CONCELLERÍA POLITICAS SOCIAIS, DIVERSIDADE E SAÚDE

Similar documents
CONCELLERÍA POLITICAS SOCIAIS, DIVERSIDADES E SAÚDE

CONCELLERÍA POLITICAS SOCIAIS, DIVERSIDADES E SAÚDE

R/Ponzos s/n Ferrol A Coruña Telf Fax

GUÍA DE MIGRACIÓN DE CURSOS PARA PLATEGA2. Realización da copia de seguridade e restauración.

COMO XOGAR A KAHOOT Se vas xogar por primeira vez, recomendámosche que leas este documento QUE É KAHOOT?

O SOFTWARE LIBRE NAS ENTIDADES DE GALIZA

Síntesis da programación didáctica

Acceso web ó correo Exchange (OWA)

Esta me. moria foi realizada por: Esta memoria foi realizada por: Mª Alcira Baleato Negreira (Traballadora social Centro de Saúde Fontiñas)

Silencio! Estase a calcular

III PLAN MUNICIPAL DE IGUALDADE ENTRE MULLERES E HOMES

II PLAN PARA A IGUALDADE DE OPORTUNIDADES ENTRE MULLERES E HOMES DE VIMIANZO ( )

A INTERVENCIÓN PEDAGÓXICA CON FAMILIAS INMIGRANTES: ESTRUTURA E AXENTES IMPLICADOS

2.1. O PROXECTO LINGÜÍSTICO DE CENTRO

Informe do estudo de CLIMA LABORAL do Sergas

Narrador e Narradora Narrador Narradora Narrador

Problema 1. A neta de Lola

VIGOSÓNICO V C O N C U R S O V I D E O C L I P S Calquera proposta estética para o vídeo: cine, animación, cor, branco e negro,...

INFORME DE AVALIACIÓN DOS BANCOS DO TEMPO DO PROXECTO CONTA CON ELAS

Rede CeMIT Cursos Gratuítos de Alfabetización Dixital NOVEMBRO Aula CeMIT de Cuntis

II PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES ENTREE MULLERES E HOMES CONCELLO DE CERCEDA

CURSO UNIVERSITARIO CON APROBACIÓN PROVISONAL DE HOMOLOGACIÓN POR PARTE DA CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E O.U.

MEDIACIÓN E RESOLUCIÓN DE CONFLICTOS. Bernández Peña, Rosana Bouzo González, Sonia

Procesos preventivos e carteira de servizos en materia de prevención do Plan de Galicia sobre Drogas

Joel Martinson (Choral score) Selah Publishing Co., Inc. Hn. J œ œ œ œ œ œ. j œ. 8 5 Choir: (Women or Men) for review only. ni- mi- pax.

PLAN DE COMUNICACIÓN DO PROGRAMA OPERATIVO DO FSE DE GALICIA

Name: Surname: Presto= very fast Allegro= fast Andante= at a walking pace Adagio= slow Largo= very slow

Xénero e discapacidade, unha dupla invisibilidade. Situación actual

CRÉDITOS Edita: Dirección Xeral de Traballo e Economía Social Conselleria de Traballo e Benestar

EFECTOS SOCIOECONÓMICOS DO ACTUAL PROCESO DEMOGRÁFICO EN GALICIA

1. Introducción e obxectivos do documento 1.1 Introducción Estrutura do informe Unha visión colaborativa 8

Guía para a elaboración das Estratexias de desenvolvemento local das zonas pesqueiras FEMP

Educación e linguas en Galicia

III MEMORIA SOCIAL CLECE

Please note that not all pages are included. This is purposely done in order to protect our property and the work of our esteemed composers.

Facultade de Fisioterapia

Obradoiro sobre exelearning. Pilar Anta.

viveiros en Galicia de empresa O papel dos económica e xeración de emprego

REUNIÓN CONVOCATORIAS SUBVENCIÓNS 2018 SECCIÓN DE SERVIZOS SOCIAIS SERVIZO DE ACCIÓN SOCIAL, CULTURAL E DEPORTES

Carlos Cabana Lesson Transcript - Part 11

plan estratéxico 2016 >> 2020

MEMORIA COMITÉS DE ÉTICA DA INVESTIGACIÓN DE GALICIA PERÍODO

Plan Estratéxico

RECURSOS E INSTRUMENTOS

Exploración do desempeño ocupacional dos nenos con Trastorno do Espectro Autista (TEA) no contexto escolar ordinario

Ave Maria. œ œ œ œ œ. œ œ j. j œ. n œ # œ œ. Lord is with. Sol m Gm

ENVELLECEMENTO, AUTISMO E CALIDADE DE VIDA AUTISMO GALIZA ANO EUROPEO DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE

