Clasificación dos concellos e parroquias segundo o grao de urbanización

Similar documents
Grao de urbanización 2016 (GU 2016)

GUÍA DE MIGRACIÓN DE CURSOS PARA PLATEGA2. Realización da copia de seguridade e restauración.

Silencio! Estase a calcular

O SOFTWARE LIBRE NAS ENTIDADES DE GALIZA

O GRAO DE URBANIZACIÓN EN GALICIA: DIFERENZAS SOCIOECONÓMICAS ENTRE AS DISTINTAS ZONAS

Acceso web ó correo Exchange (OWA)

COMO XOGAR A KAHOOT Se vas xogar por primeira vez, recomendámosche que leas este documento QUE É KAHOOT?

R/Ponzos s/n Ferrol A Coruña Telf Fax

Síntesis da programación didáctica

Problema 1. A neta de Lola

Inmigración estranxeira e territorio en Galicia MARROCOS. Marrocos

EFECTOS SOCIOECONÓMICOS DO ACTUAL PROCESO DEMOGRÁFICO EN GALICIA

ESTRUTURA LABORAL E DEMOGRÁFICA DE MOECHE ESTRUCTURA LABORAL Y DEMOGRÁFICA DE MOECHE DEMOGRAPHIC AND EMPLOYMENT STRUCTURE OF MOECHE

O Software Libre nas Empresas de Galicia

ANÁLISE DO SECTOR TÉXTIL, CONFECCIÓN E CALZADO

A INTERFERENCIA FONÉTICA NO ESPAÑOL DA CORUÑA. A VOCAL [o] TÓNICA. Sandra Faginas Souto 1 Universidade da Coruña

PARTE I. VIVALDI: Concierto en MI M. op. 3 n.12

Tradución e interpretación nos servizos públicos e asistenciais de Galicia.

Name: Surname: Presto= very fast Allegro= fast Andante= at a walking pace Adagio= slow Largo= very slow

MEMORIA COMITÉS DE ÉTICA DA INVESTIGACIÓN DE GALICIA PERÍODO

DETERMINANTES SOCIOECONÓMICOS DA LINGUA: O CASO DO GALEGO

BOLETÍN DE ACTIVIDADES 1º PARCIAL

Narrador e Narradora Narrador Narradora Narrador

Anexo IV: Xestionar o currículum da etapa:

DSpace da Universidade de Santiago de Compostela

Facultade de Fisioterapia

VIGOSÓNICO V C O N C U R S O V I D E O C L I P S Calquera proposta estética para o vídeo: cine, animación, cor, branco e negro,...

DESPOBOAMENTO E AVELLENTAMENTO: GALICIA CARA AO ANO 2020

Este proxecto técnico foi aprobado no Pleno do Consello Galego de Estatística do día 21 de decembro de 2012

AS ELECCIÓNS SINDICAIS NA ENSINANZA PÚBLICA NON UNIVERSITARIA EN GALICIA ( )

DESIGUALDADE E POBREZA EN GALICIA NOS ANOS 2007 E COMO SE DISTRIBÚEN OS EFECTOS DA CRISE?

A XESTIÓN DO SERVICIO DE RECOLLIDA DE LIXO NOS CONCELLOS GALEGOS 1

Publicado en: Revista Galega de ciencias Sociais, 1, páxs , 2003

ESTUDO DA OCUPACIÓN NO MERCADO DE TRABALLO EN GALICIA. INFLUENCIA DO XÉNERO 1

Análise do sector da pesca

FASE II: TRABALLO DE CAMPO

Revista Galega de Economía ISSN: Universidade de Santiago de Compostela España

Educación Social e equipamentos sociocomunitarios. Unha análise desde o concello e as asociacións de A Veiga (Ourense)

CONTROL DE VERSIÓNS E DISTRIBUCIÓN

OS VIVEIROS GALEGOS COMO INSTRUMENTO DE DESENVOLVEMENTO LOCAL: SITUACIÓN ACTUAL E LIÑAS FUTURAS DE MELLORA

A rehabilitación integral de barrios degradados fóra dos ámbitos dos cascos históricos: metodoloxía de análise na Memoria programa das ARI

A TRANSICIÓN DA UNIVERSIDADE Ó TRABALLO: UNHA APROXIMACIÓN EMPÍRICA

Polinomios. Obxectivos. Antes de empezar

vista Galega de Bloque temático ECONOMÍA, EMPRESA E MEDIO AMBIENTE Coordinadora MARÍA ROSARIO DÍAZ VÁZQUEZ

