BIBLIOTECA ESCOLAR: MEMORIA FINAL

Similar documents
R/Ponzos s/n Ferrol A Coruña Telf Fax

COMO XOGAR A KAHOOT Se vas xogar por primeira vez, recomendámosche que leas este documento QUE É KAHOOT?

Silencio! Estase a calcular

O SOFTWARE LIBRE NAS ENTIDADES DE GALIZA

Síntesis da programación didáctica

Acceso web ó correo Exchange (OWA)

GUÍA DE MIGRACIÓN DE CURSOS PARA PLATEGA2. Realización da copia de seguridade e restauración.

Narrador e Narradora Narrador Narradora Narrador

Procedimientos Auditivos e Instrumentais DEPARTAMENTO COORDINADOR/A DA DISCIPLINA. CURSOS 1º curso 2º curso 3º curso 4º curso.

VIGOSÓNICO V C O N C U R S O V I D E O C L I P S Calquera proposta estética para o vídeo: cine, animación, cor, branco e negro,...

Rede CeMIT Cursos Gratuítos de Alfabetización Dixital NOVEMBRO Aula CeMIT de Cuntis

INDICE I. RESUME DA VIDA DO CENTRO Historia do centro Entorno social Características do centro

CURSO UNIVERSITARIO CON APROBACIÓN PROVISONAL DE HOMOLOGACIÓN POR PARTE DA CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E O.U.

PARTE I. VIVALDI: Concierto en MI M. op. 3 n.12

Problema 1. A neta de Lola

Name: Surname: Presto= very fast Allegro= fast Andante= at a walking pace Adagio= slow Largo= very slow

Conservatorio Profesional de Música de Vigo. Programación OPTATIVA DE MÚSICA MODERNA (historia do rock&roll)

PROTOCOLO DO COMEDOR ESCOLAR DO C.E.I.P. DE ARZÚA INTRODUCCIÓN Este protocolo é parte integrante do regulamento orgánico do centro escolar e de

Facultade de Fisioterapia

O Software Libre nas Empresas de Galicia

INFORME DE AVALIACIÓN DOS BANCOS DO TEMPO DO PROXECTO CONTA CON ELAS

Conservatorio Profesional de Música de Vigo. Programación de Percusión

2.1. O PROXECTO LINGÜÍSTICO DE CENTRO

A INTERVENCIÓN PEDAGÓXICA CON FAMILIAS INMIGRANTES: ESTRUTURA E AXENTES IMPLICADOS

Competencias docentes do profesorado universitario. Calidade e desenvolvemento profesional

Discurso literario e sociedade nos países de fala inglesa

I.E.S. Fernando Esquío PROXECTO DE FOMENTO DO USO DO GALEGO

PROXECTO EDUCATIVO C.P.I. PECALAMA TORDOIA

Coeducación. O alicerce do ensino

Dalí Arte Dalí Ciencia Dalí Soño Dalí Realidade Dalí PRESENTACIÓN A EXPOSICIÓN

II PLAN PARA A IGUALDADE DE OPORTUNIDADES ENTRE MULLERES E HOMES DE VIMIANZO ( )

Lingua e Docencia Universitaria V Xornadas sobre Lingua e Usos

plan estratéxico 2016 >> 2020

Memoria 2016 MEMORIA 2016 BIBLIOTECA DA FACULTADE CIENCIAS DA EDUCACIÓN

TRABALLO DE FIN DE GRAO

T1, T3, (T5)*, T8, T11, T13 *solo grupos bilingüe X1, X3, X8, X10, X13, X18, X22, X23, X24 EI6, EI7

PROPOSTA PEDAGÓXICA PROCESO DE FAMILIARIZACIÓN Á ESCOLA INFANTIL

PLAN DE COMUNICACIÓN DO PROGRAMA OPERATIVO DO FSE DE GALICIA

Se (If) Rudyard Kipling. Tradución de Miguel Anxo Mouriño

PAIOSACO A LARACHA CÓDIGO

III PLAN MUNICIPAL DE IGUALDADE ENTRE MULLERES E HOMES

Carlos Servando MEMORIAL SALVAMENTO DEPORTIVO. 10 de outubro as 16:00. Piscina Carballo Calero Carballo. Organiza

Important Dates. October 19th, 2016

Grao en Química. 2 0 Curso QUIMICA INORGÁNICA III. Guía Docente

MATERIAIS PLURILINGÜES 3.0: FORMACIÓN, CREACIÓN E DIFUSIÓN

II PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES ENTREE MULLERES E HOMES CONCELLO DE CERCEDA

Obradoiro sobre exelearning. Pilar Anta.