Educación Social e equipamentos sociocomunitarios. Unha análise desde o concello e as asociacións de A Veiga (Ourense)

Concello de Baralla DENOMINACIÓN DA PRAZA/POSTO/EMPREGO: PERSOAL DE APOIO NO PAI. Concello de Baralla

Cadernos do Sindicato Nacional de CC OO de Galicia Emprego precario, vida precaria Outubro de 2017

Coeducación. O alicerce do ensino

PREESCOLAR NA CASA: DE PREPARACIÓN PARA A ESCOLA A EDUCACIÓN FAMILIAR NO MEDIO RURAL DE GALICIA (ESPAÑA)

O Software Libre nas Empresas de Galicia

MATERIAIS PLURILINGÜES 3.0: FORMACIÓN, CREACIÓN E DIFUSIÓN

TRAXECTORIAS E RETOS

GUíA COOP. GUíA DE COOPERATIVISMO Unidade didáctica CICLO DE EDUCACIÓN PRIMARIA

AVALIACIÓN DO PROXECTO PILOTO DE ASISTENCIA PERSOAL COGAMI

Acrónimo: ECOSUM Destino: Secretaría Xeral de Igualdade da Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar Social.

PROGRAMA FORMATIVO DA ESPECIALIDADE FORMATIVA TÉCNICAS DE MARKETING ON LINE, BUSCADORES, SOCIAL MEDIA E MÓBIL COMM049PO

Metodoloxía copyleft en educación

A cultura do código. Retos para a identidade galega na época dos algoritmos

SOCIEDADES MULTICULTURAIS, INTERCULTURA- LIDADE E EDUCACIÓN INTEGRAL. A RESPOSTA DENDE A EDUCACIÓN PERSONALIZADA

Competencias docentes do profesorado universitario. Calidade e desenvolvemento profesional

CONSORCIO GALEGO DE SERVIZOS DE IGUALDADE E BENESTAR

Chega o OrientaConsello, o desembarco youtuber de Down Galicia

Sarmiento. A aprendizaxe-servizo en perspectiva. John Dewey como referente histórico

Conservatorio Profesional de Música de Vigo. Programación OPTATIVA DE MÚSICA MODERNA (historia do rock&roll)

ESTRUTURA LABORAL E DEMOGRÁFICA DE MOECHE ESTRUCTURA LABORAL Y DEMOGRÁFICA DE MOECHE DEMOGRAPHIC AND EMPLOYMENT STRUCTURE OF MOECHE

UNIDADES DE DESENVOLVEMENTO INFANTIL E APOIO FAMILIAR INFORME DE AVALIACIÓN

Memoria de Actividades Ceesg

MEMORIA DE AVALIACIÓN DA CALIDADE: INFORME DE RESULTADOS PROGRAMACIÓN: ACCIÓNS FORMATIVAS DIRIXIDAS PRIORITARIAMENTE ÁS PERSOAS TRABALLADORAS

NOME DO CENTRO: IES CANIDO CURSO ESCOLAR: 2016/2017 INGLÉS 1º ESO

IMPLICACIÓNS FINANCEIRAS DA XESTIÓN DO MEDIO NATURAL PARA AS EMPRESAS E PARA OS MERCADOS DE CAPITAIS

Mulleres colleiteiras e alumnado de Educación Social: unha experiencia de aprendizaje e servizo

Primeira.- Facúltase a directora xeral da Familia para dicta-las resolucións que sexan necesarias para a execución e desenvolvemento desta orde.

CENTRO DE DÍA DE MUROS: CARACTERÍSTICAS DOS SEUS USUARIOS E PAPEL DO TERAPEUTA OCUPACIONAL. NECESIDADES E PROPOSTA DE INTERVENCIÓN

ANEXO XIII MODELO DE PROGRAMACIÓN DE MÓDULOS PROFESIONAIS

Xénero e desenvolvemento humano: unha relación imprescindible

VISIBILIZACIÓN DAS ARTISTAS. UNHA PONTE ENTRE A UNIVERSIDADE E O EIDO PROFESIONAL

EDITA: CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA COORDINACIÓN EDITORIAL: NOVA XESTIÓN CULTURAL S.L. E O CABLE INGLÉS S.COOP. GALEGA

Terceiro ano da Casa-Museo Emilia Pardo Bazán. Memoria

DSpace da Universidade de Santiago de Compostela

Os proxectos na Educación Infantil. Análise dunha experiencia sobre os dinosauros