PATRÓNS DE DESPOBOAMENTO DO RURAL GALEGO: UNHA ANÁLISE POR COMARCAS

ESTUDO SOBRE O SECTOR DOS MATADOIROS EN GALICIA DENDE O PUNTO DE VISTA DA COMPETENCIA

ANÁLISE DA POBOACIÓN DEPENDENTE EN GALICIA E DETECCIÓN DAS SÚAS NECESIDADES ASISTENCIAIS

ANALIZANDO A DESIGUALDADE GLOBAL: A EVOLUCIÓN DAS DESIGUALDADES INTERNAS E ENTRE PAÍSES NO CONTEXTO DA GLOBALIZACIÓN

Inferencia estatística

Estudio sociolingüístico sobre a situación da lingua galega no Concello de Vigo 2002

Os antropónimos femininos no cancioneiro popular galego

A EVOLUCIÓN DA POBOACIÓN GALEGA E DAS SÚAS DENSIDADES ( )

Guía para a elaboración das Estratexias de desenvolvemento local das zonas pesqueiras FEMP

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO

Informe do estudo de CLIMA LABORAL do Sergas

Os colectivos migrantes ante o proceso de emprendemento en Galicia

Orzamentos Xerais do Estado para 2016: Novidades en materia de Seguridade Social que xestionan as mutuas

A eurorrexión Galicia-Norte de Portugal a través das páxinas da prensa galega. Análise do discurso mediático transmitido polos xornais galegos

Manual de usuario do módulo de control horario do sistema OPAX

Probas de validación de Críticos de Arte Artificiais.

PROXECTO: BARÓMETRO DE XÉNERO E DESIGUALDADE. UNHA APROXIMACIÓN A MODELIZACIÓN CUANTITATIVA

CRÉDITOS Edita: Dirección Xeral de Traballo e Economía Social Conselleria de Traballo e Benestar

Revista Galega de Economía Vol (2017)

Revista Galega de Economía Vol (2015)

XXXII REUNIÓN DE ESTUDOS REGIONALES DESARROLLO DE REGIONES Y EUROREGIONES. EL DESAFÍO DEL CAMBIO RURAL

GUÍAS DE. Serie INFORMES DO ESTADO DE SAÚDE. SERIE II: Sección CANCRO DE MAMA: Informe 7

Recursos para a lingua

1. A necesidade de rehabilitar o tecido construtivo das cidades

OBSERVACIÓNS SOBRE AS ACTITUDES E OS COMPORTAMENTOS RELATIVOS ÓS CAMBIOS DE CÓDIGO EN SANTIAGO DE COMPOSTELA *

DSpace da Universidade de Santiago de Compostela

Programa galego de detección precoz do cancro de mama (PGDPCM). Resultados

Escolarización e alfabetización no medío rural galego. Rianxo

O INVESTIMENTO ESTRANXEIRO DIRECTO EN GALICIA. SITUACIÓN ACTUAL E ESTRATEXIAS DE FUTURO

DIVERSIDADE DE XÉNERO NOS CONSELLOS DE ADMINISTRACIÓN DAS SOCIEDADES DOMICILIADAS EN GALICIA

Accións da responsabilidade social empresarial. Atrae, retén e motiva o capital intelectual da empresa?

PROGRAMA GALEGO DE DETECCIÓN PRECOZ DO CANCRO DE MAMA (PGDPCM). RESULTADOS

EDUCACIÓN, EMPREGO E POBOACIÓN DE GALICIA

Apertura dos centros de formación profesional á contorna local: percepción dos axentes sociais

DESFOCADOS. a distração programada da internet em N. Carr. Joana Rocha. Congresso de Cibercultura Universidade do Minho

Sobre as subvencións públicas á tradución editorial galega ( )

viveiros en Galicia de empresa O papel dos económica e xeración de emprego

INCIDENCIA DO TAMAÑO SOBRE O COMPORTAMENTO FINANCEIRO DA EMPRESA. UNHA ANÁLISE EMPÍRICA CON PEMES GALEGAS 1

Se (If) Rudyard Kipling. Tradución de Miguel Anxo Mouriño

ÍNDICE ARTIGOS RECENSIÓNS

Educación e linguas en Galicia

LibrePlan Audiovisual: Sistema de planificación e control de desvíos de producións audiovisuais