1. DATOS IDENTIFICATIVOS DA DISCIPLINA CÓDIGO Teorías do espectáculo e da comunicación Teorías do espectáculo II

PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA ÁREA DE INGLÉS

TRABALLO FIN DE GRAO A APRENDIZAXE COOPERATIVA COMO FERRAMENTA PARA FOMENTAR A IGUALDADE ENTRE OS SEXOS NA ESCOLA INFANTIL

Agora toca Xestión de conflitos para unha convivencia positiva CÍRCULOS DE DIÁLOGO PARA A PAZ

Os proxectos na Educación Infantil. Análise dunha experiencia sobre os dinosauros

LINGUA INGLESA CURSO

PROGRAMACIÓN DA MATERIA DE PEDAGOXÍA E DIDÁCTICA INSTRUMENTAL

viveiros en Galicia de empresa O papel dos económica e xeración de emprego

EDUCACIÓN INFANTIL PROGRAMACIÓN DE CICLO CENTRO: CEIP Mª PITA CURSO: Páxina 1

Conservatorio Profesional de Música de Vigo. Programación de Viola

PREESCOLAR NA CASA: DE PREPARACIÓN PARA A ESCOLA A EDUCACIÓN FAMILIAR NO MEDIO RURAL DE GALICIA (ESPAÑA)

EDUCACIÓN DIXITAL INNOVADORA

IMAXES DO PATRIMONIO CULTURAL PARA TRABALLAR AS COMPETENCIAS BÁSICAS

Conservatorio Profesional de Música de Vigo. Programación de Contrabaixo

the creation of the autonomous regions and the enactment of the Gali the status of the official language of the region and began to be taught in

NORMAS DE ORGANIZACIÓN E FUNCIONAMENTO DA CONVIVENCIA NO CENTRO.

Programación Percusión

Carlos Cabana Lesson Transcript - Part 11

MEMORIA DE AVALIACIÓN DA CALIDADE: INFORME DE RESULTADOS PROGRAMACIÓN: ACCIÓNS FORMATIVAS DIRIXIDAS PRIORITARIAMENTE ÁS PERSOAS TRABALLADORAS

PROGRAMACIÓN ÁREA DE INGLÉS 2º CICLO DE EDUCACIÓN INFANTIL CEIP DE AGOLADA

Terceiro ano da Casa-Museo Emilia Pardo Bazán. Memoria

Xogos e obradoiros sobre o cambio climático que Climántica desenvolve en centros educativos

Luis Sobrado Fernández* Universidade de Santiago de Compostela

Alumna/o...Curso... 1) Para recuperar a materia pendente deberás seguir o plan de traballo que se especifica de seguido:

ADSCRICIÓN FUNCIONAL E HORARIO DO PROFESORADO NOS CENTROS DE INFANTIL E PRIMARIA

Manual de usuario do módulo de control horario do sistema OPAX

Grao en Química. 2 0 Curso QUIMICA INORGÁNICA III. Guía Docente

A TRANSICIÓN DA UNIVERSIDADE Ó TRABALLO: UNHA APROXIMACIÓN EMPÍRICA

Recursos para a clasificación da produción editorial na Galiza durante a etapa franquista: deseño e alimentación da base de datos 1

Boloña. Unha nova folla de ruta

Cinco sinxelos pasos para ir á caza das estrelas ;) (

Concello de Baralla DENOMINACIÓN DA PRAZA/POSTO/EMPREGO: PERSOAL DE APOIO NO PAI. Concello de Baralla

PROGRAMA FORMATIVO DA ESPECIALIDADE FORMATIVA TÉCNICAS DE MARKETING ON LINE, BUSCADORES, SOCIAL MEDIA E MÓBIL COMM049PO

Emprender: Ti podes! Módulo 1

Traballo de fin de grao

Welcome to Greenman and the Magic forest

CRÉDITOS Edita: Dirección Xeral de Traballo e Economía Social Conselleria de Traballo e Benestar

1. Take today s notes 2. En silencio, sientate 3. Vamonos! In English, escribe about why time is important. Use the questions to prompt you.