BILINGÜISMO, DESENVOLVEMENTO E APRENDIZAXE ESCOLAR: UNHA PROPOSTA DE INTERVENCIÓN NA ESCOLA

PROXECTO EDUCATIVO C.P.I. PECALAMA TORDOIA

MEMORIA FINAL DO PROXECTO: MULLERES GALEGAS NA MARIÑA MERCANTE INVESTIGADOR RESPONSABLE:

A rehabilitación integral de barrios degradados fóra dos ámbitos dos cascos históricos: metodoloxía de análise na Memoria programa das ARI

CADERNOS DE PSICOLOXÍA. SETEMBRO 2017 Número especial dedicado á Psicoloxía do Traballo, das Organizacións e dos Recursos Humanos

Cara a unha comunicación non excluínte. Caderno I do Proxecto CIDEC

Revista Galega de Economía ISSN: Universidade de Santiago de Compostela España

Traballo de fin de grao

1. A necesidade de rehabilitar o tecido construtivo das cidades

Inmigración estranxeira e territorio en Galicia MARROCOS. Marrocos

TRABALLO FIN DE GRAO A APRENDIZAXE COOPERATIVA COMO FERRAMENTA PARA FOMENTAR A IGUALDADE ENTRE OS SEXOS NA ESCOLA INFANTIL

Guía para a elaboración da planificación estratéxica dos centros da USC

EDUCACIÓN INFANTIL PROGRAMACIÓN DE CICLO CENTRO: CEIP Mª PITA CURSO: Páxina 1

RECURSOS PARA O TRABALLO COS VOLUNTARIOS E VOLUNTARIAS NUNHA ENTIDADE DE VOLUNTARIADO. Módulo IV Traballando por proxectos

A OUTRA CRISE: ENERXÍA, CAMBIO CLIMÁTICO E ECONOMÍA

DESFOCADOS. a distração programada da internet em N. Carr. Joana Rocha. Congresso de Cibercultura Universidade do Minho

PROXECTO: BARÓMETRO DE XÉNERO E DESIGUALDADE. UNHA APROXIMACIÓN A MODELIZACIÓN CUANTITATIVA

Transcription:

1

INDICE DE CONTIDOS Páxs. 1. Título 3 2. Xustificación e fundamentación do proxecto 3 3. Obxectivos 13 4. Participación 13 5. Actividades 14 6. Custe económico 15 7. Anexos 16 2

I.- TITULO. ACHETÉ, ACHIBÉ, CALLICÓ: Onte, hoxe e mañá. Xornada de conmemoración do Día Internacional do Pobo Xitano no barrio de As Fontiñas. II.- FUNDAMENTACIÓN E XUSTIFICACIÓN DO PROXECTO. Fontiñas: un barrio novo, pero que xa ten mais que cumprida a súa maioría de idade, que vai medrando día a día, que avanza na súa consolidación, que pouco a pouco vai reforzando o seu sentimento de pertenza (aspecto difícil de acadar, ao recibir poboación pertencente a outras zonas; trasvase que se foi realizando paseniño, polo que a constitución do seu vecindario presentou puntos débiles)... Xuventude, que é sinónimo de forza; diversidade, que é sinónimo de enriquecemento persoal e social; en definitiva, dificultades, sí; potencialidades, tamén... Non corresponde neste documento realizar unha reprodución da análise social realizada no III Diagnóstico Comunitario (para mais información, remitirse ao mesmo) 1, pero si convén dar unhas pequenas pinceladas do mesmo, dado que o seu contido é o que fundamenta o deseño e a implementación dos proxectos de intervención comunitaria. Así, na seguinte imaxe ofrécese unha síntese da análise poboacional, das necesidades sociais e das situacións carencias detectadas: 1 www.compostelaintegra.org 3