As variantes gran e grande dentro da frase nominal

Recursos para a clasificación da produción editorial na Galiza durante a etapa franquista: deseño e alimentación da base de datos 1

C A D E R N O S D E L I N G U A

ELABORACIÓN DUN TEST PARA ESTIMA-LO TAMAÑO DO VOCABULARIO COÑECIDO EN LINGUA GALEGA

Editorial Actividades da SGAPEIO

AVALIACIÓN DO PROXECTO PILOTO DE ASISTENCIA PERSOAL COGAMI

MULLERES E MERCADO DE TRABALLO: ANÁLISE DAS OCUPACIÓNS A NIVEL DE XÉNERO

O PAPEL DA IDENTIDADE ÉTNICA E DA VITALIDADE ETNOLINGÜÍSTICA SUBXECTIVA (VES) NA CONFIGURACIÓN DA CONDUCTA LINGÜÍSTICA EN GALICIA

ICEDE Working Paper Series

RITUALIDADE FESTIVA E PROCESO SOCIAL. A ROMARÍA DE SAN RAMÓN DE SILLOBRE

Acrónimo: ECOSUM Destino: Secretaría Xeral de Igualdade da Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar Social.

ANÁLISE ECONÓMICA 55

O uso de construcións con verbos soporte en aprendices de español como lingua estranxeira e en falantes nativos

11. A débeda da PIE con Galicia

Transcription:

Clasificación dos concellos e parroquias segundo o grao de urbanización METODOLOXÍA Elaborado polo IGE coa colaboración da D.X. de Innovación e Xestión da Saúde Pública 1. Introdución A rápida evolución que experimentaron as estatísticas sociais durante as dúas últimas décadas na Unión Europea, tanto en número de operacións como no seu ámbito de aplicación, puxo de manifesto a necesidade de alcanzar un mellor grao de homoxeneidade entre os estados membros en canto aos conceptos e definicións empregadas nestas operacións estatísticas. Por esta razón, a Oficina de Estatística da Unión Europea (Eurostat) leva traballando dende o ano 1996 no establecemento de definicións estándar para os conceptos estatísticos demográficos, xeográficos e socioeconómicos empregados en diferentes enquisas sociais. Nesta liña, Eurostat creou no ano 2005 un Grupo de Traballo sobre Variables Nucleares (Task Force on Core Social Variables), no que participou España, co obxectivo de definir un conxunto de variables nucleares homoxeneizadas para implementar nas enquisas sociais europeas que proporcionan microdatos a Eurostat. A lista de variables propostas polo Grupo de Traballo contén 16 variables distribuídas en tres categorías: 7 demográficas, 6 socieconómicas e 3 xeográficas. As recomendacións finais do Grupo inclúen que os estados membros implementen as variables nucleares nas súas enquisas antes do ano 2011, e que a lista de variables sexa revisada por Eurostat regularmente, por exemplo, cada cinco anos. Unha das variables nucleares xeográficas propostas polo Grupo de Traballo de Eurostat é o grao de urbanización, que se define como o tipo de localidade na que reside un individuo segundo o seu carácter urbano ou rural. Esta clasificación, que no informe final do Grupo de Traballo establécese en 3 categorías, ten moita relevancia como variable explicativa na análise de estatísticas, debido ás importantes diferenzas que pode haber entre zonas urbanas e rurais en canto ás características económicas e sociais. Para definir o grao de urbanización pártese das chamadas áreas locais, que corresponden a diferentes entidades dos estados membros e que, no caso de España, son os concellos. O grao de urbanización orixinal introduciuse no 1991 e distingue tres tipos de zonas: densamente poboadas, intermedias e pouco poboadas. Esta definición está baseada no tamaño da poboación e na densidade e continuidade das áreas locais (no caso de España son os concellos). Este método está baseado en áreas, que varían considerablemente en 1