Plan Estratéxico

AVALIACIÓN DO PROXECTO PILOTO DE ASISTENCIA PERSOAL COGAMI

PROXECTO O MEU CLIMA

Metodoloxía copyleft en educación

DITAME DO CONSELLO DA CULTURA GALEGA SOBRE AS BASES PARA A ELABORACIÓN DO DECRETO DO PLURILINGÜISMO NO ENSINO NON UNIVERSITARIO DE GALICIA

a) Japanese/English (difficult)... b) The weather in Africa/ the weather in the Antarctic (cold)... c) A car/ a bike (fast)

Ámbito da comunicación: lingua inglesa

Como atopar artigos de Arquitectura

Informe do estudo de CLIMA LABORAL do Sergas

MEMORIA COMITÉS DE ÉTICA DA INVESTIGACIÓN DE GALICIA PERÍODO

A CULTURA CIENTÍFICA. ESTRATEXIAS DE COMUNICACIÓN E DE INTEGRACIÓN

O INGLÉS EN INFANTIL: UNHA PORTA AO PLURILINGÜISMO

RECURSOS E INSTRUMENTOS

Evolución dos exames de Historia nas PAU de Galicia ( )

GUÍA DO ALUMNADO EASD Ramón Falcón

Transcription:

BIBLIOTECA ESCOLAR: MEMORIA FINAL IES Praia Barraña (Boiro (A Coruña) Ano académico 2014 2015

1.- Introdución Moito ten cambiado a nosa biblioteca nestes tres últimos anos. Cando collemos a coordinación era un lugar frío, pouco acolledor, sen vida. A función prioritaria era o empréstito de libros. O alumnado acudía á biblioteca nos recreos a facer os deberes, a estudar, a xogar nos ordenadores e pouco máis. Era frecuentada sobre todo os días de chuvia. En canto ao profesorado, un grupo levaba algúns anos traballando na catalogación dos fondos e aplicando novas estratexias na distribución do espazo: andeis sen chaves (mais aínda con portas) e creación de distintas zonas. Non había un equipo estable de traballo e as gardas eran apetecibles para todos/as, pois eran interpretadas como unha hora máis ou menos libre. O enfoque da biblioteca era totalmente equivocado: un espazo para almacenar libros e un lugar de traballo en absoluto silencio. O peor eran aqueles profesores/as que mandaban alumnos/as expulsados/as da aula castigados/as para a biblioteca. O concepto de biblioteca ten cambiado moito desde entón. Hoxe é un espazo cheo de vida, agradable e acolledor, sempre con actividades, non só na sala de lectura senón alén dela. Unha biblioteca distribuída por todo o centro: está presente nas aulas, nos corredores e distintos espazos do centro. Todo isto contribúe a que a nosa biblioteca sexa máis dinámica, actualizada e adaptada ás necesidades educativas, contribuíndo á adquisición das competencias clave do noso alumnado. Páxina 2

2.- Grao de cumprimento dos obxectivos propostos para o ano académico 2014 2015 Estamos/as satisfeitos/as polo traballo realizado este curso e, en xeral, podemos dicir que cumprimos os obxectivos xerais que nos propuxemos no Proxecto de Mellora da Biblioteca Escolar. Grazas á axuda do PLAMBE e ao orzamento do centro puidemos mellorar visiblemente o espazo, redistribuílo e facelo máis acolledor, cunha decoración agradable e atractiva; ampliar o equipamento informático, actualizar os fondos e realizar diversas actividades de dinamización. En canto aos obxectivos específicos, non nos foi posible ampliar o horario de funcionamento da biblioteca á totalidade do horario escolar, debido á redución do profesorado que vimos sufrindo estes últimos anos. Con todo, conseguimos ampliar dúas horas máis de atención con respecto ao curso pasado e seguiremos insistindo na necesidade de ampliación do horario de apertura e peche da biblioteca como medida urxente para cubrir todas as necesidades dos/as nosos/as usuarios/as. Outro obxectivo que non cumprimos foi a subscrición a ningunha publicación periódica nova, sobre todo científica. Si dispoñemos dunha nova revista Ollos de Aula. En canto aos demais obxectivos: Pintamos a biblioteca dunha cor vistosa e cálida para crear un ambiente máis acolledor e colocamos estores para protexer os fondos dos efectos da luz do sol. Renovamos a zona de lectura informal: mercamos un sofá, catro butacas de distintas cores e dous pufs, unha mesa de centro e, para facer máis acolledor o espazo, puxemos unha alfombra. Mercamos catro cadeiras de cores para a zona dos ordenadores. Colocamos dous reloxos. Renovamos todos os andeis da sección de literatura infantil e xuvenil. Mercamos un expositor para as novidades e para as exposicións temáticas. Páxina 3