Gráfica nº 1: Radiografía social no barrio de Fontiñas. Radiografía social do barrio de Fontiñas DATOS XE RAIS DO BARRIO A N IVE L SOCIAL To tal d e ha bitan te s: 9.6 06 ( 1 0,2 % d a po boa ció n to tal do m un icip io ). Den sidad e po bo acio na l: 1.6 14 ha b./k m 2, ap ro ximad am ent e. Media d e id ad e: 42,97 a no s. Distribución poboa ciona l: ome no res de id ade : 1.5 13 (1 5,8 %). omo zas e mo zos: 1.2 02 (1 2,5 % ) ope rso as a du ltas: 5.5 20 (57,5 % ). ope rso as maior es: 1.3 71 (1 4,2 %). Ta maño medio por fa milia: 3 mem br os, agá s en zo na de viv en das de p ro moción pú blica no q ue é 5,6 me mbr os. Nº de vivenda s: 3.52 7, d as cales 6 57 son d e pro mo ció n pú blica (18,6 % do total de vivendas). FACTORE S Q UE PODE N CO NDICION AR A VUL NERABILIDADE S OCIAL Persoas resid ent es en v ive nd as de p ro moción pú blica: 3.4 80 ( 36,2 % d a po boa ció n do ba rrio ). Persoas m aiore s qu e viven soas: 2 66 (2,8 % da po ba ció n d o ba rrio e 19,4 % con resp ecto ao co lect iv o de persoa s m aio re s). Persoas e n situ ación de de pend encia: 1 14 (1,2 % da po bo ación). Persoas estr ax eiras: 212 (2,2 % da po bo ación do ba rrio). Pob oa ció n xitan a: 15 9 (1,6 % da po bo ación do ba rrio). 19 un idad es de conviv en cia son be ne ficiar ias do prog ra ma mu nicipal socioeduca tivo e 10 co n apo io psico ló xico. 79 p ersoas con facto re s d e risco so cial: 0,82 % da po bo ación do b arr io. Men or es con fa ctores de risco social qu e in ciden na súa e scolariza ción: 22 (2,1 % do colectivo infantil). Men or es con p ro blem ática de ab sentismo escolar : 3 (qu e re pr esen ta o 0,2 0 % do colect iv o in fan til). Fa milia s co n fa ctores de disfun cion alid ad e: 2 5, que eq uiva le a 1 00 pe rso as, ap ro ximadame nt e, e re presen ta o 1,03 % da pob oación tot al d o ba rr io. Fonte: III Diagnóstico Comunitario do Barrio de As Fontiñas (ano 2015). Elaborado pola UTS Fontiñas e o Programa municipal socioeducativo (ambos dispositivos pertencentes aos Servizos Sociais Comunitarios do Concello de Santiago de Compostela). Gráfica nº 2: A realidade social no barrio de Fontiñas. Breve descripción da realidade social do barrio de Fontiñas DISTRIBUCIÓN POBOACIONAL Menores de idade: 15, 7 % Xoves : 12,5 % Persoas adultas: 57,5 % Persoas maiores: 14,2 % CONFIGURACIÓN URBANISTICA CONFIGURACIÓN SOCIAL Distinta tipoloxía de familias. Dis tinto nivel formativo, cultural e/ou socioeconómico. Persoas afectadas por elevados % de discapacidade e de dependencia: res erva legal de vivendas Diversidade étnica: familias do pobo xitano, estranxeiras... Diversidade étnica e cultural: Pluralidade Divers idade social Fin permanente: CONVIVENCIA POSITIVA Dotación de recursos Diversidade de recursos e de profesionais que están a traballar en rede Xuventude dos seus moradores Obxectivo inmediato: NON DUPLICIDADE Fonte: UTS Fontiñas (Servizos Sociais Comunitarios) e Departamento de Orientación do IES Antonio Fraguas, 2015. 4

Se hai unha palabra que define ao barrio, esa é a de DIVERSIDADE, así o vemos na gráfica anterior: distintos tipos de familias se asentan na zona, as súas vidas e as súas realidades son moi diferentes, as súas etnias e as súas culturas se converten nun factor de enriquecemento persoal e comunitario. Este rasgo definitorio está presente tamén na actuación profesional de tódolos servizos educativos e sociais da zona, que foron quen de aunar forzas para establecer puntos de encontro e acadar obxectivos comúns. A xestión da diversidade cultural é un dos grandes retos das sociedades no século XXI e a eficacia coa que se asuma esa xestión, vai garantir o futuro de moitas comunidades. Afrontar ese reto supón facer unha aposta pola implementación de accións pluralistas de xestión da diversidade, nas cales resulta prioritario apostar por liñas de actuación que permitan o desenvolvemento da convivencia intercultural e, dentro das mesmas, incluír metodoloxías de intervención adecuadas a esta nova realidade. A diversidade cultural non é só a coexistencia de diferentes culturas, senón as relacións ricas e fluídas entre ditas culturas. A interculturalidade aborda a relación entre culturas, busca a converxencia para establecer vínculos e puntos en común, a través da cooperación, a aprendizaxe e o intercambio mutuo. O ideal da interculturalidade é que a partir da multiculturalidade existente, haxa un diálogo en condicións de igualdade, de democracia, de enriquecemento mutuo no intercambio. Así, dende hai xa mais dezasete anos, as entidades socioeducativas do barrio d e Fontiñas, adoptamos unha perspectiva de traballo coordinado, en rede, que non obviou a esfera asistencial (de cobertura de necesidades básicas e de facer efectivos os dereitos constitucionais que asiste a cada cidadán), pero que incide nos ámbitos preventivos e de integración. No traballo comunitario levado a cabo, tivo especial incidencia a intervención coas familias pertencentes ao pobo xitano, por ser un colectivo cuantitativamente importante na distribución poboacional do barrio. Liñas de intervención social dirixidas a minguar o absentismo escolar, a mellorar a escolarización dos mais novos, a favorecer a convivencia comunitaria, formación de grupos vulnerables (Proxecto Esqueira) a incrementar o grao de participación nos diferentes recursos e servizos públicos así como do tecido social foron os piares que sostiñan as xuntanza de barrio. E a nivel educativo podemos destacar 5