superficie, polo que os resultados reducen a comparabilidade entre países con áreas pequenas e con áreas grandes. A definición orixinal do grao de urbanización establecida por Eurostat foi aplicada polo INE aos concellos do territorio español, empregando os datos do Censo de Poboación de 2001. No ano 2011, o IGE aplicou esta definición do grao de urbanización considerando como áreas locais as parroquias no canto de concellos e desenvolveu unha subclasificación que desagrega xerarquicamente a anterior 1. A partir da subclasificación das parroquias, desenvolveuse unha subclasificación para o grao de urbanización dos concellos que desagrega xerarquicamente as 3 zonas definidas por Eurostat. Para iso, empregáronse as porcentaxes de poboación que vive en parroquias clasificadas nas diferentes categorías. No ano 2011 aprobouse unha nova clasificación do grao de urbanización 2 por Eurostat. Esta clasificación distingue os mesmos tipos de zonas que a anterior pero para a definición destes tipos emprega un criterio de continuidade xeográfico combinado con limiares de poboación mínimos, aplicados a celas de 1 km 2. Isto último diminúe as distorsións causadas polo distinto tamaño das áreas. No ano 2012, Eurostat difundiu a clasificación dos concellos segundo o novo grao de urbanización obtida en base a este novo método e empregando a poboación do ano 2006. No 2015 estará dipoñible unha actualización na que se empregará a poboación do ano 2011. No 2014, o IGE ven de modificar a clasificación dos concellos segundo o grao e subgrao de urbanización. A partir deste momento a clasificación dos concellos segundo o grao de urbanización reflicte a nova metodoloxía de Eurostat e a subclasificación realizouse sobre a clasificación e a subclasificación das parroquias, que non se modificou. 2. Obxectivos e utilidades O principal obxectivo deste traballo é obter unha clasificación do grao de urbanización dos concellos e das parroquias galegas que reflicta as peculiaridades do asentamento poboacional na nosa comunidade de xeito harmonizado coa clasificación empregada a nivel estatal e europeo. Máis concretamente: - Establecer unha clasificación das parroquias galegas segundo o seu grao de urbanización (tres zonas) de acordo á definición orixinal proposta por Eurostat. 1 Clasificación segundo o grao e subgrao de urbanización baseada na Clasificación de Eurostat que emprega os datos do Censo de Poboación de 2001 2 The new degree of urbanisation (http://ec.europa.eu/eurostat/ramon/miscellaneous/index.cfm?targeturl=dsp_degurba) 2

- Subdividir as categorías do grao de urbanización en subcategorías co fin de diferenciar núcleos de características diferentes. Aplicar esta subclasificación ás parroquias. - Clasificar os concellos en subcategorías segundo a súa urbanización de xeito xerárquico coa nova clasificación do grao de urbanización establecida por Eurostat. No caso das parroquias é a primeira vez que se fai unha clasificación deste tipo do territorio galego; en cambio, as posibilidades de uso son inmediatas en diferentes ámbitos da Comunidade Autónoma Galega. Así, hai que ter en conta que un amplo sector da poboación considera a parroquia como división natural do territorio, polo tanto, dispor dunha clasificación para as parroquias é algo necesario nunha comunidade como a nosa. Esta clasificación ofrece posibilidades, non só na difusión de operacións exhaustivas, senón tamén abre a posibilidade de incluíla, aínda que sexa de modo parcial, nos deseños de enquisas ás persoas físicas e aos fogares. 3. Definición Grao de urbanización orixinal No informe final do Grupo de Traballo sobre Variables Nucleares de Eurostat defínese o grao de urbanización como o tipo de localidade na que reside un individuo segundo o seu carácter urbano ou rural, e establécense tres categorías: 1- Zonas densamente poboadas 2- Zonas intermedias 3- Zonas pouco poboadas Estas categorías defínense a partir das áreas locais (AL) e a súa densidade de poboación do xeito seguinte: - Zonas densamente poboadas (ZDP): conxunto contiguo de AL de densidade superior a 500 hab./km 2 e unha poboación total para a zona de alomenos 50.000 habitantes. - Zonas intermedias (ZIP): son os conxuntos de AL que non pertencen a unha zona densamente poboada onde cada unha delas conta cunha densidade superior a 100 hab./ Km 2 e, ou ben a poboación total da zona é superior a 50.000 habitantes, ou ben é adxacente a una zona poboada densamente. - Zonas pouco poboadas (ZPP): son os grupos de AL que non pertencen a zonas densamente poboadas ou a zonas intermedias. Unha AL ou un grupo contiguo de AL que non acadan o nivel de densidade requirido, pero que están totalmente contidas nunha zona densamente poboada ou intermedia, considéranse como 3