Modernizamos os medios audiovisuais e dixitais coa compra dun canón proxector e unha pantalla para a proxección tanto de películas e documentais como para expoñer as actividades do alumnado (vídeos, fotografías ). Este equipamento posibilita tamén dar un novo uso á biblioteca, utilizando o espazo como aula. Fixemos un grande investimento en películas e cómics, cada vez máis demandados polo alumnado, e libros actualizados de literatura xuvenil. Mercamos material de apoio para alumnado con necesidades específicas de apoio educativo. Actualizamos os fondos, intentando o equilibrio proposto e adaptándoos ao currículo. Acollemos as suxestións dos diferentes Departamentos Didácticos e ampliamos os fondos de información, sobre todo para a sección de ciencias e matemáticas, con motivo da temática deste ano e sobre todo co obxectivo de desligar a lectura como algo exclusivo da sección de literatura. En relación ás matemáticas levamos a cabo distintas actividades: Unha suxestión de lecturas coa temática das matemáticas. Deseño dun cartel propio anunciando as distintas actividades relacionadas con esta temática. Colocamos diferentes xogos matemáticos en dous andeis para xogar nos recreos. Ademais o alumnado de 1º e 2º cursos da ESO tivo clases presenciais na biblioteca para xogar e gozar das matemáticas acompañados pola súa profesora. Os xogos tiveron tanto éxito que permanecerán como fondos estables para outros cursos (o cubo de Rubick é o máis demandado). Difundimos os fondos existentes na biblioteca a través de distintas canles: blog da propia biblioteca (http://boiroteca.blogspot.com.es/), páxina web do centro (http://www.edu.xunta.es/centros/iespraiabarrana/), expositores de novidades, paneis informativos situados en distintos espazos do centro (entrada, aulas, corredores, na propia biblioteca ). Infórmamos a toda a comunidade educativa das novidades, exposicións, guías de lecturas, actividades, encontros con autores/as Páxina 4

3.- Horario real asignado á persoa responsable e ao equipo da biblioteca O horario de atención/dedicación á biblioteca con que contaron os/as diferentes membros do equipo da biblioteca (incluída a coordinadora) foi o que se recolle na seguinte táboa: Luns Martes Mércores Xoves Venres 1ª hora (de 08:30 a 09:20) 2ª hora (de 09:20 a 10:10) 1º recreo (de 10:10 a 10:30) 3ª hora (de 10:30 a 11:20) 4ª hora (de 11:20 a 12:10) 2º recreo (de 12:10 a 12:30) 5ª hora (de 12:30 a 13:20) 6ª hora (de 13:20 a 14:10) Miguel A. Saá Helena García Marieta Picón Miguel A. Saá Carlos Rodríguez Marieta Picón Sabela Cobas Ana I. Urbieta Ana I. Urbieta Helena García Marieta Picón Marieta Picón Andrés Martínez Miguel A. Saá (só apertura) Sabela Cobas Marieta Picón Andrés Martínez Pascual Vidal Miguel A. Saá Ana I. Urbieta Andrés Martínez Mª Isabel Ventoso Mª Isabel Ventoso Pascual Vidal Ana I. Urbieta Andrés Martínez Cristina Quindimil Cristina Quindimil Marieta Picón Marieta Picón / Pascual Vidal Pascual Vidal Mª Isabel Ventoso Marieta Picón Romero (coordinadora) Sabela Cobas Fernández Helena García González Andrés Martínez Cao Julia Patiño Mallón Carlos Rodríguez Río Equipo de biblioteca Miguel Ángel Saá Ramos Ana I. Urbieta Balado Mª Isabel Ventoso Millet Pascual J. Vidal González Cristina Quindimil López (reforzo de gardas) Tal e como se pode observar, a biblioteca do centro permaneceu en funcionamento un total de 22 horas lectivas semanais, ás que hai que engadir a totalidade dos períodos de recreo. Páxina 5