proxectos como: os graffiti sobre a prevención da SIDA realizados no patio do IES Antonio Fraguas (curso 2004-2005), seminario permanente sobre educación intercultural (curso 2005-2006), III premio Educacompostela (2006), talleres de flamenco (ao longo de diferentes cursos), xuntanzas coas familias e en especial coas nais (Plan de convivencia e Plan de mellora de biblioteca), mesa redonda Mulleres, educación e cultura (2006), etc. A maiores, as diferentes profesionais do ámbito social e educativo participaron como poñentes en varias accións formativas e, igualmente, elaborando varios artigos sobre a materia. Na rede comunitaria de Fontiñas tiñamos claro que... Gráfica nº 3: Presupostos básicos para o traballo en rede no barrio de Fontiñas. Fonte: III Diagnóstico Comunitario do Barrio de As Fontiñas (ano 2015). Elaborado pola UTS Fontiñas e o Programa municipal socioeducativo (ambos dispositivos pertencentes aos Servizos Sociais Comunitarios do Concello de Santiago de Compostela). En consecuencia, impleméntase un traballo integral a nivel comunitario, baseado na intervención conxunta, en rede, respectando as características de cada servizo, pero buscando ao mesmo tempo as sinerxias e os puntos de encontro que permitan buscar obxectivos comúns e compartir estratexias de traballo: 6

Gráfica nº 4: A intervención comunitaria no barrio de Fontiñas. A interven tervenció n com m un nitaria no barrio das Fontiñ as P e rm a n e n te s Fun dación S ecret aria do X itan o P rogr ama fam ilias A beiro Cár ita s Par ro qu ial Fon tiñ as C en tro de dí a A rela C E IP M onte P ostes S er vizos socia is: U TS B arriop ía F ontiñ as C ru z V er mella IES A ntonio F rag uas C E IP F ontiña s Pro g. Mu ni c. So cio ed A semble a C oop p ola P az C onc ell. P olíticas S ociais Pro g r. Pre v. C entr o sa úde F ontiñas O ut ros c ola bora dore s que pa rt ic ipa n en s es i óns de t ra ba ll o ou e x pe rie nc ia s c onc ret a s de int e re s e pa ra o barri o: e xp ert os, Xul ga do de P ri me ira Ins t a nci a n º s ei s de Sa nti a go, Fis c al ía, US C, C e ntro Soc io cul tu ral da s Fo nti ña s, Es c ola in fa nt il muni c ipa l da s Fon ti ñas, P rogra ma l oc al de inc l usi ón s oc iol abo ral, P oli cí a loc a l de ba rrio, Pol ic ía a ut onómi ca, As a mbl e a de C oope rac ión pola Pa z, G al ic ia A co lle, Iga x é s -3, t ec ido a s oci a ti vo ( AN PA, e nti da de s ve c iña is,...) X EN EME, D o n Bo sc o, U n ive r sid a d e de S an t iag o d e C o mp os te la, ANP A, D ow n C o mp o ste la, Ma no s U ni da s, U N IC EF... O ut ra s c ol abora c ións Int e res a dos e n c oñe ce r a no sa diná m ic a de tra ba ll o E nti da des que e st á n i nte gra da s i ndire c ta m ent e no ba rri o a t ra v és d a súa participación en in stitucións ou serviz os pe rm anente s ne l. U niv e rs ida de de Sa nt ia go de Com pos te l a, U niv e rs ida de da C oruña, Fe de ra ci ón de AN PA de Galicia, ou tros dispositivos de Serviz os S oci a is Fonte: UTS Fontiñas (Servizos Sociais Comunitarios) e Departamento de Orientación do IES Antonio Fraguas, marzo 2016 (actualización) Imaxes da xuntanza de barrio e da xuntanza de preparación da xornada de conmemoración do Día Internacional do Pobo Xitano, 2016. 7