parte dela. Unha AL localizada entre unha zona densamente poboada e unha zona intermedia, aínda que non acade os 100 hab./km 2, considérase como intermedia. Para aplicar isto, o grupo de áreas afectadas deben ter unha superficie de polo menos 100 Km 2. Na definición de Eurostat determinase que para España a área local é o concello. 4. Aspectos metodolóxicos 4.1 Grao de urbanización das parroquias Determinación das áreas locais Para a aplicación da definición é preciso ter unha unidade territorial (área local) que nos permita calcular a densidade de poboación e representala xeograficamente para poder formar os conxuntos de unidades adxacentes. A determinación destas áreas locais, no caso das parroquias, fíxose a partir do Nomenclátor do ano 2009 do INE, considerando inicialmente todas as entidades colectivas e as entidades singulares que non se atopan incluídas nunha entidade colectiva. Por outro lado, a Sociedade para o Desenvolvemento Comarcal de Galicia facilitou unha listaxe de parroquias coa súa correspondente información cartográfica. Cruzáronse ambas as dúas listaxes e obtívose unha serie de entidades colectivas do Nomenclátor que non estaban representadas no mapa. Destas entidades colectivas, algunhas non teñen poboación e non se consideraron ao asumir que están integradas nalgunha das parroquias con representación cartográfica posto que non inflúen no cálculo da densidade. Son as que figuran a continuación: Táboa 1.- Parroquias do nomenclátor que non posúen poboación.galicia, ano 2009. Código parroquia Código concello Concello Nome Parroquia 3200100 32001 ALLARIZ VENTA DO RÍO 3200700 32007 BAÑOS DE MOLGAS PENOUZOS 3200900 32009 BARCO DE VALDEORRAS, O REPORICELO 3205700 32057 PARADA DE SIL CORDELLE Noutros casos, comprobouse que se trataba de entidades que se segregaran. Localizouse a parroquia da que formaban parte e asignóuselle a esta a poboación. Son as que figuran a continuación: 4

Táboa 2.- Parroquias do nomenclátor que se integran noutras para formar as áreas. Galicia, ano 2009. Parroquia inicial Código concell o Concello Nome Parroquia Poboación Parroqui a destino 1504800 15048 MIÑO COSTA ANACARA 55 1504808 1506200 15062 OUTES A SERRA DE OUTES 1104 1506206 3200100 32001 ALLARIZ CAMPELO 1 3200111 3200100 32001 ALLARIZ FORXÁS DE MONTES 1 3200112 3201500 32015 BOLO, O OUTARDEPREGOS 60 3201510 BAIONA (SANTA MARÍA 3600303 36003 BAIONA DE FÓRA) 1958 3600304 3605713 36057 VIGO FREIXEIRO (SAN TOMÉ) 6171 3605700 3606003 36060 VILAGARCÍA DE AROUSA O CARRIL (SANTIAGO) 1562 3606013 3606010 36060 VILAGARCÍA DE AROUSA SOBRÁN (SAN MARTIÑO) 1443 3606009 Ademais, no caso de Moaña, no Nomenclátor do INE aparecen tres entidades colectivas: MOAÑA (SAN MARTIÑO E VIRXE DO CARME), MOAÑA (SAN MARTIÑO) e MOAÑA (VIRXE DO CARME) e no mapa de parroquias só aparecen representadas dúas: (SAN MARTIÑO) e MOAÑA (VIRXE DO CARME). Dado que a entidade MOAÑA (SAN MARTIÑO E VIRXE DO CARME) non se podía asignar a ningunha delas, considerouse a suma da poboación das tres entidades do Nomenclátor para o cálculo da densidade e asignóuselle este valor aos dous territorios do mapa. Determinación do grao de urbanización para as parroquias Para clasificar as parroquias en primeiro lugar representáronse segundo a súa densidade en tres categorías: máis de 500 habitantes por quilómetro cadrado, entre 100 e 500 e menos de 100. Formáronse os conxuntos contiguos de áreas segundo se detalla na definición; cuantificouse a poboación de ditos conxuntos, determinouse o tipo de zona (ZDP, ZIP ou ZPP) e asignouse esta categoría a todas as AL que a forman. Do anterior identificáronse 8 zonas que se clasificaron como ZDP (e polo tanto asignóuselle esta categoría ás 70 áreas locais que as constituían) e 12 zonas ZIP (formadas por un total de 399 AL). As restantes áreas locais clasificáronse polo tanto como ZPP. 5