4.- Actividades desenvoltas 4.1.- En relación coa xestión técnica: Aínda que conseguimos aumentar en dúas horas semanais o horario de funcionamento da biblioteca, non foi suficiente para levar a cabo todo o traballo de dinamización e xestión, e foron necesarios moitos recreos e horas extra de dedicación, á parte de moitas tardes, para o deseño e posta en marcha de actividades, para a compra de fondos, mobiliario, equipos electrónicos. As reunións, apresuradas na maior parte das veces, foron nos recreos e practicamente necesitamos todos os do curso, incluso ás veces foron nos corredores entre clase e clase. O equipo de traballo da biblioteca, formado por dez persoas, repartimos o traballo en labores de xestión e de dinamización. Así, uns/unhas ocupáronse da catalogación e rexistro, da actualización e expurgo, sobre todo cada un da sección específica da súa materia. Tamén de ir centralizando todos os fondos dispersos polos distintos Departamentos Didácticos e demais dependencias do centro na biblioteca. Outros/as ocupáronse das tarefas de dinamización, deseño e planificación de actividades e difusión entre a comunidade. Á súa vez cada profesor/a fixo as tarefas de empréstito na súa hora de atención. Para a axuda destes traballos creamos este curso un equipo de voluntarios/as, @s Boirotek@s, un grupo de doce alumnos/as que axudaron nos recreos e horas libres nas tarefas de empréstito, na decoración da biblioteca, nas actividades de dinamización, nas exposicións, na busca e colocación de libros, suxestións lectoras e outras actividades concretas como: Escritor/a do mes: a alumna Rebeca González Diéguez (3º ESO B) dedicou os primeiros meses do curso ás escritoras Laura Gallego e J.K. Rowlling, facendo exposicións e reseñas no blog das súas obras e decorando a biblioteca. Entrevistas a libreir@s da vila: feitas polas alumnas María Gómez Sánchez, María Jacobs Sánchez e Catarina da Silva Lopes (2º ESO A). Páxina 6

4.2.- En relación ao fomento da lectura: Comezamos o curso escolar coa elaboración dun cartel de benvida á biblioteca a todos/as os/as usuarios/as. Ao longo do curso fixéronse exposicións de actividades relacionadas coa celebración de datas sinaladas: O Samaín: III concurso de relatos de terror, fotos de medo e decoración de cabazas. O Nadal: felicitación do equipo da biblioteca a toda a comunidade. Día dos Namorados: concurso de cartas de amor. O Entroido: elaboración dun photocall polo equipo de voluntariado. Día de Rosalía: elaboración dun mural colectivo sobre o poema Adiós ríos, adiós fontes de Cantares Gallegos, lecturas colectivas na biblioteca dos seus poemas e exposicións de caligramas. Día da Muller: elaboración dun cartel A todas as mulleres que nos poñen voz no que se puxo de relevo o nome de mulleres escritoras de distintas nacionalidades e se deron a coñecer as súas obras. Letras Galegas: deseño dun cartel para enxalzar a figura do escritor homenaxeado e lecturas colectivas dos seus relatos. Ademais colaborouse co concurso literario e de carteis levado a cabo polo departamento de galego. As matemáticas: a temática deste curso foi traballada durante todo o ano a través de : Exposicións de libros con esta temática e dúas exposicións temporais en distintos espazos do centro: A muller, innovadora na ciencia e Historia de como aprendemos a contar e os aparellos empregados. - Xogos matemáticos, campionato de xadrez entre profesores/as e alumnos/as Páxina 7