Gráfica nº 5: A programación comunitaria no barrio de Fontiñas. DESENVOLVEMENT O COMUNITARIO DO BARRIO DE FONTIÑAS Considérase que a INFORMACIÓN é una ferramenta básica para acadar o benestar e favorecer a toma de decisións axeitadas PREVENCIÓN E INTERVENCIÓN SOCIOEDUCATIVA para minguar factores de risco social. INTERVENCIÓN COAS PERSOAS MAIORES e/ou en SITUACIÓN DE DEPENDENCIA, en especial aquelas con Activar PROCESOS E CANLES DE SOLIDARIDADE SOCIAL Proxectos de CONVIVENCIA COMUNITARIA, con dobre enfoque IINTERCULTURAL e INTERXENERACIONAL Guía de entidades ao servizo da cidadanía (ano 2005, 2010 e 2014) Proxecto absentismo escolar Coordinación entre UTS e Centro de Saúde de Fontiñas Proxecto activar canles solidaridade con Cáritas Parroquial das Fontiñas Conmemoración de datas sinaladas (días internacionais, etc.) Web www.compostelaintegra.org Proxecto A nosa vida, en positivo? Coordinación entre UTS en entidades sociais en implementación de proxecto de voluntariado Mercadiños solidarios Trócame-Roque Premio europeo da arquitectura, con repercusión social, Philippe Rothier (ano 2008) Xornal O Mirador. (Ano 2010-2011). Proxecto Fontiñas, somos todos! Coordinación entre a UTS con Fiscalía e Xulgado Campañas solidarias Actividades deportivas (anos 2006-2007) Proxecto Apoio Escolar (ano 2005, 2006) Proxecto de Telexerontoloxía (ano 2012) Proxecto Barrios Abertos (2014) Proxecto de Educación de Rúa (ano 2005, 2006) Proxecto Esqueira (2009), dióxido a mulleres en situación de exclusión social. Nota: As actuacións que figuran en negriña, sen especificar data, é que están vixentes na actualidade e que se repiten no tempo. Fonte: III Diagnostico Comunitario. UTS Fontiñas (Servizos Sociais Comunitarios), xullo 2015. E con estes proxectos pretendíase traballar, basicamente, tres aspectos: 8

Gráfica nº 6: Eixes que inspiran a intervención comunitaria en Fontiñas no período temporal 1998-2016. Fonte: UTS Fontiñas (pertencente aos Servizos Sociais Comunitarios do Concello de Santiago de Compostela), ano 2016. Pero a pluralidade vai mais alá; así, a presenza da comunidade xitana no barrio foi dende sempre unha sinal de identidade, dun contexto marcado pola diversidade, que tamén define aos xitanos e xitanas residentes en Fontiñas, en canto á heterexoneidade presente en relación ao sexo, estatus social, niveles formativos, empregabilidade e lugar de procedencia, entre outros. Táboa nº 1: Distribución das persoas pertencentes ao pobo xitano residentes no barrio de Fontiñas. HOMES MULLERES TOTAL Nº % V % H Nº % V % H Nº % V Menos de 6 anos 10 11,63% 58,82% 7 9,59% 41,18% 16 10,69% De 6 a 12 anos 4 4,65% 57,14% 3 4,11% 42,86% 5 4,40% De 13 a 16 anos 3 3,49% 37,50% 5 6,85% 62,50% 8 5,03% De 17 a 18 anos 20 23,26% 66,67% 10 13,70% 33,33% 28 18,87% De 19 a 64 anos 39 45,35% 51,32% 37 50,68% 48,68% 75 47,80% De 65 anos ou mais 10 11,63% 47,62% 11 15,07% 52,38% 21 13,21% TOTAL 86 100,00% 54,09% 73 100,00% 45,91% 159 100,00% Fonte: Datos rexistrados dende a UTS Fontiñas, xullo 2015. 9

Gráfica nº 7: Comparativa das persoas pertencentes ao pobo xitano coa restante poboación de Fontiñas Persoas do pobo xitano 1,6% (159 pers) Resto pob Fontiñas 98,4% (9447 pers) Fonte: Datos rexistrados dende a UTS Fontiñas, xullo 2015. A procedencia xeográfica tamén se converte nunha diferenza entre as familias xitanas residentes en Fontiñas: galegos, zamoranos, portuguesas, etc. Ademais dos lugares de orixe, existen outra serie de particularidades como poden ser os liñaxes presentes dentro das familias que fai que este grupo se faga moito mais diverso (un mesmo apelido non significa que pertenza ao mesmo tronco familiar). A poboación xitana residente no barrio de Fontiñas experimentou nos últimos anos un descenso (aínda que segue a ser un colectivo poboacional importante), feito relacionado coa adxudicación de novas vivendas de promoción pública noutras zonas do municipio ou coa independencia de núcleos familiares en vivendas de aluguer (privadas). Na actualidade, representa un peso do 1,6 % con respecto ao total poboacional do barrio de Fontiñas. A súa pirámide é contraditoria; si ben a porcentaxe do colectivo de menores de idade supón un 38,9 % (notablemente superior á media do barrio de Fontiñas, situada no 15,7 %), a dos maiores alcanza un 13,21 % (cifra que tamén é lixeiramente maior que a do promedio da zona: 14,2 %). Pero..., a qué zonas se trasladaron estas familias?. Non se pode afirmar que, masivamente, fixaran os seus domicilios nas zonas de nova ubicación de vivendas de promoción pública (Conxo, Salgueiriños, etc); si ben algúns si o fixeron, outros abandonaron a zona sendo beneficiarios de axudas pertencentes aos distintos plans de vivenda: existe unha dispersión por todo o termo municipal e, sobre todo, a zonas limítrofes con este municipio onde se atopaban vivendas mais asequibles (Milladoiro, Cacheiras, Oroso ou Bertamiráns). Pero, aínda que se lles informa que teñen outros Servizos Sociais Comunitarios de referencia, é frecuente que ante calquera crise ou situación carencial familiar acudan a solicitar orientación á UTS Fontiñas. 10