Figura 1. Distribución das parroquias galegas segundo o grao de urbanización. Ano 2009. ZDP ZIP ZPP (3367) Fonte: IGE, Consellería de Sanidade. Elaboración propia Determinación do subgrao de urbanización nas parroquias Tal e como se pode apreciar na figura anterior, a maioría das parroquias están clasificadas como ZPP, sendo esta categoría moi pouco discriminante, sobre todo nas provincias de Lugo e Ourense onde as únicas parroquias que non son ZPP son as que se sitúan arredor das capitais. Así, os núcleos de poboación densamente poboados reflectidos no mapa de parroquias segundo densidade e con certo grao de urbanización, non se trasladan ao anterior ao non acadar o limiar de poboación (50.000 habitantes) preciso para configurarse ZIP ou ZDP. Para afinar máis na clasificación de grao de urbanización, estableceuse un segundo nivel denominado subgrao de urbanización para as categorías ZIP e ZPP. 6

Subgrao de urbanización Dentro das áreas clasificadas como ZIP, aquelas áreas cunha densidade superior a 300 hab./km 2 (e con polo menos unha AL de densidade superior a 500 hab./km 2 ) que formen un conxunto contiguo cunha poboación total para o conxunto de 10.000 ou máis habitantes, clasificaranse como ZIP alta. O resto de áreas serán ZIP baixa. Dentro das áreas clasificadas como ZPP, aquelas áreas cunha densidade >80 hab./km 2 (e con polo menos unha AL de densidade superior aos 100 hab./km 2 ) que formen un conxunto contiguo cunha poboación total para o conxunto de 2.000 habitantes ou máis clasificaranse como: ZPP alta se o conxunto ten 10.000 ou máis habitantes ZPP intermedia se o conxunto ten 5.000 habitantes ou máis e menos de 10.000 habitantes ZPP baixa se o conxunto ten 2.000 habitantes ou máis e menos de 5.000 habitantes resto de áreas serán ZPP superbaixa Para diferenciar dentro das 399 parroquias ZIP as ZIP altas, consideráronse as parroquias cunha densidade superior a 500 hab./km 2 (xa que cada conxunto ten que ter polo menos unha) e as parroquias colindantes cunha densidade superior aos 300 hab./km 2 de xeito que formasen un conxunto contiguo. Analizouse a poboación de cada unha destas zonas e se superaba os 10.000 habitantes subclasificáronse ás parroquias como ZIP Alta (identificáronse así a 52). Analogamente, para as zonas ZPP partiuse das parroquias con densidade superior a 100 hab./km 2 e en torno a estas configuráronse os conxuntos contiguos coas parroquias de densidade superior aos 80 hab./km 2 e calculouse a súa poboación. Segundo fose esta poboación as subzonas feitas clasificáronse nas diferentes categorías. 7

Figura 2.- Distribución das parroquias galegas segundo o grao e subgrao de urbanización. Ano 2009. Fonte: IGE, Consellería de Sanidade. Elaboración propia Con esta subclasificación recuperáronse núcleos importantes de poboación (Monforte de Lemos, Sarria, Ribadeo, Burela, Verín, Xinzo de Limia...) que na clasificación anterior pasaban inadvertidos e que teñen un certo grao de urbanización. 8

Táboa 3.- Distribución da poboación e da superficie por tipo de zona definida a partir das parroquias. Galicia. Ano 2009 Zona Nº entidades Poboación Superficie % poboación % superficie ZDP 70 1.152.566 347,5 41,2 1,2 ZIP 399 629.506 2.144,4 22,5 7,3 ZIP alta 52 247.785 243,8 8,9 0,8 ZIP baixa 347 381.721 1.900,6 13,7 6,4 ZPP 3.321 1.014.017 27.060,7 36,3 91,6 ZPP alta 95 191.078 614,8 6,8 2,1 ZPP intermedia 30 77.012 212,8 2,8 0,7 ZPP baixa 55 83.463 363,8 3,0 1,2 ZPP superbaixa 3.141 662.464 25.869,3 23,7 87,5 Total 3.790 2.796.089 29.552,6 100,0 100,0 4.1 Grao de urbanización dos concellos No 2011, Eurostat difunde unha nova clasificación dos concellos segundo o grao de urbanización empregando un novo método e coa poboación do 2006. Como se pode ver no mapa da Figura 3, esta clasificación é bastante grosa no caso de Galicia, asigna 264 concellos a categoría do menor grao de urbanización, ZPP, e non permite diferenciar núcleos importantes de poboación con certo grao de urbanización, sobre todo nas provincias de Lugo e Ourense. Tendo en conta o anterior e, a partir da clasificación dos concellos de Eurostat e da división en zonas e subzonas obtida coas parroquias, estableceuse unha subclasificación dos concellos ZIP e ZPP. 9