Club de lectura: este curso fixemos, igual que nos dous anteriores, tres grupos: Un grupo de 1º e 2º cursos de ESO: cinco alumnas e tres profesoras. Lemos e comentamos os seguintes libros: Recinto Gris de Ledicia Costa, Rebeldes de Susan Hinton, El viejo que leía novelas de amor de Luís Sepúlveda e Tristes armas de MarinaMayoral. Un grupo de 3º e 4º cursos de ESO formado por tres alumnos/as e tres profesoras. Os libros seleccionados foron: Silencio de Fran Alonso, Unha estrela no vento de Ledicia Costa, O señor das moscas de W. Golding e Mi hermana vive sobre la repisa de la chimenea de Annabel Pitcher. E un grupo de bacharelato de sete alumnos/as e tres profesores/as. As obras seleccionadas foron: Acordes náufragos de A. Riveiro Coello, Dende o conflito de María Reimóndez, Geografías de Mario Benedetti e O sentido dun final de Julian Barnes. As reunións para falar e compartir as lecturas fixéronse nos recreos mentres comiamos algunha larpeirada. II Proxecto Interdisciplinar da Biblioteca Escolar e II Semana Temática Tradicións e Costumes. O traballo comezou hai un ano, nunha xuntanza da Comisión de Coordinación Pedagóxica (CCP) do mes de maio na que fixemos diferentes propostas temáticas das cales saíu elixido o tema de Tradicións e Costumes. O obxectivo da actividade non só é fomentar o hábito lector no noso alumnado senón tamén espertar nel o interese pola investigación, polo traballo en equipo, polo coñecemento da contorna, da nosa cultura, da tradición, da lingua... como elementos conformadores da nosa identidade. E con isto puxémonos a traballar. Foron moitas a reunións nas que propuxemos actividades, posibilidades de abordar o tema nas diferentes materias e coordinalas desde a biblioteca. O primeiro acordo foi integrar o proxecto na programación do curso nos diferentes Departamentos Didácticos e empezar a traballar desde o principio do novo curso as competencias clave do currículo e avalialas. Páxina 8

A biblioteca atendeu todas as suxestións dos distintos Departamentos Didácticos e as necesidades de adquisicións de fondos de información necesarios para o desenvolvemento do proxecto, así como recursos para o tratamento da información. Coordinamos todas as suxestións e actividades propostas e integramos a todo o alumnado do centro, procurando non sobrecargar uns grupos e deixando fóra outros. Propuxemos unha data de celebración da II Semana Temática e deseñamos un cartel para presentar e identificar o noso proxecto de investigación. E chegou abril, mes dos libros, e con el a nosa II Semana Temática, do 20 ao 24 de abril. Nos primeiros días comezan a chegar os primeiros traballos de investigación do alumnado. Deseñamos unha folla de ruta: un díptico coa portada do cartel deseñado para o proxecto, o anuncio das datas de celebración e o logo da biblioteca. No interior (páxina 1) aparecen as distintas exposicións dos traballos realizados, o grupo e a materia; na páxina 2, o plano de localización das exposicións: o espazo da nosa biblioteca é moi reducido e foi imposible expoñer todos os traballos alí, tampouco o pretendiamos, todo o contrario, o feito de utilizar distintos espazos do centro, de distribuír os traballos por todo o instituto era o noso propósito: levar a biblioteca fóra, sacala do seu espazo, difundila por todo o centro e tamén fóra del (con este obxectivo mandamos comunicados á prensa e fomos noticia toda a semana). Na mesma páxina anunciamos o blog da biblioteca como escaparate, medio difusor de todas as actividades. O luns 20 tivo lugar a inauguración. Para o evento acertamos coa actuación de Narf que nos ofreceu un concerto didáctico: De Rosalia a Craveiriña. A marabillosa viaxe da lingua galega, un éxito!. Narf ensinounos que a mellor maneira de viaxar é cos petos baleiros pero co noso máis prezado tesouro: as nosas tradicións, os nosos costumes, a nosa lingua... é o noso maior legado, o máis importante que podemos transmitir. Páxina 9