Nos dous últimos anos estase constando como familias que se habían trasladado a outras zonas, están facendo o esforzo de regresar a Fontiñas. Moitas delas, verbalizan e valoran positivamente o apoio que se lles presta dende distintos servizos e que fundamenta a súa decisión de voltar; son conscientes dalgún xeito do traballo en rede e o consideran importante para o seu benestar social. Como é sabido, o pobo xitano está vivindo un proceso de cambio social, que está provocando a redefinición da súa propia identidade étnica. Un dos elementos mais claros deste proceso de cambio é a evolución da muller xitana dentro e fora do seu contorno familiar. As mulleres xitanas do noso contexto levan tempo manifestando o seu desexo de participación noutros ámbitos, ademais do doméstico e estritamente familiar, e convertéronse co paso do tempo no motor de cambio dentro das súas familias. Paseniño acadaron favorecer o encontro, a creación de vínculos e a participación social da comunidade xitana do barrio, así como un mellor coñecemento da situación actual que elas mesmas están vivindo e o esforzo que todas están levando a cabo para mellorala. A educación intercultural constitúe a resposta ás necesidades e problemas das sociedades multiculturais, xa que o seu fin prioritario é o fomento do respecto pola diversidade e a convivencia entre a veciñanza. A verdade é plural e relativa; cada cultura e cada persoa ten que traballar na superación dos seus propios horizontes se quere entender libre e obxectivamente os valores do outro. O 8 de abril é o Día Internacional do Pobo Xitano; é unha data na que o pobo xitano se fai mais visible. Alzan a súa voz para mostrar a heteroxeneidade e denunciar que seguen figurando entre os colectivos sociais mais vulnerables. O conmemorar o Día Internacional do Pobo Xitano nesta ocasión, ten un carácter diferenciador. Noutros anos, eran os propios servizos públicos ou entidades sociais da rede comunitaria de Fontiñas as que se plantexaban a celebración desta data, ofertando diversas actividades. Despois duns anos de non celebración (dándolle prioridade a outras accións comunitarias), son as propias familias xitanas da zona quen, sendo coñecedoras da implementación doutros proxectos, se achegan aos servizos públicos da rede demandando axuda para poder conmemorar esta data; solicitan apoio, pero aportan ideas, esforzos e traballo; desexan ser eles as voces para analizar de onde veñen, onde están e a onde queren ir. Plantexan unha xornada onde 11

tódalas familias, independentemente da súa orixe, poidan participar; plantexan un xornada de convivencia, abríndoa a tódolos veciñas e veciñas (enfoque intercultural) e tamén, para tódalas franxas de idade (enfoque interxeneracional). Os maiores son a voz da experiencia, as lembranzas do pasado (ACHETÉ). O presente (ACHIBÉ) ten cambios e alguén debe ser quen de verbalizalos. O futuro (CALLICÓ) terá os trazos que desexemos debuxar, polo que as voces dos mais novos tamén deben ter un lugar. Prográmase, por tanto, unha xornada de convivencia interxeneracional na que os protagonistas son tanto os maiores como os mais novos, coa finalidade de dar a coñecer o acaecido na cultura xitana antaño, cal é a súa situación actual e cales son os piares que desexan que sustenten o seu futuro; todo dende un enfoque interxeneracional e, como non, intercultural. Gráfica nº 8: Trazos de identidade do proxecto comunitario ACHETÉ, ACHIBÉ, CALLICÓ. Un fin: A CONVIVENCIA INTERCULTURAL E INTERXENERACIO- NAL Un instrumento: A PARTICIPACIÓN Unha oportunidade: MOMENTOS PARA COMPARTIR: XORNADAS DE CONVIVENCIA Fonte: UTS Fontiñas (Servizos Sociais Comunitarios) e Departamento de Orientación do IES Antonio Fraguas, 2016. 12