Figura 3.- Distribución dos concellos galegos en zonas segundo o grao de urbanización Eurostat ZDP ( 7 ) ZIP ( 44 ) ZPP ( 264 ) Fonte: Eurostat Para facer esta subclasificación empregouse a clasificación das parroquias segundo o grao de urbanización do apartado anterior e a poboación do Padrón de 2009. Calculouse para cada concello de Galicia a porcentaxe de poboación dese concello que residía en parroquias clasificadas como ZDP, ZIP Alta, ZIP Baixa, ZPP Alta, ZPP Intermedia, ZPP Baixa e ZPP Superbaixa e aplicouse o seguinte criterio: Os concellos ZIP clasifícanse en: - ZIP alta: concellos cunha porcentaxe de poboación en parroquias ZDP e ZIP alta superior ao 50%. - ZIP baixa: resto dos concellos. Concellos ZPP clasifícanse en: - ZPP alta: concellos cunha porcentaxe de poboación en parroquias ZDP, ZIP e ZPP alta de máis do 50%. 10

- ZPP intermedia: concellos non clasificados en ZPP alta e cunha porcentaxe de poboación en parroquias ZDP, ZIP, ZPP alta, ZPP intermedia e ZPP baixa de máis do 50%. - ZPP baixa: resto dos concellos. Aplicando estes criterios obtívose que 21 concellos da zona ZIP se clasifican como ZIP alta, e 69 concellos ZPP son ZPP alta ou intermedia (Figura 4). A distribución da poboación galega e a superficie segundo o grao de urbanización do concello preséntase na Táboa 4, onde se pode destacar que máis do 50% da poboación galega reside en 28 concellos (ZDP e ZIP alta), que ocupan só o 6,4% do territorio. Táboa 4.- Distribución da poboación e da superficie por grao de urbanización dos concellos. Galicia, ano 2009. Etiquetas de fila Núm. concellos Poboación Superficie % poboación % superficie ZDP 7 998.749 982,3 35,72 3,32 ZIP 44 684.546 2186,2 24,48 7,39 ZIP alta 21 447.808 911,5 16,02 3,08 ZIP baixa 23 236.738 1274,7 8,47 4,31 ZPP 264 1.112.794 26406,9 39,80 89,29 ZPP alta 40 404.373 2982,7 14,46 10,09 ZPP media 29 181.574 2534 6,49 8,57 ZPP baixa 195 526.847 20890,2 18,84 70,63 Total general 315 2.796.089 29575,4 100,00 100,00 11

Figura 4.- Distribución dos concellos galegos en zonas e subzonas segundo o grao de urbanización. ZDP(7) ZIP alta(21) ZIP baixa(23) ZPP alta(40) ZPP intermedia(29) ZPP baixa(195) Fonte: IGE, Consellería de Sanidade. Elaboración propia. A base empregada para a clasificación dos concellos é a nova clasificación do grao de urbanización de Eurostat 5. Resultados Os resultados desta clasificación difúndense na páxina web do IGE, de xeito que para cada concello ou parroquia facilítase grao e subgrao de urbanización. No 2014 ven de actualizarse esta clasificación para os concellos para reflectir o novo grao de urbanización definido por Eurostat e obtido en base á poboación de 2006. 6. Bibliografía Sociedade para o Desenvolvemento Comarcal de Galicia. Sistema de Información Territorial de Galicia. Consellería de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural (2003). Mapa de Coberturas e Usos do Solo. Xunta de Galicia 12

Dalda, J.L.; Docampo, M. e Harguindey, J.G. (2005) Cidade difusa en Galicia. Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes, Xunta de Galicia. Eurostat (2007). Task Force on Core Social Variables. Luxembourg: Office for Official Publications of the European Communities López Ratón, M., Santiago Pérez, M.I. (2005). Construcción de un índice de ruralidad y clasificación de los municipios gallegos. I Congresso de Estatística e Investigação Operacional da Galiza e Norte de Portugal VII Congreso Galego de Estatística e Investigación de Operacións. 13