O martes 21 tivemos outra grande actuación, Quico Cadaval, o pioneiro e mellor contador de historias, as nosas historias, as nosas lendas e contos... que tan ben nos retratan e identifican como pobo. Destacou o importante papel dos avós e avoas na trasmisión da cultura popular. Historias que se contaban nas fiadeiras, nos seráns... e que están presentes na memoria colectiva. Contos que facían máis levadeiro o traballo, que propiciaban o encontro, as relacións... Outro grande acerto! O terceiro día, Uxía engaiolou ao alumnado de 1º curso de ESO cun taller de cerámica no que puideron comprobar por eles mesmos o que se pode facer coas mans e un pouco de paciencia. Houbo tamén talleres de xogos populares ao longo de toda a semana no ximnasio. Para o acto de clausura, o venres 24, contamos coa actuación dun grupo de rapazas de bacharelato que nos deleitaron con bailes e cantigas populares. Bibliotecas de Aula en 1º e 2º cursos da ESO. Hora de lectura semanal con horario asignado para 1º e 2º cursos da ESO. Itinerario lector do centro. Recreos con Historia. Literatura e cine: non foi posible a coordinación plena desta actividade, esperamos mellorala para o curso seguinte. Aínda así: Saímos ver a película A esmorga co alumnado de 2º curso de bacharelato. Proxectamos as seguintes películas e documentais: Para o alumnado de 1º curso de bacharelato: Rebeldes do Swing Gallipoli María Antonieta O señor da guerra Fragmentos de Swite francesa e Katyn Páxina 10

Para o alumnado de 2º curso de bacharelato: Fragmentos de Crematorio e de Matrix I Documentais Comprar-tirar-comprar e Sangue no móbil Exposicións de novidades, suxestións lectoras... Ao longo do curso fomos creando unha sección nova para o material elaborado polo alumnado e profesorado. 4.3.- En relación á educación para a competencia en información: A principios do curso, durante o mes de outubro, todos os grupos de ESO e o alumnado de nova incorporación ao centro (especialmente o de 1º curso de bacharelato) foron durante unha hora de clase á biblioteca para coñecer o espazo e o seu funcionamento (acceso á colección, interpretar a CDU, aprender a ler e interpretar a etiqueta do lombo dos libros, as distintas seccións, os servizos que ofrece, as normas de funcionamento, as actividades...). Fixemos xogos de busca e competicións por equipos cunha serie de preguntas e probas para demostrar o coñecemento da biblioteca. Entregóuselle a toda a comunidade educativa o carné de usuario/a, un tríptico informativo e un marcador de libros (material elaborado pola propia biblioteca). Páxina 11

5.- Grao de implicación do centro e da comunidade educativa Ao longo do curso o equipo da biblioteca foi informando a toda a comunidade educativa de todas as actividades e adquisición de fondos, mobiliario, equipamento... tanto nas xuntanzas da CCP, como nos Claustros de Profesorado e, a partir de agora, tamén na Comisión de Biblioteca no Consello Escolar. 5.1.- Na práctica cotiá da vida pedagóxica do centro e tratamento dos contidos curriculares: A biblioteca estivo en continua relación e colaboración con todos os Departamentos Didácticos, tanto para a selección de lecturas e adaptación aos distintos niveis como para a adquisición de fondos de divulgación para o tratamento do currículo e a posta en marcha de distintas actividades conxuntas. O apoio ao Proxecto lector foi continuo. Cada vez van sendo máis os/as profesores/as que utilizan a biblioteca como alternativa á aula e levan ao seu alumnado para buscar fondos relacionados coa súa materia, para buscar lecturas relacionadas con diversos temas, para utilizar os ordenadores como fonte de busca de información... De cara ao vindeiro curso contamos cun canón proxector e a súa correspondente pantalla, e elaboraremos un horario de uso para reservar a biblioteca e usar os distintos recursos que ofrece. Colaboramos practicamente con todos os Departamentos Didácticos: Co de Artes Plásticas e Deseño nos concursos de fotografía, de cómics e debuxo. Cos de linguas nos diferentes concursos literarios. Co de Matemáticas para a selección de lecturas matemáticas, xogos, pasatempos... Co de Orientación prestando especial atención ao alumnado con necesidades económicas, facilitando material e medios. Co de Xeografía e Historia para todas as actividades de dinamización. Co de Bioloxía e Xeoloxía para dinamizar e fomentar as lecturas de carácter científico. Páxina 12

