada polo alertante, como a información achegada polos técnicos). Fotos: Opcionalmente pódense engadir ata 3 imaxes relacionadas co aviso, non podendo excederse os 10Mb/foto.

IV. DATOS VISITA Este apartado non é obrigatorio cubrir. Está pensado para rexistrar os datos da primeira visita realizada co gallo de atender o aviso, e entre outros, serve para verificar tempos de resposta, e completar información interesante para a xestión/resolución. No caso que introduzcamos unha Data de visita tamén haberá que sinalar a Hora da visita. Se non se introducen ambos datos, a información da visita non se gardará. Pódense deixar ambos campos en branco se non existira interese en rexistrar esa información, ou ben se simplemente non se realizou visita algunha (por exemplo cando se determinou que o aviso é unha replica, ou ben se se dispón de datos suficientes que indican que o niño é dunha especie distinta de velutina e non procede acudir ata o lugar). Nome avisador (interesante se durante a visita atende ao equipo de intervención unha persoa distinta ao alertante orixinal). Accesible medios 112 (ríscase cando se coñeza da existencia de medios dispoñibles do 112 na zona de influencia e con eles sexa posible acceder ata o niño con seguridade). Accesible pértega (cando se precise dunha pértega de grandes dimensións para tratar/retirar do niño e se estima que trasladando o citado equipo non é preciso mobilizar medios adicionais). Niño activo (resulta interesante valorar a actividade do niño no momento da visita. Os niños inactivos pertencentes á tempada anterior non supoñen ningún problema para as abellas, a poboación, nin para o ecosistema, xa que non se volven a empregar dun ano para outro. Esta información é valiosa sobre todo no caso de niños que resultan inaccesibles).

V. ELIMINACIÓN DO NIÑO Cando sexa necesario rexistrar datos relativos ao proceso de eliminación soamente serán obrigatorios os campos: Data de eliminación/neutralización Hora de eliminación/neutralización Persoal implicado: Se o persoal implicado é "Asociación de Apicultores", "Outros", GES ou Protección Civil (Asociacións de Voluntarios de Protección CIVIL (AVPC) ou outros grupos de protección civil), débese escribir o nome do colaborador no recadro de texto.

Son campos non obrigatorios: - Medio de eliminación: refírese ao sistema empregado para eliminar os restos do niño (incineración, autoclave, etc.). - Insecticida empregado: pódese sinalar o nome comercial do insecticida escollido. - Retirada do niño: indicarase se foi posible ou non a retirada. En caso afirmativo deberase sinalar a data de dita retirada. - Medidas de seguimento na zona: engadirase información sobre medidas especiais cando proceda: por exemplo a instalación dunha trampa adicional, etc... - Observacións: cadro de texto libre para incluír calquera dato que se estime importante rexistrar a efectos de completar o informe de actuación. - Non eliminación/neutralización: Habería que indicar unha pequena explicación xustificando por que non foi posible eliminar/neutralizar o niño (inaccesible por altura, inaccesible por maleza, non dispoñibilidade de medios...). Para informatizar todos os datos engadidos, empregarase a icona GARDAR. Se a aplicación detectase que algún campo obrigatorio non foi cuberto, indicará unha pequena mensaxe cos erros de ingreso na parte superior esquerda da pantalla, en cor vermello. Exemplo: Por favor corrixa os siguientes erros de ingreso: GPS (UTM X) non pode ser nulo. GPS (UTM Y) non pode ser nulo. 6.- A MIÑA CONTA Un usuario autorizado/logueado na aplicación, poderá realizar unha serie de accións situadas no menú horizontal da aplicación: Unha destas accións chámase A MIÑA CONTA. A través dela pódense modificar os datos relacionados coa conta de usuario: teléfono, e-mail, concellos asignados e contrasinal.

a. Teléfonos Premendo na pestana Teléfonos accederemos ao formulario de xestión dos teléfonos. Neste formulario amósase un listado de teléfonos asociados ao usuario. Existen 3 accións posibles a realizar: - Alta Teléfono: o botón Alta Teléfono situado na parte superior dereita, envíanos ao formulario de alta dun teléfono. O teléfono deberá ter 6 díxitos. Trátase dun campo obrigatorio. Unha vez cubertos os datos, o botón GARDAR asignará o teléfono ao usuario e automaticamente achegarase ao formulario de A MIÑA CONTA. Edición teléfono: a través da icona do lapis verde situado á dereita de cada rexistro da lista de teléfonos, accederase ao formulario de edición dese teléfono e modificarase o que proceda. Mesmas consideracións que para dar de alta un teléfono.

Eliminar Teléfono: A través da icona da aspa vermella situada á dereita de cada rexistro da lista de teléfonos, eliminarase o teléfono asociado. Antes de eliminar o rexistro, a aplicación preguntará ao usuario se procede dita eliminación. Deberase ter en conta que un mesmo usuario poderá ter un mínimo de 1 teléfono e un máximo de 5. b. E-Mail Premendo na pestana E-Mail accederase ao formulario de xestión dos correos electrónicos. Neste formulario amósase un listado de correos electrónicos asociados ao usuario. Temos 3 accións posibles a realizar: Alta Correo Electrónico: o botón Alta E-Mail situado na parte superior dereita envíanos ao formulario de alta dun correo electrónico.

O correo electrónico deberá ser un correo válido. Trátase dun campo obrigatorio. Unha vez introducidos os datos oportunos co botón GARDAR asignarase o correo electrónico ao usuario para regresar de modo automático ao formulario de A MIÑA CONTA. Edición Correo Electrónico: Premendo na icona do lapis verde situada á dereita de cada rexistro da lista de correos electrónicos, poderanse editar os datos do correo electrónico. Mesmas observacións que para a alta de correos electrónicos. Eliminar Correo Electrónico: a icona da aspa vermella situada á dereita de cada rexistro da lista de correos electrónicos eliminará o correo electrónico asociado. Antes de eliminar o rexistro, a aplicación preguntará ao usuario se está seguro. Deberase ter en conta que un usuario poderá ter coma mínimo 1 correo electrónico, e ata un máximo de 5.

c. Contrasinal Premendo na pestana Contrasinal accederemos ao formulario de modificación da contrasinal. A contrasinal debe conter números e letras.