Este proxecto comunitario, enmarcaríase nas seguintes liñas de intervención: Liña nº 5 do III Diagnóstico Comunitario: Accións encamiñadas a apoiar itinerarios de inclusión social. Liña nº 11 do III Diagnóstico Comunitario: Celebración de actividades cun enfoque de convivencia comunitaria. Liña nº 14 do III Diagnóstico Comunitario: Difusión de actividades comunitarias. III.- OBXECTIVOS Conmemorar o Día Internacional do Pobo Xitano no barrio de As Fontiñas. Construir unha xornada de convivencia, cun enfoque intercultural e interxeneracional, xuntando a familias xitanas de distintas orixes e procedencias. Facer visible a cultura e ó pobo xitano como veciñas e veciños activos no barrio de Fontiñas. Tomar conciencia da traxectoria que se está a seguir cara unha cidadanía activa. Cultivar actitudes interculturais positivas. Favorecer os espazos de encontro interxeneracionais. Potenciar a realización de proxectos autoxestionados polos propios destinatarios. Seguir a consolidar o traballo en rede iniciado no ano 1998. IV.- PARTICIPACIÓN. O índice de participación foi considerablemente superior ao previsto pola organización. Había unha estimación de 100 persoas, aproximadamente; nembargantes, a participación da comunidade xitana foi moi elevada, cun número de asistentes de 240 persoas, aproximadamente, sendo o espazo insuficiente. A riqueza cultural tamén foi outra nota importante, dado que estiveron presentes tódolos troncos familiares residentes no barrio de Fontiñas. A valoración da xornada realizada por todos eles en días sucesivos foi moi positiva. 13

V.- ACTIVIDADES. 1. A voz dos nosos maiores: ONTE (ACHETÉ). Vídeo gravado polo colectivo Barriopía, que pretendeu plasmar as historias de vida de varias veciñas e veciños do barrio (de onde proceden, como chegaron ao municipio, que lembran do pasado,...). Os diferentes troncos familiares asentados no barrio estiveron presentes; contouse coa participación de: Dona Antonia C.. Dona Piedad J. J. Dona Pilar J. R.. Don Fortunato J. J.. Don Enrique F. 2. O noso presente: HOXE (ACHIBÉ). Pretendeuse dar un salto xeneracional e analizar con varios veciños da zona como cambiou a vida das familias xitanas, cal é a súa realidade actual, que dificultades está na afrontar, etc. Isto realizouse co formato de mesa redonda; participación de: Pilar C.. Ricardo J. J. 3. Novos tempos: MAÑÁ (CALLICÓ). Unha vez mais cambiando xa de xeración, desexouse dar voz aos xóvenes e rapaces, coa finalidade de que comenten cal son os seus anhelos, como desexan enfocar as súas vidas, con que atrancos se están atopando. Raquel F. F. María de Carmen H. J. María del Carmen L. 4. Rematouse a xornada cunha actuación musical e cun ágape (pendente de confirmación), pretendendo ser unha xornada conmemorativa, pero tamén de convivencia. Esta actividade levouse a cabo o propio 8 de abril de 2016, nas instalacións do Centro Sociocultural das Fontiñas, de 17 a 19 horas. 14

VI.- COSTE ECONÓMICO. Os gastos de cartelería foron asumidos de xeito particular polas traballadoras sociais da UTS Fontiñas e pola orientadora do IES Antonio Fraguas. O coste do ágape foi sufragado polo Concello de Santiago de Compostela (pendente de confirmación). 15

16

Fase preparatoria. 17

A xornada. 18

A xornada. 19

A xornada. 20

A xornada. 21

A xornada. 22

Documento elaborado por: Eva María González Santiago, traballadora social da UTS Fontiñas (pertencente aos Servizos Sociais Comunitarios Básicos do Concello de Santiago de Compostela). María Jesús Viqueira Pérez, traballadora social da UTS Fontiñas (pertencente aos Servizos Sociais Comunitarios Básicos do Concello de Santiago de Compostela). Margarita Vazquez Teo, educadora social do Programa municipal socioeducativo (pertencente aos Servizos Sociais Comunitarios Básicos do Concello de Santiago de Compostela). Dolores Sanz Lobo, orientadora do Departamento de Orientación do IES Antonio Fraguas. Coa colaboración de: Mercedes Jiménez Jiménez, veciña do barrio de Fontiñas. Esmeralda Jiménez Jiménez, veciña do barrio de Fontiñas. 23