O máis positivo foi traballar para que o alumnado sobre todo acudise á biblioteca, a ler, a ollar unha revista, a xogar e tamén que entendese a biblioteca como un lugar de encontro e de relación cos demais. 5.2.- Na educación, no acceso e uso da información e na procura da adquisición das competencias clave: Neste aspecto temos que destacar a implicación de todos os Departamentos Didácticos e, sobre todo, do profesorado titor á hora de informar e divulgar as actividades de dinamización da biblioteca, así como a posta en marcha da biblioteca de aula, a hora de lectura obrigatoria, a elaboración do itinerario lector e sobre todo a implicación no Proxecto Interdisciplinar Anual da biblioteca Tradicións e Costumes así como nas actividades da II Semana Temática do centro, coordinada desde a biblioteca e que este ano contou con máis participación que a primeira edición. Grazas á axuda do PLAMBE apoiamos distintos proxectos desenvolvidos no centro (por exemplo: Proxecto Terra) coa mellora dos recursos, contribuíndo desta maneira á adquisición das competencias clave do noso alumnado. Non estamos satisfeitos/as con algunhas cuestións como foi a escasa relación coa biblioteca municipal, en parte por falta de tempo. Esperamos mellorala o próximo curso e traballar conxuntamente, incluso con outras bibliotecas escolares da vila e visitalas co alumnado para completar así as nosas actividades de formación de usuarios/as e facer actividades conxuntas, informarnos das exposicións que realizan, intercambiar fondos e experiencias. O importante, en definitiva, é facer do noso alumnado usuarios/as autónomos/as, tanto na nosa biblioteca como en calquera outra, fomentar o hábito lector e o uso das bibliotecas públicas. Páxina 13

6.- Actividades de formación do ámbito de biblioteca escolar en que participou o profesorado A Coordinadora: V Xornadas de Bibliotecas Escolares de Galicia. Encontros de centros do Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares 2014 2015. Proxecto Meiga. Xestión informatizada da biblioteca escolar, actividade á que tivo que renunciar unha vez xa iniciada por causas de forza maior (baixa médica) que lle impediron o aproveitamento da mesma. Outros/as membros do equipo de biblioteca: Solicitaron a súa participación na actividade Proxecto Meiga. Xestión informatizada da biblioteca escolar, pero non foron seleccionados/as para participar na mesma. Páxina 14

7.- Produción de materiais Tríptico informativo sobre o funcionamento da biblioteca. Marcadores de libros. Exemplares de traballos presentados aos diferentes concursos: relatos de terror, lendas e contos tradicionais, refráns, frases feitas, palabras en desuso, cómics Felicitación do Nadal. Guía de lectura para o verán. Carteis deseñados para as actividades de dinamización. Carteis de novidades. Páxina 15

8.- Avaliación e previsións de futuro A nosa avaliación baseouse na satisfacción dos/as nosos/as usuarios/as, na información e nos servizos prestados. As avaliacións trimestrais permitíronnos realizar diversos axustes e adaptarnos ás demandas dos/as usuarios/as. Os instrumentos empregados para a realización de dita avaliación foron os seguintes: Enquisa de avaliación tanto para o alumnado como para o profesorado. Atención ás suxestións para mellorar o próximo curso, tanto o funcionamento como a adquisición de novos fondos e actividades de dinamización. Sinalar que durante o presente curso matriculamos a un total de 487 usuarios/as, entre alumnado, profesorado e persoal non docente. E a cantidade de empréstitos efectuados veuse incrementada de xeito moi notable (efectuáronse sobre 1000 empréstitos) en comparación co acontecido en cursos pasados. Faranse préstamos para o verán que se terán que devolver os primeiros días do vindeiro curso. Seguiranse facendo porque os/as exalumnos/as conserven o seu carné de usuario/a e para o próximo curso queremos estendelo ás familias a través do carné dos/as seus/súas fillos/as. En relación ás enquisas antes mencionadas, sinalar que se dirixiron tanto ao alumnado como ao profesorado. Os resultados recollidos nas mesmas son ben diferentes: mentres o 90 % do alumnado acode regularmente á biblioteca, e recoñece estar informado sobre as novidades e actividades de dinamización da mesma, só o 40 % do profesorado recoñece usar a biblioteca. E deste 40 % hai que destacar que só un 10 % fai uso da biblioteca para o empréstito de libros, e o resto enténdena non só como fonte de recursos senón tamén como unha alternativa á aula ordinaria, como espazo dinamizador e promotor de actividades Páxina 16